Pincha(e)Discos Número 7

Page 1

Pincha(e)Discos Nº 7 | marzo-abril 2016

UN ANO GASTROCULTURAL Celebramos o noso primeiro aniversario contando quen é quen en Pincha(e)Discos



Quen é quen en Pincha(e)Discos

Vai de… Teatro

Teatro Principal

P. 6

Reportaxe

P. 10

Oído Cociña

P. 18

Entre Bambolinas

P. 22

Crusat & Costas

P. 26

A sobremesa, primeiro por favor!

P. 14

Luscofusco

P. 21

Recomendacións Pincha(e)Discos Vía Romana

P. 25

5 e acción

con Brais Morán

Os imprescindibles do ano

Dúas copas de viño… con cal quedas?

P. 28

TOP 5

ABRAIANTES

P. 34

Crusat & Costas

Top 5 Abraiantes

O mellor que robamos ata hoxe

Ten que haber de todo!

P. 29

P. 32

A E• NDA

Directorio

D Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 3 |


Foto: Suso Rivas

EDITA: Cristina Márquez ı Directora de Márketing Rebeca Munín ı Directora de Contidos pinchaediscos@pinchaediscos.com redaccion@pinchaediscos.com Deseño e maquetación: RSM Comunicación Publicidade: Juan Vázquez e Jéssica Pintor publicidade@pinchaediscos.com Fotografía: Suso Rivas Colaboradores neste número: Jéssica Pintor, Andrea Núñez-Torrón, Xiana Lastra, Lorena Costas e José Crusat

Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 66 - 2015 www.pinchaediscos.com Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como pinchaediscos Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

| 4 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

EDITORIAL A primeira vela Aquí estamos. Un ano máis vellas e con xa sete números de Pincha(e) Discos na rúa. 365 días que deron para moito. Sobre todo para coñecer de preto a moitas das persoas que forman parte da gastronomía e da cultura de Santiago. Uns sectores cheos de xentes loitadoras, que nos ensinaron moito e das que desexamos seguir aprendendo. Entre elas, queremos agradecerllo especialmente a aqueles que protagonizaron as nosas portadas: o chef do restaurante Manso, Alberto Lareo, e o dj e xerente de Radio Deli, Javier Rial; Guillermo Moscoso, de Pan da Moa; o Estrela Michelin Pepe Solla; a xefa de cociña do Hotel Monumento San Francisco, Rosa Sanmartín; os propietarios do Abastos 2.0, Iago Pazos e Marcos Cerqueiro; e os alumnos do Conservatorio Profesional de Música. Todo o aprendido serviranos agora para seguir evolucionando. Esperemos que a mellor, claro! ;) Ideas e plans non faltan! E a partir do vindeiro número empezaredes a ver o resultado. Nestas páxinas celebramos o noso primeiro aniversario contándovos quen é quen en Pincha(e)Discos. E como nós somos ben larpeiras, neste número tiñamos que escribir sobre doces! Ademais, descubrímosvos un dos centros clave da cultura compostelá, o Teatro Principal. Tamén falamos dalgunhas das aperturas máis interesantes na rama da hostalaría da cidade. E, por último, traémosvos as seccións habituais de entrevistas, viños, axenda… así como os nosos rankings máis tolos. Agardamos que vos guste! Lémonos de novo o 29 de abril! E para os que non aguantedes tanto tempo, lembrade que ‘as pinchaediscos’ seguimos dando ‘caña’ en pinchaediscos.com


www.resas.es


reportaXe

QUEN É QUEN EN PINCHA(e)DISCOS

A

quí podedes coñecer un pouquechiño máis sobre as principais persoas que fan posible a existencia de Pincha(e)Discos. Pero hai máis! Neste primeiro aniversario non nos queremos esquecer dos bloggers que tamén puxeron o seu gran de area a través da nosa páxina web: Inés Banet, Paloma Fernández, Fillos da Malte e Álvaro Lorenzo. E tampouco de todos aqueles cineastas que plasmaron a súa sinatura na sección ‘5 e acción’: José Luis Losa, Alfonso Zarauza, Pela del Álamo e Jairo Iglesias. Moitas gracias a todos eles!

Jéssica Pintor Xornalista e colaboradora do departamento comercial de Pincha(e)Discos, Jéssica é amante da boa comida! “Teño por praceres principais comer, durmir e facer o amor. Pero se non almorzo, esquecédevos das outras dúas!”, dinos entre risos. Porque ela é así, ben simpática e sinceira! A que todo o vende! E á que sempre é un gusto ler. “Resulta xenial poder colaborar nun proxecto como Pincha(e)Discos. Por enriba de todo é un recuncho distinto, no que me deixan, ademais, escribir sobre un dos maiores praceres deste mundo. Escribir é grandioso, pero se lle sumas facelo sendo ti mesma, sen complexos, e sobre algo tan #ricorico #atafartar como comer, resulta do máis suxestivo!” Alberto Seoane e Ruth Ríos Alberto e Ruth son dúas persoas con moita arte! Ou non vedes o ben que deseñan e maquetan a nosa revista? Na súa axencia RSM son especialistas en estratexias de comunicación. “Os nosos clientes logran ser o centro da conversación. E para que lles sirve? Para darse a coñecer e atraer novos clientes. E non é iso o que todos desexamos?”, aseguran. “Desde o principio gustounos a idea romántica dunha revista en papel. Papel nos tempos que corren! Pois si. Rebeca e Cris merecían apoio así que non dubidamos en embarcarnos nun proxecto cun concepto que nos encantaba: unir gastronomía e cultura nun mesmo soporte, nunha das mellores cidades do mundo para comer e ‘culturear’”.

| 6 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


reportaXe

Suso Rivas Sempre cunha cámara ao lombo, Suso é o responsable de sacar tan guapos e guapas aos nosos entrevistados e entrevistadas! Especializado na fotografía de voda, as súas imaxes destacan pola súa coidada estética. En Pincha(e)Discos vémolo desenvolver toda a súa creatividade en tres das súas grandes afeccións: a música, a gastronomía e a fotografía. “Estou encantado de aportar o meu gran de area a un proxecto local, cercano, informativo e cultural coma este. Cando o traballo e unha paixón fúndense, un considérase afortunado. E así é o equipo de Pincha(e)Discos. Espero que este sexa o primeiro de moitos anos aportándonos ese outro punto de vista aos composteláns”. Xiana Lastra É unha das voces galegas que máis seducen. Cantante de Puntada sen fío e do grupo infantil Pitusa Semifusa, Xiana ten ademais algunha sorpresa a piques de saír do forno… Tamén é produtora audiovisual en Seispés Producións Creativas. Boa amiga, ocúpase en cada número da nosa revista da sección Entre Bambolinas, onde entrevista aos máis importantes artistas da terra. “Colaboro con Pincha(e)Discos porque o equipo de traballo é de máximo nivel humano e profesional, ademais de que considero que era moi necesaria unha publicación independente e en galego que se preocupe especialmente polo eido cultural” José Crusat e Lorena Costas Son a parella gastronómica de moda! Xuntos protagonizan Crusat & Costas, a sección na que analizamos os mellores caldos galegos. A relación co viño do primeiro venlle do seu pai, fundador da Adega Entreosrios, na que Jose actualmente colabora. “Ademais elaboro os meus propios viños, acudo a catas e son vogal para o Barbanza da Asociación Galega de Viticultura”, engade. Pola súa banda, Lorena entende o viño como unha forma de vida. E co obxectivo de reivindicar o bo facer dos viticultores, escribe sobre el no seu blog lorena-bakemyday.blogspot.com e acode a diferentes eventos. “Tamén tiven a grande sorte de formar parte do xurado do Ranking dos 10 mellores viños por menos de 10€ que cada ano convoca Mariano Fisac, a quen admiro pola súa labor”, apunta. Crusat: “Non son persoa de escribir e expresar. Cústame moito, pero facelo aquí dame a oportuidade de falar de viños fóra do océano comercial, poñendo o meu pequeno gran na laboura de expandir e divulgar o viño galego” Costas: “Non están todos os que son, pero prometemos seguir dando a coñecer os viños galegos grazas a Pincha(e)Discos, que está a facer unha grande labor pola cultura na comarca de Santiago de Compostela. Por moitos aniversarios mais!”

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 7 |


reportaXe

Andrea Núñez-Torrón Andrea é desas xornalistas todoterreo! Escribe como freelance para diferentes medios e empresas de tecnoloxía, ocio, turismo, marketing, cine… Tamén é editora da revista online Literaturbia e imparte un obradoiro de escritura creativa para a Asociación de Altas Capacidades de Galicia. O seu bo facer vese reflectido tamén nas páxinas de Pincha(e)Discos, onde forma parte do equipo de redacción habitual. “Pincha(e)Discos paréceme no bo sentido, unha rara avis que facía falta en Compostela. Unha revista moi fresca e divertida que fala das cousas máis importantes do ocio galego: comer ben, beber ben e asistir a bos espectáculos culturais. Gústame colaborar nela porque me parece un proxecto local moi bonito e moi ambicioso que era absolutamente necesario”. El Zampón de Compostela Quen estará detrás do exitoso blog elzampondecompostela.blogspot.com? Non seremos nós quen o desvelemos! O noso blogger colaborador prefire manter o misterio. Pero cóntanos a súa historia: “No 2013, farto de ver como locais xeniais tiñan que pechar por falta de clientela, decidín darlles voz, co obxectivo de que a xente gozase do que a min me parece que realmente paga a pena”. “Sodes un medio de promoción gastronómico-cultural xoven, dinámico e da miña propia cidade. Que mellor medio para colaborar con el? Ademais gústame que a día de hoxe, nun mundo tan tecnolóxico, tratedes de conservar o formato papel. Eu, se nada o impide, seguirei zampando para buscar os mellores restaurantes de Galicia”. Patxi Movilla Outro dos nosos bloggers colaboradores é Patxi, o propietario da GastrotecaSCQ, tenda do Preguntoiro desde onde achega aos composteláns pequenas obras de arte da enogastronomía galega. “En máis dunha ducia de anos inmerso na hostalería e no mundo da restauración hoteleira, a nivel académico e profesional, este é para min, sen dúbida, o momento máis apaixoante”, comenta. Ademais é o espazo das coñecidas como ‘Catas Clandestinas’. Pero shhhh.... Iso queda entre nós! ;) “Certamente é un pracer colaborar cunha publicación tan profesional e á vez tan fresca. Brindo por vós, por Cristina e Rebeca, porque desbordades talento e ilusión no profesional e, non menos importante, no persoal. Brindo por Juanito, Hugo e Mario … seguro que fonte inesgotable da vosa inspiración”

| 8 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


Vicky Morales Nada en Córdoba pero adoptada por Santiago no 1992, Vicky é a encargada de dar vida ás receitas favoritas dalgúns dos nosos entrevistados. Autora do blog tallerdeazucar.es desde maio de 2011, declárase namorada da cociña das avoas e, sobre todo, da repostería caseira. No 2015 presentou o seu libro ‘Recetas para Alba’. Todas para chuparse os dedos! ;) “É un orgullo ser colaboradora. Paréceme unha publicación que facía falta. É fresca e clara, cuns contidos moi interesantes, conxuga á perfección a cultura galega, a gastronomía e o que pasa por Santiago e non nos debemos perder. Destaco sobre todo as entrevistas. Encántanme”. José Manuel García Director e locutor do programa ‘Come e Fala’ da Radio Galega, José Manuel foi dos primeiros en botarnos unha man cando Pincha(e)Discos veu a luz. Con el coñecemos, sempre dun xeito divertivo e coa cámara do móbil na man, as mellores propostas gastronómicas da comarca. Actualmente, tamén traballa activamente en distintos proxectos da productora Elemental Chefs e é mestre do modulo de Radio na Escola de Audiovisuais O Raio Verde en Santiago. “Pincha(e)Discos é unha valentía nestos tempos. Volver a apostar por poñer na rúa unha revista escrita é telos ben postos! E recuperar a importancia que ten nesta cidade a gastronomía e a cultura é algo que merece un aplauso. Pola miña parte, colaborar neste proxecto foi, é e será unha verdadeira honra. Larga vida a Pincha(e)Discos!” Juan Vázquez Ligado ao departamento comercial de Pincha(e)Discos, Juan é o noso ‘rapaz para todo’. Elabora os anuncios dos nosos clientes, reparte a revista, aporta ideas… Sempre está aí cando se lle necesita! Ademais de deseñador gráfico, tamén traballa no mundo da hostalería, nun dos locais con máis historia da nosa cidade, o café bar El Muelle. “Agradezo moito a Pincha(e)Discos e aos seus clientes a liberdade creativa que sempre me dan. Expresar unha idea a través das imaxes non é unha tarefa doada e poder facelo nun proxecto tan interesante é todo un agasallo. Ademais, co que me gusta a min a boa comida e a boa festa, non podía estar nun sitio mellor! E rodeado de boa xente!”

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 9 |


reportaXe

A sobremesa, primeiro por favor! RENDIDA ANTE OS DOCES DA CHEF LUCÍA FREITAS, A PASTELERÍA LUPANA E A BLOGGER VICKY MORALES Por Jéssica Pintor

U

n libro que marcou a miña adolescencia foi Como agua para chocolate. Unha novela da mexicana Laura Esquivel, que devorei nun só día. Seguramente porque falaba de comida! Non hai nada máis suxestivo e estimulante que oír falar ou ler sobre manxares. E nese libro mestúranse receitas con historias doces e amargas. Pero hoxe toca escribir sobre dozura!

E para iso, mellor visitar a Lucía Freitas. Esta muller non se anda con gaitas! “Non hai máis satisfacción que alguén veña á Tafona, coma ti, dicindo que non lle gusta o doce! Porque é un dos nosos puntos fortes. Hai quen ven só a probar sobremesas! O noso cometido é sorprenderte na mesa e explicarche como comer cada prato, para que goces co noso xogo de sabores”. Eu rematei relambendo nos fociños! Foi oír que tiña unha novidade con kiwis, chocolate branco, albahaca, aceite de oliva, iogur grego e herbas frescas e xa me derretín. Porque son unha “supertotal-fan” (léase en inglés) dos kiwis!! E das herbas máxicas (cara de mística). Lucía, coas sobremesas, tenta saír da repostería máis clásica. Ademais de vistosas e divertidas presentacións, desas que dan pena comelas, utiliza moitos matices aromáticos. “Os meus pratos evolucionan. A repostería require moita técnica. Xogamos cos contrastes doce/ ácido/ amargo e coas temperaturas, para potenciar ese aroma que remata cunha explosión de sabor na boca!”, explícame a cociñeira e reposteira picheleira. “Na carta temos clásicos inamovibles como o chocolate ou a paixón. Pero, un día comezas cun doce de laranxa e mañá engádeslle un pouquiño de

| 10 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

Lucía: “Non hai máis satisfacción que alguén veña á Tafona, coma ti, dicindo que non lle gusta o doce!” xenxibre, máis acidez... As miñas ideas veñen da horta, da praza. A xente está reaccionando moi ben co do kiwi, por exemplo, e ademais por fin a produción de meu pai ten o sitio que merece!”, sorrí orgullosísima. Outro recorrente da Tafona leva froita da paixón, mango, rosas e herbas da horta (o das rosas estremece!). Hai outro de cenoria, mango e kaki. Non paro de abrir máis e máis os ollos, pensando: Pois se a ten, hai que darlle a razón. De vez en cando hai que empezar polo final e pedir a sobremesa primeiro! E como na novela da que vos falei ao principio, realmente influirá o estado de ánimo na elaboración dunha marmelada ou para decidir se pides unha torta? Entrei na pastelería e cafetería Lupana e espeteille a pregunta a Lupe. –“Por suposto”. Non dubidou nin un segundo. Contoume que a súa irmá Ana, durante unha temporada, non foi quen de conseguir que os biscoitos esponxaran sen lle afundir no medio. Naquela época a súa nai estivo maliña. Logo deso, a masa volveulle a saír estupenda. Curioso, non?! “Cando están eses días deses babosos de inverno, sobre todo polas tardes, os


reportaXe

!

Lucía Freitas é toda unha artista coas sobremesas. Foto: Ovidio Aldegunde

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 11 |


reportaXe

clientes piden máis biscoitos de nata con chocolate, parece que lles levanta o ánimo! As larpeiradas pídenas acompañadas dun: estouche un pouco baixo, non sabes?”. E digo eu: fai efecto o azucre? “Supoño. En parte é psicolóxico. Non din que o chocolate é substitutivo do sexo?” (A gargallada limpa!).

(en castrapo!), bolos de vento, as flores típicas de Negreira e empanada de mazá! “Non pastel, non. Empanada de mazá. Facía miña nai e perdíame de boa que estaba! Fas unha masa como para unha empanada normal, con tapa, pero amásala con azucre, manteiga, nata e énchela de mazás”. Caín rendida!

Confésolle a Lupe que son máis de salado e, para a miña sorpresa, recoñece que ela tamén. “Encántame Agora sei porque en Pincha(e)Discos son unhas facelo doce! Son máis de salado, pero gústame máis lambonas! E cando chegue eu ao final desta páxina, enfornar sobremesas. É pola vista, creo. Queda todo se ter teño un lado doce, VOUNO PAPAR TODO!! máis bonito, máis espectacular. A imaxinación en (Risas). Pero antes, unha dúbida existencial: estará todo repostería vale moito. É máis divertida, os resultados inventado? Victoria Morales asente coa cabeza, “aínda son máis atractivos. Eu comecei traballando nunha que eu agardo facer algo novo!”. Recen chegada de panadería, despachando e polo Entroido tiven que Panamá, esta bloggera cordobesa contoume algún dos ir á fábrica a poñerlle azucre e segredos do seu Taller de Azúcar. anís ás orellas. Namoroume!”. Avanza que de Centro América Vicky: “Cando teño Namorada estaba eu da variedade trouxo ideas para sobremesas que do mostrador da Lupana: filloas inclúen plátanos, salsa e quizais convidados a comer na que levan ron e azucre, “torrijas” ata picante! (Intriga total).

casa, comezo cociñando a sobremesa”

José Manuel Fernández o responsable de restauración do Caney. -

| 12 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

Jéssica papando a empanada de mazá na Lupana. Foto: Suso Rivas


Lupe: “A imaxinación en De pequena devoraba libros e revistas A primeira vez que atopei de cociña. “Cando miro unha receita, repostería vale moito. É máis arándanos vermellos, inmediatamente éntranme gañas de divertida, os resultados son merqueinos sen saber que non facela!”. Un favorito? -Pregunto-. “Un se comen así directamente. máis atractivos” bo biscoito, unhas rosquillas”. Fai coma Pero grazas á receita orixinal os seus fillos, pide clásicos. “Sempre dunha pastelería centenaria queren a torta da avoa, de vainilla, galletas e chocolate. francesa chegaron os financieros ao Taller de Azúcar. Nada de innovar, mamá!”, lamenta (risas). Tamén é Mesturas azucre, améndoa moída e clara de ovo e fanática das mousse! “É unha sobremesa lixeira. Pode quedan como madalenas, aínda que renxen máis por ser de queixo, lima, framboesa, café, augardente, fóra. Fanse tamén con froitos secos ou chocolate”. champagne, chocolate... Faise cunha base de nata ou de clara de ovo, que lle da consistencia e tamén airea E se me dera a tolemia de cociñar, antes de papalo a preparación”. En Taller de Azúcar hai unha receita todo… Hai algún utensilio vital que necesite? Victoria dunha mousse de lima. Fíxoa logo de probala nun non vacila: “Eu teño a Chari, a miña amasadora restaurante e sen información, experimentando! eléctrica. É a mellor compañeira de cociña!” (Risas). Sobre a orde de preparación dos pratos, chamoume a Victoria máis eu repasamos o de moda que está a cociña. atención unha cousa: o de empezar polo final: “Cando Pero si ata meetic.es anuncia clases entre fogóns para teño convidados a comer na casa, comezo cociñando namorarse!! (Chorando de risa). “Eu mesmo son a tola a sobremesa”. Conclusión? Deberíamos empezar polo das compras da cociña, -dixo Victoria-. Marabíllame! doce e, acabar, papándoo todo!

“O hotel ou restaurante que non está en Internet ou nas redes sociais non está no mercado”

981 586 459 www.acasadaviña.es


 Vai de...Teatro O corazón da cultura compostelá Por Andrea Núñez-Torrón

Moitos turistas solicitan a entrada no interior do Teatro, xa que é toda unha xoia arquitectónica. Foto: Suso Rivas

| 14 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


 C

á

ompostela é unha cidade que garda maxia en cada un dos seus recunchos. No epicentro do Casco Vello, entre postos de artesanía e coiro, bares xenuínos ateigados de estudantes e rúas empedradas case sempre bicadas pola choiva, atópase un verdadeiro tesouro arquitectónico, o músculo que latexa e dá sangue á vida cultural da nosa capital galega: o Teatro Principal. Este edificio, deseñado no ano 1841 polo arquitecto Prado y Valle é o primeiro teatro de toda Galicia que segue en funcionamento, presumindo ademáis dun elevado número de asistentes e acumulando entre os seus muros propostas de índole moi variada para tódolos gustos e cores. Tras este número 21 da Rúa Nova agóchanse historias, curiosidades, risas e voces que paga a pena coñecer. Non hai día que se asemelle ao anterior entre as súas butacas, ou polo menos iso aseguran os que viven o seu día a día entre bambalinas.

O Teatro Principal conta cuns 220 días ao ano con programación cultural e un aforo de 400 persoas

Neste centro neurálxico da programación cultural compostelá lévanse a cabo importantes festivais cinematográficos coma Cineuropa, protagonista absoluto do mes de novembro dende hai case tres décadas, ou o Curtocircuíto, ciclos variados de música coma o Íntimo & Acústico, o Compostela Rock, Jazz in Blue ou Ciclo de Lied, sen esquecer a actuación da Banda Municipal de música cada domingo e o rico espectro de actuacións teatrais. “Levo traballando aquí dende o ano 87, cando Chicho Losa era o Concelleiro de Cultura”, sinala Montse, cunha longa traxectoria como responsable da Programación de Festas no Teatro Principal. “Para min esa época foi como un agasallo. Comezar a

traballar aquí foi alucinante tras aprobar unhas oposicións de funcionaria. Tiven a oportunidade de coñecer a moitísimos artistas e actores, toda unha voráxine de experiencias. A verdade é que levo toda a vida sen aburrirme. É un traballo no que gozas constantemente porque nunca se repite. A nivel persoal, levas sorpresas cando ves aos artistas en persoa, tanto polo físico como pola personalidade”, relata botando a vista atrás. Suso é o técnico de cultura do Concello dende hai sete anos, responsable do tema das subvencións e doutros eventos que acontecen no teatro. “Nós somos funcionarios atípicos que atendemos o teléfono as 24 horas e ao mesmo tempo, sempre fas cousas novas. Aínda que haxa traballo burocrático e administrativo non é nada mecánico”, sinala con entusiasmo. Montse coincide destacando que “hai épocas con máis carga de traballo que outras pero é moi dinámico. Ademáis, o espazo é unha marabilla, tanto pola súa ubicación dentro da cidade coma polo propio edificio, máxico para traballar. A xente ensaia polas mañás e tes oportunidade de escoitar as probas. É moi agradecido”. Bendita variedade Cada persoa poderá atopar no Teatro Principal unha proposta artística acorde ás súas preferencias. Para Suso, o que mellor caracteriza a este espazo é o seu altísimo nivel de ocupación anual, xa que conta cuns 220 días ao ano con programación cultural. “A crise foi un dos condicionantes que fixo cambiar a maneira de acceder ao teatro por

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 15 |


 parte das compañías. Que se complete o aforo de 400 persoas que temos depende do tipo de espectáculos: uns veñen catro ou cinco días seguidos e enchen e outros máis minoritarios aos que veñen 30 persoas”. Cal é o tipo de espectáculo que predomina? Os dramatúrxicos, sen dúbida. Ambos traballadores destacan o éxito de compañías e artistas coma Excéntricas, As do Peixe ou Carlos Blanco. Falando do percorrido da industria, Suso subliña

“As compañías reducíronse ao mínimo e apostan pola creatividade para ser rendibles”, contan os traballadores a súa evolución, xa que agora “é raro que haxa un elenco de dez persoas e escenografías espectaculares. As compañías reducíronse ao mínimo

e apostan pola creatividade para ser rendibles. Existe máis precariedade e máis inseguridade a nivel laboral”. O último trimestre do ano é o que concentra maior número de propostas culturais, destacando a presenza do séptimo arte. Tralo Curtocircuíto e o ciclo de cine árabe Amal, Cineuropa é o rei da tempada, cuxas proxeccións son repartidas entre o Teatro Principal e outros espazos coma o CGAC ou o Salón Teatro. Montse destaca a “coidadísima calidade da programación do festival adaptándose a novos ciclos e aumentando os seus apartados. Este ano proxéctaronse máis de 300 películas. O público tamén medra porque vanse acumulándo as xeracións e o bono resulta moi económico. Aquí xa hai clientes que coñeces de toda a vida”. A axenda musical do teatro non se queda curta, xa que aglutina múltiples xéneros e dinámicas, dende ciclos variados coma Sons ou o Intimo &

Acústico, de cantautores. “Temos na nosa memoria unha grande cantidade de concertos espectaculares, coma o de The Gift, no que parecía que o edificio se viña abaixo de tantos aplausos, ata cantantes como Raphael ou concertos de lírica como Teresa Berganza. A variedade é enorme”, indica Suso. Un universo de anécdotas Para Suso e para Montse, tantos anos traballando entre os máxicos palcos do teatro dan para moito e por iso, lembran con nostalxia e cun sorriso moitas curiosidades. “Por exemplo, contratáramos a Raimon para as festas da Ascensión na Praza da Quintana cando eu era moi nova e comezaba a traballar aquí. El non me entendeu ben. Pensaba que ía actuar aquí no teatro e paseino fatal, pero ao final, arranxámolo”, cóntanos ela. “A min sorprendeume negativamente Bigas Luna, que cando recolleu o Premio Cineuropa únicamente dixo que en Galicia comíase estupendamente e que

No último trimestre do ano destaca a presenza do séptimo arte. Foto: Suso Rivas

| 16 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


“Lembramos unha grande cantidade de concertos espectaculares, coma o de The Gift, no que parecía que o edificio se viña abaixo de tantos aplausos” era ao que viña. Pero en xeral, hai xente moi humilde e moi sinxela, como Aitana Sanchez-Gijón que foi especialmente cariñosa con todos nós, ou o director Paulo Branco, por exemplo”, engade. Ás veces, as sorpresas proceden do ámbito técnico. Suso recorda que aos meses de comezar a traballar no teatro, unha caixa da toma eléctrica do exterior do edificio comezou a botar fume vinte minutos antes da actuación prevista. “Ao final tivemos que suspender, pero

 estivemos barallando a posibilidade de facer o espectáculo sen iluminación, en plan orixinal, pero polo risco no puido ser”. Por outra banda, ambos tiveron oportunidade de asistir a espectáculos inusuais. “O Festival dos Abrazos fíxose no vestíbulo, cunha proposta de teatro para unha soa persoa. Ti metíaste dentro dun armario e a actriz facía unha función só para ti”, lembra Suso. “Agora tamén proliferan propostas moi interactivas para nenos e maiores, co público metido no escenario ou pegado aos espectadores, algo que pode chegar a impoñer moito”. E non faltan as solicitudes de toda clase, completa Montse: “Temos peticións insólitas para desfiles de modelos ou conferencias. Aquí ata se ten feito a presentación

dunha tempada nova da orquestra Panorama, tocando en acústico”. Por último, ámbolos dous destacan que moita xente, tanto autóctonos coma peregrinos solicitan a entrada no interior do edificio para admirar a súa estructura, xa que é toda unha xoia arquitectónica. En definitiva, se ficas na nosa cidade, non podes deixar de consultar a programación cultural que amosa este lugar tan especial e fermoso da capital galega. De seguro que haberá algo que che entre polos ollos! Se falamos de realidade e de maxia, o Macondo da nosa Compostela é este Teatro Principal, no que se dan cita soños, danzas, historias, cine, música e dramaturxia. Por moitos anos máis.

T. 981 552 352 obradoiro@pandamoa.com www.pandamoa.com


Alí onde den ben de comer, deixarase caer Pincha!

Café e copa no LuscoFusco Por Cristina Márquez

S

empre pensei que había vocación nesta profesión pero ata que coñecín a Miguel Ángel Porto non o vin tan claramente. O seu é amor pola hostalaría. E aínda sigo sorprendida! Gústame o seu proxecto, pero sobre todo, encántame que o faga con cariño.

Recordades o Ultramarinos? Seguro que si. Pois precisamente neste local acaba de abrir LuscoFusco, xunto con dous amigos: César Montero e Christakis Theodorou. Ningún chega aos 30 anos e xa teñen as ideas moi claras.

LuscoFusco, por que ese nome? Custounos moito atopar nome porque queríamos unha palabra galega, que abarcara as dúas vertentes do local, o café e a copa. Ata que dimos con LuscoFusco. A idea do local é que poidas tomar un bo

César e Miguel Ángel, uns días antes de abrir o seu local. O resultado das obras terédelo que ver en directo! ;) Foto: Suso Rivas

| 18 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


café, unha copa boa nun sitio tranquilo e a caña Estrella Galicia, o viño ben escollido, unha tapa fría… Pero todo cun plus de diferencia. Dándolle unha volta. Queremos facer o de sempre, pero diferente. É a primeira vez que vos metedes nalgo propio? Si, eu si. O meu socio Christakis tivo algúns locais. Hai uns anos xa íamos abrir algo xuntos pero boteime atrás porque non tiña tanta experiencia en hostalaría. César estudiou coctelería. Non ten moita experiencia porque é moi noviño pero ten as miñas ganas… ou máis. Cal é entón a túa experiencia? Como empezaches na hostalaría? Foi un pouco gracioso. De pequeno era moi tímido, non me relacionaba moito coa xente, custábame moito falar… O meu irmán maior foi o que me meteu na hostalaría. Un día díxome que fora facer unhas horas extra para uns eventos no Pazo de San Lourenzo e así gañar uns cartos. Eu díxenlle que non quería, que na miña vida ía traballar de cara ao público (risos). Sempre llo recordo! Dous anos despois, cedín. Era novo, gustábame ir cos amigos por aí, e os cartos víñanme ben… e pensei: “Non creo que vaia morrer

“En LuscoFusco buscamos ter un ambiente agradable, onde poder ter unha conversa e onde a música sexa boa”

por probar!”. Fun e desde o primeiro día gustoume. Empecei a ir case todas as fins de semana e cada día aprendía algo novo e me gustaba máis. Estábame enganchando. Eu estivera opositando para bombeiro pero lesioneime do xeonllo, entón metinme máis neste mundo. E iso cambioute? Totalmente! Realmente para min é unha forma de vida. Non hai día que non pense no mundo da hostalaría. É moi sacrificado pero para quen lle gusta realmente non hai outra cousa, engánchate, non hai como explicalo! Despois de estar traballando un par de anos no Pazo de San Lourenzo, empecei en La Cavita, con Jorge Iglesias (chef do Resas) do que aprendín moito. Estiven alí catro anos e logo pasei á Burguería, na que levo un ano e medio. Por que fúchedes a polo local do Ultramarinos? En setembro Christakis e César comentáronme un proxecto para o que necesitaban un socio máis. Era para coller tres dos locais nunhas galerías do Ensanche e montar como unha especie de discoteca. Pero é zona universitaria, hai meses moi baixos, e era moi arriscado. Entón miramos outros locais e atopamos o antigo Ultramarinos. Foi entrar e, a pesar de que estaba destrozado, vímoslle moito potencial. É un local que todo o mundo coñece, que está insonorizado, que para ser na Zona Vella é grande… Fixéchedes moitos cambios? Mantemos a distribución pero a decoración non ten nada que ver.

Usamos madeira de pino, luces led, moita luz pola tarde para a hora do café, moita menos pola noite, paredes brancas… Que soa no LuscoFusco? Todo o que non soa na radio comercial. Todo alternativo. A miña idea é buscar xente nova coma nós e que queiran traballar, aprender e crecer no seu mundo da música. Tamén teremos actuacións en directo pero facendo as cousas ben. Non quero meterme en ningún lío. Que sexa todo legal. E as bebidas? A idea é traballar a coctelería clásica, os cócteles que todo o mundo coñece porque son os que máis se venden. E César tamén fará os seus cócteles de autor. Pero non nunha carta inmensa para escoller! Que opinas da noite compostelá? Boto en falta sitios bos, que te apetezan ir. Tamén falta difusión porque ás veces fálanme de sitios que din que están ben e non sei onde están. Eu busco que me poñan unha copa normal, que non me cobren moito e estar a gusto; que a música sexa boa e que teña un sitio para estar no que poida ter unha conversación, que sexa agradable. Todo iso é o que ten Lusco e Fusco, non si? Exacto! Iso é o que buscamos conseguir, que ao cliente lle apeteza volver. Creo que iso é o fundamental.

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 19 |


E seguimos abrindo!

Novos e chamativos proxectos hostaleiros súmanse á oferta gastronómica de Santiago

N

on só a noite compostelá comeza o ano con novidades como o LuscoFusco. Este 2016 promete para Santiago moitas aperturas no sector de hostalaría diúrna.

carta de viños. Todo nun local cunha moi coidada e chamativa decoración.

pulpo”, explícannos mentres nos poñemos as botas.

Na rúa de San Pedro tamén acaba de abrir a súas portas O Trasmallo. Nuria e Fran son os propietarios do que eles chaman “unha pulpería ao uso, pero cun toque moderno”. E é que este establecemento é o primeiro na cidade que combina o polbo con toda unha variedade de vermús. Ata 27 diferentes! O que se vén chamando unha ‘pulpería vermutería’. “Ademais do pulpo á feira, témolo en todas as súas variedades: en croquetas, en tostas, con queixo, en ensalada… e ata fingers de

Pronto veremos tamén como arrancan cos seus proxectos Toñi Vicente, que regresa a Compostela para transformar o local que albergaba A Silveira Casa de Xantar, e o fillo do exministro Gallardón, Alberto Ruiz-Gallardón Utrera, na rúa de Fonte de Santo Antonio. Todos eles súmanse a unha xa abundante pero moi recomendable oferta de restauración en Santiago. E que siga así a cousa! Por moitos anos máis!

En O Sendeiro podemos percorrer diferentes

O vermú e o polbo son os protagonistas

No Pepe Payá hai moitos rincóns con encanto.

rutas culinarias galegas

en O Trasmallo.

Algúns xa empezaron a rodar. Como O Sendeiro, na rúa do Olvido, onde os seus donos, Sergio Delpont e Alberto Fernández, ofrecen a posibilidade de percorrer diversas rutas culinarias de Galicia. De aí o seu nome. Ou o chef Siro González, que botou a andar pola súa conta en Rosalía de Castro. Ou Pepe Payá, a nova aventura de Pepe Calvo, que xa leva 15 anos á fronte de Casa Pepe. Neste establecemento da rúa Cardeal Payá tamén atopamos moi bos produtos, as súas coñecidas tostas e unha ampla

| 20 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


,

recomendacions PINCHA(E)DISCOS

E para acompañar? Un Vía Romana! O mencía da adega chantadina acaba de recibir o selo de garantía Galicia Calidade

N

a nosa terra somos de bo dente pero tamén temos un gusto especial polos bos viños. E non é para menos! Os atributos dos nosos caldos traspasan fronteiras e vense garantidos a través do selo de Galicia Calidade. Por iso neste número ímosvos recomendar un dos últimos en recibir dita etiqueta: o mencía da adega Vía Romana. Foi a principios de febreiro cando esta compañía chantadina recolleu o selo de mans do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Un recoñecemento que, nas súas verbas, apuntalaraa como referente da empresa familiar galega que foi quen de expandirse e competir nos mercados globais. E por que este éxito? Moito terá que ver o uso que fan das máis avanzadas técnicas de tratamento e elaboración de viños, unidas

á grande calidade da materia prima e a exhaustivos controis de calidade. Por todo o mundo Vía Romana é o símbolo do grupo empresarial ViniGalicia, que se ten convertido nun puntal do noso sector vitivinícola estando presente en preto de 30 países desde o mesmo corazón da Ribeira Sacra. É polo tanto, sen dúbida, unha das principais empresas do sector en Galicia sumando viños de Ribeira Sacra, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras, entre outros, ademais de augardentes e licores, viños espumosos, de cociña, sangría e aceites. “ViniGalicia, a través da adega Vía Romana, segue así o traxecto doutras empresas que están levando as nosas mellores referencias vinícolas por todo o mundo, baixo o selo Galicia Calidade, contribuíndo así de forma clara a facer Marca Galicia”, sinalou Conde durante a presentación. Coa vinculación entre Galicia Calidade e Vía Romana, a marca de garantía conta xa con 13 adegas das 5 denominacións de orixe: Adega Eidos, Adegas Altos de Torona, Adegas Valdés, Vilarvín, Señorío de Rubiós e Adega Paco & Lola, en Rías Baixas; Quinta do Buble e Gargalo, en Monterrei; Adegas Ruchel e A Coroa, en Valdeorras; Adegas Nairoa; en O Ribeiro; e Regina Viarum e Vía Romana na Ribeira Sacra. Temos ou non temos moito poderío vitivinícola?.

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 21 |


bOlinas

entre bam

ENTRE

BAMBOLINAS

Por Xiana Lastra Xiana Lastra é xornalista e vocalista de Odaiko Percussion Group e Puntada sen Fío.

Brais Morán “Cruzando o eclipse é un antes e un despois, un paso cara á madurez”

A

xente que me coñece sabe que son unha gran admiradora da voz do sr. Carlos Tarque, cantante de M-Clan. Encántame a sonoridade do grupo, sobre todo a da súa primeira etapa. Foi inmensa a miña sorpresa cando escoitei o primeiro traballo en solitario do meu bo amigo Brais Morán, “Cruzando o eclipse”, e sentín esas reminiscencias do rock de Tarque nada máis comezar a escoitalo. Garra, forza, un rock coidado e en galego. É un espello do seu autor. Brais, excantante de Loretta Martin e compañeiro meu nos palcos como parte do espectáculo infantil Pitusa Semifusa, é unha persoa sensible, espontánea, talentosa e libre, con moito que dicir e cunha voz realmente fermosa e persoal coa que facelo.

“Usar a nosa lingua fóra do folk chocáballe a moitos, pero hoxe en día cambiou a mentalidade da xente”

Davide é un dos referentes da música tradicional galega. Foto: Víctor Nieves.

| 22 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


entre bam

bOlinas

Como vai a presentación do disco? Que impresións tes? Está tendo unha moi boa acollida desde que se lanzou ás redes sociais e a tódolos medios, mais isto só acaba de iniciarse e arrincar. O disco aínda está chegando ás tendas e precisa de expandirse aínda moito para que teña máis repercusión. O traballo de Borderline Music e Discmedi na distribución, tanto física como dixital, é moi profesional e todo o mundo vai sabendo o que estou presentando. Até agora, a única presentación oficial coa banda foi este pasado 11 de decembro, mais o 2016 vén cargado de novidades e datas, que aínda estamos pechando. Espero darvos moito do que falar.

“No escenario sinto loucura, emoción, ganas de comunicar, de facer a mona...” Como describirías “Cruzando o eclipse”? Con que nos podemos atopar? É un repaso de toda a miña vida musical. O inicio dunha carreira en solitario co meu nome real. Por iso apostei por cruzar o eclipse acompañado de Miguel Queixas, Denís Morán e Manu Seoane, grandes músicos deste eclipse, que me acompañan para cruzalo xuntos. O título é unha alusión aos eclipses que houbo este ano pasado. Cruzalo representa para min a madurez, o mirar para adiante, o continuar loitando con forza neste mundo abrindo nova luz. Marca un antes e un despois. Son todas pezas túas, así que debeu ser un proceso laborioso. Canto tempo tardaches en poñer o disco en marcha? Son cancións miñas, agás unha adaptación dun retrouso de Fran Pérez Narf convertido a unha co-produción conxunta de ambos, que titulei “Destino”, que é coa que abro o disco. Aquí hai moita música e moitos estilos dos que aprendín e fun experimentando, pero penso que é un disco de Rock. A min gústame compoñer cancións e a banda fai que soen a eles comigo, e danlles moita personalidade. É fácil crear cancións e arranxalas cando tes xente ao teu lado que te comprende e comparte a mesma onda, por iso sae un bo resultado de aí. Poñelo en marcha levou tempo, porque primeiro houbo que montar o proxecto, entendernos tocando, logo ensaialo e, por último, buscar os medios para gravalo e contar coa maior difusión posible. Que música escoitas? En quen te inspiras? No teu novo traballo podemos

escoitar un Brais máis “cañero”. Que foi o que te levou a comezar en solitario despois do éxito con Loretta Martin? De todo, pero non todo... he he he. E dicir, gústame moita música pero non che pode gustar toda. Supoño que o mesmo che pasará a ti, Xiana... Escoito desde Doa até Soundgarden no mesmo día... Eu adoro o rock, o soul, o folk, o funk... (que parece que o levo sempre bailando comigo). Si que é certo que neste disco hai máis rabia, hai máis forza e rompín con moitas cousas de atrás. Revivín un pouco a miña adolescencia co grunge e funme tamén a sensacións vivas e presentes que recordo da miña infancia (aí está a inspiración da Costa da Morte). Todo iso fai que reproduzas na túa música estas emocións. En Loretta Martin predominaba o funk e a samba. Aquí non é que deixe de estar, pero cambia totalmente o concepto. Independiceime para falar un pouco máis en primeira persoa nas letras e vivir máis directamente e desde dentro todo o sentimento, que disparo con máis distorsións e cun ritmo menos cálido e quizais algo escuro. No disco faslle unha bonita dedicatoria a teu pai, César Morán. Foi un importante referente para que ti te meteses no mundo da música, supoño. Como comezaches? Si. Eu veño dunha familia de músicos, así que nacín e crecín escoitando sons ao compás dun tambor ou dunha guitarra. Penso que dedicarllo ao meu pai é o mínimo que podía facer e teno moi merecido porque nunca deixou de estar ao meu lado, apoiándome e interesándose por todo o que vou creando. Resumín con palabras que están no traballo a súa sensibilidade, porque el tamén é músico e gusta da poesía. Vai moito máis alá do cariño que lle poida ter.

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 23 |


bOlinas

entre bam

Como levas ser un rapaz da Coruña que fai música en galego fóra do ámbito tradicional? É máis complicado? Péchanseche portas ou ao contrario? Son un rapaz da Coruña pero nacín en Ourense... ha ha ha. Pois fago música en galego porque sempre me saíu de forma natural e espontánea. Ademais diso, é a miña lingua materna e no que máis me expreso a diario. Hai anos, todo o mundo se estrañaba do que debería ser o máis normal. Usar a nosa lingua fóra do folk chocoulle a moitos, porque case non había música cantada en galego fóra do eido tradicional. Hoxe en día está moito máis asentado e penso que algo cambiou a mentalidade da xente. Por outra banda, estase demostrando que comunicar en galego abre moitas máis portas das que podemos pensar para saír fóra. Botas algo en falta na nosa música? Pensas que hai suficiente apoio e espazos para tocar? En canto á composición e á variedade musical penso que hai moita calidade e diferentes estilos que aínda non se coñecen na Galiza. Espazos podía haber algún máis, pero os que hai teñen perfectamente cabida para dar a coñecer os proxectos. Penso que onde estamos máis carentes é na industria musical e na forma de facelo chegar á xente. Queda aínda moito público que o descoñece e precisamos de máis divulgación. Despois está a profesionalidade e a legalidade do propio músico para poder traballar do noso. É algo moi importante co que seguimos en loita continua. E en canto á formación? Neste momento semella que hai unha explosión de lugares onde aprender música. Ti es docente, cres que está ben

| 24 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

que saia do ámbito dos conservatorios para poder estudar outros estilos? Ou esoutros estilos deberían integrarse tamén dentro do ensino regrado e entraren nos conservatorios como outra posibilidade? Onde te formaches ti? Son docente desde hai tres anos e apostei pola didáctica desde a propia guitarra, fágoo de maneira extraescolar. Os conservatorios son un bo medio para aprender e formarse, pero están demasiado orientados á aprendizaxe da música clásica ou do jazz moderno. Si que penso que se debería abordar o estudo de máis estilos. O máis interesante para ensinar é dar a coñecer a música na súa totalidade e ser abertos. Eu fun ao conservatorio e aprendín moitas cousas técnicas, pero non me ensinaron a compoñer unha canción. Supoño que para iso hai que tirar da propia disposición dun mesmo a partir dos coñecementos que temos e poñerse a facelo para ver que sae. Todo é experimentar e escoitar moita música. Pareces unha persoa moi sensitiva. Que sentes cando estás nun escenario? Como o describirías? Grazas, Xiana. Si que son moi sensitivo. Sinto loucura, emoción, ganas de comunicar, de facer vibrar, desafogo, ganas de facer a mona... Sobre todo o que máis lle pode molar a un músico é transmitir e ver que o público goza. Cando cantas e te deixas levar soe pasar. Se ti o cres, o público tamén. No meu caso son moi extravertido e gústame sacar para fóra o mellor que teño. Segues unha serie de pautas para prepararte no teu día a día ou antes dun concerto? Algún tipo de coidados especiais? Non. Sobre todo coidar a voz, non coller frío e aforrar toda a enerxía posible para

centrala no concerto. Non son moi supersticioso, pero sempre penso que a miña cabeza debe estar sen expectativas e sen prexuízos. Así todo será benvido e non haberá lugar a decepcións. Que expectativas tes proximamente co disco? Queres saír tamén fóra de Galicia? Sempre digo que todo o que veña será ben recibido. As expectativas imos deixalas á marxe, aínda que, se saímos fóra pronto e temos a oportunidade de presentalo, aí imos xuntos. E se o mundo da música se alía con Pitusa, seguiremos percorrendo a mesma aventura. Pois oxalá poidamos seguir compartindo camiño, Brais, claro que si. Moitas grazas, Xiana..

EN CURTO Alguén con quen che gustaría cantar? Fernanda Abreu. A persoa a quen máis admiras artisticamente? Lenine. Un lugar especial onde actuases? A antiga sinagoga de Ribadavia. Un lugar onde che gustaría actuar? Brasil. Un tema que destacarías do teu disco? Arráncame a pel. Unha cantiga que teñas como un referente? Como canción: Runnaway,de Del Shannon. Como cantiga: Muiñeira de Santo Amaro.


e accion

O cinema imprescindible no 2016 L

uces, cámara e acción! Sabes xa cales serán os títulos da sétimo arte máis esperados deste ano? Neste artigo poderás atopar unha pequena mostra de dez xoias cinematográficas que farán as delicias de moitos ollos e padais ao longo dun 2016 que ven cargado de sorpresas, historias inesquecibles e interpretacións memorables. De seguro haberá varias neste listado que espertarán a túa fame cinéfila: Julieta (Pedro Almodóvar): Os amantes do director manchego están de noraboa co retorno deste melodrama protagonizado por un forte personaxe feminino, interpretado por Adriana Ugarte nos 80 e Emma Suárez na actualidade. Unha historia de ausencias e abandonos da man dun reparto de calidade con Inma Cuesta ou Rossy de Palma que verá a luz o vindeiro mes de abril.

1

Carol (Todd Haynes): Baseada na novela homónima de Patricia Highsmith, esta elegante e premiada película dramática amosaranos o complexo amor entre dúas mulleres no Manhattan dos 50. As brillantes interpretacións das dúas protagonistas, Rooney Mara e Cate Blanchett, completan un guión de luxo.

2

Brooklyn (John Crowley): Este delicioso filme de época protagonizado por Saoirse Ronan amósanos conflitos coma os problemas familiares, as relacións sentimentais ou o retorno á patria. Volver a casa nunca foi unha decisión tan difícil.

3

El renacido (Alejandro González Iñárritu): Leonardo Dicaprio trasládase á pel de Glass, o explorador da América Salvaxe que deberá facer fronte ó ataque dun oso, un violento inverno e a cruenta guerra entre tribos nativas. A fotografía máxica guía este tesouro cinematográfico.

4

El hijo de Saúl (László Nemes): Premios, público e nominacións avalan esta dura ópera prima húngara, que nos leva de volta aos horrores do campo de concentración de Auschwitz, no que un prisioneiro xudío encargado da queima

5

Por Andrea Núñez-Torrón

de cadáveres das cámaras de gas enfróntase a súa propia supervivencia moral. La habitación (Lenny Abrahamson): Brie Larson é unha muller secuestrada e encerrada nun soto que intenta agochar a realidade ao seu primoxénito, fillo do seu captor. Un drama psicolóxico intenso e doloroso baseado en feitos reais e repleto de imaxinación.

6

The birth of a Nation (Nate Parker): A gañadora do pasado Festival de Sundance narra outra historia trepidante e real, baseada na vida de Nat Turner, un predicador que no século XIX liderou unha rebelión en Virxinia contra a escravitude.

7

Lobos sucios (Simón Casal): Non podía faltar un filme galego neste listado! Manuela Vellés e Marian Álvarez protagonizan un thriller de aventuras ambientado nas minas galegas de wolframio que foron explotadas polos nazis durante a guerra. Inspirada de forma libre en feitos, historias e personaxes reais, estamos ante unha das propostas do ano.

8

Mustang (Deniz Gamze Ergüven): A arriscada ópera prima desta directora turca trátase dunha historia de superación, unión e rebelión contra a cultura machista do seu país. Nun pequeno pobo, cinco irmás orfas son privadas de liberdade e obrigadas a casar por contrato. Crítica coa sociedade patriarcal, emotiva e estimulante, Mustang é un filme redondo e revolucionario.

9

María (y los demás) (Nely Reguera): Pechamos o listado cunha comedia dramática española, encarnada pola fantástica Barbara Lennie, na pel dunha rapaza responsable e controladora que deberá afrontar unha nova vida cando o seu pai anuncia o seu inminente compromiso matrimonial.

10

Isto é só a antesala dun ano marabilloso para o celuloide. Como ben di Serrat, máis cinema, por favor! Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 25 |


Crusat & Costas Dúas copas de viño... con cal quedas?

BASTIÓN DE LA LUNA: Galicia dentro dunha botella Fai un ano comezabamos a nosa participación en Pincha(e)Discos falando dun viño tinto na D.O. Rías Baixas. Si, un tinto, naquela ocasión un 100% caíño, que nos servía para falarvos das variedades menos coñecidas dentro dunha Denominación de Orixe identificada sempre coa raíña branca, a uva Albariño. Curiosamente os primeiros viños e varietais desta franxa occidental galega comezaron sendo tintas: caíño, espadeiro, loureiro, pedral… Practicamente todo foi arrincado en prol da albariño que pasou a dominar as elaboracións vinícolas ata os nosos días. Pois ben, grazas a persoas como Rodrigo Méndez, de Forxas do Salnés, podemos falar hoxe dun viño tan espectacular como Bastión de la Luna 2013. Espectacular por moitas razóns: a primeira, polo seu prezo, unha oportunidade única de beber un viñazo por tan só 13€. A segunda, pola súa franqueza e transparencia (e non falo da cor); falo de que reflexa de forma perfecta e exacta as características dun tinto galego de marcado carácter atlántico pero matizado por azos orientais na súa xusta medida. Isto débese a que se trata dun coupage de Mencía, Caíño Tinto, Espadeiro e Loureiro fermentadas en barricas vellas de carballo francés durante 12 meses. As variedades empregadas, das que vos falará o meu compañeiro, marcan o que nos atoparemos na copa tanto en nariz como na boca. A mencía e a caíño aportan a súa bravura que se ve suavizada pola espadeiro e loureiro. Ese carácter galego atopará a súa plena definición se o viño se decanta unha hora antes do seu consumo (en torno aos 15-17 graos). Será cando poderemos apreciar plenamente o chan granítico sobre o que se asentan estas viñas vellas, ben preto do mar, de aí a súa salinidade e acidez marcada. Un viño de capa media baixa, no que destaca poderosamente a froita vermella e os balsámicos (mentas, salvias, loureiros e outras herbas aromáticas), onde a madeira se presenta ben domada, case imperceptible, se non fora pola presenza de cacaos unha vez pasado un tempo.

Segue as historias de Lorena Costas (@lorena_costas) no seu blog

Bake my Day http://lorena-bakemyday.blogspot.com

| 26 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

En definitiva, unha espectacular mostra do que debería ser un viño de carácter galego que nos traslada ao mar de inmediato, que nos fai querer beber máis e máis, e que eu, neste caso, acompañaría dalgún guiso de perdiz ou outra ave de caza que combina á perfección con esta marabilla.


BASTIÓN DE LA LUNA: Póñame 3 palets de frescura por favor Voltamos a DO Rias Baixas e voltamos cun tinto outra vez. As Rías Baixas, incluso máis que de brancos, foron terra de tintos antes de que o mercado e a “modernidade” nos dixera que soamente existe o Albariño. Castes coma a Espadeiro, Caíño, Loureiro e a omnipresente Mencía eran o seu grande tesouro. Neste viño de Forxas do Salnes e Rodri Méndez está presente esa aposta por recuperar a zona para a produción de tintos (si é certo que existe xente que xa traballaba con tintos), unha aposta pola recuperación e pola terra. Con castes propias que reflicten o carácter atlántico, castes moitas veces de difícil cultivo e ciclos longos, de viños vivos e con carácter. Mistura de uvas, sutileza do espadeiro, forza do caíño, frescura da mencia na zona. Visualmente trátase dun viño de pouca cor, de capa media baixa e cor cereixa. No nariz froitas vermellas en cantidade, fresa e framboesas, balsámicos a loureiro, falsa menta con pouca ou case sen presencia de madeiras e tostados, gracias a un excelente manexo das barricas empregadas na crianza do viño durante 12 meses. Un sutil e moi suave toque de acetatos (ou pegamento) propio do Caiño. Xa na boca é un viño con corpo potencia na boca persistente, marcada acidez, desde viños que fan salivar, salino e no que volven a aparecer as froitas vermellas. E como maridaxe graxa, para contrapoñer a acidez e frescura do viño, poderían ser uns xurelos ou un porquiño ao forno. Ou por que non, xa que andamos en tempada, ímoslle dar ao cocido galego coa súa cachucha afumada, cabo e mans de porco. Se queredes podemos meter a galiña e a tenreira para darlle sabor, pero para min o rei é o porco e, sobre todo, as súas partes graxas e de cartílago.

Segue as historias de José Crusat (@choumimx) no seu blog Del

Comercio y del Bebercio http://delcomercioydelbebercio.blogspot.com

FICHA Bastión de la Luna Adega: Forxas do Salnés DO Rías Baixas Grao: 12,5º Prezo: 13 €

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 27 |


TOP 5

ABRAIANTES O MELLOR QUE PROBAMOS ATA HOXE

1

Tapas que o petan! O Muiñeiro. Din que na variedade está o gusto, non? Pois aquí, imaxinación non falta!

Polbo, ovos rotos con patacas, boi á pedra, ameixas... Non se pode pedir máis! Cada día a partir das 20:30 coa túa consumición neste restaurante compostelán.

Consello: Ademais das tapas, tamén teñen unha boa carta #ricorico

2

3

Con contundencia! Argentinos Burguer.

Desde o pan ata a salsa, pasando por unha exquisita carne, a hamburguesa que

Paga a pena ir ata A Estrada

tomamos neste local non a esqueceremos

para tomar algunha das ricas

en moito tempo. Ademais, o trato tamén

hamburguesas que fan.

é inmellorable!

Consello: Probade a súa cociña italiana. Son expertos!

Uñas en plena festa

A Casa da Viña. Que bo é este manxar e que ben senta cando se fai ben!

A Festa da Uña en San Lázaro é unha das nosas preferidas! Este ano cae en marzo e alí estaremos probando a receita de A Casa da Viña, unha das mellores!

Consello: Atento ao programa da festa! Haberá moita troula!

4

Filloas

Pan da Moa. Este Antroido puxémonos as botas con este doce tan galego.

Pan da Moa non podía defraudarnos. Atopámonos cunhas filloas finas, saborosas, dignas de gañar calquera concurso de Antroido.

Consello: Renchéaa de nata e todavía estará máis boa!

5

Comendo coas mans! Resas. Que boa idea tiveron estes rapaces! Sempre dándolle vida aos xoves.

Ceviche de pescada, Ovo 65º de Paspallás, Dim Sum Mexicano, Taco de papada confeitada e Bocadillo de Luras. Petiscos para manchar as mans que sentan xenial!

Consello: É importante que laves as mans antes de comer!


A E• NDA

Patrocinada por:

FESTIVAL SANTIAUTOR 2016 Cando? Desde o 4 de marzo Onde? Sónar /Salón Teatro/La Salle/Principal Cos directos en marzo e abril de Rubén Pozo, La bien querida, Luis Fercá, Jorge Casal, Lulu Forraje, Diego Ojeda, Fran Fernández, Cincoparedes, Escuchando Elefantes , Adriana Moragues e Elvira Sastre, Ismael Serrano, Fredi Leis, Jorge Marazu e Txetxu Altube, Carmen Boza, Funam-

MATARILE TEATRO CELEBRA O SEU 30 ANIVERSARIO

bulista, Nastasia Zürcher, Guadi Galego, Cris Román, Tom Trovador e Silvia Penide, Amaro Ferreiro, El Kanka e Rozalén.

Cando? 1, 2, 3, 4 e 5 de marzo ás 20:30 horas Onde? Teatro Principal Canto pagarás? 8€ / 10€ Matarile Teatro celebra os seus 30 anos repasando a súa longa traxectoria coa posta en escena de tres traballos: ‘Teatro invisible’, ‘Staying alive’ e ‘El cuello de la jirafa’.

EXPOSICIÓN ESCULTÓRICA ‘HENRY MOORE. ARTE NA RÚA’ XVIII CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES

O MELLOR DA MODA DA TERRA EN ‘CON FÍO EN GALICIA’ Cando? Desde o 11 de marzo

Cando? Ata o 28 de marzo

Onde? Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura

Onde? Praza do Obradoiro

Entre as 300 pezas que se exhiben nesa

Esta exposición pretende converter Compostela

exposición poden atoparse 150 ‘looks’ singulares

Cando? 1, 7 e 8 de marzo ás 20:00 horas

nun museo a ceo aberto, para dotar así dun novo

e representativos da moda feita en Galicia, así

Onde? Paraninfo da USC

sentido á escultura monumental, ao tempo que

como reinterpretacións contemporáneas de

Canto pagarás? Nada! É de balde!

amosa a obra dun artista de renome no panorama

indumentarias históricas, valiosas coleccións

Novos músicos de toda Galicia interveñen nun

internacional. As monumentais pezas de Henry

privadas e un escolma de material fotográfico

Moore dialogan co entorno, por afinidade ou por

e audiovisual. Entre outros, hai obras de Adolfo

contraste, e provocan un grande impacto nas

Domínguez, Roberto Verino, Kina Fernández,

persoas que as descobren por primeira vez.

Florentino e Antonio Pernas.

ciclo - organizado pola Asociación Galega da Lírica e a universidade compostelá - no que a música de cámara é a protagonista.

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 29 |


Patrocinada por:

A E• NDA CONCERTO DE DIEGO ‘EL CIGALA’ Cando? Martes 29 de marzo ás 21:00 horas Onde? Teatro Principal Canto pagarás? 24 €. Anfiteatro: 20 € Este espectáculo convídanos a mergullarnos noutra faceta do artista que nos ofrece un repertorio de grandes éxitos desde a zambra ao tango

XOSÉ CONSTENLA AO VIVO

ou ao bolero.

Cando? Sábado 12 de marzo ás 20:30 horas Onde? Salón Teatro Canto pagarás? 12 € (10 € anticipada) O músico compostelán presenta o seu disco ‘Virada por Avante’, o seu álbum máis maduro, persoal e sofisticado. Trátase dun traballo integrado por once temas con grande influencia de folk rock americano e tamén da corrente iberoamericana de canción de autor.

SÉS PRESENTA EN DIRECTO O SEU NOVO DISCO Onde? Teatro Principal

WEBB WILDER, POR PRIMEIRA VEZ EN COMPOSTELA

Canto pagarás? 14 €. Anfiteatro: 10 €

Cando? Venres 8 de abril ás 21:30 horas

O terceiro disco da cantora galega Sés suma as

Onde? Sala Capitol

Cando? Domingo 13 marzo ás 12:00 horas

enerxías do rock e da canción de autor de América

Canto pagarás? Desde 15 euros

Onde? Auditorio de Galicia

Latina en doce temas de beleza e combate. Roc-

Cantante, guitarrista, director de orquesta, actor,

Canto pagarás? Gratuíto

keira e cantareira, comprometida e libre, senti-

compositor e humorista, Wilder vén de presentar

A banda municipal de música de Santiago e a do

mental e enérxica. Estamos en tempo de ‘Tronzar

o seu último álbum ‘Mississippi Moderne’. Esta é

conservatorio profesional interpretarán a sinfonía

os valos’, de responder con música e ideas, con

unha oportunidade única para velo en directo na

nº 2 La Passió de Crist de Ferrer Ferrán, así como

ilusión contra abatemento.

coñecida sala compostelá.

Cando? Xoves 31 de marzoás 21:00 horas

LA PASSIÓ DE CRIST PARA COMEZAR A SEMANA SANTA

a obra ‘What do you think about the dropping of atomic bombs on Hiroshima and Nagasaki?’.

| 30 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016


Patrocinada por:

A E• NDA DON QUIXOTE, UNHA COMEDIA GASTRONÓMICA Cando? Martes 19 abril ás 18:30 horas Onde? Teatro Principal Canto pagarás? 5 euros Limiar Teatro presenta ‘Don Quixote, unha comedia gastronómica’ con Fran Núñez dirixido por Nuria Gullón. A obra é unha comedia

TEATRO DE NINGURES REPRESENTA ‘O OGROCHO’ Cando? 9 de abril ás 18:00 e 10 de abril ás 12:30 Onde? Fundación SGAE

gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.

Este espectáculo de teatro infantil de Ningures Producións conta a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto.

AMIGOS ATA A MORTE Cando? Venres 22 de abril ás 21:00 horas

ESPECTÁCULO DE DANZA ‘PLANIFICAR A CAÍDA’

Onde? Auditorio de Galicia

Cando? Venres 29 de abril ás 20:30 horas

Canto pagarás? 16 euros

Onde? Teatro Principal

Comedia sobre a amizade e o amor dirixida por

Canto pagarás? 8 euros

Cando? Sábado 16 de abril ás 22:00 horas

Javier Veiga e protagonizada por Xosé A. Touriñán,

Proxecto de investigación artística no que se abor-

Onde? Sala Moon

Ledicia Sola e David Amor. Eles son tres amigos

darán os conceptos de paradoxo e da imposibilida-

Concerto de rock enmarcado dentro da Rede de

dos de toda a vida, tres amigos inseparables... ou

de do real. A investigación foi posta en marcha por

música ao vivo, da Agadic, no que veremos actuar a

ao mellor non. Un xiro inesperado deixará patas

Marta Alonso e Begoña Cuquejo de Traspediante

este músico coruñés, anteriormente integrante de

arriba as súas vidas e terán que ver doutra forma a

e pode consultarse nun blog no que as autoras van

grupos como EKILIBRIO ou Los Frik&paldis.

súa relación.

contando a evolución.

ACTUACIÓN DE DIEGO FRIKIPALDI

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 31 |


Directorio

D Bares/Cafeterías Restaurantes Outros

CAFÉ BAR   

+ info

Onde

Onde

P raz a do M atadoiro 3 Santiago de Compostela

Senra 6- baixo Santiago de Compostela

H or a r io

+ info

D e luns a sábado de 07:30 a 23:30

T. 981 585 974

T. 881 031 403

H or a r io L uns a sábado de 8:30 a pech e D omingos pech ado

Onde Onde

Onde R ú a P reguntoiro 9 Santiago de Compostela

+ info T. 981 562 708 facebook .com/ cafebarmilongas

+ info

A v da. Benito Vigo 70 A E strada

R ú a de San P edro 21 baixo Santiago de Compostela

T. 986 57 12 26 www.argentinosburguer.com

H or a r io

H or a r io D e luns a domingos de 12:30 a 16:00 e 20:30 a 00:30 M artes pech ado

martes a xov es: 9:30 - 0:00 v enres a sábado: 9:30 - 1:30

domingo: 9:30 - 0:00

bodeguilla

mamá peixe taberna mariñeira

Onde A v da. da L iberdade 11 Santiago de Compostela

+ info T. 981 813 520 www.bodeguilladesanroq ue.com

H or a r io L uns a v enres: 09:00 a 00:30 - Sábados: 10:30 a 00:30 D omingo: 10:30 a 16:30

+ info

Onde Casas R eais 25 Santiago de Compostela

T. 981 556 344 www.q uedamosenlaflor.com

Onde R ú a A lgalia de A rriba 45 Santiago de Compostela

+ info T. 981 070 526 tabernamamapeixe@ gmail.com

H or a r io

H or a r io L e M : 11:30 a 00:30 - M e e X o: 11:30 a 1:30 V e S: 11:30 a 2:30 D omingos P ech ado

D e martes a sábados de 12:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00 D omingos de 12:00 a 16:00

O Ferro Onde R ú a de San P edro, 16 Santiago de Compostela

H or a r io D e luns a sábado de 14:00 a 16:00 e de 20:30 a 24:00

| 32 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

+ info T. 981 577 633 www.dez aseis.com

Onde Sempre en G aliz a 1 Santiago de Compostela

+ info T. 981 592 399 www.restauranteferro.com

H or a r io M artes a D omingo de 10:00 a 00:00


Restaurante

Onde R ú a Cardeal P ay á 8 baixo Santiago de Compostela

O Muineiro Onde

R ú a da M uiñ a 2 Baixo Santiago de Compostela

+ info

Onde Costa de San M arcos 18-20 ( Ctra. A eropuerto) Santiago de Compostela

H or a r io

H or a r io

D e luns a v enres de 9:30 a 00:00 Sábados e D omingos de 11:30 a 00:00

Restaurante

v inotapeta@ gmail.com

T. 981 577 742 info@ omuineirorestaurante.com

H or a r io

Pedra Santa

+ info

D e luns a domingos de 09:00 a 00:00

RUA N

+ info

D e luns a sábado de 07:30 a 00:00 h oras

T. 981 557 415 - 620 296 839 www.restaurantepedrasanta.com

VA

Bar Restaurante

+ info

Onde R ú a da A lgalia de A baixo 33 Santiago de Compostela

T. 981 589 878 www.resas.es

H or a r io D e martes a sábado de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00

Onde

Onde R ú a N ov a 36 Santiago de Compostela

T. 981 566 980

Onde

+ info

R ú a da R aiñ a 4 Santiago de Compostela

T. 981 572 257 www.restaurantesanj aime.com

H or a r io

D omingos de 13:00 a 16:00

D e 10:00 a 16:30 e de 19:00 a 01:00

Onde

A v enida de F igueroa 5 Santiago de Compostela

+ info

+ info T. 881 104 600 info@ th eseafoodbar.es

Virxe da Cerca, 7 - Baixo Santiago de Compostela

+ info T. 981 562 314 www.restauranteatafona.com

+ info

R ú a de San L áz aro 54 Santiago de Compostela

T. 981 586 459 www.acasadav iñ a.es

H or a r io

H or a r io martes a sábado: 13:00 a 16:00 e de 20:30 a 23:30 domingos abertos ó mediodía

Barreir frutas

Onde

D e luns a luns de 12:00 a 18:00

D e mé rcores a domingo de 20:00 a pech e

Onde R ú a Trav esa 7 Santiago de Compostela

+ info T. 981 571 469 liladelilith @ gmail.com

Onde Vilar de Calo, 9 Teo - A Coruñ a

Onde

+ info T. 981 530 534 frutasbarreiro@ terra.com

H or a r io D e luns a v enres de 10:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30 Sábados de 10:30 a 14:00

+ info

R ú a do Cubelo 27 Santiago de Compostela

T. 981 552 352 obradoiro@ pandamoa.com

www.pandamoa.com

Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016 | 33 |


TEN QUE HABER DE TODO

Á MODA, COS GASTROPEITEADOS Tes un evento e non sabes como destacar? Por que non apostar por un gastropeiteado? Xa son moitos os que se atreven con esta moda que consiste en compoñer bonitos estilismos na cabeza con forma de alimentos. Hainos con forma de tomate, hamburguesa, piña, lambetadas… Ou este da fotografía de xeado. Así, a base de tinte, escuma e fixador, podes transformarte nunha obra de arte andante. Iso si, ten coidado, non che vaian dar un bocado!

MAMA, QUERO PIZZA! POIS TOMA ZAPATILLA! Vans acaba de lanzar unha colección de zapatillas, calcetíns e camisetas con diferentes estampados de comidas. ‘Late night’ é o nome desta edición limitada que protagonizan pizzas, hamburguesas, donuts, patacas fritidas e outras “comidas basura”. Podes conseguilas na súa páxina web vans.es con prezos que van desde uns calcetíns por 15 euros ata unhas zapatillas por 75.

| 34 | Pincha(e)Discos Nº 7 | 2016

CABANIÑAS DO BOSQUE Aínda que nos encanta Compostela, cando toca descansar tamén nos gusta pasar uns días rodeadas de natureza. E que mellor para facelo que o proxecto de turismo sostible ‘Do Artesanato’. Trátase dunha eco-construción de cabanas en pleno bosque no interior da ría de Muros e Noia. Con todas as comodidades, pero sen romper coa paisaxe na que se ubican. As reservas poden facerse a través da súa páxina web cabanitasdelbosque.com

A BIBLIA DA COCIÑA ITALIANA Como recomendación de lectura, neste número falámosvos de todo un clásico: ‘La cuchara de plata’. Coñecida como a biblia da cociña italiana, leva xa máis de 60 anos de exitosas vendas, pasando por numerosas edicións. É un ‘libraco’ de 1.500 páxinas con todos os segredos e receitas da rica gastronomía deste país do Mediterráneo. A editorial é Phaidon e o seu prezo ronda os 40 euros. Podes atopalo en librarías ou en páxinas de venda online como Amazon.


RSM ESTRATEGIAS

DE

COMUNICACIÓN

HTTP://RSMCOMUNICACION.COM



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.