O lobo sempre foi un animal moi mal visto pola sociedade, debido a súa
competencia co ser humano, sobre todo polos frecuentes ataques e danos á gandeiría.
Multitude de historias e lendas co lobo como triste protagonista exténdense por toda a
área de distribución histórica da especie. Aínda que esta situación vai cambiando
pouco a pouco, nunha parte da sociedade segue habendo un sentimento moi negativo
cara ao lobo, o que se reflexa nas noticias da prensa.
Neste traballo quixemos analizar ata que punto esta visión negativa do lobo
segue presente, a través das noticias da prensa. Para iso buscamos noticias adicadas á
fauna e comparamos o tratamento dado ás diferentes especies. Tamén analizamos as
posibles diferencias entre uns diarios e outros e a veracidade ou obxectividade
empleada neles. Neste sentido, prestamos especial atención á utilización do termo
“alimaña”, palabra extendida a raíz do “decreto das alimañas”, da época franquista.
Nese decreto tratábase como “alimaña” aos animales