90 - ALTAMIRA Nº 90

Page 1

CEIP DE PEDROUZOS: A Xunta promete arranxos.

Comezan as obras da nova planta potabilizadora de auga para Brión.

Altamira PAX. 7

Nº 90 - ABRIL 2014 - ANO XXVIII

PAX. 10

abril2014

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

10º aniversario da escola

de música Magariños Brión Solidario

Entrevista

Nace para cubrir necesidades básicas de familias en risco de exclusión social. PÁX. 18

Carlos Pintor e Jorge Rey, 10 anos a fronte da escola de música Magariños. PÁXS. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT E CA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Imprenta Jadfel Mail: revistaaltamira@infobrion.com

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Pe d riñas, nº 3 15 865 - Bri ón Tel. Liña 1: 98 1 8 8 77 0 1 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 7 7 02 C E NT R O SOCIAL POL IV A LE N TE A v da . de Santa Mini a, nº 4 6 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastaval e s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PER E Z , B. A v da . S a n ta Mi ni a, Nº 53 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 30 G AR DA CIVIL R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 3 15 85 6 - Bri ón Tel.: 981 88 1 8 1 7 Tel.: 981 88 58 99 O FI CI N A DE URBANISMO P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P I SCI N A CUBERTA MUNI CI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 73 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel.: 981 89 34 74 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P OLI D EP ORTIVO M UNICI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 76 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 B aixo 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 78 51 S ERVI Z O DE EM ERXEN CI A S La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 88 7 5 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 72 7 1

2 | Concello de Brión

Ademais, apelo unha vez máis á vosa solidariedade para solicitar a vosa colaboración nun novo programa para crear unha rede de colaboración veciñal que solucione as necesidades básicas de familias en risco de exclusión social. Basta con facilitar o e-mail e, se dispós do artigo solicitado e queres doalo, podemos facerlle a vida máis doada a moitas familias de Brión. José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxel e s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 72 01

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

A primeira ALTAMIRA do 2014 chega as túas mans coa conmemoración dunha efeméride moi especial: o décimo aniversario da Escola Municipal de Música Magariños. Dez anos de traballo e de ilusións que permitiron que Brión conte cun centro de referencia, que tomou o relevo das nosas benqueridas Rondalla Infantil e Coral Polifónica. O seu director, Carlos Pintor, e un dos seus mestres e director da Banda Municipal de Música, Jorge Rey, cóntannos os proxectos inmediatos para celebrar este cumpreanos, como as “Noites brancas”, que terán lugar no mes de maio e que forman parte dunha programación cultural de seu para a ESMU Magariños. Espero que a disfrutedes.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 5 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 8 8 7 0 8 0

E SCOLA MUNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mini a, nº 70 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D O CONCEL L O P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31

E SCOLA INFANTIL M UN I CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 77 42

Altamira

Espero que disfrutes desta revista e convídote a participar nas distintas actividades que organizamos no Concello.

Pax . 3 ACTUALI D AD E Pax s. 4 - 5 REPORTAX E Pax s. 6 - 11 ACTUALI D AD E Pax s. 12 - 13 BRI ONESES Pax s. 14 - 16 SERVIZ OS SOCI AI S Pax s. 17 - 20 CULTURA E D EPORTE S Pax . 21 HI STORI AS D E BRI ÓN Pax . 22 TAM ÉN FOI NOTICIA Pax . 23 PASATEM POS / HUMO R


ACTUALIDADE ORZAMENTO MUNICIPAL

Os Orzamentos para 2014 ascenden a 4,8 millóns e aumentan os investimentos nun 20,8% José Luís García asegura que “son os mellores que podemos presentar, dentro do sistema no que nos atopamos, e cun gran contido social” de 30.000 euros para actuacións de saneamento e abastecemento de auga, entre as que se inclúen as acometidas eléctricas para os bombeos de Reboredo, Nináns e O Cabo; así como a ampliación da rede xeral e o saneamento de Quintáns (Brión). Ademais, investiranse máis de 22.000 euros para a reparación interior do pavillón polideportivo de Pedrouzos e outros 6.800

euros para melloras no interior do centro social polivalente. Canda estes proxectos, os orzamentos recollen outra trintena de actuacións de menor contías pero que reverteran na mellora da calidade de vida dos veciños de Brión, como a reposición de novas luminarias públicas, a colocación de novas portas na escola unitaria dos Ánxeles ou a mellora da accesibilidade aos aseos da gardería.

INCREMENTO DAS AXUDAS DE EMERXENCIA

Brión conta con Orzamentos para 2014, que ascenden a 4,8 millóns de euros, incrementan nun 20,8% a partida destinada a investimentos reais e reducen nun 33% o gasto en amortización de préstamos. Unhas contas que foron aprobadas cos votos a favor dos grupos municipais do PSOE e do PP, así como coa abstención do BNG. O alcalde José Luís García explica que estes orzamentos “son os mellores que podemos presentar, dentro do sistema no que nos atopamos” e destaca especialmente que “é un orzamento digno e, sobre todo, social”. Unhas contas que ascenden a 4.837.790 euros, o que supón un incremento dun 8% con respecto ao exercicio anterior. Nos orzamentos destaca o aumento da partida destinada a investimentos reais, que medra nun 20,87% con respecto ao 2013. Unha partida na que máis do 65% dos investimentos está dirixido a

arranxos e melloras nas pistas municipais das parroquias de Brión e a melloras na rede de saneamento e abastecemento de augas, aínda que o alcalde brionés adianta que “posiblemente os últimos temporais van cambiar as ideas que tiñamos inicialmente xa que fixeron un dano tremendo”. Así, contémplanse máis de 56.000 euros para o mantemento de estradas en Brión de Arriba a Riazoas, Gronzo e Brión de Abaixo (Brión), Casaldoeiro (Bastavales), Moldes (Luaña) e Pousada (Viceso). Tamén se inclúen outros 39.000 euros para melloras e mantemento de camiños de titularidade municipal, que serán acometidos polas brigadas municipais de obras en todas as parroquias do municipio. Así mesmo, os orzamentos de 2014 tamén contemplan outros 48.000 euros para o mantemento de beirarrúas nas parroquias de Brión e Os Ánxeles.

Os orzamentos de 2014 non só manteñen as partidas destinadas a gasto social, senón que mesmo inclúen novidades con respecto a anos anteriores como o incremento da partida de Axudas de Emerxencia para poder sufragar o pago de medicamentos a pacientes crónicos que conten cun informe favorable dos Servizos Sociais, que serán os que determinen se esa persoa pode ou non facer fronte a eses gastos. Por outra banda, recollen un importante incremento do 10,5% na súa partida de persoal con respecto ao 2013 e que se debe a que en 2013 procedeuse á contratación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), que está integrado por 12 membros. Así mesmo, inclúen un incremento do 9,88% na partida de gasto corrente, debido tanto polo incremento dos prezos da electricidade e á posta en funcionamento de novos bombeos de saneamento. Pola contra, o alcalde brionés destacou a “importante diminución” das consignacións de pagos de intereses e gastos de préstamos, que descenden nun 33% INGRESOS No que atinxe ao capítulo de ingresos, os orzamentos de 2014 recollen un incremento de 45.000 euros polas novas altas do IBI e polo aumento do parque de vehículos, especialmente. Tamén está previsto un lixeiro incremento de 8.000 euros nos ingresos procedentes do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, un dos capítulos que maior baixa experimentou nos exercicios anteriores. As transferencias correntes increméntanse de xeito substancial, debido en gran parte ao financiamento que se percibe para o sostemento e mantemento do GES. Un incremento cifrado en máis de 300.000 euros, o que supón un 17% máis con respecto ao exercicio anterior. Ademais, non se prevé ningunha operación crediticia para financiar os investimentos incluídos nos orzamentos.

Tamén se destinan máis Revista Altamira | 3


REPORTAXE MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SERRA DO BARBANZA

O Complexo Medioambiental do Barbanza recicla 102 quilos por habitante ao ano fronte aos 7,6 quilos de SOGAMA José Luís García defende o modelo de Servia e asegura que é “complementaria con SOGAMA, non inimiga, pese a que a Xunta nos abone menos polos residuos reciclados” A decisión da Xunta de Galicia de incrementar nun 33,5% o canon de SOGAMA motivou un forte debate social e mediático sobre os distintos modelos de tratamento de Resduos Sólidos Urbanos existentes en Galicia. No caso de Brión, a nosa veciñanza non terá que sufrir este importante crecemento do recibo do lixo, xa que os RSU que xeramos son tratados no Complexo Medioambiental da Serra do Barbanza. Porén, nos últimos meses temos asistido a numerosos bailes de cifras sobre a eficiencia ou non da planta de Servia polo que convén botarlle un ollo aos datos. En primeiro lugar, tal e como ten destacado o alcalde José Luís García, daquela presidente da Manomunidade, “a planta de SOGAMA e a de Serra do Barbanza deberían ser complementarias e non inimigas, a pesar de que a Xunta nos castigue pagando tan só o 80% dos residuos reciclados mentres a SOGAMA lle abona o 100%”. E é que, por moitos paus nas rodas que se lle poñan e por moitos “informes” que se saque un da manga, as cifras obxectivas demostran que SOGAMA é moito máis cara e contaminante ca Servia. Así, o Complexo Medioambiental da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza recibe cada ano unhas 25.000 toneladas de lixo, das que 12.000 corresponden á fracción orgánica. Delas conséguese unha produción de 1.80 tm/ano de compost, xa que de cada quilo de materia orgánica só se pode lograr un máximo de 0,15 kg de compost. Do resto de RSU, 2.000 kg son de vidro, 5.000 kg de papel e 3.000 kg de envases lixeiros. De todos eles, en Servia recíclanse 4 | Concello de Brión

Toneladas recollidas

810.374

25.000

Kg reciclados habitante/ano

7,02

102,27

Reciclaxe de vidro, papel e envases

10%

70 / 75%

74,64 euros/tonelada

55 euros/tonelada

Custe entre o 70 e o 75%. De feito, é unha das instalacións máis premiadas en España polos seus altos niveis de reciclaxe. No caso de SOGAMA, o volume de recollida non ten comparación: 810.374 toneladas. Isto é porque en Servia só se trata o 3% do lixo de Galicia, cando a Lei de Residuos de Galicia prevé que podería tratar ata o 25%. “Pero aínda que temos terreo de sobras para ampliar a planta, non temos financiación porque a Xunta non quere aportar nada e a empresa concesionaria do servizo di que tampouco ten”. Pero as grandes diferenzas con Servia radican nos niveis de reciclaxe: tan só un 10% dos residuos totais que entran na planta de Cerceda.

Isto provoca que mentres no complexo do Barbanza se obteñen niveis de reciclaxe de 102,27 quilos por habitante ao ano, en SOGAMA esa cifra descenda ata os 7,62 quilos por habitante/ano. E por se a cuestión medioambiental non fose suficiente, na económica tamén gaña Servia por goleada: cun custe de 55 euros por tonelada fronte aos 74,64 euros por tonelada de SOGAMA. Pese aos bos resultados, a Mancomunidade iniciou en xullo de 2013 unha Auditoría na que detectou incumprimentos por parte do actual concesionario en canto a calidades do compost e niveis máximos de rexeites ao vertedoiro (30%).

A suba do canon A raíz da suba do 33,5% do canon de SOGAMA radica no feito de que SOGAMA prioriza a incineración do lixo sobre a reciclaxe, pois así consegue e vende enerxía eléctrica. A decisión do Goberno de recortar as primas á coxeneración eléctrica fai que SOGAMA vexa minguar os seus ingresos. Ao incrementar nun 33,5% o recibo do lixo de milleiros de galegos e galegas, SOGAMA non só deixará de ter perdas, senón que terá uns beneficios de 6 millóns.


ACTUALIDADE

REPORTAXE

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SERRA DO BARBANZA

García deixa a presidencia da Mancomunidade Serra do Barbanza cunha nova incorporación: Rianxo O alcalde brionés valora o seu mandado e prevé unha petición de resolución do contrato con FCC por parte da Mancomunidade

O alcalde de Brión, José Luís García, fai un balance positivo do seu mandado á fronte da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, que rematou o pasado mes de marzo e que agora queda en mans de Ramón Noceda, alcalde de Carnota. García lembra que as súas etapas á fronte da Mancomunidade estiveron sempre acompañadas “dunha intensa actividade dirixida á construción e preservación da Mancomunidade, pois foi cando se rexistraron as incorporacións de Rois (2004), Pontecesures (2005), Ames (2006) e agora Rianxo”. A derradeira Xunta e Asemblea Xeral da Mancomunidade, celebrada o 26 de marzo, acordou aprobar a proposta de adhesión do Concello de Rianxo, así como modificar os Estatutos da propia Mancomunidade para a súa incorporación como membro de pleno dereito. Algo que sucederá unha vez sometido o acordo a información pública e sempre que conte co voto favorable da maioría absoluta nos plenos municipais dos concellos membros.

SANCIÓNS A FCC Menos satisfactoria é a situación actual coa empresa adxudicataria da Planta de Xestión de Residuos de Servia. Baixo o mandado de José Luís García “e despois dun amplo proceso negociador coa empresa FCC S.A., é cando lle abrimos os primeiros expedientes sancionadores por reiterados incumprimentos das condicións do contrato e se realiza unha auditoría da concesión, que penso que vai desembocar nunha petición de resolución do contrato con FCC por parte da Mancomunidade”. De feito, durante a última asemblea se resolveron dous novos expedientes sancionadores a FCC pola comisión de infraccións de carácter grave e moi grave. A primeira foi por incumprir diversas obrigas en materia de tratamento dos residuos estipuladas no Contrato e Pregos (fundamentalmente relacionadas coa cantidade e calidade do compost obtido e co envío ó vertedoiro de rexeites en cantidades superiores ó 30% dos RSU entrados no Complexo), polo que FCC foi sancionada con multas que van dos 800 aos 1.500 euros. A segunda sanción foi de 1.202 euros por non ter elaborado o inventario de bens afectos aos servizos concedidos. Así mesmo, a Mancomunidade desestimou a solicitude de resolución do contrato presentada por FCC, que alegaba unha demora nos pagamentos superior a seis meses que a Mancomunidade non recoñece. Co remate da Presidencia de José Luís García, a sede da Mancomunidade trasládase ao Concello de Carnota. Ao novo Presidente, Ramón Noceda, vaille corresponder, entre outros temas, reorganizar a dirección da Mancomunidade pola xubilación do xerente Bravo (prevista inicialmente para finais de maio); resolver os problemas da débeda dalgúns concellos e deseñar instrumentos áxiles e efectivos para o seu cobro; encamiñar os procesos de separación ou incorporación definitiva dos concellos adheridos; e, previsiblemente, propor a toma de duras decisións coa empresa concesionaria do servizo de tratamento do lixo. Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE OBRAS DE SANEAMENTO

GASTOS MUNICIPAIS

Unha estación de bombeo de augas residuais mellora o servizo de saneamento en O Cabo

O Concello aforrou un 8% no gasto de gasóleo nos últimos dous anos

Espina e Delfín investiu máis de 21.000 euros como parte do compromiso pola xestión do servizo público de saneamento de Brión

O Concello de Brión vén de sacar a licitación a contratación do subministro de gasóleo A, para os vehículos e maquinarias municipais, e de gasóleo C, para calefacción de centros públicos municipais (centro de saúde, biblioteca, casa da cultura, escola de música e centro social polivalente). Un contrato que terá unha vixencia de dous anos e que se concederá baixo un único criterio de adxudicación: o prezo máis baixo. O Concello de Brión gastou 70.828 euros en Gasóleo A e 26.999 euros en Gasóleo C entre os anos 2012 e 2013. Unhas cifras que supuxeron un aforro do 8,2765% sobre o prezo de venda ao público deste combustible, tributos incluídos, grazas ao contrato asinado con Feiraco Sociedad Cooperativa. Iso supuxo un aforro para o Concello de Brión de case 6.000 euros anuais.

O Concello de Brión mellorou o servizo de saneamento na localidade de O Cabo, na parroquia de Os Ánxeles, coa instalación dunha estación de bombeo e impulsión de augas residuais. A obra supuxo un investimento de 21.500 euros, que foi financiado pola empresa Espina e Delfín xa que estaba incluído no contrato de xestión do servizo público de saneamento en Brión, que gañou esta empresa en 2012 baixo a modalidade de concesión. Deste xeito, a rede de saneamento de Brión segue medrando e tense máis que duplicado nos últimos dez anos. Coa incorporación da nova estación de bombeo no Cabo xa son 17 as presentes no municipio: A Graña, Nináns, Ombre, Mourentáns, Cantelar, Bastavales, Chave de Carballo, Chave da Ponte, Beca, Gándara, Gosende e Perros; así como dúas estacións en Gundín, outras tantas en Brans de Abaixo e a nova estación do Cabo. A maiores, a rede brionesa conta con seis estacións depuradoras de augas residuais (Busto de Frades, A Graña, Moldes, Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo e Ombre) e dez fosas sépticas (Goiáns, Pousada, Vilar, Pazos, Salaño Pequeno e Salaño Grande; así como dúas unidades en Ons de Abaixo e en Romarís).

ENTRADA EN SERVIZO EN NINANS Por outra banda, o Concello de Brión vén tamén de poñer en funcionamento a segunda fase do saneamento de Nináns, na parroquia da Luaña. Estas obras, realizadas con achegas da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Brión, foron rematadas a finais de 2012 (cunha última achega municipal de 6.000 euros para as obras de enlace e acometida no bombeo aprobada no pleno de outubro de 2012). Agora, e despois de numerosas negociacións e atrasos, Unión Fenosa vén de subministrar a electricidade á estación de bombeo para que poida entrar en funcionamento. 6 | Concello de Brión

O novo contrato non establece un orzamento máximo de licitación xa que o consumo efectivo de combustible está subordinado ás necesidades reais do Concello. A empresa adxudicataria será aquela que oferte unha maior porcentaxe de desconto sobre o prezo de venda ao público (que será a media de prezos da provincia da Coruña). Ese prezo ofertado inclúe todos os gastos que a empresa deba realizar para cumprir co servizo (transporte, desprazamento, seguros, etc).


ACTUALIDADE NOVA PLANTA POTABILIZADORA DE AUGA

A Xunta anuncia que as obras da potabilizadora de Ames e Brión estarán listas en 2015 Os traballos acumulan xa un atraso de tres anos sobre as previsións iniciais da Consellería.

Primeiro trimestre de 2015. Esta é a nova data ofrecida polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para o remate dos traballos da estación de tratamento de auga potable (ETAP) que completa o novo sistema de abastecemento dos concellos de Ames e Brión. Así o anunciou durante a súa recente visita ás obras acompañado polos alcaldes de Brión, José Luís García, e Ames, Santiago Amor.

subministro futuro para dous municipios que non deixaron de gañar poboación na última década. Un sistema de abastecemento propio que, ademais, garantiralles que o seu subministro non dependerá doutras traídas nin doutros municipios. Cos 12 quilómetros de tubaxe xa instalados, así como cun deposito de regulación e de cabeceira de 10.000 metros cúbicos que se conectará por gravidade e subministrará auga cara os depósitos xa existentes en Brión e Ames, agora só resta construír a nova ETAP, situada preto de Ponte Maceira. A potabilizadora terá unha capacidade de 175 litros por segundo, suficientes para dar servizo ata uns 97.000 veciños, case o dobre da poboación actual de ambos municipios.

Unha data que suporá un atraso mínimo de catro anos con respecto ás previsións iniciais do propio Agustín Hernández, quen en outubro de 2009 presentaba o proxecto dos traballos e anunciaba que as obras estarían finalizadas no ano 2011. Deste xeito, unha obra que tiña un prazo de execución de 18 meses tardará 6 O orzamento total do anos en ser unha realidade. E proxecto ascende a 8,19 miiso se desta vez se cumpren as llóns de euros, financiados nu prediccións. 80% pola Xunta e nun 20% polos Concellos de Brión e de O único claro en todo este Ames, que xa realizaron a súa tempo é a importancia des- aportación nos anos 2009, tes traballos para garantir un 2010 e 2011.

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

“Coa finalización destas obras, Ames e Brión terán por primeira vez un sistema de abastecemento propio a través do río Tambre, que lles garantirá o subministro sen depender doutros concellos ou traídas”.

José Luís García, alcalde de Brión

“Dende o Concello de Brión aportamos case 820.000 euros a este proxecto que garantirá un bo abastecemento de auga a todos os veciños e veciñas de Brión de agora e dos que poidan chegar nun futuro, deixando no esquecemento aqueles problemas de seca que facían que estiveramos pendentes de cada milímetro que se moveran os depósitos”

Santiago Amor, alcalde de Ames

“Ames medrou moito nos últimos vinte anos pero ese crecemento non estivo acompañado dunha mellora nas infraestruturas de abastecemento. Agora, coa execución deste gran proxecto vanse solucionar os problemas que tiñamos de abastecemento de auga en Ames” Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE SERVIZOS COMUNS

Brión e Ames intensifican a súa colaboración na loita contra o desemprego Solicitan conxuntamente axudas da Xunta para un obradoiro de emprego e o programa formativo Inser Amer-Brión. Obradoiro ‘Entre ríos’ para recuperar os espazos naturais O obradoiro de emprego solicitado, denominado ‘Entre ríos’, contaría cun orzamento total de 285.621 euros, do que os dous municipios achegarían 49.183 euros. A especialidade formativa a impartir sería a de ‘Actividades auxiliares de conservación e mellora do monte’ e o obradoiro estaría dirixido a un total de 26 alumnos-traballadores co obxectivo de procurar a inserción laboral de polo menos o 10% das persoas participantes no proxecto. Os alumnos/as recibirían ao remate desta iniciativa un certificado de profesionalidade de nivel 1.

Os Concellos de Brión e de Ames continúan apostando pola colaboración intermunicipal como xeito de optimizar os servizos que lle prestan á súas respectivas veciñanzas, especialmente en materia de emprego. Por iso, o alcalde José Luís García e o seu homólogo amiense, Santiago Amor, solicitaron de forma conxunta as subvencións convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar para a posta en marcha este ano de obradoiros de emprego e programas integrados. Así, Brión e Ames presentaron un proxecto conxunto para realizar unha nova edición do programa integrado para o emprego InserAmes Brión, destinado a 80 persoas desempregadas, e unha memoria para a posta en marcha do obradoiro de emprego Entre Ríos, que estaría orientado á formación de 26 desempregados e que permitiría recuperar espazos naturais nos dous municipios. Estes dous proxectos supoñen un investimento total de 466.378 euros. O alcalde de Brión sinala que “este obradoiro Entre Ríos pon de manifesto o que dous concellos poden chegar a facer grazas á colaboración mutua. Un obradoiro que nos permitiría mellorar a empregabilidade dos nosos veciños ao tempo que poñemos en valor un espazo natural de gran riqueza e que compartimos Brión e Ames como é o Val da Amaia”, apuntou José Luís García, quen sinalou “o positivo que sería para Brión os traballos que se poidan realizar na recuperación de espazos naturais como a contorna do Castro Lupario e dos ríos Sar e Tambre, así como na ruta dos muíños ou nos camiños de Viceso e da Luaña”. Pola súa banda, o alcalde de Ames valorou moi positivamente todas as iniciativas postas en marcha conxuntamente ata o de agora con Brión e subliñou que “esta colaboración entre municipios veciños xa está dando os seus froitos, como por exemplo na actual edición do programa InserAmes Brión, no que máis do 12% dos alumnos xa acadaron a inserción laboral meses antes de que remate a formación”. Santiago Amor destacou a boa sintonía entre os dous concellos e fixo fincapé en que a colaboración intermunicipal “permite traballar e buscar solucións a algunhas das principais demandas e preocupacións dos nosos cidadáns”. 8 | Concello de Brión

A finalidade deste obradoiro, dirixido a desempregados/ as menores de 30 anos, é cualificar profesionalmente aos participantes e favorecer a súa inserción laboral. A práctica laboral realizaríase nos dous municipios, levando a cabo obras e actuacións que pretenden a mellora nas condicións naturais da vexetación de ribeira, favorecendo os procesos de rexeneración natural e preservando dunha maneira sostible os ecosistemas da ribeira do río Sar. No conxunto de actuacións previstas tamén se acometería a adecuación dun punto de auga para a extinción de incendios forestais, así como o acondicionamento de pistas forestais e sendas que valorizarían o atractivo turístico relacionado co medio, ademais de realizar un control da flora invasora.

Nova edición de InserAmes Brión Á convocatoria de subvencións para os programas integrados para o emprego, os dous municipios presentaron o proxecto para levar a cabo unha nova edición do InserAmes Brión. Este programa estaría destinado a 80 persoas desempregadas e o investimento total ascendería a 180.757 euros, dos que Ames e Brión achegarían 36.151 euros. A finalidade deste programa é mellorar as posibilidades de acceso ao emprego dos desempregados/as dos dous municipios. A prioridade das accións previstas céntrase, ao igual que na edición anterior, no apoio ao emprendemento e en aproveitar os recursos e xerar sinerxias entre a formación para o emprego a través da impartición de módulos formativos pertencentes a unidades de competencia que comprenden os certificados de profesionalidade que posúen unha alta empregabilidade. Segundo o proxecto remitido á Consellería de Traballo, este programa impartiríase no Centro de Formación e Emprego de Ames e na Aula Cemit de Brión. As áreas formativas propostas son: actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais; montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión ou atención a persoas dependentes.


ACTUALIDADE

BACHES PERIGOSOS

Próximas melloras no firme da AC-300 entre Os Ánxeles e Picaraña A Xunta de Galicia vén de anunciar a mellora no firme dos 7,2 quilómetros da AC300 Os Ánxeles-Picaraña, un viario que presenta algunha que outra fochanca perigosa que mesmo ten ocasionado algún accidente de tráfico. As obras a executar consisten principalmente no fresado e reposición do firme, así como tratamentos superficiais. Dende o Concello de

Brión tamén se reclamou o arranxo do viario de acceso á autovía AG-56, que se atopa nun mal estado de conservación. En especial por unha fendedura na capa de aglomerado de grandes dimensións que ten provocado diversas avarías de consideración e as conseguintes queixas e reclamacións ante o Concello. As dimensións da fochanca mesmo obrigan a moitos vehículos a invadir o sentido contrario.

DISTINCIÓN

Ana Souto Villanustre, Premio Nacional de Educación no ensino non universitario A ex-alumna do IES de Brión Ana Souto Villanustre acaba de obter o Premio Nacional de Educación no ensino non universitario, na categoría de rendemento académico do alumnado, correspondente a Bacharelato do curso 2012/13. Unicamente quince alumnos/as en todo o estado acadaron o premio, entre os que Ana Souto obtivo o oitavo posto. Como todos os alumnos e alumnas premiados, Ana Souto recibirá un documento acreditativo da concesión do Premio e 1.000 euros.

Non é o primeiro galardón que recibe Souto Villanustre, pois tamén conseguiu o Premio Extraordinario de Bacharelato, outorgado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta veciña de Agronovo rematou o Bacharelato no IES de Brión cun 9,9 de media, ao que engadiu un 9,79 na Selectividade. O seu soño, segundo indicou nunha entrevista na revista municipal Altamira, é traballar como tradutora no Parlamento Europeo. Noraboa, Ana!

NOVAS TECNOLOXÍAS

A nova sede electrónica de Brión achegará a Administración aos veciños O Concello de Brión aprobou a creación da sede electrónica municipal (sede.concellodebrion.org) e a delegación da súa xestión na Deputación da Coruña, así como a ordenanza reguladora deste servizo. Unha iniciativa coa que o Concello de Brión pretende achegar a Administración aos veciños e veciñas a través de medios telemáticos. A sede electrónica municipal estará dispoñible para todos os veciños e veciñas de forma gratuíta e permanente, dándolles acceso directo a diversos servizos: presentación telemática de solicitudes,

formulación de suxestións e queixas ante o órgano competente, acceso no seu caso á relación de expedientes do cidadán e aos trámites iniciados de xeito telemático, publicación electrónica de actos e comunicacións no taboleiro de anuncios ou edictos, etc. O pleno municipal tamén aprobou a delegación da xestión e da administración desta sede electrónica na Deputación Provincial da Coruña, para o cal o Concello de Brión se adheriu ao convenio marco de colaboración da entidade provincial polos próximos catro anos.

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE

DESPERFECTOS NO CEIP

A comunidade educativa brionesa mobilízase para conseguir melloras no colexio de Pedrouzos A Consellería de Educación comprometeuse a arranxar a cuberta do inmoble este verán Din que quen a segue a consegue. E así semella acontecer no CEIP de Pedrouzos onde, ao peche desta edición de Altamira, a Consellería de Educación anunciaba a súa intención de arranxar as cubertas dos dous inmobles durante o próximo verán. Unha data que era, precisamente, o que lles faltaba dende o principio aos pais e nais da ANPA Andaravía, que non dubidaron en levar a cuestión a onde fixera falta, incluso ata o plató de Mariló Montero. Despois de múltiples mobilizacións, reunións e entrevistas, a comunidade educativa brionesa conseguiu que as boas palabras se convertesen en compromisos. Unhas reivindicacións nas que contaron dende o primeiro momento co apoio do Concello de Brión, que mesmo elaborou un informe técnico para solventar os problemas de humidades que manteñen inoperativo o ascensor escolar. “Aínda que non lle corresponde ao Concello asumir os custos derivados do problema do ascensor, xa que se trata dunha anomalía derivada dunha mala execución da obra por parte da Consellería, si quixemos atopar unha solución técnica rápida e efectiva ao problema, que xa trasladamos aos servizos técnicos da Consellería”, explicoulles o alcalde José Luís Garcia aos representantes da ANPA Andaravía. Unha solución que suporía un investimento de 2.100 euros (+IVE) 10 | Concello de Brión

e tan só dúas semanas para a execución das obras. Ata que se acometa a solución técnica, o Concello de Brión continuará realizando operacións de baleirado deste foso, pois a cantidade de auga que entra no mesmo é cuantiosa, pudendo encherse nun prazo de 3 ou 4 días (1,5 m3). Isto provoca problemas de corrosión sobre os mecanismos. Compre tamén dicir que dende a Consellería de Educación amosaron a súa disposición a colaborar na solución deste e dos outros problemas que arrastra o colexio, polo que

dende o Concello agardan que se cumpran o antes posible os compromisos adquiridos

coa comunidade educativa de Brión e mantén o seu ofrecemento de total colaboración.

Prezado conselleiro... As mobilizacións da ANPA Andaravía mesmo chegaron ás portas de San Caetano, onde representantes dos pais do CEIP de Pedrouzos entregaron un “peculiar” agasallo ao conselleiro de Educación, cheo de retranca. Tras o protocolario “Prezado conselleiro”, o escrito denunciaba a situación das instalacións e as distintas negociacións que se levaban feito sen resultados ata ese momento. Por iso, ademais de reiterar a súa vontade de colaboración en todo o posible, dende a ANPA deixaron na Xunta un paquete coa seguinte descrición: “No paquete que deixamos á súa atención atopará unha placa do teito que se desprendeu nunha das aulas da planta baixa: ata alí chegan as filtracións da cuberta, dous andares por riba. Tamén lle deixamos retallos da cubrición que se van desprendendo e puidemos recoller do patio. Quédanlle ademáis algunhas mostras dos desconchados do edificio de Infantil, que con apenas cinco

anos de uso semella ter paredes de esponxa pola cantidade de auga que chega ó interior cando chove dous días seguidos. Por último, tamén depositamos un dos latiguillos dos baños, que nos teñen deixado desagradables sorpresas en forma de inundacións. Se é preciso, nunha vindeira ocasión podemos aportar tamén auga da que se acumula no ascensor: cónstanos que está xa na súa Consellería o orzamento que lle solicitaron ó Concello de Brión sobre o custo da reparación”.


ACTUALIDADE

A Escola de Música Magariños celebra o seu décimo aniversario Este ano celebramos o décimo aniversario da Escola Municipal de Música Magariños, un proxecto que naceu para achegar a música aos veciños e veciñas de Brión dende un plantexamento práctico e lúdico. “Xurde por demanda da xente. Cando desapareceron a Rondalla Infantil e a Coral Polifónica era preciso canalizar esas inquedazas a través de algo e de aí xurdíu a escola de música”, lembra Suso Quintela, concelleiro de Ensino. Quintela destaca tamén que “Carlos Pintor foi o gran artífice do nacemento e consolidación da escola, para o que contou coa axuda e confianza do Concello”. Un proxecto que nacía no 2003 e que se consolidaba oficialmente co recoñecemento da Consellería de Educación no 2011, cando foi incluída no rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia. Mais hai outro factor que todos os que forman parte da ESMU Magariños destacan como fundamental: a decisión do Concello de Brión de promover a construción da sede actual da escola con cargo aos fondos comunitarios dispoñi-

bles como membro da agrupación Sar-Ulla. “Isto permitiu dispoñer dunha sede fixa”, lembra Quintela, “e que moitos veciños pasaran por estas aulas. De feito, é unha das actividades coas que estamos máis satisfeitos”. Pintor explica que “a filosofía da Escola é ser un lugar de encontro onde a música é a posta en común. Ademáis, a música ten un potencial xerador de capital social coma ningunha outra actividade durante a infancia e xuventude”. Por iso, os alumnos tamén queren ofrecerlle algo máis á veciñanza de Brión. Comezaron cos recitais de Nadal, Entroido e Fin de Curso. Continuaron cos Venres Musicais, co Festival de Cámara, co ciclo Música e Cine e coas xornadas Santa Cecía. O próximo mes de maio sorprenderanos coas “Noites en Branco”, concertos nocturnos en distintos espazos de Brión que, de seguro, acadarán o mesmo éxito ca anteriores propostas. Dende Altamira queremos agradecer o traballo do seu director, dos mestres e do preto dun milleiro de alum@s que pasaron pola escola. Felicidades a tod@s! Revista Altamira | 11


BRIONESES

Carlos Pintor,

director da Escola Municipal de Música Magariños de Brión

“Queremos ofrecer aos veciños dende a escola un interesante programa cultural” Se temos que buscar un “culpable” de que a Escola de Música Magariños chegase ata onde está na actualidade, calquera xurado sinalaría por unanimidade a Carlos Pintor. Natural de Narón, Pintor chegou a Brión grazas a un plan de inserción laboral dende o que puxo en marcha unha escola que tomaba o relevo - Que valoración fas destes dez anos da escola? - Son dez anos de esforzo, que agora nos permiten ter unha programación musical propia, ademais da función educativa que segue a ser a primordial. Ademais, así tamén se ve o resultado do que se traballa nas clases.

escola pasaron máis ou menos un milleiro de persoas. - Ademais dos “Venres musicais”, que actividades tendes previstas para celebrar este décimo aniversario? - Despois de Semana Santa volveremos co ciclo de Música e Cine, que nesta ocasión terá como tema a educación. Unha das novidades serán as “Noites en Blanco de Magariños”, nas que actuaremos de 22:00 a 0:30 horas en distintos espazos de Brión: biblioteca, polivalente, sala de exposicións... É unha experiencia que ten éxito en grandes cidades e que queremos trasladar a Brión. Ademais, o 31 de maio teremos o concerto de fin de curso e o 13 de xuño faremos un acto especial por estes 10 anos, proxectando un vídeo conmemorativo e cos alumnos interpretando o Himno da Alegría e o Aleluia de Haëndel. A maiortes, temos previsto tamén facer unha exposición na propia escola de música coa distinta cartelería das activida-

da Rondalla Infantil e a Coral Polifónica. Profesor de piano e linguaxe musical, fan empedernido de Chopin, aposta agora por devolverlle á veciñanza de Brión todo o que recibiu nestes anos. Por iso, a ESMU Magariños vén de iniciar unha programación musical propia que se incrementará nos vindeiros meses.

“O próximo ano crearemos tres itinerarios: clásico, moderno e tradicional”

des realizadas ao longo destes cerlles aos veciños un programa cultural o máis interesante anos. posible. Sabemos que é difícil, - Cal foi o punto clave des- Despois de tantas activi- sobre todo coa crise, pero quetes dez anos? dades, deixaredes algo para remos que a escola teña a súa - Ter un edificio propio, é propia programación artística, anos vindeiros?. como a marca institucional da - Para o vindeiro ano temos dende clásica a tradicional ou escola. Estabamos en distintos plantexado dar unha volta máis moderna, e que a xente poida locais e o traballo era difícil, e crear tres itinerarios: clásico, disfrutar nos concertos. Adetanto para os profesores como moderno e tradicional. Así os mais, apostaremos por unha para os alumnos. Foi un gran alumnos terán asignaturas co- formación musical de maior handicap. O edificio sentou as múns e cada un escollera o seu calidade e por seguir trasmitínbases desta escola e do plan propio itinerario segundo os dolles os valores da música aos educativo que temos. E as exseus gustos. Antes o clásico era nosos alumnos. pectativas de futuro son moi o principal. boas. - Por último, como é a re- Cales son os vosos desa- lación coa Banda de Música? - Canta xente terá pasado - Dende a escola formafíos para os próximos 10 anos? pola escola nestes dez anos? - Ata o de agora centrámo- mos xente para integrarse - É difícil calculalo con exacnos na formación, o que nos na banda. Todos os alumnos titude. Este ano temos 183 e levou a ter un centro educativo saen daquí coa idea do que sabemos que dende o 2008 cun alto nivel formativo. Agora é traballar nunha banda, do pasaron uns 500, polo que poqueremos ser tamén un centro seu repertorio e da súa técnidemos calcular que por esta de produción cultural e ofre- ca. Isto é fundamental para o ben da cultura de Brión e da música. Pero, ademais, trasmi“Unha das novidades serán as Noites en Blanco timos valores dos adultos aos nenos. Por iso fomentamos o de Magariños, de 22:00 a 0:30 horas, en traballo conxunto, porque podistintos espazos de Brión” den aprender moito uns dos outros. 12 | Concello de Brión


BRIONESES

Jorge Rey,

director da Banda Municipal de Música de Brión

“Queremos gravar o noso terceiro disco e facer cousas que motiven aos rapaces” Jorge Rey Barca, director da Banda Municipal de Brión dende setembro de 2005, comezou no mundo da música dende moi neno seguindo o exemplo de compañeiros seus na Banda de música de Negreira, onde estivo os primeiros anos. A finais de 2004, e tras facer os ultimos cursos superiores de trompeta no Conserva-

“Cada vez noto que á xente lle gusta máis e queren vir aos nosos concertos” - Como xurdiu a idea destes concertos especiais polo 10º aniversario da escola? - Son moitos anos traballando e decidimos que era o momento de facer algo especial. Por iso decidimos facer us concertos que chamasen a atención dos veciños e que dixeran que estamos aquí.

- O máis complicado foi chegar onde estamos. Eu vin para axudar na banda municipal e foi Carlos Pintor quen me implicou na escola. O máis duro foi chegar ao nivel no que estamos, coa xente satisfeita coa formación que recibe. - Que foi o que marcou un antes e un despois na escola? - O novo local foi un puntazo. Antes ensinabamos en locais pequenos, en diferentes edificios... non tiñas a sensación de escola, senón dunhas clases aquí e outras alí. Agora temos unha escola de música, o que nos permite traballar dunha forma moi diferente.

- E como valorades a resposta da veciñanza? - Moi boa e cada vez noto que á xente lle gusta máis e queren vir. Nos primeiros anos viñan só os pais e nais dos nenos, pero agora os concertos están cheos de xente. O Concerto de Nadal foi xa un caso aparte, pois había tanta xente - Falemos da Banda Mufóra coma dentro. Sempre facemos o cálculo de que cada nicipal, seica buscades novos neno traerá dous familiares, espazos de actuación a maiopero desta vez viñeron os pais, res dos tradicionais concertos. os avós, os primos... e iso que non actuaron todos os alum“A Banda de nos da escola. - Que foi o máis complicado destes dez anos?

torio, chegou á Banda Municipal de Brión, dende onde tamén se sumou ao proxecto da escola de música da man do seu bo amigo Carlos Pintor. Toda esta experiencia fai que queira darlle un novo rumbo á Banda Municipal de Brión. “Se estas facendo o mesmo, perdes nivel. Facer cousas novas, motiva aos rapaces”, asegura. - A Banda de Música de Brión está crecendo moito. Somos uns 50 e estamos comezando a sair un pouco do ámbito tradicionalmente outorgado ás bandas. Buscamos cousas alternativas, como a nosa participación na homenaxe a Miguel Torres ou na obra de teatro “As pombas do Carboeiro”, que foi todo un éxito. Son cousas novidosas e moi diferentes a tocar un pasodoble.

de música ambiental para un contacontos. Os ensaios foron durísimos pero despois vimos que encaixaba perfectamente co texto. Ao principio tiñamos moito medo pero foi unha experiencia moi boa.

Este ano estamos pensando en facer algo moi parecido. Levo moitos anos tocando en bandas e sei que se sempre se está facendo o mesmo se perde nivel, e cousas coma estas - Que plans tendes para o motivan aos integrantes da futuro próximo? banda. - Queremos gravar o noso terceiro disco este ano. Quixe- Por último, como é a remos participar no festival de lación da banda de Brión con Aranda del Duero pero non outras da contorna tras o fapuido ser. Queremos mellorar llido proxecto con Lousame e o nivel da banda e seguiremos Outes?. coas actuacións nas parroquias - Para min foi unha expee festas. Tamén pensamos nun riencia moi boa. Fixemos interciclo de cinema, como proxec- cambios con Granada, Almería, tar un filme de cine mudo e fa- Portugal e Irun. Pero supoñía cer nós o acompañamento. un dobre traballo e todo quedou nunha boa relación entre - Como é que aos músicos todas as bandas. Incluso chedunha banda se lles dá por gamos a tocar no Auditorio de meterse no teatro?. Galicia, que para nós foi gran- É algo diferente, como dísimo.

Música de Brión está crecendo moito. Buscamos cousas alternativas, como colaborar nun espectáculo folclórico” Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS VIAXE DOS MAIORES

Un total de 58 veciños participan na Viaxe dos Maiores polo Algarve portugués A tradicional viaxe dos maiores realizouse este ano por terras Portuguesas, concretamente ao Algarve, onde os veciños disfrutaron de sete dias inesquecibles. Un total de 58 veciños e veciñas participaron na tradiciona Viaxe dos Maiores, que cada ano organiza o Concello de Brión. Este ano, o destino escollido foi a rexión do Algarve, no sur de Portugal, que percorreron os veciños entre o 1 e o 7 de abril. A expedición aloxouse a pensión completa no hotel “Júpiter Spa” de 4 estrelas en Portimao, con animación nocturna e bufete libre. Ademais, o dunha mañá de spa no hotel, os nosos maiores disfrutaron de distintas excursións a localidades como Alte, Cabo San Vicente, Lagos, Sagres, Silves, Monchique, Vila Real e Tavira. Á volta tamén realizaron unha comida e visita a Lisboa e a Fátima.

O prazo de inscrición na gardería estará aberto ata o 30 de abril O Concello de Brión abre o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos na escola infantil municipal para o curso 2014-2015, que estará aberto ata o 30 de abril. Unhas inscricións que se xestionarán no centro social polivalente de Pedrouzos. Para poder participar nesta convocatoria, os nenos deberán estar empadroados en Brión, ter 3 meses de idade en setembro (e non cumprir os 3 anos antes do 31 de decembro de 2014) e acadar a puntuación suficiente no baremo de admisión. A documentación precisa é: DNI dos pais, libro de familia, declaración da renda do exercicio 2012

14 | Concello de Brión

e informe da situación actual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Informe de Vida Laboral (actualizados ao mes de abril para facerse unha idea exacta da situación actual da unidade familiar). Así mesmo, se é o seu caso, deberán presentar a tarxeta de demandante de emprego, o certificado de discapacidade, o certificado de separación/divorcio ou o convenio regulador. De acordo coa renda familiar e o número de membros da familia, o Concello de Brión outorgará unha puntuación a cada solicitude, que será a que determine a admisión dos rapaces no caso de que houbese máis solicitantes que prazas.

Brión convoca cursos de conservas caseiras e manipulador de alimentos A alimentación centra o programa formativo organizado polo Concello de Brión para o mes de maio, pois protagoniza dous dos tres cursos convocados: conservas caseiras, manipulador de alimentos e un obradoiro de expresión oral. As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou a través de voluntariado@ briondixital.org ata unha semana antes do inicio do curso. O curso para aprender a facer conservas caseiras terá lugar o sábado 10 de maio, ao longo de 8 horas lectivas. Terá un custo de 20 euros e son precisas un mínimo de 8 persoas inscritas para a súa realización. O curso de manipulador de alimentos terá lugar o luns 12 de maio no centro social polivalente, de 16:00 a 19:00

horas. A cota de inscrición é de 25 euros e o curso está dirixido a veciños e veciñas interesados en conseguir ou en renovar o carné de manipulador de alimentos, imprescindible para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, comedores escolares... Por último, o Concello convoca un obradoiro de expresión oral, dirixido a persoas interesadas en adquirir ou incrementar as súas habilidades de cara á realización de actividades de animación. O curso terá lugar ao longo de 8 horas, repartidas nas mañás dos sábados 24 e 31 de maio na Casa da Cultura. O obradoiro terá un custo de 10 euros.


SERVIZOS SOCIAIS BRION SOLIDARIO

Nace unha rede de solidariedade veciñal para cubrir as necesidades básicas de familias en risco de exclusión social O Concello pon en marcha o programa “Brión solidario”, que serve de ponte entre doantes e familias desfavorecidas, garantindo o anonimato de ambos. COMO PARTICIPAR O funcionamento do sistema é moi sinxelo. As persoas que queren colaborar teñen que aos Servizos Sociais (no centro social polivalente) e cubrir un impreso no que indican os datos persoais e un correo electrónico de uso habitual. A este e-mail enviaranse de xeito periódico mensaxes detalladas acerca das necesidades concretas detectadas, mencionando con exactitude que artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir esa necesidade. “Ningunha persoa pertencente á rede solidaria adquire compromiso ou obriga algunha. So se participará cando a persoa colaboradora dispoña dun artigo demandado e poida e desexe achegalo”, explica José Luís García, quen anima aos veciños e veciñas a participar nesta iniciativa solidaria xa que “non require un gran esforzo e tampouco desembolso económico ningún”. O único requisito para participar é ter cumprido os 18 anos, ou os 16 con autorización paterna/materna.

PRESENTACIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS “Non basta con levantar ao débil, hai que sostelo despois”. Seguindo esta máxima de William Shakespeare, o Concello de Brión vén de poñer en marcha unha rede de solidariedade veciñal para cubrir as necesidades básicas das familias máis desfavorecidas do municipio máis aló das alimenticias. A extraordinaria solidariedade da veciñanza, das asociacións e das empresas de Brión está a permitir que o programa de recollida de alimentos permita axudar a uns setenta veciños e veciñas. Un esforzo polo que dende Altamira volvemos a darvos as grazas a todos. Mais agora é preciso dar un paso adiante. É preciso crear unha cadea de solidariedade que permita cubrir as necesidades das familias do municipio en risco de exclusión social. “Roupa, material escolar, libros, menaxe, mobiliario básico.... moitas familias de Brión vense imposibilitadas á hora de adquirir estes artigos”, explica o alcalde José Luís García, “e por outro lado, a todos nos pasou algunha vez que temos cousas en bo uso pero que xa non nos fan falla ou que mesmo queremos desfacernos delas. Está claro que se acadamos un acordo, podemos solucionar ambos problemas”. Este é o obxectivo deste novo programa: manter unha cadea de solidariedade que serva de ponte entre doantes e familias con necesidade, garantindo en todo momento o anonimato de ambos. Deste modo, os veciños que participen axudarán a paliar a pobreza e evitar a exclusión social no seu entorno inmediato, tendo a total garantía de que as cousas que doan serven para cubrir necesidades reais, valoradas polos profesionais dos Servizos Sociais de Brión. Unhas doazóns que chegan realmente ás persoas que o necesitan e de xeito totalmente gratuíto, sen ningún tipo de interese comercial ou económico.

No seu primeiro trimestre en funcionamento, a rede conta con 40 membros. Mais dase unha curiosa circunstancia: o perfil do doante é o dunha persoa adulta e sen cargas familiares, o que fai que moitas das demandas non se podan cubrir. E é que a maior parte dos artigos demandados teñen que ver con roupa e calzado de nenos e nenas, así como complementos para bebés (berces, carriños...). Aínda así, xa se cubriron unha trintena de peticións. Por iso, para incrementar o número de posibles doadores e diversificar un pouco o seu perfil, os Servizos Sociais de Brión realizarán unha campaña informativa nos centros educativos (gardería, colexios e instituto), buscando a complicidade dos pais e nais dos cativos. Unhas charlas nas que explicarán que todas e cada unha das peticións que se realizan son valoradas previamente polos Servizos Sociais e que só se inclúen se solucionan unha situación de exclusión social. Así, todos temos claro que dispoñer de calzado ou roupa é unha necesidade, mais quizais podemos recelar doutro tipo de artigos que se incluíron na rede como un sofá, un bañador ou un TDT, por poñer uns exemplos. Pois ben, o sofá servirá tamén como cama para unha familia que non dispón de máis espazo na súa vivenda e só dispón dunha cama; o bañador evitará que un rapaz teña que aturar burlas por ter que ir á piscina en calzóns; e o TDT permitirá que un ancián dependente poida ter algo de compaña. Dende Altamira facemos un chamamento a que vos informedes no polivalente deste novo programa solidario. Non custa nada, non obriga a nada pero pode ser fundamental para moitos dos nosos veciños e veciñas. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES

ENTROIDO 2014

Un Entroido por todo o alto Máis de seiscentas persoas participaron no concurso de disfraces, onde o bo tempo permitiu a celebración do desfile polas rúas de Pedrouzos Este ano Brión tiña gañas de Entroido. Non sabemos se pola dureza dos continuos temporais deste inverno ou por levar varios anos sen desfile de Entroido por mor da choiva. Ou quizais será porque é a mellor vía de escape a unha crise económica á que a maioría dos mortais non lle vemos aínda saída. A cuestión é que as gañas de entroido estaban no ambiente e desembocaron nunhas das edicións máis participativas. Un exemplo foron os maiores dos Obradoiros da Memoria, que por vez primeira decidiron disfrazarse e participar no Concurso de Disfraces. Gañar non gañarían, pero os “soles de Brión” disfrutaron case tanto desfilando e actuando para o público no pavillón como elaborando os seus disfraces. Uns disfraces que ben puideran inspirar aos meniños da gardería, que fixeron un “desfile-reivindicativo” baixo a lenda: “primavera xa!”. Porque todos en Brión tiñan gañas de Entroido.

16 | Concello de Brión

Unhas gañas que culminaron os pequenos, pero que comezaron os seus mestres e tamén os seus pais e nais, quen colaboraron na elaboración dos disfraces. “É unha forma de colaborar, de traballar todos no mesmo sentido ao tempo que ves como traballan os mestres cos pequenos”, explica Araceli, unha das nais que se animou a recurtar as flores que levaban pega-

das os pequenos nos seus traxes. “Hai nenos que son máis abertos e outros menos. É importante que fagan estas actividades e que collan confianza con máis xente”, apunta Lorena. Mais o prato forte chegou o día do Concurso de Disfraces. Con tantos maiores disfrazados de soles, a Lorenzo non lle quedou máis remedio

que saír e propiciar o agardado desfile polas rúas de Pedrouzos, que se encheron con centos de persoas chegados de distintas partes de Galicia. Máis de seiscentas persoas disfrazadas, o que por momentos competíu co número de asistentes ao desfile e ao concurso. Porque notábase no ambiente que Brión necesitaba disfrutar un Entroido por todo o alto. Como así foi.


CULTURA E DEPORTES LETRAS GALEGAS 2014

Teatro, poesía, libros e contacontos conforman unha programación cultural para todas as idades O pintor Jesús Pereira Ríos “Suly” presentará unha mostra da súa obra na sala municipal de exposicións do 16 de maio ao 13 de xuño O Concello de Brión ten preparado un intenso programa de actividades para a conmemoración das Letras Galegas 2014, dedicadas á figura do poeta Xosé María Díaz Castro. Unha programación que inclúe contacontos, recitais de poesía, presentación de libros e representacións teatrais nas que participarán todos e cada un dos nenos e nenas escolarizados no municipio. Porén, a programación tamén inclúe actividades abertas a toda a veciñanza. E nada mellor para comezar a celebración deste ano que lembrar a figura das Letras Galegas de 2013: Roberto Vidal Bolaño. Por iso, o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, a sala de exposicións da Casa da Cultura acollerá a presentación do libro “Fóra de portas”, unha biografía de Vidal Bolaño realizada polo seu fillo Roi Vidal. Un día despois, o sábado 10 de maio, terá lugar a estrea da obra “As Lisímacas”, a cargo do Grupo de Teatro do IES de Brión. Esta adaptación da “Lisístrata” de Aristófanes poderá disfrutarse ás 20:00 horas no centro social polivalente. O venres 16 de maio, ás 20:30 horas, Jesús Pereira Ríos “Suly” inaugurará unha exposición de pintura que poderá visitarse na sala municipal de exposicións ata o 13 de xuño. E o domingo 18 de maio, ás 12:30 horas, Caramuxo teatro presentará “As fabas máxicas”, unha representación realizada en colaboración co programa FalaRedes da Xunta de Galicia. No que atinxe á programación dirixida aos escolares, todas elas terán lugar no auditorio do centro social polivalente. Tim Bowley e Charo Pita

darán o pistoletazo de saída o luns 12 de maio, ás 11:20 horas, coa obra “Dúas linguas, una historia”. Unha peza dirixida a alumnos e alumnas do IES de Brión e incluida no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia. O mércores 14 de maio, ás 12:00 horas, Santi Prego presentará “Contos da lúa” aos alumnos e alumnas de 2º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos. Larraitz Urruzola pechará esta primeira semana de actividades presentando “Babamor” o venres 16 de maio, ás 12:00 horas, diante dos alumnos e alumnas de 1º Ciclo de Primaria do colexio. O luns 19 de maio, ás 11:20 horas, Avelino González presentará “Contos literarios” aos alumnos e alumnas do IES de Brión; mentres que o mércores 21 de maio, o Grupo Ouriol dará un recital poético-musical, denominado “Nimbos”, con poemas de Xosé María Díaz Castro para rapaces e rapazas do IES de Brión. Ambas actividades conta coa colaboración do programa Ler conta moito. Para a terceira semana, Sarabela Teatro representará “O ovo máis bonito”, dirixido a rapaces e rapazas de 3º de Primaria o luns 26 de maio, ás 12:00 horas. O mércores 28 de maio, Trinketrinke Teatro presenta “Aventuras na cociña” tanto aos alumnos de Educación Infantil do Centro de Educación Infantil e Primaria de Pedrouzos (10:15 h.) como das Escolas de Luaña, Os Anxeles e Bastavales (12 h.). Por último, o venres 30 de maio, Migallas Teatro representará “Os contos do chupete”, dirixido aos meniños e meniñas da garderia municipal. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O Club Camaleón comeza a súa nova andaina en Brión cunha ducia de familias inscritas Esta actividade desenvolveranse durante os meses de marzo, abril e maio na Biblioteca Pública Municipal situada na Carballeira de Santa Minia. OS PAIS E NAIS TAMÉN SE INVOLUCRAN Aproveitando o bo tempo, o Club Camaleón mesmo sae á carballeira de Santa Minia a disfrtuar dos xogos. Uns xogos que, cando son superados polos pequenos, supoñen a entrega dunha pista para averiguar un misterio plantexado ao principio do xogo. Unhas pistas que “obrigan” aos pequenos e aos seus pais a xogar dende á pita cega ata decorarse as súas caras uns a outros. Por iso a escolla do camaleón coma mascota non podía ser máis axeitada pois, menos brancos, daló salen de todas as cores posibles. A ducia de familias que participa neste primeiro trimestre do Club Camaleón disfrutará das actividades durante os meses de marzo, abril e maio. Posteriormente, organizarase un segundo trimestre, no que podedes participar máis familias de Brión. O prezo total da actividade é de tan só 10 euros por trimestre o que, se botas a conta, supón pouco máis de euro e medio por sesión. Máis información na biblioteca municipal (981 50 99 69) ou na Casa da Cultura (981 50 99 08).

Se o camaleón é quen de cambiar de cor a vontade, salvo co branco, un club que o ten como mascota tamén debería ser quen de reinventarse sen problemas. E iso é o que está a pasar co Club Camaleón que, despois duns inicios prometedores e dunha longo etapa de reflexión no último semestre do ano pasado, volve agora con ánimos renovados co obxectivo de facerse un oco dentro da programación do ocio familiar en Brión. A segunda etapa do Club Camaleón comezou o pasado mes de marzo e basicamente se trata dun programa de animación á lectura para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos de idade pero cunha salvidade que o fai único: os pequenos participan na actividade acompañados dun adulto. Isto é así porque o Concello de Brión quere fomentar o ocio en familia. “Trátase dunha iniciativa nacida ao abeiro dos contacontos e dos obradoiros para decorar a sala infantil da biblioteca municipal de Brión e que agora rexurde con forma como actividade trimestral”, explica a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez. Así, os segundos e os cuartos venres de cada mes, en horario de 18:00 a 19:00 horas, a biblioteca municipal de Brión convértese no epicentro de variadas e divertidas actividades para os pequenos: xogos, contacontos, obradoiros... todos co obxectivo de fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Brión. Uns xogos, contacontos e obradoiros nos que tamén participan activamente os pais e nais dos pequenos, que interactúan cos seus fillos durante toda a actividade. 18 | Concello de Brión


CULTURA E DEPORTES ENCONTROS COA ARTE

Artistas galegos e cataláns irmandaranse este verán en Brión nunha edición especial dos Encontros coa Arte Autoridades de Castell-Platja D´Aro (Girona) e un grupo de artístas cataláns visitarán Brión os días 27, 28 e 29 de xuño con Brión que se traduciu na celebración do “Encontro de Arte. De l’Empordà a Galicia”, xornadas nas que una decena de artistas galegos participan xunto con catorce creadores cataláns nunha exposición colectiva celebrada na vila xerundense.

Do 27 ao 29 de xuño, Brión recibirá as autoridades de Castell-Platja d’Aro (Girona), que estarán acompañados por un grupo de artistas cataláns que este ano participarán no Encontro coa Arte. Dende 2006 o Departamento de Cultura do Concello de Brión organiza “Encontros coa Arte”, unas xornadas de convivencia e creación artística nas que participan artistas plásticos e escritores. Durante a súa celebración os creadores convidados participan en diferentes actividades: obradoiros de pintura do natural, conferencias, charlas e exposicións. A proxección dos “Encontros coa Arte” superou nas súas últimas edicións o ámbito municipal, para espertar a

atención doutras localidades por esta actividade. En 2013, a vila xerundense de CastellPlatja d’Aro interesouse en

formar parte do espírito dos encontros artísticos celebrados en Brión, asinando un convenio de colaboración

Os días 27, 28 e 29 de xuño será un grupo de artistas e autoridades cataláns os que visitarán Brión para participar nunha edición especial do Encontro coa Arte, onde se irmandará Galicia e Cataluña a través da arte. As xornadas constarán de obradoiros de pintura do natural en diversos lugares do municipio, charlas, concertos e una exposición colectiva que participarán artistas cataláns e galegos.

Brión homenaxea a Rosalía de Castro cun concerto e cunha mostra de fotografía A figura de Rosalía de Castro centrará a programación cultural de Brión nos vindeiros meses. Así, do 25 de abril ao 14 de maio a sala municipal de exposicións acollerá unha mostra de fotografía elaborada por alumnos do IES Virxe do Mar (Noia) composta por 30 imaxes e dous pirogravados en madeira.As imaxes conforman unha homenaxe ao 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, xa que ilustran fragmentos ou versos dos poemas escritos por Rosalía de Castro, ente os que non podía faltar “Campás de Bastavales”.

vizo da dignificación da nosa lingua, das mulleres e dos desfavorecidos nuns tempos nada propicios. O espectáculo conta coa participación de María Manuela, Xiana Lastra, Mini e Mero. A entrada é de balde, se ben é preciso reservala na Casa da Cultura (981 509 908) a partir do 16 de xuño.

Ademais, o venres 27 de xuño as 19 h. o centro social polivalente acollerá o concerto “A miña primeira Rosalía”, unha homenaxe a quen puxo a súa voz e a súa vida ao serRevista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES EXPOSICIÓN DE DIAZ PARDO NO INSTITUTO

O IES de Brión acolleu unha completa mostra sobre Isaac Díaz Pardo “Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso” é o título da exposición itinerante, promovida polo IES Nº 1 de Ordes, sobre a vida desta figura única da cultura galega. O IES Brión acolleu unha interesante e completa exposición sobre a vida e a obra dun dos máis importantes persoeiros da cultura galega do último século: Isaac Díaz Pardo. Unha mostra xurdida do esforzo de dúas profesoras do IES nº 1 de Ordes, Maka Arca Camba e Ana Mosquera, e que agora comeza a visitar outros institutos da provincia. “Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso” pretende contribuír a divulgar o traballo desta figura única da cultura galega, “a verdadeira cidade da cultura de Galicia”, segundo palabras de Maka Arca durante unha visita guiada á mostra, na que participaron medio cento de veciños e veciñas. Uns visitantes que, como guinda, tiveron tamén a sorte de que entre eles se atopaban dúas persoas que tiveron unha estreita relación con Díaz Pardo, como Xosé Vizoso, un dos principais deseñadores do Grupo Sargadelos; ou Charo Portela, coordinadora durante un longo período de Edicións do Castro. Deste xeito, a visita resultou máis interesante aínda. A exposición percorre toda a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, sempre impregnada por un inmenso amor e compromiso coa nosa terra ata a súa morte o 5 de xaneiro de 2012. Comeza coa súa infancia e adolescencia presentando a un neno criado nos valores culturais, ideolóxicos e artísticos da República que ve como todas as súas ilusións e soños dese período escachan en xullo de 1936 co golpe militar e o drama da Guerra Civil. A partir de aí, tivo que ir facendo fronte á vida como puido pero eses anos da nenez deixaron nel unha marca indeleble que sempre alentou nel o desexo de mudar a sociedade 20 | Concello de Brión

galega. Contando coa colaboración de personalidades creadoras como a de Luís Seoane, fixo posible a proposta cultural privada máis importante e transcendental feita en Galicia despois do ano 1936. Como recoñecemento á súa traxectoria recibiu numerosos premios e distincións pero, nos seus últimos anos, tivo que ver como a labor de toda unha vida se ven abaixo polo afán mercantilista dos seus “leais socios” que o arredan do control das empresas que el creara. A avalancha de actos de homenaxe e adhesión que seguiron a estes feitos non foron suficientes para compensalo do dano que lle fixeran algunhas das persoas nas que confiara. O 5 de xaneiro de 2012 morre Díaz Pardo deixando unha extensa obra como pintor, debuxante, deseñador de carteis, escritor, escenógrafo, deseñador, promotor de industrias e institucións culturais... pero sobre todo o exemplo da súa vida, unha auténtica torre de ética e estética.


HISTORIAS DE BRIÓN

Hai cen anos, a Grande Guerra

Submariño alemán na ría de Vigo durante a I Guerra Mundial

q

Para agosto, cumpriranse cen anos do inicio da I Guerra Mundial, que tamén pasou á historia co nome de Grande Guerra; alomenos, así lle chamaban ata que veu a II Guerra Mundial, que foi moito máis grande, máis terrible, máis mortífera e máis devastadora cá Primeira. Nesta guerra loitaron durante catro anos, dunha banda, as nacións de Europa central (Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria) e Turquía, aos que se lles sumou o Xapón e, da outra, os chamados Países Aliados (Francia, Inglaterra, Italia, Portugal, Rusia e os Estados Unidos). Nela mobilizáronse máis de 70 millóns de soldados, dos que 15 millóns morreron nas frontes de batalla. Por se isto fora pouco, o ano 1918, cando remataba a guerra, presenteouse a epidemia de gripe que recibiu o nome de “española” e levou por diante a preto de cen millóns de persoas en todo o mundo. España declarouse neutral neste conflito e non partidicipou directamente na guerra, pero os seus efectos deixáronse sentir maiormente na economía do noso país, nalgúns aspectos para ben, pois España converteuse no principal exportador do bando aliado. Galicia enviou aos países en guerra sobre do todo conservas, pero tamén toda clase de alimentos e outras provisións. De feito, durante os anos da guerra, os produtos da campo experimentaron un incremento considerable de prezo. Nunha famosa obra de teatro de ambiente campesiño que se estreara naqueles anos (“O Fidalgo”, de Xesús Sanluís Romero) dicíase: “... é unha milleira / con tanto que val o gando, / as fabas, o millo, todo. / Non veu mal a guerra... / Prós labregos trouxo cartos.” Galicia foi escenario significativo da Primeira Guerra Mundial. Curiosamente, a primeira acción bélica que realizou Inglaterra ao declararlle a guerra a Alemaña foi cortar o cable telegráfico submariño de Vigo á cidade alemana de Emden. Pola costa galega circulaba boa parte do transporte marítimo que abastecía ós aliados e que os alemáns trataban de interceptar cunha frota de submariños que operaban ao abrigo das nosas rías. Estes submariños estaban empezando a empregarse en accións de guerra e tiñan

moi pouca autonomía para manexarse; por iso operaban proximos á costa desde onde se abastecían e tiñan montada unha densa rede de espionaxe nas poboacións mariñeiras. Os submariños alemáns que operaban na costa galega (os famosos U-Boot) foron un auténtico pesadelo para os barcos de subministración dos aliados. Hai contabilizados máis de 120 barcos dos aliados que foron afundidos polos submariños alemáns nas costas de Galicia. Nestes barcos mercantes circulaban as mercadurías que España lles vendía aos aliados e boa parte dos barcos e das súas tripulacións eran do noso país. De feito, algúns investigadores calcularon que España perdeu a mans dos submariños alemáns o dezaseis por cento da súa frota mercante. Por aquel tempo, Brión vivía alleo á Guerra, tanto que na documentación do Concello só atopamos unha curiosa referencia a ella no ano 1616 nun acordo do Pleno solicitándolle ao Consello de Ministros a concesión da Gran Cruz de Beneficencia ao rey Alfonso XIII “... por los magnánimos sentimientos ... puestos en práctica por nuestro Soberano Monarca, intecediendo en favor de los condenados e muerte y cautiverio, con motivo de la guerra presente entre diversos estados de Europa”. As terras de Brión estaban vivindo un dos momentos máis prósperos da súa historia. Coincidindo co aumento de prezos dos produtos agrarios, base da economía da comarca, acababa de poñerse en marcha a feira de Pedrouzos, construírase a nova casa do Concello e estaba en plena expansión o Balneario do Tremo (no ano 1915, recibiu unha sanción administrativa por carecer as súas augas da preceptiva declaración de utilidade pública). Por aqueles anos, estábase abrindo a estrada que ia dende A Gándara a Picaraña. A emigración de brioneses a América concentrábase nun 90 % en Arxentina e Cuba. Hai un acordo municipal de febreiro de 1914, manifestándose en contra da emigración e solicitándolle ao Goberno que poña en circulación dous vapores que fagan escala en Bos Aires, Montevideo e Río de Xaneiro para repatriar gratuítamente aos emigrantes fracasados. Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

EXPOSICIÓN CAMINALIA Arredor dun cento de veciños e compañeiros da Asociación Galega de Arte e Cultura abarrotaron a sala de exposicións de Brión na inauguración da mostra “As vivencias do Camiño. Caminalia” do compostelan Manuel Nietto. Segundo palabras o artista “esta é unha exposcion de sensacións e sentimentos. Caminalia non é unha representación figurativa do Camiño, senón que é unha desculpa para ir mais aló” destacando que “sempre quixen facer algo que tivera como fondo o Camiño, e sobre todo, as persoas que o fan...”

SEMANA DA MÚSICA NA GARDERÍA Os nenos e nenas da gardería municipal de Brión celebraron do 3 ao 7 de febreiro a Semana da Música, cinco días nos que os pequenos se achegaron aos distintos instrumentos musicais grazas á colaboración de familiares e amigos da escola infantil. “O obxectivo é iniciar aos pequenos no gusto á música grazas á colaboración de xente especializada, que teñen ou tiveron aos seus nenos na gardería e que colaboran desinteresadamente connosco”, explica Dolores Campos, directora da escola infantil municipal de Brión.

PACO CASAL NA SALA DE EXPOSICIÓNS Preto de cen persoas acompañaron no serán do venres ao pintor Paco Casal durante a inauguración da exposición “Recunchos de soños e realidades”. Unha mostra que reúne un total de 22 obras deste pintor, nado en Ferrol pero afincado en Aguiño (Ribeira), e que poderá ser visitada na sala municipal de exposicións de Brión ata o próximo 11 de abril. O alcalde de Brión, José Luís García, agradeceu a primeira visita de Paco Casal a Brión e volveu destacar “o importante foco cultural no que se converteu esta sala de exposicións, pola que mes tras mes pasan distintas exposicións que fan máis grande este pobo”.

OS TÍTERES DE KUKAS Os monicreques de Kukas volveron a visitar Brión, nesta ocasión da man da obra “Xan Perillán compra queixo, compra pan”. Esta vez, se cabe foi mais especial, xa que era a presentación “mundial” desta obra. O auditorio do Centro Social Polivalente de Brión quedou pequeno gracias os milleiros de cativos e cativas, asi como dos seus pais e nais, que puideron disfrutar desta maravillosa representación. Cabe salientar que a cita tiña outro motivo de fondo, a celebración do Día mundial do consumidor que se celebrou ese mesmo día, o 15 de Marzo.

22 | Concello de Brión


ULTIMA Pテ々INA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


28

anos

PREOCUPACIÓN POLO MEDIO AMBIENTE O parque municipal de Pedrouzos (Brión) ten quince novos freixos e un piñeiro, unhas árbores recentemente plantadas pola Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO, que fai xa catro anos optou por organizar esta actividade para converter este parque nunha arboleda con exemplares de especies autóctonas. Na plantación participaron varias familias do concello. Os seus membros de mais idade asumiron o traballo de facer os buratos e os mais pequenos botaron unha man procedendo a plantación dos árbores. Esta nova actuación serviu para repor árbores mortas de anteriores plantacións, porque non todos sobreviven, a pesar dos moitos coidados que reciben ao longo do ano da man de numerosos socios de O ESQUIO NO PIÑEIRO.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.