Título Controlamos o que pensamos?
Autores Paula Fuentes Vergara Lucas Piacentini Fuentes
Introdución Kant cría que os xuizos morais se guiaban pola razón. Pero Hume defendía que era a emoción a que manexaba calquera decisión moral tomada de forma espontánea. Agora nace un novo campo de estudo que disecciona as intuicións morais: a neurofilosofía. Está claro que as túas creenzas e os teus actos serán diferentes dependendo da cultura e do entorno social e económico no que vives, creando así diferenzas que se perciben nas distintas partes do mundo. Ademais, contamos coa posibilidade de que no noso xuízo existan uns ideais de orixe insconsciente sobre o correcto e o incorrecto que nos levan a tomar decisións espontáneas independientemente das nosas circunstancias e do país no que nos encontramos. Polo cal, cando che explican un dilema nun test moral, descoñecido para ti, intentas xustificar a situación pero esta xa foi tomada instintivamente. Os nosos mecanismos cerebrais involuntarios controlan os actos e as decisións que cremos tomar moito máis do que pensamos. Temos a liberdade para facer o que queremos pero só se realmente podemos decidir o que queremos.
Hipótese Consideramos que os resultados do experimento serán positivos (as emocións influirán no test) pero, claramente, non de forma completa, xa que non todos os estudantes terán a mesma capacidade para aillar feitos pasados e ser imparciais ao contestar as preguntas. Por esto, pensamos que canta máis idade teñan os enquisados, máis negativos serán os resultados, xa que menos afectados se verán.
Obxectivos − −
Determinar se o chocolate influiu no xuizo moral de catro grupos de estudantes. Se existen diferenzas en canto a idade nas respostas do xuizo moral.
Material e métodos Pasamos a través de dous profesores (Orlando Gregorio Álvarez Álvarez e MªCarmen Cerviño Gómez), de 2 institutos distintos, un en Lugo (IES Sanxillao) e outro en Mondoñedo (IES San Rosendo), unhas cuestión para que fixeran xuizos morales sobre elas. En cada instituto, fíxose dous grupos co alumnado: a uns previamente se lle deu un bombón de chocolate e a outros non. Para cada pregunta tiñan que debuxar unha línea recta que representase o seu desacordo. Así, se estaban totalmente en contra do que se afirmaba tiñan que facer unha línea que fora dende o inicio ata o final do recadro.
1