81 - ALTAMIRA Nº 81

Page 1

Altamira Nº 81 - MARZO DE 2011 - ANO XXV

Revista Municipal do Concello de Brión

Unificación de servizos entre

AMES e BRIÓN Ampliación da Biblioteca

Brioneses

Acaban de rematar as obras de traslado e ampliación da Biblioteca Municipal

Luciano Pena Andrade, xubílase con máis de 30 anos traballando para o Concello de Brión.

PAX. 6

PAXS. 12 - 13

marzo11


os nosos

enderezos

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Plana Artes Gráficas, S. L. Mail: revistaaltamira@infobrion.com

B IBLI OT E CA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69

Algunha das boas novas que podemos salientar son o próxecto de unión dos servizos de policia local e protección civil entre os concellos de Ames e Brión, a inauguración da piscina municial, a ampliación da biblioteca, a creación do maior parque de ocio de Brión situado en Pedrouzos. Pola contra, a nova triste, protagonizaa o noso compañeiro e amigo Luciano, Tesoureiro do Concello e “pai” desta Altamira que se xubila o próximo mes de maio. A Altamira e todos os seus compañeiros da mesa de redacción rendémoslle unha particular homenaxe ofrecéndolle a entrevista nas páxinas centrais deste número.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 5 15 865 - Bri ón Tel./ Fa x.: 98 1 8 8 7 0 8 0

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

F ARMAC IA NUÑEZ PER E Z , B. A v da . de Santa Mini a, nº 75 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 30 G AR DA CIVIL R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Ped rouzos, n º 2 15 85 6 - Bri ón Tel.: 981 88 1 8 1 7 Tel.: 981 88 58 99 O FI CI N A DE URBANISMO P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 2 15 865 - Bri ón Tel.: 981 89 34 74 F ax .: 9 81 88 7 4 31 P OLI D EP ORTIVO M UNICI P A L La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 76 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 B aixo 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 78 51 S ERVI Z O DE EM ERXEN CI A S La miño , s/n 15 865 - Bri ón Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 88 7 5 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Pe d riñas, nº 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 72 7 1

2 | Concello de Brión

Pax . 3 REPORTAX E Pax s. 4 - 11 ACTUALI D AD E

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxel e s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 72 01

Un repaso polo acontecido nos días de entroido, as próximas rutas de sendeirismo, a presentación do protocolo de violencia de xénero, e outras moitas máis completan a REVISTA ALTAMIRA Nº 81. RECIBE UN CORDIAL SAUDO

E SCOLA INFANTIL M UN I CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxe le s Tel.: 981 88 77 42 E SCOLA MUNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mini a, nº 70 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 3

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85 Aquí se presenta un novo número da REVISTA ALTAMIRA. Un número que ben cargado de boas novas, exceptuando unha canto menos “algo triste”.

C AS A D O CONCEL L O P ra za do C onc e llo, nº 1 15 865 - Bri ón Tel.: 981 88 70 0 6 F ax .: 9 81 88 7 4 31

C E NT R O SOCIAL POL IV A LE N TE A v da . de Santa Mini a, nº 4 6 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Min ia, n º 5 15 865 - Bri ón Tel.: 981 50 99 0 8 F ax .: 9 81 50 99 69

C E NT R O DE SAUDE R úa da s Pe d riñas, nº 3 15 865 - Bri ón Tel. Liña 1: 98 1 8 8 77 0 1 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 7 7 02

Altamira

Pax s. 12 - 13 BRI ONESES Pax s. 14 - 15 SERVIZ OS SOCI AI S Pax s. 16 - 20 CULTURA E D EPORTE S Pax . 21 HI STORI AS E LEND AS Pax . 22 PASATEM POS / HUM O R Pax . 23 CURIOSID AD ES / NA P R E NSA


REPORTAXE UNIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS

Brión terá servizo de Policía 24 horas ao día Ames e Brión serán os dous primeiros municipios de España en unificar os servizos de emerxencias, protección civil e policía local. Servizo de policía as 24 horas do día, os 365 días do ano. Este será o principal beneficio para os veciños e veciñas de Brión do proxecto de colaboración presentado polos alcaldes de Brión, Xosé Luís García, e de Ames, Carlos Fernández. Unha iniciativa pioneira en toda España coa que ambos muincipios pretenden mellorar a cobertura e a prestación dos servizos de emerxencias, protección civil e policía local en ambos municipios.

Por outra banda, o servizo de emerxencias e protección civil de Brión tamén prestará os seus servizos en Ames. Un corpo “formado por persoas con gran experiencia e formación e cuns importantes recursos materiais”, sinalou Xosé Luís García. Este servizo está composto por catro membros de persoal estable (un xefe de protección civil e 3 oficiaisxefes de grupo) e 12 persoas encadradas dentro do apartado de persoal eventual (3 oficiais-capataces e 9 peóns). O parque móbil estará composto por catro vehículos: un camión forestal, un coche de mando, unha pick-up e unha bomba urbana lixeira (BUL). A sé deste corpo seguirá estando en Lamiño (Brión).

q

A través deste convenio, Brión duplicará a ratio de axentes por cada milleiro de habitantes, xa que pasará dos 0,4 actuais aos 0,8. Dos 3 axentes actuais, Brión pasará a dispor dun corpo de seguridade conxunto con Ames composto por 28 membros (un inspector, 3 oficiais e 24 policías) e cun parque móbil composto por 6 vehículos (5 automóbiles e unha motocicleta). A sé dos axentes estará ubicada en Bertamiráns.

O proxecto de colaboración para os servizos de policía local, emerxencias e protección civil entre Ames e Brión presenteouse no Hotel Baleneario de Compostela, punto clave por atoparse no límite fronteirizo entre os dous concellos.

ábrense unhas grandes perspectivas de futuro, xa que os dous Concellos por separado tiñan a idea de optimizar este conxunto de servizos. Así, os veciños de Brión verán como mellora o servizo que reciben sen máis custo que o de equipar os soldos dos 3 policías brioneses aos dos seus compañeiros de Ames. Uns 7.500 euros ao ano fronte aos case 400.000 euros que suporía para as arcas municipais de Brión a prestación dun servizo de policía local as 24 horas do día.

Ademais, neste momento actual de crise económica resulta especialmente relevante a posta en marcha de fórmulas que permitan seguir prestando servizos, sen minoración do seu alcance e calidade, e que sexan asumibles dende un punto de vista económico. Por iso, Carlos Fernández asegurou que “isto non vai quedar aquí, máis pronto ca tarde presentaremos outro acordo de colaboración noutros serCoa posta en marcha des- vizos municipais”. Porque a te convenio de colaboración unión fai a forza.

AFORRO ECONÓMICO A posta en marcha deste proxecto supón un importante aforro económico para os dous concellos. Tanto Ames como Brión terían que achegar uns 400.000 euros para dotar aos seus concellos dos medios e recursos necesarios para poder prestar este conxunto de servizos, coas mínimas garantías, as 24 horas dos 365 días do ano.

PROCEDEMENTO A SEGUIR O proxecto deberá ser aprobado polos plenos de Brión e Ames. Posteriormente haberá que obter a autorización por parte da Consellería de Presidencia. Unha vez realizados estes trámites só quedaría asinar o convenio de colaboración por parte dos alcaldes dos dous municipios. Ademais, vaise crear unha única Xunta de Seguridade Local para ambos concellos, que se encargará de coordinar, supervisar e planificar as actuacións dos devanditos servizos.

AMPARO LEGAL A posta en marcha deste proxecto está amparado na Lei Orgánica 16/2007, de 13 de decembro, complementaria da Lei para o desenvolvemento sostible do medio rural. Así, incorpora unha cláusula que abre a posibilidade de que os concellos poidan asociarse para prestar as funcións propias da policía local, sempre que sexan limítrofes e non dispoñan, separadamente, dos recursos suficientes. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE NOVA INFRAESTRUCTURA

Brión xa ten lista a súa piscina climatizada Será inaugurada polo presidente da Deputación e o alcalde brionés o sábado 26 de marzo ás sete da tarde

Deste xeito, ponse o ramo a unha xestión municipal que permitirá que Brión sexa o primeiro municipio da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes en contar cunha piscina cuberta climatizada. Unas instalacións que conformarán, canda o polideportivo municipal e o campo de fútbol de herba artificial, o auténtico corazón deportivo de Brión. Para axilizar a súa posta en marcha, o Concello xa aprobou en pleno o prego de condicións para a licitación do servizo público da piscina, que será xestionado por unha empresa a través dunha concesión por un 4 | Concello de Brión

periodo de dez anos. Un prego que establece que durante os anos 2011 e 2012 o horario mínimo deberá ser de 7:30 a 23:00 horas (de luns a venres). Os sábados, ese horario mínimo será de 9:00 a 22:00 horas; mentres que os domingos será de 9:00 a 14:00 horas. Así mesmo, as tarifas máximas que se contemplan inclúen uns abonos mensuais de 22 euros (individuais), 28 euros (familiar) e 17 euros (reducido ou social, é dicir, menores de 18 anos, maiores de 65 anos e colectivos desfavorecidos). Ademais, establécense unhas matrículas anuais polos mesmos importes nos tres casos. Tamén se contempla que o acceso libre ás instalacións custará un máximo de 3,8 € (individual) e 2,7 € (reducido ou social). Finalmente, no caso dos cursos que se organicen na piscina, os prezos máximos recollidos nestre prego serán de 10 € (iniciación), 15 € (perfeccionamento), 20 € (bebés), 6 € (escolares) e 5 € (aquagim e outros).

q

A desexada piscina municipal cuberta climatizada de Pedrouzos xa é unha realidade. A cita é o sábado 26 de marzo, ás sete da tarde, momento no que o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Brión, Xosé Luís García, inaugurarán estas instalacións, que disfrutarán especialmente os veciños e veciñas de Brión.

Vista exterior do edificio que alberga a piscina cuberta municipal de Brión situado en Lamiño, nunha situación privilexiada, ao lado do pabillón polideportivo e a poucos metros da saida da autovía.


ACTUALIDADE

UNHAS INSTALACIÓNS MODERNAS E ACCESIBLES As obras de construción da piscina cuberta climatizada municipal de Brión deron comezo a finais do mes de maio de 2010 da man da Manuel Rodríguez Lema e Fergo Galicia SA, empresa adxudicataria dos traballos por un importe de 1.126.000 euros, financiados grazas a unha subvención dun millón de euros da Deputación Provincial e aportacións municipais. A obra fora proxectada inicialmente en conxunto con Rois, que finalmente se retirou do proxecto. Foi entón cando o Concello brionés tomou as rendas da instalación para sacala adiante. A instalación deportiva ocupa unha parcela de 5.490 m2 en Pedrouzos (Brión). Consta dun edificio de planta baixa e soto, situado a carón do polideportivo municipal e do CEIP de Pedrouzos, e moi preto da en-

trada/saída da autovía Santiago-Brión. Ocupa unha superficie de 2.353 metros cadrados, sobre unha parcela que dispón de todos os servizos urbanísticos precisos. Ao edificio accédese por un gran vestíbulo, que dá acceso aos vestiarios e a un ximnasio de 141 metros cadrados de superficie. Uns vestiarios para homes e mulleres que dan acceso directo á piscina, logo de pasar por unha zona de duchas previas. O vaso da piscina ten unha superficie de 577 m2. Ademais das pertinentes escadas de acceso, disporá tamén dun mecanismo de accesibilidade, de xeito que poderá ser empregada por persoas de mobilidade reducida. Ao seu carón está habilitada unha área para o socorrista, que ten acceso tanto á piscina como á entrada das instalacions.

O vaso da piscina ten unhas medidas de 12,50 metros de ancho por 25 de largo e o fondo na parte máis profunda e de

q 1,50 metros e nela collen un total de 438 metros cubicos de auga.

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE REUBICACIÓN

A biblioteca duplica o seu espazo e incorpora sala de estudos e zona infantil A apertura da nova Casa do Concello permitiu gañar novos espazos públicos para os veciños.

Sala de lectura e audiovisual

A apertura da nova sede do Concello de Brión na antiga Casa do Picón está a traer consigo unha reestruturación dos inmobles municipais ubicados na carballeira de Santa Minia. E é que, ademais de contar cunhas novas dependencias municipais máis funcionais, os veciños e veciñas de Brión están a ver nestes días significativas melloras noutros servizos. O cambio máis significativo é a importancia que gaña a biblioteca municipal, que practicamente duplica a

súa superficie ao pasar dos 100 m2 da súa anterior ubicación, na planta baixa da Casa da Cultura, aos 190 m2 que ocupa no seu novo emprazamento na primeira planta da antiga casa consistorial. Este crecemento en espazo permitirá ofertar novos servizos aos veciños e veciñas de Brión, así como mellorar considerablemente os que xa se están a prestar nestes momentos. Así, o Concello construíu unha zona infantil

Os baixos da Casa da Cultura converteranse nunha sala de exposicións

Coa nova ubicación da biblioteca municipal, o Concello dispón agora dun novo recinto de 100 m2 nos baixos da actual Casa da Cultura. Un local que se converterá na maior sala de exposicións municipal de Brión e que se sumará ás dúas sas xa existentes no Espazo das Artes, que ocupan unha superficie de 55 metros cadrados cada unha. 6 | Concello de Brión

Os outros 134 metros cadrados do inmoble organízanse dun xeito totalmente aberto, sen tabiques nin separación ningunha. Os máis de 11.500 fondos dos que dispón a biblioteca municipal están organizados en andeis que rodean o perímetro da sala, que dispón dun novo pavimento colocado para minimizar os ruídos. Nestes tempos de crise económica, o Concello reutilizou o mobiliario existente na actual biblioteca, salvo no caso da de 28 metros cadrados, con nova zona infantil que conta novo mobiliario e xogos para cunhas instalacións totalmenos máis pequenos. Unha aula te do trinque. que está situada no despaNo centro da sala hai uncho que antes albergaba a Alcaldía. Na outra parte do has mesas de lectura, meninmoble está ubicada a sala tres na zona dereita instaloude estudos, tamén de 28 me- se unha área para a lectura de tros cadrados, no espazo que prensa e revistas. Finalmente, antes ocupaban o secretario e na zona esquerda están ubio tesoureiro. Tanto a zona in- cados os ordenadores da Aula fantil como a sala de estudos de Informática da Deputación dispoñen de portas de acceso, da Coruña. Un andel dobre o que garante un maior reco- separa estes equipos inforllemento fronte ao resto da máticos do espazo reservado para os lectores. biblioteca.

Máis dun milleiro de socios

A biblioteca municipal conta con máis de 11.500 fondos de acceso ao público e cun total de 1.095 socios. Ao longo do 2010 sumáronse 56 novos socios e se realizaron uns 700 empréstitos de libros. Os usuarios da biblioteca municipal brionesa fixeron un total de 3.135 consultas no catálogo on-line e 2.320 veciños accederon tamén ao servizo de internet vencellado á biblioteca. Ademais do empréstito de libros, a biblioteca organiza múltiples actividades ao longo do ano: exposicións, conferencias, recitais literarios, contacontos... para promover o libro e a lectura como fonte de lecer e enriquecemento persoal.


ACTUALIDADE VARIANTES DA AG-56

A Xunta retoma a modificación da AC-300 ao seu paso por Soigrexa e a rúa da Senra A decisión da Xunta de paralizar estas obras xerou malestar entre os veciños, que viron como se deterioraban os accesos ás súas vivendas.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, atendeu as peticións realizadas polo alcalde, Xosé Luís García, e anunciou o inmediato reinicio das obras na modificación da AC-300 (A Picaraña-Os Ánxeles), ramal de acceso á autovía SantiagoBrión que a Xunta está a executar. Unhas obras que levaban varios meses paralizadas, cos conseguintes perxuizos para os veciños, especialmente no núcleo de Soigrexa e na rúa da Senra. Os veciños trasladaran o seu malestar ao Concello de Brión que se encargou de esixirlle á Xunta que cumprise as súas obrigas de acordo co convenio de colaboración asinado o 15 de marzo de 2005.

Xosé Luís García celebra que a Xunta cumpra os seus compromisos pois “aínda que nós non temos ningunha responsabilidade nesa obra, si compartimos e somos moi conscientes dos problemas que están a ter os veciños de Soigrexa e da rúa da Senra nos accesos ás súas vivendas, especialmente en datas de choiva”. A Consellería de Medio Ambiente explica que “as obras suspendéronse temporalmente para analizar, entre outros, o proxecto modificado nº 1” pero que “actualmente a obra conta con autorización do organismo autónomo Augas de Galicia para parte das actuacións, polo que as obras retomaranse de forma inmediata”.

CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS Estas obras foron licitadas en outubro de 2008 pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes por un importe de 1,41 millóns de euros. Os traballos comezaron a desenvolverse en xullo de 2009 e deberían ter estado rematados en xullo de 2010. O vial terá uns 1,4 quilómetros de lonxitude e permitirá acceder á autovía Santiago-Brión sen ter que pasar nin polo actual cruce dos Ánxeles nin polo entorno da igrexa dos Ánxeles. Este ramal terá unha plataforma de 8 metros de ancho, constituída por dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de 2 metros. Está prevista tamén a construción dunha rotonda na súa intersección coa estrada Santiago-Noia (AC-543). Esta estrada é froito dun convenio de colaboración asinado en 2005 entre o Concello e a Xunta. O Concello de Brión xa cumpriu coas súas obrigas (cesión gratuita dos terreos para a execución do tronco da AG-56 e transferencia á Xunta de máis de 200.000 euros correspondentes ao 30% da execución da variante da AC-300). Pola súa banda, a Xunta está a encargarse da licitación, execución e conservación das obras, xa que é e será o titular deste vial unha vez rematados os traballos. A cambio, o Concello de Brión asumirá a explotación e conservación do sobrante da actual estrada AC-300 (é dicir, o tramo actual da estrada entre o inicio do novo ramal e a rotonda dos Ánxeles).

A variante da AC-541, vital para o crecemento de Pedrouzos O outro ramal de acceso á autovía AG-56, a variante da AC-451 ao seu paso de Pedrouzos, tamén se viu inmerso nas últimas datas no medio dunha confrontación política. Que se si, que se non. Ao final, o DOGA do 25 de xaneiro poñía as cousas no seu sitio coa publicación da sinatura da addenda número 5 ao convenio de colaboración asinado no seu día entre a Xunta e o Concello de Brión. Un anuncio que o conselleiro Agustín Hernández lle comunicara ao alcalde brionés durante un encontro mantido en decembro de 2010. Xosé Luís García asegura que o conselleiro “amosouse totalmente de acordo coa construción deste vial”, algo que agradece pois “del dependen, entre outras cousas, darlles accesos ás 144 vivendas protexidas que se van facer na zona”. E é que esta variante está incluída no Plan Xeral como un sistema xeral de comunicación. Ë dicir, “é un vial alternativo á estrada de Pedrouzos e é a única posibilidade que ten o propio Pedrouzos de medrar”, explica o alcalde. “É certo que hai algúns veciños afectados”, recoñece García, quen lembra que “tamén cando se fixo a autovía houbo xente que protestou, e hoxe en día creo que non hai ninguén que dubide do moito que beneficiou a Brión a apertura da AG-65”. Iso si, ao igual ca na variante da AC-300, a encargada de licitar e executar as obras será a Xunta de Galicia. Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE VERQUIDOS INCONTROLADOS

O Concello fai un chamamento para unha recollida do lixo responsable Necesítase da colaboración veciñal para localizar aos responsables dos numerosos verquidos dos últimos meses. O Concello conta cun servizo de recollida gratuíta de aceite vexetal usado nas instalacións do Servizo de Emerxencias que evita que estes líquidos sexan vertidos coas augas domésticas.

Residuos atopados nos montes de Vilar en Viceso, na imaxen podense ver restos de varios televisores aos que lles sacaron o cobre e logo deixaron os restos abandonados.

q

As fermosas terras de Brión estan sendo últimamente vítimas duns desaprensivos que están a tirar todo tipo de refugallos polos montes de Rañalonga así como por parroquias da parte baixa, como Brión ou Bastavales. Os verquidos que son limpados de seguido polos operarios municipais, pero supoñen un auténtico atentado contra o medio ambiente que todos disfrutamos neste municipio. Dar cos culpables destes verquidos incontrolados non é doado. Se non se collen coas mans na masa ou se ningún veciño denuncia o acontecido, pouco máis se pode facer. A Policía Local ten abertas va-

8 | Concello de Brión

rias liñas de investigación para este tipo de verquidos, mais precisa da colaboración dos veciños para poder dar cos culpables. Polas características dos residuos atopados (escombros, material elécrico, dous contedores cheos de cristais e ata varias bombonas de butano), está claro que a responsabilidade non é dun particular, senón máis ben de grupos de persoas que recollen material de refugallo polo municipio e que, despois de quedar co que lles interesa, guidan o que non lles serve en calquera lugar. Por iso, dende Altamira o Concello de Brión fai un novo

chamamento a todos cantos veciños poidan dar algunha pista sobre os responsables destes atentados ecolóxicos e reitera a súa máis absoluta condena cara este tipo de prácticas, máxime cando na propia comarca hai plantas de reciclaxe e puntos limpos que se poden encargar do correcto tratamento deste tipo de residuos. As investigacións policiais e a colaboración veciñal xa teñen permitido en anos anteriores dar cos responsables de dous grandes verquidos de escombros de materiais da construcción, empresas que foron sancionadas polo seu incívico comportamento. Entre todos, seguro que podemos porlle freo a esta situación.

Tamén ten organizada coa planta de Servia a recollida de voluminosos, electrodomésticos, mobles, etc. Neste caso, a recollida realízase tamén a través da Mancomunidade Serra do Barbanza chamando ao 981 19 12 40 onde lle indicarán o día, hora e lugar de recollida. En Lousame tamén está operativa unha planta de reciclaxe de escombros, coa que colabora o Concello de Brión. Un servizo áxil e efectivo, sen molestias para o cidadán e que resulta moito máis barato que manter un punto limpo municipal. Existen outras campañas para a recollida de refugallos como: tonners de impresoras (na casa consistorial), teléfonos móbiles para colaborar cos ecosistemas africanos (no CEIP, no IES, no centro social polivalente, na casa da cultura, na escola de música e no campo de fútbol municipal) ou recollida de aceite usado de vehículos (chamando ó Concello).


ACTUALIDADE ORZAMENTO MUNICIPAL

Os orzamentos para 2011 ascenden a 4,97 millóns de euros O alcalde cualifícaos de “austeros, realistas e solidarios”, pois recollen incrementos nas partidas destinadas ao benestar dos veciños. Crise. Esta é, quizais, a palabra máis utilizada nos salóns plenarios dos distintos concellos galegos á hora de debatir os orzamentos para o ano 2011. E Brión non é unha excepción. Na última sesión do ano, o pleno municipal aprobaba unhas contas que ascenden a 4,9 millóns de euros, o que supón unha ratio de investimento de 816,13 euros por brionés.

8 votos a favor do Grupo de Goberno e cos 5 votos en contra de PP e BNG. O alcalde Xosé Luís García definiu estes orzamentos como “austeros, realistas e solidarios dentro do que se pode facer dentro dunha situación de crise económica intensa e alongada. Uns orzamentos preventivos que estou seguro de que se pecharán con mellores cantidades, pero é mellor aprobar despois unha modificación que Cuantitativamente, os orzaO desglose dos orzamentos mentos de 2011 redúcense nun recolle importantes subas nas As contas foron aprobadas cos arriscarse nestes momentos”.

q

18% con respecto ao ano anterior. Unha porcentaxe que non deixa de ser enganosa, pois nas contas de 2010 recollíase un investimento dun millón de euros aportado pola Deputación Provincial para a construción da piscina climatizada cuberta. De feito, se non contamos ese ingreso extraordinario, a pesares da crise económica os orzamentos de Brión só minguarían un 2,4%.

partidas destinadas a benestar comunitario, sanidade, servizos sociais e promoción social, educación ou cultura. Así, as partidas destinadas a benestar comunitario pasan dun 8,6% a un 11,3%; as de servizos sociais e promoción social medran do 6,9% ao 8,2%; os recursos adicados a educación increméntanse do 9,2% ao 11,5%; e os investimentos en cultura aumentan do 8,4% ao 9,3%.

Gráfico comparativo entre os orzamentos do ano 2010 e os do ano 2011.

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE CENTENARIA

Carmen Antelo Tuñas, veciña de Pousada, cumpre 100 anos “Hai que aforrar máis”. É a recomendación da nova centenaria de Brión, Carmen Antelo Tuñas, para loitar contra a crise económica. A homenaxeada agradeceu “moito, moito, moito” o agasallo e amosouse moi feliz coas visitas recibidas. Entre bromas, houbo quen a convidou a bailar, sabedor de que esta era unha das afeccións preferidas por esta veciña de Pousada cando era moza. “Eses tempos xa me pasaron”, contestou entre risas Carmen Antelo, xusto antes de apagar as velas da tarta. Algo que fixo á primeira.

Non traballa no Ministerio de Economía, nin no FMI, pero se lle facemos caso a iso de que “máis sabe o demo por vello ca por demo”... que cadaquén se aplique o conto, pois hai apenas unhas semanas esta veciña do lugar de Pousada (Viceso) celebraba coa súa familia o seu

centésimo cumpreanos. Unha festa que tivo lugar na “Casa do Varelo”, como é coñecida por todos na zona, e onde Carmen vive canda o seu único fillo, Domingo Fernández, e a súa muller, Laura Tuñas. A ela acudiron tamén

A pesca da lamprea no rio Tambre A editorial Toxosoutos, de Noia, acaba de publicar “A PESCA DA LAMPREA NO RIO TAMBRE, HISTORIA, ARTES E GASTRONOMÍA”, do que son autores Clodio González Pérez e Manuel Ces Canle. Este libro ten un especial interese para quen se ocupe polos temas locais, pois trátase dunha concienzuda investigación sobre as abundantísimas artes de pesca que existiron no último tramo do Tambre, dende preto da Ponte Maceira ata a desembocadura na ría de Noia, en Pontenafonso.Aí están comprendidas as pesqueiras das que se conserva memoria na parroquia de Ons (máis dunha ducia) e alguna na de Cornanda; mesmo a foto da portada do libro recolle os restos da pesqueira de Latedo ou de Armesto, en Salaño. Os autores fixeron unha 10 | Concello de Brión

exaustiva investigación sobre a pesca deste prezado peixe ao longo da historia, dende o seculo X ao XX, e escudriñaron todo o leito do río para examinar polo miúdo os lugares, os apeiros e os costumes dos pescadores. Da importancia que tivo esta actividade da pesca da lamprea dan idea estes dous datos que figuran no libro: no tramo do río investigado consta a existencia dunhas 90 artes de pesca fixas (caneiros, rodeiros, pesqueiras ou “canales”); a abundancia de lampreas era tal que hai constancia de que só nos caneiros da parroquia de Cando (Outres) apañou unha noite en 1920 unhas 800 lampreas. Deixou de haber lampreas a mediados do século XX, coincidindo coa construción do encoro Barrié de la Maza.

os tres netos de Carmen coas súas parellas, así como os seus dous bisnetos e algún que outro veciño. Entre eles tamén estaba o alcalde Xosé Luís García, que lle fixo entrega a Carmen dunha placa conmemorativa no nome do Concello de Brión.

Carmen Antelo, viúva dende hai 30 anos, goza de boa saúde. Aínda que necesita do coidado diario da súa familia, entre as súas actividades cotiás está a lectura da prensa, para o que non precisa gafas. De aí que, diante dunhas noticias sobre a crise económica, tirara de anos e de sabedoría para aconsellarlles aos presentes: “hai que aforrar máis”.


ACTUALIDADE LEI DE AUGAS

HOMENAXE

Nace o canon da auga

Distinción ao profesor Enrique Gómez Reino

Os usuarios de pozos e traídas veciñais terán que pagar o canon da auga e, segundo os casos, tamén o coeficiente de verquidos.

Din que cada un fala da feira como lle vai nela. Pois coa nova Lei de Augas de Galicia semella pasar algo parecido. Aprobada pola Xunta e en vigor dende o pasado mes de decembro, o texto establece a creación dun canon da auga, entre outras novidades que se irán aplicando durante 2011, de xeito que o novo modelo estea completamente operativo en 2012. Segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, responsable directa da norma, o canon da auga baséase no “principio de recuperación de custos” e ten carácter “universal”. Deste xeito, aplícase a todas as aglomeracións urbanas e tamén aos usuarios de captacións propias e de traídas veciñais. O novo canon substitúe ao de saneamento e, segundo a Xunta, terá carácter finalista. É decir: todo o recadado con el debería destinarse a financiar obras de abastecemento, sa-

neamento, explotación de de- que, a pesar do que se pode ler puradoras de augas residuais e textualmente na Lei, os usos xestión de ríos. agrícolas e gandeiros quedarán exentos do canon da auga, Mais este novo canon e as e falan dunha bonificación do súas pretensións de recada- 90% para pozos particulares ción están xerando un profun- e traídas veciñais legalmente do malestar social e un amplo constituídas. Isto faría, segundebate político ao que Altami- do a Xunta, que estes usuarios ra non podía ser alleo. Os gru- non terían que pagar o canon. pos parlamentarios da oposi- Ademais, tamén indica que ción autonómica denunciaron os usuarios que non dispoñan o seu carácter “privatizador” de contadores se poden acodun ben público de primeira ller a “sistemas de estimación necesidade como é a auga. obxectiva”, sen ter que instalar Dende o PsdeG-PSOE explican contadores. que “os usuarios de pozos e traídas veciñais terán que paTanto o PSOE como o BNG gar o canon da auga e, segun- como a plataforma de asociado os casos, tamén o coeficien- cións que reivindica a derrogate de verquidos”. Para o BNG, ción da lei pensan que a Xunta a Lei é “fundamentalmente está tratando de gañar tempo recadadora” e o canon é como para que o canon non se apli“inxusto e irracional”, polo que que ata pasadas as municipais, recolleron máis de 14.000 si- por temor a unha merma de naturas en toda Galicia para votos. Interpretan así a tardansolicitar a súa derrogación. za da Consellería en aprobar o regulamento previsto na lei Porén, dende a Xunta rexei- para definir os prazos e procetan retirar a lei e defenden o dementos do canon. En todo novo marco normativo como caso, teremos a resposta des“máis xusto e eficaz”. Aseguran pois do 22 de maio.

O veciño de Luaña Enrique Gómez-Reino Carnota acaba de recibir a Cruz de San Raimundo de Peñafort, que é máxima distinción que concede o Ministerio de Xusticia. A distición coincide coa súa xubilación como catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago. Enrique Gómez-Reino é autor dunha ducia de libros e de infinidade de artigos relacionados coa súa especialidade, centrada en investigacións sobre o dereito das telecomunicacións, o audiovisual e a competencia. A parte do seu labor docente como profesor das universidades Autónoma de Madrid, UNED e útimamente na de Santiago de Compostela, foi varios anos membro do Tribunal para Defensa da Competencia. O profesor Gómez-Reino sempre mantivo unha vinculación moi estreita con Brión, ende está avecindado dende hai máis de trinta anos, concello ao que leva adicados moitos desvelos. Revista Altamira | 11


BRIONESES

“O galego é un tesouro que temos que conservar fronte ás gamberradas que lle están facendo” TESOUREIRO DO CONCELLO E MEMBRO FUNDADOR DA “ALTAMIRA”, XUBÍLASE ESTE MES DE MAIO As primeiras veces que este “plumilla” conversou con Luciano ten que recoñecer que o visualizou como unha especie de enciclopedia con patas. Co tempo esta impresión quedouse curta pois, ademais de ser unha fonte inagotable de sabedoría, Luciano ten unha habilidade especial: sabe contar as cousas e é quen de facerllas chegar á xente. Mais a súa modestia impídelle aceptalo: hai quen con moito menos se fai chamar cronista dun pobo, cando nin sequera lle víu o cu á curuxa. As súas “Historias e lendas” son parte esencial de “Altamira”, revista da que foi membro fundador e da que segue sendo a súa alma. Se Tolkien creou o mundo do Señor dos Aneis para dotar a Inglaterra dunha mitoloxía da que carecía, as historias de Luciano dotaron aos veciños de referentes da súa historia, infundiron neles o orgullo de falar galego e axudaron a conformar a Brión como o pobo que hoxe é.

LUCIANO PENA ANDRADE - Custou máis de tres anos conseguir que concederas unha entrevista. Unha faciliña: como acabou un de Coristanco en Brión? - A vida que te vai levando. Vivín aquí uns anos, saquei praza no Concello e quedei. Aínda que a elección tamén ten un pouco de plantexamento ideolóxico: son persoa de campo e aquí sintome moi a gusto coa miña xente. - Nótase: dicir Luciano é case dicir Ons. - Buscaba un sitio e atopei vivenda aló. E atópome moi a gusto con esa xente. - Tesoureiro durante 20 anos e “pai biolóxico” desta revista. Daslle tanto aos números como ás letras. - Ao mundo dos números cheguei case de rebote porque así o quixo a organización do traballo no propio Concello. Entón non había os efectivos de agora, xa que cando 12 | Concello de Brión

comecei no ano 1979 só eramos tres funcionarios, e un xa estaba xubilado. Marchou quen levaba a contabilidade, vinme en condicións de facelo e o fixen ata o de agora. Mais teño que recoñecer que eu nunca fun de números. - Dicía Juan Ramón Pais Andrade, outro dos pais desta revista, que vos tocou vivir a etapa máis bonita do municipalismo. - No tempo que estiven en Brión fun un privilexiado, pois fun testemuño da creación dun concello, vin como medraba ata se o que é hoxe. Basta mirar os orzamentos: pasamos de medio millón de pesetas aos case 5 millóns de euros de 2011. Antes os concellos non significaban nada e a xente non se identificaba con eles. Non tiñamos recursos, pero faciamos de todo polos veciños. En certo modo era un contacto máis directo coa xente. Fun

moitas cousas neste concello, nunca un funcionario ao uso. Eu entendo a burocracia como un estorbo para o desenvolvemento. Sentíame máis como un animador social e estou orgulloso de ter estado presente nas distintas iniciativas culturais que houbo. - De cales estás máis satisfeito? - Organizamos os primeiros campamentos infantís, deporte de base, actividades culturais, accións para a terceira idade como a Festa dos Vellos ou as excursións da terceira idade. Un dos temas máis importantes foi o urbanismo. Eran os anos oitenta e se aprobaron as primeiras normas subsidiarias, que eran moi restrictivas. Mentras en concellos veciños imperaba case que a lei da selva, Brión soubo preservar o seu territorio para facer as cousas ben. E non foi doado convencer aos veciños de que non se podía construír


BRIONESES por construír. Tamén recoñezo que me integrei e conxeñei cos gobernantes. Sentinme moi a gusto neste equipo, sentinme protagonista e testemuño do crecemento dun concello que se artellou como Brión.

se grazas ás aldeas. Agora que as aldeas quedan valeiras, o galego perde o seu hábitat. Nas cidades hai moito que facer para recuperar o tempo perdido, pero hai que facer un esforzo que a Xunta semella que non está disposta a facer.

- A excusa para esta entrevista é a túa xubilación en maio. Como a afrontas? - Non vou botar nada en falla porque seguirei vivindo aquí. Teño a esperanza de adi- Testemuño e case que cronista oficioso carme a todo o que me gusta. A xubilación é unha liberación porque terei tempo para ler e escribir. Incluso cousas de investigación sobre a vida comunitaria. de Brión. - Non me considero cronista de nada. A vida ensínache cousas e eu estou atento - Seguiremos contando coas túas “Historias e lendas”. a ela. Eu falaría máis de identificarme coa - Se me necesitan, no que poda botarei unha man. xente, dunha curiosidade case natural. Houbo unha definición que deu a Unesco - “Altamira” non pode prescindir dunha das súas seccións con máis seguidores. da cultura que se pode aplicar. Dicía que - Non creo que sexa para nada a sección máis interesante. ten cultura a persoa que coñece o mundo - Para cando un libro de “Historias e lendas”? no que vive e é quen de influir nel. - Non está en perspectiva pero tampouco se descarta. - Así xurdiu a idea de facer “Altamira”. - A idea xurde da necesidade de ter un ve- - Cando vas contar a historia da curuxa de Ons? hículo de comunicación co vecindario e, - (risas) Non é o momento agora, pero contareino. sobre todo, entendéndoa como un obradoiro de cultura, da cultura máis próxi- - Escrito queda. E para rematar non che imos pedir que fagas unha raiz cadrada, mema, para que a xente coñecese o máis llor cóntanos algunha desas “Historias e lendas” especiais. inmediato, o lugar no que vive. Por iso - Non son contador de historias. Recordo cando fora o “fenómeno” da Cornanda. Vinos primeiros anos intentamos atender ñeran excursións e centos de curiosos a velo. Ao final viñeran uns catedráticos e atocuestións de historia local, onde non ha- paron unha explicación física: fora un corremento de terras. E desvelouse o misterio. bía nada feito. Redactamos moitos dos- Cando fixeramos a crónica do acontecido houbo veciños que non o tomaron ben. En sieres de estrutura económica, cuestións certo modo tiñan o seu misterio e non querían que se desvelase. Lembro moito a rede arte e empezamos a dar a coñecer as percusión que tivo esa historia. personaxes referentes da historia local. - O coñecemento comeza polo máis cercano. - Iso é o que configura a nosa personalidade. Por que estudan historia os nenos na escola? É unha forma de integararnos no noso círculo máis próximo e necesitamos agarradeiras e crear os nosos propios mitos. Iso está detrás de “Altamira”. Máis aló dos aspectos políticos de dar a coñecer a actividade municipal, sempre foi un vehículo de interese cultural. - E dentro desa cercanía sempre estivo presente o idioma galego. - Eu sempre fun moi sensible co tema do galego. Se algo me considero é galeguista. O idioma é un tesouro que temos que conservar. É o tesouro que máis nos identifica como galegos. Por iso levo tan mal que o estén maltratando e as gamberradas que lle están facendo ao noso idioma dende algunhas asociacións e dende o mesmo Goberno galego. E “Altamira” foi extraordinariamente ben acollida pola xente. Brión sempre foi pioneiro na promoción do idioma e sen que houbese ningún tipo de rexeitamento por parte da xente. - Como valoras a situación actual e ese “conflito” do idioma. - Isto é unha regresión, e teño medo de que sexa unha guerra perdida. Paréceme que para defender o galego hai que facer accións en positivo. O galego conservou-

“Boto en falla que houbese un coro ou un grupo de gaitas na miña época” EN POUCAS PALABRAS - Unha lembranza … - é impagable o coñecemento e a amizade que gardo con Carlos Rodrigues Brandâo, que me axudou a comprender moitas cousas de Brión que non era quen de entender. - Un lugar ... - Ons. - Unha festa … - a primeira Festa dos Vellos, onde todos participaron nas casetas coa mesma ilusión que se fosen nenos pequenos. - O mellor de Brión é ... - a súa xente en xeral, de todos os sitios. - Necesita mellorar ... - non entendo e non me resigno ao despoboamento das aldeas. Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS VIOLENCIA DE XÉNERO

Acabar coa violencia de xénero é traballo de todos Brión elabora un protocolo de actuación que involucra a todos os axentes locais “A máis grave expresión da desigualdade entre homes e mulleres é, sen dúbida algunha, a violencia de xénero, que atenta non só contra a igualdade, senón contra a dignidade e os dereitos máis básicos da persoa”. Con este estracto do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres do Concello de Brión dá comezo o “Protocolo de actuación contra a violencia de xénero”. Un protocolo froito dun traballo iniciado en febreiro de 2010, data na que os servizos sociais municipais se puxeron en contacto con diferentes entidades e asociacións para a elaboración deste “instrumento de uso cotiá para os profesionais de cara a conseguir mellorar a atención e a protección ás vítimas da violencia de xénero en Brión. Non é para colocar nunha andel senón para traballar con el”, explicou Victoria Varela, responsable dos servizos

sociais brioneses. Unha tarefa na que involucraron aos centros de ensino local (gardería, CEIP de Pedrouzos, IES Brión e as unitarias de Sabaxáns-Bastavales, Luaña e Os Ánxeles), o centro de saúde de Brión, as forzas de seguridade (Garda Civil de Brión e Policía Local) e representantes da cidadanía (asociación cultural e deportiva de Ons “Pedra do Moucho”, asociación de mulleres “Xuntanza”, sociedade deportiva de cazadores “Altamira”, asociación xuvenil “Carballeira”, PSOE de Brión, PP de Brión, BNG de Brión, representación parroquial de Os Ánxeles e de Bastavales, os párrocos de ambas parroquias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Brión). Tamén participaron entidades de ámbito comarcal e provincial como o Xulgado Nº 3 de Santiago, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Negreira, o CHUS

Unha guía de actuación

(psiquiatría e servizos sociais), o IMELGA, o CIM de Negreira e a UMAD de Santiago de Compostela. “Por separado non podemos facer moito, para porlle freno á violencia de xénero temos que colaborar todos xuntos”, indicou o alcalde Xosé Luís

García, quen agradeceu a todas estas entidades a súa colaboración na elaboración deste protocolo “que é a mellor forma de loitar contra esta lacra social”. Un agradecemento que tamén fixo extensivo á Deputación de A Coruña e á Secretaría Xeral de Igualdade, cofinanciadores da iniciativa canda o Concello.

Informar a todas as casas En ocasións, os medios de comunicación transmitimos unha imaxe distorsionada do que é a violencia de xénero. Un dos erros máis comúns é o de tentar cuantificar o número de casos e lanzar unha que semella de Perogrullo: o concello que rexistre un maior número de denuncias será aquel no que os seus veciños son máis violentos. Grave erro. Son precisamente os concellos máis activos na loita contra a violencia de xénero aqueles que detectan un maior número de casos.

O “Protocolo de actuación contra a violencia de xénero” explica dun xeito sinxelo e esquemático como deben actuar os profesionais diante dun caso de violencia de xénero. “É un único protocolo, pero sete maneiras de actuar según en que ámbito nos atopemos”, apunta Victoria Varela. Sete formas de actuar que se traducen en sete esquemas sinxelos nos que se explica claramente os pasos a dar por cada entidade (garda civil, policía local, centro médico, centros educativos, servizos sociais, xulgados e outros axentes). O documento compleméntase cuns anexos nos que se ofrecen recomendacións a seguir á hora de atender a unha muller vítima de violencia de xénero e unha relación dos dereitos das vítimas de violencia xénero. 14 | Concello de Brión

Unha situación que é especialmente significativa no medio rural, onde os estereotipos de xénero están moi establecidos e onde menos denuncias hai. Iso non significa que non exista violencia, senón que as mulleres que a sofren ou non o saben ou teñen medio ou sofren unha presión social maior. Por iso, o traballo do Concello de Brión non quedou na elaboración dun protocolo de actuación, senón que se complementa cuns trípticos informativos que se lle entregaron a todos os veciños e veciñas do municipio canda este exemplar da revista Altamira. “Ao repartirse casa por casa, temos a seguridade de que todos os veciños de Brión van a ter estes trípticos nos que se lles explica a existencia do protocolo de actuación e dos axentes locais involucrados na loita contra a violencia de xénero”, explicou Victoria Varela, “ao tempo que lles explicamos sobre o que é a violencia de xénero e lles informamos de como os podemos axudar e de a onde dirixirse”. Porque, ante calquera dúbida ou problema, non custa nada chamar ao 016: é de balde, atenden as 24 horas do día e non deixan rastro ningún na factura telefónica.


SERVIZOS SOCIAIS MEDIADORES DE CONFLICTOS

Os “cascos azuis” do IES Brión Un total de 21 alumnos participan nun proxecto de mediación entre iguais para colaborar na resolución de conflitos entre compañeiros. mediadores, ademais de non actuaren como xuices senón como simples intermediarios entre as partes, non intervirán en ningún tipo de conflito grave (como violencia ou agresións). O seu labor de “cascos azuis” estará reservado a casos como resolución de malos entendidos, discusións, amizades que se deterioraron, rumores sobre outros compañeiros, alcumes, etc. “Unha ten que saber como mediar”. Son palabras de Lucía, unha dos 21 rapaces e rapaces que estudan 2º da ESO no IES Brión e que participan nun proxecto de mediación de conflitos, denominado “Programa de Mediación entre Iguais”. Este proxecto, posto en marcha polo instituto e o departamento de Servizos Sociais brioneses, está incluído dentro do “Plan de Convivencia” do IES Brión, que leva dous anos en funcionamento.

especialmente problemático, decidimos que os propios alumnos podían aprender a resolver conflitos entre os seus compañeiros”, explica Pilar Martínez, técnico de Intervención Familiar do Concello de Brión. “No curso pasado, todos os alumnos de 1º da ESO recibiron información sobre o que é a mediación”, apunta Pilar, “neste curso, de xeito voluntario e sempre con autorización familiar, un grupo de alumnos está recibindo a formación para ser futuros mediadores “Non sendo un centro entre iguais”.

Alumnos como Tatiana, que se apuntou ao programa promovido por Esperanza López Cordido, orientadora do IES Brión, porque “parecía distinto ás actividades que había”. Así, durante dez sesións formativas dentro do horario lectivo, os rapaces están a aprender rapaces técnicas para resolver conflitos de forma práctica. “Non imos levalas nós por estar no medio?”, preguntan dúas alumnas nunha das primeiras sesións. Inquietudes lóxicas que lles son respondidas ao instante: os

“O conflito é parte constitutiva da vida, pois ten a súa orixe na diversidade dos seres humanos. Por iso non podemos fuxir del”, sinala Pilar Martínez. Por iso, “pretendemos ofrecer un servizo para facilitar a resolución dos pequenos conflitos que se poden dar entre os mozos e mozas que asisten ao centro”, apunta Esperanza López. Porque, en definitiva, estes mediadores traballan por un instituto onde poder falar e resolver as diferenzas sen que ninguén perda.

VIAXE DOS MAIORES

Os maiores de Brión viaxan ao País Vasco e ao sur de Francia Como é habitual nestas datas os maiores do concello farán unha viaxe polo norte peninsular chegando incluso a visitar o sur do pais galo. O domingo 27 de marzo é o “día D”. Esta mañá, un centenar de veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de 55 anos, participarán nunha nova edición da excursión dos maiores. Despois das praias de Benidorm e Lanzarote das anteriores edicións, os viaxeiros brioneses volven ás terras do norte. Se no 2008 coñeceron Cantabria e Bilbao, este ano darán un pasiño máis aló, ata San Sebastián e o sur de Francia. Sete días durante os cales non pararán quedos nin un intre, salvo para durmir un chisquiño no Hotel Zarauz de Guipúzcoa. Boa culpa disto a ten o Concello de Brión, que lles ten programadas unha serie de excursións a lugares como San Sebastián, Bermeo, Guernica, Hondarribia, Hendaia e Vitoria (no País Vasco), así como a localidades do sur de Francia como Bayonne, Ciboure, Saint Jean de Luz ou Ainhoa. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES CERTAME DE PINTURA

Os novos valores están en alza Adrián Penido e Jairo Ramos, gañadores dunha sétima edición á que se presentaron 61 artistas de toda Galicia. As sombras e a noite protagonizaron os Novos Valores. Non, non é que a crise chegase tamén ao mundo da arte, o que acontece é que “Sombras” e “Noite” son os títulos das dúas obras gañadoras da sétima edición do certame de pintura brionés. De feito, o certame acadou unha das maiores participacións da súa historia, cun total de 61 artistas de toda Galicia. As “sombras” xurden da mente do silledense Adrián Penido Núñez, un mozo de 22 anos que vén de rematar os seus estudos de Ilustración en Ourense e que xa ten exposto a súa obra en locais hostaleiros da comarca do Deza. Un título, “Sombras”, que “definen o que é o cadro” xa que “se trata diso, dunha sorte de sombras feitas cun acrílico negro, sobre táboa e con recortes de xornais para facer o que son as luces”, apunta Adrián. Un cadro en técnica mixta que “coido que é bastante atractivo para os espectadores que o teñan diante”, apunta Adrián. Para os espectadores e para o xurado dos Novos Valores, que lle concederon o primeiro premio da Categoría B (máis de 18 anos), distinguido con 1.500 euros e diploma acreditativo. E iso que foi o último concursante en chegar ao acto de entrega de galardóns, polo que case que foi chegar e bicar o santo. Por outra banda, a “Noite” chegou a Brión en forma de cadro dun rapaz de 17 anos, Jairo Ramos. Trátase “dunha paisaxe fóra do común dun pobo”, explica Ramos Rey, elaborado nun estilo “nada realista, o único realista é o título”. Na que foi a súa primeira incursión no mundo dos certames e concursos artísticos, este chantadino alzouse co primeiro premio da Categoría 16 | Concello de Brión

A (de 14 a 17 anos). Aspirante a cursar estudos de Belas Artes, este triunfo animouno de xeito que “igual vou a algún outro concurso máis, porque quedei animado” Uns ánimos que, unidos á gran participación rexistrada, “demostran que imos polo bo camiño e que estamos acertados ao apostar pola cultura”, sinala o alcalde Xosé Luís García, quen tamén agradeceu a colaboración da Fundación Feiraco, e do seu presidente José Antonio Casais, ao patrocinar o certame. O cadro de finalistas do certame completárono Raquel López Vázquez, veciña de Vedra, cuxa obra sen titular quedou segunda na Categoría A e María Cristinta Fernández Bravo, de Ferrol, que con “Como te ves, me vi” alzouse co segundo posto da Categoría B. Ambas recibiron cadanseu diploma acreditativo e un premio de 400 e 1.000 euros, respectivamente. Patricia Vázquez Lamas, felicitou a “todos os premiados no certame, que non gañadores, porque considero que no Certame dos Novos Valores todos somos gañadores: os 61 artistas que se presentaron ao concurso e todos nós, que como público imos poder disfrutar da súa arte”.


CULTURA E DEPORTES NOVA PUBLICACIÓN

Cando o fútbol se chama Brión Xosé Manuel Trigo e Manuel Xesús Xiráldez recollen nun libro a historia do fútbol no municipio. Pedrouzos. Venres 25 de febreiro. Pasan algo máis das nove da noite e o centro social polivalente está que ferve. Hoxe non toca baile, ou cando menos non se escoita música ningunha. Mais moitos dos presentes gardan unha coidada coreografía en fila de a un para conseguiren algo que lles debe interesar moito, pois non dubidan en agardar e agardar. A axenda do móbil non minte: aínda quedan uns meses para a Feira do Libro, pero o caso é que na mesa hai dúas persoas asinando libros. E pola cola que hai un diría que aló está un Pérez Reverte ou un Manolo Rivas, pois un nunca sabe a ciencia certa a quen se pode atopar por Brión adiante. Mais ao final desa fila están dous veciños de Brión: Xosé Manuel Trigo Romero e Manuel Xesús Xiráldez González, autores do libro “O fútbol en Brión, 25 anos da SD Club Brión”. E se aos máis de 130 veciños que os acompañaron na presentación sumamos a falta de experiencia destes homes nisto de adicar libros, seguro que todos os lectores de Altamira entenden o por que desas longas colas. Un libro que chega cunha adicatoria moi concreta e individualizada: “a calquera que disfrutou dándolle patadas a un balón en calquera recuncho de Brión”. Vamos, que haiche como máis de sete milleiros de brioneses que cadran coa descrición porque, como dicía Javier Marías, “o fútbol é a recuperación semanal da infancia”. Mais o libro escrito por Trigo e Xiráldez vai máis aló, fuxindo de prexuizos culturais.

dun país e este libro é un espello da evolución de Brión no último século, do paso de xogar nas carballeiras a facelo nunhas modernas instalacións deportivas”, explica Manuel Xesús Xiraldez. Deste xeito, Trigo Romero apuntou que o libro recolle numerosas anécdotas como “cando ao principio se xogaba nas eiras e con vendas na cabeza, para protexerse das costuras do balón”. Un libro froito da colaboración O libro editado por Follas Novas recolle, ao longo das súas 236 páxinas, a historia do fútbol en Brión dende 1874 ata a actualidade, aínda que ten como gran protagonista á SD Brión. “A idea xurdíu hai tres anos, cando comezamos a recopilar testemuños orais e material fotográfico”, lembra Trigo Romero, quen indica que “a fotografía máis antiga data de 1932, dun partido BriónBertamiráns no campo do Piñeiro, en Pedrouzos”. Os autores agradecen a colaboración de todos cantos colaboraron na elaboración do libro: directivos e xogadores dos distintos clubes deportivos de Brión, veciños e veciñas do municipio, a Federación Galega de Fútbol e medios de comunicación galegos, que aportaron non só as crónicas do momento senón tamén fotografías da época.

O libro, deseñado polo brionés Armando Patiño, conta tamén con tres artigos de opinión, denominados “Palcos de Honra”, asinados por Antonio Tojo Millán, primeiro presidente do Brión CF; Jesús Rey García, xogador e directivo do Brión CF; e Xosé Luís Gómez, director de Xornal de Galicia “O fútbol ten moito que e antigo directivo do Brión CF, ver coa vida social e cultural daquela chamado Cosmitos.

Un partido de papel O libro estructúrase como se dun partido de fútbol se tratase. Así, comeza cuns preliminares nos que se fala das orixes e da expansión do fútbol en España, é dicir, entre os anos 1874 e 1970. O partido comeza na tempada 19701971, co nacemento e extensión do fútbol federado en Brión. Así, coméntase o nacemento do CF Brión (1970-1), da UD Bastavales (1971-2), da SD Luaña (1983-4) ou do San Félix de Brión (2002-3). De inmediato comeza “o partido”, coas 25 temporadas do CF Brión na Liga e na Copa do Sar, cun intermedio entre 1983 e 1986, no que o equipo desapareceu. Unha sección que recolle unha serie de fichas por cada temporada nas que se inclúen fotografías, o cadro de xogadores, adestradores, directiva, documentos da época (dende tarxetas dos xogadores ata crónicas xornalísticas da época) así como unha crónica socio-deportiva da época. Unhas fichas que foron elaboradas grazas á colaboración de xente do CF Brión, de numerosos veciños e veciñas de Brión, así como de medios de comunicación como El Correo Gallego ou La Voz de Galicia. Ao pé de cada ficha figuran citas célebres de adestradores e futbolistas, dende o “fútbol é fútbol” de Boskov ata o mítico George Best, que afirmou: “gastei moito diñeiro en coches, alcol e mulleres. O resto, malgasteino”. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES ENTROIDO 2011

Gran éxito de público na festa de Entroido Os difraces presentados por veciños de Brión e Noia foron os máis premiados. Ben sabemos que Brión é sitio distinto. Por iso aquí o Entroido prolóngase unha semana máis, unha escusa perfecta para non gardar os disfraces o Mércores de Cinza e despedir a Don Carnal cunha festa de carnaval como se merece, celebración que é das últimas en celebrarse na comarca. Así, o domingo 13 de marzo o Entroido brionés convocou no pavillón polideportivo a un numeroso público que asistiu a un concurso de disfraces no que participaron grupos, comparsas e carrozas, ademais de disfraces individuais e de parella, procedentes de distintos puntos de Galicia.

ción nas vestimentas e postas en escena. E nestas lides, os veciños de Brión e os de Noia foron os que acapararon o maior número de premios.

Así, na categoría infantil houbo pleno de tres rapaces de Brión. Un pleno que practicamente se repetiu na modalidade de comparse, onde os dous primeiros clasificados (Carnaval do Novo Mundo e Fantasía Tropical) eran da terra. O terceiro premio xa foi compartido polo Burguer Dance brionés, polo Astérix e Obélix de Noia ou o famoso “Waka waka de Tráfico”, desta interpretado por veciños de Noia e Lousame. Un “reparto” Os concursantes concen- decidido polo xurado ao quetráronse na praza da Carballei- dar desertas outras categorías ra de Santa Minia, dende onde menores. iniciaron o tradicional desfile polas rúas de Brión ata o paNa modalidade individual villón polideportivo. A ameaza adultos, o premio tamén marde choiva estivo presente ao chou para Noia, mentras que longo do percorrido, pero o o galardón ás parellas foron mal tempo respectou o pasa- para Santiago e Brión. Finalrrúas ao longo da Avenida de mente, na modalidade de gruSanta Minia e o paseo de Pe- po o trunfo foi para os gnomos drouzos. de Ordes e a súa coreografía ao son da coñecida serie inUnha hora despois, o poli- fantil “David o gnomo”. Comdeportivo acolleu o concurso pletaron o pódium os noieses no que non houbo tantos par- de “Baixo o mar” e os locais ticipantes coma en anos ante- “As Chipettes de Alvin e as Arriores, pero si moita imaxina- dillas”.

LISTAXE DE PREMIADOS MODALIDADE INFANTIL (Ata 11 anos): 1º Premio (vale 50 € en mat didáctico): “Fabada episcopal” 2º Premio (vale 40 € en mat. didáctico): “Niña bonita” 3º Premio (vale 20 € en mat. didáctico): “Pantalla de Xinzo” MODALIDADE ADULTOS (+ 18 anos): 1º Premio (100 €): “Cipriano e Gertrudis bailando na festa” MODALIDADE PARELLAS (adultos): 1º Premio (150 €): “A xoia da coroa” 2º Premio (100 €): “Fast Food” MODALIDADE GRUPOS: 1º Premio (200 €): “El mundo de los gnomos” 2º Premio (150 €): “Baixo o mar” 3º Premio (100 €): “Las chipettes de Alvin y las ardillas” MODALIDADE COMPARSAS: 1º Premio (300 €): “Carnaval del Nuevo Mundo” 2º Premio (200 €): “Fantasía tropical” 3º Premio (150 €): Ex aequo para: “Burguer dance” / ” Waca Waca de Tráfico” / “Astérix e Obélix na aldea gala” MODALIDADE CARROZA: 1º Premio (200 €): “El último adiós a Michael Jackson” 2º Premio (150 €): “El convento del Padre Subidón” Grazas a todos por participar e parabéns a os gañadores.

18 | Concello de Brión


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES

As novas Os muiños do Folón e a ría de Ferrol, próximos destinos das rutas de sendeirismo tecnoloxías protagonizan a oferta formativa do Concello

A primeira ruta de sendeirismo do ano tivo como destino, hai uns días, 17 quilómetros entre Muros e Carnota. Claro que paraxes como o monte Louro e a súa lagoa ou a praia de Carnota co Monte Pindo ao fondo valen de por si a ruta, pero xa era hora de buscar destinos máis “exóticos”. Por iso as dúas próximas citas proporán rutas máis lonxe de Brión, buscando sorprender e atraer aos camiñantes. A primeira será o sábado 9 de abril e terá como destino os muiños do Folón e do Picón, unha impresionante sucesión de 67 muiños no Rosal que están declarados Ben de Interese Cultural. A

ruta en si dura uns 18 quilómetros onde os desniveis farán que máis dun aproveite os moitos merendeiros que hai no camiño ben para descansar, ben para disfrutar das vistas. Unhas vistas especialmente fermosas no alto do “Chan da Cereixeira”. Se o tempo o permite, os sendeiristas poderán observar a desembocadura do Miño, co monte de Santa Tecla e Portugal ao fondo. Pozas e fervenzas naturais completarán este camiñar pola cultura e a tradición rosalinas. A segunda cita terá lugar o 7 de maio en Ferrolterra, onde os sendeiristas afrontarán a ruta da ría de Ferrol. Se o ano pasado a expedi-

ción seguíu os pasos do río Eume polas fermosas Fragas do mesmo nome, nesta ocasión a cita é ca ría de Ferrol. Unha ruta quizais con menos “nome” ca dos muiños do Folón, pero non exenta de múltiples atractivos, especialmente polas suas espectáculares vista da própia ría de Ferrol. Esta ruta será dunha dificultade de nivel medio/baixo. Coa organización destas dúas rutas, o Concello de Brión dá continuidade a unha das actividades que máis éxito tivo nestes últimos anos. A cota é a mesma de sempre, 6 euros, e as inscricións formalizaranse na casa da cultura.

Brión estréase en Twitter anunciando a viaxe da mocidade a Barcelona O Concello de Brión vén de estrearse en Twitter con máis éxito que Bisbal, que despois de dar co fuciño nas pirámides vén de rematala no Xapón. E para esta estrea escolleu o anuncio do destino da próxima Viaxe da Mocidade: Barcelona. Unha viaxe que terá lugar do 23 ao 29 de xullo e na que poderán participar ata 50 mozos e mozas de Brión. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro mes de abril pero xa vos podemos adiantar que a cota de anotación será de 170 euros, o que incrúe desprazamentos e estancia a media pensión no Albergue Centre Esplai, no Delta do Llobregat. Para máis novidades, consultade o Facebook ou o Twitter municipais, ou entrade no blog http://excursionmocidadebrion.blogspot.com/

As novas tecnoloxías serán as protagonistas da oferta formativa do Concello de Brión para o segundo trimestre deste ano. Así, entre maio e xuño, o telecentro acollerá un curso de Autocad 2D e outros dous de fotografía, un de iniciación e outro de perfeccionamento. Os tres terán unha duración de 30 horas. A todos eles haberá que engadir cinco obradoiros en novas tecnoloxías que, cunha duración de catro horas, presentarán temas como: busca de emprego na rede, blogs predeseñados, mapas e localización, correo electrónico ou declaración da renda por Internet. Por razóns de peso, Facenda nada menos, este último terá lugar en maio, mentres que o resto impartiranse en xuño. Dous cursos de Access de 40 horas, un presencial e outro on-line, e un curso de Internet de 20 horas completan esta batería de propostas formativas. Canda elas, o Concello de Brión tamén ofrecerá reedicións de cursos que tiveron unha gran aceptación en anos anteriores, como o de manipulador de alimentos (19 de maio, 3 horas de duración), o de contaplús (de maio a xuño, 30 horas) ou danzas do mundo, de 8 horas de duración. Por último unha novidade: “Detrás da canción”, un obradoiro gratuito para aprender a gravar cancións co ordenador. A cita é o 16 de abril, ás seis da tarde. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES BICICLETA DE MONTAÑA

Os montes de Brión acollerán en abril a II marcha cicloturística “Os Esfola Arrós - Concello de Brión” Poderán participar ata 400 persoas, que deberán anotarse a través da páxina web osesfolaarros.blogspot.com. Gran éxito da primeira kedada ciclista feminina Preto de 70 persoas, entre participantes femininas e acompañantes, déronse cita na primeira “Kedada ciclista feminina Os Esola Arrós”, que trascurriu a través de 26 quilómetros polos municipios de Brión, Ames e Teo. Unha iniciativa organizada polo clube ciclista “Os Esfola Arrós”, en colaboración co Concello, coa que se pretendía animar á participación das mulleres no ciclismo de montaña. A resposta non puido ser mellor, xa que se cubriron todas as prazas previstas: 50. Un número que se incrementou significativamente, xa que as mulleres acudiron acompañadas de amigos, parellas, mozos ou incluso fillos ata sumar preto de setenta participantes.. E iso que foi a primeira iniciativa destas características que se organizaba na zona.

Coa chegada da primavera, o ciclismo está a ser o gran protagonista en Brión. Se hai uns días preto de 70 persoas, entre participantes femininas e acompañantes, tomaban parte da primeira kedada feminina “Os Esfola Arrós”, para o vindeiro mes de abril o obxectivo é quintuplicar esa cifra. Trátase da segunda edición da marcha cicloturística en bicicleta de montaña “Os Esfola Arrós”, organizada polo Clube Ciclista Os Esfola Arrós en colaboración co Concello de Brión. A iniciativa está aberta a todos os afecionados ao mundo da bicicleta, se ben dende Altamira aconsellamos aos potenciais participantes que o pensen ben antes de anotarse. Corenta quilómetros de percorrido cunha dificultade técnica alta e unha esixencia física media/alta son como para telo en conta, máxime cando o ano pasado algún que outro chegou con cambras e maniotas á meta, pese a estar considerado de dificultade media.

polos montes de Brión. Hai un límite de 400 participantes, que deberán inscribirse antes do 14 de abril a través do blog: osesfolaarros.blogspot.com. A cota de inscrición será de 12 euros para ciclistas federados e de 14 euros para os non federados. Se quedaran prazas, tamén se admitirían inscricións o mesmo día da marcha, aínda que as tarifas serían de 15 euros (federados) e 27 euros (non federados). Percorrido esixente

O percorrido da ruta empeza na carballeira de Santa Minia para dirixirse por estrada cara a aldea de Estrar. Síguese por pistas e sendeiros de terra e empeza a ascender un pouco o comezo do monte Rubial, ata chegar á aldea do mesmo nome. A partir de aquí comeza unha baixada preciosa duns 6 quilómetros pola ladeira do Rubial. Despois de repor forzas no avituallamento líquido, comeza a subida ao punto máis alto: a caseta do monte Rubial, onde terá lugar un avituallaA marcha terá lugar na mento completo para afrontar mañá do domingo 17 de abril os últimos quilómetros. 20 | Concello de Brión

As participantes saíron da Carballeira de Santa Minia para facer un percorrido de 26 quilómetros, de dificultade baixa, polos municipios de Brión, Ames e Teo. Un circuito que se fixo moi levadeiro ademais polo avituallamento ofrecido polo clube na metade do percorrido. Ao remate, no Pabillón Polideportivo de Pedrouzos as participantes puideron asearse e limpar as bicicletas da lama do percorrido.


HISTORIAS E LENDAS NO OITAVO CENTENARIO DA CATEDRAL

Pedro Muñiz o Nigromante, arcebispo brionés que consagrou a catedral de Santiago A cidade de Santiago de Compostela prepárase para celebrar con estrondo a conmemoración do oitavo centenario de consagración da súa catedral. O acto central celebrarase o sábado 7 de maio, que coincide só aproximadamente coa data do centenario, pois a consagración da catedral celebrouse na feira quinta trala segunda domínica despois da Pascua (é dicir, xoves, 29 de abril) do ano 1211. Este ano 2011 a “feira quinta do segundo domingo de Pascua” cae o 5 de maio. Os fastos do ano 1211 puxeran fin a unha longa historia de 136 anos, que foron os que levou a construción do templo catedralicio. A obra da catedral comezara no 1075 baixo o mandado do bispo Diego Pais e a dirección do mestre Bernardo o Vello, que executou a cabeceira do edificio; durante o goberno do arcebispo Diego Xelmírez , a partir do ano 1100, as obras acadaron un forte ritmo; pero o impulso definitivo recibiuno no 1168, cando se fai cargo da obra o Mestre Mateo: nese período de 40 anos ata a consagración da catedral é cando se executa o coro pétreo e mailo Pórtico da Gloria.

Pedro Muñiz foi un dos prelados máis ilustres que ocuparon

q

Van ser de mérito os actos que se están a preparar para a conmemoración do oitocentos aniversario da catedral, pois está anunciada a asignación dun vintecinco millóns de euros dos fondos públicos. Pero ben seguro que na cidade do Apóstolo poucos se han lembrar de que Brión ten moito que ver no acontecemento, pois o arcebispo titular da sé compostelá que presidiu os actos consacratorios era brionés. Chamábase Pedro Muñiz e gobernou a diócese compostelá entre os anos 1207 e 1224 co nome de Pedro IV. A súa orixe brionesa testemúñaa un documento de 1214, de doazón do arcebispo a favor do cabido cetedralicio dunhas terras que herdara dos seus pais no lugar de Liñares. A cambio desta doazón, o cabido concedíalle o dereito a ser soterrado dentro da catedral. E así se fixo, pois a súa ládipa mortuoria, en bronce, aínda hoxe se mantén na nave central mesmo ao pé do Santo dos Croques.

D. Pedro Muñiz IV, foi un ilustre paisano noso que ante todo brilou polo seu celo e afán en eleva-lo nivel cultural do clero compostelán.

a sé do Apóstolo e xa en vida se fixo proverbial a súa erudición. Precisamente polo seu talento fóra do común lle correron a fama póstuma de nigromante. Chámase “nigromancia” a unha rama da maxia negra que consiste na adiviñación consultando aos mortos. A quen o coñeceron non lles cabía na cabeza que unha persoa normal puidese reunir as dotes intelectuais que demostraba o arcebispo: “por forza tería que ter parte co demo”. Del corréronse cousas tan peregrinas como que nunha noite de Nadal viñera voando dende Roma a Santiago, a tempo de “cantar a derradeira lección de matines”. Tamén se di que, por mago, rematara a súa vida recluído no mosteiro de San Lourenzo de Trasouto, cousa que non puido ser verdade porque no intre da súa morte aínda non estaba construído este mosteiro. A sona de nigromante pasou incluso á literatura, pois unha das obras máis importantes da literatura castelán –El conde de Lucanor- adícalle un capítulo a un deán de Santiago que era nigromante (Pedro Muñiz fora deán antes de ser elixido arcebispo). De por parte, foi un persoaxe profundamente respectado polos gobernantes do seu tempo: o rey Afonso IX concedeulle varios privilexios en atención aos múltiples e leais servizos que lle prestara; o propio papa Inocencio III encomendoulle importantes comisións dentro e fóra de Galicia e expresou en varias bulas a súa plena confianza nel. Do acto de consagración da catedral do que estamos a conmemorar os 800 anos quedan doce cruces incrustadas nos distintos lenzos das súas paredes interiores co nome inscrito do prelado consagrante (...Quartur Petrus ista dicavit). Unha reseña biográfica do noso arcebispo fora publicada por D. Benito Salvado Martínez no número 1 de Altamira, de novembro de 1985. Revista Altamira | 21


PASATEMPOS

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

Un pouco de humor...

22 | Concello de Bri贸n

SUDOKU DIFICIL


ULTIMA PÁXINA

CURIOSIDADES: A lenda da primavera Houbo un tempo en que na terra reinou a eterna primavera. E é que, segundo a Mitoloxía Grega, Europa disfrutou no pasado de campos repletos de flores. A artífice: a Diosa Deméter, a nai Terra. Sen embargo, todo cambiou cando a súa filla Perséfone foi raptada por Hades, deus dos subsolos. Deslumbrado pola súa beleza deulle o froito dos infernos (a Granada) para facela para sempre súa. Démeter, destrozada, descuidou os seus traballos na terra e emprendeu unha longa viaxe en busca da pequena Perséfone. Así, a paisaxe volveuse desoladora: campos estériles, días grises e un mundo caótico. Só Zeus, deus de deuses, puido face que Deméter volvera a sorrir e con ela o mundo. Conseguiu acordar con Hades que a sua esposa Perséfone volvera a brazos da súa nai. A condición: Perséfone dividiriase e pasaría medio ano no inferno (inverno) e o outro medio cos seus (primavera). Cada vez que Perséfone volve coa súa nai (o 20 de marzo), Deméter mostra a súa ledicia ao mundo facendo medrar as flores. Pero cando baixa de novo aos infernos, aparece a tristura do outono e o inverno. Así foi como comezou o ciclo das estacións do ano.

BRIÓN NA PRENSA 08/03/2011 | Brión aúna esforzos e elabora o primeiro protocolo de actuación contra a violencia sexista. 22/02/2011 | Brión aproba a contratación da xestión e as taxas da picina de Pedrouzos. 22/02/2011 | Ames e Brión dan exemplo coa unión de servizos de emerxencias e Policía Local.

15/03/2011 | O transporte metropolitano xa funciona con transbordos. 11/03/2011 | A Xunta apoia o plan de cooperación das policías locais de Ames e Brión. 08/03/2011 | Teo e Brión reclaman as liñas de autobús rural vinculadas á rede metropolitana.

15/03/2011 | Brión creará esta semana a mesa de negociación sobre a fusión con Ames. 09/03/2011 | Certificado para o manexo de ordenadores. 27/02/2011 | O fútbol en Brión, 25 anos do Club Brión, nun libro. Revista Altamira | 23


sabias sabias que... que... ... a primavera ... a primavera empeza o 21 de marzo, data na que a duración do día e a noite é igual, por iso se lle coñece como equinocio, provindo da palabra euqus que quere dicir igual e nox que significa noite, e termina en xuño, cando se presenta o solsticio de verán; é dicir, o momento en que o sol se atopa no lugar máis baixo do horizonte. ... o que sucede durante un equinocio é que durante o movemento de traslación, existe un mmento en que a colocación da terra permite que o sol cruce o ecuador e pase do hemisferio sur ao norte, sendo entón cando o día e a noite duran o mesmo tempo en todo o mundo, cunha duración exacta de 12 horas cada un. ... a primavera é o inicio do ciclo vital e debemos empezar a mover a nosa enerxía, polo que en dita época débense tomar verduras de follas verdes e alimentos de gusto amargo, para limpar os órganos.

25anos

... a primaveira é a época do ano no que se manifestan máis evidentemente os procesos de nacemento e crecemento en calquera forma de vida.

NOVO ENDEREZO

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.