ECODICIONARIO

Page 1

ECO-DICIONARIO -multilingüe-

Gitana Stukiene

Justyna Strzelec Lucyna Nocoń--Kobiór

Mª Isabel Mato Torres Mª Cristina París Ferreiro INGLÉS

Environment

GALEGO

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Medio natural

Die umwelt

Aplinka, terpė

Środowisko

Medioambiente


Esta actividade foi levada a cabo polo alumnado de 8C, 8D, 9A e 10A do Instituto "Atgimimas" de Druskininkai nas clases de Bioloxía e Inglés. Gitaa Stukiene, profesora de Inglés, responsable desta actividade, quere agradecer a: 

Audrone Dreiniene e Grazina Valentukeviciute, profesoras de Inglés, por revisar e corrixir a versión inglesa.



Aos alumnos máis activos - Artur Nikogosian, 10A, Laura Skindaraite, 9A, Migle Mickonyte, 9A, Andrius Svitra, 8C, Greta Petkeviciute, 8D, Gabriele Vilcinskaite, 8D– pola súa cooperación e creatividade.

Esta actividade foi levada a cabo polo alumnado de 2ºde ESO - grupo A e C, 3º de ESO - grupo B, C e D e 4º de ESO – grupo B e C do IES “Maruxa Mallo” de Ordes nas clases de Bioloxía, Ciencias e Inglés. Mª Isabel Mato Torres, profesora de Inglés e Mª Cristina París Ferreiro, profesora de Ciencias, autoras e responsables desta actividade queren agradecer a:  Mª Carmen Fernández García, profesora de Ciencias, e Mª Carmen García Romalde, profesora de Bioloxía, pola súa axuda na elección dos conceptos.  Rosa Mª Maceiras Miñán, profesora de Lingua Española e Directora do centro, pola súa axuda no deseño gráfico das páxinas.  Marisol Liste Noya, profesora de Inglés, e Stacy Weltzin, auxiliar de conversación, por revisar e corrixir a versión inglesa.  Rosario Fernández Bello, profesora de Lingua Galega, por revisar e corrixir a versión galega.  E, por suposto, a todos os estudantes que fixeron posible esta actividade.


ÍNDICE                                

Acidificación (Lit) Agricultura orgánica/ecolóxica (Pol) Alimentos ecolóxicos/orgánicos (Pol) Arborización/Repoboación forestal (Lit) Asolagamento/Terras pantanosas (Esp) Augas residuais (Esp) Biocida (Lit) Biodiversidade agrícola (Lit) Biomasa (Lit) Bolsas biodegradables (Lit) Buraco da capa de ozono (Esp) Cambio climático (Lit) Capa de ozono (Esp) Capa freática/Auga subterránea (Pol) Carbón (Lit) Caza furtiva (Pol) Chuvia ácida (Lit) Combustible (Pol) Compost (Lit) Contaminación (Lit) Contaminación acústica (Pol) Contaminación atmosférica/do aire (Lit) Contaminación da auga/Exceso de sedimentos (Esp) Defensor do medio natural (Pol) Deforestación (Lit) Desastre ecolóxico (Lit) Desenvolvemento sostido (Esp) Desertización (Lit) Desxeo dos glaciares (Pol) Dióxido de carbono (Lit) Ecoloxía (Lit) Ecoloxista (Lit)

                               

Ecosistema (Lit) Efecto invernadoiro (Pol) Enerxía eólica (Esp) Enerxía renovable (Esp) Especies en perigo de extinción (Pol) Exceso de poboación (Esp) Desaparición (Esp) Fertilizantes (Pol) Fontes de enerxía alternativa (Lit) Fume dos tubos de escape (Lit) Humus (Pol) Incendios (Pol) Lixo (Esp) Medio natural (Pol) Movemento ecoloxista (Pol) Pesticidas (Esp) Plástico (Esp) Planta potabilizadora (Esp) Purificar/Sanear (Esp) Quentamento global (Pol) Reciclaxe (Esp) Recursos naturais (Pol) Residuos radioactivos (Pol) Respectuoso co medio natural (Lit) Separar o lixo (Esp) Smog/Contaminación atmosférica (Esp) Subministro de auga (Esp) Taxa ecolóxica (Pol) Toxicidade (Esp) Transxénicos (Pol) Tratamento das augas residuais/ Depuradora (Esp) Vertedoiro incontrolado (Pol)


Acidificación É un proceso natural. O termo úsase para describir a perda de bases nutritivas (calcio, magnesio e potasio) por medio dun proceso de lixiviación e a súa substitución por elementos ácidos (hidróxeno e aluminio). Sen embargo, a acidificación asóciase normalmente con contaminación atmosférica. Os impactos da acidificación no medio natural son un dos maiores problemas ambientais actuais. A acidificación afecta a todos os aspectos do medio natural: solos, augas, flora e fauna.

INGLÉS

Acidification

ALEMÁN

Die versauerung

LITUANO

Padidėjęs rūgštingumas

POLACO

Ukwasowienie

ESPAÑOL

Acidificación

Agricultura orgánica/ ecolóxica A agricultura orgánica é a forma de agricultura que se basea en técnicas como a rotación de cultivos, compost e control de pragas biolóxicas para manter a produtividade do solo e o control de pragas nunha granxa. A agricultura ecolóxica exclúe, ou limita de forma moi estrita, o uso de fertilizantes manufacturados e pesticidas, os reguladores de crecemento vexetal como as hormonas, ou organismos transxénicos. A agricultura orgánica normalmente implica un control mecánico das malas herbas en vez de herbicidas. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Organic farming

Biodynamische anbaumethoden

Ekologinis ūkininkavimas

Uprawa organiczna

Agricultura orgánica/ ecológica


Alimentos ecolóxicos/ orgánicos Os alimentos orgánicos fanse de forma que cumpran coas normas ecolóxicas establecidas polos gobernos nacionais e por organizacións internacionais. A produción ecolóxica é un sistema que se xestiona de acordo a unhas regulacións para responder ás condicións dun lugar específico por medio da integración de prácticas mecánicas, biolóxicas e culturais que fomentan os ciclos dos recursos, promoven o equilibrio ecolóxico e a conservación da biodiversidade.

INGLÉS

Organic food

ALEMÁN

Die biokost

LITUANO

Ekologinis maistas

POLACO

Żywność organiczna

ESPAÑOL

Alimentos ecológicos/ orgánicos

Arborización/ Repoboación forestal A creación dun bosque por medio duns procedementos estipulados por lei. Plantar sementes ou árbores para crear un bosque en terra onde non había ultimamente ou que nunca antes fora un bosque. A repoboación forestal é o restablecemento dun bosque despois de ser suprimido, por exemplo despois dunha tala. Moitos países sufriron séculos de deforestación e algunhas organizacións gobernamentais e non gobernamentais están implicadas en programas de arborización para restaurar bosques e axudar na conservación da biodiversidade.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Afforestation/ Forestation/ Reforestation

Die aufforstung

Miškų apželdinimas

Zalesianie

Forestación/ Repoblación forestal


Asolagamento Terras pantanosas Ecosistemas onde o terreo está perpetuamente saturado de auga ou incluso parcialmente asolagado. Nalgúns a auga é doce e noutros é salgada. ( lagoas, pantanos, gándaras, marismas, ciénagas…) Teñen un grande valor ecolóxico porque recargan acuíferos, mitigan a erosión e as inundacións e sustentan una grande diversidade biolóxica: espadanas, xuncos, réptiles, anfibios, peixes, aves… A Convención sobre os Humidais de Importancia Internacional chamada Convención de Ramsar é un tratado en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Swamp

Der sumpf

Grimzlumas

Bagno, mokradło

Tierras pantanosas

Augas residuais INGLÉS

Sewage

ALEMÁN

Das abwasser

LITUANO

Nuotekos, srutos

POLACO

Ścieki

ESPAÑOL

Aguas residuales

Augas procedentes de vivendas, instalacións comerciais, industriais ou sanitarias que unha vez utilizadas son conducidas ás instalacións de saneamento ou vertidas ao medio ambiente. Están contaminadas, entre outros, con feces e urina, residuos orgánicos procedentes de seres humanos ou animais. A súa importancia é tal que esixe evacuación e tratamento.


Biocida É un produto químico ou calquera substancia que poida matar organismos vivos que se usa para matar organismos biolóxicos. Un veleno de amplo espectro que mata unha ampla gama de organismos. A pesar do seu nome un biocida non ten por que matar realmente. En vez de matar pode disuadir, facer que ceda de forma inofensiva, evitar unha acción ou exercer un efecto controlador sobre calquera organismo nocivo por medios químicos ou biolóxicos. Os biocidas son de uso común en medicina, agricultura, silvicultura e na industria.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Biocide

Das biozid

Biocidas

Biocyd

Biocida

Biodiversidade agrícola É unha rama da biodiversiade xeral que inclúe toda clase de formas de vida que son relevantes para a agricultura: cultivos e gandería, pero tamén organismos coma a fauna do solo, malas herbas, pragas e predadores. INGLÉS

Agricultural biodiversity

ALEMÁN

Agrarische biodiversität

LITUANO

Žemės ūkio biologinė įvairovė

POLACO

Różnorodność naturalna

ESPAÑOL

Biodiversidad agrícola

Sen embargo o que require máis atención neste campo é a diversidade de cultivos e cultivar variedades salvaxes. As variedades cultivadas pódense clasificar claramente en “variedades modernas” e “variedades tradicionais ou de labregos”. As variedades modernas son o resultado de unha alimentación formal e caracterízanse con frecuencia polo “alto rendemento”.


Biomasa É unha fonte de enerxía renovable, e é o material biolóxico de organismos vivos, ou recentemente vivos, como a madeira, residuos, (hidróxeno) gas e combustibles de alcohol. É a cantidade ou peso de toda a materia viva dunha zona dada ou comunidade biolóxica. A biomasa pode referirse á biomasa de especies, que é a masa dunha ou máis especies, ou biomasa da comunidade, que é a masa de todas as especies da comunidade.

INGLÉS

Biomass

ALEMÁN

Die biomasse

LITUANO

Biomasė

POLACO

Biomasa

ESPAÑOL

Biomasa

Bolsas biodegradables Son bolsas feitas de materiais que se descompoñen nunhas condicións específicas de luz, humidade e osíxeno. Con frecuencia son necesarias condicións de abono ou exposición ao sol, humidade e osíxeno: a degradación é lenta nos vertedoiros. Moitos grandes almacéns e empresas están empezando a usar diferentes tipos de bolsas biodegradables para axustarse aos beneficios do medio natural observados. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Biodegradable bags

Biologisch abbaubare tüten

Mikroorganizmų skaidomi maišeliai

Torby biodegradalne

Bolsas biodegradables


Buraco da capa de ozono Rexión da atmosfera na que se produce unha diminución da concentración de ozono (O3), máis pronunciada na Antártida. O Protocolo de Montreal ten por obxectivo eliminar progresivamente a produción e utilización das substancias que destrúen a capa de ozono, como os CFC.

INGLÉS

Ozone hole

ALEMÁN

Das ozonloch

LITUANO

Ozono skylė

POLACO

Dziura ozonowa

ESPAÑOL Agujero de la capa de ozono

Cambio climático O cambio climático é un cambio a longo prazo na distribución estatística nos patróns do clima en períodos de tempo que van desde décadas a millóns de anos. Pode ser un cambio nas condicións climáticas medias ou un cambio na distribución de fenómenos climáticos con respecto a unha norma, por exemplo, maiores ou menores fenómenos climáticos extremos. O cambio climático pode limitarse a unha rexión específica, ou pode ter lugar ao ancho de todo o planeta. As radiacións ultravioleta cruzan a atmosfera da Terra e quentan a superficie terrestre antes de ser reflectidas cara ao espazo como radiación infravermella. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Climate change

Der klimawechsel

Klimato kaita

Zmiany klimatyczne

Cambio climático


Capa de ozono É a capa estratosférica situada entre os 15 e os 40 km de altitude formada polo gas ozono (O3) de cor azulada e forte olor que protexe a Terra das radiacións ultravioletas. A liberación de determinados produtos químicos atmosfera como bromuro de metilo e os CFC provocan a diminución desta capa, isto ten serias consecuencias sobre os seres vivos: cancro de pel, cataratas oculares, alteracións no crecemento dos vexetais, aumento da mutación xenética ...

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Ozone layer

Die ozonschicht

Ozono sluoksnis

Warstwa ozonowa

Capa de ozono

Capa freática Auga subterránea INGLÉS

Groundwater

ALEMÁN

Das grundwasser

LITUANO

Požeminiai vandenys

POLACO

Wody gruntowe

ESPAÑOL

Capa freática/Agua subterránea

A auga subterránea é auga localizada baixo a superficie da terra no solo e tamén nas formacións rochosas. A auga recárgase da superficie e, co paso do tempo flúe cara ela. A descarga natural normalmente ten lugar nos mananciais e filtracións e pode formar oasis ou humedais. A auga subterránea a miúdo extráese para uso industrial, municipal e agrícola.


Carbón Depósito mineral que contén substancias combustibles e que se considera combustible fósil. O carbón procede de plantas que se fosilizaron pola oxidación. O resultado final é unha substancia dura e negra que emite dióxido de carbono cando arde. Actualmente o carbón é a substancia máis amplamente usada para xerar electricidade e calor. Debido aos gases nocivos que emite ao medio natural, o uso do carbón estase a reducir constantemente xa que a xente busca combustibles alternativos.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Coal

Die kohle

Anglis

Węgiel

Carbón

Caza furtiva INGLÉS

Illegal hunting

ALEMÁN

Illegale jagd

LITUANO

Nelegali medžioklė

POLACO

Nielegalne polowania

ESPAÑOL

Caza furtiva/ilegal

A caza ilegal, ou furtivismo, é a toma ilegal de plantas silvestres ou animais salvaxes en contra das leis locais e internacionais de conservación e ordenación da fauna . As violacións das leis e regulacións da caza están penadas por lei e a súa violación de forma colectiva coñécese como furtivismo.


Chuvia ácida A chuvia ácida é aquela chuvia ou precipitación extraordinariamente ácida, con altos niveis de ións de hidróxeno (pH baixo). Pode ter efectos nocivos nas plantas e animais acuáticos ao depositarse no chan. Prodúcese pola emisión dos compostos de amonio, carbono, nitróxeno e xofre que reaccionan coas moléculas de auga na atmosfera producindo ácidos. Desde os anos setenta os gobernos levan facendo esforzos, con resultados positivos, para reducir a emisión de dióxido de xofre

INGLÉS

Acid rain

ALEMÁN

Saurer regen

LITUANO

Rūgščių lietūs

POLACO

Kwaśne deszcze

ESPAÑOL

Lluvia ácida

Combustible Considérase combustible calquera material que pode ser usado para xerar enerxía e producir un traballo mecánico de maneira controlada. Con outras palabras, é unha substancia que produce enerxía, sobre todo calor utilizable. A maioría dos combustibles producen enerxía cando arden no aire. Os procesos usados para converter combustible en enerxía inclúen reaccións químicas, como a combustión, e reaccións nucleares, como a fisión nuclear ou a fusión nuclear. Os combustibles tamén se usan nas células dos organismos nun proceso coñecido como metabolismo. Os hidrocarburos son, con moito, a fonte máis común de combustible de uso corrente, pero tamén se poden usar moitas outras substancias. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Fuel

Der brennstoff

Kuras, degalai

Paliwo

Combustible/ Carburante


Compost O compost está formado por materiais orgánicos procedentes da materia animal e vexetal que se descompón en gran parte por medio de descomposición aeróbica. Son os restos de plantas e animais despois de que se descompoñan. Pode ser usado para fertilizar o solo e para mellorar a súa estrutura e capacidade de reter auga. Os organismos do solo que se producen de forma natural reciclan o nitróxeno, potasio, fósforo e outros nutrientes das plantas xa que converten a materia en humus.

INGLÉS

Compost

ALEMÁN

Der kompost

LITUANO

Kompostas

POLACO

Kompost

ESPAÑOL

Compost

Contaminación Considérase contaminación calquera cambio nocivo que se produce a nivel físico, químico e biolóxico nos recursos vitais, é dicir, aire, terra e auga. En química, este termo describe unha única substancia química, pero en campos especializados a palabra tamén pode referirse a compostos químicos, incluso a nivel de materiais celulares. Tamén se refire ao acto de lixar, ensuciar, viciar e corromper. O proceso de facer que un material ou unha superficie se ensucie ou non sexa axeitada para a súa suposta función, normalmente por incluír ou conter substancias alleas indesexables.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Contamination

Die verschmutzung

Tarša

Zanieczyszczenie

Contaminación


Contaminación acústica A contaminación acústica é o ruído excesivo e molesto do entorno creado por máquinas ou animais que interrompe a actividade ou equilibrio da vida humana ou animal. A orixe da maioría do ruído exterior en todo o mundo está sobre todo nos sistemas de transporte e construción. As causas da contaminación acústica no interior da casa e no exterior inclúen alarmas de coches, sirenas de servizos de urxencia, equipos mecánicos, ladridos de cans e gritos da xente.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Noise pollution

Die lärmbelästigung

Tarša triukšmu

Zanieczyszczenie akustyczne

Contaminación acústica

Contaminación atmosférica/do aire INGLÉS

Air pollution

ALEMÁN

Die luftverschmutzung

LITUANO

Oro tarša

POLACO

Zanieczyszczenie powietrza

ESPAÑOL

Contaminación del aire/atmosférica

Contaminar o aire é alterar a súa composición natural, engadindo ou quitando algún dos seus compoñentes en cantidades suficientes para producir efectos negativos. A actividade humana, directa ou indirectamente, introduce na atmosfera substancias, vibracións, radiacións, calor e ruído. Exist en mo it as font es de contaminación: transporte, industria, produción de electricidade, fogares...


Contaminación da auga (Exceso de sedimentos) Os sedimentos (area, arxila, limo e outras partículas soltas do chan) son os contaminantes máis comúns da auga dos ríos, encoros, lagos… Proveñen da erosión, descomposición de plantas e animais, da agricultura, da construción ... Entre os efectos que causan podemos citar: turbidez, alterar cadeas alimenticias, obstruír galaxas de peixes, reducir a profundidade, producir mal olor e sabor, aumento de nutrientes que fan proliferar algas que liberan toxinas, aumento do custe de potabilización da auga ... INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

Water contamination (Silt)

Die wasserverschmut zung

Vandens užterštumas

POLACO

ESPAÑOL

Zanieczyszczenie Contaminación del wody agua (Exceso de sedimentos)

Defensor do medio natural INGLÉS

Environmentalist

ALEMÁN

Der umweltschützer

LITUANO

Gamtosaugininkas

POLACO

Działacz ekologiczny

ESPAÑOL

Defensor del medioambiente

O defensor do medio natural é unha persoa que se preocupa pola protección do entorno ou considera que o medio natural ten unha influencia primordial no desenvolvemento da persoa.


Deforestación A deforestación consiste na eliminación intencionada de bosques por medio de talas e/ou queimas. É a conversión de áreas arborizadas en terra non arborizada para usos como cultivo, pastos ou uso urbano. A deforestación libera á atmosfera o carbono almacenado nas árbores e no solo, provoca a erosión do solo, e altera o ciclo da auga. As talas, aínda coa eliminación de canotos, se vai seguida por unha pronta reforestación para silvicultura non se considera deforestación.

INGLÉS

Deforestation

ALEMÁN

Die entwaldung

LITUANO

Miškų iškirtimas

POLACO

Deforestacja/ wycinka lasów

ESPAÑOL

Deforestación

Desastre ecolóxico Un desastre que modifica o equilibrio total da ecoloxía dunha zona, un suceso que dana seriamente o equilibrio do medio natural. A contaminación con pesticidas, o petróleo vertido ao mar, os perigos da radiación nuclear e os incendios dos bosques ameazan os ecosistemas da Terra. É fundamental para a defensa da vida no planeta que se estendan as análises dos erros que levaron a situacións de graves danos ecolóxicos.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Ecological disaster

Die umweltkatastrophe

Ekologinė nelaimė

Katastrofa ekologiczna

Desastre ecológico


Desenvolvemento sostido Desenvolvemento viable da humanidade, capaz de satisfacer as necesidades da sociedade actual, sen poñer en perigo a capacidade de satisfacer tamén as necesidades das xeracións futuras.(Comisión Brundtland). Condicións para un desenvolvemento sostible:  Ningún recurso renovable deberá utilizarse a un ritmo superior ao da súa xeración.  Ningún contaminante deberá producirse a un ritmo superior ao que poida ser reciclado.  Ningún recurso non renovable deberá aproveitarse a maior velocidade da necesaria.

INGLÉS

Sustainable development

ALEMÁN

Nachhaltige entwicklung

LITUANO

Tvarus vystymasis

POLACO

Zrównoważony rozwój

ESPAÑOL

Desarrollo sostenido

Desertización A desertización consiste na degradación da terra en zonas áridas, e sub-húmidas secas debido a varios factores que inclúen variacións climáticas e actividades humanas. A terra que unha vez foi fértil queda núa e degradada, iniciándose un ciclo que a converte nun deserto que se alimenta de si mesmo e causa cambios á longo prazo no solo, clima e biota desa zona. Tamén se pode definir como o proceso de transformación da terra nun deserto estéril a miúdo inducido pola actividade humana e o cambio climático. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Desertification

Die desertifikation

Žemės virtimas dykyma

Pustynnienie

Desertificación/ Desertización


Desxeo dos glaciares O desxeo dos glaciares é o proceso de eliminación de neve e xeo formado como resultado de derretemento. As súa consecuencia é o aumento do nivel da auga. O desxeo dos glaciares é perfectamente normal. O único criterio é que a caída da neve debe exceder o derretemento do xeo para manter o glaciar. Levamos observado que os glaciares derretéronse máis do normal durante o século pasado. O desxeo dos glaciares que se produce máis rápido do normal fará que os ríos e arroios teñan demasiado caudal e causen inundacións. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Melting glaciers

Die gletscherschmelze

Tirpstantys ledynai

Topniejące lodowce

Deshielo de los glaciares

Dióxido de carbono O dióxido de carbono (CO2) é un gas de efecto invernadoiro non combustible, incoloro e inodoro, que contribúe ao quentamento global.

INGLÉS

Carbon dioxide

ALEMÁN

Die kohlensäure

LITUANO

Anglies dioksidas

POLACO

Dwutlenek węgla

ESPAÑOL

Dióxido de carbono

Formado pola completa combustión de combustibles fósiles (carbón, carbón vexetal, gas natural, petróleo) e carbono que conteñen produtos como a madeira, tamén se libera pola respiración dos seres vivos e pola oxidación gradual da materia orgánica no solo. Aínda que non é perigoso relativamente, pode crear ambientes letais carentes de osíxeno en altas concentracións (especialmente en espazos cerrados). É un dos gases de efecto invernadoiro. Foi descuberto en 1754 polo científico escocés Joseph Black.


Ecoloxía Rama da bioloxía que intenta comprender as relacións entre os organismos vivos e o seu medio natural, e os fluxos de enerxía asociados. A ecoloxía inclúe o estudo das poboacións de plantas e animais, das comunidades de plantas e animais e dos ecosistemas. Os ecoloxistas estudan unha serie de fenómenos que van desde o papel das bacterias na reciclaxe de nutrientes ata os efectos da selva tropical na atmosfera da Terra. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Ecology

Die ökologie

Ekologija, gamtosauga

Ekologia

Ecología

Ecoloxista Ecoloxista- persoa que se interesa pola ecoloxía e cre que hai que protexer o medio natural. Tamén estuda a relación entre os organismos e os seu medio natural. INGLÉS

Ecologist

ALEMÁN

Der ökologe

LITUANO

Ekologas

POLACO

Ekolog

ESPAÑOL

Ecologista

Cales son os incentivos para converterse nun ecoloxista profesional? A ecoloxía é unha carreira na que a maioría da xente entra porque lles gusta a natureza. Non é unha carreira que busque gañar diñeiro ou status social. As mellores calidades para un ecoloxista son ter moito interese e curiosidade polo que fai funcionar aos seres vivos d mundo, individualmente e colectivamente.


Ecosistema Ecosistema– un sistema formado pola interacción dunha comunidade de organismos co seu medio físico natural. Está integrado polos organismos vivos dunha zona concreta, e os compoñentes físicos non vivos do medio natural, cos que os organismos interactúan, tales como o aire, solo, auga e luz do sol. Pode considerarse como todos os organismos dunha zona en particular, xunto cos factores non vivos cos que interactúan, é dicir, unha comunidade biolóxica e o seu medio físico natural.

INGLÉS

Ecosystem

ALEMÁN

Das ökosystem

LITUANO

Ekosistema

POLACO

Ekosystem

ESPAÑOL

Ecosistema

Efecto invernadoiro O efecto invernadoiro é un proceso polo que desde a superficie planetaria se absorbe a radiación térmica dos gases efecto invernadoiro da atmosfera e que se reirradia en todas as direccións. Como parte desta re–radiación volve á superficie, a enerxía transfírese á superficie e á parte baixa da atmosfera. Como consecuencia a temperatura alí é maior do que sería se a calor directa producida pola radiación solar fora o único mecanismo de quentamento. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

Greenhouse effect

Der treibhauseffekt

Šiltnamio efektas

POLACO

ESPAÑOL

Efekt cieplarniany Efecto invernadero


Enerxía eólica A enerxía eólica é a que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía ven sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular, muiños na terra e velas no mar. Actualmente cáptase como enerxía mecánica e transfórmase en enerxía eléctrica. É un recurso abundante, renovable e limpo.

INGLÉS

Wind power

ALEMÁN

Die windkraft

LITUANO

Vėjo energija

POLACO

Energia wietrzna

ESPAÑOL

Energía eólica

Enerxía renovable A enerxía renovable é aquela que se produce de forma continua e é inesgotable a escala humana: solar, eólica, hidráulica, biomasa e xeotérmica. As enerxías renovables son respectuosas co medio ambiente, o que non significa que non ocasionen efectos negativos sobre o entorno, pero son infinitamente menores que os impactos das enerxías convencionais (combustibles fósiles, nuclear...). Vantaxes destacables para o medio natural son a non emisión de gases contaminantes e a non xeración de residuos perigosos de difícil tratamento. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Renewable energy

Erneuerbare energie

Atsinaujinanti energija

Energia odnawialna

Energía renovable


Especies en perigo de extinción Unha especie en perigo de extinción é unha poboación de organismos que están en risco de extinguirse porque ou ben hai poucos exemplares ou están ameazados polos cambios dos parámetros do medio natural ou de depredación. A Unión Internacional para a Conservación da Natureza calculou que a porcentaxe de especies en perigo de extinción era o 40% de todos os organismos. Moitos países teñen leis que ofrecen protección para conservar especies dependentes: por exemplo, prohibindo a súa caza, restrinxindo o desenvolvemento da terra ou creando reservas. INGLÉS

ALEMÁN

Endangered species

Stark gefährdete tier- oder pflanzenart

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Nykstančios rūšys Zagrożone gatunki Especies en peligro de extinción

Exceso de poboación Exceso de individuos dunha especie ou dun conxunto de especies nun espazo determinado. En xeral este termo refírese á relación entre a poboación humana e o medio ambiente. É coñecido tamén por “superpoboación”.

INGLÉS

Overpopulation

ALEMÁN

Die überbevölkerung

LITUANO

Gyventojų perteklius

POLACO

Przeludnienie

ESPAÑOL

Exceso de población

O concepto de superpoboación baséase no principio de que todo territorio ten una determinada capacidade de carga que ven determinada pola cantidade de recursos dispoñibles e pola capacidade de renovación destes. A capacidade de calquera poboación alcanzará o seu nivel óptimo cando este sexa igual á capacidade de carga. Se a poboación aumenta por enriba da capacidade de carga, haberá superpoboación, e polo tanto os recursos (especialmente os alimentos) non alcanzarán para todos os habitantes da poboación, producíndose a morte destes por inanición.


Extinción/ Desaparición Aniquilación de todos os membros dunha especie ou grupo de especies. Pode producirse por causas naturais ou por actividades de seres humanos pouco responsables: persecución e caza indiscriminada dunha especie, contaminación, destrución de hábitats, introdución de depredadores… Algunhas das características das especies en perigo de extinción son que teñen un baixo nivel de reprodución, hábitos de alimentación especializados, patróns fixos de emigración, hábitat de reprodución moi específico, comportamento que os acerca a lugares perigosos como estradas ou fábricas ....

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Vanishing

Das verschwinden

Išnykimas

Wymieranie

Extinción/ Desaparición

Fertilizantes INGLÉS

Fertilizers

ALEMÁN

Der dünger

LITUANO

Trąšos

POLACO

Użyźniacze

ESPAÑOL

Fertilizantes

Os fertilizantes son substancias que aportan nutrientes as plantas ou modifican a fertilidade do solo. Son o medio máis efectivo de aumentar a produción agrícola e mellorar a calidade dos alimentos e forraxes. O uso de fertilizantes orgánicos e inorgánicos nitroxenados pode causar acidificación do solo. O uso de fertilizantes a escala global emite a atmosfera cantidades significativas de gases de efecto invernadoiro.


Fontes de enerxía alternativa Son aquelas fontes de enerxía procedentes do vento, sol, ondas… que non consumen recursos naturais nin danan o medio natural. En sentido xeral na sociedade contemporánea a enerxía alternativa é aquela que se produce sen as consecuencias indesexables do uso de combustibles fósiles, como as altas emisións de dióxido de carbono, considerado o factor que máis contribúe ao quentamento global segundo o Grupo Intergobernamental sobre o Cambio Climático.

INGLÉS

Alternative sources of energy

ALEMÁN

Alternative energiequellen

LITUANO

Alternatyvios energijos rūšys

POLACO

Alternatywne źródła energii

ESPAÑOL

Fuentes de energía alternativa

Fume dos tubos de escape Un gas realmente perigoso procedente dos coches. Exposicións cortas a estes gases poden producir mareos, dor de cabeza, náuseas e outros síntomas. Exposicións máis longas poden causar danos físicos permanentes ou a morte. Por suposto estes fumes contaminan o aire, motivo polo que sufrimos o efecto ‘invernadoiro’. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Car exhaust fumes

Die autoabgase

Mašinų išmetamosios dujos

Spaliny samochodowe

Humo de los tubos de escape


Humus Humus (Latín: terra, solo) é calquera materia orgánica que acadou un punto de estabilidade en que xa non pode seguir descompoñéndose e que, se as condicións non cambian, podería permanecer así por séculos, incluso milenios. En agricultura tamén se chama humus ao compost maduro ou compost natural extraído dun bosque ou outra fonte de uso espontánea para modificar o solo.

INGLÉS

Humus

ALEMÁN

Der humus

LITUANO

Puvenos

POLACO

Humus

ESPAÑOL

Humus

Incendios O lume é a oxidación rápida dun material durante o proceso químico da combustión, libera calor, luz e a reacción de varios produtos. Un incendio é calquera lume que se estende sen control sobre combustibles forestais situados no monte ou zona agreste. Os incendios afectan aos sistemas ecolóxicos de todo o mundo. Poden causar grandes danos económicos e en vidas humanas, pero tamén teñen efectos beneficiosos para a vida agreste xa que algunhas especies vexetais dependen do seus efectos para medrar e reproducirse. Os grandes incendios provocan efectos ecolóxicos moi negativos:diminución da pureza da auga, o aumento da erosión do solo, incremento dos contaminantes atmosféricos e un maior risco para a vida humana. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Fires– wildfires

Der brand

Gaisrai

Pożary

Incendios


Lixo É calquera material, conxunto de substancias ou obxectos, que é considerado inútil, superfluo, repugnante ou sen valor, xerado pola actividade humana, e que precisa ser eliminado. Pola súa composición distinguimos lixo orgánico (restos de comida, papel…) e inorgánico (latas, cerámica, vidro…). Polos efectos que produce pode ser lixo tóxico como pilas, baterías, algunhas tintas, etc e lixo moi tóxico como o nuclear ou o hospitalario.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Rubbish

Der müll

Šiukšlės

Śmieci

Basura

Medio natural O medio natural abarca tanto aos seres vivos como as cousas non vivas que teñen lugar de forma natural na Terra (obxectos, auga, solo, aire… e as relacións entre eles) O concepto de medio natural pode entenderse tendo en conta os seus compoñentes: INGLÉS

Environment

ALEMÁN

Die umwelt

LITUANO

Aplinka, terpė

POLACO

Środowisko

ESPAÑOL

Medioambiente

 Unidades ecolóxicas completas que funcionan como sistemas naturais sen a intervención humana masiva, que inclúen toda a vexetación, microorganismos, solo, rochas, atmosfera e os fenómenos naturais que teñen lugar dentro das súas fronteiras.  Os recursos naturais universais e os fenómenos físicos que carecen de límites claros, como o aire, a auga e o clima e tamén a enerxía, a radiación, a carga eléctrica e o magnetismo, que non proceden da actividade humana.


Movemento ecoloxista O movemento ecoloxista, un termo que inclúe a conservación e as políticas verdes, é un variado movemento político, social e científico para tratar temas do medio natural. Os defensores do medio natural, os ecoloxistas, defenden unha xestión sostible dos recursos e a administración do medio natural por medio de cambios nas políticas públicas e no comportamento individual. O movemento ecoloxista está representado por diversas organizacións, desde a moi grandes e importantes ata as bases. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Environmental movement

Die ökologiebewegung

Aplinkosauginis judėjimas

Ruch ekologiczny

Movimiento ecologista

Pesticidas Produtos tóxicos utilizados para matar, repeler, atraer, regular ou interromper o crecemento de seres vivos considerados pragas, ben sexa na agricultura, en áreas urbanas ou por razóns sanitarias. INGLÉS

Pesticides

Podemos citar entre outros os herbicidas, funxicidas, insecticidas ou os rodenticidas.

ALEMÁN

Die pestizide

LITUANO

Pesticidai

POLACO

Pestycydy

A miúdo o seu uso indiscriminado ten efectos non desexados, como son os riscos para a saúde das persoas, os desequilibrios na biodiversidade, as interferencias no control natural das plagas ou a aparición de resistencias a estas, contaminación da auga...

ESPAÑOL

Pesticidas


Plástico Os plásticos (=que se poden moldear) son materiais orgánicos compostos fundamentalmente de carbono

e outros elementos químicos como hidróxeno, osíxeno, nitróxeno ou xofre. A maioría proveñen da destilación do petróleo, do carbón de hulla ou do gas natural. A súa capacidade de autodestrución é moi limitada polo que quedan como residuos moitos anos producindo contaminación no medio ambiente. Nalgúns casos estanse a recuperar mediante a re- utilización, o reciclado por calidades separándoos en polietileno, PVC, PET, ABS… ou realizando un reciclado conxunto que consiste en recollelos, limpalos, trituralos e fabricar obxectos para a construción, agricultura, urbanismo...

INGLÉS

Plastic

ALEMÁN

Der kunststoff

LITUANO

Plastikas

POLACO

Plastik

ESPAÑOL

Plástico

Planta potabilizadora Potabilización é o proceso de converter a auga común en auga potable. Na planta potabilizadora (ETAP: Estación de Tratamento de Auga Potable) sométese a auga a una serie de tratamentos físicos, químicos e microbiolóxicos para asegurar que esta, cando sexa distribuída entre os consumidores, teña a calidade que as autoridades sanitarias esixen para o consumo humano. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Water treatment plant

Die wasseraufbereitu ngsanlage

Vandens valymo įrenginys

Stacja uzdatniania wody

Planta potabilizadora


Purificar/Sanear Quitar do medio ambiente o que o lixa (ensucia), dana ou contamina para que quede nun estado de pureza ou limpeza. Dar condicións de salubridade a un terreo, edificio ... O saneamento ambiental consiste na descontaminación do medio natural, renovación de barrios,dotación de servizos modernos de auga, desaugues e iluminación. Contribúen a sanear o medio ambiente as potabilizadoras, depuradoras, redes de sumidoiros, plantas de residuos sólidos, masas forestais,….

INGLÉS

Purify

ALEMÁN

Die reinigung

LITUANO

Išgryninimas

POLACO

Oczyszczanie

ESPAÑOL

Purificar/Sanear

Quentamento global O quentamento global é o aumento da temperatura media do aire próximo á superficie da Terra e dos océanos desde mediados do século XX e que se prevé que continúe así. Este incremento observado das temperaturas foi causado polo aumento das concentracións de gases de efecto invernadoiro, que procede de actividades humanas como queimar combustibles fósiles e a deforestación. O escurecemento global, resultado do incremento das concentracións atmosféricas de aerosois, que bloquean a luz do sol e impiden que chegue á superficie, contrarrestou en parte os efectos do quentamento inducido polos gases de efecto invernadoiro. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Global warming

Erwärmung der erdatmosphäre

Visuotinis atšilimas

Globalne ocieplenie

Calentamiento global


Reciclaxe A reciclaxe é un proceso fisicoquímico ou mecánico que consiste en someter unha materia ou un produto xa utilizado a un ciclo de tratamento total ou parcial para obter unha materia prima ou un novo produto, que pode ser igual ou diferente ao inicial. (papel, vidro, plástico, roupa …) Xurde a necesidade de reciclar ante a perspectiva de esgotamento de recursos naturais e para eliminar de forma eficaz os desfeitos. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Recycling

Die wiederverwertung

Perdirbimas

Powtórne przetwarzanie

Reciclaje

Recursos naturais INGLÉS

Natural resources

ALEMÁN

Die bodenschätze

LITUANO

Natūralūs ištekliai

POLACO

Zasoby naturalne

ESPAÑOL

Recursos naturales

Os recursos naturais ( referíndonos á terra ou materias primas) prodúcense de forma natural en ambientes relativamente pouco alterados pola humanidade. Un recurso natural caracterízase normalmente pola cantidade de biodiversidade existente en diferentes ecosistemas. Os recursos naturais derivan do medio natural. Moitos deles son vitais para a nosa supervivencia mentres que outros son para satisfacer as nosas necesidades.


Residuos radioactivos Os residuos radioactivos son refugallos que conteñen material radioactivo. Normalmente é o resultado dun proceso nuclear como a fisión nuclear, aínda que a industria non relacionada directamente coa enerxía nuclear tamén pode producir residuos radioactivos. A radioactividade diminúe co paso do tempo, polo que os residuos necesitan estar illados por un período de tempo ata que non representen un perigo - de horas ata anos para algún refugallo común radioactivo industrial ou médico, ou miles de anos para residuos de alto nivel procedente de centrais nucleares e fabricación de armas atómicas. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Nuclear waste

Der atommüll

Atominės atliekos

Odpady nuklearne

Residuos radiactivos

Respectuoso co medio natural INGLÉS

Eco-friendly

ALEMÁN

Umweltfreundlich

LITUANO

Nekenkiantis aplinkai

POLACO

Przyjazny środowisku

ESPAÑOL

Respetuoso con el medioambiente

Respectuoso co medio natural, sen danalo ( e.g. productos respetuosos co medio), deseñados para causar o menor dano posible ao ambiente. Os gobernos , os políticos e empresas teñen que considerar os efectos fabricación no medio. Todos debemos ter conta unha serie de medidas para reducir efectos adversos no medio.

as da en os


Separar o lixo Separar para reciclar! Moitos dos residuos das nosas casas, lugares de traballo, de ocio… poden deixar de ser lixo e pasar a ser residuos aproveitables. Para conseguilo hai que clasificar o lixo e deixalo nos contedores correspondentes:vidro, papel, envases, restos medicamentos, restos orgánicos...

INGLÉS

Sorting out rubbish

ALEMÁN

Den müll sortieren

LITUANO

Šiukšlių rūšiavimas

POLACO

Segregacja śmieci

ESPAÑOL

Separar la basura

Smog Contaminación atmosférica É un tipo de contaminación atmosférica producida en algunhas cidades debido a unha mestura de certas circunstancias climáticas e algúns contaminantes concretos. Hai 2 tipos: Ordinaria ou sulfúrica, que é unha mestura de dióxido sulfúrico (procedente da queima de carbón e petróleo para calefacción, fumes industriais e emisións de vehículos), gotas de ácido sulfúrico e unha gran variedade de partículas sólidas no aire que son parte dunha espesa néboa chea de contaminantes tóxicos. Fotoquímica, a reacción química de óxidos de nitróxeno, hidrocarburos, osíxeno e luz do sol, enerxía que procede da radiación ultravioleta. Reduce a visibilidade e causa irritación ocular e de nariz. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Smog (smoke + fog)

Der smog

Smogas

Smog

Contaminación Atmosférica—Smog


Subministro de auga A auga recóllese dos ríos, choiva, mananciais, pozos, galerías… e almacénase en encoros ou grandes depósitos. Dende alí condúcese a unha planta potabilizadora onde é tratada para que sexa apta para o consumo humano, despois distribúese entre a poboación (vivendas, colexios,industria,…). A auga é un ben escaso e segundo o Banco Mundial o 45% da poboación carece de acceso directo aos servizos da mesma en estado de potabilidade.

INGLÉS

Water supply

ALEMÁN

Der wasservorrat

LITUANO

Vandens tiekimas, vandens atsargos

POLACO

Zasoby wodne

ESPAÑOL

Suministro de agua

Taxa ecolóxica Ecotax é a forma abreviada de taxa ecolóxica e refírese aos impostos destinados a promover actividades ecoloxicamente sostibles a través de incentivos económicos. Estas políticas poden servir de complemento ou evitar a necesidade de enfoques regulamentarios.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Eco-tax

Die ökosteuer

Ekologinis mokestis

Podatek ekologiczny

Tasa medioambiental


Toxicidade É a capacidade de determinadas substancias para producir danos aos seres vivos ou para unha parte específica dos mesmos. Existen substancias tóxicas con efectos inmediatos (queimaduras, irritacións, vómitos, tremores, somnolencia, mareos…) e outras teñen efectos retardados que se manifestan pasados meses, anos ou xeracións en forma de alerxias, cancro, alteracións da función reprodutora, alteracións do sistema nervioso, fígado, riles e outros órganos. INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Toxicity

Die giftigkeit

Toksiškumas

Toksyczność

Toxicidad

Transxénicos INGLÉS

Genetically modified

ALEMÁN

Genmanipuliert

LITUANO

Genetiškai modifikuotas

POLACO

Genetycznie zmodyfikowany

ESPAÑOL

Transgénicos

U n o rg a ni s mo mo d i f i c a d o xeneticamente (transxénico) é un organismo cun material xenético que foi alterado usando técnicas de enxeñería xenética. Estas técnicas usan moléculas de ADN de diferentes fontes, que se combinan nunha molécula para crear un novo conxunto de xenes. Logo este ADN transfírese a un organismo dándolle xenes novos ou modificados.


Tratamento das augas residuais/Depuración Unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) ten por obxectivo someter a auga contaminada, procedente de poboacións, polígonos industriais, etc. a unha serie de procesos físicos, químicos e biotecnolóxicos para eliminarlle o lixo, restos orgánicos, residuos… e vertela no río sin que cause danos aos seres vivos. Do proceso de depuración non resulta auga apta para o consumo humano.

INGLÉS

ALEMÁN

LITUANO

POLACO

ESPAÑOL

Sewage treatment

Die wasseraufbereitung

Nuotekų valymas

Oczyszczanie ścieków

Tratamiento de las aguas residuales

Vertedoiro incontrolado Un vertedoiro é un lugar para a eliminación de residuos por enterramento e son a forma máis antiga de tratamento de residuos. INGLÉS

Landfill

ALEMÁN

Die geländeanfüllung

LITUANO

Sąvartynas

POLACO

Wysypisko śmieci

ESPAÑOL

Vertedero incontrolado

Un vertedoiro incontrolado é un lugar elixido por un grupo humano para depositar residuos sólidos sen ningunha consideración cara o medio natural. Son unha grave fonte de contaminación da auga e o aire, un perigo para a saúde pública e un montón de problemas para os cidadáns. Normalmente atópanse en depresións naturais. Son ilegais e as institucións tratan de selalos e controlalos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.