Altamira Nº 112 - DECEMBRO 2022 - ANO XXXVII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PÁX. 3 PÁX. 5 PÁX. 19 PÁXs. 12 a 13 Novo servizo de mantemento eléctrico tras os reiterados boicots sufridos pola rede en outubro. Nova pista e alumeado para o polideportivo municipal de Pedrouzos. PROGRAMACIÓN DE NADAL. Os Reis Magos manterán o seu percorrido polas parroquias ENTREVISTA ANA BOUZAS MATO, presidenta do Bastavales UD que celebra o seu cincuenta aniversario
SEN ENDEREZO POSTAL
IMPRESO
Nestas datas de Nadal quero que as miñas primeiras palabras sexan para desexarche a ti e á túa familia unhas felices festas. Despois de dous anos de restriccións estou seguro de que é para todos un pracer o poder volver a encontrarnos e desfrutar dunhas datas tan sinaladas. Dende o Concello queremos tamén poñer o noso gran de area cun Progama de Nadal especialmente pensada para desfrutar en familia con teatro, concursos, monicreques e a visita das Súas Maxestades os Reis de Oriente. Unha visita que será a única cousa boa que manteremos da pandemia: a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar por todas as parroquias para rematar cunha gran festa na Carballeira de Santa Minia.
Como tamén percorrerá as parroquias o noso novo punto limpo móbil, que pretende facilitar a reciclaxe á veciñanza e cuxas paradas poderás ver neste número canda as próximas actuacións en materia de obras: melloras nos accesos ás aldeas, ampliación das redes de saneamento e abastecemento, novas instalacións lúdico-deportivas. Dunha delas falamos na entrevista con Ana Bouzas, presidenta do Bastavales UD, quen nos adianta o que teñen preparado para conmemorar o 50 aniversario e a próxima renovación integral do campo José Pumar.
Bo Nadal e venturoso 2023!!!
PABLO LAGO SANMARTÍN Alcalde do Concello de Brión
A carballeira de San Minia acolleu esta celebración organizada por Brinquedía e a Rede Galega do Xogo Tradicional en colaboración co Concello de Brión. O Día do Peón contou coa participación das escolas infantís dos Ánxeles e Sabaxáns, así como do CEIP de Pedrouzos.
Baixo o lema “Polo San Martiño, peóns ao camiño” o evento contou ademais cunha exhibición dun artesán torneiro, que elaborou peóns na propia carballeira. Tamén se celebrou un magosto.
Enderezos
BIBLIOTECA MUNICIPAL
Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Brión Tel./Fax.: 981 50 99 69
CASA DA CULTURA Carballeira de Santa Minia, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 08
CASA DO CONCELLO Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 // Fax.: 981 88 74 31
CEIP PEDROUZOS
Rúa Paseo de Pedrouzos, nº 5 15865 - Brión Tel.: 881 866 078 // Fax.: 881 866 086
CENTRO DE SAUDE Rúa das Pedriñas, nº 3 15865 - Brión Tels.: 981 88 77 01 // 981 88 77 02
CENTRO SOCIAL POLIVALENTE Avda. de Santa Minia, nº 46 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 10 // Fax.: 981 50 99 78
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL Agro Novo, nº 125 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 77 42
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA Avda. de Santa Minia, nº 70 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 03
FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. Avda. dos Ánxeles, nº 36 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 72 01
FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. Sabaxáns, Nº 57 15280 - Bastavales Tel.: 981 88 88 36
FARMACIA FRANCISCO RODRÍGUEZ-SEGADE VÁZQUEZ Paseo de Pedrouzos, Nº 9 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 30
FARMACIA ROSA LORENZO
Avda. de Noia, Nº 12 15865 - Os Ánxeles Tel.: 690 33 24 36
GARDA CIVIL
Rúa das Pedriñas, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 11
IES BRIÓN
Rúa Paseo de Pedrouzos, nº 3 15856 - Brión TEL.: 881 866 058 // FAX.: 881 866 074
OFICINA DE URBANISMO
Praza do Concello, nº 1 15865 - Brión Tel.: 981 88 70 06 // Fax.: 981 88 74 31
PISCINA CUBERTA MUNICIPAL Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 981 88 73 46
PLANTA DE LOUSAME
A Poza, Servia 15214 - Lousame Tel.: 981 19 12 40
POLICÍA LOCAL
Carballeira de Santa Minia, nº 2 15865 - Brión Tel.: 981 89 34 74 // Fax.: 981 88 74 31
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 981 50 99 69
SERVIZO DE AUGAS
Urb. Agro Novo, nº 126 Baixo 15280 - Os Ánxeles Tel.: 981 88 78 51
SERVIZO DE EMERXENCIAS
Lamiño, s/n 15865 - Brión Tel.: 629 87 15 42 // Fax.: 981 88 75 23
XULGADO DE PAZ DE BRIÓN
Rúa das Pedriñas, nº 5 15865 - Brión Tel.: 981 88 72 71
Concello de Brión 2 Altamira
EDITA: Concello de Brión REDACCIÓN, DESEÑO E MAQUETACIÓN: Concello de Brión e Nós Comunicación FOTOGRAFÍAS: Arquivo Municipal e Nós Comunicación IMPRIME: Eixo Print
REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN DEPÓSITO LEGAL: C-827-85
Imaxe destacada
O novo servizo de mantemento eléctrico garante a reparación inmediata das avarías
Os meses de setembro e outubro foron especialmente molestos para a veciñanza de Brión debido ao boicot continuado que estaba a sufrir o servizo de alumeado público municipal, que motivou que o Concello saíra a denunciar publicamente a situación á vez que solicitaba desculpas á veciñanza polas molestias que estes actos incívicos lles estaban a causar. Uns feitos que o Concello puxo en coñecemento da Garda Civil a través da correspondente denuncia. Se ben o desexo era que a investigación permitira dar coa persoa ou persoas autoras destes actos, polo momento isto non ten acontecido pero ten producido outro efecto: o cese total deste tipo de sabotaxes.
O alcalde, Pablo Lago, mesmo chegou a dar conta no Pleno municipal de que o Concello encargara un informe técnico sobre a situación da rede municipal a unha empresa especializada e que “dese informe podemos concluír que o 90% das avarías que presenta o alumeado público son causadas pola manipulación intencionada de diferentes elementos da rede”. Así mesmo, o informe confirmaba que as avarías non eran simples actos vandálicos, senón que buscaban causar o maior prexuízo posible tanto para as instalacións públicas como para os veciños e veciñas que se verían afectados polos cortes do subministro.
Colaboración veciñal Entre estes actos, que tiveron lugar en practicamente todas as parroquias do municipio, figuraban manipulación de contadores e cadros eléctricos, cables cortados nas arquetas, células fotoeléctricas cortadas, térmicos baixados manualmente, reloxos pro-
O Concello mellora o equipamento para a brigada municipal de obras
O Concello de Brión vén de adquirir un novo camión para a brigada municipal de obras e servizos. O novo vehículo, modelo IVECO Stralis 310, substitúe ao antigo camión, un Renault D201020, que levaba traballando para o concello estes últimos quince anos. Por outra
banda, o Concello traballa tamén no arrendamento dun local para destinalo a nave-almacén para a brigada de obras. O procedemento de licitación xa está aberto e no momento da publicación desta revista estaba pendente da revisión das ofertas presentadas.
gramadores manipulados... que provocaron que nos últimos meses se incrementaran as queixas veciñais sobre a calidade do servizo público. Sobre todo porque, a pesar de se reparar as avarías, estas volvían repetirse de xeito periódico e nos mesmos lugares.
A colaboración veciñal tamén dificultou que a persoa ou persoas responsables desta situación puideran continuar coas súas sabotaxes. Unha colaboración que agradece Pablo Lago xa que estas avarías “supoñen un gran trastorno para a veciñanza que as sofre pero tamén son un gasto importante para as arcas municipais”.
Novo servizo
Unhas arcas que acaban de desembolsar máis de 77.000 euros na contratación dunha empresa que se encargará do mantemento eléctrico integral de Brión durante un ano. Un contrato que recolle especificamente que “as caídas e danos importantes en postes e outros elementos estruturais causados por accidentes de tráfico, accidentes provocados por terceiras persoas ou actos vandálicos serán reparados de inmediato”, o que garante un servizo de calidade á veciñanza.
Así mesmo, establece tempos máximos de resposta a calquera incidencia na rede que van dende as 24 horas dun cadro de luz apagado a un máximo de 96 horas diante do aviso dun punto de luz apagado, tendo como media un máximo de 3 días para solventar a incidencia. O servizo estará debidamente rotulado coa nova imaxe corporativa do Concello de Brión e estará dispoñible 24 horas do día e 365 días ao ano.
Revista Altamira 3 Reportaxe
A denuncia ante a Garda Civil do boicot que estaba a sufrir o alumeado público municipal sáldase co cese destes actos incívicos
Manipulación de contadores, cables cortados nas arquetas, células fotoeléctricas cortadas, reloxes manipulados... entre os boicots sufridos
Actualidade
O Concello adxudica obras de pavimentación de estradas por 420.000 euros
Trátase da mellora dos accesos a Gosende, Babenzo e Guitiande, así como o reforzo do firme en Vioxo de Arriba e na contorna do Balneario do Tremo
O Concello de Brión vén de formalizar tres contratos de pavimentación de estradas e mellora de accesos a aldeas e urbanizacións por un importe de 418.870 euros. Uns traballos que se executarán ao longo do vindeiro ano 2023.
Así, o Concello de Brión formalizou coa empresa Construcciones Ponciano Nieto SL a mellora do viario de acceso a Babenzo por máis de 205.000 euros. As obras consisten no bacheo do viario de acceso a esta aldea e a posterior mellora da súa capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente. A maiores, realizarase o formigonado de cunetas con quince centímetros de formigón, previa apertura dunha zanxa para a canalización das augas da choiva. A obra completarase coas correspondentes arquetas con sumidoiro e a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe do viario. Unhas obras que contan cun prazo máximo de execución de seis meses.
Por outra banda, o Concello adxudicou á empresa Francisco Gómez y Cía SL os traballos de mellora do viario de acceso a Gosende por case 95.000 euros. Unhas obras que inclúen a limpeza de cunetas e bacheo desa pista, cuxa capa de rodaxe verase moi mellorada grazas á extensión de cinco centímetros
A piques de comezar o asfaltado de Vexo
O Concello de Brión comezará o 2023 coa execución das obras de asfaltado da aldea de Vexo e uns traballos de bacheado nas localidades de Gontade, Xinzo e Sabaxáns. Un proxecto que suporá un investimento próximo aos 50.000 euros. As obras consistirán na limpeza, bacheo e rego de imprimación asfáltica na aldea de Vexo e nos accesos á aldea de Gontade, así como pavimentacións puntuais en Xinzo e Sabaxáns. Unhas actuacións que teñen un prazo de execución de dous meses.
de aglomerado en quente por toda a plataforma. As obras contemplan tamén a mellora das marxes da pista, coa canalización das augas pluviais e a construción dunha cuneta transitable en formigón que estará delimitada por un bordo tamén de formigón. Finalmente, contémplase o pintado das correspondentes marcas viarias. O prazo máximo de execución é tamén de seis meses.
Finalmente, o terceiro proxecto adxudicado nestas últimas semanas foi o de reforzo de firme nos accesos a Guitiande e outros, formalizado coa empresa Vías e Servizos Compostela SL por un importe de máis de 117.000 euros. Un proxecto que inclúe tres actuacións de reforzo de firme nos accesos a Guitiande, nos viarios de Vioxo de Arriba e no viario da contorna do Balneario do Tremo.
Tres actuacións cun prazo máximo de execución de seis meses. No caso de Guitiande preténdese mellorar un viario dividido en dous treitos que suman 550 metros, así como 400 metros cadrados de abanicos, con seis centímetros de aglomerado en quente, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. A actuación contempla a limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe e a sinalización, co pintado de liñas de bordo e símbolos.
No caso de Vioxo de Arriba acometerase a mellora da capa de rodaxe dun viario con 6 centímetros de aglomerado en quente sobre unha superficie de 3.300 metros cadrados. Ao igual ca en Guitiande, limparanse as gabias e salvagavias, reporase a sinalización horizontal e pintaranse as liñas de bordo da estrada.
Finalmente, o Concello mellorará o viario que rodea a urbanización do Balneario do Tremo. A actuación suporá o aglomerado en quente dunha superficie de 2.700 metros cadrados no viario que rodea esta urbanización dos Ánxeles. Deste xeito o Concello completará o proxecto de asfaltado en quente de todas as urbanizacións do municipio, despois do macroproxecto acometido nos últimos meses en Monte Balado, Agronovo e Monte Devesa.
Rematado o parque canino coa colocación dunha porta de seguridade
O Concello vén de rematar as obras do parque canino no Paseo do Río Pego despois da instalación dunha porta metálica de dobre folla e dun cerramento, precisos para garantir a seguridade tanto das persoas usuarias destas instalacións como do resto da veciñanza. Así as cousas, agárdase que a apertura das instalacións teña lugar nas próximas semanas.
O parque canino de Brión conta cun circuíto de agility, unha modalidade deportiva que serve tanto para o adestramento de cans como para aqueles que simplemente desexan que a súa mascota faga exercicio. Non se trata dun espacio libre para que os cans poidan correr, senón dun parque canino coas medidas propias de tal tipo de instalacións.
4 Concello de Brión
O Concello renova o firme da pista do pavillón municipal e mellora o alumeado
Destinou 60.000 euros a unhas obras que, por requerimentos técnicos, non se podían acometer nas vacacións de verán nin do Nadal
O pavillón municipal de Pedrouzos está de estrea: unha renovada pista e un novo sistema de alumeado. Dúas actuacións nas que o Concello investiu case 60.000 euros e que dan resposta ás peticións dos clubs e asociacións deportivas que utilizan estas instalacións, que avisaban de que o pavimento estaba deteriorado.
Se ben é certo que o ideal nestes casos sería que as obras tiveran lugar en períodos vacacionais para non alterar a actividade das persoas e entidades usuarias destas instalacións, o certo é que o tratamento que tiña que aplicarse ao novo firme non o permitía. De feito, así o chegou a explicar en Pleno o propio alcalde, Pablo Lago Sanmartín, ao recoñecer que “a renovación do firme da pista do polideportivo mu-
nicipal de Pedrouzos é unha necesidade que nos veñen demandando os clubs e persoas usuarias destas instalacións. Non se puido facer no verán pola calor e tampouco se pode facer no inverno polas humidades, polo que os técnicos aconsellaron estas datas de outuno para facer as obras”.
Neste sentido, o alcalde indicou que “somos conscientes de que calquera obra causa molestias, pero é algo para mellorar. O pavillón ten actividade todo o ano, polo que as obras afectarían á xente en calquera momento do ano”. Agora, o Concello traballa na ampliación do pavillón cun segundo recinto de 630 m2 que poderá ser empregado tamén polo alumnado do IES e do Colexio, que terán tamén unha pérgola para protexelos da choiva.
Novo céspede natural para o campo de fútbol da Luaña
O Concello de Brión, en colaboración coa SD Luaña, están a renovar o campo de fútbol do Bormeiral. O Concello achegará uns 15.000 euros para dotalo dun novo céspede de herba natural. Mentres tanto, o equipo xogará os seus partidos no José Pumar de Bastavales, campo que tamén será renovado en breve. Aínda que as instalacións aínda non
están listas para o seu uso, no Bormeiral aconteceu o mesmo ca no parque canino: houbo quen entrou nas instalacións para utilizalas e rematou causando danos. No caso da Luaña, houbo que volver sementar varias zonas. Por iso, dende o Concello fan un chamamento á responsabilidade e a respectar o traballo que se está facendo.
Revista Altamira 5 Actualidade
Brión estrea punto limpo móbil, que levará a recollida selectiva a todas as aldeas
O alcalde recibiu o vehículo adquirido á empresa Grúas e Autoventas Betanzos SL
O Concello vén de recibir un camión grúa con colector para implantar un punto limpo móbil. Un vehículo adxudicado á empresa Grúas y Autoventas Betanzos SL por 70.180 euros (IVE incluído) e que foi recibido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, da man de Ángel Sánchez, xerente da empresa adxudicataria.
O punto limpo móbil ten 8 compartimentos para a recollida selectiva de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/ latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa. “É unha forma de facerlles máis fácil a
reciclaxe aos veciños e veciñas de Brión, achegándolles o servizo á porta das súas casas”, explica Pablo Lago, quen adianta que “este punto limpo móbil achegarase de forma periódica polas aldeas para recoller estes residuos e complementará outros servizos xa dispoñibles como os contedores para a recollida de aceite, os minipuntos limpos e o servizo de recollida que prestan dende a Mancomunidade Serra do Barbanza”.
Así mesmo, o camión grúa prestará un importante servizo á brigada municipal de obras cando non estea sendo empregado para desprazar o punto limpo.
Calendario do Punto Limpo Móbil
DATA LUGAR DATA LUGAR
26/12/2022 CORNANDA (xunto ao teleclub) 20/02/2023 URB. MONTE BALADO (aparcadoiro superior centro comercial) 02/01/2023 LUAÑA (xunto ao teleclub) 27/02/2023 OS ÁNXELES (aparc. local social) 09/01/2023 VICESO (baixada á Igrexa) 06/03/2023 SAN SALVADOR (zona colectores lixo) 16/01/2023 ONS (campo da festa) 13/03/2023 BASTAVALES (entorno parque Igrexa) 23/01/2023 BOULLÓN (para de Tembra) 20/03/2023 BASTAVALES (Chave da Ponte) 30/01/2023 URB. INXERIDO (zona colectores lixo) 27/03/2023 O TREMO (contedores carballeira) 06/02/2023 URB. MONTE DEVESA (zona colectores lixo)
03/04/2023 BRIÓN (zona colectores lixo GES) 13/2/2023 URB. AGRO NOVO (zona colectores lixo) 10/04/2023 BRIÓN (praza das polbeiras)
Melloras na seguridade viaria na rotonda dos Ánxeles por 50.000 euros
A Xunta atende as reclamacións do Concello
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ven de acometer obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-543 ao seu paso polos Ánxeles. Uns traballos que viñan sendo reclamados polo Concello de Brión dende hai tempo, dentro das actuacións previas e necesarias antes da asunción da titularidade desta estrada por parte do municipio. Unhas actuacións que deberían acometerse na totalidade do tramo solicitado, é dicir, entre o límite con Bertamiráns e ata
a senda peonil de Monte Devesa. Esta actuación supuxo un investimento de 50.000 euros para rehabilitar o firme na rotonda onde a AC543 se atopa coa AC-304, un punto de concentración de accidentes tal e como viña denunciando o Concello. Por iso, o novo firme ten un mellor comportamento fronte ao deslizamento, grazas ao fresado de 5 centímetros de profundidade da capa de rodaxe, así como á reposición da capa de rodaxe con 5 centímetros de mestura bituminosa en quente.
6 Concello de Brión Actualidade
O Concello licita por 120.000 euros o servizo de mantemento de beirarrúas e zonas verdes
A brigada de obras municipal acaba de rematar uns traballos de limpeza de beirarrúas nas urbanizacións da parroquia dos Ánxeles
O Concello está a resolver a licitación do servizo de conservación e mantemento de beirarrúas, parques, zonas verdes e espazos públicos do municipio, ante a imposibilidade de que a brigada de obras municipal poida facerse cargo destes traballos, como viña facendo ata o de agora, por falla de persoal e maquinaria axeitada. Por iso, o grupo de Goberno acordou sacar a licitación este servizo por un importe de case 120.000 euros e durante un ano, prorrogable por outro máis.
Os traballos inclúen a limpeza de beirarrúas mediante hidrolimpadoras con chorro de auga a presión, así como a roza da maleza nos bordes das estradas municipais. Así mesmo, a empresa adxudicataria encargarase tanto de acometer unha poda durante a parada vexetativa entre novembro e marzo; así como de acometer un plan de arboricultura e podas en seco durante todo o ano. A maiores deberán segar as zonas verdes cada quince días, nos meses de actividade vexetativa, ou cada mes, nos meses de parada vexetativa. Finalmente, deberá acometer a roza e limpeza das parcelas municipais
Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas e mentres se adxudica o servizo a unha das empresas aspirantes, o Concello decidiu acometer traballos de conservación e limpeza de beirarrúas nas distintas urbanizacións da parroquia dos Ánxeles a través de medios propios.
Novas áreas para os contedores
O Concello está a probar en Gundín un novo sistema para fixar os colectores do lixo. Trátase dun módulo de madeira de 1,2 metros de alto e unha porta metálica que permiten facer un peche arredor dos contedores. Deste xeito conséguese evitar que o vento poida provocar que os colectores se despracen do seu lugar habitual, poñendo en perigo tanto a peóns como a vehículos. Ademais, ao non ser unicamente unha anclaxe metálica, permite tamén reducir o impacto visual dos contedores.
Revista Altamira 7 Actualidade
O Concello acondiciona a área de xogos infantís da escola unitaria dos Ánxeles
Afirmou o muro de contención, instalou novo pavimento e limpou toda a zona
O Concello de Brión vén de rematar os traballos de mellora e posta a punto da área de xogos infantís da escola unitaria dos Ánxeles. “Colocamos un novo pavimento de area en todo o parque, ao tempo que restauramos os xogos, melloramos o muro de contención e limpamos toda a contorna utilizando hidrolimpadoras tanto nos muros como no graderío”, explica o alcalde, Pablo Lago.
A maiores, o Concello mellorou a accesibilidade do parque infantil, ampliando a rampla de acceso e mellorando o seu peche, incluíndo unha nova varanda. Así mesmo,
colocou un novo pavimento de area en todo o lugar, que substitúe ao anterior que endurecera debido ao paso do tempo e sobre o que comezaban a proliferar herbas. Ademais restaurou o multixogo en forma de tren e instalou un novo banco, ademais de limpar todo o conxunto.
Esta actuación forma parte do programa de conservación e mellora de parques infantís que está a executar o Concello de Brión e que neste último ano permitiu xa a posta a punto dos parques infantís de Bastavales e Guitiande, así como a cubrición do parque infantil da rúa Inxerido.
O
novo parque infantil
de Lamiño estará listo na primavera
O Concello vén de adxudicar as obras de amplicación e cubrición do parque infantil de Lamiño á empresa Proyecon Galicia S.A. por máis de 293.000€, o que supuxo un aforro de máis de 10.000€ sobre o prezo base da licitación. Cun prazo de execución de 4 meses, a obra incluirá a construción dunha cuberta estática de aceiro para toda a zona, a renovación total do pavimento continuo absorbedor de impactos e a instalación dun novo valado da área de xogos, así como a colocación de novos bancos e papeleiras.
Ademais da recuperación e posta a punto dos xogos existentes, instalaranse novos xogos aptos para crianzas de entre 3 e 12 anos como un carrusel, unha rede tridimensional, dous balancíns, un columpio dobre e un equipo combinado con torre, muro de escalada, rede vertical de cordas e tobogán.
As obras darán comezo en xaneiro e permitirán dispoñer do segundo parque infantil cuberto no municipio, o que facilitará a súa utilización durante todo o ano.
Melloras no parque da escola infantil municipal
O Concello aproveitará as vacacións de Nadal para acometer traballos de mantemento e reparación do parque da escola infantil municipal de Brión. Unhas obras nas que investirá algo máis de 20.000 euros e que inclúen a instalación de zonas de acolchado de protección especial
nas áreas de xogo, así como de reparación e posta a punto das cancelas de acceso, do peche de madeira, do valado da zona de xogos...
Así mesmo, trasladarase o tobogán a unha nova localización para que teña máis espazo libre para a rapazada.
8 Concello de Brión Actualidade
A Mesa Local contra a Violencia de Xénero segue sumando apoios
O alcalde, Pablo Lago, presidiu a segunda sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Brión, na que estivo acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Rosa Romero. Unha mesa que ampliou o número de entidades colaboradoras con respecto á súa constitución en febreiro de 2022, coa incorporación da xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Isabel Álvarez; e do xefe do equipo VIOGEN da Compañía de Santiago, Miguel Ángel Mosquera Otero.
Pablo Lago agradeceu a asistencia de todas as persoas e entidades pois “todos estamos implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero e, sobre todo, na busca dunha maior eficacia na resposta que dende a Administración damos a esta lacra social. Agardo que estes encontros sirvan para mellorar os procedementos de actuación que xa existen e que nos permitan mellorar a coordinación entre todos co obxectivo final de mellorar as actuacións contra a violencia de xénero”. Un punto no que incidiu tamén a concelleira de Igualdade, quen lembrou que “dende a proximidade é dende onde podemos actuar dun xeito máis eficaz e eficiente contra a violencia de xénero”.
O encontro serviu para que cada entidade presentase os seus protocolos de actuación contra a violencia de xénero.
Así mesmo, debateron sobre a posibilidade de crear un servizo municipal de aloxamento de urxencia para mulleres vítimas da violencia de xénero, mentres se tramitan outros recursos (como a entrada nunha casa de acollida ou o traslado a un lugar seguro dentro da súa rede familiar ou de amizades).
Resposta ás vítimas
A secretaria xeral da Igualdade lembrou o importante papel das mesas para amplificar o coñecemento dos recursos dos que dispoñen as vítimas e dar a coñecer o protocolo galego de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero, deseñado en 2018 no marco do Observatorio autonómico contra a violencia de xénero.
Dende a Subdelegación do Goberno informaron sobre o manexo e protección dos datos persoais das mulleres usuarias do servizo. Así, María Isabel Álvarez avanzou que coa renovación do Pacto de Estado que se está levando a cabo, un dos puntos fortes
nos que se está traballando é o tema da protección de datos. En canto exista un documento cunhas directrices claras, enviarase a Brión.
Asistentes
Ademais das xa nomeadas, na Mesa Local contra á Violencia de Xénero tamén participaron a xefa do Departamento de Servizos Sociais de Brión, Victoria Varela Rodríguez; Marcos Delgado García, xefe da Policía Local; Mª Dolores Campos Lueiro, directora da Escola Infantil Municipal de Brión, e María José González, mestra dese centro; Pilar Martínez Vaqueiro, técnica de Intervención Familiar de Brión; Águeda Paz, traballadora social de Brión; e Beatriz Yáñez, técnica de Igualdade. Así mesmo, incorporáronse á reunión María Belén Sánchez Bugallo, médica de atención primaria do centro de saúde de Brión; Catalina Domínguez, mestra da EEI dos Ánxeles; e Xoán M. Cabo, director do CEIP de Pedrouzos. Desculparon a súa presenza nesta sesión as persoas representantes da Escola Infantil de Sabaxáns e do IES de Brión.
Brión participa nunha rede de información europea
O Concello de Brión é un dos catro municipios da provincia que participaron canda a Deputación da Coruña na rede europea “Construír Europa coas autoridades locais”, impulsada pola Comisión Europea. Unha rede que nace co obxectivo de que os cargos electos de administracións locais se impliquen na comunicación de información europea no seu territorio.
O alcalde de Brión, Pablo Lago; o deputado delegado de Economía, Antonio Leira, e representantes dos concellos de Muros, Oleiros e Rianxo asistiron a este encontro online. Nel, o responsable de unidade da Dirección Xeral de Comunicación da Comisión Europea, Alessandro Giordani, presentou os obxectivos da rede, como funciona e como unirse a ela.
Brión compartiu rede con Albacete, Almería, Aragón, Asturias, Canarias, Campo de Xibraltar, Castellón, Castela e León, Córdoba, San Sebastián, Estremadura, Granada, Huelva, Rexión de Murcia, Salamanca, Segovia, Sevilla e Tarragona. A Comisión Europea puxo en marcha esta iniciativa para fomentar a comunicación de asuntos da UE mediante “unha alianza sen precedentes entre as estruturas de goberno europea e locais” e contribuír “á creación dunha esfera pública verdadeiramente europea”.
Revista Altamira 9 Actualidade
Debaten a creación dun servizo municipal de aloxamento de urxencia para vítimas mentres se tramitan outros recursos
Asistentes á segunda sesión da Mesa Local contra a Violencia de Xénero
Actualidade
A piques de rematar as obras de mellora do saneamento e recollida de pluviais en Tourís
O Concello de Brión continúa cos seus traballos de mellora e ampliación das redes de saneamento e abastecemento no municipio. Así, nas últimas semanas levou a cabo traballos de mellora nas redes de saneamento e recollida de augas pluviais na aldea de Tourís, parroquia da Luaña. Unhas obras financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos POS+ 2021 promovido pola Deputación da Coruña e que tamén incluíron a pavimentación da travesía de Bastavaliños (Bastavales), a ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga nas aldeas de San Salvador (San Salvador de Bastavales) e O Cabo (Os Ánxeles), así como a ampliación das redes de abastecemento e saneamento na aldea de Lamiño (Brión).
Saneamento en Saíme
A próxima actuación neste campo será a ampliación da rede de abastecemento e saneamento en Saíme, parroquia de Bastavales, debido ao incremento de vivendas exis-
tente na zona. Unhas obras que suporán un investimento de case 13.000 euros e que contan cun prazo máximo de execución de tan só un mes.
O alcalde, Pablo Lago, explica
que “cada ano tentamos seguir mellorando e ampliando a nosa rede de abastecemento e saneamento para dotar destes servizos ás novas vivendas que se están a construír”. Para ampliar a rede de saneamento será preciso instalar unha tubaxe de PVC de 250 milímetros nunha lonxitude de 90 metros. No caso da rede de abastecemento, a nova canalización terá un diámetro de 75 milímetros e unha lonxitude de 147 metros.
Para acometer as obras será necesario derruir o actual pavimento asfáltico e excavación en zanxas para colocar as tubaxes e a posterior reposición do pavimento afectado. As obras serán financiadas polo Concello de Brión con fondos propios.
Ecowarm de Galicia, unha empresa que aposta por seguir medrando en Bastavales
O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a concelleira de Patrimonio, Yolanda Bouzas Alfonsín, visitaron as instalacións de Ecowarm de Galicia SL, empresa emprazada en Bastavales pioneira en Europa no uso e transformacións de subprodutos da industria da madeira para a obtención de pellets, un biocombustible local e de orixe renovable.
O director de Ecowarm de Galicia SL, Francisco J. Álvarez Pereiro, guiou a Lago e Bouzas polas instalacións da empresa explicándolles os seus plans de crecemento para os próximos anos. “É unha satisfacción visitar unha empresa pioneira e que aposta por seguir creando emprego en Brión”, apuntou o alcalde quen asegurou que “contarán con todo o noso apoio ao igual que calquera empresa
que queira seguir medrando e creando riqueza e emprego no noso pobo”.
Ecowarm de Galicia Sl fixou a súa actividade en Bastavales no 2006, recuperando e modernizando unhas antigas instalacións cun investimento que ao longo destes anos supera os 3 millóns de euros. A elección de Brión radica na súa situación loxística, tanto para a adquisición de materia prima como para acceso ao mercado. No centro de Bastavales elabóranse pelles de madeira da máis alta calidade. De feito a súa marca Vagalume conta con todas as certificacións de calidade, trazabilidade e sustentabilidade, senón que é a primeira en acreditarse en sustentabilidade de biocombustibles Sure. A empresa xera 12 empregos diretos e outros 45 indiretos.
10 Concello de Brión
O Concello continuará achegando os servizos de abastacemento e saneamento de augas ás novas vivendas do municipio
O Concello de Brión está a rematar as obras de mellora das redes de saneamento e recollida de pluviais na aldea de Tourís (Luaña)
O alcalde visita as instalacións para coñecer os seus plans de crecemento
Toque manual das campás de Bastavales para celebrar que son Patrimonio da Humanidade
Contou coa participación dos veciños que tocan as famosas campás de Rosalía
Preto de medio cento de persoas participaron no especial toque manual das campás da Igrexa de San Xulián de Bastavales para celebrar que a UNESCO declarou este arte como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Un acto, organizado pola Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) e o Concello, que contou coa participación dos cinco veciños que se encargan do toque de campás na parroquia: Manuel Patrón Chaves, sancristán e campaneiro oficial, Manuel Sánchez, Lino Regueiro, Serafín Pego e Pablo Freire.
Un acto que se fixo canda outras 2.000 campás de toda Europa e que estivo presidido polo presidente de Apatrigal, Carlos Henrique Fernández, e pola concelleira de Cultura, Sandy Cebral, quen destacou que “a declaración da UNESCO permítenos poñer aínda máis en valor a labor dos campaneiros, veciños desta
parroquia, pero tamén á propia Igrexa de Bastavales e á figura de Rosalía”. Pola súa banda, Fernández destacou que a declaración da UNESCO é “un premio a moitas asociacións que estivemos traballando catro anos para conseguilo e tamén facer un premio á memoria porque o toque das campás sempre foron as redes sociais da antigüidade e no fondo é un arte porque expresa uns sentimentos que non é quen de expresar ningunha máquina ou dispositivo electrónico”.
Toque de campás
Os cinco campaneiros subiron ao alto do campanario da igrexa e comezaron a tocar en quendas de 2 ou 3 minutos. Unhas interpretacións moi diferenciadas e que foron moi aplaudidas polos presentes no adro da igrexa.
O sancristán Manuel Patrón explica que “cando tocas estas campás sentes algo moi
Volven os bailes para as persoas maiores de Brión
O Concello de Brión retomou o tradicional baile para as persoas maiores, unha das actividades máis senlleiras do municipio e que volve tras o parón pola pandemia sanitaria. Unha actividade gratuíta promovida dende o Departamento de Servizos Sociais e que volveu a celebrarse no centro social polivalente.
Estes bailes para persoas maiores de 55 anos celebraranse todos os domingos do mes, en horario de 19:00 a 22:00 horas. Cada quince días haberá música en directo, mentres que no resto das sesións alternaranse actuacións de discoteca con outras de karaoke, segundo o gusto das persoas participantes.
especial que non se pode explicar con palabras. É moi bonito polo son que teñen, a paisaxe que temos aquí... unha marabilla”. Asegura que tocalas supón “un orgullo, estou moi contento de tocalas. E agora que foi recoñecido pola UNESCO sinto unha emoción que non son quen de explicar. A xente distingue ben cando se toca a man, non é o mesmo son, é moi diferente e a xente nótao moitísimo”.
Unha sensación que comparte Manuel Sánchez Estévez, quen asegura: “gústame tocalas. Para min é un orgullo, as campás de Rosalía. Repinico estas e levo máis de 18 anos repinicando cando é a festa do Carme. Encántame”. Satisfacción que tamén sinte Lino Regueiro, que comezou a tocar con 16 anos: “é unha paixón que tes e coa que contribúes ao resto da parroquia. Tocalas é un orgullo porque nacín aquí e son algo da nosa historia, por Rosalía,
polo que sexa. É algo que te enche e para min é única: o son, o eco, esas pausas... os antergos dicían que a campá chora ou ten lamentos, dependendo do día que fixera. E hai que facerlles casos.
Pola súa banda, Serafín Pego Senra explica que “levo tocando as campás toda a vida, non profesionalmente porque non son campaneiro pero sempre estou disposto a botar unha man por contribuír a algo que é de toda a vida. E nunca sentín unha campá que soe como as de Bastavales”. Un arte que ten encamiñado o seu futuro con Pablo Freire Casal, quen leva anos tocando “porque eu vivo aquí ao lado da Igrexa. É un símbolo noso, de Bastavales e é moi importante que se recoñeza unha tradición coma esta”. E apunta tamén que non está so, “hai varios tamén por aquí aos que nos gusta, que levamos aquí toda a vida”.
Revista Altamira 11 Servizos sociais
ANA BOUZAS MATO,
presidenta do Bastavales UD
“O novo campo de fútbol vai ser un proxecto incrible para o Bastavales”
Ana Bouzas Mato, presidenta do Bastavales UD, é o exemplo dunha vida dedicada ao fútbol e ao equipo da súa parroquia. Un conxunto no que está implicada toda a súa familia e ao que lle dedica moitas horas do seu tempo. Tras case tres anos á fronte do Bastavales UD, afronta un 2023 que se presenta histórico para o club. Por unha banda, a celebración do 50 aniversario da entidade, conmemoración adiada por mor da pandemia do coronavirus. Por outra, a construción dun novo campo de fútbol que permitirá medrar á entidade. “Vai ser un proxecto incrible para nós”, asegura, pois “esperaremos polo campo novo para poder medrar, xa que agora é un hándicap para nós”. Un proxecto que está a redactar a Federación e que suporá un investimento de case 550.000 euros por parte do Concello de Brión.
- Tes unha familia completamente vinculada ao Bastavales UD.
- Eu son seguidora de sempre do Bastavales, dende moi nena porque antes ou ías ao fútbol ou quedabas na casa, non había outra. Ademais, o club facilitaba moito o ir aos partidos fora da casa. Poñía un autobús e iamos todos nel. Tiven un pequeno parón cando naceron os meus fillos pero comezaron a xogar dende moi pequenos e, cando o deixou a directiva anterior, entrei axudando como coordinadora. E cando o deixou o presidente anterior, aló fun.
- De que ano falamos?
- Levo unha década na directiva e como presidenta levo 2 para 3 anos. .
- Din que este ano tendes bo
equipo e que ao mellor chega o desexado ascenso.
- Estamos pelexando por estar entre os primeiros postos. O ascenso non é unha prioridade. Esperaremos polo campo novo para poder medrar un pouco. Porque o campo é un hándicap para nós.
- Agora xogades no de Brión.
- Si, pero ten unha ocupación moi grande e, ademais, foi deseñado para dez anos e xa leva bastante máis. Está moi trillado. Isto fai que xere lesións nos xogadores. Somos os tres equipos do Concello adestrando aló, que nos levamos moi ben por certo. E despois nós temos 9 equipos de base e hai alugueres....
- Como é xestionar ese fútbol base?
- Moi complicado. Se queres meter outro equipo, non hai horas. Porque nenos, hai, pero temos problema de campo e de horas. Co novo campo poderemos mellorar todo isto.
- Que nos podes adiantar dese novo campo?
- Eu creo que vai a ser un proxecto incrible para nós porque levamos moito tempo pelexando por el. É necesario para o concello: somos tres clubs pero somos 16 equipos. Para nós é medrar. Seguramente veñan outras competicións para aquí. Por exemplo, noutros equipos de cerca cun campo en boas condicións, a Federación promove que se traian competicións e se temos un campo novo, será tamén importante para o concello, para os negocios. Medramos nós e medra todo.
En vez de facelo en Santiago, que non hai onde aparcar, trasládano a Bastavales e dáslle outra vida.
- Cantas persoas xogan ao fútbol en Brión?
- Nós temos case unhas300 fichas e despois están o Brión e o Luaña, que teñen vinte e algo cada un. E o Veteranos de Brión que terá algo semellante. Nós temos dous equipos de veteranos con cola para entrar. Podes ter 30 fichas e temos os dous completos. O que pasa é que os veteranos xogan no campo de terra porque teñen unha cantina que, queiras que non, dáche para gastos.
- De que prazos falamos para o novo campo?
- Por parte do Concello é a primeira vez que temos un
12 Concello de Brión
Entrevista
“xa”. Agora so temos que agardar trámites administrativos para que empece. Están a firmar un convenio coa Federación, que é quen fai o proxecto. E o alcalde está disposto para facelo xa.
- Cal vai ser o cambio do campo actual a esas novas instalacións?
- É un campo de herba artificial e que vai medrar a súa superficie en dez metros, o que permitirá ter un campo de Fútbol 11 e dous de Fútbol-8. O de Brión ten as medidas mínimas, non ten cantinas, ten un muro perigoso. Non hai nin un metro dende a liña de fondo ata o muro. O máis importante para nós é ter un campo de fútbol e con todas as garantías de seguridade. Aínda que sabemos que o Concello tamén contempla arranxar o de Brión.
- Ampliando o campo.
- Tirando o muro do portalón de acceso e collendo un pouco da pista sería unha boa solución.
- O novo campo chega co cincuenta aniversario, que tendes previsto?
- De momento non puidemos facer moito porque coincidiu coa saída da pandemia. Estabamos con que se había que usar a máscara, que si non... e deixámolo un pouco en stand by. E decidimos que o 50 aniversario coincida coa inauguración do campo. Entón imos facer algo especial para ese día e sacar un libro. Temos moitas fotografías porque durante a pandemia estivemos recollendo vía WhastApp e correo electrónico, o técnico de Deportes Xosé Trigo tamén tiña moitas...
- Que nos podes adiantar dese libro?
- Está traballando nel Xan Freire e contará a historia do Bastavales dende que se fundou no 1971, por que se fundou e quen o fixo. Despois farase unha pequena entrevista a todos os presidentes que aínda están vivos. Temos actas que lle pedín á Federación daqueles inicios e moitas anécdotas que teñen pasado aló.
- Como foi o nacemento do Bastavales?
- Pois a anécdota máis grande quizais é que o Bastavales
foi fundado por un cura. De feito, o campo de terra chámase José Pumar por el, que aínda vive e está na zona de Bergantiños. En febreiro de 2019 aínda fomos a un acto no que conmemoraban a axuda que botou na zona de Bergantiños e nós demos unha pequena charla sobre o que el fixera aquí. Agradecéndolle o seu traballo porque a partir de aí naceu todo.
- Como é que a un cura se lle ocorre montar un equipo de fútbol?
- En Bastavales había moita afección ao fútbol e existían dous equipos non federados: o San Salvador e o Bastavales. O cura, xunto cun grupo de veciños, promoveu que se federaran e a construción do campo de fútbol, aparecendo así no 1971 o Bastavales Unión Deportiva. O cura propuxo que, unindo unha masa común que había ao lado do campo e uns terreos cedidos polos veciños, se fixera o campo de fútbol para o equipo da parroquia. O primeiro presidente foi Benito Casal e, ao seu lado como secretario, o cura. Puxo todos os medios para facer o campo de fútbol que practicamente está como se fixo daquela, salvo pequenos arranxos como ampliar a cantina ou cambiar de lugar os vestiarios para anchear un pouco, pero a contorna está igual ca no 1971. Ese cura era moi “pro-deporte” e hai fotos que acreditan as “olim-
píadas” que se organizaban naqueles anos no campo de fútbol
- Co axetreo do campo e do 50 aniversario, pensaches en ceder o testemuño?
- Algunha vez puiden pensalo, pero non. Mentres non me dea máis dores de cabeza non (risas). Estou moi ben rodeada de xente que nos axuda e nos apoia. Ao final neste club somos unha gran familia.
- Será algo ao que dedicarás moito tempo.
- Moitísimo. Este ano porque puxemos a figura de coordinador, pero despois da pandemia os problemas multiplicáronse. Nós temos case 300 fichas e o problema pode ser con dous ou tres, pero fan moita mella. Eu implícome e consulto todo co resto da directiva, algo que aprendín do presidente anterior, José Labandeira: a directiva non é presidencialista, a toma de decisións faise contando con todos os seus membros.
- Cal é o maior logro que se conseguir baixo a túa presidencia?
- Que os equipos estean unidos xa é un logro. Que cada ano comeces cun número de fichas e remates con máis, é outro logro porque quere dicir que o estamos facendo ben. Cada ano estamos aumentando fichas, adestradores... algo se estará facendo ben.
- Que xogadores chegaron máis lonxe?
- Nesta temporada 2021-22, precisamente, un neno de Brión, que empezou con nós de pequeniño, Manuel Rivas, xogou co Deportivo a Youth League de xuvenís. Pero, iso si, o pai que pretenda que o fillo vaia vivir disto, mal vamos. Basta con mirar os milleiros de fichas de alevíns que hai en Galicia e despois preguntar: cantos galegos hai xogando en Primeira División? Case é máis doado que che toque unha lotería.
- Porque o deporte é bo para a saúde e achega valores.
- Compromiso, respecto... o fútbol ten moi mala fama, pero creo que máis que nada é polas gradas. Hai pais que castigan aos seus nenos sen ir ao fútbol porque suspenden. Se pensan que así van mellorar o rendemento van por mal camiño, e dígoo por experiencia con nenos doutros anos. A nivel de rapaces non vir a xogar un partido é romper un equipo. Non estás castigando ao teu fillo, estás castigando ao equipo e hai pais que non o entenden. Non só é gañar, gañar e gañar... Pódese competir e desfrutar. Na base o importante é que os pais animen pero o importante é que o rapaz estea concentrado no partido e atendendo ao adestrador. Se o pai está dando instrucións desde as gradas, o neno está máis pendente del que do míster ou dos compañeiros.
Revista Altamira 13 Entrevista
“No fútbol base o máis importante é que os pais animen. Pódese competir e desfrutar”, asegura Ana Bouzas
Prevención, sensibilización contra a violencia de
Gran participación veciñal na campaña municipal polo 25N
“Brión a prol do #BoTrato”. Esta foi a lenda da campaña do Concello o 25N, que arrincou co obradoiro de biodanza “Movémonos cara o Bo Trato”, impartido pola psicóloga Mari Faraldo, para quen “non se trata só de identificar e cortar o maltrato, senón de cultivar unha ética relacional diferente, baseada nos coidados, na reciprocidade, na tenrura, na comunicación e no pracer de compartir e compartinos”.
Un día despois, a rapazada do IES de Brión participaba nun-
ha ciberquedada con outros institutos da provincia para sensibilizar sobre diferentes situacións reais de violencia dixital e ofrecer ferramentas contra o ciberacoso, o ‘sexting’, sextorsión ou o ‘groomin’. Unha iniciativa organizada pola Deputación da Coruña.
Concentración do 25N
O propio 25N, a praza do Concello acollía unha concentración contra a violencia de xénero encabezada polo alcalde Pablo Lago e a concelleira Rosa Romero, que deu
14 Concello de Brión Servizos Sociais
sensibilización e coeducación xénero
lectura ao manifesto. Tras ela, a rapazada do IES Brión recitou dous poemas de Elvira Ribeiro e Olga Novo e presentaron unhas creacións literarias propias: un acróstico que xoga coas palabras “Amor” e “Liberdade” para dar relevancia a temas como a loita pola igualdade e o emprego equitativo; e un haiku, unha poesía breve xaponesa que escribiron con motivo deste día.
Pola súa banda, o alumnado do CEIP de Pedrouzos achegou un mural sobre a “Porta violeta” da canción de Rozalén, que estivo exposto na praza durante toda a concentración. O Concello aga-
sallou aos presentes cunhas mochilas coa lenda “Brión a prol do bo trato”
A programación do 25N pechouse un día despois. Preto dun cento de veciños e veciñas participaron na Andaina a prol do Bo Trato, unha ruta circular a carón do río Tambre que tanto o alcalde como as concelleiras de Igualdade, Rosa Romero, e Cultura, Sandy Cebral, aproveitaron para agradecer a gran participación veciñal nas distintas actividades programadas dende o Departamento de Igualdade. Nesta ocasión o agasallo repartido foi un neceser artesán.
Revista Altamira 15 Servizos sociais
Servizos Sociais
O Concello de Brión pon en valor o traballo das súas veciñas pola sostibilidade
O
O Concello de Brión vén de poñer en marcha o proxecto “Mulleres fronte a emerxencia climática”, que busca poñer en valor un labor que moitas mulleres levan facendo, na maioría dos casos dun xeito anónimo e silencioso, nas súas hortas, casas e comunidades cun impacto medioambiental mínimo. “Falamos de prácticas como os coidados da alimentación, o mantemento das pequenas hortas de subsistencia familiar, a eliminación dos residuos xerados e moitas máis prácticas que aplicaron e aplican sen saber que están a usar prácticas de descarbonización e sostibilidade tan necesarias nestes tempos onde as consecuencias do cambio climático son cada vez máis acusadas”, puntualiza a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, presente no acto de presentación do proxecto.
O proxecto desenvolverase ao longo de sete sesións, de hora e media cada unha, que terán lugar entre os meses de novembro de 2022 e marzo de 2023. Sete sesión nas que “trataremos de crear un espazo onde as mulleres poidan compartir saberes e formas de facer que levan practicando toda a súa vida nas súas hortas, casas, comunidades... así como poñer en valor a influencia positiva que estas prácticas tiveron e teñen na súa contorna”, sinala Rosa Romero.
O Iceberg dos coidados
Tras unha primeira reunión de presentación, o 22 de novembro tivo lugar unha sesión na que as participantes analizaron a diferenza entre traballos produtivos (aqueles que producen capital, empresas...) e reprodutivos (que sosteñen
a vida e posibilitan a execución dos traballos produtivos, como os coidados do fogar e das persoas, o traballo para a subsistencia familiar...).
Desa análise concluíron a existencia dun “Iceberg dos coidados”, onde as partes
Undécima campaña de recollida de alimentos polo Nadal do “Brión Solidario”
O Concello de Brión pon en marcha a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, que busca recoller alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados para as familias máis vulnerables do municipio. Todas as persoas e entidades que desexen colaborar poden achegar as súas doazóns nos distintos
centros municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) así como no supermercado Froiz de Montebalado. Búscanse alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados, en especial azucre, produtos de Nadal, conservas e produtos de hixiene persoal. Así mesmo,
dende os Servizos Sociais lembran que tamén son ben recibidos o aceite, o leite, a pasta, o arroz ou as galletas.
Tamén existe a posibilidade de entregar un donativos en metálico ben na Tesourería Municipal do Concello de Brión ou ben a través dun ingreso na conta do Concello en Abanca de Montebalado.
que non se ven pertencen aos traballos reprodutivos que, “a pesar de seren imprescindibles para a vida son os menos valorados, os máis invisibilizados e dos que tradicionalmente se veñen ocupando tradicionalmente as mulleres”, apunta Beatriz Yánez, técnica de Igualdade do Concello de Brión.
Próxima reunión
A próxima reunión terá lugar o martes 20 de decembro, ás 12:00 horas, no centro social polivalente e nela traballarase na relación entre estes traballos realizados polas mulleres e o seu impacto no medio natural. Este encontro será tamén a derradeira oportunidade para aquelas veciñas que desexen sumarse ao proxecto, para o cal deberán anotarse chamando ao 981 50 99 10 ou enviando un correo electrónico a bea@ briondixital.org.
“Mulleres fronte a emerxencia climática” é un proxecto organizado pola área de Igualdade do Concello de Brión e promovido por Feitoría Verde Sociedade Cooperativa Galega. Está cofinanciado polo Concello de Brión e a Deputación da Coruña ao abeiro do “Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2022”.
16 Concello de Brión
proxecto “Mulleres fronte a emerxencia climática” destaca as súas boas prácticas, que teñen un impacto medioambiental mínimo
Veciñas participantes no encontro celebrado en novembro
Rosa Romero e persoal de Feitoría Verde na presentación do proxecto
Os maiores de Brión desfrutan dunha semana de vacacións en Málaga
Medio cento de veciños e veciñas de Brión participaron o pasado mes de outubro da tradicional Excursión dos Maiores, que este ano tivo como destino a cidade de Málaga. Unha iniciativa organizada polos Servizos Sociais de Brión e dirixida a veciños e veciñas do municipio con máis de 55 anos, que podían
ir acompañadas polos seus cónxuxes ou parellas.
Unha viaxe que tivo lugar do 17 ao 23 de outubro, con trasalado en avión dende Compostela. A expedición pasou seis noites nun hotel de catro estrelas en Benalmádema, en réxime de pensión completa. Unhas xornadas que viviron
Taller de educación emocional e sexual para familias con menores
Medio cento de familias participaron nos obradoiros sobre educación emocional e sexual, organizados polo Departamento de Servizos Sociais e impartidos por Penélope Alonso, psicóloga e sexóloga do centro Quérote+. Aínda que inicialmente se convocaran 25 prazas, o gran interese amosado pola veciñanza fixo que o Conce-
llo de Brión decidira facer un segundo taller, para así cubrir todas as solicitudes presentadas.
Deste xeito, puidose enfocar cada un dos tallers a unha franxa de idade determinada: menores de 12 anos , por unha banda, e mozos e mozas de entre 13 e 18 anos, pola outra.
de forma moi activa, participando nas distintas visitas guiadas para coñecer a paisaxe e a gastronomía locais, nas que estiveron acompañados por persoas dos Servizos Sociais de Brión.
Así, os maiores de Brión visitaron importantes centros turísticos andaluces como a
propia Málaga, Ronda, Nerja, Antequera, Porto Banús ou Marbella, pero tamén outras fermosas localidades como Mijas, Setenil, Alcalá del Valle, Frigiliana ou Almuñécar. A excursión rematou cunha cea de despedida en Peña Flamenca Torremolinos, á que tamén asistiu o alcalde, Pablo Lago Sanmartín.
Revista Altamira 17 Servizos Sociais
Visitaron localidades coma Mijas, Ronda, Nerja, Antequera ou Marbella
Cultura e deportes
Milleiros de romeiros e devotos devolven a normalidade á Romaría de Santa Minia
Un espectáculo de luz e son e o cambio de lugar para os concertos e as atraccións infantís, principais novidades dos festexos deste ano
Milleiros de persoas de Brión e comarcas próximas volveron encher a Carballeira de Santa Minia dunha festa que se botaba de menos despois de dous anos de restricións pola pandemia. Unha volta á normalidade, como explica o coordinador da festa, Alberto Álvarez: “durante a tirada de fogos de artificio e o espectáculo de luz e son a carballeira estivo chea, así como as pulperías e durante o concerto da París de Noia. E hoxe a afluencia é semellante a de anos anteriores á pandemia, onde a xente de lonxe aproveita para vir o domingo e os de máis preto veñen o propio Día de Santa Minia”.
As visitas ao santuario tiveron lugar con colas, pero sen esperas máis aló de 10 minutos. A maiores, volveron os postos tradicionais de venda mentres que, para evitar aglomeracións, as atraccións infantís foron trasladadas á finca fronte ao polivalente. Así mesmo, as orquestras tocaron na parcela próxima ás
polbeiras, para facilitar a instalación dos palcos e evitar danos na carballeira.
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acompa-
ñou ao alcalde, Pablo Lago, á fronte da comitiva de autoridades que visitaron a Romaría. Tanto o alcalde como ca concelleira de Cultura, Sandy Cebral, agradecen o traballo
realidado polo persoal municipal, así como membros de Protección Civil, Policía local, Garda Civil e persoal médico para que as festas tiveran lugar dentro da normalidade.
Quinta edición do Festival
Brión Inclúe
Unha quincena de artistas e compañías reivindicaron a cultura sen barreiras na quinta edición do Festival Brión Inclúe. Fran Rei, coordinador do festival, destacou como “tras cinco edicións, podemos falar xa do Brión Inclúe como un evento completamente asentado na programación cultural da vila”. Tamén quixo destacar “a calidade da pro-
gramación que atrae tanto propostas galegas como de todo o Estado, dando cabida nesta proposta a disciplinas como a pintura, a danza, a música ou o teatro”. O alcalde de Brión, Pablo Lago, felicitou tanto ao equipo de Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega como ao Departamento de Cultura de Brión polo programa elaborado.
Recadados 6.000 € no II Fest for Dent de Brión
O II Fest for Dent de Brión resultou un éxito de solidariedade. En frías cifras, pechouse cuns 6.000 euros recadados para a investigación desta enfermidade ultrarrara. Porque os cartos foron o único frío desa xornada na Carballeira de Santa Minia, na que todos puxeron o mellor de seu por unha boa causa: AC Arrexeira, o espectáculo Saaabor!, Felos de Maceda, Agrupación Folclórica de Brión, Circo Galai-
co, Minguante, Charanga Os Celtas, Deteriorados, Banda de Brión con Esperanza Mara, Symploké, DJ Martín Díaz.... Ao seu arte hai que sumar os 3.000 euros entregados pola Asociación de Mulleres Xuntanza, a colaboración dos restaurantes Kratos e Filiberto, o sorteo do Hotel Balneario de Compostela ou o sorteo dun vale para mercar no comercio amiense da Xuntanza de Empresarios de Ames.
18 Concello de Brión
Os Reis Magos manterán a cabalgata polas parroquias, cun gran fin de festa na carballeira
Teatro, monicreques,
O Departamento de Cultura do Concello de Brión vén de presentar a programación especial as datas de Nadal. Este programa, que se desenvolverá durante os meses de decembro 2022 e xaneiro 2023, traerá ao noso municipio teatro, música, concursos, actividades para as persoas mais pequenas da casa, solidariedade, títeres e a tradicional visita das SS.MM. Os Reis Magos de Oriente que, como se ven realizando nos últimos tempos, farán unha visita a todos os nenos e nenas de Brión en cada parroquia cun gran fin de festa na Carballeira de Santa Minia.
A programación arrincará o venres 9 de decembro co acendido do alumeado de Nadal ás 18:00 horas na Carballeira de Santa Minia. Unha hora antes, ás 17:00 horas, terá lugar un espectáculo de maxia para as crianzas. Por outra parte, xa están en marcha ata o 22 de decembro o XXXII Concurso de Tarxetas de Nadal, para nenos e nenas de educación infantil e primaria; e o Concurso de Decoración de Nadal, no que a veciñanza está a compartir nas redes sociais as súas creacións.
concursos e
música conforman o Programa de Nadal
O auditorio do centro social polivalente acollerá, ás 20:00 horas, tres actuacións de teatro: dúas para un público adulto (“Ornithology” de Quico Cadaval e Pablo Castaño o 15 de decembro e “Feminíssimas” de Ste Xeito Producións o 16 de decembro) e outra para maiores de 7 anos (“A derradeira bala”, de Farándula Velutina). E o venres 23, ás 18:00 horas, Concerto de Nadal para toda a familia: “Loli e Os Reis do Ritmo. Un Nadal con ritmo”.
A maiores, do 2 ao 4 de xaneiro teremos o XXVII Festival de Títeres de Nadal, con tres actuacións para toda a familia no polivalente ás 17:30 horas.
Así, Mircromina Teatro presentará “Raio de Loubicón”, Marionetas Rui Sousa (Portugal) porá en escena “Marionetas musicais” e Larei Lará pechará o ciclo con “Dinosauros, o regreso dos saurios”.
Así mesmo, do 23 de decembro ao 5 de xaneiro terá lugar o “Concilia Nadal”, o programa de conciliación familiar do Concello de Brión para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que terá lugar de 7:30 a 15:30 horas na Casa da Cultura.
Convocada a quinta edición do Premio Laudamuco para textos teatrais
Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuír ao recoñecemento de Roberto Vidal Bolaño por todo o que representou e segue a representar na nosa cultura, o Concello de Brión, co apoio da Academia Galega de Teatro e de Edicións Positivas, convoca, a quinta edición do Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2023.
O premio estará composto por unha dotación económica de 7.000 euros máis a edición da obra gañadora por parte de Edicións Positivas. Ao galardón poderán optar persoas de calquera nacionalidade que presenten, ata as 23:00 h. do día 3
de febreiro de 2023, unha obra dramática, escrita en lingua galega, inédita e que nunca antes premiada. A persoa gañadora darase
a coñecer na terceira semana de abril de 2023 e a entrega farase o 16 de maio de 2023, coincidindo co corenta e catro aniversario da posta en escena de “Laudamuco, señor de ningures”.
O tema e a extensión da obra serán libres. Como novidade, as obras deberán presentarse exclusivamente en formato dixital enviando un mail a premiolaudamuco@concellodebrion. gal indicando no asunto “V Premio Laudamuco” e adxuntando PDF co título “Obra. Título e pseudónimo” e un segundo PDF co nome “Plica. Título e pseudónimo”, que conterá título, pseudónimo e datos do autor/a (nome, DNI, móbil, CV...).
Convocado o “Vacacións en
Paz 2023”
O Concello de Brión colabora un ano máis co programa de acollida “Vacacións en Paz”,, que anima as familias a acoller a nenos e nenas saharauis durante dous meses do verán de 2023. Trátase dunha forma de que estas crianzas que viven nos campos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) poidan evadirse un tempo da súa dura realidade, alonxarse dun lugar onde superan os 50º de calor durante as datas do verán e desfrutar duns meses como o que son: simplemente nenos e nenas.
Aquelas familias de Brión que estean interesadas en participar neste proxecto poden conseguir máis información chamando ao teléfono 678 727 382 ou no mail sogaps.oficial@gmail.com.
Revista Altamira 19
Cultura e deportes
Cultura e deportes
O plan integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión supera o 60% de inserción
O programa integrado de emprego dos concellos de Ames e Brión, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 243.316,35 euros, vén de rematar a edición 2021/2022 cuns resultados moi satisfactorios xa que máis do 60% das persoas participantes tivo algún contrato laboral. Unha edición na que participaron 100 persoas desempregadas, que se formaron nos ámbitos de comercio, almacén, ocio infantil e tempo libre, limpeza e arranxo de habitacións en hoteis, turismo e TICs.
Ao longo do programa desenvolvéronse catro itinerarios formativos de carácter sectorial, nos que se incluían diferentes cursos: actividades para a infancia e a xuventude, actividades de comercio e atención ao público, xestión e organización do almacén e turismo. Realizáronse un total de 18 actividades formativas
O programa integrado de emprego está cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade e os Concellos de Brión e Ames
do catálogo de especialidades do SEPE e formación con homologacións oficiais como o curso de monitorado de actividades de tempo libre e o de operador de carretilla elevadora (UNE 58451). Ademais, 47 persoas realizaron prácticas non laborais nunha das 23 empresas que participaron no programa, entre as
que figuran firmas de Brión como os hoteis Balneario do Tremo e Casa Rosalía.
Edición 2022-2023
Diante destes bos resultados, os Concellos de Ames e de Brión veñen de iniciar unha nova edición do programa integrado de emprego (2022-2023), financiado
tamén pola Consellería de Emprego e Igualdade desta vez con 245.269,72 euros e cofinanciado por ambos os dous municipios. Ao igual co anterior, o programa permitirá mellorar a emrpegabilidade de 100 persoas desempregadas de ambos concellos e parte cun o 40% do total das persoas participantes.
O proceso de selección das persoas participantes desenvolverase nos meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023. Nesta ocasión, deberán encadrarse nos seguintes perfís: mulleres desempregadas dos concellos de Ames e Brión (55 prazas) e persoas menores de 30 anos desempregadas (45 prazas) dos concellos de Ames e Brión. Ademais de encadrarse nalgún destes dous colectivos, as persoas interesadas en participar no programa deberán estar inscritas como demandantes de emprego.
Brión recupera a súa tradicional festa do magosto na carballeira
Despois das limitacións impostas pola pandemia os últimos dous anos, a Carballeira de Santa Minia volveu a encherse co tradicional arrecendo a castañas asadas, churros e chocolate quente. Porque o venres 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, Brión celebrou o seu Magosto, unha das festas populares máis arraigadas na nosa tradición.
O grupo Lohengrin Teatro foi o encargado de iniciar o serán festivo coa representación ao aire libre na Carballeira de Sta. Minia de “Mouras”, un espectáculo que recupera historias e lendas populares para achegarnos dun xeito ameno
aos personaxes míticos da nosa tradición oral. Despois, o epicentro da festa mudou cara á praza da Rúa Gondar, onde a numerosa veciñanza participante, ao cuberto de dúas grandes carpas, puido degustar castañas asadas, bebida e chocolate con churros que se ofreceron de balde a todas as persoas participantes. Tampouco faltou unha polbeira para os que quixeron prolongar o serán ata a cea.
A parte gastronómica da celebración estivo amenizada pola mellor música tradicional grazas ás dúas foliadas organizadas, tanto para público infantil como adulto, onde participaron as integrantes das Escolas Municipais de Música e Danza Tradicionais.
20 Concello de Brión
Convocadas outras cen prazas para a edición de 2022-2023
Hugo García Souto e Ester Navarrete Santana gañan a Carreira Pedestre da Amaía
Nunha proba con 303 atletas, os locais do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago foron os gañadores da categoría de clubs
Os atletas Hugo García Souto (RC Celta de Atletismo) e Ester Navarrete Santana (Fútbol Club Barcelona) gañaron a XXXIX Carreira Pedestre da Amaía. O tempo acompañou e permitiu incrementar nun 43% o número de participantes, chegando a tomar a saída un total de 303 atletas, 157 deles na proba absoluta. Hugo García impúxose cun tempo de 31 minutos e 31 segundos, 26 segundos menos que o gran dominador desta proba, o portugués Nuno Costa (SD Compostela Atletismo), vencedor nas tres edicións anteriores. Completou o podio Jesse Corro Roufett (Atletismo Arenteiro) cun tempo de 32 minutos e 37 segundos.
Na categoría feminina confirmouse a “maldición” da Pedestre, que fai que ningunha atleta sexa quen de repetir título de forma consecutiva. Así, a gañadora da edición de 2021, Sandra Mosquera Losada (Comesaña Sporting Club), tivo que conformarse co terceiro posto da proba, que gañou con autoridade Ester Navarrete Santana, cun tempo de 36 minutos e 35 segundos que a colocaron no
posto 14 da poroba absoluta. O segundo posto foi para Natalia Castro Santos (San Miguel de Marín), cun tempo de 38 minutos e 15 segundos..
A clasificación por equipos foi gañada por primeira vez polos locais do Club Deportivo
Brión Hyupersa Santiago, con 140 puntos; seguidos por tres clubs de Santiago: SD Compostela Atletismo, con 210; o Club Atletismo Tambre (283) e o Club Atletismo Sar (378 puntos). O alcalde, Pablo Lago Sanmartín, presidiu o acto de entrega de trofeos, espe-
cialmente deseñados polo prestixioso ceramista Nano Unzueta. Estivo acompañado pola concelleira de Deportes, Sandy Cebral Gómez, así como polos concelleiros Carlos Noya, Rosa Romero Fariña, Iolanda Bouzas e María Guarina Rey Vázquez.
Os tres equipos de fútbol do municipio, unidos por unha boa causa
Cinco brionesas na Selección de Santiago
O Campo Municipal de Fútbol de Brión acollerá o venres 23 de decembro, a partir das 17:00 horas, a novena edición do Encontro Benéfico. Un evento que organiza un ano máis o Bastavales Unión Deportiva en colaboración coa Sociedade Deportiva Brión, a Sociedade Deportiva Luaña, o Concello de Brión, a Real Federación Galega de Fútbol, a Deputación da Coruña, Deporte Galego e a Xunta de Galicia.
Unha xornada deportiva que inclúe un triangular entre os tres equipos senior do noso municipio: Bastavales UD, SD Brión e SD Luaña. Previamente
terán lugar partidos amigables de Fútbol 8 das categorías inferiores do Bastavales UD: biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns.
Para acceder ao campo será preciso doar alimentos non perecedoiros, correctamente empaquetados e que non teñan superada a data de consumo preferente. En especial recoméndase azucre e conservas, así como produtos de Nadal e de hixiene persoal. Todos os alimentos doados serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Brión para colaborar na campaña municipal de doazón de alimentos “Brión Solidario”.
Revista Altamira 21 Cultura e deportes
O alcalde Pablo Lago presidiu o acto de entrega de trofeos, deseñados polo ceramista Nano Unzueta
Cinco nenas do Club Baloncesto Brión formaron parte da Selección Feminina de Santiago na Xuntanza Autonómica de Minibasket, onde competiron contra as seleccións de Lugo e de Arousa. Parabéns para Valentina, Sama, Jiyan, Noa e Arume por esta fantástica experiencia.
Tamén foi noticia
Éxido da I btt Concello de Brión
O club Team Oiense Turonia Maglia e o Concello de Brión organizaron unha proba que se disputou sobre unha distancia de 42kms e que reuniu a 200 ciclistas que puideron desfrutar dun dun trazado composto por camiños e sendeiros buscados para a ocasión.
Todas as persoas que participaron recibiron como agasallo o libro “A Batalla de Altamira”, unha camiseta conmemorativa do evento e tamén tiveron dous puntos de avituallamento durante a ruta.
Vaia dende aquí o agradecemento a todas as persoas que colaboraron para que esta proba puidera levarse a cabo e tamén as empresas patrocinadoras: ABANCA, BrionMotor, Escuela Estevez, Autocares M Riveiro, Panadería La Canela, Finca Capeans, Carnicería Capón, Carnicería Suso, Deputación da Coruña, Deporte Galego.
I Raid hípico de Brión
O pasado día 5 de Novembro e por primeira vez celebrabase en Rañalonga unha proba desta disciplina tan pouco coñecida. O raid é unha deporte no cal se pon a proba a velocidade, habilidade e a resistencia física e psicolóxica do cabalo e xinete pois ambos deben percorrer unha ruta contra o tempo. Para realizar esta proba o xinete debe dosificar o esforzo do cabalo e levar un ritmo axeitado pois ao finaliza a mesma ao cabalo tomanselle as pulsacións e se están por encima do permitido, o xinete é eliminado.
Esta proba, incluída no calendario oficial da Federación Hípica Gallega, estivo organizada polo Centro de Entrenamento e Rehabilitación Equino e Canino en colaboración co Concello de Brión e despois do exito desta edición xa pensan nunha segunda no ano 2023.
22 Concello de Brión
Pasatempos
Sudoku Fácil Sudoku Dificil
Revista Altamira 23 Última páxina