Catálogo Leopoldo Nóvoa 30 09 2016

Page 1


LEOPOLDO NÓVOA “Presenza da materia”

Del 30 de septiembre al 30 de octubre, 2016

Galeria Montenegro c/ Marqués de Valladares, 37 36201 VIGO

Telf. 986430744 . 629257717 www.galeriamontenegro.com

Horario: de Lunes a Viernes de 11 a 14 h. y de 17 a 21 h. Sábado: de 11 a 13,30 h. . Tardes previa cita

info@galeriamontenegro.com


LEOPOLDO NÓVOA . PRESENZA DO MATÉRICO.

Fillo de nai galega e pai diplomático uruguaio, Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919- París, 2012) fixo con sete anos a súa primeira viaxe a América e tres anos despois regresou a Galicia. Ao producirse a sublevación franquista do 18 de xullo de 1936 trasladouse ao Porto coa familia, xa que o pai, cónsul do Uruguai, foi expulsado de España. En 1938 emigrou ao Uruguai, onde se vinculou con Joaquín Torres García, cuxa pegada é visíbel na primeira etapa da súa obra pictórica. Pasou a súa mocidade en Montevideo onde fundou a revista de cultura Apex, con Carlos Maggi e outros artistas e intelectuais uruguaios. Nela participaron, entre outros, Joaquín Torres García, Juan Carlos Onetti e Juana de Ibarbourou. En Buenos Aires, onde viviu entre 1948 e 1957, coñece o traballo de Lucio Fontana que tivo moita influencia na súa obra, así como de intelectuais e artistas galegos exiliados como Rafael Dieste ou Luís Seoane. A partir de 1957 estableceuse en Montevideo, até a súa marcha a París, en 1965, da man do crítico Michel Tapié, que quedou impresionado co seu xigantesco mural do Estadio Luis Tróccoli, en Montevideo. Nestes anos comeza tamén unha estreita amizade con Jorge Oteiza, que chegou a prologarlle a súa exposición no Centro de Artes y Letras e a súa obra impresiona vivamente a Julio Cortázar, que escribiu un relato sobre o seu traballo e ao pintor asturiano exiliado Orlando Pelayo, amigo de André Camus. Nóvoa fundou con varios pintores uruguayos e arxentinos o Espacio Latinoamericano. En 1974 fixo a súa primeira exposición na galería Edouard Loeb, que sería o seu galerista durante moitos anos.


O desenvolvemento da pintura de Leopoldo Nóvoa manifestou ao longo de toda a súa rica traxectoria vital e creativa a enorme coherencia do seu traballo e non deixou de testemuñar a profunda unidade conceptual que o conxunto da súa obra posúe. Unha ollada panorámica ao traballo do noso pintor permite percibir como nel foron agromando as sutís variacións ás que o pintor foi sometendo cada unha das súas obras, o que constitúe unha das maiores virtudes da súa pintura. A súa obra salienta pola tridimensionalidade, patente desde os anos setenta, cando o pintor se apropia dela, meditando sobre o espazo desde unha abstracción purísima en que a cor e a luz adquirían unha potencia envolvente. Se en principio o seu labor desta altura podía facer pensar en Lucio Fontana, o singular tratamento cromático e lumínico do galego singularizou axiña o seu estilo, en que progresivamente a rugosidade foi gañando terreo. Nos traballos que realizou a partir de mediados dos setenta e durante os oitenta, o matérico atinxiu un peso substancial, sen que iso chegase a supor unha renuncia a esa preocupación pola tridimensionalidade e a luz. A sensación que producen as pinturas desta altura é a dunha vontade de acoutamento e definición do espazo, elaborado en sutís contrapostos e en ocasión facendo que toda a tensión se nuclee arredor dun punto de particular intensidade. Do mesmo xeito a reflexión sobre as formas abertas e pechadas, os equilibrios e pesos protagonizan moitas das obras en que o xogo de forzas e as tensións aparecen como auténticos definidores de realidade espacial, adquirindo todo o protagonismo sobre a superficie pictórica.


Nos traballos de grande formato, a súa monumentalidade unida á intensidade matérica, sitúa as obras máis próximas á concepción muralística, lémbrese que Nóvoa realizou algúns murais de enorme carga monumental e calidade como o xa citado do Estadio del Cerro no Uruguai ou o da Canteira de Santa Margarida na cidade d'A Coruña. Leopoldo Nóvoa sempre traballou as superficies con fruición material, mais ao tempo cunha actitude de pureza ascética semellante a algúns dos grandes cultivadores da natureza morta como Sánchez Cotán ou Lubin Baugin, no século XVII; ou Giorgio Morandi no XX; a semellanza non estaría no tema senón na actitude, no ascetismo e no respecto pola economía material e a sólida esencialidade formal. Particular suxestión ten o uso que fai o noso pintor das cordas, arames e fíos, utilizados na delimitación espacial, como referentes da tensión, das forzas vivas, para os que chegou mesmo a crear unha particular linguaxe ao intitulalos "mecates", usando unha voz da lingua nahua mexicana, en que esta palabra significa corda. Este singular uso da corda foi destacado polo grande escritor Julio Cortázar, que nun texto sobre o pintor pontevedrés presentábanolo como un "buscador de terras incógnitas", co misterio dese nó que abre o paquete descoñecido que é a vida. O informalismo matérico de Nóvoa máis que símbolos o que representa son signos, signos de vida e de existencia. Os trazos e as pegadas estampados na superficie negan á materia toda a amplitude do espazo, reforzando a sensación de territorio limitado. Mais estamos perante unha pintura viva, ás veces mesmo lañada polas feridas do mundo, mais pintura sempre para gorentar. Ao tempo, tamén é unha pintura que non permite deixar de pensar, ben pola contra, favorece a reflexión. Emoción e razón sabiamente dosificadas, velaí a capacidade de comunicación que o conxunto da obra plástica de Leopoldo Nóvoa nos ofrece.

Carlos L. Bernárdez


“Espace blanc á 3 reliefs” París 1971 T. mixta/lienzo 51 x 101 cm.


“Sin título” 1973 T. mixta/madera 15 x 21 cm.


“Espace sable ocupé” París 1976 T. mixta/lienzo 121 x 150 cm.


“Relief á 2 carrés” París 1976 T. mixta/lienzo 61 x 50 cm.


“Divertimento nº 5” 1980 T. mixta/tabla 30 x 24 cm.


“Divertimento nº 6” 1981 T. mixta/tabla 24 x 29 cm.


“Relief oblique á tache noire” 1983 T. mixta/lienzo 50 x 50 cm.


“Dominante vertical con 5 relieves y forma roja� Armenteira 1985 T. mixta/lienzo 100 x 81 cm.


“Sin título” 1987 T. mixta/cartulina-tabla 13 x 22 cm.


“Sin título” 1989 T. mixta/ 20 x 20 cm.


“Sin título” 1990 T. mixta/cartulina 20 x 20 cm.


“Sin título” 1990 T. mixta/cartulina 20 x 20 cm.


“Sin título” 1993 T. mixta/lienzo 26 x 23 cm.


“Relieve cruzado con madera quemada� Armenteira 1993 T. mixta/lienzo 192 x 130 cm.


“Alambres cruzados” 1993 T. mixta/cartulina 95 x 71 cm.


“Ventana” 1993 T. mixta/cartulina 71 x 95 cm.


“Relief rouge” 1994 T. mixta/lienzo 100 x 81 cm.


“Sin título” Armenteira 1996 T. mixta/cartulina-tabla 18 x 29 cm.


“Sin título” 1998 T. mixta/tabla 14 x 23 cm.


“Sin título” París 1999 T. mixta/lienzo 74 x 54 cm.


“Sin título” 1999 T. mixta/madera 23 x 14 cm.


“Sin título” Armenteira 2001 T. mixta/madera 75 x 55 cm.


“Gran forma con relieves y trazo negro” 2003 Técnica mixta/lienzo 50 x 100 cm.


“Sin título” 2006 T. mixta/cartón 41 x 61 cm.


“Relief perfore au clou roville” París 2008 T. mixta/lienzo 61 x 81 cm.


“Double espace avec reliefs et creux” París 2008 T. mixta/lienzo 75 x 55 cm.


“Sin título” 2009 T. mixta/cartón 41 x 61 cm.


“Sin título” París 2009 T. mixta/lienzo 83 x 102 cm.


“Sin título” Armenteira 2010 Obra/papel 79 x 99 cm.


Obra grรกfica original


“Sin título” Aguafuerte 47/60 81 x 56 cm.


“Sin título” EA IX/X Aguafuerte 100 x 70 cm.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.