Page 1

Miguel Angelo Pereira PCPI- CarpintarĂ­a


LIMIAR Permitídeme que este ano sexa eu quen escriba este limiar. Outro xuño máis, chegan estas datas e cando me poño a montar a revista doume de conta do rápido que pasou o curso. Penso en todo o que levo vivido neste centro e lémbrome de todos aqueles alumnos e alumnas, compañeiros e compañeiras que pasaron por el e percátome da cantidade de anos que pasaron, practicamente a metade dos anos que levo traballando. Penso no que cambiou o centro neste período de tempo: cambios producidos por diversos motivos, profesionais, lexislativos, personais..., cambios que á vez se producen en un mesmo. Nesta páxinas procúrase reflectir algúns dos traballos e actividades que se desenvolveron neste 2013-2014. Gustaríame que saísen outros moitos que quedaron no tinteiro, pero nestas datas a todos nos pilla o touro. Aínda que parte do alumnado, neste momento, case non valore esta revista, sei que pasados os anos si que a buscarán pola casa na procura de caras, recordos... e agradecerán poder tela. Penso tamén nalgún mozo e nalgunha moza dos que rematan a súa estancia aquí. Eles non o lembran, pero eu si. Vénme á mente ese primeiro día, cando viñan para estudar no instituto en 1º ESO, e achegáronse a min para que lles informase de como era o centro. Seguramente que algún deles, agora que marchan, gustaríalles quedar. Por último, deixádeme aproveitar a ocasión para felicitar, en nome do centro, a todos os alumnos e alumnas que neste curso se gradúan na ESO, e tamén a aqueles que, sen obter o título, marchan por diferentes motivos. Espero que lembren agradablemente a súa estancia aquí e, sobre todo espero que a formación adquirida en todos os ámbitos lles sexa útil no futuro. Miguel Ortega


1º ESO “A”

Bellón González, José Manuel Cives Blanco, Gabriel do Rego Martínez, Fabio Enriquez Fernández, Azael Fernández Leira, Xiana Gago Castro, Carla García Muiños, José Manuel Jiménez Cortiñas, Rubén Jiménez Montoya, Talia del Carmen Pato Romero, Aicha M. Prieto-Puga Gonzáles, Claudia Rodeiro Rañales, Pablo Rodríguez Rodríguez, Elisa Salazar Conchado, Jonathan Salazar Jiménez, Juan Antonio Salazar Monteiro, Miriam Salazar Monteiro, Moisés Silva Romero, Isaac Tatyanova Petkova, Eli


1º ESO “B”

Castro López, Lara Correa Fajín, Agustina Belén Fernández Castro, Leroy Antonio Ferreira Pinto, Alexandre Inácio Jiménez Monteiro, Adán Kahia Gonzalez, Bela Jasmín Lorenzo Rodríguez, Paula Loureiro Cela, Lucía Mamet, Ramón Martínez Estévez, Mario Monteiro Romero, Cristian Monteiro Romero, Tabita Monteiro Romero, Tamara Mouriz Gorgozo, Alejandro Pérez Pereira, Daniel Prieto Vilariño, Cristian Rey Vidal, André Roca Pérez, María Salazar Conchado, Ramón Suárez Barrul, Marta


2º ESO “A”

Aguirre Franco, Brais Barcia Villaverde, Aarón Campanario Akdim, Juan Chica Salazar, Mike Davis Díaz Fonticoba, Xoán Fernández Embade, Anxo González López, Zeltia Márquez Fernández, Mónica Martínez Aguiar, Nerea Monteiro Romero, Selene Paz Lorenzo, Sergio Rodríguez Fernández, Ángela Rodríguez Polo, Joanna Salazar Borja, Diego Salazar Jiménez, Begoña Varela Fernández Jonathan


2º ESO “B”

Aneiros Sabín, Andrea Curto Benito, Alejandro de Aviz Queiroz, Yuri Tadeo do Rego Martínez, Leandra Expósito Bello, Marcos Osorio, Cristian Maceiras Santiago, Carolina Martínez Ferreño, Alfonso Medín Fernández, David Rama Carneiro, Alba Saavedra Pérez, Alberto Salazar Fernández, Bibiana Saldaña Vidal, Daniel Vergara Santiago, Natalia


3º ESO

Aguiar Couce, Laura Álvarez Medín, José Manuel Blanco González, Patricia Cadenas Gonzáéz, Adrián Castro Couce, Iván Chamosa Rey, Aarón Corral Pérez, Tamara Díaz Otero, Adrián Fernández Fernández, Paula Fernández García, Juan Gabriel García Barca, Mario Iglesias Botana, Raquel Leira Díaz, Oscar López Álvarez, Irene López Carballeria, Pablo Loureiro Cela, Pablo Moreira Paulino, Sasha Meg Moreno Bello, Kevin Prieto Vilariño, Nerea Ramos Bogo, Irene Ramos Martínez, Laura Salazar Jiménez, Fátima Sedes Ricoy, Saúl Seoane López, Daniel Sixto Senra, Cristel Suárez Díaz, Rubén Tizón González, Nuria


4º ESO

Aguirre Franco, Adrián Ausín Neira, Miguel Bouza Vilar, Eloy Chao Calvo, Gloria Chica Salazar, Kelvin Ariel Cortizas Rodríguez, Adrián Fernández Campos, Gabriel García Bouza, José Manuel García Graña, Fernando Garrote Hermida, Aida López Prieto, Desiré Méndez Díaz, Carlos Monteiro Vargas, Abraham Porca Lorenzo, Diego Regueira Pena, Irene Rivera González, Francisco Javier Rodríguez López, Santiago Romero Rico, Ainoa Santos Leira, Erik Teixeira Carrodeguas, Inés


PCPI

Acuculitei, Andrei Florín Cosme de Oliveira, Bruno Miguel de Costa Barros, Tiago Miguel Fontela López, Carolina Freire Calvo, Raquel Iglesias Fernández, Estefanía López Mariño, Alejandro Martínez Rodríguez, Jennifer Martínez Villalobos, Brais Paz Pérez, Jonathan Pereira Soares, Miguel Angelo Sanjurjo Rodríguez, Hector Manuel


ALGUNHA DAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DÍA DE SAN VALENTÍN: Este curso a biblioteca agasallou a TODA a comunidade educativa cun “chuchepoemas” (un caramelo real envolto nun poema).


ENTROIDO: Tamén o Entroido xira en torno ao tema anual da biblioteca. O venres de Entroido previo ás breves vacacións, organizamos, xunto co EDLG, unha xornada especial onde se premian os mellores disfraces relativos ao tema. No curso 2013-14, dedicado á poesía, desfilaron e declamaron no noso centro: dous Quevedos, un Garcilaso, un Rafael Alberti, Vicente Risco, Castelao, Manuel Antonio, ... e mesmo dona Emilia Pardo Bazán, entre moitísimos outros.


Velaquí os séculos dourados.

E a Literatura Galega con Rosalía, Castelao, Vicente Risco, Manuel Antonio e Rafael Alberti infiltrado.


DÍA DO LIBRO: Celebrámolo na semana do 21 ao 25 de abril, sendo o venres o día grande, cando se suspenden as clases no recreo e dedicamos o resto do día á exaltación do libro. As actividades coas que gozamos foron: Maratón de lectura: a cargo de dúas alumnas de 4º E.S.O. que percorreron todas as aulas a primeira hora identificadas con bandas e carregadas de poemas para leren cos alumnos de cada grupo, nun sistema de lectura compartida na que cada alumno tiña que ler o verso sinalado que lle tocou no total de versos do poema. Xornada de “portas abertas” dos Clubes existentes no centro: de lectura xuvenil de 1º ciclo, de lectura xuvenil de 2º ciclo, de Manga e Anime, e de Xadrez; que aproveitaron a ocasión para intentar captar novos adeptos.

III Feira do Libro Solidaria, na que recadamos cartos para a Cociña Económica de Ferrol Rematamos a xornada coa entrega dos doce premios para as catro modalidades do Concurso do Día do Libro: Crea un Poema, Tunea o Poema, Poema en Power Point e Marcadores con Poema. Salientamos a calidade e beleza dos traballos presentados en Power Point, Impress ou en formato vídeo polos nosos alumnos.

FELICIDADES A TODOS!


TUNEA A GATA CATA Este curso 2013-14, o tema elixido para a Biblioteca foi A Poesía. Coma todos os anos, convocamos un concurso para disfrazar a mascota; nesta ocasión foi Marcos Expósito Bello, de 2º B quen obtivo o premio ao mellor deseño. Nesta foto vémolo na Biblioteca recibindo o agasallo de mans da súa titora. Felicidades a ambos!

CONCURSO SEMANAL DA BIBLIOTECA O venres 30 de maio, todos os participantes no concurso semanal da Biblioteca gozaron merecidamente dunha festa con merenda e lambetadas organizada para eles na cafetería do centro. Houbo regalos para todos pero ademais, os membros do equipo gañador recibiron cadanseu premio composto por: un libro, un par de auriculares para escoitar música e un marcador conmemorativo.

OS NOSOS PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

AGARDÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO…


CONCURSO DA BIBLIOTECA

CURSO 2013-2014

COMA XA VOS COMENTAMOS QUE A MASCOTA DA BIBLIOTECA É UNHA GATIÑA QUE CAMBIA CADA ANO SEGÚN O EIXE TEMÁTICO. O concurso da biblioteca sempre desenvolve o tema xeral, é dicir, o eixe temático de cada ano concreto. Este curso, como non podía ser doutra maneria, os nosos traballos xiraron en torno á poesía e, durante 15 recreos , os concursantes buscaron información sobre poemas e poetas tan coñecidos como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Becquer, Neruda, Rubén Darío,Eugéne Grindel,……. E, por suposto, Xosé María Díaz Castro, o poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2014. Desde estas páxinas queremos agradecer a participación dos alumnos e animalos para que sigan participando en anos sucesivos. Comezaron catro grupos e remataron os catro, así que foron constantes. Poucos pero bos! Aí van as fotos dos nosos concursantes na festa de entrega de premios.


AS GAÑADORAS DESTE ANO FORON AS RAPAZAS DO EQUIPO BELMA, DE 1º B : LUCÍA, BELA E MARÍA. NORABOA E ATA O CURSO QUE VÉN!


OBRADOIROS CO POETA RAÚL VACAS POLO:

O pasado martes 13 de maio acudiu á nosa chamada o célebre poeta salmantino Raúl Vacas Polo, autor entre outras moitas obras, de Esto y ESO e Consumir preferentemente que tanto gustaron este curso aos nosos alumnos. Recitou poesía empregando un megáfono, facendo maxia e mesmo recreando a escea dun crime. Despois, reuniuse en petit comité cos membros dos Clubs de Lectura de Adultos e Xuvenil.


SAÍDA DO CLUB DE LECTURA XUVENIL A BETANZOS Con ocasión da apertura do novo punto de venta de Biblos en Betanzos e como agradecemento á colaboración tan estreita que sempre mantivemos co IES As Mariñas (con quen o EDLG deste centro edita en conxunto un folleto especial polas Letras Galegas), o martes 3 de xuño realizamos unha actividade de contacto co Club de Lectura dese centro. Por suposto, mercamos libros aproveitando a visita e cada un dos 16 alumnos recibiu un agasallo “lector” por parte dos coordinadores do Club. Pois o noso obxectivo sempre é recompensar a lectura e a implicación dos rapaces no Club.

Visitamos o Museo Internacional da Estampa onde os alumnos, tras unha clase teórica sobre os tipos de gravado, tiveron ocasión de asistir a un obradoiro no que eles mesmos realizaron un gravado que trouxeron de recordo. Cando chegou a hora de comer, acudimos ao célebre Pasatempo e ao remate deste pequeno lecer, fixemos un percorrido cultural pola cidade de Betanzos e paramos no cruceiro de Santa María de Azougue onde tiramos unha foto igualiña que a de Lorca.


CLUB DE LECTURA DE ADULTOS Dende a Biblioteca do I.E.S. Catabois, convidamos a todos os pais, avós, irmáns de alumnos, exalumnos e a calquera membro maior de idade da nosa comunidade educativa, a formar parte do Club de Lectura de Adultos “José Beceiro” do noso centro.

Reunímonos o primeiro martes de cada mes ás 18'15 h. na biblioteca para falar do libro que limos o mes anterior e intercambiar opinións. Os exemplares subminístraos a propia biblioteca que tamén admite suxestións de lectura. E en moitas ocasións, temos a oportunidade de coñecer en persoa a algún dos autores lidos que aceptan a invitación de acudir ao noso centro. Animádevos a participar!!!


VISITA AU MUNCYT E PRÁCTICA DE LABORATORIO NA DOMUS O martes 21 de xaneiro, os nosos alumnos de 1º de E.S.O. visitaron o MUNCYT e a Domus en A Coruña. Tres semanas máis tarde, o martes 18 de febrero, os alumnos de 3º /4º acudiron tamén as instalacións do Muncyt onde realizaron con moito éxito un xogo de investigación proposto polo persoal do museo.

Na Domus, realizaron unha práctica de laboratorio relacionada coa investigación sobre a transmisión e a vacina da malaria.

Cremos que espertaron algunas vocacións científicas …


VIAXE Á NEVE Este ano visitamos Boi Taül. Queredes saber como a viviron os que tiveron a sorte de ir? E… que facían mentres os que quedaron? Velaí vos van algúns fragmentos deses días: DIEGO, sábado 8 Erguinme ás 11:00. Fun durmir á casa dun compañeiro porque tiñamos que coller o bus do equipo ás 12:15 para Vigo. Foi o meu primeiro partido en Nacional no que marquei un gol. Volvemos á casa e chamei a Miguel e estivemos falando da viaxe en bus. Díxome que xa comezaran a aparecer amizades moi fortes e que estaban cansos pola viaxe. JAVIER, domingo 9 Espertei no autobús tras atravesar Francia. Paramos a xantar. Vimos un lugar con moi boa pinta pero as aparencias enganan. De seguido fomos dar unha volta ía moitísima calor. Regresamos ao bus e retomamos a viaxe. Ao chegar descargamos a equipaxe e acomodámonos nas nosas habitacións.Tivemos unha reunión onde nos deron toda a información. Fomos relacionarnos coas demais rapazas dos outros institutos (Ferrol Vello e un de Vigo) e pola noite fomos ao cuarto das nosas nenas todos xuntos, os dos tres coles. Foi unha experiencia incrible. Non podedes deixar de ir para o curso que vén. ADRIÁN, luns 10 Xa na noite do domingo fixeramos moi boas migas coas nenas de Vigo. Logo fomos dar un unha volta Irene, Santi e mais eu. De volta aos apartamentos a Solana, Carlos, Miguel, Santi e máis eu durmimos no mesmo cuarto. O luns ás oito menos cuarto puxémonos en pé e comezamos unha rutina de clases e descanso que se repetiría toda a semana. GLORIA e AINOA, martes 11 Comezamos o día chegando ao instituto. Tivemos unha saída polo Ferrol modernista, pasando antes polo singularmente decorado barrio de Canido. Foi unha mañá diferente e moi amena para os que non fomos á neve de 4º A. GABRIEL, mércores 12 Eu non fun de excursión. Ese día non fun ao instituto. Pola mañá collín a bicicleta e fun dar unha volta polo barrio. A xente mirábame con asombro, con cara de: “Que fai este rapaz na rúa a estas horas?” Dábame un pouco de corte. Logo de xantar fun ao ximnasio onde paso o meu tempo de ocio. Tras rematar o meu programa din unha ducha xélida pola avaría da caldeira e para á casa. Un colacao con galletas e a durmir, agardando por un amencer tan bo como o deste día.


MIGUEL, mércores 12 Como cada día, erguémonos ás sete e media ou oito menos cuarto. Almorzamos os croissants e o leite co colacao. Fomos á estación de esquí ás nove e ás dez comezabamos as clases ata as doce do mediodía. Deixábannos un pouco libre e á unha iamos xantar todos xuntos. Cando terminamos deixáronnos esquiar por libre ata as catro e media. Recollemos o material e volvemos ao hotel. Cando chegamos, chamounos Diego e contámoslle todas as caídas que houbo ese día. Máis tarde o mestre do Ferrol Vello nos levou a un spa e foi moi divertido. Lodo ceamos e pola noite houbo algúns enfados por mor dos celos. Ao final do día xurdiu a primeira relación da excursión e acabamos indo á discoteca. FER E SANTI, xoves 13 Como xa era costume, os meus compañeiros e eu erguémonos no último momento grazas á nosa compañeira Irene que semellaba ser o noso espertador particular. Almorzamos e fomos esquiar. Ás catro regresamos ao hotel e pasamos a tarde dando voltas dunha habitación á outra. Logo de cear decidimos ir todos xuntos á discoteca para gozar da última noite, cousa que foi boa idea. A viaxe resultou unha experiencia moi grata e que eu aconsellaría a todos os que quedan no instituto. DESIRÉ, xoves 13 A mañá foi coma todos os días. Erguerse ás sete, prepararse, almorzar, clases de esquí, as pistas, xantar, máis esquí e ás catro xa no bus para volver para o hotel. Chegamos, preparámonos e fomos xunto os nenos dos outros institutos, os do Ferrol Vello e mais os de Vigo. Estivemos todos xuntos falando sobre o que iamos facer ese día. Chegaron as oito e fomos cear. Moito rimos. Logo á discoteca do resort. Esa noite era a última que nos quedaba no hotel. Repetiría esta experiencia pola boa compañía, polos bos amigos que levo e porque son experiencias únicas na vida.


IRENE, venres 14 Logo de almorzar pechamos as maletas e deixámolas en consigna mentres fomos esquiar. Parecía que ía ser unha xornada agoniante pero non foi así. Como era o último día fixemos un pouco o “animal” . Decidimos non marchar sen probar a pista negra. Asustaba un pouco, pero alá fomos. Xa de volta de esquiar, aseámonos e collemos as cousas do hotel. Era a hora das despedidas. Para min foi unha experiencia inesquecible, xa que tamén coñecemos xente moi simpática doutros institutos. Recoméndovos esta viaxe aos que fagades 4º para o curso que vén. AIDA, sábado 15 Camiño de Ferrol. Todos estabamos moi cansos. Sobre as dúas da mañá algúns xogamos ás cartas no bus. Achegábase a hora das despedidas e eu polo menos estaba moi triste. Todos eran xeniais. Pensaba que non ía durmir na viaxe de volta. Chegamos ás seis e media da mañá e decidimos almorzar todos xuntos. Despedímonos con bicos e apertas e cando xa marcharon quedei moi triste. O resto do día paseino durmindo. É unha excursión moi recomendable. Coñeces moita xente e divírteste moito.

22


Miguel Angelo Pereira Soares. PCPI- Carpintaría

LINGUA PORTUGUESA O mundo é grande O mundo é grande e cabe nesta janela sobre o mar. O mar é grande e cabe na cama e no colchão de amar. O amor é grande e cabe no breve espaço de beijar.

CARLOS DRUMOND DE ANDRADE


Os que marchan Aínda sendo conscientes das incertezas que xera decidir o tipo de estudos que escollerán ao rematar a ESO no noso Instituto, e que ademais aínda teñen tempo a decidir por onde van a orientar o seu futuro, preguntámoslle ao alumnado de 4º que profesión lles gustaría estar a exercer no ano 2024, é dicir, dentro de dez anos, e aquí están as súas respostas:

Adrián Aguirre Militar

Miguel Ausín Matemático

Eloy Bouza Garda forestal

Gloria Chao Administrativa

Kelvin Chica Militar

Adrián Cortizas Astronauta

Gabriel Fernández Fisioterapeuta

José M. García Loitador profesional

Aida Garrote Profesora

Fernando García Bombeiro


Desiré López Aux. Enfermería

Carlos Méndez Militar

Abraham Monteiro Futbolista

Diego Porca Mecánico

Irene Regueira Ed. Infantil

Fco. Javier Rivera Piloto

Santiago Rodríguez Arquitecto

Ainoa Romero Ed. Infantil

Erik Santos Enfermeiro

Inés Teixeira Policía


DEPARTAMENTO DE E.F. Din que “Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma terá que ir á montaña”. Pois ben, no departamento de E.F., adaptamos esta frase ás nosas circunstancias: é dicir, dámoslle a volta. Como moitos dos nosos rapaces non practican actividade deportiva fóra do horario escolar, e pensamos que ás veces é por falta de motivación, descoñecemento ou información sobre as posibilidades e variedade da oferta deportiva que teñen no seu entorno, o que facemos é "traer a montaña": tentar acercar unha variedade de actividades deportivas ou físicas non habituais pero que están ó seu alcance; para que as coñezan, practiquen uns días e, se é posible e lles gustan, terminen apuntándose e practicando no seu tempo libre. Porque pensamos que ese é un dos obxectivos máis importantes da materia: intervir nos séus hábitos de vida, facendo que sexan máis saudables por medio do exercicio, da actividade física. Que incorporen a práctica dun deporte á súa rutina diaria ou, alomenos, semanal. Este curso, as actividades que trouxemos foron as seguintes: -Capoeira e Wing-tsun no mes de marzo.

- Kick-Boxing no mes de abril.


- Yoga e Esgrima no mes de maio (Esgrima só para primeiro ciclo).

Desde o departamento, queremos agradecer o esforzo dos profesores invitados a colaborar connosco, e a súa simpatía e dedicación as semanas que estiveron nas nosas clases. Eles son Xavier, Luis, Emilio, Macarena e Bea. E, aínda que toda a información necesaria para aqueles interesados en continuar xa foi dada -e de feito temos alumnos apuntados nalgunha delas desde entón todos os que queirades máis información ou contacto para seguir a práctica, podedes acudir a nós e daremos todos os datos que necesitedes. Animádevos a levar unha vida activa e saudable, practicando exercicio!


Proxectos de Tecnoloxía en 4º de ESO Os alumnos e alumnas do grupo de 4ºA que cursaron a materia optativa de tecnoloxía, deseñaron e construíron, como parte do desenvolvemento da materia, varios sistemas robóticos. Tras aprender durante uns meses algúns conceptos básicos sobre circuítos e elementos electrónicos, control de procesos e programación, realizaron os seguintes proxectos.

Robot segue-liñas Trátase dun vehículo autopropulsado que é quen de recoñecer diferenzas de color na superficie sobre a que se despraza. Neste caso foi programado para seguir de xeito autónomo unha liña negra pintada no chan.


Robot segue-luz Desta volta trátase tamén de un vehículo autopropulsado que é capaz de recibir información sobre o nivel de luz ambiental. Foi programado para que a súa traxectoria poida ser guiada cunha lanterna enfocada cara a el, xa que en todo momento se moverá cara onde detecte maior intensidade de luz.


Sistema automático de control de nivel de auga en tanques. O sistema de control deseñado é quen de recibir información sobre cando o nivel de auga de un depósito se atopa nun nivel mínimo ou máximo e actuar sobre unha bomba que extrae auga de devandito tanque cando é mester. O sistema foi programado para que, cando o depósito estea recibindo unha cantidade de auga e acade o nivel máximo, se poña en marcha a bomba que baleira a auga, ata acadar de novo un nivel de seguridade.


Pola súa banda, os alumnos e alumnas do grupo de 4º PDC, despois de ter aprendido os conceptos básicos sobre electrónica analóxica e sistemas de comunicacións, levaron a cabo un proxecto no que construíron un sistema de intercomunicadores de sobremesa. Os intercomunicadores construídos permiten a transmisión simultánea de voz dun a outro a través dun fío de datos, tal e como ocorre, por exemplo, no porteiro automático de unha vivienda.

Intercomunicadores de sobremesa.


EDLG E DEPARTAMENTO DE LINGUA MAGOSTO E SAMAÍN Como todos os anos, no tempo do Samaín organizamos o concurso de relatos de medo e mais de cabazas. Velaí tedes as vosas cabazas camiño do Quilómetro do terror organizado polos Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros de Catabois (E.C.HO.).

Gústavos gata Cata da biblioteca disfrazada con motivos do Samaín? É obra de Eli Tatianova Petcova de 1º A. Graciñas, Eli.


NADAL Logo veu o Nadal e celebrámolo cun festival o 20 de decembro divertíndonos moito. Algunhas das nosas alumnas amosaron o seu talento cantando e bailando: Bibiana Fernández, Natalia Vergara, Cristel Sixto, Eli Tatyanova, Elisa Rodríguez e Aicha Pato.

Tamén xogamos ao xadrez,ao futbolín, ao tenis de mesa e ao baloncesto.


Bela Kahia agasallounos coa interpretación dunhas pezas musicais co violín e varios alumnos de 1º E.S.O. recitaron poemas coa súa fermosa música de fondo. Grazas a todos eles: María Roca, Lucía Loureiro, André Rey, Pablo Rodeiro e Claudia Prieto. E por fin, a esperada entrega de premios do concurso de cabazas e de relatos de medo promovido por E.C.H.O. e polo EDLG. Asemade entregáronse os premos do concurso de postais de Nadal e que cada ano convoca a Biblioteca do centro. Velaquí algúns dos galardoados cos seus titores. Parabéns a todos e a todas.


Chegou febreiro e con el o día do amor. O EDLG colaborou coa Biblioteca na confección dos chuchepoemas. E así, o 14 celebramos no IES Catabois o día de San Valentín agasallándonos cos chuchepoemas que levabamos preparando toda a semana. A idea era sinxela: un caramelo envolto nun poema, dedicatoria ou frase que entregariamos a quen nos importase moito.

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA Este ano celebramos os versos e a figura da nosa Rosalía de Castro confeccionando unhas camisolas moi poéticas. Desde o Concello de Ferrol ofrecéronnos o obradoiro e aí tedes as vosas creacións


ENTROIDO NO I.E.S. CATABOIS 2014 Coma todos os cursos, o noso Entroido xira ao redor do tema eixe da biblioteca. Este ano tócalle á poesía (por fin!), e polo noso instituto pasaron Quevedo, Garcilaso, Rosalía, Emilia Pardo Bazán, Rafael Alberti, Góngora, Safo, Virgilio, Manuel Antonio, Vicente Risco, ... Qué ben o pasamos! Comprobádeo mirando as fotos.

Unha xeración Nós moi particular foi a encargada de presentar o festival. Agradecemos, coma sempre, a colaboración de E.C.H.O.

que xenerosamente

subministrou os agasallos para os mellores disfraces en forma de cataleuros.


VISITA DE ANDREA MACEIRAS En Abril

O 28 de marzo visitounos unha autora. Ese martes, o alumando de 1º e 2º da ESO tivo unha clase especial. A profesora foi Andrea Maceiras, filóloga e amante da natureza que nos adentrou no Segredo do lagarto Arnal. Non, non foi unha clase de Bioloxía sobre os réptiles. Foi unha clase de Literatura Galega sobre narrativa contemporánea. Concretamente, unha charla sobre o seu libro. Explicounos o significado dos alcumes dos seus protagonistas: Arnal, Avelaíña, Buxo, Bolboretiña... Por certo, terá alcume Andrea? Arriscádesvos a poñerlle algún? Falounos do difícil que é ás veces amosar o diferentes que somos. Tamén aprendemos que hai especies que se dan a coñecer día a día e especies que desaparecen por mor da pésima xestión do ecosistema que está a desenvolver o home.

Andrea respondeu a todas as vosas dúbidas e curiosidades, incluso cando lle preguntastes sobre o argumento doutras obras dela. Para rematar a xornada asinou exemplares. Andrea deixou a pegada do Arnal nos vosos libros. Gozade da lectura desta autora, medraderes con ela.


ANDREA MACEIRAS TRÓUXONOS NUBES DE EVOLUCIÓN EN MAIO

Neste mes de maio predominaron as nubes no IES de Catabois. Primeiro achegáronse polo centro os Nimbos de Xosé María Díaz Castro que cubriron o instituto dun xeito especial o pasado 16 de maio. O 20 de maio, Andrea Maceiras, tróuxonos desde o leste Nubes de evolución. A autora xa estivera coa rapazada de 1º e 2º da ESO falándolles do Segredo do lagarto arnal.

Desta volta tocáballes aos do segundo ciclo da ESO escoitar como Andrea lles explicaba, experta como é en meteoroloxía literaria, cal foi o proceso da formación de Nubes de evolución. Falounos do frío que vai nas estacións de autobuses e das vidas que podemos imaxinar dos seus transeúntes. Falounos de cine, de arte, de pintadas, da "Angie" dos Rolling Stones... e da Ánxela que gustaba especialmente desta canción e que é o nó que enlaza a Amanda, o Uxío, o Luís e o resto dos personaxes. Andrea revelounos por que elixiu esa canción. Pero nós, coma ela tamén preferimos os versos de Cantares gallegos da nosa Rosalía: "Cóbreme unha espesa nube tal preñada de tormentas tal soidás preñada que a miña vida envenenada” E que terán que ver os Rolling con Rosalía? Gozade da lectura dunha obra da que, segundo o voso profesor Henrique Dacosta: "tematicamente podemos falar dun canto de esperanza á vida, pois Amanda tira partido da súa coraxe para arranxar contas co seu pasado e refacer a súa vida, á vez que a doutros" e onde "hai certos ecos do filme Amelie".

Agardamos te volva a traer axiña. Andrea


SEMANA DO LIBRO Chegou abril e con el a Semana do Libro. Unha vez máis o Departamento de Lingua e mais o EDLG se volcou coa Biblioteca nesta celebración. Ainhoa e Irene (4º E.S.O. A, integrantes do EDLG) levaron a todas as clases un maratón de lectura e poesía e todos os alumnos de 4º participaron como vendedores nos postos de libros de ocasión que compoñen a que xa é a III Feira do Libro Solidaria do I.E.S. Catabois, cuxa recadación se destina, como é xa tradición, a favor da Cociña Económica de Ferrol.


E o alumnado de 4Âş, membros do EDLG, preparou contiĂąos na nosa lingua para os pequenos.


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. DÍA DAS LETRAS 2014 A finais do 2013, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto agasallounos co xa tradicional almanaque coa efixie do homenaxeado nas Letras do ano seguinte e mais un texto representativo del. Neste caso foron Xosé María Díaz Castro e o seu "Penélope" os que encheron os días do 2014.

No tríptico do segundo trimestre da biblioteca coñecemos algo máis deste autor senlleiro da Xeración do 36.

E xa no mes de maio, os Nimbos encapotaron o ceo da biblioteca e mais o instituto todo e o EDLG orballou o boletín monográfico sobre o guitiricense. Celebramos ese día comezando por escoitar declamar ao propio Xosé María o seu poema máis coñecido de Nimbos. "Penélope" resoou polos altofalantes en todas as aulas, en todos os Departamentos, en todos os recunchos do instituto. Logo, nese tempo precioso da Hora de ler, todos os cursos leron unha selección de poemas do homenaxeado. Vimos vídeos relacionados co poeta. Escoitamos o alumnado do IES que leva o seu nome cantar o devandito poema e, no recreo, a radio escolar presentounos temas das e dos nosos artistas máis novos: Sés, Deusketecrew, Aid... Un paso adiante e outro adiante, Galiza!


LA FÁBRICA Vivo en las afueras de una ciudad pequeña, rodeada de zonas verdes con senderos por los que pasear. Tengo trece años y me gusta salir a caminar con mi perro labrador siempre que puedo. De todos los sitios a los que solemos ir mi perro Leo y yo, hay una que nos gusta especialmente y al que no volveremos nunca más… Una tarde de otoño salimos a dar una vuelta hasta nuestro sitio favorito, una fábrica abandonada a orillas de un río cercano. Cuando llegamos allí el sol aún calentaba la hierba así que, me tumbé a escuchar música con mis auriculares y Leo se tumbó a mi lado. Llevábamos unos diez minutos tumbados cuando Leo se levantó de repente y salió corriendo y ladrando hacia la fábrica, yo me levanté de un salto quitándome los auriculares mientras le llamaba y corría tras él al mismo tiempo. Me planto delante de la fábrica y oigo los aullidos de Leo en el interior, decido colarme por la misma ventana que había saltado Leo y una vez dentro empiezo a caminar despacio entre tablones, cristales, piedras y restos de basura. Grito llamando a mi perro y empiezo a ponerme algo nerviosa porque en la oscuridad no soy capaz de ver nada, y de hecho, me doy cuenta de que tampoco se oye absolutamente nada; ni el viento, ni los pájaros, ni las hojas…¡nada! Empecé a notar que me sudaban las manos y el corazón me palpitaba con fuerza en la sienes pero no podía irme sin encontrar a mi perro. Mis pupilas empezaban a acostumbrarse a la oscuridad y di un paso al frente, una tabla cedió bajo mis pies, caí, rodé y me estampé en un fango pringoso. Estaba en una especie de cueva húmeda después de haberme precipitado unos tres metros, un olor nauseabundo hizo que me tapara la cara con las manos, me encontraba bien sólo un poco mareada y entonces noté unos bichos asquerosos subiendo por mis piernas, enormes cucarachas trepaban a gran velocidad y comencé a saltar y a gritar mientras me sacudía piernas y brazos… ya no me importaba el fango. Salí corriendo por un túnel que se alargaba frente a mí a veces caía en el barro y me imaginaba miles de bichos pegados a mi piel. Durante un solo momento que dejé de gritar me pareció oír a Leo… sí era él así que, continué corriendo unos metros más y comencé a ver otra especie de cueva en la que Leo le ladraba a alguien. Cuando ya estuve a su lado le animé a que se acercara a mí… no lo hizo… siguió ladrando… Miré en la misma dirección que él y las vi… Vi aquellas calaveras horribles colgadas del techo de la cueva, vi huesos tirados en los oscuros rincones, vi incluso cuerpos putrefactos que aún podían mirarme rabiosos. No podía moverme, estaba rígida y noté que mis rodillas empezaban a doblarse, todo empezó a dar vueltas… me desmayé. Lo siguiente que recuerdo es despertarme en el hospital al lado de mis padres, tardaron más de un día en encontrarme, gracias a Leo que no se movió de mi lado pero que no dejó de ladrar. Aquellos cadáveres eran de adolescentes desaparecidas años atrás y ahora descansan en un lugar mejor.

Ángela Rodríguez Fernández. 2ºA IES CATABOIS


UNA RARA HISTORIA Este fue un hecho que transcurrió en un pueblecito llamado Arteixo. La protagonista, Laura, invitó a sus amigos (Antonio, Claudia y Manuel) a una fiesta de disfraces en su casa, pero Laura no contaría con la compañía de su hermano, Borja, y sus amigos, ya que él los había invitado a su casa para jugar a la consola toda la noche. Se hace de noche y van llegando casi al mismo tiempo los amigos de Laura como los de Borja. Pasando un buen rato Laura y sus amigos no se encuentran cómodos, por culpa del ruido que hacen su hermano y sus amigos, que no paraban de gritar. Pues deciden irse de casa y se dirigen al bosque encantado, las leyendas dicen que a veces por la noche aparece una casa encantada y cuando se hace de día desaparece. Se adentran en el bosque, deambulaban todo el rato, no sabían a donde ir, hasta que de repente encontraron una casa enorme, contenía un jardín con rosas muertas, una piscina sin agua y el color de la casa era negro. Tenían un poco de miedo y no sabían que hacer en ese momento, entrar o quedarse fuera. Diez minutos más tarde reaccionan y deciden entrar en la extraña casa. Al principio no sabían que hacer, seguir con la fiesta o investigar la casa. Pero prefieren seguir con la fiesta, pusieron música y siguen bailando y echándose unas risas. Al paso de un buen rato se escucha el sonido de un cubierto cayéndose, apagan la música y van rápido los cuatro para ver que había pasado. Entraron en una habitación que parecía la cocina, enciende Antonio las luces y se ven unos cuantos cuchillos llenos de sangre. Laura y sus amigos se quedaron paralizados hasta que empezaron a escuchar la música que Claudia había traído a la fiesta. Cada vez sentían más miedo, de tanto miedo que tenían no se atrevían a separarse ni a moverse. De repente Manuel siente que le toca algo en el hombro, mira para el y tenía una araña, otra en la cabeza, se asustó, gritó e hizo que se asustaran todos y salieran rápidamente de la casa. Consiguen salir de la casa después de haber corrido por ella durante minutos, miran hacia atrás y ven que había una pancarta que ponía: ESTA ES LA CASA ENCANTADA, NADIE PODRÁ ENTRAR Y SI ENTRA MORIRÁ FUERA O DENTRO DE ELLA. Todos salieron corriendo lo más rápido que podían hacia la casa de Laura. Al llegar a ella, vieron a Borja y a sus amigos viendo un vídeo que habían gravado de miedo y como lo habían hecho. Los habían llamado para que lo viesen, Laura y sus amigos no tenían muchas ganas de ver ese vídeo, después de pasar ese miedo en la extraña casa, pero lo fueron a ver. Al principio no se lo podían creer, les habían hecho una broma de miedo, Laura se enfado un poco, pero prefería saber que era broma antes que les pasara de verdad. Al ser muy tarde todos se marchaban a sus casas. Su hermano lo subió a Youtube. Al día siguiente el video había sido visto por millones de personas, se habían hecho famosos y los periodistas les querían hacer una entrevista, ellos la aceptaron, estaban un poco nerviosos, pero cada uno respondió a cada pregunta. Al final de la entrevista Borja y Laura les querían enseñar el lugar de los hechos, entraron todos en el bosque. Pasaron horas y horas y no la encontraban, a los chicos les parecía raro que no la dieran encontrado, los periodistas no tenían más tiempo y se tenían que ir. Laura y Borja estaban impresionados, al no haber encontrado la casa que les hizo famosos, Borja acabó como director de películas importantes de miedo como Insiduos 2 y Laura fue una actriz famosísima, protagonizando películas maravillosas. Y se quedaron con esa duda el resto de su vida.

41 CONCURSO LITERARIO JUVENIL 2014 CORAL POLIFÓNICA BETANZOS Miguel Ausin Neira 4º ESO


EL MISTERIO DE LA PLAYA Mi nombre es Pablo y tengo doce años. Hace dos meses salí del hospital psiquiátrico donde estaba enfermo, por algo que me pasó hace aproximadamente un año, algo que nunca olvidaré y por lo que ninguna persona debería pasar nunca. Desde aquel suceso no he podido dormir ni una sola noche debido a las continuas pesadillas que tenía día sí, día también. Todo empezó un caluroso verano… Mi familia había alquilado una casa a pie de playa para pasar las vacaciones. La casa era grande y espaciosa. La casera era una mujer ancha y alta, muy simpática. Su hijo Javier era una persona increíble y pronto nos hicimos grandes amigos. Éramos los únicos niños de la zona, así que nos pasábamos el día juntos. Javier era rubio, un poco más alto que yo, tenía los ojos verdes y el pelo corto. A pesar de tener un año menos que yo, era muchísimo más listo. Conocía la zona de memoria. Nos pasamos todo el verano jugando, paseando, bañándonos en la playa… Era increíble. Un día, quedé con Javier para ir andando un poco en bici por el paseo de la playa, como calentamiento para luego irnos a la montaña que había cerca. Cuando llegué, Javier estaba pálido, triste y había aparecido sin la bici. Le pregunté que le pasaba y me contestó que se encontraba mal y que no tenía ganas de andar en la bici. Le dije que no había problema, que ya iríamos otro día. También le pregunté si necesitaba algo, pero me contestó que no, que solo necesitaba dormir un poco. A partir de ese día, solo quedábamos de vez en cuando, y, cuando lo hacíamos, siempre se presentaba de la misma manera: pálido, triste y cansado. Solo quedábamos para pasear, nunca para hacer nada que supusiese mucho esfuerzo físico, por que Javier siempre estaba cansado. Poco a poco cada vez nos veíamos menos, porque cuando nos veíamos, me sentía incómodo. Javier nunca hablaba, permanecía callado y respondía a mis preguntas con un "sí" o un "no". Solo paseábamos, uno al lado del otro, mirando para el suelo y sin decir nada. Cada día estaba más pálido y apagado. Siempre que le preguntaba si le pasaba algo, respondía que no, que estaba bien. Yo me pasaba los días y las noches pensando en lo que le podía pasar, estaba preocupado, tan preocupado que un día decidí ir a visitarlo a su casa a hablar con él seriamente. Cuando llegué me encontré a su madre, la casera, que me dijo que Javier no estaba en casa, que había salido a pasear y que volvería pronto. Me quedé a esperarlo mientras hablaba con su madre de lo que le pasaba a Javier. Ella me dijo que también estaba preocupada y que no sabía lo que le pasaba. Javier no llegaba así que me fui a casa. Al día siguiente me levanté temprano, tan temprano que aun era noche. Decidí ir a dar un paseo por la playa y de paso veía la salida del sol. Me duché, me vestí, desayune y les dejé una nota a mis padres diciéndoles a donde había ido. Estaba a mitad de la playa, cuando divisé algo en la orilla. Fui hacia allí pensando que al llegar podía encontrarme con un delfín o algún animal marino muerto que le mar había traído hasta la playa. Al llegar allí me quede de piedra, aquel cuerpo no era un animal, era un cuerpo humano. Era el cuerpo de Javier. Javier yacía en la orilla de la playa, con los ojos abiertos y la mirada perdida. Tenía un disparo en el pecho y un corte en el cuello. Lo habían asesinado. Empecé a llorar tan fuerte como pude hasta que me cansé. Miré a Javier y me tumbé a su lado. Vi como salía el sol y me quedé dormido. Me desperté en el hospital al poco tiempo de darme de alta, mis padres me metieron en el hospital psiquiátrico debido a mi extraño comportamiento desde aquel suceso. Nunca se supo lo que había pasado en aquella playa… Nunca se averiguó quien había matado a Javier…

41CONCURSO LITERARIO JUVENIL 2014 CORAL POLIFÓNICA BETANZOS Anxo Fernández Embade 2º ESO


ÍNDICE

FOTOS CURSOS ...................................................................2-8 ACTIVIDADES BIBLIOTECA ................................................9-15 VIAXE Á NEVE........................................................................16-18 POESÍA E IMAXE ...................................................................19 OS QUE MARCHAN...............................................................20-21 DEPARTAMENTO ED. FÍSICA ..............................................22-23 PROXECTOS TECNOLOXÍA 4º ESO....................................24-27 ACTIVIDADES EDLG ............................................................28-37 RELATOS GAÑADORES (BETANZOS) ...............................28-37


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. de CATABOIS Estr. de Catabois, s/n. 15405 Ferrol (A Coruña) Telf./Fax: 981 31 46 54 E-mail: ies.catabois@edu.xunta.es

Revista 2013 2014 web  
Revista 2013 2014 web  
Advertisement