MEDIO NATURAL E CALIDADE DE VIDA DE ORDES

Page 1

MEDIO NATURAL e

CALIDADE de

VIDA ENQUISA

IES “Maruxa Mallo” - ORDES

Mª Isabel Mato Torres Mª Cristina Paris Ferreiro Esteban Calviño Louzao


IES Maruxa Mallo - ORDES

Esta enquisa foi levada a cabo por todo o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes. Cada un deles responsabilizouse de 4 enquisas: 2 adultos (1 familiar e 1 veciño) e 2 adolescentes (el/a mesmo e 1 veciño). Repartíronse máis de 700 cuestionarios e máis de 500 foron considerados válidos e analizados.

Mª Cristina París Ferreiro, profesora de Ciencias e responsable das preguntas, Mª Isabel Mato Torres, profesora de Inglés e responsable da versión inglesa, Esteban Calviño Louzao, profesor de Matemáticas e Bioloxía e responsable das gráficas Queren agradecer a: 

Mª Carmen Fernández García, profesora de Ciencias, e Mª Carmen García Romalde, profesora de Bioloxía, por revisar o cuestionario.

Marisol Liste Noya, profesora de Inglés, e Stacy Weltzin, auxiliar de conversación, por revisar a versión inglesa.

Rosario Fernández Bello, profesora de Galego, por revisar a versión galega.

E, por suposto, a todo o alumnado e profesorado que colaborou e fixo posible esta enquisa.


MEDIO NATURAL E CALIDADE DE VIDA ENQUISA

Lugar:………………………………… Idade: De 14 a 20 anos. 1. De onde procede a auga que usas na túa casa?  Dunha fonte.  Dun río.  Do mar

Máis de 20 anos.  Dun

pozo.  Non sabe.

2. A auga empregada no teu domicilio pasa por unha planta potabilizadora antes de chegar a el?  Si.  Non sabe.  Non. 3. Cerras a billa mentres lavas os dentes?  Si.

 Non.

4. Cal é o teu sistema de limpeza corporal?  Baño.

 Ducha.

5. A onde van parar as augas usadas do teu domicilio?  Pozo negro.  Río.  Fosa séptica.  Circulan libremente en superficie.  Depuradora.  Non sabe. 6. As augas e aditivos (deterxentes, desinfectantes…) cos que se limpan as cortes e tanques de frío do leite van a:  Pozo negro.  Circulan por superficie  Fosa séptica.  Non sabe.  Sumidoiro. 7. As cisternas dos tractores que transportan o xurro lávanse:  No río directamente.  Non sabe  Nun punto específico recollendo  as augas residuais. 8. A onde van parar os envases e restos de herbicidas, insecticidas, sulfatos, deterxentes…?  Lixo.  Non sabe  Punto específico de recollida. 9. Que fas cos restos de medicamentos ou cos que caducan?  Lixo.  Non sabe.  Farmacia. Punto “sigre”. 10. Cando mercas algo, aceptas bolsas de plástico?  Si.  Ás veces  Non.


11. Os plásticos que se retiran do silo ou dos invernadoiros van parar a:  Lixo.  Recólleos unha empresa que os recicla.  Quéimanse.  Non sabe.  Quedan nas leiras. 12. Como te desfás dos restos de comida?  Aprovéitanos os animais.  Lixo.

 Bótalos  Non

no composteiro. sabe.

13. Tés, cerca da túa casa, puntos de recollida de aceites usados na cociña ou de maquinaria?  Si.  Non sabe.  Non 14. Que acostuman facer cos pneumáticos vellos nos talleres de vehículos cando os repoñen?  Mándanos a reciclar.  Quéimanos.  Tíranos no lixo.  Non sabe. 15. A onde van parar os coches inservibles?  Vertedoiros incontrolados.  Chatarreiro.

 Non

sabe

16. As empresas de construción tiran o escombro e os botes de pintura en:  Contedores ordinarios.  Vertedoiros incontrolados.  Contedores de obra.  Non sabe. 17. Tés costume de separar o lixo (papel, vidro, pilas, materia orgánica…) antes de tiralo?  Si.  Ás veces  Non. 18. Que facedes cos electrodomésticos inservibles?  Deixalos nun lugar illado.  Chamar ao servizo especial de recollida.  Botalos ao lixo.  Non sabe. 19. Cantos vertedoiros incontrolados de lixo coñeces na túa zona? 0 2 1  Máis 20. O significado dos 3R é:  Romper, retirar e reducir.  Reducir, reutilizar e reciclar.

 Romper,

21. Por que debemos coidar a auga?  Porque non é un recurso.  Porque é un recurso escaso.

 Porque

.

reducir e repoñer.

é un recurso abundante.


ANÁLISE E INTERPRETACIÓN DA ENQUISA Comarca de ORDES — ORDES (Centro urbano) — ALDEAS DO CONCELLO: POULO – MARZOA – PEREIRA – VILAMAIOR – BEÁN – BARBEIROS - CALVENTE — MESÓN DO BENTO – MERCURÍN – ARDEMIL – LEIRA – BUSCÁS – O SEIXO - MONTAOS – GUINDIBOO – FOSADO – PARADA - LESTA.

Antes de comezar coa análise dos diferentes bloques nos que se divide esta enquisa queremos amosar os resultados obtidos sobre a pregunta “o significado das 3R” que poñerá en relevancia o coñecemento da nomenclatura utilizada frecuentemente no contexto da reciclaxe e do medio natural.

Adultos Aldeas

Adultos Pobo

Romper, Retirar e reducir Reducir, reutilizar e reciclar

Adolescentes Aldeas

Romper, reducir e repoñer

Adolescentes Pobo 0%

20%

40%

60%

80%

100%

No gráfico anterior, observamos que, con independencia do estrato de poboación enquisado, a opción maioritaria é a de “reducir, reutilizar e reciclar”. Vista esta pregunta que nos serviu de punto de partida para a realización da análise estatística comezaremos cos diferentes bloques da enquisa.

Bloque 1: A auga e os seus tratamentos A auga é un ben escaso no mundo. É por iso que fomentar un bo uso dela é moi importante. Nesta enquisa analizouse a actitude da xente ante este feito e o coñecemento sobre os distintos tratamentos da auga no seu contorno. Para iso fíxose un bloque de cinco preguntas que analizaremos coidadosamente.


De onde procede a auga que usas na túa casa? Nesta pregunta, como se ve no seguinte gráfico, establécense certas diferenzas entre os estratos, que dependen tanto do entorno como da idade. Entre os habitantes do entor100% no rural de Or90% des, a distribu80% ción de respostas é bastante 70% NS/NC uniforme, inde60% Pozo pendentemente 50% Mar da idade. A res40% Río posta maiorita30% Fonte ria (ao redor do 20% 50%) corres10% póndese con 0% “dun pozo”. A Adolescentes Adolescentes Adultos Pobo Adultos Aldeas Pobo Aldeas resposta “dunha fonte” tamén ten gran importancia (20-30% das respostas), sendo as outras respostas moi minoritarias. En canto aos individuos do núcleo urbano de Ordes atopamos certas diferenzas entre os adolescentes e os adultos. A opción “dunha fonte” xoga un papel moito menos importante que o que xoga no caso dos individuos da zona rural. Entre os adolescentes do centro de Ordes chama a atención que a opción máis elixida é a de “non sabe, non contesta”, o que é un elemento diferenciador con respecto ao resto de estratos enquisados.

A auga empregada no teu domicilio pasa antes por unha planta potabilizadora? Os resultados obtidos foron analizado de forma separada nos distintos grupos enquisados. Produciuse unha resposta uniforme en todos os estratos enquisados. Só na franxa dos adolescentes que viven no núcleo urbano hai un maior coñecemento do tratamento da auga que consumen, chegando ao 69%.


Cerras a billa mentres lavas os dentes? Neste caso obsérvase unha gran uniformidade entre os diferentes estratos a analizar, non habendo grandes diferenzas entres adolescentes ou adultos nin entre os habitantes do pobo e das aldeas. Son quizais os adultos tanto do pobo como das aldeas nos que se aprecia lixeiramente unha maior porcentaxe de individuos que non pechan a billa, superando sempre o 30%.

Cal é o teu sistema de limpeza corporal? Con esta pregunta constátanse os diferentes costumes que existen entre os distintos estratos enquisados, aparecendo lixeiras diferenzas que dependen fortemente do lugar de residencia. Os resultados obtidos aparecen reflectidos no gráfico posterior. En xeral unha gran porcentaxe da xente elixe a opción da ducha sobre a de baño. Agora ben, mentres que a xente que vive no núcleo urbano de Ordes (15% dos adolescentes e o 13% dos adultos) elixe o baño como opción non preferente esta porcentaxe aumenta considerablemente no rural (o 24% dos adolescentes e o 19% dos adultos).


100% 90%

80% 70% 60% Ducha

50%

Baño

40% 30% 20% 10% 0% Adolescentes Pobo

Adolescentes Aldeas

Adultos Pobo

Adultos Aldeas

A onde van parar as augas usadas do teu domicilio? O tratamento que as augas residuais reciben está condicionado polo feito de habitar en zona rural ou en zona urbana, como amosa o seguinte gráfico. 160

140 NS/NC

120 Circulan libremente en superficie

100

Río

80

Depuradora

60

Fosa séptica

40

Pozo Negro

20 0 Adolescentes Pobo

Adolescentes Aldeas

Adultos Pobo

Adultos Aldeas

Destaca o descoñecemento existente por parte dos adolescentes que viven en Ordes sobre este feito. Aínda que como se ve claramente no núcleo urbano unha gran parte dos individuos enquisados optan por contestar que estas augas van a parar á depuradora. Aínda que a fosa séptica e o pozo negro teñen tamén un certo papel destacado. Iso si, non é a principal, como ocorre no caso da xente que vive nun entorno rural, na que son estas as respostas maioritarias. A depuradora perde unha gran importancia no entorno rural onde por enriba do 50% dos casos as respostas elixidas englóbanse dentro das opcións da fosa séptica e do pozo negro.


As augas e aditivos (deterxentes, desinfectantes…) cos que se limpan as cortes e tanques de frío do leite van a: Nesta pregunta trátase de ver se as augas usadas na limpeza do material de traballo, e que polo tanto teñen aditivos contaminantes, teñen un tratamento axeitado.

Aquí observamos que a opción maioritaria elixida para os individuos da zona urbana é a de Non sabe/ Non contesta, quizais por non coñecer de primeira man os detalles do traballo do campo. Descartan case por completo a opción de que esas augas circulen libremente pola superficie, repartíndose o resto das respostas, dun xeito case equitativo, entre as outras opcións. Este esquema esténdese case fielmente entre os adolescentes que viven en zonas rurais. E é completamente distinto entre os adultos que viven nun entorno rural onde a presenza das respostas “fosa séptica” e “pozo negro” son as máis destacadas.

Por que debemos coidar a auga? Os resultados obtidos nesta pregunta foron analizados de xeito individual para cada estrato, obtendo os seguintes resultados: Entre os adolescentes do núcleo urbano de Ordes vese claramente que consideran que a auga é un recurso escaso, opción que subscriben o 92%, sendo a opción minoritaria a de non considerar a auga como un recurso (o 3% dos adolescentes apoian esta opción). Esta distribución é similar para o resto dos estratos de poboación enquisados, como se verá a continuación.


Entre os adolescentes da zona rural do entorno de Ordes, hai un lixeiro aumento da opción de que a auga é un recurso abundante, o 8% fronte o 3% dos adolescentes do núcleo urbano, mentres que a opción de que a auga non é un recurso ten moi pouca relevancia.

Adolescentes Aldeas 1% 8% Non é recurso É recurso escaso

91%

Adultos Pobo 0% 6% Non é recurso É recurso escaso

94%

Neste último estrato de poboación enquisado os resultados obtidos coinciden plenamente en porcentaxe coa obtida dos adolescentes, o que da unha idea de que a idade non é un factor determinante ante esta pregunta.

É recurso abundante

É recurso abundante

No caso dos adultos de Ordes, a opción xeneralizada é a de considerar a auga como un recurso. Entre os adolescentes do núcleo urbano o 3% non consideraban a auga coma un recurso. Entre este estrato de poboación o 94% considera que a auga é un recurso escaso.

Adultos Aldeas 8% 1% Non é recurso

91%

É recurso escaso É recurso abundante

As cisternas dos tractores que transportan o xurro lávanse: O xurro considérase como un dos elementos contaminantes máis estendidos pola nosa xeografía. Moitos acuíferos e ríos están en risco de ser contaminados por tales produtos. Ante esta pregunta, sorprendentemente, unha das opcións destacadas entre todos os estratos é a do descoñecemento do medio usado para a limpeza das cisternas empregadas na limpeza do xurro. De feito, entre os adolescentes do núcleo urbano de Ordes este descoñecemento chega ao 53%. O grupo no que este descoñecemento é menor correspóndese cos adultos do entorno rural de Ordes, onde só o 34% deles afirman


descoñecer este feito. Entre os habitantes do núcleo urbano obtemos como resposta minoritaria que a limpeza se fai no río (16% entre os adolescentes e incluso diminúe entre os adultos, xa que só o 9% deles elixen esta resposta). Esta elección aumenta entre os habitantes do rural chegando ao 29% entre os adolescentes e a un 29% entre os adultos.

Bloque 2: Residuos sólidos. Neste bloque analízanse as preguntas relacionadas cos diferentes aspectos no tocante aos residuos sólidos. É frecuente atopar nos nosos montes vertedoiros incontrolados. Trátase de analizar o nivel de concienciación dos habitantes da comarca de Ordes ante os diferentes tratamentos de diversos residuos sólidos.

A onde van parar os envases e restos de herbicidas, insecticidas, sulfatos, deterxentes…? Nesta pregunta, sorprendentemente, obtívose unha distribución uniforme das respostas entre os diferentes estratos. O seguinte gráfico ilustra este feito, e como se comenta posteriormente, é o estrato dos adolescentes do entorno rural de Ordes o que destaca un pouco sobre o resto.


Ante esta pregunta, a opción claramente minoritaria é o descoñecemento do tema. Ademais esta opción é elixida dun xeito bastante homoxéneo entre os diferentes estratos (varía entre o 15% dos adultos do entorno rural de Ordes e o 19% dos adolescentes do núcleo urbano). Vistos os datos obtidos, hai un feito que destaca entre os demais: o 24% dos adolescentes do rural opinan que se envían ao punto específico. Esta porcentaxe é sensiblemente inferior que no resto de estratos (35% dos adolescentes do núcleo urbano e 40% e 41% dos adultos do rural e do centro de Ordes respectivamente). Polo tanto tamén se aprecia unha gran diferenza entre a opción “lixo” que foi elixida por un 58% dos adolescentes do entorno rural fronte o 44% dos habitantes de Ordes do mesmo rango de idade. Entre os adultos o resultado é similar entre os do núcleo urbano e do rural, obtendo un 41% e 45% respectivamente.

Os plásticos que se retiran dos silos ou dos invernadoiros van parar a:

O gráfico amosa que entre os habitantes do entorno rural de Ordes obtense unha distribución semellante das respostas dadas, o que non se dá entre os habitantes do núcleo urbano. Destacar de novo que entre os adolescentes do núcleo urbano a resposta maioritaria é a de mostrar o seu descoñecemento ante este tema (en torno ao 46%). En cambio entre os adultos do núcleo urbano a opción preferente é a de que van parar a unha empresa de reciclaxe (39%).

A onde van parar os coches inservibles? Os resultados obtidos ante esta pregunta son uniformes en todos os estratos enquisados, sendo claramente a opción elixida a de que van a parar a un chatarreiro sendo moi minoritaria a opción de que os coches van a parar a vertedoiros incontrolados.


As empresas de construción tiran o escombro e os botes de pintura en: Ante esta pregunta observamos que as respostas son lixeiramente distintas dependendo do rango de idade do estrato e non tanto do aspecto xeográfico. Entre todos os estratos a opción maioritaria é a de contedores de obra aínda que a porcentaxe dos individuos adolescentes que elixiron esta opción diminúe con respecto aos adultos. En todos os casos a opción minoritaria é a dos contedores ordinarios. 100% 90% 80%

70% NS/NC

60%

Vertedoiros incontrolados

50%

Contedores de obra

40%

Contedores ordinarios

30% 20% 10%

0% Adolescentes Adolescentes Pobo Aldeas

Adultos Pobo Adultos Aldeas

Cantos vertedoiros incontrolados de lixo coñeces na túa zona? De novo ante esta pregunta, mirando o gráfico anterior, obsérvase que a distribución é similar entre todos os estratos enquisados. A opción maioritaria é a do descoñecemento da existencia de vertedoiros incontrolados na zona, superando en todos casos o 50%. É preocupante o feito de que en cada estrato, en torno o 20% dos enquisados coñecen máis de dous vertedoiros incontrolados de lixo.


100% 90% 80% 70% Máis

60%

2

50%

1

40%

0

30% 20% 10% 0% Adolescentes Pobo Adolescentes Aldeas

Adultos Pobo

Adultos Aldeas

Que facedes cos electrodomésticos inservibles? No gráfico obsérvase que existen lixeiras diferencias nas respostas dadas polos adolescentes con respecto ao grupo de adultos. Entre aqueles a opción “non sabe, non contesta” xoga un papel moito mais destacado que entre estes. Fixémonos que os adolescentes tanto do núcleo urbano coma do entorno rural elixen esta opción nun 17% e 21% respectivamente, mentres que os adultos do núcleo urbano e do rural elíxena tan só nun 4% e 5% respectivamente. En todos os casos a opción maioritaria é a de que chaman ao servizo especial de recollida, subindo en tódolos casos do 50% chegando ao 75% no caso dos adultos do centro de Ordes. A opción minoritaria é a de abandoar os electrodomésticos nun lugar illado.

Adultos Aldeas

Adultos Pobo

Lugar illado Lixo Servicio especial

Adolescentes Aldeas

NS/NC

Adolescentes Pobo

0%

20%

40%

60%

80%

100%

Que fas cos restos de medicamentos ou cos que caducan? No gráfico vemos que a distribución obtida para esta pregunta entre os distintos estratos enquisados é similar. Destaca só que a porcentaxe dos que elixen “Farmacia. Punto “sigre”, os adultos do


centro urbano, é maior que no resto de estratos, en detrimento da opción “lixo” que é menor que no resto de estratos. En todos os estratos a porcentaxe de individuos que elixen a opción “Farmacia. Punto “sigre” “ varía entre o 50% e o 59%, salvo nos adultos de Ordes, que alcanza o 72%. A opción “Non sabe, non contesta” é minoritario, non superando en ningún dos casos o 7%.

Como te desfás dos restos de comida? De novo, apréciase unha clara diferenza entre os estratos segundo a súa procedencia xeográfica. Entre os habitantes do núcleo urbano de Ordes, a maioría das respostas repártense, case equitativamente, entre as opcións “aprovéitanos os animais” e “lixo”. Sendo as outras dúas opcións minoritarias. Pola contra, entre os habitantes do rural, prodúcese un incremento moi considerable na porcentaxe de respostas “aprovéitanos os animais” subindo do 70% en ambos casos.


Bloque 3: Reciclaxe. A reciclaxe é unha medida adoptada polas sociedades actuais co obxectivo de evitar o aumento do grao de contaminación da zona. O desenvolvemento sostido dunha sociedade depende fortemente da concienciación dos seus individuos con respecto a temas tan elementais como no tocante á reciclaxe. Con este bloque analizaremos estes feitos na comarca de Ordes.

Cando mercas algo, aceptas bolsas de plástico? Para esta pregunta amosaremos separadamente os resultados obtidos en cada estrato. As distribucións obtidas vense nos seguintes gráficos:

Fixémonos que, agás os adultos do centro urbano, o resto de estratos teñen a opción “si” como a opción maioritaria. Ademais neste estrato destaca tamén a opción “non”, que xoga un papel moito máis destacado que no resto de estratos.

Tes, cerca da túa casa, puntos de recollida de aceites usados na cociña ou de maquinaria? 100% 90%

80% 70% 60%

NS/NC

50%

Non

40%

Si

30% 20% 10%

0% Adolescentes Adolescentes Adultos Pobo Pobo Aldeas

Adultos Aldeas

De novo aporta máis diferenzas o lugar onde se vive que o factor da idade. Entre os habitantes do centro de Ordes a resposta maioritaria é “Si” en ambas idades, en torno ao 60%, mentres que entre os habitantes do rural esta resposta acada un 20%, sendo a maioritaria a opción “Non”.


Que acostuman facer cos pneumáticos vellos nos talleres de vehículos cando os repoñen? 100%

Neste caso, obsér90% vase unha certa homoxeneidade 80% na porcentaxe de respostas obti70% das entre os diferentes estratos. NS/NC A principal diferenza radica en 60% Queimanos que entre os adolescentes, con 50% Lixo independencia da súa orixe, au40% Reciclar menta considerablemente a op30% ción de descoñecer que se fai cos 20% pneumáticos situándose en am10% bos casos por enriba do 40%. 0% Unha porcentaxe similar é a da Adolescentes Adolescentes Adultos Pobo Adultos Aldeas opción “mándanos a reciclar”. Pobo Aldeas Por outra banda, entre os adultos esta é a opción preferente, superando en ambos casos o 50%. En todos os estratos as opcións “tíranos ó lixo” e “mándanos a reciclar” sitúanse como as opcións menos elixidas, non chegando nalgún dos casos a superar o 20% das respostas entre as dúas.

Tés costume de separar o lixo (papel, vidro, pilas, materia orgánica…) antes de tiralo? Neste caso, hai un estrato que destaca con respecto ós outros dous, e ese é o dos adultos que viven no centro urbano de Ordes. No resto de casos a opción maioritaria é a do “non” sendo esta a elixida, aproximadamente, polo 50% dos enquisados, salvo entre o adultos do núcleo urbano, onde as respostas se reparten case equitativamente entre as diferentes opcións.


1. De onde procede a auga que usas na túa casa?  Dunha fonte.  Dun río.  Do mar.  Dun Pozo.  Non sabe

26 34 2 37 42

31 4 64 7

30 64 2 31 17

2. A auga empregada no teu domicilio pasa por unha planta potabilizadora antes de chegar a el?.  Si. 93 24 100  Non. 17 52 24  Non sabe 31 30 20

Adultos aldeas: 112

Adultos pobo: 144

ALDEAS: Poulo – Marzoa—Pereira—Vilamaior—Beán— Barbeiros Calvente—Mesón do Bento—Mercurín—Ardemil—Leira—Buscás O Seixo—Montaos—Guindiboo—Fosado—Parada—Lesta.

Adolescentes aldeas: 106

ORDES POBO -Centro urbano

Adolescentes pobo: 141

MEDIO NATURAL E CALIDADE DE VIDA - RESULTADOS

35 7 1 62 7

35 66 11

3. Cerras a billa mentres lavas os dentes?  Si.

97 44

68 38

92 52

72 40

21 120

25 81

18 126

21 91

5. A onde van parar as augas usadas do teu domicilio?  Pozo negro.  Fosa séptica.  Depuradora.  Río.  Circulan libremente en superficie.  Non sabe

14 15 52 5 1 54

32 36 8 2 7 21

22 26 62 6 8 20

45 39 15 3 4 6

6. As augas e aditivos (deterxentes, desinfectantes…) cos que se limpan as cuadras e tanques de frío do leite van a:  Pozo negro.  Fosa séptica.  Sumidoiro.  Circulan por superficie.  Non sabe

25 17 23 8 68

27 14 13 2 50

38 22 24 3 57

46 24 12 6 24

7. As cisternas dos tractores que transportan o xurro lávanse:  No río directamente.  Nun punto específico recollendo as augas residuais.  Non sabe

23 43 75

31 26 49

13 55 76

33 41 38

 Non.

4. Cal é o teu sistema de limpeza corporal?  Baño.  Ducha.


Adultos aldeas: 112

Adultos pobo: 144

Adolescentes aldeas: 106

Adolescentes pobo: 141

8. A onde van parar os envases e restos de herbicidas, insecticidas, sulfatos, deterxentes…?  Lixo. 63 62  Punto específico de recollida. 50 26  Non sabe 28 18

59 59 26

50 45 17

9. Que fas cos restos de medicamentos ou cos que caducan?  Lixo.  Farmacia. Punto “sigre”.  Non sabe.

53 81 7

45 54 7

34 104 6

40 67 5

56 13 72

39 14 53

67 29 48

48 10 54

27 20 7 23 29

31 10 5 56 42

33 24 5 33 17

84 18 2 2

66 58 17 3

85 14 10 3

13. Tés, cerca da túa casa, puntos de recollida de aceites usados na cociña ou de maquinaria?  Si. 85 23 91  Non. 36 68 44  Non sabe. 20 15 9

28 75 9

14. Que acostuman a facer cos pneumáticos vellos nos talleres de vehículos cando os repoñen?  Mándanos a reciclar. 58 43 81  Tíranos no lixo 6 12 11  Quéimanos. 18 8 12  Non sabe 59 43 40

58 13 11 30

10. Cando mercas algo, aceptas bolsas de plástico?  Si.  Non.  Ás

veces. 11. Os plásticos que se retiran do silo ou dos invernadoiros van parar a:  Lixo. 25  Quéimanse. 21  Quedan nas leiras. 13  Recólleos unha empresa que os recicla. 17  Non sabe. 65 12. Como te desfás dos restos de comida?  Aprovéitano os animais.  Lixo.  Bótalos no composteiro.  Non sabe.

62 61 13 5


6 121 14

Adultos aldeas: 112

Adultos pobo: 144

Adolescentes aldeas: 106

Adolescentes pobo: 141 15. A onde van parar os coches inservibles?  Vertedoiros incontrolados.  Chatarreiro.  Non sabe.

3 87 16

5 128 11

6 95 11

1 69 7 29

6 115 7 16

4 88 6 14

17. Tés costume de separar o lixo (papel, vidro, pilas, materia orgánica…) antes de tiralo?  Si. 38 28  Non. 63 51  Ás veces. 40 27

55 41 48

41 39 32

18. Que facedes cos electrodomésticos inservibles?  Deixalos nun lugar illado.  Botalos ao lixo.  Chamar ao servizo especial de recollida.  Non sabe

10 24 83 24

4 25 55 22

8 21 108 7

10 33 63 6

19. Cantos vertedoiros incontrolados de lixo coñeces na túa zona? 0 1 2  Máis.

73 30 13 25

60 16 9 21

72 27 19 26

62 18 12 20

3 136 2

3 103 -

9 130 5

5 104 3

4 130 7

1 96 9

136 8

1 102 9

16. As empresas de construción tiran o escombro e os botes de pintura en:  Contedores ordinarios. 6  Contedores de obra. 87  Vertedoiros incontrolados. 10  Non sabe 38

20. O significado das 3R é:  Romper,

retirar e reducir.  Reducir, reutilizar e reciclar.  Romper, reducir e repoñer. 21. Por que debemos coidar a auga?  Porque non é un recurso.  Porque é un recurso escaso.  Porque é un recurso abundante.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.