{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade.

Page 1


CHEIRANDO A FRESCURA

2

Lab 84

5

3

11

Fo

Il

Dg

22

10

13

4

5

1

Di

Ar

In

14

15

1

Poucas veces teño a mesa tan limpa coma agora que abro o caderno disposto a cumprir a encomenda de redactar este artigo. A mesa tan branca mete medo. Boto man dunha cita de Chillida que xa leva algún tempo anotada nuotro caderno. Moito me ten axudado saber que o medo a comezar, mesmo a proseguir, é algo que tamén senten os grandes mestres. “Non será o paso decisivo para un artista o estar con frecuencia desorientado?” -sustitúase artista por deseñador, pero non confundamos-. Aínda máis, porque o que nos está a dicir Chillida é que o estado de non saber, de estar perdido, é a condición esencial do que debe pensar e buscar algo novo e esa é nosa actividade cotiá como profesionais. Pero antes de sentar a escribir, prendo no ordenador o spotify e selecciono “explorar”, aventúrome no descoñecido, vou premendo aquí e acolá até deixar que soe enteiro algún disco que sintoiza co estado do meu maxín nesta hora. Explorar, experimentar, condicións para decubrir, aínda que isto poucas veces ocorre. Espremer a experimentación. Do laboratorio sae pouco zume, pero é así, non vaiades pensar que só vos pasa a vós. Pero 9 así é esencial, o lab debe ser mesmo permanente nun deseñador, aínda máis, non hai actitude profesional se non hai laboratorio mental, debe ir con nós, está no ADN da profesión, porque os deseñadores gráficos temos a obriga de ver máis alá do consensuado. E non entendo o lab separado

da vida. As “condicións de laboratorio” deben ser as que se dan na resolución de todas as encomendas, ou dito do revés, as encomendas só serán resoltas con garantía se actúa a nosa actitude experimental, sempre debe estar aí, permanente. Hai veces, moitas, que no spotify volvo poñer a John Mayall, un vello coñecido. Non todo é completamente novo. Non se pode reinventar o mundo con cada traballo. Pero debemos intentalo. Mesmo que os nosos clientes non o saiban, iso é o que están a demandar de nós. Reinventar o mundo, pero non tanto, porque hai anos que vexo que na maioría das encomendas que resolvemos hai sempre algo novo, algo vello e algo prestado, coma nese costume americano que aconsella como ir vestido para casar. Sempre hai algo prestado, quizais nin nos decatamos, pero está naquelo que aprendimos analizando o traballo dun grande mestre, mesmo que ás veces o mestre sexa, poño por caso, un rótulo popular que vimos nunha rúa esquecida. Non hai que rexeitar o que se ama, a influencia axuda a medrar intelectualmente, pero ollo, no noso traballo debe haber máis cousas. Algo vello, algo que aprendimos nun traballo anteriror, algo que descubrimos experimentando, xogando, o xogo é apredizaxe, algo do que nos sentimos satisfeitos e que encaixa no traballo que temos entre mans. Pero

ollo, non estou a falar de darlle ao veo, debemos manter alerta a nosa capacidade de autocrítica. Algo novo. É o ingrediente lab, non xurde doutro sitio. Velaí o que insufla nova vida a ideas vellas ou prestadas, velaí a idea necesaria para que formas vellas ou prestadas aparezan como noviñas do trinque. É a masa que liga todo e non xurde da nada, ven do noso maxín, dese recanto onde reside o noso lab, un lugar permanentemente aberto, traballando, vixilando, adquirindo e procesando novas experiencias. E a chave dese lab, xa vos decatáchedes, é a busca da excelencia. Só así, mesturando o novo, o vello e o prestado, é que eu vou tirando. Só así, algunhas veces, consigo deixar o meu proxecto cheirando a frescura, como se viñera de bogar nun bote con outros vellos mariñeiros. PEPE BARRO


Qué é Lab? Solución: Lab é a revista en toda súa extensión, é o gran recipiente que garda os contidos. O laboratorio é a suma de todos os proxectos que nacen entre as súas paredes. Nº contidos 5

2

Lab

=

Fo

+

22

84 Nº Páxinas

3

Il

+

10

Deseño gráfico e maquetación 2015 Laura Lobón Castro. Consello de Redacción Manuel Seoane, Luis Carreira, Miguel Mantilla, Mónica Sabariz, Elena Iglesias, Armando García, Cesar Taboada, Ofelia Cardo, Toño Ferreiro, Emma Teixeira, Javier Rodríguez, Antón Freire, Javier Fernández e Xosé Manoel González. ++ Fonte tipográfica Gaspar (Carlos Alonso). Tradución Emma Pérez & Foreign Languages.

Dg 13

Fotografía Ilustración

Dirección de arte Xosé Manoel González.

4

11

Deseño Gráfico

+

Di 14

5 +

Ar 15

1 +

In 1

Deseño de Artículos Internacional Interiores

Colaboradores (Orden aparición): Alumnado Marcos Viso, Elena Gónzalez, Joan Ríos, Alba Pérez, X. M. Rodríguez, Natalia G. Devesa, Inma Hermida, Silvia Meno, Alex R. Muñiz, Elvira López, Iria Rivas, Adrián A. Márquez, Pablo F. Coronel, Carla Docampo, Lucía Prieto, Olaia R. Ferrando, Jorge Campos, Alicia Blanco, Iago González, Francisco Villareal, Manuel Álvarez, Miriam González, Alba Álvarez, Dennys Martín, Raúl Rey, Sheila Pérez, Silvia Martínez, Camilo Cruz, Daysi Ramírez, Cristina E. Taboada, Daniel Villanueva, Natalia Lareo, Laura Lobón, Antón Guerrero, Soledad Aparicio, Patricia V. Ampudia, Noelia Blanco, Miriam Mendez, Marta Porto, Iván Fernández, Andrea Gómez, Célia Rodríguez, Elia Ferminhan, Julio Eiroa e Elvira López.

Profesorado Manuel Seoane, Elena Iglesias, César Taboada, Armando García, Luis Carreira, Mónica Sabariz, Javier Rodríguez, Ofelia Cardo, Miguel Mantilla, Antón Freire e Xosé Manoel González. Extra Ana Gómez Nogueiras, Marcos Viso, Jorge Campos, Antón Castro e Pepe Barro. Edita Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde Avda da Universidade 18 A Cuña – Mariñamansa 32005 Ourense Imprime Rodi Artes Gráficas.

As cubertas imprimíronse en papel CREATOR VOL de 350gr e a tripa en papel CREATOR VOL de 120gr. O apartado de traduccións é papel POPSET de 120gr. ISBN 978-84-606-9185-3 Depósito Legal: OU 218-2015 Copyright 2015 dos autores. Os textos asinados son da responsabilidade dos autores, non se identificando, necesariamente, a revista con os respectivos puntos de vista. Prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos da revista por calquera medio sen a autorización expresa e por escrito dos autores. Publicación subvencionada pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Consellería de Educación e ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.


1

Ar 2

A TECNOLOXÍA 3D ANA G. NOGUEIRAS

A tecnoloxía 3d comeza a formar parte das nosas vidas. maisq3d.com

Dicía Chris Anderson (gurú de economía e tecnoloxía), no seu libro “Makers: A Nova Revolución Industrial” de 2012, que, do mesmo xeito que os procesadores de texto e as impresoras permitiron que calquera puidese escribir un libro ou que as gravadoras de vídeo e música permitisen que un adolescente gravase unha película ou un disco, nun futuro próximo calquera persoa poderá facer o que queira ou necesite segundo a súa creatividade. Ese futuro próximo comeza a ser presente.

No campo da bioimpresión, a empresa Organovo, está investigando con células nais para conseguir imprimir órganos humanos.’’

Denomínase tecnoloxía 3D a forma de conseguir obxectos ou pezas usando un arquivo dixital creado por ordenador. Pode ser subtractiva, en que se subtrae material, ou aditiva, en que se engade material. Tanto unha coma outra traballan capa a capa en distintos espesores e materiais, e baséanse en máquinas CNC (cálculo por control numérico), aínda que na tecnoloxía aditiva son máis coñecidas como impresoras 3D. As impresoras 3D remóntanse ao ano 1984, cando Chuck Hull estaba a investigar con materiais resi-

nosos fotopolímeros e feixe de láser, e deuse conta de que o material, ao pasar o feixe de luz sobre el, se solidificaba, e, xa que logo, pensou que sería unha boa forma de crear cousas controlando ese feixe de luz mediante un arquivo dixital. Patentouno e fundou a empresa 3D Systems, unha das grandes hoxe en día. Así naceu a estereolitografía (STL), que é o primeiro tipo de impresoras 3D. Cara ao ano 1987 naceu outra nova tipoloxía de impresora 3D (SLS, sinterizado selectivo por láser), que seguía traballando con láser, pero o material usábase en po, aínda que se poden usar distintos tipos de material, como metálico, cerámico, plástico... No ano 1988 Scott Crump creou unha nova forma de impresión 3D, pois deixaba de usar o láser e empregaba o material en filamento e fundíao para crear obxectos. Denominouno FDM (modelado por deposición fundida), patentouno e fundou a empresa Stratasys, outra das grandes empresas na actualidade. No ano 1993 aparece un novo tipo de máquina (3DP, impresión 3 dimensións), que seguía usando o material en po pero o aglutinante era a tinta, coma a das nosas impresoras de casa, e así conseguíanse obxectos de cor. Pouco a pouco apareceron outros tipos de impresión derivadas destes, pero estes 4 comentados son os máis importantes. En calquera dos tipos que existen, o proceso de impresión é o mesmo: 1. Ter a idea ou saber o que se quere imprimir. 2. Debuxar esa idea e darlle medidas. 3. Elixir o programa de deseño 3D, crear a malla e exportala a formato .stl. 4. Elixir o programa de laminado ou convertedor de capas a código para a impresora. 5. Pasar o código á impresora e imprimir o obxecto no material escollido. No ano 2006 caduca a patente de FDM, e na universidade de Bath, Andrew Bowey crea a comunidade RepRap (máquinas autorreplicantes), que en España se denomina Clone Wars. O que se pretende é democratizar a tecnoloxía e que todos poidamos ter acceso a unha impresora 3D. Denominárona, por te-


‘‘Estase a imprimir roupa, zapatillas, bicicletas, as primeiras probas de coches, instrumentos musicais, pezas de avións, drones...’’ mas de patente, FFF (fabricación con filamento fundido). A partir de 2010, esta comunidade empeza a avanzar e crecer máis rápido. Estas máquinas teñen dous tipos de compoñentes, isto é, as vitaminas (varas, parafusos, motores...) e as proteínas (pezas de ensambladura imprimidas por outra impresora), de aí a denominación de autorreplicantes. Este tipo de impresoras de filamento son as que se empezan a vender en grandes centros comerciais e as que dentro de pouco formarán parte das nosas vidas e teremos na casa. Será do máis normal, igual que agora son as impresoras de papel, smartphone, pc, microondas... Serán as impresoras de uso doméstico, e haberá que esperar un pouco máis as de láser, en que a súa patente rematou en febreiro de 2014, se ben xa empezan a aparecer novos modelos e máis económicos. Ata hai menos dun ano o filamento só existía en ABS (plástico das fichas de lego) e PLA (plástico biodegradable procedente do millo), e en poucas cores. Porén, cada vez hai máis e incorpóranse novos materiais, como o plástico flexible, termo sensible, apto para uso alimentario, e mesmo con parte de compoñente plástico como base e con outro material, como fibra de madeira, cerámico, de bronce ou cobre. Están a punto de saír en poucos meses o filamento de aceiro, de carbono e de grafeno. E irán aparecendo máis materiais. Esta mesma tipoloxía de impresoras ten unha variante para uso alimentario, non se usa con filamento, pero o chocolate está fundido e co arquivo dixital pódese crear un obxecto comestible coa forma desexada. Tamén se usa con azucre en po, e mesmo xa hai máquinas que usan máis alimentos, pero é máis ben un robot de cociña aínda que usa arquivo dixital. Moita xente pregúntase ou pensa que iso das impresoras 3D non ten sentido ou futuro nas súas vidas.

Pois o terá, porque as aplicacións son moitas, e agora mesmo se está usando en moitos sectores; estase a imprimir roupa, zapatillas, bicicletas, primeiras probas de coches, pezas para maquetación e aeromodelismo, instrumentos musicais, pezas de avións, drones, prototipos para probar antes de fabricar, pezas das cales non encontramos repostos ou son moi caros. Hai pezas que, se non é a través deste tipo de tecnoloxía, son imposibles de fabricar de forma tradicional ou resultan moito máis custosas, e tamén se están a imprimir moldes para tiraxes máis pequenas e con menor custo que un molde de aceiro, obxectos personalizados a un custo moito menor e un longo etcétera. Tamén xa se fabricaron as primeiras casas, e estase a investigar para imprimilas completas con axuda de pontes grúas que funcionan como eixe da impresora. No ámbito sanitario, hai impresoras específicas de uso dental; estanse a facer próteses, reconstrucións para poder estudar a forma de operar en intervencións de risco, implantes que reabsorbe o organismo. A bioimpresión tamén está avanzando moito. A empresa Organovo, unha das máis fortes neste campo, está investigando con células nais para conseguir imprimir órganos humanos. Desde o punto de vista da Educación, é moi importante a formación na tecnoloxía 3D para poder entendela e aplicala. O próximo curso escolar, na Comunidade de Madrid, implántase obrigatoria en 1º e 3º da ESO a materia de programación, e no seguinte curso en 2º e 4º. Nesa materia obrigatoria na ESO, os nenos van aprender programación, impresión 3D, deseño web e deseño en 3D. Isto mesmo está a pasar noutros países como Reino Unido, Alemaña ou os EE.UU, por exemplo. Abofé que se fará extensible ao resto de comunidades e en máis países. Benvidos á Terceira Revolución Industrial!!!!


1

Il 4

MARCOS VISO MARCOS VISO DOPAZO

Extracto da entrevista a Marcos Viso en 190º THE MAGAZINE

¿Quén e cómo é Marcos? Chámome Marcos Viso Dopazo e teño irmán e irmá, de pai e nai sinxelos. Dende fai pouquiño tamén son pai. Como moitos sobrevivín a “Chanquete”, Heidi e Marco. Crecín, como todos os do barrio, xogando ás chapas e ás canicas nunha rúa sen asfalto. Nunca me atraeron gran cousa os contos, pero si lembro especialmente a miña primeira caixiña de acuarelas, debuxo dende sempre ou iso recordo. Sempre me gustaron todo tipo de animais, pero non son veterinario, acabei sendo Deliñante, Arquitecto Técnico e Enxeñeiro da Edificación, alguén gañou moitos cartiños co invento. E por fin Ilustrador. Crítico con todo e con todos, intento morderme a lingua pero sempre me delata unha mirada expresiva. Prefiro o tren ao avión, evito as reunións multitudinarias e cun lapis e un papel son feliz. ¿Qué che levou a deixar de lado a túa profesión como arquitecto técnico e dedicarte á ilustración? O menosprezo e desprestixio do gremio, a competencia desleal e a ingratitude de moitos empresarios, políticos e clien-

tes fixeron que pouco a pouco perdese a ilusión na profesión e a simpatía cara a unha sociedade que sempre xustifica e enaltece o tramposo. O futuro non me parecía mellor e empecei a pensar na posibilidade de cambiar de rumbo. Coa anunciada crise económica matriculeime no Ciclo superior de ilustración. Na Escola de Arte de Ourense descubrín un mundo para min inexistente ata entón, foi marabilloso. O empuxón definitivo deumo ser pai dunha fermosa nena, Iria, un ano máis tarde. O desexo de ser o mellor pai esixía cambios. Collín os meus lapis, fixen as maletas e funme a Barcelona a realizar un Obradoiro con Rebeca Luciani, Jorge Zentner e Mariona Cabassa. Dende entón e gozando, intento facerme un oco no mundo da ilustración. ¿Ilustración dixital ou ilustración a man? ¿Cómo é o teu xeito de traballar? Nestes momentos, técnica mixta; debuxo con lapis de grafito e aplico texturas e a cor dixitalmente. Confeso que tampouco debuxo moito, me refiro a que non fago moitos bosquexos

nin grandes estudos de detalles nas libretas tipo “Moleskine”. Eu “miro” máis que debuxo, invisto moito tempo en pensar, en empatizar co personaxe captando emocións ou xerando algún sentimento que poder trasladar ao papel. Ás veces consigo ter clara unha imaxe na miña cabeza, outras é unha mensaxe máis ou menos complexa, unha palabra, unha emoción, son, olor... Unha vez que o teño claro collo o lapis e empezo a debuxar, xa digo que non fago moitos bosquexos, un ou dous, ás veces se non teño claro algunha postura lle pido á miña parella que a interprete e alí onde estea fago un apuntamento rápido (non tanto para ela) do que me interesa e se non está llo pido a Mr.Google. A partir de aí... aplicar a técnica. Un soño por realizar... Vivir da ilustración. Vale, este soño pode que no sea tan sinxelo pero... por qué non? www.marcosvisoilustracion.com


1

Dg 1

ÍNSUA

ELENA GONZÁLEZ (Dg), RÁUL REY (Di) e TAMARA R. ALFONSO (Fo) Proxecto interdisciplinar

O festival Ínsua surxe da sinxela idea de unificar nun mesmo proxecto diferentes disciplinas e paixóns nun espazo idílico e único e á súa vez darlle un sentido de unión entre dúas beiras, rompendo a fronteira a través do idioma máis universal: a música. O nome que recibe o festival, non podería ser outro, xa que a localización no que ten lugar é unha illa emblemática que separa Galiza e Portugal e á súa vez une ó Miño co Atlántico, e que adopta o nome de Ínsua. A maxia do lugar é sen dúbida a maior atracción do festival, pero amosa outras facetas que non debemos deixar de mencionar. A música emerxente como fío conductor, diferentes actividades

lúdicas para corpo e mente en contacto co espazo natural, arquitectura sostible e efímera, o embruxo dos atros coincidindo co solsticio de verán, acampar baixo as estrelas, coñecer xente... No referente á liña estética, partindo do símbolo do identificador, pranta da fortaleza que se encontra na illa, xógase coas formas xeométricas tanto na parte gráfica como na parte de deseño do espazo; así mesmo, dende os escenarios, zona de acampada, carteis, entradas... ríxense baixo un mesmo patrón e a intersección de planos.


2

Dg 1

EUREKA

JOAN RÍOS (Dg) e ALICIA UBEIRA (Laboratorio) Proxecto interdisciplinar

“Día a día, individuos estúpidos, entorpecen os nosos camiños provocándonos problemas nas nosas actividades. Aparecen no momento máis inoportuno e de improviso para facernos perder o tempo, o noso diñeiro, e a felicidade, entre outras moitas cousas” Allegro ma non troppo, 1988. Carlo M. Cipolla. Historiador económico italiano. A pílula é un remedio a curto ou longo prazo, segundo un baremo de estupidez, que cura de forma case milagrosa, as ganas de avergoñar aos que se atopan ao seu ao redor, facer perder o tempo aos demais ou sim-

plemente facer o imbécil. Están comprendidas en tres escalas diferentes de acción: suave, media e moi forte (Anxo, Lince ou Forte). Isto quere dicir que unha persoa que sexa extremadamente estúpida debería inxerir a pílula máis potente para mitigar canto antes o incesante desexo de facer o idiota. Moitos suxeitos son estúpidos por xenética e non por desexo propio, outros simplemente vólvense idiotas. Algunhas conxecturas son baseadas en experiencias do día a día que, como ser civilizado e racional, decidín manifestar e me propuxen solucionar con esta medeciña.


3

Dg 1

O LAR DO TE

ALBA PÉREZ (Dg), PATRICIA ARIAS (Di) e CARMELA VEIGA (Fo) Proxecto interdisciplinar

Consistiu no redeseño da identidade dunha pequena tenda viguesa adicada á venda de tés, infusións e produtos ecolóxicos, enfocando o estilo visual cara a algo máis moderno e de carácter diferenciador. Moitas grazas ás colaboradoras e a Fernando, o dono da tenda, pola súa axuda e paciencia.


4

Dg 1

TOUZA VELLA

XOSÉ M. RODRÍGUEZ (Dg), NATALIA GIL (Di) e AGOSTINHO IGLESIAS (Fo) Proxecto interdisciplinar

Redeseño da imaxe de Touza Vella e a súa gama de produtos gourmet. Restyling do seu logo, imaxe, gráfica ambiental, packaging e web. Trátase de revalorizar a marca e chegar a un público máis novo e interesado neste tipo de alimentos, adecuar as instalacións da cooperativa para novas actividades como obradoiros, exposicións, charlas... así como da tenda para a venda directa.


1

Fo 5

CRISE VVAA

Interpretacións da crise económica e as suas consecuencias

A CALDEIRA DO INFERNO NATÁLIA G. DEVESA Cando me pediron que falase da crise presentáronseme dúas opcións: falar desde dentro ou falar desde fora. Mas non é unha ilusión pensar

vinte e cinco de novembro de dois mil e catorze

dezasseis de março de dois mil e doze

seis de agosto de dois mil e treze

seis de abril de dois mil e treze

dois de março de dois mil e treze

quince de junho de dois mil e doze

catorce de setembro de dois mil e doze

dezassete de janeiro de dois mil e catorze

dois de abril de dois mil e treze

que fica algo ao que non cheguen as consecuencias desta crise económica, ambiental, espiritual que estamos a vivir? Eu prefiro velo como un grande cambio que se nos ven. Queiramos ou non. Por iso quen antes o entenda así e cambie cos tempos, antes aproveitará os froitos deste momento amargo. Mentres tanto, miramos para dentro e vemos a louza de cada dia sen lavar,

acumulándose como a nosa rabia e a nosa dor, dia tras dia, semana tras semana, mes tras mes, ano tras ano. Esa caldeira do inferno que¬habita nas nosas cociñas e que nos espera impasíbel e imperturbábel, sempre aí. E nós sabemos que antes ou despois teremos que enfrontarnos a ela, dia tras dia, semana tras semana, mes tras mes, ano tras ano.


oito de setembro de dois mil e catorze

dois de marรงo de dois mil e onze

um de janeiro de dois mil e onze

trinta e um de outubro de dois mil e doze

quince de marรงo de dois mil e doze

cinco de abril de dois mil e onze

sete de maio de dois mil e treze

sete de fevereiro de dois mil e doze

trinta de setembro de dois mil e doze

dois de marรงo de dois mil e catorze

sete de abril de dois mil e catorze

onze de maio de dois mil e treze


O ABANDONO DA MEMORIA INMA HERMIDA Unha muller de 75 anos. Ten que deixar a súa casa, a casa da súa familia durante máis de tres xeracións. Con ela abandona todos os seus recordos, sentimentos, todo o que ten. Deixando que o tempo pase e se leve os recordos de toda unha familia.


O RASTRO, A DESILUSIÓN

Manel

SILVIA MENO As paredes dunha vivenda gardan en cada canto as preocupacións e os sentimentos de aqueles que as habitan, deixando un rastro único e intransferible en cada estancia. Un rastro que as converte nun espazo cheo de vida e disposto a contar a súa historia da crise económica. Un traballo sobre a situación persoal na que viven os meus seres queridos a través do rastro que deixan eles mesmos nos seus espazos habituais.

Marisa


ALEX R. MUÑIZ

IRIA RIVAS

IRIA RIVAS

ELVIRA LÓPEZ


5

Dg 1

UROGALLO ADRIÁN A. MÁRQUEZ

Traballo Final de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico curso 2014-15

Un par de anos antes de rematar os meus estudos na Escola de Arte Superior e Deseño Antonio Failde, xa tiña decidido o tema do meu proxecto final, dende pequeño a construcción de calquer artefacto con rodas co que poder deslizarse costa abaixo ocupaba gran parte do meu tempo libre, Uns anos despois atopei nos longboards o xeito de unir dúas das miñas paixóns, o deseño e os deportes de inercia. Urogallo Longboards nace como resultado de todo isto, longboards fabricados dun xeito completamente artesanal. Cada Urogallo é un lenzo para o artista que o traballa, as máns que esculpen as táboas coidan cada

detalle coma se fose único, cada táboa é tratada coma se fose a primera. Táboas nas que existe un porqué para cada uno dos pequeños detalles que a compoñen. Ao estar fabricadas a mán, son táboas cunha producción limitada, e o seu acabado personalizado fai imposible que existan dous longboards Urogallo iguais. O deseño da primeira colección de táboas está inspirada nas figuras clásicas de Origami, partindo destas clásicas figuriñas de papel xorden diferentes deseños que se poden adaptar a cada un dos diferentes tipos de táboas. www.urogallolongboards.com www.vimeo.com/96609609


6

Dg 1

BEN APAÑADO XOSÉ M. RODRÍGUEZ

Proxecto Final de Carreira dos Estudos Superiores de Deseño Gráfico curso 2013-14

Ben Apañado aparece coma unha alternativa aos selos ecolóxicos tradicionais e a súa burocracia, loita contra a mercantilización da alimentación das grandes multinacionais, a destrución da biodiversidade, o dumping, os alimentos quilométricos... O proxecto componse dunha campaña para o consumo local, de tempada e sen intermediarios, onde o consumidor certifica a calidade do produto e produtor, visitando directamente o seu medio de traballo e valorándoo na web. Dando así o certificado de calidade dese alimento e de quen o oferta. Dentro da campaña créase unha proposta de packaging para aqueles produtos que carecen del e cumpren os requisitos e valores de Ben Apañado, axudando así a dar saída a alimentos da casa ou de

pequenos agricultores e gandeiros que queren vender os seus alimentos, e fomentar o consumo local. Como funciona? É un sistema de confianza ó igual que os selos ecolóxicos, unha garantía dada por técnicos especializados, e neste caso tamén por consumidores e produtores. Ben apañado é unha asociación que se rexe por organizacións locais (comarca / parroquia / barrio...), de xeito asembleario establécense bases propias axeitadas a cada zona e clima pero cumprindo unhas normas comúns e respectuosas co medio. Que garante? Coñecer o que comes, redución de custes enerxéticos e de intermediarios, un trato axeitado a terra e aos alimentos, un proceso de produción, manipulación e distribución xusto para todos.


7

Dg 1

BRIVET PABLO F. CORONEL

Traballo Final de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico curso 2013-14

No noso país, pouco a pouco imos vendo un incremento na calidade dos websites. Brivet é unha empresa que busca formar parte desa renovación estética en internet, volvendo a apostar polas webs feitas a man e traballadas desde cero. Unha marca que levanta como estandarte a liberdade de facer as cousas que nos gustan e á nosa maneira, non perseguindo a rebeldía pero si a espontaneidade e a fluidez no proceso

creativo. Baseando a súa imaxe no famoso cadro de Eugéne Delacroix, atopamos unha gráfica e estratexia moi persoal e feita a man pero tamén limpa e elegante. Nun mundo onde as empresas se venden como cada vez mais innovadoras, Brivet amosase honesta e humana traballando en cada aspecto da súa imaxe e proceso de traballo con toda a profesionalidade posible sen sacrificar os seus principios.


8

Dg 1/2

KANE CARLA DOCAMPO

Traballo Final de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico curso 2014-15

Kane é unha marca de surf que nace tomando como referencia á cultura hawaiana, tendo en conta a súa historia, a liña estética, as cores que empregaban e afastándose das referencias típicas utilizadas noutras marcas. Queríase lograr unha marca que fose sinxela e pregnante. O nome procede dun deus hawaianao. Estes deuses re-

9

Dg 1/2

presentábanse en tikis de madeira, así como nas primeiras táboas de surf. De aí, a presenza deste material nas distintas aplicacións, achegando maior coherencia ao conxunto da marca. Para o desenvolvemento do proxecto creouse unha identidade, un manual, papelaría, merchandising, unha liña de roupa e unha web.

LOS SEPTIEMBRE LUCÍA PRIETO

Traballo Final de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico curso 2014-15

“Traiciones y Contradicciones” É o novo disco de este grupo Vigués, que segue un son fresco que recorda ós capítulos do pop nacional baixo unha orixinalidade chea de forza. As súas letras caracterízanse en que todas seguen un mesmo “sen-sentido”, transmiten emocións pero non contan historias. Con este proxecto o que se fixo foi plasmar este rasgo tan característico do disco a traves das ilustracións. Unhas ilustracións cunha gran influenza do surrealismo e cheas de cores e formas psicodélicas. Para o seu lanzamento fíxose un completo lavado de imaxe, creando dende cero: logotipo, packaging, merchandising, cartelería e páxina web. Todo seguindo o estilo das ilustracións, as formas irregulares e o feito a man.


10

Dg 1

PUZZLE JOAN RÍOS

Proxecto Final de Carreira dos Estudos Superiores de Deseño Gráfico curso 2013-14

O proxecto preséntase, partindo desde cero, como unha nova relixión politeísta, que amosa a conducta do ser humano, dunha forma irresponsable e coa necesidade de ser axudado. É un procedemento orixinal e creativo de contala historia dende o principio dos tempos ata agora. Os deuses teñen poderes baseados en sentimientos e estados de ánimo que se reflícten no ser humano, é dicir, que se alguén se sinte inspirado é produto dun determinado deus. O cerebro divídese en oito rexións que controlan os nosos movementos, pensamentos, razonamentos, etc. Cada deus posúe un poder que recae nunha parte específica do cerebro, pero os humanos non son conscientes da súa intromisión e pensan que eles mesmos controlan o seu estado. Hai unha serie de semideuses, metade humanos, metade deuses que guían aos habitantes da Terra a través da ciencia, música, artes, etc. Son personaxes fa-

mosos na historia que son admirados pola súa fama. Tamén son caprichosos e capaces de liderar as masas polas súas ideas. Guíannos co seu saber e dictaminan coas súas modas o que está ben e o que non. Moitos deles enfrentan aos seres humanos porque cada un deles idolatra a un ou outro xerando tensións. A través dun libro ou biblia, (Parábolas ) nárrase a historia dos nosos antepasados, cunha serie de deuses mediando nos comportamentos e facendo que todo transcurra como reflicte a historia (a invención do fogo, a primeira linguaxe, a escritura e progresos como a chegada á Lúa, etc. ). Por último, e para reforzar a existencia de ditos deuses, amósase unha serie de ilustracións dos momentos máis importantes na historia do ser humano e momentos cotiás que potencian a narración e a idea de Puzzle. www.proyectopuzzle.brace.io


11

Dg 4

AXON

OLAIA R. FERRANDO (Oli Ferrando) Proxecto Final de Carreira dos Estudos Superiores de Deseño Gráfico curso 2013-14

Axon é unha exploración sobre o papel do deseñador gráfico na industria do videoxogo. Componse de dous elementos: unha parte teórica sobre os deseñadores nos videoxogos e os seus ámbitos de traballo e outra parte práctica no que, en base a unha novela, desenvolveuse un guión dun xogo para poder construir os diferentes elementos gráficos que conten: naming, marcas, merchandising, packaging, motion graphics, gráfica interna, interface design, etc. www.undercorp.es


2

Il 4

JORGE CAMPOS JORGE CAMPOS, o ilustratecto Fragmento da obra “Alter·Nativo”

Jorge Campos naceu en Ourense en 1982 e creceu entre o calorciño das Burgas e a maxia da Ribeira Sacra. Tras acabar arquitectura na Universidade da Coruña, volveu a Ourense onde fixo ilustración na Escola de Arte Antonio Faílde, converténdose deste xeito, segundo as súas propias palabras, en ilustratecto. O gusto pola ilustración, especialmente o seu interese polo cómic, foi desenrolando nel unha grande habilidade narrativa. Gústalle xogar coa orde e o ritmo e propoñer distintas posibilidades de lectura nas súas narracións, apostando por formatos innovadores e experimentando coas distintas opcións que pode tomar unha mesma historia de ir cambiando as situacións que nela se van desenvolvendo, coma se fora unha búsqueda interna cara o descubrimento da súa propia personalidade. Nas súas obras destaca sempre unha coidada ambientación, abundando as escenas exteriores que se desenrolan en illas do máis aloucado, planetas extraordinarios ou territorios maias. De maneira case máxica, un síntese atraído por eses lugares, experimentándoos coma un viaxeiro que aterra alí en cada viñeta, en cada momento, en cada imaxe.

O seu afán por crear personaxes, lugares e historias venlle xa desde cativo. Con eles foi moldeando a súa personalidade artística e con algún leva convivindo xa máis de media vida. Os seus individuos resultan entrañables, reflexo do tema que se trata, e moitas veces prescinden de palabras para lograr expresarse e transmitir as súas emocións. Amosan sensibilidade, tenrura, realidade, achegando ó lector á historia e unindo cun fío de seda invisible ideas e sentimentos. No seu traballo predominan os estados de ánimo e a temática existencial, a búsqueda dun mesmo mediante a aventura e a sensibilidade, tanto do tema a tratar coma da relación entre este e o futuro receptor da mensaxe. Os seus debuxos están impregnados de asociacións e detalles, de significados ocultos, facendo da lectura das imaxes un divertido xogo entre o dinamismo e o misterio que se descobre pacientemente entre liñas. Coa súa cabeza en constante proceso de creación, as ideas aparecen nos seus cadernos de bocetos coma unha verdadeira luminiscencia en momentos de escuridade creativa, coma o canto dun galo que anuncia a chegada do agardado sol. Alicia Blanco, ilustradora


2

Ar 3

ARNOLFINI MIGUEL MANTILLA

Profesor de Debuxo Artístico e Cor

CAL É A AUTÉNTICA IMAXE DO MATRIMONIO ARNOLFINI? Quizais se descoñeza que Jan van Eyck, pintor primitivo flamenco que traballou para o Duque de Borgoña Felipe III o Bo, estivo en varias misións diplomáticas percorrendo a península ibérica e, o seu admirado cadro retratando por primeira vez ao seu probable amigo, o rico mercader italiano afincado na cidade de Bruxas, Giovanni Arnolfini e a súa esposa Giovanna Cenami en 1434 -ou a difunta Constanza Trenta segundo as últimas investigacións-, tras os herdeiros da parella, a pintura pertenceu a España, aínda que nos la roubaron no século XIX. Jan, co seu irmán Hubert pintaron dous anos antes, o enorme políptico de Gante e a súa famosa táboa central do Cordeiro Místico, pasando por ser dos primeiros en utilizar a técnica do óleo, pois as limitacións do temple de ovo tradicional pola súa fraxilidade e rápido secado, lograron mitigalas ao incorporar como aglutinante aceite de linaza, achado que a mediados de século exportou o seu colega Hugo van der Goes co Tríptico Portinari á Italia Renacentista para o deleite de todos na Historia da Arte. O óleo permitía pintar calquera imaxe cos máximos detalles, polo que ao estilo Flamenco denominóuselle Realismo de Lupa, acadando cotas inigualables até o momento, podéndose achegar aos modelos coa hoxe coñecida perspectiva acelerada e chegar mesmo a plasmar até os poros da pel en retratos como os do Mestre de Flémalle Robert Campin. Con todo, o seu debuxo perspectivo, aínda superando o Gótico Internacional, é arcaico, e dista moito do espazo obxectivo como cadro-ventá, segundo os coñecementos científicos aos que chegaron mestres italianos como Leon Battista Alberti, Piero della Francesca ou o propio Leonardo da Vinci tan só uns poucos anos despois inmersos no Quattrocento.


PERIPLO HISTÓRICO Está documentado que sobre 1490, o cadro pertenceu a Diego de Guevara, Embaixador español na corte de Borgoña e dos Habsburgo de Austria. En 1516 regálallo a Margarita de Austria, irmá de Felipe o Fermoso e Gobernadora dos Países Baixos, que o deixa en herdanza á súa sobriña María de Hungría, filla de Juana a Tola e tamén nomeada Gobernadora dos Países Baixos polo seu irmán o Emperador Carlos V. Chegando a España a mediados de século xunto ao Descendimiento de Van der Weyden, pasa á colección real do seu sobriño Felipe II, pois O Matrimonio Arnolfini colgaba no antigo Alcázar madrileño, onde logo inspirou a Velázquez as súas Meninas. Salvados do incendio no nadal de 1734, onde se perderon máis de 500 cadros, chegou a decorar o novo e actual Palacio Real de Oriente a fins do século XVIII, aínda que foi desvalixado polas tropas napoleónicas na súa fuxida de 1813. E a pesar de que o duque de Wellington incautoulles 90 cadros -hoxe na súa casa de Apsley House en Londres por regalo de Fernando VII-, misteriosamente non estaba entre eles o noso cadro protagonista, aparecendo 3 anos máis tarde como adquirido en Bruxelas polo Coronel escocés James Hai. O seu periplo remata en 1842, cando a recén creada National Gallery de Londres cómprao por só 730 libras esterlinas.

Pentimentis (arrepentimentos) Reflectografía (IB) de Rachel Billinge (NGL)


ORIXINAL

PERSPECTIVA INTUIDA A pesar dos tanteos e “pentimentis” confirmados pola reflectografía infravermella (páxina anterior imáxenes inferiores), o autor debuxa a escena a sentimento, buscando atenuar escorzos para captar os máximos detalles. Tales pretensións inherentes ao estilo dedúcense facilmente pola perspectiva lineal, pois como se pode comprobar, a diferenza das súas hieráticas personaxes, o pintor non queda inmóbil pola estancia: 1º debuxa erguido o teitume superior e á dereita sobre o dosel (F1); Logo agáchase para completar a súa unión coa contraventá do paramento (F2); A continuación móvese á esquerda para analizar e perfeccionar o dificultoso dosel (F3); Máis tarde cambia de lado dirixíndose á dereita para captar mellor a xanela oposta (F4) e finalmente regresa ao centro, pero acaba sentado para representar o máis fielmente posible o veteado do chan (F5). RESTITUCIÓN PERSPECTIVA A localización predominante do Punto de Vista do pintor debe pois quedar centrada na vertical entre F1 e F5 e próxima a F2 por mera distribución estatística, aínda que polo máis probable asentamento posicional e as menores distorsións resultantes, para localizar o coincidente Punto Principal de Fuga da converxencia perspectiva decantámonos por unha Altura Visual media sobre LH3 no centro entre F3 e F4 e baixo F2 até xusto o borde do espello convexo, realzando algo máis a parella protagonista aínda á conta de esaxerar o dosel e teito pero sen cambiar as súas Verdadeiras Magnitudes. Como é sabido, desde aí divergen todas as paralelas que teñen en común a dirección ortogonal á superficie da obra, pois se dan por supostas a correcta nivelación e construción de ángulos rectos, así como a adecuada orientación do camastro. ORIXINAL

RESTITUCIÓN

RESTITUCIÓN

Por outra banda, grazas ao encaixe elíptico dos seis brazos da araña, áchase o perfil do cadrado circunscrito coas súas diagonais afastándose a 45º para atopar o círculo de distancia cuxo radio nos descobre a Distancia de Afastamento proporcional do pintor ao cadro. FINALIDADE A beleza e detallismo do cadro co a súa cotidianeidade pola gran difusión alcanzada, poden dar a aparencia dun conxunto harmónico e deixarnos caer nunha suposta verosimilitude iconográfica á que estamos afeitos, sobre todo si descoñecemos unha carencia relevante até ese momento, o dominio na representación da profundidade perspectiva, por iso se etiqueta de primitivo a devandito estilo, pois até ser obtenida en breve, déixanos entrever a incongruencia espacial só advertida desde unha análise máis profunda como esbozamos. Por tanto, que buscamos ao restituír o Punto de Vista?: Mostrar a falsidade da aparencia visual ao descubrir o engano intuitivo; Cinguir o proceso que abarcou un período de tempo a tan só un fugaz instante inmóbil algo máis asumible; Equilibrar a escena no seu conxunto, é dicir, darlle a mesma coherencia ao entorno espacial como ao detallismo formal pola súa lograda minuciosidade case microscópica; E en definitiva, transformar o cadro nunha imaxe máis congruente coa realidade obxectiva e co coñecemento pictórico e científico alcanzado. Desde ese momento ábrese un abanico de posibilidades e podemos reconstruir a imaxe en 3D ou facer un estereograma de visión directa e a típica postal estereoscópica dos museos e mesmo chegar a completar unha representación a 360º, aproveitando as medidas descubertas e a vista posterior que nos brinda o espello rectificado, como tentaremos facer no blog enviarte.wordpress.com.


2

Fo 1

ARQUITECTURA IAGO GONZÁLEZ Anacos

Anacos. Liñas e xeometrías. Pegadas dunha percepción que se independizan. A parte sublevada contra a tiranía do todo.


1

Il 2

C.I.A.T.O. FRANCISCO VILLARREAL

Proxecto - Centro Interpretación da Auga Termal de Ourense

O ser humano sempre necesitou habitar na beleza, a cultura, a saúde e o lecer; fortuna é poder utilizar a luz e a sombra, o cheo e o baleiro, o material e o inmaterial, para conseguila. A pesar do grave estado de conservación do edificio no que se intervén, pervive a súa virtude. A antiga Cárcere Provincial caracterízase pola súa sobriedade e o estilo civil defensivo. Na proposta de intervención ponse en valor dita arquitectura orixinal e libérase de engadidos: muro perimetral, garitas e edificio anexo da fachada este. O proxecto C.I.A.T.O. nace da necesidade de contribuír á recuperación dun espazo urbano importante e emblemático na cidade de Ourense que axunta historia, termalismo, medio natural e espazo habitable. Polo tanto pretende deseñarse un complexo termal ao servizo do cidadán e do usuario con múltiples funcións: Centro de interpretación, zona termal, xardíns e área de esparcimento, cafetería, tenda-librería e laboratorio de investigación e produtos cosméticos termais. Con tal finalidade trabállase a partir de sensacións espaciais que pretenden conseguir, en todo o conxunto un espazo amplo, diáfano, con distintos niveis en altura e comunicados entre sí. O diálogo espacial entre o interior e o exterior a través da apertura dun gran van no muro de carga do edificio, permite perder o seu carácter pechado e illado para transformarse nun conxunto ao servizo da cidade, utilizando para iso o espazo, a luz e o material. Ademais ponse en valor e recupérase a contorna natural, comunicando o río Barbaña co casco histórico.

No centro de interpretación, mediante un percorrido ao longo das tres plantas, faise sentir ao visitante por medio do coñecemento e as sensacións, o traxecto que realiza a auga de choiva e que fai que parte desta se transforme en auga termal. O eixe vertebrador do espazo museístico neste proxecto é o ciclo do auga, desde a precipitación en auga de choiva, filtración na terra, filtración no subsolo granítico, elevación a altas temperaturas, integración de elementos químicos varios, estancamento prolongado, ascenso ao exterior e evaporación nun manantial ou río. O argumento conceptual interior exhíbese en mapas serigrafiados, en chans técnicos retroiluminados, proxeccións en pantallas, cartaces en caixas retroiluminadas, vitrinas de chan, vitrinas suspendidas no falso teito, paneis interactivos, proxeccións de audio-vídeo e material didáctico diverso. No laboratorio estúdase a calidade e características das augas termais da provincia, e investígase nas múltiples aplicacións, en produtos de beleza e naturopatía que posteriormente serán comercializados. Os exteriores que circundan ao edificio destínanse a esparcimento, termalismo, lecer natural, exposicións de arte contemporánea, instalacións, concertos ao aire libre, eventos culturais e variadas actividades lúdicas para a cidadanía en xeral e para o usuario termal. En definitiva, o Cárcere Provincial de Ourense que outrora foi lugar de encerro e represión, transfórmase agora nun espazo lúdico-cultural aberto, destinado á expansión e goce do home.


2

Il 4

BEROBREO MANUEL ÁLVAREZ Proxecto - Restaurante

A proposta consistía en proxectar un restaurante de alta cociña, onde ademais de gozar da comida, tamén servise de punto de encontro entre profesionais da restauración, laboratorio de ideas e novos conceptos na creación gastronómica. En esencia, e de xeito metafórico, consistiu en tomar como base para a cociña o tradicional, o de sempre (edificio vello) e despois, explorar novos xeitos de usar os ingredientes cotiáns, transformándoos, ou simplemente combinándoos con elementos menos explorados (engadido novo). Os espazos, son amplos e abertos, o que fai que tódalas zonas estean conectadas visualmente, sucedéndose coa máxima fluidez. A mestura de luz natural cenital e a luz xeral artificial, dota aos materiais de interesantes texturas e cores. Así, a partir do ambiente natural do lugar optouse por unha implantación coa menor interferencia posible na contor-

na, con solucións e acabados simples, pero cunha estética sofisticada, reforzando de xeito concreto o concepto que se utilizará en tódoslos traballos que se elaboren na cociña. A zona de traballo desenvólvese como un volume independente pero cunha comunicación intencionada co resto de espazos. Ademáis, desenvólvese cara ao exterior apropiándose dél, así a esencia da natureza que envolve o edificio, sempre estará presente. Prodúcese un interesante dialogo entre o edificio antigo, e os engadidos, xa que o antigo, entra e sae do contedor que xera o volume novo, mesturando os conceptos de interior-exterior, e restando rixidez á edificación preexistente. Toda a planta baixa está dedicada á cociña e as súas afinidades, porque é o cerne do funcionamento do restaurante e penso que debe quedar moi ben delimitada, mais non escondida. Hai dúas

zonas moi marcadas en canto a servizo de comida, por unha banda temos o restaurante propiamente dito, onde gozar dunha gran vista ao exterior, e por outra unha sala máis de comedor, xa na planta superior cun concepto máis dinámico, onde se comen de pé, pequenos pratos ou pinchos de degustación que son froito da experimentación e polo tanto non suxeitos máis que ao produto que haxa ese día e/ou a inspiración dos chefs; onde ademais pódense realizar catas temáticas de cociña de diferentes partes do mundo. En resumo, “Berobreo” é un novo xeito de entender a cociña, situado nun marco e ubicación tradicionais, pero que pretende non deixar a ninguén indiferente.


3

Il 4

F.I.G.E. MIRIAM GONZÁLEZ

Proxecto - Fundación Innovadora da Gastronomía Ecolóxica

“ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE UNIDAS NUN MESMO ESPACIO” A gastronomía goza hoxe dun momento como nunca antes se coñecera e moi especialmente na nosa comunidade garda un enorme prestixio tanto pola innovación dos cociñeiros galegos como pola calidade do produto en sí. Este proxecto asentase no señorial Pazo de Castadón, no concello de Pereiro de Aguiar coa finalidade da creación de FIGE, a Fundación Innovadora da Gastronomía Ecolóxica. O entorno natural que enmarca e potencia este espazo intégrase no seu interior mediante materiais e elementos sacados da propia natureza, insinuando así a sensación de liberdade dentro dun espazo pechado, tratando de fusionar os conceptos: bio, produtos naturais e unha arquitectura limpa e simple sen apenas transformación. Desta maneira gastronomía ecolóxica e arquitectura sostible fúndense no deseño do

conxunto, co que se busca o acercamento e o contacto do produto dende a súa orixe ata a mesa. F.I.G.E. é un espazo con dobre uso, diferenciando entre zona pública, destinada a charlas, conferencias e degustacións culinarias e a zona privada, enfocada á elaboración dos alimentos mais á ensinanza, en busca da unión entre a teoría e a práctica nesta disciplina. Este centro ten como fin a formación e a investigación, así como a innovación e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía nas diferentes áreas das Ciencias Gastronómicas. Búscase renunciar á adulteración dunha profesión que sempre empregara produtos naturais. Deixar en evidencia a falsa cociña froito de produtos de síntese ou de laboratorio e encamiñarnos en consonancia co que realmente demanda a sociedade: unha mesa máis verde, máis natural e máis acorde co territorio e a cultura propia, nun espacio acondicionado para esto e envolto nun entorno coherente cos principios desta fundación.


Planta baja

Planta primera


4

Il 4

MOBLES VVAA

Proxectos dos alumnos de interiores

>

MOBLE EXPOSITOR ALBA ÁLVAREZ

O deseño dun moble expositor que xere un espazo íntimo entre o elemento que se expón e o seu observador, foi o principal punto de partida. Posto que non existe mellor forma de coñecer algo ou informarse sobre iso que situarse fronte a él, en soidade, podendo así ser coñecedor do mínimo detalle, daquel, que noutra situación pasaría totalmente desapercibido. Así, con este moble creáronse dúas atmosferas moi diferentes, unha, que permite realizar unha rápida ollada sobre os dous elementos sólidos protagonistas, un superior e outro inferior; a outra, pretende acoller en certo xeito a aquel que desexa coñecer algo máis do traballo que se expón. Así, unha estrutura de aluminio en voadizo acolle ao observador con medidas axustadas para que tan só un individuo poida gozar plenamente de devandito encontro, en soidade, sen distraccións. A forma deste moble resúmese nun claro xogo de cheos e baleiros no cal non se renunciou ao efecto da luz diagonal procedente duns focos perfectamente integrados en devandita estrutura en voado. Esta gran aliada da arquitectura xogará cos elementos expostos xerando neles sombras e resaltando as súas curiosas siluetas. Con todo, a luz ambiente tamén será outra gran protagonista, podéndose filtrar en calquera momento do mesmo xeito que as miradas curiosas dos visitantes, a través dos diversos ocos que este moble xera.

< MOSTRADOR

PUNTO DE INFORMACIÓN ALBA ÁLVAREZ Deséñase este moble para un espazo concreto de información turística, un lugar no que a madeira é a verdadeira protagonista en forma de listóns que recubren interiormente os paramentos e exteriormente maniféstanse a xeito de pérgola; pretendendo así, un interesante xogo de luces que se filtran entre eles. Este mesmo concepto, trasládase ao deseño deste mostrador no que a madeira volve ser o material elixido, unha serie de listóns tinguidos de cor negra en fprma de “L” unidos a dous elementos sólidos materializados en madeira natural de arce. Xeran un verdadeiro contraste, non só en canto a tonalidade senón tamén en canto a relación cheos-baleiros. Así, o moble consta de tres pezas, nos que unha delas é móbil, permitindo convertelo nun elemento moi versátil adaptable a multitude de espazos e servizos, permitindo traballar ao usuario de pé ou sentado e ata facilita o acceso a persoas de mobilidade reducida.


MOBLE EXPOSITOR

>

DENNYS MARTÍN O meu recordo do xeito de expoñer os mobles na EASD Antonio Failde, algúns colgados en equilibrio casi inestable con un forte impacto visual, foi sin dúbida a principal fonte de inspiración a hora de proxectar un moble expositor para a Escola. Foi entón cando me din de conta que o meu proxecto rematado tiña que dar esa mesma sensación de tensión e plantexeime chamarlle por elo D_Equilibrio.

estemos vendo as maquetas ou ollando os paneles non perdamos de vista todo o que acontece na súa contorna. Constrúese mediante unha estrutura tubular de aluminio que arranca desde o chan ata adquirir una altura total de 1.90 m. Na mesma leva aloxado un equipamento autónomo para a iluminación tanto dos elementos planos como dos volumétricos.

Procurei ademais, que este moble previsto para exposicións de elementos planos e volumétricos fose o menos protagonista posible, para que cando

>

MOBLE D_31, MULTIFUNCIÓN DENNYS MARTÍN D_31, é un produto multifunción que ten tres posibilidades: cadeira, tumbona e mesa. Tres mobles distintos que se constrúen a partir de 17 tubos de estrutura de aluminio extrusionado e unha cuberta de polietileno reticulado, uníndose entre sí por medio de dúas pletinas tamén metálicas que enlazarán os devanditos tubos, “debuxando” a silueta de cada un dos mobles. Este deseño nace da necesidade de dar resposta a dúas esixencias da sociedade actual: unha imaxe de vangarda coa cal o home moderno se sinta identificado e unha gran flexibilidade de uso e posibilidade de almacenamento.


MOBLE EXPOSITOR

>

MOBLE EXPOSITOR

RAÚL REY

RAÚL REY

Intersec da unión do horizontal e do vertical.

Intersec da unión do horizontal e do vertical.

Fraga_Stool nace inspirado nas formas arbóreas e as tramas que xeran a súa proliferación, as fragas. A súa composición ondulada nos catro lados permite que mediante a repetición modular se xere unha maia orgánica que se expande ilimitadamente, como un bosque.

Os planos vertical e horizontal coexisten a miúdo nas mostras expositivas.

Os elementos que xeran estas formas onduladas apóianse sobre unha caixa base elevándose sobre éla e separándose lixeiramente. Esta separación permite, á vez que para sentarse, un xogo de cheos e baleiros que poderán albergar: folletos, trípticos, etc. Grazas a esta posibilidade e ao seu carácter modular adaptarase con facilidade a distintos espazos como por ejemplo: puntos de información tuística, lugares públicos diversos, museos, etc.

Relegadas as maquetas ao plano telúrico e separadas dos paneis situados no plano ascendente, búscase neste proxecto unha integración de ambos. É así como se recorre ao concepto de intersección, nexo inequívoco dos planos ortogonais. Deste xeito nace “Intersect”, onde a intersección actúa como forza xeradora, construíndo e agrupando entre sí as distintas pezas da serie. Un módulo plano e vertical actuará como soporte para os paneis, mentres que outros dous módulos paralelepipédicos servirán para exhibición das maquetas. A intersección destes elementos evitará disgregacións e xerará distintos espazos e percorridos que configuran e axeitan o espazo expositivo.

>


SHEILA PÉREZ

SHEILA PÉREZ

O asento dentro do mundo do amoblamento, foi moi probablemente unha das primeiras creacións conscientes do ser humano no seu devir histórico. No caso desta creación, mantívose como premisa traballar coa dualidade función_forma perfectamente compensada, o que serviu de guía desde os primeiros bocetos ata a explicitación definitiva.

Unha sala de reunións é unha estancia habilitada para que nela teñan lugar encontros programados para exposición e/ou debate de diferentes temas. O moble protagonista de devandito espazo debería de ser precisamente a mesa ao redor da cal se departe.

Pretendeuse un deseño o suficientemente neutro como para que permita a súa ubicación en calquera dos lugares aos que poida ser destinado, sen características que o relacionen cunha determinada estética ou tipo de arquitectura interior; todo iso sen obviar unha necesaria impronta de contemporaneidade que se considerou imprescindible. Ademais valorouse a súa capacidade de adaptación espacial, presentando unha gran variedade de solucións: encostado, en illa, alineado, contraposto, etc. En resumo, poderíase definir o resultado final como o de unha escultura útil resolta en dous volumes: de madeira natural e de fibra de vidro, aportando unha imaxe dinámica con diferentes cores e acabados para unha customización adaptada ás necesidades do usuario adquirente. O diálogo entre estes dous materiais acentúase co xogo de polos antitéticos: opacidade e transparencia, o artificial e o natural, o orgánico e o racional, o pesado e o lixeiro... etc , e todo iso sen perder de vista a súa finalidade máis prístina de descansar, ligada íntimamente á historia do propio ser humano.

>

MOBLE MESA

>

MOBLE BANCO

No seu deseño, perseguiuse desde un principio manexar o seu carácter simbólico e aglutinador, protagonista dun espazo ao que non soamente pretende adxetivar. Todo iso, sen ir en detrimento da súa ergonomía e funcionalidade. Pártese ademais da premisa de que dita mesa sexa o suficientemente abstracta e con diferentes opcións de tamaño e acabado como para que poida adaptarse con leves modificacións, a calquera tipoloxía espacial ou circunstancia funcional. O resultado é unha volumetría asimétrica que lle aporta forza e dinamismo, protagonizada por un pé central que traspasa o propio volume deixando patente a idea de “firmitas” do obxecto creado, á vez que organiza e subdivide diferentes zonas no sobre. A forma do sobre permite por unha banda ter un ou dous postos de preeminencia (de ser necesarios) e por outro permitir que cada usuario manexe a “distancia social” cos reunidos, isto é, que poida manter un nivel elixido de separación ou illamento respecto do grupo.


3

Ar 4

A CAIXA DO TEMPO VVAAA: Alumnado de 1º de deseño gráfico Deseño básico e volume

É un traballo do alumnado de primeiro curso de grao en deseño gráfico, para as materias de deseño básico e volume. Comezou sendo unha proposta dunha caixa do tempo onde metesen en cápsulas este momento inicial dos seus estudos. Propúxose crear un contedor para gardar distintos elementos e un folleto básico co seu identificador, coa idea de pechalo inicialmente e abrilo ao finalizar os estudos. O traballo acabou derivando nun proxecto persoal sobre as expectativas que teñen sobre os estudos, o seu momento vital actual, os intereses que teñen e o que significa crear ou deseñar. Case que todos remataron falando de crecemento, evolución e cambio.

UNIVERSOS SILVIA MARTÍNEZ Universos é un proxecto de “cápsula do tempo” que pretende reflectir a miña estadía na escola durante estes anos como unha etapa de evolución tanto persoal como profesional, unha etapa de crecemento e cambio. Esta cápsula representa o meu particular “universo”, un universo en continua transformación, que está formado por ideas, proxectos, experiencias, e que contén valores fundamentais nunha persoa e, sobre todo, nun deseñador. Esta idea de transformación e metamorfose pode observarse na propia morfoloxía da caixa, que muda dunha forma simple (un cubo) a unha máis complexa (un dodecaedro), e que, á súa vez, é reversible. En canto ao contido, cada cara da caixa esconde un pergamiño cunha calidade diferente (paixón, perseveranza, espírito crítico, traballo en equipo, creatividade e profesionalidade). O obxectivo desta cápsula temporal é o de, unha vez rematado o grao, ollar se posúo ou non cada un destes valores.


PROYECTO SUDACA

KAFFÉ & LÁPIZ

CAMILO CRUZ

DAYSI RAMÍREZ

Proxecto Sudaca é un traballo que representa o proceso de integración dos países latinoamericanos.

Un café e un lapis para comezar.

Este proxecto ten fondas raíces no tempo cando os pobos foron continuamente atopándose entre si. Aludindo á unidade e ao “movemento” que teñen que levar a cabo os actores políticos do proceso de integración, empregouse un cubo de Rubik que pretende reflectir a complexidade do asunto que, durante moitos anos, non apareceu na axenda política de ningún mandatario do continente americano. No entanto, o denso e laborioso do traballo non comporta a imposibilidade do seu desenvolvemento, e coma o cubo de Rubik, tarde ou cedo rematará por completarse. É a súa razón de ser, como o propio Bolívar afirmaría: “un inexorable decreto do destino”.

Como deseñadores gráficos, antes de chegar á arte final, precisamos realizar moitos bosquexos e pasar moitos días en vela. Non hai deseñador que se prece que non teña unha cunca chea de calquera bebida espirituosa ou cun líquido descoñecido reseco de días. Tamén atopamos ese lapis que nos gusta, ao cal lle temos cariño e que, apenas, ten a súa punta afiada, parece que estivese cheo de ideas. Por iso, a nosa caixa do tempo fai un chiscar de ollos a estes dous elementos tan importantes na vida dun deseñador... Un café e un lapis para comezar.


“SSSSS”

LEARNING TO FLY

CRISTINA E. TABOADA

DANIEL VILLANUEVA

As serpes cambian constantemente a pel para poder medrar. Cada vez que isto acontece, asemella un pequeno renacemento. É un símbolo de transformación e renovación. Representa o progreso, a continuación, o sinal de prosperidade e avance. Supón unha mellora, unha evolución continua.

A caixa identifícase comigo de xeito metafórico, xa que actualmente estou “protexido”, por así dicilo, por meus pais, pois eles mantéñenme e vivo na súa casa (igual que o paxaro vive no niño dos seus pais); e na escola aprendo un oficio do cal poder traballar nun futuro.

O “siseo” é o son que emiten as serpes. Non é unha linguaxe, non se comunican. O “siseo” prodúceo o son da súa lingua viperina ao cortar o aire e, tamén, o corpo ao desprazarse. O dito desprazamento, ao igual que o seu cambio de pel, simboliza a súa continuación. A súa anatomía pódese representar con este son. O identificador. O rombo é a figura que conforma a caixa. Partindo dela, subdivídese para crear o identificador. A tipografía créase a partir da forma romboidal. O logotipo e o pictograma asemellan unha serpe desprazándose.

Cando acabe os estudos, poderei traballar diso que aprendín, terei os coñecementos e a madureza necesarios para independizarme.


ME QUIERO, NO ME QUIERO NATALIA LAREO Con este traballo quixen reflectir o xogo de esfollar as margaridas, transformando o tradicional “quéreme, non me quere” en algo máis persoal. De aí xurdiu a idea de “quérome, non me quero”, como dicindo que primeiro hai que quererse un mesmo, para poder querer os demais. Ademais disto, o símbolo da margarida pareceume o máis axeitado, pois estas relaciónanse coa concentración, o intelecto, a paciencia e tamén a inocencia. Pedíusenos algo que reflectise a nosa estancia na EASD, e con isto quixen tratar o tema da confianza nun mesmo e esquecer o medo a fracasar, xa que isto será a primeira clave do éxito.


BODEGÓNS NOVELÍSTICOS

3

Il

LAURA LOBÓN CASTRO

2

Proxecto Final C.S. Ilustración. 2012

Este proxecto nace da necesidade de experimentar un pouco máis co carboncillo e o conté. O uso comercial destas imaxes é un calendario, produto que distribuirá gratuitamente unha cadea de librarías aos seus clientes no período do Nadal. Para confeccionar estas imaxes, primeiro elaboro os bodegóns, a continuación escollo o encadre e finalmente tomo os carboncillos. Están traballados a escala de grises, buscando o efectismo do claroscuro, do tenebrismo, sobre papel fabriano. Este papel aparece tinguido de distintas cores para xerar a atmosfera.

Como colectivo, estes bodegóns aparecen vinculados á intriga, á esencia narrativa, e individualmente representan diferentes subxéneros narrativos da novela. O primeiro representa o subxénero sentimental, o amor cortés; o segundo o subxénero histórico, concretamente á filosofía; o terceiro representa o subxénero fantástico, chámoo O rei funerario; o cuarto, o subxénero policíaco e a súa Procura da identidade; o quinto o subxénero de terror con énfase na columna vertebral; e o sexto, o subxénero didáctico, especificamente a química.

2

3

1


5

4

6


4

Ar 6

CONDE CORBAL ANTÓN CASTRO

“Conde Corbal e o estampado ófset como linguaxe da memoria de Galicia”

‘‘Efectua máis de mil estampados desde 1950, cunha finalidade, próxima á pedagoxía popular’’


O máis interesante de Conde Corbal como artista, co que el se sente máis identificado, dadas as súas connotacións comunicativas, quizais é o gravado ou estampado. Se a función do gravado é a reprodución en serie da obra para que chegue ao maior publico posible -abaratando o produto artístico-, cómpre botar man de procedementos máis lóxicos, menos custosos e menos complicados. Esta foi a busca de Conde Corbal. Obter un novo procedemento técnico por medio dunha plasmación peculiar e moi persoal: realiza o debuxo sobre unha folla de plástico transparente, non empregada na prancha convencional, cunha imprimación de pigmentos encolados. Máis tarde logra a súa transformación por fotogravado para captar con gran fidelidade os valores plásticos e as calidades que o artista pretende obter. A pretensión esencial de Conde Corbal na súa obra gravada-estampada, ao longo de máis de vinte anos, é a pura comunicación visual. Esta debe ser, segundo o artista, viva e activa ante o espectador; pero un espectador amplo que abranga a todos os estratos sociais. En definitiva, trata de buscar e de subliñar diferentes niveis de información, co fin de crear unha situación de debate localizada na conciencia social de cada un dos individuos. Partindo desta concepción da arte-comunicación, Conde Corbal reforza o sentido da mensaxe no receptor, que non só o recibe emocionalmente senón tamén a través da claridade do contido. Para o autor, tarefa fundamental é o estímulo que exerce a imaxe artística na conciencia popular como elemento creador de inquedanzas ou como forma de educar a sensibilidade. Nunca mellor acaídas aquelas palabras de Ernst Fischer en A necesidade da arte: “A tarefa principal dunha sociedade socialista onde o mercado da arte non está aprovisionado pola produción en masa dos especuladores capitalistas é, pois, dobre: facer que o público atope pracer na arte, espertar e estimular a comprensión, e poñer o acento na responsabilidade social do artista”.

Damos por suposto que non están excluídos nin o compromiso artístico nin a denuncia que a mensaxe leva consigo. Neste senso, Conde Corbal enlaza coa liña do realismo social ou expresionismo social, como Ile chamou o crítico e historiador Valeriano Bozal, actitudes presentes en figuras tan importantes como Grosz ou Renato Guttuso, pintores admirados polo noso artista. Son máis de mil estampados os efectuados por Conde Corbal desde 1950, agrupados en series temáticas, cunha finalidade próxima á pedagoxía popular. Poderiamos dicir que o tema, auténtico elemento literario ou narrativo, constrínxese a situacións monográficas que nacen da Galicia profunda, salvo raras excepcións: a Galicia do mar ou a do agro, os seus monumentos, as súas xentes, as súas cidades, o mundo mariñeiro ou as súas artes, o ámbito rural, a literatura e os seus homes, a antropoloxía, a etnografía, a fauna, a flora, os ríos, as costas, as súas vivencias históricas, a guerra ...É a Galicia enteira, dimensionada na complexidade fílmica dunha visión artística, aprehendida con certeiro amor panteísta, coa plena identificación do que coñece e se compromete co seu pobo e coa súa terra. A de Conde Corbal é unha arte para o pobo, que pode, aínda na incomprensión, escenificar aquelas inquedanzas do testemuño social máis cru, herdeiro do Castelao do Álbum Nós. Velaí algunhas das súas series máis importantes: Referenciadas na literatura, destacan as tres series realizadas sobre a obra de Valle-lnclán, 1959-1970: “Luces de bohemia”,” O amor e a morte en Valle-Inclán” e “A etnografía galega en Valle-Inclán”. Relacionadas coa etnografía: “Cruceiros, petos e santos”(1955), con prólogo e comentarios de A. García Alén, “Pontevedra: a terra e a súa xente” (1957), prologada polo profesor Filgueira Valverde. Sobre as cidades e o seu contorno, provincias e os seus monumentos: “Ribadavia” (1974),”O Vigo vello“, “O Ourense perdurable” (1950) con pés de Vicente Risco, “O Ourense monumental” (1964) con pés de Ferro Couselo, “Pontevedra monumental” (1955), “Pazos de Pontevedra” (1972). Vinculadas ao mundo mariñeiro galego, a súa vida, as súas xentes, as técnicas

‘‘A búsqueda de Conde Corbal foi obter un novo procedemento técnico. Realiza o debuxo sobre unha folla de plástico transparente cunha imprimación de pigmentos encolados e finalmente transformao por fotogravado ’’ pesqueiras, a fauna mariña...: “A dorna e os que viven dela” (1977 ), “Xentes do mar de Vigo”, “A dorna e os seus traballos”, “Peixes, moluscos e crustáceos”. Sobre a fauna e a flora galegas: “Peixes do río”, “Paxaros “, “Árbores e arbustos”, “Floriñas ventureiras”, “Mamíferos”, “Insectos”. Vinculadas a viaxes e itinerarios: “A costa da morte”, composta por máis de oitenta estampados. Excepcionalmente, temos series con temas non galegos: “Unha viaxe por Italia”, e decenas de monografías sobre Bretaña e o Baixo Miño. Series documentais e históricas: “A Guerra Civil en Galicia”, composta por máis de cen estampados. A vía estética do estampado, como en toda a obra de Conde Corbal, será unha peculiar opción expresiva e grafista, filla dun realismo deformado con plena consciencia, fortemente expresionista, distorsionante, na liña do esperpento goyesco e de forte trazo xestual. Carol Maier, crítica literaria norteamericana, estudiosa da súa obra, di que a mellor forma de entender a fondo a razón gráfica dos gravados de Conde Corbal é por medio da relación que estes manifestan cos principios estéticos de Valle Inclán. Pretensión estética con recendos dos vellos canteiros, dos tímpanos e petos das ánimas, da palabra de Valle feita liña, co descaro de chamarlles farsantes aos ultraístas, resucitar a Goya e levar os heroes ao Carreixo do Gato da escena XII de Luces de bohemia, asumindo o papel de Max Estrella. E esa sinceridade aparece no testemuño persoal de moitas das


súas mostras, como narración do pobo que retrata para a posteridade, preto da fábula dos cantos de cegos: “A maneira de catálogo, ben quería nomealos un a un... Son xentes do mar, mariñeiros, pescas, regateiras, choronas, prantos, orfas e viúvas, noites de traballo na lonxa ... Son beatas, devotas, ofrecidas de xeonllos, processions de Amil e do Corpiño, labregos do interior, traballadores de eixada, obreiros de pico e pala...”. Palabras do artista que introducían moitos dos seus catálogos expositivos e que preparan o espectador para que penetre na dinámica social que se vencella irremediablemente ao labor creativo que aquel propón. Na súa linguaxe conflúen o expresivo e mais o construtivo. O primeiro, na capacidade do artista para exteriorizar os aspectos emocionais nas súas figuras, a través da deformación, mesmo se o representado é un simple obxecto ou un monumento arquitectónico. Non só sitúa os personaxes e as escenas no seu propio contexto, senón que singulariza a súa dinámica distorsiva, conforme o rito axitado dunha nova mirada. Así, á visión da paisaxe urbana, pénsese no Ourense perdurable, pódese achegar ao espectador de diferentes maneiras ,e consonte o seu estado anímico variar a percepción. Dicía Otero Pedrayo que para Conde “descóbrense os admirables acordos e concordancias das xentes e as casas, das horas e as estacións e a paisaxe dun canellón, ou unha praciña...”. Do construtivo asume, ademais da estética analítica das liñas que definen ritmos e estruturas orgánicas, a capacidade da mensaxe educacional, esa persoal pretensión transformadora da sociedade que recibe a imaxe. Pretensión social que é semellante á desenvolvida na Alemaña pola nova obxectividade dos anos vinte, que reforzara entón un concepto máis gráfico que pictórico, ou o labor do anteriormente citado Grosz, un dos grandes mestres do debuxo satírico-social, e mesmo parella ás pretensións, en certos gravados, á estética dos muralistas mexicanos.

‘‘Abríndolle ao espectador zonas para a inquedanza e o desacougo. Camiños que se afastan dunha realidade programaticamente establecida’’ Mais é no italiano Guttuso onde Conde Corbal vai atopar o seu mellor paralelismo, co que o galego coincide testimonialmente, non só na estética senón tamén en cuestións de contido. Guttuso define o seu realismo partindo da relación coa sociedade. Nunha conferencia, “Sulla vía del Realismo”, dixera que ‘‘unha obra de arte debe ser comprendida por todo o mundo, ou polo menos en parte, através desta parte, clara para todos, será posible para aqueles máis instruídos, máis sensibles, máis cultivados... acercarse á obra... A outra parte dunha obra que debe ser clara para todos é eterna...”. Outras compoñentes da súa tarefa estética no terreo do estampado son os que estuda a devandita crítica, Carol Mayer, desde cinco perspectivas diferentes: 1) O trasfondo cultural que aflora en todas as súas obras, debido en gran parte á súa profunda paixón pola lectura, outórgalle ao seu traballo unha base de seriedade e de didactismo moi consistente. Sempre rodeado de libros ou apuntes, Conde Corbal foi un ávido lector; pero non só lector de letras senón, e non é menos importante, lector da vida, do seu contorno, de canto o rodeaba e o influía.Tocante ás lecturas, o influxo que a obra tan persoal de Valle-Inclán supuxo no devir do seu traballo é innegable, chegando a afirmar que Valle-Inclán é “quen me había guiar a man”. 2) O intento por sacar á xente de Galicia do seu propio esquecemento esperta nel a unha especie de memoria colectiva da súa identidade reflectida a través das series de xentes, de lugares, de tradicións...conformando unha cultura propia á que en moitas ocasións nós mesmas somos alleos. A conexión con nomes coma Risco, Otero Pedrayo, García Alén ou Ferro Couselo apoia o valor etnográfico que xa teñen por si mesmos moitos


‘‘Dobre misión: O pracer na arte, e estimular a comprensión, a responsabilidade social do artista’’


‘‘Corbal, de trazo xestual, fortemente expresionista, distorsionante, na liña do esperpento goyesco’’ dos seus traballos. Recunchos de Galicia inmortal izados e moitos desaparecidos hoxe en día mantéñense vivos na nosa memoria grazas á súa intervención. 3) O deformante, como terceira proposta ante a obra de Conde Corbal, non deixa de ser unha mestura da memoria co sentimento, logrando unha expresividade a través da liña, experimentando sobre si mesma e abríndolle ao espectador zonas para a inquedanza e o desacougo. Camiños que se afastan do que podería ser unha realidade programaticamente establecida por unha sociedade cuns modelos de actuación realistas e plenamente aceptados que o pintor dende a súa óptica concienciadora adoita esnaquizar, chegando en moitas ocasións a situacións en que o inquietante, a mascarada, o que de grotesco ten a vida, imponse a esa realidade tan convencional. 4) O carácter humanizante que dende o gravado se ofrece, igual que as outras compoñentes, pode seguirse rastrexando ao longo da súa obra. Ao rectificar co emprego da tecnoloxía do gravado a deshumanización reflectida no punto anterior, fai deste medio de expresión o seu medio preferido, “o máis expresivo e rápido para comunicarlle ao pobo o que a miña terra me fai sentir”. Unha relación coa máquina que precisamente o que nos posibilita é a

nosa humanización gracias a esa colaboración da que as dúas partes extraen beneficios. 5) A última situación é a que presenta unha palabra inherente ao mundo do gravado coma “fixeza”. Esa captación inmóbil que se logra na prancha, a inmobilidade da escena, permítelle o efecto contrario como é o de poder continuar coa súa divulgación, coa súa extracción cara ao maior número de público posible, empregando así unha mensaxe continua, dende un mesmo grafismo. Unha pretensión, polo tanto, definidora da súa forma de actuación e que se irá impoñendo no seu traballo, un motivo que poida ser observado polo maior número posible de espectadores, en calquera escenario ou situación. Esta pretensión é asumida na estética de Conde Corbal como obxectivo prioritario: os seus gravados ou estampados responden á realidade vibrante do seu mundo lacerado polo grafismo da súa concepción da liña. Xosé Antón Castro é Doutor en Historia da Arte. Foi Director do Instituto Cervantes de Milán. e Subdirector General de Patrimonio do Ministerio de Cultura. Ten publicado múltiples libros e artigos e comisariado exposicións, tanto en España como no extranxeiro. Actualmente imparte clases na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.


3

Fo 3

MODA VVAA Moda

ANTÓN GUERRERO


SOLEDAD APARICIO

PATRICIA V. AMPUDIA


NOELIA BLANCO

MIRIAM MÉNDEZ


4

Fo 3

OBXECTOS VVAA

Bodegóns

ANTÓN GUERRERO

MARTA PORTO


OUTRA HISTORIA DOS RESTOS


IVÁN FERNÁNDEZ Os restos que deixamos como un relato da nosa historia sobre a crise económica e social que vivimos. Non somos o que comemos, ainda que os restos da nosa comida sexan una das mellores testemuñas da nosa experiencia.


5

Fo 2

CCA VVAA

Centro Comercial Aberto

QUEN É QUEN O PRODUCTO E MAIS A PERSOA EN 19 TENDAS DA CIDADE DE OURENSE. Fotografamos 19 tendas da cidade de Ourense. En cada unha delas os tamén 19 fotógrafos acercaronse por igual ao producto e mais a persoa que está tras do mostrador. Este traballo é froito da colaboración coa asociación de comerciantes Centro Comercial Aberto. A partir das 38 fotos resultantes podese xogar a emparellar o produto e mais a persoa que o vende, un xeito de falar dun tipo de comercio cun trato persoal e especializado.


TENDAS. Cafre, Centroptica, Viajes Compostela, Clínica Corpore Sano, Deflores y Floreros Zapatería, Domus Decoración, Floristería Drácena, Muebles Feijoo, Garabatos Peluqueros, Intersport Bouso (rúa Concordia), Intersport Bouso (rúa Curros Enríquez), Lumeal, Marquesitos, Confitería Mil Hojas, Floristería Milvia, Quecos, Colchonería Rimo, Varela Íntimo, Joyería Vila.

FOTÓGRAFOS. Silvia Añel, Laura Arza, Noelia Blanco, Andrea de la Iglesia, Julio Eiroa, Iván Fernández, Sara Gago, Natalia G. Devesa, Anton Guerrero, Inmaculada Hermida, Elvira López, Miriam Méndez, Silvia Meno, Estefanía Plaza, Marta Porto, Iria Rivas, Alex Rodríguez, Patricia Veiga, Paula Vilas.


Fo 1

ESCANERGRAFÍAS VVAA

Proxecto de fotografía

A escanografía é unha técnica para a captura de imaxes, um método que formula estratexias creativas novedosas, empregando o escáner en lugar da cámara fotográfica.

< ANDREA GÓMEZ CELIA RODRÍGUEZ

<

6


7

Fo 5

PUBLICIDADE VVAA

Fotografía publicitaria

IVÁN FERNÁNDEZ

SILVIA MENO

IVÁN FERNÁNDEZ


RIVIERA BLANC ELIA FERMIÑAN


JULIO EIROA

IRIA RIVAS


PATRICIA V. AMPUDIA


5

Ar 4

TRES ROSALÍAS PEPE BARRO

Texto lido na Casa de Rosalía o 15 de xullo de 2014

Este non é un artigo sobre literatura, se eu son especialista nalgunha cuestión é na linguaxe das imaxes, por iso mesmo a miña intervención na Casa de Rosalía o día 15 de xullo de 2014, no acto literario celebrado para conmemorar o pasamento da escritora, versou sobre as súas imaxes, imaxes dela que tanto vin e mirei nos últimos anos, como comisario da exposición que conmemorou os 150 anos de Cantares gallegos na mostra No princpio foi o verso, celebrada en Vigo en 2013; como ilustrador dunha nova edición do mesmo libro para El Patito editorial, tamén en 2013; como autor do proxecto museolóxico e museográfico para renovar a Casa de Rosalía. Mesmo así aquel discurso meu, que é a base deste artigo, foi precedido dun preámbulo que citaba as primeiras palabras da autora no comezo do prólogo aos Cantares... Dicía así: Moito atrevemento é sen dúbida que un deseñador gráfico veña falar de imaxes á Casa de Rosalía, á casa que no noso país ven a ser o templo da palabra. Moito atrevemento é, digo, porque nunha cultura especialmente logocéntrica, que ten a palabra como signo e símbolo do país que somos, a imaxe carece de interese intelectual para a inmensa maioría da minoría culta e os que nos dedicamos a construir ou alindar imaxes somos considerados en xeral coma seres irreflexivos, quizais intuitivos e, no mellor dos casos, adornados por algunha calidade irracional que en ocasións nos fai acreedores ao apelativo de artistas. Mesmo así, como deseñador gráfico e colaborador desta Casa, quixen vir hoxe aquí para salientar que o maior acontecemento rosaliano deste ano 2014 é sen dúbida o protagonizado por unha imaxe. Desde hai algúns meses, no cuarto caracterizado como sala de estar desta Casa de Rosalía recíbenos o retrato dela pintado por Modesto Brocos nas Torres de Hermida de Lestrobe. Sen dúbida podemos afirmar que Rosalía voltou á Terra de Iria. Pero desde o 24 de marzo de 2015, o retrato de Rosalía por Modesto Brocos está xa emprazado no cuarto que na planta baixa está dedicado á súa vida e como quere o semiólogo Paulo Fabri, o retrato está alí para representar á escritora, tamén para construir un sentido,

para comunicalo, pero sobre todo para expresar a emoción e provocala. Tal é a grandeza da peza de Brocos. Por tanto, como vostedes están a supoñer, non vou escreber de tres estampas vans senón de tres retratos de fonda pegada. Porque os retratos, como di Fabri, non só representan á persoa senón que tamén comunican un discurso, ás veces tan potente ou máis que os discursos edificados con palabras. Máis aínda, no caso de Rosalía, as tres imaxes das que lles quero falar encarnan e proxectan tres discursos, tres sentidos distintos: A Rosalía de Sellier, a de Portela e a Rosalía de Brocos. Hai máis fotos, máis retratos dela, pero éstas son as tres Rosalías que hai.

TESE: A ROSALÍA DE SELLIER Velaquí o único retrato fotográfico da madurez, cando menos o único que conservamos. Pois velaquí tamén a foto oficial, non só por ser a que o propio Murguía chanta nas obrºas completas da escritora, editadas en Madrid a partir de 1909, senón porque é unha fotografía que a propia Rosalía agasalla a amigos e admiradores. No arquivo desta Casa consérvanse varias copias, unha asinada e dedicada en galego por Rosalía e outra cun apuntamento que di que foi “regalo que su esposo hizo a [un nome ilexíble] el 2 del 5 de 1892”. Nin é Rosalía un personaxe con poucas fotos, se temos en conta que naceu tres anos antes da aparición do invento, nin é moi críble a súa aversión a difundir os seus retratos. Ésta é máis ben unha teima de Murguía que xa viúvo, como administrador único da gloria de Rosalía, controlou ao extremo a publicación da súa obra e do seu retrato, cultivando a idea dunha muller modesta, humilde, toda dozura e amabilidade. Esta é sen dúbida a Rosalía que aniña no retrato tirado por Luis Sellier que, coma todo retrato, contou co consentimento da retratada para compoñer unha pose que transmite esa idea da muller perfecta para a sociedade patriarcal do século XIX. Sobre a concepción da muller polos homes de mediados do século XIX, nada mellor que esta cita dun

Imaxe reproducida por cortesía da Real Academia Galega.

‘‘Nunha cultura logocéntrica, a imaxe carece de interese intelectual para a inmensa maioría da minoría culta’’


‘‘Rosalía naceu tres anos antes da aparición da fotografía, nin é un personaxe con poucas fotos, nin é moi críble a súa aversión a difundir os seus retratos’’ exercizo de doutoramento de 1866, realizado por Nicolás de Ávila y Tora, publicada no libro Los discursos de género: textos y contextos en el siglo XIX, edición de Catherine Jagoc. Xúrolles que cando lin este texto pensei que era sobre Rosalía, que retrataba ese personaxe que Victoriano García Martí sintetizou en Rosalía de Castro o el dolor de vivir, pero non, é un escrito xenérico sobre as calidades da muller, lean vostedes: La humildad, la resignación, la paciencia, la fe, la caridad, la esperanza, los dolores, el matrimonio, la maternidad, en el orden material, son los principales destinos señalados por la Providencia a la mujer en este valle de amargura. Nada que ver con aquela Rosalía que escrebe e publica tres manifestos feministas, que pon a muller como protagonista dos Cantares gallegos, que fai a épica das viuvas de vivos e de mortos, coa escritora que asina co seu propio nome, unha das primeiras veces que isto ocorre na Europa, coa muller que denuncia a tradición da prostitución hospitalaria... con aquela intelectual que publica por vez primeira un libro de máis de 300 páxinas escrito íntegramente en galego... Pero Rosalía e a súa familia non querían asustar máis do necesario, querían escribir e vender a súa obra. E así, aquela muller de pensamento e obra realmente revolucionaria, adopta a pose de muller convencional do seu tempo. Non deixa de ser tamén outra captatio benevolentiae, un recurso para predispoñer ao público no seu favor, que a escritora utiliza nos limiares a Cantares gallegos e Follas novas, como ten sinalado o profesor Angueira. A nosa escritora aparece na fotografía de Sellier co sorriso amplo, tentando mostrarse como unha persoa amable; o vestido escuro indica discreción e como toque feminino un pequeno e grácil toucado sobre o cabelo. A modelo olla directamente ao observador nunha imaxe tomada de fronte, que amortece as sombras e esvae as faccións, unha fisionomía que só coñeceremos a partir da difusión do retrato de Brocos e da nova fotografía aparecida o ano 2013. Sobre este asunto das sombras nos retratos fotográficos é moi ilustrativo o

comentario de Victor Fournel no seu libro Le qu’on voit dans les rues de París, publicado en 1850: O que sobre todo asusta aos burgueses son as sombras do modelo: só ven nelas unha negrura que escurece e entristece a face [...] Non queren medias tintas, senón unha encarnación uniformemente branca... Pero a clave do retrato de Sellier é a cabeza ladeada. Cando redactaba estas liñas lembrei unha chiscadela que facíamos en Pontedeume cando eramos rapaces. Ladeábamos a cabeza e preguntábamos: Quen son? Don Pedro, dicían todos de contado. Don Pedro Casteleiro era o severo crego da parroquia que en misas e procesións compoñía sempre unha estampa de impostada humildade. É Darwin, no seu libro As emocións no home e nos animais, publicado en 1872, é o primeiro en relacionar o aceno de baixar a cabeza para indicar afirmación co feito de parecer máis baixo, é dicir non ameazante e, por tanto, mostrarse sumiso ante os demáis. O aceno de ladear a cabeza estaba xa codificado na tradición pictórica ocidental do retrato. Un grupo de tres profesores italianos publicou un estudo no que analiza retratos entre o século XIII e o XIX, concluíndo que onde máis cabezas ladeadas aparecen é nos retratos dos relixiosos e nos das mulleres (Costa, Menzani, Ricci Bithi, “Head canting in paintings: an historial study”, Journal of Noverbal Behavior, 2001). Para rematar este asunto, é moi ilustrativo acudir a un

‘‘Porque os retratos, como di Fabri, non só representan á persoa senón que tamén comunican un discurso potente’’

blog popular de autoaxuda e ler os comentarios sobre a linguaxe corporal: Ladear a cabeza é nunha muller o signo máis inequívoco de rendición, de afecto sincero, de interese, de querer interesar. (http://eligetupropiaaventurasentimental.wordpress.com/2013/01/16). A difusión deste retrato de Rosalía condicionou a recepción da obra da escritora. En el gesto, en la inclinación de la cabeza, Azorín viu un sentimiento suave, de resignación y conformidad con el espectáculo del mundo... (Azorín, Rosalía de Castro, ABC, 18-1-1914) Velaí a lectura máis común que moitos outros autores comparten. Velaí a terra na que xermola a Rosalía da “melancolía”, a da “chorona”, a da “nai agarimosa” e mesmo tamén a da “santiña” que Xosé Mosquera ten que venerar para poder construir este santuario que é a Casa-Museo, a só once anos da Guerra Civil. É quizais nun día de 1872, cando Rosalía bota a andar desde a súa casa da rúa do Príncipe da Coruña e nalgún lugar da Pescaría entra na Fotografía de París. Luis Sellier indícalle a pose que cre máis axeitada, ela debe manter o aceno uns segundos, e mentres o fotógrafo descobre o obxectivo da cámara para a toma, a muller lembra aquela carta que escribira ao seu marido (16-12-1861): Si yo fuese hombre, saldría en este momento y me dirigiría a un monte, pues el día está soberbio; tengo, sin embargo que permanecer en mi gran salón, sea!. Para rematar coa Rosalía de Sellier, quero convidar a vostedes a realizar un pequeno experimento nas súas casas. Prendan o seu computador, busquen na rede esta imaxe, lévena ao Photoshop ou a un programa semellante e reencadren a foto tentando endereitar a cabeza. Verán vostedes aparecer outra persoa, é a mesma Rosalía, pero totalmente distinta, tal como figura na pequena viñeta que preside a cabeceira da páxina web desta Fundación Rosalía de Castro. Unha versión desta imaxe de Sellier estampada nas camisetas de Rei Zentolo, coa gráfica de Andy Warhol para as súas Marilyns, puxo dereita a imaxe de


‘‘Na imaxe aparece ladeada, pero non é a cabeza que se abaixa, non hai sumisión, é todo o corpo o que se inclina” Rosalía, despois de anos de imprimilas coa inclinación do retrato fotográfico orixinal. Outra imaxe saída recentemente desta factoría galega, endereita a foto de Sellier e imita a Shepard Fairey no seu poster de Obama, creado durante a campaña electoral de 2008. Ben sei que persueguen o humor, a parodia, pero é mágoa que Rei Zentolo non xere iconas de seu, desprovistas de referencias alleas.

ANTÍTESE: A ROSALÍA DE PORTELA Pero este retrato de Sellier axiña tivo unha réplica. Aqueles galegos que non debían nin querían chamarse españois, concebiron outra Rosalía. É o poeta Alberto García Ferreiro quen desde as páxinas de La Patria gallega anuncia xa outra muller, nuns versos publicados no mesmo número especial sobre a súa traslación a Bonaval, en 1891. Velaí a “Cantora que altiva / coa branca bandeira / da nosa Galicia / risoña e trunfante / na vanguardea iba”. Once anos despois, en 1902, xurde a Rosalía de Antonio Portela (1865-1927), como ben descubriu Lois Rodríguez. Recoméndolles a lectura do seu traballo, publicado o ano pasado na páxina web da mesma Fundación que hoxe nos acolle (http://rosaliadecastro.org/retrato-portela/). Pois ben, resultou que non era unha fotografía, como moitos supoñían, senón unha idealización moi ben trabada por un fotógrafo e debuxante, discípulo de Sellier e formado tamén por Isidoro Brocos, o irmán máis vello de Modesto, na Escola de Artes da Coruña. Portela constrúe deliberadamente un autentico ideograma. Mantén os rasgos fundamentais do retrato tirado por Sellier pero realiza nas faccións da escritora unha verdadeira operación de ciruxía estética, logrando unha face máis atractiva. Pero ademáis, Portela retíralle a Rosalía o vestido e o toucado femininos e vístea con gabán masculino. Imaxinamos á Rosalía de Sellier sentada, a de Portela está de pé. Velaí unha Rosalía erguida, “risoña e trunfante” como quería García Ferreiro. Na imaxe aparece ladeada, pero non é a cabeza que se abaixa, non hai su-

misión, é todo o corpo o que se inclina para reforzar o parecido coa fotografía tirada por Sellier. O acabado esvaído polas beiras imita tamén aos acabados fotográficos. É probablemente un debuxo ao carbón, pero non se sabe, a peza orixinal, realizada para o Centro Galego de Madrid, perdeuse. Coñecida só por reproduccións en branco e negro de mala calidade, creouse a confusión e chegou a considerarse un auténtico retrato fotográfico, mesmo a vera icona da nosa ecritora. A convincción forma parte da expresión e desde logo Antonio Portela é un convencido “rexionalista”. A súa Rosalía encarna a líder dun pobo. Cando en 1917 se erixa o monumento a Rosalía en Santiago, a vestimenta da escritora será a de Portela, tampouco hai xa toucado, pero a cabeza ladeada, agora apoiada nunha man, a ollada perdida, e o corpo esfondado nunha cadeira de brazos volven recrear a “melancolía” da Rosalía de Sellier. Cabanillas canoniza esa figura e o Orfeón Valverde canta o seu poema “Nosa Virxe do Consolo” na inauguración do monumento; a “santiña” ten xa unha advocación asignada. A Rosalía de Portela deberá agardar a súa petrificación a 1957, cando o discípulo de Asorey, Xosé María Mateos, realiza o monumento de Padrón. Agora si, Rosalía aparece “en pé, serea” como tamén quería Cabanillas que cantáramos “o dereito á libre nova vida”. A de Portela será a fonte para a ilustración do selo español de 1968, do billete de 500 pesetas de 1979 ou mesmo do doodle do Google no aniversario do nacemento da escritora, o 24 de febreiro de 2015. A Rosalía de Portela foi popularizada pola impresión do retrato nas Obras Completas editadas por Victoriano García Martí en Aguilar, desde a primeira edición de 1944 até a actualidade.

SÍNTESE: A ROSALÍA DE BROCOS Velaí o cadro que se pode ver desde febreiro de 2014 na Casa de Rosalía, cedido pola Deputación da Coruña. Velaí unha obra que tardou en coñecerse e mesmo hoxe en día é aínda case descoñecida.

Imaxe reproducida por cortesía del Istituto del Patrimonio Cultural de España.

‘‘A Roasalía de Portela aparecerá na ilustración do selo español de 1968, e tamén no billete de 500 pesetas de 1979’’


Foi Juan Naya Pérez, xornalista, Arquiveiro-Bibliotecario que foi da Real Academia Galega e herdeiro de Gala Murguía de Castro, a persoa que a dou a coñecer o cadro no libro Inéditos de Rosalía, publicado en 1953 polo antigo “Patronato Rosalía Castro”. Só cando Gala enferma e as visitas se achégan ao seu leito, nun cuarto durmitorio da na súa casa da rúa de San Agostiño da Coruña, o cadro aparece á vista por primeira vez, fóra do ámbito familiar (Juan Naya Pérez, El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía, BRAG, nº 356, 1974). De seguro que aquela obra non foi do agrado da familia e por este motivo non se pendurou na sala de estar desta morada, desde logo non figura en ningunha das fotografías tiradas a Gala nesta estancia, nos anos sesenta.

dou moito que discutir a antigos biógrafos, pero concordarán vostedes comigo en que hoxe non ten trascendencia ningúnha, agás para min, porque é a mesma cor dos ollos da miña muller). Volvendo ao asunto, no cadro a escritora olla directamente ao observador, pero a diferenza dos autorretratos do autor, que sempre mostran un aquel de certa inquedanza, Rosalía aparece serea e segura de si, recha pero non arisca. Coma todo retrato, xa o dixemos, a modelo dá o consentimento á pose elixida, pero probablemente ela non veu rematada a obra. A morte da escritora colle ao pintor en Italia e cando éste manda o pésame a Murguía, avisa: que ninguén toque o cadro, cando el volte quere rematalo (Modesto Brocos, carta a Murguía, Venecia 29 de setembro de 1885).

Velaquí o único cadro para o que Rosalía posa. É o propio Modesto Brocos (1852-1936) quen conta que en 1880, á volta de París, de novo no seu Santiago natal, desprázase a Padrón en tres ou catro ocasións para subir ás Torres de Hermida de Lestrobe, onde mora Rosalía (Modesto Brocos, Uno de los monumentos más antiguos del mundo, Almanaque Gallego, 1924). Non é unha encomenda, Brocos quere pintar á súa amiga, así o declara, a unha amiga que admira, que é xa unha escritoria galega recoñecida. Pero ademais os Brocos, Modesto e Isidoro, son tamén correlixionarios de Rosalía e Murguía, Isidoro será membro do Comité Rexionalista creado na Coruña en 1891.

Pero a de Brocos non é a muller que Murguía cre que debe proxectar para que a escritora sexa querida. Esta Rosalía non é altiva, nin arrogante, pero tampouco é unha doce e prácida dona. Éste é o retrato dunha muller intelectual galega. Teño para min que ésta vai ser a Rosalía do porvir.

Modesto volve a Santiago cunha formación plástica realizada en medio mundo, tamén en Madrid e París, unha formación que logo completará en Roma. O artista ten xa a habelencia, a experiencia e o coñecemento e, para retratar á escritora, elixe unha pose case idéntica á que el mesmo elixe para pintar os seus catro autorretratos, un aínda novo, dous na madurez e outro xa con moitos anos. Brocos non pinta a unha muller convencional, pinta a unha igual. No encadre en tres cuartos, o artista recolle toda a fisionomía da modelo, non quere edulcorar as súas faccións, Modesto practica o realismo. (Quero facer aquí un paréntese para indicar que por este cadro sabemos agora que os ollos dela non son profundamente negros, nin siquera escuros, senón dun verde lixeiramente acastañado. É éste un pormenor que

Se algunha vez podemos concluir o proxecto museolóxico e museográfico iniciado xa para renovar a Casa de Rosalía, o óleo de Brocos presidirá o cuarto titulado “Quen é Rosalía?”. Pero na Casa estarán tamén as Rosalías de Sellier e de Portela, porque, tal coma o falcón aquel do Falcón maltés, todas, as tres Rosalías, son da materia da que están feitos os soños. Pepe Barro (1955) exerce a profesión desde 1972. En 1977 toma conta do proxecto gráfico de A Nosa Terra, alén de outros proxectos para editoriais, grupos de teatro, revistas, etc... En 1985 co-funda o Grupo Revisión Deseño, desde o que elabora numerosos proxectos no ámbito da identidade e comunicación visual, que forman parte xa da historia do deseño gráfico galego e estatal, tal e como recoñeceu a referencial Historia del Diseño Gráfico de Enric Satué. Ten recibido numerosos premios como o da Crítica Galega e formado parte de xurados como o dos Premios de Deseño Galicia, Signes, Laus, AEPD, etc... Pepe Barro é autor de numerosos ensaios sobre o Deseño, recentemente compilados no libro “O cómo é o que conta”, de tirada limitada e cuxo PDF se pode descarregar gratuitamente do sitio web da Asociación Galega de Deseñadores.

Imaxe reproducida por cortesía da Deputación da Coruña.


ELVIRA LÓPEZ


1

In 1

INTERNACIONAL CESAR TABOADA e ELENA IGLESIAS Actividades e programas

ACTIVIDADES C’ESAR TABOADA Ao longo deste último ano as nosas actividades cos centros que colaboran coa EASD centráronse en intercambio de alumnos e clases maxistrais ou conferencias, seguindo pautas novas de facer taballos en diferentes técnicas dentro do variado mundo onde nos atopamos. Profesores: Accademia di Belli Arti de Roma catro profesores desta famosa academia estiveron a facer workshops e conferencias da intervención da feminidade dentro do mundo da creativitade. As intervencions polo Método Hayther foron seguidas por todos con grande interese, a professora Anna Romanello, discípula do profesor Hayther fascinou aos nosos alumnos coa espectacularidade das suas fórmulas simultáneas de plasmar as cores nunha sola pasada. Simultáneamente fíxose una gran exposición cos traballos da profesora. Os worwshops das profesoras italianas centráronse en temas de investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías aplicadas ás novas imaxes. En Roma por parte dos profesores da EASD fíxose una demostración de orixinais con soporte flexible e técnicas mixtas de impresión na Accademia di Belli Arti de Roma. Ao final, tamén se fixo una extensa mostra dos traballos realizados no centro da facultade na Cidade Eterna. O traballo desenvolto con demostracións de debuxo partindo das cores mais escuras ás claras. Por outra parte, as Profesoras de Sakaria University estiveron a facer una longa estancia.

Houbo unhas conferencias moi participativas e os nosos estudantes acercarónse a contemporaneidade de una catedrática nova e moi entusiasta, que coñecemos, con anterioridade, na GSF, de Mármara. A súa visita será correspondida polos nosos profesores. A EASD forma parte do Xurado da FISAD’15 que se desenvolve en Turín con mais de 100 países e a Bienal contempla todas as variables da infografía aplicada a plástica, a escea dramática, música, intervencions, conceptual Art, e o deseño desde a factoría das facultades mais prestixiosas que se reúnen na Albertina o Museo di Belli Arti da Facultade de Turín, con o Dr. Salvo Bitonti, o Decano mais activo e coñecedor dos eventos a nivel mundial da avangardas da era post-Pop. Estudantes: Dentro do Programa Erasmus dous dos nosos estudantes están a facer prácticas en Italia, outros en Portugal e Outra en Lituania, asi como outra que estuvo en Copenague. Estamos con alumnos de Italia, asi como con outros de India, Etiopia e Senegal que finalizan cursos completos na EASD. Os nosos estudantes elexidos para a FISAD presentaron os seus proxectos no anuario da EASD e participarán cos seus traballos para a sua difusión. Outros estudantes farán una estancia para futuros intercambios, como os profesores que estén a traballar nos programas “Erasmus” de este curso. Por outra banda estamos preparando unha exposición de profesores de Turquia en Ourense e queremos difundir nos países árabes o traballo dos nosos profesores que se exhibirán nos Emiratos Árabes.

Da UEA visitaronos no mes de xullo profesores que estiveron na Consellería para ofrecer Centros de facultades de arte para exposicions e volverán para facer intercambios nas modernas facultades HCT, Sharjah, Dubai e Zayed aparte das ofertas dentro da UE. Con estes centros temos una comunicación activa e reiterada e nos une una gran confianza:Universitá de Maserata (Italia), Accademia di Belli Arti di Torino (Italia), Universidad de Sakarya (Turquía), ESAD de Matosinhos en Oporto Portugal), KEA en Copenhangen (Dinamarca), Jadavpur University en Calcuta (India), HCT Higher Colleges of Technology en Dubai, Abu Dhabi (EAE), Universidad de Sarjah en UAE, Facolta di Belli Arti, Albertina e FISAD’15 Bienale Internationale de Torino con alumnado de fotografía e deseño gráfico.

PROGRAMAS ELENA IGLESIAS Fai anos que comezamos as relacións internacionais da EASD Antonio Faílde con institucións e universidades de países de todo o mundo, como Xapón, EEUU ou India, pero soamente fai tres anos propuxémonos solicitar mobilidades Erasmus. Así, o ano pasado concedéronnos a ECHE 2014-2020, a carta estendida de Erasmus plus, que nos permite realizar mobilidade de estudantes, persoal e prácticas en empresas. Non é fácil emprender Erasmus nunha escola pequena, que carece de recursos humanos especializados no tema, e susténtase, sobre todo, na vontade dos

que cremos neste programa, e queremos que siga adiante. Así, coa nosa mellor intención, e a colaboración dos nosos alumnos interesados, estamos xerminando as sementes deste gran proxecto. Como novidade neste ano 2014-15 fixemos un produtivo programa bilateral ca prestixiosa Acccademia de Belle Arti de Macerata, como emisores e receptores de persoal docente e estudantil. Así mesmo, continuamos boas relacións coa ESAD de Matosinhos, participando de novo cos nosos alumnos e acollendo a visita, e sempre interesante conferencia do profesor Andrew Howard. Con outros países, como Lituania, iniciamos intercambios á escola Vilnius College of Design, cun excelente resultado. En 2015 previmos, por primeira vez, alumnos en prácticas nun estudo de deseño de interiores en Helsinki. Tamén asinamos novos acordos bilaterais coas Universidades Dun Laoghaire Institute of Art, Design and Technology de Dublín e Strzaminski Academy Fine Arts de Kracow, e intentaremos mobilidade de persoal docente para visitas preparatorias de novos contactos. Esperamos que a nosa rede siga crecendo, tanto en número de socios como en participantes, pero sobre todo, que cada ano aportemos, na medida das nosas capacidades, a achega do noso centro a este proxecto, nesa marabillosa posibilidade de internacionalización, que supón unha mellora na calidade formativa e unha experiencia vital incomparable.


Profile for EASD Antonio Failde

LAB  

Anuário 2015 EASD Antonio Faílde Ourense

LAB  

Anuário 2015 EASD Antonio Faílde Ourense

Advertisement