Mapoula 2010-11

Page 39

-

Ola Uxía, perdóame pola miña demora. – O sorriso do mozo fíxome quedar abraiada e non fun capaz a falar. Era ese o mozo que me citara na praza?. E se era el, por que ía precisar ese mozo da miña axuda? Estaba moi confusa, non lograba pronunciar palabra pero ao cabo dun cacho el deuse de conta e voltou falar.

-

Grazas por vir Uxía, pensei que non virías xa que non sabías quen era – díxome mentres sorría.

-

A verdade é que pensei en non vir, pero tiña demasiada intriga en saber quén era a persoa que precisaba da miña axuda e por qué.

-

Ben, pois quen son xa o sabes, por certo chámome Xoel, e o porqué preciso da túa axuda é porque se non actuamos rápido ti acabarás na mesma situación na que me encontro e eu creo que é mellor que non haxa máis vítimas. Estaba moi asustada non sabía o que me intentaba dicir Xoel, estabamos a falar de vítimas, pero vítimas de qué, dun asasinato, dun roubo, dunha broma?… El notouno e decidiu explicarmo. Contoume que había dous meses lle chegara unha carta amenazándoo de que se non entregaba o seu colar, un colar que levaba dende que era pequeno e que nunca quitara, a súa familia sería asasinada. El negárase a dar o seu colar xa que era un recordo do seu avó. Cando lle mirei o pescozo, vin que o seu colar era moi parecido ao que eu levaba dende que era pequena, que tamén fora un agasallo do meu avó. Contoume que a semana seguinte da chegada da carta a súa nai aparecera morta na esquina da rúa, e que aos tres días da morte da súa nai, o seu pai e a súa irmá morreran nun accidente de coche provocado por alguén que se dera á fuga.

-

Esta semana voltei recibir outra carta escrita da mesma maneira e supoño que da mesma persoa, esta vez dixéronme que tiña outra oportunidade para entregar o colar e así impedir a miña morte, pero que agoara a cousa se complicaba porque debería facer que ti me entregaras o teu colar, e se te negabas, asasinaríante a ti e á túa familia. Advertíronme de que se che contaba algo ou nos negabamos os dous asasinaríannos a nós os dous e, repítoche, a túa familia.- dixo con cara de preocupación polo terror que neses intres reflectía o meu rostro, fixo unha pausa e continuou.

-

Onte pola noite decidinme a buscar en Google información sobre os colares introducindo no buscador o número que aparece detrás, e atopei unha páxina que me pedía o meu nome e o número de serie do colar. Puxen os datos e unha presentación de Power Point saltou na miña pantalla. Resulta que cada un dos colares é unha das tres pezas dunha chave que se dividíu hai 69 anos para ocultarlle ao resto do mundo o contido da caixa forte que quizais sexa a máis importante para España nestes tempos de crise. Supoño que a persoa que me enviou esas cartas sabe máis ca nós e posúe o outro colgante. Xa que parece estar moi interesado no contido desa caixa eu supoño que sabe que é o que contén e que se está a levar algo entre mans, nada bo seguramente.

-

Pero que imos facer nós? Porque acodes a min? Que é o que queres? O colar? Vas facer o que puña na carta?

-

Non Uxía, agarda un intre por favor, se acudín a ti é porque quero encontrar a persoa que asasinou á miña familia, quero vingarme, e para iso preciso da túa axuda. Verás, debo entregar os colgantes hoxe mesmo, dentro de media hora na praza da igrexa, e se ti vés comigo no caso de que me maten preciso que ti recollas o meu colar e fuxas lonxe cos dous colares.

-

Moi ben, fareino, fareino porque se é preciso que alguén morra por este colar que levo posto ao meu pescozo serei eu, non a miña familia, non quero que eles estean en perigo pola miña culpa. Fomos ata á praza andando, non estaba lonxe pero aínda así o esforzo de subir a costa deixoume derreada. O reloxo da igrexa deu as oito en punto, eu tremía co medo pero non deixaba que este se reflectise no meu rostro. De súpeto, vin no fondo da praza unha silueta moi familiar para min, era Anxo, si, era el. Pero, que facía el aquí? Viña buscarme a min? Non sabía nada, estaba moi confusa pero cando se foi acercando a nós vin no seu pescozo un colgante moi parecido ao meu e ao de Xoel polo que supuxen que a persoa das ameazas era el. Ao verme púxose coma un energúmeno.

-

Que fai ela aquí? – dixo Anxo moi alterado

-

O que fago é asunto meu non teu, se decidín vir foi por vontade propia así que se tes algo que dicirlle a Xoel gárdao para ti soíño.

-

Estás compinchada con el? Ti tamén vas matarme se non che entrego o colar? Estaba confusa non sabía a quen crer, Anxo era o meu mozo, pero se se puxera coma un energúmeno ao verme, porque ía crer que Xoel ma xogara? Pero por outra banda eu non coñecía de nada a Xoel e ao mellor inventara toda a historia que me contara antes. De súpeto, ocorréuseme unha idea, todo parecía aclararse, parecíame unha moi boa idea, así que me decidin a levala a cabo. Comecei a andar dando voltas mentres eles discutían, e sen que se deran de conta quitei o colar e ateino á pata dunha pomba. Cando viron o que estaba a facer, os dous gritaron a dúo: -NOOOOOON!! Eu asustei a pomba e esta saíu voando, desapareceu no ceo. Alegreime porque así ninguén podería abrir a caixa nunca, xa que unha das pezas estaba desaparecida.

-

No momento no que empezastes a discutir deime conta de que os dous estabades compinchados, de que o único que queriades era a miña parte da chave xa que é a parte clave, deime conta porque cando era pequeniña o meu avó diciame: “ Miña netiña, ti es a clave do segredo mellor gardado do mundo, espero que protexas ese segredo sempre, se lembras isto que che estou a dicir no momento indicado entenderalo todo” , e sabedes? o vello tiña razón, antes non o entendía, ata cheguei a pensar que estaba tolo pero agora, agora todo está claro.

-

Ah! E Anxo, olvidate da carta, olvídate de todo o que che escribín porque agora entendo que o único que querías era o meu colar. Agora doume conta de quén es en realdidade e de que estaba cega, de que en realidade sempre souben que a persoa coa que pasarei o resto da miña vida aínda non chegou e que cando chegue, dareime conta no primeiro momento no que o vexa. Esa foi a derradeira vez que escoitei falar desa chave, e a derradeira vez que vin a Anxo e a Xoel. Agora xa sei que os amores da adolescencia son amores pasaxeiros, e que cando o amor chega o corazón avisa. FIN Patricia López Sobrino, 1ª B Bacharelato.

páxina 37


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.