Boas Compras Nadal 2012

Page 1


BO NADAL E FELICES COMPRAS Desde a O.M.I.C. queremos contribuír cuns pequenos consellos a que as compras nestas datas tan entrañables sexan tamén un motivo de satisfacción para todos os ponteareáns e ponteareás. Lembren que a base dun consumo responsable é sempre unha boa información. Desexámoslles o mellor nestas datas do Nadal. D. Salvador González Solla Alcalde

Dª. Mª Soledad Valado Pérez Concelleira de Consumo

Concello de Ponteareas


A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Ilmo. Concello de Ponteareas lémbralles aos consumidores e usuarios que debemos ser prudentes á hora de mercar e que está a súa disposición para calquera consulta ou reclamación. É recomendable: -Facer unha previsión de gastos en función do noso presuposto e procurar non excederse. -Comparar prezos entre os establecementos. -Ler as etiquetas dos produtos. -Esixir o xustificante de compra, é indispensable para poder reclamar. -Prestar atención á data de caducidade. -A calidade ten un prezo, non se fíe das gangas. -Denuncie os feitos e esixa o cumprimento dos seus dereitos; na O.M.I.C. estamos para a protección do consumidor. Os nenos son os protagonistas das Festas do Nadal, polo cal debemos escoller xoguetes coa marca CE. Cómpre elixir un xoguete adecuado á idade do neno e observar que as instrucións estean en castelán.

Lea

atentamente

as

advertencias

de

seguridade

e

instrucións de uso. Para calquera outra información de consumo, estamos a súa disposición nosa

oficina da Rúa de Oriente, nº: 8 – 2º andar

(Centro de Servizos Sociais) ou no teléfono: 986.640.000 ext: 2211

Bo Nadal A responsable da O.M.I.C. Antonia Yanes Sobral


O consumidor informado, merca seguro e aforra

Concello de Ponteareas ConcellerĂ­a de Consumo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.