Operación Mundo: Lingua Galega e Literatura 2 Bacharelato (muestra)

Page 1

INCLÚE PROXECTO DIXITAL

LICENZA 12 MESES

2

BACHARELATO

LINGUA GALEGA E LITERATURA

mostra
A. Nieto Pazó X. Troitiño Fraiz
Operaciónmundo

1.

sobre a lingua

1 Fonética e Fonoloxía.

BLOQUE 2. Lingua e sociedade

6 Normalización e

1. Funcións dunha lingua e dereitos lingüísticos

2. Aspectos lexislativos

3. O comportamento lingüístico. Linguas en contacto

4. Bilingüismo e diglosia

5. O conflito lingüístico

6. A construción da variedade estándar

7. Estereotipos e prexuízos lingüísticos

8.

2 Variedades xeográficas

7

á

1. Contexto histórico e cultural. O primeiro terzo do século XX

2. A cultura galega na época

3. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras

4. A poesía de

1. Introdución

2. A narrativa na Época Nós

3. O teatro na Época Nós

4. O ensaio na Época Nós

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA I BLOQUE
Reflexión
12
Sons, fonemas e letras. Diferenzas entre Fonética e Fonoloxía
Os fonemas vocálicos
Os fonemas consonánticos 4. A sílaba Organizo a miña mente 24 Aplico o aprendido 25
1.
2.
3.
da lingua galega 26 1. Variación diatópica ou xeográfica 2. Variedades xeográficas do galego moderno 3. Bloques e áreas do galego Organizo a miña mente 52 Aplico o aprendido 53
54 1. A morfoloxía da palabra 2. O substantivo 3. O adxectivo 4. Os determinantes 5. Os pronomes 6. O verbo 7. Os adverbios, as preposicións e as conxuncións Organizo a miña mente 68 Aplico o aprendido 69
54 1. Introdución 2. As relacións sintácticas 3. As unidades sintácticas 4. As funcións sintácticas Organizo a miña mente 68 Aplico o aprendido 69
Semántica 54
A Semántica
Os campos semánticos
As relacións semánticas
A ambigüidade semántica
Os cambios semánticos Organizo a miña mente 68 Aplico o aprendido 69
3 Morfoloxía
4 Sintaxe
5
1.
2.
3.
4.
5.
normativización
72
Interferencias lingüísticas e desviacións da norma Organizo a miña mente 86 Aplico o aprendido 87 BLOQUE 3. Educación
literaria
do Posrexurdimento
A literatura galega
Guerra Civil: poesía 160
Organizo a miña mente 174 Aplico o aprendido 175 Alén da literatura: A vangarda 176
A literatura
do Posrexurdimento
Guerra Civil: prosa 178
vangarda
8
galega
á
Organizo a miña mente 196 Aplico o aprendido 197 Alén da literatura: A idea de «Europa» 198
saberes básicos
curso
Índice Os
do

9 A literatura galega da Guerra Civil a 1980: poesía

1. Contexto histórico e cultural: desde a Guerra Civil a 1975

2. A Xeración de 1936

3. A Promoción de Enlace

4. A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

5. A poesía galega entre 1975 e 1980

10 A literatura galega da Guerra Civil a 1980: prosa

1. A prosa galega entre 1936 e 1980

2. A narrativa de posguerra

3. A Nova Narrativa Galega

4. O teatro galego entre 1036 e 1980

5. O ensaio galego entre 1036 e 1980

11 A literatura galega actual:

1. Introdución

2. A poesía galega nas últimas décadas do século XX

3. A poesía galega na década dos 80

4. A poesía galega na década dos 90

5. A poesía galega no século XXI

12 A literatura galega actual:

1. Introdución

2. A narrativa galega actual (1980-2000)

3. A narrativa galega actual (2000 - actualidade)

4. A narrativa infantil e xuvenil

5. O teatro actual (desde 1980)

6. O ensaio actual (desde 1980)

200
Organizo a miña mente 222 Aplico o aprendido 223 Alén da literatura: Voces Ceibes 224
226
Organizo a miña mente 244 Aplico o aprendido 245 Alén da literatura: A xeración beat. O maio do 68 246
poesía 248
Organizo a miña mente 264 Aplico o aprendido 265 Alén da literatura: A Movida Viguesa 266
prosa 268
Organizo a miña mente 292 Aplico o aprendido 293 Alén da literatura: Galicia e o
294 Anexo Os verbos
«noir»

Así é o teu libro

Tres situacións de aprendizaxe que poñerán en acción os coñecementos, destrezas e actitudes que vas traballar nelas, e que contribuirán á adquisición e o desenvolvemento das competencias.

Desafíos que deixan pegada

O OFICIO DE CRONISTA E XORNALISTA

Algunha vez soñaches con ser xornalista? Un mundo por descubrir, cubrindo noticias importantes, impactantes, relevantes, facendo chegar a todo o mundo a información para que todas as persoas saiban o que acontece ao seu arredor. Un cronista é un xornalista que fai a crónica ou descrición dun acontecemento de actualidade, recompila e redacta feitos da actualidade dignos de ser recordados. Este xénero literario recibe o nome de crónica O primeiro paso para ser xornalista é buscar o cronista da túa localidade despois le algún dos seus escritos. Propoñémosche que escribas unha pequena crónica do lugar onde vives elixindo un dos temas máis destacados dos últimos meses ou anos.

Ademais, recordaremos que un aforismo é unha «proposición en forma de máxima, a miúdo enxeñosa, coa que se enuncia un pensamento ou unha aserción moral, filosófica ou científica». Propoñémoste que, en grupos, crucedes aforismos os compartades con ferramentas dixitais. Traballaremos ademais os rexistros partindo da lectura dun artigo xornalístico partir do cal traballaredes como xornalistas e utilizaredes o rexistro segundo a variedade diastrática que corresponda.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Secuencia de aprendizaxe de cada unha das situacións propostas.

Investigaremos e buscaremos cronistas na nosa localidade.

Seleccionaremos un cronista da localidade.

Convertémonos en cronistas. Que necesitamos?

Faremos grupos de traballos e repartición dos roles.

En busca dos aforismos: que son e exemplos.

Aforismos dixitais: seleccionaremos unha ferramenta dixital.

O libro estrutúrase en tres bloques: Comunicación, dedicado ao texto, a tipoloxía textual e a diversidade lingüística; Reflexión sobre a lingua que recolle a gramática; e Educación literaria, que desenvolve a historia da literatura.

DEIXA A TÚA PEGADA «Son cronista por un día»: propoñémosche que fagas de cronista. Seguindo a liña de investigación, gustaríanos que buscases o cronista da túa localidade despois le algún dos seus escritos. Agora tócache a ti, escribe unha pequena crónica do lugar onde vives elixindo un dos temas máis destacados. Faremos unha exposición oral das crónicas e compartiremos cos compañeiros e compañeiras. «O oficio de ser ti mesmo»: propoñémosche que, en grupo, crucedes aforismos e os colguedes nun padlet para compartir. «Roubo polo ciberespazo»: trátase de traballar os rexistros partindo da lectura dun artigo xornalístico, onde unha moza denuncia que sufriu un roubo polo ciberespazo. Ti farás de xornalista e entrevistarás a catro compañeiros ou compañeiras que terán representarán os roles de protagonistas da noticia. Faranse catro preguntas e fará falta utilizar o rexistro segundo a variedade diastrática que corresponda. Despois editade a entrevista.

REVISA AS TÚAS COMPETENCIAS E O TRABALLO EN GRUPO Revisa as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo neste proxecto completando a rúbrica que podes atopar en anayaeducacion.es

Editaremos a entrevista. Difusión da entrevista.

Convertémonos en xornalistas. Que necesitamos?

Traballamos os rexistros na entrevista.

IV III

Estrutura en bloques

Tarefas de comunicación, reflexión e compromiso social relacionadas con algún aspecto traballado en cada situación de aprendizaxe.

Propostas de de instrumentos de diagnóstico, descargables en anayaeducacion.e s , para que autoavalíes a adquisición de competencias acadada, a planificación das tarefas e o desenvolvemento do traballo en equipo ao longo de cada secuencia de aprendizaxe.

No inicio de cada unidade, vas atopar un texto que anticipa o que se vai traballar con preguntas que convidan á reflexión, e unha chamada ao Plano aberto, un vídeo de presentación da unidade que poderás visualizar na web.

Bloque

1 COMUNICACIÓN

1. A comunicación  2. O texto e a tipoloxía textual  3. Lingua e sociedade ANEXOS Guía para resolver comentarios de texto

Apertura da unidade

Fonética e Fonoloxía.

A ACADEMIA DE CINE PÍDELLES ÁS ESTRELAS

QUE USEN ROUPA ECOLÓXICA NA VINDEIRA ALFOMBRA VERMELLA DOS OSCAR

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas colaborou con Red Carpet Green Dress (RCGD), unha organización que promove a sostibilidade no mundo do espectáculo e presentou a súa Guía de estilo sostible que a Academia dos Oscar ten intención de enviarlles aos sus 3.000 convidados antes da cerimonia. Esta pequena guía anima os convidados a elixiren roupa vintage ou de segunda man alugada nas grandes casas de moda e esquecerse de materiais contaminantes coma o poliéster e as tinturas químicas. Recomenda favorecer «teas de orixe natural» como o liño, o cánabo, a la e materiais de orixe vexetal. Non queda aí a cousa. Un dos capítulos da guía tamén recomenda apoiar marcas que representen a «diversidade, representación e inclusión». É dicir, emblemas e empresas que apoien ou sexan propiedade de membros «das comunidades estadounidenses de orixe asiática e das illas do Pacífico, negra, hispana/latina, indíxena, e outras persoas de cor». Tamén suxire a guía apoiar marcas que prioricen «a dignidade humana con salarios xustos e seguridade nas condicións de traballo». Federica Bandirali/Corriere Della Sera/Ana Bretón. www.elmundo.es (extracto e trad.).

Sobre a lectura Cando mercas roupa, ten máis importancia para ti a aparencia ou os materiais cos que está feita? Algunha vez reutilizaches unha peza de roupa? ➜ Plano aberto. Accede ao vídeo desta unidade en anayaeducacion.es

Que vas atopar nesta unidade Sons, fonemas e letras. Diferenza entre Fonética e Fonoloxía

2 Os fonemas vocálicos

3 Os fonémas consonánticos

4 A sílaba

12

1 Sons, fonemas e letras. Diferenza entre Fonética e Fonoloxía

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA

A linguaxe verbal humana maniféstase a través de sons –unidades fónicas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala–, pero estes non soan sempre igual; a persoa que os pronuncia ou o lugar que ocupan na cadea falada inflúen na súa realización. Os falantes, ao emitiren un enunciado, tentan axustarse a uns modelos ideais dos sons que atopan na lingua; eses modelos son os –unidades lingüísticas mínimas e indivisibles, de carácter abstracto, que funcionan na lingua como imaxes mentais dos

A Fonética é a disciplina que estuda os sons da linguaxe articulada para descri-

bilos desde o punto de vista físico e fisiolóxico: como se produce un son e que calidades físicas presenta. Os sons son unidades concretas e constitúen unha serie infinita; represéntanse entre corchetes ]. é ciencia que estuda a articulación dos sons en relación co seu sig-

nificado: as diferenzas fónicas ligadas a diferenzas de significación. O seu obxecto de estudo é o fonema. Os fonemas son unidades abstractas e represéntanse entre dúas barras inclinadas / /. Os fonemas realízanse, no plano oral da lingua, mediante sons e, no plano escrito, mediante letras As letras son as realizacións dos fonemas na escrita o alfabeto galego consta de vinte tres letras así como seis dígrafos –ch, gu, ll, nh, qu e rr– que representan un

Os sons son as pronunciacións concretas dos fonemas na fala as súas posibilidades articulatorias son innumerables. Os fonemas son os modelos ideais do son articulado da lingua. Non teñen significa-

do, pero permiten distinguir outra unidades maiores: /paga//pata//Rata/. En galego vinte e seis fonemas, sete vocálicos

Da inmensa capacidade de produción sonora do noso aparato fonador só os sons articulados da linguaxe constitúen a voz humana. Na produción vocal cómpre distinguir dous procesos: Cando respiramos, o aire recollido nos pulmóns flúe pola larinxe través dunha abertura (glote) situada entre dous pares de membranas cartilaxinosas (cordas vocais). Se nese momento pechamos a glote e se achegan as cordas vocais, o aire pasará vibrando e producindo voz; é o que se chama fonación. Se as cordas vocais vibran tamén, fonación sonose non vibran, a fonación xorda. Ao chegar o aire á farinxe pode seguir dúas vías: se o veo do padal está levantado pechando a cavidade nasal, o aire sairá pola boca (son oral); o veo do padal está baixado, o aire sae pola boca e mais polo nariz (son nasal). 2. Articulación. a enunciación

13

UD1 UD1 UD3 UD3 UD3 UD4 UD4 UD5 UD5 UD2
1
dos sons da linguaxe na boca. Os órganos articulatorios son: móbiles (lingua, labios, veo do padal e maxilar inferior) e fixos (dentes, alvéolos e padal duro). Os órganos articulatorios mudan súa posición para modificar a resonancia da cavidade oral producir así os diferentes timbres que caracterizan os distintos sons articulados da linguaxe. 4 8 7 6 5 9 3 3 1. Cordas vocais 2. Lingua 3. Labios 4. Dentes 5. Alvéolos 6. Padal 7. Veo do padal 8. Úvula 9. Cavidade nasal 1

Así é o teu proxecto dixital

Un proxecto que che ofrece todos os contidos do curso a través do libro dixital, xunto cunha gran diversidade de recursos.

Descubre outra maneira de aprender sinxela, intuitiva e compatible con calquera plataforma e dispositivo.

Como accedes?

Tes todas as indicacións necesarias para acceder a el xunto á primeira páxina do teu libro.

Que che ofrece?

Contén diversidade de recursos, é moito máis que unha reprodución do libro en papel.

Con eles poderás:

Exercitar actividades interactivas

Estudar resumos interactivos, esquemas...

Aprender audios, vídeos...

Avaliar autoavaliación, portafolio...

Como é?

Unha resposta global para un contorno educativo diverso.

Intuitivo

Fácil de usar para ti.

Multidispositivo

Adáptase e visualízase en calquera tipo de dispositivo (ordenador, tableta, móbil…) a calquera tamaño e resolución.

Descargable

Permíteche traballar sen conexión a internet e descargalo en máis dun dispositivo.

Sincronizable

Os cambios que realices sincronízanse automaticamente ao conectar calquera dos dispositivos nos que o esteas usando.

Universal

Compatible con todos os sistemas operativos, os contornos virtuais de aprendizaxe (CVA) e as plataformas educativas (LMS) máis utilizadas nos centros escolares.

Antes de empezar

Coñece os teus desafíos

COMO SON

Son tres propostas de situacións de aprendizaxe, que se distribúen vinculadas ás unidades do libro.

• Pensadas para mobilizar coñecementos, actitudes e destrezas e fomentar o intercambio de saberes e o desenvolvemento das competencias.

• Comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvmento Sostible 2030.

• Cercanas e respectuosas co teu mundo real e as túas experiencias.

• Cunha estrutura clara e sinxela de tarefas e actividades que terás que levar a cabo.

COMO VAS TRABALLAR CON ELES?

EN CADA DESAFÍO VAS ATOPAR:

O OFICIO DE CRONISTA E XORNALISTA Algunha vez soñaches con ser xornalista? Un mundo por descubrir, cubrindo noticias importantes, impactantes, relevantes, facendo chegar todo o mundo a información para que todas as persoas saiban o que acontece ao seu arredor. Un cronista un xornalista que fai a crónica ou descrición dun acontecemento de actualidade, recompila redacta feitos da actualidade dignos de ser recordados. Este xénero literario recibe nome de crónica O primeiro paso para ser xornalista é buscar o cronista da túa localidade despois le algún dos seus escritos. Propoñémosche que escribas unha pequena crónica do lugar onde vives elixindo un dos temas máis destacados dos últimos meses ou anos. Ademais, recordaremos que un aforismo é unha «proposición en forma de máxima, miúdo enxeñosa, coa que se enuncia un pensamento ou unha aserción moral, filosófica ou científica». Propoñémoste que, en grupos, crucedes aforismos os compartades con ferramentas dixitais. Traballaremos ademais os rexistros partindo da lectura dun artigo xornalístico partir do cal traballaredes como xornalistas utilizaredes o rexistro segundo a variedade diastrática que corresponda.

DEIXA A TÚA PEGADA «Son cronista por un día»: propoñémosche que fagas de cronista. Seguindo liña de investigación, gustaríanos que buscases o cronista da túa localidade despois le algún dos seus escritos. Agora tócache a ti, escribe unha pequena crónica do lugar onde vives elixindo un dos temas máis destacados. Faremos unha exposición oral das crónicas e compartiremos cos compañeiros compañeiras. «O oficio de ser ti mesmo»: propoñémosche que, en grupo, crucedes aforismos os colguedes nun padlet para compartir. «Roubo polo ciberespazo»: trátase de traballar os rexistros partindo da lectura dun artigo xornalístico, onde unha moza denuncia que sufriu un roubo polo ciberespazo. Ti farás de xornalista entrevistarás catro compañeiros ou compañeiras que terán representarán os roles de protagonistas da noticia. Faranse catro preguntas e fará falta utilizar o rexistro segundo a variedade diastrática que corresponda. Despois editade a entrevista.

REVISA AS TÚAS COMPETENCIAS E O TRABALLO EN GRUPO Revisa as competencias que traballaches e desempeño do teu grupo neste proxecto completando a rúbrica que podes atopar en anayaeducacion.es

Investigaremos cronistas na nosa localidade.

Seleccionaremos localidade.

Convertémonos Que necesitamos?

Faremos grupos de e repartición dos roles.

En busca dos aforismos: que son e exemplos.

Aforismos dixitais: unha ferramenta dixital.

Convertémonos Que necesitamos?

Traballamos entrevista.

Editaremos Difusión da

• Un texto motivador que che vai descubrir un marco de desafíos relacionados coas unidades correspondentes.

• A proposta dunha situación de aprendizaxe vinculada a un ou a varios ODS

• A secuencia de aprendizaxe da situación proposta.

DEIXA A TÚA PEGADA

Vídeo reportaxe «A lírica medieval» En grupos de catro ou cinco persoas, elixiredes un dos personaxes do Rexurdimento e pescudaredes sobre a relación da

súa vida e a obra, porque sempre hai concomitancias e un por que. O que se pretende é que resaltades e valoredes por que cada autor ou autora destacou, cales son os fitos máis importantes da súa vida, as obras máis importantes etc. Por que nos atraen a outras persoas? O enxeño do amor: Reflexionade como sociedade influíu no cánon de beleza masculino e feminino. Preparade, con ferramentas dixitais, de que maneira os compañeiros e compañeira da clase se declararían ante a persoa que lles gusta. Fecede unha chuvia de ideas Recompilar as formas que teñamos de declararnos. 2 Google Forms: enquisas dixitais E ti que sabes do amor? Rexistro de preguntas dixitais que recompile as diferentes maneiras que temos de declararnos. As enquisas pódense facilitar a todos os cursos do centro (mediante as titorías) e

Reflexionamos sobre a lírica medieval galego-portuguesa. Lemosobrasfragmentos autores de lírica medieval. Eliximos un autor de lírica medieval. Elaboramos por grupos un esquema sobre o autor ou autora elixido.

Propoñémosche que fagas un breve documental co editor de vídeo INSHOT sobre

ter en conta dous puntos importantes á hora de responder: o sexo e a idade. Para despois poder facer comparativas por sexo e outros por idade que serán moi interesantes. 3 Padlet. Publicade as preguntas coas súas respostas na padlet «O enxeño do amor» complementado co gráfico que extraeremos de Google Forms segundo as respostas por idade e sexo.

REVISA TUS COMPETENCIAS Y EL TRABAJO EN GRUPO

Revisa as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo neste proxecto completando a rúbrica que podes atopar en anayaeducacion.es

Creamos vídeo. Compartimos e poñemos en común co resto de grupos os diferenteseditados.vídeos

UD6

Coñecemos as cantigas de amor e as cantigas de amigo. Anotamos, para grupos, as cuestións máis destacables da reportaxe.

un autor da literatura medieval dos temas vistos. Ademais, cómpre que inclúas o teu profesor ou profesora no traballo, onde actuará como experto na materia. UD6 UD6 UD7 UD7 UD8 UD9 UD9 UD10 UD10

Tormenta de ideas sobre o concepto do Enquisas dixitais.

I
UD1 UD1 UD3 UD3 UD3 UD4 UD4 UD5 UD5 UD2
VI SECUENCIA DE APRENDIZAXE POR QUE OS PROFESORES LLES TEMOS MANÍA AOS ALUMNOS Moitas veces teríades pensado que quen tedes en fronte é un profesor ou profesora que non coñecedes de nada. Mándanvos abrir os libros, ensínanvos presentacións sobre autores e autoras literarios Pero un profesor ou profesora é unha persoa, como calquera outra, que ten unha vida detrás e que decidiu dedicar súa vida profesional a compartir coñecementos. Propoñémonos que coñezas o teu profesor ou túa profesora.

• Deseño e creación dun podcast sobre a pegada de carbono.

• Creación dun congreso sobre o papel da muller no cine.

• Elaboración dun roteiro teatralizado con personaxes históricos para desenvolver unha proposta turística na contorna.

CALES SON? E ADEMAIS EN ANAYAEDUCACION.ES:

• Aquelas explicacións que resulten necesarias para abordar casa paso da secuencia de aprendizaxe.

• Unha reflexión sobre os avances realizados na situación de aprendizaxe ao longo de cada unidade.

• Unha proposta de avaliación das túas competencias para cada unidade, que poderás descargar da web anayaeducacion.es

• Tarefas de comunicación e de compromiso social relacionadas con algún aspecto traballado na situación de aprendizaxe.

• Outras propostas de desafíos que che poden interesar.

• Propostas de instrumentos de diagnóstico, descargables en anayaeducacion.es para que autoavalíes a planificación das tarefas e o desenvolvemento do traballo en equipo ao longo de toda a secuencia de aprendizaxe.

• Unha rúbrica do perfil de saída, descargable de anayaeducacion.es, para autoavaliar a adquisición de competencias alcanzada coa situación de aprendizaxe.

II

OFICIO DE PODCASTER: DESEÑO E CREACIÓN DUN PODCAST SOBRE A PEGADA DE CARBONO NA INDUSTRIA TEXTIL

Ao longo destes anos escoitaches moitas veces novas relacionadas coa pegada de carbono. Agora vaste convertir nun podcaster ecosostible e deseñar un podcast con estratexias para diminuir a pegada do carbono na industria textil. Debes crear contido de calidade que xere unha comunidade de oíntes.

O primeiro paso será a lectura reflexiva dos textos iniciais propostos nalgunhas unidades do trimestre, a busca e a recompilación de información sobre este tema.

A seguir, tras unha posta en común de toda a información recollida intentaredes rastrear a pegada de carbono nalgunha das prendas de vestir que levedes nese momento.

A través da ferramenta dixital GOOGLE FORM tamén podedes elaborar un cuestionario para a comunidade educativa que permita obter información sobre o coñecemento que teñen sobre a pegada de carbono no sector textil.

Con todos estes materiais, hai que deseñar o guión do podcast e logo locutalo e gravalo do mesmo nunha aplicación dixital para streaming como Spotify, Google Podcast, Stitcher, etc.

No documento final, deberase integrar a información con estratexias ecosostibles factibles para a vosa realidade próxima que diminúan o impacto desta pegada na vida do planeta; xunto con opcións que lles permitan ás empresas a sostibilidade o sector textil.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Investigamos sobre a creación de contidos para un podcast.

Busca de información sobre a pegada do cabono na economía textil.

Posta en común en grupos de traballo e reparto de roles

Rastreabilidade da marca de carbono nunha prenda de vestir.

Selección de ferramenta dixital para un cuestionario dixital.

III
UD1 UD1 UD2 UD1 UD1

No podcast débense dar respostas a cuestións como que é a pegada de carbono no sector textil, os pasos que se realizan na fabricación de prendas de vestir, cal é a tipoloxía de productos que se usan nas materias primas e mesmo a cantidade de auga que se emprega na fabricación dunha prenda e as fibras máis ecosostibles.

As últimas secuencias desta situación de aprendizaxe xiran en torno á presentación do podcast á comunidade educativa, autoridades e medios de comunicación para rematar coa difusión do traballo realizado.

DEIXA A TÚA PEGADA

Son podcaster por uns días (ou para sempre). Seguindo o fío da túa investigación debes deixar pegada a través de:

1. A realización dun podcast sobre a pegada hídrica na industria textil.

2. A elaboración dun gráfico explicativo coas respostas realizadas no cuestionario a través de Google Forms.

3. Difusión nas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, Tagged, WhatsApp, Instagram) e de forma presencial e oral con puntos informativos no centro educativo.

REVISA AS TÚAS COMPETENCIAS E O TRABALLO EN GRUPO

Revisa as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo neste proxecto completando a rúbrica que podes atopar en anayaeducacion.es

Traballo en grupo sobre os rexistros da entrevista

Elaboración do guión do podcast.

Edición do podcast nunha aplicación dixital para streaming (Spotify, Stitcher, Google Podcast...).

Presentación e difusión do podcast.

IV UD2 UD3
UD2
UD3

UN CONGRESO SOBRE A PRESENZA DA MULLER NO CINE, NA MÚSICA E NA INVESTIGACIÓN

«AS MULLERES HEROÍNAS NO CINE ACTUAL»

Propoñémosvos organizar un congreso que visibilice o papel das heroínas no cine actual.

O primeiro paso será a lectura reflexiva dos textos iniciais propostos nalgunhas unidades, a busca de información sobre películas e series nas que as heroínas teñan o papel protagonista e a recompilación da información sobre a temática propostas. A continuación, realizaredes unah posta en común de toda a información recollida.

De seguido, deseñaredes o cartel anunciador e o programa do Congreso. Se fose posible, conviría incorporar persoas representativas do eido audiovisual para participar, ademais do alumnado, como poñentes.

Ao mesmo tempo, cómpre realizar un plan orzamentario para presentárllelo, a diferentes institucións municipais ou específicas como SGAE, AGADIC, facultades de Comunicación Audiovisual, productoras etc. para solicitar un auditorio, propostas de persoas poñentes, colaboracións ou patrocinadores.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Investigamos sobre as heroínas no cine actual.

Busca e selección de información: tipo de heroínas, perfil de muller, estereotipos de xénero.

Posta en común da información obtida e reparto de roles. Os acordos recolleranse empregando Padlet.

Busca de fórmulas para acadar patrocinadores, auditorio, persoas poñentes, etc.

V
UD4
UD4
UD4
UD5

As últimas secuencias desta situación de aprendizaxe xiran ao redor da presentación do congreso á comunidade educativa, autoridades e medios de comunicación a través dun póster dixital como medio de difusión do evento. Nas ponencias do Congreso deberán analizarse exemplos dos tipos de heroínas no cine actual e os estereotipos de xénero que aínda perviven neste tipo de películas.

DEIXA A TÚA PEGADA

Son creador ou creadora de contidos dixitais por uns días (ou para sempre). Seguindo o fío da túa investigación debes deixar pegada a través de:

1. Indagar sobre as superheroínas e os seus roles en diferentes productos audiovisuais, en videoxogos (Tomb raider, Horizon, Kena ...), nos cómics (Saínza, a punkiereteira) ou en murais (Joseba Muruzabal)

2. Deseñar e crear un informe oral e escrito sobre o papel das superheroínas na sociedade actual e as diferenzas ou similitudes coas heroínas indagadas.

3. Difusión do informe nas redes sociais (Facebook, Tik Tok, Instagram, Twitter, Tagged, WhatsApp, Instagram).

REVISA AS TÚAS COMPETENCIAS E O TRABALLO EN GRUPO

Revisa as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo neste proxecto completando a rúbrica que podes atopar en anayaeducacion.es

VI UD5 Deseño do cartel anunciador conferramentas dixitais como Genialy, Canva, etc. UD6 Creación do programa do Congreso. UD6 Presentación do congreso á comunidade educativa, autoridades e medios de comunicación. UD6 Difusión do evento a través de diferentes redes e plataformas.

DESEÑO E CREACIÓN DUN ESPECTÁCULO TEATRALIZADO SOBRE A ÉPOCA HISTÓRICA E PERSOEIROS REPRESENTATIVOS DA CONTORNA

Esta situación de aprendizaxe pretende ser unha reflexión sobre o patrimonio próximo e as expectativas culturais ao coñecer unha localidade.

Debedes poñer en acción as vosas dotes artísticas e divulgadoras deseñando un espectáculo teatralizado dunha época histórica representativa da contorna como produto turístico educativo.

Aproveitaredes para pescudar unha época histórica da vosa localidade dende diferentes planos: persoeiros, estilos arquitectónicos, formas de vida, funcionalidade das edificacións, esculturas, pinturas, plazas, rúas etc.

Estes percorridos teñen como finalidade mostrar dun xeito diferente o patrimonio cultural. Imaxinade pasear coa Raíña Lupa, Exeria Rekiamundo, o xudeo Salomón Baquix ou Witiza polos principais enclaves da vosa localidade. Podedes ampliar a información elaborando un código QR para cada lugar significativo.

O primeiro paso será a lectura reflexiva dalgúns textos propostos nas unidades a bisca de información sobre a época histórica e os seus protagonistas, e a recompilación da información sobre a temática proposta.

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

Investigamos sobre a época histórica representativa da contorna.

Busca e selección de información sobre persoeiros significativos desa etapa histórica.

Posta en común da información obtida e reparto de roles. Os acordos poden recollerse empregando Padlet, Google Docs etc.

Deseño e creación do texto teatralizado así como dos códigos QR.

UD7
UD8
UD9
UD10
VII

A continuación, realizaredes unha posta en común coa información recollida. De seguido, escribiredes o texto e deseñaredes o guión do espectáculo histórico. Debedes decidir as personaxes que participarán, bosquexar os vestiarios e decidir os lugare onde colocar os códigos QR. En cada parada, podedes propoñerlle as persoas visitantes a resolución dalgún retos.

As últimas secuencias desta situación de aprendizaxe xiran en torno á presentación deste espectáculo teatralizado á comunidade educativa, autoridades e medios de comunicación cun póster dixital ou cartel coa información en tres idiomas (galego, inglés e castelán) no proceso de difusión do evento.

DEIXA A TÚA PEGADA

Son creador ou creadoraa artístico por uns días (ou para sempre). Seguindo o fío da túa investigación debes deixar pegada a través de:

1. Pescuda sobre as diferentes épocas históricas da túa localidade para realizar unha liña do tempo (Xtimeline)

2. Creación un cómic con alguna ferramenta dixital (Pixton) que recolla a historia do teu territorio.

3. Presentación do cómic á Comunidade Educativa, cidadanía e medios de comunicación.

4. Difusión nas redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter, Tagged, WhatsApp, Instagram).

REVISA AS TÚAS COMPETENCIAS E O TRABALLO EN GRUPO

Revisa as competencias que traballaches e o desempeño do teu grupo neste proxecto completando a rúbrica que podes atopar en anayaeducacion.es

UD11
de bosquexos do vestiario con técnicas de colaxe, debuxo, 3D, etc. UD11
dun póster ou cartel divulgativo en tres idiomas (galego, castelá e inglés) UD12 Presentación á comunidade educativa, autoridades e medios de comunicación. UD12
Realización
Creación
evento
de diferentes
e plataformas.
Difusión do
a través
redes
VIII

1

Fonética e Fonoloxía.

A ACADEMIA DE CINE PÍDELLES ÁS ESTRELAS

QUE

USEN ROUPA ECOLÓXICA NA VINDEIRA

ALFOMBRA VERMELLA DOS OSCAR

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas colaborou con Red Carpet Green Dress (RCGD), unha organización que promove a sostibilidade no mundo do espectáculo e presentou a súa Guía de estilo sostible que a Academia dos Oscar ten intención de enviarlles aos sus 3.000 convidados antes da cerimonia.

Esta pequena guía anima os convidados a elixiren roupa vintage ou de segunda man alugada nas grandes casas de moda e esquecerse de materiais contaminantes coma o poliéster e as tinturas químicas. Recomenda favorecer «teas de orixe natural» como o liño, o cánabo, a la e materiais de orixe vexetal.

Non queda aí a cousa. Un dos capítulos da guía tamén recomenda apoiar marcas que representen a «diversidade, representación e inclusión». É dicir, emblemas e empresas que apoien ou sexan propiedade de membros «das comunidades estadounidenses de orixe asiática e das illas do Pacífico, negra, hispana/latina, indíxena, e outras persoas de cor». Tamén suxire a guía apoiar marcas que prioricen «a dignidade humana con salarios xustos e seguridade nas condicións de traballo».

Federica Bandirali/Corriere Della Sera/Ana Bretón. www.elmundo.es (extracto e trad.). Sobre a lectura

• Cando mercas roupa, ten máis importancia para ti a aparencia ou os materiais cos que está feita?

• Algunha vez reutilizaches unha peza de roupa?

➜ Plano aberto. Accede ao vídeo desta unidade en anayaeducacion.es

Que vas atopar nesta unidade

1 Sons, fonemas e letras. Diferenza entre Fonética e Fonoloxía

2 Os fonemas vocálicos

3 Os fonémas consonánticos

4 A sílaba

12

Sons, fonemas e letras. Diferenza entre Fonética e Fonoloxía

A linguaxe verbal humana maniféstase a través de sons –unidades fónicas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala–, pero estes non soan sempre igual; a persoa que os pronuncia ou o lugar que ocupan na cadea falada inflúen na súa realización.

Os falantes, ao emitiren un enunciado, tentan axustarse a uns modelos ideais dos sons que atopan na lingua; eses modelos son os fonemas –unidades lingüísticas mínimas e indivisibles, de carácter abstracto, que funcionan na lingua como imaxes mentais dos sons–.

A Fonética é a disciplina que estuda os sons da linguaxe articulada para describilos desde o punto de vista físico e fisiolóxico: como se produce un son e que calidades físicas presenta. Os sons son unidades concretas e constitúen unha serie infinita; represéntanse entre corchetes [ ].

A Fonoloxía é a ciencia que estuda a articulación dos sons en relación co seu significado: as diferenzas fónicas ligadas a diferenzas de significación. O seu obxecto de estudo é o fonema. Os fonemas son unidades abstractas e represéntanse entre dúas barras inclinadas / /.

Os fonemas realízanse, no plano oral da lingua, mediante sons e, no plano escrito, mediante letras

• As letras son as realizacións dos fonemas na escrita; o alfabeto galego consta de vinte e tres letras, así como seis dígrafos –ch, gu, ll, nh, qu e rr– que representan un único fonema.

• Os sons son as pronunciacións concretas dos fonemas na fala, as súas posibilidades articulatorias son innumerables.

• Os fonemas son os modelos ideais do son articulado da lingua. Non teñen significado, pero permiten distinguir outra unidades maiores: /paga//pata//Rata/. En galego hai vinte e seis fonemas, sete vocálicos e dezanove consonánticos

Da inmensa capacidade de produción sonora do noso aparato fonador só os sons articulados da linguaxe constitúen a voz humana. Na produción vocal cómpre distinguir dous procesos:

1. Fonación. Cando respiramos, o aire recollido nos pulmóns flúe pola larinxe a través dunha abertura (glote) situada entre dous pares de membranas cartilaxinosas (cordas vocais). Se nese momento pechamos a glote e se achegan as cordas vocais, o aire pasará vibrando e producindo a voz; é o que se chama fonación. Se as cordas vocais vibran tamén, a fonación é sonora; se non vibran, a fonación é xorda. Ao chegar o aire á farinxe pode seguir dúas vías: se o veo do padal está levantado pechando a cavidade nasal, o aire sairá pola boca (son oral); mais se o veo do padal está baixado, o aire sae pola boca e mais polo nariz (son nasal).

2. Articulación. É a enunciación dos sons da linguaxe na boca.

Os órganos articulatorios son: móbiles (lingua, labios, veo do padal e maxilar inferior) e fixos (dentes, alvéolos e padal duro).

Os órganos articulatorios mudan a súa posición para modificar a resonancia da cavidade oral e producir así os diferentes timbres que caracterizan os distintos sons articulados da linguaxe.

1
13 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 1
4 4 2 8 7 6 5 9 3 3
1. Cordas vocais 2. Lingua 3. Labios 4. Dentes 5. Alvéolos 6. Padal 7. Veo do padal 8. Úvula
1
9. Cavidade nasal

Os fonemas vocálicos

As vogais son fonemas que se poden realizar acusticamente sós e poden constituír sílabas por si mesmas. En galego temos sete vogais na posición tónica ou pretónica, é dicir, na sílaba que leva o acento ou nas que a preceden na palabra.

Sistema vocálico

Punto de articulación

Anteriores ou palatais Central Posteriores ou velares

Pechadas /i/ /u/

/e/ /o/

/ɛ/ /ɔ/

En posición átona postónica as vogais anteriores e as posteriores experimentan un fenómeno denominado neutralización que fai que nunca se dean todas elas. Así, en posición postónica interna só aparecen cinco fonemas vocálicos, pois as parellas de vogais medias neutralízanse en cadanseu arquifonema: /e/ - /ɛ/ ➝ /E/ (vogal media anterior); /o/ - /ɔ/ ➝ /O/ (vogal media posterior). O sistema resultante é o seguinte:

Anteriores ou palatais Central Posteriores ou velares

Modo de articulación

Aberta

E na posición átona final, no que concirne ás palabras patrimoniais do galego, non aparecen máis que tres vogais, de xeito que o noso sistema fonolóxico nesta posición é o seguinte:

Anteriores ou palatais Central Posteriores ou velares

/e/ /o/

Medias

/a/

Dos sete fonemas vocálicos que temos en galego (/a/ central aberto; /ɛ/ anterior ou palatal medio aberto; /e/ anterior ou palatal medio pechado; /i/ anterior ou palatal pechado; /ɔ/ posterior ou velar medio aberto; /o/ posterior ou velar medio pechado; /u/ posterior ou velar pechado, todos eles sonoros), os que ofrecen maior problema son os catro de abertura media (/ɛ/, /e/, /ɔ/, /o/)pois soamente temos dúas letras para representalos na escrita (e, o). Ademais, non hai unha regra, etimolóxica ou de uso, que resulte infalible e nos permita saber cando unha palabra debe realizarse con vogal media aberta e cando con vogal media pechada.

Perda da oposición distintiva, nalgunhas posicións silábicas, entre dous (ou máis) fonemas. Chámase neutralización fonolóxica o fenómeno que se dá cando unha oposición entre varios fonemas deixa de ser distintiva.

Unidade fonolóxica que representa o conxunto dos trazos pertinentes comúns aos (dous) fonemas cuxa oposición nun determinado contexto se neutraliza ou deixa de producir diferenzas de significado.

14
2
Medias Semipechadas
Semiabertas
Modo de articulación Aberta
/a/
Punto de articulación
Pechadas /i/ /u/ Medias /e/ /o/
/a/
Punto de articulación
Aberta
Modo de articulación

2.1 Regras de uso das vogais

Só se dá en posición tónica ou pretónica

• En xeral, todo E procedente dun E breve tónico latino (adoita coincidir co ditongo IE castelán): ferro, tempo

• Palabras acabadas en -el e os seus plurais: ronsel, ronseis

• Cando un E vai trabado por –l: felgo, melro

• Normalmente, o E dos ditongos crecentes: secuestro, ciencia

• Normalmente, os E trabados por consoante oclusiva: recto, sexual

• No nome dalgunhas letras: ese, eme, ele, ene...

• E dos seguintes sufixos: –

-elo/-ela: cadelo, orela (agás cabelo)

-eca: discoteca, soneca

– -enza: pertenza

-estre: silvestre

• Palabras rematadas en -encio/-encia: silencio, prudencia

• En xeral, os E tónicos de palabra esdrúxula: médico, pésimo (agás tépedo)

• Os E tónicos de palabra grave rematada en ditongo crecente: criterio, recua (agás femia, medio, premio)

• A conxunción copulativa: e

• Nos pretéritos irregulares que teñen E como VT: viñera, tivesen, fixeches, houbestes

• No radical dos verbos semirregulares da CII e CIII, nas P2, P3 e P6 do presente de indicativo: bebes, serve, menten (agás ler crer e deber)

Pode aparecer en calquera posición

• En xeral, todo E procedente dun I breve, E longo ou OE latinos: sede, rede, pena

• Nos seguintes sufixos:

– -és/-esa: lugués/a (agás revés, través)

– -edo: penedo, abeledo

– -eza: nobreza, riqueza

– -ello/-ella: cortello

• Normalmente, o E dos ditongos decrecentes: eira, meu

• Nos nomes acabados en -eo: seo, freo, alleo, feo (agás ceo)

• No nome dalgunhas letras: be, ce, de, pe...

• Etimoloxicamente, o E dos demostrativos: este, esa, aquelas...

• Todos os infinitivos en –er: comer, querer, ser

• Nos pretérito regulares: comestes, temeu, correra

• E dos verbos en –ear: cean, arrea

• E tónico da maior parte dos verbos CII (menos as persoas vistas no cadro do /ɛ/): bebo, bebas

• En xeral, todo E seguido de consoante palatal: fecha, sella (agás vello, vella)

15
[ɛ]
[e]
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 1

vocálicos

Só se dá en posición tónica ou pretónica

• En xeral, todo O procedente dun O breve tónico latino (adoita coincidir co ditongo UE castelán): corvo, roda

• Palabras acabadas en –ol e os seus plurais: remol, remois

• As palabras rematadas en -oz e os seus plurais: precoz, precoces, voz, voces

• Normalmente, os O trabados por consoante oclusiva: dogma, obxección

• O dos sufixos:

o -oco: paifoco

o -oide: androide

o -olo: rapazolo

o -ote: machote

• En xeral, os O tónicos de palabra esdrúxula: código, lóxico (agás cóbado)

• Os O tónicos de palabra grave rematada en ditongo crecente: ocio, serodio (agás codia)

• O de só, soa

• No radical dos verbos semirregulares da CII e CIII, nas P2, P3 e P6 do presente de indicativo: comes, foxe, soben

Pode aparecer en calquera posición

• En xeral, todo O procedente dun U breve ou O longo: roto, rostro

• Nos sufixos

o –oso/-osa: curioso/a

o -oño/-oña: risoño/a

o -on/ona: papón/a

o -ollo: ferrollo

• Normalmente, o O dos ditongos decrecentes: touro, moito

• Nos nomes acabados en:

o -on: ración, acción

o -or: dor, sabor (agás mor)

• O do infinitivo de pór e os seus derivados: repor, compor, traspor

• As formas dos pretéritos de ser e ir: fora, fostes

• O tónico da maior parte dos verbos da CII (menos as persoas vistas no cadro do /ɔ/): como, coman

• En xeral, todo O seguido de consoante palatal: focha, solla (agás coche, rocha)

16 2 Os fonemas
[ɔ]
[o]

2.2 Fenómenos de vacilación vocálica

As vogais galegas poden verse afectadas por algúns fenómenos —de natureza dialectal ou coloquial— que poden ter consecuencias na constitución fonolóxica das palabras: desaparición ou incremento dalgún elemento vocálico, modificación do timbre de certas vogais, etc. Estes fenómenos fonéticos afectan ao vocalismo tónico e ao átono.

A metafonía nominal é un fenómeno fonético que consiste na modificación do timbre dunha vogal tónica por influxo dunha vogal final.

En galego pode condicionar as vogais medias abertas (/ɛ/, /ɔ/), que por influencia dun /o/ final se realizan como medias pechadas (/e/, /o/); pero tamén ás vogais medias pechadas (/e/, /o/), que por influencia dun /a/ final se realizan como medias abertas (/ɛ/,/ɔ/).

Por exemplo: pobo e medo teñen por etimoloxía timbre semiaberto, mais por metafonía realízanse con timbre semipechado; pola contra, hora e ela teñen timbre semipechado por etimoloxía, pero por metafonía realízanse con timbre semiaberto.

A metafonía non é un fenómeno que se dea sistematicamente en todos os nomes que presenten as características aludidas.

A súa distribución xeográfica resulta abondo problemática; trátase dun trazo innovador do galego oral que se rexistra preferentemente e de maneira esporádica nalgunhas áreas do galego do bloque occidental, desde aí vaise espallando cara ao interior e chega a penetrar en certas zonas do bloque central.

Actividades

1 Explica, en termos da lingua común, as diferenzas e as semellanzas que se observan entre sons, fonemas e letras.

2 Realiza un esquema simple sobre a caracterización dos fonemas atendendo á sonoridade, o punto de articulación e o modo de articulación.

3 Indica o timbre (aberto ou pechado) dos e - o tónicos das seguintes palabras. quero cousa es só aprobatoria ben Eva foron persoa eterno sempre sorte aquel toda estas propósito teléfono técnica certeza precioso eles superfluo home mozo extremos detelo tamén feroz metera pelo era facelo terror esotérica concello sen miseria mor logo longo pobreza pobres noxo órganos perfecto asceta méritos abondo besta doloroso

17
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 1

Os fonemas consonánticos

As consoantes son aqueles fonemas que se producen acusticamente cando a corrente de aire atopa algún obstáculo na cavidade oral durante a súa expiración. Para formaren sílaba precisan ir acompañadas dunha vogal.

O sistema consonántico do galego consta de dezanove fonemas, caracterizados con base en tres criterios: punto de articulación, sonoridade e modo de articulación:

No sistema consonántico prodúcense tamén algunhas neutralizacións en determinados contextos fonéticos. As máis destacadas son as seguintes:

• Neutralización das consoantes da orde nasal: a diferenza entre as catro consoantes nasais soamente é fonolóxica na posición inicial de sílaba (unha, uña, una, cama, cana...). Nas demais posicións o que se atopa é un arquifonema nasal sonoro /N/

• Neutralización das consoantes da orde líquida lateral: as consoantes líquidas laterais só teñen valor fonolóxico na posición inicial de sílaba (cola, colla, solar, sollar...), en posición final están neutralizadas nun arquifonema líquido lateral sonoro /L/.

• Neutralización das consoantes da orde líquida vibrante: a diferenza fonolóxica entre os dous fonemas líquidos vibrantes só se dá en posición intervocálica interna (caro, carro, foro, forro...). Nas outras posicións están neutralizados nun arquifonema líquido vibrante sonoro /R/.

Algunhas variacións fonéticas das consoántes son o seseo, a gheada e o yeísmo.

• O seseo. Realízase o fonema /θ/ como [s]. Hai dous tipos de seseo:

Seseo total cando se produce en posición explosiva, cinco [siɳko], e implosiva, dez [dɛs].

Seseo parcial cando só se produce en posición implosiva, cinco [θiɳko], pero dez [dɛs].

• A gheada. Consiste na realización do fonema velar oclusivo sonoro /g/ dun xeito aspirado semellante ao h inglés de palabras como how, high, he, has.

18
3
Sistema consonántico Punto de articulación Bilabiais Labiodentais Linguodentais Linguointerdentais Linguoalveolares Linguopalatais Linguovelares son. xor.
Modo de articulación Oclusivas /b/ /p/ /d/ /t/ /g/ /k/ Fricativas /f/ /θ/ /s/ /ʃ/ Africadas /ʧ/ Nasais /m/ /n/ /ɲ/ /ɳ/ Líquidas Laterais /l/ /ʎ/ Vibrantes Simple /ɹ/ Múltiple /r/
son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor.

• O yeísmo. Consiste na realización do fonema lateral palatal sonoro /ʎ/ como fricativo palatal sonoro [y] semellante ao y consonántico do castelán (yo, yegua).

Entre fonemas consonánticos e letras danse certos desaxustes que están na base de moitas faltas de ortografía. Debemos respectar a ortografía para manter a unidade da lingua; unha diferenza ortográfica pode marcar na escrita unha diferenza de significado: balor/valor, rebelar/revelar, habano/abano...

A ortografía do galego é de base fonética, de aí que os desaxustes sexan mínimos. Fixémonos nas diverxencias que poden aparecer entre fonemas e letras:

Fonemas Letras Exemplos

/b/ b v bago, vago, abrigo, ávrego , óboe, ovo

/g/ g + [a,o u] gu + [e, i] gato, gota, gula guerra guitarra

/k/ c + [a, o, u] qu + [e, i] caso, cota, cume quen, quizais

/θ/ z + [a, o, u] c + [e, i] zanco zoupa zume cero, cinco

rr entre vogais R/ = [r]

/r/

r inicial [l, n, s] + r

r entre vogais /R/ = [ɾ]

carro res pilro, melro, honra, tenro, israelí, desratizar

/ɾ/

r final [p, t, c, b, d, g] + r

caro ser proba, traca, crise, bruma, drama, grama

/ʎ/ ll llama, mollo, tella

/ʃ/ x xa, xente xisto axotar xugo

/ks/ x exame, óxido, mixto

/t͡ʃ/ ch chibo, sacho

/ŋ/ nh unha

Ø h hábit, home, hotel

Actividades

4 Define os fonemas das seguintes palabras.

bebes lume xerme xente vez

guerra flor hora coche quen dixo fixo prezo enérxica baioneta

mañá maná non unha ninguén

5 Sinala que fonemas actúan como factores diferenciais nos seguintes grupos de palabras.

marca/barca

bala/bola/bóla/boia

óso/oso/noso

chincho/pincho/picho

pita/pida

mama/mana/maña

19
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 1

Fonoloxicamente a sílaba é unha unidade composta por un ou máis fonemas; se consta dun só fonema, este ten que ser forzosamente unha vogal; se consta de máis dun, un deles polo menos ten que ser vocálico.

Foneticamente, a sílaba defínese como o grupo de sons pronunciados nunha soa emisión de voz. Por exemplo, a palabra embarcación pronunciámola en catro núcleos fónicos ou golpes de voz [em-baɾ-ka-ˈθjoŋ] que poderiamos marcar con catro palmadas.

4.1 A estrutura da sílaba

O núcleo silábico é o único constituínte obrigatorio da sílaba. Está formado por unha vogal silábica (a-é-re-a), que pode estar agrupada con vogais non silábicas formando ditongos (ei-ra, sou-to) ou tritongos (i-guais). Calquera dos sete fonemas vocálicos pode ser vogal silábica; son vogais non silábicas o /i/ e o /u/.

A parte da sílaba que eventualmente antecede ao núcleo chámase ataque ou marxe prenuclear e está integrada por consoantes. O ataque pode ser simple (formado por unha soa consoante: ra-ma) ou complexo (formado por un grupo de consoantes: tren).

O constituínte da sílaba que ocasionalmente vai despois do seu núcleo recibe o nome de coda ou marxe posnuclear, e tamén está integrado soamente por consoantes. Como no caso do ataque, a coda pode ser simple (ar-mas) ou complexa (tó-rax, obs-ce-no).

4.2 Clasificación das sílabas

• Segundo o fonema final

o Libres ou abertas: as que rematan en vogal: me-sa

o Trabadas ou pechadas: as que rematan en consoante: bar-cos

• Segundo a posición do acento

o Tónicas: aquelas sobre as que recae o acento da palabra: or-de-na-dor

o Átonas: aquelas sobre as que non recae o acento da palabra: or-de-na-dor

En galego, as sílabas tónicas alternan coas átonas a razón dunha tónica por cada tres ou catro átonas, aproximadamente. Esta alternancia axuda a manter o discurso dentro duns niveis normais de prosodia e entoación.

Normas para dividir as palabras en sílabas na escrita

• Unha consoante entre dúas vogais fai sílaba coa segunda: a-sa, me-ta

• Se aparecen dúas consoantes entre vogais, cada unha xúntase coa máis próxima hos-tal, ad-xec-ti-vo, agás cando formen grupo, isto é, cando a segunda sexa l ou r e a primeira b, c, d, f, g, p, t; nese caso, as dúas fan sílaba coa seguinte vogal: ca-ble, a-fron-tar

• Se hai tres consoantes entre dúas vogais, as dúas primeiras van na sílaba da vogal precedente e a outra na da seguinte: ins-ti-tu-to, cons-tar, salvo que as dúas últimas formen grupo consonántico (véxase o caso anterior): cóm-pli-ce, om-brei-ro.

• Se hai catro consoantes entre dúas vogais, as dúas primeiras van coa vogal precedente, e as outras coa seguinte: abs-trac-ción, cons-tru-ír.

• As consoantes dobres ch, ll, nh e rr, non se poden separar, porque representan fonemas únicos: sa-cho, a-llo, al-gu-nha, go-rra.

• Nalgunhas palabras derivadas por prefixación aínda é posible facer a división silábica entre o prefixo e a base léxica: sub-ro-gar, des-an-dar.

20
4 A sílaba

4.3 Ditongo, tritongo e hiato.

Un ditongo é unha agrupación de dúas vogais nunha mesma sílaba. Para que se dea esta circunstancia é preciso que polo menos unha das vogais sexa da serie pechada i, u.

Hai tres clases de ditongos:

• Crecentes: danse cando a abertura vocálica vai de menos a máis (cien-cia, Ma-nuel); non son moi frecuentes en galego.

• Decrecentes: danse cando a abertura vocálica vai de máis a menos (fei-ra, xou-ba, troi-ta); son os máis característicos do galego.

• Homoxéneos: danse cando se encontran na mesma sílaba as dúas vogais pechadas (a-briu, lin-güis-ta ). En final de palabra, equipáranse aos decrecentes a efectos de acentuación gráfica e, polo tanto, non se acentúan nas palabras agudas.

Un tritongo é un encontro de tres vogais nunha soa sílaba. Fórmase cunha vogal aberta ou media entre dúas vogais da serie pechada (cu-miais, lin-guais). En galego son pouco frecuentes.

Un hiato é un encontro de dúas vogais, no interior de palabra, pertencentes a sílabas distintas (rí-o, crú-a, mo-er, lu-ar, ru-ei-ro, sa-ia)

Actividades

6 Indica o número de sílabas que teñen as seguintes palabras: ruela cioso vinteún viola vieira minguou diario crueis saïamos,

7 Fai a separación silábica destas palabras. transfusión ruín gaiteira infiel saían irrupción aluarada constitución saiamos obtuso areeiro egua ensaiou onda perspicaz conspiración seo seo obstar saïamos

8 Máis, cómpre, dó, té, é e vén levan acento diacrítico.

• Indica as palabras das que deben diferenciarse e sinala a categoría de todas.

9 Recua (rea de cabalarías) e recúa (forma do verbo recuar) diferéncianse pola sílaba tónica o mesmo que está (verbo que indica presenza) e esta (demostrativo que indica proximidade coa persoa que fala).

• Indica outras catro parellas de palabras nas que se dea esta diferenza e sinala o seu significado.

10 Clasifica as sílabas das seguintes palabras segundo a súa estrutura en sílabas abertas e pechadas. mariñeiro recentemente oxidado insurrecto birollo remoeu

11 Sinala os ditongos e os hiatos que aparecen nas seguintes palabras.

río país pais

rei lúa luar

rabiosa cruel raíña

12 Clasifica os ditongos que aparecen nas seguintes palabras segundo a súa estrutura en crecentes, decrecentes e homoxéneos.

coidado auga secuestro feito

mouro conveniente

riu alourada consciencia ambiente lúa oito muiño lingüística

21
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 1

Repaso da unidade

Organizo a miña mente

Sons, fonemas e letras

Sons Unidades fónicas concretas pronunciadas por cada individuo en calquera acto de fala. Estúdaos a Fonética

Fonemas

Letras

Os fonemas vocálicos

Vogais

Unidades lingüísticas mínimas e indivisibles, de carácter abstracto, que funcionan na lingua como imaxes mentais dos sons. Estúdaos a Fonoloxía

Realización dos fonemas na escrita.

Neutralizacións e arquifonemas

As vogais son fonemas que se poden realizar acusticamente sós e poden constituír sílabas por si mesmas.

En galego hai sete fonemas vocálicos en posición tónica e pretónica

A neutralización das vogais ten lugar cando a oposición de dous fonemas deixa de ser distintiva nalgunhas posicións silábicas. O arquifonema é a unidade fonolóxica que representa o conxunto dos trazos pertinentes comúns aos (dous) fonemas. En galego hai cinco fonemas vocálicos en posición átona postónica e tres en posición átona final

Os fonemas consonánticos

As consoantes son fonemas que se producen acusticamente cando a corrente de aire atopa algún obstáculo na cavidade oral durante a súa expiración. Para formaren sílaba precisan ir acompañadas dunha vogal.

En galego hai dezanove fonemas caracterizados por punto de articulación, sonoridade e modo de articulación

As neutralizacións do sistema consonántico galego afectan ás nasais, líquidas laterais e vibrantes.

A sílaba

Clasificación Segundo o fonema final: libres (abertas) e trabadas (pechadas).

Segundo a posición do acento: tónicas ou átonas

Ditongo, tritongo e hiato

Ditongo: agrupación de dúas vogais unha mesma sílaba (crecentes/decrecentes/ homoxéneos). Cien-cia, fei-ra, a-briu.

Tritongo: un encontro de tres vogais nunha soa sílaba. I-guais.

Hiato: encontro de dúas vogais, no interior de palabra, pertencentes a sílabas distintas. Mo-er, crú-a.

22
Acórdate de seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portfolio.

Aplica o aprendido

Fonema

Do máis aló da gorxa, dun profundo e misterioso fol, saíannos sons que debiamos matar. Repitan, dicía o mestre: Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo. Pero Lolo o do Rito dicía que los pájaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo e o mestre dáballe un pao. A min custoume algún traballo dicir sen respirar que había plantas monocotiledóneas pero non dei sabido de que familia era, se é que a tiña, o toxo que douraba os montes de Galicia. Manuel Rivas, 1996, O pobo da noite, Vigo Ed. Xerais

1 O nivel fónico da lingua é o que se atopa máis arraigado na competencia lingüística do falante. A que responde a dificultade que no poema mostra o alumno para pronunciar correctamente a oración proposta polo mestre?

2 Que fenómeno fonético dialectal se pon de manifesto no texto? Explica en que consiste e sinala en que bloques e áreas se rexistra.

3 Xustifica o título do poema.

4 Procura no poema tres palabras nas que apareza unha vogal «tónica velar media aberta» /ɔ/ e outras tres que se pronuncien con «vogal tónico palatal media aberta», /ɛ/.

5 Define os fonemas da palabra gorxa

6 Busca no texto exemplos dos diferentes tipos de consoantes nasais que presenta o galego.

7 Fai unha descrición comparativa dos sistemas fonolóxicos do galego e do castelán. Cales son as principais diferenzas que atopas? Procura exemplos no poema.

8 Pon en galego a oración que propón o mestre no poema e realiza a súa análise sintáctica.

23 U 1 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA /

Dialectoloxía 2

REDEIRAS DE MALPICA E CORME RECUPERAN

1 500 QUILOS DE REDES PARA O DEPORTE BASE

Unha segunda vida para as redes de pesca, inservibles tras anos de uso, e abandonadas en portos, dársenas ou fondos mariños. Ese era o obxectivo do proxecto de Abanca que ilusionou a dez redeiras de Malpica e Corme. Dous anos despois, coa pandemia polo medio, o resultado é a recuperación de 1 500 quilos de material reutilizable que será doado a 22 clubs deportivos, para reutilizalo en 78 porterías, usadas por más de 5 000 deportistas.

O proceso de recuperación é laborioso e precisa mans expertas como as das redeiras para garantir o resultado: unha vez recollidas as redes,, trasládanse a unha nave de traballo e procédese á súa limpeza e clasificación por tamaño e cor. Límpanse, restáuranse e reconfecciónanse para adaptalas a unha nova función en campos de fútbol, balonmán, fútbol sala, hóckey sobre patíns, hóckey sobre herba, ademais de caiac.

«Trátase de coidar o noso medio de vida, que é o noso futuro», manifestou Ángeles Mille, de redeiras artesás de Malpica. «Estamos moi satisfeitas do resultado. Quedaron preciosas. É unha pena que lle peguen pelotadas», manifestou a profesional con gran sentido do humor.

La Voz de Galicia, 09-06-2021 (trad. e adapt.). Sobre a lectura

• Algunha vez lle deches unha «segunda vida» a un obxecto que xa che resultaba inservible?

• Tes unha maior (ou menor) predisposición a comprar un produto se sabes que este está feito con material reciclado?

➜ Plano aberto. Accede ao vídeo desta unidade en anayaeducacion.es

Que vas atopar nesta unidade

1 Variación diatópica ou xeográfica

2 Variedades xeográficas do galego moderno

3 Bloques e áreas do galego

A variación diatópica desenvólvese no eixe espacial e está composta polo conxunto das diferenzas lingüísticas de cada zona do territorio ocupado por unha lingua histórica.

Cada unha das variedades xeográficas dunha lingua, con trazos comúns e delimitada no espazo, recibe o nome de variedade sintópica (comunmente denominada dialecto). O conxunto das variedades sintópicas constitúe e define a variación diatópica dun idioma.

1.1. Lingua e dialecto

A diferenciación entre lingua e dialecto con criterios estritamente lingüísticos é difícil de determinar. Para a lingüística, o termo dialecto é o nome que recibe a variedade adoptada polo idioma nunha certa área do seu dominio espacial.

Todas as linguas foron orixinariamente dialectos doutra anterior. Agora ben, para dilucidar por que unhas variedades dialectais acadan a consideración de lingua e outras non, debemos recorrer a criterios de tipo social, político, cultural e histórico. Nese sentido, segundo Manuel Alvar, unha lingua debe atender ás seguintes condicións:

• Diferenciarse claramente dos outros sistemas lingüísticos.

• Ofrecer un alto grao de estabilidade interna.

• Posuír unha importante tradición literaria.

• Desenvolver unha norma culta.

• Presentar límites xeográficos suficientemente precisos.

• Resistir a presión doutros sistemas lingüísticos semellantes ou, mesmo, impoñerse a eles.

Variedades xeográficas do galego moderno

Os recentes estudos de dialectoloxía galega sosteñen que as diferenzas diatópicas da nosa lingua son pequenas; por iso, non se debe falar de dialectos dentro do galego, senón máis ben dunha serie de falas caracterizadas por determinados trazos idiomáticos que conforman tres grandes bloques lingüísticos: occidental, central e oriental. Dentro destes bloques, pódense distinguir certas áreas ou zonas lingüísticas de menor extensión.

Chámase isoglosa a liña ideal que sinala nun territorio o límite dun trazo lingüístico peculiar. Para a delimita ción dos bloques e das áreas bótase man das isoglosas de certos fenómenos lingüísticos caracterizadores das distintas zonas.

Os contidos e cuestións da lectura inicial poden ser útiles para realizar os Desafíos que deixan pegada.

1 2
Variación diatópica ou xeográfica
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 2 31
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE A CORUÑA PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL LUGO OURENSE BLOQUE OCCIDENTAL BLOQUE ORIENTAL BLOQUE CENTRAL Área sterrá norte Área sterrá sur Área tudense Área mindoniense Área lucu-auriense Área asturiana Área ancaresa Área zamorana

2.1. Trazos diferenciadores das falas do galego moderno

Os estudos dialectolóxicos do galego actual establecen tres zonas ben diferenciadas: o bloque occidental, o bloque central e o bloque oriental.

En cada bloque pódense distinguir algunhas áreas con características fonéticas e morfosintácticas propias. Nas seguintes páxinas imos ver cales son as diferenzas máis significativas entre elas.

Fonéticos

Gheada Pronuncia aspirada do /g/ en calquera posición. ghato, algho, orghullosa, aghradable

Seseo

Metafonía

Ditongos –ui-, -oi-

Grupos cua-, gua-

Morfosintácticos

Terminación -án/-ao

Plural

Sufixo –iño/-ín

Inexistencia do fonema /θ/, que se pronuncia como s

• Implosivo, en posición final de sílaba

• Explosivo, en posición inicial de sílaba.

Influencia dun -o final nas vogais medio abertas /ɛ/, /ɔ/, que se pronuncian medio pechadas (/e/, /o/).

Diversas realizacións para as palabras que tiñan en latín os grupos fónicos -ULT-, -UCT-, -OCT-, -ORI-.

lus, des, rapás sebola, faser, rapasa

/mɛdo/ > /medo/

/ɔllo/ > /ollo/

-ULT-: MULTUM > moito, muito

-UCT-: LUCTAM >loita, luita

-OCT-: NOCTEM > noite, nuite

-ORI-: VERSORIAM > vasoira, vasoura, vasuira

Perda ou mantemento dos grupos cua- e gua-. catro/cuatro garda/guarda

Pronomes

Terminación -án/-ao

En substantivos con distinción de xénero, os resultados son:

• -án para ambos os xéneros.

• -ao para o masculino e -á para o feminino.

Palabras rematadas en -n fan o plural en -ns, -s, -is Para os rematados en -l os resultados son varios.

A maior parte do territorio prefiere a forma –iño, excepto as falas orientais que prefiren –ín

Persoais

Hai 2 formas tónicas de suxeito para a 2ª persoa, tu/ti, e outras 2 formas para a 3ª, il/el

• Teísmo. Uso da forma te para CD e CI.

• Cheísmo. Uso da forma che para CD e CI.

Demostrativos

Distínguense tres paradigmas.

Diferenzas na vogal temática.

Verbos

man/mao, chan/chao, lan/la

o irmán, a irmán o irmao, a irmá

cans, ladróns; cas, ladrós, e cais, ladrois animales, animaes, animais, animás

camiño, camín; veciño, vecín

ti es miña irmán/tu es miña irmá

este, esta, isto iste, esta, esto este, esta, esto ese, esa, iso ise, esa, eso ese, esa, eso aquel, aquela, aquilo aquil, aquela, aquelo aquel, aquela, aquelo

cantei, cantín colleches, colliches

Diferenzas no morfema modo-temporal do presente de subxuntivo.

cantemos, collamos, partamos cantemos, collemos, partemos.

Diferenzas na 1ª persoa do singular do pretérito de indicativo. collín, partín collí, partí.

Diferenzas na 2ª persoa do plural do presente de indicativo.

cantades, cantandes, cantais, cantás.

32
2 Variedades xeográficas do galego moderno

meu/miña irmán meu irmao/miña irmá meu/miña irmá

FERROL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

PONTEVEDRA VIGO

moito moito

muto, mutio/muito muito muito muito muto

A CORUÑA LUGO OURENSE

muito

mutio moito

muto

camións camiós camiois camións/camiós camioes camiones

partiu partiu colliu

FERROL parteu parteu colleu colliu colleu

PONTEVEDRA VIGO

A CORUÑA LUGO OURENSE

Actividades

SANTIAGO DE COMPOSTELA

camións camiós camiois

SANTIAGO DE COMPOSTELA

PONTEVEDRA VIGO

A CORUÑA LUGO OURENSE

FERROL -ós -óns

partiu partiu colliu

-oes -ones

FERROL parteu parteu colleu colliu colleu

PONTEVEDRA VIGO

A CORUÑA LUGO OURENSE

SANTIAGO DE COMPOSTELA

teísmo il, iste/el, este cheísmo ti/tu llo/llelo isto/esto isto

partiu/parteu colliu/colleu cantades

FERROL

FERROL te (c. directo) che (c. indirecto)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

A CORUÑA LUGO OURENSE

partiu/parteu colliu/colleu cantades

FERROL

A CORUÑA LUGO

PONTEVEDRA VIGO

cantais

cantades cantades cantás cantandes cantandes cantais

cantás/cantades cantandes/cantades, cantais

cantades/cantais

1 Elabora un guión dunha páxina que che sirva para desenvolver oralmente o tema da variación xeográfica do galego moderno.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

PONTEVEDRA VIGO

OURENSE

cantais

cantades cantades cantás cantandes cantandes cantais

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 2 33
A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL cinco cinco ves vez sinco sinco sinco/cinco ves/vez gheada/non gheada gheada non gheada A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL cuatro catro catro/cuatro A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL moito/muito
A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL tu ti llo llelo A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL il iste esto el este esto isto isto A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bloques e áreas do galego

3.1. Bloque occidental

O bloque occidental abrangue a metade occidental das provincias da Coruña e Pontevedra e unha zona no suroeste da provincia de Ourense.

O límite co bloque central vén marcado polas isoglosas camión/camiós e irmán/irmao Móstrase en xeral como un complexo lingüístico innovador.

Trazos característicos do bloque occidental

Seseo implosivo. ves, crus

Gheada. ghaliña, afagho

Metafonía nominal do -o final e do -a final. medo: /mɛdo/ [médo] ela: /éla/ /[ɛla]

Plural en -ns can/cans, xardín/xardíns

Terminación -an para o masculino e para o feminino. o irmán, a irmán

Forma ti para o pronome de segunda persoa suxeito. Ti es feliz.

Formas da p2 do pretérito de indicativo con vogal temática -e colleches, vendeches, foches

Área fisterrá

Caracterízase polo seseo explosivo e polo cheísmo. Diferéncianse dúas subáreas: a norte (Xallas) e a sur (Tambre, Barbanza) con características propias.

Subáreas da área fisterrá

• Ditongo -ui-: muito.

Subárea norte (Xallas)

Subárea sur (Tambre, Barbanza)

Cousas do demo

• Vogal temática -i- nas formas verbais da 3° persoa de singular do pretérito de indicativo dos verbos da 2ª e 3ª conxugación (colliu, partiu).

• Ditongo -oi-: moito.

• Vogal temática -e- nas formas verbais da 3° persoa de singular do pretérito de indicativo dos verbos da 2ª e 3ª conxugación (colleu, parteu).

Papá un día que viña das moçax tamên lle paçou un, unha couça deçäs que çempre, nunca cría no medo è çempre diçia:

—Çodes uns tolos, çodes así è çodex andando. È entonçes el unha vegh viña dagh moçax è tuvo unha pelea cun, cun hòme xa vèllo è díxolle que o había de ir ehgperar ó camiño. È entonçes el viña con algho de temor que o vèllo viñèra eghperalo a el ó camiño.

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 3, Manda, Coiro, Mazaricos).

As diversións e a mocidade de antes [...] Eu salín de alí, meus hòmes, fomïando. Salín por alí fomïando por arriba polo camiño arriba astra cheghar á casa. Aquèla noite non dormín.Foi unha couça que Dios nos libre que, Dios nos libre que hoxe çintiran o que çintíamos nós daquèla! Hoxe non hai verghonça: tanto lle tèn que lle dighan que vaia como que non vaia. [...]

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 4, Roo, Santa María de Roo, Noia).

O ARQUIVO DO GALEGO ORAL

Amplía información sobre as areas dialectais e localiza máis etnotextos na páxina web do Instituto da Lingua Galega, Arquivo do galego oral (www.ilg.usc.es/ago).

cinco/sinco des dez

dez/des

34
3
A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO SANTIAGO DE COMPOSTELA FERROL sinco cinco sinco cinco

Área bergantiñá

Caracterízase pola ausencia de seseo prenuclear (cinco, e non sinco) e de cheísmo (vinte, e non vinche).

A raposa de morrazos

Chamábanlle a raposa de morrazos. È víana moitos, eu nunca a vin. È nôs, íbamos ó muíño de noite, moito de noite. Se cadra inda ibamos durmir un anaco è levantabámonos è íbamos ó muíño. È por aquí abiaxo, berraba o bicho. Pò nôs nunca vimos, unhas carpas si, que as sentimos moitas veces. Pò disque bota lume pola boca, è nôs bueno, tamên nos miramos moito pa riba. Porque eu vina un día na tèlèvisiòn è botaba bafaradas de lume pola boca.

(...)

Vin a que, a que lle chaman raposa dos morrazos, ê coma un, nin ê animal nin ê cristiano, así da feghura dun... aghora que aí en Cereixa, estaban sentados ó, ó vran, así a, è víana todos, pasaba: Rrrr, rrr! Ueee, ueee, ueee!

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 1, Soutullo, Eerbecedo, Coristanco).

Área pontevedresa

O límite coa área fisterrá márcao a isoglosa do cheísmo, presente ao norte, ausente na área pontevedresa.

Divídese en dúas subáreas que ofrecen unha gran riqueza de variedades dialectais: a subárea norte (Ulla-Umia) e a subárea sur (Verdugo-Miño).

Subáreas da área pontevedresa

• Demostrativo: esto.

• Ditongo -oi-: moito.

Subárea norte (Ulla-Umia)

Subárea sur (Verdugo-Miño)

• Vogal temática -e- nas formas verbais da 3° persoa de singular do pretérito de indicativo dos verbos da 2ª e 3ª conxugación (colleu, parteu).

• Demostrativo: isto.

• Ditongo –ui-: muito.

Microsubárea do Baixo Miño

Presenta uns fenómenos específicos:

• Teísmo. Díxente no canto do común díxenche; este fenómeno dáse só no Baixo Miño.

• Confusión dos ditongos -oi-/-ou-: coiro/couro, vasoira/ vasoura

• Aparición dunha vogal anterior media pechada en palabras como neve, muller, queres, nas que é común unha vogal anterior media aberta.

O oficio da pesca È eu, vamos este vran, acordámonos Tarsio, è mais un amigo meu de aquí que anda na miña clase. Acordámonos tarde è meu pai prestounos unhas nasas, que son nasas portuguesas, nasa güeveira tamên se lle chama, son redondas; è acordamos tarde pèro, aínda anduvèmos dúas semanas, a èlas, è botamos por detrás do muèlle de aí de Aldán.

È hubo unha semana que collemos bastante, pa ser, a primeira vez, collemos, colle[mos], fómolas a vender, non sei cantos quilos serían de nêcoras, que máis bèn viñan nêcora, porque largábamos á tarde è collíamos á mañán, porque a nêcora entra máis bèn pola noite; è collíamos pola mañán. È viña bastante nêcora.

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 11, O Hío, Cangas do Morrazo).

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 2 35

3.2. Bloque central

O bloque central comprende a totalidade da Galicia central, incluídos os falares do nordeste e interior da provincia da Coruña e o interior da provincia de Pontevedra, así como as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental.

O límite co bloque oriental vén marcado pola isoglosa camiós/camiois. Trátase dun complexo lingüístico menos unitario ca os outros. Presenta algunha innovación morfolóxica peculiar e aparece como unha zona de transición onde se dan algunhas características dos outros dous bloques.

Neste bloque diferéncianse catro subáreas: a mindoniense, a central de transición, a lucu-auriense e a área oriental de transición.

Trazos característicos do bloque central

Ausencia de seseo. vez, cruz

Gheada, na zona occidental, e ausencia de gheada, na zona oriental. ghaliña / galiña

Ditongo -oi-. moito, noite, coiro, troita...

Plural en -s can/cas, xardín/ xardís

Terminación -ao para o masculino e -á para o feminino. o irmao, a irmá

Pronome suxeito de 2° persoa ti, no occidente, e tu, no oriente. ti / tu

Formas da p2 do pretérito de indicativo con vogal temática -i colliches, vendiches

Área mindoniense

Na p4 e p5 do presente de subxuntivo de todas as conxugacións presenta unha vogal medio aberta, /ɛ/, como sufixo modo-temporal: cantemos, collemos, partemos fronte ao galego común cantemos (coa vogal tónica media pechada) collamos, partamos

Esta área rexistra tamén formas verbais propias (seña, esteña no canto de sexa, estea) e algunhas voces específicas (biouteiro, felgo, cimo, golpe e barruzar en vez de sabugueiro, fento, grelo, raposo, orballar).

Área central de transición

Diferénciase da mindoniense polo emprego das formas do presente de subxuntivo do galego común (cantemos, collamos, partamos)

Distínguese da área lucu-auriense porque aquí usan as formas dos demostrativos este(s), ese(s), aquel(es), e as do pronome de terceira persoa el(es), propias do galego común.

Área lucu-auriense

Emprega as formas dos demostrativos masculinos iste(s), ise(s), aquil(es), e as do pronome de p3 e p6 masculino il(es) no canto das do galego común este(e), ese(s), aquel(es), el(es).

Ademais, nesta área pódense escoitar as formas do imperativo singular dos verbos da 2ª conxugación con vogal temática -u- (culle, turce, no canto de colle, torce) e -i(bibe, no canto de bebe), sobre todo nas falas ourensás.

Área oriental de transición

Diferénciase da lucu-auriense en que aquí se usan as formas este(s), ese(s), aquel(es), el(es); e do bloque oriental, en que o plural de palabras como can é cas (fronte ao plural típico destas voces no galego oriental cais).

Os novos inventos O meu marido traballa, ê akhènte de espetáculos, contrata orquèstas, bandas, atraciós, tèn grupos èlètrôkhenos, tèn bombas, tèn palcos, tèn de todo o que pòde facer un, unha, unha fèsta vir onda el è faille todo: fai, sácalle os contratos, faille as rifas, faille cos cartèles, faille todo. Chámase, ê un, ò sea xa fai once anos que traballa nesto do espetáculo, è, eu è mais o meu fillo pos traballamos aquí no, no bar.

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 8, Melide).

36
3
Bloques e áreas do galego

3.3. Bloque oriental

O bloque oriental abarca o galego do leste das provincias de Lugo e Ourense, así como o chamado galego exterior, falado no occidente das provincias de Asturias, León e Zamora.

Trátase en xeral dun complexo de falas moi conservadoras, aínda que presentan algúns trazos innovadores. O límite co bloque central vén marcado pola isoglosa camiós/camiois, sendo a segunda a forma propia do galego oriental para os plurais rematados en -n (can/cais, ladrón/ladrois)

A non ditongación de formas como pedra ou roda marca o límite do galego exterior con relación ás falas ástur-leonesas, onde se usan as formas piedra e rueda

Trazos característicos do bloque oriental

Mantemento do ditongo -ua- fronte a -a- no galego común. cuatro, guardar

Alternancia do ditongo -oi-, -ui- ou ausencia de ditongo. moito/muito/muto/mutio

Formas con -ax-, fronte a -aix-, no galego común. baxo, caxa

Terminación en -in, fronte á común en -iño, agás na zona sur. camín, padrín

Plural en -is para as palabras rematadas en -l, agás na área asturiana (animales, caracoles) animais, caracois

Formas p1 dos pretéritos de indicativo. cantein, cantén

Formas do futuro de indicativo. cantarein, cantarén

Forma -is para o sufixo número-persoal de P2 do plural. cantais, cantabais

Área asturiana

Caracterízase polos seguintes trazos:

• Terminacións -íus, -ías (molíus, sardías)

• Vogal temática -i- na p2 dos preteritos de indicativo irregulares (tuviche, dixiche, en vez tiveches, dixeches).

• Conservación do timbre etimolóxico medio aberto en palabras coa vogal media trabada por nasal, como ben, fonte, ponte, e mesmo apertura antietimolóxica en formas como lombo, canción

• Conservación do -l- intervocálico latino, en formas como avolo, molín no canto das comúns avó, muíño

Área ancaresa

As características máis salientables desta área son:

• O emprego de vogais nasais: cães, vecı˜a, u ãs.

• A gheada (amigho, ghalo)

• A palatalización do a tónico (irmä, pädre no canto de irmá, padre).

• Formas de pretérito de indicativo co morfema –í- como sufixo número-persoal da p1 (collí, partí, fice no canto das comúns collín, partín, fixen)

Área oriental-central

A diferenza da anterior, non presenta vogais nasais, nin formas como collí, partí, fice. Tampouco se rexistran as terminacións -íu(s),-ía(s), senón -iño(s), -iña(s), co singular en -in ou en -iño (padrín, padriño/padriños)

Encontro cun xabaril Fumos eu ia outro nino a un pinar, aí á, á Sorbeira, ia vimos un xabaril, unha guaxa con guaxos, iè eu, a guaxa xoghaba pal lado de arriba i-èu lle dixe al outro: «Vete pal lao de arriba i-èu quedo del lao de abaxo». Peró resulta que taba el xabaril, el macho ia, empezou detrás de nós, subimos a un pinar, a un pino, ia, el xabaril col fucín empezou a, a fincar el turruco del pino; ia, nós, collimos úa piña das gordas iè se las tirèmos na cabeza, i-e´xabaril escapou.

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 3, Pereda de Áncares).

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 2 37

Área zamorana

As características máis relevantes desta área son:

• Os pretéritos collí, partí, fice

• O uso do alomorfo o, do pronome átono de complemento directo, despois de forma verbal rematada en ditongo decrecente (haio, seio, canteio, deixouo no canto das comúns haino, seino, cantouno, deixouno).

3.4. Trazos característicos dos bloques e areas

A continuación, expoñemos de forma esquemática as características dos bloques dialectais do galego e as súas áreas.

Como vimos, ao longo da unidade, os trazos dialectais poden clasificarse segundo a compeñente gramatical na que se producen, de forma que existen trazos fonoloxicos, morfolóxicos e sintácticos. A variación dialectal tamén afecta ao vocabulario, dando lugar a trazos léxicos.

No Arquivo do Galego Oral (AGO www.ilg.usc.es/ago) podemos acceder a un banco de textos orais que configuran un atlas da oralidade viva a lingua galega.

Bloque occidental Bloque central Bloque oriental camións/cans irmán/chan/man/lan/irmán

seseo parcial

gheada

metafonía nominal colleches/vendeches/foches ti

camiós cas irmao/chao/mao/la/irmá

non seseo

gheada

ditongo –oi–colliches/vendiches/fuches ti ~ tu

camiois/cas ~ cais irmao/chao/mao/la/irmá

non seseo cuatro/cuando/cual paxarín colliches/vendiches/fuches cantais/cantabais ti ~ tu

Área fisterrá Área mindoniense Área asturiana

seseo total cheísmo

SUBÁREA Xallas ditongo -uicolliu/partiu

SUBÁREA

Tambre -Barbanza

ditongo -oicolleu/parteu

cantemos/collemos/partemos

Léxico particular: biouteiro (sabugueiro), felgos (fentos), golpe (raposo), cimón (grelo)...

animales/papeles

Artigo el ~ l’ veciu(s) / vecía(s)

Área pontevedresa Área lucu-auriense Área ancaresa Área zamorana

seseo (costa)/non seseo (interior) iste, ise, aquil/il

SUBÁREA do Miño

ditongos -ui-/-oi-/-ouvogal pechada en: quero/neve isto, iso, aquilo

Microsubárea Baixo Miño cantandes/cantais tu teísmo

Microsubárea da Limia Baixa Riqueza e variedade de consoantes sibilantes sonoras

vogais nasalizadas gheada

paxariño collí/partí teísmo

Galicia ou Castela Mira, eu vouvos a decir, non teño nada en contra de Castilla; pèro si muto a favor de Galicia, porque nós a nòsa vida, todas as transaciois de todas estas cousas, facémolas con Galicia: ventas iè compras iè todo eso, ê con Galicia. En cambio, os asuntos de papeleos iè mêdico iè todas estas cousas temos que o facer con, con Zamòra, Zamòra capital; porque xa vos digo, pertenecemos así. Pèro eu son partidario de que, si sería partidario, non sei, non renunciar á, á cidadanía, esto, castellana i-àzquirir a gallega; pèro sería partidario de que, de que, nos arrimèramos a Galicia, complètamente.

A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego, Consello da Cultura Galega (Etnotexto 9, Hermisende, Zamora).

38
3 Bloques e áreas do galego

Actividades

2 Accede á web do Consello da Cultura Galega e ao Arquivo Sonoro de Galicia. Localiza os audios da recompilación A Nosa Fala, que acompañan os contidos desta unidade.

• Escoita os audios e intenta discernir as características dialectais de cada extracto.

3 Indica as características dialectais dos seguintes textos. Adscríbeos a un bloque e se é posible a unha área lingüística.

Texto 1

Ás uito marchar pó mar, pä nêcora ¿èh? Entónsese traballar toda a nuite, a lanses, cada lanse unhä hòra. Entonses sácase o märisco è lárghase, se non se còllen äquí poise sepárase se cadra dousentogh metros ou unha milla ou dúas millas; eso depènde.

Texto 2

Esisten aquí nel puèblo unhas agrupaciòis, que tan encaminadas a ser pauta para irse mellorando. Hòi, hai unha de cuatro vecíus, que pòde poñer camín de cèn vacas, si lles axudan, el Estado, Òrdenación Rural i Estènsión Agraria, con servizos tênicos...

Texto 3

Por eghèmplo, así canciós ór mozos dos outros puèblos pa que viñèran aquí á ruada è entonces empezaban. Iban pá ruada. ¡Èra moita ruada! Pèro celebrábase millor, pasábase moito millor naquèlar ruadas que aghòra se pasa nas millores discotècas.

Texto 4

Coñeces a moitísima xènte, ò sea, xènte que conocemos en Madrí, andaluces, catalás, eu que sei, ábreste moito ¿non? È, iba a tòpe o barco. Èra enòrme, eu cando subín è tal, dixen eu: «¡Diós! Esto ê como Vacaciós», a película aquela, «Vacaciones en el mar», pèro, sòlo que en vez de ser un crucèro por onde èra aquil, este èra por o Meditèrráneo.

Texto 5

È buèno, façemos papas, fixèmos papas, è, è cada un truio o çeu açúcar; èra Carmiña de Pláçido, èra, dòn Manuèl o, o, marido; èra, Ghoçê María, èra Roçalía, Perfeuta è Malucha è eu. È, è fixêmolo no muíño, nunha lareira que había alí; è, ¡ai!, èra Miluca de, de Conexo, tamên; è fixèmos nôs as papas è cada un truio o çeu açúcar. Botámolle leite cunha mighalla de leite condènçado, botámoslle o açúcar, estabámola, estabamos... Compramos uns fueghèrillos, estabamos a, a comere, empezaron a botar nos fuèghèrillos, è comémolase, no pè que había á pòrta.

Texto 6

Hai mutas fèstas de verao así moi típicas de aquí, que ê cuando imos todos ás fèstas. Despois en invièrno... este ano caiu úa pancada ghrandísima. Entonces tuve que me quedar us fines de semana eilí en Fabeiro; è nada, tiña úa cara de alegría que vamos. E de inverno todo’l mundo eiquí así tod’el tempo.

Textos tomados e adaptados d’A nosa fala. Bloques e Áreas lingüísticas do galego. ILGA, Consello da Cultura Galega.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 2 39

Repaso da unidade

Organizo a miña mente

Variedades xeográficas da lingua galega

Variación diatópica: conxunto das diferenzas lingüísticas de cada territorio ocupado por unha lingua histórica.

Variedade sintópica: cada unha das variedades xeográficas dunha lingua (dialecto)

Diferénciase doutros sistemas lingüisticos.

Alto grao de estabilidade interna.

Condicións dunha lingua (fronte a dialecto), segundo Manuel Alvar

Importante tradición literaria.

Norma culta.

Límites xeográficos precisos

Resistencia ante a presión doutros sistemas lingüísticos ou mesmo imposición.

Área fisterrá: seseo explosivo e cheísmo

Bloque occidental: seseo, gheada, metafonía, -ns, -án (masc. e fem.), ti, colleches.

Subárea norte (Xallas): muito, colliu, partiu.

Subárea sur (Tambre-Barbanza): moito, colleu, parteu

Área bergantiñá: seseo prenuclear e cheísmo

Área pontevedresa: ausencia de cheísmo

Bloque central: ausencia de seseo, gheada na zona occidental, moito, cas, xardís, irmao/irmá, ti (occidente)/tu (oriente), colliches, vendiches.

Subárea norte (Ulla-Umia): esto, moito, colleu, parteu.

Subárea sur (Verdugo-Miño): teísmo, coiro-couro.

Area mindoniense, área central de transición, área lucu-auriense, área oriental de transición.

Bloque oriental: cuatro, moito/muito/ muto/mutio; baxo, camín, animais/animales; cantein, cantén, cantarein, cantarén, cantais, cantabais

Area asturiana, área ancaresa, área oriental-centra, área zamorana

40
Acórdate de seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portfolio.

Aplica o aprendido

O galego: ficha e características básicas

Nome: Galego

Número de falantes: Aproximadamente dous millóns de persoas son falantes habituais de galego e medio millón máis emprégao como segunda lingua.

Localización: Galicia (noroeste de España), así como as zonas estremeiras de Asturias, León e Zamora. Existen tamén núcleos importantes de falantes galegos na emigración, sexa noutras rexións de España (Madrid, Barcelona, País Vasco e Illas Canarias), en Europa (Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Reino Unido e Holanda) ou en América (Arxentina, Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, México e os Estados Unidos).

Familia: Idioma hispánico, románico-occidental, procedente do latín, da rama itálica do indoeuropeo. Linguas parentes: O galego está estreitamente emparentado co portugués. Tamén ten relación con outras linguas románicas.

Dialectos: Os tres principais bloques dialectais son: (1) galego oriental, que inclúe os dialectos falados fóra da Galicia administrativa, dos que o máis importante hoxe é o galego de Asturias; (2) galego central, onde salientan a área norte ou mindoniense, e a área sur ou lucu-auriense; e (3) galego occidental, onde salientan a área fisterrá no norte e tudense e baixo limega no sur.

Os principais trazos dialectais:

Fonéticos: gheada (en lugar do fonema oclusivo velar sonoro /g/ existe un fonema fricativo ou aproximante, con realizacións xordas ou sonoras, en palabras como gato ou pagar), característica do galego occidental e boa parte do galego central; e seseo (presenza de /s/ nas mesmas posicións nas que en galego común hai un /θ/, en palabras como cen ou cazar), característico do galego occidental.

Morfolóxicos: nos substantivos, terminación -án (<latín –anu,-ana: irmán <latín germanu, germana) nos dialectos occidentais, fronte á terminación -ao (<latín - anu) e -á (<latín - ana) (irmao/irmá) dos dialectos dos bloques central e oriental; na formación do plural dos nomes rematados en -n, terminación -óns (<latín - ones) nos dialectos do bloque occidental, fronte á terminación -ós dos dialectos do bloque central e -ois nos do bloque oriental; nos verbos, o sufixo de persoa -is para a segunda persoa do plural (andais) nos dialectos orientais, fronte ao sufixo -des do galego común (andades). Os dialectos orientais (especialmente o galego de Asturias) posúen outras moitas particularidades.

http://consellodacultura.gal/arquivos/cdsg/loia/ficha.php?idioma=1

1 Completa a ficha do idioma con outros apartados que che parezan relevantes (antigüidade, aspectos legais …).

2 A non ditongación do e breve tónico e do o breve tónico latinos, xunto coas formas do plural das voces rematadas en –ón, marcan o límite oriental do galego fronte ao ástur-leonés occidental. Sinala algún exemplo dos trazos distintivos entre estas variedades románicas a partir das formas latinas terram, portam ou rationes

3 Procura información, nos enderezos que se achegan, sobre as falas galegas da serra de Gata, Cáceres, que resultaron das colonizacións medievais promovidas por Fernando II e polo seu fillo Afonso VIII rex Legionis et gaLLecie

• www.proel.org - Fala

• www.ethnologue.com - A fala

• Busca tamén en Youtube os videos relacionados coa Fala.

4 Repara no trazos dialectais que se recollen no texto e elabora unha ficha coas solucións da túa área de residencia. Fagamos un debate. A partir do coñecemento que tes acerca dos bloques e áreas lingüísticas, paréceche que o galego ten unha acusada variación dialectal ou mantén unha notable uniformidade, malia os trazos característicos dos seus diversos falares?

41 U 2 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA /

Morfoloxía 3

TRANSFORMAR A PRODUCIÓN TÉXTIL NA BUSCA DUN CONSUMO CONSCIENTE

Até 85% das pezas son desbotadas nos vertedoiros ou incineradas. Para producir un pantalón de algodón requírense arredor de 10.000 litros de auga. O poliéster tardará máis de 200 anos en descompoñerse. Aínda así, Greenpeace afirma que, de media, «unha persoa merca na actualidade un 60% máis de roupa e mantena a metade de tempo que hai 15 anos».

Tras ser conscientes destes datos, nestes últimos anos comezaron a xurdir marcas de moda que apostan por facer algo diferente na industria. A filosofía da moda sostíbel, denominada Slow Fashion, defende que, no canto de mercar quince camisetas baratas e usalas un par de veces, merquemos unha camiseta producida de xeito ecolóxico e a utilicemos varios anos.

Ademais, as grandes cadeas de moda contribúen a unha explotación laboral continua. «Actualmente o 87% dos zapatos fabrícanse en Asia, onde o salario mínimo é a metade do necesario para vivir con dignidade no caso de China ou unha quinta parte no caso de Bangladesh. Por outra banda, o persoal só leva o 2% do prezo final do calzado que fabrica», declara a ONG Ropa Limpia. [...]

Laura Veiga en Nós Diario (extracto).

Sobre a lectura

• Reflexionaras algunha vez sobre o impacto que as nosas pezas de roupa teñen sobre o medio ambiente?

• Estarías disposto/a a comprar roupa nunha tenda de segunda man?

➜ Plano aberto. Accede ao vídeo desta unidade en anayaeducacion.es

Que vas atopar nesta unidade

1 A Morfoloxía

2 Estrutura e clases de palabras

3 Repaso de Morfoloxía

A Morfoloxía é a rama da lingüística que estuda a forma das palabras, a súa estrutura interna, a súa formación e as distintas clases ou categorías gramaticais

Trátase dunha especialidade vinculada directamente coa Fonoloxía, a Sintaxe e a Semántica que nos permite entender mellor o funcionamento da lingua.

Desde o punto de vista morfolóxico pódense distinguir tres tipos de linguas:

• Linguas illantes, formadas por elementos con significado propio, moitas veces monosílabos, como é o caso do chinés mandarín.

• Linguas aglutinantes, constituídas por lexemas e afixos claramente separables, coma no caso do éuscaro ou o xaponés.

• Linguas fusionantes (tamén chamadas flexivas), igualmente formadas por lexemas e afixos, pero non tan doados de delimitar como nas aglutinantes. O galego, o portugués e o castelán son exemplos deste tipo.

Estrutura e clase de palabras

A palabra pódese definir como unha unidade lingüística con significado —léxico ou gramatical—, non mínima (pode dividirse en unidades menores con significación: os monemas), independente (pódese illar) e libre (está comprendida entre dúas pausas na lingua oral e entre dous espazos en branco na escrita)

Por exemplo, na oración O barco navegaba, formada por tres palabras (o/barco/navegaba), hai seis monemas (o/barc/o/naveg/a/ba) Unha palabra pode, en consecuencia, estar constituída por un ou varios monemas.

Os monemas son as unidades lingüísticas máis pequenas dotadas de significación en que poden descompoñerse as palabras, se ben hai monemas que constitúen palabras por si mesmos. Os monemas poden ser léxicos ou lexemas e gramaticais ou morfemas

Os lexemas

Os lexemas achegan o significado léxico ou conceptual de substantivos, adxectivos cualificativos, verbos e a maior parte dos adverbios

Os lexemas poden ser independentes, se constitúen palabra por si mesmos (casa, brétema) ou dependentes, se precisan doutros monemas para formar palabras (pens`pensar´)

Todas as palabras que teñen o mesmo lexema forman parte da mesma familia léxica

Por exemplo, galego, galeguista, uizar, galeguidade

Os contidos e cuestións da lectura inicial poden ser útiles para realizar os Desafíos que deixan pegada.

1
A Morfoloxía
2
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 43
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

Os morfemas

Os morfemas achegan significados gramaticais ou doutro tipo (lugar, acción etc.), determinan o lexema e, cando se unen a este, constitúen a parte variable da palabra

Os alomorfos son as posibles variantes que pode ter un mesmo morfema. Por exemplo, as variantes –s (leira-s) e –es (adestrador-es) son alomorfos do morfema de número; o mesmo sucede co prefixo des- (descompor), que ten as variantes de(deforme), dis- (dislexia), di- (difamar).

Os morfemas poden ser de dous tipos: independentes, se forman unha palabra por si mesmos (que, desde) e dependentes, se precisan doutros monemas para formar unha palabra (bio-, -ción, -s)

Tipos de morfemas dependentes

Flexivos ou desinencias. Van colocados despois do lexema ao final da palabra.

Flexivos ou desinencias

• Nominais: Achegan significados gramaticais de xénero e número.

galeg-a, son-s

• Verbais: Achegan significados de tempo, modo, aspecto, número e persoa. sufr-ía, anda-n

Derivativos ou afixos. Engádense ao lexema para formar novas palabras e modificar, concretar ou matizar o seu significado. Forman palabras derivadas ou parasintéticas.

• Prefixos: Antepóñense ao lexema e, en xeral, non cambian a categoría gramatical da palabra.

anti-estético, contra-poñer

Derivativos ou afixos

• Infixos ou interfixos: Non achegan significado e van no interior da palabra, normalmente entre o lexema e o sufixo.

pan-ad-eiro, can-c-iño, durmi-ñ-ón, cafe-t-aría

• Sufixos: Van ao final da palabra e poden cambiar a súa categoría gramatical. mobl-aría, fermos-ura

Actividades

1 Analiza e clasifica os lexemas das seguintes palabras.

aira barco chouselo

carballo cesteiro incomodar

histórico recompoñer teixo

desfigurado lúa radicalmente

porcallada rueiro xarda

2 Descompón estes termos en lexemas e morfemas e clasifícaos.

xantabamos vertedoiro carballeira

pequeniño agudas xogasen

paxaros equipamento solucionario reprogramación paporroibo impresora

Un xeito de saber se un elemento é un interfixo e non un sufixo previo a outro sufixo consiste en eliminar o sufixo final. Se o que queda é unha palabra que existe na lingua, trataríase dun sufixo e se non sería un interfixo

44

2.1. Clases de palabras segundo a súa estrutura morfolóxica

Desde o punto de vista dos compoñentes que as forman, as palabras poden ser: simples, derivadas, compostas e parasintéticas

Simples

Derivadas

Conteñen un só lexema (independente, ou dependente mais morfemas flexivos) ou un morfema independente.

Formadas a partir dun vocábulo preexistente, consisten na unión dun lexema a un ou varios morfemas derivativos (prefixos, sufixos, infixos).

As palabras derivadas poden selo por prefixación, por sufixación ou por prefixación e sufixación á vez (sempre e cando ao eliminar o prefixo ou o sufixo quede unha palabra que exista na lingua).

Compostas

Parasintéticas

Constan de dous ou máis lexemas ou de dous morfemas independentes.

Formadas por dous ou máis lexemas xunto con morfemas derivativos; é dicir, composición e derivación á vez

Formadas por prefixo + lexema + sufixo, sempre que ao prescindir de calquera dos dous afixos non resulte unha palabra existente no idioma. Así, por exemplo, na voz descarado non existe nin a forma *descarar nin *carar

Actividades

rato, libros, de, can

Prefixación: bilingüe, promover Sufixación: porteiro, colorar, Prefixación + sufixación: infelizmente, extraxudicial

ollomol, gardalama, porque, cartafol

botafumeiro, bibliotecario

envellecer, repatriar, anoitecer, axeonllar

3 Analiza a estrutura morfolóxica destes vocábulos e indica o proceso de formación de palabras que tivo lugar en cada caso.

leonciño radiotelefonista nación alquitareiro

aterraxe preconcibir pregariamos cuadrúpedo espionaxe traballadoras desigualdade invulnerable milpernas antropomorfo pegañento acéfalo

calcapapeis paporroibo bulebule afialapis

4 Clasifica as seguintes palabras segundo o seu proceso de formación, en simples, derivadas, compostas ou parasintéticas.

reviravolta subterráneo botafumeiro antonte

contraindicación empanada vacaloura inutilmente cadeira desfacer quiromancia imposible

río peixe sapo microclima neotrobadorismo

enclaustrado gas polifacético extracomunitario

5 Escribe varias palabras derivadas de cada unha destas simples.

casa xuízo poñer meiga

páxina lúa mar libro

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 45

2.2 A formación de palabras

A lingua necesita novos termos cos que nomear os obxectos que se van descubrindo; por iso dispón de varios procedementos para formar novas palabras.

A imitación

Dá lugar a onomatopeas. O significante reproduce o ruído ou son que se designa ou ben fai referencia ao animal ou obxecto que o emite: paspallás, cuco, zigzag, tictac, nana, cacarexar.

A derivación

Consiste na adición dun morfema derivativo (prefixo/sufixo) a un lexema.

• Se se engade un prefixo, falamos de prefixación, por exemplo: antepoñer, preconcibir, desfacer, reconstruír, supermercado, etc.

• Se se engade un sufixo, falamos de sufixación por exemplo: vertedoiro, mariñeiro, navegante, mullerona, etc. .

Tipos de derivación

Os prefixos son morfemas derivativos que se colocan diante do lexema ou palabra base para alterar ou modificar o seu significado, pero non a súa categoría gramatical.

Prefixación

Clases

• De orixe latina: abs-, ambi-, bi-, des-, hipo-, omni-, pos-, pre-, sub-

• De orixe grega: anfi-, anti-, auto-, epi-, hemi-, hiper-, hipo-, meta-, micro-, mono-, peri-, poli-, tele-.

Os sufixos son morfemas que se colocan detrás do lexema ou palabra base e poden modificar o seu significado e/ou a súa categoría gramatical.

Clases

• Alterativos ou apreciativos. Non modifican o significado básico do lexema, senón que engaden matices expresivos ou afectivos.

Aumentativos: indican dimensión ampla (librazo, homazo), fealdade (cabezón) ou grandiosidade (festón)

Os máis frecuentes son: -azo/a, -ón/ona, -udo/a, -etón/etona

Sufixación

– Diminutivos: indican pequenez (buratiño, carriño) e, nalgúns casos, tamén afectividade (filliño, pobriño) Son sufixos diminutivos: -iño/a, -elo, -ico/a, -echo/a

– Despectivos: indican desconsideración ou desprezo (avogaducho, casoupa)

Son despectivos ou pexorativos: -aco/a, -acho/a, -án/ana, -exo, -oupo/a, -ucho/a, -uz

• Derivativos. Transforman a significación xeral do lexema e poden modificar a categoría gramatical da palabra.

Algúns sufixos derivativos son: -ado/a, -án/á, -axe, -dor/a, -deiro, -doiro, -edo, -eiro/a, -ncia, -ume.

Aínda que normalmente na derivación a palabra nova resulta da adición de prefixos e/ ou sufixos, co cal é máis extensa que a primitiva, existe tamén a denominada derivación regresiva, que consiste na redución da palabra primitiva mediante a supresión de afixos.

É, por exemplo, habitual a xeración de substantivos a partir de verbos (de queixar, queixa; de cargar, carga; de pescar, pesca; de escoller, escolla; de fuxir, fuga), aínda que non sempre é así (de lexislador, lexislar

46

A composición

A composición consiste na asociación de dous ou máis lexemas ou de dous morfemas independentes.

Hai varios tipos de composición con características específicas: compostos patrimoniais, compostos cultos, compostos ortográficos e compostos sintagmáticos.

Tipos de composición

Compostos patrimoniais

Unión de dous ou máis lexemas que se usan de forma illada na lingua (beiramar, fincapé, abrelatas) ou de dous morfemas independentes (porque).

Creados a partir de lexemas cultos latinos ou gregos que hoxe non se empregan de forma independente na lingua común. Estes radicais cultos presentan as seguintes propiedades:

• Pódense combinar entre si: biblio (‘libro’) + teca (‘caixa’, ‘almacén’).

Compostos cultos

• Poden ocupar a posición inicial ou final na palabra composta: cromoterapia/ polícromo; fonoloxía/megáfono

• Poden formar palabras simplemente engadíndolles un afixo: á-grafo/graf-ía.

A composición culta é un dos procedementos máis produtivos para a creación de terminoloxía científica e técnica: cefalópodo, lexicoloxía, endoscopia

Compostos ortográficos

Formados pola fusión de dous lexemas nunha soa palabra. O procedemento que se usa para a súa formación denomínase xustaposición, xa que se produce a total fusión gráfica dos elementos participantes. cabodano, lobishome, paporroibo, rañaceos, sacarrollas.

Formados por dous ou máis elementos que, posuíndo un único significado, non se fusionan nunha soa palabra. Neste caso poden utilizarse tres procedementos para a súa formación:

Compostos sintagmáticos

• Disxunción. Dous elementos sen soldar graficamente: porco bravo, porco teixo, opinión pública, peixe sapo, caixeiro automático.

• Sinapsia. Dúas unidades léxicas cun elemento de relación no medio: estrela de mar, pano da cabeza, cadeira de brazos, mando a distancia, arco da vella.

• Contraposición. Dúas unidades léxicas unidas por un guión: galegoportugués, teórico-práctico, hispano-francés

Tamén se poden formar novas palabras mediante a unión dun elemento culto e outro patrimonial. Nestes casos consideraremos como afixos os elementos cultos e, en consecuencia, como derivadas as palabras resultantes. Por exemplo o vocábulo hipermercado sería unha palabra derivada por considerarmos a forma hiper- como un prefixo.

A parasíntese

A parasíntese é un procedemento de formación de palabras por medio da composición e da derivación, de forma simultánea.

Tipos de parasíntese

Un lexema con prefixo e sufixo ao mesmo tempo (prefixo + lexema + sufixo), sempre que ao eliminar calquera dos dous afixos non quede unha palabra que exista no idioma. Así, por exemplo, en descartar non existe nin *descart nin *cartar

Composición e derivación ao mesmo tempo (lexema + lexema + sufixo).

aterrar, avergonzar, desesperación

misacantano, paracaidista

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 47

O acurtamento

O acurtamento é un procedemento que consiste na redución do significante dunha ou máis palabras.

Tipos de acurtamento

Pode ser de varios tipos: simple, composta e complexa (sigla)

• Simple. Fundaméntase na representación dunha palabra na escritura con unha ou varias das súas letras: r. (rúa), Sto. (santo), Cía. (compañía), admón. (administración), Dra. (doutora), fig. (figura), avda. (avenida), íd. (ídem), páx. (páxina).

• Composta. Resulta da redución de fórmulas estereotipadas constituídas por varias palabras: Vº e P. (Visto e Prace), d.e.p. (descanse en paz).

Abreviatura

• Complexa (sigla). As siglas son abreviaturas formadas por unha ou varias letras iniciais das palabras que integran unha secuencia sintáctica. Son substantivos que adoptan o xénero da primeira palabra a partir da cal se forman.

Pódense escribir en maiúscula (CD, AGAL, ADN, COI, RAG); en minúscula, se están totalmente lexicalizadas (sida , ovni); ou a letra inicial en maiúscula e o resto en minúscula, como na denominación das institucións ou organismos (Renfe, Once, Sergas)

As siglas son moi produtivas para denominar institucións, organismos, compañías comerciais ou determinados produtos.

A abreviación consiste na redución do corpo fónico dunha palabra: cine < cinematógrafo, moto < motocicleta, Rafa → Rafael, tele → televisión, Fran → Francisco, súper → supermercado, quilo < quilogramo.

Abreviación

A combinación

• Un caso especial é a acronimia que consiste na unión dos dous extremos de dúas palabras: automóbil + ómnibus > autobús, motorist + hotel > motel, cibernética + astronauta → cibernauta María + Luisa → Marisa, transfer + resistor → transistor.

• Tamén se consideran acrónimos as siglas lexicalizadas e adaptadas ás normas ortográficas e gramaticais da lingua: radar, láser; Once, Sergas

• Outras fórmulas de abreviación están constituídas polos símbolos, que teñen un carácter universal e son empregados na ciencia e na técnica. Algúns exemplos de símbolos: S (xofre), Ag (prata), W (oeste), Mb (megabite), kg (quilogramo

A combinación é un tipo de formación de palabras no que partes de dúas palabras ou palabras e partes doutras se combinan para producir un derivado cun significado resultante do cruzamento entre os constituíntes: cantante + autor > cantautor, morfoloxía + sintaxe > morfosintaxe.

Outros procedementos

Outros procedementos para a formación e introdución de palabras novas na lingua, ademais dos xa estudados, constitúeno os préstamos (termos necesarios tomados doutras linguas) e os neoloxismos (palabras ou expresións novas).

En galego temos préstamos procedentes dunha boa parte das linguas do mundo, como chalé (do francés), chicle (do náhuatl), chequear (do inglés), vermú (do alemán), karaoke (do xaponés), mochila (do vasco), capicúa (do catalán) e neoloxismos como seropositivo, viral ou tuitear.

As abreviaturas simples e compostas diferéncianse dos outros tipos de acurtamento porque:

• Levan punto ao final da redución: corp. (corporación). Nas compostas, cada palabra leva punto e vai separada por un espazo: loc. adv. (locución adverbial).

• Fronte aos acrónimos, abreviacións e siglas, que se len tal como están escritos ( radar lese «radar»; mili lese «mili»; ONU lese «onu»), as abreviaturas lense na súa forma plena (loc. prep. lese «locución preposicional».

48

Actividades

6 Determina que procedemento de formación de palabras se empregou nestes exemplos.

suba infraestrutura a.m. paspallás samesuga prepotencia cine ornitoloxía chiar miañar beirarrúa petróleo pano da man peixe porco autobús morfosintaxe CPU conferencia de prensa

7 Identifica o prefixo de cada palabra e explica o seu significado. pluriemprego posmoderno intransixente anormal expectorar retroproxector traspasar cooperar hipertensión endocrinólogo hemiplexía hipertrofia

8 Constrúe o maior número posible de palabras cos seguintes prefixos gregos e latinos.

supra- extra- a-/-ansi-/sin- anfi- epimeta- retro- intrapseudo- peri- infraultra- sub- prehiper- anti- neoiIdentifica os sufixos das seguintes palabras e di que valor teñen. covardía honradez bondade laboratorio tolerancia carpinteiro soldadura opúsculo

9 Explica o significado dos sufixos alterativos destas palabras. mesiña casarello cabanela soutelo saqueta festaza casoupa lugarexo

10 Constrúe o maior número posible de palabras cos sufixos seguintes.

-echo -menta -dor -úsculo

-exar -ético -udo -eo

11 Combina os seguintes sufixos con algún dos topónimos que figuran a continuación para formar os xentilicios correspondentes.

Sufixos

-án/-á, -ense, -ino/-ina, -ao/á, -és/-esa

Topónimos

Culleredo Monforte de Lemos Ponteareas

Camariñas A Gudiña Moaña

Portomarín Burela Ribadeo

Chantada A Fonsagrada Cedeira Silleda

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 49

Actividades

12 Di se as palabras co sufixo diminutivo -iño das seguintes oracións adquiren un valor pexorativo, aumentativo, de pequenez ou de cariño.

– Anda, vaite por aí cos teus amiguiños!

– Vive nunha aldeíña de mala morte.

– Eu téñoche moitos amiguiños.

– A vaquiña, polo que vale.

– Gastaba uns zapatiños que pasaban desapercibidos.

– Vouche apuradiño; non te podo atender agora.

13 Inventa exemplos onde se aprecien os diferentes valores do sufixo -iño

14 Explica o significado das seguintes palabras compostas.

papaventos pan de sapo cadela de frade

azoutaburros picapeixe escornabois

reviragancho furafollas fervellasverzas

omnímodo agorafobia parasol

chuchamel peixe sapo calcapapeis

15 Indica os procedementos (sinapsia, disxunción etc.) utilizados para a formación dos seguintes compostos.

galego-portugués cefalorraquídeo bocarribeira pano da man xirasol garda civil, altofalante repousabrazos estereofónico.

16 Di cal é o sentido de cada unha das seguintes raíces cultas gregas. Despois constrúe palabras con estas raíces (lembra que algunhas funcionan como primeiros elementos da composición e outras como segundos elementos) e indica o significado das palabras resultantes.

andro- -alxia antropo- -fobia

cito- -lito hetero- -scopia

ictio- quiro- topo-

17 Fai o mesmo cos seguintes radicais latinos.

equi- -cida pedi- -fugo

agri- -voro ambi- -cola

18 Relaciona as palabras das dúas columnas e forma palabras compostas. Despois indaga cal é o significado de cada unha delas.

discos

nomio

video grafía traba mar

hidro porto lapa terapia prea talaso

50

Actividades

19 Explica por que as seguintes palabras son parasintéticas. ensuciar aluar abotoar entolecer ultrasónico

20 Os acurtamentos poden facerse por aférese, mediante a eliminación da parte inicial da palabra como en [auto]bús; por síncopa, mediante a supresión e fonemas no interior da palabra como en Bar[celo]na; ou por apócope, mediante a elisión da parte final da palabra como en bici[cleta].

• De acordo con isto, di cales son as formas abreviadas das seguintes palabras e que proceso se levou a cabo en cada caso.

policía Guadalupe taxímetro

milicia Francisco doutor

metropolitano autobús otorrinolaringólogo

21 Comenta unha páxina de anuncios por palabras dun xornal galego e achega exemplos de palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas, se as hai.

22 Distingue se son siglas, acrónimos ou abreviaturas e di que significan. opa FM cibernauta

partotel Maribel ILG

SOGAMA cit. modem

23 Explica que expresan estas siglas.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 51 xogo bomba avión toca linguas heli poli caco
AS-PG MNL AFNL AELG CPU ANPA BNG ESO FED OCDE UNESCO DOG

2.3. Familias léxicas

Un campo léxico ou familia léxica é un conxunto de palabras de calquera categoría gramatical que teñen en común un mesmo lexema (cabeza, cabecear, cabezada, cabeceira, cabeceiro, cabeceo, descabezar, encabezar...)

As familias léxicas poden ser:

• Regulares. Cando o lexema da palabra primitiva e o de todas as derivadas é exactamente o mesmo.

• Irregulares. A convivencia de formas cultas e patrimoniais orixina pequenas diferenzas no lexema.

Actividades

24 Achega o maior número posible de palabras da familia léxica de recibir, escribir e lei.

• Trátase dunha familia regular ou irregular? Razoa a resposta.

25 Partindo do seguinte fragmento da canción «Alan Lomax» de Ataque Escampe, realiza as actividades que che propostas:

Texto 1

Alan Lomax andou por aquí. Era o ano 52. Foi á Gudiña e a Ribadavia, pero non coñeceu o amor. Con sandalias e calcetíns, preocupado pola tradición, foi ao Hío e a Soutoxuste, pero non coñeceu o amor.

E todo é moi escuro desde hai algún tempo.

Esas voces que din que non te quero.

Está a alma en pena de Michael Jackson facendo cola para entrar no inferno.

Ten moito ollo coas psicofonías que din o que non lle podes dicir a un estranxeiro.

Alan Lomax andou por aquí e tratárono como a un señor: Probou as luras e os berberechos, pero non coñeceu o amor.

a) Identifica e clasifica os monemas das palabras subliñadas.

b) Busca no texto:

• Tres morfemas independentes.

• Tres morfemas derivativos.

• Catro palabras simples.

• Tres palabras derivadas.

• Dúas palabras compostas.

• Unha palabra parasintética.

c) Atopas algún caso de alomorfo?

Con sandalias e calcetíns, premía o rec en bañador. Mil señoras con pandeiretas, pero non coñeceu o amor. No tocadiscos soa Parole, parole, parole. Como sería un sábado antes de nacer nós?

Os mozos falanxistas botaban carreiras de sacos. Cantos fantasmas viven nese magnetofón?

E todo o mundo berra: que fale, que fale, que fale. Unha lágrima caeu na area da praia de Riazor. Son un xoguete roto, xa nunca me poñen na radio.

d) Di cal é o significado que achegan os sufixos –dor (bañador), -eta (pandeiretas), -ista (falanxistas).

e) Explica cal é o proceso de formación da palabra radio.

f) Crea as familias léxicas da palabras destacadas en letra grosa.

52

Desde o punto de vista semántico, os substantivos nomean todo o que existe (mesa, montaña...), todo o que imaxinamos que existe (inferno, trasno...) ou todo o que son conceptos abstractos (riqueza, saudade…)

Cómpre non confundir xénero e sexo. O xénero é un trazo gramatical, mentres que o sexo é un trazo biolóxico dalgúns seres vivos. Existen multitude de substantivos sen sexo, pero cun xénero determinado (o mapa, a pedra).

O xénero

Xénero masculino

Xénero feminino

o diadema, o couce, o leite, o dote, o labor, o mar, o sal, o mel, o til...

a dínamo, a síndrome, a servidume, a calor, a dor/dolor, a cor/color, a reuma, a paréntese...

Un único xénero gramatical para ambos sexos o apóstolo, o individuo, o verdugo, a criatura, a vítima, o ídolo...

Substativos diferentes para marcar o xénero (heternónimos)

Substantivos que mudan o significado ao seren empregados en masculino ou en feminino (homónimos).

O número

Substantivos que só se usan en singular (singularia tantum)

Substantivos que só se empregan en plural (pluralia tantum)

Substantivos que teñen significados distintos en singular e en plural.

alfaiate/costureira, bode/cabra, padrasto/madrasta, carneiro/ovella, cabalo/ egua, xenro/nora, actor/actriz, rei/raíña, boi/vaca, pai/nai, emperador/emperatriz...

o cura (párroco)/a cura (remedio); o cisma (separación, disidencia)/a cisma (teima); o radio (óso, elemento químico)/a radio (aparello emisor)...

adolescencia, caos, fe, importancia, leña, oeste, saúde...

arredores, condolencias, exequias, feces, nupcias, víveres, parabéns, cóxegas, honorarios, lentes...

o ben (virtude)/os bens (propiedades); o aire (da atmosfera)/os aires (aparencia); o amor (sentimento)/os amores (relacións amorosas)...

Acentuación diferente do castelán

Aguda alfil, chofer, cepelín, popurrí, quefir, radar, saharauí, sonar

Grave

Esdrúxula

acne, ágar-ágar, albumina, argon, arquidiocese, ástur, atmosfera, bérber, celtibero, cénit, ciclope, conclave, cripton, cuadriga, diocese, elite, esexese, fluor, hemiplexía, heroe, hipocondría, ibero, karate, libido, lígur, medula, mísil, neon, omoplata, paraplexía, parasito, paxaro, pelicano, pénsil, pentecoste, peristilo, perito, prénsil, radon, réptil, tetraplexía, téxtil, traquea, vertixe, xermolo.

aerólito, aeróstato, alvéolo, amálgama, anódino, aréola, auréola, biótopo, bronquíolo, carídaco, cóengo, décatlon, dínamo, díodo, eléctrodo, electrólito, énclise, endócrino, espécime, gladíolo, isóbara, mesóclise, óboe, olimpíada, péntatlon, período, petróglifo, próclise, psoríase, rícino, rubéola, térmite, termóstato, tríatlon, xeróglifo, xílgaro, vacúolo.

RECORDA

Algúns substantivos como fiel, cruel e truel son bisílabos, polo que o seu plural é fieis, crueis e trueis.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 53
3
O substantivo

3.1 A substantivación

Calquera palabra, expresión ou frase poden transformarse en substantivo desde o momento que se atopen acompañadas dun determinante.

A túa mesa é moi grande. (artigo)

Ese a do exemplo anterior é un artigo. (substantivo)

Teño tres amigos en Ribadavia. (numeral)

O tres é o meu número da sorte. (substantivo)

Mañá iremos á feira. (adverbio)

Oxalá teñamos todos un mañá mellor. (substantivo)

Ai! Se eu che contara! (interxección)

Operárono sen anestesia, pero non deu un ai (substantivo)

Actividades

26 Escribe correctamente os substantivos seguintes: exéxese páxaro pelícano

reptil amalgama acné

atmósfera diócese élite

cónclave misil parásito

alveolo olimpiada rubeola

27 Di cales son os substantivos colectivos que expresan un conxunto de:

a) Bens materiais ou espirituais que pertencen a unha colectividade.

b) Persoas reunidas.

c) Soldados.

d) Cóengos dunha catedral.

e) Dez mil unidades.

f) Brasas acesas entre a cinsa.

g) Gando miúdo propiedade dun ou varios veciños.

h) Peixes.

i) Cortizos de abellas.

l) Cardeais.

m) Palabras dunha lingua.

n) Conxunto de ovos dos peixes.

28 Forma o feminino de:

insán urbano erchán prior anfitrión abusón militante vacún bode compadre lerchán muradán

29 Pon en plural:

bucal control mecenas carril, corcel vivaz iceberg esquí lapis cartafol xiz escarpín

54

O adxectivo cualificativo precisa ou matiza o significado do substantivo ao que acompaña. Pode ser explicativo (neve fría) ou especificativo (cadeira verde)

Algunhas veces o cambio de posición do adxectivo pode implicar un cambio de significación:

Un simple problema (sen importancia)/Un problema simple (fácil de resolver).

Un falso criado (impostor)/Un criado falso (desleal).

Apócope

Algúns adxectivos como santo e grande presentan esta característica.

• A forma santo emprégase ante nomes propios masculinos que comezan por vogal ( (Santo André) ou coa palabra Cristo (Santo Cristo de Xende).

A forma apocopada san úsase ante nomes que comezan por consoante (San Xenxo).

• A forma plena grande úsase ante substantivos en singular que comezan por vogal (grande estima), mentres que a forma apocopada gran emprégase ante substantivos en singular que comezan por consoante (gran silencio).

Graos do adxectivo

Positivo

Presenta unha calidade sen intensificación nin comparación. (limpo)

Comparativo

Compárase unha calidade entre dous elementos ou dúas dun mesmo elemento.

De superioridade

máis + adxectivo + ca + pronome persoal Máis limpo ca ti.

máis + adxectivo + do que + forma verbal conxugada Máis limpo do que estaba.

máis + adxectivo + ca/que + outras categorías Máis limpo ca/que Fiz.

tan/tanto + adxectivo + coma + pronome persoal Tan limpo coma ti.

tan/tanto + adxectivo + como + forma verbal conxugada Tan limpo como estaba.

De igualdade

tan/tanto + adxectivo + coma/como + outras categorías Tan limpo coma/como unha patena.

menos + adxectivo + ca + pronome persoal Menos limpo ca ti.

De inferioridade

menos + adxectivo + do que + forma verbal conxugada Menos limpo do que estaba.

menos + adxectivo + ca/que + outras categorías Menos limpo ca/que unha corte.

Intensificación da calidade dun elemento.

Absoluto

Superlativo

adverbios moi ben sufixos –ísimo/érrimo prefixos (súper, ultra etc.) repetindo o adxectivo

Anxo é moi alto. Anxo é altísimo. Anxo é superalto. Anxo é alto, alto.

Relativo o/a + máis/menos + adxectivo + de Anxo é o máis alto do equipo

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 55
4 O
adxectivo

Existen algunhas formas sintéticas para os comparativos e os superlativos:

Positivo grande pequeno bo malo alto baixo

Comparativo maior menor mellor peor superior inferior

Superlativo máximo mínimo óptimo pésimo supremo ínfimo

A adxectivación

Consiste na transformación dun substantivo en adxectivo.

Levaba unha camiseta laranxa moi bonita. Tense por moi home, o cal non é valentía ningunha.

As locucións adxectivas

As locucións adxectivas son grupos de vocábulos que cumpren a mesma función ca un adxectivo

Adoitan conter algunha preposición ou a conxunción como, aínda que pode haber outras estruturas. En ocasións poden ser substituídas por adxectivos.

Óscar ten un coche de segunda man (usado).

O que nos recibiu estaba coma unha cabra (tolo).

Moléstame moito a luz do sol (solar).

Actividades

30 Escribe adxectivos correspondentes aos substantivos de acordo co exemplo.

abdome abdominal abella prata bispo chumbo selo cabelo fígado terra

xeo irmán verán moeda soño vontade guerra pedra vento

31 Forma oracións comparativas enchendo os espazos baleiros:

a) Gústame …... Xoán …... ti.

b) Gústame ...... ir ao Carballiño …... ao Brasil.

c) Gústame ...... facer deporte …... pensas.

d) Gústame …... o bacallau ...... o polbo á feira.

32 Corrixe os posibles erros nestas oracións comparativas:

a) Vós tedes tanto dereito como nós.

b) A película resultou tan divertida coma pensaba.

c) Sempre pensei que ela tiña máis anos ca min.

d) Prefiro o frío do inverno que a calor do verán.

56

Os artigos son morfemas átonos, sen significado propio, que preceden sempre o substantivo (aínda que tamén poden ir diante doutras categorías).

Funcionan como determinantes dentro dunha FN (frase nominal).

Poden ser determinados (o, a, os, as) ou indeterminados (un, unha, uns, unhas).

• Os determinados contraen coas preposicións a, de, en, con, por e poden facelo coa conxunción comparativa ca; os indeterminados, coas preposicións de, en, con

• Ademais das formas máis frecuentes dos determinados, existen tamén as denominadas segundas formas (lo, la, los, las), que só son obrigatorias:

– con guión, despois do adverbio interrogativo u: U-lo libro?

– sen guión, despois da preposición por: Pola beira

Usos e valores do artigo determinado

Anticipa un substantivo, individualizándoo. Atopei a caixa.

Pode ter valor de posesivo. Onte fun tarde para a (=miña) casa. Indica a totalidade dunha especie. O home é un ser racional. Úsase antes das horas e dos días da semana. Quedamos o martes ás (=a+as) sete.

Pode ter valor distributivo. Custou a dez euros o (=cada) metro. Ante nomes de persoas indica familiaridade. O Antón éche o meu mellor amigo.

Precede a algúns topónimos O Porriño é un concello moi industrial.

Intensifica o valor dun ser. O Dr. Bergantiños é o médico.

Non se usa en vocativos. Leonardo, ven aquí.

Non se usa para indicar acumulación. Chovéronlle denuncias, presións...

Usos e valores do artigo indeterminado

Indicar descoñecemento ou xeneralización. Diante do bar había un home fraco.

Pode ter valor aproximativo ou cuantitativo. Custará uns 30 euros. Indica a pertenza a unha familia. El era un Soutomaior. Úsase para designar as obras dun artista. Poxou por un Laxeiro.

Omítese en aposicións explicativas. Castelao, escritor galego, chegou...

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 57
5 O artigo

A maior parte dos adxectivos determinativos (tamén chamados determinantes pola función que realizan) poden funcionar tamén como pronomes

Como adxectivos determinativos, estas formas cumpren a función de determinantes dentro dunha FN:

esta mesa, meu pai, tres rapazas, algúns días, Que sorte!...

Como pronomes, funcionan como calquera substantivo, isto é, como N dunha FN que pode cumprir dentro da oración calquera das funcións que lle son propias:

Tráeme iso (CD)

O meu é mellor (SUX.)

Ese xersei é teu (ATRIBUTO)

Laura quedou oitava na carreira (PREDICATIVO)

Só conta con tres para a festa (COMPL. RÉX.)

6.1 Os demostrativos

Os demostrativos serven como sinaladores ou indicadores no espazo ou no tempo. Poden ser adxectivos determinativos ou pronomes, segundo acompañen un nome ou o substitúan.

Son variables en xénero e número (este/estes, esa/esas, aquela/aquelas) e, no caso dos pronomes, posúen formas neutras (isto, iso, aquilo)

As formas dos demostrativos contraen coas preposicións de (deste, daquelas) e en (nesa, naquilo) As formas masculinas e as femininas tamén contraen co indefinido outro (estoutro, daqueloutras), pero non as neutras (daquilo outro)

Algúns valores especiais dos demostrativos

aquel, aquela Significado impreciso, que varía segundo o contexto.

nisto, niso Valor adverbial (‘nese momento’).

daquela Valor adverbial de tempo (‘naquel tempo’, ‘naquela época’).

Actividades

33 Enche os ocos co demostrativo máis apropiado.

Pecha a aquela (= a porta) Ese rapaz ten o seu aquel (= encanto)

Estabamos ben e nisto chegou a decepción.

Daquela non había ordenadores.

a) ___________ que se ve ao fondo non é un incendio, senón unha fábrica.

b) ____________ non se pode consentir nunha sociedade democrática.

c) _____________ de aquí son os meus irmáns; _____________de aí, os meus curmáns;___________de alí, os meus tíos..

34 Sinala o valor das forma sinaladas e achega un sinónimo.

a) Nós daquela non pensabamos no futuro.

b) Nisto sae Xenaro e di que o feito non valía para nada.

c) Non cho vou repetir, daquela toma nota.

d) Colle a aquela e vai sachar as patacas.

58
6
Os adxectivos determinativos ou determinantes

6.2 Os posesivos

Indican unha relación de posesión ou pertenza con respecto a algunha das tres persoas gramaticais. Poden ser adxectivos determinativos ou pronomes e concordan en xénero e número coa cousa posuída).

Como determinantes van, polo xeral, antepostos ao substantivo e acompañados do artigo determinado (a miña nena, o teu piso...)

A presenza do artigo non é necesaria:

– con algúns nomes de parentesco: Meu pai é moi simpático; – nos vocativos e exclamativos: Miña rapaza, canto medraches!

O posesivo de propiedade exclusiva

• Marca unha relación de propiedade exclusiva.

• Formas: de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu.

• «De seu» tamén pode significar «por si mesmo» ou «por natureza».

Xa teño coche de meu

O muro caeu de seu

A rapaza é intelixente de seu

O posesivo distributivo

• Distribúe o mesmo número de elementos entre varios individuos.

• Formas: cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas.

• Vai sempre diante do posuído.

Comeron candansúa laranxa (= unha cada un).

Algúns valores especiais dos posesivos

Indica «familia».

Os meus viñeron onte de visita.

Valor aproximativo ou ponderativo. O señor Fiz xa terá os seus noventa anos.

Acción habitual nunha persoa. Fixen a miña ximnasia e fun para a cama.

Aquilo que é propio ou natural de alguén. O seu é a reparación de vehículos eléctricos.

O que adoita facer ou dicir alguén. Xa están eses facendo das súas.

Actividades

35 Transforma os enunciados introducindo as formas de meu, de teu, de seu, de noso...

a) Os meus amigos teñen todos coche propio.

b) O neno é delicado por natureza e ten que ir a rehabilitación.

c) A compra do equipo de música págoa con cartos que gaño eu.

d) Na casa do Couto tiñan un muíño en propiedade.

36 Cambia os enunciados introducindo as formas do posesivo distributivo:

a) Regalou a cada compañeiro unha motocicleta.

b) Cada un de nós levará un agasallo.

c) A avoa mercou a cada neta unha cadea de ouro.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 59

6.3 Os relativos

Os relativos son conectores de carácter anafórico, isto é, fan referencia a un elemento anterior do discurso, chamado antecedente, substituíndoo.

Funcionan, pois, como nexo introdutorio dunha oración subordinada adxectiva, pero tamén como N dunha FN dentro da oración subordinada, cumprindo así as funcións propias de calquera substantivo ou pronome.

– Que: As laranxeiras que plantou a avoa dan moitas laranxas. (CD na subordinada).

– Quen: Atopei onte a Xurxo, quen non me dixo nada da súa viaxe. (suxeito).

– Canto/a/os/as: Era moi coñecido por todos cantos alí vivían. (suxeito).

– Cal/es, precedido de artigo (o cal, a cal, os cales…): Este é o meu amigo, do cal xa che falara (complemento de réxime dentro da subordinada).

QUE

Pronome relativo Atopei o mozo que estaba buscando. Interrogativo ou exclamativo Nunca souben que había na caixa forte.

Conxunción completiva, causal etc.

Díxenlle que marchase. Que traballes non che garante vivir ben. Podes irte, que non necesitamos axuda. Adverbio Que intelixente era!

Introduce oracións de relativo, que poden ser:

Explicativas O ciclista, que era galego, gañou a carreira. Especificativas O ciclista que era galego gañou a carreira.

QUEN

Forma parte de varias expresións e frases feitas: «ser quen de», «ser quen a» = ser capaz de. Ti non es quen de chegar antes ca min. «facer coma quen que» = finxir, aparentar. Fixo coma quen que non sabía nada.

Adverbios relativos

Os adverbios cando, onde, como e canto son relativos cando poden substituírse por un pronome relativo (A casa onde nacín = A casa na que nacín).

Esta dobre función fai que as oracións que introducen, sendo subordinadas de relativo, oscilen entre as adxectivas e as adverbiais: Iso foi na época cando eu aínda era nena. (= na cal; indica tempo).

A cidade onde vivo ten o tráfico imposible. (= na que; indica lugar ). Non me gusta nada o xeito como me mirou. (= no que; indica modo).

Atrasou canto puido a súa decisión. (= todo o que; indica cantidade).

O relativo cuxo

Cuxo é un relativo posesivo especial xa que funciona como determinante dun substantivo co que concerta en xénero e número:

Trátase dun escritor cuxos libros están inéditos.

No concurso, pasaron a proba as participantes cuxos méritos certificaban o coñecemento da navegación a vela

Canto/a/os/as adoitan ter como antecedente o indefinido todo (e as súas variantes en xénero e número), aínda que estea omitido: Fixo caso de todas cantas recomendacións lle deron. Fixo caso de ( todas ) cantas recomendacións lle deron.

60

6.4 Os interrogativos e os exclamativos

Os interrogativos serven para introducir preguntas directas ou indirectas. Os exclamativos empréganse sobre todo con valor admirativo

Formas dos interrogativos que, cal/es, canto/a/os/as

quen

Poden ser adxectivos determinativos ou pronomes e realizar as funcións que lles son propias.

É sempre pronome invariable, polo tanto non existe *quenes.

Leva sempre o verbo en singular (agás o verbo ser).

Os adverbios interrogativos

Que libro tan aburrido! (DET.)

Que queres? (N de FN)

Canto tempo falta? (DET.)

Cantos queres? (N de FN)

Quen vén comigo? (N de FN)

Quen é o máis túzaro?

Quen son os máis túzaros.

• Onde, como e cando son adverbios interrogativos.

• U é tamén un adverbio interrogativo. Equivale a onde e debe ir seguido da segunda forma do artigo ou do pronome persoal átono: U-las caixas? As caixas, ulas?

Usos de por que, porque e porqué

Preposición por + interrogativo que (interrogativas directas e indirectas).

Por que

Por que non viñeches? Gustaríame saber por que non viñeches

Preposición por + pronome relativo que. Optou por que non estivera Ramiro.

Preposición por + conxunción que. Eu sempre fago as cousas por que resulten produtivas Porque Conxunción causal (introduce oracións subordinadas). Bailo porque me peta.

Porqué Substantivo sinónimo de «motivo», «razón». Sempre me gustou saber os porqués das cousas.

Actividades

37 Completa con por que, porque ou porqué.

a) ……….. me tes que dicir sempre o que teño que facer?

b) Entrou de novo ………… lle esquecera pagar.

c) Teñen moita confianza ……….. se coñecen de toda a vida.

d) Xa me dirás o …………. de todo o que me acabas de contar.

e) Están tentando saber o …………. do que sucedeu.

f) ………..non calas?

g) Sinto frustración, .................... non me saen as cousas ben.

h) Ese é o motivo .......................... non puiden ir á reunión.

i) O comité votou .............................. se manteña a xornada de folga ata forzar unha negociación.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 61

6.5 Os numerais

Expresan unha cantidade (cardinais); orde, posición (ordinais); múltiplo dunha cantidade (multiplicativos); a fracción dunha cantidade (partitivos); compoñentes dun conxunto (colectivos)

Cardinais Ordinais Multiplicativos Partitivos Colectivos un/unha primeiro(a) dous/dúas segundo(a) dobre, duplo(a) medio, metade par, parella tres terceiro(a) triplo(a) terzo terceto sete sétimo(a) séptuplo(a) sétimo septeto dez décimo(a) décuplo(a) décimo decena dezaseis décimo sexto(a) dezaseisavo sesenta sesaxésimo(a) sesentaavo cen centésimo(a) céntuplo(a) centésimo cento

Poden adscribirse a diferentes categorías gramaticais: adxectivo determinativo (dúas páxinas), pronome (Cantos pasteis queres? Dame dous) ou substantivo (o cero, este catro, aquel trece).

Algunhas veces os numerais son usados para enfatizar determinadas ideas, con valor indefinido (Xa cho dixen mil veces/Voulle dicir dúas palabriñas).

Algunhas particularidades

Fan referencia a un par de elementos, polo que ambos os dous/ambas as dúas son expresións pleonásticas que deben ser evitadas.

ambos, ambas

Se van antepostas a un substantivo, deben ir seguidas do artigo determinado.

Son artigos se equivalen a «calquera» (idea de indeterminación do substantivo).

un/unha

Son indefinidos se equivalen a «algún» (expresan idea vaga, imprecisa).

Ambas as fiestras estaban abertas.

Sempre foi unha persoa educada.

Un xa non sabe que pensar.

Numerais: Cando expresan cantidade. Só tiña un metro de sedela.

Actividades

62
38 Escribe en letras os seguintes números e cantidades: 823148 8º lugar 66º 1/17 13 º lugar
39 Asocia os exemplos da esquerda cos colectivos da dereita
Período de cinco anos dístico
Escuadra de dez soldados romanos milleiro
Estrofa de dous versos lustro
Conxunto de nove misas decuria
Aproximadamente mil novena

6.6 Os indefinidos

Son unidades gramaticais que fan referencia a unha cantidade ou á identidade de algo ou alguén, mais sempre dun xeito impreciso ou indeterminado.

A maioría deles poden ser adxectivos determinativos (algúns días, calquera alumno) ou pronomes (algúns estaban de acordo; calquera pode facelo)

Clasificación

Cuantificadores Designan un número ou cantidade indeterminada. algún, ningún, algo, nada, alguén, ninguén, bastante, moito, pouco, demasiado, varios...

Identificadores Fan referencia á semellanza ou diferenza de identidade. cada, calquera, certo, mesmo, outro, propio, tal...

Algunhas formas cada

Valor distributivo. Déronlles un agasallo a cada un. Valor discriminativo. Cada lugar ten a súa beleza.

Valor intensivo. Tes cada cousa!

alguén, ninguén, algo, nada, cadaquén, quenquera

Só se usan como pronomes. Ninguén me dixo nada. Cadaquén fai o que pode. cada, certo/s, certa/s Só son determinantes, nunca son pronomes. Só atenden a certas horas.

• Algúns indefinidos tamén poden ser adverbios:

– Non dixeron nada interesante na reunión. (indefinido)/Non che é nada parvo. (adverbio).

– Algo me di que mañá vai chover. (indefinido)/Raúl sentiuse algo incómodo no sofá. (adverbio).

– Bastante xente quedou sen entrada para o concerto. (indefinido)/Quedou bastante amolado. (adverbio)

• Non é correcto en galego o uso de algún/algunha/algúns/algunhas en oracións negativas (*Non lle deu problema algún). Neses casos débese empregar ningún e as súas variantes (Non lle deu problema ningún).

• Cómpre evitar o uso de mesmo(s)/mesma(s) como pronomes con valor anafórico

(*No que concirne aos aparellos de labranza, o uso dos mesmos....). Neses casos débense substituír por pronomes persoais, demostrativos ou posesivos (No que concirne aos aparellos de labranza, ou seu uso...).

Actividades

40 Redacta novamente o seguinte enunciado, facéndoo comezar por: ninguén, antes, onte, mesmo, seguramente, porque, xamais, nin sequera.

a) Comentoulle que fora ao baloncesto

41 Corrixe os erros que haxa referidos aos indefinidos:

a) Quenes se queiran anotar, poden facelo aquí.

b) Naide sabe como será o noso futuro.

c) Calquer afeccionado sabe que non foi penalti.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 63

O pronome persoal

Os pronomes persoais son formas gramaticais que sinalan os participantes no acto comunicativo. Distínguense dúas series: unha tónica e outra átona

Serie tónica

Algunhas particularidades

As formas nós e nosoutros/as vós e vosoutros/as non son totalmente equivalentes. As segundas son plurais exclusivos, é dicir, refírense a un grupo pechado que inclúe eu (ou ti) coñecido polo oínte, e exclúen os individuos que non pertenzan a ese grupo. As primeiras (nós e vós) poden empregarse en todos os contextos.

El, ela, eles, elas contraen coas preposicións de, en: del, dela, deles, delas; nel, nela, neles, nelas.

Pensou moito nela Estaba namorada del Eu úsase sempre como suxeito. Eu non son sabio.

Min úsase despois de preposición ou como 2º termo da comparación. Moito miras para min

Serie átona

As formas átonas do pronome persoal escríbense como palabras separadas cando preceden o verbo; cando seguen o verbo forman con el unha soa palabra composta: Non lle tocou a lotería. Tocoulle a lotería.

Serie átona 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa singular plural singular plural singular plural

CD me nos te vos o/lo/no a/la/na se

os/los/nos as/las/nas se

CI me nos che vos lle lles

Uso das formas de 3ª persoa en CD

Despois de formas verbais rematadas en –r, –s Facer cestos ➝ Facelos Facermos cestos ➝ Facérmolos

lo/la/los/las

no/na/nos/nas

Detrás dos pronomes nos, vos, lles Botarlles os cans ➝ Botárllelos

Detrás do adverbio interrogativo u U-los peixes? ➝ Ulos?

Detrás de formas verbais rematadas en ditongo decrecente. Comeu o caldo ➝ Comeuno

o/a/os/as No resto dos casos. Fixo o parvo ➝ Fíxoo

O dativo de solidariedade

O dativo de solidariedade úsase para implicar o interlocutor ou interlocutores no que se está a dicir e procurar así a súa complicidade

Ten as formas de 2ª persoa habituais de CI (che, vos) ou as de cortesía (lle, lles).

Non che somos nada. Évos unha situación preocupante.

O dativo de solidariedade é compatible co CI: Non lle fixo falta axuda./Non che lle fixo falta axuda.

• Te funciona como CD (Vinte no supermercado ) e che como CI ( Xa che contarei ).

• Cómpre distinguir entre as formas lle (singular) e lles (plural): Faleille (a el ou ela)/ Faleilles (a eles ou elas).

A supresión do pronome de solidariedade ou do dativo de interese non produce variacións na oración.

Este rapaz éche moi bo estudante. ➝ Este rapaz é moi bo estudante

O profesor pediulles que non lle saísen da aula. ➝ O profesor pediulles que non saísen da aula

64
7

O dativo de interese

Co dativo de interese maniféstase o interese da persoa na acción que se expresa Presenta calquera das formas átonas habituais de CI (me, nos, che, vos, lle, lles).

Non me sexas mentireiro.

Cando lles vivían os pais, estaban mellor. O dativo de interese é compatible co CI e co pronome de solidariedade. Ao rapaz entróuchelleme unha depresión moi grande.

As formas reflexivas

Formas

1ª persoa: me, nos. Eu prefiro ducharme polas mañás.

2ª persoa: te, vos. Ti sempre te duchas moi cedo.

3ª persoa: se. Luísa dúchase polas noites.

Usos

Non son posibles construcións reflexivas nas que a acción recae sobre unha parte do suxeito.

Algúns verbos que en castelán son reflexivos, non o son en galego: caer, espertar, marchar, morrer...

Algúns verbos poden admitir ou non a forma reflexiva (sentir/sentirse, rir/rirse, parecer/parecerse, afogar/afogarse...), pero a elección implica diferenza de significado.

*Laveime a cara./Lavei a cara.

*Esperteime cedo./Espertei cedo.

Leonardo afogouse (=suicidouse). Leonardo afogou (=morreu accidentalmente).

Uso da forma se Reflexivo Acción que recae sobre unha parte do suxeito. Vestiuse rápido.

Recíproco Acción que se intercambia entre dous ou máis suxeitos.

Impersoal Construción sen suxeito co verbo inmobilizado en 3ª persoa do singular.

Pasiva reflexa

Construción pasiva formada por se + verbo en voz activa, en 3ª persoa do singular ou do plural.

Actividades

42 Indica os valores de «se« nestas oracións:

Xoán e Paula escríbense cartas.

Na clase falouse do sucedido.

Véndese casa. Véndense varias casas.

a) Aqueles vellos coñecidos cruzáronse pero nin se saudaron.

b) Luís sempre se culpou do fracaso dos seus fillos.

c) Ás sete da tarde ábrense as portas do estadio.

d) Este ano os meus amigos non quixeron disfrazarse no Entroido.

e) En Estocolmo e mais en Oslo vívese moi ben.

f) Neste restaurante necesítase un cociñeiro a tempo parcial.

Se, ademais de pronome persoal tamén pode ser conxunción condicional (Se vas ao San Benitiño, non vaias ao de Paredes...), conxunción completiva (Gustaríame saber se vas vir ) etc.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 65

A colocación do pronome átono

A posición normal dos pronomes átonos en galego é a posverbal (énclise), e só en determinados casos se traslada o pronome antes do verbo (próclise)

Un pronome átono nunca pode iniciar unha oración ou enunciado.

Énclise

Na oración simple e nas principais das subordinadas. Díxolle que non fora á cita. Coas formas algún, outro, un, os máis, os demais. Algúns preguntáronlle pola nai.

Coas formas cada, varios, certo. Varios socios déronse de baixa. Coa maior parte dos adverbios e locucións adverbiais de lugar e tempo. Hoxe en día estúdase pouco. De súpeto botouse a chover. Nas oracións coordinadas. Non debían, pero bicáronse igual.

Próclise

Nas oracións desiderativas. Oxalá me toque a lotería. Se a oración vai introducida por un exclamativo ou un interrogativo Quen me chama? Quen che dera!

Nas oracións negativas ou introducidas por conxunción ou adverbio negativos.

Cos indefinidos ninguén, nada, ningún/ningunha, algo, alguén, ambos/as, bastante, calquera, entrambos/as, mesmo, todo, todos/as.

Cos adverbios acaso, ata/até, case, disque, igual, incluso, mesmo, quizais, seica, si, tamén, velaquí, velaí, xa.

Non me cadran as contas.

Ninguén nos dixo nada. Calquera te pode axudar.

Disque lle van dar un premio. Case lle sae ben a xogada.

Nas oracións subordinadas. Fago deporte porque me senta ben.

Varias posibilidades

Cun infinitivo ou xerundio formando parte dunha perífrase verbal, o pronome pode ir en dúas posicións:

Detrás do verbo auxiliar. Vaille contar iso a outro.

Detrás do verbo auxiliado. Vai contarlle iso a outro.

Se entre a forma conxugada e o infinitivo hai algún elemento de relación (preposición ou conxunción) danse tres posibilidades:

Despois do auxiliar. Téñoche que dicir algo.

Despois da partícula. Teño que che dicir algo.

Despois do auxiliado. Teño que dicirche algo.

Actividades

43 Introduce o pronome se no lugar axeitado, se cómpre.

a) Na vida hai ……… que ………saber ………sobrepoñer ………… ás adversidades.

b) O neno …….. chapou ……... toda a torta de limón.

c) …... vestiu….... e saíu facer uns recados.

d) ………. bebeu …... e …….. comeu …..... todo canto había na mesa..

66

A orde dos pronomes

A forma se precede a todas as demais. Ben se lle nota que está mal.

A orde das persoas gramaticais é: 2ª persoa + 1ª persoa + 3ª persoa.

A orde das funcións é: CI + CD

Dativo de solidariedade + CI + CD. (Pero se o pronome de solidariedade está en plural, sitúase ao final da serie).

Dativo de solidariedade + CI + dativo de interese. (Pero se o pronome de solidariedade está en plural, sitúase ao final da serie).

A interpolación

Non che me dixo nada. Non volo quero.

Deixáronmo na casa.

Deixáronchemo na casa. Deixáronmevos na casa.

Déronchelleme moi boa nota á miña sobriña.

Déronllemevos moi boa nota á miña sobriña.

Consiste na colocación de certos elementos entre o pronome persoal e o verbo.

Os elementos interpolados poden ser:

• Un pronome suxeito: O que che eu digo é a verdade.

• Un adverbio: Se che nunca fixeran caso!

• A partícula non: Por que llo non contas?

• Varios elementos: Hoxe xa lle un non pode facer caso a anda.

Actividades

44 Substitúe o pronome me por te ou che, segundo cumpra.

a) Chamoume de todo.

b) Chamoume onte á tarde.

c) Afástome das malas linguas todo o que podo.

d) Sentiume berrar de ira.

e) Sempre que me atopa, trátame moi ben.

f) Cando me fala de política, abúrreme..

45 Distingue os pronomes de cortesía, os de solidariedade e os dativos de interese.

a) Non lle digo o que pasou porque non o sei, pero créolle que a culpa foi do asasino.

b) Onte roubáronchelleme un coche ao meu sobriño Xenaro.

c) Élles bo rapaz, pero semella que non lles aprobou os exames ao longo do curso.

d) Aquí haiche moita gana de festa e pouca de traballar.

e) O que pasou onte évos un misterio que eu non vos son quen de explicar.

f) Se precisa que lle axude a subir as bolsas, avíseme.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 67

Actividades

46 Coloca o pronome persoal no lugar axeitado e xustifícao.

a) Todo .............. era ............ descoñecido. (lle)

b) Onte ............ trouxeron ............. dous lacóns. (me)

c) Nunca ............ neguei ......... nada. (vos)

d) Quero que vaias porque .......... gustan ............... os amigos na miña festa. (me)

e) ............. bicou ........ na meixela. (te)

f) Todos ............ felicitaron .............. polo seu aniversario. (o)

g) O amor sempre ............ deu .............. azos. (me)

h) Calquera día ............ farei .............. unha visita. (che)

47 Substitúe o CD e o CI polos pronomes persoais correspondentes.

a) Os clientes comeron (a min) todo o caldo.

b) Requentamos o lacón con grelos para eles.

c) A perruqueira pintou de amarelo os cabelos ás túas curmás.

d) Comentaron (a nós) que mañá non haberá xuntanza.

e) Xa levaron (a ti) os axóuxeres?

f) Se dás (a min) ese libro, regalo (a ti) o espectroscopio.

g) Case mete as súas amigas nun problema.

48 Pescuda os usos de se na pasiva reflexa ou na activa impersoal.

a) Véndese automóbil do ano 1997.

b) Realízanse todo tipo de traballos de enxeñería.

c) Na asemblea falouse sobre o tema da igualdade

49 Localiza os pronomes átonos e xustifica a súa colocación.

Parece coma se non me fixase na xente [...] Se cadra tampouco é tanta cousa, pero nunca se sabe. Non creo que poidan tardar moito máis. Porque xa levan un cachiño fóra e non me parece a min que Susana estea tan tola como para andar despois de determinadas horas co neno polos lugares que anda ela. Non sei a onde imos ir con esta calor. E o cheiro a fume parece que xa se garda no nariz dun verán para outro. A Vilariño debiamos ir. A min tanto me ten, pero Antón tampouco é tan mal home e non se lle debe facer ese desprezo.

68

O verbo é unha clase de palabras que normalmente indica acción, proceso ou estado. Tamén pode indicar desexo, necesidade, cambio de estado, noción de existencia, percepción etc.

8.1 Estrutura verbal

Toda forma verbal está formada por un lexema, denominado raíz ou radical. A partir desta base, pode conter unha vogal temática e desinencias de modo, tempo, número e persoa

Agás o radical, calquera dos outros constituíntes pode non aparecer.

Xa que logo, a estrutura morfolóxica das distintas formas verbais finitas (conxugadas) responde á seguinte fórmula:

Rad. (raíz ou radical) + VT (vogal temática) + MMT (morfemas de modo e tempo) + MNP (morfemas de número e persoa)

Tempo e aspecto verbal

Toda forma verbal está formada por un lexema, denominado raíz ou radical. A partir desta base, pode conter unha vogal temática e desinencias de modo, tempo, número e persoa

– O MNP pode presentar algunhas particularidades:

– Presente de indicativo –O na p1.

– Pretérito de indicativo (Pretérito perfecto): I na p1 dos verbos da CI/N na p1 dos verbos da CII; CHES na p2; U na p3; STES na p5 e RON na p6.

– Imperativo: Ø na p2 e –DE na p5.

Lémbrese que en galego non existen tempos compostos formados co verbo haber, coma en castelán (*Fiz había sido avogado/Fiz fora avogado).

Tempo e aspecto verbal MMT MNP

Indicativo

Presente Ø

Pretérito (pretérito perfecto) Ø

Antepretérito (pretérito pluscuamperfecto) RA (RÁ na p4 e p5)

Copretérito (pretérito imperfecto) BA na CI

A na CII e CIII

Pospretérito (condicional ou futuro hipotético) RÍA (RIA na p4 e p5)

Futuro (imperfecto) RÉ (RÁ na p2, p3, p6)

Subxuntivo

Presente E na CI

A na CII e CIII

Pretérito SE

Futuro R (RE na p2 e p6)

Imperativo

Presente Ø

P1: Ø

P2: S

P3: Ø

P4: MOS

P5: DES

P6: N

Usos do pretérito pluscuamperfecto (antepretérito) e do pretérito imperfecto de subxuntivo (pretérito de subxuntivo):

O pluscuamperfecto emprégase para expresar accións reais que aconteceron no pasado ( Xa almorzara e agora iría ao traballo ).

O pretérito imperfecto de subxuntivo expresa accións que poderían realizarse pero que aínda non se levaron a cabo ( Se lle tocase o premio, mercaría un equipo de música ).

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 69
8 O verbo

8.2 A conxugación

Verbos regulares e semirregulares (algunhas particularidades)

Os verbos rematados en –aer, oer, aír, oír:

• Introducen i na 1ª persoa de singular do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo.

• Levan diérese na 1ª e 2ª persoas do plural do pretérito imperfecto de indicativo (copretérito). Tamén os verbos rematados en –uír

caer, moer, roer, saír, oír...

caer, moer, roer, saír, oír, incluír...

caio, moio, oio... caia, caias, caia...

caïamos, caïades... incluïamos, incluïades...

Algúns verbos da CIII teñen como VR /i/ na p1 do presente de indicativo, na p2 do imperativo e en todo o presente de subxuntivo; /ɜ/ (aberto) nas p2, p3 e p6 do presente de indicativo; /e/ (pechado) no resto do paradigma.

mentir, seguir, sentir, servir e os seus respectivos derivados. minto, mɜntes, mɜnte, mentimos, mentides, mɜnten.

Certos verbos da CIII teñen como VR /ɔ/ (aberto) nas p2, p3 e p6 do presente de indicativo e /u/ no resto do paradigma.

acudir, bulir, cubrir, durmir, fundir, lucir... acudo, acɔdes, acɔde, acudimos, acudides, acɔden.

Nos verbos regulares as formas do infinitivo conxugado e as do futuro de subxuntivo coinciden (andar, andares, andar, andarmos...).

70

Verbos irregulares (algunhas particularidades)

Pres. de indicativo Pret. perfecto Pres. de subxuntivo Evitar

caber caibo, cabes... couben, coubeches... caiba, caibas... *quepo, *quepa por caibo, caiba. *coupo, *coupera por coubo, coubera.

dar dou, dás, dá... dei, deches, deu... dea, deas... *de,* des por dea, deas. *din por dei.

estar estou, estás... estiven, estiveches... estea, esteas... *estuvo, *estuvera, *estuvese por estiven, estivera, estivese. *esté por estea.

ir vou, vas... fun, fuches... fostes... vaia, vaias... *ibas, *iba por ías, ía.

parir pairo, pares... parín, pariches... paira, pairas... *paro, *para por pairo, paira. poder podo, podes... puiden, puideches... poida, poidas... *puden, *pudera, *pudese por puiden, puidera, puidese. *poda, *podas por poida, poidas. poñer/ pór pos, po(ñe)mos, poñedes, pondes puxen, puxeches... poña, poñas... *puñera por puxera.

sei, sabes... souben, soubeches... saiba, saibas... *sepa, *sepamos por saiba, saibamos.

saber

ser

*soupen, *soupera, *soupese por souben, soubera, soubese.

son, es, é... fun, fuches, foi, fomos, fostes... sexa, sexas... *eres por es.

*sea/*seña, *seas/*señas por sexa, sexas.

*fóstedes por fostes.

ter teño, tes... tiven, tiveches... teña, teñas... *tuven, *tuvera, *tuvese por tiven, tivera, tivese.

traer traio, traes... trouxen, trouxeches... traia, traias *troughen por trouxen.

valer vallo, vales... valín, valiches, valeu... valla, vallas... *valgo por vallo. *valga por valla.

ver vexo, ves... vin, viches, viu... vexa, vexas... *veía, *veías por vía, vías. vir veño, vés, vén, vi(n)des... vin, viñeches, veu... veña, veñas... Confundir ves (ver) con vés (vir); ven (ver) con vén (vir).

• Conxúganse igual ca poñer os seus derivados (antepoñer/antepor, compoñer/compor, dispoñer/dispor, expoñer/expor...).

• Os derivados de ter (abster, conter, deter, entreter, manter, soster...) conxúganse igual.

• Téñase en conta que os derivados de traer (abstraer, atraer, contraer, distraer, extraer, retraer, subtraer) son regulares (atraín, atraeu, atraera e non *atrouxen, *atrouxo,* atrouxera; distraín e non *distrouxen...).

• Equivaler conxúgase igual ca valer

• Nos verbos irregulares o infinitivo conxugado fórmase a partir da raíz do infinitivo (traer, traeres...) mentres que o futuro de subxuntivo se constrúe a partir da raíz de perfecto (trouxer, trouxeres...).

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 71

8.3 As formas nominais

No sistema verbal existen unhas formas que non expresan valores modais nin temporais; trátase do infinitivo, o xerundio e o participio

Chámanse formas nominais porque están a medio camiño entre a categoría verbal e a nominal.

• O infinitivo, ademais de verbo, é un substantivo verbal de xénero masculino, que admite a flexión de número e pode desempeñar as funcións sintácticas dos substantivos: Eses cantares aprendinos da miña avoa. O comer e o beber non queren présa.

Como verbo, ten un aspecto imperfectivo

• O xerundio pode adquirir tamén natureza adverbial e funcionar como complemento circunstancial: Entrou chorando na escola.

Ás veces, admite sufixos diminutivos: Facédeo correndiño

Como verbo ten un aspecto imperfectivo e durativo

• O participio, ademais de verbo, é un adxectivo verbal que admite morfemas de xénero e de número: Estimada tía. Son unhas mozas moi asisadas

O seu aspecto verbal é perfectivo

O infinitivo

A marca morfolóxica do infinitivo é a desinencia r, que pode presentar o alomorfo re nalgunhas persoas do infinitivo conxugado.

O infinitivo presenta moitas veces valor final: Viñeron para arranxar as ventás.

Ás veces úsase con valor imperativo: A calar! Nenos, a durmir.

O infinito conxugado

Entre todas as linguas románicas, soamente as da área galego-portuguesa presentan un infinitivo con desinencias de número e de persoa; é o chamado infinitivo persoal ou conxugado

O seu uso responde, en xeral, a motivacións de tipo estilístico ou de expresividade, de xeito que en moitas ocasións se pode usar indistintamente a forma persoal ou a invariable. Con todo, cómpre coñecer os casos e as condicións nas que se debe empregar. Na páxina seguinte indícanse, en cadasúa táboa, os usos do infinitivo invariable e do infinitivo conxugado.

72
Morfemas de infinitivo MNP Radical + VT + r + ø re s r ø r mos r des re n

Usos do infinitivo invariable

Cando é verbo auxiliar de perífrase. Hai que saber andar pola vida. Cando non se refire a ningún suxeito. Comer e rañar todo é empezar.

Cando está rexido por verbo modal (querer, poder, deber) e ten o mesmo suxeito.

Cando ten o mesmo suxeito ca o verbo principal e van xuntos, ou separados pola preposición do réxime verbal.

Cando está rexido por verbo causativo (mandar, facer, deixar, permitir) ou de sentido (ver, oír, sentir) e vén despois del, ou só separado polo suxeito (un pronome átono).

Cando vai con verbo de movemento en construción con valor final.

Ti queres saír.

Prometeron vingarse de nós. Lémbrate de chamala.

Déixavos chegar tarde. Vímoste saír.

Viñeron para arranxar a antena.

Cando ten valor imperativo. A calar!

Usos do infinitivo conxugado

Debe empregarse

Cando ten un suxeito diferente do do verbo principal e vai expreso.

Cando ten un suxeito diferente do do verbo principal non expreso e quere manifestarse.

É usual

Cando, tendo o mesmo suxeito, aparece antes ca o verbo principal; sobre todo se vai introducido por preposición.

Cando, tendo o mesmo suxeito e indo posposto, vai a unha distancia suficiente para que non quede claro cal é o seu suxeito.

Cando vai en construcións reflexivas e con verbos pronominais.

Ao recolleren o agasallo Antón e María, todos quedaron contentos.

Para chegares a tempo terán que recollerte antes.

Ao comeres todo, déixoche ver a serie.

Chegaches en boa hora, a punto para comeres connosco.

Para bañármonos, encheremos a piscina.

Na p6 cando indica indeterminación do suxeito. Ao non lle faceren caso, marchou decontado.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 73

O xerundio

A marca morfolóxica do xerundio é a desinencia ndo

Na lingua oral, aínda se pode escoitar ocasionalmente unha forma conxugada do xerundio en primeira persoa do plural (falándomos, colléndomos) que, de maneira excepcional, pode aparecer tamén en usos cultos na escrita: Téndomos en conta que arredor dun dezaseis por cento da radiación solar...

A construción a + infinitivo equivale ás veces a un xerundio: estamos a coller mazás = estamos collendo mazás. Neses casos denomínase a esa construción infinitivo xerundial

O xerundio sempre indica simultaneidade entre a acción do verbo principal e a súa propia.

É incorrecto utilizar o xerundio con valor de posterioridade (*Anubrouse chovendo a cachón por Anubrouse e choveu a cachón) ou complementando a un substantivo (*Teño unha botella contendo lixivia por Teño unha botella que contén lixivia).

O participio

A marca morfolóxica do participio, como verbo, é a da forma do masculino singular, isto é, do. Como adxectivo, admite as diferentes desinencias de masculino e feminino, singular e plural.

• Participios irregulares. Algúns verbos regulares teñen o participio irregular (abrir-aberto, escribir-escrito, morrer-morto)

Tamén hai verbos irregulares con participio irregular (dicir-dito, facer-feito, poñer/ pór-posto, ver-visto)

• Participios dobres. Algúns verbos teñen dúas formas para o participio, unha regular e outra irregular.

As formas regulares úsanse nas perífrases verbais como elemento auxiliado (Con este tempo, non dá secado a roupa; O lume fora acendido por algún desaprehensivo)

As formas irregulares se usan como atributo (Está seco), como predicativo (Chegou canso) ou como adxacente dun nome (Luz acesa)

Verbo Participio regular Participio irregular Verbo Participio regular Participio irregular acender acendido aceso gañar gañado gaño cansar cansado canso gastar gastado gasto ceibar ceibado ceibo imprimir imprimido impreso coller* collido colleito nacer nacido nado comer comido comesto pagar pagado pago enxugar enxugado enxoito soltar soltado solto escorrer escorrido escorreito suspender suspendido suspenso espertar espertado esperto suxeitar suxeitado suxeito fartar fartado farto toller tollido tolleito fritir fritido frito torcer torcido torto

*Tamén os seus derivados (acoller, escoller, recoller)

74

8.4 As perífrases verbais

As perífrases verbais son formas verbais complexas que presentan unidade formal, significación conxunta e función única.

As perífrases expresan modificacións da idea central do verbo que non se conseguen coas formas da conxugación. Constan de:

VERBO AUXILIAR + (Elemento de relación) + VERBO AUXILIADO

Forma persoal conxugada nun tempo, número e persoa. Preposición ou conxunción. Forma non persoal (infinitivo, xerundio ou participio).

Descargada do seu significado habitual. Non en todas as perífrases. Achega o significado léxico. Atendendo ao significado, distínguense perífrases temporais, modais e aspectuais

As perífrases de pasiva caracterízanse pola peculiar organización informativa. Non sempre que aparecen dúas formas verbais consecutivas no discurso constitúen unha perífrase; soamente cando funcionan como núcleo dun único predicado. Nunha oración como Quixo deixarllo todo ao fillo, non hai perífrase de infinitivo, senón unha oración complexa cunha subordinada substantiva de infinitivo.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 75

Temporais

Valores Modelos exemplos

Futuro ir + infinitivo Vai chover haber (de) infinitivo Hasme contar todo.

Futuro inmediato. estar a/para + infinitivo Están xa a chegar Acción que estivo a piques de suceder. haber (de) en pretérito + infinitivo Esvarei e houben caer

Modais

Valores

Modelos exemplos

Obrigación/necesidade ter + que + infinitivo Tes que se máis listo. deber + (de) + infinitivo Deben recoñecer o sucedido. hai + que + infinitivo Hai que estar atentos. haber + (de) + infinitivo Has de saber o que pasou.

Dúbida ou probabilidade deber + (de) + infinitivo Deben de ser as seis. haber + (de) + infinitivo Han de ser eles.

Aspectuais imperfectivas

Valores Modelos exemplos

Acción no seu desenvolvemento estar + xerundio Está raiando o sol. estar a + infinitivo Está a raiar o sol.

Desenvolvemento con idea de repetición. andar + xerundio Andan falando mal de min. andar a + infinitivo Andan a falar mal de min.

Desenvolvemento con cuantificación temporal. levar + xerundio Leva cantando toda a vida. levar a + infinitivo Leva a cantar toda a vida.

Desenvolvemento progresivo da acción. ir + xerundio Hai que ir indo vir + xerundio Eu xa viña pensando niso.

Continuación dun proceso anterior seguir + xerundio Segue facendo o mesmo. seguir a + infinitivo Segue a facer o mesmo.

Aspectuais perfectivas

Valores

Modelos exemplos

Finalización recente da acción. acabar + de + infinitivo Acabo de sabelo

Finalización recente da acción con idea de movemento. vir de + infinitivo Vén de chegar de Oslo.

Acción rematada con matiz de repetición. levar + participio Xa levo feitas vinte filloas.

(Im)posibilidade de realizar a acción.

(non) dar + participio Non dou amañado a billa.

76

Aspectuais reiterativas

Valores Modelos exemplos

Repetición dunha acción. volver (a) + infinitivo Volveu fracasar porque non fixo as cousas ben. ter + participio Xa cho teño dito moitas veces.

Aspectuais incoativas

Valores Modelos exemplos

Fan referencia ao comezo da acción.

botar(se) a + infinitivo Botouse a chorar poñerse +a + infinitivo Púxose a chorar comezar a + infinitivo Comezou a chorar empezar a + infinitivo Empezou a chorar romper a + infinitivo Rompeu a chorar dar en + infinitivo Deu en chorar

Aspectuais terminativas

Valores Modelos exemplos

Acción que se achega ao seu remate (última dunha serie de accións).

chegar a + infinitivo Chegou a ser oncólogo. vir (a) + infinitivo Isto vén confirmar as miñas sospeitas. acabar por + infinitivo Acabou por mercar o primeiro que atopou.

vir + xerundio Vén sendo curmán da miña nora.

Diátese

Valores Modelos exemplos

Voz pasiva Ser + participio (de verbo transitivo)

A sentenza foi redactada ás présas.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 77

Os adverbios son palabras invariables en xénero e número que modifican un verbo, un adxectivo ou outro adverbio. Desde o punto de vista semántico actúan como modificadores ou ampliadores do sentido de certos vocábulos ou estruturas.

Adverbios de lugar

clases

formas significado exemplos

Presentativos velaquí, velaí Presentan algo ou a alguén que está á vista. Velaí están todos.

Indefinidos algures

Algún sitio. Vas a algures?

ningures Ningún sitio. Non vou a ningures. xalundes Nalgún sitio. Estará xalundes.

Interrogativos u Pregunta onde está algo ou alguén. U-la grella?

Loc. adv. a rente(s) de Polo lado, moi próximo a. Pasoulle a rentes do nariz.

Adverbios de tempo

clases formas significado exemplos

Absolutos antano Antigamente. Antano eramos mellores. hogano Na actualidade. Os valores de hogano non son os de antano.

trasantonte Tres días antes. Estivo alí trasantonte. arestora Neste momento. Arestora estarán de troula.

Indefinidos decote Día tras día. Non che é sempre coma decote. xacando Noutro tempo. Son asuntos de xacando.

Adverbios de modo

clases formas significado exemplos

Relativos devagar, engorde Con lentitude. Vai devagar. asemade Ao mesmo tempo. Descansaba e asemade escoitaba música.

Loc. Adv. de socato Repentinamente. De socato, esvarou e caeu. a eito, a feito Ordenadamente. Vai segando todo a eito. a treo De xeito desordenado. Meteuse a treo pola leira de millo.

Adverbios de dúbida clases formas significado exemplos

Loc. Adv. se cadra Dúbida ou posibilidade. Se cadra xa sabemos máis.

Os adverbios rematados en –mente son derivados de adxectivos e nunca levan acento gráfico aínda que estes o levaran (fácil/facilmente e non *fácilmente).

Algúns erros frecuentes na escrita: *a cegas/ás cegas, *a cotío/acotío, *a escuras/ás escuras, *ahí/aí, *a modo/amodo, *a présa/ás présas, *a veces/ás veces, *casi/case, *de abondo/dabondo, *de contado/decontado, *de seguida/deseguida, *donde/onde, *lexos/lonxe, *mañán/mañá, *mentras/mentres, *tal vez/talvez...

78
9 O adverbio

As preposicións

As preposicións son palabras invariables que funcionan como enlaces ou nexos de subordinación entre palabras ou grupos de palabras.

Poden ter valor gramatical (El fala ben de nós) e adquirir valor semántico (Chegou onte de Camariñas). No primeiro exemplo a preposición de vén esixida polo verbo, mentres que no segundo adquire o valor de “procedencia”.

En galego non existe a preposición *hacia (propia do castelán) senón a locución cara a. Debe dicirse Foi cara a Monterroso e non *Foi hacia Monterroso Algunhas preposicións

clases equivalencia valores exemplos bardante, tirante excepto Exclusión. Foron todos á festa agás meu irmán. perante diante de Na presenza de. O reo foi levado perante o xuíz. canda con Na compañía de. Ven canda nós. consonte segundo De acordo con. Fixeron todo consonte os estatutos. onda xunto a Proximidade espacial. Vai onda el.

Locucións preposicionais

clases equivalencia valores exemplos encol de enriba de Localización superior. A vincha estaba encol da artesa.

co gallo de, co adaxo de co motivo de Motivo, escusa, pretexto. Houbo festa co gallo do seu aniversario. no canto de, en troques de en vez de Substitución. No canto do colar, regaláronlle un cadro. verbo de acerca de Referencia. Falaron verbo dos incendios.

a prol de a favor de Beneficio ou dirección. Están 30 a prol do Choco. Vaiamos a prol do vento.

As

conxuncións

As conxuncións son palabras invariables que funcionan como nexos coordinantes ou subordinantes entre elementos independentes, pero da mesma categoría gramatical.

Algunhas particularidades:

• En galego non existe a locución adversativa *sen embargo, propia do castelán. Co mesmo sentido podemos empregar non obstante, con todo, así e todo... (Presentou un texto extraordinario, non obstante non lle deron o premio).

• A locución concesiva malia que é equivalente a a pesar de que

• A conxunción condicional conque introduce unha consecuencia lóxica e natural do que se acaba de dicir (Cheguei tarde á parada, conque collín e volvín para a casa).

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 79
10 11

Actividades

50 Subliña os adverbios que aparecen nas construcións seguintes.

a) Nunca digas «desta auga non beberei».

b) Chegou cedo e xogamos unha partida.

c) Falo con el esporadicamente.

d) Esta idea paréceme moi boa.

e) Falou baixiño para que non o escoitaran.

f) Está ben que contes a verdade.

g) Bebeu dabondo.

51 Indica se as palabras e expresións subliñadas son substantivos, adxectivos ou adverbios.

a) Quedou abraiado co azul do ceo.

b) Era un home moi orgulloso

c) Fala moi ben

d) É un persoa moi boa

e) Chegou á casa con fame

52 Completa co substantivo, adxectivo ou adverbio correspondente. Substantivo Adxectivo

53 Di cal é o valor semántico das preposicións subliñadas nos exemplos seguintes.

a) Entrou na auga con medo.

b) Abriu a porta co cóbado.

c) Falamos moito sobre astronomía.

d) Foi detido por obstrución á policía.

e) Levou un anel de ouro.

f) Foron á feira con María.

54 Clasifica as conxuncións e locucións subliñadas nos seguintes exemplos.

a) Estudou moito e non aprobou.

b) Estudou tanto que lle deron a mellor nota.

c) Conseguimos o seu autógrafo aínda que xa era algo tarde.

d) Se queres que che axude, avísame.

e) Non fun porque chovía moito.

f) Estaba tan cansado que non acudín á festa.

g) Desde que me xubilei, estou na gloria.

80
Adverbio
posible ferozmente
rapidez

Actividades

55 Distingue o que conxunción e o que relativo nas seguintes oracións.

a) O azucre, que estaba mecho de formigas, xa non serviu para nada.

b) A fonte que está preto da túa casa ten unha auga purísima.

c) Comentáronme que che rachara o pantalón na regaña do cu.

d) Un día calquera decatouse de que os libros estaban demasiado acugulados.

e) Volveu de Barcelona no mesmo automóbil que o levara.

f) Dixo que non lle gustaba nada enrolar a herba seca.

56 Realiza as seguintes actividades sobre este texto.

OS SÉCULOS ESCUROS AÍNDA SON ESTES

Estes días coméntase na prensa a saída dun inédito de Darwin titulado “A fecundación das orquídeas”. Isto é un bo pretexto para afirmar, como ando soltando ultimamente por aí en canto me poñen un micrófono diante (cabreado que ando) que seguimos a vivir nos Séculos Escuros, que non hai Luz, que só hai néboa escura escurecendo a escuridade total. Que de feito, nunca saímos dos Séculos Escuros. Que a escuridade, como na Guerra das Galaxias, invádenos por todas partes e vai anegándonos coa súa negritude sen que nos decatemos de que o fai, e é por iso que rematamos tomando como normal cousas claramente anormais. Normal a perda de dereitos laborais, ou o pésimo nivel político que nos circunda, ou a violencia global, a limitación das liberdades ou a espionaxe das comunicacións. O século xxi amósanos un individuo teleaparvado que non ten espazos para pensar diferente, para ver outros mundos, para exercer a crítica. Para ler. Por iso falamos con medo ás consecuencias. Por iso nos expresamos pouco por se acaso. E mentres, vai medrando o consumo de ansiolíticos e de somníferos para podermos ir levando a vida.

• Localiza un substantivo colectivo, dous abstractos e dous concretos.

• Di por que o substantivo espionaxe, presente no texto, é feminino.

• Forma o plural de normal e global, limitación, fecundación

• Busca un adxectivo substantivado e outro que funcione como adverbio.

• Tenta atopar agora 4 adxectivos cualificativos. Hai algún en grao superlativo? É sintético ou analítico?

• Procura os demostrativos e distingue os determinantes dos pronomes.

• Que numerais podemos atopar no texto? Determina o tipo e función.

• Indica o valor do pronome se en « Estes días coméntase na prensa...».

• Xustifica a colocación dos pronomes persoais do texto.

• Cal é a estrutura das formas verbais poñen, rematamos, podermos?

• Conxuga o pretérito de indicativo dos verbos ler, poñer, andar, haber

• Que verbos pronominais hai no texto?

• Hai algún infinitivo conxugado no texto? Xustifica o seu emprego.

• Localiza as perífrases verbais que haxa no texto, clasifícaas e indica o seu valor.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 3 81

Repaso da unidade

Organizo a miña mente

Sintaxe

Clases de sintagmas

Estuda as construcións (sintagmas e oracións) que resultan de combinar unidades morfolóxicas; as relacións que se establecen entre elas (coordinación, subordinación) e as funcións que desempeñan (suxeito, predicado, núcleo, modificador).

Nominal: Ten como NÚC un substantivo.

Adxectival: Ten como NÚC un adxectivo.

Adverbial: Ten como NÚC un adverbio.

Verbal: Ten como NÚC un verbo.

Preposicional: Non ten NÚC senón RELATOR (preposición) e TERMO.

Funcións sintácticas

Constituíntes básicos da oración: suxeito e predicado.

Complementos oracionais adxuntos ao núcleo do predicado: complemento directo, complemento indirecto, atributo, complemento de réxime preposicional, complemento predicativo, complemento circunstancial, complemento agente.

Funcións extraoracionais ou extrapredicativas: vocativo, atributo oracional, complemento da enunciación, circunstantes, tópico ou tema, cláusla absoluta.

Tipos de oracións

Oracións impersoais: naturais e gramaticais

Atributivas e predicativas

Dependentes e independentes

Simples e complexas

Oracións compostas por coordinación: copulativas, disxuntivas, explicativas e adversativas.

Oracións compostas por subordinación: substantivas, adxectivas, oracións de relativo, adverbiais e adverbiais impropias

82
Acórdate de seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portfolio.

Aplica o aprendido

Noticia dun galego no Amazonas

No ano 1948 e nunha revista que dirixía en La Habana o meu parente Ramón Fernández Mato, titulada «Raíz» […] publicouse un reportaxe moi curioso de Victor de la Serna titulado ALFONSO I DE AMAZONIA, que contaba a vida do emigrante Alfonso Graña.

O sumario do reportaxe, traducido, era como sigue: «Galego oriundo de Ribadavia, que reinou doce anos, podía movilizar un exército de cinco mil indios. Os seus poderes abarcan o período de 1922-1934… Ningún europeo podía, sin o seu permiso, penetrar na selva».

Alfonso Graña naceu nun povo ourensán: Avión. Non sabemos si na capital do municipio ou nunha das parroquias abeiradas ó abrigo da Serra, agreste e impresionante. Os vinte anos estaba traballando de «cauchero» na selva do Amazonas. O escasear o traballo moitos «caucheros» establecéronse en Iquitos.

Graña desaparecera. O cabo de dous anos sóupose que cara ó Pongo do Manseriche, nunha xigantesca greta que o Amazonas abre nos Andes, estaba Graña. A noticia dérana unhos indios xíbaros, da tribu dos huambisas.

Alfonso Graña chegou a ser o xefe dos míticos xíbaros, famosos por ser unhos guerreiros temibles, disecadores de cabezas e inatacables pola chamada «civilización blanca».

Na língoa popular a palabra «xíbaro» é sinónimo de brután e de bárbaro. Ocupaban un terreo situado entre os ríos Nieva, Santiago e Alto Pastazo e a súa estensión é como Castilla la Nueva, Estremadura e Andalucía xuntas. Graña era o único blanco que vivía alí.

Un día apareceu Graña en Iquitos, río abaixo, rodeado de xíbaros e con moitas mercancías. Ese viaxe realizariao perante doce anos e cada seis meses, en balsas feitas polos indios. […]

Persoalmente o que máis me chama a atención é como puido entenderse cos xíbaros. Non me cabe dúbida de ningunha clás de que necesariamente tivo que aprender a súa fala.

O que me pergunto é como se amañaría pra daprendela e canto tempo lle levaría. […] Manuel Hortas Vilanova (pseudónimo de Manuel María Fernández Teixeiro): Andando a Terra (1977-1987).

«A Nosa Terra». Vigo. 1990

1 Pon o texto en galego normativo.

2 Explica o significado de: sumario, oriundo, greta, brután

3 Analiza a estrutura destas palabras: traducido, abeiradas, inatacables

4 Procura cinco palabras derivadas no texto. Sinala os prefixos e/ou sufixos, di de que clase son e indica o seu valor.

5 Le o texto con atención e localiza castelanismos e vulgarismos.

6 «O que me pergunto é como se amañaría para daprendela e canto tempo lle levaría». Xustifica a colocación dos pronomes persoais nesta secuencia.

7 Fíxate nos infinitivos do texto e sinala cales son conxugables e por que.

8 Busca perífrases verbais no texto, clasifícaas e di que valor teñen.

83 U 3 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA /

4

A Sintaxe

TRANSFORMAR A PRODUCIÓN TÉXTIL NA BUSCA DUN CONSUMO CONSCIENTE

Até 85% das pezas son desbotadas nos vertedoiros ou incineradas. Para producir un pantalón de algodón requírense arredor de 10.000 litros de auga. O poliéster tardará máis de 200 anos en descompoñerse. Aínda así, Greenpeace afirma que, de media, «unha persoa merca na actualidade un 60% máis de roupa e mantena a metade de tempo que hai 15 anos».

Tras ser conscientes destes datos, nestes últimos anos comezaron a xurdir marcas de moda que apostan por facer algo diferente na industria. A filosofía da moda sostíbel, denominada Slow Fashion defende que, no canto de mercar quince camisetas baratas e usalas un par de veces, merquemos unha camiseta producida de xeito ecolóxico e a utilicemos varios anos.

Ademais, as grandes cadeas de moda contribúen a unha explotación laboral continua. «Actualmente, 87% dos zapatos fabrícanse en Asia, onde o salario mínimo é a metade do necesario para vivir con dignidade no caso de China ou unha quinta parte no caso de Bangladesh. Por outra banda, o persoal só leva 2% do prezo final do calzado que fabrica», declara a ONG Ropa Limpia. [...]

Laura Veiga en Nós Diario (extracto).

Sobre a lectura

• Reflexionaras algunha vez sobre o impacto que as nosas pezas de roupa teñen sobre o medio ambiente?

• Estarías disposto/a a comprar roupa nunha tenda de segunda man?

➜ Plano aberto. Accede ao vídeo desta unidade en anayaeducacion.es

Que vas atopar nesta unidade

1 A Sintaxe

2 As relacións sintácticas

3 As unidades sintácticas

4 As funcións sintácticas

5 A oración

24

A sintaxe

O estudo descritivo dunha lingua articúlase en tres niveis básicos de análise: o fónico, o gramatical e o semántico. Cada nivel ten unhas unidades específicas que se combinan formando estruturas articuladas. Dentro desas estruturas as unidades desempeñan diversas funcións e establecen distintos tipos de relacións entre elas.

• O nivel fónico ocúpase das unidades lingüísticas mínimas, fonemas, e das súas realizacións concretas na fala, sons

• O nivel semántico ocúpase dos significados, das relacións e funcións significativas e do estudo dos procesos de significación. A unidade semántica mínima é o sema

• O nivel gramatical subdivídese en dous: o morfolóxico e o sintáctico. A morfoloxía encárgase do estudo e clasificación dos monemas (formas lingüísticas elementais portadoras de significado) e das palabras (unidades que resultan da combinación dos monemas). A sintaxe encárgase das construcións –sintagmas e, sobre todo, oracións– que resultan de combinar diversas unidades morfolóxicas; das relacións que se establecen entre elas –coordinación, subordinación– e das funcións que unhas unidades desempeñan no interior doutras –suxeito, predicado, núcleo, modificador...–.

1.1 Recursividade e salto de nivel

Aínda que se podería pensar que toda oración consta de varios sintagmas, todo sintagma de varias palabras e toda palabra de varios monemas, hai que ter en conta o fenómeno coñecido como recursividade e a posibilidade de que entre as distintas unidades morfosintácticas se produza un «salto de nivel».

• A recursividade é a capacidade que posúen algúns elementos lingüísticos de estruturarse en unidades complexas. Unha unidade recursiva é aquela que pode conter no seu interior outra da súa mesma categoría gramatical.

Así, o sintagma nominal o piloto do avión contén no seu interior outro sintagma nominal, o avión, desempeñando unha función secundaria; e a oración Díxenche que non me chamo Xoán, inclúe como obxecto directo outra oración: non me chamo Xoán.

• O salto de nivel ou de unidade é o fenómeno que se produce cando unha soa unidade de rango inferior é o constituínte único doutra unidade de rango superior.

Na oración María merca pan, as palabras María e pan son tamén os únicos constituíntes de cadanseu sintagma nominal, un en función de suxeito, María, e outro en función de obxecto directo, pan

1
25 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

As relación sintácticas

As linguas, como sistemas articulados, funcionan en virtude dun complexo sistema de relacións de oposición (paradigmáticas) e de combinación (sintagmáticas) entre os elementos dos distintos niveis.

• Relacións paradigmáticas: as que se establecen entre un elemento da cadea lingüística e aqueloutros, da súa mesma clase morfosintáctica, que virtualmente poderían ocupar o seu espazo funcional.

• Relacións sintagmáticas: as que se establecen entre os elementos que aparecen conformando unha secuencia lingüística.

As relacións sintácticas atópanse entre as segundas.

Os dous tipos de relación básicos e tradicionais entre unidades sintácticas son a coordinación e a subordinación. Ademais, cómpre ter en conta un terceiro modo de vinculación: a interordinación

Coordinación (constelación)

Consiste na concatenación de varios elementos lingüísticos no mesmo nivel sintáctico e desempeñando unha función semellante. Non se «necesitan» nin se complementan uns a outros; se falta un, os demais seguen tendo sentido. Poden levar nexos de unión, pero tamén é posible a xustaposición. Por exemplo:

– Con sintagmas: A nena e o neno xogan ás cartas

– Con oracións: Roi contempla a baía e María le o periódico; os nenos xogan no parque.

Subordinación (determinación)

É a relación establecida entre varios elementos lingüísticos dos cales un rexe os outros. Xeralmente, o elemento reitor ou subordinante podería darse illadamente, pero a súa presenza é necesaria para a existencia dos subordinados. Estes teñen unha función complementaria e están supeditados ao elemento subordinante. A relación adoita establecerse mediante nexos, mais tamén poden aparecer os elementos xustapostos. Exemplos:

– Con sintagmas: Vida salvaxe. Roupa de traballo

– Con oracións: Rogámoslle que nos remita os documentos que lle solicitamos.

Interordinación (interdependencia)

Relación establecida entre dous elementos lingüísticos que se necesitan mutuamente; a presenza de cada un esixe a presenza do outro.

O exemplo máis claro de interdependencia atopámolo na relación entre suxeito e predicado: O barco navega. As nenas rin... , pero tamén entre relator e termo nos sintagmas preposicionais: de total confianza , ou entre a prótase e a apódose dunha oración condicional: se vés comigo, regáloche unha das miñas camisetas deportivas.

Para distinguir Un can morde a un home de Un home morde a un can, hai que localizar o suxeito e o obxecto. E para distinguir Un home morde a un can de Un home é mordido por un can ou de Un home sufriu a mordedela dun can, hai que mirar as entradas léxicas dos verbos para descubrir o que o suxeito home está facendo ou lle están facendo.

26
2

3.1 O sintagma

Trátase dunha unidade intermedia entre a oración e a palabra. O sintagma é a unidade de función sintáctica, o elemento mínimo que pode contraer unha función sintáctica. Está formado por unha palabra ou secuencia de palabras que desempeña unha función determinada dentro doutra unidade –oración ou sintagma– da que el mesmo é constituínte.

Os elementos integrantes do sintagma están relacionados entre si e desempeñan diversas funcións, entre as que cómpre destacar as de NÚCLEO (N), MODIFICADOR (MOD.) e DETERMINANTE (DET.).

• O núcleo é o elemento esencial que, virtualmente, pode desempeñar el só a función de todo o sintagma.

• O modificador é un elemento dependente que pode ir directamente subordinado ao núcleo (Mod. directo) ou unido a el mediante unha preposición (Mod. indirecto). Trátase de elementos adxacentes que serven para complementar semanticamente o núcleo e que achegan precisións de tipo cuantitativo, clasificador, denotador de estado, circunstancial, activo etc.

• Os determinantes son específicos dun tipo de sintagma, o sintagma nominal (SN). Trátase duns elementos gramaticais que van xeralmente antes do núcleo e operan sobre o conxunto nominal formado polo núcleo e os seus adxacentes. Serven para delimitar, anticipar e precisar o significado dese conxunto nominal (núcleo e modificadores) ademais de cuantificalo, identificalo ou mesmo caracterizalo en certa medida.

3.2. Clases de sintagmas

Segundo a categoría gramatical da palabra que desempeñe a función de núcleo, consideraremos catro clases de sintagmas: nominal, adxectival, adverbial e verbal

Pódese considerar ademais outro tipo de sintagma –ou construción–, sen núcleo neste caso: o sintagma preposicional (ou construción preposicional), composto dun RELATOR (= preposición) + TERMO. Na función de termo poden aparecer sintagmas nominais, adxectivais, adverbiais, oracións...

Sintagma nominal (SN)

Ten como NÚCLEO un nome substantivo ou un pronome substantivo. A súa función oracional básica é a de suxeito

O núcleo pode ir precedido de DETERMINANTES (artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos –cuantificadores e identificadores–) e estar complementado por algún MODIFICADOR (complemento do nome), ben adxunto (anteposto ou posposto ao núcleo e sen pausas):

un vello barco pesqueiro un vello barco de pesca ou aposto (sempre despois do núcleo e separado por pausas):

O barco, un vello carcamán, esmorece cos anos.

Na función de MODIFICADOR poden aparecer sintagmas adxectivais, sintagmas nominais, sintagmas preposicionais ou mesmo oracións. Por exemplo:

Aquela grata mañá clara do mes de maio que lembro con saudade. det mod1 n mod2 mod3 mod4

27
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4 3
As unidades sintácticas

Sintagma adxectival (SAdx)

Ten como NÚCLEO un adxectivo. Como MODIFICADORES (cuantificadores e complementos do adxectivo) poden aparecer:

– sintagmas adverbiais (cun valor cuantificador): moi fresco; caro dabondo

– sintagmas nominais: verde oliva

– sintagmas adxectivais: azul celeste

– sintagmas preposicionais: lixeiro de roupa; contento coa súa nota. Poden levar oracións subordinadas como termo da preposición: fácil de facer; atento ao que che digan

Sintagma adverbial (SAdv)

Ten como NÚCLEO un adverbio ou unha locución adverbial. Pode presentar como MODIFICADORES (cuantificadores e complementos do adverbio):

– un sintagma adverbial: (como cuantificador) moi ben; (como complemento) alá lonxe;

– un sintagma preposicional lonxe da casa; preto de alí. Poden levar oracións subordinadas como termo da preposición: lonxe dos que se foron – oracións subordinadas: alí onde o atopei; agora que te vexo

Sintagma verbal (SV)

Ten como NÚCLEO un verbo. A súa función básica é a de predicado, constituínte inmediato e obrigatorio da oración.

Os complementos oracionais, tanto os argumentais como os non argumentais son MODIFICADORES adxuntos do núcleo do sintagma verbal.

O verbo que funciona como núcleo do SV pode aparecer en forma simple (neva; chegou Pedro), como unha perífrase verbal (Ana vai mercar un libro) e mesmo como unha locución verbal (tivo a ben atendernos; atopa de menos os fillos).

Sintagma preposicional (SP)

Non ten núcleo. Está composto por dous elementos interordinados: RELATOR + TERMO. O RELATOR é sempre unha preposición. Como TERMO poden aparecer:

– sintagmas nominais, con ou sen determinante: de Vigo; dunha cidade costeira.

– sintagmas adxectivais: de covardes

– sintagmas adverbiais: de moi lonxe

– sintagmas preposicionais: por entre as árbores

– oracións subordinadas: de que non o fagas ben; de facelo mal.

Actividades

1 Sinala as palabras que funcionan como núcleo nos seguintes sintagmas.

a) O drama da migración.

b) A sesión continua dos cines de antes.

c) Unha pizza con dobre de queixo.

d) A pílula do día despois.

e) Cinco millóns de falantes.

Os complementos oracionais argumentais son os esixidos polo propio verbo: complemento directo ( CD ), complemento indirecto ( CI ), complemento de réxime preposicional ( CRex .).

Os complementos non argumentais son os que non dependen da esixencia léxica do verbo: complemento circunstancial ( CC ).

Hai quen prefire non considerar este tipo de sintagma e falar de construcións preposicionais ou de sintagmas (normalmente nominais) precedidos de preposición.

O TERMO tamén se denomina enlace, relacionante ou director.

28 3 As unidades
sintácticas

As funcións sintácticas

Enténdese por función o valor que adquire unha unidade lingüística no interior dunha estrutura. Habitualmente, a función que desempeña esa unidade vén determinada pola súa relación con outra.

As funcións máis relevantes para a comprensión e a análise das construcións sintácticas son as que teñen lugar dentro da oración e son as que a continuación se detallan.

4.1 Constituíntes básicos da oración

Predicado (P)

É a única función que non pode faltar na oración. Está conformada por un verbo, que determina o esquema básico da oración segundo os constituíntes por el demandados, e os seus modificadores adxuntos, cos que constitúe o sintagma verbal

Cando o predicado está constituído por un verbo con significado pleno ou predicativo, fálase de construcións e oracións predicativas e tradicionalmente denomínase predicado verbal. Pode presentar calquera complemento agás o atributo:

(O avó) contoulles aos rapaces un conto de fadas

Cando o predicado está constituído por un verbo copulativo, cun significado léxico «diluído» (ser, estar ou parecer) que funciona como mero elemento de unión entre o suxeito e o atributo, fálase de construcións e oracións copulativas ou atributivas e tradicionalmente denomínase predicado nominal. Ademais do atributo pode levar tamén complemento circunstancial:

(A aula) está fría polas mañás

Outros verbos que poden aparecer descargados do seu contido semántico, como facerse, ficar, atoparse, poñerse, andar..., achéganse aos copulativos e adoitan levar un complemento predicativo:

A muller fíxose monxa.

O meniño púxose malo..

Suxeito (Sux.)

É o outro dos constituíntes inmediatos da oración. Está constituído por un sintagma nominal (SN); o nome que actúa como núcleo deste sintagma impón a concordancia en número e persoa ao predicado.

Como quedou dito, os elementos que forman o sintagma nominal suxeito poden desempeñar as funcións de: –

Núcleo, desempeñada por un substantivo (Luís come), un pronome (El come) ou algún elemento substantivado (O azul é máis bonito)

Determinante, desempeñada por certos morfemas gramaticais libres (artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos e cuantitativos) que concordan en número e xénero co substantivo:

– O neno. Ese neno. Meu neno! Un neno. Algún neno. Cantos nenos!

– Modificador, desempeñada propiamente por un sintagma adxectival (a muller alta); tamén pode ser desempeñada por outro substantivo ou SN con ou sen preposición (a muller pantera, a muller de Pedro), algúns determinativos constituíndo un SN (a muller aquela) ou unha oración subordinada (A muller que sae do cine)

29
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4 4

4 As funcións sintácticas

4.2 Complementos oracionais adxuntos ao núcleo do predicado

Complemento de obxecto directo (CD ou OD)

Trátase dun complemento esixido por certos verbos. Serve para concretar o significado do verbo en construción transitiva. Esta función pode ser desempeñada por:

– Un sintagma nominal: Ela colleu as mazás, colleunas.

– Un sintagma preposicional con a: Chamei a Xoán.

– Unha oración subordinada: Quero que o chames

Complemento de obxecto indirecto (CI ou OI)

Trátase dun complemento esixido semanticamente polo propio verbo. Preséntase tradicionalmente como a persoa ou cousa que recibe o «beneficio» ou «dano» da acción verbal. Nesta función aparecen:

Un sintagma preposicional con a: Fíxenlles un agasallo aos convidados; comprareille un agasallo ao que gañe

– Un sintagma nominal constituído por pronomes persoais átonos: Compreilles un agasallo.

Complementos parecidos ao CI:

• Complementos circunstanciais de finalidade introducidos pola preposición para: Trouxen un libro para ela.

• Pronomes de dativo que non son argumentais, isto é, non veñen seleccionados polo significado verbal:

Dativo posesivo (indica o posuidor do obxecto sobre o que recae a acción verbal) Estragueille o reloxo.

Dativo de relación (indica a persoa que avalía unha situación) Parécelle ben

– Dativo de interese (indica o beneficiario ou destinatario do proceso verbal sen ser esixido necesariamente por el ou a persoa que se sente especialmente afectada polo proceso verbal). Non te me movas

– Dativo de solidariedade (procura a complicidade do interlocutor) Sonche moi frescas.

Atributo (At.)

Exclusivo das oracións atributivas, é o elemento semanticamente máis caracterizado do predicado nominal, necesario para completar o significado da oración. En xeral, concorda en xénero e número co suxeito.

Nesta función poden aparecer:

– Fundamentalmente un SAdx: Antía está enferma. Brais é lugués

– Un SN: Aquilo era un inferno; María é a xuíza

– Un SAdv: A vida é así. Estou bastante ben

– Un SPrep: Brais é de Lugo

– Unha oración subordinada: Ela foi quen o salvou

O atributo pode ser substituído por pronomes átonos de terceira persoa, sobre todo pola forma neutra o (Antía está enferma ➝ Antía estao), pero nalgúns casos tamén polas masculinas ou femininas (María é a xuíza ➝ María éa).

Os trazos diferenciais do CD son os seguintes:

1. Non concorda co núcleo do predicado ( teño moitas cousas ; comeron un pato ).

2. Pode conmutarse polos pronomes átonos o/a, os/as ( collín unha folla = collina; vexo os barcos = véxo os ).

3. Na construción pasiva pasa a desempeñar a función de suxeito (Rosa abriu o portal ➝ o portal foi aberto por Rosa ).

Os trazos diferenciais do CI son os seguintes:

1. Sempre vai introducido pola preposición a , salvo cando está desempeñado por un pronome átono: escribin lle unha carta a Pedro ; doamos cartos a unha institución benéfica

2. Pode conmutarse polos pronomes átonos lle, lles: Aos nenos xa lles trouxen eu algo

30

Complemento de réxime preposicional (CRex.)

Tamén coñecido como complemento rexido, complemento preposicional ou suplemento. Vén esixido polo verbo para precisar e completar o seu significado.

Como trazos característicos pódense indicar:

• A preposición sempre é rexida polo verbo: constar de, confiar en, arrepentirse de, abundar en, abusar de, contar con, preocuparse por...

• Pode ser substituído por pronomes tónicos como termo da preposición: Falaron diso. Confía neles

Esta función sempre é desempeñada por un SPrep: Falaron de política. Confía nos teus amigos. Esperaron por nós

Complemento predicativo (CPvo.)

Trátase dun complemento semellante ao atributo que aparece nalgunhas oracións nas que o núcleo do predicado mantén o seu significado pleno.

Ten unha dupla función como modificador do núcleo do SN que funciona como suxeito ou como complemento directo —co que concorda en xénero e número sempre que é posible— e mais como modificador verbal, próximo ao CC de modo.

Esta función pode ser desempeñada por:

– Un SAdx: Cheguei canso. Atopeina moi cambiada. Considereino axeitado

– Un SPrep: Tratáronnos de ignorantes. Pedro traballa de bombeiro

– Un SN: Elixírona concelleira. Chamáronlle ladrón

– Algún SAdv: Consérvaste estupendamente. Atopeino moi ben

– Algunha oración subordinada: Quedou coma se lle botaran fariña por riba. Hai algunhas persoas que teñen sorte

O predicativo non pode ser substituído por ningún pronome átono. Non debe confundirse co CC, pois o predicativo complementa ao verbo e predícase dun nome, co que concorda, en tanto que o CC só complementa ao verbo (CC: atopeino moi rápido = atopeino axiña CPvo: atopeino moi rápido = atopeino moi veloz).

Complemento circunstancial (CC)

Non son complementos esixidos polo verbo. Serven para indicar diversas circunstancias vinculadas á acción verbal (lugar, tempo, modo, causa, instrumento, medio, fin, compañía, prezo, destinatario...). Pode ser desempeñado por:

– Un SAdv: Espéroo hoxe. Vive aquí

– Un SN: Esperou toda a tarde

– Un SPrep: Esperou ata as oito. Esperou ata que se fixo de noite

– Unha oración subordinada: Casaron cando viñeron de Cuba

– Algúns CC poden ser substituídos por adverbios: Casaron cando viñeron de Cuba ➝ Casaron daquela

Complemento axente (CAx.)

Exclusivo das oracións pasivas, serve para indicar o executor da acción verbal. Sempre é desempeñado por un SPrep introducido polas preposicións por ou, en contadas ocasións, de:

Esa ponte foi construída polos romanos. É un feito coñecido de todos

31
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

4 As funcións sintácticas

Funcións sintácticas - Complementos do núcleo do predicado

Nome Forma Exemplos Como recoñecelos

Complemento directo

Complemento indirecto

Complemento de réxime

Atributo

Complemento predicativo

Complemento circunstancial

SPrep (a)

Vin a Pedro

SN Canta unha canción Pódese pronominalizar nas formas o(s) [lo(s), -no(s)], a(s) [-la(s), -na(s)]

Pron. Átono Saudeina

Or. Subord. Quero que o saibas

SPrep (a)

Pron. átono

Or. subord. como termo de prep.

SPrep

Se a oración admite o cambio a pasiva, leva CD

Deille un bico a avoa Pódese pronominalizar coas formas lle, lles

Non lle falaches ao que está na porta

Confía en ti Aspira ao triunfo

Or. Subord. como termo de prep. Arrepentiuse de canto tiña feito

Non admite pronominalización É un complemento esixido polo réxime preposicional do verbo

SN É unha gaivota

SPrep É de madeira

Or. subord. Eu fun quen chegou antes

SAdx. É moi divertido É o complemento do predicado nominal Concorda en xénero e número co suxeito Admite a pronominalización, preferentemente coa forma o (-lo, -no)

SN Escollérono delegado

SPrep Quedamos de parvos

SAdx. Cheguei cansa Parece un CC de modo, pero concerta en xénero e número co suxeito ou co CD Ás veces pódese substituír por así ou iso

Or. Subord. Chegou que non se tiña en pé

SN Chega o domingo

SPrep Vive en Lisboa

Adverbio Vive lonxe A súa supresión non adoita deixar pegada na oración Ás veces admite a súa substitución por un adverbio (de lugar, tempo ou modo)

Or. Subord. Véxote cando acabe

32

4. 3 Funcións extraoracionais ou extrapredicativas

Inclúese aquí un conxunto heteroxéneo de funcións gramaticais que inciden sobre a oración pero non desempeñan propiamente ningunha función dentro dela.

Coñécese tamén coa denominación xenérica de complemento circunstancial externo (CCExt) e ás veces alúdese a algúns deles como modificadores oracionais (de negación, por exemplo).

Teñen un carácter periférico, isto é, non están integradas dentro do SV da oración. Constitúen un inciso, aparecen separados por comas do resto da oración e posúen certa liberdade posicional:

Felizmente, non se produciron vítimas mortais.

Non se produciron, felizmente, vítimas mortais.

Non se produciron vítimas mortais, felizmente

Distinguiremos, entre outras posibles, as seguintes funcións extraoracionais:

Vocativo

Trátase normalmente dun SN que serve para presentar na enunciación o individuo que é invocado ou reclamado.

Non se debe confundir co suxeito, xa que este non posúe a función apelativa propia do vocativo e vai unido ao predicado sen comas.

María, achégate por favor.

Profesor, podo saír un momento?

Pode ir precedido dunha interxección: Eh, ti!, achégate aquí; ou dunha forma verbal expletiva: Oe, rapaz!, tráenos algo de beber

Atributo oracional

Trátase dunha frase ou locución adverbial que serve para pór de manifesto a opinión do emisor verbo da información transmitida.

Non debe ser confundido co CC, que só modifica o verbo núcleo do predicado: Están felizmente casados (CC). Felizmente, están casados (atributo oracional).

Mediante o atributo oracional realízase unha valoración subxectiva do contido da oración no seu conxunto

Desgraciadamente, aínda non chegaron.

Sorprendentemente, saíron indemnes do accidente.

Sen dúbida, xa sabes o que pasou.

Complemento da enunciación

Trátase dunha secuencia con valor modal que serve para reflectir a perspectiva ou a actitude do emisor ante o enunciado que produce.

Acompaña a oración e parece complementar un predicado cun verbo de lingua omitido:

[Dígoo] Con certeza, non me gustou nada a película.

[Falando] Sinceramente, penso que el é o responsable.

Tecnicamente, é un traballo perfecto.

Ao meu xuízo, iso non está ben.

33
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

Circunstante

Son palabras ou expresións que funcionan como conectores entre os parágrafos e achegan valores condicionais, concesivos, causais, finais etc. Funcionan, ademais, como unha especie de complemento circunstancial de toda a oración.

Pódense incluír aquí certas palabras que serven para chamar a atención do oínte (ollo, coidado, atención...), as expresións de dúbida (quizais, talvez, disque...) e outras que serven para organizar o discurso (en primeiro lugar, en resumo...)

Por todo iso, prefiro quedar na casa esta fin de semana.

Así a todo, con limón resúltame máis agradable

Tópico ou tema

É unha secuencia que antecede a oración e anuncia aquilo do que se vai tratar.

A respecto diso, estamos diante dun asunto verdadeiramente delicado.

En canto a ti, xa falarei contigo ao chegar á casa.

Cláusula absoluta

Presenta unha forma verbal non finita (participio ou xerundio) e está próxima á oración subordinada adverbial de tempo ou de modo

Rematada a cea, os convidados dirixíronse ao salón de baile

Actividades

2 Completa as seguintes oracións introducindo un:

Obxecto directo

a) Tróuxenlles _____________________ aos rapaces.

b) Metede _____________________ na carteira, por favor.

c) _____________________ non sei resolvelo.

Obxecto indirecto

a) Entregámos______ a entrada_________ e pasamos á seguinte sala.

b) Di______ _____________________ que veñan falar co titor.

c) Regalei______ _____________________ un bastón polo seu santo.

Complemento circunstancial

a) Paulo chegou _____________________ .

b) Acabade _____________________ e poderedes saír____________ .

c) Atopámolos __________________ .

Complemento predicativo

a) As corredoras do maratón chegaron _____________________ á meta.

b) Os convidados atoparon _____________________ a festa

c) Tes as mans _____________________?

OD + OI + CC

a) O avó relatou ____________ ____________ ____________ .

b) Van edificar____________ ____________ ____________ .

c) Faremos ____________ ____________ ____________ .

34
4 As funcións sintácticas

A oración é a unidade gramatical de referencia arredor da cal xira a análise sintáctica. A súa característica máis salientable é que nela se produce a predicación: en toda oración é imprescindible unha forma verbal que funcione como núcleo do predicado.

Precisamente, a oración diferénciase do enunciado en que este é unha unidade de información que transmite un sentido completo, independentemente da estrutura formal que presente.

Non!

Próxima estación, Guillarei.

Hai bicho.

A traíña de Meira conseguiu un bo resultado, aínda que a de Tirán apertou moito na chegada.

Os catro exemplos anteriores son enunciados, pero só os dous últimos son tamén oracións, pois unicamente neles se produce a predicación.

5.1 Modalidades da enunciación

Segundo a actitude do falante fronte ao contido informativo do enunciado, sexa oración ou non, distínguense as seguintes modalidades da enunciación:

Representativa

• Aseverativa (declarativa ou enunciativa). Informa obxectivamente dun feito como real: Esas nubes escuras traen treboada.

• Realizativa (performativa). Manifesta claramente o obxecto do acto de fala, que se converte un feito real: Remata a sesión. Declárovos marido e muller.

Apelativa

• Imperativa (exhortativa). Expresa unha orde, mandato ou rogo: Rematemos dunha vez!

• Interrogativa. Formula unha pregunta orientada a obter unha resposta verbal: Vas estar na casa? A interrogación pode ser:

– Total, pregunta sobre a totalidade do enunciado: Vas estar na casa?

– Parcial, pregunta sobre algún elemento do enunciado: Quen vai estar na casa?

Expresiva

• Desiderativa (optativa). Manifesta un desexo: Oxalá rematemos axiña.

• Exclamativa. Manifesta subxectivamente un sentimento do emisor: Por fin rematamos!

• Dubitativa (potencial, de probabilidade). Expresa unha dúbida: Talvez rematemos esta tarde.

• Afirmativa. En xeral, o seu enunciado é compatible co adverbio «si». Vas estar na casa? Oxalá rematemos axiña! Calade! Sempre o fago eu...

• Negativa. En xeral, o seu enunciado é compatible co adverbio «non». Non vas estar na casa? Oxalá que isto non se prolongue! Non caledes! Nunca me deixas facelo...

– Negación total: afecta á oración completa cando atinxe a toda a predicación: Non viñeron. Nin choveu nin choverá.

– Negación parcial: afecta a algún dos seus constituíntes: Declarárono non culpable. Non sempre consegues o que queres.

35
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4 5
A oración

5.2 Tipos de oración: clasificacións

A oración é a unidade gramatical na que se produce a predicación . A predicación é o proceso lingüístico mediante o cal se di algo acerca dalgún asunto. Aquilo sobre o que se di algo é o suxeito ; o predicado é, xustamente, o que se di . Segundo isto, na oración, ademais do sintagma verbal que funciona como predicado, atópase habitualmente outro constituínte: un sintagma nominal en función de suxeito, que adoita coincidir co tema informativo da oración (aquilo sobre o que se quere tratar); o seu núcleo concorda en número e persoa co verbo que é núcleo do predicado.

Como regra xeral, suxeito e predicado son funcións recíprocas, é dicir, que se esixen mutuamente.

Porén, eventualmente poden aparecer oracións, co verbo en terceira persoa do singular, que carecen de suxeito (se exceptuamos o suxeito implícito marcado por esa terceira persoa de singular). Trátase de predicados que non admiten a presenza dun suxeito explícito, nin na forma nominal nin na forma pronominal: Este inverno choveu moito.

Os criterios para clasificar as oracións son múltiples. Velaquí algunhas clases interesantes para a análise sintáctica.

Oracións impersoais

As oracións sen suxeito (ou que só teñen suxeito implícito) reciben o nome de impersoais. Poden ser:

• Naturais. Expresan fenómenos naturais por medio de «verbos meteorolóxicos» (chover, nevar, lostregar sarabiar, ventear...) ou dalgún outro como anoitecer, amañecer...: Está a nevar. Xa anoiteceu.

• Gramaticais. Son construcións gramaticalizadas coa terceira persoa do singular dos verbos haber, ser...: Houbo moitos feridos. É cedo.

• Verbos como abondar e cumprir teñen tamén usos impersoais: Xa abonda co que trouxeches. Cómpre ter valor para facelo.

• Reflexas. Levan o pronome se como marca de impersonalidade: Estase ben aquí. Fálase de suspender a excursión. Detívose o culpable.

Oracións atributivas e predicativas

Segundo a natureza do predicado, as oracións poden ser:

• Atributivas. Constrúense con predicado nominal (ser, estar, parecer): Pedro está de mal humor. O avó parece contento...

• Predicativas. Constrúense con predicado verbal. Dentro destas pódense distinguir as seguintes clases:

• Activas. Levan o verbo en voz activa (Abordaron o barco). Atópanse os seguintes tipos:

– Transitivas. Levan obxecto directo: Atopei a Marta.

– Intransitivas. Non levan obxecto directo: Cheguei tarde

– Reflexivas. Aquelas nas que o suxeito e o complemento directo son correferentes: Lávome. Vestímonos.

– Recíprocas. Aquelas nas que varios suxeitos realizan, uns sobre outros, unha mesma acción. O suxeito é tamén complemento (directo ou indirecto) da acción verbal: Aqueles irmáns queríanse moito. Os amigos escríbense cartas.

36
5 A oración

• Pasivas. Presentan un suxeito paciente, isto é, non realiza a acción, senón que a recibe: O barco foi abordado. Hainas de dous tipos:

• Perifrásticas. Constrúense coa perífrase de pasiva ser + participio: Os ladróns foron detidos pola policía. Presentan un suxeito paciente e un complemento axente.

• Reflexas. Constrúense coa forma se + verbo en terceira persoa, do singular ou do plural: As súas axudas non se poden esquecer. Nesta modalidade adoita non aparecer explícito o complemento axente.

Oracións independentes e dependentes

Segundo se integren ou non dentro dunha estrutura oracional superior, as oracións poden ser:

• Independentes. Non se integran en ningunha estrutura oracional: Levaches unha novela da biblioteca. Non esquezas a novela

• Dependentes. Están integradas dentro dunha estrutura oracional subordinante, con relación á cal son subordinadas: Non esquezas que levaches unha novela da biblioteca

Oracións simples, complexas e compostas

• Simples. As que non conteñen no seu interior outras oracións nin no nivel inmediatamente inferior nin en ningún outro; con outras palabras, as que conteñen un só predicado: Compramos un armario. Gústame o teu peiteado. Xa chegaron os veraneantes á praia.

• Complexas. As que integran no seu interior outras oracións de xeito que un ou máis dos seus compoñentes ten estrutura oracional: Pedro quere que ti tamén veñas. A moza que che presentei estuda Farmacia

• Compostas. As que integran no seu interior outras oracións, pero ningunha se subordina a outra unidade nin á oración na súa totalidade: O neno xoga, a nai le e o pai prepara o xantar Ponte a estudar ou axúdame a cortar a leña

37
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

5.3 A oración composta por coordinación

Constan de varias oracións que se coordinan entre si —mediante nexos ou sen eles— forman unha oración coordinada. Todas están ao mesmo nivel xerárquico, xa que ningunha depende sintacticamente doutra: Os días medraban, as noites minguaban e o inverno marchaba. Tiñan un xogador menos, pero gañaron o partido

Segundo a maneira que teñan de coordinarse as oracións, pódense distinguir os seguintes tipos de coordinadas:

Copulativas

Teñen un valor puramente aditivo.

As oracións, dúas ou máis, aparecen unidas por medio de conxuncións copulativas (e, nin, que): Antela baila e Lucía canta. Nin Antela baila nin Lucía canta. Dálle que dálle

Disxuntivas

Expresan a posibilidade de escoller entre varias opcións. O seu nexo fundamental é a conxunción ou. Poden ter un valor excluínte: Vés ou quedas?, pero tamén de alternancia non excluínte ou distributiva: Pídello a Pedro ou a Ana.

Os elementos correlativos uns..., outros...; ben..., ben...; tan pronto como...constitúen locucións conxuntivas con valor distributivo: Unhas veces ri, outras veces chora

Explicativas

Constan de dúas oracións das que a segunda constitúe unha aclaración da primeira. Os seus nexos máis habituais son as locucións ou sexa, isto é, é dicir: Son sinónimos, ou sexa, significan o mesmo

Adversativas

Son grupos oracionais que constan de dúas oracións das que a segunda introduce unha matización ao expresado pola primeira (expresan pois unha contraposición entre ideas do tipo Tese ➝ antítese); os nexos que se empregan son as conxuncións mais, e mais, pero, aínda que

Poden ter un valor restritivo ou correctivo: Cruzamos o río e mais non nos mollamos; e tamén poden ter un valor exclusivo ou excluínte, coa primeira oración negativa e a segunda introducida por senón: Non é unha escola, senón unha farmacia

38
5 A oración

5.4 A oración composta por subordinación

Engloban outras oracións dependentes dalgún elemento ou desempeñando no seu interior unha función complementaria subordinada.

Unha oración está subordinada cando desempeña unha función como constituínte oracional doutra oración ou como integrante dunha frase: Díxome que lle gustaba o meu peiteado. Xa chegaron os veraneantes que veñen á praia

Segundo a función que unha oración subordinada desempeñe no interior doutra, pódese falar de oracións subordinadas substantivas, adxectivas ou adverbiais

Oracións subordinadas substantivas

As oracións subordinadas substantivas poden ir introducidas pola conxunción que, pola conxunción se, por un pronome ou adverbio relativo ou sen ningún tipo de nexo. Desempeñan as funcións propias dos substantivos, ou sexa:

• Suxeito. Normalmente van introducidas pola conxunción que: Gústame que veñas Pero caben outras posibilidades: Agrádeme pasear pola praia. Non me importa se o fixeches

Tamén poden ter como nexo un pronome relativo sen antecedente: O que a fai págaa. Quen poida anotarase para a excursión.

• Complemento directo. Adoitan ir introducidas por que ou por se, nas interrogativas indirectas: Quero que veñas. Pregunteille se viña, mais tamén poden levar outros nexos: pregúntalle cando vén. Se o predicado da subordinada vai en infinitivo, non leva nexo: Quero saír

• Atributo. Poden ir introducidas por «artigo + que» ou por quen; é dicir, por un pronome relativo sen antecedente: Iso foi o que dixo. Ela é quen eu penso. Pero tamén poden levar o verbo en infinitivo: O meu soño é ser feliz

• Complemento indirecto. Trátase de oracións de relativo substantivadas que funcionan como termo de preposición dentro dun SPrep: Deillo a quen estaba alí

• Complemento de réxime. Obviamente, tamén leva sempre unha preposición precedendo ao nexo que, quen. Como no caso anterior, a oración subordinada funciona como termo de preposición dun SPrep: Penso no que fixemos

• Complemento circunstancial. Preséntanse introducidas por «preposición + que». Vale tamén o dito para as dúas anteriores: Faino sen que se note (= faino sen esforzo)

• Complemento axente. Como as de CI, son oracións de relativo substantivadas. Van introducidas pola preposición por. Vale o dito para as tres anteriores: O problema foi solucionado por quen máis sabía

• Complemento dun nome. Van introducidas por de que: Tiña a idea de que todo era falso. Agás as que van en aposición (de relativo substantivadas), que se xustapoñen: Ana, a que vai na moto, é miña curmá

• Complemento dun adxectivo. Van introducidas pola conxunción que precedida de preposición, agás se o verbo subordinado é un infinitivo: Está canso de que non o atendan. Está canso de esperar

• Complemento dun adverbio. Van introducidas pola preposición «de + pronome relativo»: Non vivas lonxe dos que te estiman. Agás se o verbo da subordinada é un infinitivo, pois nese caso a preposición de introduce directamente o infinitivo: Andaches preto de dar no albo

Todas as oracións subordinadas substantivas introducidas por preposición desempeñan en realidade a función de termo desa preposición dentro do SPrep, que é o que propiamente funciona como CI, CRex, CC, CAx...

39
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

Actividades

3 Analiza sintacticamente as oracións seguintes.

a) Na entrada do xardín había unha roseira grande.

b) Empurroume co cóbado ese rapaz.

c) Aínda onte á noite atopei a Rosiña na festa.

d) Aquela tarde, os dous rapaces percorreron todo o paseo ata a desembocadura do río.

e) Este inverno houbo moitos día de chuvia.

f) Nas Rías Altas as traíñas desprazaron con facilidade outras artes de pesca da sardiña.

4 Nas seguintes oracións, substitúe o subliñado por pronomes.

a) Que guapa está Lola! Non parece ela

b) Eses señores son os pais de Xián? –Si, son os pais de Xián

c) Ana é a miña mellor amiga e sempre foi a miña mellor amiga

d) Aqueles son Pedro e Anxo ou non son Pedro e Anxo?

e) Se eu fose ela non lle faría caso, pero como non son ela

f) A muller de Roque era media parente túa. Non era media parente túa?

5 Sinala a que tipo pertencen as seguintes oracións impersoais.

a) Esta noite caeu unha xeada de medo.

b) Chámante por teléfono.

c) Aínda é cedo pero, se hai que facelo xa, faise.

d) Aquí logo anoitece nesta época do ano.

e) Din que se hai incidentes, suspéndese a función.

f) Vai haber un montón de xente.

g) No comedor universitario cómese bastante ben; teñen un menú variado.

6 Distingue as impersoais reflexas (=impersoais activas) das pasivas reflexas (=pasivas impersoais) que aparecen entre as seguintes oracións

a) Recibíronse moitísimos telegramas de felicitación.

b) Valorouse a todos os candidatos segundo os mesmos criterios.

c) Aos asistentes ofrecéuselles un pequeno refrixerio.

d) Na última reunión do consello tomáronse acordos importantes.

e) O LSD obtense a partir do gran de corvo que medra na espiga do centeo.

7 Reconstrúe os refráns unindo cada letra co seu número. Introduce nexos coordinantes e indica que diferenzas de significación comportan:

a) Gárdate de can que non ladra...

b) O mozo pode morrer...

c) Moito sabe o rato...

d) O mentir non é habilidade...

e) Non hai cego que non vexa...

40
oración
5 A

Oracións subordinadas adxectivas

Desempeñan a función propia dos adxectivos, é dicir, modificador do núcleo da FN. Delas, o grupo máis importante coñécese como oracións de relativo por iren introducidas por un determinante (cuxo), un pronome (que, quen, o cal...) ou un adverbio (onde, cando, como) relativo.

A oración de relativo funciona como complemento dun substantivo que se denomina antecedente do relativo. Os relativos, ademais de serviren de nexo, teñen unha función sintáctica na oración subordinada: A casa que ten as ventás verdes é do meu tío. A moza cuxa historia che contei non está. A cidade onde vivo é un monstro de sete cabezas.

Hai dúas clases de oracións de relativo segundo o seu significado:

• Especificativas. Restrinxen o significado do antecedente e serven, por iso, para identificalo: Os discos que chegaron onte están no fondo do andel.

• Explicativas. Informan sobre algunha calidade intrínseca do substantivo ao que modifican. Van entre pausas e constitúen un grupo de entoación particular dentro da oración na que se integran: Os discos, que chegaron onte, están no fondo do andel.

Oracións de relativo sen antecedente expreso

As oracións de relativo que non teñen antecedente expreso son coñecidas como oracións de relativo substantivadas, pois funcionan coma se fosen substantivos: collerei o que me toque Quen perda paga.

Os relativos o cal e cuxo non poden aparecer sen antecedente.

Os adverbios relativos tamén poden aparecer sen antecedente; neste caso as oracións subordinadas desempeñan a función de CC: Recollereino cando chegue. Fíxoo como lle ensinaron. Atopeino onde o deixara; e adoitan clasificarse entre as subordinadas adverbiais

Ademais das de relativo, poden aparecer oracións subordinadas adxectivas co verbo en participio: Os xogadores fichados este ano polo Racing non están dando o resultado esperado pola afección

Actividades

8 Substitúe os segmentos subliñados nas seguintes oracións por elementos simples que desempeñen a mesma función gramatical. Analiza sintacticamente as oracións:

a) O cansazo que os xogadores acumulaban despois de disputar catro partidos nunha semana fixo imposible que o Rápido obtivese os tres puntos naquel partido.

b) Cando xa parecía que todo pasara, un novo sismo azoutou os distritos onde residían os sectores máis desfavorecidos da poboación.

c) No medio dunha ventisca polar, facendo gala dunha valentía excepcional, o montañeiro que se retrasara conseguiu acadar o refuxio onde se atopaban os seus compañeiros.

9 Analiza sintacticamente o seguinte fragmento:

A Regadas acáelle moi ben o seu nome, porque cinco ou seis regueiros que nacen no alto, que chaman As Pías, remansan abaixo na valiña, e xúntanse no Couzo para ir ao Mandeo.

Cando aparece unha oración de relativo precedida de preposición, esta ten unicamente como termo o propio pronome relativo, co que forma un SPrep que desempeña unha función dentro da oración subordinada: Ese é o rapaz do que che falei; do que é CRex do verbo da oración subordinada (falar)

41
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

Oracións subordinadas adverbiais (ou circunstanciais)

Pódese distinguir entre adverbiais propias, comparativas e adverbiais impropias

Adverbiais propias

En xeral, poderían ser substituídas por un adverbio de modo, de lugar ou de tempo. A súa función é a de ser complemento circunstancial da oración na que se integra (Estaba onde eu cría) ou a de modificador dentro da frase que realiza a dita función (Estaba alí onde dixera)

As subordinadas adverbiais tamén poden levar o verbo en infinitivo, xerundio ou participio. As de infinitivo poden ir introducidas por «preposición + infinitivo» (Tras facer os deberes, saíron ao patio) ou «locución (prepositiva /conxuntiva) + infinitivo» (Despois de facer os deberes...).

• De modo. Substitúen un adverbio de modo. Van introducidas polo adverbio relativo como sen antecedente e por nexos como segundo, conforme, coma se:

Faino como queiras

Fixo coma se non entendese

Outras maneiras de presentarse son mediante «preposición + infinitivo» (Fíxoo sen pensar) ou con xerundio ou participio, sen nexo (Fíxoo correndo. Mareada pola viaxe, sentou no chan).

• De lugar. Substitúen un adverbio de lugar. Van introducidas polo adverbio relativo onde sen antecedente, precedido ou non de preposición:

Poñédevos onde vos pareza

Fun por onde me indicaran

• De tempo. Substitúen un adverbio de tempo. Van introducidas polo adverbio relativo cando sen antecedente ou por outros nexos e locucións conxuntivas como mentres, tan pronto como, apenas, antes (de) que, sempre que, despois (de) que...:

Sopra antes de que se apaguen as candeas

Véxoo sempre que podo

Comparativas

Expresan unha relación de cantidade, polo que dependen dun cuantificador (tan, tanto, máis, menos) e van introducidas polas conxuncións que/ca —nas comparativas de superioridade e inferioridade— ou como/coma —nas de igualdade—.

A súa función é a de complementar a cuantificación mediante unha comparación entre un elemento coñecido (referencia) e outro que aparece indicado na subordinada (comparado): Traballei eu máis ca ti

Non poden ser substituídas por un adverbio e inclúen morfemas descontinuos correlativos:

• Igualdade: tanto... como/coma; tanto... canto; tanto máis... canto máis; canto... tanto; así como/coma... así tamén; tal... cal: Miña avoa traballa tanto como pode. Miña avoa traball tanto coma min.

• Superioridade: máis... que/ca/do que: O aceite de oliva é máis san que a manteiga. Os nosos veciños viaxan máis ca nós. Esa película está máis entretida do que pensaba.

• Inferioridade: menos... que/ca/do que. Esta comparativa non é moi utilizada; na fala adoita ser substituída pola construción de igualdade en modo negativo

(É menos alto... = Non é tan alto...).

42
5 A oración

Adverbiais impropias

Ao igual que as comparativas, non se poden conmutar por adverbios. Nelas ponse de manifesto unha relación de implicación lóxica (causalidade) entre dous polos interdependentes:

• Causais (consecuencia ou efecto ➝ causa). Expresan causa (CAUSALIDADE EFICIENTE).

Os nexos habituais son porque, posto que, xa que, pois... Poden funcionar como complemento circunstancial: Chora porque lle doe; ou como modificador oracional (CCExt): Posto que nada o impide, podemos comezar a obra.

• Consecutivas (antecedente ou causa ➝ consecuente ou efecto). Expresan consecuencia (CAUSALIDADE INVERTIDA).

Os nexos máis comúns son logo, así que, tan... que, tanto que... e outros moitos con semellante valor. Poden funcionar como modificadores dun complemento circunstancial cun valor intensificador: Choveu tanto que entrou auga no estudio; ou como modificadores da oración na que se integran: Choveu sen parar, por iso entrou auga no estudio

• Condicionais (causa condicionante ➝ consecuencia condicionada). Expresan unha condición necesaria da que se deriva algunha consecuencia (CAUSALIDADE HIPOTÉTICA).

Os nexos máis frecuentes son se, como, cando, mentres, sempre que, de/con + infinitivo: Se vés comigo, regáloche unha das miñas camisetas deportivas.

• Concesivas (tese ➝ antítese ou antítese ➝ tese). Expresan un feito do que non se deriva a consecuencia lóxica esperada (CAUSALIDADE INEFECTIVA).

Os nexos máis comúns son aínda que, por máis que, a pesar de que...: Por máis que o intenta, non o dá conseguido.

• Finais (feito ➝ finalidade). Expresan o propósito polo que se realiza a acción enunciada polo verbo da subordinante (CAUSALIDADE PROSPECTIVA).

Os nexos máis habituais son que, para que, a fin de que: Chameino para que me arranxe a cociña

As consecutivas non intensivas (introducidas polos nexos logo, así que, conque) e mesmo as causais con pois ofrecen algunhas dúbidas para a súa clasificación entre as subordinadas.

A subordinada é a condicionante e recibe o nome de prótase ( Se vés comigo...); a condicionada denomínase apódose e é a oración subordinante (... regáloche unha das miñas camisetas deportivas).

43
REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4

Oracións bipolares

As oracións coordinadas adversativas, xunto coas subordinadas condicionais, concesivas, causais, consecutivas e comparativas constitúen un grupo que se ten clasificado como oracións bipolares

Estas oracións bipolares caracterízanse por presentaren dous períodos ou proposicións vinculados formal e semanticamente por un nexo e que manteñen entre si unha relación de interordinación, isto é, que se esixen mutuamente: a presenza dun deles presupón a existencia do outro, manifestan unha relación de necesidade mutua, pero non de dependencia.

• Adversativas: expresan unha contraposición entre ideas TESE ➝ ANTÍTESE. Parecía lento, pero gañou a carreira

• Condicionais: CONDICIONANTE ➝ CONDICIONADO

Se non fora tan lento, gañaba a carreira

• Concesivas: a antítese expresa unha obxección ou dificultade para o cumprimento do que se di na tese; pero este obstáculo non empece a súa realización ANTÍTESE

Gañou a carreira, aínda que parecía lento

• Causais: EFECTO ➝ CAUSA: Gañou a carreira porque non é lento

• Consecutivas: o consecuente expresa algunha circunstancia que se deduce da intensidade coa que o antecedente manifesta unha calidade, eventualidade ou acción antecedente ➝ consecuente.

Non é lento, así que gañou a carreira

• Comparativas: establecen algunha relación de superioridade, inferioridade ou igualdade entre dúas nocións; ou ben sinalan o incremento ou diminución de dúas magnitudes en paralelo REFERENCIA ➝ COMPARADO.

Non é tan lento como parecía

44
➝ TESE.
5 A oración

Actividades

10 Substitúe os segmentos subliñados nas seguintes oracións por elementos simples que desempeñen a mesma función gramatical.

• Analiza sintacticamente as oracións.

a) O cansazo que os xogadores acumulaban despois de disputar catro partidos nunha semana fixo imposible que o Rápido obtivese os tres puntos naquel partido

b) Cando xa parecía que todo pasara, un novo sismo azoutou os distritos onde residían os sectores máis desfavorecidos da poboación.

c) No medio dunha xistra polar, facendo gala dunha valentía excepcional, o montañeiro que se retrasara conseguiu acadar o refuxio onde o se atopaban os seus compañeiros

11 Analiza sintacticamente o seguinte fragmento:

A Regadas acáelle moi ben o seu nome, porque cinco ou seis regueiros que nacen no alto, que chaman As Pías, remansan abaixo na valiña, e xúntanse no Couzo para ir ao Mandeo.

12 Fai un breve comentario sintáctico a propósito das seguintes oracións.

a) Preparádevos que aí os están. Parece que veñen medios despistados.

b) Non te me poñas así. Estache unha boa tarde para irmos pasear á beira do mar.

c) Preguntabades pola profesora? Aí vola vén.

d) Cómprovos a cada unha seu sobre de cromos e xa vos chega.

e) Cómprovos cadanseu sobre de cromos e xa vos chega

f) Avarióusechelleme a moto á sobriña e cando lla arranxei púxose toda contenta.

g) Se querías ir con eles aproveita rapaz; aí chos van.

13 Le en voz alta os seguintes exemplos e explica as diferenzas de son e de significado que observes entre os dous membros de cada parella.

h) Traballa mellor có tío. / Traballa mellor co tío.

i) Non creo que se sinta máis triste coa Sara. / Non creo que se sinta máis triste cá Sara.

j) Ando máis ilusionado cá outra / Ando máis ilusionado coa outra

14 Analiza sintacticamente as seguintes oracións:

– Preguntáronme a quen buscaba.

– Esqueceuse de que eras o seu amigo.

– Sempre me asalta a dúbida de se seremos irmáns ti e mais eu.

– Desde o meu cuarto vin o noso veciño pintar a cancela do xardín.

Na aduana dixéronme que era ilegal levar un can sen tarxeta de identificación.

Díxolle que na súa vida había tres pecados dos que nunca se arrepentiría bastante.

45 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA / U 4
Álvaro
Cunqueiro

Repaso da unidade

Organizo a miña mente

Sintaxe

Clases de sintagmas

Estuda as construcións (sintagmas e oracións) que resultan de combinar unidades morfolóxicas; as relacións que se establecen entre elas (coordinación, subordinación) e as funcións que desempeñan (suxeito, predicado, núcleo, modificador).

Nominal: Ten como NÚC un substantivo.

Adxectival: Ten como NÚC un adxectivo.

Adverbial: Ten como NÚC un adverbio.

Verbal: Ten como NÚC un verbo.

Preposicional: Non ten NÚC senón RELATOR (preposición) e TERMO.

Funcións sintácticas

Constituíntes básicos da oración: suxeito e predicado.

Complementos oracionais adxuntos ao núcleo do predicado: complemento directo, complemento indirecto, atributo, complemento de réxime preposicional, complemento predicativo, complemento circunstancial, complemento agente.

Funcións extraoracionais ou extrapredicativas: vocativo, atributo oracional, complemento da enunciación, circunstantes, tópico ou tema, cláusla absoluta.

Tipos de oracións

Oracións impersoais: naturais e gramaticais

Atributivas e predicativas

Dependentes e independentes

Simples e complexas

Oracións compostas por coordinación: copulativas, disxuntivas, explicativas e adversativas.

Oracións compostas por subordinación: substantivas, adxectivas, oracións de relativo, adverbiais e adverbiais impropias

46
Acórdate de seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portfolio.

Aplica o aprendido

Ferrocarril sintáctico

Falamos dun tren que ten unha locomotora (o verbo), un maquinista (o suxeito) e uns vagóns (os complementos), engastallados por parafusos e xuntas (artigos e preposicións). Todos eles forman oracións de clase preferente, primeira clase, clase turista e paquetaría. As conxuncións teñen o papel de enganchar estas oracións entre si como os vagóns de primeira se unen aos de segunda. Iso non adoita facer prescindible a locomotora, que se converte en verbo principal e arrastra tamén as categorías subordinadas.

A relación entre todos eses elementos é a sintaxe.

A sintaxe parécese á mecánica. De nada serve unha manivela se non está conectada cun sistema que aproveite a súa enerxía para transformala nunha forza máis precisa, ben co obxectivo de levantar un toldo ou co de arrancar o motor dunha máquina de cortar o céspede. A mecánica fai avanzar un auto, e tamén que se movan as nosas pernas. Unhas potencias levan a outras, conéctanas e nese momento actívanas.

O cerebro humano foi creando durante séculos as engrenaxes que moven as oracións, e aquelas deberán estar ben engraxadas para que á súa vez expresen o pensamento sen que se rompa un engarce. Os vagóns do tren necesitan de firmeza na unión e de flexibilidade para tomar as curvas, o mesmo que as oracións subordinadas. A sintaxe está chea de xunturas estables, enganches resistentes e graxa para as folguras. […]

Para que serve a sintaxe?

Sintaxe… que palabra tan estraña. Inventárona os gregos, e collérona os romanos. A súa orixe está no verbo helénico sintásso, que significaba «coordinar», «colocar en orde». […]

E para que serve a sintaxe? Para o mesmo que pode servir un encrucillado ou un sudoku. Fundamentalmente, para pensar. Analizar o idioma é facer ximnasia mental para utilizalo mellor, para escribir mellor, para expresarse mellor, para comprender mellor… Ou sexa, para mellorar.

Iso axudaranos en algo moito máis importante: sermos quen de convencer aos demais cando o necesitemos.

Álex Grijelmo: La gramática descomplicada, Santillana, Madrid, 2006 (trad.).

1 Sinala todos os suxeitos do primeiro parágrafo.

2 Busca no texto exemplos de oracións impersoais, condicionais, finais, subordinadas adxectivas ou de relativo, coordinadas disxuntivas e coordinadas explicativas. Atopas algún caso de xustaposición? Sinálao.

3 Indica a función sintáctica dos elementos resaltados:

– Todos eles forman oracións de clase preferente

– A relación entre todos eses elementos é a sintaxe

A sintaxe está chea de xunturas estables

– Sintaxe… que palabra tan estraña

– Analizar o idioma é facer ximnasia mental

– Iso non adoita facer prescindible a locomotora.

Falamos dun tren que ten unha locomotora.

4 Pasa para a voz pasiva esta oración: Inventárona os gregos, e collérona os romanos

5 A sintaxe parécese á mecánica. Engádelle a este segmento unha subordinada causal, unha concesiva e unha consecutiva de xeito que cada unha das tres secuencias teña sentido.

47 U 4 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA /

5

Semántica

TRINTA ANOS DE THELMA E LOUISE, A PELÍCULA QUE PUXO EN VALOR A SORORIDADE E O

EMPODERAMENTO DAS MULLERES

Contan que o de Thelma e Louise foi o primeiro selfie da historia do cine. Trinta anos despois segue vivo o legado de dúas mulleres na estrada nun descapotable Thunderbird do 66. A medio camiño entre unha road movie e un western, o filme marcou un fito poñendo o foco na protagonista. Estabamos acostumados a outro tipo de cine centrado no público feminino desde unha perspectiva masculina e rompeu co estereotipo e a imaxe normativa da muller, como sinala Ana Palacios, directora de Mujeres de cine

Mostrábase abertamente a violencia contra as mulleres e provocou un debate ata o momento latexante: a súa indefensión fronte ao sistema. Na súa mensaxe, o feminismo e sororidade, mulleres amigas e non rivais, termos non tan populares a principios dos 90, comezaron a abrir esa fenda na sociedade. Palacios considera que moitas mulleres «deberon sentir» que «podían dar un paso adiante». A película acabou sendo un fenómeno e mesmo hai grupos de mulleres que cada ano van ao canón do Colorado facer o percorrido da película.

Rubén Montes. https://www.lasexta.com (21/11/2021) (trad. e adapt.)

Sobre a lectura

• Atopas aínda no cine actual moitas películas ou series onde os papeis femininos estean claramente subordinados aos masculinos?

• En que medida cres que o cine pode e debe contribuír á igualdade de homes e mulleres?

➜ Plano aberto. Accede ao vídeo desta unidade en anayaeducacion.es.

Que vas atopar nesta unidade

1 A Semántica

2 Os campos semánticos

3 As relacións semánticas

4 Os cambios semánticos

108

A semántica

A Semántica é a disciplina lingüística que estuda o significado das palabras. Pode enfocarse desde dúas perspectivas: sincrónica e diacrónica

Nun principio os estudos de Semántica foron diacrónicos (semántica diacrónica ou histórica), é dicir, centrábanse na orixe das palabras (etimoloxía) e tentaban explicar os cambios de significado ao longo da historia; porén, a partir dos anos cincuenta do século XX comezou o estudo da semántica sincrónica (ou descritiva), que atende ás relacións que manteñen as palabras entre si polo seu significado.

1.1 O significado

O significado é o concepto ou idea mental dunha cousa. Prodúcese cando os individuos se comunican entre si mediante signos lingüísticos para transmitir pensamentos, sentimentos, etc. con respecto a aquilo do que se fala (referente).

En semántica, ao esquema dual saussuriano de signo lingüístico conformado por significante e significado, engádese un terceiro elemento: o referente ou «cousa». Configúrase así un modelo de signo lingüístico no que se distinguen tres compoñentes

No triángulo semántico, o significante (nome ou símbolo) é a configuración fonética –ou gráfica– da palabra e os segmentos que a constitúen; o significado (sentido ou referencia) é a información que o nome comunica ao oínte; o referente ou cousa é aquilo sobre o que se fala. A liña descontinua indica que non hai relación directa entre a cousa e a súa denominación. É dicir, un significante designa un significado que alude a unha noción da realidade.

O triángulo semántico ou semiótico de Ogden e Richards é un método gráfico que permite distribuír e relacionar os compoñentes que integran un signo calquera, nomeadamente un signo lingüístico. Foi creado polos investigadores británicos Charles Kay Ogden (lingüista) e Ivor Armstrong Richards (crítico literario) na súa obra conxunta

The Meaning of Meaning (O significado do significado)

Actividades

1 Repartide os seguintes vocábulos entre todos os membros da clase e sinalade o significado de cada un deles: xolda prea pinchacarneiro esnafrarse reseso barallocas arnela lea lilaina cotelear achourilar pastrán

2 Explica o significado dos seguintes tecnicismos: paleontoloxía fonendoscopio estupro cuanto hipérbato biopsia alotropía polipropileno baricentro

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE

A palabra semántica procede do francés «sémantique», que a tomou do grego «semantiké», feminino substativado de «semantikós»: «que indica», «que significa».

Significado (sentido ou referencia)

refírese

Significante (nome ou símbolo)

representa

Referente (cousa)

Os contidos e cuestións da lectura inicial poden ser útiles para realizar os Desafíos que deixan pegada.

1
109 REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

1.2 Denotación e connotación

Todas as palabras posúen un significado convencional, é dicir, un sentido que lles é propio; pero algunhas veces úsanse en circunstancias especiais (situación) e con elementos ao redor que poden modificalo (contexto). Así, as palabras adquiren outros significados.

O significado denotativo ou denotación é o significado literal, obxectivo, básico, das palabras; é dicir, o que nos remite ás cousas que nomean.

O significado denotativo é descritivo e xeral. Por exemplo, o significado denotativo da palabra gato en O gato é un animal doméstico é o de ‘mamífero felino que pilla ratos’, e o de vaca en A vaca comeu no prado do veciño é o de ‘mamífero ruminante e doméstico da familia dos bóvidos’.

Normalmente emprégase a denotación en xéneros textuais de carácter obxectivo, pertencentes aos ámbitos informativo, académico ou profesional (textos científicos, textos descritivos obxectivos, textos disertativos e argumentativos…).

O significado connotativo ou connotación é o significado adicional, subxectivo e figurado que pode adquirir unha palabra nun contexto determinado e por diversos motivos (sociais, culturais, históricos, psicolóxicos, etc.).

As palabras gato e vaca dos exemplos anteriores en contextos específicos poden ser interpretadas doutro xeito, como en Ten unha mirada de gato (= mirada felina) ou Eladio está como unha vaca (= está gordo de máis).

É bastante común o uso de termos con sentido connotativo en conversas informais e sobre todo na literatura, especialmente na poesía.

Significado denotativo

Conxunto de trazos significativos asociados a unha palabra.

Aparece nos dicionarios.

A interpretación depende do coñecemento que se teña da lingua.

Predominio da función referencial

Pesado: Que pesa moito.

Significado connotativo

Conxunto de valores asociados a unha palabra que se manifestan no uso concreto da lingua.

Adoita ser un significado non codificado.

A interpretación depende do contexto concreto no que se manifeste.

Predominio das funcións expresiva e poética

Pesado: Que causa enfado, aburrimento...

110
1 A semántica

Actividades

3 Explica que se quere dicir de alguén cando se sinala que é un ou unha: parasito besta toutizo zulú óso duro de roer saltasebes

4 Di como se chama:

a) Aquel que se considera cidadán do mundo, por riba das diferenzas nacionais.

b) O que ten adoración excesiva por si mesmo; amor propio excesivo.

c) O toxo queimado.

d) O poema épico que narra os feitos heroicos realizados por un pobo.

e) A porción de gran, fariña ou aceite que lle corresponde ao muiñeiro por moer.

5 Establece o significado denotativo e connotativo destas palabras: cantar allo cabra carneiro infantil

6 Tenta dar unha definición dos termos seguintes mediante a remisión ao significado oposto. Por exemplo, covarde: «que non é quen de acometer empresas perigosas»:

inefable asexuado larafuzas inexorable lercho inelutable

7 Indica cal é o significado das palabras subliñadas. Sinala tamén se se trata de significados denotativos ou connotativos.

a) Derreteuse ao escoitar as palabras agarimosas que ela lle dixo.

b) O plástico derreteuse no lume.

c) Espremeu dúas laranxas que contiñan moito zume.

d) Cómpre espremer todas as posibilidades para obter os mellores resultados.

e) É un rapaz de moi bo corazón

f) Realizáronlle un transplante de corazón

8 Artella dúas oracións con significados connotativos diferentes destes seguintes termos:

burro camiño loro

mina porco pan

111
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

Campos semánticos

Un campo semántico é un conxunto de palabras da mesma categoría gramatical que comparten un núcleo de significación común, de tal modo que cada unha delas se opón ás demais por uns determinados trazos.

Para comprender mellor este concepto, cómpre definir algúns vocábulos:

• Un sema é cada un dos trazos distintivos mínimos que forman o significado dunha palabra.

• O conxunto de semas que caracterizan unha unidade lingüística é o semema

• O sema común a todos os termos do campo chámase arquisemema

Os termos Catedral de Santiago, Illas Cíes, Muralla de Lugo, Mosteiro de Samos, Torre de Hércules, Praia das Catedrais, Castro de Sta. Tegra, que cos seus significados limitan unha parte da realidade que denominamos «monumentos de Galicia», forman un campo semántico.

Cada un dos trazos significativos como ‘elemento natural’ ou ‘construcción arquitectónica’ son semas específicos; Illas Cíes ou Mosteiro de Samos son sememas, mentres que o trazo que os caracteriza a todos, ‘monumentos de Galicia’, é o arquisemema.

Arquisemema: monumentos de galicia

112
Sememas Semas Elemento natural Construción arquitectónica Elemento arqueolóxico Localización: interior Localización: costa Catedral de Santiago - + + +Illas Cíes + - - - + Muralla de Lugo - + + +Mosteiro de Samos - + + +Torre de Hércules - + + - + Praia das Catedrais + - - - + Castro de Sta. Tegra - + + - + 2

Cómpre non confundir campo semántico con familia léxica e campo léxico ou asociativo

• Familia léxica: Palabras de calquera categoría gramatical que comparten o mesmo lexema.

• Familia léxica de mol: amolecer, amolentar, amolegar, molente

• Campo léxico ou asociativo: Palabras relacionadas entre si por un mesmo tema ou ámbito da realidade, sen importar a súa categoría gramatical.

• Campo léxico ou asociativo de xardín: flor, caravel, xardineiro, podar, verde, descansar, natureza

Actividades

9 Indica o campo semántico ao que pertence cada grupo de palabras e pescuda cales poden ser algúns dos semas específicos de cada unha delas.

a) Teixo, sabugueiro, faia, bidueiro, érbedo, aciñeira, sobreira, ameixeira.

b) Arroiar, lostregar, amerar, arrefecer, babuñar, chuviñar, coriscar, sarabiar, toldarse, xear, xistrar, zoar.

c) Ver, mirar, fitar, axexar, contemplar, enxergar, divisar, ollar, esculcar, observar, outear, avistar, albiscar, espreitar.

10 Di o sema diferencial das seguintes parellas de palabras: porco – bacoriño abalo – devalo madeira – acha fender – rachar; braña – veiga; mera – néboa; emigración – exilio; chan – solo coñecido – público

11 Sinala un sema común aos termos de cada parella: carreiro/congostra angustia/malestar homilía/panexírico indicio/síntoma cranio/caluga catilinaria/diatriba

12 Escribe seis palabras de cada un dos seguintes campos semánticos:

a) Campo semántico dos grupos de rock en galego.

b) Campo semántico dos actores e actrices galegos.

c) Campo semántico dos tipos de embarcación.

d) Campo semántico dos grupos de folk en galego.

e) Campo semántico dos escritores e escritoras da literatura galega.

113
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

As relacións semánticas

As palabras non aparecen illadas na lingua, senón que establecen relacións de sentido e significado entre si (de xerarquía, de semellanza, de oposición etc.) pois é raro que a cada significante lle corresponda un só significado ou á inversa; normalmente, nas linguas naturais poden darse varios significados para un significante, e ao revés.

Así, establécense estas relacións, fundamentais para a comprensión da mensaxe, que se transmite nun contexto determinado, e con iso pódese evitar unha interpretación equivocada da información que o emisor pretendeu transmitir.

3.1. As relacións xerárquicas e de inclusión

A xerarquización de significados

As relación xerárquicas son aquelas nas que os conceptos están organizados en distintos niveis segundo a maior ou menor extensión do seu significado.

Existen conceptos xenéricos con grande amplitude significativa (hiperónimos) e conceptos específicos subordinados a estes en niveis inferiores e potenciados con máis trazos característicos (hipónimos).

Ademais, dentro dun mesmo nivel significativo danse relacións de coordinación entre os distintos conceptos que o forman (cohipónimos).

É dicir, na lingua hai termos que, por cubriren unha grande extensión significativa, inclúen outros con significados máis específicos, e así sucesivamente.

Clase Definición Exemplo

Hiperónimos

Son os termos que inclúen outros dun nivel significativo menos extenso.

Un hiperónimo ten un significado más xeral ca outro termo, o hipónimo.

Son os termos que están incluídos dentro doutro de significación máis xeral ou ampla.

Hipónimos

Cohipónimos

Un hipónimo posúe todos os trazos semánticos do correspondente hiperónimo e engade outras características semánticas que o diferencian deste.

Son os termos que teñen unha amplitude significativa semellante.

Son cohipónimos os distintos hipónimos dun mesmo hiperónimo.

CONCEPTO XÉNERICO (Hiperónimo)

Animais salvaxes

CONCEPTO ESPECÍFICOS (Hipónimos)

CONCEPTO 1

león

CONCEPTO 2 crocodilo

CONCEPTO 3 grúa

(Cohipónimos)

Moble é hiperónimo de cama, mesa e chineiro

Cama, mesa e chineiro son hipónimos de moble

Cama, mesa e chineiro son cohipónimos entre si.

CONCEPTO XÉNERICO (Hiperónimo)

Animais salvaxes

CONCEPTO ESPECÍFICOS (Hipónimos)

CONCEPTO 1 sacha

CONCEPTO 2 fouce

CONCEPTO 3 grade

(Cohipónimos)

114
3

As relacións de inclusión

Baséanse na vinculación existente entre un concepto xenérico e as partes que o compoñen (relación parte-todo). De acordo con isto, falamos de holonimia (denominación totalizadora) e meronimia (denominación partitiva).

Clase Definición Exemplo

Holónimo Unidade designada con respecto ás partes que a integran. A palabra roda é merónimo do substantivo coche; e á inversa, coche é holónimo de roda

Merónimo Representa o nome que designa unha parte integrante dun concepto.

Actividades

13 Constrúe series de hipónimos con palabras referidas a:

a) Tipos de novela.

b) Aves.

c) Labores do campo.

14 Indica hiperónimos, cohipónimos e hipónimos de:

ovíparo poesía can pronome

15 Substitúe a palabra cousa por outros substantivos máis específicos:

a) Cómprennos moitas cousas para preparar un bo cocido.

b) O fontaneiro reparou a tubaxe, recolleu as cousas e marchou.

c) Para triunfar na vida, tes que vencer moitas cousas que se van poñendo por diante.

d) Metéuseme unha cousa nun ollo.

e) Ler é unha das cousas máis produtivas que podemos realizar.

f) Ten todas as cousas necesarias para chegar a triunfar como actriz.

g) Sempre conseguiu todas as cousas que se propuxo.

16 Escribe termos segundo as distintas relacións de significados.

a) Dous merónimos de libro.

b) Dous holónimo de porta.

c) Un hiperónimo de balonmán.

d) Dous hipónimos de insecto.

e) Dous merónimos de árbore.

f) Un hiperónimo de bidueiro.

g) Dous hipónimos de esfera.

17 Segundo o visto ata o de agora, explica que tipo de relación de signficado se establece entre as seguintes parellas de palabras:

abella/ovella marisco/nécora

cremalleira/pantalón

algodón/tecido

danza/música

corpo/extremidades

115
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

3.2. As relacións de equivalencia e oposición

Identidade de significados. A sinonimia

A sinonimia é a relación de identidade ou semellanza de significados entre dúas ou máis palabras, de maneira que a substitución dunha delas por outra no mesmo contexto non altera o sentido da mensaxe enviada. Trátase dun significado ao que lle corresponden varios significantes.

Son sinónimos de imaxinar voces como coidar, crer, pensar, supoñer, supor, concibir, idear, soñar, evocar ou morriña palabras como saudade, señardade, melancolía, tristeza, tristura, pena nostalxia

Clase Definición Exemplo

Perfectos ou absolutos

Imperfectos ou parciais

Escasean na lingua común e son intercambiables en todos os contextos; teñen a mesma significación.

Son máis abundantes e pódense intercambiar só en determinados contextos.

lágrima/bágoa; cuxo/becerro/xato; alfaiate/xastre

Os termos encher e fartar son intercambiables en Xa me estás enchendo/fartando, pero non en A cesta está chea/ (*farta) de millo

A existencia dos sinónimos é moi produtiva para a lingua, pois permítelle ao emisor seleccionar aquel termo que máis se axuste ao que se quere expresar (A manteiga derreteuse e o azucre disolveuse), evitar a repetición de palabras (No verán vai moita calor, por iso no estío madura mellor a froita) etc.

116 S audade
3 As relacións semánticas
M elancolía
Pena N ostalxia T ristura SENTIMENTO E ESTADO DE ÁNIMO MELANCÓLICO E DEPRESIVO.
M orriña

Actividades

18 Dá sinónimos de:

hebdomadario odio aptitude revolución mecánica sinal tremor erudito caos

opulento desazo relato ríxido

néboa táctica aromático orballar

alicerce estarricar cágado vertixe

19 Emparella os sinónimos dos dous grupos:

xato lambuzas

afouto diáfano

tisnar(se) parrocha

xoto mollo

muxica torresmo

prebe túzaro

larpeiro cume

longueirón escornabois

translúcido enfeluxar(se)

xouba astuto

roxón navalla

peixe sapo roda

vichelocrego eximio

toro agudo

sapoconcho rabada

vacaloura ouriolo

curota faísca

egrexio. becerro

ousado tartaruga

20 Substitúe, no poema de Ana Romaní, os vocábulos subliñados por sinónimos

Muller, amiga, quero ve-lo mar contigo polas fiestras abertas, sulcar imaxes de gaivotas namoradas

e berrar pola vida, nos límites mesmos da loucura, nosa é a ternura, este recuperar o verso e a historia, a entraña do ser, o misterio da silenciada rebeldía.

21 Di que tipo de sinonimia se dá entre os exemplos de cada par de palabras: ver/albiscar, infatigable/incansable, ileso/indemne, comezar/iniciar

117
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

Oposición de significado. Os termos contrarios

Son termos contrarios aqueles que se caracterizan pola oposición de significados; é o fenómeno contrario á sinonimia.

Clase Definición Exemplo

Complementarios

Antónimos

Inversos ou recíprocos

Actividades

A afirmación dun implica a negación do outro, e viceversa; é dicir, posúen significados incompatibles.

A negación dun non implica a afirmación do outro. A súa característica básica é que son regularmente graduables.

Son termos contrarios que se implican mutuamente, é dicir, a afirmación dun supón a afirmación do outro.

vivo/morto; dentro/fóra; rural/ urbano; igual/diferente; aceptar/ rexeitar; tónico/átono;

frío e quente (existe morno); grande/pequeno (existe mediano); neno/vello (existe mozo); caro/ barato (existe accesible).

pai/fillo; tío/sobriño, sogra/nora; amo/criado; pregunta/resposta; enviar/recibir.

22 Ofrece cinco exemplos de palabras sinónimas e cinco de termos contrarios.

23 Cales son os termos complementarios das seguintes voces?

militar saber plural total diúrno

24 Indica os termos inversos de:

atacar vencedor denunciante afillado

25 Escribe o termo contrario correspondente a:

pródigo pusilánime agudo fragrancia

inocuo hipocrisía neglixencia esparexer indeleble implícito esixente traidor

renuncia pobreza opaco feble

taciturno permeable lucidez abandono paciencia expresivo poderoso loanza

vantaxe urbano beizón amor

26 Sinala se as palabras emparelladas na seguinte lista son complementarias, antónimas ou recíprocas:

cruento/incruento ofrecer/aceptar lícito/ilícito

grande/pequeno aprobado/suspenso entrega/recepción

casado/solteiro fóra/dentro saber/ignorar

prendido/apagado posible/imposible mestre/alumno cóncavo/convexo doente/san apto/inepto

simpático/antipático eslamiado/salgado enviar/recibir

118
3 As relacións semánticas

3.3 Outros tipos de relacións

Identidade de significantes. A polisemia

A polisemia é a propiedade pola cal unha palabra ten varios significados (un mesmo significante con varios significados).

Son palabras polisémicas falta, coñecer, insignia, mestre, oposición, quedar ou sacar, pois presentan máis dunha acepción e os distintos significados de cada unha delas teñen –ou tiveron– unha orixe común, é dicir, proceden da mesma palabra.

SIGNIFICADO

Ter ou chegar a ter na mente a idea de algo.

O ser humano ten a facultade de coñecer.

SIGNIFICADO

Estar informado de algo.

Coñeceron onte os resultados...

SIGNIFICADO

Saber quen é ou como é unha persoa. Coñézoo de toda a vida.

Ter o suficiente dominio sobre algo como para poder utilizalo. Coñece as catro regras.

Esta propiedade contribúe á economía da linguaxe porque se tivésemos unha palabra para cada concepto sería difícil memorizar a gran cantidade de voces da lingua; grazas á polisemia redúcese o seu número sen prexuízo da expresión de significados. Así, a palabra escudo serve para facer referencia a: ‘arma defensiva’, ‘elemento de protección’, ‘antiga unidade monetaria’ ou ‘representación simbólica dunha familia ou grupo’.

As palabras polisémicas aparecen nos dicionarios cunha única entrada con varias acepcións.

melopea (do gr. melopeia < melos = música + poieo = facer). 1. Arte de compoñer melodías. 2. Composición poética para ser recitada ao compás da música. 3. Canto monótono. 4. Fig. Borracheira.

Na lingua tamén existen voces cun só significado: son as palabras monosémicas, que abundan sobre todo na linguaxe técnica e científica. Telescopio, neutrón, volframio, radiólogo e osíxeno son algunhas.

119
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5 01 03 02
COÑECER
04
SIGNIFICADO

Causas da polisemia

• Especialización. Normalmente aplícaselle unha acepción a unha voz dependendo do contexto. Así, a palabra acción será entendida de distinta maneira se nos atopamos na rodaxe dunha película, nun partido de fútbol ou na bolsa; o mesmo sucede con nota (musical, cualificación, factura...).

• Linguaxe figurada. Unha palabra pode recibir un ou máis sentidos figurados sen perder o seu significado orixinal.

A palabra ollo, ademais de conservar o significado primitivo de ‘órgano da vista’, adopta outros como burato (ollo da pechadura, ollo dunha agulla), planta (ollo de can), estar atento (abrir os ollos), desenganar (abrirlle os ollos a alguén), precaución (andar con cen ollos), desexar (botarlle o ollo a algo, comer cos ollos), insistir (meter polos ollos), sen exactitude (a ollo)...

• Influencia estranxeira. Prodúcese cando se cambia ou se engade un significado novo a algunha palabra xa existente no noso idioma. É o caso do vocábulo forma en estar en forma, por influencia do inglés to be in fine form

Actividades

27 Fai unha oración con cada acepción destas palabras polisémicas: prender presa coidar pregar falta porteiro

28 Explica o significado da palabra polisémica que se repite nas seguintes oracións:

a) Esta cadea está formada por vinte e sete elos, todos da mesma medida.

Metérono na cadea porque roubou un avión de combate.

b) A súa doenza é moi grave; non ten cura.

Onte chegou un cura novo á parroquia.

c) O corazón é un órgano fundamental do corpo humano.

É unha persoa de moi bo corazón.

d) Déixao quedar na entrada da casa.

Onte fun mercar un coche e xa dei a primeira entrada.

e) A filial desta empresa está medrando moito.

Mostrou por súa nai un cariño filial.

f) Leva este paquete á axencia.

Leva a súa enfermidade con gran valentía.

120
3 As relacións semánticas

A homonimia

A homonimia é a calidade que posúen dúas ou máis palabras que teñen o mesmo significante (coinciden na forma) pero distinto significado e diferente etimoloxía.

Algunhas mostras son raxo < ¿? (carne do lombo do porco) e raxo < RADIU (tentáculo do polbo); tea < TAEDAM (facho) e tea < TEAM (tecido).

Significante 1 TEA > taedam

Pau que, impregnado con certas substancias, se utilizaba para alumar.

Significante 2 TEA > telam

Tecido feito con fibras téxtiles como liño, algodón, la, etc.

As palabras homónimas recoñécense porque:

– Teñen diferentes entradas no dicionario.

– Adoitan pertencer a distintas categorías gramaticais.

– Diferéncianse na escritura.

– Presentan distinto xénero.

fiar1 (do lat. fidare → fidere). v. 1. Asumir, como fiador, as responsabilidades de alguén. 2. Vender sen cobrar ao contado.

fiar2 (do lat. filare → filu = fío). v. 1. Reducir a fío. 2. fig. Deducir unha cousa doutras.

Clases de palabras homónimas Definición Exemplos

Palabras homófonas (homofonía)

Dúas ou máis palabras que se pronuncian igual (identidade fónica), pero non coinciden graficamente.

Palabras homógrafas (homografía)

As palabras que se escriben igual (identidade gráfica) e se pronuncian igual (identidade fónica).

- rabo < RABU (apéndice posterior de moitos animais) e ravo < RAPHANU (planta de raíz comestible);

- naval < NAVALE (relativo á navegación) e nabal, derivado de nabo < NAPU (terreo sementado de nabos).

- vin < VIDERE (do verbo ver) e vin < VENIRE (do verbo vir);

- coco < do aimara (árbore tropical e o seu froito) e coco < KOKKOS (verme que se cría nalgúns alimentos).

É importante diferenciar as voces homógrafas dos parónimos. Estes últimos son palabras que presentan unha grafía parecida ou igual e un son moi semellante, pero posúen significados diferentes (extremo/estrema; descrición/discreción; apto/acto; acender/ascender; inicuo/inocuo; soar/suar).

Un caso especial de parónimos son as palabras que se distinguen segundo se pronuncien abertas ou pechadas as vogais tónicas e, o, como en oso (animal) e óso (do esqueleto), corte (lugar onde se garda o gando) e corte (acción e efecto de cortar).

121
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

Causas da homonimia

• Converxencia fonética. A orixe dos homónimos ten diversas causas, pero a principal é a evolución fonética converxente de palabras distintas. Dúas ou máis palabras que noutro tempo tiñan formas diferentes, debido ás evolucións fonéticas experimentadas acaban coincidindo na linguaxe falada (homófonos) e algunhas veces tamén na súa forma escrita (homógrafos). É o caso de palabras como:

– quenlla, que, derivada do latín CANILICULA < CANALE, significa ‘canle que conduce auga’, mentres que procedente do latín CANICULA é o nome do peixe tamén chamado tintureira;

– queixo, derivada do latín CASEU, é o nome dun produto lácteo, e do latín CAPSU é a prominencia na parte inferior da cara;

– cal < CAUCE (substancia branca feita de óxido de calcio), cal < CANALE (canle para a auga) e cal < QUALE (pronome relativo).

• Diverxencia semántica. Prodúcese cando dous ou máis significados da mesma palabra se separan tanto que xa non hai relación ningunha entre eles; como en meniña, que pode significar ‘persoa de poucos anos, de sexo feminino’ ou ‘abertura do iris do ollo’. Nestes casos fálase de «homonimia secundaria».

• Influencia estranxeira. Dáse cando préstamos doutras linguas coinciden con palabras xa existentes na nosa lingua. Unha mostra é a palabra gravar, que nun principio existía como forma do latín GRAVARE (cargar un imposto) e posteriormente introdúcese na lingua o mesmo vocábulo procedente do francés graver (labrar un debuxo sobre unha materia dura); ou zoco < SOCCU (calzado de coiro con piso de madeira) e zoco < árabe suq (mercado).

O seguinte cadro resume parte do estudado respecto das relación semánticas:

Tipo Significante Significado Exemplo

Hiperonimia distinto engloba a outros ser vivo vs. animal

Hiponimia distinto está contido noutros animal vs. ser vivo

Cohiponimia distinto mesmo nivel cabalo, can entre si

Holonimia distinto integra a outros como partes coche vs. volante

Meronimia distinto parte integrante doutros volante vs. coche

Sinonimia varios un esfarelar/esmigallar

Polisemia un varios órgano, fonte, cabeza, serra, copa, prato.

Homonimia igual diferente sede/sede, raia (liña)/raia (peixe), venda (vender)/venda (vendar).

Termos complementarios diferente oposto (incompatibilidade) xusto/inxusto, legal/ ilegal, entrar/saír

Antónimos diferente oposto (con gradación) branco/negro , grande/pequeno, gordo/ delgado.

Termos recíprocos diferente oposto (con implicación mutua) comprar/vender, pagar/cobrar, dar/recibir.

122
3 As relacións semánticas

29 Explica o significado das seguintes parellas de palabras homónimas: chama – chama cola – cola acerbo – acervo pena – pena coma – coma onda – onda piar– piar impar – impar peto – peto – peto velar – velar neto – neto queixo– queixo golpe – golpe desmontar/desmontar sobre/sobre

30 Distingue que tipo de homonimia se dá entre: balor/valor imán/imán presa/presa basto/vasto lustro/lustro botar/votar

31 Cal é o significado das seguintes palabras parónimas?

prótase – prótese esfolar – esfollar disfasia – disfaxia vezar – vesar eminente – inminente proscribir – prescribir fluvial – pluvial delatar – dilatar infectar – infestar expiar – espiar apóstrofe – apóstrofo crítico – críptico inicuo – inocuo esotérico – exotérico antonimia – antinomia

32 Coa axuda do dicionario, indica en que parellas de cada un dos exemplos se produce o fenómeno da polisemia ou da homonimia.

a) O meu veciño Xoel non che nada case nada.

b) O sobre quedou esquecido sobre a mesa.

c) Elevei o coche co gato e o meu gato deitouse debaixo á sombra.

d) Escoitouse un trono tan grande que case fai caer o rei do seu trono.

e) Púxoselle cara de contento cando viu que o árbitro botara a moeda e saíra cara.

f) Produciuse o falecemento dun membro da coroa. En sinal de condolencia, cada institución enviou unha coroa.

g) O trobador facía alusión a unha cobra na segunda cobra da cantiga.

h) Os da outra banda van traer unha banda para animar a festa.

i) Nunha vila dde Portugal probei a mellor caldeirada de raia da miña vida.

l) Aquel homiño vello con xiba é un gran cociñeiro que se fixo famoso polos seus pratos de xiba.

33 Explica o significado das seguintes palabras e di que tipo de relación semántica se establece entre os dous termos de cada par:

efixie/imaxe verdadeiro/falso

pechar/choer déficit/superávit

premio/castigo habano/abano

galeno/médico seco/enxoito

turba/turba

atopar/perder

apócrifo/falso ensinar/aprender

extirpar/arrancar

temperán/serodio

inerme/desarmado

natural/artificial

prólogo/epílogo

pagar/cobrar

123
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5
Actividades

3.4. Ambiigüedade

A ambigüidade semántica é a particularidade dalgúns enunciados para ser interpretados de dúas ou máis maneiras.

Por exemplo, Antía repara bicicletas só os luns (non sabemos se o fai sen compañía ou se o fai unicamente ese día da semana). O Celta gañoulle ao Valencia no seu campo (no campo do Celta ou no do Valencia?).

A polisemia e a homonimia son as que contribúen maiormente a crear este tipo de equívocos.

A ambigüidade só lle afecta ao receptor da mensaxe, pois o emisor si sabe o que quere dicir. O problema deixa de selo moitas veces porque o falante introduce elementos explicativos no enunciado.

Noutras ocasións, o contexto e a situación facilitan a comprensión da mensaxe e impiden que poida ser interpretada de varias maneiras.

124

cambios semánticos

As palabras evolucionan ao longo do tempo por causas diversas e de formas diferentes. Hai palabras que deixan de usarse porque xa non son útiles para a comunicación por estaren moi cargadas de acepcións, por evocaren algo que resulta molesto ou por faceren referencia a realidades que xa non existen.

Daquela aparecen outras novas (préstamos e neoloxismos) que enriquecen o léxico segundo as necesidades que haxa en cada momento.

Causas dos cambios semánticos

O feito de que un termo cambie de significado ao longo do tempo pode deberse a distintas causas. Algunhas das máis frecuentes son as seguintes:

• Causas lingüísticas. Poden ser causas fonéticas, ao darse unha diverxente evolución fonética dunha palabra (cátedra e cadeira < CATHEDRA), ou motivados por cuestións de carácter morfosintáctico ao aparecer varias palabras asociadas a un mesmo contexto (por metonimia pásase de un vaso de viño do Ribeiro a un ribeiro; de un café con leite a un con leite).

• Causas históricas. Algunhas palabras foron cambiando o seu significado ao longo dos tempos porque tamén se avanzou nas ciencias, na técnica e na sociedade en xeral. Estes cambios de significado son unha lóxica adaptación da lingua aos tempos.

• Así, a palabra azafata, que orixinariamente significaba ‘camareira ao servizo da raíña’ pasa a ter o sentido de ‘persoa que atende o público en congresos, feiras, etc., ou aos viaxeiros dun avión’; o vocábulo prensa, ‘máquina de imprimir’, ten actualmente tamén o significado de ‘conxunto de publicacións periódicas’.

• Causas sociais. Ás veces unha voz pasa da linguaxe ordinaria a ser un termo especializado (restrición do significado) e outras prodúcese o fenómeno contrario (extensión do significado).

As palabras papagaio e lince estenderon o seu significado ao seren aplicadas a persoas que falan moito ou son moi agudas, respectivamente; pola contra, a voz rato en informática (dispositivo que se conecta aos ordenadores) ou a palabra camisa en electricidade (recubrimento plástico dun cable) constitúen exemplos de especialización semántica.

• Causas psicolóxicas. Algúns cambios teñen a súa orixe na mentalidade ou na educación dos falantes. Neste sentido, a causa máis importante é o tabú.

– As palabras tabú son termos evitados polos falantes porque designan realidades supostamente desagradables ou de carácter sagrado, é dicir, teñen unha carga connotativa despectiva. O tabú está condicionado polos valores culturais (convencións sociais, relixión e supersticións) da comunidade. Isto provoca que os falantes proscriban o emprego de determinadas voces e tenten encubrilas ou disimulalas mediante a utilización de eufemismos.

– Os eufemismos son palabras consideradas decorosas, que se empregan no canto doutras voces con connotacións pexorativas (o tabú). O seu uso responde a causas de carácter social, relixioso, moral, político, económico etc. Algunhas poden ser as seguintes:

– Máximas de cortesía, nomeadamente a de respectar o dereito do oínte a non ser ferido nin molestado (forte por gordo).

– Elevar ou ennobrecer a dignidade de alguén, dunha profesión ou un oficio (empregada do fogar por criada).

– Mitigar os posibles efectos dunha evocación penosa (pasar a mellor vida por morrer).

125
5
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5
Os

– Tentativa de agochar a realidade das cousas (moderación salarial por recorte).

– Certas realidades (animais, por exemplo) inseridas no folclore galego adquiriron unha carga de superstición importante na nosa cultura popular (bicha por cobra). Deste xeito, na lingua común empréganse formas como facer de ventre (por defecar); estar encinta (por estar preñada); actualización de prezos (por suba de prezos); regulación de emprego (por despido); bicha, leiteira ou rastreiriña (por cobra) etc.

• Influencia estranxeira. Débense á incorporación na lingua de préstamos xustificados ou inxustificados. Nos últimos tempos pola influencia do inglés introdúcense anglicismos que ocupan a parcela significativa de palabras do noso idioma (camping/ acampamento, interface/interconexión, kit/equipamento).

Velaquí algúns temas nos que adoitan aparecer termos tabú na nosa cultura e os seus eufemismos:

Tema Tabú Eufemismo

Sexo Copular Facer o amor

Relixión Deus O Noso Pai

Morte Morrer Pasar a mellor vida

Funcións fisiolóxicas Mexar Facer pis

Xustiza Preso Interno ou recluso

Deficiencias físicas Tolleito Discapacitado físico

Deficiencias mentais Tolo Discapacitado intelectual

Animais Lobo O amigo

Mecanismos dos cambios semánticos

Algúns dos mecanismos máis frecuentes mediante os cales as palabras poden cambiar de significado son:

Mecanismo Definición Exemplo

Metáfora

Trátase dun traslado de significación por semellanza dos significados de dúas palabras.

É un traslado de significación por contigüidade de significados.

Metonimia

Etimoloxía popular

Consiste en atribuír a unha palabra unha orixe que non é certa. Pode dar lugar a vulgarismos, pois é un traslado de significación por semellanza dos significantes.

Elipse

Consiste nun traslado de sentido por contigüidade de significantes que adoitan ser empregados no mesmo contexto.

pata dun moble por semellanza coas dos animais; folla de árbore/folla de papel; ollo da cara/ollo dunha agulla, ollo da froita.

As relacións poden ser:

- de proximidade (puño da camisa);

- continente/contido (beber un vaso);

- materia/obxecto (unha pintura);

- axente/instrumento (o trompeta);

- autor/obra (un laxeiro);

- orixe/produto (un ribeiro).

*metereoloxía por meteoroloxía; *aptitude por actitude;

*vagamundo por vagabundo

vivir no quinto [andar]; estudar segundo [de Bacharelato]; un [viño] tinto

O fenómeno contrario ao eufemismo é o disfemismo, que consiste en nomear unha realidade cunha expresión pexorativa ou con intención de rebaixala de categoría. Palabras como espichar, sudaca, drogata... constitúen algunhas mostras.

126

Consecuencias dos cambios semánticos

Os cambios semánticos poden implicar algunhas das seguintes alteracións no significado:

• Ampliación do significado. Prodúcese cando unha palabra pasa de ter un significado específico a ser empregada nun sentido máis xeral. Deste modo, a palabra satélite, que orixinariamente significaba ‘membro dunha escolta’, amplía o seu sentido a ‘calquera persoa que depende doutra’, ou ‘astro que xira arredor doutro’; e a voz burgués (persoa que vive no burgo, na cidade), pasa a significar ‘membro dunha clase social: a burguesía’.

• Restrición do significado. Caso contrario ao anterior; unha palabra cun significado extenso pasa a usarse de xeito específico. Así, o termo latino SECARE (cortar) pasa ao galego co significado máis restrinxido de segar

• Desenvolvemento pexorativo. Poden ser bos exemplos as palabras imbécil, que nas súas orixes tiña o sentido de ‘feble’, e parvo, que en latín significaba ‘pequeno’.

• Desenvolvemento meliorativo. Algunhas mostras son as palabras conde, que en principio significaba ‘compañeiro’ e pasa a ser un título nobiliario e ministro (➝ MINISTER), que en latín significaba ‘criado’ e acaba significando ‘político que dirixe un ministerio e pertence ao gabinete de goberno dun país’.

Actividades

34 Relaciona os tabús cos eufemismos correspondentes: preguiceiro, gordo, países pobres, mentir, policías, folga, asilo, estar enfermo, rico

cómodo, metido en carnes, de posición acomodada, axentes da orde, faltar á verdade, países subdesenvolvidos, conflito laboral, residencia xeriátrica, estar delicado

35 Indica a que palabra tabú corresponden os seguintes eufemismos:

pena capital dar a luz conflito bélico danos colaterais invidente terceira idade persoa de cor nai política redadptación de prezos discapacitado traseiro transpirar intoxicación etílica indixencia centro penitenciario

36 En cada unha das seguintes frases hai un eufemismo. Localízao, di a que tabú substitúe e explica as causas que provocaron o seu emprego.

a) Deixounos o ano pasado logo dunha doenza moi grave.

b) Non puido promocionar a 4º porque suspendeu cinco materias.

c) Eu vou ao baño con frecuencia porque tomo moito iogur.

d) Moitos países en vías de desenvolvemento teñen grandes riquezas.

e) Pareceume que era moi amigo do alleo.

37 Redacta un texto dunhas 15 liñas no que predomine o emprego de eufemismos e logo outro, co mesmo contido, no que predominen as palabras tabú.

127 REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

Actividades

38 A que causas cres que se deben os cambios semánticos producidos nas seguintes palabras ao longo da historia? Explica eses cambios.

coche pluma arquivo

aplicación neveira rato

39 Explica que mecanismos semánticos interveñen nas palabras subliñadas dos seguintes exemplos:

a) Xoán, ponme un cortado axiña, por favor.

b) O quinqué é un tipo de lámpada antiga.

c) Xa sei que me chamaches ao móbil, pero non estaba operativo.

d) Á parede cumpriranlle polo menos dúas mans de pintura.

e) Tomar un ribeiro

f) Vicente Risco tiña unha gran cabeza, sabía moito.

g) O primeiro prato consistía en lacón con grelos.

h) Onte tomamos uns vasos

i) Este rapaz é un lince: decátase de todo.

l) Os galegos e galegas debíamos ler todos a Castelao.

m) O batería do grupo chámase Xián.

n) Enfermou de gravidade e está pasando un calvario

ñ) Non sexas porco! Lava as mans antes de comer.

o) Onte merquei un portátil novo.

p) Vivo nun barrio moi ruidoso

q) Pásame o tippex, por favor.

r) Verémonos máis tarde no café

s) Fomos xantar e tocamos a trinta e dous euros por barba

40 Que fenómeno (ampliación ou restrición do significado) se produciu nas palabras subliñadas?

a) A Segunda República rematou en 1936.

b) Colgou unha foto para poder compartila con todos.

c) A lingua galega é unha das corenta linguas con máis presenza na rede

d) O pastor díxolles aos fregueses que Deus estaba en todo.

e) Vive enclaustrado na súa casa.

f) Cales son as claves da novela?

g) Esta amálgama de sons é insoportable.

h) Son periodistas da última fornada

i) O argumento desta película baséase nun triángulo amoroso.

l) Vou cambiar de cebo a ver se así pican os peixes.

m) Aínda que a solución pode ser válida, cumpriría considerar outras opcións.

128

Actividades

41 Le este fragmento da canción Milonga de aquí de María Xosé Silvar (Sés) e realiza as tarefas:

Con aire fresco de mar

Curo feridas e loitos

Que sexan poucas ou moitos

É necesario sanar.

E vendo o mundo rodar

Dando tombos de vencido

Dou por perdido o perdido

E recollo o que quedou

E co que me queda vou

Seguindo o meu percorrido.

Para seguir camiñando

Fago noite na esperanza

Apóiome nas lembranzas

E aliméntome de sons

E nútrome das cancións

Que dan cor a esta existencia

Evitando a disidencia

Dun obrigado vivir

Que me fan chorar e rir

Que me instalan na insurxencia.

E quero bailar ao ritmo

Do que vive ilusionado

E coa voz do silenciado

Cantar quero con paixón

Coa querenza e coa emoción

Da que non pretende nada Máis que seguir namorada Mentres quede corazón.

a) Explica o significado que teñen no texto as seguintes palabras: disidencia, insurxencia, silenciado e querenza

b) Paixón e emoción (v. 24-25) son dous termos relativos á intensidade coa que se vive ou realiza algo. Procura outras palabras que poidan formar parte do campo semántico «sentimentos».

c) Dá algúns hiperónimos, cohipónimos e hipónimos de canción.

d) Indica que relación semántica se dá entre os seguintes pares de palabras do texto: curo/sanar; poucas/moitos; aliméntome/nútrome; sons/cancións e chorar/rir.

e) Busca sinónimos de feridas, loitos, tombos, disidencia, instalan, nada.

f) A palabra cantar (verso 24) é un caso de polisemia ou non? Razoa a resposta.

g) Procura termos contrarios das palabras subliñadas e indica de que tipo son.

h) A palabra rodar do verso 5 aparece empregada con significado denotativo ou connotativo? Explica por que.

i) Sinala o significado connotativo de fresco e corazón

j) Explica o significado de fago noite do verso 12.

k) Cal é o significado orixinario e o que posúe no texto a palabra cor do verso 16?

l) Pode haber outras palabras co mesmo significante e distinto significado cá forma vendo, do verso 5? Con que verbos se correspondería cada unha? Cal sería o seu significado? Que relación semántica se establece entre eses termos?

m) Di que tipo de consecuencia semántica (ampliación do significado, restrición...) se produciu nas palabras aliméntome e nútrome dos versos 14 e 15.

129
REFLEXIÓN SOBRE ALINGUA / U 5

Repaso da unidade

Organizo a miña mente

Semántica

A semántica é a disciplina lingüística que estuda o significado das palabras.

Sema: cada un dos trazos distintivos mínimos que forman o significado dunha palabra.

Campo semántico: Conxunto de palabras da mesma categoría gramatical que comparten un núcleo de significación común

Relacións semánticas

Xerárquicas e de inclusión

Semema: o conxunto de semas que caracterizan unha unidade lingüística.

Arquisemema: sema común a todos os termos do campo

Xerárquicas: hiponimia, hiperonimia, cohiponimia.

De inclusión: holonimia, meronimia

Sinonimia

Relacións de equivalencia e oposición

Clases de sintagmas

Termos contrarios

Polisemia

Homonimia (homofonía e homografía)

Particularidade dalgúns enunciados para ser interpretados de dúas ou máis maneiras.

Os cambios semánticos

Causas

Mecanismos

Lingüísticas, históricas, sociais, psicolóxicas, influencia estranxeira

Metáfora, metonimia, etimoloxía popular, elipse

Consecuencias

Ampliación do significado Restrición do significado Desenvolvemento pexorativo desenvolvemento meliorativo

130
Acórdate de seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portfolio.

Aplica o aprendido

A incrible linguaxe da tribo dos pirahãs

O idioma máis simple e estraño xamais escoitado de entre os preto de 6.000 que se falan no mundo vive no Amazonas. Tan rara é a lingua dos pirahãs, unha tribo de escasamente 200 individuos que habitan na ribeira do río Maici.

Sen números, sen pronomes, sen cores, sen tempos verbais, sen oracións subordinadas e con só oito consoantes –sete no caso das mulleres– e tres vogais, os pirahãs conseguen comunicarse. «Falo ben o seu idioma e podo dicir calquera cousa que necesito, suxeito unicamente ás limitacións expostas», asegura nos seus escritos Daniel Everett, que viviu durante máis de 25 anos entre estes indíxenas

As investigacións comezaron en 1977 cando Everett navegaba o río Maici e contactou cuns individuos que se comunicaban «cantando, asubiando, cantaruxando».

O que oía era tan diferente a calquera outra cousa, que este lingüista en misión evanxélica decidiu quedar a vivir entre os indíxenas, coa súa dona e os seus tres fillos. Os seus descubrimentos ao longo destes anos son fascinantes Os pirahãs non só carecen de números no seu idioma, senón de calquera termo que implique contar, é dicir, non hai palabras para «todo», «maioría» ou «algún». É máis, a petición dos propios indios, os Everett tentaron aprenderlles durante máis dun ano a contar ata dez en portugués, para facilitar as súas relacións cos comerciantes do río. Tras oito meses de leccións, os propios pirahã abandonaron. Ningún foi quen de contar máis de tres, nin de responder correctamente a sumas de un máis un ou tres máis un.

Na cabeza recta dos pirahãs non caben as cores, nin os tempos verbais, nin a ficción, nin calquera outro idioma. Son monolingües malia teren contacto con colonizadores e tribos de orixe Tupí-Guaraní desde hai máis de 200 anos. A ausencia de tempos verbais, de pretéritos ou futuros, inflúe probablemente na ausencia de calquera conciencia histórica, na inexistencia de calquera deus ou mito de creación, e mesmo na formación do sistema de parentesco máis simple xamais documentado. «Non hai entre os pirahãs memoria individual ou colectiva máis aló de dúas xeracións e ningún é quen de lembrar os nomes dos seus catro avós», escribe Everett.

Por último, e se cadra o máis importante para os lingüistas, os pirahã parecen incapaces de crear oracións subordinadas, carecen do que Chomsky chama «recursividade».

Porén, «Ninguén debería extraer a conclusión de que a linguaxe pirahã é primitiva -escribe Everett-. Ten a morfoloxía verbal máis complexa da que eu poida ser consciente e un perturbadoramente complicado sistema prosódico Os pirahã son a xente máis brillante, agradable e divertida que coñezo. A ausencia de ficción formal, mitos, etc., non significa que non xoguen, mintan ou non poidan facelo. De feito, gozan moito facéndoo, sobre todo á miña conta, sempre con boa intención».

Íñigo García: «El increible lenguaje de la tribu de los pirahãs», en http://www.elmundo.es/elmundo/2007/05/07/ciencia/1178524552. html (trad. e adapt.) Explica o significado das palabras e expresións subliñadas no texto.

1 Procura información e explica o concepto de «recursividade».

2 Escribe sete palabras que poidan formar parte do campo semántico de río

3 Indica hipónimos e hiperónimos de: idioma, fillo

4 Dá sinónimos e termos contrarios das palabras en negriña. Indica de que clase son estes últimos (complementarios, antónimos ou recíprocos).

5 Busca no texto exemplos de sinónimos e de termos contrarios.

6 Localiza catro palabras polisémicas e indica algúns dos seus significados.

7 Que sabes de Noam Chomsky? Investiga sobre a súa vida, obra e ideas.

131 U 5 REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA /

GRUPO ANAYA, S.A., 2023 - Valentín Beato, 21 - 28037 Madrid - Printed in Spain.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.