Issuu on Google+

CURSO 2013/2014. V2

Franciscanas

www.elorienta.com/juanluis

Colexio

ivina astora

COLEXIO DIVINA PASTORA

GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNOS DE 4º DA ESO

JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2011/2012-Versión 1. xaneiro 2014

ER-1045/2006


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

ÍNDICE: INTRODUCCIÓN: ............................................................................................... 3  CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN  INFÓRMATE E DECIDE BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. ............................................ 5 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. .................................................. 5 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. ........................................................ 6

BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS. 3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO.............................................. 7 4. O BACHARELATO ........................................................................................... 8 5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ................................................. 11  Acceso e datas de interese.  C.F.G.M. en Ourense e no resto de España. 6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL ............................................................... 14  Música, Danza e Arte Dramática.  Artes Plásticas e Deseño. 7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS ............................................................... 15 8. OS PCPI. ............................................................................................................ 17 9. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS ........................................................ 20 10. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL ................................................ 21 10.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS ..................... 21 10.2. RECOMENDACIÓNS ..................................................................... 22 BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN. 11. AGORA DECIDO ........................................................................................... 23 ANEXO I. Notas de corte na Universidade. ANEXO II. Titulacións universitarias en Galicia ANEXO III. Parámetros de Ponderación.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

2


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

INTRODUCCIÓN. CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da tua familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos titores e do orientador. Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS. A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos, aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros aspectos, confróntaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso. Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques: A. Coñecemento de si mesmo. Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en cada unha das materias que estudaches no Colexio e sobre as características das diferentes actividades profesionais. B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais. É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e profesións que tes ó teu alcance e as características daquelas que máis van ós teus intereses. ¿En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos formativos, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de interese... C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide!

INFÓRMATE E DECIDE. ¿E o curso que vén qué? Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti. Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do que te propoñas. O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

3


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as seguintes cuestións: 1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás que terías acceso. 2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada con eles. 3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos consultando as dúbidas que teñan ó titor ou o orientador. 4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti. 5. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.

Para ter unha información adecuada, terás varias vías no noso Colexio: 1. Información xenérica que che facilitará o orientador nalgunhas clases do segundo e terceiro trimestre. 2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Colexio. 3. O taboleiro da túa clase, onde o/a titor/a ou o orientador porá información moi interesante e actualizada. 4. As sesións informáticas de búsqueda de información académica realizadas no Colexio en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2013/2014 (o podes descargar na túa casa dende o blog de orientación: www.elorienta.com/juanluis e así traballar con el comodamente e cos teus pais). A partir destas vías coñecerás toda a información que dispón o centro sobre Universidades, carreiras e estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de interese... para ter claro qué modalidade de bacharelato che convén máis segundo a titulación universitaria ou CFGS que tes decidido; ou que outros estudos prefires. Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de estudar moitísimo para sacar o título da E.S.O., terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

4


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. Cuestionario sobre estudios Apelidos e nome.................................................................................................................. Idade:..............Curso:.....................................Data.............................................................. 2. ¿Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde. 1............................................................. 4................................................................. 2............................................................. 5................................................................. 3............................................................. 6.................................................................

3. As que che resultan máis difíciles son: 1............................................................. 2............................................................. 3.............................................................

4................................................................. 5................................................................. 6.................................................................

4. ¿En que materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas? 1(+)................................................ 1(-)................................................... 2(+)................................................ 2(-)................................................... 3(+)................................................ 3(-)...................................................

5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas) (+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas. (+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte. (+)Tes interese nesa materia. (-)Pouco interese pola túa parte (+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores (+)Outras: ........................................... (-)Outras: ........................................... 6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta) Moi favorable. Simplemente favorable. Móstranse indiferentes ante os meus estudos. A súa influencia é algo prexudicial. A súa influencia é moi prexudicial. 7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas) Os teus sistemas e formas de estudar. A túas actitude ante os exames. A túa forza de vontade e constancia. A túas postura ante as tarefas do Colexio. Os teus hábitos de lectura. ................................................................. Juan Luis Rodríguez Rodríguez

5


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. Co fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses. Esta sesión farémola na sala de informática do Colexio.

Entre os test que faremos estarán. -

“Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan máis. Pódelo atopar en: http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm

-

IPP-R. Inventario de Intereses e preferencias profesionais de Mª V. de la Cruz

-

“Test de preferencias Orienta 2013/2014”. Dous test que pertencen ao programa Orienta 2013/2014 de Julián Sádaba (outubro, 2013) que podes descárgalo dende: www.elorienta.com/juanluis.

ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.

A) TEST DE BACHARELATO:

B) TEST IPP-R

C) TEST ORIENTA 2013/2014

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

6


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

Para descargar o programa entra na web do colexio: www.colexiodivinapastora.com no menú da dereita atoparás os botóns de cada un dos blogs do Colexio, un deles é o “Blog do Departamento de Orientación”. Ou ben accede directamente dende esta dirección: www.elorienta.com/juanluis Atoparás o blog con moita información sobre a área de Orientación Profesional, e no menú “Enlaces” na sección de “material” no primeiro apartado poderás descargar o programa co que traballamos na aula de informática, fai un clic en: “Baixar o Orienta” ou ben en “Descarga o ORIENTA 2013-2014”.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

7


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.

3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a Lei Orgánica de Educación (BOE, 04/05/06) están reflectidas no seguinte cadro, que comentaremos na titoría con exemplos.

Cadro 1. Esquema do Sistema Educativo Español segundo a LOE elaborado polo MEC.

Fonte: MEC: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/ Aínda que xa se aprobou a LOMCE (BOE 10/12/13), aos alumnos de 4º da ESO deste ano 13/14 non lles afectará os cambios educativos propostos.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

8


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

4. O BACHARELATO O Bacharelato LOE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades diferentes:  Artes (organizada en dúas vías, a de Artes plásticas, deseño e imaxe e a de Artes escénicas, música e danza)

 

Ciencias e Tecnoloxía Humanidades e Ciencias Sociais

En cada modalidade existen diferentes tipos de materias.  Materias comúns, que pretenden aportarche unha formación xeral  Materias propias da modalidade, coa intención de aportarche os coñecementos da modalidade elixida e prepararte para determinados estudos universitarios ou Formación Profesional Específica. (estúdanse como mínimo 3 materias propias de modalidade por curso).  Materias optativas, coa intención de conseguir unha formación máis especializada (escoller 1 das ofertadas polo centro). Ao superar o Bacharelato obtense un único título, que dará acceso ós Ciclos Formativos de Grao Superior ou á selectividade co fin de ir á universidade.

1º curso

COMÚNS

CIENCIAS E HUMANIDADES E ARTES TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…) Filosofía e Cidadanía - Educación Física - Relixión ou Alternativa Ciencias para o Mundo Contemporáneo

PROPIAS DE Matemáticas I MODALIDADE Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Debuxo Técnico Tecnoloxía Industrial OPTATIVAS Música TIC 2ª Lingua estranxeira I Outras

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

Historia do Mundo contemporáneo Latín I // Matemáticas Aplicadas I Grego I // Economía Música TIC 2ª Lingua estranxeira I Outras

Cultura Audiovisual // Debuxo Artístico I Debuxo Técnico I Volume I Música TIC 2ª Lingua estranxeira I Outras

9


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

2º curso

COMÚNS

CIENCIAS E HUMANIDADES E ARTES TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…) Historia da Filosofía – Historia de España Relixión ou Alternativa

PROPIAS DE Matemáticas II MODALIDADE Bioloxía e Xeoloxía Física Química Ciencias da Terra Debuxo Técnico II Electrotécnia Tecnoloxía Industrial OPTATIVAS Música TIC 2ª Lingua estranxeira II Outras

Xeografía Historia da Arte Latín II Grego II Economía de empresa Matemáticas Aplic. II

Historia da Arte Debuxo Artístico II Debuxo Técnico II Técnicas de expresión gráfico-plástica

Música TIC 2ª Lingua estranxeira II Outras

Música TIC 2ª Lingua estranxeira II Outras

Cadro 3. As materias nos bacharelatos.

Nesta táboa vense graficamente a totalidade das materias oficiais que podes atopar nos Centros Educativos que impartan Bacharelato en Galicia. Dependendo do número do alumnado que ten un centro, este poderá ofertar máis optativas.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

10


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

O BACHARELATO NO NOSO COLEXIO. Cadro 4. O bacharelato no Colexio Plurilingüe Divina Pastora. Ourense.

1º Curso:

COMÚNS

CIENCIAS E HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I Lingua estranxeira I: Inglés Filosofía e Cidadanía - Educación Física - Relixión Ciencias para o Mundo Contemporáneo

PROPIAS DE Matemáticas I MODALIDADE Bioloxía e Xeoloxía Física e Química OPTATIVAS (escoller 1)*

Música TIC Alemán I

Historia do Mundo contemporáneo Matemáticas Aplicadas I Economía Música TIC Alemán I

Historia do Mundo contemporáneo Latín I Grego I Música TIC Alemán I

2ºCurso: CIENCIAS E TECNOLOXÍA

COMÚNS

CIENCIAS SOCIAIS HUMANIDADES Lingua galega e literatura I * Lingua castelá e literatura I * Lingua estranxeira I: (Inglés) * Filosofía * Relixión

PROPIAS DE Matemáticas II MODALIDADE Química Bioloxía OPTATIVAS (escoller 1)*

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Física Ciencias da terra Música Alemán II

Historia do Mundo contemporáneo Matemáticas Aplicadas II Economía de empresa Historia da Arte Música Alemán II

Historia do Mundo contemporáneo Latín II Grego II Historia da Arte Música Alemán II

Pregunta polas materias que descoñezas ó orientador ou ós profesores que as imparten no Colexio, tamén che poderán dar unha idea os compañeiros que teñas no bacharelato e que as estean a cursar.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

11


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

Elección: - Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer teño que seleccionar o bacharelato con maior vinculación para ese ou eses estudos: Ex. “quero estudar farmacia, o bacharelato con maior vinculación e o de Ciencias e Tecnoloxía polo itinerario de “Ciencias”. - Se non é vinculante a ningún bacharelato, escolle o que che resulte máis fácil. Quero facer “Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a ningún bacharelato, entón escollo o bacharelato X que me resulta máis fácil polo que é máis probable que obteña unha maior nota media. - No acceso ós graos Universitarios terán en conta as materias que fagas na fase específica (que é voluntaria) na selectividade. Xa non se ten en conta a modalidade e itinerario senón as materias en concreto segundo a titulación universitaria que queiras estudar.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

12


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO 

ACCESO E DATAS DE INTERESE.

Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas. Para o acceso directo, o alumno debe posuir o título de graduado en educación secundaria ou estudos equivalentes. Os que non teñan o título poden acceder mediante proba. Nesta proba de acceso, o aspirante deberá acredita-los coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de carácter sociocultural e unha de carácter científico-técnico. Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas. Se estás interesado nesta opción fala co orientador, proporcionarache material para a preparación da proba e tamén debes incorporarte as clases de preparación da proba que haberá no Colexio. (pregunta ó orientador). Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp. O calendario de matriculación nos CFGS especificase na seguinte táboa (na que aparecen as datas do curso pasado, aínda non se publicaron as do 2014, pero poden ser datas orientativas):

Probas de acceso

Datas Grao superior

Datas Grao medio

Inscrición para á proba. Publicación da listaxe provisoria de inscritos Reclamación a listaxe provisoria de inscritos e presentación de documentación adicional. Publicación da listaxe definitiva de inscritos Publicación da resolución provisoria de exencións e proba adaptada Reclamacións contra á listaxe provisoria de exencións e proba adaptada Publicación da resolución definitiva de exencións e proba adaptada Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros adscritos

18 ao 29 de xanei. 3 de febreiro 4, 5 e 8 de febreiro 9 de febreiro 19 de febreiro

1 ao 12 de marzo 16 de marzo 17, 18 e 22 de marzo 31 de marzo 29 de abril

22, 23 e 24 de febreiro 5 de marzo

30 de abril e 3 e 4 de maio 14 de maio

3 de marzo

30 de abril

27 de marzo

4 de xuño

21 de abril 22, 23 e 26 de abril 10 de maio 11 de maio

17 de xuño 18, 21 e 22 de xuño 28 de xuño 29 de xuño

Celebración da proba Publicación das cualificacións provisorias Reclamacións ás cualificacións provisorias Publicación das cualificacións definitivas Entrega de certificados nos centros

Táboa 1. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria pasada

(Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas ) Para a convocatoria do 2014 estar pendente na web ou preguntar ao orientador.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

13


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

CICLOS FORMATIVOS EN OURENSE E NO RESTO DE ESPAÑA.

En Ourense estanse a ofertar neste curso os seguintes ciclos formativos: (2013/2014) Consigna: CM Ciclo Formativo de Grao Medio. CS Ciclo Formativo de Grao Superior. IES Instituto de Educación Secundaria. CPR Centro Privado Concertado CPR Centro Privado Non Concertado. (cursiva e subliñado) IES A CARBALLEIRA. (Tel. 988221312) - CM Coidados auxiliares de enfermaría - CM Laboratorio - CM Sistemas microinformáticos e redes - CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma - CS Administración de sistemas informáticos en rede - CS Desenvolvemento de aplicacións web - CS Saúde ambiental - CS Dietética - CS Hixiene Bucodental - CS Documentación sanitaria - CS Laboratorio de diagnóstico clínico - CS Laboratorio de análise e de control de calidade IES 12 DE OUTUBRO (Tel. 988213722) - CM Estética persoal decorativa - CM Peiteado e cosmética capilar - CM Instalacións eléctricas e automáticas - CM Mecanizado - CS Estética integral e benestar - CS Programación da produción en fabricación mecánica - CS Sistemas electrotécnicos e automatizados IES A FARIXA (Tel. 988236552) - CM Instalación de telecomunicación. - CS Animación de actividades físicas e deportivas - CS Axencias de viaxes e xestión de eventos - CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica. - CS Guía, información e asistencia turísticas. - CS Mantemento electrónico - CS Produción de audiovisuais, radio e espectáculos. - CS Proxectos de obra civil - CS Sistemas de telecomunicación e informáticos. - CS Proxectos de edificación. IES PORTOVELLO (Tel. 988 232649) - CM Xestión administrativa - CM Comercio - CM Atención a persoas en situación de dependencia - CS Administración e finanzas - CS Secretariado - CS Xestión comercial e márketing - CS Integración social Juan Luis Rodríguez Rodríguez

14


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

-

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

CS Educación infantil

IES UNIVERSIDADE LABORAL (Tel. 988226304) - CM Electromecánica de vehículos automóbiles - CM Instalacións frigoríficas e de climatización. - CM Carrozaría - CS Mecatrónica industrial - CS Automoción CPR GRUPO Academia Postal. (Tel. 988366063) - CM Xestión Administrativa. - CM Sistemas microinformáticos e redes. - CS Xestión e Organización dos recursos naturais e paisaxísticos. - CS Administración e Finanzas. - CS Administración de Sistemas informáticos en red - CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma. - CS Administración de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. CPR RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN. (Tel. 988366214) - CM Xestión Administrativa. CPR SAN MARCOS (Tel. 988248794/ 988243024) - CM Farmacia e Parafarmacia - CS Hixiene Bucodental - CS Prótese Dental CPR SAN MARTÍN (Tel. 988221990) - CM Xestión Administrativa. - CM Coidados Auxiliares de Enfermería CPR SANTO CRISTO. (Tel. 988220588) - CM Xestión Administrativa. - CM Comercio. - CM Coidados Auxiliares de Enfermería - CM Farmacia e Parafarmacia. CIFP SANTA MARÍA DE EUROPA (Tel. 988225404) - CM Carpintaría e moble

Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:

http://www.edu.xunta.es/fp/ http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/4411

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

15


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL Ensinanzas de grao medio Música e Danza. Condicións de acceso: Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar unha proba. Poderán matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e os candidatos de réxime non regrado.  Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro curso de grao medio sen ter superados os anteriores.  Non hai límite de idade no acceso ó grao medio. Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual no mes de xuño. O centro publicará con anterioridade á matrícula o número de vacantes por cada especialidade. A proba terá dúas partes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto. 

En Ourense: Conservatorio de Música Profesional de Ourense. Grao Medio de: Frauta traveseira, Oboe, Clarinete, Fagot, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba, Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo, Piano, Acordeón, Guitarra, percusión, Canto, Instrumentos de Puga, Clave. Artes Plásticas e Deseño. As Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño teñen unha estrutura semellante á da Formación Profesional Específica e comprenden un conxunto de Ciclos Formativos que se organizan en Módulos Profesionais cunha formación teórico-práctica e dunha duración que estará en función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente. Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e ademais superar a proba específica que consta de 3 exercicios: - 1º exercicio: desenvolver por escrito un tema sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. - 2º exercicio: realizar debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa posterior aplicación. - 3º exercicio: execución con bosquexos e debuxos realizados no exercicio 2º. En Ourense: Escola de Arte Antonio Failde. Av da Universidade s/n. 32005. Ourense. www.escolarte.com - Ciclo Medio de Ebanistería. - Ciclo Superior de Ilustración. - Ciclo Superior de Fotografía. Ciclos Medios en Galicia: - C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña). - C. M. Procedemento de Xollería Artística (Santiago de Compostela). - C. M. Serigrafía Artística (Lugo).

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

16


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

7. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade, e outros unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso. 

AZAFATAS AUXILIARES DE VUELO. Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2 anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de idiomas.

ARQUITECTURA DE INTERIORES. Requírese bacharelato e PAAU. Ten unha duración de tres cursos máis proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da Universidade de A Coruña, “Graduado en Arquitectura de Interiores”. Máis información en www.udc.es/estudos/ga/estudospropios/960111.asp

INVESTIGADOR PRIVADO. Instituto Universitario de Criminoloxía. Madrid. (Tel. 91 394 54 13) Requírese bacharelato e selectividade. Tratase dun Título Propio da Universidade Complutense e ten unha duración de tres cursos.

CIENCIAS POLICIAIS. Universidade de Vigo. Trátase dun título propio da Universidade e ten unha duración de dous cursos, obtendo así o título de Técnico, Especialista ou Máster en Criminoloxía ou a cunha duración de tres cursos, acadando así o título de Graduado Universitario en Ciencias Policiais. Requisitos: - Titulado universitario de 1º ou 2º ciclo, COU con ou sen selectividade - FP - Bacharelato LOGSE con selectividade - Ciclo formativo de grao superior ou equivalente - Probas de acceso para maiores de 25 anos - Estudos estranxeiros convalidables.

DISEÑO E MODA.. A) Graduado Universitario en Diseño Textil e Moda. Título propio da Universidade de Vigo. Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002. Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: esdemga@uvigo.es Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa profesión como:  Deseñador en estampación téxtil; Deseñador estilista; Deseñador técnico; Crítico de moda; Administrador de creación para a produción e a comercialización B) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. “Titulo superior de deseño especialidade en Moda o Gráfico” Barcelona. (Tel. 932 372 740). (titulación Privada). C) Grado Universitario en Diseño de Moda. Centro superior de Diseño y Moda de Madrid (Universidad Politécnica de Madrid) http://www.csdmm.upm.es/ Trátase dun novo grao que comezará en el curso 2014/2015. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 17


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

PILOTO CIVIL. Podes estudialo na Universidade de A Coruña. O obxectivo deste Título Propio é o de crear unha titulación universitaria que aporte aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de forma que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral moderno. O Título Propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado (avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste, AFN, que conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O título Propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos.

MILITAR. Para ingresar en tropa e marinería requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18 e 28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía, hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conduta cidadá, e posuír os estudos esixidos para cada especialidade. Para ingresar aos estudos superiores militares requírese ter superadas as PAAU. Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es

CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70). Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter entre 18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de antecedentes penais, e ter o permiso de condución da clase B.

POLICÍA NACIONAL Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter entre 18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, non cumprir condena por delito doloroso e ter o permiso de condución das clase A e B e da autorización (BTP). Máis información no ministerio do interior. www.mir.es

Unha páxina moi completa para obter información de outra formación diferente á universitaria e a formación profesional é a páxina web do Ministerio: http://www.isftic.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm Nesta páxina pódese atopar información sobre as seguintes profesións: Piloto de Líñas Aéreas, Ilustrador, Guionista de Cine, Radio y TV; Meteorólogo, Controlador Aéreo, Escaparatista; Modelo; Grafólogo; Árbitro deportivo; Director de Hotel; Decorador de interiores; Anticuario; Orfebre; Auxiliar de Vo; Bombeiro; Enquisador; Animador Turístico; Xemólogo; Profesor de Baile; Monitor de Aeróbic; Especialista de Cine... Juan Luis Rodríguez Rodríguez 18


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

8. PCPI. PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL.

Todos os estudios dos PCPI que se están a ofertar en Ourense neste curso 2013/2014 son os seguintes: IES A Carballeira (A Carballerira, s/n. CP. 32002. Tel 988221312) PCPI de informática

IES 12 de Outubro (Av. Santiago, 2. CP. 32001. Tel. 988213722) PCPI de fabricación mecánica

IES Universidade Laboral (Av. Universidade, s/n. CP. 32005. Tel. 988226304) PCPI de mantemento de vehículos

CIFP A Farixa (Finca Farixa, s/n, CP. 32005. Tel. 988236501) PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións PCPI Asistencia en actividades e instalacións deportivas

EPA de Ourense Calquera programa de cualificación profesional inicial (Modalidade C)

CPR San Martín (Coronel Ceano, 1. CP. 32005. Tel. 988221990) PCPI Servizos Administrativos. PCPI Informática

CPR Santo Cristo (San Pedro, 2. CP. 32005. Tel. 988220588) PCPI Peiteado

CPR Ramón María del Valle Inclán (Enseñanza, 20. CP. 32002. Tel 988366214) PCPI Servizos Administrativos PCPI Revestimento de Obra

CIFP Portovello (Rúa Luis Trabazos, nº1, As Lagoas 988 232 649) PCPI Servizos Administrativos CEE MIÑO (C/ Juan Fernández de Gres, nº 13. Velle. Tel. 988 23 85 50 ) PCPI Servizos Administrativos IES VILAMARIN (988 28 60 13) PCPI Producións agrícolas PCPI Cociña

Podes atopar toda a información dos PCPI en:

http://www.edu.xunta.es/fp/ http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Oferta/2013-14/PCPI/_oferta_1_curso_pcpi.pdf

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

19


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

9. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS. Para axudar a sufragar os gastos derivados de estudios non universitarios, existen unha serie de bolsas e axudas da Consellería de Educación, Ministerio de Eduación e Ciencia, e tamén doutros ámbitos privados. Podes solicitar unha bolsa para cursar os seguintes estudos non universitarios:         

Bacharelato Formación Profesional de Grao Medio e Superior Programas de Cualificación Profesional Inicial Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos por centros públicos Ensinanzas Artísticas Profesionais Ensinanzas Deportivas Estudos de Idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia Ensinanzas Artísticas Superiores Estudos Relixiosos e Militares Superiores

Para máis información visitar a páxina: https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/paraestudiar.html nela poderás encontrar información relacionada con: forma de solicitala, prazos de presentación, tipos de becas e cuantías, requisitos, obrigas e incompatibilidades, etc.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

20


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

10. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL 10.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica podes acceder a un posto de traballo como funcionario/a nas administracións públicas (ministerios, comunidades autónomas, deputacións, concellos...) O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso-oposición. Convócanse unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, profesor, carteiro, enfermeiro, bombeiro, conserxe, policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes presentarte aos exames da oposición unha vez que realices a matriculación nos prazos propostos pola administración. As oposicións son procesos de selección que poden constar de varias probas, dependendo do tipo de traballo. Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das administracións: Boletín Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Provincial de Ourense (BOP) e de outras Comunidades e Provincias. Na convocatoria indícase: - Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-oposición. - As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de test psicotécnicos, temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas... - Calendario das probas. - Requisitos dos candidatos. - Lugar e data de presentación das solicitudes. Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que corresponden ás cinco escalas nas que se require titulación diferente. CORPO Grupo A1 Grupo A2 Grupo B Grupo C1 Grupo C2 Profesionais sen requisito

TITULACIÓN REQUERIDA Titulación Universitaria de Grao /Postgrao Licenciado, arquitecto o enxeñeiro Titulación Universitaria de Grao Diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico Título de Técnico Superior (CFGS) Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM) Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) Certificado de escolaridade.

Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

21


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

10.2. RECOMENDACIÓNS Para a búsqueda de emprego diferenciamos entre técnicas activas e técnicas pasivas: Técnicas activas: - Amigos e coñecidos. Esta vía é pola que se producen en España a maior parte de contactos entre demandantes e ofertantes de emprego. - Mailing. Consiste en enviar cartas de solicitude de emprego a unha gran multitude de sitios. Deben acompañarse do “curriculum vitae”. Hai que ter un listado de empresas amplio e enviar o máximo posible de cartas. - Candidatura espontánea. Visitando directamente a empresa na que nos gustaría traballar. - Teléfono, fax o E-Mail. Principalmente son medios que facilitan as anteriores xestións ou para investigar sobre as mesmas. Técnicas pasivas - Inscríbete na oficina do Servizo Galego de Colocación máis próxima ao teu domicilio: INEM e oficinas de emprego. - Comunidade e Concellos. - Centros informativos para a muller. - Centros de Información para a Xuventude. - Asociacións empresariais, Cámaras de Comercio, etc. - Anuncios en prensa. - Becas de traballo: sindicatos, colexios profesionais y universidades. - Empresas privadas de selección de persoal.

Tamén é recomendable que prepares un bo plan de búsqueda de emprego: -

Presta atención aos avisos do INEM, consultar a diario a prensa e revistas especializadas na oferta laboral. Elabora documentos sinxelos (carta de presentación, currículum vitae...) e coñece os procedementos de selección da empresa (entrevistas, test...) Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación. Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio, solo ou con outros nunha cooperativa... Asesórate na Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de Comercio ou Sindicatos.

E mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación relacionadas co traballo ao que aspiras.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

22


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE

Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2013/2014. v.2)

BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN. 11. AGORA DECIDO Tomar unha decisión tan importante non é tan doado, tres de cada catro estudantes equivócanse de carreira, dous de cada tres perden alomenos un ano e un de cada dous non sabe que estudar. Pero non te preocupes, non é tan terrible. Para elixir ben tes que traballar os tres bloques xa comentados na introdución: a. Empeza por coñecerte. É imposible elixir ben un estudo superior sen saber: o Cómo somos. o Qué queremos facer na vida. Por tanto, analiza os seguintes aspectos: o Intereses. o Capacidades. o Notas. Para coñecer os intereses e as capacidades, serán moi útiles os test feitos co orientador co programa Orienta 2013/2014, e as probas do SAVVI.

b. Coñece tódalas alternativas. Tes que coñecer tódolos estudos aos que podes acceder e ir eliminando aqueles que non te interesen nada, pero é moi importante que coñezas tódalas opcións e de que se tratan. c. Busca a máxima información da cada carreira. Unha vez seleccionada unha ou varias carreiras, polo xeral entre tres e cinco carreiras, profundiza en cada unha delas. Tes que saber: o A finalidade dese estudio. o Dificultade dos estudos. o As materias que hai que estudar (o plano de estudos). o As materias máis difíciles. o O “tipo de estudante” que cursa esa carreira. ( pódelo atopar nos planos de estudos e nas páxinas web de cada universidade). o O mercado de traballo, saídas laborais: sectores e funcións. o Pasarelas a outras titulacións. o Universidades ou centros de formación onde se imparten. o Diferenzas entre as distintas Universidades. (materias optativas, especialidades, cursos complementarios, instalacións...) o Custos e becas. -

Ficha do Orientador. (Cubrirémola na sesión de titoría). Ficha de Toma de decisións (Cubrirémola na última titoría)

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

23


Guia orientacion 4 eso 2014 final