Guía de Programas de Prevención e Educación para a Saúde Ámbito escolar e familiar
Curso 2019/2020
“SAÚDE NA ESCOLA” – Pautas educativas para o fomento dunha vida saudable e de prevención de condutas aditivas Descrición É un Programa que se desenvolve na Comarca dende o curso 1994-95 e que se sustenta na aplicación na aula duns contidos curriculares transversais axeitados para reforzar uns hábitos saudables dende a primeira infancia ata os 18 anos. Obxectivos Coñecer e apreciar os valores saudables e as normas de convivencia, adquirir habilidades para a prevención e para afrontar os conflitos futuros, e fomentar a hixiene e a saúde. Metodoloxía Presentación do programa dirixido ao profesorado.
Aplicación do material didáctico na aula por parte do/a titor/a.
Seguimento da aplicación e apoio técnico durante o curso escolar.
Contidos Coidado e mantemento da saúde.
Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal.
Toma de decisións e control emocional.
Interacción social, presión de grupo, comunicación interpersoal.
Habilidades sociais e de resistencia.
Fomento de valores e actividades de ocio saudables.
2
Información sobre o alcohol, o tabaco e outras drogas.
Recursos Humanos Nos Centros Escolares: Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros Titores/as e mestres dos centros escolares Alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria e as súas familias Na difusión do Programa: Educadora Social Recursos Materiais Guía metodolóxica
para
o
profesorado.
Fichas e cadernos para o alumnado.
Cómic para 6º primaria.
Fichas para nais/pais.
Este material poderá descargarse vía internet e/ou facilitado ao profesorado en CD/DVD para a súa utilización cando o precisen.
DESTINATARIOS/AS
COMPOÑENTES
Nenos e nenas 3-6 anos
Autoimaxe e autocontrol
Nenos e nenas 6-12 anos
Toma de decisións
Adolescentes 12-16 anos
Emocións e sentimentos
Mozos/as 16-18 anos
Adestramento habilidades
Mestres/as e educadores/as
Actividades de lecer
Pais e nais
Tolerancia e cooperación
3
– Intervencións de Apoio na Aula: reforzo para a aplicación dos materiais didácticos de Saúde na Escola Descrición É unha actividade que ofrece ao alumnado información e adestramento en habilidades e competencias persoais e sociais para un maior afianzamento e desenvolvemento da súa personalidade de cara á mellorar a xestión dos seus posibles conflitos futuros.
Obxectivos
Acrecentar as competencias e habilidades persoais e sociais saudables. Favorecer unha mellor comunicación entre iguais. Potenciar unha elección de valores, actitudes e
comportamentos
saudables. Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico.
5
Metodoloxía A intervención é realizada polas técnicas de prevención directamente na aula e en horario lectivo, previa selección das aulas en coordinación cos orientadores/as e titoras/es. Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respetando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía dinámica e con técnicas interactivas. Contidos
Coidado e mantemento da saúde.
Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal.
Toma de decisións e xestión de conflitos.
Control emocional e relaxación.
Interacción
social,
presión
de
grupo,
comunicación
interpersoal.
Habilidades e competecias persoais e sociais.
Fomento de valores e actividades de ocio saudables.
Información sobre substancias (alcohol, tabaco e outras drogas).
Recursos Humanos Nos Centros Escolares: Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros Alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria e as súas familias Titores/as das distintas aulas nas que se impartan os obradoiros
6
No desenvolvemento do Programa: Educadora Social Traballadora Social
Recursos Materiais
Material gráfico e audiovisual.
Documentación impresa e fichas de traballo.
Materiais didácticos.
DESTINATARIOS/AS
COMPOÑENTES
Nenos e nenas 3-6 anos
Cognitivo
Nenos e nenas 6-12 anos
Autoimaxe e relaxación
Adolescentes 12-16 anos
Toma de decisións
Mozos/as 16-18 anos
Emocións e sentimentos
Mestres/as e educadores/as
Adestramento habilidades
Pais e nais
Actividades de lecer Tolerancia e cooperación
7
“NON PASA NADA, PASA ALGO?” – Prevención en consumos de substancias Descrición É unha intervención que se desenvolve nas aulas de 3º e 4ª da ESO ou FPB con alumnado onde se detectaron situacións conflitivas e/ou de risco. Obxectivos Proporcionar información sobre as drogas que se consumen de forma clara, realista e axeitada. Dar a coñecer os factores de protección e de risco nos ámbitos persoal, familiar, escolar e comunitario. Ensinar habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións. Promover coa familia un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar. Metodoloxía A intervención é realizada polas técnicas de prevención directamente na aula e en horario lectivo, previa selección das aulas en coordinación cos orientadores/as e titores/as. Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respectando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía dinámica e con técnicas interactivas.
8
Contidos
A diversión saudable e o consumo de drogas.
Efectos e consecuencias do consumo de drogas.
Mitos, tópicos e falsas crenzas.
Habilidades de afrontamento.
Lecer saudable.
Recursos Humanos Nos Centros Escolares: Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros Alumnado de Educación Secundaria e as súas familias Titores/as das distintas aulas nas que se impartan os obradoiros No desenvolvemento do Programa: Educadora Social Traballadora Social
9
Recursos Materiais
Folletos e guías sobre substancias.
Material gráfico e audiovisual.
DESTINATARIOS/AS
COMPOÑENTES
Mozos/as entre 14-18 anos Mestres/as e educadores/as Pais e nais
Autoimaxe e relaxación Toma de decisións Emocións e sentimentos Adestramento habilidades Actividades de lecer Tolerancia e cooperación Intervención familiar
10
“MÁIS QUE UN TEITO” – Pautas Educativas para Nais/Pais/Titores Descrición É un programa de prevención familiar que pretende crear un espazo presencial para as familias onde poder tratar calquera temática de interese en relación á educación dos fillos/as. Obxectivos Promover unha maior implicación dos pais/nais e/ou titores como axentes de saúde. Fomentar
a
adquisición
de
coñecementos,
habilidades
e
competencias persoais para desenvolver a importante tarefa educativa coas mellores ferramentas posibles. Metodoloxía En grupos reducidos trátanse uns temas que poderán ser elexidos segundo os intereses das familias implicadas, é dicir, téñense en conta a diferenciación de contidos para familias con fillos/as en idade infantil, en primaria ou en secundaria. Estas
sesións
presenciais
a
realizar en cada Centro Educativo ou Concello terán unha duración aproximada de 90 minutos e serán realizadas polas técnicas de prevención.
Coordinarase o calendario de sesións presenciais para acadar a máxima participación da familia, ofrecendo se é convinte, servizo de gardería. Contidos
A comunicación familiar.
Límites e normas dende a familia.
A importancia da autoestima.
A educación afectivo-sexual.
Como actuar ante as novas tecnoloxías.
Alimentación saudable.
A educación en valores: respecto e responsabilidade.
Achegamento ás drogas e outras condutas aditivas.
Recursos Humanos Nos Centros Escolares: Directores/as e/ou Orientadores/as dos centros ANPA’s dos Centros Educativos Familias do alumnado No desenvolvemento do Programa: Educadora Social Traballadora Social Recursos Materiais
Material gráfico e audiovisual.
12
DESTINATARIOS/AS
COMPOร ENTES
Nais e pais
Intervenciรณn familiar
Mestres/as e educadores/as
Adestramento habilidades Emociรณns e sentimentos Comunicaciรณn eficaz Resoluciรณn de conflitos
13
R/Colรณn, 20 (Edif. O Pescador 1ยบ piso) C.P. 36780 A Guarda - Pontevedra Tfno: 986 614 407 / 640 086 376 www.erguete.org info@erguete.org
@erguetebaixomino
@erguetebm