Mapoula 2014-15

Page 43

M

O D O U SE

X OG O

Crítica O día 21 de maio fomos a Ponteceso visitar o museo do xogo. Alí coñecimos a Ricardo (o director) que foi o noso guía. Falounos dos xogos galegos tradicionais e da variedade de xogos que existen en Galicia. O museo ten varias salas divididas segundo a época e o lugar. A primeira que visitamos foi o apartado de Galicia. Alí ensinounos as canicas da época, algunha moneca de trapo e, por último, os xogos de forza. Tamén hai unha zona reservada para Eduardo Pondal, que é de Ponteceso e é o autor dun poema que se tomou como letra do himno galego. A seguinte sala está dedicada aos deportes e xogos de todo o mundo e todas as súas variantes. Na última sala, ademais da exposición había varios xogos cos que podiamos interactuar. Despois de saír do museo fomos ver o Dolmen de Dombate. Alí o profesor de histoia Angel Corral explicounos a construción, a función e algúns detalles da súa historia, como que se creou hai máis de 6.000 anos. Alex Prada Rodríguez e Aisha Rey Pérez de 1º ESO Blanca Orro Toral e Marina Dans 2º ESO A


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.