Page 1

Cantos do Entroido de LalĂ­n (II): 2000-2010


Presentación: Os que aquí temos son textos elaborados e/ou impulsados pola A.C “O Naranxo” para cantar no Entroido. Co seu prisma satírico recollen os acontecementos máis significativos de cada ano e dan fe da vida miúda do concello de Lalín e da política local, nacional ou, mesmo, internacional. Dixitalizámolos polo seu evidente valor para o uso pedagóxico. Esta recolleita foi posíbel grazas a K.G. (presidente durante varios anos d’O Naranxo) e a Currás. Vaia o noso agradecemento para eles e, sobre todo, para os que, de xeito anónimo, escribiron os textos e os ilustraron. Beizóns de Santo Torrisco para todos eles.

Biblioteca do IES “R.Mª Aller Ulloa”


2000


2000


Froitos do Deza & Asociación Cultural “O Naranxo”. Antroido 2001.

COPLAS DOS CEGOS DO ANO 2001 Vacas tolas, vacas tolas botade un trago de viño iamos recita-las coplas que queda moito camiño. E van abrir nas canteiras un hipermercado novo e despertou o comercio vironllos dentes ó lobo. O comercio de Lalín anda todo cabreado porque puñeron un porco e quedou mal estacionado. Namais instalar o porco na rúa peatonal tiña a un xamón enganchado ó tesorero municipal. Tamén estaba presente con certo asunto entre mans alí no medio da xente un mirón de Feás. Haivos cousas ben curiosas nesta feira do Cocido veu o señor magistrado non levou ningún detido. I-eso que tiña cerquiña, alí reunidos no palco, unha chea sospeitosos de delitos de desfalco. I-ó conselleiro Diz Guedes fixerono comendador que coma, pois, ben cocido que lle revente o motor. E pra facerlle a capa ó alcalde do Porriño tivo que ampliar a nave o pobre de Florentino. Xa que falamos de cartos, lucita a diputada foi pa Madrí unhos anos e veu coa vida arreglada.

“Hai carallo! Que injusticia! -dixo o señor Alcaldeeu que son moito mais listo traballo casi de balde.” I-o alcalde é cojonudo é un tipo sobresaliente que a cada idea que pasa el vaille metendo o dente. “Tiven onte mil ideas e hoxe tiven varios centos non sei os da oposición porque non están contentos. Pa que non digan que minto e non me chamen julai mirade o que discurrín vendo un templo samurai. Eu non vos digo outros días, ese non probara alcohol, estaba en Xapón tan tranquilo e parín a escola folc. Alí ó ladiño mismo a Guardería Municipal, onde os nenos se aburren por un pastón mensual. Para botar os estorniños esa plaga que nos infesta primeiro botamos bombas e despois luces de festa. Voulles facer ós veciños a perrera municipal e vou levar a Ramiro po discurso inaugural.” Adios, ata mañan, temos que marcharnos casi, que ainda nos leva tres horas dar coa parada do taxi.

Froitos do Deza & Asociación Cultural “O Naranxo”. Antroido 2001.

Procesión na honra de Sto Torrisco de Siracusa Santo Torrisco (haxiografía) Naceu Sto Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 128 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño segundo técnica aprendida do heladero, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia cama “milagre dos Torresmos”. Martirizado polo Consul Panem Accua, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Pancho IV no ano 1989. Os Gaiteiros do Deza escollérono como seu milagreiro santo patrón no antroido do 1992.

Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. Santo Torrisquiño Santo Torriscazo hai que favorciño lle fixeches ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Antroido

___________________________________________________________________________________ Imprenta “la patrio ca”, calle del General Franco 23 Lalín .Pontevedra ESPAÑA


O ano 2001 foi o ano da tristura, pero tamén no que ás vacas, presas dunha misteriosa enfermidade, lles deu pola lectura, descubriron a filosofía e andaban polos prados recitando a Hegel e a Marx, o cal ía en contra do de dar leite xa que adquiriran conciencia de clase e do termo “explotación” e seguindo a Tomas de Aquino andaban co do libre albedrío a voltas, co cal era difícil que entraran na corte a hora que o dono quería; os estorniños tomárona coas ideas de Summerhill, adoptando a vida en comuna, con grande alegría dos lavados e engraxes. E os porcos volvéronse hedonistas, descubrindo a beleza das súas formas, pedindo estatuas súas, e apuntándose a plans de adelgazamento e estilismo corporal... “ser porco e fermoso” dicían; Esto ao principio fixo gracia, pero cando os porquiños reivindicaron melloras hixiénicas nas súas cortes e auga quente corrente.. os paisanos empezaron a cheirar que as cousas non ían ben. A gota que colmou o vaso foi cando por estética, esixiron menús baixos en calorías e volvéronse anoréxicos. Esto foi tremendo. Os porquiños non daban nin para chourizos e xa Lalín estaba en obras peatonais para recibir aos comendadores, e por se todo esto fose pouco, vai e descóbrese que a enfermidade das vacas era contaxiosa pola vía do chuletón e o churrasco, e que a xente tamén se puña a ler.. os primeiros en caer foron os da banda de música; a alarma social callou cando a Manolo Zara se lle caeu nun ensaio unha edición de peto dos textos de Shoppenhauer e cando cinco días antes do cocido o Tío Xanete pretendeu que non se fixera desfile de carrozas, alegando que era unha paletada hiperenxebrista e contraria a todos os convencionalismos estéticos do bo gusto, negándose a participar en algo tan paleto, vulgar e prepotente. A conmoción no Concello foi tremenda... esto de que a xente lera.. e ademais agora que se falaba de cambios na Xunta por unha filtración dun embalsamador que dixo que o alcanfor xa non daba para máis e que todos andaban a tomar posicións para unha posible sucesión e que os votos do Deza eran fundamentais.. así que a corporación encomendouse a Sto Torrisco para que buscara unha solución. Dádeme o móbil de Santo Torrisco!! –bramou Crespo. Torrisco? Son Crespo!! Quen? Crespo ¡o alcalde!! Xa saín varias veces nos teus milagres!! Lémbraste?? Si oh, o das 500 ideas matinais!! ¿Como che vai?, fatal, temos un problema ¿podes pasarte por aquí a ver se ti nos das unha solución? É polo do tío que toca culos? Leíno no periódico.. Non oh.. eso xa esta controlado! Máis grave!! ¿Máis?, e de que se trata?, só che digo que é algo que pode afectar ao meu futuro político.. ah.. ¿que me queres pedir que che consiga unha xubilación como a de Lucita non? pero unha cousa e ser santo milagreiro e outra conseguir un choio como ese!! Nooon Torrisco, trátase dunha variante da Encefalopatía Esponxiforme Bovina. que apareceu no Deza... a xente dáselle por ler..... libros.... coño Crespo!! eso si que é grave!!. Sto Torrisco fixo chass e apareceu no salón de plenos. Alí estaba Crespo en pleno gabinete de crise, os teléfonos non paraban de soar: ¡Pepe, que na Dalvi

acábanlle de encargar 150 volumes da obra de un tal Noam Chomsky, e que esta semana non se vendeu pronto nin o hola!! -dixo Manolo... Chomsy!! ¿Chomsy? ¿en que equipo juega? -preguntou Agustín... xefe xefe!!! que sae na Voz que o Casino programa ciclo de conferencias sobre “conciencia de clase, revolución e liberdade” ¡maldito sexa Julio e os chuletóns! -dixo Crespo o borde dun ataque.. xa ves o que hai Torrisco, necesitamos a túa axuda.. pronto, esto é unha catástrofe. Sto Torrisco foi ate o Barriga e na barra estaban Desi, Baudilio e Pablo.. esto es de lo peor!! dicía Desi, eu xa non aguanto mais, mira ai tes a Gulias e a Ferradás falando da estética do neorrealismo no cine italiano de posguerra, e onte aguantei a Carlos de Botos e a o arxentino falando da influencia de Jaspers na idea de Deus.. esto es de lo peor!!; pois hoxe que a Sitin e a Gumer se lles deu na radio por facer un debate sobre a metodoloxía na ciencia -dixo Pablo abatido.. de lo peor!!; temos que conseguir unha regresión da especie humana, por recombinación de carácteres cromosómicos que anule os efectos do prión maligno, e poderiamos partir da base do material xenético dun individuo particularmente regresivo, para así, conseguir un anticorpo que aproveitando os mecanismos da inmunidade se propagara por vía intra e ínter específica e volvera as cousas como antes -dixo Baudilio.. ¡¡hostias!! –berraron Desi, Pablo e Sto Torrisco ¿e como sabes ti tanto? huy!! pues no se!! lo he dicho a voleo!! dixo Baudilio. Esa era a solución!! Torrisco chamou a Crespo. Pepe!! xa esta!! tes que conseguir o sangue dun individuo mentalmente regresivo e con ese material imos a Siador a planta de Disciclin e fabricamos un aerosol que a policía municipal esparcirá por todo o Deza volvendo as cousas ao seu estado normal. Funcionara? dixo Crespo ilusionado. Non o sei pero tanta cultura xa non hai que a ature -dixo Torrisco. Creo que xa sei a quen lla podo sacar.. si!.. hoxe teño unha reunión, e él ten que asistir... así que Crespo armado con unha xiringa hipodérmica marchou no coche oficial en busca da mostra de sangue do espécime regresivo. A tensión era palpable no salón de plenos, na mesa 25 envases de aerosois co anticorpo preparados para ser soltados. ¿Haberá que probalo antes non? dixo Torrisco, a ver ti, o grande, ven aquí.. psssssss... di algo!! guau guau!! coño, funciona de mais.. imos a esperar un cacho a ver si a situación se equilibra..... di algo!! “algo” dixo o concellal, esto non vai –dixo Torrisco.. si, si que vai -dixo Crespo, el xa era así.. funciona!!! E así a policía municipal e os beneméritos foron nos seus vehículos rociando co aerosol todos os recantos do Deza, (agás en Rodeiro que o fixeron a pé) conxurando o perigo da terrible enfermidade da variante do Deza da E.E.B, seguindo as cousas e a política como debían estar. No día do Cocido fixo sol, e no palco de autoridades Crespo, pletórico como un rato enriba dun queixo, pensou mentres a xente aplaudía a rabiar: Gracias Sto Torrisco. Para máis información ver “Vida e Milagres de Sto Torrisco de Siracusa” Seminario de Estudios do Deza, tomos I-MCII.”, “The remarulización in the genetic teraphy” Scientific American 257. 23-95. 2001. e “The Dozón especimen” International Researchs in Antropology 135. 45-125. 2001.


Froitos do Deza & Asociación Cultural “O Naranxo”. Antroido 2002.

Perdoade as molestias por chegar tan tarde a cita tivemos que ir aparcar mui cerca de Pedrafita

Inadguraron o paseo Cunha mesa imponente E resultou polo censo Que non lla da enchido a xente

Preguntou fraga intrigado Na campaña electoral ¿Como puxestedes na foto A tan apuesto chaval?

Desde Santurce a Bilbao Vengo por toda la orilla De Bendoiro a Lalín no Que no abre la cancilla

Que ben deixaron o centro Que é algo digno de ver Fixerono en dous dias Con dez minutos pa comer

Pasou un polo poligono Que ia nunha furgoneta Si asi teñen o bidé Como sera a paparreta

Con tanta inadguración Quentáronse os dos garitos E para o noso vicio abriron O galopín e o palitos

Veu Manu Chao a Lalín Por Crespo y por sus cojones Si se lle mete nos cascos Para o ano trae os Rollinstones

As loitas do PC ruso Entre Stalin e Troski Non son nada comparadas Cas de Chaca con Eroski

Nombraron a Mostovoi Comendador este ano A este ritmo para o outro Nombran un vexetariano

O dos vascos foi de risa Tiña a moitos cabreados Que si veñen ou non veñen E os terreos xa mercados

Siguen privatizando todo E para que non lles de perda O ultimo en subir Foi o imposto da merda

¡Como que non ven eroski! Clamaba o da cantera Que xa gastara moitos cartos En cursiños de euskera

O probe do conselleiro Non lle rende nada o dia E manda ó geiser a filla E ó delfín a algarabía

Saíu Cuíña en intervíu Nunha foto de portada Vaia chasco do carallo Que non se lle via nada

Escoitouno na algarabía E pensou Crespo preocupao Este fillo de Cuiña Ainda ma levar o paro

Xa que falamos de culto Cabreousenos don Manuel Que lle chantaron na iglesia Un monstruoso papa noel

Foise Crespo pró Caribe Convidou a toda a banda E anticipandose a Beiras Rafa foi a cuchipanda

Froitos do Deza & Asociación Cultural “O Naranxo”. Antroido 2002.

Procesión na honra de Sto Torrisco de Siracusa Santo Torrisco (haxiografía) Naceu Sto Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 128 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño segundo técnica aprendida do heladero, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia cama “milagre dos Torresmos”. Martirizado polo Consul Panem Accua, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Pancho IV no ano 1989. Os Gaiteiros do Deza escollérono como seu milagreiro santo patrón no antroido do 1992.

Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. Santo Torrisquiño Santo Torriscazo hai que favorciño lle fixeches ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Antroido

___________________________________________________________________________________ Imprenta “la patrio ca”, calle del General Franco 23 Lalín .Pontevedra ESPAÑA


O das torres xemelgas sumira á civilización nunha psicose terrorista. As grandes cidades non querían protagonismo para evitar atentados.. Ningún alcalde quería ter o mais mínimo protagonismo.. ata Paco Vázquez andaba ultimamente moi caladiño, non fora que lle chimparan a torre de hércules dun avionzazo.. ningún.. salvo Crespo ca súa visión particular de Lalín como centro do universo universal. Nas montañas, Bin Landen andaba de cabeza buscando obxectivos, e claro, unha vez que tes fama de bo profesional tampouco é cousa de baixar o nivel... ben, a ver –dixo Bin Laden- como temos a cousa?.. pois estamos fodidos –dixo o mulá Omar- non temos moitas ideas, pero acábanos de chegar un mail dun combatente pola liberdade que sintoniza ca nosa ideoloxía.. voucho ler: Querido Bin, chámome Petetas, vivo en Lalín; un miserable pobo facha cheo de caciques e lambecús.. Lalín érache choio para un dos teus atentados, somos católicos (inimigos do islam), bebemos alcohol (prohibido polo corán) exaltamos e comemos porco (animal impuro), e adoramos a falsos deuses (Pepe Cuíña). En febreiro celebramos a festa do porco cocido con unha gala gastronómica (a que non me contrataron) na que van a estar todos os caciques, o presidente da xunta e outros merendiñas, e vai ser retransmitida pola televisión. Un abrazo de Petetas. P.D. e si estades pensando en montar unha festa, teño un grupiño T.N.T. que anima moito.. Feito! berrou Bin Laden. Manda un comando xa!. Pero Bin – dixo Omar- ¿e a que nos imos nos meter nesa vila que nin deus coñece? xa che contarei –dixo Bin Laden- é que débolle un favor a un colega construtor que coñezo. Crespo atopábase no concello loitando cas ideas que lle ían e viñan pola cachola ¿bulevar do cocido? non, todavía non..un porto deportivo para veleiros? non non Cuíña aínda non trouxo o mar.. un?.. nese momento entrou Román. Xefe.. que hai dous americanos que din ser do F.B.I. ¡¡conaa!! -exclamou crespo- fainos pasar. Os homes entraron. ¡Eu non sei nada dos negocios do chaca! dixo crespo a defensiva..... El motivo de la nuestra visita es que un terrorista islámico esta en Lalín –dixo o mais alto- ¿hai roxos en este pobo? -preguntou o pequecho-.. home, roxos roxos xa non quedan moitos dixo crespo.. estaban os do naranxo pero amariconáronse de todo e xa me comen na man. Pois sabemos por un correo interceptado que preparase unha gorda, e teñen T.N.T. ¡hostia dixo crespo!, si -dixeron os americanos- e vai ser polo cocido. Temos 30 homes e, esperamos a súa colaboración. Okays dixo crespo.. e oian ¿vou saír na C.N.N.? ¿vaime chamar Bush? ¿formo parte da loita antiterrorista mundial?….. díganlle que te soy amigo de Manu Chao!. Os americanos saíron e Crespo díxolle a Román. ¡¡Tododios a rezar a Santo Torrisco!! O terrorista islámico camuflado como desplumador de polos nunha granxa do Sixto preparaba a carga de explosivos que apegada a seu corpo faríao mártir e levaría por diante a multitude de infieis.. unha foto de Cuíña e unha invitación a gala estaban sobre a mesa con instrucións precisas: poñerse cerca das autoridades e ¡¡pum!!... o plan alternativo era voar a tribuna de autoridades o día do desfile do cocido.. ¡ala es grande! exclamou mentres axustaba o mecanismo. Desi ía traballar ó barriga sen saber que era seguido polo satélite que controlaba Lalín. Súa fotografía era comparada cos terroristas do mundo. ¡Penso que xa o temos!: debe ser un liberado sen fichar, pero pola pinta ten que ser islámico seguro –dixo o operador- se lle ve na mirada de asasino que ten que é terrorista.. ¡¡a por el!!. ¡¡traédeo vivo!!, e avisade o alcalde que todo esta controlado, que tranquilo, o terrorista vai ser arrestado axiña. O día da gala, o islámico non daba xa mais de si.. tivera que loitar con adolescentes histéricas por non poder entrar no pavillón, comera dúas hostias dos municipais por querer colarse, e

cando conseguiu entrar, era imposible achegarse a Cuíña tal era a cantidade de xente que facía cola para abrazalo e bicalo.. ata un cantante baixou do escenario e enganchouse a el.. ¡¡pero bueno!!.. a este tío se lo morrean entre todos -pensou o islámico-.. será mellor deixalo para maña no desfile... ¿Así que din que tocoume un viaxe a Guantanamo? preguntaba Desi a trintaedous amables homes con ametralladoras, ¿e de que di que foi o sorteo? ¿de tulicrem? ¿podo ir mexar?.. ¡agora volto! dixo desi sospeitando e pensando para si.. ¡pero si eu deixei de merendar tulicrem fai vinte anos! ...¡¡ai Santo Torrisco axúdame!! rezou Desi no váter. Cuíña estaba acicalándose e borrando as marcas de bicos da gala cando soou o móbil: ¡ola Pepe, son Santo Torrisco!.. coño Torrisco .. ¡amigo!, ¿que tal? pois ben pero ti non as tes todas contigo.. ¡non digas iso Torrisco!, ó vello esta a cascar, e eu vou ser o próximo presidente da xunta.. non non Pepe, chámote porque mañá van atentar contra ti.. será no medio do desfile, e non debes subir o palco.. ¡hostiandios! dixo cuíña.. e que fago? pois di que non sobes porque queres estar ca xente do pobo, que a ti eso de parecer demócrata dáseche moi ben. ¡pois fareino!.. ¡gracias torrisco! ¡de nada oh! eso si, avisa ti a Crespo que eu teño outro choio agora. Cuíña colgou o telefono, marcou o numero de crespo pero unha idea cruzou pola súa cabeza e cun sorriso colgou... jijiji...... ríu maliciosamente. Profesional ata o fin, o islámico decidiu ir ver o concello para ver as súas presas e que pinta tiñan, e plantouse preto da porta. Saía a corporación en pleno despois da gala, cando os ollos de Admhed caeron nunha rubia. Nese momento e, aparecendo ás súas costas, Santo Torrisco soproulle na orella e,... algo mudou no seu interior, el fíxolle unha seña, ela sorriu, el desexouna, ela tamén... ¿como te chamas? –preguntou-, Anabel – respondeulle- e el descubriu nos seus ollos que o amor é a forza que move o mundo, deixou os explosivos e foise con ela a unha noite de paixón e amor........ Encadeado nun avión Desi voaba a Guantánamo cando Torrisco díxolle: baixo o asento tes un paracaídas, cólleo e vaite o baño, abre a trapela e salta.. Oia por favor, ¿podo ir o baño?, e que o tulicrem dáme diarrea. Pode –dixo o soldado- ¿e podo levar o neceser? dixo Desi sinalando o paracaídas, e que non podo aparecer con esta pinta.. Bueno –dixo o soldado- Desi pechou a porta, púxose o paracaídas, abriu a trapela e saltou, descendendo sobre a cuba de Fidel. Entre a xente, Cuíña esperaba o estoupido do palco mirando a Crespo cun sorriso de orella a orella, pero o desfile transcorría normalmente e o palco non voaba.. coño, pois parece que torrisco trabucouse esta vez pensou Pepe. De que carallo se sorrirá Cuíña pensaba Crespo cun lixeiro mosqueo. A garda revolucionaria Cubana rescatou a Desi do medio de un campo de caña onde estaba liado cos restos do paracaídas. Ó velo con cadeas e roupa de preso americano pensaron que era un prisioneiro político e o levaron diante de Fidel, que o aceptou como un compañeiro revolucionario fuxido das garras do imperialismo.. e ala anda agora o Desi entre palmeiras e mojitos, puros habanos e fermosas cubanas.... ¡¡¡¡¡gracias Santo Torrisco!!!! Alguén pode pensar que o milagre deste ano de Santo Torrisco foi salvar a Cuíña, a corporación municipal, ou ós ilustres invitados do cocido de unha morte certa a mans de un terrorista islámico.. ou pode pensar que foi o rescate de Desi das mans do F.B.I.... pois non.. o mais milagreiro foi que por fin.. o posto de concellal de Anabel serviu para algo.


Cando este ano os fieis devotos de Sto. Torrisco intentaron comunicar con el non houbo maneira, comunicaba seguido. Ó principio pensouse que sería o de sempre, algunha excavadora das obras da autoestrada que chapodara un cable. Nada do que preocuparse, estas cousas soen amañarse en prazo de poucas semanas. Pero pasaron as semanas de rigor e ninguén sabía nada; na dos teléfonos non sabían nada, na autopista non sabían nada, nen sequera Crespo sabía nada (xa sabemos que isto último parece sorprendente), e comenzou a cundir o desánimo. Sto. Torrisco abandonáranos!! Despóis de relizar abondosas ofrendas e cuantiosos sacrificios (centos de olas de viño foron sacrificadas) escoitouse a voz do santo; escoitábase mal, como se estivese nas profundidades da terra, alá onde só hai unha raia de cobertura, e isto foi o que dixo: - Eu non vos abandonei. Qué máis quixera eu que ter ido come-los torresmos ó pazo de Liñares, o matadoiro de porcos máis fetén do mundo!, pero este ano a cousa está moi difícil. Co conto este do barco do floil á xente dóuselle por pedir responsabilidades, e os políticos, sempre atentos e sensibles ó sentir do pobo, decidiron dárllelas. En canta radio, xornal, e televisión imparcial do país hai, saiu don Manuel explicando que fora cousa das correntes, do vento, do aciago destino, da negra sombra que nos asombra. En fin, que fora cousa das máis altas instancias e que eles non tiñan nada que ver, que se quixeran, que pedisen responsabilidades arriba de todo. Ben sabido é que neste país non demite nin deus, así que éste mirou para baixo e decidiu... Santiago está moi ocupado co da promoción do vindeiro Xacobeo, San Andrés de Teixido non hai maneira de falar con el, Escrivá... non, ese está moi verde, pois nada, o Torrisco, que é o que queda. E aquí estou eu, no fondo do Atlántico tentando levar a cabo a miragre da solidificación do chapapote, que ó principio parecía moi fácil, pero que hai que ver como se resisten os condanados dos hilillos...

PROCESIÓN NA HONRA DE SANTO TORIISCO DE SIRACUSA, 2003 Oración: Dame un torresmo Santo Torrisco Bendito, Non mo des crudo, mellor damo frito. Santo Torrisquiño, Santo Torriscazo !hai que favorciño fixeschelle ó meu bazo!. Santo Torrisco bendito dame un torresmiño, damo moi grande, mellor que cativiño Santoral: Sábado de Antroido. Indulgencias: 15 días de Liberación do pecado de fornicio si o Santo e acompañado con devoción e alegria (Aprobada polo Papa)

Santo Torrisco Hagiografía Naceu Sto Torrisco en Catasós e viveu no século II na cidade de Siracusa. No ano 128, durante a famosa fame negra, que ameazaba con deixar á cidade sen poboadores, Torrisco, atopou nunha lacena un anaco de touciño, do que conseguíu sacar torresmos para alimentar a tódolos/as feligreses, o que a historia chama "Miragre dos Torresmos". Foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa, polo Papa Pancho IV.


Vimos contar este ano cousas que foron noticia neste pobo de comedia carballeira de Galicia

Veu a Lalín Julio Iglesias Trouxérono pra cantar comeu cocido e marchou con algún “quilo” de máis

Con 12 millóns na cuenta con Isolina de xefa probiño nos quedou Pepe menos mal que ela é maestra.

Tivemos grandes eventos varias inauguracións un puñado de concertos e algunhas demisións.

Este ano o cartel resultou ser un fracaso pra o ano fágollo eu co Guernika de Picasso.

Que non canten as mulleres que non sexan atufadas que se as oe Don Manuel igual saen a bofetadas.

Fundiron un barco no mar gran traxedia, unha gran perda e pegou tal topetazo que ata aquí chegou a merda.

Crespo trouxonos á Campos e saiu en “primetime” dicindo que esto era “feixhon” tócate los cataplines.

E entre tanta desgracia temos solirariedade que temo-los magrebíes paliando necesidades.

Compran o pazo Liñares un caserío fermoso bo retiro pra Cuíña, pra Donsión e pra Vizoso.

Polas festas de Lalín

Emprazamonos pra o ano marchamos sen moita leria que NUNCA MÁIS nos xuntemos para falar destas penas.

Fíxose unha autoestrada que é unha cousa moi buena máis ten truco a puñetera hai que aforrar pra ir por ela.

Fraga cargouse a Cuíña porque fixo algo moi feo e máis tarde arrepentiuse e peghoulle un mareo.

non temos que inaugurar pois largaron ó delfín de política territorial

2003


Antroido 2004 Asociaci贸n Cultural O Naranxo


Boas noites ás persoas Un saúdo ós presentes Imos cantar como sempre As historias lalinenses

Como ó pille quen sabemos Lastima de animal Vaillo preparar Cabanas Nun cocido oficial

O famoso Arguiñano Din que lle deu un telele Cando veu por navidades A Crespo sair na tele

Este ano houbo eleccións Fomos moi esperanzados Todo quedou como estaba Díos nos pille confesados

Un cocido en Alemania En Astorga un Maragato Pro ano que ven un en Marte Seguro que lle é barato

Este si que é a bomba Que alcalde faranduleiro Que mesmo fai de rei godo Que de humilde cociñeiro

Temos un porco na rúa Atracción pro forasteiro E o parking subterráneo Mais alto do mundo enteiro

Carballo da corredoira Pasaronte pola hacha Se hai cartos de por medio Non hai palabra do Chaca

E o Pazo de Liñares Tanta presa por mercalo Ainda non serve para nada E logo hai que retellalo

Amplian o conservatorio Con grandioso anfiteatro E sin aulas pros alumnos Outra mais do Patronato

Temos aerogeneradores Encoros a mogollón A luz de subir non para Parece a contribución

Pobre Lucita Villar Non sei se perdera o norte Que os bichos e os diputados Botan de menos as cortes

Xa remataron os vascos O seu centro comercial Carallo como cambiaron As canteiras do arenal

No apartado de desastres O peor para Cuiña Que por catro chubasqueiros mandarono para casiña

Pepe crespo desfilando “In new yorque” de parranda Gustou da quinta avenida E pro ano leva a banda

E sei que nos abren outro Cuns locais de alucine ¿onde sacan tanta xente para tantas salas de cine?

Recluiuse en Filgueira Porque andaba pachuchiño Perdemos un presidente Mais gañamos un veciño

E Crespo anda estresado E non che é sen motivo Presidindo a FE.GA.M:P Con tanto alcalde salido

Véñennos os asturianos Presumindo da Leticia ¡Se nos casamos hai meses A “princesa” de Galicia!

Por uns euros de nada Houbo revuelo en Lalín Tirar o muro de Campos Custou mais co de Berlín

Despedimonos este ano Tomando o avión en Xaxan Mellor e irmos voando Que espetarnos en Feás

Eso si que foi bonito Que glamour que desparrame Lástima polo banquete A xente quedou con fame

Seica vai Ariel Sharon Manter contactos con Crespo Se llo pagan como a Campos Tira o muro agora mesmo

Anda un vampiro chupando Moi pretiño de Dozón Anda Adolfo alborotado ¡no hay sitio pa los dos!

Seica no Irak non hai armas Eso si que é vergonzoso Que veñan buscar as bombas Ás canteiras de Pedroso

2004


COPLAS DOS CEGOS DO ANO 2005. (en negriña as que se cantan)

PROCESIÓN NA HONRA

Aquí estamos os de sempre No seu papel de “don Limpio” E algún outro de miranda Ou de eficaz maiordomo Para cantar xuntos o Entroido Foi dar clases de limpeza E irnos todos de parranda Ás mamas do grupo novo

Andan “monxiñas” no bloque Din de montar unha gardería O Pío, Rafa e Sucasas E Paquiño que a quería

STO. TORRISCO DE SIRACUSA

Afinade ben as voces Veñan tambores e gaitas E lembrade que este ano Non temos o Astronauta

Anda o comercio revolto Isto éche pouco serio Menuda armaron na tele O granxa e o panadeiro

Opositou “Tobi” a conserxe Para ver se aprobaba Pero ti non ves burriño Que a praza estaba dada

Santo Torrisco (haxiografía)

Andan pensando en salsa rosa Tamén en aquí hai tomate Se subira mais a audiencia O granxa ou Antonia del Atte

Venderon catro pulseiras Para entrar nos garitos Moito proveito sacaron A Fundación e o Palitos

Para mercar os pisos de Adela Toda a vida a pan e auga Pero si “das” un millonciño Tes vivenda asegurada

No asunto das pulseiras Tiveron moito desvelo Apareceron catro gatos Non sacaron nin pa Xeo

A banda ten xefe novo E un auditorio italiano Para que este non escape Puxéronlle un enreixado

E o lío da praza Europa Que aínda non esta entregada Xa lle están poñendo pegas E logo hai que retellala

Se queren un porco no escudo E non saben de onde o sacar Que quiten o nome do porco Que hai na rúa principal

Veu Tuñón e mais Mansilla A vender velas ou cinceiros Contentos están os veciños Seguimos sendo “pioneiros”

Soubemos hai pouco tempo Por unha foto no faro A relación de cachorros Que non van quedar no paro

Repartíronse un cocido Crespo, Palmou, Cuíña e Baltar A carne era de porco vello, Seica estaban a ensaiar

Como a Fraga lle sobran Crespo vai a dar condóns Por non poder dar emprego A tanta “Novas Xeracións”

Aquí se acaban as coplas Vamos que o viño se estraga A ver si para outro ano Non hai que falar de Fraga.

Toda a vida reclamando En Lalín un hospital Seguro que nos fan antes Outro centro comercial E total que nos importa Co preto que está Santiago Vas gañar o xubileo E regresas operado Anda Crespo pra que baixe O da autopista non e xusto Non me fodas Pepe Crespo Ti xa sabías do abuso Vaia susto que papamos Co do soponcio de Fraga En Cardexía de festa Pensaron que se quedaba Foron Baltar e Cuíña Coa intención de visitalo Dixeron as malas linguas Que ían ver de rematalo Como sempre non foi nada Todo quedou nun mareo Fraga vai mellor ca nunca Co seu sutil bamboleo Para Crespo este ano Todo foi como unha malva Seica o comparan por cargos Co a Duquesa de Alba A pesar de tanto choio El que é moi campechán Tivo tempo de amosarnos “Afección” ó balonmán

Na ampliación do museo Vainos poñer o Ruibal Un supertaller de Tunning Que é moito mais cultural Para inaugurar o halei Veu don Manuel sen mariano E iso que é un sitio ben fino Que esta todo en castellano

Axuda a cubrir os gastos do Entroido e o enterro da sardiña dando a tua vontade polas coplas.. Gracias !!

___________________________________________________________________ Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño según técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano 1989. Os Gaiteiros/as do Deza escollérono como seu milagreiro santo patrón no Entroido glorioso do 1992.

Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! ¡Hai Santo Torriscazo! ¡Hai que favorciño! Fixécheslle ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi, moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Entroido Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto Percorrido do santo: as 9.30, na Taberna da Praza inicio da Procesión de Sto. Torrisco de Siracusa, patrón dos/as gaiteiros, con lectura das coplas dos cegos, e que percorrerá as seguintes capelas: Taberna Da praza, Palitos, Currás, Galopín, Taberna Café, Molinera, Astronauta (in memoriam), volta ó Palitos, e de aquí o Barriga Verde onde se fará a ascensión os altares do sato ________________________________________________________________________________________ Imprenta “la patrió ca”, calle del General Franco 23 Lalín .Pontevedra ESPAÑA


Corría o ano 2010, e a civilización occidental estaba en crise. A causa era o cambio dos centros económicos mundiais de Europa e Estados Unidos para Asia, concretamente a China, o que levou a un crack económico e social a toda Europa de magnitudes non imaxinadas ata o momento. O xigante amarelo ruxía con forza En Lalín as cousas non andaban nada ben; a situación económica e social era caótica, e moi distinta dos anos do “crecemento infinito” augurado polos políticos locais anos antes, cando parecía que Lalín non tería límites e, na mente de algúns, estábamos xa a nivel de metrópoles como New York ou París. ¿Que fora o que mudara en Lalín? Unha ollada polas rúas facíanos ver cousas familiares: seguiamos tendo Rúa Xeral Franco, as lousas do quilómetro cero seguían en constante reparación, a praza Europa seguía sen entregar, pero a crispación social era evidente... moreas de parados portando xamóns e agasallos facían colas diante da oficina de emprego; comercios pechados, ou adquiridos polos Bernabés para montar tendas variadas ocupaban as rúas, o polígono Lalín 2000 estaba a monte, e só a celulosa de Botos daba traballo a xente de Lalín....¿Onde estaba a industria?...pois ¡¡na China!!... Os primeiros en marchar foran os de Montoto con fabricas en Romanía, seguíronlle os Generos de Punto Iván,e pouco despois, Florentino descubriu que facíalle menos dano o sushi que o cocido, levando todas as fábricas para Shangai, seguiulle Toypes, D´aquela, etc. etc. e para acabar de remata-la, todo o holding de Isolina, que asesorada polo seu neto, levouse todas as fabricas a Pekín... ¡o tecido industrial do Deza aquedou totalmente desmantelado!... e como xa non había nin un can, as empresas da construción viñéronse abaixo...e cando os/as traballadores quixeron organizarse e sindicarse xa era tarde.. era tan grande a crise que ata Taboada e Ramos non facía obras.. Esgotadas as fontes de traballo na industria, e con toda a hostalería de Lalín en mans dos Montilla, o emprego público quedaba como a única saída.. O despacho de Crespo parecía a romaría do corpiño: centos e centos de ofrecidos e ofrecentes tentaban de colocar os seus fillos, non xa no concello, deputación, bancos, bibliotecas ou axencias locais de desenvolvementos varios como foi sempre tradición, senón en calquér traballiño que puidera aparecer, pero todo era en van... xa non había máis emprego público para darlle ós fillos, incluso o Instituto de Estudos Laxeirianos xa tiña tres axudantes de cada señora da limpeza, e iso que a xente aínda non sabía para que raios valía.. A situación era cada vez máis complicada. A xente saia do Concello de baleiro e empezaba a ameazar con mudar o voto... Tobi xa non podía saír a rúa sen que unha lexión de lamecús lle dixera o bo alcalde que sería. Pero a gota que colmou a paciencia de Crespo estaba por chegar: no mitin de fin de ano, tivo que escoitar por primeira vez algúns pitos cando, antes do concerto da banda, ía a

repetir o seu orixinal discurso de tópicos típicos do Deza (terra de artistas, músicos, cocido, km 0, que bos somos etc. etc.). Era día de Reis e no concello recibíronse as enquisas de intención de voto.. despois de léelas Crespo saíu do seu despacho dando un portazo... ¡Mecago en Fros! -dixo cabreado- ¡¡este vai ser a fin!! A ver, -díxolle a Román-, convoca a unha reunión a nosa xente máis preparada para buscar unha posible solución.. O salón de plenos estaba cheo do mais representativo da “intelixencia” do PP local: os do patronato, concelleiros, novas xeracións, e tapados varios. Crespo entrou con paso firme, pero ó ver o percal, decatouse por fin... ¿pero onde vou eu con estes? –preguntouse apesadumbrado- e dando a volta botou a andar sen rumbo polo regueiriño berrando: ¡¡ hai Sto. Torrisco !!.... ¡¡Axúdame!!..... Sto. Torrisco aparecéuselle subido a unha pola de carballo e díxolle: coño Pepe, tempo sen saber de ti. Torrisco, tes que salvarme –díxolle Crespo cos ollos cheíños de bágoas- vouche contar o meu problema: bis bis bis, bla bla bla (díxollo susurando, como nunha confesión.) Sto. Torrisco pensou un momento e díxolle: se non entendo mal, ti o que queres e unha forma de que Lalín volva a recuperar a súa puxanza económica, que volvan as empresas que se foron, e volver a ter unha bolsa de emprego público para poder pagar favores ¿non si? Pois voute axudar!! O primeiro que tes que facer e organizar un hermanamento con Pekín..: podes xustificalo dicindo que agora nos hermanaremos con cidades acabadas en “in”, total a xente xa perdeu a conta; logo organizarás un cocido na capital, ó que convidaras a todo o goberno chino, e farás unha queimada... e ai farei a milagre: a todo aquel que leves a china contigo, atopará un posto de responsabilidade e con capacidade de decisión na industria, na economía, e na cultura china.. Crespo pensouno e os ollos s elle iluminaron.. ¡¡Joder Torrisco!! ¡¡Eres un fillo de puta! ¡Que che fixeron os pobres chinos? Como se pode ser tan ruín? -Dixo crespo- Xa Pepe, pero na guerra tes que ser así de sanguinario e cruel –díxolle Sto. Torrisco gravemente-.. tes razón Torrisco!!, de facelo, facelo ben.. ¡¡ata lles vou a mandar a os do patronato cultural... e os de Novas Xeracións!! Arrrrgggghhh berrou Sto. Torrisco!! Vexo que aprendes rápido Pepe.. con eses tes a vitoria asegurada!! Douscentos cincuenta avións partiron do Aeródromo Internacional de Xaxan con destino a Pekín a participar no hermanamento.. un mes mais tarde os analistas económicos aínda buscaban as claves para descubrir as razón do afundimento da economía china e de todo o sudeste asiático... As empresas regresaban a Lalín fuxindo de Asia, e Taboada e Ramos construía un novo polígono industrial para dar cabida a centos de empresas chinas... Crespo no Castro tecnolóxico firmaba bases para “oposicións” a postos de traballo públicos.. e feliz e contento, entre firma e firma dicía.. ¡¡¡graciñas Sto. Torrisco!!!! 2005


¡¡Xa esta aquí o Antroido!!; festa que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera na que conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo o momento do ano no que se poden e deben romper normas; O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar... o rirse do máis sagrado... personaxes enmascarados e adornados que non falan, que levan chocas coma os animais, que zorregan á xente, levántanlle a saia ás mulleres e fan falcatruadas.... homes vestidos de mulleres e mulleres de homes, curas e monxas e o que non ten disfraz, dalle a volta a roupa, simbolizando esa volta do mundo ó revés. O mancharse, tiznarse, emborrallarse e gastar bormas, rirse de todo e de todos... o único prohibido é non participar e enfadarse. Os discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas fan repaso, en clave satírica de todo o acontecido no ano, falando animando ou ríndose dos veciños e institucións. O Antroido leva anos morrendo, comido polo “carnaval” de “disfraces”, aséptico, non transgresor e sobre todo alleo... os disfraces saen polas noites convertindo o Antroido nunha noite de copas mais, quedando as horas de luz valeiras de contido festivo e transgresor.. a xente mira os “desfiles” de “carnaval” pero non participa.. No esperedes que ningunha comisión municipal vos divirta no antroido.. o antroido levase no sangue e está dentro de cada un.. Os/as que disfrutamos do antroido como festa participativa e transgresora debemos tomarnos o antroido como un compromiso persoal e de traballo activo de recuperación do significado verdadeiro do antroido. ¡¡ Emporcallémonos, tiznemonos, saiamos as rúas a cantar, facer festa e reirnos de nos mesmos e de todo!! Sobre as Coplas de Cegos: As Coplas dos cegos son un resumo “do que se falou” o pasado ano en Lalín. Cada copla consta de catro versos con rima sobre unha melodia de un cantar nos que se pretende anunciar ou denunciar feitos pasados, tentando que os temas a tratar sexan levados de xeito elegante, con bo humor, e.. con espírito de Antroido, exercendo a critica social e a subversión, pero ser o mais elegantes posibles e sobre todo “dicir sen dicir”.. A tal fin, e para que toda a xente que queira colaborar na súa elaboración poida participar, estas elabóranse en reunións aberta se publicitadas con anterioridade.. ou poden facer aportación a través da intérnete no blog colocado a tal fin en www.onaranxo.blogspot.com . Como punto de partida elaborase un borrador no que se recompilan “cousas das que se falou”, e sobre eso a xente ponse a traballar. Todos os temas son públicos e case todos sacados de informacións publicadas na prensa local. Gracias a todos/as os que colaborastedes.

Antroido 2006 Asociación Cultural “O Naranxo” Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! ¡Hai Santo Torriscazo! ¡Hai que favorciño! Fixécheslle ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi, moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Entroido Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto

Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño mediante a técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano do señor do 1989.


Xa chegou Santo Torrisco que ninguén se sinta mal se non traemos pregoeiro nin receta oficial

Para paga-lo concello aínda han pedir polos bares de entrada para unha letra venden o pazo Liñares

Andan tamen a pelexas Os partidos na “oposición” debe ser cousa da auga que haxa tanta "Crespación"

A ética dos funcionarios e políticos non é de risa algún ten un cacho chale que parece o dun dentista

Este ano meus señores vimos con grande estrañeza pois fáltanos don Manuel e o seu Estado na cabeza

milseiscentos millóns das antiguas pesetas por favor Santo Torrisco que non teña mais ideas

A Franco arrincamoslle a placa repuxeronlla os falanxistas a Donramiro veu Gallardón pra deixar de ser fascistas

Declararon ilegal a expropiación do Pontiñas pero que lindo lle deixamos o muiño ós Cuiñas

Botarémolo de menos na política nacional pero moito mais de menos sentiremos ó Currás

Ca intención de abaratalo o PSOE andivo fino aportou a solución ¡¡hai que chimpar o casino!!

Os de Agolada presumen dos pendellos con razón nós tamén temos pendellos chamámoslle pavillón

Tamen perderon o pleito do palco da Praza Europa han ter que poñer ahi a mesa das paparotas

Tropezounos Cuíña esto tenche moita guasa con amigos como Baltar é mellor quedar na casa

Algunha xente berrou ¡¡Manolito non as pensa!! se pos ahí o concello ¿onde imos ler a prensa?

Eso que o dia da gala víase alí tan campante o deporte non lle importa gústalle mais Bustamante

Eleccións belixerantes na asociacion de comerciantes o resultado non gustou e marcharon os guerreantes

Da “oficiña do deputado” no PP non saben a que estar haberá que andar moi atento a quen se hai que arrimar

O fútbol entrou no guinnes dunha bonita maneira din que é o club galego con mais socias brasileiras

O sarxento dos munipas tivo un pique con Ramiro nun Tris-Tras o resolveron E non chegaron ós tiros

E ata nos dias de paz no comercio andan a greña ou ben rifan pola ORA ou polas luces navideñas

Pero Crespo anda mosca de todos é comidilla ten medo que o de Filgueira ande collendo carreiriña

Outro tema relevante é a historia da katana i é que pasan pelexando todo o fin de semana

Anda contento Roman co seu novo "boulevard" vai chamar a Geslander que llo veña a urbanizar

Andamos curtos de ideas por non mentar neste rato a Framiñan a o Chaca nin tampouco ó patronato

E con o novo goberno anda todo enrevesado a Sole atopa traballo e a Encarnita danlle o paro

Penso que é cousa de Crespo outra idea xenial tanto ferido nas rúas vannos dar o hospital

Que quiten as deputacións fai temblar ós mais afoutos pois é fonte de traballo para "os nosos" e pra os outros

É hora de cambiar de BARe Pra que a festa non acabe Iso si tendo coidado Non caer nas tajeas do AVE 2006


¡¡Xa esta aquí o Entroido!!; festa que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primaveira na que conflúen rituais cristiáns e pagáns, sendo o momento do ano no que se poden e deben romper normas; O entroido é desde sempre a subversión, a volta ó mundo do revés, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O comer, beber e cantar ata rachar... o rirse do máis sagrado... personaxes enmascarados e adornados, que zorregan á xente, levántanlle a saia ás mulleres e fan falcatruadas.... homes vestidos de mulleres e mulleres de homes, curas e monxas e o que non ten disfraz, dalle a volta a roupa, simbolizando esa volta do mundo ó revés. O mancharse, tiznarse, emborrallarse e gastar bormas, rirse de todo e de todos... o único prohibido é enfadarse. Os discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas fan repaso, en clave satírica de todo o acontecido no ano, falando animando ou ríndose dos veciños e institucións. O entroido leva anos morrendo, comido polo “carnaval” de “disfraces”, aséptico, non transgresor e sobre todo alleo... os disfraces saen polas noites convertindo o entroido nunha noite de copas mais, quedando as horas de luz valeiras de contido festivo e transgresor.. a xente mira os “desfiles” de “carnaval” pero non participa.. No esperedes que ningunha comisión municipal vos divirta no entroido.. o entroido levase no sangue e está dentro de cada un.. Os/as que disfrutamos do entroido como festa participativa e transgresora debemos tomalo como un compromiso persoal e de traballo activo de recuperación do significado verdadeiro. ¡¡ Emporcallémonos, tiznemonos, saiamos as rúas a cantar, facer festa e reirnos de nos mesmos e de todo!! Sobre as Coplas de Cegos: As Coplas dos cegos son un resumo “do que se falou” o pasado ano en Lalín. Cada copla consta de catro versos con rima sobre unha melodia de un cantar nos que se pretende anunciar ou denunciar feitos pasados, tentando que os temas a tratar sexan levados de xeito elegante, con bo humor, e.. con espírito de entroido, exercendo a critica social e a subversión, pero sendo o máis elegantes posibles e sobre todo “decindo sen dicir”.. A tal fín, e para que toda a xente que queira colaborar na súa elaboración poida participar, estas elabóranse en reunións aberta se publicitadas con anterioridade. Como punto de partida elaborase un borrador no que se recompilan “cousas das que se falou”, e sobre eso a xente ponse a traballar. Todos os temas son públicos e case todos sacados de informacións publicadas na prensa local. Gracias a todos/as os que colaborastedes.

Antroido 2007 Asociación Cultural “O Naranxo” Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! ¡Hai Santo Torriscazo! ¡Hai que favorciño! Fixécheslle ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi, moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Entroido Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto

Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño mediante a técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano do señor do 1989.


Se o Torrisco ven tarde é polo caos circulatorio hai tal cristo, tal colapso que parece o ambulatorio!

¿De onde sacan os cartiños para semellantes dispendios? ¿aforrando no ghasoil das carrocetas de incendios?

Sorte que no Bloque hai amigos porque co PSOE andan de pena. para se bater en duelo van facer o “Lalín Arena”

botaremos de menos a dous de moita amistad vaisenos Rafa do Bloque e do PP foisenos Ruibal

Na teima do hospital xa temos por fin acordos! sexa Fraga ou Touriño todos fan oídos xordos!

De viaxe en Arxentina tan ledos e tan ufanos foron premiar un bo “amigo” pra amarrar outros catro anos

Din que ten moita elegancia O logo Quilómetro Cero tamén o traxe do chofer que custou oitocentos euros

O deporte tivo loito perdemos o mellor siadeiro todos botaremos de menos ó amigo Manolo Sieiro

Chamaron facendo “enquisas” para valorar candidatos ¡que llas fagan ós do Psoe que clavan os resultados!.

Pero temos que dicir que son aforradoriños; de catro mil que levaron devolveron noventa ouriños!

No pavillón dos deportes puxeron calefacción cando poñan ventanas esa vai ser a de dios

Andan bravos na Banda botan ó director con censura ¡os tempo son chegados! ¡a loita continúa!

Desorientados merendiñas non sabían a quen facer pelota si ó PePe que xa temos ou o PePe que ía vir de volta

Seica tiveron cristos con algúns concelleiros mais puxo orden coma sempre o rei Melchor primeiro

Han de facer esas obras cando chegue a primavera agora non quedan cartos levounos Carlos Herrera

As maruladas do cocido e a Gala tocaron fondo trinta e nove anos de “carrozas” xa van sendo de abondo

O dia do Santo Cristo resolveuse esa cuestión Cuiña entregou as armas e con Crespo foi en procesión

Pero non arranxou todo aínda queda un ruxe ruxe resultou ser guerrilleiro o rapaz de Vilatuxe

Concello, Arena, Liñares o pufo vai ser de quebranto a Crespo saenlle as contas ¿non seran as do Naranxo?

o esmorecer do Entroido por todos é sentido a tradición non é fashión os cartos son para o Cocido

Para firmar ben as paces Xosé pídelle un favor pórtate amigo Crespiño faime ó irmán comendador

Visitas de conselleiros directores e altos cargos Crespo anda cabreado ¿¡que fan estes no meu agro!?

Cantas ideas Pepiño Cantas cousas fas nun ano que ata falaches con Vázquez para un Cocido Vaticano

Imos levantando a tenda imos pasando para fora xa aparcamos moito tempo e non temos disco da Ora

Para “celebrar” o PXOM unha carpa para parvos ¡que grandes somos en Lalín! que as eleccións estan chegando

E din que sacaron periódico os do PSOE con presteza esto tenche mais perigo que o bordillo da igrexa

Xa imaxinamos as novas ían causar furor proclamando a Benedito o Papa comendador 2007


¡¡Xa chega o Antroido!!; o momento no que se poden e deben rachar as normas, tempo da subversión, da ruptura das convencións sociais e do cambio de roles. Unha festa sanadora da mente na que personaxes enmascarados que non falan zorregan á xente fan falcatruadas. Os homes vístense de mulleres e as mulleres de homes, e quen non ten disfrace pon a roupa do revés simbolizando o reviramento do mundo. Emborrallarse, rirse de todo e de todos... o único prohibido é enfadarse. Os testamentos, as regueifas dos xenerais, ou as coplas de cego fan repaso en clave satírica de todo o acontecido ríndose dos veciños e institucións. Este é o espírito do noso Antroido, o que xente maior e non tan maior lembra con agarimo e bota de menos. En Lalín o Antroido leva anos morrendo e esta desgraza cultural non é exclusiva da nosa vila. O “carnaval” aséptico, non transgresor, alleo a cultura galega, énos socialmente imposto pola agresividade dos medios de comunicación, pola mal chamada modernidade, polo socialmente correcto, e pola ignorancia da esencia da nosa cultura. O resultado nas vilas que non conservan tradicións fortes do Antroido (a diferenza dalgunhas próximas coma Merza, ou Vedra que as manteñen, ou que polo menos, tentan rescatalas), é un “carnaval” baseado en “desfiles” e “bailes” de “disfraces de” imposible de soster sen un aporte de cartos constante dos concellos debido a motivos tan evidentes como o non ter unha base cultural que o manteña, e a diferenza de temperaturas entre Galicia e Cádiz ou Río de Xaneiro. En Lalín, os disfraces saen polas noites (si é que saen, visto os últimos anos) convertendo o Antroido nunha noite de copas coma outra calquera, quedando o día baleiro de contido festivo e transgresor; a xente vai ver os desfiles (se os hai) pero non participa e as poucas persoas animadas en facer algo que se saia do habitual chegan a sentirse bichos raros, e os que poden vanse a Laza, Verín, Xinzo, Vilariño... todo menos Lalín. Non temos en O Naranxo solucións máxicas que troquen este apoucamento do Antroido, mais si o convencemento de que é necesario unha reinvención baseada no espírito da tradición. Entendemos que despois dos fastos do cocido, no concello anden cansados dixestiva e organizativamente, pero suplicamos que a concellería de cultura empece xa a preocuparse de rescatar unha festa patrimonial tan importante como é o Antroido. É seu traballo, i é un sentir que esta na rúa. Vergoña debería producir en algúns o comprobar que nestes últimos 20 anos o único traballo de recuperación foi o realizado por particulares e por “O Naranxo”. É necesario que dende a concellería de cultura empece un debate libre de ideas cás asociacións e particulares ilusionados para recuperar a festa do Antroido porque que a cultura galega non se sostén sen defender o patrimonial, e o Antroido é unha das nosas xoias. E dende eiqui felicitamos e animamos os veciños da Cacharela pola súa iniciativa de artellar un Antroido popular e baseado na tradición que ofrecen a todos os veciños. ¡Adiante Cacharelo! ¡Viva Santo Torrisco!

Antroido 2008 Asociación Cultural “O Naranxo” Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! ¡Hai Santo Torriscazo! ¡Hai que favorciño! Fixécheslle ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi, moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Entroido Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto

Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño mediante a técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano do señor do 1989. Os Gaiteiros e músicos do Deza aclamámolo como Santo Patrón no Antroido de 1992


Benvidos amigos todos Saudemos ó noso Santo O Torrisco milagreiro Que tod@s queremos tanto este ano chegamos cedo e cos cartos gardadiños porque según nos di Crespo picolos inzan camiños para o cocido en Roma Vázquez xa mercou as potas e Crespo leva os chourizos os berzas e as garotas o caso é seducir o Papa con un cocido bravu coidado Pepe cos garbanzos que este da misa de cu A manifa dos Que fervor e Rouco,Acebes Eso si que é Non Non Non Que

obispos que desmadre e Zaplana "Pig Parade"

vai o LalínArena tiñan primeira pedra miraron en Liñares o está comendo a hedra

vai ter outro sobrecusto o concello sideral hanlle de botar as culpas a suba do cereal outra obra de gran sona Os bordillos das aceras Que somentes os arranxan Se afuciñan os colegas

quentouse Crespo con Tobi pola visita da Piñón coida os modais Pepiño que ela é a de Educación

espetou Tobi no mitin amañáronche o traballo Paco xurou poñer pleitos ¡que lle quiten o bailado!

Hai baixas no ambulatorio os do Psoe non fan presión as eleccións non se ganan con "alta resolución"

baixaron “algo” os do Bloque e xa pensan nas vindeiras en vez do cartel de Paco que poñan o das brasileiras

vaiche mal o club de fútbol que aprendan da concelleira que con media "adicación" mellora calquer dianteira

hai que son é a

afogástelos no traballo ate pedir a excedencia ogallá atopedes de vellos do pecado penitencia

perdón se son moi pobriñas estas coplas non teñen sal non sae Román culturas nin Ramirito Ruibal

¡ninguén é imprescindible! di Xulio o abnegado jalei,casino,residencia,patronato ¡carallo pro xubilado!

dous canciños de palleiro Crespo ofrece regalar tranquiliños concelleiros que so vos é un falar

tamén marcharon os do folque din que foi so polo carto outros contan que a razón foi aguantar ó patronato

de “Gala da Gastronomia” a so un Luar “especial” aproveitadevos nenas xa non vai voltar Bisbal

salvou dous castros do AVE parou a parcelaria salvaxe adiante Antonio Presas iso si é ter coraxe

vai unha de despedida a dous homes do lugar Matelo daba de beber e Cuiña de falar

O PP nas eleccións perdeu outro concelleiro e quedaron sen amigos en Silleda e en Rodeiro

Rematamos estas coplas Imos apurando o viño Agarrádevos ó Santo Que aínda nos queda camino

dous temas deste ano levantan comentarios os pantalóns de Crespo boda dos boticarios


Antroido 2009 Asociación Cultural “O Naranxo” Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! ¡Hai Santo Torriscazo! ¡Hai que favorciño! Fixécheslle ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi, moi grande mellor que pequeniño A Cacharela é a casa de… O Cacharelo! ¿E que é O Cacharelo? É un antroido e naceu da mellor maneira, entre as veciñas e veciños do barrio, e coa colaboración desinteresada de máis veciñas e veciños de Lalín. Se "Cacharela"significa "lume", Cacharelo tamén. É o espíritu do lume ó que lle damos corpo. E que ven sendo O Cacharelo feito corpo? Un personaxe que nos representa e que non se deixa dominar, e isto é moi interesante, porque axuda a un histórico barrio de Lalín a reforzar a súa identidade como tal, e a que as veciñas e veciños esteamos máis unidos. Iso é en resumo: o sentimento de unión entre as veciñas e veciños da Cacharela. Pero que é un antroido? Un antroido é unha válvula de escape. Ten que haber unha vez no ano na que poidamos deixar de ser como somos para ser doutra maneira, e por iso nos disfrazamos, e toleamos un pouco, e rímonos dos mais e do nós mesmos. É un descanso do mundo correcto e da rutina. Non deixamos de ser quen somos, pero xogamos a poñelo en dúbida cambiando de identidade. E invádennos as gañas de nos rir do que temos por serio, e do que nos pon medo, e do que nos da vergoña. O antroido é un alivio e causa unha gran alegría. O antroido tamén é desobediente coa autoridade, porque representa o pensamento lúcido e o sentir atrevido. E prefire a certeza de quen comparte a risa e o fai por ben, que tantas veces a arbitrariedade de quen manda e ordena. Viva a fartura! E que a autoridade pasee desnuda! Saúde!

Santoral: Sábado de Entroido Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño mediante a técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano do señor do 1989. Os Gaiteiros e músicos do Deza aclamámolo como Santo Patrón no Antroido de 1992


Estes ceguiños do antroido chegamos un ano mais cunha escolma de cantigas desta vila singular.

Pero os hai que non aprenden ¡nós temos que ser a caña! en Donramiro o mais grande reloxo de sol de España

A Crespo a feira non lle afecta El viste moito mais fino con pantalóns de cadros que lle merca a Florentino

Renomearon a rúa que antes foi de Gallardón e como a vía do Salnés tamén tivo un socavón

Traemos o Santo Torisco, o santo mais milagreiro, ainda coa competencia dos candidatos xunteiros

E xa sin un puto can e co urbanismo parado o mellor é sair nomeado en Santiago deputado

pegadas de comendadores, mostra da Lalín Pork Art a ver si pensamos un pouco e deixamos de copiar

Mandou Sanidade unha carta polo asunto do hospital e arroutou Crespo moi fino que a metan via rectal

Aquí falamos da crise, o azote dos currantes e tamén de V.I.P.s. do pobo que volveron a moinantes.

Xa nos fastos do cocido faltaron as brasileiras a comida foi a escote hai que rascar as carteiras

Imos deixar nesta copla de falar de cousas vanas para lembrar a Colmenero e o noso amigo Campanas

Tamén quedou moi picado co desprezo da ministra e quixo partirlle os dentes cunha cunca ós socialistas

Acabáronse os Proinsas antes tan importantes e agora pagan os xustos polos pufos dos mangantes.

Levantaron unha estatua por popular suscripción non deberon de dar moito que ca man fai petición

Foi realmente este ano un ano de moita penuria e ainda que sexa moi fácil, ímolo rimar con Nuria.

falou Sole de persecución que no Deza hai moito cacique Crespo foi de aludido quen allos come que se pique

Din que a culpa é dos yankis de xogar coas hipotecas nosa por ir de sobrados e facer como a leiteira

Menos mal que esta crise vai ter pronta solución co consorcio de turismo esto vai ser benidorm

Non te culpes concelleira nós non te queremos mal só que herdaches a Cultura do mais nefasto Román.

E plantoulle unha denuncia pero non foi o xulgado para unhas moi valente para outras un rajado

Das hipotecas da Vila Liñares foi a primeira, o concello a segunda e o Arena a terceira.

Con Fochi e o do Patrón Crespo xa ten as claves a solución dos problemas cambiar Castros por solares

Apartáronte de tráfico, semella que non valías. Crespo logo de nove anos vai salvar a concellaría

O do cocido no escudo xa foi a traca final 500 ideas diarias producen diarrea mental

Cando nos toque pagar veremos o que nos queda o pufo vai ser de medo ganaremos a Silleda

Dixeron os feirantes o da suba xa é o colmo e botáronse á rua quedamos sen feira e polbo

Pero fuches “encantada” para o soto do museo unha cura de humildade e Paío está no ceo

Rematamos estas coplas imos comer nos torresmos para que o ano vindeiro poidamos volver a vernos

2009


Antroido 2010 Asociación Cultural “O Naranxo”

Bendita Procesión de

Santo Torrisco de Siracusa Oración Dáme un torresmo Santo Torrisco Bendito, non mo des cru, mellor dámo frito. ¡Hai Santo Torrisquiño! ¡Hai Santo Torriscazo! ¡Hai que favorciño! Fixécheslle ó meu bazo. Santo Torrisco bendito dáme un torresmiño dámo moi, moi grande mellor que pequeniño Santoral: Sábado de Entroido

O Cacharelo é unha ánima que vive no lume do San Xoán. Invocado o sábado de Entroido por Santo Torrisco, o único que ten poder sobre el, aparece para incitar os lalinenses á festa e aos pecados da carne. O domingo é cando aparece polas rúas, correndo tralos que non celebran o antroido e, sente devoción e respecto polos homes vestidos de muller (*). O Mércores de Cinza O Cacharelo prende o lume purificador, onde arden os males dos que a xente de Lalín se quere liberar. Despois permanece invisible entre nós, incitándonos á luxuria e a non facer vixilia, até a noite de San Xoán, momento no que salta ao lume para voltar ao reino das ánimas. (*) Queremos con isto render unha sentida homenaxe a dúas persoas que durante moitos anos viviron con ilusión o antroido e fixeron desfrutar aos lalinenses co seu bo humor: Senande e Pepe Mondelo.

Indulxencias: Liberación do pecado do fornicio se é recitada con fe antes do acto Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible ola de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha alacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño mediante a técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Cónsul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano do señor do 1989. Os Gaiteiros e músicos do Deza aclamámolo como Santo Patrón no Antroido de 1992


para chegar a este antroido viñemos por autopista agora que están “os nosos” so van pagar os turistas

o da crise é algo serio temos que pedir esmola Crespo ata casou cun casco fixo a voda nunha obra

Nuria e Paio no concello estanche moi preocupados. Tarabela e Caixanova quítanlles todo o traballo!!

Crespo ve moito mundo e colle ideas paveras como o bulevar do cocido e as bicis tragaperras

puxeron lombos de burro e montouse un cataclismo pra cruza-la “ecovía” tes que saber de alpinismo

no “Hola” foivos portada a voda municipal. ela ía de zarina, el moi sobrio “de normal”

casou o Loño pequeno tiña gaiteiros na praza tamén Martiño Candingas que foi casar á Lanzada.

protestando con octavillas !sodes como os franquistas! ¡sede modernos cona! ¡sobornade aos periodistas!

o Sagrado Corazón évos noticia en Lalín dende agora Don Fidel quedará en Fidelín

Plácido é un adiantado da estratexia comercial xa fixo un cartel redondo pra por na consistorial

na comida do Cocido moitos cartos se tiraron xuntaron máis paparotas que na Romaría do Faro

o feirbuk de Dani Mejuto fixo enfadar ao alcalde di que xa anda o Psoe outra vez a falar de balde

trinta anos leva Camilo no Concello a traballar e agora van e aumentan os anos de xubilar

hai aquí un repunante que parece unha lora cada vez que toca a banda di o mesmo media hora

algúns policias do pueblo por mirar que medre o emporio andan vendendo nos bares plazas para o purgatorio

temos que marchar agora estacionamos nun vado e como a Dani Mejuto mellor nos era estar calados

á alcaldesa de Silleda quitaronlle o sillón e veu mirar se o atopara “tirado” Tito Chispón.

por ir ca banda a New Yorque o alcalde anda emperrado mais díxollo conselleiro que alí van todos mamados

e digo pra o purgatorio porque o ceo non se toca anque pra plazas baleiras que viva o parking Europa

rematou co observatorio o ano da astronomía por cúpula ten un toldo parece unha pulpería.

precintaron Parking Europa o lío vai ser de coidado pero a Román non lle importa el xa vos é deputado

defendendo o trilingüismo anda o “sabio” de Lalín fixo un feixe de amiguiños xa lle chaman Romancín

obreiros que van ao paro empresas que van pra ruína o diñeiro do plan E pras rotondas..cousa fina

e si hai que chimpar o feito Crespo di “non pasa nada, os coitados dos veciños pagaránnos as pifiadas”

moitos miles de millóns viron a gran pork-parade iso si que foi un timo e non o da Gripe Ae

2010


Dixitalizados no Entroido de 2011


Entroido de Lalín (II)  

Cantos do Entroido en Lalín (00-10)

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you