Lingua e literatura 1º ESO (demo)

Page 1

ESO

1

LINGUA E LITERATURA


ESO

1

LINGUA E LITERATURA Ana Iglesias Álvarez Miguel Louzao Outeiro Natividad Diéguez Pardo Xabier Campos Villar


1

LECTURA E COMUNICAMOS » O que non se di, non existe, Eva Mejuto TIPOS DE TEXTOS » Os textos literarios e non literarios OS NOMES DAS COUSAS » O instituto SOMOS LINGUA » A diversidade lingüística COÑECEMOS A LINGUA » A comunicación LETRAS E SIGNOS » O alfabeto

colexio? gusta do teu instituto ou e ch os en m e qu o e áis m • Que é o que ia e a secundaria que estás ar im pr n ió ac uc ed a tre Notas moita diferenza en a comezar agora? s problemas e anza para contarlle os teu nfi co áis m tes a s rso pe e • Con qu s casos de acoso? Como cre to oi m i ha e qu as ns Pe e? ientación intimidades? Por qu a de vestir, procedencia, or rm fo e (d s za en fer di as que se aceptan na? sexual etc.) na túa contor i linguas mundo? Paréceche que ha no an fal se e qu as ns pe as • Cantas lingu Por que? máis necesarias ca outras?


LECTURA « 1

O que non se di, non existe

5

10

15

20

–Ai, nena, como cortaches tanto o pelo, onde fuches? –Á barbería de Xosé que, por certo, mandoume moitos bicos para ti –apurouse o avó a responder. –Pois deixouche coma un rapaz, e coa roupa que mercaches non che quero nin contar. Xeliña, vas empezar o instituto e podías aproveitar para vestirte doutro xeito, en nada tes xa trece anos. Non digo que vaias con saias todo o día pero a ver, hai roupa ben chula no centro comercial novo, aínda vin a Lucía que ía o outro día guapísima, cunha camiseta de tirantes, de flores. Xa sabía por onde ía a conversa e, en circunstancias normais, deixaría correr a cousa, pero aínda me duraba a euforia do día anterior, no que me sentira máis eu que nunca. –Mamá, ben sabes que non son como Lucía, nin como Ana, nin como ningunha das rapazas que van comigo á escola. De feito, nin sequera me sinto rapaza, nin nunca me sentín. Ao segundo de dicilo, xa me arrepentín, sabía que acababa de abrir a caixa das treboadas e que ía ser xa moi difícil pechala. –Que estás a dicir, Xela? –Pois o que estás a oír, Adela. E non me digas que che pilla de sorpresa, que son o teu pai e ben te coñezo –o avó acariñoume a caluga. Fíxose un silencio moi incómodo. Mamá non foi quen de mirarme á cara, e marchou para o seu cuarto.

9


1 » LECTURA

25

30

35

40

45

50

Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas 22 segundos (2017) e Memoria do silencio (2019), e o álbum ilustrado por Víctor Rivas Dez gatiñas viaxeiras (2019).

10

55

60

–Xa lle pasará, imos dar un paseo antes de que cheguen todos o turistas e inunden o peirao, que hai días que non se pode nin andar. Camiñamos en silencio un bo cacho, ata que me pediu: –Fala, fala todo o que queiras, gardar as cousas dentro non serve máis que para que apodrezan. A túa nai tivo sempre ese problema, e non hai maneira de quitarllo, se fose quen de trousar todo o que leva dentro, habería de ser moito máis feliz. Xa bastante calamos nesta familia e, para o tempo que me queda, non quero nin unha mentira nin un silencio máis na casa. O que non dicimos é coma se non existise, por iso as cousas hai que falalas. E botei por fóra. As palabras saían a toda velocidade, atropeladas, empecei a falar de todos os meus recordos, dos medos, das inquedanzas, dixen cousas que nin sabía que sentía, porque sempre fuxira delas. Viñéronme tantas ideas á cabeza e ao peito, que non sabía nin como expresalas nin dixerilas, asumilas. Falei todo o que non falara na vida, de Ana, do medo que tiña ao rexeitamento dela, de mamá, da escola, de todo o mundo… –Vouche dicir algo, sempre vai haber quen non nos queira, quen non nos acepte, pero nós non temos que vivir para esa xente, temos que vivir para nós. Ti o único que tes que saber é quen es e que queres. A min dáme igual ter neto ou neta, chamarte dun xeito ou doutro. Eu o que quero é saber que es unha boa persoa e que es feliz, que es quen de loitar polo que queres. Cando estiven no servizo militar en Cáceres, fixen un amigo de Almería, José Antonio. »El vestira desde neno roupa de muller ás agachadas, contoumo un día que bebemos máis de catro viños cada un. No cuartel todo o mundo se ría del. Chamáronlle de todo canto había, maricona, o máis suave. Zoscábanlle polas noites e facíanlle unhas cousas que nin son quen de dicirche, da vergoña allea que me dá só lembralo. »Metérono preso varias veces, daquela eran delito moitas cousas. Ser diferente, un dos peores. Eu daquela era bastante parviño e sempre tiven o remorso de non facer nada por axudalo naquel tempo. »Pasei anos sen saber del e localiceino grazas a un grupo de Facebook que fixeron os colegas da época. Agora vive en Barcelona. Retomamos o contacto e falamos case todas as semanas, ás veces por Skype. A primeira vez que o vin, que a vin, decateime de que era a mesma persoa a quen tanto apreciara, só que cun novo NIF e moito máis feliz. E o que máis me amola… parece moito máis nova ca min, manda truco, está guapísima a María José do carafio.


LECTURA « 1

65

70

75

80

»Contoume todo o que pasara e o ben que estaba agora. Faleille de ti moitas veces e recomendoume que nunca che calásemos a boca, que te deixásemos vestir, e facer e, sobre todo, ser… que chegaría o día en que falases de todo o que che estaba a pasar e que tiñamos que estar para acompañarte, sempre, en todo. »Eu, no tempo que me quede, vou estar sempre contigo. Á túa nai hai que darlle marxe, pero vaino entender tamén. Chorei no seu colo moito tempo, sentados no dique os dous, como cando era un neno ben pequeno. Non sei ata onde van as lembranzas, mais as miñas primeiras son no colo do avó, eu a agarrarlle o nariz e tirarlle da gorra. Mamá di que é imposible, que tiña menos dun ano, mais eu estou seguro de que si. Cando chegamos á casa, mamá estaba podando as roseiras cunha tesoira enorme, toda desguedellada, zas, zas, zas, cortounas todas, ata as que aínda tiñan flor. Era ben raro vela amañando o xardín, que sempre parecía unha selva. Despois da poda, máis ben da desfeita, veu onda min. –Non tes nin trece anos, aínda che falta moito que medrar e tempo para decidir, mais para o que necesites, vou estar aquí. Son a túa nai, e isto está por riba de todo, quéroche como sexas, e a quen non lle guste, que non mire. Eu xa bastante ollei para outro lado, son horas de cambiar e de arrombar moitas cousas da miña vida, das nosas vidas. Eva Mejuto, 22 segundos

11


1 » COMUNICAMOS » Comprensión lectora 1. Responde brevemente estas cuestións: a) Que persoas conversan no inicio da lectura? b) Por que está enfadada a nai de Xela? c) Quen era José Antonio? E María José? d) Por que o avó fala da historia de José Antonio? e) Que facía a nai de Xela cando chegan á casa? 2. Explica estes termos coas túas palabras. Emprega sinónimos ou bota man dun dicionario. Cando o fagas, debes empregar cada un nun enunciado que teña sentido. –  euforia (l. 11)

– trousar (l. 28)

–  caluga (l. 20)

– desguedellada (l. 74)

–  apodrezan (l. 27)

– arrombar (l. 80)

3. Hai palabras e expresións do texto que se empregan en sentido figurado, co cal non as podemos entender no seu sentido literal. Une cada unha co seu significado: abrir a caixa das treboadas (l. 17)

dicir aquilo que se calou moito tempo

inundan o peirao (l. 24)

deixar espazo e tempo para reflexionar

trousar o que leva dentro (l. 28)

dicir algo polémico ou iniciar discusións

hai que darlle marxe (l. 67)

tiña unha vexetación moi abondosa

parecía unha selva (l. 75)

enchen con moitas persoas

4. En que espazos se desenvolven os feitos narrados neste texto? Elixe dous e indica exemplos da lectura.

5. Na lectura hai diferentes personaxes, uns presentes e outros só se mencionan, pero non teñen participación directa. Caracteriza con tres adxectivos que consideres adecuados para o seu carácter cada un deles: –  Xela, o avó, a nai.

– José Antonio / María José.

6. Agora que xa contestaches moitas cuestións referidas ao texto, seguro que podes redactar un resumo da lectura. Para comprobar se o fixeches ben, responde estas preguntas:

12

1

Que se conta?

2

Quen o conta

3

A quen lles acontecen os feitos?

4

Onde suceden?

5

En que tempo se narra a historia?


COMUNICAMOS « 1 » Expresión oral A conversa A conversa oral espontánea é un diálogo no que poden participar dous ou máis interlocutores. As principais características da conversación son as seguintes: • Non hai un tema nin un tempo establecidos previamente, están abertos. • Adóitase empregar un rexistro coloquial. Cada persoa fala máis ou menos

cando lle parece oportuno e coñece mecanismos para tomar a palabra ou evitar que a tome outro intercolutor.

• A conversa estrutúrase en quendas de palabra, que cómpre respectar.

Consellos para conversas con éxito: • Dicir cousas certas, evitar rumores. • Falar con claridade. • Centrarse no tema e non repetir o dito. • Respectar as quendas. • Non invadir o espazo físico dos interlocutores. • Estar atentos aos xestos das demais persoas.

1. Imaxina que Xela e José Antonio (María José) teñen a posibilidade de encontrarse. Por parellas, improvisade a conversa que terían. Cada un debe de intervir un mínimo de dez veces. 2. Explicade en que situacións se poden empregar as seguintes frases feitas ou refráns. –  Romper o xeo –  Quen cala outorga –  Deixar coa palabra na boca –  Sen mediar palabra –  Falar por non estar calado –  Ir ao gran e deixar a palla –  Ter a palabra –  Ser un falabarato 3. Por parellas, elixide unha destas propostas e poñédeas en práctica en conversas improvisadas. •  Queres que un compañeiro ou compañeira che compre o teu móbil, xa que ti queres adquirir o seguinte modelo que acaba de saír. •  Pretendes que alguén che deixe copiar no próximo exame de matemáticas. •  Precisas cartos e pídeslle a alguén que che preste 20 euros. •  Gustaríache que se organizase unha quedada para ir ao cine, na que estea invitado o rapaz ou a rapaza que che gusta. 4. Elixide unha das opcións e discutide as súas vantaxes e inconvenientes. Facede unha pequena preparación previa e, por parellas, saíde ante os demais representar a conversa. bici / bus aldea / cidade tenda física / tenda online

13


1 » COMUNICAMOS » Expresión escrita 1. «Zas, zas, zas» (l. 74) é unha onomatopea, é dicir, unha palabra que se crea para poñer por escrito un determinado son. Para que se emprega no texto?

•  Que onomatopeas empregarías nos seguintes casos?

«Non digo que vaias con saias todo o día pero a ver, hai roupa ben chula no centro comercial novo, aínda vin a Lucía que ía o outro día guapísima, cunha camiseta de tirantes, de flores.» (l. 7)

«Pasei anos sen saber del e localiceino grazas a un grupo de Facebook que fixeron os colegas da época. Agora vive en Barcelona. Retomamos o contacto e falamos case todas as semanas, ás veces por Skype.» (l. 54)

«Ti o único que tes que saber é quen es e que queres (...) que es quen de loitar polo que queres». (l. 41-43)

–  un timbre que soa

– unha treboada

– un paxariño que canta

–  un galo que canta

– unha porta que se bate

– unha moto que pasa

–  un partido de tenis

– unha vaca que brúa

– un reloxo de agullas

2. Esta afirmación da nai provoca a reacción da filla ao non coincidiren nos gustos á hora de vestir. Elabora un texto no que expoñas os teus gustos: debes incluír o tipo de roupa, as cores preferidas, os complementos, se fas diferenzas entre unha celebración e un día cotián e aqueloutros aspectos que consideres relevantes. 3. Como definirías a relación que existe entre Xela e o avó? Redacta cinco liñas sobre unha persoa coa que teñas unha relación moi especial. 4. Reproduce por escrito a primeira conversa que terían a través das redes sociais o avó e ese antigo compañeiro de servizo militar. 5. O parágrafo que comeza por «E botei fóra…» está escrito en tempo pasado. Reescríbeo en presente e fai todas as modificacións oportunas. 6. Completa o seguinte cadro con tres motivos en cada columna. MOTIVOS POLOS QUE CHORAR

MOTIVOS POLOS QUE NON CHORAR

… … …

… … …

7. Anota no caderno a resposta para estas preguntas: a) Quen son eu? b) Que quero na miña vida? c) Por que cousas, persoas, ideas ou valores quero loitar? Garda as respostas e, no remate do curso, volve facer esas mesmas preguntas para ver se houbo cambios nas respostas que dás ou seguen sendo as mesmas.

14


COMUNICAMOS « 1 » As propiedas textuais A adecuación A adecuación textual consiste en saber escoller a variedade lingüística e o rexistro (do coloquial ao formal) apropiados para cada situación de comunicación. A escolla lingüística vai depender dos seguintes factores: • Contexto: Formal (por exemplo, na aula co profesor ou profesora), ou infor-

mal (por exemplo, na rúa coas amizades).

• Tema: Cotián (relato dunha anécdota), académico (resposta dun exame). • Destinatario: Grao de familiaridade, idade… • Intención comunicativa: Informar, ordenar, persuadir, divertir… 1. Volve á lectura e analiza a adecuación do diálogo inicial entre Xela, súa nai e seu avó. 2. Escolle cinco palabras da xerga xuvenil (que ti utilices, pero os adultos que te rodean non) e indica cal sería o termo equivalente. Por exemplo: petado ou outfit. 3. Le o seguinte texto e responde as cuestións: a) Existe entre os interlocutores unha relación de igualdade? Por que? b) Onde pode ter lugar esta conversa? c) De que tema están a falar? d) Indica que rexistro empregan os personaxes e xustifícao mediante exemplos concretos. Explica que implicacións supón o seu uso en cada caso. e) Modifica o diálogo, de xeito que os personaxes pasen a utilizar un rexistro diferente.

5

10

15

Don Anxo era moi boa persoa, pero perdíao a paixón polo seu oficio. Se estaba o xornalismo polo medio, era quen de calquera baixeza. –Tintimán, quero que investigues o que aconteceu con eses barcos. –Vale! Irei o luns! –O luns? Badulaque! Langrán! Irás decontado! Lisca para Vigo. –E quen me paga a viaxe, don Anxo? –Non terás problema con iso! Quen anda pola redacción? –Unicamente Ariadna. –De acordo. Pídelle que abra a caixa forte que hai no cuarto de baño. Que non disimule, que ben sabe a combinación. Veña, langrán! –berroume erguéndose da cadeira con rodas e movendo os brazos coma se tratase de aparvar unha mosca–. Isto é para onte! Quero unha crónica completa canto antes, así que move ese cu antes de que se che pegue ao asento! Atendín o requirimento e lisquei. Jaureguizar, Amor de Serea

15


1 » TIPOS DE TEXTOS » Os textos Un texto é un conxunto de enunciados que ten sentido completo e independente. Aínda que ás veces non nos decatamos, están moi presentes na vida diaria. A información do cartón do leite que tomamos pola mañá, a letra da nosa canción preferida, as instrucións da consola, o folleto de publicidade do supermercado, a listaxe da compra, os xornais, os libros, os exames, unha mensaxe de móbil, a conversa no chat de onte pola noite ou as normas de uso do pavillón son diferentes tipos de textos.

Textos literarios e non literarios Podemos clasificar os textos de moitas formas diferentes: segundo o medio a través do que se transmiten, segundo sexan orais ou escritos, segundo a forma en que se presenten etc. Nós clasificarémolos segundo sexan literarios ou non literarios. • Textos literarios

Teñen unha intención estética, de procura da beleza. Os seus autores preocúpanse tanto pola forma coma polo contido e as súas características máis recoñecibles son: – Desvío da lingua común: tanto as palabras escollidas como a súa orde afástanse da lingua cotiá. – Uso connotativo da lingua: as palabras teñen un significado subxectivo, afastado do significado obxectivo e convencional que teñen habitualmente. – Valor polisémico: admite distintas interpretacións, dependendo de quen o estea lendo. • Textos non literarios

Teñen unha finalidade práctica, de utilidade. O que valoramos nestes textos é que acheguen os contidos con claridade e con axilidade. Hai distintos tipos: informativos, administrativos, publicitarios, xornalísticos, científicos, técnicos, divulgativos...

Os xéneros literarios A clasificación básica dos xéneros literarios é a seguinte: • Xénero narrativo: Inclúe os textos nos que se conta unha historia a través

dunha voz narradora. Hai uns personaxes e os feitos acontecen nun tempo e nun espazo determinados.

• Xénero dramático: Acolle os textos nos que se conta unha historia a través

do diálogo entre os personaxes, sen intervención da voz narradora. O seu obxectivo final é a representación nun escenario.

• Xénero lírico: Refírese aos textos, case sempre escritos en verso, nos que o

ritmo, a subxectividade e mais o valor connotativo da lingua adquiren moita relevancia.

16


TIPOS DE TEXTOS « 1 » Texto 2

» Texto 1

5

10

Selmo: Neste libro de Coñe faltan a metade das letras, só quedan as imaxes. (...) Mestra: Que está pasando? É coma se nos roubasen a lingua! Sofía: Pero iso é imposible! Lois: Imposible, imposible... non! Antes os gatos roubaban as linguas. (...) Lois: A miña avoa, cando eu non lle falaba, sempre me dicía: «Roubouche a

lingua o gato?» Berto: Iso era a lingua da boca, non a lingua das palabras, parvo! Lois: Eu serei parvo, pero ata agora fun o único que deu unha explicación razoable a esta desfeita. Mestra: Non faledes máis, ao mellor as palabras fóronse, porque as estabamos a usar de balde. Raquel Castro Martínez, A vendedora de palabras

«De verán» Mesmo con todo este verde de verán os días poden ser tristísimos coma fendas. 5

Rompéndonos a alma os comportamentos -especulaciónque buscan o deserto. María Reimóndez, Galicia en bus

» Texto 3 «Sabedes o que é unha lavandeira?»

5

10

Noelia chama para contar que saíron do cine e que os nenos queren comer no Burger King. Dígolle que vaian pedindo, que baixo a fumar un cigarro e que subo deseguido. Na porta principal hai un barullo de voces adolescentes. (...) Unha rapaza do grupo explícame que se acaba de estampar un paxaro contra a cristaleira do centro comercial. –Flipo a colores, a pouco máis me cae en toda a cabeza! Os seus compañeiros rin e fan vídeos cos teléfonos. É unha lavandeira. Entre as luces dos flashes paréceme detectar un lixeiro movemento nunha das patas. Poida

15

20

que sexa o último latexo de vida. Apago o cigarro e subo. Noelia sinala co índice a esfera do seu reloxo. Visto que tardaba, decidiron comezar sen min. (...) –Sabedes que é unha lavandeira? Quero contarlles que, cando eramos máis ou menos do seu tempo, os da miña panda corriamos detrás daquelas aves pola comarcal 413. (...) Míranme sorprendidos, pero antes de que consiga iniciar o relato comezan a discutir polos bonecos que veñen canda o menú infantil. Ramón Vilar Landeira, Un peixe no parqué

1. Buscade na casa tres textos diferentes que poidades levar á clase e, por grupos, analizade as súas características: intencionalidade, forma, contido etc. Escollede un por grupo para ler e comentar en voz alta na aula. 2. O texto da lectura inicial é literario? Por que? Indica quen é a voz narradora e que personaxe ou personaxes falan en cada parte. 3. Le os tres textos desta páxina e responde: a) A que xénero pertence cada un? b) Que características formais nos permiten clasificalos nun ou noutro xénero?

17


1 » OS NOMES DAS COUSAS » O instituto 1

ENTRADA

8

12

4 13

7

6

14

5

CORREDOR CENTRAL

10

1. Aulas convencionais 2. Aulas con pantalla táctil 3. Aula de idiomas 4. Aula de desdobramentos 5. Aula de informática 6. Biblioteca 7. Cafetaría 8. Titorías 9. Secretaría 10. Dirección 11. Xefatura de estudos 12. Laboratorio 13. Aula de música 14. Aula de usos múltiples 15. Sala do profesorado

9

11

2

3

15

1. Imaxina que o plano da imaxe superior é o do teu instituto. Marca no plano onde cres que vas estar en cada momento e explica como é cada lugar. 08:45 - 09:35 Matemáticas (desdobramento)

11:35 - 12:25 Lingua Galega (prácticas de oralidade)

09:35 - 10:25 Música

12:25 - 12:45 Lecer

10:25 - 10:45 Lecer

12:45 - 13:35 Debuxo

10:45 - 11:35 Ciencias Naturais (práctica no laboratorio)

13:35 - 14:25 Titoría

2. Escribe a palabra correcta para cada unha das seguintes definicións: a) Grao de estudos que se obtén ao concluír o ensino secundario

B _ CH _ R _ L _ T _

b) Escrito que expón brevemente os puntos esenciais doutro texto máis extenso

R_S_M_

c) Notas que o alumnado toma nas aulas sobre as explicacións do profesor ou profesora _ P _ NT _ M _ NT _ S d) Valoración que fai o profesorado do desenvolvemento escolar dos alumnos e das alumnas _V_L_ _C_ _N e) Nun exame, cualificación superior ao notable f) Disciplina que se ensina nun centro docente

S _ BR _ S _ L _ _ NT _ M _T _ R _ _

g) Profesor encargado de orientar o alumnado dun curso ou materia h) Revisar os erros nos exames ou traballos do alumnado

18

T _T _ R

C _ RR _ X _ R


OS NOMES DAS COUSAS « 1 6

8

11

7

15

12

4

10

5

14

3

1

13

9

3. Nomea en voz alta os elementos numerados na ilustración. Despois, escribe no caderno os nomes de cada un. 4. Relaciona os antónimos destas dúas columnas: memorizar • mellorar • nugallán • severo • saber • escrito • resumo • educado •

2

• ampliación • ignorar • maleducado • traballador • empeorar • esquecer • oral • tolerante

5. Copia a seguinte táboa no caderno e agrupa as palabras do cadro nos campos semánticos indicados: MATERIAL ESCOLAR

ACTITUDES

TAREFAS ESCOLARES

PERSOAS RELACIONADAS CO ENSINO

… …

… …

… …

… …

Os antónimos son palabras con significados contrarios ou opostos. Poden ser termos totalmente diferentes (aprobar - suspender) ou poden crearse por medio de prefixos (ordenado - desordenado).

directora, subliñar, xiz, apuntamentos, profesorado, ordenar, ensinar, razoable, debuxar, secretario, estudoso, xefe de estudos, avaliar, pupitre, teimoso, soletrear, caderno, alumnado, ditar, ler, titora, nugallán, puntual, mestre, estudar, descoidado, conserxe, corrixir

19


1 » SOMOS LINGUA

Albanés

Linguas indoeuropeas

Armenio

FAMILIAS LINGÜÍSTICAS DO MUNDO

Bálticas Célticas Xermánicas Grego Índicas Iranias Románicas

Amerindias Esquimó-aleutas

Linguas afroasiáticas

Eslavas

Linguas

Se algunhas linguas teñen máis vantaxes ou extensión ca outras débese a condicionantes sociais, políticos ou económicos, que provocan que unhas comunidades se vexan máis favorecidas ca outras. Considerar unhas linguas superiores a outras é unha mostra de racismo lingüístico.

Bérberes Chádicas Cusitas Semíticas Xoisianas Níxer-congo Nilo-saharianas

» A diversidade lingüística A diversidade lingüística no mundo No mundo fálanse máis de 6 000 linguas. Esta gran diversidade lingüística constitúe unha riqueza que cómpre protexer e promover, do mesmo xeito que coidamos a preservación da diversidade de especies vexetais e animais.

As familias de linguas As linguas que proceden dun tronco común constitúen unha familia lingüística. O galego, coma o castelán, o francés, o portugués, o catalán etc., proceden do latín, polo que as denominamos linguas románicas ou romances. Os lazos de parentesco facilitan a aprendizaxe entre linguas e permiten certo grao de intercomprensión. Por isto, aos galegos resúltanos fácil comprender o portugués, xa que estas dúas linguas teñen unha orixe común (o galego-portugués da época medieval). Deste xeito, o galego é unha ponte para todos os territorios de lingua portuguesa (lusofonía), como por exemplo, Brasil, Angola ou Mozambique, ademais, por suposto, do noso veciño Portugal.

Todas iguais, todas diferentes Todas as linguas humanas son distintas por natureza, pois cada comunidade tende a desenvolver o seu propio xeito de falar, único e exclusivo, que a identifica como tal

20


Linguas sino-tibetanas

Linguas altaicas

SOMOS LINGUA « 1

Coreano Xaponés Mongólicas

A maior parte dos individuos do mundo son multilingües, é dicir, falan dúas ou máis linguas. Reciben tamén o nome de políglotas. Na India, por exemplo, os nenos coñecen catro linguas: a súa primeira lingua, a lingua da rexión na que viven, o hindi e o inglés.

Tungús Túrquicas

Chinesas Tibeto-birmanas

Australianas Austroasiáticas Austronesias

Linguas

Caucásicas Dravídicas Paleosiberianas Papúes Tai-kadai Urálicas Éuscaro

e a diferencia doutras comunidades. Ao mesmo tempo, todas as linguas humanas comparten características comúns: • Constitúen un código estruturado de acordo cunhas regras precisas. • Cumpren a finalidade de ser vehículo de comunicación e de expresión da cul-

tura dunha comunidade.

1. Entre toda a clase elaborade unha listaxe con todas as linguas que coñezades. Cantas sodes quen de citar? 2. Que linguas che parecen máis fáciles de aprender para un falante galego: o italiano, o inglés ou o chinés? Xustifica a resposta. 3. Por equipos, examinade o mapa das familias lingüísticas: •  Reparade na distribución das linguas xermánicas e das romances. Cales serán as causas que motivaron que estean estendidas por zonas do planeta tan afastadas entre elas? •  Cales pensades que son os motivos que levaron a que hoxe en día a lingua internacional de comunicación sexa o inglés? •  Localizade no mapa os tres países non europeos de lingua portuguesa citados na unidade.

O labor de interpretación e tradución é fundamental nas reunións internacionais.

21


1 » COÑECEMOS A LINGUA » A comunicación Prodúcese un acto de comunicación cando hai un intercambio de información entre dúas ou máis persoas. En todo acto de comunicación interveñen os seguintes elementos:

CÓDIGO sistema de signos empregado para transmitir a mensaxe

EMISOR/A

MENSAXE

RECEPTOR/A

quen emite a mensaxe

información que se transmite

quen recibe a mensaxe

CANLE medio físico que posibilita a transmisión da mensaxe

CONTEXTO circunstancias temporais nas que se produce o acto comunicativo

Neste sinal de tráfico a forma circular e a cor vermella (que indican prohibido) constituirían un signo, pero o debuxo da bicicleta no seu interior é un símbolo.

22

O principal sistema de comunicación é a linguaxe, pero non o único. De feito, os seres humanos comunicámonos mediante outras formas, á parte das linguas. Transmitimos información, por exemplo, a través dos xestos, da nosa expresión facial ou mesmo da roupa con que nos vestimos. Ademais, ao noso redor funcionan diversos sistemas de comunicación, como por exemplo, o código de circulación. Chamamos código a un sistema formado por un conxunto de elementos e as regras para a súa utilización. Os códigos poden estar formados por dous tipos de sinais: os símbolos e os signos. Tanto uns coma outros compóñense dun significante (expresión) e un significado (contido). A diferenza radica en que nos símbolos existe unha relación de semellanza ou imitación entre o significante e o significado, mentres que nos signos non. Nos signos a relación entre o que se transmite e a forma de transmitilo é arbitraria e convencional.


COÑECEMOS A LINGUA « 1 As linguas están formadas maioritariamente por signos, xa que entre a forma da palabra e o seu significado non hai ningún tipo de relación de imitación, como demostra a gran diversidade lingüística existente.

CAN (galego)

DOG (inglés)

PERRO (castelán)

CHIEN (francés)

CANE (italiano)

CÃO (portugués)

» Da palabra ao texto A palabra é a unidade máis pequena mediante a que se expresa unha idea. Pode desempeñar distintas funcións dentro da frase e diferénciase na escrita porque vai separada das outras palabras por un espazo en branco. As palabras únense para formar frases e estas, á súa vez, para dar lugar a oracións. As frases poden desempeñar diferentes funcións dentro da oración. As oracións sempre contan cun verbo como núcleo e van separadas entre si por punto e seguido, dentro do mesmo parágrafo. Así, as oracións que tratan sobre o mesmo aspecto ou cuestión organízanse nun mesmo parágrafo. Os parágrafos recoñécense porque van separados por punto e á parte.

A palabra texto procede do latín textu, que significa «tecido». Un texto é un tecido de palabras que se xuntan para formar frases. Estas, á súa vez, dan lugar ás oracións. As oracións son coma os fíos do tecido textual.

TEXTO PARÁGRAFO ORACIÓN Internet é unha ferramenta indispensable hoxe en día

FRASE unha ferramenta

PALABRA ferramenta

A combinación de varios parágrafos sobre un mesmo tema dá lugar ao texto, que constitúe a máxima unidade comunicativa. Polo tanto, un texto é un conxunto de enunciados que ten sentido completo, isto é, unha mensaxe mediante a cal un emisor lle expresa unha información a un receptor. Ademais de escritos, os textos tamén poden ser orais, cando a mensaxe é transmitida mediante a fala.

23


1 » COÑECEMOS A LINGUA » O enunciado Un enunciado é calquera unidade lingüística que conteña unha mensaxe con sentido completo: • Unha palabra: Coidado!; Rebaixas… • Unha frase: Última oportunidade… • Unha oración: Circule con precaución; Hoxe teremos que ensaiar...

Segundo a intención comunicativa que teña o emisor, os enunciados poden ser de varios tipos: • Enunciativos: O emisor transmite unha información sen opinar sobre ela. Es-

tes enunciados pode ser afirmativos (Teño fame) ou negativos (Non teño fame).

1

• Interrogativos: O emisor formula unha pregunta. Pode ser directa (Tes fame?)

ou indirecta (Preguntoume se tiña fame).

• Exclamativos: O emisor expresa emocións ou sentimentos: Que fame tiña! • Dubitativos: O emisor manifesta unha dúbida con respecto ao que di: Poida

que teñas fame.

2

• Desiderativos: Expresan o desexo do emisor: Quen me dera aquí un bocadillo. • Exhortativos: O emisor manifesta un mandato: Tes que comer algo.

1. Reflexiona sobre se os seguintes sinais constitúen símbolos ou signos. 3

4 •  A relación entre o significante e o significado é arbitraria? •  Que características formais nos permiten clasificalos nun ou noutro xénero? 2. Pensa na túa actividade cotiá desde que te levantas ata que te deitas e indica tres exemplos de comunicación non verbal, isto é, na que non uses as linguas. 5

3. Identifica os distintos elementos do proceso comunicativo nas imaxes da esquerda. 4. Indica o tema do texto da páxina seguinte e os aspectos que se tratan en cada parágrafo. •  Cantos parágrafos forman o texto? Como diferencias cada un deles? •  Cantas oracións hai en cada un dos parágrafos?

24


COÑECEMOS A LINGUA « 1

5

10

15

20

25

O deporte é probablemente o ámbito informativo no que a representación de homes e mulleres é máis desequilibrada. E xa ten mérito, porque na política, na economía ou na ciencia tampouco estamos para colgarnos medallas igualitarias. En 2015, o proxecto de Monitoreo Global de Medios estimaba que nos medios españois só o 6 % das noticias deportivas estaban protagonizadas por mulleres. De aceptarmos o pacto segundo o cal os medios representan (máis ou menos) a realidade, calquera lectora, espectador e oínte concluirá que vivimos nun mundo e nun país no que as mulleres non son moi amigas de practicar deporte, só participan en competicións internacionais nalgunhas disciplinas con características «artísticas» e moi raramente conseguen fazañas deportivas de mérito. Outro tanto podemos dicir da presenza residual nos medios das mulleres do deporte como fontes expertas, no seu papel de directivas, adestradoras, árbitras ou investigadoras A diferenza na representación das e dos deportistas non é só unha cuestión de cantidade, tamén de calidade. Segue sendo habitual atopar na información deportiva estereotipos de xénero e exemplos de infantilización, sexualización e minusvaloración das mulleres. Nun mundo no que hai países que prohíben o deporte feminino, pode parecer que estas distorsións non son tan graves, pero teñen consecuencias. Que a rapazada só teña deportistas homes nos pósters do seu cuarto e no Instagram repercute tamén nos roles de xénero que absorben xa nenos e nenas, na menor práctica deportiva de rapazas e mozas ou nas expectativas profesionais e condicións laborais das deportistas. Se o deporte, sen adxectivos, segue sendo nos medios só o que practican os homes, corremos o risco e provocar unha profecía autocumprida.

O deporte feminino é menos mediático na actualiade.

Belén Regueira, As nosas

5. De que tipo son os seguintes enunciados? Se son de varios tipos a un tempo, indícao. –  Oxalá coincidamos na festa de aniversario de Xiana! –  Levou un oito no exame. –  Non sei se poderei ir con vós ao cine. –  Cala dunha vez, lareta! –  Roi quería saber se imos comer con eles sábado. 6. Que tipo de enunciado empregarías nestas situacións? –  Cando marca un gol o teu equipo. –  Queres saber a hora e non tes reloxo nin móbil. –  Acabas de saír dun exame difícil e expresas o que sentes. –  Tes que definir a fotosíntese.

25


1 » LETRAS E SIGNOS » O alfabeto

LETRAS

O alfabeto é o conxunto de letras dunha lingua. As letras son a representación gráfica dos sons que se emiten na fala. Algúns sons teñen que ser representados por dúas letras xuntas, que se chaman dígrafos.

GRAFÍA

NOME

EXEMPLO

a

a

agora

b

be

biscoito

c

ce

círculo

Vogais e consoantes

d

de

candea

e

e

dente

O alfabeto do galego consta de 23 letras: 5 vogais e 18 consoantes. Os nomes das letras son sempre masculinos: o hache, o a, o que…

f

efe

rufo

g

gue

rego

h

hache

hoxe

i

i

pinga

l

ele

lenzo

m

eme

nome

Por outro lado, hai casos en que letras distintas poden representar un mesmo son:

n

ene

forno

ñ

eñe

• As letras b e v representan o mesmo son: balea, valado.

poñer

o

o

ozono

p

pe

espeto

q

que

química

r

erre

raro

s

ese

pesar

t

te

custo

u

u

pau

v

uve

verde

x

xe

lonxe

z

zeta

cazo

DÍGRAFOS GRAFÍA

NOME

EXEMPLO

ch

ce hache

rocha

gu

gue u

erguer

ll

ele dobre

rolla

nh

ene hache

dunha

qu

que u

aquelar

rr

erre dobre

carreira

26

Ás veces, unha soa letra pode representar máis dun son ou fonema: • A letra c representa un son distinto en cea do que representa en comer. • A letra r representa un son distinto en río, enredo ou falar do que en coroa. • A letra x representa un son distinto en caixa do que representa en taxi.

• A letra c ante i, e representa o mesmo son ca o z ante a, o, u: cinza, zume, once,

relanzo. Estas letras pronúncianse co son [s] na parte máis occidental de Galicia (luz dise lus, cine dise sine). É o denominado seseo.

• A letra c ante a, o, u representa o mesmo son ca o dígrafo qu ante e, i: cámara,

atranco, recuar, queixa, tranquila.

• A letra g ante a, o, u representa o mesmo son ca o dígrafo gu ante e, i: chegar,

goberno, angustia, esguello, guindastre. Na metade occidental de Galicia estas grafías pronúncianse cun son aspirado (gato dise ghato). É o fenómeno que se coñece como gheada.

• A letra r, a comezo e final de palabra ou en posición final de sílaba, representa o mesmo son ca o dígrafo rr: ruta, formiga, lembrar, carro.

As cinco vogais do alfabeto galego representan sete sons diferentes, xa que o e e o o poden ser abertos (acerto, home) ou pechados (coller, hoxe).

VOGAIS GRAFÍA

a

e

i

o

u

SON

[a]

[ɛ]

[e]

[i]

[ɔ]

[o]

[u]

EXEMPLO

pano

perna

mesa

amiga

porta

tolo

lume


LETRAS E SIGNOS « 1 1. Le o seguinte texto en voz alta, con especial atención ás vogais tónicas abertas ou pechadas das palabras destacadas. Despois, soletrea estas palabras e ordénaas alfabeticamente.

5

Pois como che dicía, que o Marcos, o home de Lucía, ten a perna dereita enxesada porque o sábado cando saía da casa, nada máis pechar a porta, baixou os tres chanzos das escaleiras e tropezou cunha pedra. Unha pedra pequena, non creas, pero pisou mal e acabou no chan. Unha mala caída: fractura de nocello. Eu estiven hoxe con el no hospital e vino bastante animado, non quero dicir que non, pero dáme que a cousa vai para varios meses...

2. Escribe todas as palabras correctas que sexas capaz combinando as seguintes letras:

A RT P O

Un anagrama é un xogo verbal que consiste en reordenar as letras dunha palabra para construír outra ou outras diferentes.

•  Crea un texto con sentido onde empregues todas as palabras que conseguiches. 3. Nunha folla, escribe as letras do alfabeto. Despois, pensa nunha palabra que comece por cada letra (ou, nas máis dificultosas, que a conteña). Debes cumprir unha única condición: teñen que ser palabras que signifiquen algo especial para ti. 4. No caderno, escribe como foi para ti o comezo de curso inserindo unha letra en cada un destes cadrados azuis e tendo en conta as seguintes condicións: –  Poden ir varias palabras na mesma liña. –  Non se pode deixar ningún cadrado baleiro. –  Cando unha palabra comeza nunha liña ten que rematar nesa mesma liña. > Fíxate neste exemplo que che servirá para guiarte:

E

B

S

O

T

O

U

F

E

L

P

O

R

Q

U

E

A

S

D

A

A

U

L

A

S

O

N

M

O

I

A

S

A

M

I

G

I

Z

A

S

27


1 » ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN » Reforzo

8. Escribe os nomes das letras e/ou dígrafos destas palabras:

1. Que é necesario para que un conxunto de palabras sexa considerado un texto? Xustifícao con exemplos.

queixo

guerra

zorza

pingüín

9. Le o texto e responde as seguintes preguntas. a) Por cantos parágrafos está formado este texto?

2. Indica se os seguintes enunciados son textos ou non:

b) Cantas oracións hai en cada parágrafo?

a) As árbores teñen raíces, tronco e pólas. b) No inverno vai moito c) Silencio! d) Hoxe pola tarde teño que e) Vés ou non vés? f) A ver!

5

•  Se hai algún que non sexa un texto, complétao coas palabras necesarias para que o sexa. 3. Como sabemos que un texto é literario? 10

4. Nomea catro materiais escolares de uso preferente en cada unha das seguintes aulas: DEBUXO

MÚSICA

LABORATORIO

EDUCACIÓN FÍSICA

15

Os peores augurios dos Megatoxos non eran nada comparado co que en realidade se estaba a vivir nas estancias de Mitsuki. Por sorte, a primeira vaga de atacantes chegou mentres estaban alí os xemelgos, que nesas circunstancias non puideron facer outra cousa que defenderse. Ezbel, coas súas frechas do crepúsculo, trataba de manter a raia os ninjas agochados nas tebras, unha batalla desigual, pois eran moi superiores en número, e o xemelgo quedara debilitado despois de que o espello lle absorbese parte das súas enerxías. Exeria, pola súa banda, utilizaba os seus poderes para darlles vidas aos elegantes quimonos da princesa. Aínda que as roupaxes non constituían unha gran forza de ataque, si que supuñan unha boa defensa fronte a frechas, surikens e puñais. Anxo Fariña, Os Megatoxos e o dragón de xade

10. Explica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións e corrixe as falsas: En galego temos tantas letras coma sons. 5. Fai unha listaxe con cinco símbolos e outra con cinco signos. Explica en cada caso o que significan.

Hai sons representados por varias letras.

6. Indica que elemento da comunicación falla en cada situación.

Na nosa lingua contamos con sete sons vocálicos, pero só con cinco vogais.

a) Estamos escoitando a radio e de súpeto apágase porque queda sen pilas. b) Non oímos o que nos di a nosa nai dende o xardín. c) Estamos falando polo móbil e quedamos sen cobertura. d) Non entendemos o que nos preguntan dous turistas rusos que pasean pola nosa cidade. 7. Escribe un enunciado de cada un dos tipos estudados segundo a intención comunicativa e indica se está formado por unha palabra, por unha frase ou por unha oración.

28

Temos algunha letra que non representa ningún son.

Os nomes das letras son masculinas, pero os dos dígrafos son femininos. 11. Ordena alfabeticamente os enunciados para que collan sentido: a) antes amenceu sete das b) chegou moi era cando tarde c) sucedese que pensei nunca d) hora é sabes que e) tomar un agora? café Queres


ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN « 1 » Ampliación

6. Escribe o nome de tres códigos que coñezas e que non sexan lingüísticos.

1. Procura cinco obras literarias en galego de xéneros diferentes e completa este cadro: XÉNERO

TÍTULO

•  Que signos e símbolos teñen en cada caso? 7. Identifica a intención comunicativa nestes enunciados. a) Tráeme unha mazá, por favor. b) Ao mellor vou ao cine na fin de semana. c) Quero saber que hora é. d) Que golazo!

2. Clasifica os enunciados subliñados segundo sexan oracións, frases ou palabras.

5

10

15

Ó remate do xantar, como tiña o temposobro para acabar de segar o prado no que quedaba de día, quixen botar unha sesta. E xa toqueaba cando me comezou a dor na barriga. Adoecía cos tormentos. Se non apuro para baixalos, poño os pantalóns perdidos do escagarrizado que estaba. A condenada da ama botárame algo na comida para con tanto subir e baixar os pantalóns non puidese seguir traballando. Aínda así, como puiden, cravuñei a gadaña e intentei poñerme a gadañar. Pero non me daba máis tempo que comezar o gavilleiro e xa estaba correndo cos calzóns na man. A ama e o amo, eu ben os vía, rían coma tolos a miña desventura (...). Antonio Reigosa, Resalgario

e) Oxalá me tocase a lotaría! f) Nin fun, nin irei nesa atracción. 8. Fíxate nestes pares de termos que se diferencian por unha única letra e indica o significado de cada un. subir rubir especia especie sono soño abundar abondar testemuña testemuño leña leño

3. Explica en que contexto son adecuados os seguintes textos: a) Veña, tías, quedamos ás nove, que hai unha movida guai! b) Os adxectivos concordan en xénero e número cos substantivos aos que acompañan. c) Ten vostede unha calcificación no xemelgo da perna dereita. d) Señores pasaxeiros: o voo 2435 con destino a Santiago de Compostela vai engalar en breves momentos. 4. Escribe os verbos correspondentes a oito accións relacionadas co traballo académico que realizas ti no instituto. 5. Fixándote no mapa das páxinas 18 e 19, escribe o nome das familias lingüísticas que atoparías nestas viaxes: a) Vigo - Moscova b) Santiago - Sudáfrica c) Lugo - Bos Aires

9. Escribe dez palabras que comecen por bu- e que, ordenadas alfabeticamente, vaian despois de bucina.

Os palíndromos son aquelas palabras que se len da mesma maneira se comezamos pola dereita ou se comezamos pola esquerda. Por exemplo: Amor Roma.

10. Tenta formar palabras ou grupiños de palabras que sexan palíndromos. 11. Escribe un breve relato con sentido empregando en todo el unha soa vogal. Podes escoller a que ti queiras.

29


1 » PROBA DE AVALIACIÓN O día que pasei máis vergoña na clase

5

10

15

Pasara moita vergoña unha vez que a señorita Mari Carmen preguntara na clase sobre o que máis nos gustaba dos nosos pais. Ela facía preguntas que ninguén máis daba en facer. Si, era especial. Despois dun bo anaco calado, pensativo, e sen participar no balbordo xeral en que se convertera a clase, a señorita achegouse ao meu pupitre e fíxose o silencio. Estaba ausente. –E ti, Roberto, que é o que te fai sentir orgulloso do teu pai? –preguntou con agarimo e curiosidade–. Aínda non dixeches nada. Permanecín todo o tempo que puiden mudo, no intento de atopar unha resposta ocorrente, graciosa, que me liberase daquel mal trago, sen que ninguén se dese de conta. –Non ten pai, mestra! –berrou Tomás. E todos romperon a rir, máis alborotados se cabe. Púxenme colorado coma o Ameixa e saltaron as bágoas. Mari Carmen prestoume un pano e díxome que podía saír da clase se quería. Pero eu non tiña gana nin forzas para fuxir tan lonxe como me apetecería naquel maldito momento.

30

20

25

30

35

Non tiven o valor de ir buscar o meu pai a Cuba. Á Arxentina. Alá onde fuxise de vez e turrarlle das solapas do seu maldito e sucio uniforme de xefe de máquinas; pedirlle a explicación da súa ausencia en todo o tempo que me pertencía de estar con el. Coma un fillo co seu pai. Quedei sentado namentres aturaba a balloada e as risas dos meus compañeiros, respirando o perfumado pano branco da mestra. Ninguén de todos aqueles podería imaxinar sequera o que eu estaba pasando naquel intre que semellaba eterno, no que o silencio que sempre levara ás costas loitaba por falar ben alto. En algo atinaran. Non tiña pai. Eu non tiña apenas obrigas familiares coma os meus amigos; por este motivo, os demais considerábanme afortunado. Nin que eles picasen pedra, pensaba. Mais non me sentía para nada con sorte. Preferiría ter a todos na casa, coma eles, e que o meu pai non fose para min un estraño que un día trouxo unha estrela do Brasil. Elba Pedrosa, O que non sabías


PROBA DE AVALIACIÓN « 1 1. Logo de ler o texto anterior, contesta: a) Cal é o tema do texto? b) Cres que se sitúa na actualidade ou noutra época? En cal cres? 2. Que tipo de texto é, literario ou non literario? A que xénero pertence? Xustifica a resposta. 3. Indica todos os personaxes que aparecen. 4. Escribe ti unha anécdota na que recordes algún mal momento vivido nas aulas. Redáctao tamén en primeira persoa.

8. Escribe agora ti dous enunciados exhortativos e un dubitativo que a mestra da historia lle podería dirixir ao seu alumnado nunha situación coma a descrita. 9. Escribe cada unha das seguintes palabras a carón de cadanseu significado: xiz subliñar titora encerado

avaliar estoxo

ditar taboleiro

a) Profesora responsable da orientación dun alumno ou grupo de alumnos na súa educación. b) Dicir ou ler algo para que alguén o escriba. c) Facer unha liña horizontal por debaixo de algo escrito para chamar a atención sobre el. d) Cadro, de diferentes materiais, que se usa para escribir ou debuxar sobre el. e) Estimar os coñecementos, as aptitudes e o rendemento do alumnado. f) Táboa ou cadro de diferentes materiais en que se fixan avisos, noticias etc. g) Arxila branca rica en calcio que se emprega preparada en barriñas para escribir en certas superficies. h) Caixa ou funda especialmente disposta para gardar ou protexer algunha cousa.

5. En que parágrafo conta como reaccionou a súa mestra e mais a clase? 6. En que rexistro consideras que está escrito o fragmento de Elba Pedrosa? •  Escribe os posibles pensamentos de Roberto, mentres os seus compañeiros se rin del, empregando un rexistro informal ou coloquial e algún vocabulario da xerga xuvenil. 7. Indica de que tipo son os seguintes enunciados tirados do texto segundo a intención comunicativa: a) E ti, Roberto, que é o que te fai sentir orgulloso do teu pai?

10. Localiza todas as palabras do texto que pertenzan ao campo semántico do colexio e/ou instituto e explica o seu significado. 11. Soletrea as seguintes palabras da lectura:

b) Non ten pai, mestra! c) Non tiña pai. d) Preferiría ter a todos na casa.

vergoña unha anaco ninguén ameixa máquinas balloada

31


© Do texto: Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2022. © Do conxunto desta edición: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A., 2022 - Dr. Marañón, 12, baixo - 36211 Vigo Printed in Spain. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.