Pincha(e)Discos Número 12

Page 1

Pincha(e)Discos Nยบ 12 | xaneiro-febreiro 2017

CELEBRAMOS O NOSO ANIVERSARIO COA CANTANTE XIANA LASTRA E O CHEF ALBERTO LAREO


RSM ESTRATEGIAS

DE

P. 10

COMUNICACIÓN

P. 14

P. 21

P. 25

P. 26 P. 28 P. 29

P. 32 P. 34 HTTP://RSMCOMUNICACION.COM


reportaxe Un Santiago gastrocultural

páxina 8 Crusat & Costas Dúas copas de viño, con cal quedas?

Vai de ... libros

páxina 6

Cinco anos de libraría feminista

páxina 14

Oído Cociña La Flor, onde cada recuncho ten a súa historia

TOP 5

páxina 18

ABRAIANTES

páxina 20

Entrevista Santiago Olmo, director do CGAC

páxina 22 5 e acción 1939: O MELLOR ANO DA HISTORIA DO CINEMA?

páxina 28

#atafartar SASHIMI DE SARGO EN MAMÁ PEIXE

páxina 26

Directorio páxina 30

A E•NDA páxina 32 ... e moito máis en

pinchaediscos.com Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 3 |


Foto: Iván Barreiro

EDITA: Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboradores neste número: Lorena Costas, José Crusat, @JuanEATo_ e Cineclube Compostela Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante. Fotos de portada: Iván Barreiro

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

EDITORIAL Chimpín que non champaña

E

ste é un número de celebración. Empezamos un novo ano. Cumprimos o noso segundo aniversario con Pincha(e)Discos en papel na rúa. E estamos a piques de recibir aos Reis Magos!

Estamos pois en tempo de facer balance e formular novos obxectivos. En Santiago, os sectores cultural e o gastronómico viven tempos convulsos. Disto falamos con dous profesionais que apoiaron o noso proxecto desde o principio: o chef Alberto Lareo e a cantante e xornalista Xiana Lastra. Pola nosa banda, estamos orgullosas e agradecidas por ter xa na rúa doce números impresos. Unha tarefa que todos sabedes non é nada fácil hoxe en día. Pero que acadamos en boa parte gracias a vós, os lectores, aos anunciantes e a entidades como a Asociación Hostelería Compostela para á que elaboramos a súa revista CompHostelería. Outros proxectos están por chegar e tamén outros se perderon polo camiño. Pero de todo se aprende. Non volveremos a traballar nun festivo para os demais. Para nós, o que faga falta! Non aceptaremos faltas de respecto dun igual. Para xefas, xa estamos nós. Ninguén nos dirá onde temos que poñer un punto. Nós decidimos ata onde chegamos. Porque para estar explotadas, xa nos explotamos nós. E ademais, facémolo con alegría e cun chimpín que non champaña. Feliz Aninovo! E ao que non lle guste, que non mire! ;)



Crusat & Costas

Dúas copas de viño... con cal quedas?

Segue as historias de José Crusat @choumimx no seu blog

Segue as historias de Lorena Costas @lorena_costas no seu blog

Del Comercio y del Bebercio | http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

Bake my Day |

http://lorena-bakemyday.blogspot.com

A semente xerminou @choumimx Neste final de ano imos facer un pequeno repaso aos cambios dentro do mundo do viño que dende o meu punto de vista se produciron nestes dous anos de existencia de Pincha(e)Discos. Partimos da eterna crise, de tempos grises en que moitos proxectos pecharon, e que no mundo do viño tamén sufriu. Menor consumo, gasto moi controlado, locais que pechan. Pero no medio deste panorama sinistro, foron aparecendo novos proxectos, outros que se reformulan, coma se estiveran aí esperando ao momento máis axeitado para voltar. Estaba a semente nas terras dos viticultores e pequenos adegueiros que, fronte á crise, deciden apostar polo seu. Aparecen novos viños e novas apostas das que xa fomos falando en números anteriores como Silice, Eidos da Salgosa, Fedellos do Couto, Jose Luis Aristegui e moitos máis aos que lles seguiremos a pista. Falabamos de crise e peche de proxectos, e quizais a hostalaría foi quen máis a sufriu nos seus comezos. Pero tamén foi onde a xente se reconverteu antes e apareceron novos locais que viñeron a cubrir os ocos deixados. Reconversións e novas apostas en moitos casos que dan cabida a ese viños de novos produtores. Aí están Pazo de Altamira, A Maceta, Madia Leva, Auga e Sal, Resas. Tamén as tendas aparecen escapando do típico souvenir turístico, locais para o público local e o visitante onde poder mercar diversidade, minifundio e, en definitiva, Galicia. Aínda que moitos deles xa arrancaban a súa andaina antes destes dous anos, consolidaron os seus proxectos Vide, Vide!, Gastroteca e Viños Vivos. E coma non, o publico ansioso de cousas novas fóra da uniformidade da globalización, desexoso da diversidade e aberto. E tamén, como non, nesta revista que nace neses tempos de crise para dar voz a toda esta cultura inqueda que estaba aí esperando rexurdir con forza. Aínda que non tocaba unha cata de viños si que quero propoñer un viño para gozar no arranque do próximo ano. O viño proposto é ‘Portela do Vento’, da brava Laura Lorenzo. | 6 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

“O futuro é prometedor para o viño galego pero de nada serve sen un respaldo noso”


A mellor bola de cristal sempre será unha copa de viño @lorena_costas Rematamos o ano 2016 e parece que sempre non poñemos filosóficos cos nosos discursos, non si? Ben, lembrando ‘Un Conto de Nadal’, de Charles Dickens, e tendo xa exercido de Pantasma do Nadal Pasado o meu compañeiro, tócame a min facer de Pantasma do Nadal Futuro (e, por que non, presente, porque o presente sempre leva con el algo do futuro máis inmediato).

ALBERGUE HOSTEL

CASTRO

Vivir de facer viño de xeito honesto é complicado, non nos enganemos. A maior parte de viticultores e adegueiros que coñecemos e que pretenden facer do viño o seu modo de vida, tópanse con problemas de todo tipo e con serias dificultades económicas. Algúns abandonarán, outros continuarán. Os que continúan pese a todo e seguen apostando por ese traballo honesto coa terra merecen o noso aplauso e admiración. Pero de aplausos non se vive, verdade? Todos eles precisan de nós algo máis: COMPROMISO. O compromiso adquírese interesándose polo seu traballo, mercando os seus viños antes que os viños despersonalizados que abundan en milleiros de estantes. Temos lugares estupendos en Santiago para facelo: Gastroteca SCQ, Vide,Vide!, Viños Vivos, Singulario… E por que non desexar que haxa máis locais así para os vindeiros anos?

982 380 321 alberguecastro.com Palas de Rei

O compromiso adquírense no consumo destes viños, na valentía de probar cousas diferentes e non quedarnos na nosa zona de confort, e en Santiago existen locais para poder bebelos, só por citar algúns: Madia Leva, Altamira, Abastos 2.0., Manso Restaurante, A Maceta, Auga e Sal, Resas... Etcétera, etcétera, aos que desexo que se lle sumen outros, especialmente onde poder tomar os viños por copa para poder probar e probar. O futuro polo tanto é, sen dúbida, prometedor para o viño galego; xente nova con formación, ilusión e ganas, pero nada deso serve sen un respaldo noso: a posta en coñecemento destes novos valores depende, en moita medida, de todos nós. Brindo polo compromiso para o 2017 con Candea 2014: Froito do sempre silencioso e honesto traballo de J.L. Mateo. Un ano desastroso onde perdeu moita colleita, xúntanse todas as variedades tintas: Mencía, Bastardo, Garnacha Tintorera, Mouratón; un viño para brindar ata rematar a botella. Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 7 |


reportaxe

Un UnSantiago Santiagog

Xiana Lastra e Alberto Lareo durante a nosa conversa no Manso. Foto: Ivรกn Barreiro. | 8 | Pincha(e)Discos Nยบ 12 | 2017


gastrocultural gastrocultural Así mudou a cultura e a gastronomía compostelá nos dous anos de existencia de Pincha(e)Discos. E así o viviron dous dos nosos talentos: o chef Alberto Lareo e a cantante Xiana Lastra Por R. Munín

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 9 |


reportaxe

E

ra xaneiro de 2015 cando Pincha(e) Discos en papel saía á rúa. Por vez primeira, un medio de comunicación compostelán xuntaba nas súas páxinas dúas temáticas diferentes pero con moitos puntos en común: a gastronomía e a cultura. Desde entón, teñen pasados dous anos con dificultades para ambos sectores, pero tamén con moitos cambios e evolucións. Para falar deles almorzamos con dous dos nosos talentos: o chef Alberto Lareo – que foi portada dese número un da nosa revista - e a cantante e xornalista Xiana Lastra – colaboradora desde o inicio desta nosa pequena pero gran aventura.

Quedamos no Manso, o restaurante que Lareo abriu na Avenida de Vilargarcía e que tantas alegrías lle está a dar. A última, unha nova mención na Guía Michelin. “Cando empecei foi con medo ao fracaso, a ter que pechar. A miña cabeza ía por un lado e as mans traballaban por outro. Nestes dous anos cambiou todo: as ideas, a nosa filosofía, a decoración do local... Facemos un pouco o que nos dá a gana e está funcionando moito mellor”, asegura. A Estrela, polo de agora, non a busca. “De momento, déixaa estar | 10 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

(Risos). Primeiro hai que conseguila e despois hai que mantela. Eu traballei en restaurantes case sempre de Estrela Michelin e é unha presión demasiado grande”, sostén. Tampouco lle obsesiona a entrada no Grupo Nove, a asociación cos cociñeiros galegos máis exitosos. “Sería bonito estar ao lado de xente coa que comparto amizade e admiro como profesionais. Pero tampouco é totalmente necesario. Eu son un tipo bastante peculiar. E se algo chega, chegou”, afirma. Aínda que novo en anos, Alberto xa non é unha promesa. Os seus primeiros pasos na cociña deunos xunto a súa avoa Rosa. Encadeou logo experiencias profesionais de alto nivel xunto a Eneko Atxa, Marcelo Tejedor ou Jean Françoise Piège, por exemplo. E co Manso comezaron a chegar os premios e recoñecementos. Entre eles, o terceiro posto de Cociñeiro Revelación Madrid Fusión 2016. Do restaurante compostelán falan xa ata en Melbourne, desde onde chegou unha parella australiana só para probar os pratos do compostelán. Pero a Lareo segue sen subírselle o éxito á cabeza: “Eu son moi humilde. Por que vou deixar de selo? Teño moi claro de onde veño. E a min ninguén me


Alberto Lareo: “É unha pena é que durante anos houbera unha asociación de hostalaría que non apoiaba á hostalaría”

está regalando nada. O que conseguín foi a base de traballar e de crer fielmente no que fago. Profesionalmente si evolucionei pero na forma de ser sigo sendo o mesmo rapaz”.

A cantante asegura estar nun momento no que sabe que é o que quere facer e como quere facelo. Superou o medo á composición – “porque sempre pensas que as cousas que se che ocorren non son suficientemente boas” – e agora goza con cada novo verso que sae da súa cabeza. “Espero que funcionen ben”, afirma con modestia. É que ela é así, cen por cen verdade cando sae a escena, como dicía a cantautora Sés na primeira entrevista que Xiana publicou na nosa revista. “Hai moita xente que enriba do escenario crea como un papel e ponse nunha posición máis formal, de cara ao público. Eu non son así. Digo moitas tonterías. Báixeme moito a pinza nese sentido”, admite cun sorriso.

Estes dous anos de Pincha(e)Discos na rúa tamén coincidiron con moitos cambios na carreira de Xiana Lastra. Responsable da nosa sección Entre Bambolinas (onde entrevista a outros artistas galegos), comezou a cantar de moi nena no grupo de música infantil Ledicia. Pasou despois por Odaiko, Pitusa Semifusa ou Tempos convulsos o Coro da ra. Con Puntada sen Fío publicou o disco ‘A lúa prendeu a luz’. E actualmente traballa Alberto e Xiana recoñecen que estes dous anos nun novo espectáculo con A Banda da Loba, un de existencia de Pincha(e)Discos non foron grupo formado por cinco mulleres: Andrea Porto doados para as súas profesións. Pero tamén (baixo-guitarra), Inés Mirás (baixo-guitarra), houbo avances. No sector cultural, Santiago Marcela Porto (percusión), Estela Rodríguez acolleu algunhas citas importantes (violín) e Xiana Lastra (vocalista). como a feira profesional de música “Queremos darlle un papel internacional Womex. Consolidáronse relevante á muller como creadora, Xiana Lastra: exitosos festivais como o Feito a compositora e instrumentista. Porque normalmente nas bandas “Debería crearse Man, Outono Códax Festival, WOS, CortaPega, Atardecer no Gaiás ou as voces son femininas pero a nivel Primos Hermanos. Ademais abriron instrumental teñen moita máis unha rede con novas salas como Malatesta e Riquela. relevancia os homes”, explica. apoio institucional Curtocircuíto, Cineuropa, Amal e o Cineclube Compostela seguiron A súa proposta musical inclúe que permitise que traéndonos interesantes películas. E desde temas baseados no tradicional ata outros con os músicos poidan o cine volveu ao centro da cidade de xeito habitual gracias á apertura de influencias do pop, o rock ou tocar noutras Numax e os Cines Compostela. Tamén o country. Compoñen as súas gozamos dunha boa programación de propias letras e poñen música ás condicións” danza e teatro, cunha Sala Agustín de diferentes autores. Algúns moi Magán no Centro Sociocultural de coñecidos como poden ser Celso Santa Marta que empeza a despuntar Emilio Ferreiro, Manuel María ou como escenario municipal. Rosalía de Castro. E tamén fan fincapé en novos creadores como Rosalía Fernández Rial, Celia O cambio de Goberno local, coa chegada Parra ou Helena Salgueiro. “Polo de agora temos de Compostela Aberta ao poder, supuxo un 16 cancións compostas, das que imos facer xiro na polémica polas actuacións culturais unha escolma para un disco. A idea é gravar un nos establecementos de hostalaría que, sen CD e aí empezar co que será a xira do proxecto un marco legal que as amparasen, estaban ‘Bailando as rúas’”, apunta Xiana. Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 11 |


reportaxe totalmente paralizadas. A grave situación provocou a creación da Plataforma Compostela Territorio Musical, que defendía o dereito dos artistas a seguir traballando. Hoxe en día, os directos volveron a moitos locais pero o problema aínda non está resolto. Concello, artistas, veciños e hostaleiros continúan a buscar unha solución que contente a todos, trala constitución dunha mesa de diálogo que xa se reuniu en varias ocasións. “Creo que hai un sector da oposición que pretende interromper que a cultura se leve adiante con facilidade. Porque a cultura está ligada ao pensamento crítico e creo que é algo que non interesa. Tanto os hostaleiros como a cidadanía en xeral somos os que deberíamos facer presión”, opina Lastra ao respecto. Pero para a vocalista, as trabas que teñen que pasar os artistas na nosa cidade non rematan aí: “Moitas veces teñen problemas para ir asegurados, cóbrase pouco… E os hostaleiros tampouco están en disposición de pagar máis. Debería crearse unha rede con apoio institucional que permitise que os músicos poidan tocar noutras condicións. E que todos os locais teñan acceso a poder levar alguén a tocar alí. Que non lles sexa tan difícil”.

de Marcelo Tejedor (nunha gala que se celebrou por primeira vez na cidade), e entrou no Grupo Nove da man de Lucía Freitas, de A Tafona. A Asociación Hostalaría Compostela cambiou de directiva coa intención de dar un novo rumbo á entidade, despois das serias dificultades

Cal e area para a hostalaría

O Santiago que coñecemos en xaneiro do 2015 cando sacamos Pincha(e)Discos á rúa non é o que temos hoxe tampouco a nivel gastronómico. Mudou a oferta, coas marchas, por exemplo, de Iago Castrillón e o seu restaurante Acio ou a Silveira Casa de Xantar; e as aperturas de locais como Pepe Payá ou Auga e Sal. Compostela recuperou unha Estrela Michelin, a do gastrobar

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

Alberto Lareo: “Ninguén me está regalando nada. O que conseguín foi a base de traballar e de crer fielmente no que fago”


económicas que atravesaba. “Para min é unha pena é que durante anos houbera unha asociación de hostalaría que non apoiaba á hostalaría. E sobre todo, non apoiaba á nova hostalaría. Eu espero que eses problemas rematen de solucionarse e sexamos capaces de unirnos e loitar por nós”, sinala Alberto Lareo. Unha das apostas máis fortes da nova entidade foi a de consolidar o concurso Santiago(é) Tapas no mes de novembro, como unha medida desestacionalizadora do turismo. E fíxose, por primeira vez, en coorganización co Concello de Santiago e coincidindo co festival de cine Cineuropa. Todo un acerto que xa acumula dúas edicións. Sen embargo, o festival Compostela Gastronómica que puxera en marcha o Goberno local anterior caeu no esquecemento. Tamén modificaron o plan de actuación na Nave 5 do Mercado de Abastos, propoñendo a apertura de locais de restauración para consumir no exterior. E impulsaron unha moratoria na construción de novos hoteis na Zona Vella. Medidas todas cos seus defensores e detractores. Os retos no 2017 non serán menos importantes. A cultura e gastronomía merecen o noso respecto. Non só porque moitos veciños vivan delas, senón porque forman parte de quen somos. Porque Santiago é Camiño; é Universidade; é capital de Galicia… E tamén é gastrocultural.

Xiana Lastra: “En A Banda da Loba queremos darlle un papel relevante á muller como creadora, compositora e instrumentista”

EN CURTO Definide en poucas palabras vosa evolución nestes dous anos. Xiana: Madurez e descubrimento. Alberto: Tamén madurez e un pouco tolemia. Alberto, que cociñarías para convencer a Xiana de vir ao Manso? A.: Seguramente algo con verduras. Hai tempo que creo que hai que apostar polo vexetal. Cada vez chego máis a eses pequenos produtores que teñen as súas hortas e cada vez a carta do Manso estase convertendo máis nunha proposta moi vexetal. Xiana, e que lle cantarías a Alberto? X.: ‘Bailando as rúas’. E así promociono ao meu novo grupo, A Banda da Loba (Sorrí). Que plans tendes para 2017? X.: Sacar o proxecto de A Banda da Loba. Estou preparando tamén unha gala de homenaxe a Agustín Fernández Paz en Ferrol o 17 de febreiro. E imos sacar un libro de poemas infantís musicados: ‘Os meus primeiros versos’. Con Andrea Porto e Adrián Saavedra. A.: Cambiarei a carta a principios de ano, seguindo a tempada, coma sempre. Obxectivos? Todos. E hai cousiñas que poden xurdir que aínda están no aire. Pero non podo adiantar nada. Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 13 |


Vai de...Libros

Cinco anos de libraría feminista En Lila de Lilith atopamos obras asinadas por mulleres e tamén por homes pero sempre desde unha perspectiva de xénero Por Rebeca Munín

C

onta a lenda que Lilith foi a primeira muller rebelde da historia. Creada por Deus xunto con Adán, marchou do Paraíso por non quererse poñer por debaixo do home, de xeito literal e simbólico. Despois viría Eva. Este personaxe dá nome – xunto coa cor lila que fai referencia á loita pola igualdade – a unha libraría feminista que abriu as súas portas fai xa cinco anos na rúa Travesa.

Conta a lenda que Lilith foi a primeira muller rebelde da historia | 14 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

Patricia Porto está detrás deste establecemento que recolle a testemuña dun proxecto que naceu no 1998 como unha asociación que traballaba temas de igualdade a través da educación. “Precisamente un dos puntos fortes que temos na libraría é o da literatura infantil e xuvenil con perspectiva de xénero. Chámannos moito das bibliotecas dos colexios e vén moita xente con crianzas por aquí. É un tema moi importante para a vida e para a convivencia pero que se deixa sempre de lado. E ao deixalo o que estamos facendo é fomentar o contrario”, asegura.


Patricia Porto está á fronte da libraría Lila de Lilith. Foto: Iván Barreiro En Lila de Lilith atopamos poesía, narrativa, comic… a grande maoría obras escritas por mulleres. “Así facemos un pouco de compensación co resto das librarías xeralistas onde non sucede isto”, sinala Patricia. Tamén contan con libros de ensaio de diversos temas como economía, saúde, arte, historia, sexualidade… todos co nexo común da pespectiva de xénero. “Eu filtro moito o que me chega. E teño devolto obras. Hai que mirar que non se reproduzan os roles tradicionais femininos ou masculinos, que as mulleres aparezan en temas de coidados ou reprodución e os homes na esfera pública, correndo aventuras… Tamén que non se desacrediten ás mulleres por cuestións como que estean gordas. E é importante que se visibilicen. Hai moitísimos contos onde non hai ningunha muller”, explica. E é que, como en tantos outros ámbitos, a muller todavía hoxe segue loitando contra un teito de cristal no mundo da creación literaria. “Si que hai máis mozas autoras, aínda que non sei se logo co tempo poderan seguir adicándose a isto. Téñeno complicado. Para as galegas está ademais a dificultade do noso sistema literario. Por exemplo, novidades de autoras en español teño bastantes, igual que en inglés. En galego teño todo o que hai pero non van ao mesmo ritmo”, afirma Porto. Respecto ao termo feminista co que define a súa libraría, Patricia lamenta que todavía haxa xente que o vexa cun certo reparo. “Este movemento loita pola igualdade de dereitos das mulleres e dos homes, ou sexa, nada sospeitoso, pero ten moi mala fama porque é o que interesa ao poder. Si creo que nos últimos anos se lle está quitando esa

“Teño moitas novidades de autoras españolas e inglesas. En galego non van ao mesmo ritmo” connotación negativa. Pero eu lle diría á xente que fixera unha reflexión, que se pregunten que pasa aí, por que non ten esa boa fama, por que non está nos currículos escolares…”. Moito máis que libros A parte de libraría, Lila de Lilith acolle en numerosas ocasións presentacións de libros e obradoiros. Comparte ademais espazo coa libraría especializada en cultura lusófona Ciranda, que organiza diversas exposicións; acaban de poñer en marcha un clube de lectura feminista e colaboran nunha colección denominada ‘Mulleres Bravas da Nosa Historia’. Trátase de biografías de mulleres que foron “borradas” da historia ou das que non se conta todo o que se debería contar. Por exemplo, no primeiro volume – xa á venda – salientan a conciencia que tiña Rosalía de Castro en temas de xénero. Noutro falan de María Victoria Moreno, unha autora de infantil con grandes obras pero moi pouco recoñecida. E están a traballar nos dous seguintes, con Maruxa Mallo e a pintora Xulia Minguillón. Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 15 |


Vai de...Libros

10 OBRAS PARA 2017

Foto: Iván Barreiro

Estas son as recomendacións de Lila de Lilith para o novo ano

1. 10 Ingobernables. Historias de transgresión e rebeldía June Fernández - Libros del K.O. - 2016 A autora, que ademais é directora da publicación feminista Píkara, cóntanos as historias de dez persoas. Historias de vidas que están en tránsito na súa identidade sexual, xeográfica, vital… 2. A Virginia le gustaba Vita Pilar Bellver Dos Bigotes - 2016 Recrea a historia de amor entre Virginia Woolf e Vita Sackville-West a través de fragmentos das cartas que se enviaron e de acontecementos documentados. 3. Rosalía de Castro

María Lado e Eva Agra - Editorial Urco - Colección Mulleres Bravas da nosa HIstoria Esta nova colección ten dous obxectivos principais: achegar ao público infantil biografías de mulleres senlleiras

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

galegas facendo unha relectura desde unha perspectiva feminista e, por outro lado, achegar biografías de mulleres que foron, literalmente, borradas da historia. 4. Infancia y transexualidad Juan Gavilán – Catarata – 2016 A transexualidade na infancia é un feito que existe, toca entón recoñecelo e integralo socialmente. 5. Juliette. Los fantasmas regresan en primavera Camille Jourdy - La Cúpula – 2016 Banda deseñada moi recomendable tanto pola historia que conta como pola imaxe que emprega. Un libro para gozar.

6. Diario de un cuerpo. La menstruación, el último tabú. Soy una soy cuatro Erika Irustra – Catedral - 2016 A autora defínese como educadora menstrual e leva seis anos traballando a través de obradoiros, da escrita e das redes sociais sobre un tema sumamente común e sumamente agochado. Neste libro vai narrando a modo diario como lle afecta cada momento do ciclo nas súas vivencias e nas súas reflexións. 7. O verán sen homes Siri Hustvedt - Hugin e Munin - 2016 A protagonista, unha profesora universitaria e poeta duns cincuenta anos, vive unha ruptura amorosa. A maneira na que vai compartindo o que sente, pensa e actúa e moi distinta do que acostumamos a ler.


8. Nana de Tela. La vida tejida de Louise Bourgeois Amy Novesky, ilustrado Isabelle Arsenault – Impedimenta – 2016 É un album ilustrado do que poden gozar tanto persoas maiores como crianzas. Aborda, ou máis ben recrea, a vida de Louise Bourgeois, a relación que tiña con súa nai e o uso das teas e da costura na súa arte.

9. Jane, el zorro y yo

Isabelle Arsenault, Fanny Britt - Salamandra Graphic - 2016 Lindísima e dura banda deseñada (ou novela gráfica) onde nos poñemos na pel dunha moza que sofre insultos e humillacións no seu centro de ensino. Aborda temas como a autoestima, a percepción corporal ou a conciliación. A protagonista refuxíase en Jane Eyre de Charlotte Brontë ata que consegue saír da situación.

10. Con Tango son tres

Justin Richardson e Peter Parnell, ilustrado por Henry Cole – Kalandraka - 2016 (2005) Álbum ilustrado infantil (e para maiores) que conta a historia real de dous pingüíns machos parella no zoo de Nova Iorque que adoptan un ovo que logo se convertirá nun pequeno pingüín.

Hoxe que como? A nosa colaboradora cordobesa Vicky Morales, de tallerdeazucar.es, prepara nesta ocasión unha receita con filloas, a perdición da libreira Patricia Porto. Queres ver o resultado? Entra en pinchaediscos.com

Porto analiza todas as obras que entran na súa libraría para que respecten a perspectiva de xénero. Foto: Iván Barreiro Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 17 |


Alí onde den ben de comer, deixarase caer Pincha!

La Flor, onde cada recuncho ten a súa historia Por Cristina Márquez | Fotos: Iván Barreiro

Recoñezo que son adicta ao café, pero non a calquera. Para min ten que vir acompañado dun entorno distinto ao da miña casa pero no que me sinta como se estivera nela. Iso pásame na Flor, onde calquera dos seus recunchos fanme saborear o rico café mentres vexo pasar a vida en Compostela. Hoxe vin tomar ese café e tiven a sorte de poder charlar un anaco cos seus propietarios, Sandra e Manuel. La Flor nace para eles en 2009, aínda que leva funcionando co mesmo nome desde 1938. “Hai unha historia detrás do bar. O seu fundador, Paquito ‘La Flor’, almorzaba neste local porque en Casas Reais montábase o mercado que se fai agora en Salgüeiriños, e xusto ao final da rúa estaba a parada de autobuses. Gustáballe tanto o bar que acabou colléndoo el coa súa muller. Chamábanlle Paquito ‘La Flor’ porque era algo ‘amanerado’ e tamén porque aquí paraban os autobuses ‘La Flor’ que ían á Costa da Morte”, comenta Sandra.

| 18 | Pincha(e)Discos Nº Nº812| 2016 | 2017

“Namorei do sitio polas súas escaoilas, os zócolos celestes, detalles dos 70 que hoxe xa non se fabrican” Así que desde Paquito ‘La Flor’, alá por 1938 ata agora, este pintoresco local non parou de recibir xente facendo honra sempre ao seu fundador. A paixón polo deseño, polo moderno, polo bo gusto e o encanto innato do local fan que Sandra se namore da súa arquitectura e do seu enclave e acabe montando o que hoxe en día é La Flor xunto con Manuel. “A gran maioría dos locais daqueles anos parecíanme horribles! (risos). Estudiaba deseño na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e tomaba o café das mañás aquí. O local levábanno uns señores maiores, xente marabillosa. Namorei do sitio, entre moitas cousas

porque recordábame ao Bar Puerto en Vigo, polas súas escaoilas, os zócolos celestes, detalles que se remontan aos anos 70 e que hoxe en día xa non se fabrican. Venme recordos da infancia, meu pai era butanero e todas as súas rutas remataban neste bar de vigués”, conta a empresaria. Ben é certo ca decoración deste mítico bar non pasa desapercibida para ninguén. E é que o lugar é tan bonito e distinto ao que ata entón podiamos atopar en Compostela que senta un precedente para a hostalaría na nosa cidade. “Pode soar mal, pero a imaxe do local é miña (risos). Manuel é un gran xestor pero o perfil da Flor é meu, baseado nas miñas vivencias. Polo traballo da miña nai, pasamos vivindo unha tempada na capital francesa, así que na cafetería está o reflexo destas influenzas parisinas, a luz tenue, que todo estea acompasado. A idea era conseguir un sitio acolledor e cálido, no que puideras desde tomar o café de mañá, a caña de mediodía, xantar cómodamente e tomar unha copa a primeira hora da noite”, detalla a xerente.


La Flor tamén ten unha rica oferta gastronómica onde o seu provedor principal é o Mercado de Abastos. Nela gustaríame destacar as hamburguesas, que son as máis ricas da zona ;). Isto é gracias a Ana Fuentes, que está á fronte dos fogóns desde case o principio da actividade. “Queriamos unha carta rica e asequible, nela ofertamos cinco tipos de hamburguesas, tostas… e xa que tanto Manuel coma eu somos de Vigo e Portugal quédanos moi preto, metimos tres pratos da cociña deste país. É que nos encanta a oferta gastronómica portuguesa”, declara Fuente. Así que xa sabedes, os que todavía non visitáchedes La Flor, non sei a que esperades , porque ten todo para seguir funcionando moitos anos máis!

Con cervexa propia La Flor celebra o inicio do 2017 cunha cervexa propia, cunha colección botánica de catro variedades feita con catro plantas distintas. Unha cervexa orgánica e totalmente artesá, na que o deseño da etiqueta non deixará indiferente a ninguén. Este tipo de cervexas gaña adeptos a nivel mundial, e non soamente polo método de cultivo orgánico da materia prima e os valores que isto conleva, senón tamén polas excelentes calidades do produto resultante. Podedes probala e mercala no bar e tamén en Vide, Vide!

Ata a próxima amantes do bo comer, vémonos nos bares!

“Na carta, rica e asequible, ofertamos hamburguesas, tostas e pratos da cociña portuguesa”

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 19 |


TOP 5

ABRAIANTES O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

1

Arroz con carabineiros A Casa da Viña. Unha prato para dúas persoas moi saboroso e con

marisco de primeira calidade.

Degustar este manxar foi todo un pracer! Ademais, cando rematas co carabineiro, na cazola tes esperando unha sorpresa: unha vieira para acabar o arroz.

Consello: Como sobremesa, recomendamos o ‘5 Texturas Barry’.

2

Kebab Connection

Encantounos esta edición do concurso

El Muelle.

compostelán de tapas! Pero se hai que

A tapa que presentou este bar para o concurso Santiago(é)Tapas.

escoller, nós quedámonos con esta versión do kebab feita polo chef Jorge Iglesias con faceiras estufadas.

Consello: Alí serven o mellor chocolate da cidade!

3

Uns bos callos

Rincón do Gaiás. Riquísima esta tapa que tomamos na sesión vermú.

Que ben nos sentaron estes callos que nos serviron como tapa nun frío domingo de inverno! Todo un acerto deste local do compostelán barrio de Sar.

Consello: Non todo é o centro! En Sar atoparás moitos locais con boas propostas

4

Para tomar exemplo

‘Que che re-aproveite!’. Campaña municipal para evitar o malgasto alimentario na hostalería.

25 restaurantes da cidade sumáronse en novembro a esta iniciativa repartindo friameiras entre os seus comensais. Bravo pola idea e que cunda o exemplo!

Consello: Podes facelo por ti mesmo! Usa un tupper para levar os restos á casa.

5

Para carnívoros Casa Rosinda.

Os amantes da carne atoparán nesta casa

Contan na súa carta

rural de Trazo unhas costeletas ben boas,

cunhas costeletas

ternas e ao seu punto. Todo nun entorno

dignas de probar.

verde que dá gusto pisar.

Consello: Tamén está moi bo o seu cocido. | 20 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017


Pincha(e)Discos Nยบ 12 | 2017 | 21 |


entrevista

Santiago Olmo, director do CGAC “Este museo é enormemente valorado fóra pero aquí non se lle ten esa estima” Por Rebeca Munín

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017


O

“Temos a biblioteca cupa un dos edificios singulares da nosa cidade – obra do de arte máis recoñecido arquitecto portugués importante Álvaro Siza -; no seu interior ten albergado as obras dalgúns dos de Galicia e artistas contemporáneos internacionais máis actividades importantes; e o seu nacemento no 1993 foi clave para a transformación da escena galega. gratuítas durante Pero non corren bos tempos para a cultura e todo o ano” moito menos para os museos como o CGAC. Segundo datos do IGE correspondentes a 2014, dous de cada tres galegos admiten que non acoden a ver exposicións nin unha soa vez ao ano. A iso debemos sumar os recortes no seus orzamentos que vén aplicando a Consellería de Cultura e Educación de xeito continuado. E tamén, a diminución do seu cadro de persoal, con 11 traballadores menos desde 2008 e a proposta de amortización para outros dous postos máis. Con este panorama semella moi complicada a tarefa de revitalización adquirida polo seu director. Sen embargo, Santiago Olmo (Madrid, 1958) non se rende. Desde a súa chegada ao cargo, fai ano e medio, loita por aumentar o número de visitas (foron 38.000 durante 2015) pero, sobre todo, por que os composteláns non deixen de lado unha das nosas infraestruturas culturais con maiores posibilidades.

Santiago Olmo nunha das intervencións de Eva Lootz. Foto: Iván Barreiro

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 23 |


Colleu as rendas do CGAC nun momento complicado. Que balance fai deste ano e medio de xestión? Positivo pero está claro que aínda se poden cambiar moitas cousas. O que intentei facer é poñer en marcha o museo e incrementar a profesionalización do sector. Por exemplo, actualizamos remuneracións e impulsamos a parte de edición. Ademais, os libros e os catálogos teñen agora o logo do museo na cuberta e no lomo. Nos últimos anos desaparecera e, polo tanto, había unha invisibilidade do CGAC. Tamén estruturamos unha programación, cambiamos liñas de colección… E optimizamos os recursos humanos que ten o museo, aínda que necesitaría moito máis persoal. E algo que sigo reclamando. Está o CGAC chegando a todo o que pode chegar? Eu creo que a sociedade estase rexindo por tópicos. Cando cheguei aquí só me falaban de que non viña ninguén, de que non tiña interese… Pero a xente que fala diso é precisamente a que non vén. Eu invítoos a vir. O CGAC é un museo moi importante pola súa arquitectura. Aquí se organizan moitas actividades e o público non responde. Non porque non sexan interesantes, senón porque hai unha certa desidia. Esa é a miña impresión. Falta motivación. Os museos de arte contemporánea o que dan son interpretacións críticas da realidade. E a resposta non está sendo a que debería ser. Entendemos ben a arte contemporánea? Como saber se unha peza é arte ou non? Porque hai unha intención. O artista o que fai é sinalar cousas que están aí e que non se viran. Ou debuxa unha escena que de repente sorprende, formulando ideas, temas ou situacións. Ou, por exemplo, xoga co espazo. Unha obra de arte pode facer ver o mundo doutra maneira. O artista é case como un chamán. Ten que facer pensar, sentir, experimentar, aprender, crecer.

“O artista é case como un chamán. Ten que facer pensar, sentir, experimentar” Cal é o perfil de visitante? Temos moitos visitantes estranxeiros. Moito máis que galegos. O museo é enormemente valorado fóra e sen embargo aquí a xente non lle ten esa estima. Pero non o digo como unha crítica, senón para que se animen a vir. Porque este é un espazo de aquí, desde onde se producen proxectos pensados desde aquí, para entender o mundo desde aquí… Todos os visitantes estranxeiros sorpréndense de que sexa gratuíto. Outros museos noutros lugares están cheos e hai que pagar. Quizás hai falta de costume e tamén outro problema que é que durante moito tempo se estivo criticando. E as críticas teñen que ser construtivas. Non destrutivas. Por que paga a pena visitalo? Porque, por exemplo, temos a biblioteca de arte máis importante de Galicia. A que ten o maior número de revistas desde os anos 90 ata a actualidade, catálogos, monografías, etc. Temos unha programación de cine, cursos, actividades, conferencias… ao longo de todo o ano que son gratuítas. Estamos desenvolvendo proxectos moi novidosos como son os concertos de música contemporánea con pezas realizadas específicamente sobre as exposicións. Recuperamos as visitas guiadas nas fins de semana e baixo demanda. Hai obradoiros para nenos e familias… E a xente, cando vén por primeira vez, con que impresión marcha? É moi variada porque hai cousas que gustan, outras que non... Pero polo xeral, os que veñen ás visitas guiadas sempre repiten. E iso quere dicir algo.

O CGAC ocupa un edificio moi valorado pola súa arquitectura. Foto: Iván Barreiro

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017


2017 con Eva Lootz, Luis Gordillo e Eduardo Batarda

O director do CGAC invita a todos os composteláns a gozar deste museo. Foto: Iván Barreiro

O novo ano arrancará no CGAC cos últimos días para poder visitar as exposicións de Berta Cáccamo e Eva Lootz. A primeira inscríbese dentro dunha revisión da xeración de artistas galegos dos 90 que comezou no museo coa mostra ‘Agrupar_Desagrupar’ e continúa cos traballos desta pintora que se caracteriza por unha mirada inquieta, emocional e afectiva. A segunda, titulada ‘Cut through the fog’, achéganos a obra da consagrada artista austríaca, empregando desta vez materiais galegos. E inclúe tamén un grupo de investigación sobre as minas de wolframio da nosa terra. En febreiro inaugurarase a mostra ‘(Ex)Posicións Criticas’, coa que se fará unha revisión dos criterios interpretativos entre os anos 70 e os 90 en España. Incluirá xornadas de debate nas que participarán 40 expertos de todo o país. En verán chegará unha exposición retrospectiva de Luis Gordillo, considerado unha das principais figuras da arte abstracta en España. E tamén poderemos coñecer as obras de tres latinoamericanas: Sofía Táboas, Luciana Lamothe e Patricia Esquivias. Para o último trimestre de 2017 está preparado un proxecto no que o artista portugués Julião Sarmento será o comisario dunha exposición dun pintor dunha xeración anterior á súa, Eduardo Batarda. Simultaneamente o CGAC acollerá unha exhibición de artistas galegos. E xa para 2018 o museo traballa nas mostras do artista conceptual Antoni Muntadas e da cubana Tania Bruguera.

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 25 |


#atafartar

SASHIMI DE SARGO EN MAMA’ PEIXE Guillermo Pérez e Ana Vidal están detrás da taberna mariñeira Mamá Peixe. Un restaurante onde os produtos do mar son os protagonistas. “O que máis traballamos son pezas enteiras ao peso, que facemos á prancha e despois terminamos sobre patacas ao forno”, conta o chef. El mesmo acode todos os días á Praza de Abastos para facerse cos mellores exemplares. “Temos unha oferta tradicional, sen corsets para produtos de aquí ou de alá, con aliños diferentes, con salsas… Dámoslle sempre unha volta ao recetario”, engade. Abren todos os días menos os luns e os domingos pola noite. Durante a semana ofertan un menú degustación de cinco pratos (aperitivo, entrante, medio peixe, media carne e sobremesa), que por 12 euros está a funcionar moi ben. “O balance dos case dous anos que levamos abertos é moi bo. Sorprendeunos para ben a resposta da xente. E iso que estamos nunha zona complicada por toda a competencia que hai”, comenta Guillermo. En 2017 preparan unha reforma do local que os manterá pechados na segunda quincena de febreiro. Á volta prometen continuar co seu estilo cercano, atrevéndose a facer (case) de todo co peixe.

Por @JuanEAT_o

Foto: Iván Fernández | 26 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017


@JuanEAT_o a piques de ‘atrapar’ o prato de Mamá Peixe. Foto: Iván Fernández Todos os que me ledes sabedes que eu son máis de carne que de peixe. Por iso probar un dos pratos do Mamá Peixe era todo un reto. Ao chegar ao restaurante, o seu dono, Guillermo, cóntame que o elexido é unha das señas de identidade da casa: un sashimi de sargo con aceite de miso, alioli, lima e tomates. Leva na carta desde que abriron e baséase nun dos pratos que o chef sempre comía no local de Toñi Vicente (cando tiña a Estrela Michelin en Santiago) que consistía nun carpacho de lubina.

Lugar: Mamá Peixe Rúa Algalia de Arriba, 45 Santiago de Compostela Prato: Sashimi de Sargo Prezo: 12 e

Visualmente trátase dunha proposta moi colorida e chamativa, como podedes ver na foto. Nótase que a presentación está coidada e iso sempre é moi de agradecer. Notábase ademais un corte preciso da peza. Pero o que máis destacaría é que cun só prato puiden experimentar catro comidas distintas. E é que os sabores no padal son ben diferentes se colles o sargo só (cunha intensa lima), o sargo con tomate, o sargo coas ovas de peixe (que reenvía moitísimo ao mar) ou o sargo co alioli. Ou incluso, unha última opción, de meter nun só bocado todo mesturado. En xeral, é un prato de contrastes e sabores potentes que eu recomendaría para os amantes do peixe.

Valoración: 

Confeso que o local non o coñecía e que quedei con ganas de probar máis da súa carta. Quen sabe, quizais consigan que goce moito máis dos produtos do mar!

A TER EN CONTA

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 27 |


e accion



por Cineclube de Compostela |cineclubedecompostela.blogaliza.org|

1939: O MELLOR ANO DA HISTORIA DO CINEMA? A regra do xogo de Jean Renoir

Jhon Ford dirixindo A dilixencia

Estrea de Foise co vento no Astor Theatre de Broadway

D

esde a fundación do Cineclube de Compostela outórgaselle tanta importancia ás chácharas (cinéfilas ou non) como á propia programación de filmes. É tradición rematar as proxeccións conversando arredor da barra do Malas Pécoras e recentemente, á saída dunha proxección, xurdiu un tema interesante: decatámonos de que, dentro das máis de 1.000 obras que levamos programadas nestes 15 anos (das que temos unha base de datos) nunca se puxera un filme de 1939. É máis, era o único ano que tiñamos pendente dos últimos cen. Ben é certo que entre 1895 e 1915 temos

| 28 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

Michael Powel e Emeric Pressburguer

tamén varios “anos en branco” pero, ai, o cinema mudo leva anos sendo unha das nosas eivas máis inescusables. Non é que nos obsesione cubrir ocos; non escollemos as películas co criterio absurdo de ir cubrindo todos os anos equitativamente, pero pouco despois algún de nós lembrouse desa conversa e, buscando na wikipedia, atopou que o encabezamento do artigo correspondente ao cinema en 1939 comezaba coas palabras “The year 1939 in motion pictures is widely considered the most outstanding one ever” (O ano 1939 no que atinxe aos filmes é amplamente considerado como o máis destacado de todos os tempos).




Cartaz Historia do ultimo crisantemo

Dende logo isto non podía seguir así, había que emendar semellante afronta. E pouco a pouco foi collendo forma a idea de adicarlle un mes enteiro a ese comunmente considerado “mellor ano da historia do cinema”. Que podíamos facer entón co ano de Foise co vento, O Mago de Oz, Ninotchka, Cabaleiro sen espada, Os violentos anos vinte? O primeiro, desde logo, poñer en dúbida esa sospeitosa coincidencia entre críticos e historiadores para sinalar 1939 como o ano milagroso. E, botando un ollo aos filmes anteriormente citados salta á vista unha obviedade que dá que pensar: son todas producións de Hollywood. Investigando un pouco, atopamos que a propia industria norteamericana comezara xa a afirmalo antes de que tivese lugar, iniciando a campaña “Motion Pictures’ Greatest Year” para defenderse dunha denuncia antimonopolio que lles puxeran ás majors. E que é o que temos ao saír dos EUA? Que atopamos ao analizar o resto das cinematografías do mundo máis salientables neses anos se nos centramos en 1939? O cinema francés si que conta con dúas obras maiúsculas como Levanta o día, de Marcel Carné, e a capital A regra do xogo de Renoir (pedra angular do ciclo proxectado), ou os interesantes filmes de figuras como Dudivier, Feyder ou Ophüls, e na cinematografía británica, a piques de converterse nunha das ferramentas máis importantes de resistencia fronte ao nazismo, atopamos obras moi interesantes como a clásica Adeus, señor Chips de Sam Wood

e accion

ou O espía de negro, a primeira colaboración de Michael Powell con Emeric Pressburger, que puidemos ver no Cineclube en novembro. Pero no resto das principais cinematografía de Europa o panorama é desolador. A vitoria dos fascismos en España, Alemaña e Italia acabara co interesantísimo cinema republicano e os restos do expresionismo alemán. E a pobre produción italiana, baixo a ditadura de Mussollini, estaba aínda a cinco anos da aparición dun Rossellini que o convertese na vangarda de todos os cinema modernos. Na Unión Soviética, probablemente a cinematografía máis interesante dos anos vinte, a aposta do stalinismo polo realismo socialista esnaquizou todo o cinema de vangarda, provocando que nese ano coincidisen algúns dos peores filmes de directores capitais coma Dovzhenko, Pudovkin ou Barnet. En Xapón a situación era moito mellor, e iso que numerosos filmes desa época foron perdidos. Mizoguchi realizou en 1939 un dos filmes capitais da historia do cinema do seu país coa inmensa A Historia do crisantemo tardío, tamén proxectada no mencionado ciclo. Dos outros grandes do cinema dese país atopamos por unha banda dous filmes pouco coñecidos de Mikio Naruse, mentres que outros nomes como Ozu e Kurosawa non teñen obras nese momento: o primeiro por mor dun estraño lapso de cinco anos sen filmes, o segundo porque aínda había de debutar catro anos despois. No cinema sudamericano, apenas destacábel ata aquel momento, Arxentina comeza a despegar ese ano con Prisioneiros da Terra, pioneira do cinema social latinoamericano. A importancia dese ano dentro do cinema estadounidense é determinante, con tres dos filmes determinantes dos dous directores que mellor simbolizan o cinema clásico. A Dilixencia de John Ford, asentou as bases do western, e O mozo Lincoln transformou para sempre o cinema histórico norteamericano. Howard Hawks, pola súa banda, realizou un dos seus máis singulares e valorados filmes de aventuras, Só os anxos teñen ás (os dous últimos filmes foron escollidos tamén para o ciclo). Con todo, non debemos esquecer que unha das razóns polas que este ano foi escollido como o máis importante probablemente teña que ver co éxito sen precedentes de Foise co vento, aínda hoxe o filme con máis recadación da historia se temos en conta a inflación. Así, este novembro tivemos no Cineclube unha mostra de 1939, probablemente “o meirande (que non mellor) ano na historia do cinema (estadounidense)”. Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 29 |


Directorio

D Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

Casas Reais 25 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro 3 Santiago de Compostela

L e M: 11:30 a 00:30 Me e X: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 02:30 Domingos Pechado

De L a S de 8:30 a peche Domingos Pechado

T. 981 556 344 - quedamosenlaflor.com

T. 881 031 403

CAFÉ BAR

mamá peixe taberna mariñeira

Rúa da Senra 6-baixo Santiago de Compostela

Caldeirería 49 baixo Santiago de Compostela

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De L a S de 7:30 a 23:00 Domingos Pechado

De L a Me e D de 8:00 a 23:00 X a S de 8:00 a 1:00

De M a S de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 D de 13:00 a 16:00

T. 981 585 974

T. 981 569 290

T. 981 070 526 - tabernamamapeixe@gmail.com

Avda. da Liberdade 11 Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro 16 Santiago de Compostela

De L a V de 9:00 a 00:30 S de 10:30 a 00:30 e D de 10:30 a 16:30

De L a S de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 00:00

M a X de 9:30 a 00:00 V e S de 9:30 a 1:30 D de 9:30 a 00:00

T. 981 813 520 - www.bodeguilladesanroque.com

T. 981 577 633 - www.dezaseis.com

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

Avda. Benito Vigo 70 A Estrada

Pedra Santa Restaurante

Costa de San Marcos 18-20 Santiago de Compostela

mansorestaurante.com

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017

www.resas.es

De L a S de 7:30 a 00:00 T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com


Rúa Cardeal Payá 8 Santiago de Compostela

Rúa da Raiña 4 Santiago de Compostela

Rúa Sempre en Galiza 1 Santiago de Compostela

De 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 1:00

De M a D de 10:00 a 00:00

T. 981 572 257 www.restaurantesanjaime.com

T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

Grupo

vinotapeta@gmail.com

De L a D de 9:00 a 00:00

ALBERGUE HOSTEL

CASTRO Rúa Nova 36 Santiago de Compostela

Crta. N-550, s/n Pazos · Padrón

T. 981 566 980

T. 981 811 312 - www.hscala.com facebook.com/hotel.scala

Av. Ourense, 24 Palas de Rei Luns a Domingo de 12:00 a 23:00 T. 982 380 321 - alberguecastro.com

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

De L a V de 10:30 13:30 e de 17:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

Rúa Nova 19 Santiago de Compostela De 11:00 a 20:00 Pechado mércores e domingos T.981 585 788 - pilgrimhousesantiago.com

T. 659 987 901 - info@petitsbisous.com facebook.com/petitsbisous

Pincha(e)Discos Rúa do Cubelo 27 Santiago de Compostela T. 981 552 352 - pandamoa.com obradoiro@pandamoa.com

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

Únete a nós! publicidade@pinchaediscos.com

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 31 |


A E•NDA

Patrocinada por:

CICLO ‘VOCES ROTAS’ Cando? Martes de xaneiro ás 20:00 horas Onde? Centro Cultural Afundación Canto pagarás? Nada! É de balde! (ata completar aforo) Ciclo de cine que profundiza nas distintas problemáticas sociais que, en diferentes épocas, afectaron á nosa sociedade (inmigración, crenzas relixiosas, a violencia xuvenil, homosexualida-

REMATA O PROGRAMA DE NADAL Cando? Ata o 5 de xaneiro

de...) coa finalidade de reivindicar e concienciar. Pode consultarse a programación completa en afundacion.org

Os Centros Socioculturais composteláns continúan coas actividades de Nadal ata o día 5. Data na que se pechará o Mercado de Nadal de Carreira do Conde. Esa tarde, a cabalgata dos Reis Magos percorrerá o Ensanche baixo o lema ‘A ruta dos desexos’. Antes, o día 3, a Cidade da Cultura acollerá o festival solidario ‘Cancións por Regalos’.

CONCERTO DE XABIER DÍAZ

XII GALA IMPLÍCATE!

REPRESENTACIÓN DE ‘O CONTO DE INVERNO’

Cando? 8 de xaneiro ás 20:30 horas

Cando? Do 12 ao 15 de xaneiro

Onde? Teatro Principal

Onde? Salón Teatro

Artistas do mundo da música, danza, teatro e

Teatro Oficina en coprodución co Centro

Cando? 7 de xaneiro ás 22:00 horas

literatura daranse cita para participar na XII edición

Dramático Galego presenta esta interpretación da

Onde? Sala Capitol

do ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’,

obra de William Shakespeare baixo a dirección de

Canto pagarás? 14 euros (máis gastos xestión)

organizado por Implicadas/os no Desenvolve-

Marcos Barbosa. A peza adoita ser aprezada polo

Logo dun ano de xira e galardóns, Xabier Díaz &

mento e presentado por Yolanda Castaño e Monti

seu carácter de conto admonitorio, algo fantástico,

Castiñeiras. Os cartos recadados destinaranse a

sobre os males dos celos e sobre a enerxía

financiar os proxectos de cooperación para o des-

renovadora que a natureza lles concede a todas as

envolvemento que Implicadas ten no Sur da India.

reconciliacións.

Adufeiras de Salitre regresan á Sala Capitol, desta volta coa sorpresa das Tanxugueiras, un dos grupos tradicionais máis prometedores da actualidade.

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017


A E•NDA

Patrocinada por:

ESPECTÁCULO DE HUMOR ‘LA VIDA MODERNA’ Cando? 20 de xaneiro ás 20:30 horas Onde? Auditorio Abanca Canto pagarás? 10 euros (anticipada) Protagonizada por Quequé, Ignatius e David Broncano, a obra xurde a raíz dun programa de radio que trataba diversos problemas de acepción social en clave de humor.

AULA ‘OLLOS VERDES’ CON ÓLIVER LAXE Cando? 14 de xaneiro ás 11:30 horas Onde? Numax Encontro co cineasta galego Óliver Laxe para afondar no proceso creativo do seu filme ‘Mimosas’, premiado na Semana da Crítica do Festival de Cannes e estreado recentmente en cinemas de toda España por NUMAX Distribución.

III ‘ESCENAS DO CAMBIO’ Cando? Do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro

TALÍA TEATRO EN ‘BICOS CON LÍNGUA’ E ‘PELOS NA LÍNGUA’

Onde? Cidade da Cultura e outras localizacións compostelás

CONCERTO DE HALF WAIF

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte

Cando? 1 de febreiro ás 21:30 horas

Cando? 16 e 17 de xaneiro ás 10:30 e 12:00h.

en Acción ‘Escenas do Cambio’ volverá á Cidade

Onde? Riquela Club

Onde? Salón Teatro

da Cultura na súa terceira edición cun programa

Canto pagarás? 12 euros (10 euros anticipada)

Dous divertidos espectáculos-collage a cargo de

con 25 pezas de artistas e compañías de 10

O grupo de Brooklyn HALF WAIF, que lidera

Talía Teatro que falan en clave positiva da situación

países diferentes (podes consultar toda a info en

Nandi Rose Plunkett, inclúe a Santiago de

crítica que está vivir a lingua galega. A idea é facer

pinchaediscos.com). Nesta ocasión o teatro galego

Compostela na súa primeira xira europea,

reflexionar ao público sobre a situación do galego

terá unha presenza destacada con nomes como

organizada para presentar o seu segundo álbum,

na actualidade.

Chévere, Matarile Teatro ou iLMaquinario.

titulado ‘Probable Dephts’.

Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017 | 33 |


A E•NDA

Patrocinada por:

ENTROIDO GASTRONÓMICO Cando? Do 30 de xaneiro ao 14 de febreiro Onde? Restaurantes de Santiago e comarca Canto pagarás? 25 euros Varios restaurantes de Santiago e comarca ofrecen un menú especial de Entroido por 25 euros que inclúe primeiro, segundo, sobremesa e bebidas, elaborados con produtos típicos desta época como a carne de tenreira ou

CONCERTO DE IVÁN FERREIRO

galiña, porco, grelos, patacas, filloas, orellas, melindres e rosquillas. En Compostela participan

Cando? 4 de febreiro ás 21:30 horas

a Gastrotaberna Esmorga e o restaurante Paz

Onde? Sala Capitol

Nogueira.

Canto pagarás? 22 euros (máis gastos xestión) Iván Ferreiro visitará Santiago en febreiro, nun concerto no que poderemos coñecer os temas do seu último traballo ‘Casa’. Abertamente valente, Iván ofrece unha colección de cancións evocadoras, un mosaico de historias que renovan a súa marca rexistrada.

XENERAIS DA ULLA 2017 Cando? Do 30 de xaneiro ao 28 de febreiro Onde? Comarca da Ulla A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende

VIII EXPOSICIÓN DE CAMELIAS

mediados do século XIX. Os personaxes máis

A MAXIA DOS AFIADORES

importantes son os xenerais e correos a cabalo,

Cando? 6 e 7 de febreiro ás 10:00 e 12:00 horas

que percorren as parroquias ao longo do día dando

Onde? Teatro Principal

Cando? 4 e 5 de febreiro

vivas a veciños e visitantes. Rematan escenificando

Canto pagarás? Gratuíto previa reserva

Onde? Asociación Cultural A Rocha Forte

un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por

Un espectáculo para nenos que xira en torno a

Canto pagarás? De balde!

parellas, aproveitado para facer burla e sátira de

unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago

Celebración da ‘VIII Exposición de Camelias’ en A

asuntos locais, de política ou do corazón, acon-

Teto dos seus ancestos. Así recorda a figura do

Rocha Forte, organizada pola Asociación Cultural

tecidos durante o ano. Programa completo en

afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos

Rocha Forte.

xeneraisdaulla.com

XVIII e XIX ,e prácticamente extinguido no XX.

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 12 | 2017



RTI OS. STA .. S? R e sp

on d e

Pep e

º3

oMsARCA

|x uño -xu llo

Pincha(e)

Di

COMPOSTELA 201 5

EN CLAVE FE MININA

A Pra za de Abastos, Pan da Moa, Coro da Ra, Grupo Chévere... así é o noso.

Solla

Falamos coas

cociñeiras Ro

sa Sa nmartín

, Lucía Frei

Pincha(e)Discos Nº 1 | xaneiro-febreiro

Pincha(e)Di

s

sco i D ) e ( cha

n

2015

bro 2015 o-decem novembr Nº 5 |

Pincha(e)Discosela

ola compost E D E R NdeArse S O R Pincha(e) I E n e L t n OLLO CON ESTES RAPACES! TACondenados a e Discos Nº 6 | xaneiro-febreiro 2016

NACE A REVISTA GAST

RCA COMP ROCULTURAL DA COMA

OSTELÁ

Santiago derborda talento culinario e musical

Nº 7 | marzo -abril 2016

s o c is

U )NDANO GASTROCULTU e ( RAL a h c Celeb ramos o

sPin o c s i D e) ( a h c n Pi to 2016 llo-agos Nº 9 | xu

6 201 bro utu ro-o b m te | se

10 Nº

noso primeiro

aniversario co

SEN DISFRACES Pinch

nta ndo qu en

cha(e)Discos

Así aprenden os alumnos da Escola de Teatro Espazo Aberto a meterse na pel dos seus personaxes

ATO R P O D Ó MÁIS AL ciña ra, as co da Cu ltu e d a id C hera en a r Luis Za e escond e o acto mos o qu Descub ri os Reis Católicos ld do Hosta

é qu en en Pin

s

a(e)D is

2 anos convosco R! O Ñ SE I S , LEI I A B en S

a

... s ic o , clá orra e c n a oc c he eakd s, br qu e se a n a o er vill o, se rend Ta ng odes ap go p nt i a

c

Nº 11 | novem br


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.