Ante o lixeiro aumento da poboación de osos na Cordilleira Cantábrica, estes comezan a expandirse por as montañas orientais galegas. Debido a súa ausencia durante anos, os danos que producen os osos nas colmeas son novos incluso para as xeracións máis vellas, nas que os alvares son restos etnográficos dunha historia que semella non ser nosa. Os alvares (noutros sitios de Galicia chamanse alvarizas ou cortíns) son construcións de pedra e xeralmente de forma circular que servían para protexer as colmeas ou trobos dos grandes mamíferos, como os osos. Dende hai tempo, pola extinción dos osos en Galicia (pola caza e a alteración do hábitat) deixaron de usarse, xa que perderon a súa utilidade. Algúns alvares están localizados grazas ao uso de fotografías aéreas, pero moitos están ocultos por a maleza.