Page 1


ACTIVIDADES PROPOSTAS

Xaneiro. Filósofas na época clásica PRIMARIA

Febreiro. Pensadoras medievais PRIMARIA

As mulleres que aparecen citadas (Theano, Aspasia, Hiparquia) naceron nunha época e lugar determinado. Onde e Cando? Coa axuda de google maps, ides localizar o lugar de nacemento. Despois nun mapa da clase, colocaredes tres etiquetas, onde aparezan, o ano, cidade de nacemento e algunha información sobre elas. “A educación é un alicerce fundamental na configuración do pensamento das persoas”, partindo desta premisa propoñémosvos facer unha investigación por grupos sobre os distintos tipos de educación que se dan na Grecia Clásica (Atenas) a homes e mulleres: idade, responsable, contidos, finalidade etc. Coa información extraída ides realizar un “agon” (enfrontamento) razoado e argumentado entre defensores e detractores da educación diferenciada para mozos e mozas. Un tribunal formado por 3 persoas decidirá quen é o equipo gañador e explicará razoadamente a ambos grupos a súa decisión.

Imos completar o mapa que fixestes en xaneiro sobre as filósofas clásicas e que conservades en clase. Coa axuda de google maps, localizaredes o lugar de nacemento e engadiredes etiquetas novas ao mapa, onde aparezan, o ano, cidade de nacemento e algunha información sobre as pensadoras medievais do mes de febreiro.

BACHARELATO

SECUNDARIA

SECUNDARIA

A Historia da Filosofía está chea de pensamentos e ideas que conformaron o ideario filosófico de todos os tempos. Imos facer un percorrido polo periodo clásico, orixe do pensamento racional e da filosofía, que a estas alturas de curso xa estudariades. En grupos de 5 persoas, e a partir dos distintos libros de texto (un por grupo) do departamento de Filosofía e de dicionarios especializadas buscaranse nomes de filósofas clásicas, como as que aparecen na páxina, localizando a escola á que pertencen. Tras esta procura respondede a estas cuestións:

Formando 3 grupos, buscaredes información sobre as pensadoras citadas neste mes. A partir dela, cada grupo elaborará un Power Point ou video, mural, relato, onde presente ao resto da clase a vida da súa pensadora e as súas obras.

a. Aparecen citadas dentro dos libros de texto e dicionarios? É abundante a información sobre elas? b. Busca en Internet información sobre filósofas de época clásica e amplía a información. https://sites.google.com/site/laruecadeaspasia/home c. Establecede un debate sobre posibles causas para que existindo mulleres filósofas clásicas non aparezan citadas nos libros de texto e dicionarios. d. Ler a frase de Hiparquia e comentar en gran grupo.

Émilie du Châtelet (París, 17 de decembro de 1706 - Lunéville, 10 de setembro de 1749). O seu nome completo era Gabrielle Émilie Le Tonnelier de Breteuil, marquesa de Châtelet. Foi unha matemática e física francesa, tradutora de Newton ao francés e difusora das súas teorías. Olympe de Gouges (Montauban, Francia, 7 de maio de 1748 París, 3 de novembro de 1793) é o pseudónimo de Marie Gouze, escritora, dramaturga, panfletista e política francesa, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Ciudadá (1791). Mary Wollstonecraft (27 de abril de 1759 - 10 de setembro de 1797) foi unha filósofa e escritora británica. É unha das grandes figuras do mundo moderno. Escribiu novelas, contos, ensaios, tratados, un relato de viaxe e un libro de literatura infantil. (Textos tirados de https://es.wikipedia.org) ACTIVIDADE 1 Responde en francés: 1. En que país naceron as protagonistas? 2. Cales son as capitais? 3. En que continente se atopan eses países? 4. Colorea a bandeira de cada país 5. E ti, quen es? Preséntate seguindo o modelo. ACTIVIDADE 2 1. Sopa de letras

Mary Wollstonecraft: http://fr.wikipedia.org/wiki/Mary_Wollstonecraft a) Quelles sont les informations qui ont le plus attiré ton attention? b) Pourquoi penses-tu qu’on a inclus la colonne «Cause de la mort», quelle est son importance? ACTIVITÉ 3 Dans la biographie de Mme. de Châtelet on peut lire: «Douée pour tout, fille d’un homme à l’esprit ouvert qui lui offre une éducation exceptionnelle pour une femme de cette époque, elle danse, joue du clavecin, apprend le latin, le grec et l’allemand, s’intéresse aux beaux habits, à l’opéra et à la philosophie naturelle, c’est-à-dire aux sciences» a) Que signifie pour toi cette phrase? b) Peux-tu trouver des allusions à l’éducation dans les biographies des autres auteurs? c) Quelle importance accordes-tu à l’éducation en ce qui concerne l’inégalité hommes-femmes?

ACTIVITÉS BACHILLERATO ACTIVITÉ 1 a) Une institution internationale doit accorder un prix à la femme européenne la plus remarquable du XVIIIe siècle; trois candidatures ont été présentées: Émilie de Châtelet, Olympe de Gou-

Fronte ao mito da Idade Media como idade oscura e sen desenvolvemento cultural, existiron pensadoras. Fórmanse 3 grupos, cada un dos cales realizará unha das seguintes tarefas e fará unha posta en común dos resultados. 1. Localizar nunha liña do tempo de xeito diferenciado a estas pensadoras e aos filósofos coetáneos. 2. Buscar nalgún libro de texto do departamento se aparecen estas ou outras pensadoras. Se non aparecen elabora unha resposta persoal xustificando razoadamente a que se debe. 3. Elaborar un inventario das obras destas mulleres.

Abril. Pensadoras socialistas PRIMARIA

Marzo. Pensadoras ilustradas ACTIVIDADES PRIMARIA

BACHARELATO

FLORA TRISTAN (1803-1844)

FRASES F Traballadores do mundo, unídevos! F O nivel de civilización a que chegaron diversas sociedades humanas está en proporción á independencia que gozan as mulleres... F Todas as desgrazas do mundo proveñen do esquecemento e o desprezo que ata hoxe se fixo dos dereitos naturais e imprescritibles do ser muller. (Unión Obreira,1843) WEBS DE REFERENCIA -http://www.flora.org.pe/web2/index. php?option=com_content&view=arti cle&id=17&Itemid=49 - http://www.flora.org.pe/flora_tristan. htm

HARRIET TAYLOR MILL (1807-1858)

FRASES F Os homes non só queren a obediencia das mulleres, queren tamén os seus sentimentos... non desexan unha escrava forzosa senón voluntaria. WEBS DE REFERENCIA - http://www.revistasice.com/cachepdf/ ICE_852_13-26__B9D2CF486EE40F42633EC6FCA7A2E28F.pdf - http://grandesmujeresenlahistoria.

Obxectivo: Familiarizarse e reflexionar sobre o PAÍS ANO dereito ao voto feminino. Dinamarca e Islandia 1915 1. Ordena cronoloxicamente a aprobación do Suecia 1919 voto feminino nos seguintes países: España 1931 2. Contesta as preguntas: Reino Unido e Alemania 1918 Que país foi o primeiro en conseguir o voto Finlandia 1906 para as mulleres? Noruega 1913 Que país foi o último en conseguir o voto para Irlanda 1922 as mulleres? Nova Zelanda 1893 Quen conseguiu antes o voto para as mulleres Estados Unidos 1920 Australia ou Reino Unido? Austria, Checoslovaquia e Polonia 1923 3. Reflexiona sobre as seguintes cuestións: Australia 1901 - Para que votamos? Por que é importante Francia e Italia 1945 votar? Suíza 1971 - Intenta descubrir cales eran as razóns polas que as mulleres non tiñan dereito ao voto. Traballo de campo: internet, enquisas ao profesorado... logo contrasta con textos que atopes en enciclopedias ou outras fontes que che facilite a túa mestra ou mestre.

ESO Obxectivo: Aprender e reflexionar sobre a importancia do voto feminino e a súa loita por conseguilo. 4. Le e resume as ideas. Logo comenta co resto de compañeiras e compañeiros da clase. O voto feminino conseguiuse grazas ao movemento feminista das sufraxistas, quen loitaron por iso nunha sociedade patriarcal moi enraizada. No seguinte enlace atoparás indicios da resistencia e da propaganda que se usou en contra do voto da muller: http://clio.rediris.es/udidactica/sufragismo2/ antisufrag.htm Le o artigo: Breve semblanza de Clara Campoamor http://perso.wanadoo.es/


ges et Mary Wollstonecraft. Faites quatre groupes; l’un d’eux sera le jury, les autres doivent choisir une candidate et la défendre. Émilie de Châtelet: http://classes.bnf.fr/rendezvous/pdf/Chatelet.pdf Olympe de Gouges: http://www.histoire-en-ligne.com/article. php3?id_article=195 Mary Wollstonecraft: http://digitalcommons.mcmaster.ca/ecf/vol21/ iss3/22/ b) À quelle femme du XXIe siècle t’identifierais-tu? Pourquoi?

Émilie | physicienne | Mary | traduction | Newton | philosophe | droit | féminisme | Olympe | lettres | écrivain | anglaise

ACTIVITÉS SECUNDARIA ACTIVITÉ 1 a) Choisis trois lettres parmi celles qui composent les noms de nos protagonistes et écris trois mois, trois fruits, trois vêtements, trois pièces de la maison et trois éléments du matériel scolaire commençant par ces lettres. b) Essaie de faire trois phrases en utilisant quatre de ces mots à chaque fois. c) Décris une femme qui soit importante dans ta vie ACTIVITÉ 2 Lis les biographies d’Émilie de Châtelet, d’Olympe de Gouges et de Mary Wollstonecraft que tu trouveras sur les sites ci-dessous et essai de compléter le tableau Émilie de Châtelet: http://www. futura-sciences.com/magazines/matiere/infos/personnalites/d/physiqueemilie-chatelet-873/ Olympe de Gouges: http://www. linternaute.com/biographie/olympede-gouges-1/

blogspot.com.es/2012/12/un-matrimonio-de-iguales-harriet-taylor.html - http://es.scribd.com/doc/20512933/ HARRIET-TAYLOR-MILL-LA-DAMADEL-SUFRAGISMO-FEMENINO - http://books.google.es/books?id=X UjpEmPJ57kC&pg=PA322&lpg= PA322&dq=HARRIET+TAYlor+lett ers&source=bl&ots=Mla9zJcZsn&s ig=M3umd-Mo_hgsY6nyUrPR1ylP 3JI&hl=ca&sa=X&ei=RN3zUdyLDK vG7Abp3IDYDw&ved=0CGsQ6AE wBw#v=onepage&q=HARRIET%20 TAYlor%20letters&f=false

ACTIVITÉ 2 a) Chaque année, le 20 mars, la Communauté Francophone fête la Journée Internationale de la Francophonie. Pourrais-tu essayer de trouver trois femmes francophones dont les activités soient d’ampleur internationale? b) À l’occasion de la Journée Internationale de la Francophonie, chaque pays organise des activités diverses. La France a prévu pour l’année 2013 un Forum Mondial des Femmes Francophones. Où aura-t-il lieu? En quoi consiste-t-il? c) Quelles sont les actions réalisées par l’Organisation Internationale de la Francophonie concernant l’égalité femmeshommes? Pour réaliser cette activité tu peux t’aider des liens suivants: http://www.francophonie.org/ http://www.20mars.francophonie.org/ http://www.20mars.francophonie.org/spip.php?page=fiche&id_ evenement_oif=17841 http://www.francophonie.org/-Actions-286-.html

CLARA CAMPOAMOR (18881972)

FRASES F Tedes o dereito que vos deu a lei, a lei que fixestes vós, pero non tedes o Dereito Natural, o Dereito fundamental que se basea no respecto de todo ser humano, e o que facedes é detentar un poder; deixade que a muller se manifeste e veredes como ese poder non o podedes seguir detentando.... (Clara Campoamor, no Congreso de Deputados o 1 de outubro de 1931) F República, república sempre, a forma de goberno máis conforme coa evolución natural dos pobos F A liberdade apréndese exercéndoa WEBS DE REFERENCIA - http://clio.rediris.es/udidactica/sufragismo2/triunsufrag.htm - http://www.slideshare.net/ igualdad2011/80-aos-del-votofemenino

larevolucion/semblanza.htm e anota as ideas que máis che chamaron a atención para despois comentalas cos teus compañeiros e compañeiras da clase. Le a biografía de Clara Campoamor e con toda a infomación realiza un powerpoint ou fai unha gravación para subir a youutube e expoñela na web do centro.

BACHARELATO Obxectivo: coñecer a importancia das sufraxistas españolas e a súa loita por conseguir o voto feminino en España: Clara Campoamor. 5. Le a información e contesta as preguntas: No seguinte enlace encontrarás o artigo O atraso do movemento feminista nunha sociedade tradicional: http://clio.rediris.es/udidactica/sufragismo2/femespana2.htm#retraso - Que diferencia a loita polo voto das mulleres en España do resto de Europa? - Explica brevemente cales foron as ideoloxías que frearon en España a consecución do voto da muller. 6. Le en voz alta o discurso de Clara Campoamor. Antes de preparar a lectura pescuda o seguinte: Cando e onde leu ese discurso? Que conseguiu con el? Houbo algún argumento que se opuxo? Imaxina a situación e intenta reproducir a intensidade do discurso. http://www.ciudaddemujeres.com/mujeres/Politica/CampoamorClara. htm#Discurso%20de%20Clara%20Campoamor

Maio. Pensadoras marxistas Alexandra Kollontai

2ª ACTIVIDADE. COMO ME GUSTA INVESTIGAR¡

EDUCACIÓN INFANTIL:

Coa axuda do teu papá e mamá, debes facer un pouquiñode historia. Pescuda quen foi a primeira muller ministra e embaixadora no mundo, investiga sobre a súa vida e intenta facer un breve resumo da mesma. A continuación, contesta as seguintes preguntas: • Que é o que máis che chamou a atención desta muller? • Cres que debería haber máis mulleres no goberno dos países coma ela? • En España, existen mulleres embaixadoras ou ministras? Cita algunha delas • Fai un retrato de como a imaxinas.

1ª actividade Imos elaborar unha mandala con palabras e imaxes sobre aquilo polo que loitou toda a súa vida. Empregaremos imaxes alusivas á paz, igualdade entre homes e mulleres, Educación para as mulleres. Repartiremos entre o alumnado as imaxes que iremos colocando na mandala, de tal modo que quede como se mostra na imaxe 1. 2ª actividade

Completa o puzzle: recorta cada peza e une cada palabra co símbolo correspondente.

EDUCACIÓN PRIMARIA 1ª ACTIVIDADE: Completa o seguinte SOPA DE LETRAS. Todas as palabras están relacionadas con ALEXANDRA KOLLONTAI, defensora dos dereitos das mulleres.

EDUCACIÓN SECUNDARIA: ACTIVIDADE. (común para as tres mulleres) En pequenos grupos, repartiranse a cada unha das mulleres que estamos estudando, elaborarán un power point sobre cada unha delas nas que se recollerá o contexto social e político no que viviron así como as súas achegas ideolóxicas. Tamén fará referencia a outras persoas importantes da época na que viviron.

Rusa | Comunista | Pacifista | Feminista | Embaixadora | Revolucionaria | Economista | Zhenotdel | Mestra Actividades de maio seguen na páxina seguinte >>

STES·INTERSINDICAL Organización de Mujeres


ACTIVIDADES PROPOSTAS

Maio. Pensadoras marxistas Chantal Mouffé EDUCACIÓN INFANTIL 1ª ACTIVIDADE. Describe a muller desta fotografía.

EDUCACIÓN PRIMARIA ACTIVIDADE. Comprensión lectora Le a biografía de Chantal Mouffé que aparece na Wikipedia (http://es.wikipedia.org/wiki/Chantal_Mouffe), e contesta ás seguintes preguntas: - Como se chama esta muller? - Onde naceu? - A que se dedica? - Cal é a súa principal achega á Filosofía? - Por que destacou nos anos 60´s?

EDUCACIÓN SECUNDARIA.

De todas as afirmacións que figuran a continuación selecciona aquelas que fan referencia a Chantal Mouffé. Para as frases que sexan incorrectas, debes buscar a información acertada e escribir as frases de novo e correctamente. É unha politóloga belga | Naceu en 1919 | Casouse co tamén activista nas loitas sociais Antonio Gramsci | Escribiu entre outros artigos: “En torno ao político” | Estudou filosofía, socioloxía e medicina | As súas aportacións á teoría feminista herdada de Flora Tristán foron importantes | Actualmente traballa na Universidade de California | Deu pé á corrente filosófica chamada posmarxismo | Propón un modelo de democracia radical pluralista

Rosa Luxemburgo EDUCACIÓN INFANTIL: 1ª ACTIVIDADE. Reconstrúe as imaxes e forma de novo o rostro de Rosa Luxemburgo como o modelo:

Xuño. Pensadoras anarquistas

2ª ACTIVIDADE. Recorta e pega cada nome onde corresponda:

Emma Goldmann

EDUCACIÓN PRIMARIA:

ROSA VERMELLA

ROSA LUXEMBURGO

1ª ACTIVIDADE. Ordena as palabras para formar as frases que dixo Rosa Luxemburgo. Podes buscar en internet. mundo - onde - socialmente - humanamente - diferentes - iguais - e - libres - totalmente - por - sexamos - un “Por ________________________________ quen - non - non - move - sénte - se - as cadeas "Quen _______________________________ 2ª ACTIVIDADE. Leremos a biografía de Rosa Luxemburgo. Completaremos o seguinte texto a partir dos datos que atopemos en Internet: Rosa Luxemburgo naceu en _____________ ___________________, tiña brillante intelixencia o que lle permitiu _____________________ malia os prexuizos da época, terminou os estudos de _____________Foi unha revolucionaria e teórica do _____________________alemán. Uniuse á dirección do novo partido ______________________. Encabezou as protestas dos socialistas de esquerda contra a _______________________. Morreu a mans dos ___________encargados da súa represión. Escribiu libros coas súas ideas revolucionarias como ______________________ ________________, ______________________, ou ______________________________

EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO: 1ª ACTIVIDADE. Se dispomos dela visualizaremos a película de Rosa Luxemburgo. A partir da súa visualización farase un debate sobre as achegas que fixo Rosa Luxemburgo sobre política, loita de clases, revolucion,… 2ª ACTIVIDADE: Por grupos investigarán sobre outras mulleres que cambien o pensamento coas súas ideas políticas ou sociais.

“As mozas non teñen por que saber demasiado, berroulle nunha ocasión, só deben saber preparar un bo prato de peixe, cortar ben os tallaríns, e dar ao home moitos fillos”. - See more at: http://www.nodo50.org/tortuga/Emma-Goldman-la-mujer-mas#sthash.ZhI1iJnX. dpuf

Virginia Bolten

Promotora da revista “La voz de las mujeres” que tenía por lema “Ni Dios, ni patrón, ni marido”.

Mulleres Libres

A educación e a capacitación profesional eran premisas determinantes á hora de conquistar os dereitos da obreira no ámbito dunha formación libertaria. O seu obxectivo era a emancipación da muller da escravitude, da ignorancia e da submisión sexual.

EMMA GOLDMANN O elemento máis violento na sociedade é a ignorancia. VIRGINIA BOLTEN “Quen de nós pode afirmar que non sofre a opresión e a dominación do home no seo desa mesma familia á que ten que axudar a subsistir, a dobre escravitude do capital e dos homes?”. MULLERES LIBRES (grupo libertario) Non nos interesa rememorar o pasado, senón forxar o presente e afrontar o porvir, coa certidume de que na muller ten a Humanidade a súa reserva suprema, un valor inédito capaz de variar, pola lei da súa propia natureza, todo o panorama do mundo. (fragmento do editorial do nº 1)

Actividades para Primaria (entre 9-11 anos) 1.- Imos pasar unha ficha coas imaxes representativas de cada unha das mulleres do mes de xuño e xunto á imaxe incluímos unha frase, máis ou menos longa. Divídese a clase en tres grupos, cada grupo vai intentar explicar, escoitándose entre si: - Que cre que significa esa frase? Cada nena ou neno do grupo dirá unha frase que outra (elixida entre todos/todas) recollerá para logo ler. - Por que crees que xurde de mulleres? Cada nena ou neno do grupo dirá unha frase que outra (elixida entre todos/todas) recollerá para logo ler. 2.- Cos resultados, entre a clase elixirán tres frases explicativas para cada unha e elaborará un mural para poñer na aula. Actividades para Secundaria (ESO) 1.- O primeiro que debemos facer en calquera aula é eliminar os sesgos políticos xurdidos en torno ao anarquismo, explicando o seu contido social e económico, deste xeito podemos introducir o labor de Emma Goldmann, Virginia Bolten e Mulleres Libres. Vaise repartir unha lámina coas figuras representativas destas mulleres e unhas frases clave de cada unha, co fin de que vaian coñecendo o seu pensamento. Unha vez terminada esta introdución propoñemos traballar a biografía de Emma, Virginia e a traxectoria de Mulleres Libres. Para iso é necesario dividir a clase en tres grupos para que cada un se centre nunha, é importante que se traballe na aula para observar o traballo colaborativo e en común que se fai. Apuntes biográficos podémolas pasar nós para que o que fagan sexa da súa propia elaboración, ben en forma de texto ou mural, ou calquera outro soporte. 2.- Un dos elementos que teñen en común é a elaboración de textos escritos, no caso de Virginia Bolten e Mulleres Libres en forma de publicación periódica: A voz da muller e Mulleres Libres. Foron exemplos de como difundir o pensamento e as inquietudes das mulleres fronte a un mundo totalmente dominado e dominador por parte dos homes. Propoñemos: elaboración dun exemplar, só un, dun xornal destas características. O grupo debe dividirse para facelo: a) unhas persoas que escriban artigos relacionados cos problemas sociais das mulleres; b) outras buscan noticias sobre violencia machista, mulleres que foron despedidas, etc.; c) outras persoas recollerán todo este material e poñerano en orde en distintas seccións; d) outras encárganse de maquetar e imprimir. Logo repartirase o exemplar entre o resto de aulas.


Xullo. Filósofas literarias

Agosto. Filósofas do feminismo

INFANTIL/PRIMARIA

INFANTIL

1. Distribuirase ao alumnado en grupos mixtos. Cada grupo deberá identificar situacións de desigualdade que se dean na súa contorna próxima (centro educativo, contorna familiar, barrio…)

Actividades: “Ler e escribir…sí !!” 1. Presentamos ao alumnado estas dúas imaxes: una muller lento e outra escribindo. http://www.flickr.com/photos/ironless/

Situación Onde acontece Quen a sofre (quen é a parte máis débil) Quen a provoca (quen é a parte máis forte)

2. Unha vez presentadas as situacións, o alumnado pode comentar por que cre que se dan estas situacións, se son xustas ou non e establecer reivindicacións.

SECUNDARIA 1. Buscar información sobre Simone de Beauvoir e María Zambrano e o seu contexto histórico. 2. Busca información sobre as obras de Simone de Beauvoir e fai un breve apuntamento de cada unha delas. 3. Busca información sobre Virginia Woolf. Investiga os temas tratados por esta escritora en relación coa situación das mulleres. 4. Le a seguinte frase de María Zambrano e intenta explicar o seu pensamento feminista: “A orde democrática lograrase tan só coa participación de todos en canto persoas, o cal corresponde á realidade humana. E que a igualdade de todos os homes, dogma fundamental da fe democrática, é igualdade en tanto que persoas humanas, non en canto a calidades ou caracteres: igualdade non é uniformidade. É, pola contra, o suposto que permite aceptar as diferenzas, a rica complexidade humana, e non só a do presente, senón a do porvir. A fe no imprevisible”

BACHARELATO 1. Realiza unha procura de información sobre a situación da muller en Francia e en España en torno a 1949, data na que se publicou a obra de Simone de Beauvoir “O segundo sexo”. Comenta en grupo a situación da muller en ambos países e extrae conclusións. 2. Analiza a seguinte frase da obra O segundo sexo de Simone de Beauvoir e explica o que significa; cres que a frase é acertada?, explica por que. “A muller determínase e diferénciase con relación ao home, e non este con relación a ela; esta é o inesencial fronte ao esencial. El é o suxeito, el é o Absoluto: ela é o outro”. (Simone de Beauvoir. O segundo sexo)

2. Facer unha lectura en común das imaxes, destacando todo o que ven, o que fan, o que lles cama a atención; 3. Despóis fanse preguntas: Qué fai a persoa? É unha muller ou un home? Leen igual as mulleres e os homes? Escreben igual? Dos contos que coñeces cál é o teu personaxe favorito? É muller ou home? Crees que poden facer o mesmo as mulleres que os homes? Coñeces o nome de algunha escritora? Por qué crees que é importante ler? E escribir? 4. Visitar a biblioteca e separar os libros por autoras e autores. Cántos hai de mulleres? 5. Traer de casa aso colexio un libro escrito por unha muller.

PRIMARIA Actividades: “Debuxando pensamos” 1. Organizamos ao alumnado en dous grupos, cada grupo debe debuxar en papel unha silueta: unha de home e outra de muller. Colgarémolas na parede. 2. Córtanse tiras de papel nas que escribirán ideas sobre o que se pensa e di tanto da muller como do home. 3. Cada grupo lerá en voz alta o que escribiu e pegarao na silueta que corresponda. 4. Para rematar, en gran grupo analizarase o escrito e retirarase o que se considere

que é cultural (roupa, calzado, adornos ...). Isto servirá para reflexionar sobre ideas e crenzas que son impostas , e que polo tanto pódense transformar, mellorar ou cambiar por outras novas que nos valoren como persoas. “O noso diario” 1. Lemos en clase o seguinte párrafo de “O diario violeta de Carlota” (Gemma Lienas): url: http://www.gemmalienas.com/wp-content/uploads/2001/10/CST_L_Diarios_ Violeta.pdf (da páxina 15 ata a frase “(...) Por ello, es importante que escribas el diario —insiste la abuela”, na 17) 2. En gran grupo tentaremos reflexionar sobre a situación da muller, a discriminación, facerse conscientes desa situación, a importancia de escribir para conseguir esa consciencia,....respondendo a unha serie de preguntas: Por que elixiu a avóa de Carlota a cor violeta para o diario?, Que son o machismo e o feminismo? Utiliza as túas propias palabras para contestar, Para que propón Carlota usar o diario?, Por que cres que é importante escribir un diario?... 3. Facemos unha choiva de ideas para escribir o diario de clase: quen escribe, que cousas contar, como escribilas, durante canto tempo,..... 4. Para rematar, en gran grupo analizarase o escrito e escribiranse as conclusións como final do diario de clase.

SECUNDARIA Actividades: O vídeo “Ritos iniciáticos” (Instituto da Muller) realizado por Vitoria Sendón trata dos diversos ritos polos que as e os adolescentes asumen os roles marcados polas persoas adultas, e expón os problemas desta difícil e complexa idade. O vídeo “A por todas” (Instituto da Muller) realizado por Alicerce Careaga e Cristina Pérez Fraga intercambia opinións sobre diversos aspectos da vida. Nel, Celia Amorós opina que o traballo remunerado é fundamental pata a autoestima das mulleres, e expón que a maternidade e a profesión son dúas condicións difíciles de compatibilizar. 1. Visualizar os vídeos en gran grupo. 2. Organizar a clase en pequenos grupos. Estes deberán investigar quen é Vitoria Sendón, Celia Amorós, que é o feminismo, o feminismo da diferenza , o feminismo integral, o feminismo da igualdade, diferenza entre sexo e xénero. 3. Facer unha posta en común con toda a información solicitada e xerar debate sobre: feminismo, machismo, igualdade, liberdade, discriminacións, privilexios, prexuízos, patriarcado, modelos sociais, patróns de comportamento, corresponsabilidade, distribución das tarefas do fogar, familia, coidados, roles, sexualidade, diferentes orientacións sexuais, respecto… Judith Butler: “A educación, na nosa opinión, debería animar ao alumnado a reinventarse a si mesmo e a autocrearse baixo a estimulación do traballo persoal crítico. Con todo, e moi a miúdo, o único resultado que se consegue cos procesos educativos é a creación de seres uniformes porque o único que se fai é reproducir e perpeturar os patróns que nos veñen dados (idea da `performatividade´de Butler). 1. Ler este texto na aula. 2. Organizar ao alumnado en pequenos grupos para buscar información e investigar sobre a Teoría Queer. 3. Facer unha posta en común e debater sobre esta corrente de pensamento heteroxéneo e crítica cultural.

3. Busca información sobre a obra de Virginia Woolf “Un cuarto de seu” ( A room of one´s own), indaga sobre os temas tratados pola autora e debate en grupo se os temas tratados seguen estando vixentes na actualidade.

STES·INTERSINDICAL Organización de Mujeres


ACTIVIDADES PROPOSTAS Setembro. Mulleres ecofeministas ACTIVIDADES PARA TRABALLAR DENDE A ACCIÓN TITORIAL E INICIAR A CONCIENCIA ECOLÓXICA NO ALUMNADO E FAMILIA, EN TODOS OS NIVEIS EDUCATIVOS.

militou, títulos de libros publicados, persoas contemporáneas famosas, resumo da súa principal loita. 4º Con toda a información recompilada realizar un mapa conceptual en cartolina para presentala ao grupo de clase e que quede nas paredes da mesma. 5º A clase terá que adiviñar a autora das frases e dar sentido ao seu contido:

1º Analiza os puntos verdes da túa contorna e deseña un decálogo ecolóxico para a aula ou o centro. 2º Mide a túa pegada ecolóxica a través da enquisa que atoparás na páxina http://odas.educarchile.cl/objetos_digitales/ especiales/Huella_Ecologica/index.htm Françoise D´Eaubonne: «Ata o momento, as loitas feministas 3º Inicia un horto escolar ou o xardín vertical na aula. limitáronse a demostrar o prexuízo a máis da metade da 4º Apadriña ou amadriña unha árbore do parque ou bosque humanidade. chegou a hora de demostrar que co feminismáis próximo ao centro. mo é a humanidade enteira que vai mudar (...) O feminis5º Deseña e decora as túas camisetas ou gorras con chapas mo, ao liberar a muller, libera a humanidade enteira. É o que trasmita o teu punto de vista en temas ambientais. que máis se asemella ao universalismo. Atópase na base 6º Fai un video para concienciar ás túas compañeiras e compados valores máis inmediatos da Vida e é por aquí que coinñeiros de diferentes problemas medioambientales como: - O ciden a loita feminista e a loita ecologista» (cita extraída consumo de enerxías non renovables | O consumo indiscride “Ll Feminisme u le mort”, F. D’Eaubonne, ecoloxista). minado da auga | O problema do reciclado dos lixos. Vandana Shiva: “ As mulleres foron expertas en sementes , 7º Deseña carteis para colgar nos corredores do teu centro productoras de sementes, selectoras de sementes, conalusivos a: - Practica almorzos saudables e en envoltorios servadoras da biodiversidade do mundo”, “Os 10.000 reutilizables | Utiliza as papeleiras da a aula, corredores e paanos de experiencia humana en alimentarnos é unha extio | Apagamos as luces e aparellos eléctricos ao saír do aula | periencia das mulleres” Fai un uso razoable da auga nos servizos | Evita as fotocopias Alicia Puleo: “Necesitamos unha nova cultura do coidado da e reutiliza os folios para esquemas, contas,... natureza fronte á conquista e o dominio” 8º Ven andando ou en bicicleta ao centro. 9º Participa en campañas de recolleita de móbiles, tapóns,.. 6º Aportar ideas para o deseño dun programa ecolóxico para o para entregalos a ONGs. centro. Podes axudarte das suxestións das seguintes páxinas 10º Deseña unha saída para visitar algúns dos lugares de máis web (cadro amarelo) interese medioambiental para recoñecer as plantas e ani7º Bibliografía recomendada para ampliar a información da mais que alí se desenvolven. aula: 11º Participa xunto á túa familia nunha reforestación con plantas autóctonas KELLY, Petra, Por un futuro alternativo, - http://www.waece.org/clubninyos/principal.php que organice o centro educativo, a - http://www.ecoideasconsultoria.es/descargas/DOSPaidós, Barcelona, 1997. consellería de medio ambiente ou SIER%20DE%20OCIO%20ECOLOGICO%201.pdf MURARO, Luisa, “Feminismo y política de - http://www.educacionenvalores.org/mot.php3?id_ algún grupo ecoloxista da túa conlas mujeres”, Duoda, 28, 39-47, 2005. mot=51 PULEO, Alicia, Ecofeminismo para otro torna. - http://www.ecotumismo.org/nuestra-filosofia/juegosmundo posible, Colección Feminismos, Cá12º Trala lectura do movemento Chiecologicos-para-ninos-concienciados/ tedra, Madrid, 2011. - http://es.scribd.com/doc/21599340/LAS-CUATRO-ESTApko SHIVA, Vandana, Abrazar la vida. Mujer, CIONES-ACTIVIDADES-ECOLOGICAS-PARA-NINOS Inventa a historia do abrazaárbores. ecología y desarrollo, trad. Instituto del Busca información de accións similaTercer Mundo de Montevideo (Uruguay), res noutros lugares Madrid, Cuadernos inacabados 18, ed. horas y HORAS, 1995. do mundo. Françoise D´Eaubonne (Francia 1920-2005)

ACTIVIDADES

PARA O ALUMNADO DA ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E EDUCACIÓN DE ADULTOS.

- http://femmes.durable.com/a-francoise-d-eaubonne - https://www.diagonalperiodico.net/francoise-deaubonne-la-via-la-ecologia-feminismo-y-la-vida.html Vandana Shiva (India, 1952) - http://www.terra.org/categorias/libros/vandana-shivala-mujer-de-las-semillas - http://singenerodedudas.com/2003_2012/tirnamban/1170/vandana-shiva-ecofeminismo-y-economiade-los-cuidados Alicia Puleo (España) - https://sites.google.com/site/aliciahpuleo/ - http://www.educacionenvalores.org/spip. php?article1970

1º Reparte entre o alumnado as seguintes páxinas web onde encontrarán información sobre tres mulleres ecofeministas (cadro vermello) 2º Establece grupos, segundo a muller protagonista que a cada alumno/a lle tocou. 3º En grupo e con estratexias cooperativas, realizar as seguintes actividades: Ficha bibliográfica da muller asignada, movementos nos que

Outubro. Feminismo e lingua As tres mulleres deste mes, teñen en común a súa dedicación á lingüística. Luce Irigaray é unha das maiores expoñentes do movemento filosófico feminista francés especializada en psicoanálise e lingüística. Mostra interese polas problemáticas relativas á linguaxe e estuda as categorías fundamentais da psicoanálise da filosofía a partir dos temas do inconsciente feminino, o corpo feminino, o lazo da muller coa nai. Julia Kristeva é unha filósofa, teórica da literatura e o feminismo, psicoanalista e escritora francesa de orixe búlgara. Para rematar, Eulàlia Lledó, nacida en Barcelona e doutora en filoloxía románica, constitúe actualmente un dos referentes máis claros respecto ao uso sexista da linguaxe. Dedícase a investigar sesgos ideolóxicos en diferentes ámbitos: dicionarios, noticias de prensa, denominacións de oficios, cargos e profesións. Tamén elaborou varias guías e manuais de recomendacións para evitar os usos sexistas e androcéntricos da linguaxe. Moi interesante a visita á súa web: http://www.mujerpalabra.net/pensamiento/lenguaje/eulalialledocunill.htm

Fernández tiña un irmán. O irmán de Fernández morreu. Pese a isto, o home que morreu xamais tivo un irmán .……………………………

INFANTIL

EXPRESIÓN EMOCIONAL. CHARADA DE EMOCIÓNS

Obxectivo: Aprender a colaborar no xogo e sentirse aceptado e aceptada no grupo. Utilización indistinta de todos os xoguetes.

Obxectivo: Ensinar a familiarizarse coas emocións e a expresión da linguaxe emocional tendo en conta o efecto positivo que ten sobre a autoestima e as relacións afectivas.

Realización: Dar unha lámina a cada nena ou neno. Describir a lámina facendo incidencia no feito da utilización indistinta dos xoguetes. Pódese inventar unha historia con cada unha das personaxes. XOGO. Fagamos números, formas e letras. Utilizando o propio corpo e a creatividade, ir representando en grupo as letras, formas e números que indique a profesora ou profesor.

PRIMARIA. TRABALLO E ROLES SEXUAIS

Divídese a clase en parellas mixtas e repártese a lista de traballos (fichas violetas). Pedimos que decidan que traballo escollerían se non tivesen outra elección. Cada nena dirá ao seu compañeiro que traballo elixiu e el debe mostrarse en desacordo especificando as razóns que ten para iso. Despois faremos o mesmo exercicio á inversa. O RINCON DAS ADIVIÑAS Como pode ser que unha muller sexa nai sen ter fillos? ……………………………………

SECUNDARIA. LINGUAXE SEXISTA.

Repartir ao alumnado unha ficha na que figure unha noticia do diario “El País” do 27 de xullo de 2010 e un anuncio de empresa a todo o persoal. 1.- Noticia de “El País”: “Zamit advertiu de que a Seguridade Social está levantando a baixa a controladores que toman medicación incompatible co traballo ou de traballadores na súan semana número 32 de xestación, en contra dos criterios doutros médicos de cabeceira”. http://elpais.com/diario/2010/07/27/economia/1280181609_850215.html

2.- Anuncio de empresa: “Os traballadores da nosa empresa verán empeoradas as súas condicións laborais. O aumento do permiso de paternidade para o ano 2011 non se levará a cabo”. Pedir que as comenten en grupo e logo extraian conclusións sobre a linguaxe sexista e o seu uso.

Actividade: Divídese a clase en dous ou tres grupos. Introdúcense nunha bolsa papeis onde se escribiu unha emoción que hai que expresar. A persoa debe lela ao seu grupo sen que os outros a oian e logo debe expresala con mímica. O equipo que acerte anótase un punto. Despois tócalle a quenda a outro grupo. Pídese que os mozas e mozos expresen ou comuniquen algo sen falar. LISTA PARA OS NENOS:

LISTA PARA AS NENAS:

COCIÑEIRO TRABALLO DOMÉSTICO SECRETARIO DEPENDENTE PERRUQUEIRO CAIXEIRO ENFERMEIRO BAILARÍN CANGURO

MECÁNICA CONSERXE CONTABLE DIRECTORA DUN BANCO PILOTO CARPINTEIRA MARIÑEIRA BARBEIRA


Decembro. Filósofas políticas INTRODUCCIÓN.

Esta unidade didáctica pretende que se comprenda que a discriminación de xénero segue existindo malia as leis democráticas achegando ás aulas o traballo realizado por mulleres no campo da política. Traballamos previamente a biografía de Alicia Miyares. Amelia Valcárcel. Martha Nussbaum de maneira que se puideron valorar a importancia do seu labor, os resultados obtidos...

OBXECTIVOS

• Comprender que é a discriminación de xénero, e analizar como ao longo da historia intentouse considerar natural o feito de que ás mulleres se lles negásen os seus dereitos a participar na construción da sociedade. • Sensibilizar e informar sobre o papel das mulleres en política. • Potenciar actitudes de respecto e empatía ca importancia do compromiso co público. • E finalmente propiciar experiencias que permitan dar a coñecer a importancia do labor destas mulleres.

ACTIVIDADE 1. Choiva de ideas. Comezamos cun exercicio para obter unha perspectiva sobre opinión do grupo da clase:

• Preguntamos ao grupo si consideran que actualmente, coas leis que protexen por igual os dereitos dos homes e as mulleres, podemos considerar que existe discriminación á hora de acceder a postos políticos. • Pedir que levanten a man as persoas que consideran que sí existe discriminación. Contar as respostas afirmativas e negativas. • Preguntar sobre mulleres políticas que coñezan e homes, anotar resultados, para analizalos.

ACTIVIDADE 2.

Repártense fotocopias co resumo da biografía destas mulleres ou ben lles indicamos que busquen esta información en Internet. (http:// es.wikipedia.org) Lectura das biografías das mulleres seleccionadas: Alicia Miyares, Amelia Valcárcel e Martha Nussbaum; pódese dividir a clase en tres

grupos e cada un traballa unha biografía. Para iso empregamos a ficha 1 FICHA 1: QUEN É E QUE FIXO? 1. Nome:……………………………….. Ano de nacemento:……………………... Lugar: …………………………..... 2. A que se adicaba? 3. Enumera algunhas das actividades importantes realizadas ao longo da súa vida. 4. Crees que tivo algunha dificultade para realizalas? cal? 5. Crees que o seu traballo foi importante?. Xustifica a túa resposta. 6. Do seu traballo, que che chamou máis a atención?

ACTIVIDADE 3. Posta en común dos contidos e realización dun comic ou mural que reflicta a vida destas mulleres: REALIZACIÓN DUN COMIC: INVENTA UN CÓMIC IMAXINANDO A VIDA DE...

ACTIIVIDADE 4. Fai un debuxo sobre unha delas, imaxinándoa logo de ler a biografía

OUTRAS ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN:

• Recompilar textos das mulleres seleccionadas nas biografías e analizalos. • Investigar e entrevistar a algunhas mulleres que destaquen na vida política da localidade. • Copiar, textos, frases, etc. relativos ás mulleres estudadas. • Ampliar información: biografía, contexto sociopolítico da época... • Inventar cartas dirixidas a estas mulleres, nas que lles comentemos as características do noso estilo de vida, comparándoo co seu.

Novembro. Filósofas e Pedagogas PRIMARIA: Imos representar o tempo das mulleres de novembro, para iso e usando distintas técnicas gráficas, pintura, fotografías, recortes, o alumnado realizará un mural de 1mx 1m, onde apareza un reloxo e en cada hora aparecerá unha muller das que se mostran no calendario de novembro. Podedes usar estas ou crear outras.

SECUNDARIA

Imos xogar ás adiviñas con MARIA MONTESSORI, MARIA JOSE URRUZOLA ZABALDA e MARIÑA SUBIRAT. Cada alumna e alumno construirá unha diapositiva sobre unha das tres mulleres deste mes que libremente elixa e sen que ninguén máis coñeza a quen elixiu. Nela aparecerán distintas pistas sobre ela, a excepción do nome, por exemplo -nace, morre, vive, escribe, defende, traballa, a súa familia, os seus premios, e calquera dato de interese que vos chame a atención sobre a muller elixida. Posteriormente o profesor ou profesora irá mostrando cada unha destas diapositivas á clase e o alumnado deberá pescudar en cada unha delas a qué muller se refire. A persoa que máis acertos teña será a gañadora deste xogo de adiviñas. Finalmente unindo todos os datos de cada muller farase un power point para cada unha delas.

BACHARELATO Os termos educación mixta, educación coeducativa, educación segregada, son termos que actualmente saen nos medios de comunicación, imos aprender a diferencialos. Desventaxas duns e doutros. Para iso ides visionar o video de Mariña Subirats no enlace http:// www.youtube.com/watch?v=Un3PcE-2CLo, e a continuación contestaredes ao seguinte cuestionario en gran debate: 1. Define os términos educación mixta, educación coeducativa, educación segregada 2. Busca países onde se imparten cada un destes modelos educativos. 3. Tras ver o video, establece un cadro comparativo cos argumentos ou tendencias que defenden a escola segregada e a escola coeducativa. Aparecen citados no video. 4. Establecede un debate sobre Qué modelo educativo contribúe máis á igualdade entre mulleres e homes? O coeducativo ou o segregado. 5. Coas conclusións realizar un cartel de 1 x1, onde se reflicta un cadro comparativo dos pros e os contras da escola coeducativa e pegalo no centro.

STES·INTERSINDICAL Organización de Mujeres


Calendario 2014 galego issuu  

Calendario Galego prueba

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you