Page 1

Pincha(e)Discos Nº 9 | xullo-agosto 2016

MÁIS ALÓ DO PRATO Descubrimos o que esconden a Cidade da Cultura, as cociñas do Hostal dos Reis Católicos e o actor Luis Zahera


P. 10 P. 14

P. 18 P. 21 P. 22 P. 25

P. 26 P. 28 P. 29

P. 32 P. 34


Crusat & Costas Dúas copas de viño, con cal quedas?

páxina 6

Onde comer con

Oido cociña

Luís zahera

Hostal dos Reis Católicos

páxina 8

páxina 12

reportaxe

#atafartar

Cidade da Cultura de Galicia

Tapería Castelao

páxina 16

páxina 20 5 e acción Cine e fame

Ten que haber de todo!

páxina 22

páxina 24 Entre Bambolinas Iria Estévez

TOP 5

ABRAIANTES

páxina 26

páxina 29

Directorio páxina 30

... continúa en

pinchaediscos.com

A E•NDA páxina 32 Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 3 |


Foto: Suso Rivas

EDITA: Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Suso Rivas Colaboradores neste número: Lorena Costas, José Crusat, Cineclube Compostela, @JuanEATo_ e Xiana Lastra.

Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

EDITORIAL Grandes saltos Na vida hai que saltar. Superar os obstáculos cando as cousas están difíciles. Pasar de páxina cando toca mellorar. Tirarse ao vacío cando tes a meta cerca e hai que arriscar. E saltar ao descoñecido para non perderse o que tes diante de ti. Pasa coa Cidade da Cultura de Galicia. Miramos para ela e só vemos os millóns invertidos, as polémicas, as obras. Pero detrás de todo iso hai moita xente traballando para ofrecernos unha actividade lúdica e cultural da que vos informamos no interior destas páxinas. En plena Cidade Vella temos outro gran descoñecido. Parece mentira que tanto se fale do Hostal dos Reis Católicos e todos saibamos tan pouco del e da súa historia. Nesta revista, abordámolo desde o punto de vista da cociña. E é que, como sabedes, nós sempre andamos pensando en encher o bandullo! :) E que pasa cos actores? Amosan ao mundo uns personaxes a través da pantalla ou nos escenarios pero pode que na súa vida non teñan nada que ver. Ou si! Neste caso, tratamos de descubrilo cun dos nosos secundarios de máis éxito, o compostelán Luis Zahera. O número 9 de Pincha(e)Discos traévos todo isto, ademais das seccións habituais, e a nova revista ‘CompHostelería’, que a partir de agora repartirase conxuntamente. Agradecemos a confianza da Asociación Hostelería Compostela e esperamos que sexa positivo para un sector clave para a nosa cidade.


Crusat & Costas

Dúas copas de viño... con cal quedas?

Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog

Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog

Del Comercio y del Bebercio | http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Bake my Day |

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

SÍLICE 2014: Sen medo ás alturas @lorena_costas Gústannos os pequenos proxectos que se tornan grandes por moitos motivos; velaí o exemplo de Sílice Viticultores. En 2013, tres amigos deciden asociarse para facernos partícipes da súa paixón: O Viño. Juan e Carlos Rodríguez (irmáns) buscan converter o seu soño en realidade, retomar a tradición vinícola da familia Rodríguez na Ribeira Sacra, concretamente en Sober. Apostan por elaboracións tradicionais e máximo respecto ao viñedo e os traballos de campo son particularmente manuais (de que outro modo se podería traballar nesa verticalidade que presentan as parcelas que compoñen o proxecto?) Sen dúbida ese soño non podería levarse a cabo sen a asesoría técnica e os coñecementos do enólogo Fredi Torres, o terceiro piar deste proxecto. Aporta a harmonía e o equilibrio necesario, a sabedoría e o bo facer neste pedaciño de mundo miniparcelario que é a Ribeira Sacra, onde a expresividade dos solos graníticos e pizarrosos destaca por enriba de todo. E así é Sílice: un conxunto de pequenas viñas (pertencentes a moitos pequenos e xóvenes produtores) situadas na zona de Amandi, epicentro da paisaxe máis impactante dos Canóns do Sil. Ademais traballan fóra da D.O. Ribeira Sacra; un exemplo máis de que a tipicidade dunha determinada zona non precisa de certificacións oficiais para ser apreciada.

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

Viñedos de Sílice Viticultores na Ribeira Sacra. Foto: Cedida por Sílice Viticultores.

FICHA Sílice 2014 de Sílice Viticultores D.O. Ribeira Sacra 80% Mencía, 20% Alvarello, Merenzao, Garnacha Tintureira e uva branca Grao: 12,5º Prezo: 12,9 €


Traballo case de orfebres, selección meticulosa da uva, vendimia nalgúns casos por separado, para os seus viños de parcela, que estou desexando probar, prensado manual, levaduras autóctonas, viños “imperfectos” sen filtrar nin correxir… Todo iso conforma Sílice. Todo iso se aprecia neste 2014 fermentado 9 meses sobre lías en foudre de 5200l. con parte de raspón, onde a Mencía predomina, pero onde tamén hai Alvarello (Brancellao), Garnacha, Merenzao e algo de uva branca. Un viño cheo de autenticidade e carácter (con pedigrí aínda que sexa sen D.O), fino pero tamén rústico, fresco, froitas vermellas verdes, notas vexetais e de cacao ao final, e por riba de todo, expresividade do solo do que procede, area mollada, granito. Un padal gustoso que pide máis, que se deixa beber e, por suposto, tamén comer. Estoume lembrando dun tataki de vaca galega que lle quedaría de perlas…

Hotel Terraza

Seguindo o seu propio camiño @choumimx Proxecto persoal dos irmáns Juan e Carlos Rodríguez que trata de retomala tradición vinícola familiar en Sober, para elo se xuntan co enólogo Fredi Torres e deciden lanzarse as elaboracións propias co seu pensar e forma de facer, sen imposicións. Por isto mesmo e tras ser rexeitado o seu primeiro viño pola DO Ribeira Sacra, deciden seguir o seu camiño, facendo o seu viño e apostan por quedarse fóra da DO, e facer un viño respectando o máximo a uva tanto no campo coma na adega. Traballan varias parcelas pequenas, moitas delas imposibles de traballar se non é a man, onde as pendentes desafían o mareo. Chans de granito, recuperados a base de laboreo manual, fertilizantes orgánicos, eliminación de herbicidas e baixos rendementos onde se busca máis a calidade que a cantidade. Na adega trabállase o viño en madeira usada nun foudre de 5200 litro e un par de barricas para as elaboracións especiais. Empregan para os seus viños todas a uvas que saen das parcelas, principalmente a mencía, alvarello, garnacha tintureira, merenzao e brancellao (todas elas castes tintas) pero tamén entran algunhas brancas de godello. Todas elas videiras antigas que quedaban abandonadas pola dificultade do traballo das parcelas. Na adega seguen esas mesmas premisas de pouca intervención, non se usan levedos artificiais nin clarificados nin filtrados, sulfuroso o imprescindible.

Costa Vella costavella.com

O viño ten unha capa media-baixa color picota de extracción suave, e unha lixeira turbidez. No nariz moita froita vermella, mineralidade, monte baixo, violetas, e lixeiros afumados. Na boca é un viño de frescura intensa, froitas vermellas ácidas, persistencia media. Pois para gozar deste viño si se quere comer algo (non é necesario) estou pensando nun bo peixe ao forno cos seu chícharos, patacas e pementón nunha salsa espesiña, un peixe de rocha de carne firme coma o sanmartiño ou un sargo.

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 7 |


LUIS ZAHERA, ACTOR

“SE TIVERA QUE VIVIR NUN ASCENSOR, FARÍAO. XA Por Rebeca Munín

ONDE COMER CON

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016


A ME BUSCARÍA A VIDA!”

P

“Eu pídolle a todo Dios sopa. Que che fago de comer? Sopa. Fascíname a sopa”

ara moitos é Petróleo, o taberneiro da mítica serie galega ‘Mareas Vivas’. Para os maiores, o carteiro Anselmo, de Luar. Os mozos veno como ‘El Pertur’ de ‘Sin tetas no hay paraíso’ ou o ‘yonki’ da película Celda 211. Pero quen é a persoa que deu vida a todos estes personaxes? Se din que somos o que comemos, Luis Zahera está feito de sopa e ostras. E moi boas debían de ser as que tomou de pequeno para xuntar nun só home tanto talento. Nesta entrevista comemos co actor compostelán no Resas e aproveitamos para quitarlle a careta.

Así que es un fan da sopa… por que? Porque me rechiflaba a sopa que me facía miña nai! Gustábame tanto a sopa que todos os domingos, despois de misa, íamos toda a familia a O Gato Negro (restaurante compostelán) e a min facíanme un pouco de sopa. Das cousas que máis me gustaban do mundo cando era rapaz era ler Mafalda e non entendía que non lle gustara a sopa! Eu sempre dicía: Que queres comer? Sopa. 15 de agosto. Sopa. Sopa de fideos, sopa de letras, sopa de pan… Sopa! Eu pídolle a todo Dios sopa. Que che fago de comer? Sopa. Fascíname a sopa.

Tamén es fan das ostras... Si, porque era o que máis lle gustaba á miña nai. Veraneabamos na Illa de Arousa, tomabamos un lote de navallas, mexillóns… pero o que máis me flipaba eran as ostras. E mira que antes había moita paranoia con elas! Pero a min nunca me sentaba mal aquelo. E ti cociñas? Non, nada! Nin sopa! (Ri) Sempre como fóra. E vou variando. Agora levo un tempo indo a un peruano que me recomendaron en Madrid. Ás veces vou a un chino, a un xaponés… Porque agora andas traballando moito por Madrid, pero sen deixar de todo Galicia. Vémoste, por exemplo, no programa Luar. Si, arranquei para Madrid a raíz do desmoronamento de todo en 2008. Empecei a meter cabeza no teatro e funno conseguindo. Como as cousas están complicadas e podo traballar nas dúas linguas, nunha cidade de 4 millóns de habitantes e unha oferta cultural máis ampla… hai que aproveitalo. Pero seguirás entón no Luar? Si! Mentras viva Gayoso! (Ri) No Luar levo 23 anos. Son un funcionario do Estado de Luar. Son xa familia! Os teus inicios foron tamén en teatro, en Santiago. Si, empecei co Grupo de Teatro de Cámara Ditea. Meteume o finado de Xosé Manuel Olveira ‘Pico’. Eu tiña vinte poucos anos e coñecía a Quico Cadaval. Díxome que Pico coñecía a Agustín Magán, que era o que montou Ditea no 1962. E moi ben! Don Agustín era un tipo cunha sabiduría! Quico Cadaval, Roberto Vidal Bolaño, Agustín Magán… estaba con xente impresionante.

Luis Zahera no Resas. Foto: Suso Rivas Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 9 |


“Quixen ser actor desde o 14 de febreiro de 1982, cando miña irmá Ángeles me levou ao teatro”

ONDE COMER CON

Luis Zahera probou un dos pratos do compostelán Resas. Foto: Suso Rivas

E tanto! Que queda daquel rapaz? Home é que o noso é lúdico, de xogar… e queda bastante lóxicamente. É un traballo moi divertido. Viaxas, coñeces un lote de xente, disfrázaste… É unha marabilla. Sempre quixeches ser actor? Si. Gustábame moito. E sei o día exacto que decidín ser actor. Eu son o menor de cinco irmáns e un día a miña irmá Ángeles levoume ao teatro e quedei impresionado. Foi o 14 de febreiro de 1982. Recórdoo porque teño o programa. Vimos ‘Angélica en el umbral del cielo’ do grupo Zascandil. Facendo balance da túa carreira, ti mesmo dicías nun monólogo que sempre estás a facer de “chungo”. Sen queixa? Como di o outro, o problema non é que te ‘encasillen’, o problema é non traballar. Pero si, ou fago comedia ou fago terribles. E case sempre como un gran secundario. Botas en falta máis papeis protagonistas? Non… home si que evidentemente tiven o meu momento que quixen facer Hamlet, pero agora xa son moi maior! (Risos). Estou moi a gusto con secundarios. Se algunha vez se producira un protagonista pois estaría encantado. Pero hai que saber onde se está. Son un secundario e perfecto. O importante é

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

manterse nisto. Ao mellor debería selo máis, pero non son un tipo especialmente ambicioso. Pois para non ser ambicioso a túa carreira está chea de series de televisión de éxito, películas, teatro… A primeira foi a galega ‘Mareas Vivas’, un trampolín de onde saíchedes xente como Luis Tosar, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Camila Bossa… Si, é destas cousas que ocorren! Antón Reixa (director da serie) montou aquelo e foi todo un fenómeno. E se o outro morreu como Chanquete, eu morrerei como Petróleo. Aínda cho recorda a xente? Si! Tamén fai moito ‘chiste’ o ‘yonqui’ de Celda 211 e o Pertur de ‘Sin tetas no hay paraíso’. Aínda fixen agora unha foto cuns peregrinos que estaban entusiasmados con Pertur. Sin Tetas petouno! Eu flipo. En Galicia recórdanme máis por Petróleo e a xente moi maior por Anselmo, o carteiro de Luar. (Sorrí). Como ves hoxe a situación do audiovisual? Pois mira hai un tempo lin nun editorial de El País que non é unha época de cambios, é un cambio de época. E creo que iso pasa en todo. Cando eu arranquei nos 90 non había este volume tan grande de produción. Ademais hai estas canles como Netflix, todo rollo americano, o consumo mudou, xa non


é por televisión, é por ordenador… Agora hai como un exceso de produto, non se coidan, hai unha inmediatez… Grabas unha serie en 40 días. Hai precaridade. É terrible. Antes non era así. Antes se apostaba máis polos proxectos. Era máis fácil manterse. Hai un tempo pasoume unha cousa que me impresionou. Estaba rodando unha TVMovie, ‘El Padre de Caín’, con de Quim Gutiérrez, e traballei cun rapaz catalán de vinte e poucos anos. Un día volvendo do traballo díxome: “Zahera, pódoche facer unha pregunta?” E eu: “Si, naturalmente”. E díxome: “Ti chegaches a coñecer os bos tempos”. Aí dinme de conta de que efectivamente houbo un momento en que ti vivías disto, había éxito… Pero agora como entras na industria? Eu porque aos meus 50 anos xa teño un percorrido. Pero podes elexir? Non! Non son unha persoa que teña guións na mesa. Agora mesmo teño unha proposta de teatro para 2017 pero non sei se irá adiante, teño unha proposta para unha peli… Pero é moito fume. Son cousas que logo poden quedar polo camiño.

En outono estreas ‘Que Dios nos perdone’, de Rodrigo Sorogoyen, que papel fas? É unha peli moi interesante. De xénero policíaco. Ambiéntase cando veu o Papa e aparece un asasino en serie que viola e asasina anciás. Hai catro policías que levan ese caso e eu son un deles. E os catro lévanse fatal. Foi o que me chamou atención do guión. Os protas son Antonio de la Torre e Roberto Álamo e despois estamos Raúl Prieto e un servidor.

Haberá que vela! E botas moito de menos Compostela cando non estás? Eu non son de botar de menos. Creo na adaptabilidade. Se tivera que vivir nun ascensor, faríao. Xa me buscaría a vida! “Non boto en (risos) Se estou en Madrid, estou a gusto. En Compostela tamén. E onde estou agora falta máis papeis a maioría do tempo é na casa familiar da protagonistas. Illa de Arousa. De Santiago cando veño sorpréndome de canto ‘guiri’ hai! Cando eu O importante é era pequeno era outra cousa. E chove máis! manterse nisto” Antes chovía miudiño! Agora chove la vida de Dios!

“O hotel ou restaurante que non está en Internet ou nas redes sociais non está no mercado”


Alí onde den ben de comer, deixarase caer Pincha!

Do bisturí ao coitelo Por Cristina Márquez

José Gómez, xefe de cociña do Hostal dos Reis Católicos, amósanos os segredos dos restaurantes do Parador compostelán

A

chegueime ao Hostal dos Reis Católicos, en plena Praza do Obradoiro, con certo respecto polas súas luxosas características. Non en balde, é un hotel de 5 estrelas gran luxo que ocupa un edificio emblemático da cidade. Naceu como Hospital Real no 1501 para acoller aos peregrinos que remataban o Camiño. Este Parador Museo é considerado o hotel máis antiguo do mundo. A miña intención era coñecer a fondo as súas tres cociñas: a Dos Reis, o Enxebre e a de banquetes. Para iso citeime co chef José Gómez. Despois de pasar por diferentes Paradores repartidos pola xeografía española, asentouse fai xa seis anos en Compostela. Neste tempo puido darlle de comer a personalidades tan dispares como os Reis Felipe e Letizia, a presidenta de Alemaña, Ángela Merkel, e o cantante Enrique Iglesias. Iso ademais de todos os turistas (o 65% deles estranxeiros) que non deixan escapar a oportunidade de gozar deste espazo histórico.

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

Pero a gran materia pendente do Parador é a clientela compostelá, remisa en moitas ocasións a comer nun restaurante que temen sexa moi caro. “Que pena, non? Ese é un tema que penso non vai cambiar. Se miramos a carta de Os Reis o de maior prezo son os peixes da ría, que son dunha calidade boísima e son caros. Pero non máis que fóra do Hostal. Que dea ese respecto entrar? Si, enténdoo. Pero a ninguén lle vai acabar coa carteira! E no Enxebre os prezos son moi asequibles”, asegura Gómez. No depósito de cadáveres Gómez preparou para min unha robaliza con cogomelos, un prato sen enmascarar. “Eu penso que a boa cociña non é só a moderna. É a de sempre. A cociña ben feita, natural, sen tanta graxa. Iso de botar moitas salsas aos pratos… Penso que se partimos dun bo produto non hai que tapalos”, opina. Fíxoo para min entre os fogóns onde habitualmente traballan 25 persoas, 17 delas cociñeiros. “Ter un bo cadro de persoal é moi importante.


As cociñas do Hostal contan cun cadro de persoal de 25 traballadores, 17 deles cociñeiros

José Gómez rematando o prato de robaliza con cogomelos. Foto: Suso Rivas Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 13 |


O restaurante Enxebre albergaba as autopsias e o comedor Dos Reis era un depósito de cadáveres

Eu aquí só non fago nada se non teño un bo equipo que me apoie”, sostén o chef. Esperei por el no comedor Dos Reis, unha estancia ampla pero moi acolledora, coas características propias dun hotel de gran luxo. Pero o que máis me sorprendeu foi o que me contou José sobre as súas orixes. Estabamos no antigo depósito dos cadáveres do Hospital Real. Sentín un arreguizo! Resulta que alí era a onde ían os mortos tras facerlles a autopsia no que agora é o restaurante Enxebre. E despois levábanos nas carruaxes pola que hoxe en día é a rúa Carretas (de aí o seu nome). “É incrible que a xente

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

de Santiago non coñeza a historia do Hostal”, comentoume José invitando a Pincha(e)Discos a facer un percorrido polo Parador para unha próxima reportaxe. Retomando o tema das cociñas, e xa co prato da robaliza preparado, o chef explicoume a diferenza entre a oferta dos seus restaurantes. “A do Enxebre é máis galega, máis caseira. Nel non se poñen os pratos individuais coma na Dos Reis. Póñense as cazolas no centro das mesas como faríamos nas nosas casas. Dos Reis é unha cociña máis elaborada, cuns produtos diferentes. Pero nas dúas cociñas partimos da calidade”, asegura.

O comedor Dos Reis, antigamente depósito de cadáveres. Foto: Suso Rivas


En canto ás cartas, hai unha serie de pilares que nunca varían: “Como o caldo galego. É incrible cantas veces se pide!”, destaca Gómez. Os pratos vanse cambiando tamén en función dos produtos de tempada e “cando un prato non funciona quitámolo e poñemos outro. É a mellor forma de manter unha carta”. Teñen tamén moito éxito as súas sobremesas porque as eleboran eles mesmos. Os máis demandados son a tarta de Santiago, as filloas con mazá caramelizada, o xeado de queixo natural e a tarta de castañas. Así que, se aínda non coñeces as cociñas do Hostal dos Reis Católicos, un consello: non te dediques só a comer. A historia do Parador paga a pena.

A oferta do Enxebre é máis tradicional e asequible, mentras que a Dos Reis é máis elaborada

Hospital ata mediados do século XX Os Reis Católicos mandaron levantar o edificio do Hostal na súa visita a Santiago a finais do século XV para funcionar como hospital e albergue de peregrinos. Este Hospital Real chegou a contar con hortas, granxas, botica, enfermerías, panadería, adega, caballerizas, mortuorio e cemiterio. Era totalmente autosuficiente. Foi no ano 1952 cando se redactou o proxecto para transformalo nun hotel.

www.resas.es


O Parque da Balea, unha das novas propostas da Cidade da Cultura. Foto: Suso Rivas

Obxectivo Gaiás:

reportaxe

No 2015 visitaron a Cidade de Cultura preto de 500.000 persoas, o que supón un 45% máis que en 2011 cando abriu as súas portas

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016


superando as distancias A Cidade da Cultura de Galicia segue aumentando o número de visitantes cunha programación cultural dirixida a todos os públicos pero todavía non logrou conquistar a todos os composteláns Por Rebeca Munín e Cristina Márquez

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 17 |


reportaxe

C

antas veces subiches ao Monte Gaiás? Visitaches algunha das exposicións da Cidade da Cultura? Gozaches dalgún dos seus concertos co ceo como único teito? A obra de Peter Eisenman é faraónica. Certo é. E todavía hai moitos composteláns que non a sinten como súa. Pero é unha distancia “máis mental que física e de tempo”, apunta a súa directora de Acción Cultural, María Pereira. Seremos quen de superala?

No 2015 visitaron a Cidade de Cultura de Galicia un total de 479.418 persoas, unha cifra récord que supón un 45% máis que en 2011 cando abriu as súas portas. Desde entón, xa son máis de 2 millóns os que subiron ao complexo do Gaiás. Pero aínda hai moitas barreiras que superar. “ O primeiro de todo é que os santiagueses se sintan partícipes dun espazo que é seu, de Compostela”, opina María Pereira. Para iso, xa se comezaron a dar algúns pasos como a posta en funcionamento das rutas peonís do Bosque de Galicia. Pero máis que físico, o escollo a derribar é mental. “A conexión coa cidade non é soamentes a nivel de accesibilidade, senón tamén a nivel de traballar conxuntamente coas institucións como o Concello, o CGAC, o Consello da Cultura Galega…”, asegura a directora de Acción Cultural. A construción da Cidade da Cultura iniciouse no 2001 pero aínda que a idea orixinal era ben distinta, os costes disparáronse (invertindo máis de 300 millóns de euros), os traballos alongáronse durante anos e finalmente, debido á crise económica, decidiuse paralizar dous dos seis edificios previstos: o Teatro da Música e o Centro de Arte Internacional. Hoxe en día, despois dunha humanización e acondicionamento da zona, os andamios continúan presentes por mantemento. “A primeira impresión

| 18 | Pincha(e)Discos Nº Nº89| |2016 2016

que levamos ao vir aquí é de extrañeza. É algo que te abraia. A palabra máis repetida polos estranxeiros é amazing. Non hai dúbida de que é unha grandísima obra arquitectónica pero os humanos tendemos a completar as cousas e o feito de que o complexo continúe en obras non axuda”, opina María.

Atraer a máis público A pesar do importante crecemento, a loita dos responsables da Cidade da Cultura segue sendo a de atraer a un maior número de público. Como? Cun contido atractivo. Tres son as áreas de traballo: tecnoloxía, emprendemento e cultura. Para esta última, só en 2016, están programadas unhas 200 actividades que inclúen exposicións, concertos, escena, accións vinculadas coas letras e o pensamento… Segundo as estatísticas internas, o 60% dos visitantes son galegos, o 20% do resto de España e o 20% restante son estranxeiros. Ata o de agora, as actividades con máis éxito foron exposicións como ‘Camiño. A orixe’ (30.263 visitantes) ou ‘Jose Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ (15. .787) e eventos xa consolidados como Cidade Imaxinaria (9.800), dirixida a público familiar e que celebrará a súa sexta edición o vindeiro 20 de agosto. Outro programa exitoso é o de Atardecer no Gaiás (9.280 asistentes) que volverá este ano á praza central da Cidade da Cultura do 7 de xullo ao 27 de agosto. Coma sempre, serán concertos gratuítos en pequeno formato a partir das 21:00 horas os xoves, venres e sábados. Entre outros, poderemos escoitar a McEnroe, Novedades Carmiña, Alondra Bentley, The Soul Jacket, Marc Johnson, Os amigos dos músicos o Mucho. A novidade deste ano é que haberá catro pases de cine ao aire libre con sesión dj.

En 2016 están programadas 200 actividades culturais que inclúen exposicións, concertos, escena e accións vinculadas coas letras e o pensamento

Outras actividades que están programadas para este verán son os obradoiros de creatividade para nenos de 7 a 11 anos ‘Deseños minúsculos, valores maiúsculos’ que se organizarán todos os martes de xullo. Os mércores, tanto de xullo como de agosto, poderase asistir ás Visitas Nocturnas e os xoves realizar as rutas da USC Deportiva ‘Camiño ao Gaiás’. Os venres será o turno das visitas astronómicas para contemplar o ceo dan man do


Observatorio Astronómico Ramón María Aller. En canto ás exposicións, poderanse visitar as de ‘Rostros do país’, de Xurxo Lobato; ‘Quefaceres e equilibrio’ da artista Sonia Navarro; ou a mostra de moda ‘Con fío en Galicia’. Xa finalizando a estación, do 28 de agosto ao 1 de setembro, terá lugar o VI Encontro de Artistas Novos.

Pero máis aló da oferta cultural, preguntámoslle a María Pereira por que é unha boa alternativa o Gaiás para pasar algunha xornada destes meses. E a resposta foi clara: “Por coñecer un espazo arquitectónico singular, por facer deporte, para pasar aquí o día enteiro comendo na Cantina ou nos espazos exteriores traendo a comida ou simplemente para pasear xa paga a pena! O ideal é coñecer e atreverse tamén a deixarse levar pola proposta do propio espazo e o que nós ofrecemos”.

HUMANIZANDO A CIDADE DA CULTURA Nos últimos meses a Cidade da Cultura sufriu unha transformación nos seus espazos abertos. Para humanizar as zonas en obras trala paralización da construción dos dous edificios que restaban no proxecto de Peter Einsman, decidiuse crear un Xardín Literario, cunha lagoa e un espazo verde dedicado aos escritores e poetas galegos, así como dúas áreas de lecer: o Parque da Balea, un espazo de xogo e descanso que homenaxea a un dos grandes artistas plásticos galegos, Urbano Lugrís; e un parque preto das Torres Hejduk con columpios de formas abstractas para estimular a creatividade dos cativos.

Foto: Suso Rivas

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 19 |


,

#atafartar

PULPO CON PIPAS EN TAPERIA CASTELAO O pasado mes de abril cumpríronse 8 anos desde que os boirenses Manuel Oliveira e Jorge Silva decidiran abrir no Ensanche compostelán a Tapería Castelao. “Encántanos a zona. Nós chamámoslle un pobo con semáforos. Coñecémonos case todos. Non traballamos con ese turista que hoxe está e mañá marcha. Gústanos o trato coa xente, a fidelidade do cliente…”, explican. E é precisamente ese cliente leal o que marca a carta do restaurante. “Cambiámola dúas veces ao ano pero hai propostas que son inamovibles porque sempre as piden”, sinalan. É o caso do pulpo con pipas que probou o noso colaborador @JuanEAT_o: “A todos nos gusta moito o pulpo pero queríamos facer algo distinto, darlle unha gracia pero sen variar o seu sabor”.

Por @JuanEAT_o

Porque a cociña desta tapería é tradicional, feita con produtos de calidade galegos pero “cun toque de simpatía”. “A nosa filosofía é non mentir, é dicir, chamarlle ás cousas polo seu nome e poñerlle o seu prezo”, aseguran. E por que Castelao? “Porque nós non temos a capacidade de defensa de Galicia que tiña el, pero si que intentamos que a xente o recorde”. Por iso, se ides a este establecemento botállede un ollo ás paredes, cubertas con viñetas do célebre escritor e debuxante. E se podedes, pedide un dos seus libros, que entre garfos, coitelos e pratos tamén os podedes atopar.

Foto: Suso Rivas | 20 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016


@JuanEAT_o no momento da proba do prato estrela na Tapería Castelao. Foto: Suso Rivas

Desta volta achegueime coas rapazas de Pincha(e)Discos ata o centro da cidade. Concretamente á Tapería Castelao. O prato que ía probar era pulpo con pipas. A verdade é que xa ía con ganas porque o pulpo gústame e as pipas nin vos conto! Fanático total! Tomo unha bolsa ao día!

A TER EN CONTA FICHA Lugar: Tapería Castelao Rúa Nova de Abaixo, 7. Santiago de Compostela Prato: Pulpo con pipas Prezo: 9,50 e Valoración: 

O prato consta de pulpo á grella con base de guacamole, pipas de cabaza e unha allada por riba que lle dá un sabor moi da casa. Ao principio pareceume un pouco raro pero recoñezo que a mestura gustoume moito. Estiven a buscar algo que criticar pero teño que dicir que estaba todo moi rico. O pulpo estaba ben feito, saboroso e tenro. Ao facelo así podes cometer o erro de pasarte e que quede moi seco e duro, pero non era o caso. Sorprendeume moitisimo o sabor do guacamole. É unha receita feita por eles, o cal dálle un toque se cabe máis persoal ao prato. Penso que usar un comprado sería un risco xa que non todo o mundo toma este tipo de salsas picantes. Pero o do Castelao ten un toque suave, feito para todos os padais. Por outro lado, as pipas danlle un toque divertido. Se vos gustan tanto como a min, non quedará nin unha no prato! En definitiva, o pulpo con pipas da Tapería Castelao é unha boa elección se es afeccionado a este molusco tan galego. Iso si, acompañado dun segundo ou incluso un terceiro, se sodes de papar coma min! Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 21 |


e accion 

por Cineclube de Compostela |cineclubedecompostela.blogaliza.org|

CINE E FAME: La Ricotta de Pasolini

D

esde o Cineclube de Compostela inauguramos sección en Pincha(e)Discos con esta primeira achega. Pensamos se tería xeito facer reseñas de filmes con especial interese gastronómico (e as posibilidades eran moitas), pero en todo caso, velaquí o noso debut: imos falar sobre a fame.

Diso trata o filme que traemos, La Ricotta, de Pier Paolo Pasolini. Amais de utilizar a súa xenial primeira secuencia de baile para publicitar a nosa festa de aniversario do 2014, con esta mediametraxe e tres máis do mesmo autor inauguramos a tempada 2014-2015. Indo ao allo: La Ricotta (1963) é o segundo episodio do filme RoGoPaG (Rossellini, Godard, Pasolini e Gregoreti), co guión escrito despois de Mamma Roma e xa co Evanxeo segundo San Mateo na cabeza do cineasta. Neste exercicio pre-Evanxeo, Pasolini acaba por elaborar un ensaio sobre o propio cine, a fama, a fame, e desde logo, a relixión. Pinta un cadro (ás veces literalmente, emulando nalgunhas escenas, as únicas a cor, certos cadros relixiosos) sobre a miseria na Italia do seu tempo. O pobre esfameado do Stracci, que interpreta ao bo ladrón na Paixón de Cristo que se filma neste exercicio metacinematográfico, fai de todo por alimentar a súa familia e a si mesmo. Voraz e pillabán, pecha un círculo de inxustiza cando consegue mercar o desexado requeixo despois de venderlle a un xornalista, lacaio do poder, o canciño mimado da diva do filme, que amais de alimentarse con caviar mentres os figurantes pasan fame, aínda lle roubara o xantar a Stracci.

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016


e accion 

O que vemos, como tantas outras veces adoita retratar Pasolini, son personaxes escravos das condicións materiais da súa existencia, e con todo non hai maniqueísmo. Como un xenial trasunto de si mesmo, o director de cine interpretado por Orson Welles, respóndelle a un xornalista que a sociedade italiana é “o pobo máis analfabeto, a burguesía máis ignorante de Europa”, ou que, como marxista, a morte é un feito que non ten en conta. Un xornalista que reproduce o discurso dun xornal, cuxo dono é tamén o produtor do filme (é tamén el un instrumento de produción). Xente que morre coa fame. Explica Miguel Ángel Barroso en Pier Paolo Pasolini. La brutalidad de la coherencia, esta interesante tríada: o director, o intelectual quen de analizar os dous mundos; o xornalista, a monstruosa e perigosa clase media “conformista, clasista, racista, escravista”;

e Stracci, o bufón a cámara rápida, o figurante esfameado co que todos rin, mesmo quen vemos o filme. Finalmente, na crucifixión, o picado sobre o director do filme e contrapicado a Stracci, resume a perspectiva pasoliniana sobre o cine como ferramenta para a emancipación: o director mira desde abaixo para botar luz sobre os esfameados da terra. Os contrapicados son para os que só morrendo poden lembrarnos que están vivos. La Ricotta foi un filme perseguido entre 1964 e 1968. Non sabemos canto polo que puido ter de ofensivo para a Igrexa católica ou canto pola brutal honestidade de retratar esa parte de Europa famenta, e facelo para máis contraste ao lado da opulencia e do “glamour” do cine. Dun lado, a prensa, os focos, a diva co seu canciño, Orson Welles dirixindo. Doutro lado, a fame.

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 23 |


TEN QUE HABER DE TODO | 24 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

PARA NON TOLEAR COA MANTEIGA Tes todas as mañás o mesmo problema? A ditosa manteiga está dura como unha pedra e non podes untar as torradas? O pan desfaise e o único que consegues é poñerte de mal humor. Pero con este coitelo rematará o teu pesadelo! No seu interior leva dúas pilas AA que xeran corrente a unha resistencia que se atopa na folla do coitelo. Esta quéntase e fai que ao entrar en contacto coa manteiga se derrita o xusto para que sexa moi fácil estendela.

UN CAFÉ CON MOITA ARTE Todavía non hai ninguén que o fago en Santiago – que saibamos! – pero a que estaría ben tomar un café para levar nun vaso cunha ilustración panorámica da Praza do Obradoiro? Isto é o que fai o deseñador australiano Adrian Hogan coas rúas, monumentos e xentes do Xapón, país onde leva vivindo anos. O artista fai o debuxo, grava un vídeo amosándoos e súbeo ao seu perfil de Instagram. Non deixes de visitarlo en @adehogan porque paga moito a pena.

CHOVE? UN PARAUGAS AO INSTANTE! Xapón é famoso entre moitas outras cousas polas súas máquinas expendendoras. Postos a escoller, nós quedámonos con esta de paraugas. Porque que ben viría unha así na nosa cidade nos meses de inverno – ou para todo o ano! As da empresa Ula-Umbrella permite o pago con billetes, moedas ou a tarxeta Octopus, que se utiliza para pagar en transportes públicos, establecementos e taxis. A quen corresponda, unha en cada parada de bus por favor! ;)

PARA AMANTES DA LECTURA Esta cadeira de brazos é moi práctica para quen ten pouco espazo para unha biblioteca, ou simplemente para os que lles dá preguiza levantarse para ir elixir outro libro. Tamén podería servir para gardar películas en DVD ou CDs de música. Podes conseguila na páxin web nobodyandco. it, unha empresa italiana que fabrica mobles un tanto especiais. Hainos en varias medidas e distintas cores e pódense almacenar nela ata cinco metros lineais de libros!


Pincha(e)Discos Nยบ 9 | 2016 | 25 |


ENTRE

BAMBOLINAS

Por Xiana Lastra

Xiana Lastra é xornalista e vocalista de Puntada sen Fío.

IRIA ESTÉVEZ “CANTO DENDE A SINCERIDADE E A ENTREGA MÁIS ABSOLUTA”

L

embro perfectamente o día que coñecín a Iria. Foi na Nave de Vidán hai xa un par de anos. Había unha cea con comida típica de Portugal amenizada polo grupo Clave de fado, sen dúbida un bo plan para unha noite de fin de semana. Cando chegamos ao local atopei varias persoas coñecidas, como a poeta e gran amiga Rosalía Fernández Rial e os músicos Sapoconcho e Pablo Vidal, que despois lle botaron unha peza. Iria, voz do grupo, chamoume moito a atención nada máis abrir a boca. Nunca antes a escoitara e enganchoume desde o primeiro minuto a cor da súa voz e o control que tiña sobre ela. Ben se debeu dar de conta de que estaba a analizar cada cousa que facía, porque en canto rematou o concerto e ma presentaron, díxome: “supuña que cantabas por como me mirabas”. A pobre debíase sentir como facendo un exame! (haha). Hoxe falamos con ela porque, dende aquela, converteuse nunha gran compañeira e acaba de embarcar nun novo proxecto musical, Arifi, que de seguro dará moito que falar e que xa podemos ver sobre os escenarios.

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

Tesme contado que sempre fuches autodidacta nisto da música e aínda así xa levas unha traxectoria longa ás costas. Cando e como comezaches a formularte o dedicáreste a isto de maneira profesional? Eu empezara a cantar para o público con Clave de Fado (por aquel momento con Pepe Piña e Gonzo Piña). E xa lle pillara o gustillo… Pero foi no ano 2011 cando recibín unha mensaxe de Bieito Romero ofrecéndome a posibilidade de facer unha proba para ser a nova voz de Luar na Lubre. Fixen a proba e ao final non me escolleron, pero isto marcoume. Digo, se Bieito se fixa en min, que acabo de comezar… igual algo de futuro teño neste mundo. E así foi como comecei a dedicarme xa de cheo á música e xa non podo parar. Despois viñeron máis apoios de músicos e músicas de moitos lugares, pero teño que destacar o apoio de Uxía Senlle, compañeira á que admiro e na que me inspirei, sobre todo ao comezo. Gran profesional e unha muller moi sabia e xenerosa. Sacastes hai un ano e pouco un disco con Clave de Fado, “Xanelas”. Desde os vosos comezos fostes evolucionando e introducindo outro tipo de estilos musicais ademais do fado no voso repertorio que, finalmente, deron como resultado este traballo tan sumamente


interesante. Fálame del e dime cal é o teu balance e a túa valoración deste tempo. Pois foi moi intenso. A verdade é que foi un traballo moi duro, onde houbo moitos cambios polo medio, con alegrías e tristuras. Apredín moitísimo, e polo menos xa sei o que non quero volver facer (hahaha). Comprobei que este mundo da industria musical é un pouco paradoxal. Podemos ter moito éxito no público, pero como non temos unha proxección mediática forte, aí queda a cousa; é complicado. Pero seguimos na loita

porque vemos a resposta da xente. En canto á evolución como grupo, pois certamente neste momento estamos noutro camiño, diferente, encamiñado máis á fusión de estilos e por suposto á experimentación co xénero musical.

“O noso amor polas músicas de raíz e as músicas do mediterráneo, lévannos a camiñar por estes sendeiros con pracer e entrega”

Supoño que por aí van os tiros do proxecto no que agora estás embarcada, Arifi, cun estilo totalmente distinto e máis achegado ás reminiscencias da música árabe ou andalusí. Chamoume moito a atención porque ademais está formado por grandes músicos dunha orixe do máis diversa. Siiiiii. Estamos moi emocionados con este proxecto. Propúxeno eu, xa que adoro o traballo de Radio Tarifa, e precisaba facer algo que me fixese sentir preto desta música. Esa foi a semente. Ademais, dende moi nova bailo danzas orientais, e sigo formándome, así que precisaba dun proxecto no que puidese soltar un pouco, xa sabes. O grupo formámolo Gonzo Piña (baixo, produción, son…), Vadim Yunevich (acordeón, arranxos e composición), Toni (percusións árabes, arranxos de percusión), Marco Mendoza (batería) e mais eu (coa voz e coordinando todo un pouco ;) Todos participamos en todo, a verdade é que é un pracer ter unha formación onde todos camiñamos na mesma dirección. O proxecto inclúe músicas de raíz da Península Ibérica (música popular de Galicia, sefardí, etc) fusionada con ritmos árabe andalusís ou mesturando con ritmos máis actuais. Coma ben dixeches, todos vimos de mundos moi diversos en canto á música e a nosa orixe. Vadim é un multiinstrumentista bielorruso, que toca e compón para grupos moi diversos (teatro, bandas como Krebinsky, Kibitka etc); Marco Mendoza é un percusionista venezolano; Toni tocou con Faltriqueira, Xoan Curiel, Davide Salvado…; Gon ten unha traxectoria moi ampla (formouse en Galicia e Barcelona, e tocou con grupos de funk, rock etc). As nosas influencias son moi amplas, que dende logo enriquecen este proxecto, pero neste caso o noso amor polas músicas de raíz e as músicas do mediterráneo, Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 27 |


“O estado de ánimo afecta directamente á voz, así que procuro estar feliz”

lévannos a camiñar por estes sendeiros con pracer e entrega. Comezamos coas presentacións no mes de xuño e hai varias datas marcadas este verán. Quen estea interesado pode consultalas no noso facebook. Na miña humilde opinión es unha gran profesional, cunha voz e unha maneira de cantar persoais e recoñecibles, e un dominio técnico importante. Tes algún ritual ou algunhas rutinas á hora de coidarte para ter a voz en forma? Moitísimas grazas polo comentario. Estas palabras cando veñen dunha compañeira do teu nivel, pois sentan especialmente ben, e anímanme a seguir traballando ;). A verdade é que hai moito talento e moi bos profesionais na nosa terra. Espero que todos e todas teñamos a oportunidade de mostralo. En canto ao ritual ou coidados, pois cousas sinxelas, sobre todo ensaiar e adestrar a voz, sempre propoñendo novos retos. Non fumo, bebo bo viño (hehe), sempre procuro ter a gorxa hidratada, estar en forma, descansar o máximo que poida e facer cousas que me fagan feliz a min e aos que me rodean. O estado de ánimo afecta directamente á voz, así que procuro estar feliz. Confeso que antes dos concertos procuro facer os meus exercicios de quecemento, pero ás veces é complicado, porque a xente me mira coma se estivese tola, facendo ruídos raros coa boca e poñendo caretos bastante cómicos. Sei perfectamente o que dis porque me pasa o mesmo (haha). Mais non estamos tolas ou, se o estamos, polo menos somos tolas felices ;) Agardo que vos vaia de marabilla neste novo proxecto. Mil grazas pola atención! | 28 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

EN CURTO Un lugar onde actuases que te impactase. O Mosteiro de Sanfins, en Portugal, unhas ruínas nun monte cunha enerxía moi especial. Un lugar onde che gustaría actuar. Moitísimos lugares, eu quero viaxar o máximo que poida e levar a miña música polo mundo; pero se me poño a pedir… hoxe apetéceme Cuba. Unha cantiga que che encante. Tantas…. Mais agora ocórreseme Veinte años. Un tema do teu repertorio que destacarías. Por dificultade e esixencia un tema sefardí que canto agora con Arifi, Morenica. Un concerto que te deixase alucinada. Montóns afortunadamente, pero aínda tremo cando lembro un concerto de Dhafer Youssef. Uf, que intensidade!

Un libro ou poema que leses e que te impresionou. Océano Mar, Alessandro Baricco. Impresionante. Unha persoa que te marcase, aínda que non sexa do eido musical. Cada persoa que se cruzou na miña vida forma parte do que eu son. Houbo xente que me marcou para ben e outra para mellor (procuro ser positiva). Pero podo dicir que Gonzo Piña foi moi importante. Grazas a el e a seu pai, Pepe, atrevinme a dar o paso para cantar en público sen estar arroupada por un coro.

Queres ler a conversa completa

de Xiana con Iria?

Entra en

pinchaediscos.com


TOP 5

ABRAIANTES

1

O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE Con tablets! SmartBar.

Corren tempos modernos na nosa cidade! Pedir o

Neste novo local compostelán

menú desde unha tablet? É posible! En cada mesa

de moda Internet é o prato principal.

de SmartBar tes un iPad no que configurar o teu pedido.

2

Consello: Teñen menús veganos e uns cócteles que tes que probar! #ricorico

3

Polo á brasa Madeira e Mazá. Máis rico que na casa e cun toque que non deixa indiferente.

As carnes deste restaurante teñen un sabor especial polo afumado con madeira de maceira que empregan para a súa elaboración. Ademais teñen servizo de entrega a domicilio.

Consello: A ensalada nórdica está boísima!

Para pasar a calor

Restaurante Petiscos. A que ten boa pinta esta ensalada de polo con vinagreta de mango?

Un dos menús do día que máis nos gustan é o do Petiscos: variado, ben de prezo (10 euros) e con pratos sans e fresquiños para pasar estes meses de verán.

Consello: Aproveita a visita para ‘terracear’ polo barrio de San Pedro.

4

5

Pizza que conquista

Pan da Moa. Pan da Moa non deixa de sorprenderPara levar para casa nos! Estes expertos en pan sempre nos e comer como nas ofrecen propostas ben ricas! A nosa pizza mellores trattorías levaba atún, olivas, queixo e xamón. Consello: Completa o menú para levar cun bo pedazo de biscoito!

Tosta fulminante Pepe Payá. Apostar polas tostas da cociña de Pepe nunca é unha mala opción.

As tostas xa triunfaban en Casa Pepe e no novo Pepe Payá non podía ser diferente! Nós probamos a de raxo, setas ao allo e queixo de Arzúa. #ñamñam

Consello: Déixate aconsellar polo servizo e acompaña a tosta cun bo viño!

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 29 |


Directorio

D Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

CAFÉ BAR

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado

De L a S de 8:30 a peche Domingos Pechado

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

T. 881 031 403

castelao BAR · TAPERIA

mamá peixe taberna mariñeira

Rúa da Senra 6-baixo Santiago de Compostela

Rúa Nova de Abaixo 7 Santiago de Compostela

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De L a S de 7:30 a 23:00 Domingos Pechado

De L a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 Domingos pechado

De M a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 D de 13:00 a 16:00

T. 981 585 974

T. 881 976 005 - www.taperiacastelao.com

T. 981 070 526 - tabernamamapeixe@gmail.com

Cantón de San Bieito 5 Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

Todos os días de 10:00 a 00:00

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

T. 628 177 128 www.vinotecacasapepe.com

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Pedra Santa Restaurante

Costa de San Marcos 18-20 Santiago de Compostela

mansorestaurante.com

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

www.resas.es

De L a S de 7:30 a 00:00 T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com


Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

Rúa Muiña 2 baixo Santiago de Compostela

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

De M a D de 10:00 a 00:00

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

De L a V de de 9:30 a 00:00 S y D de 11:30 a 00:00

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

T. 981 577 742 info@muineirorestaurante.com

Rúa San Lázaro 104 Santiago de Compostela

Rúa Porta da Pena 17 Santiago de Compostela

Rúa Nova 36 Santiago de Compostela T. 981 566 980

De L a S de de 9:00 a 00:30 Domingos pechado T. 981 566 607 www.bodeguilladesanroque.com

T. 981 569 531 hotelcostavella@costavella.com www.hotelcostavella.com

Grupo

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela

Rúa da Algalia de Arriba 42 Santiago de Compostela

T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

De L a V de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 S de 10:30 a 14:30 T. 981 588 273 - facebook: legumiascg

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Pincha(e)Discos T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

Únete a nós! publicidade@pinchaediscos.com

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 31 |


A E•NDA

Patrocinada por:

FESTIVAL AIX - EN - PROVENCE Cando? Todos os martes ata o 19 de xullo ás 20:00 horas. Onde? Auditorio de Galicia Canto pagarás? Libre ata completar aforo Novo ciclo que recolle a proxección de óperas gravadas no Festival Aix-en-Provence na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. En total, poderán verse cinco óperas: tres que xa foron

FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO

gravadas en pasadas edicións do Festival e dúas que aínda se gravarán na edición deste ano que se celebra do 30 de xuño ao 20 de xullo.

Cando? Ata o 3 de xullo Onde? Barrio de San Pedro Non te perdas o final destas festas para todos os públicos e que son coñecidas por actualizar as celebracións tradicionais ao fusionar elementos contemporáneos como a música máis actual con formatos clásicos como a romaría.

REPRESENTACIÓN DA COMEDIA LUCIÉRNAGAS

FESTIVAL CULTURA NO CAMIÑO Cando? Do 4 ao 14 de xullo Agadic e Turismo de Galicia poñen en marcha a

Cando? 30 de xuño e 1 de xullo ás 20:30 horas.

cuarta edición do programa Cultura no Camiño. As

Onde? Teatro Principal

próximas actuacións en Santiago son da compañía

Cando? Desde o 30 de xuño

Canto pagarás? Desde 6 euros

de circo Pistacatro o 4 de xullo na Praza da

Onde? Ao aire libre

Despois da exitosa ‘En construcción’, escrita e

Quintana; Ghazafelhos, o 5 en San Roque; Mundo

VOLVE O CICLO TERRAZEANDO

A Asociación Desconcerto Cultural organiza ‘TerraZeando’, o ciclo de concertos de verán que se celebran nunha serie de terrazas privilexiadas de Compostela. O programa, que podes consultar en pinchaediscos.com, inclúe bandas galegas, españolas e estranxeiras.

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante e dirixida por Tristán Ulloa, Carolina Román preséntanos agora este novo texto: ‘Luciérnagas’, baixo a dirección de Teatro del Arte e protagonizada por Carmen Gutiérrez, Fede Rei e Jaime Reynolds.

Mandarina, o 6 no Parque de Belvís; Raquel Queizás, o 7 no Parque de Vista Alegre; Magin Blanco, o 12 no Parque da Música; Dapoapipa, o 13 na Praza de Salvador Praga; e o día 14, o Mago Richard, no Parque de Galeras. Todas as actuacións serán ás 19:00 horas.


A E•NDA

Patrocinada por:

FESTAS DO APÓSTOLO Cando? Segunda quincena de xullo Música, teatro, circo, danza... e, por suposto, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo a noite do 24 de xullo, conforman a programación das festas grandes de Santiago. Volverá, ademais, o programa Artellando, que levará diferentes actividades e actuacións aos barrios e parroquias

ATARDECER NO GAIÁS

do concello. Toda a info en pinchaediscos.com

Cando? Do 7 de xullo ao 27 de agosto Onde? Cidade da Cultura de Galicia Canto pagarás? Nada! É de balde! McEnroe, Novedades Carmiña e Alondra Bentley son algúns dos nomes que pasarán pola Cidade da Cultura para actuar no ciclo Atardecer no Gaiás, que se celebrará os xoves, venres e sábados desde as 21:00 h. Haberá tamén catro sesións de cine ao aire libre con música dj.

CONCERTO DE DR. QUEEN Cando? 7 de xullo ás 21:00 h. Onde? Sala Capitol

FESTIGAL 2016

Canto pagarás? 18 euros anticipada

Cando? 24 e 25 de xullo ás 22:30 e 17:30 horas

Cando? Do 7 ao 17 de xullo

Desde Arxentina chega a banda tributo a Queen

Onde? Campus Sur

Onde? Mosteiro de San Martiño Pinario

Dr Queen, nome artístico do médico arxentino

Canto pagarás? Gratis!

Feira de artesanía, arte e gastronomía artesanal

Jorge Busetto, quen conseguiu fama mundial ao

O XV Festigal une espazos de animación, de ideas,

con máis de cen expositores de diferentes

converterse no imitador máis fidedigno no mundo

de lecer, de literatura... e sobre todo, de música,

países. A súa completa programación aglutina

do desaparecido Freddie Mercury, tanto pola súa

diversidade e reivindicación. Actuarán Esposa,

diversas actividades: degustacións, exhibicións,

aparencia física como nos seus movementos, pero

Poetarras, Kepa Junkera & Sorginak, Biribirlocke,

talleres artísticos infantís e de adultos, concertos,

máis aínda na súa representación vocal, coa súa

Arrhythmia, Falua, Aldaolado, Martín Camiña,

exposicións, xogos, etc.

impoñente potencia e e folgura de tons identicos

Fran Amil e a Tribu Incomprensíbel, Fanfarria

aos do mismísimo Freddie.

Taquikardia e charanga Os Campantes da Baña.

FEIRA ARTE Y SAN

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 33 |


A E•NDA

Patrocinada por:

‘A MALETA DO MESTRE’ Cando? 9 e 18 de agosto O proxecto escénico ‘A maleta do mestre’, da Escola de Teatro Valle-Innova, ofrecerá en Santiago o espectáculo ‘A ruta das verbas”, unha visita guiada dramatizada pola cidade o martes 9 de agosto. Ademais, o xoves 18 de agosto porá en escena ‘A viaxe marabillosa’, a súa montaxe máis máxica para celebrar o 150 aniversario do

CONCERTO DE MELENDI

nacemento de Valle-Inclán. O horario e lugar de representación seguía sen confirmar ao peche

Cando? 24 de xullo ás 21:00 horas

desta edición. Poderás consultalo próximamente

Onde? Multiusos Fontes do Sar

en pinchaediscos.com

Canto pagarás? 27 euros + gastos Despois de quince anos de traxectoria profesional e con múltiples discos no mercado, Melendi fará en Santiago un repaso do seu último traballo, ‘Directo a septiembre’, un álbum en vivo do concerto gravado polo artista nas Ventas (Madrid) dentro da súa xira ‘Un alumno más’.

‘GALICIA CEN. A CULTURA GALEGA CONTADA EN OBXECTOS’

MOSTRA ‘IX PREMIO AUDITORIO PARA NOVOS ARTISTAS’

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA, NA RÚA DO VILAR

Cando? Xullo e agosto

Cando? Domingos de xullo e agosto ás 12:00 horas

Onde? Sede Afundación

Onde? Auditorio de Galicia

Onde? Rúa do Vilar

Exposición comisariada por Manuel Gago.

Corenta obras que convidan a pensar sobre o papel

A Banda Municipal de Música retoma os seus con-

Conta con cen obxectos destacados da historia

dos artistas. Fotografía, pintura, escultura, debuxo,

certos de verán actuando as mañás dos domingos

e cultura de Galicia, desde o Paleolítico Inferior

instalación, videoinstalación, performance e unha

na rúa do Vilar. Fundada en 1849, a nosa é unha

ata os recentes anos 90. Todos os obxectos foron

pluralidade de técnicas de produción que nos fan

das bandas máis antigas de Galicia. Na tempada

seleccionados pola súa gran capacidade de explicar

reflexionar sobre o cambio que supuxo a aparición

de inverno ou en caso de choiva actúa no Teatro

aspectos relacionados coa identidade, o territorio,

das tecnoloxías no mundo da arte.

Principal.

a sociedade e a cultura galega.

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016

Cando? Xullo e agosto


RSM ESTRATEGIAS

DE

COMUNICACIÓN

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM


VISITAS ASTRONÓMICAS DESCUBRE O FIRMAMENTO DESDE O ALTO DO GAIÁS Venres de xullo (1, 8, 15 e 29), agosto (5, 12 e 26 de agosto) e setembro (2 e 9). De balde previa inscrición en cidadedacultura.gal

DESEÑOS MINÚSCULOS, VALORES MAIÚSCULOS

VERÁN NO GAIÁS 2016

OBRADOIROS CREATIVOS PARA NENOS DE 7 A 11 ANOS Todos os martes de xullo: 5, 12, 19 e 26. De 16:30 a 19.30 h. Museo Centro Gaiás. Entrada: 3€. Á venda no Museo Centro Gaiás e ataquilla.com (+gastos de xestión)

NOCTURNAS MODA, MÚSICA E GASTRONOMÍA PARA DESCUBRIR A EXPOSICIÓN ‘CON-FÍO EN GALICIA’

CIDADEDACULTURA.GAL

CAMIÑO AO GAIÁS RUTAS GUIADAS POLO PATRIMONIO NATURAL E ARTÍSTICO COMPOSTELÁN

10 de xullo. 10 h Praza central. De balde.

ATARDECER NO GAIÁS CONCERTOS E CINE AO CAER O SOL

CIDADE IMAXINARIA 2016 20 de agosto. De 11 a 20:30 h Praza central. De balde.

Mércores de xullo (6, 13, 20 e 27) e agosto (3, 10, 17, 24 e 31). Hora: 21:00 h. Museo Centro Gaiás. Entrada: 5€. Á venda no Museo Centro Gaiás e ataquilla.com (+gastos de xestión).

Xoves de xullo (7, 14, 21 e 28) agosto (4, 11, 18 e 25) e setembro (1 e 8). Saída desde a oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) ás 16:45 h. Gratuíto previa inscrición en cidadedacultura.gal

Do 7 de xullo ao 27 de agosto.Todos os xoves, venres e sábados. 21:00 h. Praza central. De balde. Último bus ás 22.45 h.

QUEFACERES E EQUILIBRIO

CON-FÍO EN GALICIA

ROSTROS DO PAÍS

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA DE SONIA NAVARRO

EXPOSICIÓN SOBRE A MODA E O TÉXTIL GALEGOS

EXPOSICIÓN DE RETRATOS DE XURXO LOBATO

Do 2 de xuño ao 21 de agosto. Todos os días | De 10 a 20 h. Torres Hejduk. Entrada de balde.

Do 11 de marzo ao 11 de setembro. De martes a domingo, de 10 a 20 h. Museo Centro Gaiás. Entrada de balde. Visitas guiadas diarias ás 12:30 e 18:30 h.

Do 15 de xullo ao 18 de setembro. Todos os días | De 10 a 20 h. Biblioteca e Arquivo de Galicia. Entrada de balde.

CO PATROCINIO DO FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:

FESTIVAL DE BANDAS INFANTÍS E XUVENÍS DE GALICIA

HOMO LUDENS INTERVENCIÓN ARTÍSTICA DE ROMÁN CORBATO E MIGUEL BENJUMEA

Do 1 de setembro ao 27 de novembro. Todos os días. De 10 a 20 horas. Torres Hejduk. De balde.

SPIN2016 ENCONTRO DE EMPRENDEMENTO UNIVERSITARIO

UN DÍA DE XOGOS E ACTIVIDADES PARA GOZAR EN FAMILIA Do 29 de setembro ao 1 de outubro. Museo Centro Gaiás.

VI ENCONTRO DE TEDXGALICIA DE IDEAS ARTISTAS NOVOS ENCONTRO INNOVADORAS RESIDENCIA ARTÍSTICA DE CREADORES EMERXENTES

29 de agosto ao 1 de setembro. Biblioteca e Arquivo de Galicia

16 de xullo. De 11 a 20 h. Museo Centro Gaiás. Aforo completo

Pincha(e)Discos Número 9  

Revista sobre gastronomía e cultura da comarca compostelá. Neste número, ademais das seccións habituais, entrevistamos ao actor Luis Zahera...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you