Programas Educativos e Familiares Curso 2020/21

Page 1

Curso 2020/2021

Guía de Programas de Prevención e Educación para a Saúde Ámbito escolar e familiar R/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) 36780 A Guarda - Pontevedra 986 614 407 / 640 086 376 http://www.erguete.org/

@erguetebaixomino

info@erguete.org

@erguetebm


SAÚDE NA ESCOLA” – Pautas educativas para o fomento dunha vida saudable e de prevención de condutas aditivas Descrición É un Programa que se desenvolve na Comarca dende o curso 1994-95 e que se sustenta na aplicación na aula duns contidos curriculares transversais axeitados para reforzar uns hábitos saudables dende a primeira infancia ata os 18 anos. Obxectivos Coñecer e apreciar os valores saudables e as normas de convivencia, adquirir habilidades para a prevención e para afrontar os conflitos futuros, e fomentar a hixiene e a saúde. Metodoloxía  Presentación do programa dirixido ao profesorado. 

Aplicación do material didáctico na aula por parte do/a titor/a.

Seguimento da aplicación e apoio técnico durante o curso escolar.

Contidos  Coidado e mantemento da saúde. 

Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal.

Toma de decisións e control emocional.

Interacción social, presión de grupo, comunicación interpersoal.

Habilidades sociais e de resistencia.

Fomento de valores e actividades de ocio saudables.


Información sobre o alcohol, o tabaco e outras drogas.

Recursos Humanos Nos Centros Escolares:  Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros  Titores/as e mestres dos centros escolares  Alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Na difusión do Programa:  Técnica

en

Condutas

Aditivas

para

o

Educadora Social Recursos Materiais  Guía metodolóxica

profesorado. Fichas e cadernos para o alumnado. Cómic para 6º primaria. Fichas para nais/pais. 

Este material poderá descargarse vía internet e/ou facilitado ao profesorado en CD/DVD para a súa utilización cando o precisen.

DESTINATARIOS/AS

COMPOÑENTES

Nenos e nenas 3-6 anos Nenos e nenas 6-12 anos Adolescentes 12-16 anos Mozos/as 16-18 anos

Autoimaxe e autocontrol Toma de decisións Emocións e sentimentos Adestramento habilidades

Mestres/as e educadores/as Pais e nais

Actividades de lecer Tolerancia e cooperación


– Intervencións de Apoio na Aula: reforzo para a aplicación dos materiais didácticos de Saúde na Escola Descrición É unha actividade que ofrece ao alumnado información e adestramento en habilidades e competencias persoais e sociais para un maior afianzamento e desenvolvemento da súa personalidade de cara á mellorar a xestión dos seus posibles conflitos futuros.

Obxectivos

 Acrecentar as competencias e habilidades persoais e sociais saudables.  Favorecer unha mellor comunicación entre iguais.  Potenciar unha elección de valores, actitudes e

comportamentos

saudables.  Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico.


Metodoloxía A intervención é realizada polas técnicas de prevención directamente na aula e en horario lectivo, previa selección das aulas en coordinación cos orientadores/as e titoras/es. Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respectando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía baseada en medios audiovisuais. Contidos 

Coidado e mantemento da saúde.

Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal.

Toma de decisións e xestión de conflitos.

Control emocional e relaxación.

Interacción

social,

presión

de

grupo,

comunicación

interpersoal. 

Habilidades e competencias persoais e sociais.

Fomento de valores e actividades de ocio saudables.

Información sobre substancias (alcohol, tabaco e outras drogas).

Recursos Humanos Nos Centros Escolares:  Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros  Alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria  Titores/as das distintas aulas nas que se impartan os obradoiros


No desenvolvemento do Programa:  Técnica en Condutas Aditivas – Educadora Social

Recursos Materiais 

Exposición oral e apoio en medios audiovisuais.

DESTINATARIOS/AS

COMPOÑENTES

Nenos e nenas 3-6 anos Nenos e nenas 6-12 anos Adolescentes 12-16 anos Mozos/as 16-18 anos Mestres/as e educadores/as Pais e nais

Cognitivo Autoimaxe e relaxación Toma de decisións Emocións e sentimentos Adestramento habilidades Actividades de lecer Tolerancia e cooperación


“NON PASA NADA, PASA ALGO?” – Prevención en consumos de substancias Descrición É unha intervención que se desenvolve nas aulas de 3º e 4ª da ESO ou FPB con alumnado onde se detectaron situacións conflitivas e/ou de risco. Obxectivos  Proporcionar información sobre as drogas que se consumen de forma clara, realista e axeitada.  Dar a coñecer os factores de protección e de risco nos ámbitos persoal, familiar, escolar e comunitario.  Ensinar habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións.  Promover coa familia un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar. Metodoloxía Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respectando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía baseada no apoio de medios audiovisuais. Contidos 

A diversión saudable e o consumo de drogas.

Efectos e consecuencias do consumo de drogas.

Mitos, tópicos e falsas crenzas.

Habilidades de afrontamento.


Recursos Humanos

Nos Centros Escolares:  Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros  Alumnado de Educación Secundaria  Titores/as das distintas aulas nas que se impartan os obradoiros No desenvolvemento do Programa:  Técnica en Condutas Aditivas – Educadora Social Recursos Materiais 

Exposición oral e apoio en medios audiovisuais.

DESTINATARIOS/AS

COMPOÑENTES

Mozos/as entre 14-18 anos Mestres/as e educadores/as Pais e nais

Autoimaxe e relaxación Toma de decisións Emocións e sentimentos Adestramento habilidades Actividades de lecer Tolerancia e cooperación Intervención familiar


“MÁIS QUE UN TEITO” – Pautas Educativas para Nais/Pais/Titores Descrición É un programa de prevención familiar que pretende crear un espazo presencial e online para as familias onde poder tratar calquera temática de interese en relación á educación dos fillos/as. Obxectivos  Promover unha maior implicación dos pais/nais e/ou titores como axentes de saúde.  Fomentar

a

adquisición

de

coñecementos,

habilidades

e

competencias persoais para desenvolver a importante tarefa educativa coas mellores ferramentas posibles. Metodoloxía En grupos reducidos trátanse temas que poderán ser elixidos segundo os intereses das familias implicadas, é dicir, téñense en conta a diferenciación de contidos para familias con fillos/as en idade infantil, en primaria ou en secundaria. Estas sesións que poden compaxinar o formato presencial e online terán como emprazamento un lugar axeitado e céntrico en cada Concello. Terán unha duración aproximada de 90 minutos e serán impartidas polas técnicas de prevención.

Coordinarase o calendario favorecendo a máxima

participación das familias e ofrecendo o servizo de gardería para as sesións presenciais.


Contidos 

A comunicación familiar.

Límites e normas dende a familia.

Emocións e autoestima.

A educación afectivo-sexual.

Como actuar ante as novas tecnoloxías.

Alimentación saudable.

A educación en valores: respecto e responsabilidade.

Achegamento

ás

drogas

e

outras

condutas aditivas. Recursos Humanos Nos Centros Escolares:  Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros  ANPA’s dos Centros Educativos  Familias do alumnado No desenvolvemento do Programa:  Técnica en Condutas Aditivas – Educadora Social e/ou Traballadora Social Recursos Materiais 

Exposición oral e apoio en medios audiovisuais.

DESTINATARIOS/AS

COMPOÑENTES

Nais e pais Mestres/as e educadores/as

Intervención familiar Adestramento habilidades Emocións e sentimentos Comunicación eficaz Resolución de conflitos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.