111 - ALTAMIRA Nº 111

Page 1

Altamira Nº 111 - SETEMBRO 2022 - ANO XXXVII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PÁX. 3 PÁX. 7 PÁX. 16 PÁXs. 12 a 13 Nova imaxe gráfica adaptada aos novos tempos e as tendencias actuais en deseño. Un novo gran parque cuberto inantil substituirá ao situado na rúa Tarrío. ROMARÍA DE SANTA MINIA, un espectáculo de luz e son como principal novidade ENTREVISTA BERNARDO ADEVA ANDANY, catedrático de Física Atómica e Nuclear da Universidade de Santiago A Santa Minia volve sen restricións IMPRESO SEN ENDEREZO POSTAL

Altamira

C-827-85

Coa chegada da Santa Minia chega á túa casa unha nova edición da Revista Altamira na que, ademais de informarche dos pormenores da nosa maior romaría, aproveitamos para convidarche a participar nas distin tas actividades programadas para este derradeiro tri mestre do ano. Carreira pedestre, excursión dos maio res, festival monecadas, ciclo Fegatea, actividades para maiores, Festival Brion Inclúe, magosto... Un programa moi variado e con iniciativas para toda a familia.

Así mesmo, damos repaso ás últimas actuacións de mellora acometidas tales como as actuacións nos par ques infantís, coa cubrición do parque do Inxerido, o pri meiro destas características e ao que seguirá en breve o da rúa Tarrío. Tamén damos conta dos importantes investimentos realizados en materia de pavimentación de estradas e mantemento e ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga en nume rosas aldeas do municipio, así como os plans de cara ao próximo futuro, comezando coa próxima apertura do plan canino e seguindo polas melloras en materia de alumeado público e limpeza urbana. Na entrevista, Bernardo Adeva, a parte galega no descubrimento do Boson de Higgs, agora que se cumpre o 10ª aniversario.

Imaxe destacada

PABLO LAGO SANMARTÍN

Alcalde do Concello de Brión

Co gallo da celebración do Día do Orgullo LGBTIQ+, puxose en marcha unha campaña especial de visibilización e sensibilización polos Dereitos das Persoas LGBTIQ+. Unha campaña organizada pola área de Igualdade do Departamento de Servizos Sociais de Brión, que desprazou un stand ata o IES de Brión con material informativo para concienciar ao alumnado. Este material que tamén estivo a disposición de toda a veciñanza no Centro Social Polivalente, na Casa da Cultura e na Biblioteca Municipal.

Enderezos

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Brión Tel./Fax.: 981 50 99 69

CASA DA CULTURA Carballeira de Santa Minia, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 08

CASA DO CONCELLO Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 // Fax.: 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOS

Rúa Paseo de Pedrouzos, nº 5 15865 - Brión Tel.: 881 866 078 // Fax.: 881 866 086

CENTRO DE SAUDE Rúa das Pedriñas, nº 3 15865 - Brión Tels.: 981 88 77 01 // 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTE Avda. de Santa Minia, nº 46 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 10 // Fax.: 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL Agro Novo, nº 125 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA Avda. de Santa Minia, nº 70 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. Avda. dos Ánxeles, nº 36 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. Sabaxáns, Nº 57 15280 - Bastavales Tel.: 981 88 88 36

FARMACIA FRANCISCO RODRÍGUEZ-SEGADE VÁZQUEZ Paseo de Pedrouzos, Nº 9 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 30

FARMACIA ROSA LORENZO

Avda. de Noia, Nº 12 15865 - Os Ánxeles

Tel.: 690 33 24 36

GARDA CIVIL

Rúa das Pedriñas, nº 5 15865 - Brión

Tel.: 981 88 70 11

IES BRIÓN

Rúa Paseo de Pedrouzos, nº 3 15856 - Brión

TEL.: 881 866 058 // FAX.: 881 866 074

OFICINA DE URBANISMO

Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 // Fax.: 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPAL Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 981 88 73 46

PLANTA DE LOUSAME A Poza, Servia 15214 - Lousame

Tel.: 981 19 12 40

POLICÍA LOCAL

Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Brión

Tel.: 981 89 34 74 // Fax.: 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL Lamiño, s/n 15865 - Brión

Tel.: 981 88

SERVIZO DE AUGAS

Urb. Agro Novo, nº 126 Baixo 15280 - Os Ánxeles

Tel.: 981 88 78

SERVIZO DE EMERXENCIAS Lamiño, s/n 15865 - Brión

Tel.: 629 87 15

XULGADO DE PAZ DE BRIÓN

Fax.: 981 88

Rúa das Pedriñas, nº

15865 -

Concello de Brión2
REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN DEPÓSITO LEGAL:
EDITA: Concello de Brión REDACCIÓN, DESEÑO E MAQUETACIÓN: Concello de Brión e Nós Comunicación FOTOGRAFÍAS: Arquivo Municipal e Nós Comunicación IMPRIME: Eixo Print
76 53
51
42 //
75 23
5
Brión Tel.: 981 88 72 71
Feliz Romaría de Santa Minia!!!

O Concello estrea nova imaxe gráfica

O Concello de Brión adapta a súa imaxe corporativa aos novos tempos sen esquecer a súa historia, paisaxe e orixe

O Concello de Brión ven de cambiar a súa imaxe para adaptala aos novos tempos pero sen esquecer a súa his toria, paisaxe e orixe. A nova imaxe gráfica substitúe á an terior, na que se podía ver unha torre na que se dife renciaba a letra B e que fora escollida entre mais de 100 propostas presentadas a un concurso convocado en 2009. Se ben, continuarase facendo uso puntual do escudo herál dico do ano 1984 deseñado por Jaime Bugallal y Vela en determinados actos oficiais.

O cambio está xustificado pola necesidade de adaptar a imaxe de marca aos novos tempos e as novas tenden cias en deseño. Neste proceso

de modernización era funda mental ter unha imaxe actual, transversal á realidade actual e aplicable a todos os ámbitos municipais dende a súa pa pelería, ata a sinalética pasa do tamén pola súa utilización nas novas tecnoloxías.

Con esta nova identidade o que se pretende e proxectar unha imaxe do concello cos mopolita, innovadora e atrac tiva que reflexe un Brión mozo e alegre e que ten magníficas posibilidades de avanzar cara o futuro. A maiores, o símbolo anterior non dispuña de ma nual de identidade gráfica, polo que convivía con multi tude de variantes diferentes.

Con esta nova marca as co municacións do concello do

taranse de coherencia interna e carácter propio o que axu dará a comunicar mellor.

A nova imaxe recolle varios dos elementos mais repre sentativos de Brión: a Torrre de Altamira, os rios Tambre e Sar e a ondulación propia do rele vo paisaxístico municipal que tamén representa a división natural do municipio nas dúas zonas, a alta na vertente do Tambre e a baixa que forma o val da Amaía. Todo isto cons trúe graficamente unha iden tidade propia que reflicte de xeito fidedigno o que somos como pobo, a nosa historia e a nosa orixe.

Ademais, cabe destacar que este cambio de imaxe non

supón gasto ningún para as arcas municipais. En primeiro lugar, porque foi deseñada in ternamente por técnicos mu nicipais que, ademais de crear esta imaxe, crearon o corres pondente manual de identi dade corporativa.

En segundo lugar, porque o proceso de implantación da nova imaxe comezará a fa cerse despois da súa presen tación diante da veciñanza e realizarase de xeito progresivo de forma que, por exemplo, todo o material impreso co anterior símbolo (cartas, folios, carpetas...) seguirá empre gándose ata que se esgote, momento no que esta pape lería será substituída por outra coa nova imaxe.

Revista Altamira 3 Reportaxe
Aplicación da nova marca gráfica do Concello de Brion sobre distintos soportes

O Concello leva investidos máis dun millón de euros en obras no municipio

O Concello de Brión leva in vestidos máis dun millón de euros en obras acometidas no municipio. Algunhas de las, como 423.000 euros do macroproxecto de pavimen tación da estrada da Ama ñecida á Graña, aínda foron aboados grazas a unha mo dificación de crédito aproba da o pasado mes de agos to. Un proxecto que incluíu o aglomerado en quente das urbanizacións Monte Devesa, Agronovo e Monte Balado, así como a mellora doutras sete pistas nas parroquias: Ama ñecida-A Graña (nas parro quias de Luaña e Cornanda), Valiño-Saíme (Bastavales), AC-300 ata o acceso a Gui sande (Os Ánxeles), AC-300 ao Santo Arandel e o límite con Teo (Bastavales), da travesía de Liñares-Casal ata Tem bra-Cantelar (Brión e Boullón), camiño da estrada xeral en Gundín ata Saíme, pasando por Cabanas e Gontade (Os Ánxeles e Bastavales) e ca miño da estrada xeral ata o cruce co viario da Deputacón (Bastavales).

Outro gran proxecto, orza mentariamente falando, foi o aglomerado da travesía de Bastavaliños, nas que o Con cello investiu outros 92.000 eu ros. Unhas obras que, ademais de mellorar o estado do firme, permitiu recolocar algúns dos redutores de velocidade para que non estiveran tan pega dos ás vivendas e evitarlles así ruídos e molestias aos veci ños e veciñas da zona, sobre todo tendo en conta a gran cantidade de tráfico pesado que soporta esta estrada. Así, o Concello instalou oito pasos de peóns elevados ao longo dos 2.290 metros da travesía, co obxectivo de que os vehí culos cumpran co límite de 50 km/hora ao que está marca do este viario.

As actuacións de mellora de camiños completáronse coa mellora do camiño entre o Santo Arandel, Xinzo e Chave de Carballo, dentro do plan de mellora de camiños mu nicipais de acceso a parcelas agrícolas; así como a mellora do camiño de Rañalonga. Así

mesmo, tamén se realizaron actuacións de mantemento e mellora das beirarrúas de La miño e Liñares.

Abastecemento

Por outra banda, o Concello leva investidos máis de medio millón de euros en actuacións de mantemento e mellora nas redes de abastecemento municipal. Unhas actuacións que tiveron lugar nas aldeas de Chave da Ponte, Cabanas, Saíme, Bastavaliños, Soutu llos e Bemil, así como na rúa Gondar. No caso das aldeas de Lamiño, San Salvador e O Cabo, o Concello procedeu a ampliar tanto a rede de abas tecemento como a de sanea mento. Finalmente, na aldea de Tourís, procedeuse a me llorar tanto a rede de sanea mento como a recollida de pluviais.

Finalmente, o apartado de in vestimentos municipais nos últimos meses compléta se coa colocación dun chan eco estable no perímetro do pavillón de piragüismo de Ons. Unha actuación que vén complementar as obras de rehabilitación interior destas instalacións acometidas polo Concello de Brión en anos an teriores.

O Concello externalizará a limpeza de aldeas e zonas verdes

“Unha brigada insubstituí ble”. Este é o título da entre vista publicada no número 91 da revista Altamira, aló polo ano 2015, no que xa se alertaba do que finalmente acabou pasando: a prácti ca desaparición da briga da municipal de obras que tanto traballo fixeron polo municipio. Das 32 persoas que chegou a acoller, só quedan cinco a día de hoxe, polo que se dá a paradoxa de que hai máis maquinaria ca obreiros.

O problema comezou can do se empezaron a xubilar os traballadores, xa que a lei

vixente daquela non permi tía substituílos nin contratar novo persoal. Así as cousas, o Concello foi tirando gra zas aos distintos programas de colaboración da Xunta e da Deputación, pero que permitían a contratación dun número moito menor de persoas e por un tempo máis reducido. Finalmente, dende decembro de 2021, a situación complicouse aínda máis, toda vez que o sistema de contratación de traballadores temporais para acometer os traballos de limpeza e mantemento de zonas verdes do munici pio está prohibido.

Unha situación que afec ta non só a Brión, senón a case todos os municipios do país. De feito, moitos de les, diante das xustas e en tendibles queixas por parte da veciñanza, comezan xa a externalizar este servizo. É o caso de Brión, que xa ten elaborado o proxecto co rrespondente e que en bre ve procederá á súa licita ción. Deste xeito, o Concello mellorará o servizo que se presta a día de hoxe, se ben está claro que ningunha empresa externa poderá substituír o traballo dunha brigada, que hoxe en día non é legalmente sostible.

4 Concello de Brión Actualidade
En actuacións de mantemento e mellora das redes de abstecemento e saneamento, pavimentación de estradas e melloras no acceso a parcelas
Pablo Lago supervisa os traballos de pavimentación da travesía de Bastavaliños, onde o Concello investiu máis de 90.000 euros O Concello investiu máis de medio millón de euros en actuacións de mellora e ampliación da rede de saneamento e abastecemento

Un punto limpo móbil levará a recollida selectiva de lixo a todas as aldeas

O Concello saca a licitación por 70.000 euros o subministro dun camión-grúa con colector para a implantación do punto limpo móbil

O Concello de Brión está a li citar nestes momentos a ad quisición dun camión grúa con colector para a implan tación dun punto limpo mó bil no municipio. Este novo servizo favorecerá a recollida daqueles residuos especiais susceptibles de recuperación e que non son recollidos no sistema ordinario. Ademais, evitará que a veciñanza teña que desprazarse cos residuos a un punto de entrega, xa que este punto limpo móbil ache garase ás distintas aldeas dun xeito periódico e seguindo un plan de viaxe que será dado a coñecer previamente polo Concello a través das súas canles habituais de comuni cación cos veciños e veciñas.

O prezo base de licitación está fixado en 70.180 euros e, ao peche desta redacción, o concurso aínda estaba aber to. O que podemos adiantar é que o punto limpo móbil brionés contará, cando me nos, con oito contedores para a recollida de pilas e baterías, lámpadas e tubos fluores centes, aceites usados, vidro, plásticos, papel e cartón, pe quenos electrodomésticos e roupa e calzado. Así mesmo, permitirá a recollida doutros residuos cuxas cantidades se rán menores (CD, DVD, disque tes, cassetes, cristal, xoguetes, aerosoles, sprays, radiografías, botes de pintura, varnices, pe quenos enseres...).

Esta actuación vén comple mentar a instalacións de dous minipuntos limpos no par que municipal de Brión e nos Ánxeles.

Melloras en Vilas, O Cabo , A Graña-Vilariño e Rañalonga

Nestes momentos, o Con cello de Brión ten en fase de execución catro proxectos de melloras viarias no muni cipio. Así, está prevista a am pliación do viario na aldea de Vilas, así como a mellora do viario na aldea do Cabo. Así mesmo, acometeranse melloras nos camiños entre Queimada e Rañalonga, así como entre A Graña e Vila riño.

Durante o verán, o Concello tamén acometeu melloras urxentes na contorna da es cola infantil dos Ánxeles, cun novo muro de protección e melloras no parque infantil. Actuacións de mellora do viario na aldea do Cabo (Os Ánxeles)

Revista Altamira 5 Actualidade
O punto móbil permitirá recoller polas aldeas de Brión residuos como as pilas e baterías, o vidro, plásticos...

O Concello acomete un plan de mellora dos parques infantís

Investirá máis de 400.000 euros na mellora e creación de novas instalacións para a rapazada

O Concello de Brión vén de iniciar as primeiras actua cións incluidas nun programa especial de melloras dos par ques infantís de todo o muni cipio, no que ten xa consigna dos máis de 400.000 euros. O alcalde, Pablo Lago, explica que esta actuación é froito “dun informe técnico que en cargamos sobre o estado ac tual de todos os parques do municipio e no que se reco llen as distintas propostas de mellora”. Así mesmo adianta que “a nosa intención é repa rar os xogos que o precisen así como incorporar outros novos, baseados na tradición galega”.

Un programa ao que se su man actuacións xa realiza das con fondos propios e a través da brigada municipal de obras, como o caso do parque infantil de Bastavales. Ademais da poda das árbo res que rodeaban a área in fantil e a limpeza tanto dos muros como das escaleiras de acceso, o Concello repa rou os xogos existentes e re

moveu a area que lle serve de base, de forma que a súa capacidade para amortecer calquera caída é homologa ble ao du chan de caucho.

A maiores, o Concello pro cedeu a arranxar os xogos e a cubrir o parque infantil do Inxerido, logo duncha ache ga de 40.000 euros da Xunta. Este parque convértese no primeiro cuberto do munici pio. Non será o último, xa que o seguirá o parque da rúa Ta rrío (ver páxina 7).

No momento de pechar esta edición, o Concello traba lla na mellora doutras dúas instalacións infantís, para as que xa ten aprobado un in vestimento de máis de 70.000 euros. As dúas primeiras ac tuacións serán a mellora dos parques infantís de Guitian de e o da Escola Infantil dos Ánxeles. Posteriormente, irase actuando nas restantes ins talacións, seguindo tanto as conclusións do mencionado informe técnico como as pe ticións dos veciños e veciñas.

O parque canino abrirá en breve as súas portas

O novo parque canino de Brión, emprazado no paseo do Río Pego, abrirá as súas portas nos próximos días. Porque, pre cisamente, é o atraso na entrega da dobre porta de seguri dade o que motiva que o parque aínda non estea aberto ao público, cando o resto do equipamento está rematado desde principios de setembro.

O parque canino brionés conta cun circuíto de agility, unha modalidade deportiva para o adestramento de cans pero que tamén é útil para os que simplemente desexan que o seu cadelo faga exercicio. Emprazado nun dos tesouros naturais do municipio, o recinto conta cun valado perimetral que evita calquera entrada/saída non desexada polo que, a pesar de ser un espazo público, os animais poden estar nel sen levar a correa.

Finalmente, queremos apelar ao uso responsable destas ins talacións, respectando en todo momento as normas estable cidas e visibles na entrada do parque.

6 Concello de Brión Actualidade
Melloras nos parques infantís do Inxerido, Guitiande e Bastavales

O Concello de Brion vén de aprobar na derradeira sesión plenaria un ambicioso plan de investimentos de 1,17 millóns de euros, entre os que des tacan os 304.000 euros para a creación dun gran parque infantil cuberto na rúa Tarrío, en Lamiño. O alcalde, Pablo Lago, explica que, ata a cubri ción do parque do Inxerido, “o resto dos parques son descu bertos, o que fai que durante moitos meses do ano non se poidan usar. Co parque da rúa Tarrío queremos cambiar esta situación e que as fami lias dispoña dun gran parque cuberto para poder desfruta lo durante todo o ano”.

O proxecto inclúe a instala ción dunha cuberta de 5 me tros de alto por 15 de longo en aceiro galvanizado. Para facelo será preciso levan tar o pavimento continuo de goma xa existente, razón pola cal non se procedeu ao seu arranxo este verán. A obra non deteriorará os xogos ac tuais, que serán desmontados manualmente para proceder á súa reparacióne limpeza (conxunto modular, balancín, columpio e caixa de area). O parque terá unha nova solei ra de formigón e pavimento continuo absorbedor de im pactos nas áreas de xogos infantís (deseñado para ab sorber caídas dende alturas de 1,5 metros). Colocarase tamén un valado de madeira para pechar a área de xogos, de 0,85 metros de alto.

A maiores, engadirase un to bogán de aceiro para nenos/ as de máis de 3 anos, un co

Ademais da cubrición do parque infantil, o Concello arranxará os xogos existentes, achegará outros novos e cambiará o pavimento actual

lumpio dobre para nenos/as de máis de tres anos; dous balancíns con resorte de dúas prazas, un carrusel de aceiro galvanizado formado polo mástil e unha platafor ma xiratoria de 3 metros de diámetro para nenos de 1 a 4 anos, cunha zona de seguri dade de 30 metros cadrados. Finalmente, instalarase unha rede tridimensional de 3 me tros de altura para nenos/as de 5 a 12 anos, cunha zona de seguridade de 77 m2 e un máximo de altura libre de caí da de 1,5 metros.

Próximas actuacións

A cubrición do parque infantil da rúa Tarrío encabeza unha serie de proxectos que ve rán a luz durante os próximos meses en Brión. Algúns deles xa teñen sido tratados nes ta mesma revista, como son os casos da ampliación dos puntos de alumeado público no municipio (pendente da confirmación da achega por

parte do IDAE) ou a amplia ción do pavillón municipal de deportes, cunha pérgola de acceso que protexerá tamén da choiva ao alumnado do colexio e do IES nas súas che gadas/subidas ao autobús (pendente da área de Con tratación da Deputación, pero que o Concello acometerá en solitario en caso de que non se solucione).

A maiores, o Concello ten pre visto ampliar a rede de abas tecemento e saneamento na aldea de Buio e iniciar un plan de substitución da sina lización das aldeas, moi des gastado polo paso do tempo. Finalmente, acometerase un ambicioso plan de mellora do pavimento nos accesos ás aldeas de Gosende, Pousada, Forxán, Mourentáns, A Igrexa, Fonte Paredes, Pazos, Bemil, Coruxido, Chave de Carballo, Soigrexa, San Salvador, Torre, Bonaventura, Ons e Tourís, en tre outras.

Ampliación da rede de fibra óptica

Máis da metade das al deas de Brión dispoñen de cobertura de fibra óptica e as restantes es tán incluids nas distintas convocatorias para a súa instalación. Porén, en oca sións xurden problemas co operador encargado da súa instalación, polo que dende o Concello ins tan ás persoas que están nesta situación a que pre senten as súas reclama cións directamente nas oficinas da casa consisto rial para tratar de axilizar no posible o despregue da rede.

Convocado o proceso de selección de 2 policías locais

A situación de precarie dade da Policía Local de Brión, cun único axente en activo, está xa ten so lución. O DOG do pasado 11 de agosto publicou a convocatoria de 78 prazas para os corpos de Policía Local de quince concellos galegos. Entre eles figu ra o de Brión, que solicita a incorporación de dous axentes. Trátase dunha nova oposición unifica da da Xunta a través da AGASP, modelo ao que se adheriu Brión grazas a unha proposta da Alcal día. Unha vez rematado o prazo de inscrición, agora resta agardar a que as persoas aspirantes su peren os 5 exercicios e o curso selectivo na AGASP.

Revista Altamira 7 Actualidade
300.000 euros para dotar a Brión dun gran parque infantil cuberto Estase traballando tamén na ampliación do alumeado público, un plan especial de pavimentación de aldeas e a ampliación do saneamento en Buio

O Concello amplía a sede do GES

A Xunta reforza o equipamento coa entrega dun furgón de emerxencias

O Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Brión conta cunhas novas instalacións para gardar os seus ve hículos e equipamento, tras unha actuación do Concello de Brión en colaboración coa Xunta de Galicia. Así o puido comprobar o director xeral de Emerxencias e Interior, San tiago Villanueva, que visitou as novas instalacións canda o alcalde, Pablo Lago Sanmartín.

O alcalde agradece a colaboración da Xunta na constru ción desta nova nave “que permitirá albergar toda a ma quinaria da que dispón o GES de Brión” e anuncioulle que “agora a nosa intención é pechar perimetralmente todo o recinto e incorporar algún elemento máis para facilitar as actuacións en lumes e excarceracións”.

Furgón de emerxencias Posteriormente, foi o vicepresidente segundo e consellei ro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen visitou Brión para facer entrega dun furgón 4,4 de servizos varios ao GES de Brión, o que supuxo un investimento de case 90.000 euros. Calvo asinou o convenio de cesión co alcalde de Brión, quen lembrou que “estaremos sempre dispostos a colaborar en calquera actuación que dende a Xunta ou dende o Concello se poña en marcha para a seguridade e benestar dos veciños e veciñas de Brión”.

A maiores, o GES de Brión recibiu diverso equipamento: un ventilador portátil con batería, unha serra sabre para ex carceracións, dúas lanzas profesionais, dous batelumes extensibles, dúas linternas ATEX profesionais de seguri dade, dous focos portátiles, unha cámara térmica, dúas mochilas extintoras e unha escaleira extensible a corda. O equipo completouse cunha bomba eléctrica sumerxible, un equipo de bomba de alta presión e material de res cate en altura (bobina, saco autoportante, mochila para barrancos, portamaterial, mosquetóns, puños bloquea dores ergonómicos, arneses de uso profesional, poleas...)

Brión e Ames terán un quinto obradoiro dual en enerxías renovables

Entrega de diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego

Os Concellos de Brión e Ames poderán desenvolver un quin to obradoiro de emprego en enerxías renovables. Un taller que terá unha duración de doce meses, tres máis co an terior, tal e como solicitaron ambos os dous Concellos e como confirmou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, no acto de clausura do obradoiro dual de empre go Renova IV. Un acto ao que asistiron os alcaldes de Brión, Pablo Lago, e Ames, Blas Gar cía, así como as concelleiras de Emprego de ambos os dous municipios, Guarina Rey e Ana Belén Paz.

No obradoiro de emprego Re nova IV tomaron parte vinte alumnos e alumnas de Brión e Ames, que se formaron na especialidade de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaica. Durante as 1.328 horas de formación, instalaron 11 paneis solares no Centro Social Polivalente, así como un sistema de enerxía aerotérmica que permitirá cubrir os gastos en climatiza ción de todas as actividades que se realizan nestas insta lacións, ademais de supoñer un importante aforro en tone ladas de CO2 ao ano. A maio res, realizáronse traballos de mantemento nas instalacións onde se instalaron paneis so lares no ano anterior, como na escola infantil de Brión, no

pavillón polideportivo munici pal de Pedrouzos ou no centro Monte Balado.

“O sector das enerxías renova bles está en constante expan sión e no que me consta que hai demanda de profesionais, sobre todo á hora de adap tar as solucións as necesida des das empresas do sector agrogandeiro do noso rural”, salientou Guarina Rey, con celleira de Emprego de Brión, quen agradeceu tamén o apoio das administracións así como ao alumnado por facer posible o desenvolvemento do Renova IV.

Pola súa banda, Gonzalo Trenor incidiu en que “estes obradoiros son a principais ferramenta que ten a Admi nistración para mellorar a em pregabilidade porque se cen tran na realización de obras de interese social, que xunto coa formación que se imparte, poden favorecer a inserción laboral”.

Finalmente, o alcalde de Ames, Blas García, agradeceu “o traballo das persoas que están detrás durante moito tempo formando e atenden do as alumnas e aos alumnos, previamente o traballo dos técnicos municipais que nos permiten optar a estes obra doiros e que vós poidades cursalos”.

8 Concello de Brión Actualidade
O alumnado do taller Renova IV instalou
paneis
solares e un sistema de enerxía aerotérmica no Polivalente

Posta en valor do noso patrimonio

O Concello pon en marcha un Grupo de Acción Patrimonial que desenvolve actividades en defensa do patrimonio

O Concello de Brión vén de poñer en marcha un proxecto innovador para poñer en valor o seu rico patrimonio a través da participación da propia veciñanza: o grupo de acción patrimonial. Unha iniciativa planificada polo Departamen to de Cultura que dirixe Sandy Cebral e cuxo proxecto está a impulsar a experta Mar Bóve da López.

Un proxecto que nace con dúas principais liñas de traba llo: a intervención nos centros educativos e no colectivo de maiores, verdadeiros depo sitarios da sabedoría tradi cional. Antes do parón estival, este grupo contaba xa con catorce persoas.

Un grupo que se puxo en mar cha no segundo trimestre do ano. A primeira acción correu da man de Luciano Pena An drade, veciño de Ons e unha das persoas que máis sabe da historia do noso municipio. Luciano deu unha interesante charla sobre o patrimonio de

Brión no CEIP de Pedrouzos so bre o patrimonio de Brión, que a rapazada puido corrobo rar días despois cunha visita guiada ás Torres de Altamira na que Luciano Pena, Sandy Cebral e Mar Bóveda lles expli caron non so os segredos das Torres de Altamira, senón ou tras curiosidades como a orixe do escudo de Brión.

No que atinxe ás persoas que integran o grupo de acción patrimonial, fixeron xa a súa primeira saída: ver as alfom bras florais dos Ánxeles e co ñecer como se elaboraban tradicionalmente, da man dunha das veciñas. O vindeiro mes de outubro, o Concello de Brión retomará esta iniciati va, aberta a todas as persoas interesadas e cuxa participa ción é totalmente de balde.

As xuntanzas teñen lugar os primeiros e terceiros xoves de cada mes no centro social po livalente. Máis información e inscricións en empregobrion@ gmail.com ou no 981 50 99 08 (ext. 32).

Revista Altamira 9 Actualidade

O Camiño da Ría Muros-Noia promoverá unha imaxe única en todo o percorrido

A Asemblea deu o visto bo a unha petición de Brión para desviar uns metros o trazado en Gundín para evitar unha zona perigosa na que os peregrinos compartían calzada con vehículos a gran velocidade

O salón de plenos do Conce llo de Brión acolleu a asem blea da Asociación de Con cellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, na que se apro baron as contas de 2021 e se acordaron distintas ac tuacións a acometer nos vindeiros meses. Entre estas actuacións figuran o des envolvemento dun plan de sinalización do Camiño e a realización de diversas ac tuacións de mellora no seu trazado.

A presidenta da Asociación, Teresa Villaverde, fixo finca pé na necesidade de “man ter unha imaxe única para o Camiño e que todas as ac tuacións que se fagan non só sexan respectuosas co patri monio senón que manteñan unha uniformidade para así lograr unha imaxe única para todo o trazado”. Unha unifor midade que se reforzará a través do plan de sinalización do Camiño, que se acomete rá durante os próximos me ses grazas á colaboración do Xeodestino Muros-Noia.

Portus Apostoli

Teresa Villaverde apostou por seguir facendo actuacións de promoción do Camiño a San tiago pola Ría de Muros-Noia e anunciou a chegada de importantes grupos de pere grinos durante o verán. Unha actividade de promoción á que xa se incorporou a marca “Portus Apostoli”, cuxo uso foi cedido á Asociación por parte do Pleno Municipal de Noia. A

Asemblea da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia celebrada no salón de plenos do Concello de Brión

Asociación agradeceulle ao Pleno e, nominalmente, ao al calde de Noia, Santiago Freire, presente na reunión, a cesión desta marca, que será em pregada para a promoción turística e cultural do Camiño a Santiago pola ría de Mu ros-Noia.

O Camiño pola ría de Mu ros-Noia é a día de hoxe o itinerario onde está máis im plantado o sistema de auto selado para as credenciais do peregrinos. Trátase dun sistema que permite ao pe regrino selar a súa credencial nas parroquias polas que dis corre o Camiño en calquera momento e sen necesidade de persoal, o que comple menta á opción de facelo nos establecementos comerciais e de hostalería.

O Camiño en Brión Finalmente, a asemblea

tamén deu o visto bo a unha petición do Concello de Brión para desviar uns metros o trazado do Camiño ao seu paso por Gundín para así evi tar unha zona perigosa onde os peregrinos tiñan que com partir calzada con vehículos que pasan a gran velocidade por unha curva de escasa vi sibilidade.

Pola súa banda, o alcalde de Brión, Pablo Lago, quen ac tuou como anfitrión desta asemblea, agradeceu a Te resa Villaverde a idea de rotar as asembleas polos distintos municipios membros e apro veitou para anunciar que o Concello de Brión vai poñer en marcha unha iniciativa durante este verán para que os veciños e veciñas que o desexen poidan realizar o Ca miño a Santiago pola ría de Muros-Noia en varios fins de semana.

Publicado un libro co estudo de historicidade

A Asociación de Conce

llos do Camiño da Ría de Muros-Noia vén de editar o libro “O camiño da pe regrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros Noia. Historicidade e delimitación do traza do”, unha publicación que é a reprodución literal do “Estudo de historicidade e delimitación do trazado do Camiño de peregrina ción a Santiago pola Ría de Muros Noia” promovi do pola Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros-Noia e a Aso ciación de Concellos do Camiño da Ría de Mu ros-Noia. Un estudo que foi entregado en xaneiro de 2020 á Xunta para ini ciar o expediente de reco ñecemento deste Camiño como ruta con historici dade.

Con este libro, a entida de quere que todas as persoas que o lean sexan conscientes de que exis ten testemuñas arqueo lóxicas e históricas sufi cientes que acreditan a historicidade do Camiño da Ría de Muros-Noia

Axudas para aforro enerxético

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, despra zouse ata Brión onde mantivo unha reunión co seu alcal de, Pablo Lago, e co equipo de Goberno para analizar os proxectos e propostas que presentou o municipio ás liñas abertas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Despois de que o Goberno Central colaborara co Concello de Brión na reno

vación enerxética do alumea do da estrada xeral que cruza o Concello por Santa Minia/ Pedrouzos, Os Ánxeles e o Tremo, o Concello presentou un novo proxecto. Ascende a máis de 2 millóns de euros, cos que busca completar os traballos de mellora e eficien cia do alumeado municipal. Isto permitirá reducir a conta minación ambiental e suporía un aforro anual de 132.000€.

10 Concello de Brión Actualidade
Visita a Brión do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones

A Deputación estuda ampliar ou construír unha nova ponte sobre o Tambre en Ons

O Concello traballa tamén nun proxecto para construír unha ponte colgante entre Negreira e Brión que poña en valor as instalacións deportivas de Ons e conecten coa senda do Pozo Negro

A Deputación da Coruña en cargou un estudo técnico para determinar a viabilidade de ampliar e reforzar a ponte de Ons sobre o río Tambre ou construír unha nova estrutu ra que permita a circulación en condicións de seguridade neste tramo da estrada pro vincial DP 1302 que conecta os municipios de Brión e Ne greira.

O presidente da Deputación, Valentín González Formo so, reuniuse cos alcaldes de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e Negreira, Manuel Angel Leis, que lle trasladaron o impor tante problema de segurida de viaria existente nesta pon te, cun ancho útil de paso de apenas 3,50 metros e que só permite o paso dun vehículo en cada dirección.

Á limitación que supón a es casa anchura do viaduto para o tráfico súmase a limi tación do peso autorizado a 16 toneladas, o que prexudi ca gravemente ao sector do transporte e ao agrícola de ambos os dous concellos. De feito, os camións, vehículos

pesados ou os tractores ven se na obriga de dar rodeos de ata 20 quilómetros. A maiores, a ponte presenta gretas e danos provocados polo paso do tempo, polo que os rexe dores consideran necesaria unha actuación urxente para a súa mellora ou substitución.

Neste sentido, Formoso anun cioulles que a Deputación encargará un estudo das po sibles solucións para a elimi nación deste punto negro da

rede viaria provincial, entre elas a posible ampliación, re forzo e mellora da ponte ac tual ou a construción dunha nova ponte con plataforma suficiente para o uso simul táneo dos dous sentidos de circulación. En cada alterna tiva determinarase o custo total das obras necesarias e a viabilidade técnica da súa execución. O departamento de Vías e Obras da Deputa ción seleccionará a mellor alternativa, que será a que

se execute finalmente para mellorar a seguridade viaria neste tramo.

Ponte colgante

Outro proxecto no que traba llan os Concellos de Brión e de Negreira é o de construír unha ponte colgante sobre o río Tambre, que conecte amboms os dous municipios. “O obxectivo final é poñer en valor tanto as instalacións deportivas municipais de Ons como a propia ruta de sen deirismo que conduce ata o Pozo Negro, pois pensa mos que esta ponte sería un atractivo a maiores”, apunta Pablo Lago.

O Concello pretende mello rar e poñer en valor a ruta do Pozo Negro, facilitando a súa accesibilidade, sobre todo no acceso á segunda das fervenzas. Así mesmo, na contorna das instalacións de piragüismo, colocarase unha tirolina sobre o Tambre e apostarase por ese espazo como un lugar para a prác tica de todo tipo de deportes de auga e incluso rutas ca balares pola contorna.

IES de Brión imparte o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

O

O IES de Brión impartirá des de este curso 2022-2023 o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, coñecido como “STEMBach”. Despois de moitos esforzos do Concello e da comuni dade educativa, o centro brionés será un dos 45 insti tutos galegos que ofrecerán este ano esta modalidade de Bacharelato, que inclúe a realización dun proxecto de investigación, con posterior defensa pública, unha ma teria extracurricular sema nal e actividades comple mentarias de formación.

O STEMBach contribúe a afondar no traballo das competencias matemá

tica e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procede mentos da investigación e do método científico, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico. Facilita tamén a ad quisición de competencias transversais, como a creati vidade, o sentido da inicia tiva e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensa mento crítico e a cidadanía global; así como a mellora das destrezas comunicati vas e expresivas, con énfase na comunicación e divul gación científica, nas com petencias dixitais e na in corporación da intelixencia artificial. A Xunta implantou

O STEMbach ten

esta iniciativa por primeira vez no curso 2018/19, que se foi consolidando ata che gar aos 726 alumnos o cur so pasado.

unha duración de dous cur sos académicos e pode in corporarse a el o alumnado de calquera das modalida des de Bacharelato.

Revista Altamira 11 Actualidade
Asemblea da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia celebrada no salón de plenos do Concello de Brión

BERNARDO ADEVA ANDANY, catedrático de Física Atómica e Nuclear da Universidade de Santiago

“En Galicia faise boa Física e investigación de alto nivel”

Bernardo Adeva Andany é catedrático de Física Atómica e Nuclear no Departamento de Física de Partí culas da USC e membro fundador, e primeiro director, do Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE). Re sidente en Brión dende 1994, rememora estes días o achado do Boson de Higgs, agora que se cumpre o seu décimo aniversario. Non en van dirixiu durante 20 anos o grupo de Física de Altas Enerxías (GAES) da USC e coordinou a participación española no experimento LHCb do CERN, dedicado ao estudo da asimetría materia/antemateria no acelerador LHC (Gran Colisionador de Hadrones). Considerado por moitos como “a parte galega do Boson de Higgs”, este veciño de Pedrouzos está casado e ten dous fillos, Lucía e Guillermo, que non seguiron os seus pasos na Física, senón que optaron polas Ciencias das Saúde.

- Cúmprense 10 anos da confirmación do Bosón de Higgs, aquel 4 de xullo de 2012, como lembra ese mo mento?

-

Pois teño un recordo espe cial porque estabamos aquí na Facultade de Física cun premio Nobel de Física, Shel don Lee Glashow, facendo unha videoconferencia. Así coñecimos o descubrimen to.

- Cal é a utilidade para a humanidade ter confirmado o Bosón de Higgs?

- O Bosón de Higgs véne a confirmar dalgunha forma as ideas que se tiñan sobre a unificación das interac cións electromagnéticas e as interaccións nucleares débiles. Esa unificación xa

era coñecida na física teó rica desde o 1967, cando a postulou o físico americano Steven Weinberg. Non su pón nova física, senón que se confirmaron as que xa se tiñan. Non é de utilidade in mediata, pero agora se sabe que hai bo fundamento para creer no Modelo Estándar da Física de Partículas. Neste senso, enténdese ben que moitos fenómenos astrofí sicos, como a explosión das supernovas, ten que ver co electromagnetismo, a través do campo de Higgs e do Bo són de Higgs.

- O Gran Colisionador de Hadróns fixo unha parada pero agora en 2022 empeza unha terceira fase, que podemos esperar dela?

- Durante estas dúas fases anteriores fixérose moitas publicacións, onde a USC participou desde o principio. Ademais do Bosón de Higgs intentouse non so confirmar, senón quebrar o Modelo Es tándar. Así, buscáronse no vas partículas que a teoría dicía que tiña que estar alí, e non se encontraran. Nesta terceira etapa refinaranse as medidas e dotarase ao acelerador da luminosida de, é dicir, de intensidade. Haberá moitos máis protóns e veranse con moita preci sión cousas que con menos intensidade non poderías ver. O acelerador estará no CERN polo menos vinte anos, xa que é o único dispositivo construido ata a data capaz de detectar partículas pe

sadas máis aló do Modelo Estándar da Física de Partí culas, como novos bosóns electrodébiles (Z´) ou novos bosóns de Higgs”.

- Falaba da colaboración da Universidade de Santiago que vostede encabezou, cal foi o papel da USC?

- O meu grupo na Universi dade de Santiago xa parti cipara noutros experimen tos anteriores do CERN. Pero neste do colisionador do CERN, onde hai 4 grandes experimentos, nós partici pamos nun especial: LHCb onde estudiamos con moita precisión as diferenzas en tre materia e antimateria. Propuxémolo no ano 98 e o meu grupo estivo aí desde o inicio do experimento, cando

12 Concello de Brión
Entrevista

había 30 ou 40 institucións.

Agora hai máis de 100.

- Coa crise, reséntese a inversión en investigación?

- Actualmente estamos no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), que fundei no 2000 e conta cun ha boa financiación tanto de España como da Xunta. E hai moitos proxectos. Non estamos mal de medios.

- Acaba de presentar un novo libro, en qué consiste?

- É un libro sucinto, moi pre ciso sobre Mecánica Cuánti ca non so para alumnos de Física senón para profesio nais, profesores ou incluso enxeñeiros.

- Hai interese na Física?

- Nos anos que levo dando charlas no Instituto aquí en Galicia sempre vexo gran in terese pola Física. O interese e o coñecemento refléxanse nas preguntas que me fan nas charlas. Ademais, houbo un aumento de alumnos nos últimos anos en Física.

- Quizais ese interese pode vir derivado polo éxito de series como Big Bang Theory?

- Non cabe dúbida, no inte rese pola Física de Partícu las, Cuántica… pois influiron este tipo de series de televi sión. Non se puede negar.

- Faise unha boa Física en Galicia?

- En Galicia faise boa Físi ca. Creo que facemos unha investigación de alto nivel en distintos campos: física de partículas, astropartícu las e tamén física nuclear... Teño sorte de ensinar Física Cuántica e de Partículas e é un pracer ensinar a xente nova.

- Estamos máis preto de descubrir o que pasou uns segundos despois do Big Bang?

- Efectivamente. Nestes ace leradores de alta enerxía como o do CERN, é verdade que se reproducen estas condicións no inicio do uni verso tras o Big Bang. Neses primeiros instantes, o univer so estaba moi quente e en continua expansión. Ao estar moi quente, as partículas ti ñan enerxías elevadísimas e iso tentamos reproducir

no laboratorio. Dotamos ao acelerador dunha ener xía elevadísima e facémolo colisionar. Nunca lograre mos ter tanta enerxía como houbo nese momento, pero facemos o que podemos.

Lembro que no 2009 houbo un pequeno problema que causou un atraso dun ano na posta en funcionamento do acelerador, que a xente nos preguntaba se podería mos crear buratos negros. Isto está motivado polo co ñecemento que teñen moi tos físicos teóricos da gra vitación. O certo é que se o acelerador fose tan perigo so, xa se tería visto na Lúa.

É dicir, hai moitas partículas de moi alta enerxía que es tán no universo e impactan na Terra e na Lúa.

- De cara ao futuro, que proxectos tene?

- O meu interés é seguir par ticipando nos experimentos, pero sen estar en primeira liña como estiven durante 20 anos dirixindo o grupo de Física de Partículas, que é cando máis se desfruta.

- Deses experimentos, cal espera que saia adiante?

- Desde o meu punto de vis ta, este experimento do que falei, o experimento LHCb no

CERN, é o traballo que é un dos proxectos estrela deste instituto. Tamén hai moita actividade en Física Teórica, hai moi bos físicos teóricos e outros que participan en dis tintos aceleradores de física nuclear que hai en Europa. Ademais de experimentos de astrofísica.

- Para rematar, como chegou a Brión?

- Cheguei a Brión no 1994, un ano despois de conseguir a miña praza. Pareceume un pobo bonito e non o pensei dúas veces. Gústame a pai saxe, os paseos... é un lugar tranquilo, rural...

Revista Altamira 13 Entrevista
Bernardo Adeva, xunto a unha exposición que conmemora o décimo aniversario do achado do Bosson de Higgs e que se pode visitar na sede do Insituto Galego de Física de Altas Enerxías en Santiago de Compostela

Case medio milleiro de veciños e veciñas recuperan a Festa dos Maiores

Case cincocentos veciños e veciñas participaron este domingo na Festa dos Maiores do Concello de Brión, unha das celebra cións máis antigas da provincia e que volveu ter lugar despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia sanitaria. O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, foi o encargado de darlles a benvida aos maiores, tras a tradicional misa que tivo lugar no patio do IES Brión a cuberto da chuvia intermitente da xornada.

Tras picar un pouco de bica e botar unhas bailas ao ritmo dun grupo de gaiteiros e de Ruth Cundíns, os maiores desprazáron se uns metros ata o polideportivo municipal de Pedrouzos, onde tivo lugar o xantar de confraternidade. Unha comida da man da Pulpería Potel a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro e queixo con marmelo.

14 Concello de Brión Servizos Sociais

Teatro das Maniotas gaña o 1º premio Buero de Teatro Xove da Fundación Coca-Cola

O grupo de teatro do IES de Brión foi o primeiro grupo da comunidade galega en gañar este prestixioso certame

Teatro das Maniotas, o gru po de teatro do IES de Brión, gañou o primeiro premio na decimonovena edición dos galardóns Buero de Teatro Xoven, convocados pola Fun dación Coca-Cola a nivel na cional. Despois de vencer na fase autonómica, os mozos e mozas de Brión desprazáron se o pasado mes de xuño a Madrid, onte tivo lugar a Gala Final do certame no Centro Dramático Nacional no Teatro Valle Inclán.

A Fundación Coca-Cola reco ñeceu o traballo dos rapaces e rapazas do IES de Brión, di rixidos polas profesoras Loly Santos e Ari Álvarez, premian do a súa obra “As do peixe”, re presentada en lingua galega. O segundo premio foi para o grupo do taller de teatro do IES Navarro Villoslada de Navarra coa obra “Mis amigos de en tonces” e o 3º premio recolle uno o grupo de teatro do IES Josep Maria Llompart de Ma llorca con “La Edad de la Ira”.

Dende o grupo de Teatro das Maniotas amósanse moi ledos con este primeiro posto e indi can que “os premios non sig nifican nada e significan todo. Os Premios Buero da Fun dación Coca-Cola eran uns descoñecidos para nós ata o curso pasado. Sabiamos que se presentaban moitos gru pos. Sabiamos que era difícil. Sabiamos que somos cam

pioas en perder así que, como di Lisa en As do Peixe, dixemos: de perdidas á ría... e conse guímolo dentro dun ambiente moi san, onde todos os grupos nos apoiamos e aplaudimos e onde todos e todas somos gañadoras”.

A estes recoñecidos premios que convoca a Fundación Co ca-Cola lévanse presentando preto de 100.000 persoas mo zas ao longo dos seus 19 anos de vida. Teatro das Maniotas non é só o primeiro grupo ga lego en gañar este premio, tamén foi o primeiro en che gar á fase final. En canto ao primeiro premio nacional na Categoría non escolar foi para a compañía madrileña moza Kwenderin Produccións pola súa obra “Tributo a Hamilton”.

Cuarta eidición da Feira Labrega

A carballeira de Santa Minia acolleeu a cuarta edición da Feira da Carballeira, organizada polo Concello en colabo ración coa Asociación Darredor. Unha feira na que toma ron 18 postos de produto labrego, ecolóxicos, artesán, viveiro (horta, xardín, flores, froiteiras...)ou de segunda man. Para lelamente, a organización programou varias actividades recreativas e de balde: un roteiro mitolóxico, unha sesión vermú, o contacontos “Samaín: a orixe” e unha foliada co alumnado da Escola de Música e Baile Tradicional de Brión.

Algúns destes postos son participantes asiduos do Mercado semanal Daquí Darredor, que ten lugar todos os venres no terceiro andar do centro comercial Monte Balado, en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Revista Altamira 15 Servizos sociais

Volven en outubro os bailes quincenais con música en directo no Polivalente

Abertas as inscricións para participar nas actividades para maiores, na excursión a Málaga e no programa Coidados porta a porta

O Concello de Brión retoma o tradicional baile quince nal con música en directo no centro social polivalente, unha iniciativa totalmente gratuíta e dirixida a veciños e veciñas de máis de 55 anos. Despois dun parón provocado pola pandemia sanitaria, primeiro, e polas restricións posteriores, o primeiro destes bailes quin cenais terá lugar na tarde do domingo 9 de outubro.

Así mesmo, o Concello ten aberto ata o 23 de setembro o prazo de inscrición no curso 2022/23 das actividades para maiores, que se desenvolve rán nas instalacións do cen tro social polivalente a partir do luns 3 de outubro. As acti vidades que se ofertan para veciños e veciñas maiores de 60 anos son: piscina, ximna sia, mente activa, informática e grupo de teatro. Así mesmo, ofrécese un obradoiro de ma nualidades, pero sen ningún tipo de restrición por idade. Máis información e inscricións no teléfono 981 50 99 10.

Excursión dos maiores

Unha semana despois, o 30 de setembro, pecharanse as inscricións na Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino Málaga do 17 ao 23 de outubro. Unha viaxe dirixida a veciñanza empa droada en Brión e con máis de 55 anos, que poderán ser acompañados polos cónxuxes ou parellas coas que convi van. O prezo da viaxe é de 624 euros (en habitación dobre) ou 814 euros (en habitación

individual) e inclúe voos di rectos de ida e volta con Vue ling, seis noites nun hotel de 4 estrelas en Benalmádena en réxime de pensión completa e traslados do aeroporto ao ho tel, así como visitas a Málaga, Mijas, Ronda, Nerja, Almuñecar, Antequera, Puerto Banús, Mar bella... e cea de despedida en Torremolinos. Máis informa ción e inscricións no teléfono 981 50 99 10.

Coidados porta a porta Finalmente, o autobús do pro grama “Coidados porta a por ta” estará na explanada de Santa Minia os días 6, 7 e 10 de outubro para ofrecer servizos gratis en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de 55 anos en Brión. Para poder participar só é preciso solicitar cita pre via no 622 748 283 ou no mail coidadosportaporta.politica social@xunta.gal.

Esta iniciativa, posta en mar cha pola Consellería de Po lítica Social, conta co finan ciamento da Unión Europea a través do Plan de Recupe ración, Transformación e Re silencia. Permitirá que as per soas maiores poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxi ca para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cog nitiva e exercicios de estimu lación para a prevención de enfermidades neurodexene rativas coma o Alzhéimer.

16 Concello de Brión Servizos Sociais

Cultura e deportes

Un espectáculo de luz e son, principal novidade da Romaría de Santa Minia

O Concello de Brión vén de dar a coñecer a programa ción especial co gallo das Festas de Santa Minia, que terán lugar do venres 23 ao martes 27 de setembro. Unha programación xa libre das restricións da pasada edi ción, de xeito que se recupe ran os concertos e verbenas, así como os postos de venda ambulante ao longo da ave nida de Santa Minia.

A principal novidade desta edición será un espectácu lo de luz e son que terá lugar na madrugada do luns 26 ao martes 27 de setembro, subs tituíndo á tradicional queima da fachada. “Minia no soño da paz” é un proxecto de vi deomapping que porá en escena varios fragmentos da vida da Santa, que contará a súa historia aos asistentes. Ao longo de nove escenas, con efectos de luz, de son e de imaxe, os veciños e veciñas de Brión non só poderán ver a figura de Santa Minia, senón tamén asistir a unha queima virtual da fachada, entre ou tras sorpresas.

Outra das novidades é a ce lebración do VI Festival Mo necadas, entre o sábado e o martes, ás 17:00 horas, na praza do Concello. Por el pa saran a galega Cris Collado con “Pepa a loba” (sábado 24), a francesa Nauta con “A elegancia está nos zapatos” (domingo 25), o danés Alex Marionettes con “Mr Barti Pu ppet Show” e a italiana Irene Vecchia Buratini con “Pulcine lla” (martes 27).

Música e postos de venda O Concello ten preparado un intenso programa de activi dades para os cinco días da festa, onde a música ten unha especial relevancia. Por unha banda, recupéranse as tradi cionais verbenas nocturnas coas actuacións de orques tras como Finisterre (domingo 25), París de Noia (luns 26) ou Olympus (martes 27), que non terán lugar na Carballeira de Santa Minia, senón nunha fin ca a carón das pulperías. Por outra, organízanse concertos con grupos que xa obtiveron un gran éxito no municipio como Pelepau e Banda Ba

cana (venres 23), Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e Os de Porfía (sábado 24), De Vacas (domingo 25), Unión y Fuerza (luns 26) ou a local Ruth Cun díns (martes 27).

O tráfico pola avenida de Santa Minia estará interrom pido entre as 16:00 horas do luns 26 e as 23:00 horas do martes 27 de setembro debi do á instalación dos máis de 150 postos e casetas de ven da que se situarán na zona. Venderán rosquillas, roupa, produtos de segunda man, embutidos, larpeiradas, lico res, filloas, ferramentas, arte sanía, velas, imaxes relixiosas, xeados... Así mesmo, cinco polbeiras estarán instaladas a pé da carballeira, venden do máis de 5.000 quilos de polbo e grandes cantidades de churrasco, entre outros produtos.

Programación

O programa de actividades

dará comezo na tarde do venres 23 de setembro, con tres actuacións do Mago An tón co seu espectáculo “Mil maxias máis) ás 17:00, 18:00 e 19:00 horas na carballeira. O mesmo lugar acollerá a partir das 21:00 horas o concerto de Pelepau e Banda Bacana.

O grupo de gaitas Devagariño e a charanga Os Jalácticos porán a música na carballei ra e a súa contorna durante o sábado 24 de setembro. Tras a primeira actuación do VI Festival de Monecadas, ás 19:00 horas a praza do Con cello acollerá unha das ac tuacións tradicionais destas festas: o concerto das esco las de danza e música tradi cional do Concello de Brión. Pecharán a xornada Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e

Os de Porfía, cun concerto a partir das 21:00 horas.

O domingo 25, a charanga Os Celtas de Negreira encarga rase da música durante toda a xornada, acompañados ás 10:00 horas polo grupo de gai tas Airiños do Petouto. A ban da municipal de Brión dará o seu tradicional concerto ás 13:00 horas, que dará paso a unha sesión vermú coa cha ranga Os Celtas. Pola tarde, tras o Monecadas, a carba lleira acollerá o concerto do grupo De Vacas. A verbena coa Orquestra Finisterre terá lugar a partir das 23:00 horas.

O luns 26, Día de Vésperas, a música correrá a cargo do grupo de gaitas Devagariño e das charangas Os Celtas e Os Jalácticos. O grupo Unión y Fuerza protagonizará a sesión vermú e un concerto ás 21:00 horas, ambos na carballei ra. Ás 0:00 horas terá lugar o mencionado espectáculo de luz e son, acompañado por unha tirada de fogos de arti ficio. A xornada pecharase co concerto da París de Noia, a partir das 0:30 horas.

O Día de Santa Minia estará amenizado polas charangas Noroeste e Os Celtas. O grupo de gaitas Airiños do Petouto abrirá as actuacións ás 10:00 horas, seguido dun pasa calles de Dixie Kings a partir das 12:00 horas. A artista local Ruth Cundíns protagonizará a sesión vermú na carballeira a partir das 14:00 horas. Pola tarde, tras o festival moneca das, La Ocaband presentará o seu espectáculo musical “Camiñantes e Cantantes”, que será seguido da actua ción da orquestra Olympus a partir das 23:00 horas.

No que atinxe aos actos re lixiosos, a novena terá lugar do 17 ao 25 de setembro, ás 10:00 e 20:00 horas. O luns 25 (Véspera), haberá oficios de mañá (10:00 e 12:00 horas) e tarde (18:00, 19:00 e 20:00 ho ras). O Día de Santa Minia, a misa solemne será ás 13:00 horas. Os demais oficios te rán lugar tanto en horario de mañá (9:00, 10:00, 11:00 e 12:00 horas) como de tarde (17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas).

Revista Altamira 17
A Romaría recupera os postos de venda ambulante, as orquestras e os concertos e inclúe o VI Festival Monecadas

e deportes

Os 24 artistas dos XV Encontros coa arte de Brión homenaxean á figura de Laxeiro

A décimo quinta edición dos Encontros coa Arte do Con cello de Brión reuniu a un to tal de 24 pintores, fotógrafos, músicos e escritores de toda España que renderon unha emotiva homenaxe ao pintor José Otero Abeledo “Laxeiro”. Unha homenaxe ao pintor de Lalín, un dos renovadores da vangarda artística galega, que contou con testemuñas de primeira man como José María Barreiro, Alberto Barcie la ou Siro, amigos persoais de Laxeiro.

O alcalde, Pablo Lago, agra deceu a participación dos 24 artistas xa que “despois de dous anos de pandemia, e cunha edición virtual polo medio, era o momento de verse as caras”. Así mesmo, felicitou ao José A. Regidor, Frutos Casado de Lucas, José Galarzo e María Carmen Mar tínez, que impartiron un obra doiro de pintura de acua rela ao alumnado do CEIP de Pedrouzos. “Quen nos di que desas clases non poida saír outro pintor ou pintora?”, apuntou Lago Sanmartín.

Porén, a choiva condicionou o desenvolvemento desta

edición de 2022, ata o punto de cambiar toda a xornada do sábado, que se desprazou as sesións de pintura natural ata a vila de Noia, buscando o amparo dos soportais da súa zona vella. Aló, os 24 artis tas desta edición desfrutaron tamén dunha zona desco ñecida neste evento, que xa ten saído noutras ocasións do municipio a lugares como Pontemaceira (Ames) ou Rianxo, entre outros.

Exposición e mercado

Os 24 artistas participantes nesta edición de 2022 foron:

Paula Carballeira, IV Premio Laudamuco

A actriz e escritora Paula Carballeira Cabana (Fene, 1972) recolleu o IV Premio Laudamuco para textos teatrais en galego, que lle foi entregado pola con celleira de Cultura, Sandy Cebral Gómez. Carballeira, actualmente residente en Teo, concorreu ao certame con ‘Dentes de coello”, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da súa obra, cuxos primeiros exemplares foron entrega dos entre o medio cento de persoas asistentes. Unha edición realizada por Edi cións Positivas que, xunto coa Academia Galega de Teatro, colaboran co Con cello de Brión “nesta viaxe

de poñer en marcha e man ter o premio anual máis im portante do teatro en gale go”, salientou Sandy Cebral, quen lembrou que “en catro anos fomos quen de fomen tar a redacción de máis de 170 pezas orixinais”.

No seu discurso, Paula Car balleira agradeceu o esforz das entiades que convocan este premio: “e importante para a cultura galega en xeral, e para os escritores en particular, sentirnos arrou pados”. Carballeira Cabana puxo en valor o teatro por que “fomenta a imaxinación como ningún outro xénero. Ler unha obra de teatro e crear unha posta en esce

Alba Roqueta, Antón Sobral, Beatriz Ansede, Camilo Seira, Carmen Hermo, Chelo Rodrí guez, Frutos Casado de Lucas, Javier del Valle, José A. Regi dor, José Galarzo, Laureano Vidal, Manuel Ayaso, Manuel Méndez, María Carmen Mar tínez, María Xesús Díaz, Paco Casal, Rafael Arroyo, Ricardo de Arce, Ricardo Rilo, Siro, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xosé Vázquez Castro e Xosé Vizoso.

Todos eles participaron na inauguración da exposición coas obras doadas no “XIV

Encontro coa Arte, Lembran do a Antón Fraguas”, 33 obras que se puideron contemplar na sala de exposicións e que xa forman parte da pinaco teca municipal do Concello, así como as 24 obras cedidas este ano e que conformarán a próxima exposición, que verá a luz de aquí a un ano.

Durante o encontro, na sala municipal de exposicións esti vo aberto un Mercado da Arte onde o público que o desexou puido visitar e mercar obras dos distintos artistas partici pantes nos Encontros.

na, unha luz, unhas interpre tacións, unha música, uns personaxes... é un xénero completo”.

Sobre “Dentes de coello”, dixo que “a miña intención é que, se finalmente se mon ta, quizais a vise moita xente nove. É un intento por atraer xente nova ao teatro e me gustaría que os que a viran se sentiran reflectidos nela”.

O xurado destacou “a at mosfera da peza na que o soño, a realidade e a vio lencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosférica”. Paula Carballeira sucede no pal marés do Premio Laudamu co a Francisco Antonio Vidal Blanco, Raúl Dans e Xavier Lama López.

18 Concello de Brión Cultura
A
choiva obrigou a alterar as sesións de pintura ao natural, cunha xornada en Noia
Foto de familia dos e das artistas participantes nos XV Encontros coa Arte. Homenaxeando a Laxeiro

Cultura e deportes

O teatro protagonizará a programación cultural do derradeiro trimestre do ano

O programa inclúe actividades

O Departamento de Cultu ra achéganos un adianto do que será a programación cultural do derradeiro trimes tre deste 2022, onde o teatro será o principal protagonista. Isto é así, en gran medida, de bido á sinatura dun convenio de colaboración entre o Con cello e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fe gatea) que permite que nos dous últimos anos esteamos desfrutando das mellores ac tuacións de teatro amador.

O próximo ciclo terá lugar este mes de outubro, con tres actuacións no centro social polivalente ás 20:00 horas. Abriremos o telón con Ave laíña Teatro e a súa peza “A Lola” o sábado 1. O sábado 15 será a quenda da Asociación de Mulleres de Moaña, que porá en escena “Casa de Bru xas”. Finalmente, o sábado 29 chegará “Nadal na casa dos Lamelo”, da man de Achá dego Teatro. O Fegateatro incluirá tamén unha actua ción en decembro, pois o día 17 Farándula Velutina porá en escena “A derradeira bala”, ás 20:00 horas no polivalente.

Outubro tamén traerá o proxecto premiado no cer tame “Fondo de proxectos Culturais Reino de Galicia 2021-2022”, convocado pola Deputación. “Eu son de vos muito maravillado” inclúe dúas actividades. O venres 21 de outubro, ás 18:30 horas, a sala de exposicións acollerá a presentación do proxecto coa intervención de Anselmo López Carreira, Xosé Ramón Penas Sánchez e Andrés Díaz Pazos. Posteriormente, pre

sentarase “O pranto da Frou seira revisitado”, poemas de Eva Veiga, Elvira Ribeiro e Luís Valle musicados en voz de Belén Bermejo e con Andrés Díaz ao laúde e vihuela. Ade mais, o domingo 30, ás 19:00 horas, a igrexa de Santa María dos Ánxeles acollerá o espec táculo “Eu son de vos muito maraavillado”, drama e músi ca no solpor do Reino Medie val de Galicia con música do Grupo de Música Antiga 1500 e dramatización de Eva Vei ga e Xosé Manuel Fernández Castro, “Pepes”.

Completan a programación de outubro “A lúa vai encu berta”, peza de Incendiaria / A Quinta do Cuadrante o sába do 8, ás 20:00 horas, no poli valente. A sala de exposicións acollerá o xoves 13 o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, “Maxia na rúa”, a partir das 17:30 horas. Un día des pois, no mesmo lugar ás 20:30 horas, Charo Pita presentará o seu libro “Retratos en bran

como o magosto e o Festival Brión

co e negro”. E para os máis pequenos dúas propostas: contacontos “Andar aos bios bardos: contos baixo o freixo engurrado” de Charo Pita (venres 21 ,ás 18:00 horas na sala de exposicións) e “Don Gaiferos”, con Os Monicre ques de Kikas (sábado 22, ás 20:00 horas, no polideportivo).

Festival Brión Inclúe O Festival Brión Inclúe volverá converte Brión na capital na cional da arte inclusiva, con múltiples actividades entre os días 4 e 13 de setembro. O venres 18 de setembro, Qui co Cadaval e Pablo Castaño

presentarán no polivalente o espectáculo “Ornithology”. O mesmo escenario e a mesma hora acollerán o sábado 19 a peza “O porco de pé”, de Pro duccións Teatrais Excéntricas; e o sábado 26, Malasombra Teatro porá en escena “Sos”.

E en decembro, a falta de pechar a programación es pecial do Nadal, o poliva lente acollerá outras dúas actuacións teatrais: “Morte accidental dun anarquista”, de Talía Teatro (sábado 3, ás 20:00 horas) e “Feminíssi mas”,de Ste Xeito Producións (venres 16, ás 21:00 horas).

Revista Altamira 19
tradicionais
Inclúe

Cultura e deportes

O Bastavales celebra as súas vodas de ouro

O Bastavales UD celebrou o seu 50 aniversario cunha comida na que participaron todos os xogadores, técni cos e directivos do club. Para conmemorar estas vodas de ouro, a Real Federación Ga lega de Fútbol (RFGF) fíxolle entrega dun diploma conme morativo. A presidenta Ana Bouzas recolleu a distinción de mans de Manolo Lores, di rectivo da RFGF, e en presenza do alcalde de Brión.

Unha celebración que co mezou cun cambio de imaxe, coa presentación dun novo logotipo deste cincuenta aniversario. Así mesmo, Ana Bouzas confirma que dende o club traballan “na edición dun libro centrado na histo ria do club, con entrevistas a todos os presidentes e anéc dotas destes cincuenta anos”, cuxa edición tivo que adiarse

debido á pandemia sanitaria. “Agora xa retomamos o tra ballo e contamos coa cola boración do xornalista Xoán Freire, que se puxo á fronte do proxecto e o obxectivo é pre sentalo a final da temporada,

A VII Andaina Terras de Altamira reuniu a máis de 500 persoas

cando se inaugure a remo delación do campo”, adianta a presidenta do club.

Campo de fútbol

O alcalde adianta que “imos investir case 550.000 € nun

ha remodelación integral do campo de fútbol do Basta vales, que se atopa en ma las condicións debido ao seu uso”. As obras consistirán nunha ampliación da super ficie do campo en dez me tros, así como a substitución do céspede actual por outro sintético de última xeración.

“Coas novas dimensións, non só se poderá xogar ao Fút bol-11 en Bastavales, senón que tamén disporemos de dous campos para xogar ao Fútbol-8”, explica Pablo Lago.

O proxecto tamén inclúe un novo alumeado, con catro torres de 20 metros e proxec tores LED. Así mesmo, cons truirase unha rede para a recollida da auga da chuvia, para que non se encharque a contorna, e instalarase unha nova rede de rego e un peche da zona en aluminio.

Máis de medio milleiro de persoas tomaron a saída da VII Andaina Terras de Altamira, que discorreu por sendeiros recuperados ex presamente para esta ca miñata, ao tratarse de an tigos camiños en desuso que no seu tempo servían de paso de carros entre as distintas aldeas pero que co tempo foron quedando abandonados diante da aparición de estradas que ofrecían unha mellor comu nicación.

O día acompañou, tal e como salientou o alcalde, Pablo Lago, encargado de dar a saída dende a Car balleira de Santa Minia e que acompañou aos atletas durante un tramo da proba. “Para un Concello pequeno como Brión é un pracer con tar con máis de medio mi

lleiro de persoas ateigando esta carballeira, que cada vez queda máis pequena ante o éxito de participa ción desta proba”, destacou o alcalde, quen aproveitou para felicitar á asociación O Esquío no Piñeiro polo seu traballo na organización da proba.

Dende primeiras horas da mañá, centos de automó biles foron enchendo as dis tintas parcelas reservadas para o aparcamento e re collendo o dorsal e a bolsa do sendeirista. Antes de saír, non foron poucos os que aproveitaron a presenza dun food-track na zona para coller forzas. A diferencia de outras edicións, a andaina non estivo organizada en aneis, o que permitiu chegar a lugares que noutros anos non eran alcanzables por ter

que volver ao punto de orixe como poden ser o Camiño de Santiago, o Pozo Negro... ademais das xa tradicionais Torres de Altamira.

Nesta ocasión, o trazado es tivo marcado de forma que era común para todos, con desvíos para volver á Car

balleira segundo a persoa quixera cubrir 14 km, 36 km ou os 50 km finais. Unha vez máis, a proba estivo incluída na Copa Galega de Andai nas de 50 km da Federación Galega de Montañismo e na Liga de Sendeirismo da Fe deración Española de Mon tañismo.

20 Concello de Brión
Traballa nun libro sobre a historia do club, que se presentará xunto á remodelación do campo de fútbol
Desfrutaron da riqueza natural e cultural de Brión a través dos sendeiros recuperados para a proba
O Bastavales UD recibiu un diploma conmemorativo do seu 50 aniversario por parte da Real Federación Galega de Fútbol

A XXXIX Carreira Pedestre da Amaía terá lugar o 1 de outubro

A carreira é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo

O Concello de Brión, en cola boración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, or ganiza a 39 edición da Ca rreira Pedestre da Amaia, que terá lugar o sábado 1 de ou tubro, a partir das 17:00 horas.

A proba deixa a un lado as restricións da pasada edición pero que mantén o cambio de emprazamento, polo que terá lugar na contorna do parque municipal de Pedrou zos e non na Carballeira de Santa Minia.

A carreira é unha proba ofi cial da Federación Galega de Atletismo e terá lugar baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Fede ración Galega de Atletismo.

Será puntuable para o VIII Cir cuíto de Carreiras da Deputa ción da Coruña. As inscricións poden formalizarse ata as 14:00 horas do 28 de setem bro en www.carreirasgalegas. com. Os adultos aboarán 5

euros, de balde para o resto. 1.000 euros en premios

A carreira repartirá mais de 1.800 euros en premios e aga sallará a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas.

Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primei ros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 250, 200 e 150 euros, respectiva mente.

Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados no Concello de Brión, así como para os primeiros clasificados das oito categorías estableci das. Estes premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes ás per soas empadroadas en Brión.

As probas das categoríasme nores, que abranguen dende pitufos, sub 8, sub 10, sub 12,

sub 14 ata sub 16 terán lugar na contorna do parque de Lamiño e do Paseo de Pe drouzos, sobre unhas distan cias que oscilan entre os 100 metros e os 2 quilómetros. A

proba absoluta dará dúas voltas a un circuíto de 5 km aproximados (98% asfalto e 2% terra en bo estado), com pletando deste xeito un total de 10 km.

Pedrouzos acolleu o primeiro campionato de España júnior masculino de voleibol

O torneo trouxo a máis de 400 deportistas de elite a Brión, Negreira e Ames

As instalacións deportivas de Brión, Negreira e Ames acolleron a primeira edición do campionato de Espa ña de voleibol na categoría júnior masculina, que reu nirá do 25 ao 29 de maio a 21 equipos con máis de 400 deportistas de elite. Un cam pionato organizado pola Real Federación Españo la de Voleibol e o CD Padre Faustino, en colaboración cos tres Concellos e a Depu tación da Coruña.

Brión acolleu 12 dos 65 par tidos disputados. O campio nato gañouno o equipo do CV Valencia, que venceu por 3-0 ao Vóley Palma. Com

pletou o podio o Cisneros Alter, que superou ao Barça Voley por outro 3-0. Á entre ga de premios acudiron os alcaldes de Brión, Ames, a tenente de alcalde de Ne greira; así como o presiden te da Federación Galega de Voleibol

Pablo Lago destacou a im portancia de que “os con cellos nos unamos para promover estes eventos que serven para atraer centos de visitantes, o que de se guro agradecen os nosos hostaleiros e comerciantes”. e que esperamos que a Fe deración conte connosco en máis ocasións”.

Revista Altamira 21 Cultura e deportes

Arte urbana e feminista na piscina

Brión participou un ano máis no Delas Fest, o festival feminista de arte urbana e contextual. A artista ordense Djiana Rodeiro, “Nana”, realizou unha intervención na piscina municipal chamada “A pita cega”. Trá tase dunha composición colorista e alegre que, mediante unha na rrativa articulada en dous planos, reivindica o papel central do xogo na construción identitaria e, á vez, convida a reflexionar sobre os velos que nubran a análise da realidade (ás veces para volvela delibera damente opaca). Na escena, adquire un protagonismo relevante a rocha do patio do cole de Pedrouzos, que marcou (literalmente, os pantalóns e, emocionalmente, os recreos) de varias xeracións. Unha vez máis, o traballo de “Nana” caracterízase polo protagonismo dos personaxes femininos. Unhas figuras e unhas cores aparentemente infantís e inocentes pero que agochan mensaxes máis críticas e que convidan aos observadores a deterse diante da obra e ler entreliñas.

Brión, capital nacional da cerámica

Un total de 26 persoas do ámbito nacional e internacional acudiron a Brión para participar nun obradoiro de cerámica no taller de Nano Unzueta, experto ceramista con máis de 42 anos de experiencia dos cales leva máis de 20 desenvolvendo a súa actividade no municipio. Os obradoiros e encontros de Planeta Barro comezaron hai 9 anos e despois de dous anos paralizado pola situación sanitaria provocada pola Covid-19, este obradoiro tomou forma en Brión. Acudiron tanto persoas que se dedican laboralmente á cerámica así como afeccio nados. Unha xornada intensa, na que se compartiron técnicas, co ñecementos e experiencias no referido ao mundo da cerámica. De feito, xa é a segunda vez que este evento se celebra en Brión, onde o Concello colaborou achegando material, como a carpa e as cadei ras para os e as asistentes.

22 Concello de Brión Tamén foi noticia

Pasatempos

Revista Altamira 23 Última páxina
Sudoku Fácil Sudoku Dificil

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.