109 - ALTAMIRA Nº 109

Page 1

COVID-19: Brión afronta a segunda onda da pandemia cun índice de contaxios moi baixo PÁX. 4

GES de Brión: 24 horas e 365 días ofrecendo os seus servizos a veciñanza PÁX. 7

Altamira

Nº 109 - DECEMBRO 2020 - ANO XXXV

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Que non se apague a luz do Nadal NADAL

Os Reis Magos visitarán todas as parroquias do Concello nun autobús de época

PÁX. 17

ENTREVISTA

PABLO LAGO SANMARTÍN, alcalde de Brión “quero facelo o mellor posible, é a miña maneira de ser” PÁXs. 12 a 13


Imaxe destacada

Altamira

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN DEPÓSITO LEGAL: C-827-85 EDITA: Concello de Brión REDACCIÓN, DESEÑO E MAQUETACIÓN: Concello de Brión e Nós Comunicación FOTOGRAFÍAS: Arquivo Municipal e Nós Comunicación IMPRIME: Artes Gráficas Alonso

Para conmemorar o o Día Mundial da Diabetes, o pasado día 14 de novembro, a casa consistorial iluminouse de cor azul para concienciar a veciñanza das casusas, síntomas, complicacions e tratamento desta grave afeción, que se encontra en constante aumento en todo o mundo. O Día Munidal da Diabetes é a campaña de concienciaición sobre a diabetes mais importante e foi instaurada en 1991, como resposta ao aumento de casos no mundo.

Enderezos “Que non se apague a luz do Nadal” é o noso desexo e, como tal, levámolo á portada deste derradeiro número de Altamira de 2020, un ano cheo de adversidades e que todos e todas estamos desexando deixar atrás o antes posible. Sabemos que estas van ser unhas festas diferentes para todos e todas, pero temos que facer un esforzo máis por seguir as recomendacións sanitarias e evitar que se produzan máis contaxios e mortes. Mais iso non significa que non poidamos desfrutar do Nadal. Así, dende o Concello presentámosche un completo programa de actividades, incluída unha visita de Reis polas parroquias o 5 de xaneiro. Polo demais, a revista fai repaso da actualidade municipal, co anunciado relevo na Alcaldía e tamén coa boa marcha do espazo colaborativo de Montebalado. De feito, anímote a achegarte por aló e participar, ben como consumidor/a, ben como produtor/a. Non te arrepentirás. Espero que desfrutes desta lectura, do segundo volume do “Brión en Fotos” e que ti e a túa familia teñades un Bo Nadal e un próspero 2021!!!.

PABLO LAGO SANMARTÍN Alcalde do Concello de Brión

2 Concello de Brión

BIBLIOTECA MUNICIPAL Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Brión Tel./Fax.: 981 50 99 69

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B. Avda. Santa Minia, Nº 53 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 30

CASA DA CULTURA Carballeira de Santa Minia, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 08

GARDA CIVIL Rúa das Pedriñas, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 11

CASA DO CONCELLO Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 // Fax.: 981 88 74 31

IES BRIÓN Rúa Paseo de Pedrouzos, nº 3 15856 - Brión TEL.: 881 866 058 // FAX.: 881 866 074

CEIP PEDROUZOS Rúa Paseo de Pedrouzos, nº 5 15865 - Brión Tel.: 881 866 078 // Fax.: 881 866 086

OFICINA DE URBANISMO Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 // Fax.: 981 88 74 31

CENTRO DE SAUDE Rúa das Pedriñas, nº 3 15865 - Brión Tels.: 981 88 77 01 // 981 88 77 02

PISCINA CUBERTA MUNICIPAL Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 981 88 73 46

CENTRO SOCIAL POLIVALENTE Avda. de Santa Minia, nº 46 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 10 // Fax.: 981 50 99 78

POLICÍA LOCAL Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Brión Tel.: 981 89 34 74 // Fax.: 981 88 74 31

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL Agro Novo, nº 125 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 77 42

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 981 88 76 53

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA Avda. de Santa Minia, nº 70 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 03

SERVIZO DE AUGAS Urb. Agro Novo, nº 126 Baixo 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 78 51

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. Avda. dos Ánxeles, nº 36 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 72 01

SERVIZO DE EMERXENCIAS Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 629 87 15 42 // Fax.: 981 88 75 23

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. Sabaxáns, Nº 57 15280 - Bastavales Tel.: 981 88 88 36

XULGADO DE PAZ Rúa das Pedriñas, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 88 72 71


Reportaxe

Pablo Lago toma posesión como alcalde cun único obxectivo: “mellorar a calidade de vida da xente de Brión” Nova organización do grupo de Goberno

No primeiro pleno trala toma de posesión como alcalde, Pablo Lago deu conta da reestruturación das competencias municipais:

Pablo Lago Sanmartín foi elixido polo Pleno municipal como alcalde de Brión, o segundo que coñece o municipio despois dos 41 anos de goberno de José Luís García, quen renunciou ao cargo o pasado 3 de setembro por motivos persoais. Pablo Lago tomou posesión como alcalde grazas aos 7 votos do grupo socialista e as 5 abstencións dos grupos municipais do PP e do BNG. Nunha elegante actitude, tanto PP como BNG renunciaron a presentar candidatura nin fixeron uso da palabra, cedéndolle o protagonismo ao novo primeiro edil de Brión, quen recibiu o bastón de mando da man de Rosa Romero. Lago comezou dándolle as grazas José Luís García, “a quen teño a honra de suceder neste posto. Notade que digo suceder e non substituír, xa que penso que o traballo que fixo José Luís por Brión e polos seus veciños e veciñas durante os últimos 41 anos é insubstituíble e non ten comparación posible”. Neste sentido, comprometeuse a “poñer todo o meu esforzo e traballo polo ben de toda a xente de Brión”. Acto seguido, tendeu a man a todos os grupos municipais: “eu quero ser o alcalde de todos e cada un dos veciños e veciñas

de Brión. Dos que nos deron o seu apoio nas últimas eleccións, pero tamén dos que se decantaron por outra lista ou que non foron votar. Por iso, dende hoxe mesmo fago un sincero chamamento ao diálogo a todos os grupos municipais para seguir traballando polo ben de Brión”. Así mesmo, destacou o apoio dos concelleiros e concelleiras do PSOE porque “sen vós sería imposible sacar isto adiante. Sei que sodes xente honrada, preparada, traballadora e, por riba de todo, boas persoas. Coñezo a vosa implicación e as vosas gañas de traballar por esta terra. Conto con todos e cada un de vós. Xuntos seguiremos facendo moitas cousas boas pola veciñanza de Brión”. Finalmente, Lago Sanmartín dirixiuse aos traballadores e traballadoras do Concello. “Son consciente de que conto cun fantástico grupo de profesionais, que tendes demostrado o voso compromiso con Brión en moitas ocasións. Pero o que fixestes polos veciños e veciñas durante estes meses de confinamento e desescalada é digno de aplaudir. Foi un exemplo de esforzo, traballo e entrega para conseguir que ningunha familia de Brión puidera quedar desatendida. Por iso, no seu nome, grazas”, apuntou.

Carlos Noya, 1º tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural e Obras Públicas. Sandy Cebral, 2º tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Deportes, Biblioteca Municipal e Actividades Extraescolares e Música. Rosa Romero, 3º tenente de alcalde e concelleira de Política Social, Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Maiores. José Luís Sampedro, 4º tenente de alcalde e concelleiro de Limpeza Pública, Seguridade Cidadá, Protección Civil, Policía Local e Festas. Yolanda Bouzas, concelleira de Patrimonio e Turismo. Guarina Rey, concelleira de Novas Tecnoloxías e Emprego e Politica Económica. Carmen Touceda, concelleira de Mobilidade, Limpeza Pública e Recollida de Lixo. O pleno aprobou, co voto a favor de PSOE e PP e coa abstención do BNG, unha dedicación de 45.000€ brutos/ano para o alcalde e unha dedicación parcial de 14.000€ brutos/ano para a concelleira de Cultura. Desaparece a dedicación especial para o persoal de confianza. Así mesmo, aprobouse establecer en 125€ as contías por asistencias á Xunta de Goberno Local. O resto de asistencias mantéñense nas cifras aprobadas en 2019: 100€ (cantidade que non cobrarán os membros con dedicación). O alcalde delegou na concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, a celebración de matrimonios civís. A corporación tomou coñecemento de que o grupo municipal do PSOE cambia de voceiro, que será Pablo Lago, mantendo como suplente a Sandy Cebral. Así mesmo, deuse conta dos cambios de concelleiros socialistas nas dúas comisións informativas, así como da súa presidencia, que será asumida por Pablo Lago. Xunta de Goberno Local: Pablo Lago, Carlos Noya, Sandy Cebral, María Rosa Romero, José Luis Sampedro Comisión informativa Especial de Contas: Pablo Lago (PSdeG-PSOE), José Luis Sampedro (PSdeG-PSOE), María Carmen Touceda (PSdeG-PSOE), María Guarina Rey (PSdeG-PSOE), Natalia Fariña (P.P.), Xosé Luis Penas (B.N.G.) Comisión informativa de Servizos: Pablo Lago (PSdeG-PSOE), José Luis Sampedro (PSdeG-PSOE), María Guarina Rey (PSdeG-PSOE), Carlos Noya (PSdeG-PSOE), Natalia Fariña (P.P.), Tito Souto (B.N.G.) No que atinxe ao nomeamento dos representantes nos órganos colexiados, Pablo Lago representará a Brión na Xunta de Goberno e na Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza, na Mancomunidade de Santiago, no Consorcio Galego de Benestar e no GDR Terras de Compostela. Pola súa banda, Sandy Cebral mantén a representación nos Consellos Escolares do CEIP de Pedrouzos, o IES Brión e as escolas unitarias de Bastavales e Os Ánxeles; e a concelleira Yolanda Bouzas será a representante no Fondo Galego para a Solidariedade.

Revista Altamira 3


Actualidade

Brión afronta a segunda onda da Covid-19 O Concello achega 4.000 € mensuais para garantir a prestación do servizo de comedor á rapazada do CEIP de Pedrouzos A temida segunda onda do coronavirus covid-19 continúa condicionando as vidas de todas as persoas do planeta. Se ben a fortaleza do sector sanitario impediu ata o momento a volta ao confinamento, o certo é que os veciños e veciñas de Brión levamos meses tratando de lidiar cunha nova normalidade que supuxo moitos cambios en moitos ámbitos das nosas vidas. Ademais das iniciativas detalladas no apartado de Servizos Sociais, o ensino foi un dos puntos de maior conflitividade. E é que esta segunda onda supuxo a aplicación duns estritos protocolos nos centros educativos. Non falamos da desaparición da unitaria da Luaña, eliminada pese ás críticas de toda a comunidade educativa e porque,

despois de 88 anos de historia, lle faltaba un único alumno ou alumna co que cubrir o cupo mínimo esixido. Falamos que a estrita aplicación do protocolo por parte da Xunta deixaba sen dereito a comedor escolar á metade do alumnado. A razón? Que os monitores tiñan que ser os proxenitores ou familiares convivintes co alumnado, un requisito imposible de cumprir para a ANPA. Pero, despois de moitas negociacións coa Consellería, que cando menos desta vez non deu a calada por resposta, conseguiuse chegar a un acordo polo que o Concello asumirá o gasto da incorporación de 12 monitores para garantir o acceso ao servizo de comedor a todo o alumnado que o solicitou no CEIP de Pedrouzos.

Paralización das actividades Unha conciliación para a que recibiron a axuda municipal: en verán cuns obradoiros gratuítos para aquelas familias que non tiñan outra opción para conciliar e agora no Nadal cuns campamentos no centro comercial Montebalado. Porén, as que tiveron que suspenderse ata que mellore a situación sanitaria son as actividades culturais e deportivas municipais, tanto de crianzas como de adultos e maiores. Sandy Cebral, concelleira de Cultura, ven de explicar que “a decisión de paralizalas foi planteada polos técnicos municipais porque se estaban programando diferentes actividades no mesmo espazo e para distintas idades, o que podía supoñer un risco. Puxemos o 1 de xaneiro como data posible pero agora xa non manexamos ningunha data máis aló de cando a situación sanitaria así o permita. Ata entón non vemos seguro comezar con elas”. Quen non parou neste tempo foi a cultura, se ben houbo actividades como o Altamira Brilla en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Ames que tiveron que ser adiadas a 2021. O Departamento de Cultura, en contacto permanente con representantes do sector cultural brionés, optaron por unha programación diferente: con espectáculos de pequeno formato, con aforos reducidos, reserva de praza e cumprimento dos protocolos máis estritos contra a Covid-19. As distintas actuacións programadas pola biblioteca municipal, as funcións teatrais no polivalente ou espectáculos como Brión Inclúe ou o DelasFest, detallados nesta mesma Altamira, son boa proba de que #aculturanonpara. 4 Concello de Brión

A concelleira de Ensino, Sandy Cebral, explica que “dende o Concello nos faremos cargo da contratación destas doce persoas, todas elas coa titulación de monitor de tempo libre, mentres dure a situación especial motivada pola pandemia da Covid-19 ou ata que se reúnan unha ducia de voluntarios entre os pais e nais do alumnado, algo

que vemos máis complicado. Trátase dun gasto que supera os 4.000 euros ao mes, que pensamos que non lle correspondía asumir ao Concello pero que o facemos nun exercicio de responsabilidade e porque sabemos que é o que neste momento necesitan as familias de Brión para poder conciliar a vida laboral e familiar”.

Garantir a cobertura das necesidades básicas, obxectivo principal dos Servizos Sociais Xestionáronse máis dun cento de axudas para o pagamento de alugueiros e subministros Dende que se decretou o estado de alarma, os Servizos Sociais Municipais de Brión realizaron varios centos de actuacións de información e xestión directa de axudas de emerxencia para atender a cobertura das necesidades básicas da poboación: banco de alimentos, axudas económicas directas, tarxetas moedeiro, ingreso mínimo vital e outras iniciativas para axudar ás familias máis necesitadas do municipio e tamén a aquelas persoas que, pola crise da Covid-19, quedaban nunha situación vulnerable. Unhas actuacións ás que hai que engadir máis dun cento de iniciativas de información e xestión directa de axudas para o pago de alugueres e subministros; así como a edición, posta a disposición e actualización continua da información de interese para persoas autónomas, afectadas por ERTES, prestacións por desemprego, moratorias hipotecarias... ademais de colaborar no retorno á nova normalidade. Se durante o confinamento se xestionaron distintos recursos para as familias para compensarlles pola perda de servizos que non estaban operativos daquela (como centros de día, comedores, colexios ou garderías), agora continúase traballando na especialización do seguimento domiciliario e apoio a vítimas da violencia de xénero.


Actualidade

Brión achégase ás 8.000 persoas empadroadas A pandemia da Covid-19 que estamos a sufrír está a producir un curioso efecto en moitos municipios de Galicia: o forte incremento que están a rexistrar os empadroamentos. Concretamente no Concello de Brión, ata o mes de decembro contabilizábanse 86 novas altas, o que eleva a nosa poboación oficial ata os 7.923 habitantes Unha situación que se repite en moitos municipios galegos, sobre todo nos de tamaño medio e baixo. As razóns destes incrementos son tan variadas como casos hai. Algúns vencellan este crecemento coas posibilidades que ofrece o teletraballo para evitar estar nunha zona con maiores niveis de contaxio. Outros son xente que quedou sen emprego ou están en ERTE, polo que decidiron regresar á vila e acceder aos distintos servizos que ofrecen os Concellos de menor tamaño. Sexa como sexa, o certo é que o Concello de Brión toma boa nota da situación e vai iniciar unha campaña de promoción do empadroamento no municipio, co obxecto de superar xa a tan ansiada barreira dos 8.000 habitantes. De seguro que neste 2021 o conseguiremos.

Un total de 83 microempresas e autónomos solicitan as axudas do PEL-Reactiva A Deputación da Coruña e Concello de Brión achegan máis de 95.000 euros Un total de 82 microempresas e persoas autónomas de Brión solicitaron ás axudas convocadas polo Concello de Brión, adherido ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (PEL Reactiva). Unha axudas que teñen como obxectivo impulsar a actividade económica e o emprego nos termo municipal, así como contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19 na economía local. A contía destinada a estas axudas é de 95.714,7 euros, dos que a Deputación Provincial da Coruña achega 76.571,76 euros (80%) e o Concello de Brión aporta 19.142,94 euros (20%).

As subvencións oscilarán entre os 1.500 euros para persoas traballadoras por conta propia sen traballadores/as ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as. Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de paneis de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.

Revista Altamira 5


Actualidade

Natalia e Lina realizaron a súa actuación nas paredes co campo de fútbol municipal de Brión

Murais reivindicativos en Brión e Bastavales A arte urbana chegou a Brión... e por partida tripla. As paredes do campo municipal de fútbol de Brión e unha vivenda en Bastavales foron os lenzos elixidos para dar a coñecer reivindicacións sobre feminismo e dereitos sociais. Así, no marco do DelasFest, festival feminista de arte urbana e contextual, os muros do campo de fútbol convertéronse no lenzo para dúas actuacións. A primeira delas, “Por min, que chova!”, estivo protagonizada polo Dúo Amazonas, integrado polas artistas latinoamerica-

nas Natalia Andreoli e Lina Castellanos. Un fermoso mural para honrar o rol feminino nos oficios manuais e artesanais do nos rural, cuxo centro está protagonizado pola laboriosa confección dunha caroza, a tradicional protección invernal galega. Algo que compartiron co alumnado das escolas de música e baile tradicional de Brión e os maiores dos Obradoiros de Mente Activa. Días despois, as persoas que participaron no obradoiro de introdución ao muralismo do DelasFest fixo a súa homenaxe á Raíña Lupa, tamén no campo de fútbol.

Art for Dent E os que tamén usan o muralismo, e a arte en xeral, para loitar contra unha enfermidade rara é a familia de Hugo Yañez. Unha familia de Bastavales que continúa realizando iniciativas para dar visibilidade á enfermidade de Dent. O seu proxecto “Art for Dent” está calando en toda a sociedade, onde moitos levan as camisetas, mascarillas, e tazas solidarias que vende en liña Rei Zentolo e presencialmente nalgúns establecementos de Brión e Santiago, estampadas cun dos seus cadros “Rallo”. O pasado mes de outubro deron un paso adiante co primeiro mural de “Rallo” nunha vivenda de Bastavales, propiedade de Andrea e Rafael. Un paso máis para seguir dando visibilidade á enfermidade de Dent na que contaron coa colaboración de Grúas Estación, Procolor e o Concello de Brión.

O estanco A Cava dos Ánxeles situado moi preto da Gasolinera ven de convertirse en punto de venta oficial onde poden atoparse os productos solidarios para axudar a Hugo

6 Concello de Brión


Actualidade

O GES de Brión renova os seus uniformes co gallo do seu 23 aniversario Doce persoas prestan servizo as 24 horas do día, os 365 días do ano

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión cumpre os seus 23 anos renovando os seus uniformes e prendas técnicas da máxima calidade, que garanten a limpeza dos equipos e dos profesionais. Algo ao que tamén axuda o canón de ozono adquirido durante o confinamento, especialmente útil á hora de descontaminar as prendas e os equipos despois de participar na extinción dun lume.

Durante 2019 realizaron 867 intervencións de diverso tipo. Desde rescate de animais e retirada de niños de velutina, ata actuacións en lumes urbanos e forestais e accidentes de todo tipo. Uns servizos que durante esta pandemia e, sobre todo, durante o confinamento se dispararon e diversificaron, incluíndo a limpeza e desinfección de todas as aldeas do municipio e dos puntos de maior encontro de veciños ou a recollida do material doado por Na actualidade, o GES de Brión- empresas e entidades. conta cunha plantilla formada por doce persoas, que traballan Dirixidos por Jorge Fernández en quendas de tres persoas desde hai un ano, o GES conta cada unha para que o servizo cunhas modernas instalacións estea dispoñible as 24 horas do a carón da AG-56 e cunha pickdía e os 365 días do ano non só up totalmente equipada e unha en Brión, onde está a súa sede, bomba urbana lixeira (BUL), cun senón tamén nos municipios equipamento equiparable aos linmítrofes de Ames, Negreira, vehículos dun parque comarcal Noia e Lousame. de bombeiros.

Unha das últimas actuacións dos membros do GES de Brión, o pasado mes de novembro, nun accidente con catro feridos leves a altura de A Barquiña no Concello de Noia

Revista Altamira 7


Actualidade

O Concello investirá 950.000 euros na mellora de once estradas do municipio O proxecto será incluído nos orzamentos de 2021 e executarase durante o próximo verán

O Pleno municipal aprobou o expediente de modificación de créditos 13/2020, por un importe de 950.686 euros, para financiar a execución do proxecto “Camiño de Amañecida ata Graña e outros”. Trátase dunha iniciativa que inclúe melloras en 11 camiños municipais de Brión e que será incluída nos orzamentos municipais de 2021. Este proxecto inclúe a reparación de fochas e mellora do firme dos camiños de Amañecida ata Graña (de 3,5 km), do camiño da estrada xeral en Gundín ata Saíme, pasando por Cabanas e Gontade (1,7 km na parroquia dos Ánxeles), camiño travesía de Liñares-Casal ata Tembra-Cantelar (1,5 km na

parroquia de Boullón) e dous camiños na parroquia de Bastavales: da estrada AC-300 ao Santo Arandel e o límite con Teo (1,7 km) e da estrada xeral ata o cruce da estrada da Deputación (2,1 km). Melloraranse así os pavimentos nas urbanizacións Monte Devesa, Agro Novo e Monte Balado, así como na rúa Inxerido, na parroquia dos Ánxeles, que suman unha superficie de máis de 25.000 metros cadrados. Complétase o cadro inversor coa creación dunha plataforma elevada no acceso ao CEIP Pedrouzos e ao IES Brión, así como a mellora dos camiños de Valiño a Saíme (1,17 km) e da AC-300 ata os accesos a Guisande.

Obrigas da Lei Incendios Un ano mais lembramos que as persoas propietarias de pacelas no termo municipal teñen as seguintes obrigas: - Xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50m perimetrais: a - Ao solo urbano de núcleo rural e urbanizable (recordamos que hai que limpar tamén a maleza) b - Arredor das edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineras situados a menos de 400m do monte. c- Arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400m. do monte. - Retirar piñeiros, eucaliptos, mimosa, acacia, etc... que estean situados a menos de 50m. dos solos e edificacións indicados no punto anterior. Estas limpezas deberán ser realizadas cada ano antes do 31 de maio

8 Concello de Brión

Case 550.000 euros investidos en camiños, limpeza de aldeas e eficiencia enerxética Nos próximos meses investiranse 200.000 euros en melloras nas beirarrúas e redes de abastecemento e saneamento O Concello de Brión leva case 550.000 euros investidos en melloras de camiños, limpeza de aldeas e proxectos de mellora da eficiencia enerxética durante o último cuadrimestre de 2020. Así, a brigada municipal de obras acometeu o mantemento e mellora dos accesos ás aldeas de Mato e Busto de Frades, así como a mellora de varios camiños en Vilar e Ons por un importe de máis de 146.000 euros. De feito, a brigada municipal leva estes meses facendo fincapé na limpeza das nosas aldeas, o que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros na limpeza de Casaldoeiro, Xinzo, Vioxo de Abaixo, Vioxo de Arriba, Guitiande, Piñeiros, Mourentáns, Tembra, Boaventura, Casal, Torre, Graña, Salaño Grande e Salaño Pequeno. Unhas obras que se completaron coa execución do proxecto de mellora de camiños municipais 2020-2021 promovido polo Concello e financiado con máis de 40.000 euros polo Agader para mellorar os accesos a parcelas agrícolas. Así mesmo, rematáronse dous proxectos de mellora da eficiencia enerxética nas torretas de alumeado do campo de fútbol de Brión (36.590 euros) e da renovación do alumeado público nos Ánxeles e Brión (245.994 euros). De cara aos próximos meses, o Concello ten previsto investir outros 22.000 euros na insonorización da escola municipal de música e na instalación dun salvaescaleiras na biblioteca municipal. Así mesmo, a través da brigada de obras está prevista a execución de tres proxectos: unha mellora das beirarrúas en todo o municipio (53.562 euros), o mantemento e mellora das redes de abstecemento e saneamento (146.774 euros) e un proxecto de 115.846 euros para a mellora dos accesos ás aldeas de Trasouteiro, Brión de Arriba e Saíme, así como dun camiño en Espiñeiros.


Actualidade

Cen mulleres formaranse a través dunha nova edición do programa InserAmes Brión Nos sectores socio sanitario, comercial e de atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería e manexo de maquinaria

Esta formación orientarase ao traballo nos sectores socio sanitario, comercial e de atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería e manexo de maquinaria. Ademais, as participantes recibirán formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de emprego, marca persoal, comunicación, habilidades sociais e intelixencia emocional e emprendemento. Tamén contarán con titorías que as acompañarán á hora de buscar emprego.

comarca. Ademais impartirase, como formación homologada, o certificado de profesionalidade de “Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” e as participantes disporán dunha plataforma de teleformación cun amplo catálogo de cursos clasificados por familias profesionais e dos que poderán facer totalmente en liña e coa flexibilidade que implica esta modalidade.

INSERCIÓN DO 40%

A edición 2019-20 do Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión, que deu comezo en outubro de 2019 e remataba inicialmente en outubro de 2020, continúa en marcha dado que ampliou o seu período de execución para completar as actividades que non se puideron executar no período do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria. A nova data de finalización é o 31 de xaneiro de 2021.

A EDICIÓN 2019/20 CONTINÚA

Xusto antes de pecharse esta edición de “Altamira” tivo lugar o proceso de selección das alumnas, polo que o programa comezará a desenvolverse nas vindeiras semanas e rematará en novembro do 2021. O obxectivo de inserción fixado para esta edición é do 40% das mulleres participantes, o cal supón un reto dadas as circunstancias do mercado laboral actual debido a situación producida pola crise sanitaria. Este programa está dirixido a 100 persoas desempregadas, Para conseguir este obxectivo, das que 85 son menores de 30 as participantes recibirán forma- anos e 15 maiores de 45. Ao fición teórica especializada con nalizar o programa teranse realiprácticas en empresas, elixindo zado un total de 23 accións fora que máis se adapte aos seus mativas presenciais. Ademais, intereses de entre diferentes outras 55 persoas realizarán itinerarios formativos propos- prácticas grazas aos convenios tos, deseñados de acordo coas de colaboración asinados con oportunidades laborais da nosa empresas da comarca.

Visita ás obras do obradoiro de emprego dual Renova Ames-Brión III Os alcaldes de Ames e Brión, Xosé Miñones e Pablo Lago, e os axentes de Desenvolvemento Local de ambos concellos comprobaron sobre o terreo as vantaxes enerxéticas que obteñen varias instalacións municipais despois das obras realizadas polos alumnos/as-traballadores/as do obradoiro de Emprego Renova Ames-Brión III. É o caso das instalacións deportivas do pavillón de deportes de Brión, ao que as obras permitiranlle un mellor nivel de autoabastecemento eléctrico; o campo de fútbol de Bertamiráns, onde se instalaron paneis de produción eléctrica para autoabastecemento dos vestiarios; e o pavillón polideportivo de Bertamiráns, ao que se lle dotou de paneis fotovoltaicos para a produción de auga quente e sanitaria. Ademais, no propio Centro de Formación de Aldea Nova se instalaron paneis para consumo eléctrico propio. Malia a parada obrigada dos meses de confinamento, o alumnado-traballador do obradoiro de Emprego Renova AmesBrión III rematou con todas as obras previstas no proxecto inicial. Nesta ocasión a formación e a práctica consistiron na montaxe e mantemento de instalacións fotovoltaicas e o alumnado fixo actuacións de mellora na Escola Infantil de Brión, nos campos de fútbol de Bertamiráns e do Milladoiro, nos pavillóns polideportivos de Bertamiráns e de Brión, na Casa a Cultura de Milladoiro e no propio Centro de Formación de Aldea Nova onde se imparten este e outros cursos de formación ocupacional. O obradoiro tiña unha duración inicial prevista de 9 meses pero, aínda que durante o confinamento os alumnos/as traballadores/as recibiron apoio e seguimento on line, unha vez recuperada a asistencia presencial alongouse ata novembro. Revista Altamira 9


Actualidade

O presidente da Deputación compromete o matadoiro móbil de aves e coellos Primeira visita institucional de Valentín González Formoso a Brión tras o cambio de alcalde

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou o pasado mes de outubro a súa primeira visita institucional a Brión desde o cambio na Alcaldía. Unha visita que Pablo Lago, aproveitou para plantexarlle varias necesidades.

usalo ben para autoconsumo, ben para poder vender esa carne no mercado con todas as autorizacións sanitarias. Porque se hoxe estamos á espera de comercializar os nosos primeiros produtos elaborados con froitas e verduras, estamos seguros de que nuns meses poderemos facer o mesmo con aves e coellos”, indicou Lago Sanmartín, quen conseguiu finalmente o compromiso do presidente provincial de apostar por este proxecto, visto o éxito que está a acadar o espazo colaborativo.

O alcalde agradeceulle o traballo que están a levar a cabo nas Torres de Altamira e tamén solicitou a edición de máis exemplares do libro “A batalla de Altamira”, para poder así repartilo entre a veciñanza. Así mesmo, solicitou a súa colaboración na posta en marcha do Valentín González destacou “o tramatadoiro móbil de aves e coellos. ballo e dedicación” dos produtores durante estes meses para pór en “Sería outra iniciativa pioneira no funcionamento “un centro único e sector: un vehículo perfectamen- pioneiro en Galicia, que demostra te equipado que irá polas casas que hai oportunidades no rural e que así o soliciten para que os que temos un enorme potencial nosos veciños e veciñas poidan aínda por explotar no agro galego”.

Mellora da seguridade viaria Finalmente, o presidente provincial e o alcalde visitaron as obras de mellora que a Deputación da Coruña está a acometer para mellorar a seguridade viaria en distintos tramos na estrada DP 1301 da Gándara a Amañecida, cun investimento superior aos 462.000 euros. Nun dos tramos, que vai do punto quilométrico 3+520 ao 5+870, o servizo de Vías e obras xa completou a actuación, que incluíu a mellora da rasante do tramo e a creación de sobreanchos, así como a renovación completa da capa de rodaxe. Nos primeiros 400 metros da DP-1301, a Deputación está a executar actualmente as obras de ampliación e mellora do trazado, que suporán a ampliación da calzada ata os sete metros de ancho e a creación de beiravías de medio metro, ademais da rectificación dalgunhas curvas de trazado perigoso. Os traballos inclúen a ampliación dunha pequena ponte existente entre os PQ 0+304 e 0+330 cun novo taboleiro formado por unha viga en dobre T e lousa de compresión formigonada in situ.

O PACES de Brión prioriza reducir nun 40% os gases de efecto invernadoiro O Pleno municipal aprobou por unanimidade o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Brión, un dos compromisos adquiridos polo Concello coa súa adhesión ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía. Un compromiso que inclúe a redución de polo menos un 40% dos gases de efecto invernadoiro ata o ano 2030. Responsables da empresa Vertia Ingeniería, encargada de elaborar o documento ao abeiro das axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantiveron un encontro con responsables municipais para explicarlles pormenorizadamente o contido do plan e os distintos escenarios que se manexan para o próximo futuro. 10 Concello de Brión


Actualidade

“Transformando en Brión” dispón xa de 29 produtos listos para a súa comercialización

A Xunta atende a petición do Concello e restablece os horarios na liña A Picaraña-Santiago

Zumes de froitas, marmelo, patés, salsas, cremas de verduras ou kétchup son algunhas das elaboracións feitas con froitas e verduras das hortas da comarca que se prevé comercializar este Nadal

O presidente da Deputación visitou o centro duas veces no último trimestre

O espazo colaborativo “Transformando en Brión” está a funcionar a pleno rendemento tanto no aspecto formativo como na elaboración de produtos. De feito, un total de 29 elaboracións a base de froitas e hortalizas procedentes de pequenas explotacións agrícolas da comarca están xa preparadas para a súa comercialización durante este Nadal, logo de superar as analíticas de laboratorio e estar so pendentes do etiquetado final para comezar a ser distribuídas ao público en tendas, puntos de venda especializados, feiras agrícolas ou restaurantes. Nestes momentos, o espazo colaborativo de Montebalado contra con 58 persoas asociadas, 40 mulleres e 18 homes. Incluso hai un grupo de 20 persoas que deron un paso máis aló e se xuntaron para elaborar e comercializar os seus produtos baixo unha mesma marca e están valorando se constituírse como empresa... Esa é a riqueza que está xerando este espazo colaborativo. E de cara ao futuro, o alcalde Pablo Lago adianta que “traballamos para poder alugar o local do lado do coworking para utilizalo para a venda permanente dos produtos; así como acoller unha empresa que preste os servizos de catering e venda directa de comida ao público en xeral”. Dende a Deputación, o seu presidente Valentín González, asegura que “é unha satisfacción ver como este investimento realizado en colaboración co Concello resulta útil para os produtores e está dando bos resultados”. De feito, asegura que se “tomará como exemplo” o centro brionés para reproducir un modelo similar en Moeche, onde se está a construír outro centro da Rede Provincial de Espazos de Cowoking.

A boa colaboración entre a veciñanza e o Concello de Brión vén de materializarse no restablecemento dos hoarios na liña de transporte entre A Picaraña e Santiago de Compostela. Así, en outubro o Concello trasladoulle á Consellería varias queixas achegadas pola veciñanza polos incumprimentos na prestación dos servizos nesta liña por parte da concesionaria. A principios de decembro, a Dirección Xeral, despois dunha inspección realizada á empresa, constatou que non prestaba algúns dos servizos, o que supuxo a apertura dun expediente sancionador. Así mesmo, a Xunta comprometeuse a que na segunda quincena de decembro os servizos da liña volverán a prestarse nos horarios e frecuencias que viña realizando a empresa antes da pandemia. A Xunta impulsou a sinatura dun novo convenio de colaboración para os próximos catro anos. E é que se ben a renovación do convenio era un dos puntos da orde do día da reunión, o texto do convenio non figuraba entre a documentación achegada, polo que os Concellos só tiveron 7 días laborais para estudalo e remitir as súas propostas. Unha situación que motivou que os Concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión, Oroso e Negreira coincidiran en sinalar que estes prazos “non deixan tempo para un estudio detallado, debate interno e contraposición política mesmo cos grupos da oposición”. Aínda así, a Xunta desestimou as reclamacións dos concellos que, en todo caso, preferiron aprobar un convenio desfavorable a quedar fora dun servizo esencial para a mobilidade dos veciños e veciñas. Foi o caso do Pleno de Brión onde o alcalde destacou que “non estamos de acordo coas achegas que temos que facer os municipios nin con que se nos queira cargar con novas responsabilidades, como o mantemento e reposición das marquesiñas, pero somos conscientes de que se trata dun servizo positivo para a xente e non podemos perdelo”. Así, mantéñense as liñas existentes ata o de agora así como o prezo subvencionado de 88 céntimos por traxecto. A isto compre engadir os usuarios da tarxeta Xente Nova, persoas menores de 21 anos que dispoñen de transporte de balde. Revista Altamira 11


Entrevista

PABLO LAGO SANMARTÍN, alcalde de Brión

“Intento escoitar, ir aos sitios a ver o que pasa e así arranxar os problemas da veciñanza o antes posible” Veciñanza, humildade, esforzo e traballo. Estas son as catro palabras máis repetidas por Pablo Lago Sanmartín (Brión, 1978) á hora de referirse aos primeiros meses á fronte da Alcaldía de Brión. A renuncia dun histórico como José Luís García tras 42 anos á fronte da Alcaldía unida á crise da covid-19 non llo están a poñer doado, pero o novo equipo de Goberno traballa cunha máxima: “facelo ben, escoitar a veciñanza e tratar de axudarlles a solucionar os seus problemas, dentro do que nos permite a lei”. - Como entras na política? - De casualidade. Nunca me gustou a política nin expoñerme en público. Gústame pasar desapercibido e traballar humildemente. Montei o meu negocio con traballo e máis traballo e nunca se me pasara pola cabeza estar onde estou. Un día recibín unha chamada dunha concelleira por se me interesaba ir na lista. Contestei que nin de broma, que non tiña tempo, que estaba cos problemas da construcción da miña casa, que acababa de ter a segunda nena e que non era o momento. Despois tiven unha reunión con Luís e volvínlle dicir que non. El insistiu e ao final dixenlle: “se é por botar unha man aos veciños e veciñas de Brión, vou na lista pero se pode ser de número 20 que non sexa de 19”. Pasaron os días volve chamarme para comunicarme 12 Concello de Brión

que contaban comigo e que estaba de número 2 na lista. Nun principio pensei que era unha tolemia, pero comprometinme a traballar por este proxecto. O meu é un proxecto curto, en principio de dous anos, e o que quero é facelo ben. Non teño outras aspiracións. Se o fago ben e á xente lle gusta o noso traballo, despois eles decidirán. E se non, marcharei coa cabeza moi alta porque ningúen poderá dicir que collín nin un solo céntimo do concello ou que non atendín a algún veciño ou veciña como se merecía. - Despois dun mandato de 42 anos, choca escoitar isto. - Eu non teño outras aspiracións. Agora estoume metendo moita presión porque é a miña forma de ser e quero facelo o mellor posible. Non é un traballo doado

pero ten unha parte que me gusta moito que é a de escoitar a veciñanza e tratar de entendela, gustame axudarlles a solucionar os seus problemas, ainda que moitas veces nos topemos co peso da lei.

a ver o que pasa e arranxalo o antes posible. Quero que a veciñanza se sinta atendida polo seu Concello. - Meses nos que deches o relevo a José Luís García. De feito, es o segundo alcalde da democracia en Brión. - (ri) Fíxate que José Luís saíu elixido alcalde o mesmo ano que nacín eu, con iso dígoo todo. Levaba tantos anos na Alcaldía coma anos teño eu. E se estivo tantos anos foi porque a xente sentía que facía cousas polo pobo. Basta comprobar que Brión ten moitos servizos dos que non dispoñen outros concellos do noso tamaño. E a nosa máxima é manter o que hai e facer máis cousas.

- Como cambiou a túa vida nestes meses? - A miña vida é bastante estresante. Ainda que pareza sinxelo, un alcalde non para, hai moitas reunións, moitas cousas que atender... e estou recibindo a varios veciños cada día. Porque cando alguén vén ao Concello pode parecer que non é un tema importante, unha arqueta que non traga auga, unha farola que non alumea... poden parecer cousas menores pero para esa persoa representa un gran problema. Por iso eu intento escoi- - Un relevo que se produce nun tar a todo o mundo, ir aos sitios momento nada sinxelo: na se-


Entrevista gunda onda da covid-19. - A situación non é doada en ningún sentido. Non se pode facer case que ningún evento, nin sequera reunións para explicarlles aos veciños e veciñas o que estamos facendo ou o que imos intentar facer... Non se pode facer case nada, case nin reunirnos nós. É unha etapa difícil e de incertidume pero, volvo a repetir, con esforzo e humildade hai que ir sacando isto adiante. - En que frontes traballa o Concello na loita contra a covid-19? - En todas as que somos precisos. Por exemplo, o Concello fixo unha gran aportación para contratar monitores para que a rapazada puidera ter o servizo de comedor no colexio. En colaboración coa Deputación estamos dando unhas axudas ás empresas a través do PEL-Reactiva. Sempre buscando botar unha man. Así, estamos dándolle voltas a unha proposta da Xunta como é non cobrarlle a auga e outros servizos ás empresas con sede en Brión... Tentaremos paliar os efectos da covid-19 tanto na veciñanza como nas empresas e seguiremos botando unha man en todo o que poidamos. - E a nivel veciñal, supoñemos que os Servizos Sociais estarán ata os topes. - Servizos Sociais están activos ao 150% tanto na recollida de alimentos como pendentes das familias máis desfavorecidas, sobre todo ás que teñen nenos e nenas. Están a facer un amplo seguemento para que ningen o pase mal nestes momentos. - Ademais da pandemia, achégase o tempo de facer uns novos orzamentos, que proxectos tes en mente? - Imos continuar coa renovación do alumeado público. Comezamos nos Ánxeles, Brión e Boullón pero queremos levalo a máis parroquias, pasando todo a iluminación con LED pois supón unha mellora para o noso medio ambiente e tamén un importante aforro na factura eléctrica

que despois poderemos destinar a outros fins. Tamén queremos retomar o mantemento das nosas estradas. Son consciente de que hai queixas de que quedaron algo abandonadas debido á falta de persoal. Tivemos unha gran cuadrilla de obras pero co paso do tempo o personal foise xubilando e, legalmente, non nos deixaron repoñelo. Cando menos este ano temos unha boa nova, pois poderemos contratar personal por 12 meses, con cargo a unha subvención da Deputación. Así poderemos darlle unha limpeza a todo o concello en materia de cunetas, pistas e estradas... para mantelo como estaba ata o de agora. Tamén temos un proxecto de cara ao verán para aglomerar varias estradas en quente e que ascende a un millón de euros. - Estes proxectos dan continuidade ao feito ata o de agora pero, sendo un equipo novo, non tendes algunha outra proposta novidosa? - É lóxico que un equipo máis novo teña outros puntos de vista, é unha simple cuestión de vida. Por iso son bos os relevos xeracionais. Luís fixo cousas moi boas por Brión e continuaremos con algunhas das súas propostas como o auditorio ou o matadoiro móbil para aves e coellos, que xa o temos comprometido coa Deputación da Coruña. Pero nós somos un equipo con gañas de facer cousas novas, así estamos traballando para poder construir unha gran área deportiva en Brión que albergará unha pista para facer atletismo, un parque de skate, un parque de calistenia e unhas pistas multideporte para futbol e baloncesto. Tamén temos en mente a posta en marcha dun parque para cans e de un parque infantil cuberto... Queremos que a nosa mocidade teña unha área própia e non teña que desplazarse a outros concellos para ralizar as súas actividades de ocio. Tamén queremos levar a cabo a ampliación do pavillón, tan ansiada polos clubes deportivos... Son moitos proxectos

pero primeiro temos que ver que durante o verán un servizo de pasa con isto da Covid para non conciliación gratuíto. Porque deixar a ninguén atrás. a nosa obriga é axudar e darlle solucións as familias, indepen- Una das iniciativas que mellor dentemente de que sexa ou non se está a comportar é o do es- a nosa competencia. pazo colaborativo. - Están traballando moi ben, con - Outro servizo importante a moita xente apuntada. Agora debate estes tempos é o transestamos vendo de conseguir o porte metropolitano. local do lado para que poidan - Aprobamos o convenio outra montar unha empresa de cate- vez a pesar de que moitos conring e ter un espazo onde a xen- cellos non estamos de acordo te poida ir mercar uns produtos con todos os puntos. Pero o de calidade e moito máis sans. importante é poder seguir manPenso que está a ter unha gran tendo este servizo tan imporacollida e penso que vai ser “co- tante. Gustaríanos non ter que piada” por outros concellos. encargarnos das marquesiñas ou achegar menos cartos, pero - Falemos de servizos. Un dos cando menos prometeronnos que máis preocupa é o ensino, que as frecuencias e as liñas que despois do peche da unitaria da temos actualmente non van ser Luaña e o conflito do comedor minorados, polo que a veciñanza de Pedrouzos. non se verá prexudicada. - O do peche da unitaria, por moito que nos doia e por moito que - Un dos sinais de identidade se diga, non estaba na man do de Brión foi sempre a súa aposConcello e non foi unha decisión ta pola cultura. nosa. Incluso a cuestión da falta - Creo que Brión, culturalmente, de monitores para o comedor sempre foi un concello referendo colexio non era competencia te a nivel de Galicia e mesmo nosa, senón da Consellería, pero nacional. Temos un gran deparconsideramos que foi algo ben tamento de cultura con unha feito. Se a Xunta non o fixo, ti- plantilla e unha concelleira que ñamos a obriga de botarlle unha se involucran moito en todo o man aos nosos veciños e veci- que fan, neste sentido continuañas e que puideran ter o servizo remos traballando para ofrecer de comedor como tiveron todos unha oferta cultural, deportiva estes anos, sobre todo nunha e de ócio para toda a veciñanza época como a que estamos a que estea ao nivel das grandes vivir. Por iso mesmo ofrecemos vilas.

“Queremos construir unha gran área deportiva en Brión con pista para atletismo, parque de skate, parque de calistenia, pistas multideporte, un parque para cans e un parque infantil cuberto... buscarlle unha área propia á mocidade, pero primeiro temos que atender ás familias e empresas pola Covid”

Revista Altamira 13


Servizos sociais

Brión tínguese de negro contra a violencia A campaña incluíu dúas representacións teatrais: “Invisibles” e “A pluma viva de Rosalía” O Concello adheriuse por terceiro ano consecutivo á campaña “En negro contra as violencias”, iniciativa xurdida en Compostela en 2015 e que este ano tivo lugar baixo os condicionantes da pandemia, fuxindo de actos conxuntos e concentracións máis aló da tradicional fronte á casa consistorial o propio 25 de novembro. Unha concentración na que participaron unha trintena de persoas con camisetas, máscaras e chapas incluídas na campaña “Brión en negro”. A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, foi a encargada de dar lectura a un manifesto institucional no que puxo de manifesto que “o confinamento domiciliario ao que obrigou a emerxencia sanitaria, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres, fíxollas

se cabe máis difícil”. Así mesmo, advertiu que o asasinato de 41 mulleres e 3 menores “non pode ser celebrada. Estamos tan afeitos a estes datos que non reparamos no que significan: 44 vidas arrebatadas pola sen razón”. Por iso, Cebral agradeceu a todas as persoas, entidades e negocios que se sumaron un ano máis á campaña “Brión en negro”, xa que “non debemos deixar de facer visible a mensaxe de repulsa que pretendemos lograr: que en Brión non temos medo a manifestarnos abertamente en contra dos maltratadores e que as vítimas poden contar co noso apoio”. Un material facilitado dende os Servizos Sociais co obxectivo de tinguir de loito as fiestras e outros lugares visibles das casas, negocios ou locais.

Teatro contra a violencia

A maiores, o Concello programou dúas representacións teatrais que puxeron sobre o escenario dúas temáticas sensibles: a violencia de xénero e a igualdade entre home e muller. En ambos os dous casos, a entrada foi gratuíta e previa reserva. A primeira destas obras, “Invisibles”, é un espectáculo teatral de Redrum Teatro baseado na novela de Montse Fajardo e dirixida por Marián Bañobre que obtivo tres premios de teatro María Casares e o II Concurso de Ideas Luísa Villalta de proxectos pola igualdade. As actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez puxeron sobre o escenario brionés diversas historias reais protagonizadas por mulleres galegas e cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O venres 27 de novembro o grupo “Os Quinquilláns” puxo en escena “A pluma viva de Rosalía”, unha montaxe teatral sobre igualdade e liberdade a partir de textos da poetisa galega. Tero Rodríguez e Lucho Penabade presentaron un feito real de censura á obra de Rosalía de Castro, onde se chegou a apedrear a editorial na que acababa de publicar.

A fachada do Concello iluminouse de cor morada dende o 23 ao 29 de Novembro para dar visibilidade á repulsa contra das violencias

14 Concello de Brión


Servizos sociais

Novena edición da campaña de recollida de alimentos polo Nadal “Brión Solidario” A Rede Brión Solidario inicia unha recollida especial de xoguetes para que ningunha crianza quede sen o seu agasallo no día de Reis O Concello pon en marcha por noveno ano consecutivo a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, unha iniciativa que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Unha campaña que conta co inestimable apoio dos veciños e veciñas de Brión, así como do Banco de Alimentos, ao longo de todo o ano pero que coa chegada do Nadal mesmo intensifican a súa colaboración. O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, está convencido de que “vivimos tempos complicados, pero estou convencido de que volveremos a contar cunha gran colaboración veciñal un ano máis”. Así, todas as persoas e entidades que desexen colaborar poden achegar alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados,

especialmente azucre, produtos de Nadal, conservas e produtos de hixiene persoal. Así mesmo, dende os Servizos Sociais de Brión lembran que tamén son ben recibidos o aceite, o leite, a pasta, o arroz ou as galletas. As achegas poden entregarse nos distintos departamentos municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) ou no supermercado Froiz de Montebalado. Tamén existe a posibilidade de entregar un donativos en metálico ben na Tesourería Municipal do Concello ben a través dun ingreso na conta do Concello en Abanca de Montebalado. En ambos os dous casos, a persoa ou entidade doadora recibirá o correspondente xustificante de ingreso.

Así mesmo, Pablo Lago aproveita para “amosar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas e entidades que colaboran ao longo de todo o ano na Rede Brión Solidario”. Unha rede que cubre outras necesidades básicas como roupa, calzado, farmacia, mobles... Un claro exemplo da eficacia desta Rede é que nestas datas mobilizouse para que ningún neno/a de Brión quede sen agasallo de Reis. Así, as persoas que integran a Rede Brión Solidario que desexen colaborar poden achegar xoguetes para cinco nenos e nenas do municipio que o precisan (de 8 meses, dous de 6, un de 9 e outro de 11 anos). Uns xoguetes que, debido á situación especial da pandemia, deberán ser novos e non usados, non sexistas, non bélicos e, se é posible, responsables co medio ambiente. Para participar nesta ou en calquera outra iniciativa da Rede Brión Solidario, só hai que inscribirse nos Servizos Sociais municipais e deixar un mail de contacto. A este e-mail enviaranse de xeito periódico mensaxes detalladas acerca das necesidades concretas detectadas, mencionando con exactitude que artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir esa necesidade. Se a persoa ten ese artigo e desexa doalo, comunícallo aos Servizos Sociais, de forma que doador e beneficiario permanecen sempre no anonimato.

Revista Altamira 15


Cultura e deportes

A Rede Cultural encherá de actividades os meses de febreiro e marzo O Altamira Brilla adíase ata a primavera de 2021

O Festival de Títeres celebra os seus 25 anos Títeres Tanxarina, Baobab Teatro e Pérez & Fernández conforman o cartel de actuacións do 28 ao 30 de decembro

Leilía actuarán en Brión o 20 de febreiro

Por mor da pandemia da covid-19 dende o Departamento de Cultura traballaron co obxectivo de non suspender as actuacións, senón adialas ao 2021, na busca dun mellor escenario sanitario. É o caso das actividades programadas en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, o que fai que a día de hoxe xa dispoñamos da programación cultural para os meses de febreiro e marzo, chea de música, teatro e cine. Todas as actividades terán lugar ás 20:00 horas no centro social polivalente con entrada gratuíta, previa reserva na Casa da Cultura. As dúas primeiras actividades serán as proxeccións das películas de “Bohemian Raphsody” e “Quien a hierro mata” os sábados 6 e 13 de febreiro. A música será a protagonista o resto do mes, así o domingo 14 actuará an Festicultores Troupe e o venres 19 a protagonista serán A banda da Loba.

O sábado 20 de febreiro terá lugar unha das actuacións máis especiais: o CantarELAS co que Leilía está a conmemorar o seu 30 aniversario. Pechará este ciclo de concertos Pelepau, que estará o domingo 21 de febreiro. Finalmente, marzo será o mes do teatro, con tres actuacións en sábado, ás 20:00 horas, no polivalente: Inversa Teatro con “Té con Kant” (6 de marzo), Teatro da Ramboia con “O meu mundo non é deste reino” (13 de marzo) e Ibuprofeno Teatro con “O mel non caduca” (20 de marzo). ALTAMIRA BRILLA A pandemia obrigou tamén a adiar o Festival Altamira Brilla, promovido pola Deputación da Coruña en colaboración cos Concellos de Brión e Ames. Logo de varios cambios de data decidiuse trasladar á primavera de 2021, coincidindo cos 550 anos da celebración da Batalla de Altamira.

A Banda da Loba, actuarán o día 19 de febreiro

16 Concello de Brión

O Concello celebra este ano a edición número 25 do seu Festival de Títeres, que terá lugar do 28 ao 30 de decembro. Títeres Tanxarina, Baobab Teatro e Pérez & Fernández son as tres compañías que integran o cartel das vodas de prata dun certame que, por mor das medidas de prevención contra a Covid-19, aínda non ten escenario definitivo. E é que para participar en calquera das tres actuacións será preciso reservar previamente a entrada chamando ao teléfono 981 50 99 08. Se houbera moita demanda, a actuación tería lugar no pavillón polideportivo municipal. En caso contrario, o auditorio sería o salón de usos múltiples do centro social polivalente. En ambos os dous casos, as actuacións terán lugar ás 18:00 horas e baixo unhas estritas medidas de seguridade: levar máscara, hixienización de mans, manter a distancia de seguridade e obriga de permanecer na cadeira durante todo o espectáculo. A programación deste ano dará comezo o luns 28 de decembro con “As bombas e

o xeneral”, de Tanxarina Teatro. Trátase dunha obra de 40 minutos, dirixida por Cándido Pazó e que combina actores con siluetas animadas. Un espectáculo para nenos e nenas de máis de 5 anos que busca concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras. O martes 29 de decembro é a quenda de Baobab Teatro, con “O lobo e a lúa”, premio Barriga Verde de textos para Teatro de Monicreques de 2014 pensada para público a partir dos 3 anos. “O lobo e a lúa” é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante duns 50 minutos. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor. Finalmente, Pérez&Fernández pecharán o XXV Festival de Títeres o mércores 30 de decembro con “O poder de Amabel”, unha obra de monicreques e actores para un público familiar inspirada na novela infantil de Érica Esmoris. Unha obra na que a protagonista, filla dunha familia de superheroes, fará unha viaxe para descubrir o seu superpoder.


Cultura e deportes

Os Reis Magos visitarán as nove parroquias do municipio a bordo dun autobús de época O Concello convoca un concurso de decoración de Nadal na que a veciñanza poderá participar compartindo imnaxes co cancelo #unnadalenbrion ou enviándoas a casadaculturabrion@gmail.com O programa de Nadal de Brión vén este ano cheo de novidades tanto nas iniciativas coma na forma na que se van desenvolver as mesas, debido aos condicionantes derivados da pandemia da Covid-19. O cambio máis importante é a suspensión do tradicional Festival de Reis, para evitar a aglomeración de xente que cada 5 de xaneiro se congregaba no polideportivo municipal No seu lugar, o Concello apostará por unha visita dos Reis aos nenos e nenas das nove parroquias de Brión. Os puntos de encontro e o horario aínda se estaban a pechar no momento de saír á imprenta este número da revista Altamira, pero si podemos adiantarche que as Súas Maxestades visitarán á rapazada a bordo dun autobús de época, que percorrerá todo o municipio en horario de mañá e de tarde. A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, sinala que “estamos buscando como cadrar os horarios e os puntos de encontro co obxectivo de que as persoas que asistan poidan manter a distancia de seguridade” e adianta que “este ano non será posible achegarse para facerse a foto cos Reis, para así manter os protocolos de seguridade contra a Covid-19, pero si poderán falar con eles e entregar as súas cartas”. Os horarios e puntos de encontro en cada parroquia poderán consultarse na web municipal, nas Redes Sociais do Concello de Brión e a través da aplicación Brión Informa. Outra das novidades deste ano será o concurso de decoración de Nadal “Un Nadal en Brión”. Baixo a lenda “que non se apague a luz no Nadal”, o Concello

O Festival de Reis será substituído por unha visita Real ás parroquias

Primeira edición da San Silvestre “Cronoescalada Torres de Altamira” para despedir o ano O Club de Atletismo Brión Hyupersa Santiago, en colaboración co Concello de Brión, organiza a primeira edición da San Silvestre “Cronoescalada Torres de Altamira”, que terá lugar o xoves 31 de decembro, a partir das 16:00 horas. Poderán participar ata 100 persoas, que deberán formalizar a súa inscrición a través da web www.galitiming.com. A cuota de inscrición será de 3 euros, que serán doados integramente á iniciativa solidaria Art for Dent e colaborar na investigación da enfermidade de Dent que padece Hugo, veciño de Bastavales. A maiores, deberase doar un quilo de alimentos non perecedoiros (correctamente envasados e que non teñan superada a data de consumo preferente), que serán doados ao programa Brión Solidario. O percorrido é de 7 quilómetros, con saída na carballeira de Santa Minia e chegada nas Torres de Altamira. O 90% do percorrido terá lugar por pista de terra. A saída farase de forma escalonada dende a carballeira. Deste xeito, cada 30 segundos sairá unha persoa participante, que deberá achegarse á saída coa súa máscara, que poderá retirar unha ver iniciada a marcha. A organización entregaralle unha nova máscara ao chegar ás Torres e deberá volver de inmediato á carballeira por un circuíto alternativo e sinalizado duns 1,5 km. Na carballeira poderán degustar un chocolate con churros totalmente de balde. Haberá tres premios para os tres primeiros clasificados homes e para os tres primeiras clasificadas mulleres, así como para o club máis numeroso.

proponlle tanto aos veciños e veciñas do municipio como a empresas e entidades que compartan nas redes sociais imaxes nas que se recollan a decoración de Nadal realizada en fogares e locais comerciais. Para participar só é preciso subir as fotos co cancelo #unnadalenbrion e etiquetar nela ao Concello (@ concellodebrion). Os que non teñan Facebook, poderán participar enviando as fotos ao correo casaculturabrion@gmail.com e serán publicadas no facebook. Poderanse subir tantas fotos como se desexa e na súa descrición deberá incluír: o lugar onde está tomada e a persoa autora da mesma. Nas imaxes non deberán saír persoas identificables nin reflectir actitudes ou contidos sexistas ou que poidan danar a sensibilidade das persoas. Entre as persoas que participen sortearanse 3 cestas con produtos de Nadal o 22 de decembro. A programación de Nadal tamén inclúe o XXV Festival de Títeres (ver páxina anterior) e unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal, cuxas propostas gañadoras serán empregadas polo Concello de Brión para felicitar oficialmente estas festas. O prazo de entrega xa rematou para o alumnado do CEIP de Pedrouzos, se ben continúa aberto ata o 22 de decembro para o das escolas unitarias. Por outra banda, o martes 22 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar o IX Festival de Nadal da Escola Municipal de Música Magariños. O centro polivalente acollerá un concerto do cuarteto de clarinetes “Ouklar”. A entrada é de balde, se ben hai que retirar previamente a entrada en www.esmumagarinos.com. Revista Altamira 17


Cultura e deportes

Licitado o plan director de “Compostela Rupestre” Rexerá o futuro do parque e estará rematado en seis meses

Os brioneses poderán entrar de balde na Casa Museo de Rosalía O Pleno aproba os estatutos e a constitución da Asociación de Concellos da Ruta Rosaliana

Visita teatralizada a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns na Casa Museo de Rosalía en Padrón

Reunión celebrada no Concello de Ames na que participaron os representantes de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra e na que tamén estivo presente a Deputación de A Coruña

O Consello Director de Compostela Rupestre vén de reunirse para facer balance do ano e avanzar nas novas iniciativas que se desenvolverán en 2021, cando Teo tome o relevo de Ames na dirección. Na reunión, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, informou do inicio da contratación por procedemento aberto do Plan Director, cun orzamento de 95.565 €, e que estará rematado en seis meses. “Suporá un paso adiante fundamental cun traballo intenso no territorio e a realización dun documento que vai dirixir as accións futuras no proxecto, unha carta de navegación imprescindíbel para os concellos e a Deputación que consolidará o proxecto do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre”, sinalou Regueira quen parabenizou ao Concello de Ames “polo traballo desenvolvido neste ano en que se tenderon sólidas pontes e achegou a capacidade administrativa, política e, neste caso, tamén técnica ao proxecto”. Na xuntanza, na que participaron representantes de todos os concellos implicados no proxecto (Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra), anunciouse tamén a contratación dun primeiro vídeo promocional do Parque Arqueolóxico, que se comezará a gravar en decembro para dar a coñecer a riqueza patrimonial do territorio, e a cesión do local de Villestro, que se converterá nun centro de interpretación para distintas actividades do proxecto. Este Plan Director contemplará o programa de actuacións nos petroglifos e na contorna próxima nos concellos de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra e incluirá un plan específico de documentación e investigación, un plan de protección, conservación preventiva e de mantemento e un plan de divulgación, comunicación e musealización. 18 Concello de Brión

O Concello e a Fundación Rosalía de Castro teñen previsto asinar nos próximos días un convenio de colaboración para os vindeiros catro anos. Un acordo polo cal esta fundación privada sen ánimo de lucro e de interese galego se comprométe a ofrecer visitas guiadas a calquera entidade educativa de Brión, así como a calquera asociación cultural. Unhas visitas adaptadas á idade das persoas participantes, e que deberán concertarse previamente coa Fundación. Porén, a situación de pandemia que vivimos impide a realización destas visitas, polo que mentres dure a crise da covid-19 todas as persoas empadroadas en Brión poderán entrar de xeito gratuíto á Casa-Museo. A Casa da Matanza, en Padrón, acolleu os derradeiros anos da vida de Rosalía. Foi restaurada no 1971 e convertida en Casa-Museo un ano despois, grazas á xestión da Fundación Rosalía de Castro. Neste espazo propoñen un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e obra da poeta. Así, na planta baixa, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. AS PEGADAS DE ROSALÍA Por outra banda, o Pleno de Brión aprobou por unanimidade a constitución e os estatutos da Asociación de Concellos da Ruta Rosaliana “As pegadas de Rosalía”, un itinerario turístico e cultural que une aos municipios nos que se desenvolveu a vida da poetisa galega. Unha asociación integrada por Ames, Brión, Dodro e Padrón, pero que está aberta a que nun futuro poidan sumarse outros municipios como Santiago. O alcalde, Pablo Lago, e a concelleira de Cultura, Sandy Cebral, serán os representantes do Concello na asociación, canda o técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez. Nestes momentos estase a traballar nun plan de sinalización da ruta, en colaboración coa Deputación da Coruña.


Cultura e deportes

“Brión en fotos II”, unha moi boa segunda parte O libro será agasallado á veciñanza polo Concello neste Nadal Hai quen di que segundas partes nunca foron boas pero secuelas coma “O Padriño II”, “O imperio contraataca” e, agora, “Brión en fotos. Unha memoria visual do século XX. Volume 2” son boa mostra de que non sempre ten que ser así. O Concello de Brión, en colaboración coa asociación local O Esquío no Piñeiro, edita unha nova recompilación de máis de 150 imaxes que son un pedaciño da historia de Brión recuperada grazas ao longo, laborioso e concienzudo traballo de recollida, selección e tratamento de fotos feito ao longo dos últimos anos.

nominalmente, por Alberto Álvarez Escudero, Sandy Cebral Gómez, Julio Mallo Nieto, Armando Patiño Nimo, José Manuel Trigo Romero e Dora Vieiro.

Este segundo volume mantén a mesma estrutura co anterior e divide as imaxes en dez categorías: a escola, música e danza, festas e tradicións, acontecementos sociais, paisaxe e arquitectura, o traballo, o transporte, o retrato, o xogo e o deporte; e a vida cotiá. Un libro prologado polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, quen agradeceu o traballo de todas as persoas que fixeron posible unha escolma de Un libro de case duascentas imaxes “que vos convido a despáxinas deseñado e maquetado cubrir e compartir en familia”. por Armando Patiño, con textos de Manuel Xesús Xiráldez, profe- O Concello de Brión fará chegar sor de Lingua e Literatura no IES un exemplar de “Brión en fotos. de Ames, e ilustracións de Xosé Unha memoria visual do século Vizoso, ilustrador e deseñador XX. Volume 2” a cada vivenda da prestixiosa cerámica de Sar- do municipio nas próximas segadelos. Unha imaxes recompi- manas, polo que se converterá ladas pola asociación O Esquío a bo seguro nun dos mellores no Piñeiro, a Casa da Cultura e a agasallos de Nadal deste “gafaBiblioteca Municipal de Brión e, do” 2020.

O Concello de Brión vai facer chegar un exemplar do libro “Brión en Fotos II” a todas as casas do municipio, se ben esta entrega vaise facer en man, para non desperdiciar exemplares nin que queden estragados nos buzóns. Se vostede non está na casa cando se realice o reparto dos mesmos, recibirá no seu buzón de correos unha nota indicandolle que poderá pasar a recoller o seu exemplar tanto polas oficinas muncipais como na Casa da Cultura do Concello de Brión.

O Concello ofrece Obradoiros de Nadal ás familias que non teñan outra opción de conciliación O Concello de Brión, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca os seus obradoiros de Nadal que, con motivo da pandemia do coronavirus Covid-19, estarán dirixidos única e exclusivamente a familias empadroadas no municipio nas que o pai e nai traballen e non teñan outra opción para deixar aos rapaces. Aínda que o período de preinscrición xa está vencido, aínda é posible acceder á iniciativa chamando ao teléfono da Casa da Cultura de Bríon, 981 50 99 08. Os obradoiros terán lugar os días 23, 28, 29 e 30 de decembro, así como o 1, 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 7:30 a 15:30

horas. Poderán participar nenos e nenas entre 3 e 12 anos empadroados no Concello de Brión. As actividades terán lugar no Centro Comercial Monte Balado e a cota que deberán aboar decidirase en función da renda familiar. Inicialmente, convocanse 20 prazas, se ben os obradoiros organizaranse en grupos más reducidos, dividindo á rapazada por idades para que as actividades que se realicen estean adaptadas a eles: plástica, natureza, música... Unhas actividades que se rexerán polos protocolos de seguridade indicados polas autoridades sanitarias.

Excursión realizada nas activiades de conciliación que organizou o Concello de Brión durante o tempo no que a rapazada estivo sen poder acudir aos centros educativos

Revista Altamira 19


Cultura e deportes

Raúl Dans recolle o II Premio Laudamuco Durante o acto de entrega tivo lugar unha sentida homenaxe ao escritor, profesor e crítico teatral Manuel Quintáns, recentemente falecido

Convocada a terceira edición do certame

O coruñés Raúl Dans Mayor recolleu de mans do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, o II Premio Laudamuco para textos teatrais, que convocan o Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O autor, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, foi distinguido con 7.000 euros, cunha figura en bronce deseñada por Xosé Vizoso e coa edición do libro, ‘Só un home bo’, por parte de Edicións Positivas. José Luís García, ex alcalde de Brión, agradeceu o convite a falar para “poder despedirme en persoa de gran parte dos integrantes do sector cultural de Brión”. A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, destacou que “textos como So un home bo e autores como Raúl Dans son a demostración de que si podemos reunir os tres piares dos que falaba Roberto Vidal Bolaño para que Galicia teña o teatro que merece: escritores, vontade política e económica, e a vontade dun pobo por saber que ten dereito a expresarse na súa lingua”. Unhas palabras que compartiu Francisco Macías, editor de Edicións Positivas, porque “eu sempre falo de Roberto como literato, porque foi un gran escritor e porque creo que non se 20 Concello de Brión

está tendo en conta a calidade dos escritores de teatro”. Manuel Guede Oliva, vogal da Academia Galega de Teatro e voceiro do xurado, salientou que “é un milagre que un pequeno concello como Brión tome unha iniciativa tan grande como poñer en marcha o premio mellor dotado do teatro galego en convocatoria anual”. Así mesmo, agradeceu a Raúl Dans que seguira “escribindo para o silencio escénico. Isto faite máis grande aínda. Pensa en Valle Inclán, que tamén escribiu para o silencio escénico do seu tempo. No seu tempo os triunfadores eran Echegaray, Linares Rivas... e onde están eses? E Valle Inclán onde está hoxe? Pensa niso, Raúl”. Pola súa banda, Raúl Dans, que sucede a Xabier Lama, agradeceu a aposta polo teatro realizada polo Concello de Brión coa convocatoria deste galardón e destacou a “edición meticulosa deste libro” por parte de Edicións Positivas e lle agradeceu a Manuel Guede “esas palabras esaxeradas sobre min, aínda que o certo é que parecía sincero”. Dans Mayor recibiu o premio de mans do alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín, quen confirmou que “para dar continuidade a este galardón, publi-

caremos as bases da terceira edición do Premio Laudamuco para Textos Teatrais en Galego”. Homenaxe a Manuel Quintáns Ademais de Roberto Vidal Bolaño e Raúl Dans, un terceiro nome estivo presente nos discursos: Manuel Quintáns, profesor e crítico teatral falecido recentemente e que recibiu unha cariñosa ovación por parte das persoas que asistiron ao acto, entre as que estaban Laura Ponte, Quico Cadaval, Lucho Penabade, Moncho Vieiro ou Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego. A primeira ovación chegou coas palabras de Alberto Álvarez, técnico de Cultura, quen lembrou que “o último libro que presentamos nesta sala antes do confinamento foi Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega, do profesor Manuel Quintáns, que de seguro non tería faltado hoxe a esta cita”. Manuel Guede destacou del que “foi un fino espectador do teatro galego. Durante un tempo fixo crítica teatral en El Correo Galego e Galicia Hoxe e o seu era un ollar sobre os espectáculos ordenado, sensible, sen acritudes, elegante... como el era. Coa ausencia da súa voz, hoxe non hai crítica teatral neste país”.

O Concello, en colaboración coa Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, convoca o III Premio Laudamuco para Textos Teatrais. A dotación económica do premio será de 7.000 euros, a edición da obra gañadora a cargo de Edicións Positivas e unha obra artística conmemorativa, o que o converten no galardón teatral de maior dotación económica en Galicia. Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada, sempre que estea escrita en lingua galega. O tema e a extensión da obra será libre. O prazo de admisión de orixinais rematará o día 12 de febreiro de 2021. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á Casa da Cultura de Brión (Carballeira de Santa Minia nº 5, C.P. 15865, Brión. A Coruña). Deberase indicar no exterior do sobre “III Premio Laudamuco para Textos Teatrais, 2021”. Nun sobre anexo pechado deberá figurar: o lema (no exterior) e os datos persoais da autora ou autor: nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono, correo electrónico e currículo da autora ou autor (no interior). A entrega do III Premio Laudamuco terá lugar o 16 de maio de 2021, nun acto organizado polo Concello.


Cultura e deportes

A pandemia condiciona pero non impide unha nova edición do Festival Brión Inclúe A programación da terceira edición combinou actividades en liña e presenciais Unha exposición en liña de pezas do Obradoiro de Arteterapia da Asociación Andaina Pro Saúde Mental (Ordes) abriu a terceira edición do Festival Brión Inclúe, unha iniciativa que busca a inclusión real de persoas con discapacidade e que tivo lugar do 9 ao 21 de novembro. Unha programación organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva Sociedade Cooperativa Galicia, subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña e cofinanciada por GADIS e FROIZ.

de manter un ano máis esta iniciativa, que busca dar un paso máis adiante cara esa cultura libre de barreiras que queremos e desexamos todos e todas. Unha edición marcada pola situación sanitaria, polo que adaptamos os horarios e a programación para facilitar a participación dos distintos colectivos”.

Por iso, nesta terceira edición non houbo exposición de produtos das entidades participantes nin actuacións nos centros escolares brioneses, que tan boa acollida tiveron na pasada ediA concelleira de Cultura, Sandy ción. Pola contra, o Facebook de Cebral, destaca “a importancia Brión acolleu unha exposición

do obradoiro de Arteterapia que desenvolve a asociación Andaina Pro Saúde Mental. “Llevan dentro un artista y sólo les damos las herramientas para que nos puedan mostrar las cosas que saben hacer y hacen muy bien, pero que nadie se entera porque nunca llega a la gente”, explica Omaira Tuirán, profesora destes obradoiros. No que atinxe ás actividades presenciais, un ano máis non fallou Vero Rilo, quen puxo en escena un novo contacontos, “Falar a mans cheas”, na sala de exposicións municipais. O mesmo espazo acollería días despois un

novo contacontos inclusivo: “Unhas gafas como as do avó”, de Caxoto e Gema Santos. Pola súa banda, o polivalente acolleu a actuación dos Pallasos en Rebeldía, un espazo do teatro galego que traballa a solidariedade internacional e a fraternidade entre os pobos a través da risa e da arte; e a música de Experimenta Danza e Human Dance Project. O espectáculo “Arte-Homo-Natura” da Compañía 5S, grupo de arte inclusivo, danza, teatro e música que leva participando no Brión Inclúe desde o seu inicio, puxo o broche a esta terceira edición.

Revista Altamira 21


Tamén foi noticia Homenaxe a Carvalho Calero A sala municipal de exposicións de Brión acolleu un recitar poético-musical de Moisés Quintáns e Aser Álvarez sobre a figura de Carvalho Calero o pasado venres 13 de novembro, ás 20h. O recital poético na honra do persoeiro ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas, inclúeu a proxeción do documental Carvalho Calero. Sem fronteiras, unha viaxe audiovisual pola vida e obra do autor ferrolán. A asistencia foi totalmente gratuíta, se ben para cumprir cos protocolos de prevención da covid-19 o aforo foi limitado.

#aculturaesegura Urxe declarar BIC o Castro Lupario A declaración do Castro Lupario e a súa contorna como Ben de Interese Cultural (BIC) volveu ao Parlamento galego despois de que a voceira de Cultura do grupo socialista denunciara a falla de compromiso da Xunta aludindo á “ambigüidade” con respecto á este ben “ao que non lle pon data nin aseguran que, finalmente, o vaian declarar”. A socialista fíxose eco das denuncias manifestadas pola veciñanza sobre a tramitación para a construción dunha rede de alta tensión sobre este conxunto patrimonial. Os concellos de Rois como de Brión cuestionaron que esta liña teña que pasar sobre un conxunto patrimonial, histórico, artístico e ambiental de incalculable valor. Incluso chegou a presentarse unha alegación diante da Dirección Xeral para pedir a súa modificación, sen que se teñan novas noticias.

22 Concello de Brión


Última páxina

Pasatempos Sudoku Fácil

Sudoku Dificil

Un pouco de humor...

Revista Altamira 23


Altamira 35 anos

CONCELLO DE BRIÓN Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 Fax.: 981 88 74 31 concello@concellodebrion.org www.concellodebrion.gal

APP brioninforma Información municipal a traves do mobil

REVISTA ALTAMIRA en formato dixital

“Altamira” é o símbolo do Concello de Brión. A fortaleza, situada na parroquia de San Fins, tivo un gran protragonismo durante toda a Idade Media e ben entrada a Moderna. Dende ela a familia dos Moscoso dominou boa parte do norte de Galicia. Rui Sánchez de Moscoso, logo da batalla de Altamira no 1471, na que desbaratou o asedio das tropas de Alonso II de Fonseca, arcebisco de Santiago deuse o título de I Conde de Altamira. A fortaleza quedou deshabitada no século XIX e hoxe permanecen os seus nobres restos nunha impresionante atalaia que domina todo o Val da Amaía.