José Frau

Page 1



JOSE FRAU (1898-1976) “Paisaje con figura” Del 25 de abril al 30 de mayo de 2017

Galeria Montenegro c/ Marqués de Valladares, 37 36201 VIGO

Telf. 986430744 . 629257717 www.galeriamontenegro.com

Horario: Lunes a Viernes de 11 a 13,45 h. y de 17 a 20,30 h. Sábado: previa cita

info@galeriamontenegro.com



PAISAXE CON FIGURA. A PINTURA DE JOSÉ FRAU A pintura de José María Isidro Frau y Ruiz (Vigo, 1898-Madrid, 1976) cómpre entendela desde o seu contexto formativo no Madrid dos anos dez e vinte, onde estuda na Academia de Bellas Artes de San Fernando, sendo discípulo de Muñoz Degrain . Mais, sobre todo, o feito que marcará a súa adscrición á modernidade é a integración, a mediados dos vinte, na Sociedad de Artistas Ibéricos, xunto a Benjamín Palencia, Pancho Cossio, Salvador Dalí, Arturo Souto ou Gutiérrez Solana. Debemos lembrar que as mostras de Los Ibéricos supoñen a incorporación á chamada Arte Nova do contexto estético español desde unha afinidade fonda coa arte da Europa de entreguerras e desde parámetros moderadamente modernizadores. Máis tarde, Frau atinxe a época de madurez plástica que culminará coa súa marcha a América, vivindo trinta años de esplendor profesional en diferentes países, principalmente en México, onde mantén estreita relación cos grandes muralistas mexicanos.


Tendo como base unha formación figurativa, as obras de Frau distínguense pola emancipación dos esquemas compositivos e debuxísticos tradicionais e un tratamento que o liga, no seu punto de partida, á estética do realismo máxico que se impón en moita arte europea desde mediados dos anos vinte. Na súa evolución, a obra de Frau toca temas moi diversos -paisaxísticos, escenas de interiores con figuras- cun marcado gusto polas escenas marxinais, tratadas cunha inclinación que deixa sentir a marca da Nova Obxectividade alemá e á vez un certo decorativismo Art Déco. En ocasións, achégase a unha estética poscubista, como en Puerto de la Boca. Buenos Aires (c. 1938), con tonalidades luxadas, que lembran tamén a pintura italiana do Novecento. O cadro presenta unha paisaxe portuaria e desolada coa contrastiva presenza do nu feminino, un universo que nos transporta á inequívocas referencias da figuración de dominante dos anos vinte e trinta. Tamén se pode percibir este mesmo espírito en obras posteriores como Puerto de Buenos Aires (1955).


Frecuentemente presenta figuras en espazos naturais, como parte dunha ambientación ou decorado, a xeito de posta en escena, conformando escenografías con evocacións clasicistas, un mundo etéreo entre o enigma e o misterio (Siesta, s/d). En óleos como este, Frau incorpora uns motivos e fórmulas moi de moda en Europa. Convén ter en conta que as melancólicas figuras de ecos clásicos poden ser entendidos como un síntoma que traduce unha inquedanza fronte á representación. Cómpre lembrar que a influencia da pintura italiana é indiscutíbel nesta altura, un aspecto que poucos anos antes xa sinalaba Franz Roh no seu influínte libro Realismo máxico. Post expresionismo. No caso do noso artista este ecos van ser permanentes na súa obra. Outro dos temas recorrentes da obra de Frau é o ambiente de escenas de teatro, cabaré ou prostibulares, que en ocasións semellan remitir a Solana co seu mundo sórdido e tópico, por exemplo en Barrio gótico, Barcelona, mais que noutras como en Los novios (1953); En el teatro; Enamorándose ou En la taberna lembran o mesmo ambiente de pinturas da súa xeración, como por exemplo as do tamén galego Arturo Souto. A diferencia deste, en xeral, en Frau hai unha visión menos tráxica e dramática.


Son habituais nel as composicións de interiores con figuras, como se pode observar en múltiples óleos, acuarelas e tintas que presentan os seus característicos estudos a partir de modelos femininos, en que a súa linguaxe pictórica amosa a proximidade á tradición francesa, especialmente cando estas figuras se captan na intimidade, e en que o ollar do pintor é o do voyeur. Son obras que delatan, na súa linguaxe pictórica e nas escenas representadas, o coñecemento da pintura de Pierre Bonnard. Como no pintor francés Frau presenta unhas escenas con figuras femininas na intimidade, cunha notábel preocupación pola composición e o efecto lumínico. Representativas desta captación da muller son obras como El repaso. Outro importatnte núcleo da súa obra é o da paisaxe. Frau constrúe a paisaxe desde unha captación esencialista, peneirada polos movementos europeos máis vangardistas, e reinterpreta a natureza dun xeito atrevido e expresivo, que reflicte as súas respostas persoais a elementos visíbeis e ao tempo manifesta a súa inserción nun ambiente estético claramente epocal.


O paisaxismo de Frau foxe da captación característica do rexionalismo naturalista, marcando distancias con el, sometendo os mesmos motivos da pintura da xeración anterior (paisaxe rural con labregos e animais ou escenas clasicistas) e os novos (paisaxe urbana) a un proceso de estilización, produto da contemplación estética da realidade. Xa non se achega aos temas cunha concepción substancializante do cromatismo, senón que parte dun sutil subxectivismo. Aos ollarmos estas paisaxes sentimos que a verdadeira realidade non está no obxecto mesmo, senón na visión persoal do obxecto, na fluída e inconsistente impresión que suscita el en nós. A vía seguida polo artista nas súas paisaxes é a que sintetiza diferentes influxos da arte europea de entreguerras. Exemplos perfectos son as obras realizadas en México como o espectacular Jardines de Chapultepec ou Paisaje en México (c. 1974). Son óleos que amosan influencias diversas, mais coa indubidábel pegada do paisaxismo posimpresionista. Frau estende as cores de xeito compacto, creando atractivos reflexos a tendendo a formas simples e sintéticas que lle dan ás paisaxes un suxestivo ambiente vitalista, todo realizado cunha vigorosa resolución plástica dos motivos paisaxísticos e cun acorde de cores de enorme calidade. Na maioría destas obras o artista crea ritmos curvilíneos de contido dinamismo.


O pendor expresionista, aínda que matizado, tamén é ben evidente, en especial nas paisaxes con figuras de claro sentido antropolóxico, como Mula. Mais Frau, na súa procura estilística, acode tamén ás fontes clasicistas, aspecto fundamental para entender a construción e o equilibrio das súas escenas de figuras. Son obras que transmiten unha consciencia da condición moderna, nas que percibimos que o clasicismo non é unha simple volta ao pasado senón unha reformulación do ideal clásico. Nestas obras, as fontes cezannianas son fundamentais e de aí aprende o noso pintor a maneira de situar a figura na paisaxe: Mujeres en el baño (1950). A esta lección vai permanecer sempre fiel e será alicerce das súas fecundas e sutís variacións formais. Como a Cezanne ou ao primeiro Matisse, a Frau semella interesarlle o sentido plástico e unha certa monumentalidade que transmite a impresión de algo tanxíbel. O Frau de temas clasicistas, preocupado pola análise da figura en relación coa paisaxe, segue, xa que logo, o ronsel dese Cezanne que, en palabras de Pierre Bonnard, era “o pintor máis poderosamente armado perante a natureza”.


No noso artista, a través da natureza ponse de manifesto unha orde que non é exactamente “a natureza” mais que está nela, algo tamén evidente no seu paisaxismo puro. O conxunto da pintura de José Frau será fiel a estes presupostos, coa presenza da paisaxe e da figura semetidas a sutís variacións mais sempre fiel aos principios formativos do artista que son os da revisión da tradición desde unha modernidade atemperada e atemporal.

Carlos L. Bernárdez


“Puerto de la Boca, Buenos Aires” c. 1947 Óleo/lienzo 92 x 92 cm.



“Mujeres en el baño” 1950 Óleo/lienzo 81 x 95 cm.



"Jardines de Chapultepec“ c. 1951 Óleo/tablex 211 x 366 cm.



“Puerto de Buenos Aires” 1955 Óleo/tabla 43 x 34 cm.


"


“Mula” Óleo/tablex 127 x 188 cm.



"En el teatro" Acuarela 50 x 68 cm.



“Paisaje” Óleo/tabla 26 x 30 cm.



"El gran circo" Acuarela 50 x 70 cm.



"Paisaje en México" c. 1974 Acuarela 50 x 70 cm.



"Arco en la calleja" 1970 Ă“leo/lienzo 92 x 73 cm.



"Bodegรณn en el estudio" ร leo/lienzo 116 x 89 cm.



"El repaso“ Óleo/tabla 42 x 65 cm.



“Calma tras la tormenta” c. 1970 Óleo/lienzo 81 x 100 cm.



"Árbol rojo" Óleo/lienzo 92 x 92 cm.



"Barcas en la rivera" Óleo/tabla 85 x 91 cm.



"Amplios horizontes" Ă“leo/lienzo 65 x 81 cm.



“Rincón de Olmeda" Óleo/lienzo 33 x 46 cm.



"Bodegรณn con flores" ร leo/lienzo 65 x 81 cm.



"Campesino" Óleo/tabla 113 x 43 cm.



"Conversando" Ceras 24 x 30 cm.



“En la taberna” Acuarela 50 x 68 cm.



"San Agustín" Óleo/tablex 122 x 46 cm.



"San Francisco" Óleo/tablex 122 x 46 cm.



“Siesta” Óleo/tablex 50 x 60 cm.



“Paisaje con casita” Óleo/tabla 30 x 23 cm.



"Barrio gótico, Barcelona“ c. 1971 Acuarela 70 x 50 cm.



“Enamorándose” Acuarela 51 x 68 cm.



“Bodegón con figura” Óleo/tablex 90 x 92 cm.



“Paisaje” Óleo/lienzo 50 x 61 cm.



“Paisaje” Acuarela 50 x 68 cm.



“Mujer” México 1954 Óleo/tablex 59 x 59 cm.



“El zapatero” Óleo/lienzo 73 x 60 cm.



“Procesión” 1953 Porcelana 32 x 32 cm.



“Los novios” 1953 Porcelana 32 x 32 cm.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.