Pincha(e)Discos Número 3

Page 25

e accion

Os Fenómenos

Por Alfonso Zarauza

Director de cine compostelán. A súa película Os Fenómenos foi a gran triunfadora dos premios Mestre Mateo 2015 (mellor filme, mellor director, mellor guión e mellor actriz de reparto). Tamén foi galardoada en cinco dos numerosos festivais internacionais polos que pasou e que todavía segue percorrendo.

Q

uería facer un filme sobre a crise económica alonxado dos tópicos de bos e malos. Unha visión dende dentro do boom e do crack do ladrillo. Está claro que nesta crise houbo vencedores e vencidos, e a min resultábame infinitamente máis atractivo falar destes últimos, aínda que dun xeito autocrítico e pouco autocompracente. Facer unha reflexión profunda e sen efectismos sobre como conseguiron enganar a tantos millóns de cidadáns (e de como nos deixamos enganar) para ter unha idea nítida de como chegamos a onde agora mesmo estamos. Escribín o guión xunto a Jaione Camborda Coll. Fixemos oito versións ao longo dun ano e medio. Cando iamos polo cuarto borrador reformulamos completamente a historia e comezamos de cero. Foi un traballo arduo, extenuante e complexo (pola miña actitude excesivamente autocrítica con respecto ó meu propio traballo). Jaione nalgunha ocasión decíame frases do tipo “Eso nunca o diría unha muller” que me fixeron percatarme da miña inconsciente cegueira patriarcal con respecto á psicología feminina. Todo iso creo que dalgún xeito redundou na calidade e complexidade do guión. A rodaxe Foi sen dúbida a rodaxe técnicamente máis complexa que tiven que afrontar na miña carreira. En cada escena había unha morea de actores e figurantes e había que darlle unha función consciente dentro do proceso de construción dun edificio. Rodabamos en lugares complexos, nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, en pleno outono galego. Buscabamos, ante todo a naturalidade e a credibilidade. E penso que iso está logrado no filme. Tiñamos moi pouco tempo de rodaxe, cinco semanas e media, que para 94 secuencias tan complexas é moi pouco tempo. Pero grazas ao meu excelente equipo técnico e a un marabilloso reparto conseguimos sacar o filme adiante sen pinchar ningún día.

O traballo e o esforzo dos actores foi excepcional. En xeral están estupendos e cribles. O traballo e esforzo de Lola Dueñas é inconmesurable. É unha actriz marabillosa nun momento boísimo. Por outra banda, estou especialmente orgulloso do traballo dos actores da cuadrilla. Miguel de Lira está sublime, nun momento de madurez apabullante na súa carreira. Xúlio Abonjo, tirando de talento e de oficio, consegue facer grande un papel pequeno, e iso é algo que só logran os moi bos. Gonzalo Uriarte fai unha das personaxes máis entrañables e ben construídas da película con moi poucas palabras. E o gran descubrimento do filme é Touri (Xosé Antonio Touriñán). Todos sabiamos que é un grandísimo showman e comunicador, pero neste filme queda claro que estamos ante un dos grandes talentos actorais puros. O triángulo amoroso que conforman con Lola os personaxes interpretados por Luis Tosar e Juan Carlos Vellido é sensacional. Estou moi contento do resultado. Poder traballar cun dos actores máis grandes de Europa, unha vez máis, é todo un privilexio. Para min Luis é simplemente o máis grande. Por último, gustaríame sinalar o rigor e a calidade do resto do reparto encabezado por Ledicia Sola, Alfonso Agra, Patricia Vázquez, Federico Pérez, Marcos Orsi, Farruco Castromán, María Tasende e especialmente un dos grandes actores deste país, o gran Morris, que fai unha das mellores interpretacións da súa xa de por si magnífica carreira. Sinto un orgullo especial cada vez que teño a oportunidade de traballar con actores así, inmensos e xa feitos, como os tristemente desaparecidos Xaquín Marcos ou o gran Xosé Manuel Olveira “Pico”, a quen está adicada esta película; e por suposto os aínda activos (espero que por moito tempo) Miguel de Lira, Chete Lera, Mercedes Sampietro ou o propio Morris. Son historia viva e traxectoria coherente deste noble oficio e para min é todo un honor aprender de todos eles. Pincha(e)Discos Nº 3 | 2015 | 25 |


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.