Programas Educativos e Familiares Curso 2021/22

Page 1

Curso 2021/2022

Guía de Programas de Prevención e Educación para a Saúde Ámbito escolar e familiar R/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) 36780 A Guarda - Pontevedra

986 614 407 / 640 086 376 http://www.erguete.org/

@erguetebaixomino

info@erguete.org

@erguetebm


“SAÚDE NA ESCOLA” – Pautas educativas para o fomento dunha vida saudable e de prevención de condutas aditivas Descrición É un Programa que se desenvolve na Comarca dende o curso 1994-95 e que se sustenta na aplicación na aula duns contidos curriculares transversais axeitados para reforzar uns hábitos saudables dende a primeira infancia ata os 18 anos. Obxectivos Coñecer e apreciar os valores saudables e as normas de convivencia, adquirir habilidades para a prevención e para afrontar os conflitos futuros, e fomentar a hixiene e a saúde. Metodoloxía ✓ Presentación do programa dirixido ao profesorado. ✓

Aplicación do material didáctico na aula por parte do/a titor/a.

Seguimento da aplicación e apoio técnico durante o curso escolar.

Contidos ➢ Coidado e mantemento da saúde. ➢

Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal.

Toma de decisións e control emocional.

Interacción social, presión de grupo, comunicación interpersoal.

Habilidades sociais e de resistencia.

Fomento de valores e actividades de ocio saudables.


Información sobre o alcohol, o tabaco e outras drogas.

Recursos Humanos Nos Centros Escolares: ❖ Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros ❖ Titores/as e mestres dos centros escolares ❖ Alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Na difusión do Programa: ❖ Técnica

en

Condutas

Aditivas

para

o

Educadora Social Recursos Materiais ▪ Guía metodolóxica

profesorado. Fichas e cadernos para o alumnado. Cómic para 6º primaria. Fichas para nais/pais. ▪

Este material poderá descargarse vía internet e/ou facilitado ao profesorado en CD/DVD para a súa utilización cando o precisen.

DESTINATARIOS/AS

COMPOÑENTES

Nenos e nenas 3-6 anos

Autoimaxe e autocontrol

Nenos e nenas 6-12 anos

Toma de decisións

Adolescentes 12-16 anos

Emocións e sentimentos

Mozos/as 16-18 anos

Adestramento habilidades

Mestres/as e educadores/as

Actividades de lecer

Pais e nais

Tolerancia e cooperación


– Intervencións de Apoio na Aula: reforzo para a aplicación dos materiais didácticos de Saúde na Escola Descrición É unha actividade que ofrece ao alumnado información e adestramento en habilidades e competencias persoais e sociais para un maior afianzamento e desenvolvemento da súa personalidade de cara á mellorar a xestión dos seus posibles conflitos futuros.

Obxectivos

✓ Acrecentar as competencias e habilidades persoais e sociais saudables. ✓ Favorecer unha mellor comunicación entre iguais. ✓ Potenciar unha elección de valores, actitudes e

comportamentos

saudables. ✓ Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico.


Metodoloxía A intervención é realizada polas técnicas de prevención directamente na aula e en horario lectivo, previa selección das aulas en coordinación cos orientadores/as e titoras/es. Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respectando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía baseada en medios audiovisuais. Contidos ➢

Coidado e mantemento da saúde.

Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal.

Toma de decisións e xestión de conflitos.

Control emocional e relaxación.

Interacción

social,

presión

de

grupo,

comunicación

interpersoal. ➢

Habilidades e competencias persoais e sociais.

Fomento de valores e actividades de ocio saudables.

Información sobre substancias (alcohol, tabaco e outras drogas).

Recursos Humanos Nos Centros Escolares: ❖ Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros ❖ Alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria ❖ Titores/as das distintas aulas nas que se impartan os obradoiros


No desenvolvemento do Programa: ❖ Técnica Condutas Aditivas – Educadora Social e/ou Traballadora Social

Recursos Materiais ▪

Exposición oral e apoio en medios audiovisuais.

DESTINATARIOS/AS

COMPOÑENTES

Nenos e nenas 3-6 anos

Cognitivo

Nenos e nenas 6-12 anos

Autoimaxe e relaxación

Adolescentes 12-16 anos

Toma de decisións

Mozos/as 16-18 anos

Emocións e sentimentos

Mestres/as e educadores/as

Adestramento habilidades

Pais e nais

Actividades de lecer Tolerancia e cooperación


“NON PASA NADA, PASA ALGO?” – Prevención en consumos de substancias Descrición É unha intervención que se desenvolve nas aulas de 3º e 4ª da ESO ou FPB con alumnado onde se detectaron situacións conflitivas e/ou de risco. Obxectivos ✓ Proporcionar información sobre as drogas que se consumen de forma clara, realista e axeitada. ✓ Dar a coñecer os factores de protección e de risco nos ámbitos persoal, familiar, escolar e comunitario. ✓ Ensinar habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións. ✓ Promover coa familia un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar. Metodoloxía Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respectando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía baseada no apoio de medios audiovisuais. Contidos ➢

A diversión saudable e o consumo de drogas.

Efectos e consecuencias do consumo de drogas.

Mitos, tópicos e falsas crenzas.

Habilidades de afrontamento.


Recursos Humanos

Nos Centros Escolares: ❖ Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros ❖ Alumnado de Educación Secundaria ❖ Titores/as das distintas aulas nas que se impartan os obradoiros No desenvolvemento do Programa: ❖ Técnica en Condutas Aditivas – Educadora Social Recursos Materiais ▪

Exposición oral e apoio en medios audiovisuais.

COMPOÑENTES DESTINATARIOS/AS

Autoimaxe e relaxación

Mozos/as entre 14-18 anos Mestres/as e educadores/as Pais e nais

Toma de decisións Emocións e sentimentos Adestramento habilidades Actividades de lecer Tolerancia e cooperación Intervención familiar


“MÁIS QUE UN TEITO” – Pautas Educativas para Nais/Pais/Titores/as Descrición É un programa de prevención familiar que pretende crear un espazo presencial e online para as familias onde poder tratar calquera temática de interese en relación á educación dos fillos/as. Obxectivos ✓ Promover unha maior implicación dos pais/nais e/ou titores como axentes de saúde. ✓ Fomentar

a

adquisición

de

coñecementos,

habilidades

e

competencias persoais para desenvolver a importante tarefa educativa coas mellores ferramentas posibles. Metodoloxía En grupos reducidos tendo en conta a diferenciación dos temas a tratar para familias con fillos/as en idade infantil, en primaria ou en secundaria. Estas sesións que poden compaxinar o formato presencial e online terán unha duración aproximada de 90 minutos.


Coordinarase o calendario favorecendo a máxima participación das familias e ofrecendo o servizo de gardería para as sesións presenciais. Contidos ➢

Comunicación familiar.

Límites e normas dende a familia.

Emocións e autoestima.

Drogas e outras condutas aditivas.

Internet e redes sociais.

Educación afectivo-sexual.

Alimentación saudable.

Educación en valores: respecto e responsabilidade.

Recursos Humanos Nos Centros Escolares: ❖ Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros ❖ ANPA’s dos Centros Educativos ❖ Familias do alumnado No desenvolvemento do Programa: ❖ Técnica Condutas Aditivas – Educadora Social e/ou Traballadora Social Recursos Materiais ▪

Exposición oral e apoio en medios audiovisuais.

COMPOÑENTES

DESTINATARIOS/AS

Intervención familiar

Nais e pais

Adestramento habilidades

Mestres/as e educadores/as

Emocións e sentimentos Comunicación eficaz Resolución de conflitos