Guía de Orientación Profesional Bacharelato 2020.2021 V.1.

Page 6

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional Bacharelato (2020/2021. v.1) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

Para ter unha información adecuada, terás varios alternativas no Colexio Plurilingüe Divina Pastora-

Franciscanas: 1. Titorías con información xenérica que che facilitará o orientador nalgunhas clases co titor. 2. A guía de orientación, este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Colexio. 3. “Arquivo de Estudos”, é un conxunto de ficheiros onde atoparás información impresa e actualizada sobre todos os estudos posibles. Está dispoñible no Departamento de Orientación do Centro durante todo o ano. Terá o funcionamento de préstamo (máximo 1 semana), solicita ó orientador o material do teu interese. 4. O taboleiro da túa clase, onde o titor ou o orientador porá información moi interesante e actualizada: becas, conferencias de estudos, probas de acceso, novos estudos... 5. As sesións informáticas de búsqueda de información académica realizadas no Colexio en horario extraescolar, entre elas o programa informático Orienta 2020/2020 de J. Sádaba que poderás descargar na túa casa e analizar coa túa familia. 6. Semana de Estudos Superiores. Este ano as charlas informativas de diferentes Universidades e outros centros superiores de formación, desenvolveranse en horario non lectivo na sala de audiovisuais no recreo (para alumnado de bacharelato). Este ano aínda non se concretaron os centros participantes. Unha vez establecidas as datas e centros participantes avisará o titor ou o orientador e poderás consultar as datas no taboleiro informativo da túa clase. A partir destas vías coñecerás toda a información que dispón o Colexio Plurilingüe Divina Pastora sobre Universidades, estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de interese... co fin de facilitarche a toma de decisión vocacional: que titulación universitaria, CFGS ou que outros estudos prefires.

Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de estudar moitísimo para sacar o título de Bacharelato e a ABAU, terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional. Non dubides en preguntar ao orientador do Colexio todo o que non entendas ou que non apareza nesta guía, tanto ti como a túa familia.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez www.elorienta.com/juanluis

6


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.