Page 1

Pincha(e)Discos Nยบ 5 | novembro-decembro 2015

HOSTALEIROS NA REDE Condenados a entenderse


Reportaxe

Internet e Redes Sociais: unha arma de dobre fío para os nosos hostaleiros

P. 6

Entrevista a

P. 12

5 e acción

P. 18

Oído Cociña

P. 24

De Vacas

Vai de… Turismo

Escoitamos a José Antonio Liñares

P. 15 Cine galego: ‘El Desconocido’

P. 21

Oído Cociña

Descubrindo o novo Manso Coñeces o Rúa Nova?

P. 26

Crusat & Costas Dúas copas de viño… con cal quedas?

Top 5 Abraiantes

Crusat & Costas

A E•NDA

P. 29

P. 28

O mellor que probamos ata hoxe

ABRAIANTES P. 32

P. 34

Ten que haber de todo!

TOP 5

Directorio

D Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 3 |


Foto: Suso Rivas

EDITA: Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Suso Rivas Colaboradores neste número: Jairo Iglesias, Lorena Costas e José Crusat

Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

Foto portada por Suso Rivas

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

EDITORIAL Nunca choveu… … que non escampara, di o dito que tanto usamos os galegos. E dicímolo agora nós porque neste número de Pincha(e)Discos adentrámonos nunha realidade á que se enfrontan cada día os hostaleiros composteláns. A presenza en Internet é xa desde hai tempo imprescindible case que para calquera negocio e os restaurantes e hoteis da cidade non son – nin deben ser – alleos. Pero xestionalo non é unha tarefa doada. E ás veces pode facercho pasar mal. No interior da revista tratamos o tema a fondo, con expertos en redes sociais e profesionais do sector, algúns deles xa auténticos especialistas na materia. Ou nunca escoitaches falar do ‘taberneiro’ e as súas #abastadas? Se a resposta é non, pasa a páxina ;) A Rede é tamén unha arma moi valiosa para os nosos artistas. Como para o grupo De Vacas, aos que entrevistamos despois de darse a coñecer a través da publicación de vídeos en diferentes plataformas. Ou para medios de comunicación coma nós, que día a día interactuamos cos nosos lectores a través da nosa web pinchaediscos.com e das redes sociais Facebook, Twitter e Instagram. Pero como todo na vida, nada é só negro ou branco. O anonimato que dá Internet facilita en ocasións a proliferación de críticas pouco construtivas que van facer dano. Aínda que se facemos un balance xeral, apostar pola web 2.0 resulta maioritariamente positivo. Así que, amigos, xa sabedes, ademais de con esta revista en papel que con tanto gusto facemos – somos unhas románticas ;) – falámonos pola Rede! E vémonos polos bares de Compostela! Á vosa saúde!


reportaXe

Internet e Redes Sociais: unha arma d O SECTOR APROVEITA AS SÚAS VIRTUDES PARA XERAR UN MAIOR NEGOCIO, PERO DUBIDA SOBRE COMO EMPREGALAS E SOFRE OS COMENTARIOS MALICIOSOS POLO ANONIMATO NO MUNDO WEB Por Rebeca Munín

S

e non estás en Internet, non existes. Cantas veces escoitaches iso? Os hostaleiros sábenno e por iso cada vez dedican máis tempo á súa relación coa Rede. Preocupan as críticas, os comentarios maliciosos e o difícil que é dar no cravo cunhas ferramentas en constante evolución. “O hotel ou restaurante que non está en Internet ou nas redes sociais non está no mercado, xa que gran parte das reservas vanlle chegar por este medio, ou creces ou morres”, afirma Frenchy, creador da páxina de recomendacións de lugares e negocios galegos galiciamola.es. E é que, segundo apunta, España “está á cabeza no uso do móbil en Europa, con máis de 13.000.000 millóns de potenciais clientes, e isto é algo que non se pode ignorar”.

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


reportaXe

ma de dobre fío para os nosos hostaleiros

“Hai clientes que non van de viños. Chaman e din: Resérvame unha #abastada”

Iago e Marcos comezaron co Abastos 2.0 hai máis de 5 anos. Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 7 |


reportaXe

Conscientes desta situación, Iago Pazos e Marcos Cerqueiro non dubidaron en apostar polas novas tecnoloxías cando puxeron en marcha o restaurante compostelán Abastos 2.0 hai xa máis de cinco anos. “Daquela a idea era ir contando nun blog pequenas historias, pero polo ritmo do día a día era bastante complexo, así que decidimos empezar cunha páxina en Facebook e máis adiante no Twitter”, explican. Así, mentras Marcos seguía na cociña, Iago empezou a formarse nesta nova tarefa. “Fun descubrindo un mundo que me gustaba e fun aprendendo porque eu tiña informática nivel usuario”, recorda entre risos. Hoxe invirte entre unha e tres horas ao día en comunicación e xa non pode vivir sen a súa tablet ou móbil na man. “Vivo con estrés por ter contido pero intento marcar unhas pautas para que non sexa agotador”, admite. “A inmediatez en redes pode chegar a ser un problema enorme porque á xente pode dicir ás dúas menos cuarto por Twitter: ‘Gardádeme mesa para dous que vou para alí!’. Pero tes reserva? Estamos completos! Por iso trato de marcalo moito e explicar que as reservas teñen que ser por correo ou teléfono”, engade. A súa é unha estratexia moi persoal na que é clave o ‘taberneiro’, a figura alter ego de Iago que se encarga de contar todo o que acontece na taberna, o ghalpón e a loxe que conforman o Abastos 2.0 e que siguen miles de persoas a través das redes sociais. Unha das claves

do seu éxito? Crear unha linguaxe propia que lles dá identidade. “Hai clientes que non van de viños. Chaman e din: Resérvame unha #abastada”, sinala Iago. Sen embargo, coa recente apertura da súa marca filial, Barra Atlántica, tiveron que facer unha reestruturación. De maneira que para este novo concepto – que consta dun local en Santiago, outro que abrirán a finais de novembro en Madrid e un terceiro en Oporto que esperan ter listo en xuño – están valorando a posibilidade de contratar a un community manager. Os que tamén dispoñen dunha persoa que xestiona a súa interacción cos clientes a través de Internet son os do Caney. O restaurante santiagués, vinculado ao Grupo Araguaney, acaba de renovar o seu menú gastronómico diario cunha proposta creativa, con produtos de mercado e pratos en continua rotación baixo a dirección de Gonzalo Rei. Pero o que non varían é o uso das redes sociais, nas que teñen presenza desde hai tempo. “Se queres estar en igualdade de condicións co resto dos negocios, tes que subirte ao carro da modernidade. E a modernidade márcaa a Rede”, afirma o seu responsable da área de restauración, José Manuel Fernández.

José Manuel Fernández o responsable de restauración do Caney.

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

Claro que non todos os hostaleiros son da mesma opinión. “O mesmo que un bo restaurante ten que tener un bo cociñeiro, bo servizo e un bo produto, tamén debería ter un bo social media que se encargue de movelo polas diferentes canles. Moitas veces crese que por usar as redes sociais a nivel persoal calquera é válido para administralas e moitos negocios delegan este tipo de traballo en xente non cualificada. Pero, imaxinas como podería xestionar unha crise de reputación dun hotel ou restaurante unha persoa que non está preparada? Os resultados poderían ser nefastos para o negocio”, salienta Frenchy.


É o cliente ou a competencia?

é facer dano gratuitamente”, contan. Por iso cren que debería haber un maior control como, por exemplo, que se amosara o ticket de compra antes de poder comentar.

Desde o auxe das redes sociais, os “Chegáronnos a ofrecer seres humanos atrevémonos moito posicionarnos entre os máis a facer comentarios sobre os 5 primeiros en menos de lugares que visitamos. Por un lado, os negocios reciben estas críticas dun seis meses por 300 euros” xeito positivo. “Hai que aprender a En galiciamola.es enfróntanse convivir con elas, a velas como unha a estas dificultades moderando oportunidade para mellorar. Nos os comentarios. “Pero aínda inicios é duro. Tes que ter unha fachada así sabemos que a mentalidade bastante potente porque se o tomas como algo persoal humana cae en tentacións que levan a facer malas pode influír no teu día a día, no teu humor. Pero eu prácticas ou a saltarse as normas. Por iso estamos agora xa estou no punto no que penso que non tes que barallando a posibilidade de incluír outras formas gustar a todo o mundo. Esa é a premisa base”, asegura de autenticación, entre elas, que o usuario teña Iago Pazos. Na mesma liña maniféstase o responsable que publicar unha foto do lugar que xustifique que do Caney: “Nesta casa gústanos interactuar moito estiveches alí”, alega Frenchy. co cliente. Insistimos moito cando alguén está na mesa porque preferimos amañar os problemas no Pagar para ser influínte? momento. Pero moitos prefiren o anonimato que dá a Rede. Entón o que sempre facemos é dar unha “Hai empresas que, previo pago, o que fan é resposta inmediata, invitándoos a visitarnos de novo e posicionarte. A nós ofrecéronnolo. É algo do día a día. ver que foi un problema puntual”, indica. Pero ao final cada un ten que valorar que é o que lle interesa. O que se trata é de ser o máis honesto posible”, “O hotel ou restaurante que non está asevera José Manuel Fernández. Tamén lles pasou aos do Abastos 2.0, aos que un informático chegou a en Internet ou nas redes sociais non pedirlles 300 euros por colocar ao restaurante entre está no mercado” os 5 primeiros de TripAdvisor en menos de seis meses. “Como? Dicíacho moi claro. Creaba diferentes contas Pero precisamente por ese anonimato, como sabemos con direccións IP, comentaba mal na túa competencia se unha crítica é certa ou falsa? Famoso foi este ano o directa… E dicía: ‘Pois non te imaxinas a xente que nos caso dun xornal italiano que se inventou un restaurante contrata!’. Terrible, pero é unha realidade”, confirma e foi quen de subilo ao número un de TripAdvisor, sen Iago. ter existido nunca. Este feito puxo de manifesto o doado que é enganar a un dos máis famosos portais Pola súa banda, Frenchy opina que máis que pagar por de opinión online sobre hostalería. E iso que os ser máis influínte en Internet, o que hai é que pagar responsables desta web aseguran contar con filtros e por “facer máis branding, máis marca, por darse mellor facer investigacións para evitar fraudes. a coñecer… e aínda así se detrás de todo iso non hai un bo produto ou un bo servizo, non garantiza nada”. E se é a competencia a que de maneira maliciosa E é que, máis aló deste mundo extremadamente está a realizar ataques sobre nós? No Abastos 2.0 tecnolóxico no que vivimos, o máis importante para recoñecen ter tido problemas neste senso. “Tivemos fidelizar clientes é “deixar cada día un gran sorriso” a dous hosteleiros de Compostela que facían campaña na cara de cada unha das persoas que visitan o noso negativa contra nós. É unha parte desagradable porque local.

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 9 |


Carlos Toural, vicedecano de Ciencias da Comunicación: “O máis importante é ter sentido común”

O

doutor, investigador e docente na USC, Carlos Toural, é, ademais de vicedecano da facultade de Ciencias da Comunicación, experto en novos medios e redes sociais. Con el, aprendemos algunhas das claves que deberían ter en conta no sector hostaleiro para enfrontarse aos retos da World Wide Web.

1) Traballar a túa marca persoal. Un dos principais consellos de Carlos é establecer unha estratexia de marca en redes sociais que sexa non só empresarial senón tamén persoal. “No mundo da hostalaría é importantísimo porque está baseado moitas veces en emocións, en saber captar a esa clientela. Todas as potencialidades que teñen as redes sociais nese sentido, se as aproveitas, vanche axudar moito a establecer esa marca”, afirma.

“A nosa presenza en Internet debe xirar ao redor da produción de contido”

2) Xestión propia ou con community manager? O profesor recomenda contratar a un experto en comunicación que estableza as estratexias que debemos seguir e, se nos vemos capaces, xestionar a nosa web e as nosas contas en redes sociais por nós mesmos. “O máis importante é ter sentido común. E estar presente. Crear un perfil e telo abandonado é perigoso”, asegura. Se non temos tempo, podemos derivalo a unha axencia que o faga por nós. Iso si,

Carlos Toural, vicedecano de Ciencias da Comunicación.

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


se o perfil é antigo e a comunidade xa está acostumada á unha determinada linguaxe non convén varialo.

3) Produce contido. Para Toural, a nosa presenza en Internet debe xirar ao redor

da produción de contido, ben sexa a través da nosa web ou dun blog. “Se tes un sitio onde contes cousas, onde lle permitas aos teus usuarios entrar na cociña, onde expliques os procesos, publiques receitas… E uses as redes sociais para difundir todo o que fas, é evidente que a túa marca persoal vai medrar”, apunta. E ollo! Cada rede social é distinta e merece un trato e construír a mensaxe de xeito diferente.

4) Ter onde responder ás críticas. Ante unha crítica por Internet sobre o noso local temos

dúas opcións: ignoralas e, polo tanto, non poder explicarnos ou respondelas. Pero onde? Toural aconsella utilizar a

web corporativa ou blog. Por que? “Porque as redes sociais son un sitio de paso. Twitter, por exemplo, ten unha frecuencia de actualización moi alta, co cal as mensaxes quéimanse a unha rapidez brutal. Entón o malo vai a perdurar porque se vai a difundir, pero o bo seguramente quede tapado. Na nosa web ou blog podemos responder de maneira conxunta”, explica.

5) Tranquilidade cos comentarios falsos. O vicedecano sostén que nas redes sociais “é a propia comunidade a que autoxestiona a penalización” dos perfís e comentarios falsos. “Só funcionan os dos usuarios que sabes que son reais, que non teñen un ovo como foto, que visitaron varios lugares, etc. Ademais, a puntuación xeral constrúese con moitos comentarios, non con aqueles cinco ou seis que se puxeron para facer dano. Entón eu nese sentido tampouco me preocuparía demasiado”, sinala.

mansorestaurante.com Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 11 |


a

entrevist

DE VACAS:

“TOMÁMONOS A MÚSICA DE MANEIRA FELIZ E ASÍ QUEREMOS TRANSMITIRLLO AO PÚBLICO” Por Rebeca Munín

T

res voces e unha guitarra. En total, catro vacas: a Pinta, a Marela, a Morena e a Rubia. Elas son Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, tres amigas que levan anos cantando xuntas en coros (Coro da Ra e Coro Encaixe) e un músico, Guillerme Fernández, integrante de formacións como Berrogüetto ou aCadaCanto. E que fan xuntos? Unhas versións incriblemente fermosas de cancións tan coñecidas como o ‘Gangnam Style’, ‘De noche y de día’ de Enrique Iglesias ou o ‘Single Ladies’ de Beyonce, con pandeiretas incluídas!. E é que se hai algo que non lle falta a este ‘De Vacas’ é o bo humor!

Para contar a vosa historia temos que falar das Spice Girls, non si? (Risos) Efectivamente! Somos todas da misma quinta e compartimos gustos da época da adolescencia. Un día estabamos as tres xuntas ensaiando para outra formación e empezamos a tatarear unha das Spice. Emocionounos un montón, empezamos a facer as coreografías… E dixemos: Hai que facer un grupo de versións das Spice. Esa foi a orixe de De Vacas.

“Rescatamos a esencia das cancións que versionamos, quitándolles o seu envoltorio comercial”

O grupo de De Vacas está formado por Paula, Inés, Faia e Guillerme. Foto: Suso Rivas

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


entrevist

a

As tres víñades de cantar en coros. Apetecíavos entón ter algo propio? Levámonos as tres moi ben desde sempre. Hai unha conexión ademais de musical, vital e afectiva moi potente e sabiamos que queríamos facer algo xuntas. Decidimos entón, por afinidade vital e por ganas de compartir unhas risas, crear este grupo e facer o que nos apetecía. E aí apareceu Guillerme Fernández… Si, coñecémolo desde hai moito tempo e compartimos con el amizade desde hai moitísimos anos. Era desas persoas que sabiamos que antes ou despois acabaríamos facendo algo a nivel musical xuntos. E sumouse ao carro como a que máis! Guillerme viña de grupos cun estilo diferente. Como o convencíchedes para formar parte de De Vacas? Guille en realidade leva toda a vida tocando de todo. É un guitarrista excepcional que tocou todos os paos e estilos. Empezou con grupos de rock, de soul, posteriormente meteuse a facer folk e música galega, etc. Así que non fixo falta convencelo. De feito, apuntouse el! O ‘Gangnam Style’, que foi a primeira canción que fixemos, foi unha proposta del.

O humor é outra parte moi importante do voso grupo. Por que? Porque o humor é unha das cousas que compartimos. Esa enerxía que entre nós temos xa se transmitiu desde o primeiro videoclip e desde as primeiras actuacións case sen buscalo. Tomámonos a música de maneira feliz, que é como a sentimos realmente e na medida na que poidamos transmitirllo ao público, pois estupendo. E que reaccións ten o público cando vos coñecen? A xente sobre todo rise moito. E iso é unha das cousas que máis nos sorprenden. E teñen a necesidade de virche a comentar o ben que o pasaron e o que lles gustou a volta que lle damos aos temas. Vemos caras entre desconcertadas e felices! Haberá de todo, supoño, pero o que a nós nos transmiten son boas vibracións. É incrible como sodes capaces de transformar temas comerciais moi coñecidos, pero que ao mellor musicalmente non son unha marabilla, en cancións boísimas… A cuestión está en rescatar a esencia desas cancións. Normalmente son boas, a nivel incluso harmónico, pero toda a produción que levan arredor dispérsaas un pouco e fainas máis básicas. Non hai grandes cambios. Soamente quitarlles o envoltorio comercial, digamos. Que ten que ter un tema para que o escollades? Ten que ter esa esencia, unha certa musicalidade. Hai temas que por moito que rasques non atopas gran cousa. Pero si que hai moitos outros que teñen unhas melodías bonitas ou algo que de repente che suscita interese. A cuestión é buscar. E leva tempo! A verdade é que é un proceso bastante longo porque temos que poñermos de acordo os catro. E unha vez que eleximos, Guille constrúe as harmonías, fai os cambios que sexa coa guitarra, reconstrúe un pouco a base e logo nós construímos a partir de aí as voces. E gústanos facelo a verdade! Outra parte importante son os vídeos que facedes e compartides en redes sociais.

De Vacas, no parque de Bonaval. Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 13 |


a

entrevist

Internet é hoxe en día unha arma moi poderosa para os artistas, non? É unha arma poderosa que hai que utilizar. Realmente a xente móvese nese medio. A nosa vía de transmisión por agora vai ser esa. A medida que vaian saíndo os nosos temas e poidamos ir facendo os vídeos, irémolos subindo á Rede e compartíndoos coa xente. Así faise máis fácil a tarefa de difusión. Se despois, máis adiante, nos apetece facer outro formato, coma un disco, xa o veremos. Pero de entrada a idea é facer vídeos Ademais, facémolos nós tamén porque Inés traballa no audiovisual. Co cal queda todo na casa e é parte tamén da creación. E cal será o seguinte? O do tema ‘De noite e de día’ de Enrique Iglesias resúltanos bastante apetecible. Xa o vídeo orixinal suscitou bastante polémica, entón seguramente fagamos unha versión do propio vídeo. Pero aínda está aí cocéndose a idea.

“Rescatamos a esencia das cancións que versionamos, quitándolles o seu envoltorio comercial”

Hoxe que com

o?

Cando lles pre guntamos a D e Vacas que re que lles prepar ceita querían ase a nosa blo gg er colaborado Morales de ta ra, Vicky llerdeazucar.es , tivéronno mo con chuletón i cl aro: “Algo de vaca cachen a. Está moi bo vacas comend a! As catro o vaca de raza galega autócto libre polos pra na e pastando dos galegos!”, d ixeron. A cord aceptou encan obesa tada o reto e… que fixo? Ave sección ‘Y hoy rí guao na súa qué como?’ en pinchaediscos. com.

Que ganiñas de velo!

Cardenal Payá 18 Santiago de Compostela T. 981 562 499 silveira.casadexantar@gmail.com | 14 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


Vai de ...Turismo Por Rebeca Munín

“Hai que coidar moitísimo o noso turismo porque se cae en Santiago, cae para todos” José Antonio Liñares, responsable de Compostela Boutique Hotels

S

e hai alguén que sabe de turismo na cidade ese é, sen dúbida, José Antonio Liñares. O compostelán leva a hostalaría nas súas entrañas e a Santiago no seu corazón. Responsable do chamado Compostela Boutique Hotels – integrado por tres hoteis con carácter do Casco Histórico (Altaïr, Costa Vella e Moure) –, tamén foi presidente da Asociación de Hostalaría. Coñecedor de todas as pontencialidades que ten o sector, amósase preocupado porque non coidemos como debemos á nosa galiña dos ovos de ouro.

“Pode ser que nos esteamos pasando de freada na turistificación da cidade, ou cando menos na do Casco Histórico”

Por onde hai que tirar no turismo de Santiago? Sobre todo, tendo en conta que hai pouco que vivimos un cambio de Goberno local. Habería que redefinir o modelo. Hai un Plan Estratéxico de Turismo que remataba agora e hai que poñerse a preparar o seguinte xa, seriamente e cos mellores profesionais. E hai que expulsar a política deste debate. É dicir, hai que ser tremendamente obxectivos. Porque eu penso que tratar de atraer turismo a Ponferrada, por exemplo, é moi complicado. Pero nós temos unha marca dun valor incalculable. E non se está a aproveitar? Creo que ao mellor non somos conscientes dese valor. É certo que o turismo, como industria independente, non ten tanto valor engadido como outras empresas, pero ten un valor transversal que non podemos esquecer. Moita xente chega a Santiago e vai á rúa do Franco ou ao Mercado de Abastos a consumir marisco. De onde sae ese marisco? Das Rías Baixas. Entón, non só afecta aos que temos restaurantes ou hoteis en Santiago, senón que está dando moitísimo desenvolvemento económico e social nas Rías Baixas. E iso hai que coidalo, porque se cae en Santiago, cae para todos. Está de acordo coa moratoria na apertura de novos hoteis na cidade que promove o Concello? Estou de acordo en repensar o modelo. Porque pode ser que nos esteamos pasando de freada na turistificación da cidade, ou cando menos na do Casco Histórico. Ademais, a

Liñares foi presidente da Asociación Hostelería Compostela pero esa xa é para el unha etapa pasada. Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 15 |


Vai de ...Turismo política turística é moi importante para definir ou tratar de marcar o perfil de viaxeiro que queremos, o viaxeiro de alto perfil, que é o que deixa máis recursos na cidade. E agora temos moitos turistas dese perfil? Si, hai moitísimos. A xente que di que o Camiño de Santiago é de zapatilla está profundamente equivocada. Eu seino polos viaxeiros que temos nos nosos hoteis, que son xente de primeirísimo nivel económico e social de países avanzados como do norte de Europa, de Canadá, de Estados Unidos e Australia. Entón, claro, se nós convertimos á cidade nun destino de baixo custo, non coidando o urbanismo, sobrepasando as posibilidades reales que pode ter o Casco Histórico, estamos desvirtuando o seu atractivo. E iso hai que evitalo. Outro problema que parece que nunca ten solución é o da estacionalización… Si, sería bo para todos ter un turismo sostible ao longo de todo o ano. Ter unha temporada baixa na que, polo menos, non houbera que pechar establecementos ou despedir persoas. Pero é un ideal porque en Santiago o tempo atmosférico non axuda nada e a oferta complementaria tampouco é nada boa. Se se puidera conseguir un puntiño máis de ocupación a través de turismo cultural, eventos, congresos… sería boísimo. E como vos afecta Internet e esas plataformas de aluguer de habitacións en casas particulares como Airbnb? Eu penso que debe ser regulado desde un punto de vista fiscal, urbanístico e turístico. Pero sabendo que non se lle poden poñer portas ao campo. É dicir, non se pode tratar de prohibir algo que está aí, pero si requiren unha certa regulación para non levar a unha competencia desleal. Porque se os hoteis nos vemos sometidos a un durísimo control, deberiamos xogar todos coas mesmas regras. Pero din que no sector hostaleiro compostelán hai pouca unión… Si, é triste recoñecelo pero é verdade que neste momento hai unha serie de problemas no sector nos que non hai un interlocutor claro. Pero eu penso que isto solucionarase polo ben de toda a cidade. Volvería entón a presentarse á presidencia da Asociación de Hostalaría? Non porque require moito tempo. É moi estimulante que se fagan cousas e aínda queda moitísimo percorrido, pero agora xa hai outras persoas que deben tirar do carro. .

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

“Se os hoteis nos vemos sometidos a un durísimo control, deberiamos xogar todos coas mesmas regras”


Vai de ...Turismo

Unha familia de hostaleiros en constante evolución Cando en 1999 José Antonio tomou as rendas do Hotel Costa Vella tiña claro que o que tocaba era cambiar o rumbo. A súa familia xestionaba residencias de estudantes, pero a Universidade non deixaba de perder alumnos e o boom do Xacobeo era xa unha realidade palpable. “O viaxeiro empezou a demandar que o aloxamento lle transmitira o espírito do destino”, conta. Así que, seguindo a moda importada desde Francia e as illas británicas, puxo en marcha un dos primeiros hoteis con encanto da cidade. “Tivemos a grandísima sorte de poder conseguir esta edificación: cun xardín adosado a unha muralla medieval, cunhas vistas extraordinarias, onde non se ve nada de feísmo…”, explica. E o éxito foi case inmediato. Uns anos despois, o sector seguía evolucionando e con el, os proxectos de Liñares. O turista xa non só buscaba hoteis con encanto, “quería un nivel de confort máis elevado (ascensor, minibar, recepcionistas falando varios idiomas…), o que se coñece como hotel boutique”. Abría así as súas portas o Altaïr, outro establecemento moi ben valorado por aqueles que nos visitan. E un tempo despois, chegou unha nova viravolta. “O viaxeiro xa non quería sentirse como na casa, senón mellor que nela, ou polo menos, distinto”, apunta. Entón crearon o Hotel Moure, cunha arquitectura que levou incluso premios no estranxeiro. “Fixemos cousas disparatadas como poñer unha bañeira nunha galería”, sinala. Hoxe en día a crise encamiñou a hotelería cara un modelo de baixo custo, onde o que triunfa é robotizar o máximo posible os establecementos para consumir a menor cantidade de recursos humanos. Unha tendencia da que foxe Liñares, precisamente para non perder ese encanto do trato persoal cos clientes. “É que nós somos máis hosteleiros que empresarios”, recoñece. E, a verdade, é que como viaxeiro agradécese.

José Antonio Liñares no xardín do Hotel Costa Vella. Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 17 |


e accion Dani de la Torre, director de El Desconocido:

“Por riba de todo, busco que o espectador estea pegado á butaca” Por R. Munín

Q

ue gusto dá cando vas ao cine e saes pensando que os teus cartos foron ben invertidos! Pasoume coa película ‘El Desconocido’, un dos filmes sorpresa da temporada, con Luis Tosar como protagonista, rodada en A Coruña e feita por un equipo técnico e actoral practicamente só galego. Á fronte, como director, Dani de la Torre, na que foi a súa primeira longametraxe. Difícil o ten para superarse na seguinte, outro thriller con trasfondo social que xa está a preparar. Antes de nada, noraboa polo traballo! É unha peli coa que estás en tensión todo o tempo. Buscabas un pouco iso, non? Moitas gracias! E si, a verdade é que a peli é moi trepidante e agobiante. A historia xa marca desde o principio o que vai pasar. A vida deste director de sucursal cos seus fillos no coche vai dar un xiro brutal. Pero por outra parte, a película tamén ten un gran transfondo social e unha crítica importante a uns anos de crise e de estafas bancarias que nos conmocionaron a todos e que nos indignaron. E como outra capa, están as relacións persoais de cada personaxe, un pouco deixando ver o lado descoñecido que teñen cada un deles. Resulta curioso que empezas odiando ao asasino pero pouco a pouco valo comprendendo… Si, ese é un pouco o poco equilibro da película. Nós queríamos que o espectador estivese entre dous mundos, que non soubeses en que momento posicionarte con quen. Ao fin e ao cabo, calquera deles podemos ser calquera de nós. E como deches coa historia? Empezou pola miña propia indignación polo tema das preferentes,

| 18 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

das estafas multitudinarias… Porque me sentía mal, estafado como cidadán na sociedade na que estamos. De aí empezou o xérmolo da historia de despois. Moitos saen da sala sorprendidos porque parece de Hollywood… Realmente a posta en escea é moi importante porque eu, por riba de todo, quero facer entretemento, buscando que o espectador estea pegado á butaca, e ademais que teña un transfondo social para que teña máis complexidade. Ao mellor este cine é máis fácil velo en producións americanas que en España. Pero agora mesmo no país estanse facendo xéneros de todo tipo, de terror, ciencia ficción, comedia, drama, acción… Podemos entón facer aquí o que queiramos? Si, eu penso que agora mesmo é simplemente unha cuestión orzamentaria, non de talento. En España e en Galicia, particularmente, temos uns equipos técnicos e uns actores marabillosos. Podemos afrontar este tipo de producións facéndoo ben. Falando de actores, ademais de Tosar que fai un moi bo papel, destaca moito a actriz que fai da súa filla, Paula del Río… Si, é unha actriz catalana. Saíu dun casting e foi unha sorpresa auténtica porque ten unha forza e unha verdade impresionante. Eu penso que foi un dos acertos da película. O neno tamén o fai moi ben pero ela ten máis peso na historia. Ás veces Luis dicíame: “Viches o que fixo a nena? É a hostia!”. El se sentía ás veces intimidado polo seu talento. E iso está ao alcance de moi poucos. Penso que Paula será unha das grandes actrices do noso país.


e accion

A peli está chea de acción e todo rodado en A Coruña. Poderíase facer algo así en Compostela? Si, claro que se podería facer! A ver se facemos algo coa Cidade da Cultura, por exemplo. Polo menos unha película de acción ou algo (risos). Pero si, Santiago é unha cidade fermosa. Eu xa rodei varias veces aquí e visualmente é marabillosa, xa non só pola zona vella, senón polo entorno que ten. Caeralle algún Goya? Non o sei. Se gaña algún premio é como recibir un regalo. Non podes esperalo. Se aparece, estarei moi agradecido. Pero non penso niso. Xa estou pensando no seguinte proxecto, que é o máis importante para min. Estou escribindo outro thriller tamén con gran trasfondo social, pero non podo adiantar moito máis. E despois dun debut exitoso coma este, sintes moita presión por como será o seguinte? Presión é non poder facelo! Era a ilusión da miña vida poder facer esta película, poder traballar con xente que admiro moitísimo… E se che dan outra oportunidade, é porque algo fixeches ben, non? Entón a aprender moito, desfrutalo, e presión ningunha. Cando traballas con grandes profesionais é marabilloso deixarte levar por eles e aprender. .

Dani de la Torre nun momento da rodaxe xunto a Luis Tosar.

“En Galicia podemos facer todo tipo de cine. É só unha cuestión orzamentaria”

“O Descoñecido xurde pola miña propia indignación co tema das preferentes”

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 19 |


e accion  O SOÑO DE CUMPRIR UN SOÑO Por Jairo Iglesias Jairo Iglesias é un director de cine compostelán. Actualmente exerce como director de desenvolvemento da produtora Pixel Films.

C

ando comezas sempre debes ter claro a onde queres chegar e quen son os teus referentes. Fai dez anos, cando un rapaz de Compostela coma min introducíase nesta pequena e ás veces oculta industria, tiven a sorte de ver varias curtametraxes dirixidas por un rapaz que se chamaba Dani de la Torre. Eran desas curtas que un vía unha e outra vez para non deixar morrer a ilusión. Esas curtas eran parte do soño de Dani, e ao mesmo tempo formaban xa parte do camiño para conseguir o meu. Neste longo camiño tiven a sorte de compartir con Dani varios proxectos e unha visión parecida de facer as cousas. Non vou dicir nada novo se digo que é un tipo especial e espectacular. Os que o coñecemos sabemos que a súa paixón vai máis alá de calquera forma de vida sedentaria. Sería incapaz de vivir sen facer correr riscos aos seus personaxes, sen facelos loitar con espadas sobre os tellados da Catedral de Santiago, sen bicarse apaixoadamente baixo a choiva, ou sen facer mover una steadi circular en momentos clave do seu cine. Dani é ese tipo que fixo que Covadonga matara zombis en zapatillas de andar por casa. E chegou a súa oportunidade. A de verdade. A de facer as cousas ben e como a el lle gustan. Non tiña que demostrar absolutamente nada, porque xa demostrara anteriormente que estaba moi por enriba de produtores, orzamentos e guións enlatados. Agora era o momento de poñer os soños enriba da mesa e comezar a xogar.

Foto de Jairo: Bruno Máez

E aí naceu ‘El Desconocido’, da paixón de contar unha historia ao público retornando aos seus comezos. Aquela curtametraxe chamada ‘Minas’ conta moito desta historia. Unha peli que te deixa como espectador pegado á butaca dende o primeiro minuto e que xoga a esconder e mostrar, a levarte dun lado a outro en cuestión de segundos. Tiven a sorte de ser parte do equipo desta película facendo as cápsulas promocionais da peli e o making of, un luxo para calquera que quere seguir aprendendo a facer cine... Aínda que do que realmente estou orgulloso é de poder poñer o meu grao de area no longo camiño dos soños de Dani. O despacho de billetes dictou sentenza, e ‘El Desconocido’ é unha das 6 pelis máis taquilleras do ano. Hai unha cousa de Dani que admiro. Nunca se escondeu. Sempre dixo que el quería facer ‘Gladiator’, que facía cine para o espectador e para que este se divertise. Semella que moitas veces comercial é sinónimo de algo malo... pero Dani quería ser un director comercial. Cumpriu o seu soño que abre ás portas para seguir soñando. E a roda comeza de novo. Dani comparte carteleira cos seus referentes (Scott, Amenábar, Guillermo del Toro...) sen saber que neste mesmo intre acaba de converterse no referente dun novo rapaz anónimo, recén chegado a unha escola de imaxe e son, que ogallá que dentro de moitos anos comparta carteleira con De la Torre. Brindo por Dani e pola súa forma de ver o cine e a vida.

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


Alí onde den ben de comer, deixarase caer Pincha! Por Cristina Márquez

Descubrindo o novo Manso D

icíase por Compostela que o Manso Restaurante dera un xiro ao seu local, que as obras deixaran o espazo moi mellorado. Tiña ganas de ver cos meus propios ollos o cambio e tamén me apetecía moito charlar con Alberto Lareo, a alma dese lugar e recentemente nominado a cociñeiro revelación de Madrid Fusión 2016. Así que me deixei caer por alí sen dubidalo! Mañá asollada na nosa cidade, fun dando un paseo, entrei en Manso… E non mo podía crer! O local sempre me gustou, pero desta vez, namoreime a primeira vista. Desde o bar e botando a vista enriba, atopas un camiño de escaleiras, cunha madeira preciosa que che convida a subir. E cando chegas á zona de restaurante, non queres marchar. Queres sentar nesas cadeiras e non te erguer nunca máis! A zona gañou moitísima luz, pero sen deixar de ser un espazo cálido e moi persoal. A iluminación está coidada ao detalle, mesa por mesa, en definitiva, todo está ben. Esta vez si, as pezas encaixan ata no último recuncho. Sentámonos nunha mesa á beira da galería, con vistas á rúa, comezamos a falar e sen darnos de conta, fóisenos voando o tempo!

Alberto Lareo na entrada á sala do Manso Restaurante. Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 21 |


Apertura, recoñecementos e para rematar reformas no local… Estaba todo planificado? Premios non houbo, pero si nominacións, e a de mellor cociñeiro do ano influíu de forma positiva. Aínda que desde 2014 xa tiña en mente esa idea de

“Creo que estamos nun marco posible para poder lograr unha Estrela Michelin nun futuro” cambiar cara a algo máis gastronómico. O que pasou foi que cambiaron as pezas do quebracabezas. Antes eramos tres amigos e agora quedeime eu cun apoio desde atrás, un apoio máis discreto. Digamos que a cara visible son eu, que se reforzaron as miñas ideas, en lugar de ser ideas máis en común. Agora é a idea de Alberto Lareo. É entón o que estás a facer agora o soño que tiñas para o teu restaurante? Que quixen ter isto desde sempre? Pois non o sei, foi un cambio que foi xurdindo, que puiden levalo a cabo e que me resulta moi bonito. Ao principio tes esa idea de brasserie, bistró, moi informal. Esa parte informal e canalla seguimos manténdoa. Pero foi como un cambio para facer as cousas mellor. Como defines Manso agora? Agora somos un espazo máis dedicado a restaurante. Seguimos respectando a zona de bar, pero desde que tivemos ese empuxe pola nominación, tamén cambiou un pouco o tipo de cliente. Pasamos a

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

un cliente que esixe máis gastronomía, pratos máis elaborados e quizais o espazo era o que non pegaba. Así que despois do cambio como empresa, decidimos reformar a sala, o bar e reducir o número de cubertos para poder ofrecer máis calidade e non tanta cantidade. O cambio é para o cliente, el é o gran beneficiado de todo isto. Ou polo menos é o que intentamos. Ese trato máis personalizado, require entón máis atención, máis persoal, menos comensais? Si, antes eran case 70 cubertos e agora son 42. Reducimos bastante os comensais, precisamente para iso, para poder atender mellor ao cliente. Antes digamos que a crítica era sempre a mesma: a cociña está moi ben pero falla o local, o mantel de papel, esta copa... Entón agora a ver se vai dar a volta! A ver se vai estar moi ben o local pero a cociña é un fracaso (risos) Esperemos que non! E na cociña, que é o teu lugar, como funciona todo? Aumentou o número de cociñeiros. Antes eramos dous máis eu. Agora somos cinco contándome a min e, se todo vai ben, non se descarta traer algún máis. Igual que en sala, que pasamos a ser tres arriba e un no bar. Xa somos nove traballando e pasa unha cousa, reduces número de cubertos, aumentas persoal… é dicir, aumentan gastos. Pero é certo que con todo isto vese a melloría, que hai un menú gastronómico que antes non había, que é un menú bonito porque representa un pouco todo, o servizo, a cociña… e o espazo tamén. Así que na cociña pasou que os clientes cada vez esixen máis. E tes

que dar un paso máis, cociñar un pouco mellor para chegar a tempo. E seguimos tamén coa filosofía de que se todo se pode facer ao momento, quitando catro caldos e catro cousas, pois todo faise ao momento. Cociña/Sala, supoño que agora máis que nunca están sincronizadas… Si, aquí a sala xoga un papel bastante importante. Por exemplo, o peixe se trincha en sala e sírvese. Case todos os pratos que levan un caldo, unha sopa, unha crema, remátanse en sala tamén. A miña idea é seguir avanzando cara a que os primeiros pasos sexan en cociña pero os últimos sexan na sala. Porque no 90% dos casos non podo saír a recibir ao cliente. Entón cando a miña cara en sala son eles, por que non van terminar un traballo que empecei eu? Hai que valorar a sala, porque son eles quen aconsellan, a quen preguntas, quen marcan os tempos... Que pasa cos mediodías? Segues coa oferta de menú? Pois mira, ao mediodía en Manso tiñamos que buscar unha alternativa para atraer clientes. Empezamos coa proposta semanal e seguimos con ela. Segue sendo un ‘proba, erro’ para a miña cociña, para sacar cousas que tes en mente e quen mellor que o propio cliente habitual para que che diga pois isto está bo ou non. Aínda que cambiou un pouco a estrutura, é un menú que segue estando a quince euros con bebida aparte. É como un mini degustación. E máis aló do traballo, o 25 de novembro celébrase en Santiago a gala de premios Estrela Michelin. Que opinas disto?:D


“Cambiaron as pezas do quebracabezas e agora este Manso é a idea de Alberto Lareo” (Risos) Aínda que espero a nivel persoal ver a algún dos invitados, vexo precipitado pensar nunha estrela. Que poderiamos optar a algo? Unha recomendación? Si, por que non! Somos un restaurante con capacidade e con ganas de poder ofrecer iso e máis. Pero non me obceco con esas cousas, aínda que sería a bomba a todos os niveis! Si

vexo que estamos nun marco posible para poder chegar a logralo nun futuro. E oxalá caese xa unha estrela en Santiago! Teño en mente a unha que curra moito, que é unha loitadora: Lucía Freitas (de A Tafona Casa de Xantar). Está dando un nivel que é envidiable, tanto ela como Nacho (o seu socio). Para rematar, que lle recomendarías a un cliente que chega por primeira vez ao Manso? Pois non che sabería dicir, que tanto pode quedarse no bar e tapear, ou pode sentar arriba e tomar ese menú

semanal, carta ou menú gastronómico. Recomendo que non se queden sempre no mesmo, é dicir, eu manteño os clásicos aquí: peixe á brasa por peza, chuleta, as croquetas e eses marinados que tanto saen. Pero que vaian un pouco máis aló, que se deixen levar e que gocen… A ver, é que eu son moi malo para recomendar, por iso teño a tan boa xente fóra (risos). Xenial Alberto, encantoume como sempre falar contigo! Espero que os lectores de Pincha(e)Discos gocen tanto coma min! ;)

Na nova decoración do Manso deuse moita importancia á iluminación. Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 23 |


Alí onde den ben de comer, deixarase caer Pincha! Por Cristina Márquez

A tortilla máis rica! H

ai bares e restaurantes onde se come ben. Hai outros onde comes ben e onde te tratan ben. E despois están eses lugares onde ademais de todo isto, sénteste como na casa. Situado na Rúa Nova 36, como o seu nome ben indica, este local compostelán é un deses sitios. Pode que a primeira vista non sexa máis que outro local bonito da nosa zona vella, pero amigos, o persoal e o seu xerente Mohamed Azibou o Heman, Moja para todos, son os que fan do Rúa Nova un sitio moito máis que especial. O meu querido Moja, querido por todo aquel que o coñece, creo eu, porque este empresario sabe como xestionar un negocio de hostalaría, sabe tratar moi ben aos seus clientes e iso fai que cada local que toca sexa un éxito rotundo. E é que este equipazo xa viña facendo as cousas ben uns metros antes, na mesma rúa, nese local sen dúbida coñecido por todos, A Tita. Quen non probou ou oíu falar da tortilla da Tita? Para min, a máis rica de toda Compostela é a súa comarca enteira :D Aínda que non só me quedo coa tortilla, a ensaladilla, os mexillóns e o cocido dos martes son para min o mellor do mellor! En Rúa Nova atopámonos cun local moito máis cómodo e acolledor que ao

que nos tiñan afeitos na Tita. Con salóns amplos e unha terraza, é o lugar ideal para tomar algo e saír cheo con ese gran anaco da rica tortilla que che poñen por cada consumición. Pero se a fame apreta, podes sentar, comer e gozar dunha cociña tradicional e sumamente coidada. A súa carta ten unha ampla oferta, entrantes, peixe, carnes, guisos.. Ademais de menú do día e tamén prato do día, que pasa polas lentellas do luns ata

Este equipazo xa viña facendo as cousas ben uns metros antes, en A Tita os callos do domingo. Así que, lectores de Pincha(e)Discos, se aínda non parastes no novo local de Moja, non o dubidedes, Rúa Nova ten que ser o voso punto de encontro. Garántovos que, como mínimo, vos sentiredes como na vosa casa! E desde aquí, pasando un intre agradable cos meus amigos de Rúa Nova, despídome ata o próximo día que me deixe caer por algún dos marabillosos locais de hostalaría que temos na nosa querida Compostela. Mentres tanto, vémonos nos bares!

Moja no interior do local a punto de servir unha das súas famosas tortillas. Foto: Suso Rivas

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


Pincha(e)Discos Nยบ 5 | 2015 | 25 |


Crusat & Costas Dúas copas de viño... con cal quedas?

FEDELLOS DO COUTO: SAVIA NOVA, AUTENTICIDADE E PAIXÓN POLO RURAL Viaxamos desta volta a Castro Caldelas (Ourense), a unha das ribeiras do Sil; paisaxe espectacular e fermosa; Ribeira Sacra en estado puro. Nesta subzona das Ribeiras do Sil, catro fedellos (trastes, inquedos), Pablo Soldavini, Carlos Bareño, Luis Taboada e Jesús Olivares comezan en 2013 un proxecto en Pazo do Couto, emprazamento da Adega do século XII arredor da que comezarán a elaborar os seus viños. A paixón e xuventude, elemento común nestes catro fedellos pretende facer visible a súa inquedanza por dignificar a vida rural, o bo facer, o gusto polos viños auténticos e polas xuntanzas a carón do lume. Cun viño como Cortezada todo iso parece tomar forma: respírase paisaxe e rusticidade desde o momento en que se bota o primeiro grolo na copa. Isto é así porque a filosofía de Fedellos do Couto consiste en elaborar viños que expresen o terruño, a añada e as variedades autóctonas galegas. Contan, para iso, coa inmensa sorte de poder traballar con diferentes microclimas, solos, exposicións e altitudes repartidas nas viñas que posúen arredor do Sil e tamén do Bibei. Cortezada sae da viña que da nome ao proxecto, da viña de Pazo do Couto, dunhas 2 ha. de extensión, de onde se obtén a Mencía que dá forma a este viño na súa totalidade. Na copa pódese percibir a frescura e o bo facer de Fedellos: mencía fresca, froita ben integrada con aromas minerais e de monte; este toque silvestre e rústico que tan ben lles senta aos viños da Ribeira Sacra. Preciosas cores de frambuesa, densidade media, brillante e limpo, este viño invita a gozar da súa fase visual, durante horas. En boca, potente, o grado alcólico do viño aparece ben fusionado cunha espectacular acidez, froita madura e toda esa mineralidade que lle aporta o chan pizarroso no que se asentan as viñas. Dada a súa versatilidade, desde o meu punto de vista, ocórrenseme harmonías orixinais para Cortezada. Aínda que desta volta beberíao acompañado dun bo pulpo á feira: tradición e proxectos novos sempre xuntos da man.

Segue as historias de Lorena Costas (@lorena_costas) no seu blog

Bake my Day http://lorena-bakemyday.blogspot.com

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

Un viño sutil e elegante que eu harmonizaría cunha boa táboa de queixos galegos onde destacaría un afumado de San Simón da Costa.


NOVOS TRASNOS NA RIBEIRA SACRA Fedellos do Couto é un novo proxecto de catro rapaces inquedos que teñen o soño de embotellar a paisaxe da súa terra dentro das súas elaboracións. Dentro deste inquedanza e gañas de coñecer o terreo onde crecen as viñas procuran que a viticultura sexa o máis respectuosa co medio posible. As parcelas cultívanse todas elas manualmente e principalmente con métodos orgánicos. Non existen herbicidas máis que a desbrozadora e mailo sacho. Tamén deixaron de utilizar produtos fitosanitarios sistémicos. Cortezada é unha elaboración 100% da omnipresente mencía de cepas xóvenes todas procedentes dunha soa parcela de 2 hectáreas no Pazo do Couto a 400 metros de altitude. O chan da parcela é predominantemente lousa con presenza de bolos graníticos. O clima e unha mestura de atlántico que lle aporta frescura dentro da predominancia do clima mediterráneo do canon do Sil. As uvas son recollidas a man no momento óptimo de cada unha das parcelas, utilizando os bagos enteiros, con extraccións suaves, largas maceracións e fermentación a baixas temperaturas, sen engadir levedo ningún. O viño pasa 12 meses de crianza en barricas de carballo francés. E non é filtrado nin clarificado nada máis que pola propia gravidade. Á vista o color do viño non é de capa moi intensa, limpo, áxil, vibrante, de cor de amorodo e cereixa cun ribete claro. No nariz o viño volve estar fresco, limpo sen as reducións que ás veces acompañan a mencía, o cal denota un gran traballo de bodega. Froita roxa fresca, ácida, toques de framboesas, grosellas e fatóns. Na boca tanino sedoso, toques vexetais, frescura, froita roxa fresca, framboesas outra vez, cunha acidez controlada que lle dá frescura e compensa o grao alcólico, persistente, largo e cunha delicada austeridade. Un viño para beber coa familia nun día de choiva de inverno comendo un bo cocido ou unha carne ao caldeiro..

Segue as historias de José Crusat (@choumimx) no seu blog Del

Comercio y del Bebercio http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

FICHA Cortezada 2013 Adega: Fedellos do Couto 4.000 botellas Grao: 14º Prezo: 13,50 €

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 27 |


TOP 5

ABRAIANTES O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

1

Á rica tapa! Casa Pepe.

Embutidos, olivas e ata unha torrada de mazá con

É pedir un viño

queixo e cebola caramelizada comímonos en Casa

e saír máis contento que unhas pascuas!

Pepe, onde podedes atopar infinidade de caldos diferentes!

Consello: Se vas cear, elixe algunha das súas tostas! #ricorico

2

3

Menú do día O Dezaseis. Sorprende cada día cunha proposta diferente e a bo prezo!

Por 12 euros tes a elexir entre dous primeiros e dous segundos. A nós gustounos especialmente o bacallau ao allo, que ademais de entrar polos ollos, estaba ben saboroso!

Consello: Se prefires carta, non deixes de pedir polbo. Está boísimo!

Xamón de dez

Bodeguilla de Santa Marta. Cortado e servido por todo un campión de España.

Sabías que o mellor cortador de xamón de España está en Santiago? Chámase José Manuel Míguez e, ademais, utiliza uns produtos de primeirísima calidade.

Consello: Proba tamén o resto de embutidos, especialidade da casa.

4

De almorzo

La Flor. Unha boa forma de empezar o día en pleno Casco Histórico.

Entre as distintas propostas, eleximos o almorzo Mediterráneo, con café ou infusión a escoller e un magnífico pan tumaca por 2,70 euros! #atafartar

Consello: Fíxate na decoración do local, cheo de detalles vintage.

5

E para rematar...

Nós probamos a mousse de chocolate

A Horta do Obradoiro.

con froitos vermellos e xeado de vainilla e

Ademais da carta,

vaia delicia! Bravo pola chef Vanesa Vera

as sobremesas sempre

que é a que se encarga das sobremesas.

son espectaculares.

Consello: Se hai sitio, escolle a mesa do invernadoiro! Un lugar único!


Patrocinada por:

A E•NDA VOLVE O CONCURSO SANTIAGO(E)TAPAS Cando? Do 12 ao 29 de novembro Onde? Diferentes bares e restaurantes composteláns O veterano concurso de tapas de Santiago que terá xa actividades desde o 6 de novembro coincidindo coa celebración de Cineuropa- regresa con novas e máis curtas rutas. Os locais

ESTREAMOS NOVA SALA CULTURAL: MALATESTA Cando? Desde o pasado 29 de outubro

participantes tratarán de convencer coas súas creacións a un xurado de profesionais e ao público que, unha vez máis, poderá votar polas súas propostas favoritas.

Onde? San Lourenzo, 51-53 Canto pagarás? Depende do espectáculo! Situado no mesmo local que durante anos ocupou a Sala Nasa, este novo proxecto cultural compostelán programa concertos, exposicións, obras de teatro, proxeccións audiovisuais...

CONCERTO DE RAPHAEL COA ORQUESTRA GAOS

REPRESENTACIÓN DE ‘EL TRIÁNGULO AZUL’ Cando? Domingo 15 novembro ás 20:00 h. Onde? Auditorio ABANCA

Cando? Sábado 14 de novembro ás 20:30 h.

Canto pagarás? 18 euros (patio butacas A,

Onde? Pazo de Congresos e Exposicións

anfiteatro 1) / 16 euros (patio butacas B) / 14 euros

Cando? Do 6 ao 28 de novembro

Canto pagarás? Desde 35 euros

(anfiteatro 2)

Onde? Distintas salas compostelás

A punto de cumplir 55 anos sobre os escenarios,

‘El triángulo azul’, do Centro Dramático Nacional,

XXIX CINEUROPA

Proxeccións, concertos e actividades complementarias forman parte do programa desta edición de Cineuropa - que podes consultar en pinchaediscos.com - e na que se premiará aos directores Arturo Ripstein e Miguel Gomes.

Raphael volve a sorprender presentando por primeira vez unha xira sinfónica. Acompañado pola Orquestra Gaos, poderemos velo versionando algúns dos seus éxitos como ‘Digan lo que digan’, ‘Qué sabe nadie’ ou ‘Mi gran noche’, entre outros.

é unha intriga angustiosa e un cabaré grotesco no recordo dun suboficial nazi que mira atrás para intentar explicar aos seus fillos o inexplicable: o exterminio organizado de millóns de seres humanos…

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 29 |


Patrocinada por:

A E•NDA GALA DE PRESENTACIÓN DA GÚIA MICHELÍN 2016 Cando? 25 de novembro Onde? Hostal dos Reis Católicos Máis de 400 persoeiros do mundo da cociña daranse cita en Santiago na gala de presentación da guía Michelin España e Portugal 2016 , convertindo á nosa cidade na capital da gastronomía

JOZEF VAN WISSEM E THE WELLGREEN, NO PLACERES OCULTOS

e epicentro da restauración de alto nivel.

Cando? 17 e 22 de novembro ás 20:30 h. Onde? Casa das Crechas e Pub Sónar Canto pagarás? 10 euros anticipada / 13 euros O ciclo Placeres Ocultos, de Desconcierto Cultural, continúa co holandés Jozef Van Wissem o día 17 na Casa Das Crechas e os escoceses The Wellgreen o domingo 22 no Pub Sónar, onde estarán acompañados polos valencianos Star Trip.

I ENCONTRO DE PERFORMANCE CUARTO PÚBLICO Onde? CGAC

REPRESENTACIÓN DA OBRA ‘AS DO PEIXE’

O Centro Galego de Arte Contemporánea

Cando? 9 e 10 de decembro ás 20:30 h.

converterase durante esta xornada nun escaparate

Onde? Teatro Principal

Cando? 20 e 27 de novembro ás 21:30 h.

único no que os e as artistas que participen terán a

Canto pagarás? 10 euros (7 euros anfiteatro)

Onde? Sala Capitol

oportunidade de dar a coñecer os seus últimos tra-

‘As do peixe’ é unha obra orixinal de Cándido Pazó

Canto pagarás? 12 euros (anticipada) / 15 euros

ballos. A convocatoria do evento servirá de preludio

que leva aos escenarios a compañía Abrapalabra

O gañador en 4 ocasións do galardón a mellor

da terceira edición da feira de arte contemporánea

Creacións Escénicas. Trátase dunha crónica das

batería do mundo, Cedric Burnside, e o trío

Cuarto Público –que se realizará en 2016.

mulleres traballadoras da conserva, baseada en

Cando? 28 de novembro

CEDRIC BURNSIDE E GUADALUPE PLATA, NO BLUES NITE BY 1906

de blues-rock de Úbeda, Guadalupe Plata,

testemuñas reais da vida nas fábricas a partir dos

protagonizan as últimas sesións deste ciclo.

anos setenta e contada desde o momento actual .

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015


Patrocinada por:

A E•NDA NADAL MÁXICO Cando? Sábado 19 decembro ás 19:00 Onde? Teatro Principal Canto pagarás? 5 euros / Bono Familiar (3 x 4): 3,75 euros Presentado polo Mago Antón, Nadal Máxico é un espectáculo creado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia estruturado en

CONCERTO ACÚSTICO DE ANDRÉS SUÁREZ Cando? 10 e 11 de decembro ás 21:30 h. Onde? Sala Capitol e Palacio de Congresos Canto pagarás? 15 euros (anticipada) / 20 euros

formato gala, con un presentador e catro magos profesionais en escena. O resultado é un show onde o público non terá acougo, de principio a fin. O mellor da maxia galega resumido en 75 minutos de maxia.

Dobre cita para ver en Compostela a Andrés Suárez, que está de xira percorrendo toda España. O cantautor galego presentará na nosa cidade o que é o seu sexto traballo, o disco titulado ‘Mi pequeña historia’.

MENÚS DO DÍA, UN ESPECTÁCULO RETRANQUEIRO

A SPIRITUAL TRIBUTE TO B.B. KING CON CHICAGO MASS CHOIR

OS MONICREQUES DE KUKAS Cando? 22 de decembro ás 19:00 h. Onde? Teatro Principal

Cando? 21 de decembro

Canto pagarás? 5 euros / Bono Familiar (3 x 4):

Onde? Auditorio de Galicia

3,75 euros

Cando? 15 e 16 de decembro ás 20:30 h.

Canto pagarás? Desde 20 euros

Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble parten

Onde? Teatro Principal

O Chicago Mass Choir, desde o respecto e a fide-

da versión musical para instrumentos de vento

Canto pagarás? 10 euros (7 euros anfiteatro)

lidade á tradición do gospel, presenta por primeira

da ópera de Mozart para crear unha obra a modo

Un experimento, un encontro, un formato novo

vez en Santiagode Compostela ‘A Spiritual Tribute

de retablo na que utilizan as marionetas de fíos e

onde dous consagrados humoristas, Luis Davila e

To B.B. King’, unha sentida homenaxe ao rei do

a música tocada en directo para representar as

Carlos Blanco, unen inxenios para dar unha volta

blues e lenda da música popular americana. Unha

escenas principais da ópera.

de torca ao monólogo humorístico.

cira imprescindible dentro da programación do Nadal 2015 que nos espera na nosa cidade.

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 31 |


Directorio

D   

Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

Onde Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela

+ info T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

Horario

+ info

Onde Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

T. 881 031 403

Horario Luns a sábado de 8:30 a peche Domingos pechado

Todos os días de 10:00 a 00:00

Casa de Comidas

Onde Onde

+ info T. 629 706 935

Rúa Pitelos 26 Santiago de Compostela

Praza de San Fiz de Solovio 4 Santiago de Compostela

+ info T. 981 582 637 clublaradiosdc@gmail.com

Horario

+ info

Onde Casas Reais 25 Santiago de Compostela

T. 981 556 344 www.quedamosenlaflor.com

Horario

After Work: Xoves e Venres de 19:00 a 23:00 Sesións Vermú: Sábados e Domingos de 12:00 a 19:00

L e M: 11:30 a 00:30 - Me e Xo: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 2:30 Domingos Pechado

Local onde poder gozar da familia, os amigos e os negocios nun ambiente relaxado e que, cun trato agradable e cercano, intentaremos facerte sentir parte da gran familia que somos.

Onde Onde Rúa Hortas 16 Santiago de Compostela

+ info T. 881 031 375 ahortadoobradoiro@gmail.com

Praza de Santo Agostiño 7 Santiago de Compostela

+ info T. 981 573 284 www.asucursal.es

Onde

+ info T. 981 566 607 www.bodeguilladesanroque.com

Onde Avenida Rosalía de Castro 24 Santiago de Compostela

Horario

Horario

Luns a sábado: 09:00 a 00:30 Domingo pechado

Luns a xoves: 13:00 a 00:30 Venres e sábado: 13:00 a 02:00

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Horario

Horario Martes a Sábado: 10:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00 Domingos só de mañá - Pechado Domingos tarde e Luns

Rúa San Lázaro 104 Santiago de Compostela

Onde

martes a xoves: 9:30 - 0:00 venres a sábado: 9:30 - 1:30 domingo: 9:30 - 0:00

+ info T. 986 57 12 26 www.argentinosburguer.com

+ info T. 881 973 917 www.laindustrialbar.com

mansorestaurante.com


o Almacen MESÓN - PARRILLADA

Onde

+ info T. 981 573 789

Rúa de San Pedro 28 Santiago de Compostela

www.oafiador.com

Onde

+ info T. 981 530 393

Sarela de Abaixo 22 Santiago de Compostela

Onde

+ info

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela

T. 981 577 633 www.dezaseis.com

Horario

Horario

Horario

Luns a domingo: 12:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00

Martes a Sábado: 11:00 a 00:00 - Domingos só de mañá Pechado Domingos tarde e Luns

De luns a sábado de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00

O Ferro Onde

+ info

Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

Pedra Santa Restaurante

De luns a sábado de 07:30 a 00:00 horas

Martes a Domingo de 10:00 a 00:00

RUA N

Rúa da Algalia de Abaixo 33 Santiago de Compostela

Costa de San Marcos 18-20 (Ctra. Aeropuerto) Santiago de Compostela

Horario

Horario

+ info

Onde

Onde + info T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com

T. 981 589 878 www.resas.es

Horario De luns a sábado Domingos de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00 de 13:00 a 16:00

VA

Bar Restaurante

CASA DE XANTAR Onde

Onde Rúa Nova 36 Santiago de Compostela

+ info T. 981 566 980

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

+ info T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

Onde Cardenal Payá 18 Santiago de Compostela

+ info

Horario

Horario

T. 981 562 499 silveira.casadexantar@gmail.com

De luns a sábado de 09:00 a 00:00

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 01:00

Barreir frutas Onde Praza de Abastos 56-57 Santiago de Compostela

Horario De luns a sábado de 06:30 a 15:00

Onde + info T. 981 583 550

Vilar de Calo, 9 Teo - A Coruña

+ info T. 981 530 534 frutasbarreiro@terra.com

Onde

+ info

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela

T. 981 552 352 obradoiro@pandamoa.com

www.pandamoa.com

Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015 | 33 |


TEN QUE HABER DE TODO

ARTE POP PARA COMER Algo de hidratos de carbono – arroz normalmente -, proteínas en forma de carne ou peixe e froitas e verduras. Todo iso é o que inclúen as racións de comida preparada para levar que son tradición na gastronomía xaponesa e reciben o nome de bento. Pero ademais, a última moda é transformalos en obras de arte pop creando con todos estes ingredientes figuras como bonecos, animaliños e todo tipo de fantasías. A que dá pena comelos?

CAVIAR DE ALBARIÑO Seguro que na túa vida tes probado un Albariño en máis dunha ocasión. Pero sabías que tamén hai caviar feito con este viño? Elabórao a empresa Galicia Rural Alimenta a partir do seu caldo Celeirós de Barcela, a través dun complexo proceso de esferificación. Este caviar está composto por pequenas esferas recheas de viño albariño que explotan no noso padal inundándoo de aromas e sabores. E con que acompáñalo? A pescada e o queixo de tetilla tradicional son dous dos produtos que van moi ben con este innovador manxar.

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 5 | 2015

POR SE ODIAS A ALGUÉN… Queres mandar á merda a alguén e non sabes como? A ilustradora Killien Huynh poncho fácil. Ten toda unha liña de postais con mensaxes como ‘Engordaches’, ‘Es estúpido’ ou ‘Ninguén te quere’, acompañados dun bonito debuxo de diferentes animais con motivos infantís – supoñemos que para que o insulto non resulte tan duro! ;) -. Estas postais tan singulares están á venda en Internet por uns prezos que rondan entre os 15 e os 25 dólares.

CHEFS ‘ECOLÓXICOS’ Os chamados Eco Chef son aqueles cociñeiros concenciados co consumo e a elaboración de produtos ecolóxicos. O concepto xa se ven usando desde hai uns anos pero cada vez son máis os profesionais que se apuntan a esta tendencia. Defensores da biocociña, normalmente evitan os alimentos de desenvolvemento industrial e os fertilizantes químicos, apostando por ter as súas propias hortas ou incluso granxas. Eco Chef España é a asociación que asesora a empresarios e particulares. Podes atopalos en Facebook.


El poder espontรกneo de las buenas ideas

RSM COMUNICACIร“N | PUBLICIDAD | MEDIOS ONLINE

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM


Pincha(e)Discos Número 5  

Revista sobre gastronomía e cultura da comarca compostelá. Neste número analizamos como se enfrontan os hostaleiros ao desafío de Internet e...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you