Presenza de armiño e donicela no Courel

Page 1

PRESENZA DE ARMIÑO E DONICELA NO COUREL Antía Álvarez González e Rebecca Piacentini Fuentes. 3º ESO INTRODUCIÓN A donicela (Mustela nivalis) e o armiño (Mustela erminea) son os mustélidos de menor tamaño de Galicia. De ambos é difícil atopar información recente ou traballos de investigación. De feito, a pesar que no noso centro escolar lévanse facendo dende hai 4 anos traballos con cámaras de fototrampeo, non hai rexistros da súa presenza. Segundo as guías de mamíferos, a donicela é abundante na península Ibérica mentres que o armiño soamente estaría en Pireneos e na Cordilleira Cantábrica. Aínda que parecen moi similares, o armiño é de maior tamaño (peso entre 135 e 350 g) que a donicela (entre os 125 g e 300 g). Pero a característica máis importante que axuda a diferencialos é que o armiño ten unha cola longa e rematada en negro, mentras que a donicela ten a cola máis curta e sen ese negro na punta. Porén, no inverno a pelaxe do armiño vólvese total ou parcialmentemente branca, polo que non se confunde con ningún outro mamífero.

Imaxe 1. A rmiñ o pe laxe esti val .

coa

Imaxe 2 . Armi ño c oa pe laxe de in ve rn o

Imaxe 3 . Do ni ce la. A c ola é máis c u rta c a do armi ño e se n o pi nc e l n egro.

HIPÓTESE Existen tanto armiño como donicela na Serra do Courel (Lugo). FUNDAMENTOS TEÓRICOS Segundo diferentes guías de mamíferos consultadas é posible a existencia destas dúas especies no Courel. OBXECTIVOS • Determinar se o armiño (Mustela erminea) e a donicela (Mustela nivalis) están presentes na Serra do Courel. • Utilizar distintos métodos de muestreo para a detección de mamíferos. • Valorar cales deses métodos son máis eficaces para acadar o primeiro obxectivo do traballo.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Presenza de armiño e donicela no Courel by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu