Pincha(e)Discos Número 9

Page 23

e accion 

O que vemos, como tantas outras veces adoita retratar Pasolini, son personaxes escravos das condicións materiais da súa existencia, e con todo non hai maniqueísmo. Como un xenial trasunto de si mesmo, o director de cine interpretado por Orson Welles, respóndelle a un xornalista que a sociedade italiana é “o pobo máis analfabeto, a burguesía máis ignorante de Europa”, ou que, como marxista, a morte é un feito que non ten en conta. Un xornalista que reproduce o discurso dun xornal, cuxo dono é tamén o produtor do filme (é tamén el un instrumento de produción). Xente que morre coa fame. Explica Miguel Ángel Barroso en Pier Paolo Pasolini. La brutalidad de la coherencia, esta interesante tríada: o director, o intelectual quen de analizar os dous mundos; o xornalista, a monstruosa e perigosa clase media “conformista, clasista, racista, escravista”;

e Stracci, o bufón a cámara rápida, o figurante esfameado co que todos rin, mesmo quen vemos o filme. Finalmente, na crucifixión, o picado sobre o director do filme e contrapicado a Stracci, resume a perspectiva pasoliniana sobre o cine como ferramenta para a emancipación: o director mira desde abaixo para botar luz sobre os esfameados da terra. Os contrapicados son para os que só morrendo poden lembrarnos que están vivos. La Ricotta foi un filme perseguido entre 1964 e 1968. Non sabemos canto polo que puido ter de ofensivo para a Igrexa católica ou canto pola brutal honestidade de retratar esa parte de Europa famenta, e facelo para máis contraste ao lado da opulencia e do “glamour” do cine. Dun lado, a prensa, os focos, a diva co seu canciño, Orson Welles dirixindo. Doutro lado, a fame.

Pincha(e)Discos Nº 9 | 2016 | 23 |


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.