Cuestións de lingua galega

Page 1

Xavier Fr铆as Conde

Cuesti贸ns de lingua galega



CUESTIÓNS DE LINGUA GALEGA


© Texto: Xavier Frías Conde, 2010 © Edición: Romania Minor Ianua. Revista Philologica Romanica Suplemento 10 (2010) ISSN: 1616-413X www.romaniaminor.net/ianua/ info@romaniaminor.net Reservados todos os dereitos. Ningunha parte deste material pode ser reproducido sen o consentimento previo escrito do seu autor.


I. PUNTOS GRAMATICAIS



Xavier Frías Conde

1. Estrutura sintagmática 1.1. Sintagma adxectivo e as súas proxeccións En galego, como en todas as linguas románicas, existe unha soa proxección do adxectivo, o sintagma adxectivo (SA), cuxa estrutura é moito menos complexa que o sintagma nominal (). Evidentemente, o adxectivo ten que ser, por forza, o núcleo do SA. Este pode aparecer só: Era unha [SA [A boa]] persoa. O adxectivo pode ir precedido dun Cuantificador (Q), mais sen funcionar coma un Sintagma Cuantificador (SQ), é só un especificador, de natureza adverbial, con esta estrutura: [SA [Q] [A]] /\ [SA [A] [Q]] Era unha [SA [Q moi] [A boa]] persoa. Teño uns licores [SA [Q realmente][A magníficos]] na casa A xente de por aquí éche [SA [Q ben] [A simpática]] 7


Xavier Frías Conde

Esas laranxas son [SA [A ruíns [Q de máis]] As proxeccións pola dereita son posíbeis normalmente cun SP: [SA [Q] [A] [SP]] É un libro [SA [A doado [SP de ler]] O SA pode aparecer como complemento do nome ou como complemento do verbo. Para o primeiro caso ( sección seguinte). O SA que funciona coma complemento verbal adoita ser un atributo, con concordancia co suxeito. Os teus fillos camiñan [SA [Q moi] [A lentos]]

1.2. Sintagma nominal e as súas proxeccións En galego, como en todas linguas románicas, existen distintos tipos de sintagmas que son proxección dun nome.

8


Xavier Frías Conde

Esquematicamente, podemos establecer os tipos de sintagmas paranominais da seguinte forma (atendendo para o facto de que a súa ampliación é sempre cara á esquerda): 1. Sintagmas só co nome (xeralmente obxectos), aínda que poden ir acompañados dun Sintagma Adxectivo. Merquei [SN [ N azucre [SA [A integral]]]] 2. Sintagmas cun determinante (artigo definido, posesivo, demostrativo) antes do nome. [ SD [D O[SPOS[POS meu [SN[ vo]]]]]]]] é unha marabilla.

N

auto [SA [A no-

3. Sintagmas cun cuantificador (artigo indefinido, cuantificador propiamente dito): [SQ [Q Moita [SN [N xente]]]] non quere esa estrada aquí. Dáme [SQ [Q unha [SN [N caixa]]]], por favor. 4. Sintagmas con preposición (poden ter determinante ou non). 9


Xavier Frías Conde

A señora marchou [SP [P para [SD [D a [SN [N casa] Merquei [SD [D estas [SN [N camisolas ]]]] [SP [P para [SD ti]]]] É fundamental aclarar que un Sintagma Determinante pode ter tamén como núcleo un Pronome Persoal (véxase o exemplo anterior). Isto quer dicir que arredor dun nome, sen atender que haxa un Sintagma Adxectivo, poden existir tres proxeccións: SN > N SD > D + SN SQ > Q + SN SP > P + SD/SQ P + SN

1.3. Ausencia de contraccións entre preposición e artigo Xa foron analizados os casos en que o galego existe contracción entre a preposición e o artigo. Trátase de dous casos abondo diferentes.

10


Xavier Frías Conde

O primeiro caso para analizarmos é o encontro da preposición co pronome no canto do artigo numeral. É artigo cando vai seguido dun nome: Heiche falar dun novo proxecto interesante Cunha pílula abóndame. Ora ben, cando se trata dun pronome, isto é, que o nome non aparece, daquela a contracción non é posíbel. Os exemplos anteriores ficarían reescritos así: Heiche falar de un novo, moi interesante. Con unha abóndame.

1.4. Sintagma verbal e as súas proxeccións O sintagma verbal (SV) é o núcleo da oración, non só en galego, senón en todas as linguas. Ora ben, a estrutura do SV pode mudar segundo as distintas linguas. En principio, é claro que o SV ten como núcleo un verbo, de aí o seu nome. Tal verbo ten que ser

11


Xavier Frías Conde

un verbo lexemático (isto é, un verbo que teña significado, non un verbo auxiliar). O SV pode ter, para alén do seu núcleo, proxeccións de SN. Trátase das valencias () do verbo. Isto envolve que o verbo ten que lles dar cabida porque son parte da súa natureza semántica. O suxeito, a primeira valencia (ou valencia externa) vén nas linguas románicas en primeiro lugar, mentres que os obxectos (ou valencias internas) veñen despois: O neno deixa os libros na mesa

Nota: Neste caso deixamos conceptos máis elevados e complicados como sintagma flexivo (SF) que son alleos a esta entrada.

12


Xavier Frías Conde

Ora ben, moi decote, o SV proxéctase aínda máis por medio doutros verbos, os chamados verbos auxiliares e modais. Os ditos verbos engaden información gramatical ou semántica ao verbo nuclear, mais a súa estrutura en galego pode presentar algunha peculiaridade. En principio, os auxiliares propios (ter) son colocados por riba do SV. Imos falar neste caso de sintagma temporal (ST): O neno ten lido o libro moitas veces

O mesmo pode ser dito para as construcións pasivas, introducidas co chamado sintagma diatetizador (SDIAT) [vid. despois a diátese] 13


Xavier Frías Conde

Nota 2: o proceso aquí explicado é moi complexo, pois se trata da descrición dunha mudanza profunda dunha estrutura activa en pasiva polo movemento do obxecto directo orixinal á función de suxeito; porén, a teoría completa segue a ficar fóra do noso alcance nesta entrada. O libro foi lido por medio planeta.

Finalmente, vexamos como un verbo modal tamén é introducido a través dunha categoría chamada sintagma modal (SMod): O neno pode ler o libro.

14


Xavier FrĂ­as Conde

Os tres tipos de verbos auxiliares -usaremos esta etiqueta globalizadora- poden aparecer xuntos: A casa puido ter ser derrubada finalmente.

15


Xavier Frías Conde

Como temos visto, o SMOD do exemplo anterior exixe que o SV teña como núcleo un infinitivo, mentres que o SDIAT exixe que aquel sexa un participio. Porén, as estruturas con SMOD ou ST (con auxiliares impropios) son moi diversas en galego, porque poden rexer tanto infinitivo, xerundio como participio. Mesmo nalgúns casos, o infinitivo é precedido de preposición ou conxunción. Eis as posibilidades: 1. AUX + VINF: Vou visitarte máis tarde 2. AUX + a VINF: Seguimos a loitar pola causa. 3. AUX + de VINF: Has de ter máis coidado 4. AUX + que VINF: Temos que falar diso axiña. 5. AUX + VXER: Xa vou eu facendo a cea. 6. AUX + VPART: Non teño aprendido toda esa lista de vocabulario

1.5. Sintagma diatético: diátese En galego, como nas máis das linguas románicas, hai tres voces: activa, media e pasiva. A voz é tamén coñecida como diátese. Para transformar unha voz activa noutra, precísase dun diatetiza16


Xavier Frías Conde

dor. O diatetizador é un verbo (ser) ou un clítico (se) que permite a transformación. En todas as voces distintas da activa, o suxeito activo desaparece. A voz pasiva ten un uso relativamente limitado en galego. Emprégase nomeadamente para evitar referencias á primeira valencia, de maneira que o obxecto pasa a funcionar como suxeito. Desde un punto de vista sintáctico, o proceso é así

A voz media pode ser de dous subtipos: impersoal e media. A voz media impersoal constrúese con se como diatetizador, mais non é necesariamente transitiva, pode ser tamén intransitiva. O máis interesante destas construcións é que hai concordancia co obxecto: Construíuse unha fábrica de cementos fóra da vila (concordancia co obxecto en singular)

17


Xavier Frías Conde Fixéronse moitos pisos novos (concordancia co obxecto en plural) Trabállase pouco por aquí (sen concordancia, construción intransitiva)

A voz media ergativa implica un proceso en que algo acontece por un impulso externo. Como nas pasivas, o obxecto pasa a suxeito. O máis interesante é que en galego haim moitos casos en que non hai se: A ponte afundiu polas chuvias. Xa fundiu de novo a lampadiña? Esa cadeira xa rompeu tres veces. Porén, en moitos outros casos a presenza do se é obrigatoria (nomeadamente en tratándose de seres humanos): O neno ergueuse cedo 18


Xavier Frías Conde Véxanse casos de omisión do se máis adiante.

1.6. Sintagma complementador. Conectores sintácticos: estrutura, presenza e ausencia Non pretendemos agora dar toda a lista de conectores do galego, senón simplemente atender para a súa estrutura básica. O conector máis frecuente é que. Con todo, é bo acostumarse ao uso do termo complementador, habitual na gramática xerativa. Por veces rexe indicativo (nomeadamente cos verbos de dicción e pensamento en afirmativo): Dixo que anda moi ocupado ultimamente 19


Xavier Frías Conde

Penso que niso non tes razón ningunha Afirmou que naquel día el estaba no seu gabinete a traballar. Noutras ocasións rexe conxuntivo ou subxuntivo: Espero que teñas mellor sorte na próxima vez Queren que traballemos aínda máis horas Pediunos que lle trouxésemos un recordo da nosa viaxe. O que pode combinarse con preposicións, formando daquela conectores máis complexos: Heicho dicir máis claro para que o entendas Desde que marcharon, isto está moi baleiro Ora ben, é ben frecuente que o complementador non apareza, en cuxo caso o normal é que se atope unha forma non persoal, nomeadamente o infinitivo, embora a preposición se manteña. As cláusulas de infinitivo (persoal o impersoal) non precisan complementador: Heicho dicir máis claro para o entenderes. Non sei que se gaña con discutirdes. 20


Xavier Frías Conde

Existe un tipo de cláusulas de infinitivo, nomeadamente con valor temporal, introducidas con ao (polo demais, moi frecuentes tamén en portugués e español). Ao escollermos unha empresa como esta, escolledes fiúza. Asinaron a súa sentenza de morte ao declararen contra o mafioso. As outras formas non conxugadas son tamén frecuentes no seu uso sen complementador. As cláusulas de xerundio úsanse con moita frecuencia con valores temporais ou modais: Vindo para acó, atopei o Paco ao pé da túa casa Falando así, non che van entender nada, meu. É moi frecuente o emprego do xerundio coa preposición en: En levantando o solo, apareceron restos arqueolóxicos Teñen mesmo valor condicional: 21


Xavier Frías Conde

Aprendendo esta parte dos contidos, hache bastar para faceres o exame. As cláusulas de participio ten un uso máis restrito e é máis propio dun rexistro elevado (por exemplo o equivalente aos ablativos absolutos latinos, moi a miúdo introducidos con unha vez): (Unha vez) acabada a tarefa, podemos marchar para casa

1.7. Conectores sintácticos: casos especiais O galego ten unha serie de conectores sintácticos que son mal utilizados. A seguir presentamos algúns deles que pola influencia do español, ora non se usan, ora son mal usado. Tomamos o portugués padrón como referencia para explicar o seu uso: CASO É un conector condicional procedente da redución de en caso que, que rexe conxuntivo: 22


Xavier Frías Conde

Caso che doa a barriga, chámame MAL Equivale a case (que) non, ou ao español apenas: Mal sabe falar este coitado (=case non sabe falar...) ASÍ QUE É un conector temporal equivalente a tan logo como, tan cedo como. Equivale ao español en cuanto, de aí que se faga un calco en canto, que non é forma galega (e claro falso amigo co portugués enquanto): Así que chegues, chámanos. Así que o relatorio estivo preparado, convocaron os conselleiros. EMBORA. As normas actuais do galego non recollen este conector, mais existe en galego. Equivale a aínda 23


Xavier Frías Conde

que, coa particularidade de que rexe conxuntivo (subxuntivo): Embora non o saibas, non quedes en silencio e infórmate.

1.8. Conectores temáticos Estes son algúns conectores temáticos en Galego, que serven para introducir un tema xa coñecido ou mencionado nun discurso: CANTO A Evítese *en canto a. Canto á túa proposta, imos examinala atentamente. A RESPECTO DE / RESPECTO A A respecto da redución das emisións, o relatorio é moi concreto. A TEOR DE 24


Xavier Frías Conde

É moi culto, propio da lingua escrita en niveis moi formais. Quero facer algúns comentarios a teor dos artigos publicados recentemente. NO RELATIVO A No relativo ás pensións, o goberno tenta transmitir calma. NO TOCANTE A No tocante ás miñas cousas, espero que as respectes. EN RELACIÓN A Quero facer un par de apuntamentos en relación aos comentarios que ouvín. SOBRE ISTO / SOBRE ESTA CUESTIÓN Moi empregado na fala

25


Xavier Frías Conde

Sobre isto, eu quería dicir un par de cousas antes de comezarmos a discusión.

1.9. Ausencia de contraccións entre preposición e artigo / pronome por complementador Ø O segundo caso de ausencia de contraccións é moito máis complexo. Obsérvense os seguintes casos: Xa eran horas de os nenos iren para a cama. Suspiraban por a hora do recreo chegar. Chegou o momento de elas diciren a verdade. Sería absolutamente incorrecto nestes casos realizar a contracción: *Xa eran horas dos nenos iren para a cama *Suspiraban pola hora do recreo chegar. *Chegou o momento delas diciren a verdade. Trátase da presenza dunha barreira que pode ser visíbel (ou audíbel) ou non: o complementador. Toda cláusula dependente é introducida por un Sintagma Complementador (SC). Ao tratarmos dos conectores ou complementadores (vid. abaixo), 26


Xavier Frías Conde

vimos que as cláusulas de infinitivo non mostran SC, mais iso non significa que non estea SC. Vexamos os exemplos de enriba agora con complementador visíbel: Xa eran horas de [SC que] os nenos fosen para a cama. Suspiraban por [SC que] a hora do recreo chegase. Chegou o momento de [SC que] elas dixesen a verdade. A presenza do SC, ademais de impor o pretérito de conxuntivo, permite ver que entre a preposición e o artigo ou pronome hai unha barreira, por tanto non poden contraer. Cando se emprega o infinitivo, a dita barreira segue a estar presente, embora sexa invisíbel. Podemos representala así: Xa eran horas de [SC Ø] os nenos iren para a cama. Suspiraban por [SC Ø] a hora do recreo chegar. Chegou o momento de [SC Ø] elas diciren a verdade.

27


Xavier Frías Conde

En definitiva, o complementador sempre está presente. Cando é visíbel, o verbo conxúgase, cando é invisíbel, úsase o infinitivo, mais o dito complementador evita a contracción porque de feito non hai contacto entre a preposición e o artigo ou o pronome.

28


Xavier Frías Conde

2. Pronomes e clíticos 2.1. Distinción entre pronomes e clíticos Na gramática tradicional, clíticos e pronomes son considerados o mesmo tipo de palabras. Na realidade, non é así. Nos idiomas románicos, convén distinguir entre clíticos e pronomes, dado que teñen trazos diferentes. Fonoloxicamente, os clíticos son átonos, mentres os pronomes son tónicos. Morfoloxicamente, os clíticos son monosílabos, mentres os pronomes poden ser polisílabos. Sintacticamente, os clíticos fan referencia a funcións sintácticas, porén os pronomes son operadores sintácticos (véxase respecto disto Pleonasmo dos clíticos, onde se mostra como os clíticos aparecen pleonasticamente). Ademais, un clítico non pode ser o primeiro elemento dunha oración, mentres que o pronome si pode abrila. Segundo as regras do pleonasmo, clíticos e pronomes poden aparecer xuntos: A min non me dixeron nada. A el vímolo onte pola rúa.

29


Xavier Frías Conde

En galego, como en todas as linguas iberorrománicas, os clíticos son só de obxecto, mais noutras linguas románicas (francés, grupo galorrománico) hai tamén clíticos de suxeito, chamados funtores. Os pronomes en galego teñen as seguintes formas: Suxeito

Oblicuo

Xenitivo

Instrumental

1PS

eu

min

meu

comigo

2PS

ti/tu**

te

teu*

contigo

3PSM

el

el

con el [-ref] consigo [+ref]

3PSF

ela

ela

1PP

nós

nós

seu* [ref] de seu [+ref] seu* [ref] de seu [+ref] noso+

2PP

vós

vós

voso*

convosco***

3PPM

eles

eles

con eles [-ref] consigo [+ref]

3PPF

elas

elas

seu* [ref] de seu [+ref seu* [ref] de seu [+ref]

con ela [-ref] consigo [+ref]

connosco***

con elas [-ref] consigo [+ref]

Notas: * Son formas con flexión, vgr.: meu, miña, meus, miñas.

30


Xavier Frías Conde ** Tu é usado ao menos na metade do territorio e é a forma común co portugués, considerada dialectal, mais correcta no galego padrón. *** Úsanse tamén as formas con nós e con vós.

Cómpre citar a respecto do cadro anterior que as formas marcadas como [+ref], reflexivas, tenden a ser substituídas polas [-ref]. O cadro non inclúe as formas de cortesía que son tratadas separadamente. Pola súa banda, os clíticos presentan as seguintes formas: acusativo 1PS 2PS 3PSM 3PSF 1PP 2PP 3PPM 3PPF

dativo me che lle lle nos vos lle lle

te o* a*

os* as*

reflexivo te se se

se se

Notas: * Con alomorfos: o, lo, no || a, la, na.

Os clíticos son, na realidade, un tipo de morfemas verbais flotantes, isto é, a súa posición na 31


Xavier Frías Conde

oración vén dada por unha serie de regras (vid. Colocación dos clíticos). Como se aprecia, os clíticos marcan caso como ningún outro elemento en galego (eis o caso de te–che, que se pode ver en Te–che revisión).

2.2. Usos do se Antes de nada, convén facer unha aclaración: non é o mesmo un verbo reflexivo que un verbo pronominal. Os verbos reflexivos son aqueles en que suxeito e obxecto son o mesmo (vgr.: eu lávome todas as mañás con auga tépeda). En troques, un verbo pronominal é aquel que precisa un clítico, mais cuxa función é moi variábel ou mesmo non ter nin función. O se pode asumir todos estes papeis. Por tanto, o se é un clítico que ten un uso moi extenso en galego. Podemos resumir o seu uso nos seguintes puntos: 1. Pronome reflexivo (isto é, cando obxecto e suxeito son o mesmo): O Xoán lávase sempre con auga fría

32


Xavier Frías Conde

2. Diatetizador (vid. supra) da voz media impersoal: é o se impersoal que se usa en moitas oracións. Na gramática tradicional esta voz adoita ser chamada voz pasiva reflexa, mais esta é unha denominación errónea. Dixéronse cousas moi graves naquela xuntanza 3. Diatetizador da voz media ergativa, coñecido nalgunhas gramáticas como se involuntario. Aparentemente é unha forma reflexiva, mais na realidade non o é porque non se pode aplicar a fórmula (=si mesmo), como en: O foguete destruíuse nas capas máis altas da atmosfera. Con todo, en galego é moi frecuente omitilo (vid. supra voz media ergativa): A tubeira dobrou por causa da humidade Todas as lanchas afundiron durante o temporal

33


Xavier Frías Conde

4. Hai outro se que non ten valor ningún, mais certos verbos sempre precisan un clítico; sen eles, a conxugación é inviábel: arrepentirse, queixarse, xactarse, etc. Quéixase de todo

2.3. Formas de cortesía As formas de cortesía do galego padrón son vostede para o singular e vostedes para o plural, en portugués você e vocês respectivamente. Réxense pola terceira persoa canto ao verbo e por tanto requiren dos clíticos da terceira persoa: o, a, os, as, lle, lles. Eu a vostedes non os coñezo Ordenamos que lles trouxesen as toallas limpas a vostedes E por esa mesma lóxica, os posesivos son tamén os da terceira persoa: seu, súa, seus, súas. Caso se quixer distinguir entre a terceira persoa propiamente e a persoa de cortesía, pódense usar as formas analíticas con de:

34


Xavier Frías Conde

Ese saio é seu (ambiguo) Ese saio é del Ese saio é de vostede É parte do uso galego –embora non se recolla na lingua padrón– o emprego das formas reflexivas co posesivo, que, doutra banda, é normal en portugués: Eu quería falar consigo (= con vostede) Hai moito tempo que non sei nada de si (=de vostede) É interesante observar, canto ao seu uso, que as formas de cortesía galega son relativamente simples. O galego non ten tres graos como ten o portugués, senón dous, como o español. Obsérvese o seguinte cadro que recolle as formas de cortesía e a segunda persoa nas dúas variantes do portugués e o galego: PT BR

PT EU

(Tu)* Você O senhor/ a senhora

Tu Você O senhor/a senhora (Vós)** Vocês

Vocês

35

GL Ti (tu)*** Vostede

Vós Vostedes


Xavier Frías Conde Os senhores / as senhoras

Os senhores/ as senhora

* Ten un uso moi limitado no Brasil. Xeralmente foi substituído por você ** Non é portugués padrón, úsase nas áreas nor-orientais do país e aínda con valor arcaizante na literatura. *** É forma considerada dialectal mais correcta en galego, que se usa en máis da metade do territorio.

2.4. Alomorfos da 3PS: o, -no, -lo En galego, os clíticos da terceira persoa acusativo presentan diversas formas segundo o contexto en que se atopen. Falamos daquela dun mesmo morfema que toma diferentes formas, o cal é coñecido co nome de alomorfo. Obsérvense as formas que toma o nos seguintes exemplos: O pan véndeo na praza. O pan vendeuno na praza. O pan véndelo na praza

36


Xavier Frías Conde

As regras para o uso destes tres alomorfos son máis sinxelas do que parece: 1. Próclise: – Úsase sempre a primeira forma: o, a, os, as. O pan xa o venderon todo 2. Énclise: – Detrás de vogal e nasal: forma simple Véndea Cómpraas Véxoos Cómprano – Detrás de ditongo: forma con nasal Vendeuna Comprounas – Detrás de /-r/ ou /-s/, forma con lateral, mais os fonemas anteriores fican absorbidos, isto é: Cantas o > cántalo 37


Xavier Frías Conde

Entender o > enténdelo Isto hase entender a través de formas arcaicas, algunha delas aínda conservadas no galego eonaviego, que representan estadios anteriores da lingua: Entendes-lo (eon.) > enténdelo Entender-lo > entendelo

2.5. Pleonasmo dos clíticos Un dos trazos característicos non só do galego, mais de case todas as linguas románicas é a aparente redundancia dos clíticos na oración. En cada lingua funciona dun xeito diferente, mais en virtualmente todas elas é normal o seu uso, como indicamos, aparentemente redundante. Os clíticos fan referencia a un obxecto (directo ou indirecto), polo que en principio, substitúen o obxecto omitido: A: Mercaches uns lentes novos? B: Merqueinos.

38


Xavier Frías Conde

Ora ben, aparece a aparente redundancia nestoutro exemplo: O Lois detivérono onte. Na realidade, son casos non de redundancia, senón de pleonasmo, que trata tamén dunha repetición mais non desnecesaria. Podemos distinguir entre os usos opcionais e obrigatorios en galego. 1. É opcional nas oracións que manteñen o obxecto no seu posto normal. En tales circunstancias, o clítico acostuma non aparecer, embora, é posíbel que cando se trate do dativo si se faga presente. Responde á estrutura seguinte:

SUXEITO pro pro

PREDICADO Vin Díxen-

CLÍTICO (-lle)

39

OBXECTO os nenos ao Carlos

ADXUNTO/OBX. no parque a verdade


Xavier Frías Conde

2. É obrigatorio cando se dea unha focalización (=movemento do obxecto para a posición inicial). Daquela o clítico ten que aparecer:

FOCO

SUX.

PREDICADO

CLÍTICO

OBXECTO

ADXUNTO/OBX.

Os nenos Ao Carlos

pro

vin-

-os

os nenos

no parque

pro

díxen-

-lle

ao Carlos

a verdade

O uso do galego varía respecto doutras linguas románicas, mais en xeral existe a tendencia ao pleonasmo en todas elas.

2.6. Colocación do clítico co infinitivo En galego é moi correcto, mesmo recomendábel, colocar o clítico diante do infinitivo en determinadas circunstancias: 1. Cando antes veña unha preposición Xa son horas de me devolveres os apuntamentos

40


Xavier Frías Conde

Trouxérono para o examinares con calma Obsérvese como, ademais, é ben frecuente empregar o infinitivo conxugado nestes casos. 2. Detrás de certas conxuncións Teñen que se pór de acordo de vez Eu non sei como llo dicir 3. Detrás das negacións É mellor non lle dicir(mos) nada Obviamente, nestes casos tamén o clítico pode ir despois do infinitivo.

2.7. Colocación do clítico nos tempos conxugados (revisión) A posición natural dos clíticos é a próclise, isto é, despois do verbo. Aos efectos da acentuación, o clítico forma unha unidade co verbo: dixen, mais díxenlle 41


Xavier Frías Conde

falas, mais fálalo partín, mais partino falou, faloume, mais falóuseme entendo, mais enténdoo Algunhas formas acentuadas por teren un diacrítico manteñen o dito diacrítico: é → évos pór → pórlle A énclise, isto é, a colocación do clítico diante do verbo, prodúcese en varias circunstancias. Este movemento vén provocado pola presenza de certos elementos na frase: 1. Cunha partícula negativa (non, nunca, xamais): Non me dixeron a verdade. Eles nunca nos confían os seus segredos. 2. En cláusulas dependentes introducidas por calquera complementador (que, como, se, cando, onde, mentres...) Espero que nos deixen entrar. 42


Xavier Frías Conde

Mentres vos acuriosades un pouco, nós imos tomar algo por aí fóra. Non esquezades chamarnos cando vos lembredes. 3. Con certos adverbios como tamén, xa, si Si nos deron o seu número de telemóbil Xa te recordo, ho. 4. Con determinados elementos focalizados (adverbios, pronomes) Ben o coñezo Todo mo deu el Axiña cho digo (mais tamén: axiña dígocho) Lonxe che queda iso.

2.8. Te~che (ampliación) O galego é a única lingua románica que distingue, ao nivel dos clíticos, entre acusativo e dativo na segunda persoa do singular xunto co romeno ou romanés.

43


Xavier Frías Conde

A distinción de acusativo e dativo correspóndese coa diferenza entre obxecto directo e indirecto respectivamente. Nas linguas románicas a distinción entre acusativo e dativo faise na terceira persoa. Obsérvense os seguintes exemplos de diversas linguas románicas: FR: Est-ce que tu vois Pierre? Oui, je le vois. (acusativo) Est-ce que tu vois Piere? Oui je lui vois la tête. (dativo) IT: Vedi Piero? Non, no lo vedo. (acusativo) Vedi Piero? Sí, gli vedo la testa. (dativo) ES: ¿Ves a Pedro? No, no lo veo. (acusativo) ¿Ves a Pedro? Sí, le veo la cabeza. (dativo) GL: 44


Xavier Frías Conde

Ves a Pedro? No, non o vexo. (acusativo) Ves a Pedro? Si, véxolle a cabeza. (dativo) Esta mesma distinción faise coa segunda persoa ademais en galego: Vesme? Si, véxote Vesme? Si, véxoche a cabeza Obsérvese como moitos verbos admiten dous obxectos, un directo e outro indirecto. Normalmente, cando se pode engadir a palabra 'algo' estamos perante un obxecto directo, polo que poderíamos aplicar unha norma que serve en moitos casos (non en todos): facerche algo → fágoche algo dicirche algo → dígoche algo darche algo → douche algo pedirche algo → pídoche algo En troques, outros non admiten ese che con 'algo' ou 'alguén': entender algo/alguén → enténdote (mais: enténdoche as ideas) 45


Xavier Frías Conde

coñecer algo/alguén → coñézote (mais: coñézoche as debilidades) apreciar algo/alguén → apréciote moito Os verbos de 'gusto' sempre levan dativo: Gústache a crema de chocolate? Préstache o café tan forte? Tamén outros verbos como doer rexen dativo: Dóeche a cabeza? E o dativo de solidariedade constrúese sempre con che: Éche a cousa máis fata que nunca ouvín O tipo fálache cinco idiomas perfectamente Vaiche boa. En troques, as construcións reflexivas requiren te: Lávaste hoxe ou non che toca? Explícaste coma un libro fechado, meu. E o mesmo acontece cos verbos pronominais: 46


Xavier Frías Conde

Non te queixes tanto Non te preocupes que todo irá ben. A forma che contrae con o(s)/a(s): As noces, tróuxenchas todas. Non chou vou repetir máis veces.

47


3. Uso das formas verbais 3.1. Infinitivo conxugado: formas e usos básicos O infinitivo conxugado é un dos elementos máis senlleiros do galego-portugués. É o único idioma románico (xunto co sardo logudorés, mais aquí está en franca decadencia) que presenta o infinitivo con desinencias de conxugación. É fundamental que non se perda en galego, pois é un dos seus signos identitarios máis importantes. Eis as súas desinencias nas tres conxugacións (de facto aparece en catro persoas, ficando dúas delas sen desinencia ou como desinencia : FALAR falar falares falar falarmos falardes falaren

BEBER beber beberes beber bebermos beberdes beberen

PARTIR partir partires partir partirmos partirdes partiren

Canto ao seu uso, non é tan complexo como adoitan mostrar os manuais gramaticais. O seu uso é facultativo, mais convén facerse servir del cando


Xavier Frías Conde

sexa pertinente. Podemos esquematizar as regras do seu emprego do seguinte modo: 1. Uso preposicional: é o máis frecuente. Infinitivos introducidos por unha preposición (cláusulas completivas ou finais) É un bo día para irmos de excursión. Teñen os labios cheos de chocolate por non lavaren a boca 2. Uso como suxeito a. Verbos impersoais cun infinitivo como suxeito Convén teres unha resposta preparada. Cómpre levardes o asunto con discreción. Gústame termos este bo ambiente na casa. b. Construcións impersoais co verbo ser e SA/SN Sería bo preparardes a reunión de antemán, non? É mágoa non quedardes máis tempo connosco. 49


Xavier Frías Conde

3.2. Pretérito versus copretérito O galego, como todas as linguas románicas, distingue entre perfectivo e imperfectivo no pasado, mais non no presente ou no futuro1. Esta distinción causa abondos problemas aos estudantes de galego que non teñen unha lingua románica como lingua nativa. Cal é, xa que logo, a diferenza entre cantaches e cantabas? De entrada, non sempre é posíbel facer unha distinción clara entre ambos os tempos verbais, isto é, que a distinción aspectual non é pertinente por mor da natureza semántica dos verbos. É así, que son practicamente intercambiábeis os dous tempos nestes exemplos caso non haxa referentes temporais: Cando cativo, estudei/estudaba solfeo. Por mor da tormenta imprevista, a xente correu/corría a se abeirar O filme foi/era ben tedioso, que decepción.

1

A distinción de aspecto si é un fenómeno propio das linguas eslavas, embora a distinción de aspecto non existe nas máis das linguas xermánicas. Apenas o inglés desenvolveu un tipo de aspectualidade distinguindo entre tempos simples e continuos.

50


Xavier Frías Conde

Porén, noutros casos, a diferenza é clarísima: o pretérito fai referencia a accións puntuais, mentres que o copretérito fai referencia a accións iterativas. Exemplos puntuais son: O volcano estoupou hai media hora. Deu un concerto espléndido. Falou con moito xeito. Esta noite durmín moi ben. Exemplos iterativos son: Miña avoa falaba alemán moito ben. Estreaban todos os filmes de mércores. Contaba o meu avó que alí xogaban eles cando nenos. (en troques: contoume o meu avó... indicaría que só o fixo unha vez) Nas cláusulas temporais introducidas con cando o normal é que o verbo vaia en pretérito, porén na cláusula principal pode ser pretérito ou copretérito: Cando chamou, eu durmía profundamente (non *durmín) Cando casaron, ambos deles eran moi novos (non *foron) 51


Xavier Frías Conde

Cando tiven o accidente, atendéronme axiña (e non *atendíanme) Algunhas pistas para usar o pretérito ou o copretérito veñen da man dos referentes temporais. Deste xeito, co pretérito úsanse referentes do tipo: unha vez, dúas, veces, moitas veces, Vin dúas veces ese filme (e non *vía dúas veces ese filme). En troques, o copretérito pode ir acompañado de referentes menos concretos: decote, a miúdo, normalmente, etc. (como se ven, son adverbiais que expresan hábitos ou procesos/accións reiterativas): Normalmente lía antes de durmir. Obsérvese esta curiosa distinción: Falou ela todo o tempo e máis ninguén (i.e., nunha reunión) Falaba ela sempre e máis ninguén (i.e., en todas as reunións)

52


Xavier Frías Conde

3.3. Antepretérito O antepretérito (pretérito-mais-que-perfeito en portugués, pluscuamperfecto en español) é a terceira forma dos tempos de pasado. O galego ten unha particularidade importante: conserva as formas sintéticas no paradigma (en portugués a dita forma é mesmo arcaica): Por tanto, o seu paradigma é como segue: CANTAR

BEBER

PARTIR

cantara

bebera

partira

cantaras

beberas

partiras

cantara

bebera

partira

cantaramos

beberamos

partiramos

cantarades

beberades

partirades

cantaran

beberan

partiran

Obsérvese a acentuación das formas de 1PP e 2PP: cantaramos, cantarades; beberamos, beberades; partiramos, partirades. Canto ao seu uso, fai referencia ao pasado do pasado. Desta forma, en referíndose a dúas accións do pasado, o antepretérito fai referencia á primeira delas: Cando chegaron os convidados, o Xoán e a María xa arrumbaran toda a casa 53


Xavier Frías Conde

3.4. O futuro: expresión e tempo Cando se fala de futuro convén distinguir entre o chamado tempo futuro e a expresión do futuro. No primeiro caso, o tempo futuro, ten estas formas nas tres conxugacións: FALAR falarei falarás falará falaremos falaredes falarán

COMER comerei comerás comerá comeremos comeredes comerán

PARTIR partirei partirás partirá partiremos partiredes partirán

3.5. O futuro: expresión Para expresar tempo futuro, o galego sérvese de varias posibilidades. (a) o tempo futuro: Cando case, terei moitos fillos. (b) o futuro analítico coa perífrase ir + INF Vou ter que reparar o auto un día destes.

54


Xavier Frías Conde

(c) coa perífrase haber + INF. En moitos casos, esta perífrase úsase moito para a expresión de obrigas, mais o seu valor de futuro é tamén presente. Heiche dar un bo consello. (d) o tempo verbal presente úsase moi frecuentemente para expresar tempo cronolóxico futuro Mañá falo con eles e xa che digo algo. As diferenzas entre (b) e (d) son mínimas. Apenas d) fai referencia a un futuro moi próximo, aínda que nos máis dos casos (b) e (d) son intercambiábeis. A diferenza entre (a) e (b) pode vir dada por varios contextos:   

dunha banda, unha diferenza estilística, onde (a) é máis formal ca (b) outros usos de (a) fóra do futuro (véxase) (a) ten un valor de predición, ameaza, etc, que (b) non ten, moi a miúdo co adverbio xa: Xa virás a me pedir perdón. Xa o entenderás cando teñas idade.

55


Xavier Frías Conde

3.6. Tempo futuro O tempo verbal futuro, cuxas formas xa foron ofrecidas previamente, ten máis dun uso. Dunha banda, expresa un tempo futuro, aínda que existen outras formas de expresar feitos ou accións que están por chegar, como tamén aparece noutra parte. Por tanto, ten un uso de tempo cronolóxico futuro: Teremos tempo de falar diso durante na sobremesa Ademais, é moi frecuente o uso do tempo verbal futuro para expresar posibilidade (na realidade, este segundo uso é moito máis común): A: Que estraño, o neno ergueuse ás sete da mañá... B: Terá fame e quererá comer algo.

3.7. Tempos do conxuntivo O conxuntivo ou subxuntivo, ten en galego tres tempos: - presente 56


Xavier Frías Conde

- pasado - futuro O presente de conxuntivo ten as seguintes terminacións (sempre átonas): 1º conxugación –e –es –e –emos –edes –en

2º e 3º conxugacións –a –as –a –amos –ades –an

O pretérito de conxuntivo ten as seguintes terminacións (tamén sempre átonas) a partir da raíz: fala-, come-, parti-

–se –ses –se –semos –sedes –sen

57


Xavier Frías Conde

O futuro de conxuntivo ten as seguintes terminacións (tamén sempre átonas) a partir da raíz nos verbos regulares (como no pretérito conxuntivo) ou da raíz de perfecto (nos verbos irregulares: dixe-, tive-, quixe-, viñe-, vi-, estive-, fixe-, etc.:

–r –res –r –rmos –rdes –ren Precisamente as terminacións do futuro de conxuntivo son iguais que as do infinitivo conxugado nos verbos regulares, polo que entrambos presentan exactamente o mesmo paradigma:

falar falares falar falarmos falardes falaren

58


Xavier Frías Conde

mais non é así cando se trata de verbos irregulares: PRES. CONX. quixer quixeres quixer quixermos quixerdes quixeren

INF. PERS. querer quereres querer querermos quererdes quereren

3.8. Futuro do conxuntivo O futuro de conxuntivo non se usa na lingua falada, tendo máis ou menos desaparecido hai tempo, embora continúe a ser empregado con total normalidade en portugués. Con todo, o seu uso na lingua escrita, sobre todo a certos niveis formais, está amplamente recomendado e na escrita actual goza dunha relativa boa saúde.Á diferenza do pretérito imperfecto de conxuntivo, o futuro de conxuntivo indica futuro. Esta distinción parece evidente, mais unha parte do problema xace precisamente aí. Doutra banda, o futuro de conxuntivo, canto ás súas formas, é doadamente confundíbel co infinitivo conxugado.

59


Xavier Frías Conde Podemos sintetizar o uso do futuro de conxuntivo nestes casos: 1. En cláusulas condicionais do tipo II: Se tiver tempo, iría dar unha volta Diríache quen é se o souber 2. En cláusulas de relativo referíndose a hipótese Quen tiver multas pendentes de pagamento será notificado polo Concello 3. En cláusulas temporais introducidas por cando, como que teñen un certo valor condicional Podes vir cando quixeres (=no momento en que quixeres) Escríbeo como che petar (=no modo en que che petar)

3.9. Cantara ~ cantase En galego estas dúas formas non son alternativas como acontece en castelán. CANTARA

60


Xavier Frías Conde

Corresponde ao prepretérito de indicativo, un tempo que en galego é simple, equivalente en castelán a había cantado e en portugués a tinha cantado (cantara en portugués é arcaico). CANTASE Corresponde ao pretérito de subxuntivo ou conxuntivo e ten a mesma forma en portugués (alén da mudanza ortográfica: cantasse), mais en castelán admite dúas formas: cantara ou cantase. Esta alternancia castelá aplícase incorrectamente ao galego, de modo que se di: *Sería mellor que compraras uns doces para os convidados. En troques, o correcto é: Sería mellor que comprases uns doces para os convidados. Convén por tanto ter presente as equivalencias:

61


Xavier Frías Conde

ES había cantado cantara/cantase

PT tinha cantado cantasse

GL cantara cantase

3.10. Ter e haber como auxiliares HABER (1) O verbo haber ten un uso moi limitado en galego, ao contrario do que acontece noutras linguas románicas. En primeiro lugar, non é verbo auxiliar de formación de tempos compostos como en castelán. Non se di por tanto *hei visto, *has cantado. En segundo lugar, haber emprégase para construír dous tipos de estruturas: 1. Para expresar consellos (en tempo condicional): Haberías lavar o auto máis a miúdo, porque xa nin se sabe de que cor é.

62


Xavier Frías Conde

2. Para expresar obrigas leves (normalmente en presente de indicativo) Heiche dar o enderezo do meu curmán Has ler o último artigo dese xornalista, non ten desperdicio. HABER (2) O haber impersoal só se usa, como nas máis das linguas románicas, na terceira persoa do singular e é invariábel, sendo a súa forma no presente de indicativo: hai. O haber impersoal úsase en galego para indicar: 1. A existencia, presenza ou estadía: Hai catro ovos no frigo aínda. Había vinte persoas na fila diante de min. Houbo un tempo en que estas cousas non pasaban. 2. En expresións temporais (no canto de *fai) que é unha forma tomada do castelán: 63


Xavier Frías Conde

Hai anos que non sei nada del. Non as vexo desde hai cinco meses. TER Como verbo ordinario, é o verbo normal de posesión. Alén diso, ten uns usos auxiliares que imos enumerar a seguir: 1. Como parte dunha locución que adoita expresar hábitos pasados ou accións moi repetidos no pasado. Meu pai ten pescado neste peirao toda a súa vida até que xa non puido vir a pé. Téñoche dito mil veces que non berres. 2. Como modal temporal, úsase normalmente na forma non finita (infinitivo) Despois de ter casado cinco veces, aínda quere repetir (porén tamén é correcto: despois de casar cinco veces...)

64


Xavier Frías Conde

3. Nas chamadas cláusulas condicionais imposíbeis (tipo III): Se eu tivese esmagado o auto, non estaría agora aquí. Se os turcos non tivesen ocupado Istambul, hoxe falaríase grego alí. O galego, porén, prefire o uso das formas simples. En moitos casos onde outras linguas usarían formas compostas, o galego preferirá as simples.

65


Xavier Frías Conde

4. Algúns usos preposicionais 4.1. Obxecto de persoa con a Unha das cuestións máis complicadas na lingua galega é o uso da preposición a co obxecto directo (OD) referido a persoa. En xeral, os falantes comúns tenden a usala igual que se fai en Castelán, cando isto non é correcto. Doutra banda, non se usa igual que noutras linguas, como francés ou catalán, mais tampouco como en portugués, que prescinde da preposición nos máis dos casos. Por tanto, trataremos de estabelecer as normas que rexen o uso desta preposición co obxecto directo. 1. Úsase a preposición a. Cando o OD é un nome propio Saúda a María, ho. Mais se o nome propio leva artigo definido (SD), daquela non se engade preposición (vid. abaixo 2.c):

66


Xavier Frías Conde

Coñeces o Pedro? e non *Coñeces ao Pedro? b. Cando o OD é un pronome Non coñecín a ninguén pola rúa Viches a alguén na praza Saudeivos a vós, non recordas? Respecta a quen che axuda. Atende primeiro a estes, que teñen présa. c. Cos nomes de parentesco cando van introducidos só polo posesivo, sen artigo: Coñecín a teu pai o outro día, mais: Coñecín o teu pai do outro día. 2. Omítese a preposición a. Cun SN Coñezo xente que é moi hábil para estas cousas. Contratei traballadores da aldea veciña. b. Cun SQ Vin uns nenos aí fora 67


Xavier Frías Conde

c. Cun SD (excepto se se tratar dun pronome,vid.1.b) Vouche presentar o meu socio.

4.2. Deica ~ até Estas dúas preposicións adoitan causar certa confusión por seren a miúdo confundidas. Digamos de entrada que até pode substituír a deica en todos os contextos, mais non ao contrario. ATÉ Pode tamén presentar a forma ata e significa exactamente o mesmo que o español hasta, tendo en portugués a mesma forma. Ten usos de lugar e tempo, podendo ser usada en dirección cara adiante ou cara atrás na raia cronolóxica. Ademais, até non precisa ter un punto de partida como referente.

68


Xavier Frías Conde

Acompañámolos até a metade do camiño (non importan desde onde) Até o ano que vén non haberá máis oportunidades (non importa desde cando deixa de haber oportunidades) DEICA Equivale ao español de aquí a ou ao portugués daquí a, porque de feito, a súa orixe é esa: de aquí a até se formar deica. Á diferenza da outra preposición, embora tamén teña valor temporal e locativo, apenas serve para ser usada cara adiante, nunca cara atrás na raia cronolóxica. Porén, deica si precisa ter un punto de partida como referente. Acompañámolos deica a metade do camiño (desde aquí) Deica o ano que vén non haberá máis oportunidades (a partir deste momento e até o ano que vén) Caso se teñan dúbidas, úsese até porque serve para todos as circunstancias.

69


Xavier Frías Conde

Porén, existe un caso en que deica non pode ser substituído por até. Trátase da equivalencia a dentro de temporal: Deica dous meses imos estar todos cheos de débedas. Xa verás o teu mozo deica tres meses.

4.3. Algúns usos concretos da preposición de A preposición de ten algúns usos propios en galegos que convén sinalar, nomeadamente en expresións temporais: Úsase cos momentos do día: Veño mañá de tarde. Hoxe de mañá estivemos na feira. OBS: Neste mesmo uso serve á: á mañá, á tarde, á noite, á noitiña e ao serán (masculino).

Obsérvese ademais: Mañá de mañá (en portugués: amanhã de manhã). 70


Xavier Frías Conde

Tamén se usa de diante dos días da semana: De luns temos un exame Nunca traballamos de sábado En portugués úsase para expresar medios de transporte, que en galego quedaría así: Fixemos toda a viaxe de tren Para chegar ao centro, o mellor é irdes de autobús.

71


Xavier Frías Conde

5. Perífrases verbais 5.1. Estar para ~ estar a piques de Dentro das perífrases galegas, estar para + VINF ou estar a piques de + VINF son as normais para expresaren algo que ten ou terá lugar na veciñanza do momento da fala ou do momento de referencia. Equivalen ao español estar a punto de; en portugués úsase máis ben estar para, o mesmo que en italiano: stare per. O depósito de auga, por mor da chuvia, estaba para / a piques de rebentar. Despois de ouvir tanta estupidez xunta, o Pedro estaba a piques de / para perder o control. Xa estamos para/ a piques de atravesar a fronteira.

5.2. Estou a falar ~ estou falando Conforme a norma galega, ambas as estruturas son correctas. 72


Xavier Frías Conde

De facto, dentro do noso ámbito galegoportugués, en Portugal úsase a primeira fórmula, mentres que no Brasil prefiren a segunda. En galego sería recomendábel servirse da primeira. Hai diversos verbos que rexen estas estruturas de a + Vinf, entre os cales son os máis comúns: 1. estar: estamos a atravesar unha zona de turbulencias 2. seguir: espero que non sigas a dicir tanta baballada 3. continuar: os veciños continuaron a meter máis e máis ferralla na casa. 4. levar: levamos tres meses a traballar sen calefacción.

5.3. Dar feito Esta é unha perífrase exclusiva do galego, co verbo dar e un participio que fica inalterábel. Significa conseguir, lograr. Eis algúns exemplos: Quixen ter unhas palabras con el mais non o dei visto. 73


Xavier Frías Conde

Ando a procurar as tesoiras mais non as dou atopado. Loitou e loitou co inglés até que o deu dominado.

74


Xavier Frías Conde

6. Cláusulas condicionais 6.1. Tipos As cláusulas condicionais expresan, como di o seu nome, condicións. Constrúense, por norma xeral, coa axuda dun complementador (ou nexo). Se tes fame, colle algo do frigo Doucho a condicións de te comportares mellor coa túa irmá Porén, tamén é posíbel construír unha cláusula condicional cun xerundio: Estudando moito, aprobaras o exame. As cláusulas condicionais poden colocarse diante ou detrás da cláusula principal nos máis dos casos: Se tes frío, colle un cobertor ↔ Colle un cobertor, se tes frío En todo o caso, o normal é que as cláusulas condicionais, tanto en galego como no resto de linguas, fagan referencia a tres posibilidades, de aí 75


Xavier Frías Conde

que se adoite a falar de tres tipos de condicionais: posíbeis, hipotéticas e imposíbeis, onde cada unha delas presenta un uso de tempos verbais diferentes. Damos un exemplo de cada unha delas: (a) posíbel (tamén chamada real): Se tes ganas de ver un bo filme, acompáñote ao cine (é probábel que alguén teña ganas de ver un bo filme) (b) hipotética Se tiveses ganas de ver un bo filme, acompañaríate ao cine (é improbábel que alguén teña ganas de ver un bo filme)

(c) imposíbel Se tiveses tido ganas de ver un bo filme, teríate acompañado ao cine (xa non pode acontecer, porque xa non pasan ningún filme).

76


Xavier Frías Conde

6.2. Condicionais de tipo I As cláusulas condicionais de tipo I ou reais son as máis sinxelas. Teñen como conector máis habitual se, mais poden presentar outros como a menos que, en caso de que que xeralmente rexen conxuntivo (por mor do que). Se non te comportas ben, vas ter problemas En caso de que non te comportes ben, vas ter problemas ou con infinitivo (conxugado): En caso de non te comportares ben, vas ter problemas. A menos que teñas unha boa escusa, non me explico o que fixeches. Ademais, as construcións con xerundio entran, nos máis dos casos, dentro do tipo I Sendo tan egoísta, ninguén non te aceptará (=Se es tan egoísta, ninguén non te aceptará) As posibilidades de combinacións temporais veñen recollidas no seguinte esquema:

77


Xavier Frías Conde

C. CONDICIONAL se

presente indicativo

a menos que

pres. conx. inf. conxugado xerundio

C. PRINCIPAL imperativo presente indicativo futuro indicativo presente indicativo imperativo negativo imperativo presente indicativo futuro indicativo

Eis algúns exemplos: Se falas moitos idiomas, aprovéitao. Se falas moitos idiomas, danche traballo axiña. Se falas moitos idiomas, atoparás traballo axiña. A menos que digas a verdade, non quero verte máis por aquí. Falando moitos idiomas, non terás problema cando viaxas polo estranxeiro.

78


Xavier Frías Conde

6.3. Condicionais de tipo II Este segundo tipo de condicionais introducen o factor hipótese, como xa se viu. Desde o punto de vista gramatical, estas cláusulas son máis complexas porque a cláusula principal admite, ademais dos tempos de pasado propios da hipótese, tamén os de presente. Obsérvense estes dous exemplos: Se non aprobas o exame, eu axúdoche coa recuperación Se non aprobases o exame, eu axúdoche coa recuperación Se non aprobases o exame, eu axudaríache coa recuperación A diferenza entre as tres oracións xace, precisamente, no grao de probabilidade de aconteza o aprobado dunha banda e da "disposición" para axudar. Con todo, o tempo por antonomasia da cláusula condicional hipotética é o pretérito de conxuntivo (véxase sobre isto as aclaracións arredor do seu uso). En portugués úsase como nexo nestas cláusulas condicionais hipotéticas caso co pretérito de conxuntivo, o cal tamén pode ser utilizado en galego:

79


Xavier Frías Conde

Díxenlle que me consultase, caso non entendese o texto. Ademais, como xa ficou visto nas cláusulas condicionais reais, a cláusula principal pode levar futuro; neste caso, o futuro é substituído polo tempo condicional: Se tes dúbidas, explicareicho eu. Se tiveses dúbidas, explicaríacho eu. Pódese resumir no seguinte cadro: C. CONDICIONAL se

imperfecto conxuntivo

a menos que

imp. conx. inf. conxugado

caso

imp. conx.

Eis algúns exemplos:

80

C. PRINCIPAL imperativo presente indicativo condicional presente indicativo condicional imperativo presente indicativo condicional


Xavier Frías Conde

Se falases moitos idiomas, poderías aproveitalo. A menos que estiveses bébedo, non entendo ese teu comportamento. Caso o elevador non funcionase, utilicen as escaleiras

6.4. Condicionais de tipo III O terceiro tipo de condicionais fan referencia a algo que xa non pode acontecer, que é imposíbel que teña lugar. Nese caso, úsanse formas compostas verbais con ter (vid. ter como auxiliar), tratándose, xa que logo, dun auténtico verbo auxiliar. Brevemente pódese afirmar que, formalmente, entre as cláusulas do tipo II e as do tipo III só hai a diferenza do tempo composto, aínda que na cláusula principal se usa o condicional composto exclusivamente:

se

a menos que caso

C. CONDICIONAL imperfecto conxuntivo composto imp. conx. composto inf. conxugado composto imp. conx. comp. 81

C. PRINCIPAL

condicional composto


Xavier Frías Conde

Exemplos: Se tivese sabido que estabades aquí, tería chamado Ben podías ter sospeitado algo se tiveses aberto os ollos.

82




II. CUESTIÓNS DE USO



Xavier Frías Conde

A + INF

É a estrutura propia do galego e o portugués que en castelán se adoita expresar co xerundio. Estamos a ver a tele Levamos unha semana a buscar un piso Seguen/continúan a facendo as mercas alí

Aburrir ~ Existen en galego varias parellas de verbos aborre- onde un deles ten a forma –ecer. Eis alcer gúns exemplos:   

Aburrir / aborrecer Durmir / adormecer Quentar / quecer

A diferenza principal entre a primeira e a segunda forma é que a primeira é transitiva (require obxecto directo): Os políticos aburren o público con eses discursos tan longos. Durmiu dúas horas todas segui87


Xavier Frías Conde

das. Vouche quentar estes espaguetes para a cea. En troques, as segundas formas non levan obxecto directo, de facto son construcións ergativas (en castelán xeralmente precisan se): Eu con estes filmes aborrezo moito O neno xa adormeceu, fala baixo Quero aquecer, que vai moito frío. Aprender

Este verbo úsase en galego igual ca en francés, tanto para se referir á parte activa como a pasiva do ensino. 1. Alguén aprende algo Xoán aprende alemán 2. Alguén aprende algo a alguén Xoán aprende alemán a uns homes de negocios (=Xoán ensínalles alemán a uns homes de negocios).

88


Xavier Frías Conde

Mais cando o segundo ‘alguén’ está ausente, daquela é preciso empregar ensinar: A María ensina matemáticas na secundaria. Aprender ~ ensinar ~ mostrar

Estes tres verbos non teñen unha correspondencia exacta cos seus tres equivalentes españois. Convén entender perfectamente cales son os seus usos exactos para podelos usar dun xeito enxebre en galego, sen contaminación do español. De entrada, poderíamos reflectir a equivalencia destes verbos entre galego e español da seguinte maneira. As explicacións virán despois:

89


Xavier Frías Conde

O gráfico permítenos comprobar que non hai unha equivalencia exacta entre os tres verbos nas dúas linguas. O importante é aprender a usalos conforme o sistema galego para non usalos en galego segundo o sistema español. APRENDER Este verbo coincide co español nunha acepción: 

aprender: adquirir coñecementos. Ex.: O neno aprendeu a lección.

Trátase dun verbo con dous argumentos: 90


Xavier Frías Conde

alguen aprende algo. Ora ben, este verbo pode ter tres argumentos, en cuxo caso temos: alguén aprende algo a alguén. E como exemplo Ao meu apréndenlle inglés na empresa Eis un caso en que o verbo aprender ten un uso que non ten en español, porque en español habería que usar neste caso o verbo enseñar (porén, tamén é correcto usar ensinar) en galego neste caso: Ao meu pai ensínanlle inglés na empresa A tradución das dúas oracións anteriores en español é a mesma: A mi padre le enseñan inglés en la empresa

ENSINAR 91


Xavier Frías Conde

Agora xa sabemos cal é o uso exacto deste verbo en galego. Porén, como en castelán é nun dos seus usos sinónimo de mostrar, tamén en galego se fai tal uso, o cal é incorrecto. Obsérvense as dúas oracións seguintes en español: Me mostraron un piso en la periferia Me enseñaron un piso en la periferia En galego só pode haber unha tradución: Mostráronme un piso na periferia MOSTRAR Xa está todo dito sobre este verbo. En español ten un uso abondo limitado, soa se cadra demasiado culto, mais en galego é a única opción cando: mostrar: facer ver algo a alguén.

92


Xavier Frías Conde

Bolsa

Un dos significados propios é o de bolsa de estudos, isto é, unha “beca de estudios” en castelán. As persoas que gozan dunha delas son bolseiros.

Botar

Este é un verbo polisémico en galego, cuxos usos principais expomos a seguir: 1. Tirar, lanzar, aventar, guindar 2. A xente é moi porca, bota os papeis ao chan Teño que botar gasolina que vai o depósito baleiro. 3. Demorar, levar tempo, tardar 4. Botei dúas horas para chegar á casa por mor do tráfico Esa viaxe non bota máis de dez minutos no tren.

Botar ~ deitar

Estes dous verbos poden ser confundidos en Galego, porque xeralmente son traducíbeis en Castelán como echar.

93


Xavier Frías Conde

BOTAR Pode ter como sinónimos guindar, tirar, aventar, normalmente a pouca distancia. Non sexas porco. Bota os papeis á papeleira Tamén se usa en expresións feitas: Botar gasolina Botar contas Botar unha película Non se debe traducir con botar certas expresións que en castelán levan echar: 

echar(se) a + INF: comezar a / empezar a

echar una mano: na lingua falada úsase botar unha man, que é un calco do Castelán (non o podemos, porén considerar incorrecto), mais é preferíbel dar unha man.

94


Xavier Frías Conde 

echar de menos: tamén neste caso se usa na lingua falada botar de menos, que é igualmente calco do castelán. É recomendábel usar ter saudades de, ter señardade(s) de, faltar.

Doutra banda, o verbo botar tamén se refire ao feito de bater unha pelota contra o chan e provocar que salte para arriba, en cuxo caso o verbo castelán equivalente é o mesmo. Un último uso do verbo botar en galego, exclusivo de seu, é como sinónimo de demorar. Botamos dúas horas para chegar á aldea. DEITAR Normalmente é pronominal: deitarse. No Galego moderno úsase para expresar a acción de se colocar en posición horizontal, normalmente para descansar, por iso equivale ao Castelán echarse. 95


Xavier Frías Conde

Déitate un chisco e descansa, que vés moi cansa da viaxe. En galego antigo, porén, podía equivaler a botar, como aínda acontece en portugués. Calcar

Ten, ademais do uso común con outras linguas románicas, outro uso específico, que é premer (un botón): Calca no botón do quinto (dito no ascensor)

Cando neno

En galego, para se referir a un período da vida, é un castelanismo usar a preposición de, copiando estruturas do Castelán como: *de pequeno, *de maior, *de adolescente. No seu lugar pódense empregar as seguintes opcións: CANDO cando neno, cando mozo, cando vello, cando maior

96


Xavier Frías Conde

DA QUE ERA da que era neno, da que era mozo... SENDO sendo neno, sendo mozo... En Portugués, neste caso, úsase em: em criança, em velho... Casa

A palabra casa require do artigo en todos os casos, sen posibilidade de omisión en construcións preposicionais como se fai en castelán (europeo) ou portugués. Confróntese: Estou na casa (GL) Estoy en casa (ES) Estou em casa (PT) Vou para a casa (GL) Voy para/ a casa (ES) Vou para casa (PT)

97


Xavier Frías Conde

Procúrao pola casa (GL) Búscalo por casa (ES) Procura-o por casa (PT) Estou na miña casa (GL) Estou em minha casa (PT) Choio

É un falso amigo co castelán, porque non significa o mesmo ca chollo en español, senón traballo. Hoxe teño moito choio na oficina, chegarei tarde.

Comidas

Os nomes das comidas en galego son estes (a comezar pola primeira do día): Almorzo Xanta Merenda Cea Xunto con iso, úsanse os verbos correspondentes: Almorzar 98


Xavier Frías Conde

Xantar Merendar Cear Convén non se referir á comida do mediodía como comida nin usar para ela o verbo comer. Débese falar de xantar e de xanta. Trátase dunha influencia do español. Así, o correcto é dicir: Eu, ás dúas, xanto todos os días Para a hora da xanta espero rematar isto. Cuantifi- En galego pódense expresar cantidades cadores imprecisas con diversos nomes: imprecisos 1. De gran cantidade 2. Unha morea de Unha chea de Ducias de Moreas de Milleiros de 3. De pouca cantidade 99


Xavier Frías Conde

4. Un chisco de Un bocadiño de Un anaco de Un pouco de

Cubrir

Alén do significado común con outras linguas románicas, úsase moi a miúdo co significado de escribir nos campos dun documento, de aí que se diga cubrir un documento: Hei cubrir a solicitude da bolsa Erasmus

Cumpre ~ cómpre

O verbo cumprir ten dous significados en galego: 1. levar a cabo algo que se tiña proposto ou planificado, realizar. Neste caso é un verbo que se conxuga en todas as persoas. O meu pai sempre cumpre as súas promesas 2. ser preciso, haber que. Neste caso é un 100


Xavier Frías Conde

verbo impersoal que só se conxuga na terceira persoa do singular. Cómpre ser fiel aos principios O importante é que na forma 2, o verbo mostra unha forma no presente de indicativo cómpre, mentres que no uso 1 é cumpre, como se ve nos dous exemplos anteriores. Doutra banda, distínguese ortograficamente entre cómpre xa sinalado e compre, que é presente de conxuntivo do verbo comprar, tal como aparece respectivamente nestes dous exemplos: Cómpre estar atento ás súas decisións Espero que compre o que lle convén En galego enxebre, hai ademais unha diferenza fonética importante. Dunha banda, cómpre ten vogal aberta, mentres que compre a ten fechada. Dabon-

É a forma invariable que acompaña a no101


Xavier Frías Conde

do

mes, adxectivos e adverbios, sempre posposta: Teño amigos dabondo É listo dabondo Este coche corre dabondo

Deica

É unha preposición que provén da contracción de de aquí a. Indica lugar “até”: Non chegarei deica a miña casa Tamén tempo: Espera deica o luns Non é sinónimo de até/ata. A preposición até marca o punto de chegada, mais non o de partida; en troques, deica marca tanto o punto de chegada coma o de partida.

Expresión da probabi-

Os mecanismos do galego para a expresión da probabilidade son nomeadamente 102


Xavier Frías Conde

lidade

por medio de verbos. 1. A través do tempo verbal futuro (que perde o valor temporal futuro, como é lóxico) Terá vinte anos esa moza Serán as oito, máis ou menos 2. Coa axuda do verbo modal deber Debe ter moita fame ese can, coitadiño 3. Por medio de adverbios propios 4. Probabelmente chegarei tarde esta noite. 5. Coa forma verbal poida que, que de feito está adverbializada 6. Poida que chova mañá

Expresión de cantidades im-

O galego posúe un sistema moi rico para expresar cantidades imprecisas (tempo e lugar). Para iso, encóntranse certas prepo103


Xavier Frías Conde

precisas

sicións ou locucións prepositivas que se colocan diante dun SN: 1. Arredor de: Viviu arredor de sesenta anos naquela cidade 2. Cerca de: Alí había cerca de mil persoas. 3. Por voltas de: Chegaron aquí por voltas do inicio do século pasado. O artigo plural uns, unhas tamén indica imprecisión. Déboche uns trinta euros Tamén certos adverbios serven para este fin: Aproximadamente: Esperou aproximadamente dúas horas. Máis ou menos: Quedan máis ou menos vinte minutos aínda.

Expresión de dúbidas

O máis frecuente é que se realice a través de adverbios:

104


Xavier Frías Conde

1. Existen determinados adverbios de dúbida (aínda que tamén poden expresar outro tipo de cuestións, como probabilidade) 2. Ese televisor seica é xaponés A xente talvez non entenda 3. A través de verbos específicos, como non saber (se)… 4. Non sei se choverá Fai ~ vai ~ hai

O uso destas dúas formas verbais causa problemas aos falantes de castelán por teren un uso diferente entre Galego e Castelán. FAI 3PS do verbo facer, úsase só como forma verbal plena. Fai cousas incomprensíbeis. VAI

105


Xavier Frías Conde

3PS do verbo ir, ten un uso específico en Galego que non ten en Castelán. Expresa o tempo atmosférico, para o cal en Castelán se usa hace: Vai unha calor asfixiante (e non: *fai unha calor...) Vai unha friaxe insoportábel este inverno (e non: *fai unha friaxe...) HAI 3PS do verbo haber no uso impersoal. En Galego emprégase ademais para expresións de tempo transcorrido, alí onde o castelán usaría hace. Hai dúas horas que estou á súa espera (e non: *fai dúas horas...) Morreu xa hai un ano. Hoxe é o cabodano (e non: *... xa fai un ano.) Fin

A palabra fin ten dous xéneros: masculino 106


Xavier Frías Conde

e feminino. A diferenza entre os dous depende do seu significado. 1. A fin indica a conclusión, o remate de algo 2. Sempre adormezo antes da fin do filme Vou viaxar a Roma esta fin de semana 3. O fin indica o obxectivo, a finalidade. 4. O fin deste relatorio é demostrar a gravidade das acusacións Para este fin, dispomos da máis moderna tecnoloxía Gozar

Este verbo é moito máis rico no seu campo semántico ca o seu equivalente castelán ou portugués, pois tamén acolle o significado de disfrutar español ou desfrutar portugués: Os rapaces gozaron moito na festa Neste caso, outra expresión equivalente é 107


Xavier Frías Conde

pasalo ben (en esp. pasárselo bien), que aparece máis abaixo. Hai

A expresión impersoal do verbo haber ten dous usos en galego: 1. Existencia ou presenza de algo 2. Había tres persoas na porta da rúa a esperaren por ti. Haberá unhas vinte vacas nesa corte. Houbo un terremoto en Asia na fin de semana pasada. 3. Expresión de tempo transcorrido (vid. a seguir) É por iso importante darse de conta do uso temporal, que non coincide con outras linguas románicas do contorno: Hai dous meses que non vexo a Xan (GL) Há dois meses que não vejo o João (PT) 108


Xavier Frías Conde

Mais: Hace dos meses que no veo a Juan (ES) Fa dos mesos que no veig en Joan (CT) Neste contexto é incorrecto fai: *Fai dous meses diso. Ademais, ten que se notar que só ten a terceira persoa do singular, invariábel, en calquera dos seus tempos: hai, había, houbo, haberá etc. Ir en

O verbo ir adoita ir seguido de a, mais existe unha construción tipicamente galega que é ir en. O seu significado é diferente de ir a, pois ir en significa “ir até un lugar e ficar alí un certo período coa intención de volver”. De feito ten moita semellanza con estar en. Non se acostuma usar con poboacións, senón con lugares concretos, xeralmente edificacións, instala109


Xavier Frías Conde

cións ou mesmo prados. Exemplos: O Lois vai na biblioteca A María vai na estación do bus esperar o seu irmán Que onde andan os nenos? Pois van no cine. É moi común que o verbo sexa empregado en presente. Ir, irse

Estas dúas formas non se usan igual. A primeira forma, ir, úsase para indicar desprazamento ou movemento, nese caso coa preposición a ou para: Vou a Vigo Tamén é normal expresar o futuro con ir + INF, mais atención que non hai preposición: Vou chamar ao mestre do neno. Por último, a forma irse, sen indicar lugar, 110


Xavier Frías Conde

é sempre reflexiva. En español é igual, mais en portugués é ir embora e catalán anar-se’n. En galego alterna con marchar: Voume, que xa é tarde (= Marcho, que…)

Lavei a cabeza

En galego non se usan como reflexivos aqueles verbos cuxa parte reflexiva corresponde ao obxecto indirecto. En Castelán úsase un pronome reflexivo, mentres que noutras linguas, como o francés, prefírese un posesivo: GL: Onte lavei a cabeza e non: *onte laveime a cabeza Cando vas peitear eses pelos? Quitou a barba hai un par de días. Levamos un par de litros de viño para a casa. ES:

111


Xavier Frías Conde

Ayer me lavé la cabeza ¿Cuándo te vas a peinar ese pelo? Se quitó la barba hace un par de días Nos llevamos un par de litros de vino para casa É moi importante ter en conta estras construcións, enxebremente galegas, evitando utilizar as castelás no seu lugar. Longo ~ largo

Estas dúas palabras son a miúdo usadas incorrectamente en galego. Como adoita acontecer, a confusión co español é o que conduce ao erro. LARGO Significa ancho en español. En galego, porén, tamén existe ancho, por tanto, ancho e largo son sinónimos, mais recomendamos o uso de largo; é por esa razón que convén usar banda larga para o que en español é chamado banda ancha. Tamén son sinónimos en galego enanchar e alargar. 112


Xavier Frías Conde

LONGO Significa largo en español. Para o español alargado cómpre usar o galego alongado, nunca alargado. O galego-portugués mantén as formas etimolóxicas con estas dúas palabras, como o italiano e o francés, embora non coincida co español, catalán e sardo. Marchar

  Matar

É unha forma moi frecuente que equivale a irse: Marcho que teño présa. Os veciños xa marcharon de vacacións. Alén do seu significado habitual, pódese usar como antónimo de prender (vid.), sinónimo de apagar: Mata a luz, que aínda é de día Mata o motor, que gasta moita gasolina

113


Xavier Frías Conde

Mozo,–a 1) Persoa que vive o período de xuventude. É sinónimo de novo. Carlos é aínda mozo, ten vinte cinco anos. Neste contexto úsase mocidade coma sinónimo de xuventude. 2) Persoa con que se ten unha relación afectiva, sen chegar ao matrimonio. Equivale a noivo,–a, mais este derradeiro é moi formal: Fun coa miña moza ás feiras de Cangas A noiva chegou primeiro á igrexa Nomes Os nomes de parentesco directo son pai, de panai/mai, irmán, irmá, fillo, filla e tamén, rentesco por motivos psicolóxicos, poden selo tamén avó, avoa, tío, tía, curmán, curmá (a depender da relación do falante con tales persoas) teñen un comportamento singular en galego.

114


Xavier Frías Conde

Dunha banda, admiten construcións de posesivo sen artigo (na realidade, o artigo é opcional): O meu pai ou meu pai A túa nai ou túa nai En portugués o artigo está sempre presente neste caso. Doutra banda, á diferenza doutras linguas románicas, non aparecen sen artigo, como en italiano: Padre ha detto che… Porén, papá e mamá si poden aparecer sen artigo: Papá ten fame. Novo,–a

1) Aplicado a obxectos, é o contrario de vello, antigo. Vende ese auto vello e merca un novo xa. 2) É como o anterior, aplicado ás persoas. 115


Xavier Frías Conde

En galego, o adxectivo úsase indistintamente a seres animados e non-animados, o cal non acontece noutras linguas. Por iso, a lingua estándar non admite *xove (cfr. pt. jovem, es. joven, ct. jove, etc.). Todos os xogadores do equipo son ben novos Para traducir o español: Llegó un joven Hase dicir: Chegou un mozo Pasalo ben

Esta expresión non ten ningún pronome reflexivo en galego. Paseino moi ben nas vacacións Imos pasalo fantasticamente na viaxe, ben verás. Pasádeo ben e chamade cando cheguedes.

116


Xavier Frías Conde

Petar

Ten dous significados: 1. Ter gañas de: Pétanche unhas galletas de chocolate? 2. Bater, golpear: Peta na porta, a ver se nos abren.

Prender

Este verbo utilízase normalmente como sinónimo de acender, válido para a luz, os aparellos, os motores… Non prendas a luz, que aínda é de día. Vai tanto frío que o motor non prende. Non prendas o cigarro aquí dentro.

Prestar

Este verbo ten dous significados moi diferentes: 1. Ceder diñeiro a unha persoa para despois 117


Xavier Frías Conde

ser devolvido. 2. Presteille dez euros e aínda non mos devolveu Neste caso, tamén se pode empregar emprestar. 3. Gustar de algo, divertir 4. Préstame moito ver as estrelas de noite Prestoume verte outra vez, ho. 5. A expresión prestar atención. 6. É que nunca me prestas atención cando che falo? No segundo uso, existe en portugués unha expresión moi común, que é: (Isso) presta En portugués non se usa cos clíticos como en galego. 118


Xavier Frías Conde

Para o segundo uso galego, é frecuente empregar tamén o adxectivo prestoso: Este baile é moi prestoso. Que ~ ca O segundo termo da comparación pódese introducir en galego con ca e que, mais o seu uso non é idéntico. Todos os segundos termos poden ser introducidos con ca (e o mesmo coma). Porén, só é absolutamente obrigatorio cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal, en cuxo caso toma a forma obxecto (de facto só acontece con min e ti). O uso de que (e por tanto tamén como) abrangue tamén todos os casos, excepto precisamente cando se trata de pronomes persoais. Ten máis amigos ca /que ningún outro rapaz na aldea É máis alta ca / que o resto das 119


Xavier Frías Conde

súas compañeiras Ten máis amigos ca / *que ti Porén, en usos fóra da comparación, non se usan nin ca nin coma. Cando o segundo elemento da comparación, úsase do que: Sabe máis do que parece O conector ca admite contraccións co artigo definido: có, cá, cós, cás (mais non é obrigatorio) Corría máis có / ca o demo En portugués, o uso de do que é normal en todos os contextos comparativos; ademais, non aparece nunca a forma obxecto do pronome : Ele tem mais amigos do que nimigos Quedar

Este verbo non é nunca reflexivo en galego, en ningún dos seus empregos. 120


Xavier Frías Conde

1. Restar, estar pendente Quedan dous quilos de fariña, con iso chega 2.

Permanecer, ficar Os meus curmáns quedaron na casa toda a fin de semana

3. Fixar un encontro Podemos quedar para mañá ás dez 4. Xunto con adxectivos 5. Quedei sorprendido da súa habilidade Quedaron abraiados coa súa verborrea No segundo caso é frecuente que sexa pronominal noutras linguas coma o español, mais nunca en galego. 121


Xavier Frías Conde

Quen

É sempre invariábel en singular. É un erro pórlle unha forma plural *quenes ou *quens imitando o español. Por iso, o equivalente ao castelán las personas a quienes… non pode ser máis ca as persoas a quen… ou as persoas ás cales… Acontece o mesmo con: ES: quienes estén a favor, que digan sí GL: quen estea a favor, que diga si Tampouco o portugués acepta unha forma plural para este pronome.

Quitar

Este verbo recolle os significados do castelán sacar e quitar, aínda que tamén sacar se usa en galego: Vou quitar uns cartos do caixeiro automático.

Recorrer

É un falso amigo co castelán, pois equivale a recurrir. O castelán recorrer é en galego 122


Xavier Frías Conde

percorrer. Tivemos que recorrer a un cerralleiro para que nos abrise a porta Respostas eco

En galego é moi frecuente dar respostas positivas usando o mesmo verbo con que se fixo a pregunta: – Tendes que traballar? – Temos – Podes acompañarme? – Podo. – Sabes falar francés? – Sei.

Se, si

Estas partículas son confundidas moi a miúdo. 1. Se é a conxunción que introduce as cláusulas condicionais  Se chegas tarde, chámame. 123


Xavier Frías Conde

e tamén as completivas con verbos como saber:  Non sei se hoxe dan algo interesante na tele. 2. Se é tamén un pronome persoal átono (clítico): 3. Estase moi ben aquí Hoxe este porcallán non se lavou 4. Si é o adverbio de afirmación. Si, ho, claro que me lembro de ti. 5. Si é tamén o pronome persoal tónico 6. É mellor gardalo para si. É importante ver a equivalencia coas linguas románicas veciñas:

GALEGO

1. se 2. se

PORTUGUÉS

se se 124

CASTELÁN

si se


Xavier Frías Conde

3. si 4. si 5. sé

Secreto e segredo

sim si sé

sí sí sede

A diferenza entre eles é que o primeiro é adxectivo: Tes un admirador secreto? e o segundo é nome: O maior segredo da familia son as súas propiedades

Sentir

Alén do significado xeral, úsase tamén como sinónimo de oír/ouvir: Sentiches ese ruído aí fóra?

Último e derradeiro

Estes dos adxectivos son aparentemente iguais, mais non o son de feito. Último úsase cando se fai referencia a unha restra ou fila non acabada:

125


Xavier Frías Conde

O último disco dos Rolling Stones é o meu preferido (mais os Rolling Stones aínda poden quitar máis discos ao longo da súa carreira) Derradeiro, en troques, úsase para facer referencia a unha restra ou fila acabada, onde a posición final non pode ser ampliada: O derradeiro día para entregar a documentación é de venres (e despois xa non hai máis días para o facer) Caso de dúbida, úsese último, pois non ten as restricións de derradeiro. Vai

É a terceira persoa do singular do presente indicativo do verbo ir. Mais ten un uso moi concreto para a expresión do tempo atmosférico: Vai un vento terríbel Vai unha calor que nos deshidrata 126


Xavier Frías Conde

Loxicamente o seu emprego esténdese aos outros tempos verbais: Ía unha friaxe de morrer, o nariz conxelaba todo. Mañá irá bo tempo, xa verás. É por iso que esta forma verbal se emprega tamén para preguntar polo tempo: Que tempo vai hoxe? Vila

Refírese a unha localidade pequena, sendo por tanto equivalente ao castelán pueblo, cando este termo significa “localidade”. Porén, cando o castelán pueblo se refire a un colectivo, daquela en galego úsase pobo. Vivimos nunha vila de Pontevedra Este monumento representa a identidade do pobo galego.

Xentilicios

Son moi numerosos os xentilicios e tamén as terminacións con que poden ser forma127


Xavier Frías Conde

dos. Aquí referirémonos só ás terminacións máis comúns.

1. –án, -a: non é moi numeroso canto a xentilicios internacionais, pero debe prestarse atención á súa forma feminina: afgán – afgá, catalán – catalá, alemán – alemá etc. É, porén, máis frecuente canto aos xentilicios galegos: compostelán, ferrolán, ourensán etc. 2. –ano,-a: a el corresponden os máis dos xentilicios, especialmente os internacionais. Algúns exemplos: mexicano, andorrano, italiano, americano, angolano, mozambicano, queniano, azoriano, napolitano etc. 3. –ao, -á: trátase na realidade dunha variante do anterior para xentilicios galegos da zona central e oriental de Galiza. Aparece en ancarao (dos Ancares, xunto con ancarés), courelao (do Courel), limiao (da Limia) etc. 4. –eiro, -a: aparece esporadicamente para a formación de xentilicios: brasileiro, 128


Xavier Frías Conde

5. –és, -esa: é relativamente frecuente: francés, portugués, albanés, aragonés, berlinés, milanés etc. 6. –ense: é invariábel para o feminino: praguense, canadense, timorense,londiniense etc.

Xeral e xeneral

O primeiro é un adxectivo, mentres que o segundo é só o rango militar: A estrada xeral está en bo estado O meu tío é xeneral Porén, non se usa xeralidade, senón xeneralidade. O adverbio é xeralmente.

129



Xavier Frías Conde

Índice

I. PUNTOS GRAMATICAIS ...............................................3 1. Estrutura sintagmática ...............................................5 1.1. Sintagma adxectivo e as súas proxeccións ..............5 1.2. Sintagma nominal e as súas proxeccións ................6 1.3. Ausencia de contraccións entre preposición e artigo ..........................................................................8 1.4. Sintagma verbal e as súas proxeccións ...................9 1.5. Sintagma diatético: diátese ...................................14 1.6. Sintagma complementador. Conectores sintácticos: estrutura, presenza e ausencia ................................17 1.7. Conectores sintácticos: casos especiais ................20 1.8. Conectores temáticos ...........................................22 1.9. Ausencia de contraccións entre preposición e artigo / pronome por complementador Ø ..............24 2. Pronomes e clíticos ..................................................27 2.1. Distinción entre pronomes e clíticos .....................27 2.2. Usos do se..............................................................30 2.3. Formas de cortesía ................................................32 2.4. Alomorfos da 3PS: o, -no, -lo .................................34 2.5. Pleonasmo dos clíticos ..........................................36 2.6. Colocación do clítico co infinitivo ..........................38 2.7. Colocación do clítico nos tempos conxugados (revisión)...................................................................39 2.8. Te~che (ampliación) ..............................................41 3. Uso das formas verbais ............................................46 3.1. Infinitivo conxugado: formas e usos básicos.........46 3.10. Ter e haber como auxiliares ...............................60 3.2. Pretérito versus copretérito ..................................48 3.3. Antepretérito ........................................................51 3.4. O futuro: expresión e tempo .................................52 131


Xavier Frías Conde 3.5. O futuro: expresión ...............................................52 3.6. Tempo futuro ........................................................54 3.7. Tempos do conxuntivo ..........................................54 3.8. Futuro do conxuntivo ............................................57 3.9. Cantara ~ cantase .................................................58 4. Algúns usos preposicionais ......................................64 4.1. Obxecto de persoa con a.......................................64 4.2. Deica ~ até .............................................................66 4.3. Algúns usos concretos da preposición de .............68 5. Perífrases verbais .....................................................70 5.1. Estar para ~ estar a piques de ...............................70 5.2. Estou a falar ~ estou falando ................................70 5.3. Dar feito.................................................................71 6. Cláusulas condicionais ..............................................73 6.1. Tipos ......................................................................73 6.2. Condicionais de tipo I ............................................75 6.3. Condicionais de tipo II ...........................................77 6.4. Condicionais de tipo III ..........................................79 II. CUESTIÓNS DE USO ..................................................83

132



Xavier Frías Conde

Aqueles que xa saben galego atopan a miúdo moitas dúbidas sobre aspectos tanto gramaticais como de uso. Estas Cuestións queren dar resposta ás preguntas máis frecuentes, tanto no uso gramatical como no léxico, tentando mostrar as deturpacións introducidas polo castelán. Xavier Frías Conde é docente de linguas galega e portuguesa na UNED. É especialista en Lingüística Iberorrománica, ademais de tradutor e escritor.

134


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.