200 ANOS DA GUERRA DA INDEPENDENCIA EN GALICIA

Page 1

200 anos da Guerra da Independencia en Galicia

1808-2008 Presentaci贸n confeccionada a partir de informaci贸n compilada polos alumnos de 4潞 da ESO


Manuel Godoy (Goya)

O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o Tratado de Fontainebleau polo que España e Francia decidían a ocupación e partición de Portugal, no caso de que Lisboa non aceptase o ultimato de abandonar a súa alianza con Gran Bretaña.

O tratado permitía a entrada en España de 40.000 soldados, pero ao abeiro deste tratado 100.000 franceses pasaron a


Motín de Aranjuez

Instigado polo herdeiro da Coroa, o príncipe Fernando, o 17 e o 19 de marzo de 1808 produciuse o motín de Aranjuez, que provocou a caída e prisión de Godoy.

Proclamación de Fernando VII


Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados. Malia as promesas que lle fixera o embaixador Beauharnais, Fernando non obtivo o recoñecemento do xeneral francés, Murat, polo que seu pai revocou a súa abdicación.

Carlos IV (Bayeu)

Fernando VII (Goya)


O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao seu pai, pero este obrigouno a devolverlle a coroa o 1 de maio.

Despois, Carlos IV será forzado a ceder todos os seus dereitos ao emperador de Francia.

O 4 de xuño Napoleón proclamou rei de España ao seu irmán Xosé. Napoleón (Louis David)


O 6 de xullo o novo rei promulgou o Estatuto de Baiona, redactado por un grupo de colaboracionistas, no que presuntamente concedía algunhas liberdades aos españois.

Malia esta exhibición de boas intencións e de pretender instaurar medidas reformistas como a abolición da Inquisición e da tortura ou dos dereitos señoriais, e a igualdade ante a lei para todos os cidadáns, o novo monarca carecerá de autoridade real fronte aos mariscais do exército do seu irmán.

O seu reinado será pouco máis que a fachada propagandística dunha ocupación, que suporá o saqueo do país e o asasinato brutal de gran número dos seus súbditos.

Xosé Bonaparte


Mentres, o 2 de maio, ante a noticia de que o último membro da familia real española ía ser conducido a Francia, comezara unha protesta que as tropas de Murat reprimiron cunha descarga de fusilería contra a multitude.

Murat (François Gérard)

Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid (T.L. Enguidanos)


As protestas desembocaron nunha cruel batalla entre as tropas do exército francés e os madrileños, mentres que a maior parte das autoridades españolas permanecían inactivas. Os combates máis violentos terán lugar na “Calle de Alcalá”, na “Carrera de San Jerónimo” e na “Puerta do Sol”.

Entre os soldados que combatían no exército de Napoleón, encontrábanse os mamelucos, xinetes exipcios, pero había tamén numerosos italianos, alemáns ou polacos.

O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya)


No enfrontamento participaron persoas de todos os grupos sociais. Algunhas mulleres chegaron a guindar macetas ou aceite fervendo polas ventás.

Entre as heroínas do día destacou Manuela Malasaña, quen morreu na loita. Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela (E. Álvarez Dumont)

O Conde de Toreno, presente en


Un dos lugares onde a loita resultou máis dura foi o parque de artillería de Monteleón, onde os capitáns Luis Daoiz e Pedro Velarde e o tenente Ruiz, axudados por numerosos paisanos, loitaron ata a morte contra

Defensa do parque de Monteleón (Sorolla)

os invasores.


A represi贸n da

sublevaci贸n foi brutal.

O 3 de maio 43 persoas foron fusiladas por orde de Murat no lugar da Moncloa, 谩s aforas de Madrid. Entre eles o frade Francisco Gallego, que aparece no cadro Os fusilamentos da Moncloa (Goya)

pintado por Goya. S贸 un dos condenados


Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifrancesa do 30 de maio na Coruña, dará paso a formación dunha Xunta de Defensa, que enviará embaixadores a Londres na procura de axuda económica e militar. Como consecuencia, formarase o Exército de Galicia, que partirá a combater en León e en Castela.

Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña


A derrota do xeneral Dupont polo español Castaños na batalla de Bailén (19 de agosto de 1808) provocou que os franceses abandonaran os cercos de Zaragoza e Xirona e, asemade, fuxida de Madrid de Xosé Bonaparte. Foi a primeira derrota do exército francés nunha batalla a campo aberto e acabou coa lenda de ser invencible. En novembro, Napoleón, co mellor das súas tropas, invadiu por segunda vez España.

Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal)


Atendendo a petición dos comisionados españois, o goberno británico enviara á Península un exército de 30.000 homes mandado por Sir John Moore, pero debido á súa inferioridade numérica, o 31 de decembro, decidiu retirarse á Coruña e Vigo para reembarcar cara a Inglaterra.

Sir John Moore (Thomas Lawrence) Carga dun rexemento de dragóns británicos


A retirada baixo a chuvia e a neve a través das montañas de León e de Lugo, resultou moi penosa, tanto para o exército británico como para os seus aliados españois. Perseguidos polas tropas francesas dos mariscais Soult e Ney, os ingleses cometeron actos de indisciplina e saqueo, chegando o día 5 de xaneiro a Lugo. Tras un amago de combate, retiráronse durante a noite cara a Betanzos.

Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira (J.P. Beadle)


Ao chegar Á Coruña, Moore tivo que agardar pola maior parte da flota, que viña de Vigo, e atopara un temporal no Cabo Xeneral Baird

Fisterra.

Dispuxo parte do seu exército sobre o terreo para protexer o embarque, mentres os coruñeses lle proporcionaban Xeneral Paget

Sir John Moore (Thomas Lawrence)

aloxamento, comida, fusiles novos e pólvora seca.


Despois de saquear brutalmente Betanzos, as tropas francesas de Soult, chegaron ĂĄs aforas da CoruĂąa na tarde do 15 de Xeneral Lefebvre-Desnouettes

Xeneral Franceschi

Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder)

xaneiro.


Na tarde do dĂ­a 16 de xaneiro, temendo o embarque inglĂŠs, Soult ordenou o ataque.


Drag贸ns franceses e infanter铆a francesa e inglesa en combate


O 42 de Highlanders loitando en Elvi単a

Fusileiros dos rexementos 60 e 95


A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que protagonizaron unha loita encarnizada con sensibles perdas, caendo no combate o propio sir John Moore e o xeneral francés Goulois.

Ademais resultaron gravemente feridos o segundo xefe inglés, Baird, e o xeneral francés Lefebvre.

Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña


Moore foi trasladado รก cidade, e aloxado no nยบ 16 do Cantรณn Grande, onde faleceu. Para non prexudicar o รกnimo das tropas, serรก enterrado durante a noite.


Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o resultado da batalla ficou indeciso.

O exĂŠrcito francĂŠs na batalla de ElviĂąa (H. Lecomte)


Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral español Alcedo. Cando os franceses se decataron da retirada, bombardearon a flota británica, malia o cal, a meirande parte dos barcos lograron regresar a Inglaterra baixo o mando do vicealmirante Berkeley, no que constituíu a máis grande operación anfibia que se realizara ata entón.

Explosión dos depósitos de pólvora da Coruña. (gravado sobre un deseño de sir Robert Ker Porter)

George Cranfield Berkeley (1753-1818)


Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar. Entón, as tropas francesas dirixíronse a Ferrol para apoderarense do arsenal e da parte da flota española, alí ancorada. Pese ao desexo do pobo de Ferrol de combater, as autoridades decidiron renderse sen resistencia.

Arsenal de Ferrol


En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas e outros buques menores, que estiveron a piques de ser trasladados a Francia. O almirante Mazarredo, que se pasara ao partido dos franceses, logrou con todo que a maior parte dos barcos non saíran do porto.

Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo)

José de Mazarredo


Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de Portugal, no entanto Ney encargábase da represión dos insurxentes. Entre as localidades destruídas ou saqueadas estiveron Monforte, Muros, Corcubión, Betanzos e Verín. Nesta última foron aforcados todos os varóns maiores de quince anos.


Mentres o Marqués de la Romana mantiña os restos do exército de Galicia nas montañas de Ourense, evitando unha batalla en campo aberto que acabaría con el, alentaba a loita das guerrillas contra os franceses.

Para isto, enviou algúns oficiais de enlace a diferentes zonas de Galicia.

Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana


Despois da retirada de Moore, a mariña británica fixo o posible por apoiar os insurxentes galegos. O seu papel resultou especialmente importante na liberación das Rías Baixas e na fracasada insurrección de Corcubión.

Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband)


Ademais de diĂąeiro, o goberno britĂĄnico proporcionou uniformes e armas, sobre todo, fusiles e chafarotes.

Chafarotes (Cutlass) Fusiles (muskets)


Vista de Vigo no século XIX

Coa axuda de dúas fragatas inglesas o cura de Valadares logrou cercar a guarnición francesa de Vigo.

Máis tarde varios oficiais do exército asumiron o mando lográndose a rendición da praza.

Fragata británica

Vigo era a primeira cidade de


As guerrillas galegas foron gañando eficacia conforme pasaba o tempo, especialmente na captura de correos e acoso a columnas de tropas. Acaudilladas xeralmente por curas e fidalgos, lograron que as diversas guarnicións francesas ficaran illadas entre elas e que calquera desprazamento esixira gran cantidade de efectivos para ter éxito.

Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos)

Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz)


Recollendo as súas tropas da Coruña e Ferrol, o mariscal Ney tratou de reconquistar Vigo.

En Pontesampaio, o exército español, integrado sobre todo por milicias galegas, mandado polo Conde de Noroña, derrotou os franceses que tiveron que dar volta, ao non seren


Despois da batalla de Pontesampaio, os franceses optaron por retirarse, deixando atrás un gran número de baixas, despois de só seis meses de ocupación. Galicia foi a primeira rexión europea en liberarse dos exércitos napoleónicos.

Mariscal Ney (Eugène Bataille)

Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra)


Como responsable das atrocidades cometidas contra a poboaci贸n civil, a xenreira contra Ney perdurar谩 durante longo tempo. Dende aquela quedou en Galicia o costume de po帽erlles aos cans o nome deste mariscal .

Caricatura na que se critica a actitude servil de Ney respecto de Napole贸n


A loita contra os franceses no sur de Galicia deu como resultado a organizaci贸n de varias unidades militares de notable eficacia, como a Divisi贸n do Mi帽o ou o Rexemento de Lobeira.

1.- Coronel de Estado Maior.

2.- Cabo de Alarmas Galegas.

3.- Artilleiro das Alarmas Galegas.


A insurrección galega impediu que Ney apoiara a Soult no seu intento de conquistar Portugal e permitiu ao xeneralísimo inglés Wellesley (futuro Lord Wellington) reconquistar a cidade do Porto e expulsalo dese país.

Wellesley incorporou parte das tropas galegas ao seu exército, chegando a dicir delas ao resto dos seus soldados: “dedicádevos a imitar os inimitables galegos”. Lord Wellington (Thomas Lawrence)


Na guerra participarán persoas de toda idade e condición. Unha parte do clero loitará a carón de soldados e paisanos nas situacións máis desesperadas. Mesmo as monxas abrirán as súas clausuras para acoller os feridos na loita en cidades como Madrid ou Xirona. Defensa do convento de Santa Engracia de Zaragoza (Lejeune)

En Galicia, os franciscanos


A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e asasinatos, a fame afectou de xeito especialmente cruel ás cidades cercadas.

Fame en Madrid (José Aparicio)


As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater. As violacións e abusos fixeron delas as vítimas máis vulnerables.

Durante o ataque dos guerrilleiros a Pontevedra do 28 de febreiro de 1809 un grupo de mulleres do arrabalde da Moureira fixeron retroceder a croiazos a garda francesa que custodiaba a porta da muralla, e asaltaron o convento de San Domingos, onde colleron un bo número de mochilas e fusiles.

Los desastres de la Guerra (Goya)


A Guerra da Independencia trouxo consigo o inicio da loita dos españois polos seus dereitos como cidadáns, que se prolongaría de modo sanguento durante boa parte do século XIX.

As Cortes reunidas en Cádiz redactaron e promulgaron o 19 de marzo de 1812 a primeira Constitución da Historia de España, na que se recollían os fundamentos esenciais do réxime político liberal: soberanía nacional, división dos poderes do Estado (executivo, lexislativo, xudicial), e dereitos e deberes dos cidadáns (liberdade de opinión, reunión, participación política, O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal)

etc.)


A retirada dos exércitos napoleónicos de España supuxo a saída para o exilio dos españois que colaboraran cos Bonaparte, coñecidos co nome de afrancesados. Calcúlase que o seu número foi duns 14.000. Entre eles contábanse funcionarios, políticos, financeiros como Cabarrús e escritores como Moratín ou Meléndez Valdés.

Fernández de Moratín (Goya) Francisco Cabarrús (Goya)

Meléndez Valdés


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.