83 - ALTAMIRA Nº 83

Page 1

A factura eléctrica a debate

Bota a andar a sala de exposicións

Os alcaldes piden a supresión da tarifa estimada e a mellora do servizo. PAX. 6

A exposición inaugural acolleu un total de dezanove artístas plásticos galegos. PAX. 18

Altamira Nº 83 - DECEMBRO DE 2011 - ANO XXVI

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

A contaminación

do rio Sar Plan de igualdade

Brioneses

Preséntase o II plan de igualdade de oportunidades de Brión 2012 - 2015.

Os veciños participantes nos obradoiros de memoría triunfan co libro “Un anaco de sabedoría”

PAX. 14

decembro11

PAXS. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT E CA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Plana Artes Gráficas, S. L. Mail: revistaaltamira@infobrion.com

E como non, tamén aproveitar estas liñas na REVISTA ALTAMIRA para trasladarche o meu desexo persoal, e o de todo o equipo de goberno, de que pases as mellores festas posibles e que esta crise económica que estamos a sufrir non nos impida disfrutar destes días.

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Pe d riñas, nº 3 15 865 - Bri ón Tel. Liña 1: 98 1 8 8 77 0 1 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 7 7 02 C E NT R O SOCIAL POL IV A LE N TE A v da . de Santa Mini a, nº 4 6 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

G AR DA CIVIL R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 2 15 85 6 - Bri ón Tel.: 981 88 1 8 1 7 Tel.: 981 88 58 99 O FI CI N A DE URBANISMO P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P I SCI N A CUBERTA MUNI CI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 73 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel.: 981 89 34 74 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P OLI D EP ORTIVO M UNICI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 76 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 B aixo 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 78 51 S ERVI Z O DE EM ERXEN CI A S La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 88 7 5 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 72 7 1

2 | Concello de Brión

BO NADAL E PRÓSPERO 2012

Pax s. 10 - 11 REPORTAX E

contidos

F ARMAC IA NUÑEZ PER E Z , B. Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 30

Como ben saberás a situación económica de todos os concellos non é a mellor das posibles e son moitos os que se están a escudar nela para recurtar ou privatizar servizos. En Brión tomamos a decisión de non facer recorte ningún nas distintas prestacións sociais e nas actividades sociais, deportivas e culturais que prestamos aos veciños, tratando de aforrar noutras partidas.

Pax s. 3 - 9 ACTUALI D AD E

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxel e s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 72 01 FARMACIA BASTAVALES BRIÓN A v da . do s Ánxel e s, nº 36 15 2 80 - Bastaval e s Tel.: 981 88 8 8 36

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85 Un novo número da nosa revista sae a rúa. Neste caso tratando temas tan delicados como “o pésimo estado do Rio Sar”, “a factura da luz” ou “a modificación da relación de postos de traballo no Concello”. Asimesmo, quero dar a miña sincera noraboa aos veciños e veciñas que asisten ao taller de memoria e que acaban de publicar o seu primerio libro, tema que tratamos na entrevista central.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 5 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 8 8 7 0 8 0

E SCOLA MUNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mini a, nº 70 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D O CONCEL L O P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31

E SCOLA INFANTIL M UN I CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 77 42

Altamira

Pax s. 12 - 13 BRI ONESES Pax s. 14 - 16 SERVIZ OS SOCI AI S Pax s. 17 - 20 CULTURA E D EPORTE S Pax . 21 HI STORI AS E LEND AS Pax . 22 PASATEM POS / HUM O R Pax . 23 CURIOSID AD ES


ACTUALIDADE TRABALLADORES MUNICIPAIS

Brión aforrará 600.000 euros esta lexislatura sen despidos nin mermas nas condicións laborais dos traballadores O alcalde agradece “o esforzo e a boa predisposición dos traballadores do Concello, que fixeron posible o acordo” O alcalde Xosé Luís García vén de asinar unha modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Brión co apoio unánime tanto dos representantes dos traballadores e dos funcionarios como das forzas sindicais. Un acordo que permitirá un aforro de 152.344 euros anuais, o que representa un aforro de algo máis de 600.000 euros durante esta lexislatura. O alcalde brionés destaca que “este aforro consíguese mediante a optimización dos recursos dispoñibles e sen afectar ás condicións laborais dos traballadores, que non teñen que sufrir ningún tipo de merma de dereitos”. Ademais, Xosé Luís García agradece especialmente “o esforzo e a boa predisposición amosada polos traballadores do Concello de Brión e os seus representantes, que fixeron posible este acordo”.

A RPT EN DETALLE

CAMBIOS NOS DEPARTAMENTOS

Así, a modificación puntual da RPT permite unha reordenación e actualización da estrutura administrativa municipal e dos recursos humanos dispoñibles, dando lugar a un organigrama administrativo renovado e adaptado ás necesidades actuais do Concello de Brión. Unha reorganización que en ningún caso prevé o incremento de postos de traballo, senón unha optimización dos efectivos dispoñibles.

Así mesmo, procédese á reestructuración de varios departamentos, especialmente nos casos de Intervención e de Urbanismo. Así, no Departamento de Intervención suprímese o posto de Tesoureiro-Recadador, cuxas funcións serán asumidas por un posto xa existente: o Auxiliar Tesoureiro-Recadador. Ademais, no Departamento de Intervención, Urbanismo e Medio Ambiente desaparecen os postos de Xefe de Departamento e de Auxiliar Administrativo, éste último reasignado a Negociado de Persoal. Ademais, unirase este departamento co de Obras e Servizos, de xeito que o novo departamento pasará a denominarse: Departamento de Obras, Urbanismo e Medio Ambiente.

Deste xeito, a proposta asinada aposta pola polivalencia, flexibilidade e amplitude funcional dos postos de traballo. Un exemplo é a substitución dos traballadores habilitados por persoal do propio Concello de Brión que se encargará, por exemplo, de cubrir unha baixa por maternidade repartindo o traballo a facer entre varios empregados municipais.

Finalmente, nesta modificación puntual da RPT do Concello de Brión non se realizou ningunha revisión das valoracións económicas dos postos, polo que seguirá vixente o nivel retributivo determinado na RPT que se atopa actualmente en vigor. A modificación puntual da RPT foi asinada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, os catro representantes do comité de empresa do Concello de Brión, o representante dos funcionarios do Concello, o representante da Sección Sindical do Sindicato Profesional de Policías Municipais e os representantes dos sindicatos maioritarios.

Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE CONTAMINACIÓN

O Sar, un río en perigo O alcalde instou a Augas de Galicia a evitar os verquidos, que o ente autonómico relaciona coa depuradora de Silvouta, pero estes seguen producíndose.

“Consellos vendo, que para min non teño”. Este refrán da sabedoría popular resume á perfección a esperpéntica situación que está a vivir o río Sar, que nestas últimas semanas está a ser vítima de numerosos verquidos. A pesar de que tanto Augas de Galicia como a Consellería de Medio Ambiente sinalan directamente a Silvouta como orixe dos verquidos, a depuradora compostelá non levou sanción ningunha. Nin sequera un simple tirón de orellas ou unha encomenda para que deixe de contaminar o Sar. Absolutamente nada. Porén distintos concellos galegos, sobre todo aqueles que máis teñen universalizado o servizo de seneamento como é o caso de Brión, están a ser sancionados sistemáticamente cando unha simple análise de augas, realizada por Augas 4 | Concello de Brión

de Galicia, non coincide cos parámetros marcados. E non pensen que se volve realizar unha segunda análise un tempo despois para determinar se se tratou dun episodio puntual ou dunha contaminación continuada. É máis, aínda que o Concello demostre cientificamente que esa medición foi excepcional e que a auga está en perfectas condicións antes e despois do incidente, toda a veciñanza é sancionada con 6.000 euros de multa. O paradoxo é máis ca evidente.

Vidaloíso non se pode describir con palabras. Iso motivou que o alcalde puxera a situación en coñecemento do organismo responsable destes casos: Augas de Galicia. Esa mesma semana, os cheiros viñeron acompañados por unha escuma branca que tinguíu gran parte do leito do Sar e mesmo provocou a morte de numerosos peixes, como ben testemuñaron tanto os veciños de Bastavales como as asociacións de pescadores e de defensa do medio ambiente.

CHEIROS E ESCUMA Todo comezou como adoita comezar nestes casos: cun veciño que dá a voz de alarma. E, neste caso, foron máis de un, pois o cheiro que tiveron que aguantar durante varias semanas os veciños e veciñas de localidades como Chave da Ponte, Chave de Carballo ou

Alertados dos verquidos, técnicos da empresa concesionaria do servizo de saneamento municipal en Brión desprazáronse ata o Sar, onde confirmaron que nada tiñan que ver coas infraestruturas municipais. E, aínda que a queixa do alcalde non sinalaba a ninguén co dedo, tanto a resposta recibi-

da de Augas de Galicia como as ofrecidas por este departamento diante dos medios de comunicación apuntaban directamente á depuradora de Silvouta como a orixe destes verquidos. Para a historia dos despropósitos quedarán algunhas explicacións verquidas (nunca mellor dito) pola Consellería de Medio Ambiente, quen chegou a asegurar que Silvouta non ten capacidade para depurar todas as augas residuais que lle chegan e que, como o Sar presenta un caudal moi mermado, non é quen de asimilar as augas verquidas pola depuradora. Dito sen eufemismos: que a culpa é do Sar, por non ter suficiente auga para disimular a merda. E todo quedou aí, nunhas simples xustificacións e na esperanza de que a construción dunha nova depuradora poida pór fin aos verquidos. Unhas


ACTUALIDADE MULTAS DE MÁIS DE 6.000 EUROS PARA VERQUIDOS DE PURÍN NA REDE DE SANEAMENTO

O Concello lembralles aos veciños e veciñas de Brión que está totalmente prohibido o verquido directo ou indirecto de augas e produtos residuais susceptibles de contaminar as augas ou calquera outro elemento do dominio público. Unha prohibición que afecta, concretamente, ao purín, que en ningún caso pode ser verquido directamente nos sumidoiros. Así está recollido na Lei de Augas, que mesmo establece a contía das multas para os infractores e que oscilan entre os 6.000 e os 601.000 euros.

instalacións que, por certo, non só acumulan un gran retraso na súa execución, senón que aínda haberá que agardar moito máis por elas despois da decisión do Concello de Santiago de cambialas de ubicación. Por iso o alcalde Xosé Luís García considera que “non é entendible que en Brión teñamos depurado todo o municipio, e que mesmo nos poidan sancionar cando se excede o PH da auga, e que no caso do Sar se poida verter sen ningún problema. É incrible que se poida xustificar un verquido dicindo que o problema é que hai menos auga e por iso se ve máis. O que hai que facer é tomar medidas e solucionar o problema xa”.

dicida pola Xunta: máis auga + igual verquido = xa non se nota tanto, problema “resolto”. Mais esta táctica de mirar para outro lado ten unha vítima mortal: ese río Sar en cuxas beiras Rosalía cantaba aquilo de: “la cándida abubilla bebe en el agua mansa donde un tiempo he creído de la esperanza hermosa beber el néctar sano, y hoy bebiera anhelosa las aguas del olvido, que es de la muerte hermano; donde de los vencejos que vuelan en la altura, la sombra se refleja; y en cuya linfa pura, blanca, el nenúfar brilla por entre la verdura de la frondosa orilla”.

Se a gran poetisa erguese a caCoa chegada das choivas cum- beza, desta si que morrería de priuse a fórmula máxica pre- saudade.

O Concello de Brión fai dende “Altamira” un chamamento á responsabilidade dos veciños, xa que nos últimos meses téñense detectados varios verquidos destas características nalgunhas parroquias do municipio. Unhas accións que, no caso de descubrirse a identidade do culpable, levarían aparelladas unhas multas mínimas de 6.000 euros por parte de Augas de Galicia. Mais como de momento non se pillou a ninguén “coas mans na masa”, o certo é que esas irresponsabilidades estámolas a pagar todos os veciños e veciñas de Brión. De feito, o Concello xa tivo que pagar case 10.000 euros en sancións por parte de Augas de Galicia por mor de pequenos verquidos, cualificados como leves, na rede de sumidoiros municipais. E neste momento ten abertos outros 5 expedientes por ese mesmo motivo, o que conlevará outro duro golpe ás arcas municipais nestes tempos de crise. Por iso, dende o Concello fan un chamamento á responsabilidade por parte de toda a veciñanza e lembran que non se pode tirar todo pola alcantarilla abaixo. Residuos como os aceites de cociña ou de motor, os puríns e todo tipo de lixo teñen os seus sistemas e contedores específicos de recollida. Entre todos faremos un Brión máis limpo sen que nos custe un peso pois, a fin de contas, as multas pagámolas entre todos cos nosos impostos e son cartos que non poderán empregarse noutros servizos. Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE AFORRO ENERXÉTICO

SERVIZO ELECTRÍCO

Alcaldes das comarcas de Santiago, Ordes e Co novo Noia piden un mellor servizo eléctrico para alumeado do os veciños Balado Brión acolle unha reunión na que se pedíu a fin das tarifas aforraranse “estimativas” e un interlocutor válido de Fenosa para a 4.800 euros provincia da Coruña anualmente Os veciños e veciñas da urbanización do Balado contan cun alumeado público renovado e máis eficiente, que supuxo un investimento de case 68.000 euros. Uns cartos que foron financiados polo INEGA e polo Concello de Brión. A obra supuxo a substitución de 88 farolas por outras 44 luminarias máis modernas, que permitirán un aforro enerxético do 73% con respecto ás anteriores. En euros, isto suporá un aforro de case 5.000 euros anuais. Momento da reunión mantida polos alcaldes da comarca no salón municipal de plenos do Concello de Brión, onde se chegou ao acordo de pedir un novo modelo de factura eléctrica, clara, ben estructurada e entendible para todos.

q

Din que a unión fai a forza e, nestes tempos de crise económica, cada vez son máis as voces que piden unha maior unión entre os municipios para prestar servizos conxuntamente. Así os veciños poderían seguir percibindo os mesmos servizos e estes custaríanlle menos cartos aos concellos. Brión, que xa foi pioneiro en Galicia en propoñer unha fusión dos servizos de Policía Local e Protección Civil con Ames, acolleu varias reunións de alcaldes das comarcas de Santiago, Ordes e Noia para dialogar sobre a situación actual dos seus municipios e analizar a posibilidade de coordinar políticas en beneficio dos veciños, por riba de ideoloxías políticas. Proba disto é que en Brión reuníronse alcaldes do Partido Popular, do Partido Socialista, do BNG e mesmo de formacións independentes. Ademais deste exercicio de posta en común de experiencias e de busca de solucións aplicables para o conxunto dos 6 | Concello de Brión

municipios, os alcaldes aprobaron por unanimidade un manifesto de apoio e solidariedade coa situación que están a sufrir numerosos veciños, que nos últimos meses recibiron facturas da luz practicamente inintelixibles e que recollen uns incrementos desmesurados dos prezos. Uns aumentos que en ocasións mesmo rexistran incrementos superiores ao 30% con respecto ás facturas anteriores, sen que iso poida ser xustificado nin cun aumento do consumo do propio veciño nin co incremento rexistrado nas tarifas eléctricas, a pesares do aumento do 1,5% e do 9,8% rexistrados en xullo e xaneiro deste mesmo ano. Na defensa dos intereses dos seus conveciños, e tamén diante dos continuos apagóns e cortes na subministración de enerxía eléctrica que se seguen a rexistrar en moitos termos municipais, os alcaldes reunidos en Brión solicitaron a prohibición da factura da ener-

xía eléctrica por “estimación” calculada a ollo por parte das compañías comercializadoras e apoiar as medidas nesta liña anunciadas pola Xunta de Galicia. Entre outras cousas, esixen a eliminación da factura por estimación, ao considerar que se trata dun modelo pouco transparente e que está repercutindo de forma moi negativa no peto dos galegos. Á súa vez, piden un novo modelo de factura: clara, ben estructurada e entendible para todos os veciños. En defensa dos veciños, os alcaldes solicitan a revisión das últimas facturas enviadas e a resolución de todos os erros detectados, o que suporía a devolución inmediata dos cartos cobrados de máis ou, no seu defecto, o inmediato desconto desas cantidades no seguinte recibo. Finalmente, esixiron ante as compañías comercializadoras de enerxía eléctrica na zona un correcto subministro de enerxía eléctrica a todos os veciños.

Ademais, para incrementar ese aforro enerxético, a empresa concesionaria das obras instalou un moderno sistema de acendido do alumeado: un reloxo astronómico. Un sistema que non funcionou correctamente durante varios domingos do mes de outubro, polo que o Concello instou á empresa concesionaria dos traballos a arranxar a situación. Dende o cambio dunha peza defectuosa do reloxo, realizada o pasado 26 de outubro, o sistema funciona perfectamente. Por outra banda, o Concello vén de formalizar coa empresa Electricidad Cruceiro SL un contrato para a reparación e mantemento de material do alumeado público en Brión durante os vindeiros catro anos. O contrato, adxudicado mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, ascende a uns 40.000 euros anuais e a empresa concesionaria comprometeuse a investir outros 24.000 euros en materia de eficiencia e aforro enerxético.


ACTUALIDADE OBRAS POS 2011

VIVENDA PROTEXIDA

O Concello investirá 94.000 euros no mantemento e mellora de estradas e beirarrúas en todas as parroquias

A Xunta autoriza a subvención para construír 144 vivendas protexidas en Brión

O Concello investirá case 94.000 euros do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2012 (POS 2012) en dous proxectos de mantemento e mellora da rede viaria (77.255 euros) e de remodelación e reparación de beirarrúas (34.300 euros) “de xeito que haberá obras de mantemento en todas as parroquias de Brión”, explica o alcalde Xosé Luís García. Uns cartos dos que o Concello aportará 17.900 euros. A partida máis significativa, orzamentariamente falando, adicarase á segunda fase da remodelación das beirarrúas da parroquia de Bastavales.

Pago de débedas e melloras A unanimidade plenaria tamén se mantivo na aprobación dun expediente de modificación de créditos por algo máis de 180.000 euros, que irán destinados a distintos traballos de mellora no municipio así como para aboar facturas pendentes con empresas e autónomos. Uns investimentos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería (uns 141.000 euros), mentres que os outros 47.000 euros irán con cargo ás baixadas na partida correspondente aos soldos do persoal municipal e dos cargos políticos de Brión.

O Ministerio de Fomento aportará o 88% do financiamento, mentres que o resto correrá a cargo do promotor privado da obra O Consello da Xunta de Galicia vén de autorizar a concesión dunha subvención ao promotor dunha área de urbanización prioritaria de solo residencial destinado á construción de vivendas protexidas de promoción privada en Brión, ao abeiro do Plan de Vivenda 2009-2012. Esta actuación, que terá lugar na Área Urbanística Número 9 de Pedrouzos, permitirá a construción de 144 vivendas protexidas para aluguer no municipio nunha finca de 7.646 metros cadrados. Co visto bo do Consello, a Xunta refrenda o convenio asinado o pasado ano polo alcalde Xosé Luís García coa secretaria de Estado de Vivenda e Actuacións Urbanas, Beatriz Corredor; e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Un convenio que algúns cualificaron como “fume” pero que agora vén reafirmar a propia Xunta de Galicia. Así, o Ministerio de Fomento aportará un total de 489.600

euros, o 88% do financiamento total, cifrado en 555.149 euros. O resto correrá a cargo do promotor da obra, Desarrollos Urbanísticos Montemar SL. A promotora adquiriu o compromiso de que as obras de urbanización estarán rematadas en 2013, como moito, e tamén que no prazo de tres anos deberán estar construídas, cando menos, 43 vivendas (o 30% do total). Este convenio conseguido polo alcalde de Brión é un dos últimos acordos de Áreas de Urbanización Prioritaria que reciben axudas estatais, xa que estas desapareceron este mesmo ano 2011. Ademais, a de Pedrouzos converterase na primeira promoción de vivenda pública que se acometa en Brión en toda a súa historia, toda vez que a Xunta aparcou definitivamente a construción de 234 vivendas protexidas e de prezo limitado contempladas polo anterior goberno autonómico no Plan Sectorial de Vivenda na Área Funcional de Santiago.

Estes 180.000 euros utilizaranse para financiar distintas actuacións como a adquisición de novas desbrozadoras para a Brigada de Parques e Xardíns, a conexión do saneamento de Gosende, a obra do dique do río Sar ou distintos traballos de reparación, mantemento e conservación de vías públicas En total, o Plan de Coope- e instalacións de saneamento ración ás Obras e Servizos de e abastecemento de auga coCompetencia Municipal 2012 rrespondentes ao terceiro cuaascende a 234.132,64 euros. trimestre de 2011. Así mesmo, o pleno municipal aprobou por unanimidade adicar algo máis de 140.000 euros deste Plan a financiar gasto corrente en materia de alumeado público, recollida de lixo e gastos de limpeza viaria.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE VARIANTES DA AUTOVÍA

A Xunta destinará 1,6 millóns en 2012 para as variantes da AC-300 e da AC-451

Características da AC-451 A contrucción da variante da AC-451 xa está contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal e está considerado como un sistema xeral de comunicación. “É un vial alternativo á estrada de Pedrouzos e é a única posibilidade que ten Pedrouzos de medrar, indo cara o oeste”, lembra o alcalde brionés. Esta estrada, coñecida como o “vial oeste” da autovía AG56, non só permitirá unha nova conexión coa estrada de Negreira senón que solventa os problemas de tráfico da actual AC-451, que non hai posibilidade de ampliar. En outubro de 2008, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aprobaba o expediente de información pública e o proxecto de modificación da AC-451 que conectaría a rotonda da autovía coa dos Barreiros, por Cabreiros.

Características da AC-300: rotonda e ponte

O alcalde Xosé Luís García celebra a constatación de que o Proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma Galega 2012 inclúa unha partida de 1,6 millóns de euros para as obras nas variantes da AC-30 e da AC-451, dous ramais de acceso á autovía Santiago-Brión. García asegura que “é unha noticia moi boa para o crecemento de Brión pois a AC-451 un vial alternativo á estrada de Pedrouzos e é a única posibilidade que ten Pedrouzos de medrar”. De feito, o alcalde brionés amosa a súa satisfacción por que “a Consellería de Medio Ambiente cumpra os seus compromisos, tal e como o Concello de Brión xa cumpríu os seus no seu día”. Neste sentido, compre lembrar que a construcción destas dúas variantes estaba contemplada nun convenio de colaboración asinado por Xosé Luís García e Alberto Núñez Feijoo o 15 de marzo de 2005, durante a súa anterior etapa como conselleiro e cando se comezaron os traballos para a construción da autovía Santiago-Brión (AG-56). De acordo co devandito convenio, o Concello de Brión cedeu os terreos municipais por onde pasa a autovía e transferíu á Xunta unha cantidade de 250.000 euros, uns cartos que xa foron pagados polo Concello brionés hai varios anos. Despois de asinar unha adenda a este convenio en 2009, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comprometeuse a facer a AC-451 nunha reunión mantida con Xosé Luís García o pasado 22 de decembro de 2010.

8 | Concello de Brión

As obras que xa están en marcha son as da variante da AC300 (A Picaraña-Os Ánxeles), que na actualidade marchan a bo ritmo co asfaltado do vial realizado durante estas últimas semanas. Deste xeito, as obras máis significativas que aínda quedan por acometer neste vial é a construción dunha rontonda, na súa intersección coa estrada Santiago-Noia (AC-543), e dunha ponte sobre o río Pego. As obras de construción da variante da estrada A Picaraña-Os Ánxeles (AC-300) foron licitadas en outubro de 2008 pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes por un importe de 1,41 millóns de euros. Os traballos comezaron a desenvolverse en xullo de 2009 e deberían ter estado rematados en xullo de 2010. O vial terá uns 1,4 quilómetros de lonxitude e permitirá acceder á autovía Santiago-Brión (AG-56) sen ter que pasar nin polo actual cruce dos Ánxeles nin polo entorno da igrexa dos Ánxeles, axilizando así a circulación nestes dous puntos e mellorando o acceso á autovía para os veciños e veciñas de Bastavales. Este ramal ten unha plataforma de oito metros de ancho, constituida por dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de 2 metros. A Xunta encargouse da licitación, execución e conservación da variante da AC-300, xa que será o titular deste vial unha vez rematados os traballos. A cambio, o Concello de Brión asumirá a explotación e conservación do sobrante da estrada AC-300 (é dicir, o tramo actual da estrada entre o inicio do novo ramal e a rotonda dos Ánxeles).


ACTUALIDADE SENTENZAS XUDICIAIS

A realidade dos casos da Torre e Soigrexa Cando un fala de xuizos, de avogados ou de sentenzas adopta un estilo máis serio e grandilocuente, pois todo o que rodea ao estatus xudicial semella envolto por un aura especial que merece o maior dos respectos. E, aínda que a realidade demostra que o mundo xudicial está máis presente nas nosas vidas do que adoitamos pensar, calquera tema relacionada con estes aspectos centraliza a atención da opinión pública. Así, nas últimas semanas dous casos xudiciais centraron a súa atención en Brión: unhas obras no lugar da Torre e unha beirarrúa en Soigrexa dos Ánxeles. Moito se ten publicado durante eses días nos medios sobre ambos casos e todas as partes implicadas teñen dado a súa respectable opinión. Dende Altamira imos simplemente expoñer a cronoloxía real dos feitos para que os lectores desta revista poidan ter os datos fundamentais para teren unha opinión razoada. A ACTUACIÓN QUE MARCA A LEI Comezemos co caso das obras realizadas por un veciño na Torre, que foron obxecto de denuncia por outros dous particulares. En primeiro lugar, cómpre destacar que o Concello non foi denunciado por ninguén e en ningún momento. Tratase dunha denuncia entre particulares na que o Concello ten que actuar incoando e tramitando o correspondente expediente de reposición da legalidade urbanística, tal e como marca a lei. É dicir, estamos falando de actuacións ordinarias das moitas que se levan a cabo no Concello, previa emisión dos correspondentes informes dos servizos técnicos e xurídicos municipais. No caso da Torre, as denuncias presentadas referíanse a un muro de peche a ás reformas nun alpendre. En outu-

bro de 2010, o Concello abriu o correspondente expediente de reposición da legalidade urbanística. O denunciado acreditou a antigüidade do muro, polo que o Concello arquivou o expediente de acordo co consello dos informes técnicos e xurídicos. No caso das reformas realizadas no alpendre, ao ser legalizables, o propietario obtivo a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, polo que obtivo en xaneiro de 2011 a legalización das obras por parte do Concello. Acto seguido, cumprindo a lexislación urbanística vixente, arquivouse o expediente de reposición da legalidade urbanística.

BEIRARRÚA EN SOIGREXA

vaba vivindo coa propietaria nesa vivenda máis de medio século e que dixo ser o propietario da mesma. Finalmente, tal e como recolle a sentenza e como xa admitira no seu día o propio Concello, os terreos seguían sendo propiedade da nai. Unha nai que, en decembro de 2008, doou esa vivenda a outra filla, que foi quen interpuxo a demanda contra o Concello.

Outro caso “mediaticamente famoso” é o da beirarrúa en Soigrexa. Neste caso si que se trata dun conflicto xudicial entre unha propietaria e o Concello brionés, que se solventou favorablemente para a veciña de Soigrexa. Unha resolución xudicial que foi acatada polo Concello para dar vía libre aos proxectos de seguridade viaria na zona, que inclúen a Unha confusión na que se construción dunhas beirarrúas máis anchas, tal e como teñen viu envolto o Concello quen, segundo recolle a propia sensolicitado os veciños. tenza xudicial, non actuou nin Este caso xudicial ten a de forma temeraria nin malisúa orixe en outubro de 2008, ciosa. Por esa razón, o xulgado cando o Concello derruba un non lle impuxo as costas do muro e unha caseta logo dun xuizo ao Concello, que acatará Meses despois, en maio acordo asinado previamente a sentenza para non demorar de 2011, os dous denuncian- por un fillo da propietaria dos máis a realización das beirates reiteraron a súa denuncia terreos. Unha persoa que le- rrúas de Soigrexa. sobre o muro, o alpendre e engadindo a existencia dunha CRONOLOXÍA A TORRE caseta que non cumpría coas - Verán de 2010. Dous veciños do lugar de A Torre denundistancias sinaladas pola norcian a un terceiro veciño por unhas obras realizadas nun mativa e que denominaban muro e nun alpendre. como “obra nova”. - Outubro de 2010. Tal e como indica a Lei 9/2002, o Concello abre un correspondente expediente de reposición O arquitecto municipal da legalidade urbanística. O denunciado acredita a anticomprobou que, efectivamengüidade do muro. te, se realizara unha edifica- Decembro de 2010. A Dirección Xeral de Patrimonio da ción sen contar coa preceptiva Xunta autoriza as obras no alpendre. licenza de obras, polo que a - Xaneiro de 2011. O Concello legaliza as obras e pecha o Alcaldía abriu en xullo de 2011 expediente. un novo expediente de reposi- Maio de 2011. Os dous mesmos veciños volven a preción da legalidade urbanística. sentar a mesma denuncia e engaden a realización dunha En setembro de 2011, o expecaseta. diente finalizou coa correspon- Xullo de 2011. O Concello abre expediente de reposición dente orde de demolición, xa da legalidade urbanística. O arquitecto municipal comque esas obras non eran legaproba que a edificación non conta con licenza de obras. lizables. Unha decisión que o - Setembro de 2011. O expediente péchase coa correspropietario denunciado execupondente orde de demolición, que se executará en canto tará en canto a Consellería de o autorice a Consellería de Cultura. Cultura autorice a demolición. Polo tanto, o Concello cumpriu en todo momento coas obrigas que legalmente lle competen, xa que os servizos técnicos municipais realizaron as comprobacións pertinentes diantes das denuncias interpostas polos particulares e se realizaron en tempo e forma os correspondentes de reposición da legalidade urbanística tal e como marca a Lei 9/2002.

CRONOLOXÍA SOIGREXA - Outubro 2008. O Concello asina un convenio cun fillo da propietaria dunha vivenda de Soigrexa para derrubar un muro e un cobertizo para ampliar as beirarrúas. - Decembro 2008. A propietaria dona a vivenda a unha filla, quen interpón unha demanda xudicial que paraliza as obras das beirarrúas. - Xullo 2009. O pleno municipal aproba o reaxuste dunha aliñación errónea contemplada no PXOM en Soigrexa. - Outubro 2011. A sentenza xudicial obriga ao Concello a indemnizar á actual propietaria dos terreos e supón o inicio do desbloqueo das obras. Revista Altamira | 9


REPORTAXE MICROTOPONIMIA DUNHA RUTA DE SENDEIRISMO

Un paseo pola beira do Tambre O sendeiro do Tambre: “ruta do colesterol”, pero tamén paseo turístico e cultural O territorio de Brión, todo el, ofrece infinidade de lugares por onde o camiñante pode disfrutar da natureza mentras exercita os músculos. Algúns destes camiños están sinalizados como rutas de sendeirismo para guiar ao forasteiro sen perigo de se perder. Con marcas máis ou menos ben conservadas están, por exemplo, a ruta do Castro Lupario e río Sar en Bastavales, a do Camiño Francés entre a Luaña e Ons, a dos Cruceiros en Viceso e a do Tambre en Ons. Esta última ten un percorrido circular, con comezo e remate nas instalacións de piragüismo na ponte de Ons. O primeiro treito duns tres quilómetros discorre abeirando o

encoro Barrié de la Maza polo medio dunha exuberante fraga de arboreda autóctona (carballeiras, soutos de castiñeiros, abeleiras, bidueiros, ameneiros, …, que en boa parte foran cortiñas ata non hai moitos anos). Logo sobe ata as veigas e os núcleos da parroquia de Ons (os Salaños, Grande e Pequeno, Fonte Paredes, A Igrexa, Ons de Abaixo) para meterse novamente ao monte e rematar onda o río. Son uns oito quilómetros que se poden camiñar ben en aproximadamente dúas horas. Esta ruta pódese enlazar cara o lugar de Forxán coas outras rutas da parroquia de Viceso ata completar os quince quilómetros, volvendo ao punto de remate desta.

OS NOMES DOS AGROS Ao longo do percorrido desta ruta do Tambre acábanse de instalar rótulos indicando os nomes tradicionais das paraxes por onde pasa, ademais doutra información de interese. Esta Iniciativa non pretende outra cousa máis que chamar a atención da importancia de conservar os nomes cos que os nosos antepasados foron sinalando os terreos que habitaban e cultivaban. Quen das novas xeracións se preocupa por saber como se chama unha chousa que incluso pode ser propiedade da familia? Son nomes que xa a ninguén lle importan: o monte chámase “monte”, e as árbores “pinos”... Que máis queremos saber?... O investigador Filgueira Valverde calculaba que en Galicia hai uns trinta millóns de leiras, cada unha co seu nome propio, que equivalen á terceira parte das existentes en España. Sen embargo, esta variadísima microtoponimia (a palabra provén da unión de tres vocábulos gregos, micro=pequeno, topo=lugar e nimia=nome) garda información esencial para preservar a nosa cultura. A toponimia forma parte dos elementos culturais que a Unesco denomina patrimonio inmaterial dos pobos. O carácter permanente dos topónimos fainos monumentos históricos, que se manteñen en pé a través dos séculos e que funcionan como referentes compartidos da comunidade, como sinais da identidade colectiva. 10 | Concello de Brión


REPORTAXE CLASES DE TOPÓNIMOS Aténdonos ós topónimos comprendidos na ruta do Tambre, en total uns cincuenta, teñen significados diversos. A maior parte indican a realidade xeográfica do lugar, Así: O Gandarón equivale a gándara=terreo baixo e improdutivo; O Pouso é un rechán para repousar despois dunha costa moi pina; Coto é un outeiro prominente, que non se ha de confundir co “coto” castelán como de caza que en galego se di “couto”. Bouciña, é un terreo inculto cuberto de mato. Deste grupo de nomes que sinalan accidentes xeográficos están A Pedreira, Covas do Pachón, Pedra da Copa, Fonte Nacida, A Lagoceira, etc,

proximidade dunha pesqueira do río, que os do lugar chaman “canal”), Chousa (terra de labor cercada), Costa dos Muíños (no fondo da costa consérvase a totalidade dos muíños da parroquia, preto dunha ducia deles). O Xinxido, deformación de “eixido”, terreo de pouca extensión contiguo á casa. Algúns nomes curiosos. Na relación de cincuenta nomes que compoñen o percorrido atopamos unha manchea deles que teñen significados curiosos, que imos comentar.

A Gamallosa podería ser un lugar onde hai moitos “gamallos”, que así se chaman os arbustos que ramifican dende o chan; pero tamén podería proceder dun deus solar dos celtas denominado Camal moi Outros topónimos fan presente na toponimia de Gareferencia ao arborado da licia, como Camelle, Caamaño, zona: O Freixo, A Carballeira, Cambre, etc. A Debesa, Agros dos Pinos... A palabra “albo” é moi usaAbundan os nomes rela- ba en galego co significado de cionados con algún tipo de branco, pero o Albares que atoconstrución ou intervención pamos na nosa ruta debe vir da humana no territorio, como raíz indoeuropea “alb” co signipor exemplo: Sucanal (na ficado de altura, como Vilalba

non é unha “vila branca”, senón santuario non queda nada, unha “vila alta”. pero si o nome e maila fonte que din que era da santa. Curioso de vez é a orixe de Latedo: ven da palabra latina A Dorna é o lugar onde latus, que quer dicir “dilatado”, había unha barcaza, que aquí “longo”; unha lata é un ferro chamaban “dorna”, para salque se dilatou tanto que se var o río cando non había convertiu nunha lámina delga- ponte; alí era antiagamente da. Pero en Portugal e incluso a “dorna de Miguel”, polo en zonas de España cháman- nome do barqueiro, que era se “latas” aos varais longos e de Negreiroa. Xa no século delgados que se usaban como XX, a “dorna” mudouse río armazón dos emparrados ou arriba para onde está agora dos tellados de colmo (palla) a Ponte Insua e chamábase das construcións labregas. Aquí a “dorna de Ricardo”, que así temos, pois a nosa palabra: “la- era o seu propietario, veciño tedo” é un lugar onde abundan de Ons de Abaixo. Tamén se as “latas”, que os veciños ían lle chama “dorna” a unha debuscar para renovar a cuberta presión do terreo formando das súas casas e alboios, pois os unha cunca, e tamén podería emparrados non se facían por- vir dalí o nome da paraxe. que Ons nunca foi terra de viño. Ao longo do traxecto pola Nos agros de Pías da beira beira do Tambre, o camiñando Tambre di a tradición que es- te atópase con tres antigas taba a antiga Ponte Pías relacio- pesqueiras, cada unha coa nada coa tradición xacobea do súa sinalización e que restraslado dos restos do apóstolo ponden aos nomes do lugar Santiago. onde se ubican: Pazos, A Pedreira, O Pouso. Cando o enSanta Cristina é unha para- coro está baixo, pódense ver xe nos termos do antigo Couto perfectamente estes inxeños de Salaño onde houbo unha er- que a represa deixara inutilimida adicada a esta mártir; do zados.

Revista Altamira | 11


BRIONESES

Os veciños participantes nos obradoiros da memoria triunfan cun libro que recolle adiviñas, cántigas, refráns, receitas, oracións, remedios caseiros e narracións

Algo máis ca un anaco de sabedoría “Este libro fixémolo co traballo diario nos obradoiros e con cousas que nos apetece compartir co resto dos compañeiros. Temos moitas cousas que aportar; están na nosa memoria e non queremos que se perdan co paso do tempo”. Deste xeito comeza “Un anaco de sabedoría”, unha publicación editada polo Concello coas aportacións realizadas durante o curso 2010-2011 polos veciños e veciñas participantes nos obradoiros para maiores, en especial dos vinte maiores do Obradoiro da Memoria. “Un anaco de sabedoría” recolle “cantigas que hai anos que sabemos pero que case estaban esquecidas. Oracións que nos ensinaron as nosas nais e avoas. Refráns e ditos populares que todos coñecemos porque xa os dicían os nosos pais e seguen sendo verdade. Tamén sabemos remedios, que xa veñen de antes, que aplicamos moitas veces aproveitando a riqueza da nosa terra”, segundo explican os maiores brioneses. Un libro que se 12 | Concello de Brión

completa con recomendacións de libros repartir entre as nosas familias e amigos”, de lectura, adiviñas e mesmo poemas e propón Lourdes Núñez. escritos redactados por eles mesmos. E razón non lles falta pois, despois de “A idea do libro xurdíu despois de ver o repartiren os exemplares entre os partitraballo do día a día no obradoiro da me- cipantes do curso, e dalgúns que quedamoria, onde fixemos un taller de refráns. ron na biblioteca a disposición de todos Despois pedimos a participación dos de- os veciños, o certo é que a tirada de “Un mais obradoiros de maiores e tivemos anaco de sabedoría” quedou curta. E aportacións dos de ximnasia e informáti- moito máis logo do “éxito televisivo” dos ca, que tamén achegaron cousas”, explica maiores brioneses, cuxa participación en a monitora Elena Remesar. “Foi un pre- varios programas de televisión fixo que mio de fin de curso”, apuntilla unha das non foran poucas as peticións de máis alumnas, Lourdes Campaña, “pero nunca exemplares que chegaron ata o Concello pensamos que ía saír así tan ben feito á brionés. primeira”. CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN “Pero fan falta máis exemplares. Para o próximo ano hai que dicirlle ao alcalde Material e sabedoría quédalles de sobra que hai que facer máis”, responden en para dous, tres e máis libros. Por iso, toplan Fuenteovejuna. Incluso son com- dos teñen claro que xa está en marcha prensivos con estas datas de crise e fan o segundo tomo coas actividades que propostas concretas: “podémolos cobrar se están a realizar neste curso. “Quedan a dous ou tres euros, que de seguro que moitas cousas por contar que, ás veces, os vendemos ou os compramos nós para a mocidade non lles dá importancia pero


BRIONESES que, ao estar escritas, axúdanos a darlles máis importancia. E somos nós quen lles temos que dar a importancia que teñen”, asegura Carmen Fernández.

Un clamor: “queremos máis exemplares” Iso si, teñen moi claro iso de que “canto máis sexamos, máis riremos”, polo que animan a todos a participar, “aínda que haia que traelos á forza”, bromea Pilar Turnes, quen recoñece que “estas clases sérvenche de reciclaxe, axúdanche a que non se che olvide nada e pásalo moi ben”. Por iso, todos eles fan un chamamento aos veciños a que se apunten a este tipo de cursos. “Queremos invitar á xente a que veña a ver se lles gusta e que participen connosco nestas actividades”, asegura Rosa Barbazán, que mesmo escribiu un relato no libro no que unha amiga convence a outra para que participe nestas iniciativas: “- Carmiña: deixa de darlle voltas ao conto e empeza a vivir a vida, que o día menos pensado aparéceche algo malo e axiña estás no caldeiro. E os que veñen atrás gozan do que ti deixes.

A VOLTAS CO MEL DA MAÍA Ao longo das súas 43 páxinas, “Un anaco de sabedoría” inclúe moitas perlas da sabedoría popular dos nosos maiores. Moi saborosas son as súas receitas. Hai todo tipo de postres, como o biscoito de cenouras de Concha, o biscoito das Carmelitas de Esperanza Souto ou o flan de queixo de Esther Lago. Para os menos lambóns, temos pratos moi elaborados como o carpaccio de polbo e orella de Pablo Becerra, acompañado polos licores café ou de toxo que recomenda Loli. Sen dúbida un dos apartados máis divertidos é o gran repertorio de ditos e refráns. Algúns deles localizados na comarca como “Co mel da Maía, se non cagas de noite cagas de día”, aportado por María Becerra ou “Xente de Noia, campanas de pau. Tocan misa cun corno e van a oila cun cesto”, de Pilar Turnes, pasando por outros máis coñecidos como “Sogra e nora, unha na casa e outra fóra”, lembrado por Rosa Lamas. Ademais, este libro inclúe unha serie de cantigas e oracións antigas, case que todas relacionadas con Brión como “todas as igrexas teñen / a porta grande o poniente./ Menos a de Bastavales / que a ten cara o naciente”, recollida pora Aurora Lamas; ou “Santa Minia de Brión / deitada na súa cama. / Se Santa Minia non fora / Brión non sería nada”, aportada por Blandina. Máis como non só de poesía vive o ser humano, José Fernández, Ermitas Castro e Loli Varela encárganse de falarnos sobre Bastavales, sobre as Torres de Altamira e sobre a natureza neste municipio. Para poetas xa están José Castro Vello, Rosa Barbazán ou Isolino, coas súas rimas sobre a Romería de Santa Minia hai 50 anos ou sobre as súas divertidas experiencias nestas clases. O libro remata cunha serie de remedios caseiros para todos os gustos e necesidades: dende cuestións fisiolóxicas/santiarias (curar o hipo, as infeccións na boca, dor de oídos, baixar o colesterol, insolación, tos...) ata cuestións culinarias (para que non se desfagan as patacas ao cocer, para que a carne se coza máis axiña ou para que o arroz quede solto) e de coidado do fogar (para combatir os malos olores, limpar a neveira por dentro ou para o coidado das prantas). Como recolle o libro no seu limiar: “Todo isto e moitas máis cousas están neste libro, no que participamos todos. Está feito con moito cariño e con el lembramos un ano que pasamos xuntos”. E que sexan moitos máis, nos permitimos humildemente engadir.

- Andrea: ai mamaíña! Pero agora eu non sei bailar nin escribir e teño moitas faltas, esquecino todo. - Carmiña: non digas parvadas. Ao que empeces e coñezas aos profesores xa verás como te sentes moi a gusto.” E para os que non gusten do estilo teatral, sempre podemos rimar, que para iso temos no curso a Isolino Cantelar: “Temos moitas actividades, pasámolo de marabilla. É a mellor cousa para os maiores que podemos ter hoxe en día” Máis claro, auga. E permitíndonos un segundo “plaxio” ao estilo dos nosos maiores, cómpre lembrar iso de que “máis sabe o demo por vello que por demo”. “Un anaco de sabedoría” é unha lección máis que nos ofrecen os nosos maiores a todos aqueles que o queiramos ler, aínda que moito mellor nos iría se os quixeramos escoitar. Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS PLAN DE IGUALDADE

Altamira entrega II Plan de Igualdade de Oportunidades de Brión, feito coa colaboración directa dos veciños A concelleira Patricia Vázquez anima á veciñanza a traballar por “reducir esas grandes e pequenas desigualdades da vida diaria” Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello presentou o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Brión, que terá vixencia entre 2012 e 2015. Un documento que a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Vázquez, espera que axude a “garantir que tanto homes como mulleres teñen as mesmas posibilidades de participar en todas as áreas: económica, social, cultural, laboral, de toma de decisións...” Patricia Vázquez salienta que “grazas a todos os veciños, podemos dicir que o primeiro Plan deu uns resultados dos que debemos sentirnos orgullosos pero, desgraciadamente, entre mulleres e homes aínda sobreviven grandes e pequenas desigualdades que afectan

a diferentes eidos da vida diaria. Por exemplo, no reparto das tarefas e responsabilidades domésticas, nas dificultades de conciliación, no eido laboral e formativo con diferencias nas modalidades de traballo e contratación, maior taxa de analfabetismo ou na terrible realidade da violencia de xénero”. Neste marco, Vázquez Lamas sitúa a nova edición dun plan que servirá para “axudar a reducir estas desigualdades, é preciso que o Concello, como entidade máis próxima á cidadanía, leve a cabo actuacións encamiñadas a que mulleres e homes vivan e medren en igualdade de oportunidades e fóra dos estereotipos tradicionais de xénero que limitan o desenvolvemento persoal e que relegan, de maneira especial, o papel da muller na vida pública e participativa”.

TRANGALLEIRO TEATRO A presentación do Plan contou coa participación do grupo de teatro afecionado local Trangalleiro Teatro, cuxos membros puxeron en escea catro pequenas representacións nas que deron a súa visión sobre a igualdade de xénero. Así, un deles leu un poema escrito por el mesmo sobre a igualdade entre homes e mulleres; outro deu lectura a un manifesto contra a mentalidade dos homes machistas; e varios veciños simularon unha entrevista de traballo para escenificar as desigualdades entre homes e mulleres á hora de acceder a un posto de traballo. A actuación rematou coa representación do conto “O maltrato sutil”.

Un notable para o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres O 75% das accións programadas levouse a cabo con éxito e conseguíronse o 88% dos obxectivos plantexados en 2006 Comezamos neste número de decembro unha serie de artigos informativos relacionados coa igualdade de xénero e cos que “Altamira” pretende poñer o seu grao de area na loita por unha igualdade efectiva de dereitos e deberes entre mulleres e homes. E como toda historia ten un comezo, o noso non vai ser o II Plan de 14 | Concello de Brión

Igualdade que teñen hoxe nas súas mans. Ese exemplar queda para que o lean con detemento, que xa o iremos analizando en vindeiras datas. Hoxe imos falar das orixes dese libriño, do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres que, para abreviar, dende agora denominaremos PIOM.


SERVIZOS SOCIAIS No Departamento de Servizos Sociais realizaron unha profunda e exhaustiva análise do PIOM, vixente entre os anos 2006-2010, para ver o seu grao de cumprimento. En termos xerais, podemos asegurar que o persoal do Concello está comprometido co principio de igualdade de xénero, se ben o nivel de compromiso non é igual en todos os departamentos. Así, da análise realizada do PIOM, dedúcese que dun total de 67 medidas de actuación realizáronse 31, outras 19 leváronse a cabo parcialmente e outras 12 quedaron sen facer (así como outras 5 medidas non avaliables obxectivamente). VISIÓN GLOBAL POSITIVA Uns datos que ofrecen unha visión global positiva do nivel de desenvolvemento des-

te plan, xa que case tres cuartas partes do mesmo levouse a cabo total ou parcialmente entre 2006 e 2010. As áreas de loita contra a violencia de xénero e formación, emprego e conciliación foron as que experimentaron un maior nivel de execución; mentres que necesitan mellorar áreas como saúde, educación, urbanismo e os sectores sociais, educativos medio ambiente. e administravos do municipio), As boas sensacións que a creación dunha Concellería deixa este PIOM medran can- de Muller e Servizos Sociais, do se analizan un por un os do achegamento do plan á obxectivos específicos busca- sociedade (a través de campados nas nove áreas nas que ñas divulgativas, concursos de se estructuraba o plan. O 88% fotografía, exposicións...), dos deses obxectivos cumpríronse estudos realizados sobre as de xeito total ou parcial, o que ofertas de traballo na contorna confirma a positiva valoración e os correspondentes cursos desta ferramenta municipal. de formación realizados, de Estamos falando de medidas adaptar os horarios das acticomo a realización do primeiro vidades culturais e deportivas Protocolo contra a Violencia de para facilitar a conciliación Xénero (que implicou a todos familiar... Unha longa lista de

iniciativas entre as que tamén hai puntos por mellorar. E así o determinou o propio Informe de Avaliación do PIOM: incrementar a colaboración interdepartamental, establecer encontros periódicos con centros educativos e asociacións do municipio, facer reunións anuais entre o persoal municipal para comprobar a execución do segundo plan ou difundir de xeito máis eficiente tanto o Plan como as súas medidas a través dos medios de comunicación municipais.

ACTIVDADES DOS MAIORES

Os maiores trasladan as actividades acuáticas de saúde á piscina cuberta As instalacións de Pedrouzos acadan o milleiro de socios e máis de 300 cursillistas nos seus primeiros 100 días en funcionamento Dúas mellor ca unha. Iso deberon pensar os 46 veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de 55 anos, que participan na quinta edición do programa de Actividades Acuáticas de Saúde, organizado polo Concello de Brión. Unhas actividades que por primeira vez teñen lugar na nova piscina municipal cuberta climatizada de Pedrouzos, no canto das instalacións do Balneario do Tremo. Un cambio que trae consigo un incremento no tempo en que estes veciños poden disfrutar das xornadas de ximnasia terapéutica. Así, mentres no Balneario do Tremo se impartía unha sesión semanal dunha hora, na piscina municipal terán lugar dúas sesións semanais. As actividades estarán dirixidas por monitores especializados da piscina municipal, que organizan diversos exerci-

cios na auga (como dar palmas por debaixo da auga, xogos con pelotas ou avanzar/retroceder na piscina) que serven para desenvolver a capacidade motriz dos maiores. De feito, moitos dos participantes na iniciativa repiten de anos anteriores debido aos beneficios que estes exercicios están a xerar na súa saúde. UN MILLEIRO DE SOCIOS Mais as terapéuticas non son as únicas actividades que se desenvolven na piscina municipal cuberta, que vén de cumprir os seus primeiros cen días en funcionamento. Algo más de tres meses nos que conseguíu superar os 1.000 socios e os 300 asistentes a cursos. Entre a súa oferta, os cursos máis demandados son os dirixidos aos nenos, así como os de aquaeróbic, aquaxim e cursos para bebés.

Para agradecer a confianza de todos os abonados, a empresa adxudicataria da piscina municipal de Brión, Aquafit Gestión SL, puxo en marcha unha campaña de regalo de invitacións gratuitas e de cara ao Nadal está previsto un sorteo entre todos os abonados dunha fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas persoas e de catro bonos de dous meses para asistir de balde aos cursos de aquaeróbic.

Finalmente, cómpre sinalar que nestes primeiros cen días de funcionamento Aquafit Gestión SL puxo en marcha unha serie de melloras no equipamento da piscina municipal, adaptándose ás demandas dos usuarios. Un dos investimentos máis destacados foi a instalación dun sistema de desinfección da auga mediante luz ultravioleta, unha medida que permite reducir os niveis de cloro na auga. Revista Altamira | 15


SERVIZOS SOCIAIS ACTIVIDADES

Os meniños da gardería celebran o Samaín e o magosto Os pais e nais colaboraron activamente no Samaín aportando cadansúa cabaza decorada

A tradición continúa... e máis forte ca nunca. Así o demostraron os nenos e nenas da gardería municipal de Brión, que en datas pasadas celebraron festas tan tradicionais como o Samaín ou o Magosto. Dúas festas que os peques disfrutaron ao grande, especialmente no caso do Samaín, onde os seus mestres contaron coa indispensable complicidade dos pais e nais dos cativos. Unha Hello Kitty de cabaza, unha cabaza con ás de morcego, outra con luces intermitentes... a imaxinación e a habilidade dos pais e nais brioneses quedou máis que demostrada. Iincluso recibiu os parabéns do xulgado máis esixente, os propios pequenos que participaron nunha gran festa disfrazados de bruxas e bruxos. Uns traxes que eles mesmos elaboraron na clase coa axuda dos seus profesores e utilizando elementos de reciclaxe (papeis e plásticos).

16 | Concello de Brión

Os pequenos asistiron a un peculiar “conxuro da queimada”, no que os seus mestres recitaron divertidas rimas antes de que esa peculiar “queimada” (zume de piña) fose disfrutada por todos os presentes, acompañada por outras larpeiradas. Días despois, os cativos celebraron un magosto tradicional, no que os profesores comprobaron que os pequenos que participaron en edicións anteriores xa se teñen afeito ao sabor das castañas, mentres que algúns dos máis pequenos as descubriron esta mesma mañá. Os peques participaron con cadanseu sombreiro ou diadema de papel, coloreados polos meniños ben cos seus nomes, ben con distintas formas. Despois, todos se xuntaron no patio cuberto da gardería para degustar as castañas, que lles pelaron con paciencia os seus mestres. E mesmo algún levou algún cucurucho para a súa casa.


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES DO NADAL

Papá Noel e os Rei Magos sobrepóñense á crise A vixésima edición do Festival de Títeres e a Cabalgada de Reis, pratos fortes do programa de Nadal do Concello Se temos en conta que as celebracións do Nacemento de Cristo superan xa os dous milleiros de anos de vida, dicir que o Programa Municipal de Nadal cumpre dúas décadas non semella moito. Máis para todos aqueles que iniciaron actividades como o Concurso de Tarxetas do Nadal ou o Festival de Títeres aló polo ano 1991 é unha data moi significativa, pois demostra o éxito dunha fórmula que cada ano se reinventa para seguir merecendo o interese do público máis esixente: os nenos. Así, unha vez máis todos os escolares do municipio puideron amosar a súa arte da vixésima edición do tradicional Concurso de Tarxetas do Nadal, uns premios que se entregarán durante a celebración da tradicional Cabalgada de Reis, que o día 5 de xaneiro será a encargada de pechar o programa de actividades por todo o alto. Se o tempo o permite, Melchor, Gaspar e Baltasar desfilarán polas rúas de Os Ánxeles e Pedrouzos para acudiren a súa cita anual cos máis pequenos no pavillón polideportivo municipal onde, a partir das 17:00 horas, haberá unha gran festa con xogos, belén vivente e agasallos.

Unha ledicia que o fantástico mundo dos títeres traerá a Brión coa chegada do novo ano. Pensado especialmente para os máis pequenos, aínda que non son poucos os maiores que se deixan engaiolar por eles, a tenrura e comicidade dos títeres convócannos os días 2, 3 e 4 de xaneiro, ás 17:30 horas, no centro social polivalente. O XX Festival de Títeres comezará o luns 2 de xaneiro coa “Historia do apalpador”, na que Títeres Cachirulo presentaranos a este personaxe da tradición popular galega nado no Courel e que cada 31 de decembro visita aos nenos casa por casa para deixarlles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira. O martes 3, El Abrojito presentaranos unha versión diferente do conto da Carapuchiña Vermella: “El lobo Rodrigo”, un divertido relato no que as personaxes do conto cambian os seus papeis, dando lugar a situacións tan inesperadas coma divertidas. A Xanela do Maxín serán os encargados de pechar o Festival de Títeres de Brión. O mércores 4 de xaneiro representarán “A pequena lúa”, que conta as aventuras de dous gatos baixo valores como a tenrura ou a solidariedade.

MÁIS DUNHA PARTIDA BRAVA DE FUTBOLÍN Conta a historia, ou a lenda que ás veces mesmo chegan a coincidir, que isto do futbolín creouno un galego, concretamente un fisterrán: Alexandre de Fisterra a quen, despois de ser ferido nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil, estando no hospital veulle a idea á cachola. Tempo despois, o carpinteiro basco Francisco Javier Altuna facía realidade as ideas e indicacións de Alexandre. Nacía así o futbolín, aparello inseparable de todo bar que se prezase na segunda metade do século XX. O seu modelo, o Fisterra, estará ben presente o vindeiro 14 de xaneiro en Brión, data na que o pabillón polideportivo municipal albergará o Campionato Galego de Futbolín. Xa está confirmada a participación de numerosas estrelas deste xogo na categoría elite, mentres que a outra categoría está agardando por todos aqueles que queiran botar unha partida brava de futbolín. Só hai que anotarse no 647 488 606. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES NOVAS INSTALACIÓNS

Brión estrea sala de exposicións nun recinto con historia As novas dependencias abriron as súas portas cunha mostra de pintura de 19 artistas galegos

A rehabilitación da Casa do Picón como nova casa do concello permitiu unha reorganización das dependencias municipais e o traslado da biblioteca a unhas novas instalacións na mesma carballeira, onde os veciños gañaron en espazo e funcionalidade. Agora, despois dun investimento de 10.400 euros por parte do Concello, Brión dispón finalmente dunha gran sala de 18 | Concello de Brión

exposicións. “Un espazo para acoller todo tipo de actividades relacionadas coa cultura e as artes. Un espazo aberto a todos os veciños e veciñas de Brión”, explicou o técnico de Cultura, Alberto Álvarez, durante a inauguración da primeira mostra que albergaba esta sala. Unha mostra de 19 artistas galegos de recoñecido prestixio como Alfonso Costa, Antón Sobral, Ayaso, Barreiro, Beatriz Ansede, Carmen Hermo, Chelo Rodríguez, Isabel Pintado, Jano Muñoz, Laureano Vidal, Luís Romero, María Manuela, María Xesús Díaz, Masiá, Morquecho, Pardiñas, Rafael Úbeda, Ricardo Rilo e Xosé Vázquez Castro, quen exerceu como comisario da exposición. Un Vázquez Castro que asegurou que “en Brión respiramos cultura con maiúsculas e agora contamos cunha sala de exposición onde os artistas poderemos amosar os nosos traballos ao público”. Deste xeito, Brión dispón por fin dunha gran sala de exposicións, de 186 metros cadrados, totalmente diáfana e preparada para albergar calquera tipo de exposición

artística. Para iso, as paredes interiores están revestidas con pladur e contan cuns focos halóxenos sobre unha base de raíles electrificados, o que realza as obras aló expostas. Os traballos acometidos polo Concello incluíron tamén o peche de dúas das fiestras exteriores do edificio, para gañar espacio expositivo, a habilitación dun pequeno almacén ao final do inmoble (duns 40 m2) e o mantemento dos aseos xa existentes. A nova sala de exposición complementará ás dúas pequenas salas de exposicións municipais existentes no Espazo das Artes, de 55 metros cadrados cada unha.

q

Mercado, salón de plenos, biblioteca, sala de exposicións... seguro que Vicente Ramos non pensou nunca na multifuncionalidade que chegaría a ter aquel alpendre na Carballeira de Santa Minia que lle cedeu ao Concello de Brión aló polo 1927. Un recinto que pasou de albergar a alfóndega da feira de Pedrouzos a converterse na sala máis noble do municipio, cando menos protocolariamente falando pois foi a sé do salón de plenos municipal e sobre el construíronse as dependencias municipais e o xulgado. Unhas dependencias que, anos máis tarde, serían destinadas a Casa da Cultura e que permitirían que ese baixo fose utilizado como sé da biblioteca municipal ata este mesmo ano.

A sala de exposicións conta cun total de 186 metros cadrados, totalmente diáfanos e preparados para albergar calqura tipo de exposición artística.

O baixo da Casa da Cultura converteuse na gran sala de exposicións de Brión, durante a súa primeira exposicións o númeroso público asistente puido gozar coas obras de 19 recoñecidos artístas do panorama galego.

q


CULTURA E DEPORTES

Convocada a oitava edición do certame de pintura “Novos Valores”

O Concello vén de convocar a oitava edición do certame de pintura “Novos Valores”, no que poderán participar artistas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Un certame que conta co patrocinio da Fundación Feiraco e co cal o Concello de Brión quere contribuir ao fomento das artes plásticas e á promoción dos novos valores da pintura en Galicia. Se na edición de 2011 se acodou un récord absoluto de participación con 61 artistas, este ano agárdase incluso superar esta cifra. Para conseguilo, o certame mantén a cantidade destinada a premios: 3.500 euros, que se repartirán entre as dúas categorías establecidas: de 14 a 17 anos (con dous premios de 600 e 400 euros) e maiores de 18 anos (con senllos premios de 1.500 e 1.000 euros). As catro obras premiadas, así como unha selección de tódalas presentadas, conformarán unha exposición que o Concello organizará na nova sala de exposicións da Casa da Cultura e que poderá ser visitada entre o 17 de febreiro (data de coñecemento dos premiados) e o 17 de marzo de 2012.

28 dese mesmo mes. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de temática e estilo libres, e que non fora presentada noutro certame previo. Ademais, establécense unhas dimensións máximas (de 150 centímetros) e mínimas (de 80 centímetros) en calquera dos seus lados, non admitíndose obras cubertas con vidro. As obras poden ser entregadas persoalmente na Casa da Cultura do Concello de Brión ou a través de calquera outro medio de transporte (a portes pagos). A documentación a presentar inclúe: formulario de incrición debidamente cumprimentado, foto a cor da obra presentada, fotocopia do DNI (ou documentación que acredite ao autor como residente en Galicia) e un breve currículum vitae do artista (no que se inclúan o seu enderezo e número de teléfono). As bases e o boletín de inscrición pódense recoller na Casa da Cultura de Brión ou descargar da web: www. concellodebrion.org.

MÚSICA

A Santa Cecía máis homenaxeada dos últimos anos

A música resonou en Brión durante o pasado mes de novembro na honra a Santa Cecía, a patroa dos músicos. Así, a escola de música celebrou a terceira edición das Xornadas Musicais Santa Cecía, que este ano tiveron o gran acerto de abrírense aos veciños e veciñas de Brión a través dun concerto didáctico e unha conferencia sobre música tradicional galega. Unha apertura á veciñanza que non esquenceu a súa parte formativa, xa que incluíu un curso de iniciación á percusión da man de José Vicente Faus Faus, percusionista da Real Filharmonía de Galicia. O día da conmemoración da patroa, o 22 de novembro, o Quinteto de Metais Santa Cecía (Ferrol) ofreceu un concerto didáctico denominado “Os sons dos instrumentos de vento-metal” no auditorio do centro social polivalente. Un día antes, Castor Castro, un dos máis prestixiosos representantes da música tradicional galega, disertou sobre “A música tradicional galega nos séculos XIX e XX”. Días máis tarde, a Banda Municipal de Música do Concello de Brión ofreceu un concerto especial na honra de Santa Cecía no centro social polivalente. Unha actuación que encheu o aforo do auditorio brionés e que foi posible grazas ao traballo da propia banda, en colaboración co Concello de Brión e a Deputación Provincial da Coruña.

Bases do certame O prazo de presentación de obras abrirase o 2 de xaneiro de 2012 e pecharase o Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES NOVAS TECNOLOXÍAS

Códigos QR, toda a información no teu móbil

CALENDARIO LABORAL 2012

9 de abril e 27 de setembro, festivos locais en Brión

q

Na páxina web municipal poderan atopar toda a información sobre a utilización destes códigos e ademais atopará un enlace no cal poderá descargar o lector para instalar no seu dispositivo móbil. Consultar os horarios do nun código de barras bidimenTransporte Metropolitano, ver sional. Caracterízanse polos a programación cultural do día tres cadrados que se atopan en Brión ou ollar as distintas nas esquinas e que permiten webs municipais será moito detectar a posición do código máis sinxelo a partir de agora ao lector. para os veciños e veciñas de Brión. Para poder leer eses códigos, o veciño só terá que seguir O Concello está a utilizar os dous sinxelos pasos: primeiro, Códigos QR en distintos sopor- descargar no móbil un lector tes (web, bandos, postes infor- de códigos bidimensionais mativos, paradas do autobús, (en www.concellodebrion. etc) para poder poñer informa- org hai un enlace a “i-nigma” ción actualizada que calquera de 3G visión, que é gratuito e veciño, a través do seu móbil, está dispoñible para a maioria poderá consultar in-situ e en de dispositivos) e, unha vez tempo real. instalado, só hai que iniciar o programa e dirixir a cámara do Os códigos QR (Quick Res- teléfono cara o código QR para ponse Barcode) son un sistema dispoñer de toda a informapara almacenar información ción na palma da man. Cada vez que vostede vexa un código deste tipo, nun bando ou na parada do autobús, poderá empregar unha aplicación do seu teléfono para ampliar a información, ou ben para ver a súa páxina web.

q

20 | Concello de Brión

Como cada mes de decembro, a revista “Altamira” chega cun agasallo especial: o calendario para o vindeiro ano. Un calendario que este ano chega convertido en almanaque, por iso de que a crise nos está a afectar a todos e máis vale recurtar en calendarios ca en servizos aos veciños. Un ano 2012 que se presenta disposto a dar guerra, aínda que paradoxicamente a ONU o declarou como Ano Internacional das Cooperativas e o Ano Internacional da Enerxía Sostible. Cando menos así o aseguran algunhas crenzas, algunhas das cales mesmo chegan a vaticinar a fin do mundo para o 12 de decembro. Iso se a crise, a prima de risco ou a política de recurtes nos permite chegar tan lonxe. Bromas aparte, o calendario deste ano está ilustrado coas dúas imaxes gañadoras do Certame Briónatura 2011 e, ademais dos teléfonos de interese e as máis que útiles fases da lúa, contén o calendario de festas locais e festivos para todo o ano. Para que vaian preparando as pontes para o vindeiro ano. Se poden ou, mellor dito, se nos deixan. De todos modos, o que é seguro é que o 9 de abril, luns de pascua; e o xoves 27 de setembro, día de Santa Minia, serán fetivos locais. O demais, como cantaba Doris Day: “que será, será”.


HISTORIAS E LENDAS OS NOMES DOS LUGARES

A toponimia de Ons *** (Este artigo incluírase nun folleto que publicara a Comisión de Festas de Ons ano 2007. Agora reproducímolo aquí a caque de que noutro apartado da revista se trata un tema semellante) ***

Os nomes de lugar –a toponimia- gardan a miúdo información valiosa sobre os antepasados e a historia dos territorios que nomean. Conservar os vellos nomes das aldeas, dos agros, dos camiños ou de calquera accidente xeográfico é tan importante como que non se perdan as ruínas dun castro ou dun cruceiro.

Ighrés, aspirando o “gh”, pero normalizouse en A Igrexa cando se aprobou a toponimia galega polos anos 80: e pasou igual con moitas “eirexe”, “irexe”, “ilesia”… que había por Galicia adiante. Velaí os nomes das aldeas da parroquia de Ons, como podían ser os de calquera outra, e deemostran que alí asentaron xentes dende hai se cadra catro mil anos ou máis. E ata hoxe os lugares arrastran os nomes cos que alguén os bautizou nos alboreceres. Isto dínolo a propia toponimia sen máis. Non é marabilloso?

A parroquia de Ons ten seis aldeas (Fonte Paredes, A Igrexa, Ons, Pazos, Salaño Grande e Salaño Pequeno) e, como imos ver, os nomes de cinco delas están relacionados co río, é dicir, son hidrónimos. Isto ten a súa lóxica, pois o territorio da parroquia está comprendido dentro dun grande meandro do río Tambre, que o abrangue por tódolos ventos, menos polo sur. ONS é o nome da parroquia e da aldea do nacente. A orixe do nome é antiga, do tempo dos celtas ou anterior. Suponse que provén de annios, que foi nome de varón e tamén está relacionado con ángulo, que así se chamaban as revoltas ou meandros do río, que fan “ángulos” máis ou menos pechados. Sendo así, desa mesma raíz virían outros nomes de lugar, como Anllo (á beira do Sil), o río Anllóns (en Bergantiños) ou A Anllada (en Cuntis). Os dous lugares que caen cara o poñente son SALAÑO, o Grande e o Pequeno. Este nome non ten nada que ver co condimento alimenticio que chamamos “sal”, senón que provén da raíz hidronímica celta sal, sala ou sar, que é moi frecuente por toda Europa e indica “fluír”, “corrente de auga” e tamén “regueiro”. En latín, a palabra salum significa “onda do río” e “mar bravo”. Relacionadas con Salaño están tamén os ríos Sar, Sarela e Xallas, e mailo lugar de Saleiróns, en Portor, do concello de Negreira. O topónimo PAZOS é moi frecuente por toda Galicia, pero, contra o que parece a simple vista, non debe ter nada que ver con esas casonas fidalgas tan características do rural galego nomeadas “pazos” = palacios. Os pasos son pedras que se colocan en ringleira a traveso do leito dun río sobresaíndo da tona da auga: saltando dunha noutra, podíase pasar a pé enxoito. De aí o nome da aldea: chamouse “Pazos” o lugar onde había nas súas proximidades un “paso” para atravesar o río. O cambio de “pasos” a “pazos” explícase doadamente se temos en conta que estamos nunha zona de “seseo” e pronunciamos igual o “z” de pazos que o “s” de pasos. FONTE PAREDES non ten dificultade de interpretación: a aldea naceu arredor dunha antiga fonte que lle dá nome ao lugar, e a saber qué paredes a rodeaban…

q

Finalmente, está a aldea de A IGREXA, que non ten igrexa porque a parroquial foi mudada de alí para Fonte Paredes no ano 1789, cando se fixo a nova. Os veciños dicímoslle A

Na aldea de ONS sinalizouse recentemente unha ruta de sendeirismo Revista Altamira | 21


PASATEMPOS

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

Un pouco de humor...

22 | Concello de Bri贸n

SUDOKU DIFICIL


ULTIMA PÁXINA

O CONCELLO DE BRIÓN DESÉXALLES UN BO NADAL E UN PROSPERO ANO 2012

CURIOSIDADES NOVAS TECNOLOXÍAS

A neve cubre as procuras en Google O popular buscador da a benvida ó Nadal a través dun dos seus famosos trucos As procuras a través do buscador de internet Google énchense de neve grazas a un novo truco. Ao escribir na barra de búsquedas as palabras “let it snow” (deixa que neve), a neve apoderase da páxina e comeza a caer, cubrindo de branco a pantalla de resultados. Este non é máis que un dos seus “non tan coñecidos” trucos co cal dan a sua peculiar benvida ao Nadal. Estes trucos consisten en escribir determinadas palabras na barra de buscas de Google e no momento de facer clic no botón de buscar algo “maxico” ocorre coa paxina de resultados. A continuación deixamosche uns cuantos para que poidas pasar un anaco entretido: Let it snow Do a barrel roll make google logo black and white google l33t + “voy a tener suerte” google loco google gothic ewmew fudd

xx-klingon xx-pinglatin google cheese google bsd google linux google easter eggs

Revista Altamira | 23


Magosto 2011 | Imaxe do pasado 25 de novembro que se aprecia os numerosos veciños e veciñas que participaron na festa do Magosto

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.