Boletín nº 165 de CCOO de Xustiza

Page 4

6º. - En materia de medios para o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. - Dotará o Tribunal Superior de Xustiza de medios persoais e materiais que faciliten un control estatístico en tempo real e permitan dispoñer en todo momento dunha radiografía do estado da Administración de Xustiza en Galicia. - Promoverá a creación dunha unidade voante formada por funcionarios de carreira, dependente do TSX e con formación nas distintas ordes xurisdicionais, preparada para despregarse de forma inmediata en calquera unidade xudicial. - Disporá a cobertura automática das prazas vacantes e das baixas de todo tipo por persoal interino previamente formado, polo menos, no que aos sistemas e aplicación informática e aos rudimentos procesuais se refire. (…), o PPdeG dotará a Administración de Xustiza dunha aplicación informática propia, na que estean integrados todos os órganos xurisdicionais e que permita traballar a todos en rede. A devandita aplicación debe recoller a tramitación electrónica dos procedementos e a comunicación electrónica cos profesionais e os cidadáns como algo inmediato e desexable, e contar con ferramentas idóneas para asegurar a recepción e tratamento da información, controlar o desenvolvemento dos procedementos e alertar de calquera disfunción (transcurso de prazos, incumprimento de requirimentos ou traslados,...). 7º. - En materia de Planta Xudicial: É manifesta a insuficiencia da planta xudicial (xulgados e tribunais) en Galicia, o que xera a imposibilidade de tramitar e resolver os procedementos nun prazo razoable, o que xera dilacións e unha insatisfacción xeneralizada sobre este servizo público. (…) Esta circunstancia ocasiona unha progresiva ampliación da brecha que existe con outras Comunidades, ao extremo de que na memoria correspondente ao ano 2007 xa se evidencia a necesidade de ata unha trintena de prazas. É necesario adoptar unha posición máis reivindicativa ao expoñer e transmitir as razóns que xustifican a asignación de prazas que se solicita, dende a posición de forza que dá a realidade dos feitos e as demandas dos cidadáns da nosa Comunidade, salvo que se considere que tales demandas han de ceder ante consideracións políticas. En conclusión, e se realmente se pretende mellorar o estado e funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia, é preciso inversión e planificación, é dicir, fixar os obxectivos, establecer os programas estratéxicos e os plans de acción necesarios para a súa consecución e dedicar todos os recursos necesarios para o seu desenvolvemento e execución, xusto todo o que o bipartito non fixo nos últimos 4 anos.

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.