Mapoula 2018-19

Page 19

IMOS DE VISITA E é que en Inditex todo funciona segundo oferta e demanda, sérvense así dun método moito máis flexible que lles permite, non só adaptarse ás necesidades propias de cada tenda, senon tamén desperdiciar a menor cantidade de roupa posible. Pero quizais a parte máis interesante para calquera persoa cun enfoque máis “creativo”, é o proceso de deseño e o ambiente de traballo que cabería esperar dun xigante como Inditex, máis concretamente da insignia comercial Pull & Bear. Unha vez analizados os anuncios das marcas máis prestixiosas dentro do mundo da moda para esta tempada (como Gucci, Channel ou Louis Vuitton) e tendo xa observado o estilo máis rueiro das capitais mundiais da moda, proceden a deseñar as súas propostas case mesmo cun ano de antelación, adaptando esta moda de pasarela a un público moito máis modesto e sempre tendo en conta as diferenzas culturais e climáticas entre países en función das datas. Unha vez sacada á venda unha nova colección, e facendo uso de “os puntos quentes” (lugares da tenda onde, por un motivo ou outro os clientes detéñense máis e compran máis) sitúase a roupa onde sexa preciso. Se unha peza non vende o esperado, primeiro cámbiase de zona para tratar de arranxalo, se non funciona simplemente retírase, pero se ao contrario a tenda pide máis stock, proporciónaselle practicamente de inmediato. Inditex sabe que o traballo creativo é o que fai a unha empresa, sen boa roupa non farían nada, por iso moléstanse en crear o mellor ambiente laboral posible. Desde amplas salas onde todos os deseñadores dispoñen do espazo e material necesario para crear, ata cociñas e enormes xardíns onde poden ir

descansar. Dentro destas instalacións tamén se realizan sesións de fotos a distintos tipos de modelos que servirán posteriormente para campañas publicitarias e imaxes da roupa na páxina web. Contan con sala de maquillado e barbería ademais dos cromas e fondos baleiros necesarios para todas as sesións. Inditex entende ao seu público e sabe crear moda de calidade ao alcance de calquera, isto unido á constante comunicación coas tendas e un sistema loxístico envexable, sitúao á cabeza do mundo da moda no que a ganancias refírese.

mapoula 2019

|

17


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.