Operación Mundo: Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO (demo)

Page 1

DEMO

INCLÚE

C

EN

S

LI

PROXECTO DIXITAL ZA 12 MES

E

3 ESO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA S. Clemente, A. Domínguez, A. B. Ruiz

n

ió c a

r e p

O u

o d n

m


Índice Os saberes básicos do curso

O método científico ......................................................... 10 1. 2. 3. 4.

O método científico A investigación no laboratorio A investigación na naturaleza Busca de información

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

Superxefes de cociña ..................................................................... 28

1 A organización do ser humano ................................................................... 30 • 1. 2. 3. 4. 5.

Ada Jonath. Curiosa por natureza Os niveis de organización A célula humana A diferenciación celular Os tecidos humanos Órganos, aparatos e sistemas

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

2 A nutrición e a alimentación • 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7.

. . ..........

46

Louis Pasteur. Un químico entre bacterias A nutrición no ser humano Os nutrientes A achega de enerxía A alimentación As recomendacións dietéticas Alimentación e sostibilidade A dieta e a saúde

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

3A paratos para a función de nutrición

.................................................................................

• 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.

64

Lucy Wills. Unha guerreira contra a anemia O aparato dixestivo A dixestión O aparato respiratorio O aparato circulatorio A circulación sanguínea O sistema linfático O aparato excretor A saúde e a función de nutrición

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Portafolio............................................................................................ 86


DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

É unha emerxencia! ........................................................................ 88

Vivir nun volcán ............................................................................. 162

4 A función de relación

7 A cambiante Terra

• 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10.

.....................................

90

Rita Levi-Montalcini. A dama de la neurona A relación no ser humano A percepción: os sentidos A percepción e a saúde A coordinación nerviosa A saúde do sistema nervioso A coordinación endócrina A saúde do sistema endócrino As drogas e a drogadicción A execución da resposta. O aparato locomotor A execución da resposta e a saúde

• Alfred Wgener. Un explorador á deriva 1. A evolución do relevo. O ciclo xeolóxico 2. A enerxía interna da Terra e os procesos endóxenos 3. O magmatismo e os volcáns 4. As forzas tectónicas 5. Os riscos xeolóxicos Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

5 A paratos para a función de reproducción . . ................... 122 • Marie-Anne Victorie Gillain Boivin. Unha sabia xinecóloga. 1. A reproducción humana 2. Os aparatos reproductores 3. Os gametos humanos 4. Os ciclos do ovario e do útero 5. A fecundación, o embarazo e o parto 6. Saúde e planificación reprodutiva

• 1. 2. 3. 4. 5. 6.

...................................................................................

8 A modelaxe do relevo • 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.

.......................................

178

Marjorie Sweeting. A grande exploradora do carst A modelaxe do relevo Os procesos xeolóxicos exóxenos A modelaxe das augas de arroiada: os torrentes A modelaxe dos ríos A modelaxe das augas subterráneas A modelaxe dos glaciares A modelaxe do vento A modelaxe do mar Os seres vivos modelan o relevo

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

6 Vida sana

164

.................................................

140

James McCune Smith. A esperanza dun pobo A saúde e a enfermidade Os tipos de enfermidades A transmisión das enfermidades infecciosas O sistema inmunitario Prevención e curación de enfermidades infecciosas Os transplantes e a doazón

Comprende, reflexiona e pon a proba as túas competencias

Portafolio ......................................................................................... 160

Exploramos o noso patrimonio xeolóxico ..........................................................................................

200

Portafolio. ....................................................................................... 204


2 A nutrición e a alimentación LOUIS PASTEUR. Un químico entre bacterias Chámome Louis Pasteur, nacín en 1822 na cidade francesa de Dole e como estudante fun un desastre en ciencias. Ironicamente, hoxe son un dos científicos máis coñecidos da historia. Ten graza a cousa. Cando era neno destacaba en pintura, así que os meus mestres guiáronme nesa dirección. Crecín co desexo de converterme en profesor de arte, pero o meu pai, pouco convencido, obrigoume a estudar tamén outras materias. En 1842 obtiven o título de Matemáticas na universidade de Dijon con notas bastante mediocres en física e química. Custoume bastante, pero en 1847 logrei doutorarme precisamente en Física e Química. A partir daquel momento gañei a vida como profesor de Física no Liceo de Dijon e despois como profesor de Química na Universidade de Estrasburgo. Por fin podía investigar algunhas das incógnitas que consideraba, e vaia se obtiven resultados! En 1864 demostrei dunha vez por todas que os seres vivos non poden formarse espontaneamente. Ata aquel momento críase que algúns materiais inertes, 42

como o caldo ou o barro, se podían transformar en seres vivos sinxelos como moscas ou lombrigas. A min ocorréuseme deixar ao aire un matraz con caldo de carne e poñer filtros para que ningún ser vivo puidese chegar ao caldo. Como esperaba, nesas condicións non se formaron moscas nin ningún outro ser. Froito do meu traballo incansable foi tamén a teoría xerminal das enfermidades infecciosas. Establecía que as enfermidades infecciosas están causadas por parasitos microscópicos e que son estes xermes os que se transmiten entre seres vivos provocando os contaxios. Para combatelos formulei un método que leva o meu nome, a pasteurización. Consistía en quentar as bebidas antes de consumilas para matar os microorganismos que puidesen conter. Tamén se me ocorreu que se podían empregar xermes debilitados para provocar que unha persoa se inmunizase contra unha enfermidade, o que me permitiu desenvolver vacinas contra o cólera e a rabia. Non é por presumir, pero non está mal para un estudante mediocre, non cres?


Que vas descubrir? Nesta unidade

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

• Louis Pasteur. Un químico entre bacterias

ELABORAMOS UN «NUTRISCORE» PROPIO

1. A nutrición no ser humano

3.1 Nesta fase ides analizar os alimentos que traedes á clase. En primeiro lugar recollede os datos nutricionais deses alimentos.

2. Os nutrientes 3. A achega de enerxía 4. A alimentación 5. As recomendacións dietéticas 6. Alimentación e sostibilidade 7. A dieta e a saúde • Traballa co aprendido.

En anayaeducacion.es Para motivar • Vídeo: Antes de empezar • Coñece máis a... Louis Pasteur Para a detección de ideas previas • Presentación: Que necesitas saber Para expoñer • Presentación: As vitaminas; Onde pode haber contaminantes alimentarios; A etiqueta dos alimentos. • Infografía: Rodas, pirámides e rombos Para exercitar

3.2 Analizade as etiquetas e anotade se credes que esa comida é sa ou non o é. 3.3 Cos datos recollidos elaborade un «Nutriscore» propio. Investigade que é e para que serve este instrumento. 3.4 Valorade os vosos alimentos co «Nutriscore» e elaborade unha infografía para explicar a situación actual no voso centro. SUPERXEFES DE COCIÑA: DESEÑANDO UNHA DIETA SAUDABLE 4.1 Ides deseñar dietas saudables para os recreos. En primeiro lugar, facede unha listaxe cos criterios que determinan qué é unha dieta saudable. 4.2 Seleccionade alimentos saudables que poidan ser levados ao centro. 4.3 Deseñade cinco comidas saudables para os recreos usando os alimentos que elixistes. 4.4 Valorade as vosas comidas saudables e comprobade se cumpren con todos os criterios da listaxe que realizastes. Facede as modificacións necesarias para que cumpran todos eles.

• Actividades interactivas: Aprende xogando Ponte a proba • Obradoiro de ciencias: Valora se unha dieta é equilibrada + orientacións en anayaeducacion.es

43


1

A nutrición no ser humano

1.1 A función de nutrición As células do noso organismo non teñen capacidade para conseguir nutrientes por si mesmas e dependen de órganos, aparatos e sistemas que llos proporcionen. Os órganos especializados na nutrición levan a cabo os seguintes procesos:

A nutrición é o conxunto de procesos que lle permite ao ser humano obter a materia e a enerxía necesarias para construír e manter as súas estruturas e realizar as súas actividades.

- A obtención de nutrientes, a partir dos alimentos, e de osíxeno, a partir do aire.

- O transporte dos nutrientes e do osíxeno ás células.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

- A respiración celular, que ten lugar nas mitocondrias das células.

1 Que é a nutrición? 2 Que aparatos son necesarios para que os nutrientes e o osíxeno cheguen ás células?

3 Que aparatos están implicados na eliminación dos produtos de refugallo e do dióxido de carbono? De onde proceden estas substancias?

- A eliminación dos refugallos celulares e do dióxido de carbono, que deben ser transportados desde as células ata os órganos encargados de expulsalos ao exterior.

1.2 Os aparatos para a nutrición A función de nutrición lévana a cabo, de forma coordinada, os aparatos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor, e o sistema linfático.

Dixestivo

Respiratorio

O aparato dixestivo encárgase de transformar os alimentos en substancias máis simples, os nutrientes, e de que estes pasen ao sangue. Faino mediante os procesos de dixestión e absorción.

O aparato respiratorio encárgase do intercambio de gases. Toma o osíxeno do aire, que pasa ao sangue, e elimina deste o dióxido de carbono, que é expulsado ao exterior.

Linfático Circulatorio O aparato circulatorio, mediante o sangue, encárgase do transporte dos nutrientes e do osíxeno ata as células, e retira delas os refugallos levándoos ata os órganos excretores.

44

O sistema linfático colabora co aparato circulatorio no transporte de substancias.

Excretor O aparato excretor encárgase de eliminar do sangue os produtos de refugallo da actividade celular e expulsar estes ao medio exterior. Fórmano os órganos excretores.


U2

2

Os nutrientes

O ser humano ten nutrición heterótrofa; é dicir, toma materia orgánica, en forma de alimentos, para obter deles os nutrientes necesarios para a súa supervivencia.

Clasifica nutrientes

Os nutrientes son compostos que forman parte dos alimentos e son necesarios para o correcto funcionamento do noso organismo, que os obtén mediante o proceso da dixestión.

DIFERENTES FORMAS DE CLASIFICAR OS NUTRIENTES Segundo a súa función Nutrientes con función reguladora

Nutrientes con función enerxética Nutrientes con función plástica

Os nutrientes pódense clasificar de formas diferentes, por exemplo, segundo a función que realizan, segundo a cantidade que se necesita inxerir dos alimentos ou segundo a composición química.

2.1 Tipos de nutrientes segundo a súa función

Segundo a cantidade que necesitamos inxerir Macronutrientes

- Nutrientes con función estrutural ou plástica. AlMicronutrientes

Segundo a súa composición

Hidratos de carbono

Auga Minerais

Fibra Vitaminas

Proteínas Lípidos

gúns nutrientes como as proteínas, algúns lípidos, o calcio ou a auga subministran ao organismo materiais para a formación e renovación das estruturas e tecidos do organismo.

- Nutrientes con función enerxética. Os hidratos de carbono e os lípidos son os principais nutrientes que achegan ao noso organismo a enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais. Aínda que as proteínas tamén poden achegar enerxía, desempeñan unha función principalmente estrutural.

- Nutrientes con función reguladora. Lévana a cabo Observa o organizador visual e le o texto sobre as diferentes formas de clasificar os nutrientes para completar a táboa seguinte no teu caderno:

Proteínas

Función estrutural e, ocasionalmente, enerxética Macronutrientes

os nutrientes que regulan os procesos metabólicos do noso organismo. Son, sobre todo, as vitaminas e os minerais, pero tamén a auga e a fibra desempeñan esta función no organismo.

2.2 Tipos de nutrientes segundo

Lípidos

?

?

Auga

?

?

Vitaminas

?

?

Minerais

?

?

necesita en cantidades moi reducidas. Os nutrientes deste tipo son as vitaminas e os minerais.

Hidratos de carbono

?

?

- Macronutrientes. Son os nutrientes que o organis-

Fibra

?

?

mo necesita en cantidades máis grandes. Son as proteínas, os lípidos, os hidratos de carbono e a auga.

a cantidade que se necesita inxerir - Micronutrientes. Son aqueles que o organismo

45


2 Os nutrientes

2.3 Tipos de nutrientes segundo a súa composición Nutrientes inorgánicos Os nutrientes esenciais son aqueles que o noso organismo non pode sintetizar en cantidade suficiente, pero son imprescindibles para o crecemento e o desenvolvemento de cada persoa. Por iso, deben ser administrados nos alimentos que tomamos.

- A auga é o principal compoñente do ser humano, forma entre o 55 e o 70 % do peso corporal. É un nutriente esencial polo que é necesario inxerila ben directamente ou a través dos alimentos. As súas funcións son moi diversas: actúa como disolvente dos nutrientes, polo que permite transportar substancias e facilita as reaccións químicas nas células, cumpre funcións estruturais, mantén a temperatura corporal, etc.

- Os minerais. Destacan pola súa importancia: calcio, fósforo, ferro, iodo, flúor, sodio, cloro, potasio, xofre, magnesio, manganeso, cobre, cobalto, cinc, cromo, molibdeno e selenio. Teñen función reguladora; por exemplo, o calcio na contracción muscular ou o ferro no transporte de osíxeno ás células; e función estrutural; por exemplo, o fósforo e o calcio nos ósos.

Nutrientes orgánicos

- Os glícidos ou hidratos de carbono. A súa función principal é proporcionar enerxía. Os máis sinxelos son os azucres, como a glicosa, a frutosa e a sacarosa. Os máis complexos, tamén chamados polisacáridos, están formados por varios centos de azucres sinxelos unidos en longas cadeas que poden ramificarse. Entre estes hai que destacar os chamados polisacáridos dixeribles, como o amidón dixerible e o glicóxeno, e os polisacáridos non dixeribles, que só poden ser utilizados en parte e constitúen o que se denomina fibra alimentaria; por exemplo, o amidón non dixerible, as celulosas, as hemicelulosas e as pectinas.

- A fibra alimentaria. Aínda que tradicionalmente se incluíu a fibra COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Elabora unha táboa na que relaciones os nutrientes coas súas respectivas funcións.

2

Consulta o recurso «As vitaminas» no teu banco de recursos en anayaeducacion.es e responde: a) Que diferenza hai entre as vitaminas hidrosolubles e as liposolubles? b) Explica que funcións desempeñan a vitamina C e a vitamina A.

3

46

Folio xiratorio. Facede unha lista coas biomoléculas que compoñen o organismo, e outra, cos nutrientes. Comparade ambas as dúas listas e debatede na clase se o que observades se relaciona coa famosa frase «Somos o que comemos».

dentro do grupo de hidratos de carbono (o 90 % dos compostos que forman a fibra son polisacáridos), outros compostos que son considerados fibra, como a lignina, non teñen esta estrutura química. A fibra desempeña un papel esencial na regulación das funcións dixestivas, fundamentalmente regula o tránsito intestinal e a absorción de nutrientes.

- Os lípidos. Teñen composicións químicas moi diferentes e cumpren diversas funcións. Por exemplo, as graxas proporcionan enerxía; o colesterol ou os fosfolípidos forman parte das membranas celulares; outros lípidos teñen función reguladora, como os que compoñen as hormonas sexuais.

- As proteínas. Son macromoléculas formadas pola unión de moléculas sinxelas chamadas aminoácidos. Teñen unha función estrutural, xa que constitúen o segundo compoñente máis abundante do corpo. Tamén teñen función reguladora, como as encimas, que aceleran as reaccións químicas; función defensiva, como os anticorpos; función transportadora, como a hemo­globina.

- As vitaminas. Son substancias de composición moi variada e, aínda que se requiren en cantidades moi pequenas, son esenciais para o correcto funcionamento do organismo. Divídense en hidrosolubles (vitamina C e vitaminas do grupo B) e en liposolubles (A, D, E e K).


U2

2.4 As fontes alimentarias dos nutrientes

As fontes alimentarias dos nutrientes son aqueles alimentos que conteñen unha maior cantidade do nutriente en cuestión en comparación con outros. Así, un exemplo de fonte rica en hidratos de carbono son as patacas; de lípidos, o aceite de oliva; de proteínas, o peixe e a carne; de vitaminas, as froitas e as verduras (ver táboa máis abaixo). Ademais dos nutrientes, os alimentos conteñen unha serie de substancias non nutritivas, os chamados non nutrientes. Como se verá máis adiante, algu­nhas destas substancias, en ocasións, poden resultar prexudiciais para o noso organismo.

Analiza alimentos Observa a composición en macronutrientes dos seguintes alimentos expresada por cada 100 g de parte comestible: Mazá Auga: 85,7 g Proteínas: 0,3 g Lípidos: 0 g Glícidos: 12 g Fibra: 2 g

Fontes alimentarias Auga

Auga e outras bebidas e en forma de alimentos como froitas, verduras, peixes, etc.

Minerais

Presentes en case todos os alimentos en maior ou menor cantidade. Por exemplo, ferro, en fígado, carnes, peixes e en legumes, froitos secos oleaxinosos e verdura; o iodo, no sal iodado, peixes, mariscos, algas e vexetais, etc.

Glícidos

En froitas, mel, zumes e conservas, azucre de mesa, cereais, legumes, patacas e tubérculos.

Lípidos

Graxas saturadas: na manteiga, a margarina, os produtos de pastelería, as galletas, as vísceras, as carnes vermellas, os ovos e o marisco. Graxas insaturadas: nos aceites de oliva, xirasol, millo, soia e pebida de uva.

Proteínas

Vitaminas

Fibra

Proteínas de orixe animal: nas carnes, peixes, ovos, vísceras, leite e derivados. Proteínas de orixe vexetal: nos legumes, soia e froitos secos. Hidrosolubles: en carnes, peixes, fígado, ovos, leite, froitos secos, cereais, legumes e fermento. Liposolubles: en carnes, fígado, leite, xema de ovo, cacahuete, coco, aceites vexetais, salmón, sardiña, bacallau, acelgas e as crucíferas como a col e a coliflor, etc. Sobre todo en alimentos vexetais como verduras e hortalizas, froitas, legumes, cereais e derivados, e froitos secos.

Carne semimagra Auga: 62,3 g Proteínas: 21 g Lípidos: 16,7 g Glícidos: 0 g Fibra: 0 g

Mestura de froitos secos Auga: 4,6 g Proteínas: 22,9 g Lípidos: 54,1 g Glícidos: 7,9 g Fibra: 7,5 g

Plátano Auga: 75,1 g Proteínas: 1,2 g Lípidos: 0,3 g Glícidos: 20 g Fibra: 3,4 g

Iogur Auga: 87,9 g Proteínas: 3,7 g Lípidos: 2,7 g Glícidos: 4,4 g Fibra: 0 g

Acelgas Auga: 87,5 g Proteínas: 2 g Lípidos: 0,4 g Glícidos: 4,5 g Fibra: 5,6 g

a) Ordena os alimentos desta actividade de maior a menor achega dos seguintes macronutrientes: de auga, de proteínas, de lípidos, de glícidos e de fibra. b)

Antes pensaba…, ahora pienso… Di se te sorprendeu ou non coñecías algúns dos datos sobre a composición dos alimentos desta actividade aplicando esta técnica de pensamento. Para coñecer como facelo, consulta a información dispoñible no banco de recursos de anayaeducacion.es.

c) Busca información sobre a composición dalgúns dos alimentos que tomaches hoxe no almorzo e no xantar e ordénaos da mesma forma que no apartado a) desta actividade.

47


3

A achega de enerxía

Como xa se comentou, algúns nutrientes procedentes dos alimentos son utilizados como fonte de enerxía. A célula emprega a enerxía obtida dos nutrientes para realizar diversas actividades celulares, como, por exemplo, transportar certas substancias a través da membrana, fabricar compoñentes celulares, realizar movementos, etc.

O valor enerxético dun alimento é proporcional á cantidade de enerxía que poden achegar os nutrientes que contén ao queimarse en presenza de osíxeno; é dicir, durante a respiración celular.

3.1 A respiración celular A obtención de enerxía ten lugar no interior das células, a través da respiración celular, un proceso que se realiza nas mitocondrias e require osíxeno. A respiración celular comprende as seguintes etapas:

- Os nutrientes orgánicos, fundamentalmente a glicosa, procedentes da dixestión dos alimentos, chegan ás células.

- Unha vez nelas, a glicosa entra na mitocondria, xunto co osíxeno (O2) captado do aire, a través dos pulmóns.

- Na mitocondria, o O2 combínase coa molécula de glicosa, que rompe liberando a enerxía almacenada nos seus enlaces químicos.

- A molécula de glicosa transfórmase en auga (H2O), que queda no interior celular, e dióxido de carbono (CO2), un refugallo que se expulsa fóra da célula. De forma sinxela, a respiración celular pódese esquematizar así:

A respiración celular na mitocondria

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Nutrientes orgánicos (glicosa) procedentes da dixestión dos alimentos

O2 (procedente da respiración pulmonar)

1 En que lugar da célula ten lugar a obtención de enerxía?

2 Explica paso a paso a respiración celular.

3 Para que utiliza a célula a enerxía que obtén dos nutrientes?

4

48

Busca información para definir metabolismo, catabolismo e anabolismo. Que tipo de proceso metabólico é a respiración celular?

H2O CO2

Enerxía


U2

3.2 O contido enerxético dos alimentos Aínda que a maior parte da enerxía que se obtén procede dos glícidos, as células poden tamén obter enerxía a partir dos lípidos, e mesmo das proteínas. Os lípidos son utilizados pola célula para obter enerxía só en ausencia de glicosa; as proteínas só serán utilizadas para este fin en ausencia de glícidos e lípidos. Cando estes nutrientes, procedentes dos alimentos, chegan ás células, liberan a enerxía contida neles.

A cantidade de enerxía liberada polos alimentos mídese en quilocalorías ou en quilojoules. Unha caloría é a cantidade de enerxía que hai que subministrar a 1 gramo de auga para elevar a súa temperatura 1 °C. Así, cada gramo de glícidos ou proteínas achega unhas 4 quilocalorías, fronte ás 9 quilocalorías que achega un gramo de lípidos. Non todos os nutrientes achegan enerxía; así, por exemplo, os micronutrientes (vitaminas e minerais), a auga e a fibra non achegan enerxía. Quilocaloría e caloría

Quilojoule e joule

1 kcal = 1 000 cal

1 kjoule = 1 000 joules Equivalencias

1 cal = 4 ,186 joules

1 joule = 0,24 cal

3.3 Os requirimentos enerxéticos As nosas necesidades enerxéticas diarias dependen da constitución, do sexo, da idade e da actividade física. Debemos tomar a enerxía necesaria para cubrir as nosas necesidades sen excedernos, o que podería conducir ao exceso de peso. O noso gasto enerxético total é a suma da enerxía que gastamos en:

- O metabolismo basal ou taxa de metabolismo basal (TMB), que é a cantidade mínima de enerxía necesaria para realizar as funcións do organismo en repouso; mantén, por exemplo, a temperatura corporal, a actividade cerebral, o ritmo respiratorio ou o latexo cardíaco, en ausencia de actividade física. O valor do metabolismo basal varía co talle, o peso, o sexo e a idade da persoa. Tamén sofre cambios durante o embarazo e a lactación.

- A actividade física que realizamos a diario. Así as persoas que levan unha vida sedentaria gastan menos enerxía que as que desenvolven unha actividade física intensa. Ademais, segundo a actividade física, gasta máis enerxía ou menos; por exemplo, camiñar a paso rápido consome unhas 300 kcal/h e correr unhas 650 kcal/h.

- A dixestión e a absorción de nutrientes tamén ten un requirimento enerxético que non está contemplado dentro da TMB.

Cálculo das necesidades calóricas diarias O metabolismo basal diario (TMB) pódese calcular de forma aproximada da seguinte forma mediante as ecuacións de Harris-Benedict: Homes TMB = (10 x masa en kg) + (6,25 × × altura en cm) – (5 × idade en anos) +5 Mulleres TMB = (10 x masa en kg) + (6,25 × × altura en cm) – (5 × idade en anos) – 161 Ao resultado obtido engádeselle un factor de corrección para ter en conta a actividade física realizada: – Se se leva unha vida sedentaria: Calorías diarias necesarias = TMB x 1,2 –S e se fai exercicio regularmente e de forma moderada: Calorías diarias necesarias = = TMB x 1,5 –S e se fai moito exercicio atendendo á frecuencia e á intensidade: Calorías diarias necesarias = = TMB x 1,725

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

5 Por que cres que as células utilizan os lípidos e non os glícidos como almacén enerxético?

6 Se 100 g de cenorias conteñen 90 g de auga, 7,30 g de hidratos de carbono totais, 0,90 g de proteínas, 0,20 g de lípidos e 2,40 g de fibra, canta enerxía dará un zume de 5 cenorias que pesan 400 gramos?

7 Calcula as túas necesidades calóricas diarias aplicando a fórmula de Harris-Benedict. 49


4

A alimentación é o proceso polo cal se toman as substancias (alimentos) que proporcionan os nutrientes.

A alimentación

A alimentación forma parte da nutrición; aínda que neste caso se trata dun proceso voluntario e consciente.

4.1 Conceptos previos sobre a alimentación

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Explica a diferenza entre alimentación e nutrición.

- Dieta. Conxunto de alimentos e bebidas que consumimos regularmente nunha determinada cantidade ou ración. Cando se inxiren, é dicir, cando se toman pola boca, denomínanse inxestión.

- Ración. Medida aproximada e, en ocasións, pouco exacta que se Alguns exemplos de racións Organiza nunha táboa a información que se mostra a continuación e relaciona o nome da ración e a súa medida (masa, volume, etc.).

emprega habitualmente para facer referencia á cantidade dun determinado alimento á hora de consumilo como recomendación dietética ou á hora de elaborar receitas como medida culinaria. Adoita expresarse en medidas de volume ou de masa, en porcións como a rebanda, a peza... ou mesmo en medidas consideradas como «caseiras» como a cullerada, o puñado, etc.

Líquidos

A terrina adoita conter 125 mL.

Outras medidas

Un vaso pode conter 200-250 mL dun líquido como leite ou auga.

Unha cullerada sopeira contén 20-30 mL.

Un puñado de froitos secos poden ser 20 g.

Un chisco (porción moi pequena) de, por exemplo, manteiga poden ser 10 g.

Un anaco de, por exemplo, queixo, equivale a 60 g.

Sólidos

Este prato de Esta ración no prato legumes equivalería de pasta equivale a a 60 g en cru e 10 70 g en cru. culleradas en cocido.

Esta ración no prato de arroz equivale a 50 g en cru.

Unha cunca de cereais poden ser 60-80 g, 150 g se o contido son verduras de ensalada ou 240 mL se o contido é un líquido.

Dúas mans de verduras como as cenorias, o brócoli ou o tomate equivalen a 150 g.

Porción Unha porción pode equivaler a....

Un peza.

50

Un puñado.

Unha tallada.

2 ou 3 unidades que serían, aproximadamente, 100 g.

Un filete de 110-120 g.

1 ou 2 ovos, segundo o tipo.

Unha rebanda ou un anaco de 3 dedos de ancho duns 30 g.


U2

4.2 Alimentación saudable A alimentación saudable é aquela que achega ao organismo os nutrientes e a enerxía necesarios para realizar as funcións vitais, conservar ou restablecer a saúde, diminuír o risco de padecer enfermidades, asegurar a reprodución, a xestación e a lactación, e que promove un crecemento e desenvolvemento óptimos. Estilo de vida saudable ou dieta equilibrada ou saudable son conceptos equivalentes a alimentación saudable. Non se pode afirmar que exista un só tipo de dieta para ter unha alimentación saudable, xa que esta varía en función da idade, o sexo, a actividade física, o embarazo, as enfermidades, a estación do ano, a rexión xeográfica...

A ALIMENTACIÓN SALUDABLE DEBE SER: uficiente. Que cubra as necesidades de enerxía, S en función das esixencias das diferentes etapas ou circunstancias da vida. ompleta. Que conteña todos os nutrientes que C precisa o organismo e en cantidades adecuadas. quilibrada. Que conteña unha maior presenza E dunha ampla variedade de alimentos de boa calidade nutricional como os produtos frescos e de orixe principalmente vexetal, e cunha escasa ou nula presenza de alimentos de baixa calidade nutricional. egura. Que a presenza de contaminantes físicos, quíS micos ou biolóxicos non resulte nociva para as persoas sensibles ou que non supere os límites de seguridade establecidos polas autoridades competentes. armónica. Que teña unha proporción equilibrada H dos macronutrientes que a integran.

Unha alimentación saludable a)

Mapa mental. A continuación, expóñense algúns consellos para ter unha alimentación saudable. Estrutura esa información nun mapa mental no que a «alimentación saudable» sexa o tema principal do que parten as recomendacións e amplíaa. Para saber en que consiste este tipo de organizador de pensamento consulta o banco de recursos en anayaeducacion.es.

b) Elabora o menú dun día no que non se cumpra ningún destes consellos. Xustifica en cada caso, por que non se cumpre. able ha alimentación saud Consellos para ter un 55 % enerxía necesaria. Un • Ten que achegar a lípidos s do % glícidos, un 30 debe proceder dos nas. e un 15 % das proteí uada ter a proporción adec • Debe ser variada e con: ñan todos os tipos de – Alimentos que conte nutrientes. , que itas e verduras ao día – Cinco racións de fro . tal xe ve ra minerais e fib achegan vitaminas, s ntos ricos en proteína en abuso de alime –S orixe de so son mellores as e graxas, en cuxo ca ún, (at ntes do peixe azul vexetal ou as procede ón, etc.). sardiña, bocarte, salm auga ao nos litro e medio de • Debe incluír polo me de sal. día e evitar o exceso orzo co comidas ao día, alm • Convén realizar cin ñá, ma da éticos; e merenda e xantar, máis enerx cea, máis lixeiras. merenda da tarde e

atisfactoria. Que sexa agradable e sensorialmente S pracenteira. Adaptada. Que se axuste ás características individuais, sociais, culturais e do ámbito. ocial e accesible. Que permita a interacción soS cial e a convivencia, e que sexa economicamente viable. ostible. Que a súa contribución ao cambio climáS tico sexa a menor posible e que priorice os produtos autóctonos.

51


5

As recomendacións dietéticas

Existen multitude de formas de presentar as recomendacións para seguir un estilo de vida saudable; entre estas, as máis destacadas e coñecidas son a roda dos alimentos, a pirámide da alimentación saudable, o patrón alimentario saudable, etc. Todas elas, ademais, compleméntanse coa recomendación de realizar exercicio físico e ter unha hidratación suficiente e adecuada.

5.1 A roda dos alimentos

A roda dos alimentos Por que os grupos V e VI de alimentos se presentan sobre fondo verde e os grupos I e II sobre fondo amarelo? Por que o sector do grupo IV é máis pequeno que o sector do grupo I?

Cor do sector

Grupo de alimentos

Función

I, II

Enerxética

III, IV

Plástica

V, VI

Reguladora

Grupo I. Inclúe os cereais e os seus derivados, como o pan ou a pasta, as patacas e o azucre. Son alimentos ricos en glícidos, con función enerxética.

A roda dos alimentos é unha representación gráfica da cantidade e do tipo de alimentos que debe incluír unha dieta equilibrada, incluídos ademais os consellos relacionados coa actividade física e a hidratación. Nela, os alimentos distribúense en seis sectores de distintas cores (amarelo, vermello e verde), que son indicativos do grupo de alimentos (hai seis), da función que desempeñan os nutrientes que predominan neles (enerxética, plástica ou reguladora); e da frecuencia e da cantidade na que deben consumirse (canto máis grande sexa o sector maior debe ser o seu consumo). Esta é unha das representacións máis utilizadas para facer recomendacións dietéticas; por exemplo, é unha das propostas da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación.

Grupo II. Inclúe os aceites e as graxas, como a manteiga. Son alimentos ricos en lípidos, con función enerxética.

Grupo III. Inclúe as carnes e os peixes, os ovos, os legumes e os froitos secos. Son alimentos ricos en proteínas, con función plástica.

Grupo IV. Inclúe o leite e os seus derivados, como o queixo. Son alimentos ricos en proteínas, con función plástica.

Grupo VI. Inclúe as froitas frescas. Son alimentos ricos en sales minerais e vitaminas, con función reguladora.

52

Grupo V. Inclúe as verduras e as hortalizas. Son alimentos ricos en sales minerais e vitaminas, con función reguladora.


U2

5.2 A pirámide da alimentación saudable

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

A Sociedade Española de Nutrición Comunitaria, coñecida polo seu acrónimo SENC, plasma a súa recomendación na pirámide da alimentación saudable. Nela, hai seis niveis que representan estilos de vida, condutas relacionadas coa alimentación e a saúde, e frecuencia de consumo dos alimentos:

1

Consulta o recurso «Rodas, pirámides e rombos da alimentación» do banco de recursos de anayaeducacion.es e di en que se basea cada unha das clasificacións e recomendacións.

2

1-2-4. Sabendo qué hai que

- A base: os estilos de vida saudable como a actividade física, o equilibrio emocional, a hidratación adecuada, etc.

- Os seguintes tres niveis: alimentos que deben consumirse a diario. - O quinto nivel: alimentos que deben consumirse semanalmente. - E o sexto: alimentos cuxo consumo debe ser ocasional e moderado. Ocasionalmente e con moderación

A pirámide dos alimentos Na pirámide da alimentación, ademais de indicarse a frecuencia de consumo dos alimentos, propóñense normas de conduta relacionadas coa alimentación como a fracción da inxestión en cinco comidas ao día, o consumo de alimentos de proximidade, etc. Ocórreseche algunha conduta máis que axude a ter unha alimentación saudable? Propón, polo menos, unha.

Semanal

Lácteos: 2-3 ao día Resto: < 3 ao día

Verduras: 2-3 ao día

A diario

comer e canto, elaborade un menú saudable para unha semana.

Froitas: 3-4 ao día

Segundo o grao de actividade física

Manter estilos de vida saudables Hidratación adecuada

Equilibrio emocional

Balance enerxético

Técnicas culinarias saudables

5.3 O patrón alimentario saudable

Actividade física

E seguir consellos como: realizar 3-5 comidas ao día, procurar consumir produtos de proximidade, comer en compañía, cociñar...

As recomendacións alimentarias tamén se fan en forma de listaxe ou patrón con consellos para seguir un estilo de vida saudable:

Tomar alimentos nutritivos e variados; consumir ao día: • 4-6 racións de legumes, tubérculos ou froitos secos. • 2-4 racións destes grupos de alimentos: ce-

reais e derivados; froitas; e carnes, peixes e ovos. • 2-3 porcións de lácteos. • 40-60 g de graxas.

• Manter unha adecuada hidratación median-

te o consumo de auga, infusións, caldos, froitas, verduras...

• Procurar que as proteínas e as graxas consu-

midas sexan de orixe vexetal, de peixes azuis ou carnes brancas; ou aceites de oliva.

• Limitar o consumo de alimentos ricos en

graxas saturadas, bebidas con azucres engadidos e sal. 53


6

A alimentación e a sostibilidade Algúns alimentos da dieta mediterránea

Segundo a FAO, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, as dietas sostibles son aquelas que, ademais de criterios relacionados coa nutrición e a seguridade alimentaria, teñen en conta o compoñente medioambiental.

As dietas sostibles son aquelas que xeran un menor impacto ambiental. As dietas sostibles protexen e respectan a biodiversidade e os ecosistemas, e cumpren os criterios de alimentación saudable. Son culturalmente aceptables, accesibles; economicamente xustas e accesibles; nutricionalmente adecuadas e inocuas e optimizan os recursos naturais e humanos. Algúns exemplos de dietas sostibles próximas ao noso ámbito son a dieta mediterránea e a dieta atlántica.

6.1 A dieta mediterránea Investiga sobre estes típicos pratos da dieta mediterránea e indica que características os fan pertencer a esta dieta.

A dieta mediterránea Fai unha listaxe con todo o que comiches nos últimos 7 días e responde ás seguintes cuestións. a) A nota ao lado de cada prato cal podería considerarse como parte da dieta mediterránea. b) O s pratos que non forman parte da dieta mediterránea, pódense considerar pratos saudables? Xustifica a túa resposta. c) S e na túa listaxe hai algún prato que puidese considerarse como non saudable, como poderías substituílo por algo que si o fose? d) P lanifica un menú para 3 días que cumpra coas normas dunha dieta saudable e especifica se hai algún prato que poida considerarse parte da dieta mediterránea.

54

A dieta mediterránea é tradicional da rexión do mesmo nome. É un exemplo de alimentación saudable.

A base da dieta mediterránea son as verduras, o aceite de oliva, o peixe, os cereais, os legumes, as patacas, as froitas, o iogur e os leites fermentados, así como a auga.

É importante manter a dieta mediterránea malia os obstáculos de hoxe en día (falta de tempo para comprar e cociñar...), xa que evita enfermidades relacionadas coa nutrición como a obesidade, as enfermidades cardiovasculares, a diabete e algúns tipos de cancro. As súas principais características son:

- As receitas cuxa base son os cereais, os legumes ou as patacas (pasta, arroz, lentellas, fabas, garavanzos, guisos, etc.) e que inclúen abundantes verduras (feixóns, cenorias, cebolas, espinacas, etc.) e poucas proteínas.

- As principais fontes de proteínas son o peixe, as aves de curral, os ovos e os produtos lácteos. O consumo de carnes vermellas, como porco e tenreira, é moito menor.

- As comidas principais acompáñanse de ensaladas, con verduras e hortalizas: leituga, tomate, cogombro, etc., e finalízanse con froita de tempada.

- Utilízase o aceite de oliva e condimentos, como allo, perexil, limón, ourego ou pementa, que diminúen a necesidade do uso de sal.


U2

6.2 A dieta atlántica Outro exemplo de dieta sostible e saudable é a dieta atlántica. Esta ten moitas similitudes coa dieta mediterránea; algunhas delas son:

- A principal graxa culinaria é o aceite de oliva.

- Abundan os alimentos de orixe vexetal como o pan, as patacas, os legumes e as froitas e verduras.

- Hai un elevado consumo de ovos e lácteos, e un moderado consumo de carnes fronte a un maior consumo de peixes e mariscos.

Un alimento tradicional e saudable A dieta atlántica é típica dos países bañados polo océano Atlántico onde predomina o consumo de peixes e mariscos, patacas, cereais, legumes, froitas e hortalizas como o repolo, as verzas e os grelos, entre outros.

6.3 Outras dietas sostibles e saudables Ademais das dietas mencionadas existen outras maneiras de ter unha alimentación saudable que tamén cumpren cos criterios de sostibilidade establecidos. Todas elas priorizan alimentos obtidos seguindo un modelo de produción máis sostible con medidas como:

- Ter en conta a procedencia e a temporalidade dos alimentos á hora de consumilos, favorecendo os que se producen no ámbito próximo e a súa data de obtención. Por exemplo, son de inverno a cabaza, as alcachofas, a robaliza; de verán, a sandía, o atún...

O pan é un dos alimentos estrela nutricionalmente falando. Foi base da alimentación tradicional do noso ámbito. É moi recomendable o elaborado ao xeito tradicional, con fariñas integrais e pouco refinadas, e cun baixo contido en sal.

Predominan o aceite de oliva, os peixes, as froitas e as verduras como ? ; os legumes como ? ; os cereais como ?

- Utilizar como fonte de lípidos e proteínas alimentos de orixe vexetal como o aceite de oliva ou de xirasol, o aguacate, a avea, os froitos secos, os legumes como os garavanzos, as lentellas...

- Limitar o consumo de determinados alimentos como as bebidas

? Dieta mediterránea

azucradas, os aperitivos salgados ou os envasados en plástico.

Dieta atlántica

- Utilizar técnicas culinarias máis saudables e sostibles que requiren un menor consumo de enerxía, axudan a previr enfermidades... Por exemplo, favorecer o consumo en cru dos alimentos, reducir o consumo de sal ou de azucre ao utilizar como adubo ou condimento herbas aromáticas, allo, limón, canela... COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1

A dieta mediterránea foi declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Investiga e di que significa este recoñecemento e cando e por que foi outorgado.

2 Elabora un calendario con alimentos de tempada; inclúe, polo me-

Algúns exemplos de alimentación saudable

Alimentación saudable e sostible

Algunhas prácticas de alimentación sostible

nos, unha froita, unha verdura e un peixe para cada mes.

3 Propón maneiras de reducir o consumo de sal e de azucre. 4 Mapa conceptual sistémico. Completa, amplía e relaciona as ideas do organizador da dereita sobre maneiras de levar unha alimentación sostible e saudable. Para saber en que consiste este organizador gráfico consulta o banco de recursos en anayaeducacion.es.

Consumir produtos autóctonos e de tempada.

? 55


7

A dieta e a saúde

Moitos aspectos da saúde poden ser mellorados se se adoptan estilos de vida saudables. Por exemplo, poden previrse enfermidades como o cancro, a aterosclerose, o ictus, etc.

A forma de alimentarse, en canto a tipoloxía de alimentos, variedade, cantidade, compoñentes..., ten efectos sobre a saúde das persoas. Por estes efectos sobre a saúde, a dieta está relacionada coa seguridade alimentaria.

A seguridade alimentaria é o acceso de todas as persoas e en todo momento a alimentos nutricionalmente adecuados e inocuos en cantidade e calidade suficientes para levar unha vida activa e sa.

Estes efectos poden ser positivos se contribúen a ter un bo estado de saúde (axudan a previr ou a curar enfermidades, por exemplo) ou negativos se, pola contra, son a causa de enfermidades relacionadas coa falta ou co exceso de nutrientes e enerxía como a malnutrición, ou coa presenza de substancias que poden causar danos, o que lle faría perder ao alimento a súa calidade de inocuo, como é o caso das intoxicacións alimentarias.

7.1 A malnutrición A malnutrición está causada por unha dieta inadecuada con déficit ou superávit de nutrientes ou enerxía, que provocan alteracións como a desnutrición ou a sobrenutrición, as enfermidades carenciais...

A desnutrición

A falta de glóbulos vermellos é un tipo de anemia que pode previrse se se leva unha dieta saudable e variada. A enfermidade provoca debilidade e cansazo.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Cales son os perigos de tomar a miúdo un exceso de alimentos e levar unha vida sedentaria?

2 Diferencia malnutrición e desnutrición.

3

Busca o significado destes termos relacionados coa malnutrición: raquitismo, marasmo, caquexia e emaciación.

4

Onde cres que hai máis frecuencia de xeroftalmía ou cegueira infantil, unha enfermidade causada pola falta de vitamina A? Propón, polo menos, unha medida para evitala.

56

Prodúcese por unha inxestión inadecuada de alimentos que deriva na falta de enerxía, o que ocasiona que o corpo utilice as reservas de glícidos e lípidos e, nos casos máis graves, a perda das propias proteínas, que pode conducir á morte. Entre os trastornos deste tipo está o raquitismo; a anorexia nerviosa, un trastorno psicolóxico con graves consecuencias para a saúde que se caracteriza polo rexeitamento a alimentarse por medo a engordar; e a bulimia, outra enfermidade mental que se caracteriza polo desexo compulsivo pola comida, a conseguinte enchente e a posterior purga, normalmente mediante vómito, pola culpa, o medo a engordar, etc.

A sobrenutrición Prodúcese normalmente por unha inxestión excesiva de alimentos, nutrientes e enerxía que acaba almacenándose e que provoca, na maioría dos casos, efectos negativos para a saúde das persoas. Un dos efectos máis habituais deste tipo de malnutrición é a obesidade, enfermidade caracterizada pola acumulación do exceso de graxa corporal que ademais está relacionada co padecemento ou o agravamento doutras enfermidades como as cardiovasculares (a aterosclerose), o cancro, a diabete, etc.

As enfermidades carenciais Están producidas por unha dieta pouco variada ou insuficiente, na que faltan determinados nutrientes. As máis frecuentes son a avitaminose (falta de vitaminas) ou a anemia por deficiencia de ferro.


U2

7.2 As alerxias e intolerancias alimentarias Algunhas persoas mostran reaccións adversas (intolerancias ou reaccións alérxicas ou de defensa ante substancias que deberían ser inocuas) ao inxerir algúns alimentos. As máis comúns son a intolerancia á lactosa, que é un azucre do leite, e a celiaquía, ou intolerancia ao glute, que é unha proteína presente no trigo. As alerxias alimentarias máis frecuentes son aos froitos secos, ao ovo ou ao marisco.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

5 Fai unha lista de cinco alimentos que non poden tomar as persoas con intolerancia á lactosa e as persoas con celiaquía.

6 Que son os aditivos alimentarios? Investiga que son e nomea, polo menos, un exemplo.

7.3 As enfermidades e a hixiene alimentaria

7

Algunhas veces, nos alimentos pode haber substancias ou microorganismos que poden causar danos na saúde das persoas que os consomen provocando enfermidades de transmisión alimentaria ou intoxicacións alimentarias...

A predición. Que pode pasar se non lavas ou pelas a froita que vas tomar, aínda que a peza estea limpa en aparencia?

8

Consulta «En que alimentos pode haber contaminantes alimentarios» no teu banco de recursos en anayaeducacion.es. Despois, relaciona as substancias ou os microorganismos causantes de enfermidades que se citan cos alimentos deste prato nos que poden encontrarse.

A presenza destas substancias contaminantes está relacionada co mal estado dos alimentos. Normalmente, esa contaminación prodúcese nalgunha das etapas da cadea alimentaria (proceso que vai desde a produción ao consumo) ou débese á contaminación ambiental. A lexislación establece as cantidades máximas permitidas para este tipo de substancias. Das medidas de hixiene alimentaria destacan o lavado dos alimentos que se consomen crus, a limpeza dos obxectos que se utilizan para cociñar ou comer, a conservación en frío dos alimentos que necesitan refrixeración, etc. Os contaminantes dos alimentos, dependendo da súa orixe, poden ser: biolóxicos, químicos ou físicos.

As medidas encamiñadas a garantir o bo estado dos alimentos evitando a presenza de substancias que causan enfermidades denomínase hixiene alimentaria.

Contaminantes biolóxicos

- Organismos causantes de enfermidades como a bacteria Salmonella, que causa a salmonelose, o verme Taenia solium, que causa a teníase, as larvas do verme Anisakis que provoca a enfermidade do mesmo nome, etc.

Contaminantes biolóxicos

- Toxinas como a toxina botulínica que causa o botulismo e que está producido pola bacteria Clostridium botulinum ou a aflatoxina producida por certos fungos da familia Aspergillus.

Contaminantes químicos

- Algúns aditivos alimentarios poden ter efectos nocivos. - Outras substancias como os pesticidas ou os metais pesados como o chumbo ou o mercurio, exemplos de contaminantes ambientais, relaciónanse con enfermidades como o cancro, certas alteracións neurolóxicas, etc.

Contaminantes físicos Ás veces, nos alimentos pode haber restos de vidro, metal, madeira..., que poden producir feridas na persoa que os consome.

Salmonella

Anisakis

Contaminantes químicos

Taenia solium

Toxina de Aspergillus

Contaminantes físicos

Mercurio Pesticidas

Restos de vidro

57


Organiza as ideas

Interpreta imaxes

1

3 Observa as imaxes seguintes e responde:

Roda de atributos. Copia e completa no teu caderno o seguinte organizador visual. Aprende a facer unha roda de atributos co recurso dispoñible en anayaeducacion.es.

?

C

A

Ten que ser variada ?

Debe achegar a enerxía necesaria ?

Realizar cinco

B

A alimentación saudable

As máis enerxéticas ? e as máis lixeiras ?

Beber

D

– Tomar alimentos ricos en glícidos como ? – Tomar cinco racións de ? – Non abusar de ?

F E

a) Que nutrientes se representan nas imaxes? b) Cal é a súa función no organismo?

?

c) De que alimentos podemos obtelos?

Evitar

?

Fai un resumo 2 Elabora o teu propio resumo da unidade seguindo este guión:

4 Nas seguintes gráficas aparece a composición de catro tipos de alimentos. Compáraas e trata de asignar cada unha a un destes alimentos. a) Manteiga b) Amorodos c) Peituga de polo d) Pasteis. Xustifica a túa resposta. A

B

C

D

• Define nutrición e nomea e explica brevemente os procesos necesarios para levala a cabo.

• Cita os aparatos implicados na nutrición, especificando a función de cada un deles.

• Nomea as funcións dos nutrientes. • Explica que tipos de nutrientes hai segundo a súa composición química.

• Explica por que os requirimentos enerxéticos non son os mesmos para todas as persoas.

• Di en que consiste unha alimentación saudable. • Comenta como é e para que serve a roda dos alimentos.

• Comenta como son e para que serven a pirámide e o patrón alimentario.

• Explica que características deben ter as dietas sostibles e di dous exemplos deste tipo de dietas.

Auga

Proteínas

Lípidos

Hidratos de carbono

Fibra

5 Observa as seguintes imaxes de alimentos e contesta: a) De que nutrientes son fontes alimentarias? b) Que funcións desempeñan no organismo os nutrientes que conteñen? c) Cales destes alimentos deben consumirse a diario e cales ocasionalmente?

• Nomea os tipos de malnutrición e explícaos bre-

C

B

A

vemente.

• Explica en que consiste unha intolerancia alimentaria.

• Di que consecuencias ten para a saúde unha mala hixiene alimentaria.

58

D

E F


Recorda seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.

Aplica

Avanza 11

6 Establece as diferenzas entre: a) Alimentación e nutrición. b) Nutriente orgánico e inorgánico.

12 Elabora unha dieta baseada na túa alimentación

c) Macronutriente e micronutriente.

diaria. Debes anotar todo o que tomas e as cantidades aproximadas de cada alimento. Despois, responde:

d) Puñado e porción.

7 Copia e corrixe as seguintes frases falsas relativas aos nutrientes:

a)

a) A auga é necesaria pola súa achega enerxética. b) As vitaminas son necesarias en grandes cantidades. c) As froitas son alimentos moi ricos en lípidos.

c) Estuda a túa dieta e analiza se cumpre cos requisitos dunha dieta equilibrada.

8 Clasifica os seguintes alimentos segundo teñan función plástica, enerxética ou reguladora: pemento, filete de peixe, chocolate, froita, pastel de mazá e ovo.

13

9 Di cales son as racións diarias máis adecuadas dos seguintes alimentos: a) Arroz ou patacas ou cereais. e) Auga. f) Verduras.

c) Froita.

g) Legumes.

Recorda a información do recurso «Táboa nutricional dos alimentos» que está no banco de recursos de anayaeducacion.es e di os nutrientes e o contido enerxético dos alimentos que forman parte da dieta que elaboraches.

b) Calcula o contido enerxético da túa dieta diaria.

d) As proteínas están formadas por aminoácidos e só teñen función defensiva.

b) Aceite de oliva.

Explica o significado da seguinte oración: «Existen moitas formas diferentes de alimentarse, pero só unha maneira de nutrirse».

Investiga que alimentos se podían encontrar na Idade Media en España. Fai unha listaxe con algúns deles e elabora o menú dun día. Compárao con un da actualidade e comenta as diferenzas desde o punto de vista da alimentación saudable e sostible. Para facilitar a túa resposta, ten en conta estes aspectos: – Variedade de alimentos.

d) Carne ou peixe.

10 Explica en que consisten a anorexia e a bulimia e indica as súas consecuencias.

– Orixe dos alimentos. – Hixiene alimentaria.

REFLEXIONA Identificamos os nutrientes presentes na comida que traemos á clase. Ademais creamos un sistema de clasificación e comprobamos que tan saudables son os nosos hábitos alimenticios. Tamén puxemos en práctica os nosos coñecementos sobre dietas saudables facendo propostas sas e nutritivas. Reflexiona sobre o que aprendiches completando o cuestionario e a rúbrica correspondente, dispoñibles en anayaeducacion.es. Aspectos

Totalmente conseguido

Bastante conseguido

Conseguido

Case conseguido

Comprendo o contido enerxético dun produto, relacionándoo coas necesidades enerxéticas dun individuo …

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza a autoavaliación competencial incluída en anayaeducacion.es.

59


4 A función de relación RITA LEVI-MONTALCINI. A dama de la neurona

Na miña opinión, se realmente cres en algo tes que loitar por iso. Nos meus 103 anos de vida tiven que loitar por moitas cousas. Polo meu dereito a estudar, pola miña vida, pola miña investigación... Non podo dicir que sempre saíse vitoriosa, pero creo que si ganei as suficientes batallas como para facer unha gran contribución á medicina e á sociedade. Chámome Rita Levi-Montalcini. Nacín en Italia, na cidade de Turín, en 1909. Na miña xuventude tiven que convencer ao meu pai de que non tiña ningún interese en dedicar a miña vida a casar e ter fillos. O que realmente desexaba era estudar medicina e axudar a outras persoas. E iso fixen! Traballei en panaderías para pagar a carreira e en 1936 gradueime na especialidade de Neuroloxía e Psiquiatría. A cousa torceuse en 1943. Vímonos obrigados a fuxir. A miña familia era xudía e polo tanto perseguida polo réxime Nazi, cuxa influencia se estendía por Europa. Escapamos primeiro de Turín a Bélxica. Logo de volta a Italia, a Piemonte, e por último a Florencia ata que concluíu a II Guerra Mundial. Eu non podía permitirme interrom88

per a miña investigación, que estaba moi avanzada, así que durante esta época traballei en segredo montando laboratorios clandestinos. Interesábame especialmente a maneira en que se desenvolve o sistema nervioso. Como saben as neuronas cando reproducirse? Ao finalizar a guerra invitáronme a traballar uns meses na Universidade de Washington, así que fixen as maletas e levei o meu traballo a EEUU, onde acabei pasando 30 anos e logrei illar xunto co meu colega Stanley Cohen o NFG: o factor de crecemento neuronal. Esta é a proteína que dá a orde ás neuronas de reproducirse e polo seu descubrimento concedéronnos o Premio Nobel de Medicina en 1986. Durante toda a miña vida defendín que homes e mulleres temos a mesma capacidade intelectual e, polo tanto, podemos contribuír de igual forma ao avance da humanidade. Espero que algún día o meu traballo poida usarse para curar enfermidades nerviosas como o Alzhéimer ou a demencia. Toda a miña loita pagaría a pena.


Qué vas descubrir? Nesta unidade

SECUENCIA DE APRENDIZAXE

• Rita Levi-Montalcini. A dama de la neurona

O ACCIDENTE

1. A relación no ser humano

1.1

2. A percepción: os sentidos 3. A percepción e a saúde 4. A coordinación nerviosa 5. A saúde do sistema nervioso 6. A coordinación endócrina 7. A saúde do sistema endócrino 8. As drogas e a drogadicción 9. A execución da resposta. O aparato locomotor 10. A execución da resposta e a saúde • Traballa co aprendido

En anayaeducacion.es Para motivar • Vídeo: Antes de empezar • Coñece máis a... Rita Levi-Montalcini Para a detección de ideas previas • Presentación: Que necesitas saber Para expoñer • Presentación: Os tipos de bágoas • Vídeos: O esqueleto, A musculatura, Hábitos posturais Para exercitar • Actividades interactivas: Aprende xogando; Ponte a proba

Imos analizar como funcionarían os sistemas sanitarios de EEUU, España e Sudán do Sur ante un accidente de tráfico. Imaxina que un condutor foi cegado por outro coche provocando que saia da estrada e que

1.2 Explica os motivos polos que aconteceu o accidente e relaciónao cos órganos dos sentidos. AS CONSECUENCIAS DO ACCIDENTE 2.1 Analiza como responden en cada lugar os servizos de emerxencia para atender o accidente. O paciente accidentado ten risco de paraplexía. Que significa isto? 2.2 Explica como funciona o sistema nervioso e que tipo de danos pode provocar unha paraplexía. NO HOSPITAL 3.1 Analiza as diferenzas que existen nos sistemas de saúde en canto á capacidade de diagnóstico e tratamento das lesións do accidente. Busca información sobre as taxas de mortalidade nos distintos países en accidentes de tráfico. 3.2 Escribe exemplos doutras enfermidades relacionadas co sistema nervioso e cos accidentes. 3.3 Ten en conta a accesibilidade, as opcións públicas e privadas de tratamento e os custos en cada sistema sanitario.

• Obradoiro de ciencias: Busca pareidolias + orientacións en anayaeducacion.es

89


1

A relación no ser humano

A función de relación é a que lles permite aos seres humanos detectar cambios no medio e responder ante eles. Lévase a cabo mediante tres procesos: a percepción do estímulo, a análise da información e a elaboración da resposta, e a execución da resposta.

1.1 A percepción dos estímulos Un mundo de estímulos Dedica dous minutos a concentrarte e intenta ser consciente e escribe unha lista con todos os estímulos que recibas durante este tempo. Despois, contesta as seguintes cuestións: a) É moi difícil ser consciente de todos os estímulos que recibe o noso cerebro. Intenta pensar neses dous minutos e analiza se puido escaparche anotar algún estímulo. b) C lasifica os estímulos que anotaches segundo o órgano dos sentidos que o captou. De cales hai máis? De cales hai menos? A que cres que se poden deber as diferenzas? c) C ompara as respostas coas túas compañeiras e cos teus compañeiros e comproba as diferenzas. A que se deben?

A percepción dos estímulos realízana os receptores, que son células especializadas en detectar cambios físicos e químicos do ámbito e enviar esta información aos centros de coordinación. Os receptores poden ser células illadas ou estar agrupados formando órganos como o ollo ou o oído.

1.2 A análise da información e a elaboración da resposta

A elaboración das respostas lévana a cabo os centros de coordinación, cuxa función é analizar a información que reciben dos receptores e elaborar unha resposta para enviar aos órganos efectores. Os centros de coordinación do noso organismo son:

- O sistema nervioso, formado por un conxunto de órganos, como o encéfalo ou a medula espiñal, que envían as respostas aos órganos efectores en forma de impulsos nerviosos, que permiten coordinar respostas rápidas e breves, como a contracción e a relaxación dos músculos, e provocar así os movementos.

- O sistema endócrino, formado por un conxunto de órganos denominados glándulas endócrinas, como o páncreas ou a tiroide, que envían as respostas aos órganos efectores, a través do sangue, en forma de substancias químicas chamadas hormonas, que as propias glándulas sintetizan.

1.3 A execución da resposta COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Os efectores son órganos cuxa función é executar as respostas. Os órganos efectores son:

1 Escribe dous exemplos de órganos

- Os músculos, que, ao recibir a orde de contracción ou relaxación

que perciban estímulos, dous que elaboren respostas e dous que executen respostas.

mediante impulsos nerviosos, son capaces de realizar movementos voluntarios como levantar un brazo ou involuntarios como os movementos peristálticos do intestino.

2 Explica de forma breve e cun exem-

- As glándulas, que sintetizan e verten substancias. Son, por exemplo, as

plo como se leva a cabo a función de relación nos seres humanos.

glándulas salivais ou as gástricas, que liberan saliva ou zumes en resposta á presenza de alimentos ou mesmo ante o seu olor.

90


U4

Así se leva a cabo a función de relación OS ESTÍMULOS son captados polos Receptores

Como os órganos dos sentidos que envían sinais aos Sistemas de coordinación como O sistema nervioso

que elabora ordes en forma de impulsos nerviosos e os envía aos

Efectores

como Os músculos e os ósos que executan

As respostas

91


2

2.1 Tipos de receptores

A percepción: Os sentidos

A percepción realízase mediante os receptores, que poden ser de dous tipos:

- Os receptores internos. Captan os cambios do medio interno. Están dispersos por todo o organismo e infórmannos do seu estado xeral. Permítennos, por exemplo, detectar fame, sede ou dor.

O tacto

- Os receptores externos ou sensoriais. Captan os Termorreceptor do frío

estímulos do medio externo. Segundo a natureza do estímulo que perciben, podemos clasificalos en:

Mecanorreceptor do contacto

• Mecanorreceptores, se captan estímulos mecáMecanorreceptor da presión

nicos; por exemplo, a presión, as vibracións e o movemento. • Termorreceptores, se perciben variacións de

temperatura. • Quimiorreceptores, se detectan substancias quí-

micas. • Fotorreceptores, se perciben variacións na in-

tensidade ou na cor da luz. • Nociceptores, se son sensibles á dor.

Os receptores sensoriais poden agruparse e, xunto con outras estruturas, formar os órganos dos sentidos. Nas persoas, os sentidos son o tacto, o gusto, o olfacto, o oído e a vista.

2.2 O tacto Os receptores do sentido do tacto son mecanorreceptores sensibles ao contacto e á presión, termorreceptores sensibles á calor e ao frío, e nociceptores sensibles á dor. Non son células, senón terminacións nerviosas, libres ou encerradas en cápsulas (corpúsculos).

Terminacións nerviosas que captan a dor

Termorreceptor da calor

92

As terminacións nerviosas táctiles están baixo a pel. Os receptores do tacto distribúense de forma desigual pola pel e transmiten a información a través dos nervios, son fundamentalmente termorreceptores, mecanorreceptores e nociceptores. Os lugares máis sensibles son as puntas dos dedos, as plantas dos pés e as mans, o rostro e a punta da lingua.


U4

2.3 O gusto Os receptores do gusto ou células gustativas son quimiorreceptores sensibles ás substancias químicas que se disolven na saliva cando comemos ou bebemos. As células gustativas encóntranse nos botóns gustativos, unhas estruturas redondeadas situadas nas papilas gustativas. As papilas gustativas son unhas protuberancias que se localizan no padal, na farinxe e, principalmente, na lingua. O sabor dos alimentos é a mestura dos sinais de catro tipos de receptores: os do sabor doce, salgado, ácido e amargo. Na percepción dos sabores inflúen, ademais, as percepcións olfactivas, xa que ao mastigar se desprenden substancias volátiles que chegan á cavidade nasal a través da farinxe.

2.4 O olfacto

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Enumera os tipos de receptores externos especificando que é capaz de percibir cada un.

2 Explica de que están compostas e onde se encontran as papilas gustativas.

3

Os receptores do olfacto ou células olfactivas son quimiorreceptores sensibles ás substancias químicas gasosas que hai no aire. As células olfactivas concéntranse na parte superior das fosas nasais. Cando son estimuladas envían impulsos nerviosos a través do nervio olfactivo ata o cerebro, que interpreta e identifica o olor.

Que pasaría se...? Aprende a usar esta chave de pensamento consultando o recurso dispoñible en anayaeducacion.es e contesta: Como cres que é a vida dunha persoa que carece de sentido do gusto? Que cres que pasaría se os seres humanos nunca evolucionásemos para percibir os sabores?

O gusto e o olfacto Fibras do nervio olfactivo

Botón gustativo Células gustativas

Bulbo olfactivo

Bulbo olfactivo

Óso do cranio

Célula basal Fosas nasais

Detalle dunha papila gustativa

Lingua

Células olfactivas

93


unidade da vida: Os sentidos a célula 4 2 A percepción:

2.5 O oído Os receptores do sentido do oído son as células auditivas, que son mecanorreceptores sensibles ás vibracións, e as células do equilibrio, que son sensibles ao movemento do líquido que as baña. COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

4 Nomea as partes do oído e di de que estruturas está formada cada unha.

O oído divídese en tres partes, o oído externo, o medio e o interno.

- O oído externo componse da orella, ou pavillón auditivo, e o conduto auditivo.

- O oído medio está composto polo tímpano, unha fina e tensa membrana, e da cadea de ósiños, que son o martelo, a bigornia e o estribo. Comunícase coa farinxe a través da trompa de Eustaquio.

5 Explica razoadamente para que

6

cres que temos dous oídos, un a cada lado da cabeza.

- O oído interno está formado polo caracol, unha canle rechea de lí-

Na fotografía podes ver un implante coclear, un dispositivo que permite recuperar a audición a persoas con hipoacusias severas; investiga e fai un breve resumo sobre como funcionan.

Como funciona o oído

quido na que se encontran as células auditivas, e polas canles semicirculares, onde se encontran as células do equilibrio. Do primeiro parte o nervio auditivo, e do segundo, o nervio vestibular.

- A audición. As ondas sonoras canalízanse, a través da orella e do conduto auditivo, cara ao tímpano. A vibración desta membrana transmítese, a través da cadea de ósiños, ata o líquido do interior do caracol. As células auditivas teñen cilios que detectan as vibracións e transmítenas a través do nervio auditivo ata o cerebro, onde se traducen en sons.

- O equilibrio. Cando se move a cabeza, o líquido do interior das canles semicirculares desprázase. O movemento é detectado polas células do equilibrio, grazas aos seus cilios, e transmitido a través do nervio vestibular ata o cerebro, que informa da posición do corpo.

O oído Condutos semicirculares

Oído externo Cadea de ósiños

Nervio vestibular

Bigornia Martelo

Nervio auditivo

Estribo

Caracol Oído medio Pavillón auditivo

Oído interno

Tímpano

Conduto auditivo

Células auditivas

94


U4

2.6 A vista Os receptores do sentido da vista son fotorreceptores sensibles á intensidade da luz e ás súas cores. Son as células denominadas conos e bastóns. O ollo divídese en dúas partes, o globo ocular e os órganos anexos.

- O globo ocular. É unha esfera rechea de líquido, que se aloxa nu­nha cavidade ósea. Está formada por tres capas: • A esclerótica. É a capa exterior branca que, na súa parte dianteira,

máis empenada e transparente, denomínase córnea. Unha membrana externa, denominada conxuntiva, protexe a córnea.

As bágoas

• A coroide. É a capa intermedia, cuxa parte dianteira forma o

iris, un anel muscular coloreado cun orificio central, a pupila. Detrás encóntrase o cristalino, unha lente que enfoca as imaxes na retina. • A retina. É a capa interna na que se encontran as células fotorre-

ceptoras; os conos e os bastóns.

- Os órganos anexos. As cellas, as pálpebras, as pestanas e as glándulas lacrimais protexen o globo ocular da sequidade, da suor e de corpos estraños. Os músculos oculares permiten mover o globo ocular.

Como funciona o ollo A luz atravesa a córnea e pasa pola coroide a través da pupila, que se abre cando a luz é débil, ou se pecha cando é demasiado intensa. O cristalino modifica a súa curvatura grazas a uns músculos que tensan ou relaxan a lente, para enfocar a luz sobre a retina. Os bastóns (que perciben a intensidade da luz) e os conos (que perciben as cores) transmiten a información a través do nervio.

As bágoas son un líquido segregado polas glándulas lacrimais cuxas funcións son manter o ollo húmido, limpalo e protexelo contra as infeccións.

O ollo COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA... Esclerótica Conxuntiva

7 Anota en que parte do globo ocular se sitúan as células fotorreceptoras e o nome que reciben.

Coroide

8 Explica que acontece no ollo canCristalino

9 Define bágoa e enumera cales son

Córnea

as súas funcións.

10

Humor vítreo

Pupila

do a luz é moi intensa e que acontece cando hai pouca luz.

Retina

Iris

Nervio óptico

Pensa e comparte en parella. Podedes aprender a usar esta estratexia de pensamento consultando o recurso dispoñible en anayaeducacion.es e explicade se as persoas con ollos claros son máis sensibles á luz ou non.

95


3

Ademais de ser esenciais para a nosa vida diaria, os órganos dos sentidos permítennos captar gran cantidade de estímulos que nos proporcionan felicidade e benestar.

A percepción e a saúde

Por iso, é moi importante adoptar hábitos saudables e previr as enfermidades que poden alterar a nosa percepción.

Consellos para cepillar os dentes Cepilla as pezas dentais superiores desde a enxiva cara a abaixo e as pezas dentais inferiores desde a enxiva cara a arriba.

Cepilla a parte interna dos dentes inclinando o cepillo uns 45°.

3.1 A saúde do olfacto e do gusto O olfacto e o gusto vense alterados xeralmente por procesos infecciosos das vías respiratorias, como o arrefriado ou a gripe. O aumento nas secrecións mucosas que se produce durante estas enfermidades dificulta o funcionamento dos receptores gustativos e olfactivos. O consumo de tabaco tamén pode alterar a función das papilas gustativas da lingua e irritar a mucosa nasal, diminuíndo a capacidade de detección dos órganos do gusto e do olfacto.

Os hábitos saudables A hixiene diaria da boca e das fosas nasais e evitar o consumo de tabaco son hábitos saudables que melloran estes dous sentidos.

Cepilla as superficies mastigadoras apoiando o cepillo sobre elas e efectuando movementos circulares.

A lingua tamén debe ser cepillada, xa que entre as papilas gustativas poden acumularse as bacterias. Non esquezas usar o fío dental.

3.2 A saúde do oído As principais enfermidades deste órgano son as infeccións do oído interno, provocadas por algu­ nhas bacterias e virus, que poden chegar a producir unha perda irreversible da capacidade auditiva. Outro factor que altera a nosa percepción auditiva é a exposición prolongada a sons intensos, como o ruído ou a música a un volume excesivamente elevado. Os sons de intensidade elevada producen a perda de receptores auditivos e, polo tanto, unha perda auditiva irreversible ou xordeira.

Os hábitos saudables

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Razoa por que os procesos infecciosos nas vías respiratorias dificultan o funcionamento dos receptores do gusto e do olfacto.

2

96

Elabora unha listaxe coas consecuencias de non lavar os dentes.

É moi importante a hixiene dos oídos, que debe realizarse cunha solución fisiolóxica e evitando introducir bastonciños ou outros obxectos que poidan danar o tímpano. Así mesmo, evita lugares moi ruidosos, non poñas o volume do televisor ou de calquera aparato de música demasiado alto e seca ben os teus oídos despois de ducharte para previr infeccións causadas por fungos.


U4

3.3 A saúde da vista As enfermidades máis comúns que afectan a visión son debidas a infeccións oculares, producidas por bacterias, fungos ou virus, e á aparición das anomalías visuais, que provocan un defecto na calidade das imaxes captadas pola retina.

Anomalías da visión e a súa corrección O ollo miope e a súa corrección

As anomalías na visión Son debidas a alteracións no tamaño e na forma do globo ocular e a córnea.

- A miopía. Débese a unha lonxitude excesiva do globo ocular, que provoca que a imaxe captada non se forme na retina, senón diante dela. O resultado é a dificultade para captar imaxes afastadas. Este defecto corríxese utilizando lentes diverxentes.

O ollo miope forma a imaxe diante da retina.

- A hipermetropía. Débese a unha menor lonxitude do globo ocular, que provoca que a imaxe captada non se forme na retina, senón detrás dela. O resultado é a dificultade para captar imaxes próximas. Este defecto corríxese utilizando lentes converxentes.

- O astigmatismo. Débese á presenza de irregularidades na curvatura da córnea, o que provoca que os obxectos tanto próximos coma afastados se perciban de forma borrosa ou distorsionada. Corríxese utilizando lentes cilíndricas.

A lente diverxente «atrasa» a imaxe ao seu lugar correcto.

O ollo hipermétrope e a súa corrección

3.4 Os hábitos saudables Algúns dos hábitos saudables que melloran a nosa visión son a hixiene dos ollos, ler e estudar con boa iluminación, manter unha distancia adecuada entre os nosos ollos e as pantallas, protexer os ollos de luces intensas usando, por exemplo, lentes de sol e realizar revisións oftalmolóxicas periódicas. O ollo hipermétrope forma a imaxe detrás da retina.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

3 Explica as diferenzas que existen entre un ollo miope e un hipermétrope.

4 Razoa se é posible que se combinen entre si as anomalías da visión. É dicir, se se pode ter á vez miopía e astigmatismo; hipermetropía e astigmatismo e miopía e hipermetropía.

5 Fai unha listaxe con hábitos saudables relacionados coa visión na que inclúas polo menos un que teña que ver coa dieta.

A lente converxente «adianta» a imaxe ao seu lugar correcto.

97


4

A coordinación nerviosa

A coordinación nerviosa realízaa o sistema nervioso. Este sistema está formado por tecido nervioso, cuxas células, as neuronas, son capaces de transmitir información mediante impulsos nerviosos.

4.1 As células do sistema nervioso Así é un nervio

Nervio

Fibra nerviosa

A información recibida e elaborada polo sistema nervioso viaxa en forma de impulsos eléctricos, que son transmitidos polas neuronas ou células nerviosas.

As neuronas son as unidades estruturais e funcionais do sistema nervioso. Son células moi diferenciadas e cunha morfoloxía complexa.

As neuronas teñen un corpo celular ou soma, onde se aloxan o núcleo e os orgánulos citoplasmáticos, do que parten prolongacións curtas e ramificadas, chamadas dendritas. Dun extremo do corpo celular sae unha única prolongación, moito máis longa, que se denomina axón, que remata en extremos ensanchados, chamados botóns terminais. Os axóns de varias neuronas agrúpanse en feixes que constitúen as fibras nerviosas; varias destas, á súa vez, agrúpanse para formar os nervios. Segundo a función que realicen, existen diferentes tipos de neuronas:

- As neuronas sensitivas, cuxas dendritas están conectadas a células dun receptor.

- As neuronas motoras, cuxo axón está conectado a un órgano efector.

- As neuronas de asociación ou intermedias, que comunican as anteriores.

- No tecido nervioso, as neuronas están acompañadas das células da glía que se encargan da súa nutrición, defensa e soporte.

O impulso nervioso As funcións das neuronas son posibles debido a que estas células transmiten información en forma de sinais electroquímicos chamados impulsos nerviosos. COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Debuxa no teu caderno dúas neuronas e sinala as súas partes.

2 Define impulso nervioso e neurotransmisor.

3

98

Comprobamos. Credes que as neuronas son capaces de reproducirse? É igual durante todo o ciclo de vida dos seres humanos?

Os impulsos nerviosos viaxan pola membrana neuronal, sempre desde as dendritas ou desde o corpo celular cara ao extremo do axón. Unha vez alí, a neurona conecta con outra neurona ou cun efector para transmitir o impulso. Non obstante, as neuronas non chegan a tocarse xa que entre o extremo do axón dunha neurona e o corpo ou unha dendrita doutra, existe unha zona de comunicación chamada sinapse. Nela, a neurona transmisora do impulso nervioso emite unhas substancias denominadas neurotransmisores, que chegan á membrana da neurona receptora e fan que nesta se xere o mesmo impulso.


U4

Así se transmite o impulso nervioso Impulso nervioso

Neurona transmisora

Observa a imaxe e responde ás preguntas:

neurona recibe 1 A o impulso nervioso.

a) E xplica por que se di que o impulso nervioso é un sinal electroquímico. b) A que parte da sinapse cres que se lle pode chamar a fenda sináptica?

Dendritas

A sinapse

Neurona transmisora impulso nervioso 2 O percorre a neurona. Impulso nervioso

Axón Botón terminal do axón Botón terminal do axón

Impulso nervioso

neurona 3 A transmite o impulso nervioso á neurona seguinte.

Sinapse Neurotransmisores Espazo sináptico Neurona receptora

Neurona receptora

impulso nervioso 4 O percorre a seguinte neurona.

99


unidade da vida: nerviosa a célula 4 4 A coordinación

4.2 O sistema nervioso O sistema nervioso conforma unha rede de neuronas que interpreta os sinais ou estímulos que envían os órganos dos sentidos e elabora ordes para que os efectores respondan a elas. O sistema nervioso está constituído polo sistema nervioso central (SNC) e o sistema nervioso periférico (SNP).

4.3 O sistema nervioso central (SNC) O SNC coordina todas as funcións do organismo. Está formado polo encéfalo e a medula espiñal.

O encéfalo O encéfalo está protexido polo cranio e por tres membranas, as meninxes, entre as que circula o líquido cefalorraquídeo, que amortece e o protexe dos golpes. Consta de tres partes: o cerebro, o cerebelo e o tronco encefálico.

O encéfalo Corpo caloso

Cranio O cerebro: está dividido en dous hemisferios interconectados. A súa superficie, chamado córtex cerebral, é rugosa e ten repregamentos chamados circunvolucións. No cerebro faise consciente a información e residen as funcións avanzadas, como a memoria, a intelixencia ou a vontade.

Tálamo e hipotálamo

O cerebelo: tamén ten dous hemisferios e córtex con pregos. Encárgase de controlar o equilibrio e os movementos voluntarios previamente aprendidos, como andar, escribir ou tocar un instrumento. Bulbo raquídeo O tronco encefálico enlaza o encéfalo coa medula e controla diversas funcións involuntarias. Por exemplo, a parte denominada bulbo raquídeo controla os movementos da respiración e o ritmo cardíaco.

100


U4

A medula espiñal É un cordón nervioso, protexido pola columna vertebral, que conecta o encéfalo co resto do corpo. Por ela viaxan os impulsos nerviosos desde os receptores ao encéfalo e desde este ata os efectores. Coordina respostas sinxelas, chamadas actos reflexos.

4.4 O sistema nervioso periférico (SNP)

O SNP está formado por nervios que conectan o SNC cos órganos do corpo. Está formado por 31 pares de nervios que parten da medula, ou nervios raquídeos, e por 12 pares de nervios que saen do encéfalo, ou nervios craniais. Os nervios clasifícanse en sensitivos (levan información dos receptores ao SNC) e motores (transmiten ordes do SNC aos efectores). O sistema nervioso periférico divídese en somático e autónomo.

- O SNP somático controla movementos voluntarios, como a locomoción.

- O SNP autónomo controla o funcionamento involuntario de órganos vitais, como o corazón. Está formado polo SN simpático, que prepara o corpo para situacións de perigo ou acción, e o SN parasimpático, que relaxa o corpo. Ambos os dous son antagónicos, de forma que cando un estimula un órgano o outro reláxao.

A medula espiñal

Medula espiñal

Columna vertebral Nervios raquídeos

Disco intervertebral

Que fai o sistema nervioso simpático 1. Dilata a pupila. 2. Estimula a salivación (suavemente). 3. Acelera o latexo. 4. Relaxa os bronquios. 5. Inhibe a actividade no estómago e no páncreas. 6. Estimula a liberación de glicosa (fígado). 7. Estimula as suprarrenais (adrenalina). 8. Excita os esfínteres intestinais. 9. Relaxa a vexiga. 10. Inhibe os órganos reprodutores.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

4 Indica no teu caderno as partes do encéfalo e explica, en cada caso, as funcións que ten cada unha.

5 Expón, cun exemplo, que significa que os sistemas nerviosos simpático e parasimpático sexan antagónicos.

6

1-2-4. O cerebro e o seu funcionamento segue gardando moitos segredos, o que provoca a creación de gran cantidade de mitos e informacións falsas sobre el. Unha das falsidades máis famosas e recorrentes é a que argumenta que os seres humanos só usamos un 10 % do cerebro. Que argumentos se poderían dar para refutar esta idea?

Que fai o sistema nervioso parasimpático 1. Contrae a pupila. 2. Estimula moito a salivación. 3. Retarda o latexo. 4. Contrae os bronquios. 5. Estimula a actividade do estómago. 6. Estimula a actividade da vesícula biliar. 7. Estimula a actividade do páncreas. 8. Inhibe os esfínteres intestinais. 9. Contrae a vexiga. 10. Estimula os órganos reprodutores.

101


unidade da vida: nerviosa a célula 4 4 A coordinación

4.5 Como funciona o sistema nervioso Os actos voluntarios 3

1

Ante un estímulo, os receptores mandan información ao SNC que, tras procesala, envía a orde adecuada aos efectores para responder a ese cambio do medio. O funcionamento do sistema nervioso é máis ou menos rápido, dependendo das necesidades do organismo. En función disto, distínguese entre actos voluntarios e actos reflexos.

Os actos voluntarios Os actos voluntarios son respostas conscientes, «decididas», que están coordinadas polo encéfalo. Nun acto voluntario interveñen: 2

- Un receptor que recibe o estímulo, por exemplo, receptores da visión e do tacto detectan un lapis para debuxar.

- Un nervio sensitivo que transmite o impulso ata a medula, e desde esta, ata o córtex cerebral.

- O córtex cerebral, que transforma a información nunha sensación consciente (unha imaxe, unha forma, calor, etc.) e, coa información recibida e a almacenada de experiencias anteriores, elabora unha orde de resposta, que se dirixe, pasando pola medula, a un nervio motor.

- Un nervio motor polo que viaxa a orde ata o órgano efector.

- Un órgano efector (por exemplo, un músculo), que ara calquera acto voluntario, por exemplo coller un 1 P lapis, é necesario que numerosos receptores como os do tacto ou a visión transmitan información a través das fibras nerviosas dos nervios sensitivos (frechas de cor verde) ata o encéfalo. lí analízanse e elabóranse sinais (frechas de cor ver2 A mella) que circulan polos nervios motores da medula espiñal ata chegar aos músculos que se vaian encargar de producir a resposta. Neste caso, mover a man e agarrar o lapis. resposta, coller o lapis, consiste en contraccións 3 A musculares que xeran un movemento non especialmente rápido, pero preciso.

102

se contrae ou relaxa de forma voluntaria para executar a resposta: coller o lapis e debuxar.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

7 Describe cun exemplo como se realiza, a nivel nervioso, un acto voluntario.

8

Ridículo. Podes aprender a usar esta chave de pensamento co recurso dispoñible en anayaeducacion.es e responde á pregunta. Que cres que pasaría se cada acto voluntario que facemos tivésemos que pensalo con palabras?


U4

Os actos reflexos Os actos reflexos son respostas rápidas, involuntarias e automáticas, controladas pola medula espiñal, que se producen en situacións de emerxencia. A información chega á medula, que elabora a resposta sen a intervención do encéfalo, polo que esta é máis rápida.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

9 Enumera as partes do sistema nervioso que interveñen nun acto reflexo.

10

Nun acto reflexo interveñen un conxunto de elementos nerviosos que reciben o nome de arco reflexo e son:

- Un receptor que recibe o estímulo; por exemplo,

Na fotografía inferior podes ver un profesional da medicina realizando unha proba do reflexo rotular, investiga para que se realiza esta proba. Existen outras probas de reflexos parecidas, busca o nome de catro delas.

os receptores da calor da pel detectan algo moi quente.

- Un nervio sensitivo que transmite o impulso ata a medula.

- Unha neurona de asociación que elabora unha orde de resposta inmediata.

- Un nervio motor polo que viaxa a orde ata o órgano efector.

- Un órgano efector, por exemplo, un músculo, que executa a resposta, é dicir, contráese e retiramos a man.

Os actos reflexos Unha información que require 1 unha rápida resposta chega aos receptores; por exemplo, que estás queimando a man.

2 Na medula espiñal xérase a resposta: retirar a man.

2

1

3 3 A resposta (retirar a man) é involuntaria, moi rápida e moi pouco precisa, xa que se leva a cabo sen a intervención do encéfalo.

103


5

A saúde do sistema nervioso

A gran complexidade do noso sistema nervioso fai que poida sufrir enfermidades de dous tipos: unhas debidas a danos orgánicos, e outras orixinadas por alteracións no seu funcionamento, enfermidades mentais.

5.1 As alteracións do sistema nervioso por causas orgánicas

Son alteracións físicas nos órganos do sistema nervioso. Algunhas delas son:

Os traumatismos causados por accidentes Son lesións na zona cranioencefálica ou na medula debidas a fortes golpes. Poden derivar en paraplexía, parálise de medio corpo, ou tetraplexía, parálise de todo o corpo. COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Describe en que consisten o alzhéimer e o párkinson.

2 Os traumatismos son os principais causantes de lesións medulares como a paraplexía e a tetraplexía. Escribe unha listaxe de polo menos cinco causas deste tipo de traumatismos e que se pode facer para previlos.

Os accidentes cerebrovasculares Son danos no tecido nervioso que se producen ao obstruírense arterias cerebrais e deixar sen osíxeno unha zona do cerebro. Destacan as hemorraxias ou as isquemias cerebrais, morte por falta de osíxeno dunha zona do cerebro.

O consumo de drogas O alcohol e outras drogas causan danos irreparables no sistema nervioso, ademais dunha forte dependencia física e psicolóxica.

As enfermidades dexenerativas Prodúcense pola perda das neuronas debido principalmente á idade. O alzhéimer produce perda de memoria e desorientación; o párkinson produce unha falta de control dos movementos do corpo.

A boccia A boccia é un deporte paralímpico que practican persoas con parálise cerebral, lesións cerebrais ou discapacidades físicas severas.

a) Busca información sobre que é a parálise cerebral. b) Na fotografía podes observar a final de boccia na categoría BC3 nas olimpíadas de Atenas en 2004 onde se enfrontaron Corea do Sur e España. Investiga que significa esta categoría e que outras existen neste deporte. c) Practicar deporte é un dos hábitos recomendados para coidar da saúde do sistema nervioso. Fai unha listaxe con outros tres hábitos saudables

104


U4

5.2 As enfermidades mentais

Un problema engadido

Son cambios no carácter e no comportamento que crean malestar emocional. Pódense deber a problemas orgánicos, a unha predisposición xenética ou a influencias sociais e ambientais. Podémolos clasificar en:

Trastornos de ansiedade Determinadas situacións poden someter o sistema nervioso a unha tensión excesiva ou estrés, que pode causar danos orgánicos. Por exemplo, orixina un estado de angustia ou medo chamado ansiedade, caracterizado por tensión muscular, alteracións do sono, aumento do ritmo cardíaco e da sudación, problemas dixestivos... As fobias, o trastorno obsesivo compulsivo ou o trastorno de ansiedade xeneralizada son algúns exemplos.

Trastornos na conduta alimentaria Son, por exemplo, a anorexia nerviosa e a bulimia:

- A anorexia nerviosa. As persoas anoréxicas au-

As persoas que padecen enfermidades mentais adoitan ter que loitar ademais contra o estigma social que este tipo de trastornos teñen asociados.

toimpóñense unha dieta de adelgazamento severa, porque se ven obesas aínda que non o sexan realmente. Nos casos graves, a persoa deixa de comer de todo, adelgaza ata o extremo e morre, porque non se decata do que lle está pasando; négao e ocúltao.

A incomprensión das enfermidades mentais ao menosprezar os seus efectos, as burlas ou o medo cara ás persoas que as padecen, a soidade e a discriminación son só algúns dos problemas que causa este estigma.

- A bulimia. As persoas que a padecen tamén adoptan dietas moi estritas de adelgazamento, pero rómpenas comendo compulsivamente. Isto créalles un sentimento de culpa, e provocan o vómito para non engordar. A bulimia é causa de graves alteracións na saúde.

Trastornos do estado de ánimo Un dos máis frecuentes é a depresión. Neste trastorno, un sentimento de tristura moi intenso e incontrolable invade a persoa afectada. Outro exemplo deste tipo de trastornos sería o trastorno bipolar.

Calcúlase que unha de cada catro persoas padecerán algún tipo de enfermidade mental ao longo da súa vida.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

3 4

Busca o significado da palabra estigma. Elixe unha enfermidade mental das que se mencionan nesta páxina e realiza as seguintes tarefas:

Estas enfermidades poden ter orixes diversas: experiencias traumáticas, trastornos hormonais (depresión posparto), predisposición xenética, etcétera.

a) Elabora unha pequena ficha na que aparezan as súas causas, os seus efectos na persoa que a padece e os seus posibles tratamentos.

Trastornos psicóticos

b) Describe os estigmas que leva asociados esta enfermidade.

Son patoloxías nas que as persoas perden o contacto coa realidade e poden sufrir delirios ou alucinacións. Os máis frecuentes son a esquizofrenia e o trastorno delirante.

c) Escribe unha listaxe de accións que poderían levarse a cabo para concienciar sobre esta enfermidade e axudar a eliminar o estigma que leva asociada. 105


6

6.1 O sistema endócrino

A coordinación endócrina

A coordinación endócrina é un mecanismo que regula, de xeito lento pero prolongado, as accións de moitos órganos do corpo. Lévaa a cabo o sistema endócrino, que está constituído por un conxunto de glándulas endócrinas, especializadas en sintetizar e segregar hormonas ao sangue. O sangue transporta por todo o organismo as hormonas, que só actúan sobre uns órganos ou células determinados, chamados diana.

As glándulas endócrinas

- A hipófise. Coñécese tamén como glándula pituitaria e encóntrase COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Describe as función da hipófise. 2 Define hormonas e explica como se distribúen polo organismo.

localizada na base do cerebro. É a glándula máis importante, xa que algunhas das hormonas que sintetiza controlan a secreción do resto de glándulas.

- Outras glándulas endócrinas son a tiroide, a paratiroide, as glándulas suprarrenais, o páncreas, os ovarios e os testículos.

3 Indica dúas glándulas das que aparecen no esquema que non teñan só función endócrina e explica que función teñen.

Algúns órganos do corpo humano, que desempeñan outras funcións, poden funcionar como glándulas endócrinas, como, por exemplo, a placenta, que sintetiza e libera proxesterona durante todo o embarazo.

As glándulas do sistema endócrino Masculinas

Femininas

Hipófise Tiroide Paratiroide Timo

Páncreas Glándulas suprarrenais

Testículos

106

Ovarios


U4

6.2 Como se realiza a coordinación endócrina A coordinación endócrina dos órganos do corpo mediante hormonas é un proceso moi complexo. As hormonas prodúcense só cando son necesarias e na cantidade adecuada. Para producir e liberar a cantidade necesaria de hormona, o sistema endócrino ten un mecanismo de regulación chamado retroalimentación, que está controlado por unha parte do cerebro chamada hipotálamo.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

4 Indica que é o hipotálamo e como controla a función da hipófise.

5 Explica a importancia que ten o mecanismo de retroalimentación.

O proceso consiste en varias etapas:

- O hipotálamo estimula a hipófise. O hipotálamo recibe un sinal e libera factores, que estimulan á hipófise para que sintetice hormonas.

- A hipófise estimula outras glándulas. A hipófise segrega hormonas que circulan polo sangue e estimulan outras glándulas endócrinas para que produzan as súas hormonas.

- As hormonas actúan sobre os órganos. As hormonas producidas nas glándulas son liberadas ao sangue e chegan aos órganos ou células diana, onde actúan.

- O aumento na cantidade de hormona detén a súa secreción. Cando a cantidade de hormona no sangue aumenta por enriba duns determinados niveis, o hipotálamo deixa de estimular a hipófise, que detén a liberación de hormonas. É dicir, a propia concentración de hormona é a que regula a súa secreción.

Hipotálamo

Así funciona o sistema endócrino Redacta un texto que explique o mecanismo de retroalimentación mostrado na imaxe.

Hipófise

RESPOSTA

ESTÍMULO Retroalimentación

Niveis altos no sangue

Estimulación Inhibición

Hormona: adrenalina

Órgano ou célula diana

107


unidade da vida: endócrina a célula 4 6 A coordinación

6.3 As hormonas Cada hormona actúa sobre un tipo determinado de órgano ou célula diana, controlando e coordinando a súa actividade. As hormonas son moi eficaces, xa que unha pequena cantidade é suficiente para exercer a súa función. A súa acción é máis lenta pero máis continuada que a dos impulsos nerviosos.

Glándula

Hormona

Función

Hormona do crecemento (SHT)

Estimula o crecemento de músculos e ósos.

Hormona antidiurética (ADH)

Regula a cantidade de auga na urina.

Gonadotropinas (FSH, LH)

Estimulan a actividade das gónadas.

Hormona estimulante da tiroide (TSH)

Estimula a actividade da tiroide.

Oxitocina

Induce as contraccións do útero para o parto.

Prolactina

Estimula a secreción de leite nas mamas.

Tiroide

Tiroxina

Activa o metabolismo celular e inflúe no crecemento e no desenvolvemento.

Paratiroide

Hormona paratiroidea

Regula os niveis de calcio e fósforo no sangue.

Glándulas suprarrenais

Adrenalina

Prepara o organismo para unha situación de perigo ou acción.

Cortisona

Regula o metabolismo dos glícidos.

Insulina

Diminúe a cantidade de glicosa no sangue.

Glicagón

Aumenta a cantidade de glicosa no sangue.

Hipófise

Páncreas

Ovarios

Estróxenos e proxesterona

Controlan o desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios. Regulan o ciclo menstrual e a ovulación. Preparan o corpo ante un posible embarazo.

Testículos

Testosterona

Controla o desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios. Regula a produción de espermatozoides.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

6 Indica que glándula e que hormona produce o organismo cando hai pouca glicosa no sangue.

108

7 Que hormona cres que é coñecida comunmente como a hormona do parto?


U4

7

A saúde do sistema endócrino

As alteracións do sistema endócrino A maior parte das enfermidades endócrinas orixínanse cando se ve alterada a produción de hormonas que produce unha glándula. Unha glándula sofre hiperfunción cando produce máis hormona do normal, e hipofunción se libera menos hormona do necesario. Algunhas enfermidades producidas por alteracións endócrinas son:

- O xigantismo e o ananismo, que se deben, respectivamente, a unha alta ou a unha baixa produción da hormona do crecemento (SHT), que ten como resultado persoas moi altas ou moi baixas.

- O hipertiroidismo prodúcese cando a tiroide aumenta o seu tamaño e fabrica demasiada tiroxina podendo provocar perda de peso ou nerviosismo.

- O hipotiroidismo, que pode deberse a falta de iodo na dieta, produce un metabolismo lento que pode levar á persoa a aumentar de peso e presentar apatía e cansazo.

- A diabete é unha enfermidade orixinada, na maioría de casos, por COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Escribe dúas alteracións do sistema endócrino que teñan que ver cun déficit hormonal e dúas cunha sobreprodución.

2

Intúo e deduzo. Aprende a usar esta técnica de pensamento en anayaeducación.es e intenta explicar como podería afectarlle unha alteración nas glándulas suprarrenais ao organismo.

un mal funcionamento do páncreas, de forma que segrega pouca insulina. Como consecuencia, prodúcese unha hiperglicemia, é dicir, un aumento do nivel de glicosa no sangue. Isto carrexa graves danos no organismo como cegueira ou insuficiencia renal. Hai hábitos que axudan a manter san o sistema endócrino, como seguir unha dieta saudable, facer exercicio físico e non consumir substancias como o alcohol e outras drogas.

Os hábitos que favorecen a saúde do sistema endócrino son seguir unha dieta saudable, evitar bebidas alcohólicas e realizar exercicio físico.

Enfermidades de cine O home que ves na imaxe chámase Richard Kiel e padecía acromegalia. Foi un actor norteamericano que se fixo famoso por interpretar, entre outros personaxes, a Jaws, un dos grandes inimigos de James Bond, en varias películas e videoxogos. a) Segundo o que podes ver na imaxe, que síntomas cres que pode ter a acromegalia? Con que hormona cres que pode ter relación? b) Busca información sobre a alteración do sistema endócrino que padecía Richard Kiel. c) Investiga se existen outros tipos de xigantismo e se están causados por alteracións do sistema endócrino.

109


8

As drogas e a drogadicción

A adicción ao xogo

Unha droga é unha substancia que altera o sistema nervioso central e que produce un estado de dependencia física e psíquica, tolerancia e graves trastornos na saúde.

A drogadicción é un grave problema social, xa que pode chegar a anular a vontade do que se droga, afectándolle gravemente á súa saúde, estudos, traballo e relacións sociais e familiares.

8.1 A dependencia A adicción ao xogo

- A dependencia física. É a necesidade de consumir a droga, para que o organismo funcione de xeito normal. A síndrome de abstinencia é un conxunto de graves trastornos fisiolóxicos que se producen cando non se lle subministra a droga a un corpo habituado a ela. Entre outros síntomas, prodúcese respiración axitada, sudación, hiperactividade e convulsións, que poden ocasionar a morte.

- A dependencia psíquica. É a necesidade de consumir a droga, para obter un estado de euforia ou pracer, ou para evitar o malestar que produce a privación. Por exemplo, a dependencia de cocaína produce cansazo extremo, ansiedade e depresión. A adicción ao xogo clasifícase dentro das chamadas adiccións sen substancia. Os datos de investigacións recentes revelan que cada vez hai máis persoas que participan en xogos con diñeiro tanto fisicamente como en liña. Este aumento é especialmente importante en persoas novas onde as patoloxías relacionadas co xogo tamén aumentaron. Contestade as seguintes preguntas relacionadas coa adicción ao xogo: a)

110

A tolerancia é a diminución dos efectos desexados debido ao uso continuado dunha droga. Como consecuencia, vaise requirindo un aumento da dose para conseguir os mesmos efectos. A sobredose acontece cando se toma unha cantidade que o corpo non pode asimilar, pode chegar a ser mortal.

Folio xiratorio. Investigade cales son os problemas de saúde que ocasiona a adicción ao xogo.

b) Elaborade unha listaxe de actividades sen substancia que poidan transformarse nunha adicción. Como credes que unha persoa chega a volverse adicta a substancias ou actividades? c)

8.2 A tolerancia

Deseñade unha campaña de información sobre os riscos da adicción ao xogo destinada a concienciar persoas novas.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Define droga e drogadicción. 2 Explica que é a síndrome de abstinencia e en que se diferencia da dependencia psicolóxica.

3 Indica que é a tolerancia ás drogas e razoa cal é a súa relación coa sobredose.


U4

8.3 Tipos de drogas e trastornos na saúde

As drogas pódense clasificar segundo o seu mecanismo de acción en:

- Depresoras. Por exemplo, o alcohol ou os tranqui-

O alcohol: a droga máis perigosa Adicción Perda de memoria

lizantes. Frean a transmisión nerviosa producindo relaxación, somnolencia, alteración da percepción e mesmo coma.

- Narcotizantes. Por exemplo, o opio, a morfina e a heroína. Utilízanse para calmar a dor e producen sono e estupor. Xeran unha forte dependencia que é difícil de superar.

- Alucinóxenas. Por exemplo, o cannabis ou LSD. Alteran a transmisión nerviosa, modificando a percepción da realidade e provocando ilusións visuais ou auditivas (alucinacións).

Trastornos na saúde As drogas danan a saúde xa que lle afectan ao cerebro e á transmisión do impulso nervioso. Os principais danos que causan son:

- Danos no sistema nervioso, que provocan graves trastornos psicolóxicos como perda de memoria, depresión, ansiedade ou esquizofrenia.

- Danos noutros aparatos ou sistemas, como a hepatite, que produce o alcohol; o cancro de pulmón, que produce o tabaco; ou as arritmias, que produce o cannabis.

- Trastornos do comportamento, que dan lugar a

Demencia alcohólica

Psicolóxicos

- Estimulantes. Por exemplo, a cocaína, a nicotina, as anfetaminas ou a cafeína. Activan a transmisión nerviosa producindo sensación de euforia e diminución da fatiga e do sono.

Dificultades cognitivas

OS PERIGOS DO ALCOHOL Morte por sobredose

Delírium tremens

Físicos

Accidentes de tráfico

Gastrite Úlcera gastroduodenal

Enfermidades cardíacas

Cancro Cirrose O alcohol é unha droga perigosa e aditiva. O seu consumo excesivo pode ocasionar danos irreversibles no sistema nervioso, especialmente no dos mozos. Segundo un estudo realizado pola revista médica The Lancet trátase da droga máis perigosa polos danos que lles causa aos seus usuarios e ás persoas que teñen ao seu arredor. É importante ter isto presente en situacións nas que a presión social dun grupo induce ao consumo incontrolado de bebidas alcohólicas.

Coñece os efectos das drogas

problemas familiares e laborais, actos delituosos ou condutas agresivas.

Elixe unha droga legal e unha droga ilegal e recompila sobre elas a seguinte información:

- Alteracións na percepción da realidade e na res-

•P equeno resumo histórico do uso, da orixe e da forma de consumo da substancia.

posta motora, que provocan accidentes de tráfico ou laborais.

- Hai que ter en conta, ademais, os efectos daniños das substancias que se utilizan para adulterar as drogas, moitas delas moi tóxicas e sen ningún tipo de control sanitario. É importante ter en conta que, a pesar de que os danos máis graves adoitan producirse en persoas que fan un uso continuado das drogas, un uso puntual tamén pode causar danos irreversibles.

•E fectos na saúde distinguindo entre consumo a longo prazo e reaccións agudas. • Efectos psicosociais da adicción á substancia. •D atos estatísticos sobre o consumo e defuncións asociadas en España. Unha vez recompilados os datos elabora un produto audiovisual no que reflictas toda a información reunida.

111


9

A execución da resposta. O aparato locomotor

9.1 O sistema esquelético O sistema esquelético fórmano os ósos do esqueleto e as articulacións. As súas funcións son:

- Soster o corpo. - Protexer os órganos vitais. - Ser o lugar onde se fixan os músculos. - Fabricar células sanguíneas.

As radiografías

- Ser unha reserva de calcio e fósforo. Os ósos Os ósos son estruturas ríxidas formadas externamente por tecido óseo compacto e internamente por tecido óseo esponxoso. A rixidez dos ósos débese á presenza de sales de calcio. Segundo a forma que presentan, os ósos clasifícanse en ósos longos, como o fémur; curtos, como as vértebras ou os ósos do pulso; e planos, como os ósos que forman o cranio.

Para realizar radiografías aplícanse raios X á parte do corpo que se queira observar. Os raios X son un tipo de radiacións que son capaces de traspasar algúns materiais sólidos cuxos átomos teñan números atómicos baixos. Podemos ver os ósos nas radiografías debido a que ao estaren formados por calcio, un elemento cun número atómico elevado, os raios X son absorbidos por eles. O que vemos na radiografía é o contraste entre o que poden atravesar os raios X e o que non.

Os ósos longos teñen dúas rexións: os extremos, ou epífise, e a parte central, ou diáfise. O tecido esponxoso das epífises está recheo de medula ósea vermella, cuxa función é formar células sanguíneas. A diáfise, de tecido compacto, deixa unha canle interna rechea de medula ósea amarela, formada por tecido adiposo.

As articulacións Son as zonas de unión entre os ósos. Poden ser:

- Fixas. Son articulacións sen movemento, como sucede coas dos ósos do cranio.

- Semimóbiles. Permiten un movemento limitado entre os ósos, como acontece coas vértebras, entre as cales existen discos de tecido cartilaxinoso, máis elástico e brando.

- Móbiles. Permiten movemento dos ósos en todas

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

1 Indica como poden clasificarse os ósos segundo a súa forma poñendo dous exemplos en cada caso.

2 Debuxa un esquema dun óso longo indicando que é a epífise e que é a diáfise.

3 Enumera os tipos de articulacións e explica brevemente a súa estrutura.

112

as direccións. Por exemplo, as do xeonllo ou do pulso. As zonas de contacto entre os ósos están recubertas por tecido cartilaxinoso e polo líquido sinovial, que evita o rozamento. Nestas articulacións, os ósos únense mediante ligamentos.

Os ósos dos bebés Cando nacemos, non todos os ósos se encontran calcificados; os do cranio, por exemplo, están formados por cartilaxe para que sexan máis flexibles e facilitar o parto. Os ósos vanse calcificando pouco a pouco ata chegar á idade adulta.


U4

O esqueleto humano

As articulacións Fixas: ósos do cranio

Mandíbula Clavícula

Omoplata Esterno Articulación fixa

Úmero

Costelas

Semimóbiles: as vértebras

Columna vertebral

Ilio

Disco cartilaxinoso

Cúbito Radio

Carpo Pube Metacarpo

Falanxes

Isquion

Fémur Vértebras Rótula

Tibia

Móbiles: os cóbados

Peroné

Úmero Radio

Falanxes

Tarso Metatarso

Ligamentos

Cúbito

113


unidade dada vida: resposta. a célula 4 9 A execución O aparato locomotor

O movemento do brazo

9.2 O sistema muscular O sistema muscular fórmano os músculos e os tendóns. Dos tres tipos de músculos existentes, esquelético, cardíaco e liso, só os músculos esqueléticos forman parte do aparato locomotor. O noso corpo conta cuns 400 músculos que constitúen preto do 40 % do peso do organismo. As funcións do sistema muscular son:

O brazo esténdese

- Producir movemento, cando os músculos se contraen e tiran dos ósos.

- Manter a postura do corpo mediante o ton muscu2 O tríceps está unido ao óso por un tendón e tira del. O brazo estírase.

lar, que son pequenas contraccións que fan que o corpo permaneza na súa posición.

- Producir calor. A contracción muscular produce a maior parte da calor necesaria para manter a temperatura corporal.

Os músculos e os tendóns

1 A través dun

nervio, chega unha orde ao tríceps e este contráese.

Os músculos esqueléticos están formados por feixes de fibras musculares reunidas en fascículos. As fibras, ou células musculares, son cilíndricas e alongadas. Cada músculo está rodeado por unha capa de tecido conxuntivo, que se prolonga formando estruturas moi resistentes, chamadas tendóns. Estes úneno fortemente aos ósos, á pel ou a outro músculo.

O brazo dóbrase

Pola súa forma, os músculos poden ser:

1 A través dun nervio,

chega unha orde ao bíceps e este contráese.

- Fusiformes, con forma alongada e máis estreita nos extremos, como, por exemplo, o bíceps.

- Planos, tan anchos como longos, como, por exemBíceps

plo, os peitorais.

- Circulares, como os músculos orbiculares que abren e pechan os labios.

A contracción muscular

- Os movementos do corpo son o resultado da con2 O bíceps está unido ao óso por un tendón e tira del. O brazo dóbrase.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

4 Enumera as funcións do sistema muscular. 5 Explica como se produce a contracción muscular. 114

tracción dos músculos, ao actuar sobre os ósos e as articulacións.

- Cando un músculo recibe un impulso nervioso, acurta as súas fibras e contráese. Isto provoca un movemento nos ósos aos que está unido, facendo que se acheguen, se separen ou xiren. Xeralmente, os músculos esqueléticos forman parellas de función antagónica, ou contraria, de forma que cando un se contrae, o outro reláxase. Por exemplo, cando o bíceps se contrae e o tríceps se relaxa, prodúcese a flexión do brazo.


U4

A musculatura humana

Temporal

Orbicular

Maseter Esternocleidomastoideo

Trapecio

Deltoides

Peitoral

Tríceps Serrato

Bíceps

Abdominais

Costais Dorsal

Glúteo Oblicuo Adutor Sartorio

Cuádriceps

Semitendinoso

Bíceps femoral

Semimembranoso

Tibial anterior

Xemelgos

Tendón de Aquiles

115


10

10.1 A saúde do aparato locomotor

A execución da respuesta e a saúde

As enfermidades que afectan o aparato locomotor son moi frecuentes na poboación e diminúen considerablemente a calidade de vida de moitas persoas.

A saúde dos ósos e das articulacións As enfermidades máis frecuentes no sistema esquelético son:

- A osteoporose. Caracterízase pola diminución da densidade do teA rotura de cadeira

cido óseo, o que provoca unha maior fraxilidade dos ósos.

- A artrite. É a inflamación do tecido cartilaxinoso que forma as articulacións. Produce dor e, a longo prazo, deformacións no tecido.

- As fracturas. Son roturas totais ou parciais do óso. Prodúcense xeralmente como consecuencia de traumatismos, debidos a golpes e accidentes. En ocasións, a fraxilidade dos ósos, debida a outras enfermidades, pode ser a orixe da fractura.

- As luxacións. Teñen lugar cando os ósos saen das articulacións, producindo dor e dificultando a súa mobilidade.

- As roturas de cartilaxes nas articulacións, debidas, xeralmente, a traumatismos.

A saúde dos músculos As principais enfermidades do sistema muscular son: As fracturas de cadeira son unha das lesións óseas máis graves que poden sufrir persoas de avanzada idade, xa que supoñen unha importante diminución da súa calidade de vida. Un dos tratamentos supón o implante de próteses como a que ves na imaxe.

- As contracturas musculares. Son contraccións excesivas e involuntarias dos músculos, debidas xeralmente a un esforzo.

- As escordaduras. Son estiramentos ou torsións dos ligamentos, que causan dor e inflamación.

- As tendinites. Son inflamacións dos tendóns. - As roturas fibrilares, debidas, xeralmente, a traumatismos.

Oso sá

Óso san Oso con osteoporose

Óso con osteoporose

A osteoporose Describe en que consiste a alteración ósea que podes observar na imaxe e investiga sobre as súas causas e cales son os factores de risco para desenvolvela.

116


U4

10.2 Os hábitos saudables para o aparato locomotor

A maior parte das enfermidades do aparato locomotor pódense previr adoptando hábitos saudables. Algúns deles son:

- Levar unha alimentación sa e equilibrada. A nosa dieta debe achegar os minerais necesarios para o correcto funcionamento dos músculos e para conservar a fortaleza dos ósos. Unha dieta sa prevén o exceso de peso, que pode sobrecargar o noso esqueleto.

- Proporcionar o descanso necesario ao noso organismo, practicando estiramentos e exercicios de relaxación tras unha actividade física e durmindo suficientes horas de sono.

- Adoptar posturas correctas, que proporcionan descanso aos nosos ósos e músculos e evitan as sobrecargas.

- Realizar exercicio físico regular, que favorece o desenvolvemento dos músculos e aumenta a resistencia dos ósos.

Ao sentarse

Evita sentarte no bordo do asento.

Todos os traballos teñen asociados riscos para a saúde, moitos deles asociados ao aparato locomotor e, concretamente, aos relacionados con hábitos posturais e de movemento. Propoñémosche que elixas unha profesión e descubras cales son os riscos laborais asociados a esa profesión así como as medidas obrigatorias e recomendadas para evitalos.

Ao camiñar

Mantén as costas erguidas e apoiadas no respaldo.

Evita as posturas relaxadas da columna.

Mantén a cabeza e o tórax ergueitos.

Consellos para adoptar posturas correctas

Ao coller peso

Evita flexionar a columna coas pernas estendidas.

Prevención de riscos laborais

Dobra os xeonllos, non as costas.

Comprobamos. Elixide cada un unha postura que adoptedes habitualmente que sexa incorrecta, pode ser na clase ou na casa, quietos ou en movemento. Pensade, a continuación, en como deberiades realizala de forma correcta. Ensinádelles a postura e a corrección que pensastes aos vosos compañeiros e compañeiras e contrastade as vosas opinións.

117


Organiza as ideas

Interpreta imaxes

1

3 Observa a imaxe e responde:

Mapa conceptual de araña. Completa no teu caderno os espazos baleiros do seguinte mapa conceptual. Aprende a facer mapas conceptuais co recurso dispoñible en anayaeducacion.es.

3

1

A función de relación Receptores internos: ? Receptores externos: ? Órganos dos sentidos: ?

Sistema endócrino ? – – Hormonas

Os receptores

Sistema esquelético ? – – Articulacións Sistema nervioso Sistema muscular S. N. central ? – ? – – Tendóns ? – S. N. periférico As glándulas ? – ? – Os efectores

2

4

a) Que tipo de receptores se representa no esquema? b) En cal dos sentidos interveñen?

Os centros coordinadores

Fai un resumo 2 Elabora o teu propio resumo da unidade seguindo este guión:

c) Que tipo de estímulo capta cada un destes receptores?

4 Observa o proceso representando na imaxe e contesta: 2

• Define función de relación e enumera os proce-

1

sos mediante os cales se realiza.

• Explica como se leva a cabo a recepción dos estímulos.

• Describe os órganos dos sentidos e a súa función.

3

• Define neurona e explica como se transmite o impulso nervioso.

• Realiza un esquema do sistema nervioso central e periférico, indicando as súas partes e funcións principais.

• Compara o funcionamento do sistema nervioso nos actos voluntarios e nos actos reflexos.

• Nomea as glándulas endócrinas e explica como realizan a coordinación.

• Nomea as funcións dos sistemas esquelético e muscular.

• Clasifica os ósos e os músculos e nomea os principais do corpo humano.

• Define articulación e explica como se produce a contracción muscular.

• Nomea os hábitos saudables para os órganos dos sentidos, o aparato locomotor e os sistemas nervioso e endócrino.

118

a) A que tipo de acto corresponde? b) Que órgano de coordinación intervén neste proceso? c) Redacta un pequeno texto explicativo para cada unha das etapas deste proceso indicadas na ilustración.

5 Que anomalía da visión se observa nesta imaxe? Explica a que se debe e como se pode corrixir.


Recorda seleccionar o material de traballo desta unidade para o teu portafolio.

Aplica

Avanza

6 Indica que parte do ollo é a responsable de:

13 O nivel de glicosa no sangue, glicemia, é regulado por dúas hormonas producidas polo páncreas: a insulina e o glicagón.

a) Enfocar a imaxe. b) Conter os conos e bastóns.

Nivel baixo de glicosa.

c) Protexer a córnea.

Nivel alto de glicosa.

d) Regular o paso da luz.

7 Por que un constipado pode provocar unha infec-

Páncreas

ción de oído?

8 Ao tomar un medicamento con sabor desagradable, moitas veces tapamos o nariz; por que?

9 Establece as diferenzas entre: a) Miopía e astigmatismo.

Glicagón segregado polas células do páncreas.

b) Epífise e diáfise dun óso. c) Tendón e ligamento.

Insulina segregada polas células do páncreas.

Restablécense os niveis normais de glicosa no sangue.

d) Escordadura e luxación. e) Dendrita e axón.

10 Clasifica e nomea: a) Os receptores segundo o estímulo que captan. b) As articulacións segundo a capacidade de movemento. c) As neuronas segundo a función que realizan. d) As drogas segundo o tipo de acción.

11 Razoa por que unha persoa pode morrer se leva

O fígado descarga glicosa no sangue.

As células toman glicosa do sangue.

a) Observa o esquema e redacta un texto no que expliques como ten lugar a regulación da glicemia no sangue. b) Que enfermidade aparece cando o organismo perde a capacidade de xerar insulina?

un golpe na caluga.

12 Explica que tipo de sistema nervioso autónomo actúa ante unha situación de perigo e por que.

REFLEXIONA Nesta primeira unidade puxémonos na pel dunha persoa que sufriu un accidente de tráfico con posibles consecuencias permanentes. Comprendemos o importante labor dos órganos dos sentidos e a importancia de manter o bo estado do noso sistema nervioso. Reflexiona sobre a túa aprendizaxe completando o cuestionario e a rúbrica dispoñibles en anayaeducacion.es. Aspectos

Totalmente conseguido

Bastante conseguido

Conseguido

Case conseguido

Son capaz de explicar coas miñas palabras o que significa a función de relación e a súa importancia para a vida. …

PON A PROBA AS TÚAS COMPETENCIAS Realiza a autoavaliación competencial incluída en anayaeducacion.es.

119


© GRUPO ANAYA, S.A., 2022 - C/ Juan Ignacio Luca de Tena, 15 - 28027 Madrid. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.