Page 1

EASD ANTONIO FAÍLDE 2018


LIMIAR César Taboada Varela

O binomio Arte/deseño ou dito doutro xeito, creatividade vs funcionalidade, é a constante que de xeito regulado veñen tratando de sistematizar as Escolas de Arte, coas súas diferenzas cualitativas, e coa aplicación directa das ensinanzas na industria e nas empresas, onde os parámetros utilizados para medir a eficacia, son case sempre económicos, axustando as necesidades e tendo a competencia como guía, nun mundo occidental cada vez máis globalizado. O curso 2017-2018 permanecerá na pequena historia da EASD Antonio Faílde coma singular e sen dúbida dos máis brillantes. Correspondeulle á nosa Escola a honra de organizar a fase final dos Premios Mestre, promovidos dende a Confederación de Escolas de Arte. E foi así, porque un traballo deste centro foi o premiado na anterior edición. Como consecuencia , coa coordinación da vicedirección, e coa colaboración dos departamentos didácticos, levouse a cabo a exposición dos traballos finalistas do certame, a concreción e reunións do xurado, e como colofón final, a entrega dos premios nas diferentes categorías, nunha gala, brillante, na que se visibilizou a gran calidade dos traballos finais de carreira seleccionados, entre máis de oitenta, e na que participaron representantes dos centros premiados de escolas de toda España.. Outro fito deste curso, foi a reedición do libro Antonio Faílde, o artista que escoitou a música das pedras, deste xeito, e coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tivemos unha excelente ocasión para espallar ao artista que nos da nome, e para festexar a Semana da Letras Galegas coa visita ao centro do Conselleiro Román Rodríguez González. A participación na feira EDUGAL en Pontevedra, e a multitude de charlas, coloquios, encontros, obradoiros, etc. levados a cabo na escola, e as visitas a outros centros para difundir e promover as ensinanzas coas que contamos. O interese da Escola por manterse ao día nas tecnoloxías e medios que conecten cunha sociedade esixente obriga a un esforzo tanto económico como de actualización docente, pero paga a pena, porque o mundo dixital, impregnou ate os oficios máis artesanais, e mesmo o cambio no mundo artístico foi significativo. Así llo transmitimos ao noso alumnado. Este interese compleméntase, co contacto co mundo real da produción, onde as prácticas en empresas son vitais para tomarlle o pulso e comparar o mundo produtivo e o docente. Manter o amor polo oficio, herdado dos artesáns, pero non renunciando ás posibilidades tecnolóxicas, tanto de fabricación coma de publicidade, comerciais, que a rede permite, e sen as que resulta imposible estar ao día e mostrarse ao exterior, son guías deste centro, que tenta tamén continuamente, participar en experiencias internacionais de mobilidade, tanto do profesorado como do alumnado. En definitiva, poñer as lentes de mirar ao lonxe, para estar no mundo, pero sen perder de vista o retrovisor, que vaia recordando de onde vimos, e o camiño que temos percorrido.


Dirrección editorial e de arte: Xose Manoel González

Deseño Gráfico e Maquetación: Patricia F. Hueso

Consello de Redacción: Ofelia Cardo, Armando García, Manuel Seoane, Javier Rodríguez, Tonho Ferreiro, Olalla Sío, Miguel Mantilla e César Taboada.

Colaboradores/as: Alumnado: Jairo Ramos, Maikel Lorenzo, Xesús Pacheco, Alberto Salgado, Agostiño Iglesias, Andrés Baltar, Roberto Rodríguez, Cristina Saiz, Xose Garrido, Andrés Baltar, Soraya Vázquez, Tatiana Martínez, Raúl Rey, Leticia Prada, Susana Rivero, Lore Mar, Lia Soto, Lucía Sánchez, Paula García, Judith Tello, Xavier Álvarez, Sheila Pérez e Patricia F. Hueso. Profesorado: Manuel Seoane, Ofelia Cardo, Xosé Manoel González, Miguel Mantilla, Carmen Fernández, Olalla Sío, César Taboada, Antón García e Tonho Ferreiro. Extra: Mariví Calvo, Vicent Martínez Sancho, Carpintería Allariz, Cenlitrosmetrocadrado e Artur Rebelo de Sousa (R2. Design).

Fontes tipográficas: Gaspar (Carlos Alonso) e Din (libre).

Traducción ao inglés: Opentrad-Imaxin.

Edición: EASD Antonio Failde Avda. Universidade 18. A cuña. 32005 Ourense.

Impresión: Rodi Artes Gráficas. ISBN: 978-84-09-03055-2 Depósito Legal: DL: OU 208-2018 Copyright 2018 dos autores.

As cubertas imprimíronse en papel CREATOR VOL de 350gr e a tripa en papel CREATOR VOL de 120gr. O apartado de traduccións é papel POPSET de 120gr.

Os textos asinados son de responsabilidade dos/as autores/as, non se identificando, necesariamente, a revista cos distintos puntos de vista. Prohibida a resprodución total ou parcial dos contidos da revista por calqueira medio sen a autorización expresa e por escrito dos/as autores/as. Publicación subvencionada pola Dirección Xeral de Política Lingüística. Cosellería de Educación e Ordencación Universitaria. Xunta de Galicia.

Unha abreviatura cun longo significado. Investigación, innovación, imaxinación, ilusión, imaxe e moito máis.


dg+

deseño gráfico

f+

fotografía

di+

deseño de interiores

e+

ebanistería

ilustración

A+

artigos

T+

traduccións

i+


Proxecto de Jairo Ramos. Entre os seus principais atractivos está o armazón composto de módulos repetitivos con ranuras intermedias para xerar multitude de sombras e liñas sobre o resto do moble, que ó alexarnos un pouco, recomponse nun cubo e o caixón que, no espazo baleiro, parece levitar. O nome elexido é Entreliñas por ese xogo estético coas ranuras e as sombras e as múltiples lecturas ou capas conceptuais que presenta na súa trama modular . O moble constrúese en taboleiro aglomerado rechapado en castiñeiro e MDF que forman a contorna do armazón; e o caixón é de castiñeiro macizo. Non se percibe ningún mecanismo nin ensamble en todo a peza para ensalzar a forma contínua.

ENTRE LIÑAS

Fotografía de Mari Prieto.


Proxecto de Maikel Lorenzo Quintairos.

CORIOLIS

A idea para este cabinet xurde da observación no cotidiano, e neses contornos, formas ou siluetas que diariamente observamos sen reparar na beleza que poden posuír, ou pode emerxer deles/as extrapolándoos, como neste caso, a un material tan nobre como o pode ser a madeira. Xa que, precisamente, ó resultarnos tan comúns ditas liñas, non nos decatamos da delicadeza e encanto que poden encerrar. Deste xeito, nace Coriolis. Unha peza inspirada nas infinitas e rítmicas siluetas que emerxen si observamos, de xeito un pouco afectivo, algo tan natural e ó mellor, tan familiar, como o é un mar picado ou lixeiramente embravecido. Ese ritmo creado naturalmente, que mesmo semella non ter fin, e esa armonía de altibaixos, plásmanse neste obxecto, mediante a textura aplicada en todo o seu contorno. Ditas pezas elabóranse en nogueira do país, material escollido por o seu rico veteado, orixinándose así, un xogo de liñas ondeantes e tremorosas a partires do seu mecanizado, observándose só, visualmente afectada a súa continuidade formal, por medio dos distintos fragmentos introducidos en ton máis claro, a modo de anomalías. Buscando nese contraste, crear un xogo visual e favorecer as propiedades que por natureza posúe o material empregado. Formando un corpo panelado sobre taboleiro de MDF de 10mm, erguese sobre o chan mediante catro patas a media estípite de tonalidade clara que se ancoran o módulo con espiga e caixa, respectivamente. Acadando un metro de altura total, inclínanse lixeiramente os apoios aumentando a súa estabilidade sen rebasar en ningún momento o perímetro exterior. Respectando a propia beleza natural do material e nun ar de resaltala o seu acabado realízase unicamente cun encerado.

Fotografía de Ofelia Cardo.


BOX 632

Proxecto de Maikel Lorenzo Quintairos.

Fotografía de Jonathan López.

A búsqueda da sinxeleza, a reducción ao esencial, a xeometría elemental das formas, a máxima expresión cos mínimos medios e a pureza formal e funcional, son algunhas das partículas, que conforman o aire que respira esta peza. Unha peza que, ainda baséndose nese pensamento filosófico de, menos é mais, e na necesidade de eludir todo simbolismo, mostrando a realidade máis pura, lonxe de definirse por o que lle falta e a súa austeridade estructural, determínase polo carácter acertado do que está presente. Deste

xeito a Box 632 constitúese mediante o acertado tratamento dun material tan sinxelo como é o MDF. O seu texturizado a modo de retícula cartesiana, engadido a pureza do lacado en branco, outórganlle a este material un aspecto sofisticado e luxoso, á par que resolve a elevación do solo, o posicionamento dos tiradores e a continuidade das súas liñas no punto de peche dos caixóns; realizados estes con bastidor de faia natural e fondo encastrado de taboleiro. Creando así, exteriormente, un todo no que introducir os aneis contrastados que compoñen a retícula e a vez serven tanto de apoio como de tiradores, tendo como resultado, esta carismática caixa. “Todo forma parte de todo”.


Proxecto de Xesús Pacheco.

KOMORI

Komori toma o seu nome dos abanicos xaponeses mais antigos. O abanico está presente en moitas culturas sendo en todas elas un instrumento asociado o simbolismo e a imaxinación. Deste xeito Komori inicialmente semella unha peza escultórica maciza, pero realmente é un moble practicable cun considerable espazo interior. Nun afán de dotar de movemento a unha peza inicialmente estática como é un cabinet, o deseño imita a figura do abanico o despregar as súas variñas. Komori dispón láminas de madeira que se desprazan unhas sobre outras, sobre as catro caras perimetrais, ocasionando unha elegante sucesión de planos que debuxa unha sensual curva dun extremo ao oposto da cara. Komori nace a partires dun meticuloso análise matemático e unha construción complexa. Pese as súas reducidas dimensión, altura de 720 mm e inscrito nunha circunferencia de 250 mm, o moble conta con mais dun cento de pezas.

Fotografía de Carmen Blanco.


Proxecto de Alberto Salgado.

lερό

Fotografía de Mauro Martínez.

Ιερό é un moble singular, para ser situado nun lugar destacado e preferencial. Un continente preciosista, con estrutura e factura moi coidada, feito para conter algo importante para o propietario, que lle permita a éste a práctica dun ritual durante o seu uso, de aí o seu nome, Ιερό, santuario en grego, lugar para rituais ou para gardar obxectos sagrados.

Elexiuse una textura en freixo macizo de gran forza sensorial para as portas, que teñen a peculiaridade de que as dúas caras presentan texturas diferentes, que ao abrir a 180º lle aportan unha configuración distinta. Estes elementos presentan un enorme contraste coa estrutura lacada en negro de coidadas proporcións.


Proxecto de Maikel Lorenzo Quintairos. Leaves nace baixo a observación e a inspiración nas formas máis puras e vitais da natureza vexetal. Nesas liñas que se crean arbitraria, pero sabiamente, ao abrirse paso á propia vida. Como o faría o crecemento de calquera planta, árbore, etc.. O seu desenvolvemento, a súa medra e a súa interminable continuidade formal, plásmanse nesta peza de xeito funcional, creando así, unha lámpara, a modo de escultura, sutil á vez que versátil. Constituído estruturalmente por tres únicas partes e dous tipos de materiais, esta peza elabórase de xeito artesanal, mediante as técnicas de modelado manual da madeira e o curvado con moldes. Logrando así, co seu posterior encolado, unha superficie limpa, contínua e resistente. Facendo un guiño a esas correntes artísticas de antano, onde a inspiración na natureza e o tratamento natural dos propios materiais, para moitos dos grandes deseñadores era o primordial. Esta peza trabállase da maneira máis pura, respectando en todo momento a conformación do material e potenciando as súas posibilidades. Esta lámpada será un módulo repetitivo que se plasman nesta peza creando un aplique a modo de escultura, sutil á vez que funcional.

LEAVES

Fotografía de Cristal Martínez.

Fotografía de Carmen Fernández.


Proxecto de Jairo Ramos.

LILIUM

LILIUM é un percheiro que xorde a partir dunha lámina de madeira contrachapada curvada que, ao repetirse radialmente, crea unha esvelta columna que se abre de forma circular semellando a división dos pétalos desta flor. Unha delicada corola que aflora cada mañanciña para amosar toda a súa frescura. Estructuralmente pártese dun módulo plano, sinxelo, de forma curva, que ao unilo co seu compañeiro e curvalo posteriormente, configura unha peza de forte carácter escultórico. Ademáis, ao xuntar os elementos contrapeados, outórgaselle esa forma de inspiración orgánica que guiou o proxecto dende as súas orixes. As súas patas xorden separadas dende o chan, para xuntarse logo no tronco e seguir elevándose ata a copa, onde volven de novo a abrirse e conformar, finalmente, os seis colgadoiros.

Fotografía de Alba González.


Proxecto de Jairo Ramos Rey. O vento é a revisión do cabinet, un moble propio do século XVI, adaptado aos códigos estéticos actuais. Componse dun armazón vertical de madeira de castiñeiro ornamentado cun relevo liso de madeira de freixo sobre catro patas alongadas e esbeltas en madeira de freixo, Este relevo repítese cun patrón aleatorio por todo o conxunto usando unha combinación de madeiras de veteado similar e tonalidades contrastadas. Todo se orquesta para debuxar unhas liñas onduladas e flamíxeras entregadas o vento para que xogue con elas.

O VENTO

Fotografía de Ofelia Cardo.


Proxecto de Alberto Salgado.

PUU

Formado por sete pares de pezas de contrachapado fenólico de bidueiro, unidas con lingüetas de sapeli e máis tea, a xeito de bisagra, que lle permiten configurarse con distintas formas curvas, tanto se o situamos exento coma se decidimos unilo á parede cunhas sinxelas anclaxes. Estas anclaxes tamén permitirán pechalo totalmente ou xuntar máis unidades para conformalo como biombo. As partes superiores curvadas hacia ambos os dous lados fan as veces de colgadoiros, con distintos ángulos e a distinta altura, simulando un crecemento móbil, irregular, como partes articuladas que imitan as pólas dunha árbore en outono, de aí, o seu nome, Puu, árbore en finlandés, en homenaxe ao deseño nórdico.

Fotografía de Ofelia Cardo.


MARIVÍ CALVO - LZF Ofelia Cardo. As lámpadas LZF, Luzifer como se chamaban orixinalmente, é unha empresa que fabrica luces. Fundada por Mariví Calvo e Sandro Tothill a finais de 1994, esta empresa estivo fabricando lámpadas feitas a man exclusivamente en chapa de madeira desde os seus comezos. Gañador de máis de 30 premios no ámbito nacional e internacional, destacamos dentre eles o Premio Nacional de Artesanía 2011. É unha firma de prestixio que une o bo facer coa calidade do deseño e os materiais.

Os procesos de deseño e produción son moi longos e hai infinidade de problemas que se van solucionando con todo o coñecemento que temos logo de case 25 anos de experiencia en iluminación. Tamén é certo que as esixencias técnicas van cambiando ao longo do tempo e nós ímonos adaptando aos novos retos e necesidades da industria. En xeral, o proceso de deseño pasa por fases de ideas, de prototipos e de corrección de erros ata que chega ese día en que todo encaixa e se produce ese momento xenial, case máxico, no cal todo o proceso conclúe e o produto sae á rúa.

Podería comentarnos como nace a empresa?

A creatividade e a experimentación son un sinal de identidade da empresa? Onde se pon o acento á hora de concibir o produto, no pragmático ou na estética?

A empresa nace en 1994 como un reto continuo ao deseño e a innovación no sector da iluminación. Cada peza fabrícase a man seguindo un minucioso proceso de traballo coa madeira. Durante a fabricación de cada lámpada tense en conta a sostibilidade do planeta, ademais do deseño e a conexión coa natureza que proporciona a madeira. En relación coa ebanistería, que achega o material ao produto que fabricades? Traballades cunha liña máis artesanal ou máis tecnolóxica?

As dúas cousas van unidas. Os produtos de LZF son prácticos e cumpren cos obxectivos que nos marcamos, pero por suposto é imposible eliminar a carga estética que achegan as nosas lámpadas. Por un lado iluminan pero por outro lado son un obxecto case artístico, un obxecto co que ninguén queda indiferente. A estética é moi importante para nós, pero todo ten que funcionar á perfección.

A madeira é para nós o principio e o fin, por ela montamos LZF. As posibilidades que nos propoñía unha fina chapa de madeira retro iluminada (o xogo de luces e sombras) eran inmensas, diferenciábanos e ofrecíanos un mundo cheo de posibilidades, nas cales cremos desde o principio. A madeira para nós é o punto máis importante na fabricación das nosas lámpadas. A madeira é un produto natural, ecolóxico, sostible... todos eses valores son valores cos que estamos moi comprometidos. Doutra banda, os nosos procesos de produción son feitos a man na súa maioría. O coñecemento técnico e a tecnoloxía, por suposto, tamén están dentro do noso sistema de produción, pero é moi importante o handmade dentro de LZF.

Nos tempos de grandes avances tecnolóxicos e da robótica, como afecta ás novas manufacturas da madeira no voso produto? Teñen cabida os procesos artesanais malia iso?

Entendemos que ás veces un deseña e á hora de levar a cabo a produción xorden problemas de viabilidade. Por iso, atopades tensións entre os procesos de deseño e a produción? Como é esa relación?

O máis importante é ser constante e ter as ideas moi claras desde o principio. Ser paciente, ao final todo chega. Tamén é importante ter identidade propia. LZF ten tanta identidade que o noso produto é inconfundible.

Todo o proceso de produción desenvólvese nas nosas instalacións e cun equipo moi especializado. O handmade é unha parte da nosa identidade e non imos renunciar a iso malia os avances en robótica. No seu día xa renunciamos a fabricar noutros países ou a estandarizar moitos procesos. Preferimos idear, crear e reproducir coas nosas propias mans. Para rematar, poderías dar algún consello a aqueles deseñadores-ebanistas que van empezar a súa andaina profesional?


VICENT MARTÍNEZ SANCHO Ofelia Cardo. Vicent Martínez é diseñador de mobiliario, con numerosos premios e recoñecementos internacionais. En 1980 cofunda a empresa Punt Mobles xunto con Lola Castelló e Francisco Fernàndez, onde desenvolverá funcións de xerencia e deseño ata que no 2012 é adquirida por un grupo inversor. En 1997 outórgaselle á empresa o Premio Nacional de Deseño. É autor do icono do deseño español “A Literatura”, estantería dobre sobre rodas, presente en Museos e catalogada como un clásico do deseño do século XX, que se segue producindo en Punt Mobles. Profesor e conferenciante habitual. Desde o 2016 traballa no seu estudo como diseñador independente para diferentes empresas.

Como foi a decisión de pasar da actividade de deseñador a crear unha empresa como Punt Mobles? Que motivou esa decisión? O meu destino era ser un artesán pintor de abanicos, o meu avó e o meu pai o eran, pero, logo de aprender debuxo, modelado e historia da arte, cursei o graduado en Plástica Publicitaria na Escola de Artes Aplicadas, hoxe EASD de Valencia, e descubrín o mundo do deseño gráfico, e de produto. Isto levoume a tomar unha determinación que fixo cambiar a miña vida. Convertinme en deseñador gráfico. Primeiro traballei nunha industria gráfica e posteriormente exercín como deseñador independente, creei o meu propio estudo, onde comecei a deseñar tamén mobiliario. A decisión de crear a empresa Punt Mobles foi un pouco posterior, consecuencia de varias circunstancias; unha, que na Valencia de finais dos anos 70 do século pasado había unha moi importante industria do moble que maioritariamente elaboraba mobles inspirados en modelos decimonónicos ou clásicos, a esta industria non lles interesaba para nada os traballos duns mozos e apaixonados deseñadores que desexaban vivir nunha sociedade moderna e contemporánea. A outra circunstancia foi atopar un amigo cunha clara vocación empresarial que tivo a visión de propoñernos crear deseños que poderiamos producir en pequenos talleres e, coa súa xestión, comercializalos. Así naceu e creouse Punt Mobles, unha aventura que poderiamos dicir que foi como unha contestación a unha contorna que non nos comprendía. Foi tamén unha afirmación de querer labrar o noso propio futuro.

Tes pezas emblemáticas realizadas en madeira como a librería A Literatura 1985, a mesa Anaconda de 1989 ou o colgadoiro Elx 1997. Que achega a materia madeira e as súas técnicas ao produto? Na librería A Literatura, o seu concepto é a clave, permitiu xerar todo o relato sobre a maxia da empresa Punt Mobles, a achega da madeira a este deseño é máis como de epiderme, as chapas que recobren os seus taboleiros son como a pel do obxecto, a potencia de comunicación da idea do obxecto envólvese na textura da madeira. Na mesa Anaconda a achega é máis estrutural, a madeira permite construír uns laterais que se mecanizaban, tradeaban e fresaban mediante un control numérico, á vez que as láminas de madeira permitían elaborar unhas persianas que, funcionalmente, se convertían na clave da mesa extensible que permite que o extensible sexa nun lateral da mesa ou nos dous, ou estender un pequeno tramo unicamente, todo sen ningún suplemento escondido. Na percha Elx a idea das follas dunha palmeira como pomos de colgadoiros conséguese con taboleiro de láminas de madeira contrachapada, as pezas unha vez elaboradas encáixanse nun perfil de aluminio extrusionado. No meu percorrido profesional como deseñador e produtor de mobiliario, a madeira foi o material co que máis traballei (separadamente do papel de debuxo). A madeira é un material histórico sempre presente no desenvolvemento do ser humano, para as civilizacións antigas a madeira era “material dos deuses”. A madeira achega como materia prima unha identidade especial configurada a partir de miles de anos de evolución, pero a madeira necesita das ideas e dos conceptos dos creadores. O feito de ser deseñador e produtor dos teus propios deseños fixo que cambiase o xeito de enfocar os proxectos? Que visión nova achegou o feito de ser tamén produtor? Como é esa relación entre o pragmático e o estético? Antes que produtor fun e son deseñador industrial e un profesional do deseño sabe que sempre existen límites e encadramentos, pero tamén sabe que o reto está en saber manexar e optimizar os recursos dispoñibles; xa que logo, eu non falaría de cambio de enfoque, eu explico moitas veces que tamén deseñamos unha empresa cuxo eixe xa era de inicio o deseño. Ser produtor requiriu máis equipo humano e formación en moitos outros campos, non é fácil xestionar unha empresa, pero unha empresa pode nacer, como foi o caso,


Desenvolvemento modular do estante A Literatura. Deseño Vicent Martínez, 1989.

coma un embrión, e crece e desenvólvese; hai cousas que ao principio non se saben e non se poden facer, pero crécese, apréndese e pódese facer maior e grande, todo ten un principio. Fun produtor dos meus deseños e doutros moitos deseñadores, porque na empresa Punt Mobles, xa ao comezo do proxecto empresarial, pensamos que, se incorporabamos deseñadores externos, se enriquecía todo, a oferta, a transferencia de tecnoloxía, de mellora do saber facer ou de coñecer diferentes comercializacións. Para min, como deseñador, a relación máis que entre o pragmático e o estético é entre o funcional e o estético, e é aí cando me enfronto a un produto, nunca penso só na súa beleza. Penso en como resolver a súa funcionalidade e as súas prestacións. Pero, cando o termino, se a solución non é bela, é que está equivocada. Se, por outra banda, nos referimos ao pragmático, como o comercial, digo que todas as empresas e deseñadores, desde o momento que existen, son comerciais. Unhas e uns elixen se serán para públicos reducidos ou maioritarios, cada público ten os seus códigos de elección e o deseñador debe de coñecelos.

este acceso (penso en que varios artesáns puidesen compartir elementos tecnolóxicos ou alugar horas de utilización en empresas dotadas). Si que teñen cabida os procesos artesanais nos tempos que vivimos. A artesanía é un valor á alza, estamos vendo como a sociedade percibe a artesanía como algo auténtico, enraizado nas nosas culturas, próximo. É o entrañable onde os pensamentos e as mans das persoas están presentes. Permitídeme unha referencia tanxencial, pero ilustrativa. Hai uns poucos anos ninguén pensaba que, logo dunha gran concentración de marcas de cervexa dotadas de súper tecnolóxica industrial, ían deixar campo para que incipientes artesáns cervexeiros tivesen cabida no mercado e xa vemos cantas cervexas artesanais apareceron polas nosas diferentes comunidades. Tamén podemos referenciar a gastronomía, outro campo onde o bo facer persoal e artesanal está cheo de referentes, ou o mundo da moda, onde xunto ás grandes marcas, teñen cabida profesionais artesáns e independentes, e podiamos citar a máis ámbitos, todos teñen en común que son artesáns creativos. Eu creo nunha neoartesanía tecnolóxica e contemporánea, con raíces, culta e capaz de proxectarse ao mundo global por ser funcional, creativa e auténtica.

Nos tempos de grandes avances tecnolóxicos e da robótica, como viviches os cambios na produción? Teñen cabida os procesos artesanais malia iso?

Poderías dar algún consello a aqueles deseñadores-ebanistas que van empezar a súa andaina profesional?

A tecnoloxía e a robótica hoxe xa son imprescindibles, achegan moitísimas posibilidades, facilitan procesos e resolucións. Eu vivín a incorporación das novas tecnoloxías á ebanistería e ao deseño, e o cambio de paradigma foi moi beneficioso para a produtividade e para a creatividade. Tamén creo que as posibilidades dos procesos artesanais se amplían cos avances tecnolóxicos; é certo que, de entrada, pode existir a barreira do investimento necesario, unida á maior formación requirida, pero, respecto do investimento, seguro que poden existir fórmulas que faciliten

Aos que empezan a súa andaina profesional neste campo diríalles que hai que ter determinación, paixón e curiosidade por aprender a ser deseñadores e ebanistas. Día a día os seus coñecementos aumentan e poderán subir na súa andaina profesional a través dunha longa escaleira. Na escaleira hai moitos relanzos con portas que abrir para aprender habilidades, oficio, historia, tecnoloxía e deseño. Se as abren, irán gañando altura. É unha profesión que pode deparar moita satisfacción. Elixir que se quere ser é a clave para todo.


ALFONSO EIRÍN - EBANISTERÍA ALLARIZ Ofelia Cardo. Podería comentarnos como nace a empresa? Carpintería i Ebanistería Allariz nace en 2005 cando tres profesionais do sector con grande experiencia ven que hai cousas que se poden facer doutro xeito e deciden unirse creando unha sociedade dedicada á carpintería e ebanistería de calidade. O que comezou sendo unha pequena carpintería e, debido ao seu bo facer, acabou converténdose nunha carpintería máis industrializada cunhas instalacións de máis de 4000 m2, inauguradas en 2015. Estas instalacións están compostas por un moderno centro produtivo, oficina técnica, almacén e área de expedición, o que nos permite acometer desde proxectos sinxelos a outros con maior envergadura e complexidade técnica. En relación coa ebanistería, que achega o material ao produto que fabricades? Traballades cunha liña máis artesanal ou máis tecnolóxica? Os materiais son os nosos aliados e procuramos coñecelos para saber que sacar de cada un deles, combinándoos segundo as necesidades do cliente. Ao estaren orientados tanto ao particular ou pequeno empresario, coma ao sector profesional atopámonos con proxectos variados nos cales transformamos madeira e os seus derivados, combinándoos con metal, vidro, krion, coiro, iluminación... O noso catálogo de produtos inclúe desde carpintería exterior, interior, mobiliario a medida, así como canal contract, acondicionando locais comerciais e dotándoos de mobiliario. Podemos dicir que a nosa liña de traballo abarca desde os métodos máis artesanais a aqueles que se executan con maquinaria de tecnoloxía máis avanzada, permitíndonos así conseguir maior eficiencia nos procesos. Entendemos que ás veces un deseña e á hora de levar a cabo a produción xorden problemas de viabilidade. Por iso, atopades tensións entre os procesos de deseño e a produción? Como é esa relación? Moitas veces o plasmado en papel non é viable, xa sexa por comportamento dos materiais escolleitos ou ben por procesos construtivos ou dimensións. Dito isto, contamos cun equipo de profesionais con dilatada experiencia, o que nos permite achegar solucións e alternativas para a plena satisfacción do cliente.

A creatividade e a experimentación son un sinal de identidade da empresa? Onde se pon o acento á hora de concibir o produto, no pragmático ou na estética? Podería dicirse que nos gusta experimentar e probar materiais que ata hai relativamente pouco tempo non se poderían empregar de forma satisfactoria na fabricación de mobiliario. Non fabricamos mobiliario seriado, senón que partimos desde cero en cada caso, o que nos obriga a ter un proceso de deseño e fabricación flexible, adaptándonos a calquera deseño e material. Practicidade e estética teñen que buscar un punto de encontro para que ambas sexan posibles. Os actuais avances tecnolóxicos permítennos realizar proxectos cunha estética que antes era inviable. Nos tempos de grandes avances tecnolóxicos e da robótica, como afecta ás novas manufacturas da madeira no voso produto? Teñen cabida os procesos artesanais malia iso? Todo avance require unha base e saber como traballar a madeira desde o seu estado máis basto. No noso caso, combinamos artesanía e innovación facendo uso dos avances tecnolóxicos ao noso alcance, o que nos permite ser máis competitivos e máis precisos en menor tempo e con custos máis axustados. Para rematar, poderías dar algún consello a aqueles deseñadores-ebanistas que van empezar a súa andaina profesional? É moi importante que os deseñadores-ebanistas se formen en novas tecnoloxías, que saiban programar e operar con todo tipo de máquinas de carpintería e con centros de mecanizado, pero tamén é fundamental que teñan unha boa base en carpintería e ebanistería. Antes de correr hai que aprender a camiñar. Cremos que a profesión de carpinteiro ten futuro, xa que cada día é máis complicado atopar profesionais neste campo que saiban traballar ben a madeira. Un bo carpinteiro hoxe en día é moi ben valorado na industria.


Proxecto de Agostiño Iglesias Otero.

MATERIA PRIMA

Este proxecto nace dunha idea que quedou impregnada na miña memoria unha noite dun 24 de decembro, fai xa uns anos. Ao pasar polo medio dunha aldea veciña para ir a cear á casa duns familiares, vin que mesmo esa noite e a esa hora había alguén traballando nunha corte; nós “coa camisa nova” e esa xente traballando en Noite Boa como calquera outra noite do ano... ou máis ben, como todas as outras do ano, pensei. Por se iso fose pouco, a crise económica global primeiro e a leiteira despois, xeraron que moitas explotacións tiveran que pechar as súas portas, o que supuxo que as que resistiron tiveran que aumentar o número de reses para dar resposta ás demandas do mercado. Por suposto, este cambio de modelo implicou un incremento tanto das horas de traballo como da efectividade no mesmo.

É por iso que achei interesante plasmar o traballo dun gandeiro, por ese “non- stop”, esa dedicación por completo, ese xeito de vida que teñen; sen festivos nin vacacións; como ben din eles, “os animais comemos todos os días”. A reportaxe versa sobre a vida dun gandeiro na Galiza e o seu día a día na obtención da materia prima, o leite.


Proxecto de Pilar Abades, Charo Lopes, Xiana Quintas e Miguel Auria.

CALEIDOSCÓPICA

Estudámos fotografia, algumas de nós na EASD António Faílde, e não quisemos deixar de fazê-lo depois de acabar o curso. Organizámo-nos para jogar com os espelhos, as luzes, as redes, os reveladores e fixadores, as selfies, os códigos da imagem. A criação fotográfica acontece a qualquer momento, dentro e fora da instituição académica ou de prestígio. Aproveitámos o mundo online e fizemo-nos editoras de nós próprias, devagar, revimos as imagens, repensámos os discursos. Com periodicidade anual tiramos um novo número da caleidoscopica.gal arredor dum eixo temático específico, dando espaço para a reflexão, a crítica, a ressignificação de imagens, responsabilizando-nos pelo enquadramento que escolhemos. O nosso caleidoscópio nutre-se com os projetos que dúzias de pessoas nos enviam, para focar, contar his-

tórias, alargar o oco estreito da nossa cosmovisão. Entra também, dispara, participa, gira connosco! A Caleidoscópica é um caderno digital de fotografia que se publica anualmente desde o ano 2015 (www.caleidoscopica.gal). Se quiseres acompanhares o nosso trabalho facebook www.facebook.com/caleidoscopicafotografia/ ou o nosso instagram https://www.instagram.com/ caleidoscopica.fotografia/ e girarmos em conjunto o Caleidoscópio. As responsáveis somos Pilar Abades, Charo Lopes, Xiana Quintas e Miguel Auria como fotógrafas e Ana Parada como desenhadora gráfica. Podes entrar em contato connosco em info@caleidoscopica.ga


Proxecto de Roberto Rodríguez.

CAOS

A angustia ante os conflictos do amor. A fraxilidade, a desesperanza que por momentos afecta á parella. A incompresión, o medo, a tristeza, a dor e a soidade que tamén conviven con nós.


VACÍO

Proxecto de Cristina Saiz Abelleira.

Estas imaxes queren ser un autorretrato do meu ámbito familiar. Tratan da ausencia, do vacío entre as persoas, de ese algo que falta e que nos fai ser mais incompletos.


Proxecto de Xose Garrido.

O OUTRO

O fenómeno do extraño como realidade paralela que cuestiona a propia existencia do ser humano. A existencia do outro semella ser un espello onde poder ollarnos e aceptar a realidade, para desenvolver as capacidades do ser humano nunha existencia máis plena.


Alumnado participante: Antía Alvarez, Carmen Blanco, Alejandro Castiñeiras, Noemí Cordeiro, Marta Dorribo, Elsa Fernández, Endiara Ferreiro, Ramón Follente, Alba González, Jonatan López, Xurxo Márquez, Mauro Martínez, Cristal Martínez, Mari Prieto, Roberto Rodríguez e Cristina Saiz.

Este proxecto naceu como un exercicio de fotografía de arquitectura enmarcado dentro da programación do módulo Proxectos I do Ciclo Superior de Fotografía, pero grazas ao entusiasmo tanto do alumnado participante como da xerencía da praza de abastos nº1 de Ourense, converteuse nun traballo documental no que non só se recolle unha descrición do espazo físico, se non que tamén se dá cabida ao elemento humano que o habita, ás xentes que configuran a xeografía humana deste lugar. Este documental pretende facer unha humilde achega á memoria colectiva da cidade de Ourense, através dun espazo fundamental que se enfronta agora a unha transformación coa que adaptarse ás novas necesidades tanto dos usuarios como dos ocupantes.

UN LUGAR PARA A MEMORIA

ABASTOS

Antón García


UNHA VIAXE ENTRE TIRANA E OURENSE A EASD Antonio Faílde fixo un intercambio de alumnado coa Universiteti i Arteve, Escola Superior de Belas Artes de Tirana (Albania) no 2017, dentro do programa do Consorcio de Artes, CARTES (ERASMUS). Nove alumnas e alumnos de Fotografía viviron perto de catro meses en Tirana, e algo despois dous estudantes de Fotografía da escola de Tirana fixeron unha estadia de estudos en Ourense. Andrés Baltar e Soraya Vázquez son dous dos alumnos da Faílde que viaxaron a Albania. Este é unha parte dos seus proxectos fotográficos desenvolvidos alí.

Proxectos:

Andrés Baltar Soraya Vázquez Saá

Fotografía de Erlind Selba. Ourense. Fotografía de Soraya Vázquez. Albania.


Proxecto de Andrés Baltar. A maior parte destas imaxes están tomadas en Tirana, a capital de Albania. Durante a miña estancia alí tentei coñecer a cidade todo o que puiden. Impresionoume a amabilidade dos seus habitantes e o receptivos que eran cos extranxeiros. Pola contra, moitas persoas que coñecín contáronme que tiveran problemas cando visitaron outros países.

CIDADE MUDA

Algunhas das persoas que coñecín en Tirana estiveran es España. Unha noite, na praza Nënë Tereza, onde a esas horas se xunta moita xente xoven, fíxenlle unha foto a uns rapaces e eles invitáronme a achegarme. Un deles preguntoume que pensaba de Albania e logo sinalou cara a xente que estaba sentada na praza; “que pensas deles? Pensas que son criminais verdade?” dixo. Ese é o estereotipo que lle asignamos aos

albaneses nos países da UE. Logo explicoume que estivera tres meses vivindo en España e pregunteille que pensaba dos españois. Ao principio contestou: “boa xente”, pero logo díxenlle que podía ser sincero e comentou que se sentira discriminado e que lle parecía un lugar no que o racismo era común. Noutra ocasión, unha traballadora dunha panedería explicoume que visitara España unha vez e non tiña moi bo recordo porque lle roubaran o bolso con todas as súas pertenzas. Na comisaría o policía que tomou nota do caso discriminouna por ser albanesa e non fixeron o máis mínimo por axudala. “Aquí moitos rematan no crime organizado porque non teñen diñeiro, non lles dan traballo, se lles dan traballo non lles pagan, non valoran


o seu traballo; os de arriba cobran bastante pero aos traballadores non lles pagan ben.” Explícame unha amiga, que ten que traballar para pagar os seus estudos e naquel momento recibía 1€ por cada hora de traballo. “Con pouco diñeiro podes comprar a moita xente aquí. Podes comprar o seu voto, por exemplo”.

tranxeiras, que comparten intereses co crime organizado. Un claro exemplo é o acontecido na Guerra de Kosovo, na que a OTAN colaborou con grupos criminais (previamente adestrados pola CIA), facilitando logo o ascenso ao goberno dos dirixentes destes grupos, que participan e posúen moita influencia no tráfico de persoas, órganos, drogas, etc.

“Albania ten minerais, petróleo, a explotación da costa… e todo iso démosllo aos extranxeiros. Os políticos gañaron tanto diñeiro con iso que non saben onde metelo e sen embargo a maioría da poboación ten moi pouco.” O crime e a corrupción en Albania están sustentados por potencias ex-

A débil economía de Albania e a baixa cotización da súa moeda convértena nun lugar fácilmente explotable para as grandes multinacionais, que dispoñen de man de obra barata, poden impoñer condicións de traballo abusivas e fácilmente poden facerse co control dos recursos deste país.


Ante esta situación, quixen preguntarlle aos albaneses, coñecelos para intentar comprender. A sinxeleza da xente humilde deume as respostas que buscaba. Tonino, un home que vive nunha casa en ruínas, díxome nunha ocasión: “Aquí somos xente pobre, pero somos felices. Só con estar na rúa e ver a un veciño sorrir síntome feliz”.


Proxecto de Soraya Vázquez Saá.

SINERXIA

Estas fotografías son unha selección do proxecto feito durante a miña estancia en Tirana (Albania). Tirana é unha cidade chea de cor, de contrastes estéticos e socioculturais, de estilos e maneiras de vivir. As fotografias, como a cidade, tentan falar desa diversidade.


Proxecto de Tatiana Martínez. Intervense nun edificio situado no centro histórico do concello de Verin, Ourense. Foi construido no 1928, pensado para constituir o mercado da vila. No proxecto de rehabilitación pretendese a súa recuperación como espazo de mercado adaptado ás expectativas actuais. Hoxe en día, a idea de mercado é moi ampla. Cando a lembramos podemos observar que coexisten múltiples categorías de mercados: mercadiños populares, mercadiños con ocasión de datas especiais –por exemplo, os mercados de nadal–, os mercados “de deseño” ou os mercados gourmet. Todos eles respostan a mesma finalidade e intención, a posta en común e intercambio duns produtos concretos. O obxectivo prioritario do proxecto é actualizar o concepto de mercado ao caso particular da vila de Verín, sendo dúas as premisas que o inspiran: flexibilidade e adaptabilidade; creando un espazo rico, vivo e diverso, no que poidan convivir diferentes plantexamentos ou maneiras de entendelo.

EN VERÍN

MERCADO

Localización.


GraderĂ­o.

Multiocio.


Proxecto de Raúl Rey.

DOMUSÏK

O FOGAR DA MÚSICA

Este proxecto nace da necesidade de por en valor o papel tan importante da música na nosa sociedade, pois pocuo se valora as veces. Para elo, non se pode facer outra cousa que facilitar a chegada da mesma mediante os seus mensaxeiros: artistas e compositores; especialmente os emerxentes, pois eles son o futuro da música e os que máis difícil o teñen para abrirse camiño a día de hoxe. Mediante este proxecto darase cabida nun mesmo espazo ás distintas necesidades que estes artistas teñen nos seus inicios: Un lugar onde traballar que cumpra coas súas necesidades, una rede de contactos de xente de todo o mundo e da mesma sociedade da que poida recibir un feedback, sempre refrescante e desexable ademáis dun escaparate ao público que lles permita darse a coñecer. Deste xeito o proxecto convertirase nun todo para a música, un fogar, o fogar da música, donde os artistas terán todo o necesario para proxectar os seus soños.

Sección editada.


Sรณtano.

Entrada.

Obrador.


Proxecto de Leticia Prada.

DE REPOSTERÍA

OBRADOIRO

Abandoada, nunha das entradas a cidade de Ourense, atópase a nave na que se desenvolve esta intervención. Destácase o obxectivo de respectar a súa singularidade e volumetría arquitectónica procedendo a unha recuperación reversibel, integradora e funcional. A idea base deste proxecto xurde do procedemento de fabricación do mesmo produto que se elabora. Parte dunha receita de cociña que según a súa definición é: “Unha nota que comprende aquelo de que debe compoñerse algo, así como o xeito de facelo”. Como se das capas dun pastel se tratase, estructúranse os compoñentes do proxecto, tendo en conta que o que se desexa é crear un espazo diáfano con ambientes característicos e flexibeis, para adaptarse as necesidades puntuais que poidan ir xurdindo.

Planta alta.

Planta baixa.

Planta sótana.


Mรณdulo Bienvenida.

Rocรณdromo.

Pasarela.

Mรณdulo expositor.


Pop-up store. Proxecto de Susana Rivero. Saltar, correr, agatuñar... os nenos necesitan roupa coa que poidan moverse libremente. Free Move permite vivir unha experiencia na que estas prendas poidan probarse nunha contorna real, unha zona de xogos na que os rapaces disfrutan e os adultos comproban a eficacia do produto e confían nél. Ambos realizarán un percorrido formado por espazos con distintas funcións enfocadas, tanto desde a perspectiva do adulto, como desde a visión dun neno. Cada módulo desprégase para convertirse nun recibidor, un expositor ou un cambiador. Na praza dunha cidade, nun parque, no vestíbulo dun centro comercial... prodúcese a sorpresa de descubrir unha tenda itinerante que nunca será igual, xa que a súa configuración modular adáptase a cada lugar. O resultado desta experiencia convírtese nun recordo positivo do cliente cara a marca.

FREE MOVE

Volumetría general cerrado.


PREMIOS MESTRE 2018 Xosé Manoel González.

Os Premios Josep Albert Mestre a la excelencia en las enseñanzas de Artes Plásticas y Diseño, convocados pola Confederación de Escuelas de Artes Plásticas y Diseño recoñecen anualmente os mellores traballos finais de Ensinanzas Artísticas Profesionais e Ensinanzas Artísticas Superiores de todo o Estado español. A VII Edición, correspondente a 2018, foi organizada pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde, por ser gañadora do primeiro premio unha alumna da Escola, Ledicia Veloso, na edición anterior celebrada en Tenerife. Na presente edición a EASD Antonio Faílde designou un xurado de excepción, composto por deseñadores galegos/as de recoñecido prestixio a nivel internacional e con experiencia en proxectos de natureza interdisciplinar, que trascende á da súa propia especialidade; Pepe Barro, deseñador gráfico, Sara Coleman deseñadora de moda, Arturo Álvarez, deseñador de produto e Juan Rodriguez, fotógrafo. O día 20 de abril celebrouse cos membros do xurado unha palestra baixo o tema Interdisciplinariedade Proxectual, na que se trataron diversos aspectos de transversalidade interdisciplinar segundo a experiencia dos proprios ponentes e un diálogo co público asistente sobre a dialéctica entre arte e deseño, a xestión de equipos multidisciplinares, etc… Foron presentadas a este certame máis de 180 proxectos provenentes de escolas de arte e deseño de toda España. Atendendo às bases, realizouse unha selección de 40 propostas proporcional às propostas presentadas; 4 de Ciclos formativos de grao medio, 24 de ciclos formativos de grao

superior e 12 de ensinanzas artísticas superiores. Estes 40 traballos forman parte de unha exposición que permanecerá na sede da EASD Antonio Faílde desde o día 4 de maio ao 30 de outubro de 2018. O xurado fallou por unanimidade os seguintes premios; Primeiro Premio na categoría de ciclos formativos de grao medio, Vertebrae de José Luis Alés Bueno da Escola de Arte San Telmo de Málaga, Primeiro Premio na categoría de Ciclos Formativos de Grao Superior, Les Paüls, de Martí Pujol Bonastre da EASD Serra i Abella de l’Hospitalet de Llobregat, Mención de Honor de Ensinanzas Artísticas Superiores, Easy-Tap de Mónica Nájera Soroche, EASD de La Rioja, Logroño e Primeiro Premio da mesma categoría para Earthink de Andrés Ramírez da EASD de les Illes Balears de Palma de Mallorca. O día 4 de maio procedeuse á inauguración da exposición por parte do Director Xeral de Centros e recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, José Manuel Pinal e do Presidente da Confederación de Escuelas de Artes Plásticas y Diseño, Eugenio Vega. A continuación deu comezo a gala de entrega de premios presentada e conducida polo actor e director teatral Quico Cadaval e a actuación do grupo de jazz Alfonso Medela Trio. http://www.escolarte.com/es/premios-mestre-2018/

Premios Mestre 2018. Coordinación: Xosé Manoel González. Xurado: Xosé Barro, Juan Rodríguez, Sara Coleman, Arturo Álvarez. Escenografía: Lucía Rodríguez, Manuel Seoane e Javier Fernández. Exposición: Manuel Seoane, César Taboada, Javier Fernández e Xosé Manoel González. Colaboradores/as: Marisol Rodríguez, Armando García, Josetxo Fernández, Virginia Barros, Tonho Ferreiro, José Luis Casas, Olalla Sío e Ofelia Cardo. Comunicación: Olalla Sío. Deseño gráfico: Eugenio Vega e Xosé Manoel González. Motion Graphics e audiovisuais: Olalla Ferrando. Música en gala: Alfonso Medela Trio. Presentador gala: Quico Cadaval. Fotografía: Agostiño Iglesias e Carmen Fernández. Impresión: Rodi, Oficode e Aceroplus. Son e iluminación: Sonorde S.L.


Andrea PĂŠrez e Sara Villamor polas xĂŠlidas terras de Lituania.


PROGRAMAS INTERNACIONAIS César Taboada & Tonho Ferreiro As relacións internacionais da EASD Antonio Failde non deixan de medrar cada ano que pasa, ampliando países e número de mobilidades nos diferentes proxectos que temos en funcionamiento dentro do programa de Erasmus+, ofertando a alumnos e profesores do centro a posibilidade de compartir experiencias e coñecementos en institucións do extranxeiro. Debido ás boas relacións con institucións no extranxeiro xorden ademáis de todas as actividades que oferta Erasmus, outras invitacións a talleres, seminarios e exposicións ao longo do ano para que o alumnado e o profesorado podan disfrutar de todas estas experiencias de intercambio cultural e formativo. Neste curso os intercambios Erasmus+ acadan a altura que a EASD Antonio Faílde merecía. A excelente formación que oferta a nosa escola, agora goza ademáis de intercambios noutras escolas socias, para que os alumnos podan intercambiar coñecementos e seguir coa súa especialización noutros destinos alén das nosas fronteiras, enriquecendo a súa formación. Ademáis das escolas, academias e facultades xa socias, ampliouse o número de institucións e de países de intercambio, sendo xa moi amplo para que o solicitante teña un abanico maior donde poder elexir o seu destino. Socios repartidos por varios países coma Portugal, Lituania, Italia, Dinamarca, con escolas de referencia como a EASD de Matosinhos, Kea, ISIA, Vilnius e un sen fin delas máis, agora vense ampliados en número de centros de intercambio e a maiores temos xa novos destinos en Polonia e atópanse en proceso de negociación sedes Xermanas e Finesas. Non quixemos quedarnos ahí, senón que ademáis dos intercambios de formación de estudos, este ano foi moi próspero e esperamos seguir crecendo na posibilidade de intercambiar alumnos en prácticas no extranxeiro. A experiencia foi magnífica e os alumnos non só desenvolven o seu traballo senón que enriquecen o seu coñecemento noutras linguas e atopan outro xeito de desenvolver proxectos reais en países da comunidade europea, coa posibilidade de atopar novas vías de traballo e abrindo portas ao seu futuro profesional. Todo esto sen esquecer ao alumnado e profesorado que teñen como destino de intercambio a nosa escola, que fan dela o seu centro de formación. Todos eles aportan moito tamén nas nosas aulas, tanto para os seus compañeiros de estudos como para os profesores que os acollen. Temos que agradecer o esforzo que fan ditos profesores para esta acollida, que fan posible que o alumnado de intercambio sigan elexindo a nosa escola como un centro de referencia para ampliar os seus estudos.

Dentro dos programas Erasmus+, desde hai dous anos, a nosa institución mergullouse en novas fronteiras liderando un proxecto consorcio con outras escolas e facultades deste país para poder facer intercambios con países das zonas orientais. CARTES é nome de dito consorcio liderado pola EASD Antonio Faílde, con apenas dous anos desde o seu nacemento xa ten no territorio nacional máis de 20 institucións educativas vinculadas as disciplinas artísticas como participantes, entre elas Facultades de Belas Artes, Escolas de Imaxe e Son, Centros de Restauración, Conservatorios Superiores de Música e moitas Escolas de Arte e Deseño de todo o territorio nacional (Galicia, Asturias, Navarra, Madrid, Cataluña, Castela e Andalucía). Todos estes socios participaron ata o día de hoxe en destinos a países como Xordania, India e Albania cun número superior a 180 mobilidades entre alumnos e profesores de xeito bidireccional. Durante este curso tivemos alumnos Albaneses nas nosas aulas e profesores de Xordania, India e Albania viñeron a compartir experiencias e formas de traballo en distintos talleres durante todo o ano. Sendo a nosa intención crecer e crecer neste tipo de intercambios, apostamos pola ampliación de Universidades nestes países de destino e tamén tentamos acadar novas fronteiras. Pois xa é un feito!!! Non somentes acadamos máis socios nos destinos xa mencionados, senón que ademáis ampliamos a novos países a posibilidade de intercambios. Estes novos países son Camboia, Serbia e Tailandia, esperando que a experiencia nestes destinos sexa tan enriquecedora como ate o momento e poder seguir ampliando miras en futuros moi cercanos. O dinamismo do que disfruta a EASD Antonio Faílde nos programas Erasmus+, provoca que moitas institucións de moitos outros países que non disfrutan de programas de este tipo, manteñan moi boas relacións con nós para poder facer proxectos en conxunto. Emiratos Árabes, Abu Dhabi e Turquía, por nomear algúns, seguen relacionaos con nós de forma íntima convidándonos a eventos, talleres, seminarios e exposicións haabitualmente. Outros países como Italia ou Alemaña convidannos a participar na Bienal de Venecia o en Mannheim respectivamente. De feito este verán alumnos da nosa escola participarán nun taller “ Freespace” no que colaboran con outros estudiantes de facultades de Arte de todo o mundo, como a Universidade Artes Dortmund (Alemaña), Mármara universidade de Estambul (Turquía) e outras Universidades de Italia, Francia e Finlandia. Seguiremos a traballar nos intercambios internacionais para o crecemento da nosa escola e para que o alumno que o desexe poda participar desta experiencia como unha proxección máis cara ao seu futuro.


Alumnado participante: Cayetano Salvia, Manuel Gallego, Paula Aznar, Carla Sotuela, Javier González y Ricardo Veiga.

EN PEDIATRÍA

MURAL

Unha colaboración entre o servizo de Pediatría do CHUO e os profesores de debuxo artístico e cor da EASD de Ourense, conseguiu humanizar a área pediátrica hospitalaria con imaxes infantís realizadas por alumnos que cursaron ilustración, tanto no ciclo formativo superior como en deseño gráfico.


Proxecto de Lore Mar. Traballo final de estudos.

MAGICPUDI

MagicPudi é unha auto publicación para un medio digital como Webcomic dirixida a un público novo-adulto entre 13 e 30 anos. É a historia dun bosque perdido no tempo e das historias que suceden dentro del, saltando de época en época sen control, debido ao corazón dunha bruxa que se atopa enterrado no interior do bosque; Os dous prólogos falan do encontro, un desde a razón ao aparecer o corazón no bosque e outro, entre os dous protagonistas Sarah e Sköll ou o da bruxa e o lobo que o protexen e o seu motivo. Ademais da historia principal, fálase do falso idealismo do amor, das primeiras traizóns, de sentirse fose do mundo. Pero o subtema máis importante que ten os dous prólogos é a dualidad da morte, a morte cruel e chea de odio do primeiro en contraposición coa morte tranquila e máis espiritual do segundo, as cales tamén representan e marcan as persoalidades dos protagonistas, Sarah como representación da dor e odio en contraposición do seu aspecto de muller nova e tranquila e Sköll, a tranquilidade e o silencio que vén despois, malia ter aspecto dun lobo o cal mitológicamente simboliza xusto o contrario. O lobo Sköll é tamén

gardián na mitología nórdica, de cultura pagana como a relixión wiccan e se fan guiños a personaxes históricos como o nome da protagonista Sarah How, que é tomado de dúas mulleres xulgadas e asasinadas durante os xuízos de Salem, Sarah Wildes e Elizabeth How. A paleta de cores escollida busca a sensación de antigo e sucio como a estética SteamPunk e está inspirada na obra de Miyuli, Hearts of Sae, así como os vestidos de época para crear o atuendo dos protagonistas, con referencias á película de 2012 Os Miserables ou a saga de videoxogos Assassin´s Crede.


Proxecto de Lia Soto. Traballo final de estudos. Poderíase resumir como as crónicas dunha depresión ou o paso por unha adolescencia calquera. O que a fai unha obra única é a adhesión do mundo interno da protagonista a partires do aprendido na vida, a crise existencial adolescente e as súas escapadas mentais a outros mundos. É unha obra moi personal e semi-biográfica da autora destinada a ser un webmanga no estilo de Jesulink e estética anime.

PARANOIAS

Bocetos.


CRUSH Fodida polisemia dun artigo rexeitado (anónimo atopado na papeleira da sala de profesores). Os protagonistas desta historia non somos máis que catro fervellos. Aquel día de xuño no que os nosos camiños se cruzaron foi pouco intenso, pero lembro que Miguel Mantilla asaltou a sala de profesores. Foi el o que se empeñou en enguedellarnos a todos, pois non se atreveu a retarnos a participar no concurso internacional de cartelismo Francisco Mantecón 2017? Tonho Ferreiro, que só pasaba por alí, opuxo pouca resistencia. Olalla Sío

foi arrastrada polas circunstancias (e porque nos puxemos moi pesados). E eu, que non sei a que andaba, rematei lendo as bases da Bienal e cavilando que de gañar calquera de nós, se faría unha publicidade boa e gratuíta para a nosa escola no seu 30 aniversario. Iso soaba moi ben. Recoiro! En canto comezamos as vacacións, cada un marchou polo seu lado e non se falou máis do asunto. Pasaban os días de agosto e a caixiña de entrada do correo da Xunta permanecía baleira; nin un “Ola! Como che vai?” nin un selfie, nin nada de nada... Os catro eramos conscientes de que actuabamos por interese. Interese na Faílde, a gran fábrica de creativos na que traballamos, e interese nos 16.000€ en premios, claro. Nos primeiros días de setembro, cando os ánimos ardían cos cambios incesantes de horarios e as necesidades do profesorado que non se cubrían, nese golpe de calor, nese rebumbio do comezo de curso, chegaron os primeiros carteis: os de Miguel cun clásico. Tonho tamén abriu os seus elegantes Tiff. Todos eran preciosos. Tanto Miguel como Tonho fixeron da botella a protagonista dos seus carteis. Que envexa! Aquilo comezaba a poñerse interesante, pero... e Olalla? Ela tívonos en vilo ata o derradeiro minuto. Non facía máis ca dicir que non tiña tempo, que non daba feito. Mentres, as súas olleiras medraban e medraban... Que estaría tecendo? Ata que tivo listo o seu, nós tampouco descansamos. Cando todo rematou, foi moi curioso analizar o resultado final: nin ela nin eu amosamos a botella nos carteis. O tópico: mirada masculina versus mirada feminina; o máis probable: unha formación artística e cultural diferente. Síntoo se vos gustan o finais felices, pero esta historia esta baseada en feitos reais: os nosos carteis formaron parte da grande exposición na Estación Marítima de Vigo; o xurado do concurso recibiu 1.568 carteis de 62 países e rematou escollendo unha boa presa de imaxes esquecibles; o nome da EASD nunca saíu na prensa á beiriña dos nosos; continuamos frecuentando a sala de profesores e somos case un ano máis vellos. Pero, sabedes unha cousa? Anque non sempre se gañe, sempre se aprende. Entendedes agora o da polisemia?... Ok!” Engado uns apuntamentos que acompañaban ao anónimo, co proceso creativo dos catro participantes.DOUS CONCEPTOS, DOUS ESTILOS Por Carmen Fernández O anxo e o diaño coñecíanse dende facía moito tempo. Sempre se miraban e se saudaban de lonxe, porque o anxo era moi, moi branco e o demo, que


era negro e ás veces colorado, non se podía achegar ao anxo sen mancha. Unha noitiña... no ceo, que está cheo de artistas moi bos que morreron moi pobres, fixeron festa rachada para desfrutar un pouquiño da longuísima eternidade. Había manxares riquísimos, viños galegos deliciosos e a banda celestial tocaba EDM a todo volume. En pouco tempo, o barullo era tan infernal que o diaño pensou que alí estaría como na casa. Dáballe un pouco de medo, pero en canto se atreveu a saír da súa cova, unha man branca, moi branca suxeitou a súa man e... upa!... [Mellor é que maxinedes o resto da historia e que deseñedes o voso cartel]. Anxo e demo forman parte do repertorio iconográfico da cultura xudeocristiá. A maioría do publico obxectivo pertence a este ámbito socio-cultural. O viño tamén é moi importante nel, polo seu papel na eucaristía. Coa escolla do estilo de ilustración infantil, de formas moi simples que lembran ás manualidades escolares e no cal as personaxes non teñen

unha sexualidade definida buscábanse a inxenuidade como valor asimilable ao natural e a falta de artificio ao mesmo tempo. Para a expresión do outro concepto escollín a fotografía. No fondo subxace a necesidade de amosar a ligazón co natural, xa que se representan, mediante unha metáfora visual as compoñentes básicas do viño que se quere publicitar: a boa terra, o sol, a uva albariño e a súa proximidade ao mar que xenera o clima no que se crían as cepas. VIÑO-ARTE Por Miguel Mantilla En xeral a publicidade está ligada á arte cando busca unha emoción estética, pese a que a súa función primordial é comercial, pero acaso a arte se desliga da devandita función?. O artista pretende a publicidade das súas


obras tamén para promover a súa venta e ademais, a publicidade podería ser considerada arte ao utilizar a creatividade para captar a nosa atención ao intentar vender un produto.

produto coa arte do debuxo unido á fotografía e o deseño, partindo das 2D e potenciando a 3ª pola perspectiva inversa do collage dixital (o proceso gráfico móstrase no blog “enviarte” de wordpress).

Nesta época de crise global socio-económica e de valores, que promoven tanto a desigualdade como a superficialidade, intento afianzarme nun humanismo renacentista retomando unha obra recoñecible para ser actualizada cas novas tecnoloxías nunha simulación de apropiación ecléctica con imitación estilística para seguir conmovendo a nosa sensibilidade. É dicir, acudir ao pasado para intentar sorprender ou emocionar.

A diferenza da actual tendencia apropiacionista que critica o concepto tradicional de autoría, aquí inténtase o contrario, homenaxear e reivindicar a Leonardo, utilizando o seu esbozo como modelo de execución cun estilo semellante pero transformado creativamente cunha finalidade artística ilustrativa e publicitaria.

A idea do cartel presentado ten como referencia a obra de Leonardo da Vinci, reconvertendo o seu pequeno “Estudo de Mans” de fins do século XV, nun cartel recreando e simplificando liñas para concretar un novo tema, unha agarimosa aperta ao incorporarlle a botella, ensalzando o

O trazo solto e veloz leva ao encaixe principal do fondo e o primeiro plano da escena. Pero esta obra de trasfondo gráfico coa súa manifesta sensibilidade estética, é politicamente comprometida ao pretender xerar un discurso social contra a anunciada morte da arte e en concreto do debuxo ou a pintura nos últimos tempos, suscitando a reflexión do


espectador para transformar o seu modo de ver, pensar ou actuar, nesta humilde inmersión publicitaria. COLLEITA PROPIA Por Tonho Ferreiro Cando me visto de artista adoito utilizar poucas verbas. Penso que a obra debe falar por si mesma, sen o artificio da palabra escrita. Creo, estou convencido, que só debe recorrer á retórica da súa propia esencia. Mais, neste caso concreto, o proceso creativo ten maior valor que a imaxe final, facéndose necesaria unha pequena reflexión escrita da motivación. O proceso creativo nace dunha soa frase, que sintetiza en dúas únicas accións o proceso de elaboración do viño: “Vendimando uva a uva na viña, pedaciños translucidos de ceo pendurados dos acios, vaise enchendo de vagariño a botella.” Así comeza a obra... Vendimando vidro a vidro na praia, anaquiños translucidos agarimados polo mar, esculpidos nos fondos pedregosos da costa galega de A Guarda, alí onde desemboca o Miño. Trala longa e minuciosa colleita, igual que acontece na vendima coas uvas, vanse seleccionando os mellores vidros, co tesón do experimentado enólogo, para así acadar o mellor produto final. Así, case sen se decatar, e ordenando de xeito lóxico a prezada colleita, vai emerxendo a botella, brillante contedor do agasallo de Baco, fermosa bandeira convertida en cartel coa que comunicar a esencia de cada un dos viños desta denominación de orixe asentada na desembocadura do Miño, alí onde case se bican Portugal e Galicia, alí onde a terra e o mar, nai e pai agarimosos, se dan cita na viña para enxendrar un dos caldos mais especiais do noroeste Ibérico. UNHA IMPROVISACIÓN CONECTADA Por Olalla Nazaret Sío Lomba

naceu a idea. Por un lado trátanse dunhas boias antigas de pesca de baixura de A Guarda que acompañaban ao meu avó na súa gamela, case que se pode dicir que teñen a mesma denominación de orixe. Non queda en van perdida a súa forma e cor moi asociado coa uva ademais do vínculo da rede que as une dun xeito aleatorio e delicado coma un acio. Por último o material, o vidro, que supuxo unha ferramenta histórica no mar e que tamén o é como o contedor do viño. O fondo neutro proporciona aire á fotografía de obxecto e os elementos vectoriais e o logotipo concretan a conexión.

Pódense ver imaxes onde non semella habelas. Incluso pode verse unha imaxe diferente segundo quen a mire. É unha cuestión da cultura, da educación ou da vida. De aí importancia do contexto. Este cartel foi unha improvisación conectada: miras unha parede, un pouco de historia presente nela e podes ver o vínculo. Propiamente aí

Pero que pasou coa improvisación? Pois que todo isto saíu dunha idea moi veloz a que decidín facer caso utilizando elementos da casa para intentar plasmar nunha imaxe a conexión que vin nun abrir e pechar de ollos. Ás veces toca debuxar con obxectos para tratar de aportar un novo significado.


Proxecto de Lucía Sánchez Dacal. Traballo final de estudos.

HOIVA

JABÓN ORGÁNICO ARTESANO

Hoiva, que en finlandés significa nutrir, é unha pequena empresa de xabóns feitos artesanalmente con ingredientes naturais. Os seus valores e atributos: Orgánico, natural e a tradición son os conceptos que definen a marca e están cen por cen presentes no produto. O packaging está feito con materiais ecolóxicos e reciclables. O corcho e o papel plantable danlle un aspecto máis orgánico, natural e sostible. Ademáis o seu envase está pechado con fio cosido para evitar pegamentos e mostrando así a súa parte artesán. A sus gráfica representa a tradición. Inspirada no século XIX, trala revolución industrial, no movemento de arts and crafts donde o artesán recibe un recoñecemento e una revalorización que fai replantexar a división entre arte e oficio.

Nesta época as fundicións puxeron en marcha as iniciativas de recuperación, relanzando novas versións dos tipos antiguos e de transición que foran olvidados. Nunha época onde ao industrial perde a súa esencia, voltamos a dar valor o artesán.


Proxecto de Paula García Vázquez. Traballo final de estudos. Bratstvo: Corazón Rojo, é un proxecto de aventura gráfica point & click, con quebracabezas i escenas de acción, desenvolto por una productora indie ficticia (Indiealert). A historia sitúa a varios personaxes con diferentes características xogabilísticas en plena Segunda Guerra Mundial.

CORAZÓN ROJO

Bratstvo.


Proxecto de Judith Tello Sánchez. Traballo final de estudos.

HOUMI

Houmi é unha aplicación sen ánimo de lucro dirixida a axudar aos animais das protectoras da provincia de Ourense. O desenvolvemento desta interfaz xorde como resposta á situación actual na que se atopan a maioría destas protectoras e asociacións: levan a cabo un gran traballo, de forma totalmente autofinanciada sen ter apenas medios de difusión e recursos para un número moi eleveado de animais. Unha aplicación executada en pantallas interactivas nas rúas da cidade, é unha excelente ferramenta para colaborar coas protectoras, ao mesmo tempo que se intenta educar e sensibilizar á poboación fronte á situación das mesmas. Coa colaoración das nosas mascotas, un canciño e un gatiño, Houmi cubre os seguintes campos de axuda:

Adopción Cada can e gato ten o seu propio perfil informativo e un contacto. Contacto Cada protectora e asociación de Ourense ten o seu perfil de contacto e mapa con ubicación. Doazón A través do sistema TPV, calquer usuario pode doar a cantidade que desexe destinada a todas as protectoras. Tenda Ofrécense complementos para os usuarios e mascotas, nos que no prezo final inclúese unha pequena doazón do 15%. Búsqueda A través de formularios moi sinxelos e un número de atención, ofrecemos axuda para os usuarios que atopen ou perdan mascotas.


Web Daletra Tarxeta anverso Daletra

Revista Daletra


Proxecto de Xavier Álvarez Franco. Traballo final de estudos.

DALETRA

A miña proposta para o Traballo Fin de Estudos (TFE) das Ensinanzas Superiores de Deseño, na especialidade de Deseño Gráfico, foi unha a creación, a creación ou selección e tradución dos contidos, e deseño dunha publicación (Daletra) sobre a letra que, fundamentalmente, recollera e contivera información sobre todos os xeitos posibles de representación deste signo gráfico do noso sistema de escritura. Faríao con especial atención á letra tipográfica, tanto á impresa, como á representada nunha pantalla. Así deberían caber nesta publicación calquera tema relacionado coa escritura manual, coa caligrafía, coa rotulación e coa tipografía de calquera época, fora cal fora a ferramenta, a técnica ou a tecnoloxía empregada para a súa representación. Un condicionante fundamental da publicación era que todos os textos estarían redactados en galego. A publicación materializaríase nunha revista (Revista galega

Daletra) impresa dixitalmente, cun inserto composto e impreso tipograficamente. Pero sería complementada, que non versionada, na Rede (daletra.eu). Este complemento recollería resumos dos temas tratados na revista, tratando de ampliar contidos (que sería imposible ofrecer na versión física), e propor e fomentar debates sobre estes contidos entre os lectores, ou calquera outra persoa interesada nestes temas.

Impresión Daletra.


Proxecto de Sheila Pérez Garrido. Traballo final de estudos.

CANS

Este proxecto baséase na creación de novos medios para o Festival de Cans: En primeiro lugar unha aplicación móbil con personalidade, alegre, divertida pero sobretodo profesional coa que podremonos ubicarnos en todo momento no festival, obter toda a información da programación, saber qué proxeccións se van facer, qué grupos musicais están convidados… O público que non poida acudir presencialmente poderá participar desde as súas casas visualizando as curtametraxes e facendo a votación de maneira online. Este sistema fará chegar o festival mais lonxe, que saía fora dos seus límites e daralle a posiblidade de ser coñecido internacionalmente. En segundo lugar, unha revista dixital particularmente de cine galego con un deseño elegante, moderno e con forte impacto visual que nos evoque e nos mostre o cine directo dende dentro. Deste xeito obterán un medio co que dar a coñecer máis esta disciplina audiovisual e novos grupos de música galega e ao mesmo tempo servirá como medio de financiación para este.


Proxecto de Patricia Ferreiro Hueso. Infografía de terceiro de Deseño Gráfico. Infografía que resume o que foron os incendios forestais en Galicia en Outubro de 2017 con outros datos relevantes sobre o tema. O traballo divídese en catro partes diferenciadas: Na parte superior preséntase o tema, aclárase a iconografía e explícanse os factores do sucedido. Na central temos o foco de atención có proceso do sucedido. A terceira zoa é a liña de tempo dos incendios en Galicia en 2017. A última zoa son datos xerais sobre Galicia, España, Europa e Mundo.

ROJO

UN OCTUBRE

Plano detalle da ilustración e iconografía.


Equipamento Exenta.


DESEÑO, UNHA CUESTIÓN DE ORDE Cenlitrosmetrocadrado. Se tiveramos que definir deseño cunha soa palabra esta sería sen dúbida –orde-, un concepto presente dende os primeiros contactos co cliente ata as derradeiras fases do proxecto. Malia a que a profesión do deseñador está estreitamente relacionada coa idea de creatividade, e sen dúbida é unha compoñente de grande importancia, quizais a labor que máis tempo ocupa no desenvolvemento desta profesión é a busca da orde entre os diferentes elementos que manexa, podendo ser estes de natureza moi diversa dependendo do punto no que se atope o proxecto. Todo comeza coas primeiras xuntanzas nas que o cliente expón a súa situación e vai debullando unha serie de necesidades que o levan a pensar que o deseño pode ser un bo camiño para dar solución ás súas carencias. Con frecuencia apunta tamén posibles remedios apoiándose en análises persoais e deducións que non sempre son as máis atinadas, polo que é neste mesmo punto onde xa comeza o proceso de busca da orde. Logo de analizar o entorno e as circunstacias particulares do en-

cargo, adoitamos concluir que a solución pasa por abordar o proxecto dunha forma alternativa ao que de entrada se nos estaba a propoñer. De aquí que toda a información e as conclusións adoptadas han de ser filtradas e cuestionadas coa fin de evitar posibles erros de prantexamento. Redactado o prego de condicións no que se relacionan todos e cada un dos requerimentos que comprende o proxecto, comeza a fase de conceptualización onde as ideas van xurdindo e dando pé unhas a outras nun proceso moi aberto e un tanto anárquico. Unha vez máis atopámonos cunha diversidade de material tan cuantiosa que debemos cribar e dotar dunha orde, apoiándonos en diferentes criterios. Que camiño escoller de entre todos os que xorden durante o proceso creativo? Nunca é fácil dar resposta a esta cuestión, máis sempre é bo ter en conta que as emocións e os impulsos xa tiveron a súa opor tunidade, agora é o momento de aplicar a razón e cumprir con rigor tódolos requerimentos expostos no prego de condicións.

Cadeira Minia.


Sinaléctica Galeras.

Cenlitrosmetrocadrado é un estudo de deseño e comunicación composto polos deseñadores Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río coa intención de ofrecer un deseño de clara orientación humanista, que vaia máis alá da simple función práctica e que atenda tamén funcións de carácter emocional e social. Cunha identidade de marcado carácter atlántico, desenvolve proxectos que van desde o gráfico, o deseño de produto e espazos, ata a coordinación de equipos de traballo en ámbitos creativos. Á marxe das encomendas, cenlitrosmetrocadrado desenvolve proxectos por iniciativa propia dentro dunha liña de investigación interna baixo a denominación I+D+Cen. Estas experiencias están encamiñadas a reflexionar sobre diversos factores como poden ser: usos, códigos formais, contextos, materiais, técnicas produtivas...co fin de propoñer novos conceptos ou revisar os xa existentes. Membros da DAG, foron premiados con un LAUS de prata e súa Vaixela Ferádica forma parte da colección do Museu del Disseny de Barcelona.


Sinaléctica A Pedrachan.

Unha vez decidido o concepto toca facer unha primeira aproximación formal á solución, polo que debemos estudar as diferentes posibilidades das que dispoñemos e ordenalas en función da súa capacidade para adaptarse ás particularidades do proxecto. Independentemente da natureza deste, un mesmo concepto pode ser materializado de diversas formas, polo que en ocasións o criterio de funcionalidade queda escaso para decidir e deben ser outros coma a expresividade ou a compoñente innovadora os que decanten a balanza. En cada encargo debemos construir unha particular escala de valor que nos axude a ponderar e visualizar a linguaxe formal que posúa o maior potencial. En xeral, o obxectivo común á maioría de exercicios de deseño é o de tentar resolver os problemas empregando o menor número de elementos posible. Nesta cruzada, cada parte debe estar optimizada e obedecer a unha xerarquía de tamaños, cores, materiais…. que aporta orde ao conxunto e inmediatez á lectura da peza. Unha vez decidida a linguaxe formal ou constructiva tódolos esforzos concéntranse en suprimir o innecesario e buscar os seus propios límites, sen perder de vista os obxectivos que aportan ao proxecto a verdadeira razón de ser. Un exercicio de depuración, onde a esencia do concepto debe expresarse da forma máis clara e limpa posible. Cando parece que o proxecto chega ao final, queda pendente unha fase que, malia non aportar valor ao mesmo, de non darlle a suficiente importancia, pode comprometer o seu éxito. A presentación do resultado ao cliente é unha parte do traballo que debe ser coidada con extrema delicadeza, expoñendo de forma clara e precisa as opcións das que se dispoñía en cada punto do proxecto e argumentando todas e cada unha das decisión adoptadas. Nesta labor, a representación mediante esquemas gráficos dos diferentes elementos que interveñen en cada fase axuda a unha rápida interpretación e unha mellor comprensión do sempre complexo entorno do proxecto. Verbalizar en todo momento os argumentos nos que se apoia a construcción do relato dun proxecto axuda a un mesmo a comprobar a súa veracidade. Necesidades, ideas, formas, materiais, cores… ou calquera outro elemento que de forma algunha participe no proceso de deseño,debe estar ao servizo dunha orde xeral, que aporta ao conxunto coherencia e equilibrio. A carencia de orde no deseño,do mesmo xeito que a carencia de afinación na música, produce certa incomodidade e desasosego, é por iso que ao igual esta, o bo deseño resulta agradable a tódolos públicos,con independencia da súa formación e os seus gustos.

Stand Silvereira.


FotografĂ­a de Fernando Guerra e Sergio Guerra


CASA DO CONTO Artur Rebelo de Sousa. R2. Design. Obra de arte versus artefacto de design: os limites da relação entre bidimensionalidade e tridimensionalidade.

Enquadramento. Situada em pleno centro do Porto, na Rua da Boavista, a Casa do Conto é uma Arts & Residence que ocupa uma antiga casa burguesa construída no século XIX. Em 2009 fomos contactados pelo atelier de arquitetura e engenharia Pedra Líquida com vista à realização de uma instalação efémera para a inauguração da Casa do Conto, projeto a cargo de duas sócias — a engenheira Alexandra Grande e a arquiteta Joana Couceiro, esta última simultaneamente proprietária da Pedra Líquida e responsável pela construção da obra. A aproximadamente 15 dias da inauguração um incêndio destruiu quase a totalidade do edifício, poupando apenas as paredes exteriores. Apesar do fatídico desfecho, as sócias do projeto mantinham o desejo de reconstruir o espaço. Em 2011 iniciou-se o peocesso de reconstrução, sendo que o novo projeto de arquitetura previa a recuperação do espaço. Tendo em conta a velocidade a que o edifico ardeu (devido à grande quantidade de madeira presente) foram construídas lajes em betão. Fomos então novamente contactados para intervir no edifício, desta feita de forma mais permanente. Foi-nos solicitado que reinterpretássemos os motivos decorativos dos tetos trabalhados, de forma a serem produzidos em betão. Abordagem gráfica. Já tínhamos procedido a um levantamento inicial para a primeira instalação, tendo no nosso arquivo fotografias dos tetos em estuque existentes antes do incêndio. Por ocasião da primeira intervenção analisámos também as diferentes divisões, sendo que a cada uma delas estava associado um motivo, mais ou menos trabalhado: desde cupidos, a flores, passando por alusões à música (violino, trompa e harpa) e à cartografia (globo, mapas e compasso). Apesar de o cliente nos ter fornecido uma direção concreta, que consistia na reinterpretação dos desenhos anteriores, optámos por desenvolver uma proposta que evocasse o passado deste edifício em vez de reproduzir as

mesmas figuras num outro material — a memória do espaço não era apenas marcada pelas figuras dos tetos mas por todo o projeto que se tinha perdido, pelas emoções, pelos amigos que tinham acompanhado o nascimento do projeto e depois a sua destruição pelas chamas. Neste sentido, propusemos que fossem produzidos textos por diferentes autores, críticos e arquitetos que tivessem conhecido o edifício e o projeto, aproveitando o facto de a casa de hóspedes se chamar Casa do Conto. Era um recomeçar que se distanciava do original mas que trazia uma importante componente emocional, ligada à produção de novos conteúdos textuais, reflexões diversas sobre este espaço, interpretações que enriqueciam os diferentes tetos da Casa do Conto. Os seis textos resultantes foram encomendados a autores que, de alguma forma, tinham alguma ligação com o local. Propusemos que fosse escrito um texto para cada quarto. Ao nível do conceito cada teto funcionava como a página de um livro, um conto de uma página. Georges Perec surge como uma referência neste projeto pela forma como explora a própria página de texto e reflete sobre os vários espaços (Espèces d’espaces, 1974). Uma abordagem tipográfica através da qual se evocassem memórias fazia especial sentido, já que todo projeto estava marcado por uma profunda carga emocional. Conscientes que a proposta poderia não ser aceite, para a maquete apresentámos um texto simulado. Houve um entusiasmo muito grande relativamente a este projeto por parte dos comanditários. A lista final de autores foi responsabilidade da Casa do Conto e era constituída pelos arquitetos Filipa Leal, Álvaro Domingues, Jorge Figueira, André Tavares, Pedro Bandeira e Nuno Grande. Sendo que o teor de cada texto diferia, estes foram tipograficamente tratados de forma também distinta. Tivemos por base não apenas o texto mas também o próprio quarto, atendendo a diversos aspetos como a inclinação dos tetos e a localização da casa de banho (existiam aberturas entre o teto destas e o do quarto 49). Cada um dos tetos funcionou como uma ‘folha em branco’ sobre a qual compusemos os textos de cada autor, inspirados pelas produções literárias de cada um. A cada texto foi atribuído um tipo de letra diferente, dependendo do tom e conteúdo veiculado. Recorremos a vários tipos de letra (não serifadas, serifadas, mecanas e geométricas): a Ordinaire, de David Poulard; Jannon, de Frederick Storm; Dada, dos deValence; Neutraface Slab, desenhada por Susana Carvalho e Kai Bernau; e a Futura, de Paul Renner. Em termos de composição dos textos, no que diz respeito ao texto de Nuno Grande, dado que este autor se apropriou de uma frase de


Fotografía de Fernando Guerra e Sergio Guerra.

Le Corbusier «Une Maison est une machine-à-habiter», desconstruindo-a e escrevendo «Une Maison est une maison machine-à-demecaniser», partimos desta mesma ideia e desconstruímos cada palavra criando um crescendo que culmina na emergência da palavra em si, optando pela Futura Bold, desenhada nos anos 1920. No texto de Filipa Leal utilizámos um caligrama que reforça o significado da palavra tendo selecionado os tipos de letra Jannon (regular e versalete) e Futura. No texto de Pedro Bandeira criámos uma composição em espinha conjugando os tipos de letra Jannon, Dada Grotesk e La Metro, compostas de forma a trabalhar o contraste entre as conotações estabelecidas pelo uso de tipos humanistas e grotescos. Para o texto de Jorge Figueira escolhemos a La Metro e a Dada Grotesk; e para o texto de Álvaro Domingos optámos por escolher a Neutraface Slab, criando uma malha compacta de texto que ocupa todo o teto deixando apenas uma ligeira margem em torno. Finalmente, no que diz respeito ao texto de André Tavares, escolhemos de novo a La Metro, estabelecendo diferenciações e variando a escala do tipo de letra que se encontra organizada em blocos de texto. Importa ainda assinalar que todos os textos apresentam as iniciais do seu autor e o número do quarto compostas no teto fora da área tipográfica, estabelecendo-se uma paralelismo entre o teto e a página. Todos os quartos apresentam um texto completo, o que não acontece nas duas zonas comuns, onde também interviemos (sala de estar e recepção). Na primeira zona evocámos os quartos, criando novas composições a partir de fragmentos das presentes nos tetos que em termos espaciais as antecediam, colocando nos textos pedaços das composições encontradas nos pisos superiores. Esta síntese foi conseguida através de uma composição menos literal, como se de uma colagem de tratasse. Na segunda zona desenvolvemos um caligrama explorando de forma intuitiva os conceitos de conto e sonho. Em termos de tipos de letra, para a sala de estar escolhemos a Neutraface Slab, a Futura, a La Metro e a Jannon, enquanto que para a recepção compusemos o texto apenas com a Dada Grotesk. A criação do projeto de design e a sua execução duraram aproximadamente três meses. Trabalhar com tetos de betão acrescia algum grau de dificuldade, obrigando-nos a proceder a testes de produção. Em termos técnicos, tivemos de levar em consideração a profundidade do betão no qual iríamos intervir, já que este não era decorativo mas sim estruturante, ou seja, as letras não poderiam tocar na malha de ferro que o suportava. Por este motivo, foi necessário reunirmo-nos com a equipa de arquitetura e engenharia civil que projetou a obra, bem como com o construtor e restante equipa que iria tratar da aplicação do betão.

Fotografía de Andre Cepeda.

Creado en 1995 por Lizá Defossez, e Artur Rebelo, R2 é un estudo de deseño sediado no Porto. Desenvolve proxectos de deseño editorial, identidade visual, sinalética, carteis, exposicións, así como proxectos de deseño web. Como consecuencia da súa multidisciplinariedade, R2 emprende parcerías con outras áreas de proxecto como arquitectura, enxeñaría, fotografía, ou programación. Do diálogo entre bi-dimensión e tri-dimensión resultan proxectos significativos e diferenciadores que acadaron os mais altos recoñecementos da comunidade internacional do deseño, (Type Directors Club, European Design, D&AD, ICOGRADA, etc...). Lizá e Artur teñen impartido conferencias, coordinado talleres e participado como xurado en numerosos eventos internacionais. Actualmente, Artur Rebelo é profesor asociado na Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coimbra. Lizá e Artur son ambos os dous membros de AGI - Alliance Graphique Internationale, desde 2007.


O betão foi aplicado de forma líquida, vertido lentamente sobre painéis de MDF liso (cofragens), notando-se apenas as juntas de ligação. A aplicação foi decidida tendo em conta a área e a profundidade; as juntas, por serem quase impercetíveis, não se tornaram num elemento relevante. Optámos por espaçamentos generosos entre letras para que o betão líquido preenchesse os espaços com massa suficiente. O objetivo passava por retirar a cofragem e as letras de poliestireno expandido que serviam como moldes sem partir o interior. Na fase de experimentação procedemos a um teste tipográfico numa placa de betão utilizando tipos de letra serifados e não serifados, para se selecionar o mais apropriado e testar escalas/ tamanhos de letra. A integração do design gráfico com a arquitetura é um elemento relevante e de destaque no trabalho do atelier. A construção de pontes interdisciplinares foi evoluindo e acabou por permitir a materialização de um projeto singular. Neste projeto, e devido à relação estreita entre designers, arquitetos e engenheiros, foi-nos possível atuar sobre a estrutura do edifício. Quebrando os formatos tradicionais de comunicação de conteúdos, o edifício foi a base de trabalho, o que nos obrigou a sair, mais uma vez, da nossa area de conforto e a procurar soluções gráficas a aplicar sobre materiais novos e com novas contingências. Por outro lado, parece-nos relevante destacar aqui também a possibilidade que tivemos de alargar a nossa participação no projeto enquanto designers. Desde o contra-briefing, este projeto permitiu-nos desenvolver uma atitude diferente que alargou os limites da intervenção do designer. Tal como no projeto de arquitetura, os constrangimentos que afetaram a obra levaram-nos a refletir acerca da abordagem que pretendíamos levar a cabo. Tendo o edifício sido destruído pelo fogo e o seu conteúdo ardido na memória, pareceu-nos interessante usar este cenário para enquadrar a nossa intervenção. Pensar sobre os usos da memória e o lugar do designer enquanto comunicador foi fundamental para definir o curso da abordagem. O fogo criou o caos e partir deste tudo é possível. Assim, a ‘folha branca’ levou-nos a considerar possibilidades novas e desafiantes, tanto em termos de abordagem, como de materialização. Ou seja, se por um lado decidimos lidar com novas ‘plataformas de comunicação’ e novos formatos, por outro, e dado o projeto de arquitetura, tivemos de pensar acerca da materialização do nosso próprio trabalho uma vez que os textos existem no teto e não na parede, o que nos levou a um debate acerca da relação que se estabeleceria com estes.

Premier Award. International Typography+ Awards (ISTD Awards), Londres, Reino Unido, 2011; Gold Award ED-Awards, Atenas, Grécia, 2011; Merit Award SEGD, San Diego, EUA, 2011; Red Dot Red Dot Design Awards, Essen, Alemanha, 2011; In book Award D&AD Awards, Londres, Reino Unido, 2012. Fotografía de Andre Cepeda.


I+ Anuario 2018 EASD Antonio Faílde  

Anuario de creatividade 2018 da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

I+ Anuario 2018 EASD Antonio Faílde  

Anuario de creatividade 2018 da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

Advertisement