Introdución á sintagmática do galego

Page 1

Xavier Frías Conde

Introdución á sintagmática do galego



INTRODUCIÓN Á SINTAGMÁTICA DO GALEGO


© Texto: Xavier Frías Conde, 2011 © Edición: Romania Minor Ianua. Revista Philologica Romanica Suplemento 13 (2011) ISSN: 1616-413X www.romaniaminor.net/ianua/ info@romaniaminor.net Reservados todos os dereitos. Ningunha parte deste material pode ser reproducido sen o consentimento previo escrito do seu autor.


Introdución á sintagmática do galego

Limiar

Estas páxinas pretenden ser unha introdución á sintagmática do galego. Isto quer dicir que se fará unha abordaxe sintáctica canto á estrutura intermedia entre a palabra e a cláusula, fixándose, xa que logo, no sintagma, dado que a súa estrutura ten unha grande importancia na comprensión doutros niveis da sintaxe. Entendemos por sintagmática, daquela, a parte da sintaxe que se ocupa da estrutura dos sintagmas, a súa composición desde a mínima expresión (o seu núcleo) até á máxima. Cómpre ter en conta que a combinación dos distintos sintagmas é o que dá lugar á cláusula, coa súa colocación na oración en diversos ocos funcionais. Con todo, a sintagmática soa non abonda para explicar a estrutura oracional dunha lingua, mais si permite entender cales son as engrenaxes que permiten as palabras encaixaren en estruturas superiores e sempre atendendo para unha orde xerárquica perfectamente definida.

5


Xavier Frías Conde Faremos entón unha descrición da sintagmática do idioma galego a partir da teoría da X–barra, atendendo para os sintagmas principais.

6



Xavier Frías Conde

1. A teoría da X–barra

1.1. Conceptos básicos A sintaxe ten como fin o estudo da estrutura da lingua canto á combinación de palabras para formar estruturas. Por tanto, á hora de estudar calquera lingua, cómpre fixarse nas estruturas que a compoñen. Na sintaxe, polo menos nun estadio inicial, non atenderemos para as estruturas que fican por baixo da palabra –ou do lexema, se se preferir–, non interesan daquela os morfemas e os lexemas, embora iso non queira dicir que non fan parte da sintaxe, mesmo sen son obxecto de estudo pola morfoloxía, aínda que na tradición xerativista a morfoloxía é mesmo unha continuación das estruturas, co cal a fronteira entre morfoloxía e sintaxe se cadra non existe. Os elementos que analizaremos serán daquela: a palabra, o sintagma e a oración (sen atendermos polo de agora á diferenza entre oración e cláusula). A sintaxe xerativista comeza pola análise da unidade maior, a oración, e conclúe co menor: a 8


Introdución á sintagmática do galego palabra. Cada palabra atópase no máis baixo da árbore sintáctica, mentres o sintagma se sitúa na parte intermedia, pois non é máis que unha proxección da palabra mesma. Por iso, cando recollemos un nome ou substantivo como: 1) casa podemos afirmar que se trata non só dun nome, mais tamén dun sintagma nominal (SN), composto por un só elemento. Se este é inserido nunha oración, hase ver isto máis nidiamente, dado que o SN ten sentido no interior da oración: 2) Ten [SN [N casa]] 3) Ten [SD unha [SN casa]] 4) Ten [SD unha [SN casa [SA ampla]]]

Trátase en todos os casos de SSNN que funcionan como obxectos directos. Embora sexa certo que hai moitos tipos de palabras, apenas un grupo delas teñen significado completo, isto é, que desde un punto de vista sintáctico teñen un lexema. Este grupo de palabras principais son coñecidas co nome de categorías léxicas e son:  

o nome (N) o verbo (V) 9


Xavier Frías Conde  

o adxectivo (A) o adverbio (ADV)1

Existen ademais categorías funcionais, que son elementos que principalmente fan referencia ao predicado mais cuxa repercusión afecta toda a oración. Habémolos estudar máis pormenorizadamente máis para adiante, mais citaremos a seguir algunhas destas categorías:     

a concordancia de suxeito e verbo (CONCS) a concordancia de obxecto e verbo (CONCO) o complementador (C) o determinante (D) o tempo (T)

Nun principio, todas estas categorías e máis outras son recollidas nunha macrocategoría coñecida co nome de sintagma flexivo (SF). Véxase 1.3.

1

Na teoría xerativista adoita incluírse nesta categoría a preposición, mais nós non concordamos que a preposición sexa unha categoría léxica, mais funcional. Canto ao adverbio, é ben certo que o seu estatus está tamén baixo discusión. En principio incluímolo, aínda que somos conscientes de que é unha categoría que desde o punto de vista tanto funcional como sintáctico resulta moi complexo.

10


Introdución á sintagmática do galego 1.2. A teoría da X–barra Calquera das categorías citadas enriba desenvolve nun sintagma, unha teoría coñecida como a X–barra. Tomemos unha categoría X. A súa máxima proxección é SX (sintagma X). O esquema de embaixo é o que se pode desenvolver cando están todos os elementos2. Todas las casas poden quedar baleiras, excepto a do núcleo, que xeralmente é a única imprescindíbel. Ademais, é unha regra sintáctica que o paso dun nivel superior a outro inferior é sempre binario, aínda que un dos niveis seguintes quede baleiro en moitas ocasións. A estrutura da X–barra móstrase na figura 1 Fig.1: Estrutura básica da X–barra

2

Máis adiante veremos que pode haber máis dun especificador, un complemento e un adxunto.

11


Xavier Frías Conde Como xa ficou dito, X es o núcleo, mais os outros elementos teñen un papel fundamental tamén: 

especificador: é un elemento que proporciona información adicional. Por exemplo o suxeito é Esp. do predicado en: 5) [SD Os nenos] [V teñen frío]

complemento: é un elemento que se torna necesario para o núcleo teña significado. No caso anterior, frío realizaría este papel, porque a oración sen este elemento no tería sentido: 6) *Os nenos [V teñen]

adxunto: é un elemento engadido de que se pode prescindir. Tal sería o caso de agora, que si se elimina no dana o significado da oración: 7) Os nenos [V teñen frío [SADV agora]]

Na figura 2 vemos cal sería a estrutura dun SN como3: 3

Na realidade comezamos co SD, porque o determinante, como veremos despois, fica fóra do SN.

12


Introdución á sintagmática do galego

8) A gran destrución da ponte polas chuvias Fig. 2

(Nota: os triángulos indican que o elemento final non está desenvolvido)

Esta distribución dos elementos da X–barra non é universal. En determinadas linguas (como o alemán), o complemento pode vir á esquerda. Ademais, nada impide que haxa dos especificadores (e mesmo dous complementos). 1.3. Sintagmas funcionais

13


Xavier Frías Conde Como xa vimos, os sintagmas teñen un papel crucial na sintaxe. Para alén dos tradicionalmente recoñecidos como lexicais, existen outros cuxo cometido é gramatical, de aí que sexan coñecidos como funcionais. Desde o punto de vista lexical fornecen pouca información, mais a súa presenza é absolutamente necesaria para a gramaticalidade da oración. Os sintagmas funcionais poden ser clasificados en dous grupos, dependendo do sintagma base que proxecten: a) sintagmas funcionais verbais: sintagma de concordancia de suxeito (SCONCS), sintagma de concordancia de obxecto (SCONCO), sintagma diatético (SDIAT) etc. b) sintagmas funcionais nominais: sintagma determinante (SD), sintagma cuantificador (SQ), sintagma posesivo (SPOS) etc.

14



Xavier Frías Conde

2. O sintagma nominal e as súas proxeccións

2. 1. Sintagma nominal (SN) O SN ten, como xa ficou dito, un N como núcleo. Ora ben, é moi normal que se proxecte o dito nome con complementos e especificadores. Fenómeno distinto da proxección é a extensión, que se realiza cara á dereita. Faise por medio dos complementadores, o cal implica un sintagma X (SX, cuxa natureza veremos despois), como se aprecia na seguinte figura: Fig. 3. SN  N SX

16


Introdución á sintagmática do galego O obxecto directo pode aparecer cun SN composto exclusivamente por un N, sen determinantes. Acontece o mesmo co suxeito cando se trata de infinitivos (que de facto funcionan como SN, embora sexan propiamente SC), pois neste caso a presenza do artigo definido é totalmente posíbel: Fig. 4: SN  N SN

N 17) Quero caramelos 18) Ana é alta 19) Falar desafoga (mais tamén: o falar desafoga) 20) Falar cun amigo desafoga Hai algúns casos, non moitos, en que ol N admite un especificador, que é un SA de diversa índole. É un uso atributivo do adxectivo.

Fig. 5: SN  SA N

17


Xavier Frías Conde

21) Cinco días 22) Que libro 23) Boa xente 24) Gran persoa

2.2. Sintagma determinante (SD) Ol sintagma determinante é unha categoría funcional do nome, como xa ficou dito. Trátase daquela dunha proxección do SN. Fig. 6: SD  D SN SD

D

SN

25) A xente 26) Estes / aqueles días Entendemos por determinantes tanto os artigos como os demostrativos, tratándose, xa que logo , de clases de palabras moi semellantes. 18


Introdución á sintagmática do galego 2.3. Sintagma cuantificador (SQ) O SQ é unha categoría diferente do SD. Porén, pode darse que o SQ e o SD aparezan xuntos como proxección dun SN: Fig. 7:

SQ  Q SD SD  D SN

27) Todos os días 28) Con todo o meu amor Poden aparecer na orde anterior ou ao invés: Fig. 8: SD  D SQ SQ  Q SN

19


Xavier Frías Conde 29) O primeiro día 30) Os cinco amigos 2.4. Sintagma posesivo O posesivo, usado en modo atributivo, ten que ir acompañado dun SD en galego, normalmente o artigo definido, embora os outros determinantes tamén poden precedelo. 31) O meu carro 32) Un meu amigo 33) Aquel teu compañeiro Fig. 9: SD  D SQ SQ  Q SN

Ora ben, é moi frecuente que cos determinantes demostrativos e mesmo co artigo indefinido o posesivo fique despois do nome; 20


Introdución á sintagmática do galego neste caso trátase dun movemento do nome cara ao determinante: 34) Aquel amigo1 teu p1

Ademais, en galego, os nomes de parentesco directo fan posíbel a omisión do artigo: 35) Miñas irmás 2.5. O sintagma preposicional Calquera que sexa a natureza dos sintagmas de proxección do SN, pode acontecer que este vaia introducido aínda por un SP, en moitos casos pola rexencia imposta por un predicado. Fig. 10: SP  P SN SP  P SD SP  P SQ

21


Xavier Frías Conde 2.6. A extensión do SN co seu complementador Xa no inicio deste capítulo fixemos referencia a un SX que funciona como complemento (e tamén como adxunto) que sirve para a extensión do SN. A súa natureza é ben variada, tratándose nos máis dos casos dun SP (o cal implica que este é unha proxección doutro SN), dun SC ou dun SA. O SC será unha cláusula inserida, talvez de infinitivo, talvez de relativo. Fig. 11:

SD  D SN SN  N SX (= SP / SA/ SC)

Aquí, SX podería ser: (1) (2) (3) (4) (5) (6)

novo (SA) de texto (SP) con ilustracións (SP) para a lectura (SP) que comprei (SC) para ler (SP  P SC)

Vexamos como se comportaría un SP como complemento dun SN: 22


Introdución á sintagmática do galego

17) Un libro de ø lectura / con ø debuxos / para a lectura

Fig. 12:

Como xa se viu anteriormente, as extensións poden ser máis dunha, como no seguinte exemplo onde un SA estende xunto cun SP: 18) Un cachorro alegre de tigre

23


Xavier FrĂ­as Conde Fig. 13

Poida que apareza mesmo un especificador e un complemento do SN: 19) Un pobre home traballador

Fig. 14.

24



Xavier Frías Conde

3. Sintagma adxectival, sintagma adverbial e proxeccións

3.1. Sintagma adxectival Antes de comezar co desenvolvemento deste sintagma, convén distinguir entre o seu uso atributivo e predicativo. O uso atributivo é aquel en que o A (SA) é especificador ou complemento dun SN, mentres que o seu uso predicativo é aquel en que é complemento dun SV. Neste segundo caso debe ter unha función sintáctica (atributo, predicativo etc.) Canto á súa forma, como acontece con todos os sintagmas, ten un núcleo, que neste caso, loxicamente, é un adxectivo. Esta estrutura mínima certamente responde á seguinte estrutura:

26


Introdución á sintagmática do galego Fig. 15.

O sintagma adxectival pode presentar proxeccións en moi poucos casos, limítanse a SP, moi a miúdo en locucións: 20) De branco 21) A serio Fig.16

Con todo, a natureza adxectival dos núcleos anteriores pode ser dubidosa e cabería preguntarse se non se trata de adverbios. Porén, o que si pode presentar o SA é un especificador cuantificador (á diferenza do que aconte-

27


Xavier Frías Conde cía co SN, estes cuantificadores non forman sintagma): 22) Moi alta 23) Abondo alta 24) Pouco alta 25) Un pouco alta 26) Relativamente alta Fig. 17.

Algúns destes cuantificadores hanse colocar despois do A: 27) Alto de máis 28) Alto dabondo 29) Alto a esgalla Fig. 18.

28


Introdución á sintagmática do galego O SA si pode presentar complementos como extensións xeralmente por medio de SP. Tal SP pode continuarse, como xa vimos que acontecía co SN, con SSCC ou SSNN. Tal acontece tanto co uso atributivo canto co uso predicativo, embora co segundo sexa máis frecuente. Fig. 19: A SP SP  P SC 30) (Moi) difícil de entender

Fig. 20: A SP SP  P SD 31) Moi conveniente para o contribuínte.

29


Xavier Frías Conde

3.2. Sintagma adverbial (SAdv) O sintagma adverbial é, en gran medida, idéntico ao SA canto á súa estrutura. Dunha banda, admite cuantificadores no oco funcional do especificador e, da outra banda, prolóngase con complementos introducidos con SSPP. O sintagma adverbial, como tal, só pode ter un uso predicativo. Cando non é así, só pode funcionar como simple adverbio, sen se proxectar en sintagma, moi a miúdo especificador verbal. Non imos, daquela, estender as explicacións a respecto deste sintagma.

3.3. A comparación: o sintagma comparativo Tanto o SA como o SADV poden ser comparados. Para iso, é preciso introducir unha categoría específica, o sintagma comparativo (SCOMP). A dita categoría require dous elementos comparati-

30


Introdución á sintagmática do galego vos. Para a introdución do segundo termo da comparación servirémonos do SC. Por tanto, a estrutura básica dunha comparación dun adxectivo ou adverbio responde á seguinte construción: Fig. 21. 32) Máis alto ca min

Fig. 22. 33) Máis alto do que eu pensaba

31


Xavier Frías Conde Esta estrutura co SCOMP permítenos entender as formas sintéticas do tipo 34) Boísimo como un movemento de A cara a COMP formando unha amalgama: Fig. 23.

32


Introdución á sintagmática do galego

4. A estrutura básica da oración

4.1. A cláusula como proxección do predicado: o sintagma complementador Todo predicado proxéctase até formar unha oración. Daquela, todos os elementos que poida ter unha cláusula, tantos os obrigatorios canto os opcionais, xiran arredor do predicado que, como xa cabe esperar, desenvolve a partir dun SV. Ora ben, nas máis recentes teorías xerativistas, a cláusula non se inicia co sintagma flexivo (ver abaixo), mais co sintagma complementador (SC), unha categoría funcional que fica por riba dela. O SC era no seu inicio utilizado para se referir apenas aos complementadores (=conectores) das cláusulas dependentes, mais arestora serve tamén para explicar unha serie de fenómenos, en boa medida de natureza pragmática. Non obstante, trátase dunha macrocategoría que, polo de agora, non imos desglosar. 33


Xavier Frías Conde

4.2. Sobre o sintagma flexivo Se non fosen tidos en conta os elementos flexivos da oración, teriamos cláusulas de infinitivo como esta: 35) Os nenos comer chocolate Son abondos os elementos que permiten que o exemplo (17) se transforme no (18): 36) Os nenos comían chocolate Os dous elementos principais que aparecen en (10) e que permiten a calquera falante nativo validar a devandita cláusula son nomeadamente o tempo e a concordancia entre o suxeito e mais o verbo. Como xa ficou dito anteriormente, estes elementos han ser tidos en conta máis adiante, mais polo de agora ímonos limitar a traballar coa macrocategoría flexión, proxectada como sintagma flexivo (SF) e que recolle, entre outros fenómenos, o tempo e o a concordancia, mais tamén o aspecto e o modo, isto é, as características do verbo– predicado.

34


Introdución á sintagmática do galego 4.3. A estrutura básica da oración: o lugar do SC e do SF. Fica, por tanto, xustificada a necesidade absoluta da existencia do SF para a construción de oracións correctas. Porén, como indicamos no primeiro parágrafo, aínda por riba do SF teremos que ter en conta o SC. Porén, esta visión da oración co SC como máxima proxección –lembremos que o SC, igual que o SF, son macrocategorías que poden ser desglosadas– non foi así nos primeiros tempos da Gramática Xerativa (GX), onde no punto álxido se situaba unha categoría abstracta: oración (O), o cal levaba a unha representación como a que se ve na figura 3: 37) O can comía carne Fig. 24.

35


Xavier Frías Conde

Trátase dunha estrutura extremadamente simplificada. Obsérvese que mesmo daquela non se formulara aínda a existencia do sintagma determinante. Esta estrutura é a propia da primeira etapa da GX e que serviu de punto de partida cara ás concepcións que hoxe en día se teñen da estrutura sintagmática dunha cláusula. Mais a partir dos anos 80, coa segunda fase da GX, Principios e Parámetros, O é substituído por un eventual sintagma temporal (ST), máis tarde sintagma flexivo (SF). E será xa durante a terceira etapa, O Programa Minimalista, cando se introduza aínda por riba o SC como teito da oración, como máxima proxección da cláusula a partir dun verbo–predicado. Desta maneira, a reinterpretación da figura 24 é a figura 25: Ø

36


Introdución á sintagmática do galego Fig. 25.

Á diferenza da representación propia da primeira etapa da GX, a adición dos sintagmas envolve tamén outros procesos, como os movementos. Concretamente no gráfico de enriba hai dous, o do predicado4 e o do suxeito, dado que este vén normalmente diante do predicado e, por tanto, se ve arrastrado cara a unha posición superior.

4

Marcado como p1 (=pegada, marca que deixa o movemento) que sobe a F para tomar os trazos de tempo e concordancia, pois outramente teriamos, como xa ficou dito, un infinitivo. Sobre isto imos ocuparnos máis adiante.

37


Xavier Frías Conde Outra cuestión de capital importancia é que no SV se reflicte o núcleo orixinario da cláusula, é dicir, alí onde se percibe a estrutura semántica que serve de punto de partida á posterior estrutura sintáctica. Os roles semánticos son traducidos para funcións no SV. Mais como xa indicamos, o SV, sen proxeccións, non permite construír unha cláusula. Alén diso, o facto de o SD ser o suxeito e o SN ser o obxecto vén dado pola súa posición (xeración) no SV. Iso permítenos comprender que o SD, especificador do V é o suxeito, mentres que o SN5 é complemento. Precisamente desta cuestión trataremos a seguir pormenorizadamente.

4.4. Suxeito e obxecto como especificador e complemento respectivamente do SV Nos máis dos casos, o suxeito é xerado como especificador e o obxecto é xerado como complementador do SV (e dicimos nos máis dos casos, porque non todos os suxeitos xorden como especificadores, mais polo de agora non nos imos ocupar desta cuestión).

5

Podería perfectamente tratarse doutro SD: o can comía a carne. Cadansúa función sintáctica viría igualmente marcada pola súa posición a respecto do V: especificador ou complemento.

38


Introdución á sintagmática do galego Na estrutura máis básica, a do SV, que recolle a grella temática6, podería representarse así: Fig. 26.

A estrutura anterior, aínda semántica, carece de conxugación. Para a cláusula ter unha estrutura aceptábel, é preciso conxugar o verbo, incluíndo os elementos xa citados da concordancia e do tempo. Para iso é preciso introducir o SF. O SF posúe os trazos da conxugación necesarios, como se ve no gráfico 6. Tal movemento é o que permite que se atopen distintos tempos verbais: 6

A grella temática é a estrutura semántica subxacente. No exemplo anterior, o predicado ler require dúas valencias, unha externa, X–alguén e outra interna, Y–algo. Cando se dá o salto da semántica para a sintaxe, esta estrutura orixinal fica reflectida no SV e é coñecida con esa denominación xa mencionada de grella temática.

39


Xavier Frías Conde

38) Luís lee libros. 39) Luís leu libros 40) Luís está a ler libros. O punto de partida sería, daquela, a introdución do tempo (flexión): Fig. 27.

convértese en 28:

40


Introdución á sintagmática do galego Fig. 28.

Cómpre analizar cal é a diferenza entre 27 e 28. En 6, tanto o suxeito como o verbo están no seu lugar de xeración, mais xa en 7 sobre cara a F para tomar a flexión de presente de indicativo con concordancia da 1PS. O lugar primitivo de V ten unha pegada, o cal envolve que ningún outro elemento pode ser colocado aí Consecuentemente, o suxeito, especificador de SV, móvese a unha posición superior, tamén de especificador, acompañando o V na súa viaxe. Estes dous movementos son, porén, diferentes. O 41


Xavier Frías Conde verbo, un núcleo, móvese a outro núcleo, mentres que o suxeito só se pode mover a unha posición que non sexa nuclear. Podería acontecer que o suxeito non se movese, o cal daría lugar a unha cláusula un tanto estraña como esta: 41) ? Le Luís libros. Esta oración non é incorrecta, embora sexa abondo marcada. Reflicte que houbo só movemento do verbo, mais non do suxeito. Obsérvese en 7 como os movementos van indexados (utilizamos 1 e 2). As frechas non son obrigatorias, mais axudan a seguir visualmente o movemento dos operadores con máis facilidade. Estes movementos son constantes en moitas linguas, non só en galego, mais nomeadamente nas románicas. Do proceso anterior podemos extraer dúas regras: Regra 1: O verbo conxugado ascende sempre á posición máis alta: núcleo do SF > F. Regra 2: O suxeito soe acompañar o verbo neste movemento. Cando hai verbos auxiliares, estes ocupan a posición de F (expresado dunha maneira simplificada), de maneira que V non fica baleiro: 42


Introdución á sintagmática do galego

42) Luís pode ler libros alemáns

Fig. 29.

Como se aprecia doadamente, V está ocupado polo infinitivo ler, e só o suxeito ascende. 2.5. Un paso máis: SC Omitimos nos exemplos SC porque non precisábamos del para explicar estes movementos básicos. Porén, como xa dixemos, SC é unha macrocategoría que recolle fenómenos como topicalización, interrogación, focalización, etc.

43


Xavier Frías Conde Non sería estraño que en galego o verbo, ao se construír unha pregunta, ascendese até o núcleo de SC. De facto, a oración 15) podería ser totalmente correcta caso se tratase dunha pregunta. Retomamos a devandita oración: 43) Le Luís libros? Fig. 30.

Poderiamos mesmo engadir un pronome interrogativo como que, en cuxo caso, o núcleo do SC

44


Introdución á sintagmática do galego podería ficar ou non baleiro (neste exemplo non) mais non o seu especificador: 44) Que le Luís? Fig. 31.

Obsérvese, ademais, como o ascenso do verbo vai por banzos, dado que a oración interrogativa previamente requiría que V tivese ascendido para 45


Xavier Frías Conde F. Se o movemento tivese sido directo, o resultado sería unha oración agramatical como esta: 45) * Que ler Luis? Non obstante, o movemento do comp. do SV cara ao especificador do SC si é directo, como se aprecia na figura 10.

46


Introdución á sintagmática do galego

5. A oración básica estendida 5.1. A negación A negación require un sintagma propio, o sintagma negativo (SNEG), cuxo emprazamento na cláusula é variábel. Cando existe un só verbo (SV), xérase inmediatamente por riba do SV, mais se houber outros verbos (por exemplo en SF), o SNEG xérase por riba, porque en galego, como nas demais linguas románicas, o SNEG ten que acompañar o primeiro verbo. Mais non só iso, en galego, como en todo o románico, o verbo modificado directamente sobe até SNEG. 46) Non puiden falar con eles. Fig. 32.

47


Xavier Frías Conde

5.2. A diátese A diátese en galego, como no resto do romance, impleméntase por medio do sintagma diatetizador (SDIAT), de natureza verbal. Existen, porén, dous tipos de núcleos: verbais e clíticos. 5.2.1. Estruturas pasivas O núcleo das cláusulas pasivas é un verbo: ser, que non ofrece problemas canto ao seu comportamento. Porén, o participio do predicado require

48


Introdución á sintagmática do galego concordancia. Neste caso, na GX existe o Sv7, coñecido como cuncha verbal, ao que non fixemos referencia até agora, mais que introduciremos nesta ocasión para reflectir como o verbo, na forma do participio, adquire concordancia. O proceso da pasivización é moi complexo, pois teñen que se dar os seguintes pasos: 1. Semanticamente, prescíndese da primeira valencia (a externa); isto implica que o oco funcional do suxeito fica baleiro. 2. A introdución do DIAT cancela a asignación de caso acusativo ao complemento do SV, o cal toma caso nominativo por defecto, co cal se comporta como un verdadeiro suxeito. 3. A partir de aí, o habitual é que o novo suxeito ascenda (aínda que non é obrigatorio).

7

A cuncha verbal é unha ferramenta moi frecuente na GX que permite explicar moitos fenómenos, como a concordancia do participio ou a existencia de dous obxectos. Non faremos máis referencias a ela porque nesta introdución non precisamos introducila como estrutura fundamental. Convén dicir que na literatura xerativista, o Sv albergou a diátese, o cal, ao noso entender, é errado.

49


Xavier FrĂ­as Conde 4. O predicado ten que ascender a Sv para asumir a concordancia. Todos os procesos anteriores aparecen no seguinte exemplo: 47) Esa roupa foi lavada onte. Fig. 33.

50


Introdución á sintagmática do galego 5.2.2. Voces medias En galego, como no resto do romance, existen dúas voces medias: a impersoal e a ergativa. Non trataremos aquí da diferenza entre elas8. A diferenza estrutural entre a media e a pasiva radica precisamente en que o núcleo do SDIAT é un clítico, o cal, pola súa propia natureza, responde ás leis do galego de colocación proclítica ou enclítica. Ten daquela movementos un tanto complexos, de adición a unha forma verbal. Tomaremos como modelo unha construción media impersoal. Neste caso, temos que facer referencia ao sintagma de concordancia de obxecto (SCONCO), dado que en moitos casos existe concordancia de obxecto, que non de suxeito, neste tipo de construcións. Cómpre ademais mencionar que esta diátese media –mais non así a ergativa– non cancela a asignación de caso. Imos propor un exemplo un bocadiño complexo en que o verbo auxiliar (núcleo de SF) arrastra consigo NEG e tamén DIAT: 48) Non se puido limpar a fachada.

8

Véxase a ese respecto Frías Conde, X. (2010) Compendio de sintaxe galega. Romania Minor : Pontevedra.

51


Xavier Frías Conde Fig. 34.

5.3. A interpretación do lugar ocupado polos clíticos Xa anteriormente citamos que o SF é unha macrocategoría que inclúe a concordancia. En galego, como no resto dos romances, existe a concordancia de obxecto (na figura 34 temos un exemplo), aínda que o máis normal é que a concordancia de obxecto se dea a través do sintagma de concordancia de obxecto a que xa fixemos mención. Este sintagma ten como núcleo un clítico, cuxo comportamento en galego canto ao pleonasmo 52


Introdución á sintagmática do galego responde á súa forma implícita ou explícita. Isto quer dicir que cando o obxecto está presente, o normal é que teña forma implícita. No exemplo 49, a forma implícita é precisamente o clítico

49) Lavei pro os pratos

mentres que no exemplo 50 a forma implícita é o obxecto.

50) Laveinos pro

Porén, ambos han estar explícitos cando o obxecto é focalizado (pleonasmo). Eis a análise deste caso tan común en galego:

53


Xavier FrĂ­as Conde

54



Xavier Frías Conde Índice 1. A teoría da X–barra ....................................................8 1.1. Conceptos básicos ...................................................8 1.2. A teoría da X–barra ...............................................11 1.3. Sintagmas funcionais.............................................13 2. 1. Sintagma nominal (SN) .........................................16 2. O sintagma nominal e as súas proxeccións ..............16 2.2. Sintagma determinante (SD) .................................18 2.4. Sintagma posesivo .................................................20 2.5. O sintagma preposicional ......................................21 2.5. Un paso máis: SC ...................................................43 2.6. A extensión do SN co seu complementador .........22 3. Sintagma adxectival, sintagma adverbial e proxeccións ..............................................................26 3.1. Sintagma adxectival...............................................26 3.2. Sintagma adverbial (SAdv) ....................................30 3.3. A comparación: o sintagma comparativo .............30 4. A estrutura básica da oración...................................33 4.1. A cláusula como proxección do predicado: o sintagma complementador......................................33 4.2. Sobre o sintagma flexivo .......................................34 4.3. A estrutura básica da oración: o lugar do SC e do SF. .............................................................................35 4.4. Suxeito e obxecto como especificador e complemento respectivamente do SV ....................38 5. A oración básica estendida.......................................47 5.2. A diátese ................................................................48 5.2.1. Estruturas pasivas ..............................................48 5.2.2. Voces medias......................................................51 5.3. A interpretación do lugar ocupado polos clíticos .52

56



Xavier Frías Conde

A estrutura da lingua galega é un terreo pouco estudado até agora. A sintagmática ocúpase da estrutura dunha lingua no nivel dos sintagmas. Este libro fai un percorrido das principais estruturas sintagmáticas do idioma galego desde unha abordaxe da Gramática Xerativa (Programa Minimalista). Xavier Frías Conde é docente de linguas galega e portuguesa na UNED. É especialista en Lingüística Iberorrománica, ademais de tradutor e escritor.

58


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.