80 - ALTAMIRA Nº 80

Page 1

Altamira Nº 80 - DECEMBRO DE 2010 - ANO XXV

decembro10

Revista Municipal do Concello de Brión

A VECIÑANZA INAUGUROU

O NOVO CONSISTORIO Calendario laboral 2011

Brioneses

No 2011 serán festivos locais do Concello de Brión o 2 de xuño e o 27 de setembro. PAX. 8

María Manuela Carnota Astray, unha veciña de ons que acaba de cumplir 100 anos de idade. PAXS. 12 - 13


os nosos

enderezos

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Litonor Artes Gráficas Mail: revistaaltamira@infobrion.com

B I BLIOTECA MUNICIPA L C arballeira de Santa Min i a , n º 5 1 5 865 - Brión T el./Fax.: 981 50 99 69

Das novas incluidas neste número, cabe salientar a reportaxe que nos conta a consecución de 144 vivendas de protección oficial que se van a construir antes do ano 2013 no noso Concello. Tamén se recolle unha ampla nova sobre a inauguración da casa e praza do Concello, onde se recordan os mellores momentos do acto, alguns deles bastante graciosos.

C EIP PEDROUZOS R úa Paseo de Pedrouzos , n º 5 1 5 865 - Brión T el./Fax.: 981 88 70 80

Entre outras moitas novas, destaca especialmente a das actividades culturais para este Nadal e na que tamén se repasan as máis salientables que se realizaron nestes meses pasados. José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

F ARMACIA NUÑEZ PER E Z , B . A vda. de Santa Minia, nº 7 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 30 G ARDA CIVIL R úa das Pedriñas, nº 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 11 I ES BRIÓN R úa Paseo de Pedrouzos , n º 2 1 5 856 - Brión T el.: 981 88 18 17 T el.: 981 88 58 99 O FICINA DE URBANISM O P raza do Concello, nº 1 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 06 F ax.: 981 88 74 31 P OLICÍA LOCAL C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 89 34 74 F ax.: 981 88 74 31 P OLIDEPORTIVO MUNIC I P A L L amiño, s /n 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 76 53 S ERVIZO DE AUGAS U rb. Agro Novo, nº 126 B a i x o 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 78 51 S ERVIZO DE EMERXENC I A S L amiño, s /n 1 5 865 - Brión T el.: 629 87 15 42 F ax.: 981 88 75 23 X ULGADO DE PAZ R úa das Pedriñas, nº 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 72 71

2 | Concello de Brión

Pax. 3 REPORTAXE Paxs. 4 - 11 ACTUALIDADE

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A vda. dos Ánxeles, nº 36 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 72 01

Por outra banda, dende a ALTAMIRA quero felicitarlle estas festas a tólodos veciños e veciñas e así mesmo entregolle o almanaque 2011 do Concello de Brión como agasallo nestas datas. FELIZ NADAL E PROSPERO ANO 2011

E SCOLA INFANTIL MUN I C I P A L A gro Novo, nº 125 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 77 42 E SCOLA MUNICIPAL DE M Ú S I C A A vda. de Santa Minia, nº 7 0 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 03

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85 Neste tempo de Nadal, tempo de ledicia e celebracións, sae a rúa este NÚMERO 80 da REVISTA ALTAMIRA.

C ASA DO CONCELLO P raza do Concello, nº 1 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 06 F ax.: 981 88 74 31

C ENTRO SOCIAL POLIV A L E N T E A vda. de Santa Minia, nº 4 6 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 10 F ax.: 981 50 99 78

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C ASA DA CULTURA C arballeira de Santa Min i a , n º 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 08 F ax.: 981 50 99 69

C ENTRO DE SAUDE R úa das Pedriñas, nº 3 1 5 865 - Brión T el. Liña 1: 981 88 77 01 T el. Liña 2: 981 88 77 02

Altamira

Paxs. 12 - 13 BRIONESES Paxs. 14 - 15 SERVIZOS SOCIAIS Paxs. 16 - 20 CULTURA E DEPORTE S Pax. 21 HISTORIAS E LENDA S Pax. 22 PASATEMPOS / HUM O R Pax. 23 CURIOSIDADES / NA P R E N S A


REPORTAXE VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL

Brión contará con 144 vivendas protexidas para aluguer O alcalde asina un convenio de 555.000 euros para urbanizar unha finca en Pedrouzos que albergará a primeira actuación de vivenda protexida no municipio. Brión contará con 144 vivendas protexidas para aluguer en Pedrouzos na que será a primeira actuación de vivenda protexida que ten lugar no municipio. Unha magnífica noticia que é posible grazas ao convenio de área de urbanización prioritaria que ven de asinar o alcalde Xosé Luís García coa secretaria de Estado de Vivenda e Actuacións Urbanas, Beatriz Corredor e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Un covnenio que suporá un investimento de 555.149 euros na urbanización da Área Urbanística Número 9 de Pedrouzos, unha finca de 7.646 metros cadrados que albergará estas vivendas protexidas. O Ministerio de Fomento será quen aporte 489.600 euros, o 88% do financiamento, mentres que o resto correrá a cargo do promotor da obra, Desarrollos Urbanísticos

Montemar SL. De feito, o convenio conseguido polo alcalde de Brión é un dos últimos acordos de Áreas de Urbanización Prioritaria que reciben axudas estatais, xa que éstas van desaparecer en 2011.

tres anos deberán estar construidas, como mínimo, un 30% das vivendas protexidas (é dicir, cando menos 43 vivendas). Así mesmo, o convenio recolle o compromiso do Concello de colaborar coa promotora e axilizar no posible toda O acordo contempla ta- a tramitación das obras. mén o compromiso da promotora de que as obras de urbaEsta será a primeira pronización estarán rematadas, moción de vivenda pública como prazo máximo, no ano que se acometa en Brión en 2013 e tamén que no prazo de toda a súa historia, despois de

Necesidade da variante da AC-451 Xosé Luís García sinala que esta actuación urbanística “demostra aínda máis a necesidade da construción do vial entre Os Barreiros e o río Pégo”. De feito, trátase dun vial de gran importancia urbanística para o futuro de Pedrouzos, pois dará servizo non só a estas 144 novas vivendas de protexidas senón tamén ás contempladas no proxecto de Villa Amalia, onde nestes momentos se están a levar a cabo as obras de urbanización.

q

que a Xunta decidise aparcar o proxecto de construción de 234 vivendas protexidas e de prezo limitado contempladas no Plan Sectorial de Vivenda na Área Funcional de Santiago proxectado polo anterior goberno autonómico. Un proxecto que contemplaba un investimento de 4,9 millóns de euros nunha bolsa de solo de 55.527 metros cadrados na finca coñecida como Villa Amalia.

A parcela onde se situarán as vivendas de Protección Oficial está ao carón da Autovía AG 56 - Santiago - Brión, moi cerca dos centros educativos e de instalacións como o pavillón e a nova piscina climatizada.

Un novo vial, por outra parte, comprometido polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na súa etapa como conselleiro de Política Territorial e que xa estaba contemplado no propio Plan Xeral de Ordenación Municipal. O Concello cumpriu co acordado nese convenio: cedeu os terreos municipais por onde hoxe en día pasa a autovía e tamén pagou outros 250.000 euros, á espera de que a Xunta cumpra coa súa parte. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE NOVA INFRAESTRUCTURA

A veciñanza de Brión inaugura a nova casa do Concello As novas instalacións permitirán ofrecer un mellor e máis rápido servizo aos veciños

Momento no que o Alcalde procedía a cortar a cinta inaugural axudado polo presidente da Deputación e observado moi de preto polos portavoces da oposición de Brión, o alcalde de Ames e o director xeral de Administracións Públicas da Consellería de Presidencia.

q

Aínda que había moito político pola praza, á fin foron uns trescentos veciños e veciñas de Brión os que se encargaron de inaugurar a nova casa do Concello, un acto que viña cuns “extras” como a apertura na nova praza do Concello ou a posta en marcha do primeiro sistema de contedores soterrados de lixo de Pedrouzos. Non só quedou gravado para a posteridade nunha placa conmemorativa na entrada do edificio, senón que así o recordou o propio alcalde Xosé Luís García cando afirmou que “hoxe quen inaugura esta casa consistorial sodes vós, os veciños. É unha obra feita polos veciños para os veciños de Brión, e aquí teredes uns grandes funcionarios e traballadores municipais que traballarán por mellorar a vosa calidade de vida”. Por iso durante esa xornada todos os veciños e veciñas que o desexaron puideron coñecer libremente todas as de4 | Concello de Brión

A ANECDOTA DA XORNADA

pendencias municipais: dende o salón de plenos ata o despacho do alcalde, “que está ben á vista para que ninguén vos poida dicir que non estou no despacho para atendervos”, bromeou Xosé Luís García sobre a cristaleira do seu despacho que o fai visible dende o exterior do inmoble. Ao acto de inauguración asistiron o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda; o director xeral de Administracións Públicas da Consellería de Presidencia, José Norberto Uzal; así como toda a corporación municipal brionesa e os alcaldes de Ames, Boqueixón, Lousame, Noia, Teo, Val do Dubra e Vedra. A Banda de Música Municipal de Brión e as integrantes da Escola Municipal de Pandeiretas puxeron a nota musical á xornada, mentras que o grupo Outón Xunqueiriña, promotor da obra, correu cos gastos dos pinchos finais.

Toda inauguración ou gran acto que se prece ten que ter á forza algunha anécdota. E no caso da nova casa do concello chegou cando se descubriu a placa da nova Praza do Concello. Ou, mellor dito, cando se “tentou” descubrir a devandita placa pois cando José Gómez Rodríguez, o veciño de máis idade presente no acto, tirou do cordel para despegar a bandeira, éste rompeu e quedou a medio retirar. As gargalladas non se fixeron agardar, pois quen máis quen menos decatouse ao momento que a bandeira quedara a demasiada altura como para ser retirada por ninguén. E iso que houbo quen tirou do bastón de José Gómez para tentar despegala, pero nin con esas. Pero a pequenos males, grandes solucións. Facendo propio aquelo de que a unión fai a forza, os Albertos (os da gabardina non, o técnico de Cultura e o arquitecto de Brión) fixeron un “cabaliño” un enriba do outro para retirar a bandeira.


ACTUALIDADE APOSTA DECIDIDA POR PEDROUZOS Xosé Luís García explicou que esta nova casa consistorial “é unha nova mostra da aposta deste Goberno pola capitalidade municipal de Pedrouzos, onde nestes últimos anos tamén se fixeron novos espazos públicos como o Centro Social Polivalente ou o Espazo das Artes”. Neste sentido, recordou que “cando o promotor desta Casa do Picón pediu permiso para demolela, nós decidimos comprala e rehabilitala como biosaudable para os maiores). casa consistorial”. O presidente provincial instou Pola súa banda, Salvador Fer- aos veciños a coidar todos esnández Moreda lembrou que tes investimentos pois “isto é nestes momentos a Deputa- de todos vostesdes porque se ción está a acometer impor- pagou cos seus cartos. Cóidetantes obras en Brión, como no porque os destrozos o ala construción dunha piscina calde terá que repoñelos cos climatizada (cun investimento cartos dos veciños e non se de máis dun millón de euros) gastarán noutras cousas máis e dunha área recreativa en necesarias”. Pedrouzos (orzamentada en máis de 100.000 euros e que Finalmente, o director xeral contará con tres áreas diferen- de Administracións Públicas ciadas: un parque infantil para asegurou que a nova casa do os nenos, unha pista de skate Concello “é un exemplo da para os mozos e un circuíto colaboración entre as distin-

q

tas administracións públicas, sobre todo nunha época de crise económica que pon en perigo o sistema de benestar”. De feito, a Consellería de Presidencia presidida por Méndez Romeu investiu 335.000 euros na nova Casa do Concello; a Deputación Provincial investiu 94.500 euros da a través do Plan de Obras e Servizos 2010 na construción da nova praza do Concello; e o Goberno Central aportou 62.604 euros do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local nos contedores soterrados; men-

tras que o Concello investiu un millón de euros das arcas municipais. Así mesmo, a finais de 2009 a Consellería de Presidencia dirixida por Alfonso Rueda tamén investiu outros 25.000 euros para mobiliario interior da casa consistorial. Unha casa do concello cuxa rehabilitación dirixiu o arquitecto municipal, Alberto Fungeiriño, quen destacou o resultado destes tres anos de traballo dicindo que “esta casa consistorial será un símbolo de Brión”.

A banda de música de Brión e as integrantes da Escola Municipal de Pandeiretas puxeron a nota músical á xornada, mentres o grupo Outón Xunqueiriña, promotor da obra, ofrecia uns pinchos e un viño galego.

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE INAUGURACIÓN

A catro minutos de Martelo A Xunta inaugura o corredor Brión-Martelo, de 9,3 quilómetros e que supuxo un investimento de 40 millóns de euros.

Os veciños de Brión xa están hoxe máis preto de Lousame e de Noia grazas á apertura ao tráfico do corredor Brión-Martelo, primeira fase da vía de alta capacidade Brión-Noia. Non fisicamente falando, pois as distancias veñen a ser case as mesmas, mais si se falamos en tempo. Se a autovía Santiago-Brión reduciu a pouco máis de sete minutos a viaxe á capital de Galicia, amén de evitar os insufribles atascos que representaba a circulación por estrada, a posta en marcha dos 9,3 quilómetros de vial que unen Brión e Martelo permitirán un aforro de tempo do 50%, pasando dos máis de oito minutos de percorrido pola estrada a tan só catro. Así o remarcaron tanto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, como o conselleiro de Medio Amibente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, que presidiron o pasado 5 de outubro o acto de inauguración deste novo tramo do corredor Brión-Noia. Un acto no que estiveron presentes os alcaldes dos municipios por onde pasa este vial, entre os que se atopaba o noso alcalde Xosé Luís García. O corredor Brión-Martelo supuxo un investimento de 40 millóns de euros. Son 9,3 quilómetros que enlazan directamente coa autovía AG-56 e que permiten evitar o paso por uns dous quilómetros de travesías e zonas poboadas. Deste xeito, asemade do devandito aforro de tempo, tanto os condutores como os peóns gañan en seguridade viaria. Ademais, no acto de inauguración a Xunta anunciou que no ano 2012 poderase chegar ata o Testal e O Freixo, completando os 8,9 quilómetros que restan ata Noia.

6 | Concello de Brión

OBRAS POS 2011

Máis de 125.000 euros para asfaltado de pistas e beirarrúas en Bastavales O Concello vai investir máis de 125.000 euros no asfaltado de pistas e remodelación ou reparación de beirarrúas na parroquia de Bastavales. Un proxecto incluído pola Alcaldía no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2011 da Deputación Provincial, entidade que achegará 116.043 euros mentres que o Concello terá que aportar os 8.956 euros restantes. Os 116.043 euros do plan restantes destinaranse á financiación de gastos correntes do municipio.


ACTUALIDADE REIVINDICACIÓNS

IES Brión: profesores xa! Os grupos municipais do PSOE e do BNG aprobaron unha mocion plenaria de apoio á comunidade educativa brionesa.

Profesores xa! Dúas simples palabras que reflicten o sentir da comunidade educativa brionesa respecto á decisión da Consellería de Educación de recurtar catro profesores neste curso escolar do IES Brión. Uns recortes que impiden o normal desenvolvemento do proxecto educativo do centro e que mesmo motivaron a demisión da Dirección do instituto e diversas accións de protesta dos pais e nais dos máis de douscentos rapaces ali matriculados.

brionesa e que instaba á Xunta a cubrir os postos que sexan necesarios para que se poida levar a bo porto o proxecto educativo do instituto. Unhas iniciativas que recibiron a calada por resposta por parte da Xunta, tanto nas peticións de entrevistas co conselleiro por parte dos pais como nas demandas de solución do Concello de Brión, e a abstención do grupo municipal do Partido Popular, que tampouco se sumou ás concentracións de protesta.

O pleno municipal, consciente da gravidade da situación, aprobou unha moción conxunta presentada polos grupos municipais de PSOE e BNG de apoio ás demandas da comunidade educativa

Pese a todo, o alcalde Xosé Luís García lembra que tanto a Dirección do instituto como os pais teñen “o total e absoluto apoio do Concello de Brión. Estamos á súa disposición para o que queiran fa-

cer”. E é que, de acordo cos datos manexados pola comunidade educativa de Brión, non IES haberá aulas con máis de 30 alumnos na ESO, unha masificación que suporá unha importante redución no nivel de atención, e tamén haberá profesores impartindo asignaturas que non lles correspondían inicialmente. Por desgraza, as protestas e as misivas non chegaron aos oídos da Consellería de Educación ou, se o fixeron, non foron tidas en conta baixo a xustificación da crise económica, gran excusa da que se está a botar man en demasiadas ocasións para tratar de xustificar o inxustificable. E en Brión, a cousa está clara: profesores xa!.

Brión apoia as reivindicacións dos traballadores do complexo medioambiental de Lousame O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores do complexo medioambiental de Lousame. Un texto que foi aprobado tal cal a presentou o propio comité de empresa, “coa única salvidade de que se retirou o punto no que se lle pide á Xunta que faga as retencións necesarias do Fondo de Cooperación Local, xa que o Concello de Brión non debe nada e, polo tanto, non podemos pedir que nos reteña nada”, explica o alcalde Xosé Luís García. Deste xeito, Brión manifesta o seu firme compromiso co sistema de recollida, tratamento e xestión de residuos sólidos urbanos de Lousame, garantindo a súa participación no sistema e non optar por ningún outro modelo. Ademais, o Concello está a apoiar todas as iniciativas da Mancomunidade Serra do Barbanza encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída coa empresa concesionaria do servizo e comprometeuse a seguir cumprindo co pago mensual do canon do lixo. Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE CALENDARIO LABORAL

AGASALLO

Altamira regala o calendario 2011, cunha selección das mellores imaxes de Brión O brionés Rafael Arroyo Muñoz gaña a segunda edición do concurso de fotografía ambiental “Brionatura”

Calendario laboral 2011

Rafael Arroyo foi o vencedor do II concurso de fotografía do Concello de Brión con esta fotografía, que ademáis pode verse no almanaque que o concello distribue con esta revista.

q

Como xa vén sendo tradicional, este último número do ano da revista “Altamira” ten agasallo: un calendario do ano entrante que, por segundo ano consecutivo, está ilustrado cunha selección das 12 mellores imaxes presentadas ao Concurso de Fotografía Ambiental “Brionatura”. Un concurso no que participaron 30 fotógrafos procedentes de Brión, Ames, Teo, Padrón, Porto do Son e Santiago e que foi gañado polo veciño Rafael Arroyo Muñoz. O xurado elixíu a proposta de Rafa Arroyo, un atardecer nas Torres de Altamira, de entre as 79 participantes (nove máis ca na primeira edición). O segundo premio

8 | Concello de Brión

foi para Javier Antelo Seoane, cunha instantánea da carreira de relevos da Festa do Cabalo; mentras que o terceiro posto foi para Beatriz Mato Paredes, cunha imaxe das nevadas do pasado inverno. Ademais da satisfacción de que as súas imaxes servan para acompañar aos veciños e veciñas de Brión durante os vindeiros 12 meses, estes tres gañadores tamén recibiron cadanséu agasallo procedente da hostelería local, que colaborou coa organización do certame. Así, o primeiro clasificado disfrutou dunha cea-noite de hotel, almorzo e circuito termal no Hotel Balneario de Compostela para dúas persoas. O segundo clasificado levou unha cea, noite de hotel e almorzo

no Hotel Casa Rosalía para dúas persoas. E o terceiro clasificado logrou unha cea no Asador Casa Abelleira para dúas persoas. Todos eles recibiron, ademais, un lote de libros de educación ambiental e de fotografía. A temática das fotografías presentadas a Brionatura foi moi diversa, xa que o único requisito para participar era que a imaxe debería estar tomada nalgún punto da xeografía de Brión e versar sobre o seu patrimonio natural. As Torres de Altamira foron o punto máis escollido polos concursantes (ata 10 propostas) seguidos pola Igrexa de Bastavales e a ponte de Paradela, con 7 imaxes cada unha.

O pleno municipal aprobou por unanimidade que os festivos locais serán: a Ascensión (xoves 2 de xuño) e Santa Minia (martes 27 de setembro). Así as cousas, por se os nosos lectores xa queren ir facendo plans a longo prazo, o calendario laboral de 2011 é este: - Sábado 1 de xaneiro. Aninovo - Xoves 6 de xaneiro. Reis - Sábado 19 de marzo. San Xosé - Xoves 21 de abril. Xoves Santo - Venres 22 de abril. Venres Santo - Martes 17 de maio. Día das Letras Galegas - Xoves 2 de xuño. Ascensión do señor - Luns 25 de xullo. Santiago Apóstolo Día de Galicia - Luns 15 de agosto. Asunción da Virxe - Martes 27 de setembro. Santa Minia - Mércores 12 de outubro. Día da Hispanidade - Martes 1 de novembro. Día de Todos os Santos - Martes 6 de decembro. Día da Constitución - Xoves 8 de decembro. Inmaculada


ACTUALIDADE LECTURA

Unha colleita de libros Brión, terra tan farturenta para tantos cultivos, tamén este ano que remata deitou unha extraordinaria colleita no terreo da literatura. Así é que este ano xubilar 2010 viron a luz catro libros que gardan relación con Brión.

A carón do verán a editorial Toxosoutos de Noia publicou en galego A Senda da estrela. Poemas de Galicia e do Camiño de Santiago, obra do antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandâo. O xa veterano profesor Brandâo é persoa ben coñecida e prezada en Brión, onde no ano 1992 residira uns meses realizando investigacións da súa especialidade e a onde volta con frecuencia. A todas as casas de Brión chegara un seu libro anterior –Aldeas-, que recollía vivencias da súa estadía nesta terra. A Senda da Estrela son medio cento de ensoñacións relacionadas co Camiño de Santiago e con persoas e pasaxes de Brión. Acompáñaos cunha ducia de fotografías do recordado brionés Luís A.Ocaña.

O derradeiro mes do ano viu tamén a publicación de dúas novelas, obra dos veciños de Brión e literatos de longo percorrido ambos, Alfredo Conde e Víctor Freixanes. Son vellos coñecidos de ALTAMIRA, pois publicaramos no seu día unha entrevista con cada un deles.

Alfredo Conde publicou en castelán Huesos de santo, unha Uns meses despois da edición galega, saiu no Brasil (Editorial da PUC de Goiás) unha fermosa edición en portugués, intercalando capí- novela policíaca, na que fabula tulos coa tradución galega, como sinal do aprezo do autor polo noso sobre os misterios da cripta da catedral de Santiago e os restos idioma. En portugués saiu co título de O Camiño da estrela. do Apóstolo. O autor, afincado Carlos Rodrigues Brandâo en Estrar-Os Anxeles dende hai Rio de Janeiro anos, é un dos escritores galegos máis sobresaíntes e ten publicados unha xa moi longa nómina de títulos, por regra xeral primeiro en galego e logo en castelán, con traducións a outros idiomas e ostenta un manchea de premios, entre os que sobresae o Nacional de Literatura.

q

q

Do lugar do Cabo onde reside vennos tamén un novo relato do director da Editorial Galaxia e profesor Víctor F.Freixanes baixo o título de Cabalo de ouros. A novela desenvólvese na época do vólfram sobre o ano 1950 arredor dunha partida de cartas que dura tres días e tres noites na que interveñen sete persoas (un capitán, un alcalde, un cura. …), cada unha coa súa historia que se entrecruza coas historias dos demais. Este título supón para o autor a volta á narrativa despois de 17 anos, cando publicara A cidade dos césares, que fora galardoada en 1992 co premio Torrente Ballester.

q

Victor F. Freixanes Pontevedra - 1951

Alfredo Conde Cid Allariz - 1945

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE SOLIDARIDADE

A xenerosidade de Brión axuda a reconstruir Haití A iniciativa do Fondo Galego de Cooperación promove accións formativas para erguer casas resistentes aos sismos como ‘aceiro vexetal’, que está a dar excelentes resultados noutros países de tradición sísmica. De xeito paralelo impartirase un taller sobre economía social e fortaleceranse as capacidades dos produtores coa plantación de bambú e outras especies vexetais, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construción. A edificación resultante será un exemplo para futuras vivendas na zona e servirá como práctica para unhas 90 persoas que sairán graduadas en construción. O Fondo Galego de Cooperación vén de pór en marcha en Haití un proxecto de intervención de post-emerxencia despois do tráxico sismo que sacudiu este país en xaneiro deste mesmo ano. Un proxecto ao que contribúen tanto o Concello, mediante unha achega institucional, como os veciños e veciñas de Brión coas súas xenerosas doazóns particulares a través dunha conta aberta polo Fondo Galego de Cooperación. Esta iniciativa permitirá, entre outras cuestións, formar preto dun cento de persoas en técnicas de construción antisísmicas e anticiclónicas con materiais tradicionais. O proxecto, formulado canda o Fons Català de Cooperació, desenvolverase nos municipios de Carice, Vallières e Monbin Crochu, na fronteira nordeste coa República Dominicana. O Fondo Galego de Cooperación achega un total de 160.000 euros procedentes de diversas administracións socias e algúns cidadáns de toda Galicia. Actuacións O proxecto de apoio ao desenvolvemento local presentado polo Fondo Galego actúa en varias frontes co fin de crear capacidades rexionais 10 | Concello de Brión

para mellorar as condicións de vida da poboación en equilibrio coa natureza, e así disipar os riscos e mitigar os desastres provocados polos fenómenos naturais na illa caribeña. Trátase, en definitiva, de apoiar as institucións e ás organizacións sociais para fortalecer a súa capacidade de desenvolveren plans de acción que disipen esa vulnerabilidade, aplicando políticas para o uso e ocupación do solo e sensibilizando á cidadanía para unha axeitada xestión da terra. Para conseguilo, dunha banda impulsarase un programa intermunicipal de concertación de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o crecemento económico e a pre-

vención de riscos. Tamén se adaptarán os plans de estudos que afectan aos 60 alumnos do Centro de Formación Profesional de Carice de acordo cos novos retos nas disciplinas de agroecoloxía, construción local adaptada, socio-administración e economía social. Ao mesmo tempo, construirase un centro polivalente intermunicipal que se constituirá como un espazo intercomunal para o desenvolvemento local. Erguerase con estruturas e materiais resistentes aos terremotos e os furacáns que terán en conta a recuperación do medio ambiente e o emprego de elementos tradicionais. Entre eles destacan a arxila e o bambú, principalmente a clase chamada ‘guadua’, tamén coñecida

A iniciativa cofinanciada en Haití polo Fondo Galego de Cooperación terá aínda un cuarto resultado. Crearase un sistema de información intercomunal en base á vulnerabilidade da poboación en relación aos riscos e desastres que implicará aos comités de Protección Civil de cada un dos tres municipios. En total, calcúlase que o proxecto completo repercutirá sobre preto de 500 beneficiarias e beneficiarios que se seleccionaron tendo en conta, entre outros, criterios de equidade territorial urbano-rural e de equidade de xénero. Son institucións, organizacións locais, profesionais e estudantes, aínda que se considera que indirectamente os efectos positivos repercutirán sobre os 64.000 habitantes que suman Carice, Vallières e Monbin Crochu.


ACTUALIDADE

“a xente vive Santa Minia dunha forma moi distinta á de antes”

CARMEN VIDAL Nacida en Corme (Ponteceso) pero residente en Vigo dende hai moitos anos, Carmen acudiu por primeira vez a Santa Minia no ano 1964 co seu posto de venda de sombreiros de papel, que ela mesma elaboraba e pintaba. Agora segue coa venda de sombreiros, “dos do Michael Jackson, moito peores que os que facía eu a man”, lembra, aos que tamén engadiu rosquillas e artigos deportivos (camisetas, gorras e bandeiras). - Carmen, ademais do teu posto, que cambiou en Santa Minia neses 46 anos? - Cambiou moito. Por exemplo, antes viñamos andando dende a Gándara coa carga e despois nos viñan buscar. Agora xa podemos deixar as cousas aquí. Pero tamén perdeu en moitas outras cousas. A forma na que a xente vive a relixión en Santa Minia é moi distinta. Antes viñan andando á misa e a cumprir unhas promesas. Agora todos veñen en coche e pretenden que é o mesmo. É como querer gañar o Xubileo facendo o Camiño en autobús. Iso non é Santa Minia. - Bota en falla ese primeiro espírito de Santa Minia? - Iso e que tamén se perdeu aquilo de que a xente viñera en pandilla e a bailar cos gaiteiros - Pero algo bo quedará para seguir vindo durante tantos anos. - Levo 46 anos vindo a Santa Minia. Sempre ía primeiro a Muxía e despois a Brión. Lembro cando vendiamos gorros de papel e durmiamos nuns pallotes ou na casa de Agapito, da señora Carme. O mellor de todo sempre foi a xente, como

Benigno, Hipólito ou o alcalde, que foron boísimos comigo. E tamén te lembras dos que non están, pois morreron moitos dos que viñan de fóra.

Homenaxe por ser a vendedora que máis anos leva acudindo á Romería

- Nótase tamén a crise económica nas vendas en Santa Minia? - Eu son unha muller que traballei moito e non cheguei a nada. Antes, cando faciamos os gorros en papel, eran mellores e gañaba máis. Este ano as vendas son as que son, e hai que ter valor e aguantar con todo. - Por último, Carmen. Aos seus 85 anos, como é que segue durmindo no seu posto? - E logo rapaz, ti nunca fuches de camping?, pois isto é o mesmo. Eu sigo igual, boto a colchoneta no posto e a durmir. É como vir de camping a Santa Minia. Vexo os fuegos, escoito as orquestras... É xa un costume. Aquí no bar déixanme usar o baño e sempre Hipólito ou Benigno me traían un café quentiño pola mañá. - Agardemos que Santa Minia lle dea forzas a Carmen para que siga vindo a Brión moitos anos máis.

Case medio século de vida traballando en Santa Minia merecían un recoñecemento e ese chegou este ano cando o alcalde Xosé Luís García e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez Lamas, fixeron entrega dunha placa conmemorativa a Carmen Vidal Doldán en recoñecemento dos 46 anos consecutivos que leva acudindo co seu posto. Carmen Vidal, de 85 anos de idade, recibiu moi emocionada esta homenaxe e mesmo foi a primeira en botar unhas bailas ao son da música da charanga NBA, que se achegou ata o seu posto para adicarlle unhas cancións.

Revista Altamira | 11


BRIONESES

“Levántome da cama porque sempre hai algo que facer”

VECIÑA DE ONS QUE ACABA DE CUMPRIR CEN ANOS María Manuela Carnota Astray, “María da Jarandella” como a coñecen en Ons pola súa nai, vén de celebrar o seu cen cumpreanos coa súa familia, conformada a cabalo de Ons e Barcelona. Cen anos, unha cifra redonda que está ao alcance de moi poucos. E menos aínda coa lucidez e a vitalidade de María. “Antes acordábame ben das cousas, pero cos anos vaime marchando a memoria”, non se cansa de repetir durante a entrevista, na que fai un completo repaso á súa vida e ao Brión do último século. Se se chega a acordar…

MARÍA MANUELA CARNOTA ASTRAY - Como é un día na súa vida? - Antes paseaba por Ons, agora non tanto pero non estou encamada. Levántome da cama porque sempre hai algo que facer. Fago a cama, lávome e péinome. Como e bebo de todo e só tomo unha pastilliña. Antes acordábame ben das cousas pero cos anos vaime marchando a memoria. - Con cen anos e aínda pensa no traballo. - Traballei moito, fun moi trabaladora. Sempre traballei no campo, sementando millo e o que houbera. Lembro iso de levar catro vacas tirando do arado de ferro para ir labrando unha leira e despois outra. Recordo de ir cos meus irmáns diante e coas vacas leira tras leira.

- A época máis feliz da miña vida foi cando era nova, cos meus pais. Non tiñamos nada, pero era moi feliz. Iamos de Ons a Padrón andando, mirabamos un animal que nos gustaba e o traiamos de volta. As vacas daban moito traballo pois, cando non as dabas vendido, tiñas que volver con elas para aquí.

- Cóntenos algo desas viaxes a Padrón? - Lembro cando ía andando a Padrón para vender as vacas e despois tiña que vir de volta, con elas ou cos cartos. Na casa eramos seis irmáns, dos que só quedamos duas: eu, que son a maior, e a miña irmá máis pequena. Saíamos de noite para chegar á feira de gando de Padrón pola mañá, que sempre estaba chea. E lembro como se diferenciaba aos de Padrón - Que recordos ten deses primeiros anos dos demais, pois eles ían na súa maioría en Ons? descalzos de todo para non mancharse. 12 | Concello de Brión

Nós tiñamos que ir coas zocas de madeira polo que tiñamos que andar, pero recordo como os de Padrón viñan descalzos á feira. Moitas veces temos ido a Padrón a buscar un animal, con esas zocas que vaia por Dios, e non o atopabas e tiñas que volver sen nada. - Foron anos duros para todos, tamén para a súa familia. - Incluso tivemos que ir ás minas. Ía cos irmáns ao extraperlo porque había homes que pagaban ben e eran tempos onde non había onde ir a gañar uns cartos e nós tiñamos que desempeñar unhas fincas. Na casa faciamos unha broa moi boa, quentando o forno con fieitos e toxos. E lembro como viñan os pobres pedir á porta e como tiñamos leña na entrada. E eles, descalzos de todo, cos pés sobre a leña.


BRIONESES - Que lembranzas ten da súa familia aquí en Ons? - O meu pai era de Ons e a miña nai de Vioxo. A min coñecíanme por María “da Jandarella”, pola miña nai. O meu pai foi dúas veces a Cuba. Era canteiro e fixo moitas casas, algunha das cales aínda segue en pé. E iso é porque facía as casas como é debido. E eu lle tiña axudado a subir as pedras e a madeira, porque para facer unha casa necesitábase moito material. Moitas veces eu escapaba porque había que subir as pedras e tiña algo de medo, porque era moi nova. Lembro tamén como ía ata Negreira polo monte abaixo a buscarlle tabaco. Había un caminiño moi estreitiño e eu ía por el cando acababa o traballo. Tamén recordo ter que ir de noite a abrir a auga para regar cun candil e como iamos a moer o millo nun muiño que había en Ons de Abaixo, a onde iamos moer todos. Agora xa non hai nada diso. - Con 58 anos marcha a Barcelona, que lembranzas garda da capital catalana? - Marchei a Barcelona no 1968 e traballei nunha masía catalana. Aprendín a entender o catalán e mesmo o chapurreaba algo. En Barcelona criei ás miñas tres netas para que meu fillo puidera ir traballar. E mesmo coidei tamén aos meus catro bisnetos. Lembro que aló me perdía cos trens. Mesmo tiven que durmir nunha estación porque perdera o tren. E aló quedei ata o día seguinte. Iso si que era traballar, traballabamos todas as fins de semana nunha masía e durante a semana levaba as netas ao colexio e coidábaas. Gostáballes moito que as levase á feira e comprar dese pitos de cores que había. Estiven moi volcada coas nenas. - Que diferenzas atopou entre unha gran cidade como Barcelona e unha aldea coma Ons? - Sorprendeume moito. Rúas todas asfaltadas e eu en zapatillas. Transformáron-

me un pouco na cidade: o pelo, o calzado, o vestido… Tamén recordo as viaxes de volta a Ons dende Barcelona no coche do meu fillo. Iamos como sardiñas porque viñamos todos os veráns. - Temos entendido que lle gostaba moito cantar. - Cantaba nas fincas. Eran os tempos nos que era máis feliz e iso que daquela non tiña nada. A xente cantaba moito nas fincas mentras traballaban. “era o viño, meu ben, era o viño, era o viño que te emborrachaba”. En Barcelona cantáballo ás miñas netas en galego, e foron aprendendo o galego tamén. - Supoño entón que tamén cantaría polas festas. - Cando chegaba Santa Minia había que levar unha cesta e iamos en grupo coa comida. E veña a cantar e a comer. E non era nin a primeira vez nin a última que a comida caía ao chan do ben que o pasabamos. Agora iso xa foi pasando. A Santiago iamos tamén á festa e durmiamos todos nunha palloza. E, ao outro día, unha señora nos daba chocolate. Durmiamos fora e todos amontonados, pero tan contentos. E polo Nadal viñan os veciños cantando panxoliñas. Nós tiñamos as galiñas enriba, durmidiñas no alto. E eles viñan coa música e veña a darlles coa ferramenta ás galiñas, que non paraban de saltar.

“Boto en falla que houbese un coro ou un grupo de gaitas na miña época” EN POUCAS PALABRAS - O seu mellor recordo en Brión… - A festa de Santa Minia e a xente que ía a ela. - Cal é o seu lugar favorito? - Ons é un sitio bo e que chama a atención. Gústame moito. - O que máis lle gusta de Brión é… - Practicamente todo, sobre todo a xente. - E que bota en falla? - Quizais que houbera un coro ou un grupo de gaitas na miña época. Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS INFRAESTRUCTURAS PARA OS MAIORES

Porque o deporte é saúde O Concello pon en marcha en Pedrouzos o primeiro parque biosaudable para a terceira idade e xa traballa nun segundo. Disque o deporte é calidade de vida. É máis, os valores que atesoura o deporte (tales como o compañeirismo, o afán por superarse un mesmo, o valor do esforzo...) fan mellores persoas a aqueles que os practican. Mais non todos estamos en condicións de correr detrás dunha pelota, o que non signifique que o noso corpo non necesite de actividade e exercicio físico. Un grupo que encaixa nestes parámetro é o conformado polos nosos maiores. Non estarán para facer un “slalon” en plan Messi, mais teñen tantas ou máis gañas que o 10 blaugrana para seguir levando unha vida activa e saudable. Neste contexto nacen os parques biosaudables, recintos ao aire libre nos que os veciños, especialmente os de máis idade, teñen á súa disposición unha serie de máquinas para facer exercicio. O Concello vén de inaugurar a primeira instalación deste estilo en Brión. Está situado na rúa das Pedriñas (Pedrouzos), xusto entre o centro de saúde e o centro social polivalente. Consta de sete máquinas deseñadas para a súa utilización por persoas adultas: pedais, balance, esquí, poni, surf, cintura e temón. As máquinas poden ser utilizadas polos veciños e veciñas de Brión cando e cantas veces queiran, se ben dende o Concello recomendan que cadaquén consulte ao seu médico antes de empregalas. Seguridade Cada unha destas máquinas está preparada para exercitar unha parte concreta do corpo e entre todas elas xeran importantes beneficios tanto musculares como cardiorrespiratorios para os usuarios. Iso si, dende “Altamira” recomendamos que antes de usalos se lle bote un vistazo aos dous grandes paneis 14 | Concello de Brión

de nocellos e xeonllos, o poni fortalece a musculatura de brazos e pernas mellorando as funcións cardíaca e pulmonar. O temón serve para a rehabilitación de extremidades, mentras que o cintura permite reforzar a musculatura lumbar e abdominal. Finalmente, o surf exercita a columna e a cadeira mentres que o esquí fortalece os músculos das extremidades e da Cada máquina ten un tex- cintura, mellorando ambos as to informativo que explica os funcións cardíaca e pulmonar. músculos que exercita, os beneficios que aporta, e tamén as Recomendacións xerais Ao ser un espazo saudable, instrucións para o seu uso. o “Parque Biosaudable Rúa das Así, cada unha das sete má- Pedriñas” conta tamén cun paquinas do “Parque Biosaudable nel informativo da Fundación Rúa das Pedriñas” está pensa- Deporte Galego e do Concello da para exercitar unha parte de Brión que ofrecen recomendo corpo. Mentres o balance dacións a seguir para a práctica fortalece e mellora a axilidade de exercicio físico saudable. informativos que acompañan ás máquinas. Non se trata de meter medo a ninguén, senón de que todos saibamos utilizar os aparellos do modo axeitado e con cabeciña. É dicir, que, se utilizando unha máquina, aparecen síntomas como cansanzo intenso, dor no peito ou palpitacións, iso significa que hai que parar.

Así, recoméndase non utilizar estas máquinas sen antes ter feito exercicios de quecemento, como camiñar 5 minutos a ritmo medio e facer 2 minutos de exercicios de elasticidade muscular. Así mesmo, recomenda sesións de entre 20 e 60 minutos (cinco días á semana) nos aparellos destinados a exercicios cardiorrespiratorios e sesións de forza de 20 ou 30 minutos (2 ou 3 días á semana) nos demais. En ambos casos, recomenda facer exercicios de baixa intensidade e en quendas de 10 minutos. Finalmente, lembra a importancia de facer uns exercicios para estirar os músculos unha vez rematado o uso das máquinas do “Parque Biosaudable Rúa das Pedriñas”.

Xa está en marcha un novo parque biosaudable O parque biosaudable “Rúa das Pedriñas” é a primeira iniciativa deste tipo que se acomete no municipio de Brión, se ben dende o Concello brionés xa está proxectado un segundo parque biosaudable para a terceira idade dentro da gran área de ocio que está a construír preto do campo de futbol. Unhas obras que tamén inclúen un parque infantil

e unha pista de skate para a mocidade e para as que o Concello de Brión conta cunha subvención de 100.032 euros da Deputación Provincial da Coruña. Na actualidade, xa están rematados os traballos de construción do parque infantil e agárdase que as obras de construción do parque biosaudable e da pista de skate poidan comezar en breve.


SERVIZOS SOCIAIS ACTIVIDADES DA GARDERÍA

Magosto para todas as idades Centos de veciños reuníronse no entorno da carballeira de Santa Minia para degustar as castañas, acompañadas con chocolate quente. O magosto non coñece de idades. Así, centos de veciños reuníronse no entorno da carballeira de Santa Minia para degustar este froito, acompañado con chocolate quente para o bandullo e coa maxia de Gusi e a música da Requinta de Xián para o espírito. Unha iniciativa organizada polo Concello e a asociación de mulleres Xuntanza que se vén repetindo nos últimos anos tanto cun maior número de comensais e de castañas (120 quilos este ano) como cunha maior oferta lúdica. E o Concello ben faría en ir aprovisionándose de máis castañas á vista do gusto que lle están a coller os máis pequenos. E é que un total de 78 cativos e cativas da gardería municipal dos Ánxeles celebraron tamén o seu magosto da man dos seus mestres e no que “por primeira vez se uniron tamén os pequenos do turno de tarde, xa que sempre hai máis xente pola mañá e sabiamos que o pasarían moito mellor”, explica Dolores Campos, directora da escola infantil de Brión. Os profesores comprobaron que os pequenos que participaron en edicións anteriores xa se van afacendo ao sabor das castañas, mentres que algúns as descubriron esa mesma mañá. Os meniños, ataviados con cadanseu sombreiro ou diadema de papel coloreados por eles mesmos, paparon as castañas mentres aos seus mestres lles tocaba quizais a tarefa máis ingrata, a de estonalas. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES CERTAME DE PINTURA

Brión convoca a sétima edición do certame de pintura “Novos Valores” Despois do éxito de participación rexistrado en 2009, o Concello mantén a dotación de 3.500 euros destinada a premios.

Bases do certame O prazo de presentación de obras péchase o 15 de xaneiro de 2011. Poden participar mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de temática e estilo libres, e que non fora presentada noutro certame previo. Asemade, establécense unhas dimensións máximas (de 150 centímetros) e mínimas (de 80 centímetros) en calquera dos seus lados, non admitíndose obras cubertas con cristal. Ademais, os traballos poden ser entregados, ben persoalmente na Casa da Cultura, ben a través de calqueroutro medio de transporte (a portes pagos, claro está). Así evítanse os engorros que ocasionaba a obriga de presentar as obras en persoa, como se esixía ata o ano pasado. A documentación a presentar inclúe: formulario de inscrición debidamente cumplimentado, foto a cor da obra presentada, fotocopia do DNI (ou documentación que acredite ao autor como residente en Galicia) e un breve currículum vitae do artista (no que se inclúan o seu enderezo e número de teléfono). As bases e o boletín de inscrición pódense recoller na Casa da Cultura de Brión ou descargar directamente da páxina web: www.concellodebrion.org.

A sétima edición do certame de pintura “Novos Valores” xa está en marcha. Nela poderán participar artistas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Un certame que conta co patrocinio da Fundación Feiraco e co cal o Concello de Brión pretende “contribuir ao fomento das artes plásticas e á promoción dos novos valores da pintura en Galicia”, explica a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez Lamas. Este ano, o Concello mantén as mesmas bases que permitiron relanzar o certame en 2009 e facilitaron a presentación dun total de 52 obras, cifra que cuadruplicou á rexistrada en 2008 (no que apenas se chegou á ducia de traballos). Así, a cantidade destinada a premios mantense nos 16 | Concello de Brión

3.500 euros, que se repartirán entre as dúas categorías establecidas: de 14 a 17 anos (con dous premios de 600 e 400 euros) e maiores de 18 anos (con sendos premios de 1.500 e 1.000 euros). Uns premios que fan que “o certame sexa máis atractivo para os pintores de toda Galicia e poidamos conseguir unha semellante ou maior participación có ano pasado”, apunta Patricia Vázquez. As catro obras premiadas, así como unha selección de todas as presentadas, conformarán unha exposición que o Concello de Brión organizará no Espazo das Artes e que poderá ser visitada entre o 11 de febreiro e o 11 de marzo. A entrega de premios terá lugar instantes antes da inauguración da mostra.

Na edición de 2009, o gañador da categoría xuvenil B (de 18 anos en adiante) foi Óscar Cabana Picado (A Coruña) coa súa obra “Refinería”. O segundo posto foi para Ana Varela Ramos, de Cambre (A Coruña), cunha obra sen titular. Finalmente, a vencedora da categoría xuvenil A (de 14 a 17 anos) foi Paula González Freire (A Coruña), coa súa obra “Jardín hipnótico”. O segundo premio desta categoría foi para Sara Pazo González (Redondela), coa obra “Despois”.


CULTURA E DEPORTES NOVAS TECNOLOXÍAS

O telecentro cumpre un ano situándose no máximo nivel de valoración da rede galega O telecentro de Brión supera todas as expectativas no seu primeiro ano de funcionamento. O 14 de outubro de 2009 inaugurábase na planta baixa da Casa Consistorial o Telecentro de Comunicación do Concello de Brión, nun acto no que estiveron presentes o Secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, e o alcalde de Brión, José Luís García García. Con esta novo servizo, a Secretaría Xeral de Medios e o concello pretendían achegar aos veciños de Brión as novas canles de comunicación que ofrecen as TIC, familiarizándoos cos medios e soportes audiovisuais de comunicación da era dixital na que estamos a vivir.

tima hora das tardes”. No que atinxe ao perfil do usuario, Antonio Casal sinala que “é moi variada pois temos clases de iniciación para nenos de cinco anos ata xente da terceira idade”.

Deses máis de corenta cursos impartidos neste último ano os máis demandados foron os de ofimática. Uns cursos pensados para que os alumnos poidan conseguir as Acreditacións Europeas de Manexo do Ordenador, un certificado oficial da Fundación ECDL (European Computer Driving Licence). De feito, Brión é o único concello de Galicia autorizado O telecentro de comunica- a impartir estas acreditacións, ción de Brión vén de cumprir un ano dende a súa posta en “Agardamos que en xaneiro funcionamento, tempo no que poidamos facer xa a primeria acolleu máis de corenta cur- das convocatorias para os exasos formativos nos que parti- mes destas acreditacións, logo ciparon máis de cincocentos en xuño está pensado facer a alumnos. Atendendo aos datos segunda convocatoria”, adianfacilitados dende a Rede de Te- ta Antonio Casal, que ademais lecentros de Comunicación de de responsable do telecenGalicia, o telecentro brionés tro será o docente encargado figuraría no Nivel 1 (+ de 1000 das devanditas certificacións. h. lectivas), máxima catego- Este certificado suporá un imría onde compartiría ranking portante complemento para con outros centros como o de as actividades formativas en Abegondo, Chantada, Catoi- novas tecnoloxías da informara, A Estrada, Vimianzo, Verín, ción convocadas polo Concello Redondela, Xinzo da Limia ou de Brión, pois mellorarán en Oroso. Todo un éxito, aínda gran medida o currículo do seu máis destacable se cabe por- alumnado e mellorará o seu que estamos a falar do seu pri- acceso ao mercado laboral ao meiro ano de funcionamento. conseguir unha acreditación que ten un recoñecemento a O responsable do telecen- nivel internacional. tro brionés, Antonio Casal, considera que se trata dunha A aposta que polas TIC ven gran noticia para Brión xa que facendo dende hai varios anos “estamos á altura doutros tele- o Concello de Brión -Infobrion. centros que levan funcionan- com é un exemplo disto- podo varios anos e incluso por ténciase agora con este novo diante doutros centros de vilas servizo que ven a consolidar moito máis grandes ca Brión, e unha programación no eido iso que só está a máximo ren- das TIC referencial dende hai demento polas mañáns e a úl- máis dun lustro.

Máis de 160 cativos pedíronlle os xoguetes a Papá Noel por videconferencia Un total de 161 cativos, de idades comprendidas entre os tres e os cinco anos, participaron en varias videoconferenicas con Papá Noel. A iniciativa, posta en marcha polos concellos de Brión e de Oroso que coordinaron os seus telecentros para poder facer estas videoconferencias, permitiu que ningún cativo quedase fóra desta experiencia. Durante aproximadamente media hora, os pequenos puideron falar con Papá Noel e pedirlle os agasallos que desexaban para este Nadal. Este ano estiveron menos falangueiros ca o ano pasado e, como regla xeral, non pediron máis dun ou dous regalos. As Barbies e as Supernenas foron os xoguetes máis demandados polas nenas, mentres que os rapaces decantáronse polos Gormitti e os Bakugan, aínda que moitos pequenos tiraron tamén por agasallos tradicionais como os tragabolas, os coches e os peluches. A xornada pasou sen incidencias, salvo unha pequena chorada dun cativo que se asustou cando o resto dos seus compañeiros berrou para chamar por Papá Noel xa que, como el mesmo admitiu, xa vai velliño e non está ben do oído. Ao rematar, os rapaces recibiron unhas lambetadas de agasallo e marcharon a escribir as súas cartas. Por se acaso. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES DO NADAL

Teatro, música e fotografía protagonizaron o outono cultural de Brión O XIV Festival de Títeres e a cabalgada de Reis pecharán un trimestre de numerosas actividades culturais.

ACTIVIDADES DO NADAL - OBRADOIROS DO NADAL Do 27 ao 30 de Decembro e 3 e 4 Xaneiro

Se setembro é o mes por excelencia de Brión, o último trimestre de cada ano caracterízase polo amplio programa de actividades sociais, culturais e deportivas organizadas dende o Concello. Así, a mostra “Exvotos para Minia” do fotoxornalista compostelán Manolo Blanco abría un amplo repertorio cultural. Corenta e séis fotografías antigas sobre a romería de Santa Minia e a Festa dos Vellos que fixeron que moitos veciños visitasen a mostra para buscárense eles ou os seus familiares e amigos nas distintas instantáneas.

segunda edición das Xornadas Musicais Santa Cecía; ata o clasicismo da Gala de Nadal con Ludmilla Orlova; pasando por espectáculos como “Música no Nadal” ou actuacións da banda municipal de música.

E para os próximos días a cita ten corpo de monicreque, pois Brión acolle a decimocuarta edición do seu Festival de Títeres, entre o 27 e o 30 de decembro. Monicreques de Kukas, Viravolta Títeres, Títeres Seisdedos e Teatro Buratini amenizarán as tardes dos cativos no centro social polivalente. A cita é ás 17:30 horas. A Unha exposición que deu entrada é libre e gratuíta. paso a uns meses cargados de representacións teatrais, denE, como dicta a tradición, de o III Ciclo de Teatro Afec- as Súas Maxestades os Reis cionado “Pedra do Moucho”, Magos de Oriente serán os pasando polos locais Tranga- encargados de pechar o prolleiro Teatro, ata un novo ciclo grama de actividades de Nadal como o “Fegatea Móvete”, coa súa tradicional cabalgaque trouxo por Pedrouzos a da na tarde do 5 de xaneiro. Teatro Rueiro e Teatro Escoita- Como as tradicións están para de. Ao igual que en Ons, as re- cumprilas, a comitiva real saipresentacións foron de balde rá ás 16.30 horas do adro da e resultaron todo un éxito de Igrexa dos Ánxeles, para chepúblico. A representación da garen ao pavillón polidepor“Lingua das Bolboretas” por tivo aproximadamente media parte da compañía profesional hora despois. Será o punto e Teatro do Andamio pechou os final a un intenso trimestre de escenarios de Brión por este actividades. Aínda que quizais ano. sería máis correcto falar de punto e seguido, pois en nada Mais tamén houbo tempo chegarán os Novos Valores para a música, en todos os para abrir o programa de acseus estilos e facetas. Dende tividades para 2011. Porque a a parte máis académica, coa cultura non se pode parar. 18 | Concello de Brión

- XIX CONCURSO TARXETAS DE NADAL Ata o 23 de Decembro

- MUSICA “TEMPO DE NADAL” Xoves 23 ás 20 hrs. no Centro Social Polivalente

- XIV FESTIVAL DE TÍTERES Centro Social Polivalente ás 17:30 hrs. LUNS 27 - Monicreques de Kukas “Un agasallo para Xaquín” MARTES 28 - Viravolta Títeres “Hip, Hip, Hurra” MÉRCORES 29 - Títeres Seisdedos: “Varietés” XOVES 30 - Teatro Buratini “O pazo de papel”

- CABALGADA DE REIS Día 5, Pavillón Polideportivo, a partir das 17 h. Saída Adro de Os Ánxeles


CULTURA E DEPORTES TEATRO AFECCIONADO

Trangalleiro Teatro triunfa coa súa primeira gran obra e prepara actuacións pola comarca Este grupo de teatro afeccionado está composto por 9 veciños de Brión, de entre 50 e 65 anos de idade Non cabía nin un cravo máis, nin de prata nin dos de andar por casa. E é que máis de 170 veciños e veciñas de Brión ateigaron o auditorio do centro social polivalente para asistiren ás dúas representacións da obra “Os cravos de prata”, posta en escea polo grupo de teatro afeccionado local Trangalleiro Teatro. De feito, a sala mesmo quedou pequena para o gran número de persoas que acudíu, polo que non foron poucos os que quedaron de pé para poder ver a obra. A directora, Elisa Iglesias Framil, sinala que “foi un gran éxito. A xente respondeu sorprendentemente ben, pois non só había adultos senón tamén moitos nenos, cousa que non agardabamos”. Con respecto aos actores, nove veciños e veciñas de Brión de idades comprendidas entre os 50 e os 65 anos, Iglesias Framil apunta que “están xa desexando actuar polo mundo adiante. Os seis que xa actuaran o ano pasado estaban supertranquilos e iso animou ás tres veciñas que se estreaban con esta obra”. A obra é unha comedia, duns 50 minutos de duración, que transcorre nun velorio e que narra as pelexas entre a muller e as fillas dun finado polos cartos da súa herdanza. “Os decorados, o vestiario, todo o atrezzo, menos as estruturas de aluminio, foi feito olos propios actores ou polos seus familiares, como o fillo dun dos protagonistas que chegou a facer un ataude en madeira”, explica Elisa Iglesias. Agora Trangalleiro Teatro está a falar con concellos da comarca de Santiago para poder representar “Os cravos de prata”, peza de Nicolás Bela na que levan 13 meses ensaiando, diante doutros auditorios. Polo momento, xa teñen confirmada unha actuación: no Castiñeiriño (Santiago) o sábado 15 de xaneiro de 2011. De aquí a El Liceo aínda quedan algúns pasiño, mais todo se andará.

O moucho de Ons éche moi teatreiro

O gusto dos veciños e veciñas de Brión polo teatro é innegable. A uns, como aos de Trangalleiro Teatro, dáselles por representalo mentres que outros prefiren asistiren ás distintas actuacións que teñen lugar periodicamente en Pedrouzos. Pero como non hai dous sen tres, nestes tres últimos anos a asociación cultural e deportiva “Pedra do Moucho” está a organizar con gran éxito un ciclo de teatro afeccionado. Un ciclo no que todo semella que foi chegar en encher. E non o dicimos só pola media de cen veciños que ateigan o teleclube de Ons en cada representación, senón tamén polo gran nivel dos participantes de cada ano. Nesta última edición, os veciños puideron disfrutar de tres pezas presentadas pola asociación cultural Candelexas (Noia), Teatro Badius (Zas) e Ullán Teatro (Vedra). Así as cousas, todos quedamos á espera da cuarta edición, para a que seguro que os veciños de “Pedra do Moucho” volverán contar coa colaboración do Concello de Brión, da Federación Galega de Teatro Afeccionado e da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES OUTRAS ACTIVIDADES

O Concello organiza unha viaxe a Portugal o vindeiro mes de febreiro Está dirixida a veciños de entre 35 e 65 anos que deberán anotarse antes do 14 de xaneiro. O Concello organiza unha viaxe a Portugal para os vindeiros 5 e 6 de febreiro de 2011. Dirixida a veciños e veciñas de entre 35 e 65 anos de idade, así como as súas parellas, a viaxe inclúe visitas ás localidades de Guimaraes, Póvoa de Varzim, Braga e Santa Luzía. A expedición sairá de Brión o sábado 5 de febreiro con destino á vila de Guimaraes, onde terá lugar un xantar despois de visitar o casco histórico da cidade, o seu castelo e o pazo dos Duques de Bragança. Xa pola noite, os brioneses disfrutarán dunha cea buffet e baile no Casino de Póvoa de Varzim, con aloxamento en habitacións dobres do Gran Hotel de Póvoa. Despois de repoñer forzas cun almorzo no Gran Hotel de Póvoa, a expedición sairá cara Braga, onde visitarán o santuario do Bom Jesús. Tras xantar, os veciños farán unha última parada no santuario de Santa Luzía antes de emprender a volta a Brión. O prezo da viaxe, que inclúe as comidas, o aloxamento e a entrada ao baile no Casino de Póvoa, é de 145 euros por O gran hotel de Póvoa do Varzím será onde os excur- persoa. As inscricións poderán formalizarse no centro social sionistas desfrutaran dunha cea baile, ademais do polivalente, ou por teléfono no número 981 50 99 10, antes do vindeiro 14 de xaneiro, en horario de 8:30 e 14:00 horas. aloxamento e o almorzo do día seguinte.

q

Catorce alumnos rematan un curso de formación profesional de empregado de oficina de máis de 800 horas Máis de oitocentas horas lectivas. Algúns másters non chegan nin á metade da esixencia do curso de formación profesional ocupacional de empregado de oficina celebrado en Brión entre os meses de maio e novembre. Catorce veciños e veciñas remataron os doce módulos formativos e agora están á espera de que a Xunta de Galicia lles faga chegar o correspondente certificado. Organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, este curso está incluido no Plan AFD. As clases organizáronse en 12 módulos, abarcando así diferentes contidos dende técnicas administrativas de oficina ata aspectos administrativos de xestión empresarial. Así, os alumnos aprenderon mecanografía, informática e ofimática básicas, o manexo de aplicacións informáticas de xestión empresarial e mesmo recibiron consellos para orientarse profesionalmente no mercado de traballo. 20 | Concello de Brión

q

A aula do Centro Social Polivalente acolleu durante máis de 800 horas aos alumnos que realizaron o curso de empregado de oficina.


HISTORIAS E LENDAS

Unha de burros

Un dos últimos burros dos que se tivo constancia na aldea do Alqueidón parroquia dos Ánxeles.

q

Onde van aqueles anos en que nalgún cortello de todas as casas orneaba un burro? É que na tradicional economía campesiña de hai cincuenta ou sesenta anos para atrás o gando asnal era un elemento fundamental: o burro coñecía todos os camiños do entorno aldeán, incluso os máis inaccesibles; ía co gran ao muíño, carrexaba a herba do gando que se cadra el apenas cataba, turraba do sacho das patacas e do millo, levaba ás feiras da contorna os frutos que se habían de vender, cargaba cos avíos que se mercaban para a casa, e se cadra traía tamén ao dono ou á dona ás costas. O burro era sempre animoso para o traballo e parco no tocante á mantenza: igual admitía un mando de herba bizosa coma depenicaba polas gabias as puntas das silveiras sen dono… Unha familia de caseiros podía estar sen gando vacún por non ter con que mantelo ou por carecer de posibles para mercalo, pero nunca faltaría algún burriño, por pequeño que fora: cabía en calquera sitio, aínda que fora á intemperie, e comía calquera cousa. Os burros nunca gozaron de consideración: polo contrario, sempre estiveron no derradeiro chanzo da escala social; xa di o refrán que “de burro abaixo non hai peor besta”. Son o símbolo da humildade, da baixeza. Por algo se pon o burro no portal de Belén ao pé do neno Xesús… Nada que ver coa fachenda que producía nunha casa dispoñer dunha boa besta ou dun cabalo lucido. O burro gañou unha sona inxusta: ata se ten convertido no símbolo da ignorancia, cando é un animal moi intelixente, que é capaz de comprender ata vinte ordes distintas. Aínda así, houbo burros famosos que acadaron un lugar na historia da literatura. Pénsese, por exemplo, no Asno de ouro,

de Apuleio, a primeira novela da literatura latina que conta as aventuras dun tratante de Corintio convertido en burro por arte de maxia. Ou o Rucio, compañeiro inseparable de Sancho Panza. De tempos máis recentes é Platero, de Juan Ramón Jiménez, o entrañable burriño “pequeno. peludo, suave; tan mol por fóra, que se diría todo de algodón, que non leva ósos”. Entre nós, o gando asnal, concretamente o do xénero feminino, tivo unha importancia significativa como actividade complementaria dos tratamentos terapéuricos que proporcionaba o balneario do Tremo. Boa parte dos usuarios das salutíferas augas do Tremo acostumaban a completar o tratamente termal cunhas tomas diarias de leite de burra, proporcionada pola abundante cabana asnal existente no contorno. Efectivamente, o leite de burra, ademáis das súas cualidades cosméticas coñecidas dende a antigüidade (é famoso o caso da raíña de Exipto Cleopatra, que adoitaba tomar baños neste líquido), ten unha grande riqueza de nutrientes e moi boa dixestibilidade, ideal para esgotamentos, debilidade, desnutrición e estados carenciais; mellora o sistema inmunolóxico; tamén ten aplicación contra o estreñimento, as alerxias e os desequilibrios da flora intestinal. Así é que concurrían a cotío á porta do balneario os propietarios coas súas burriñas para subministralles aos bañistas que llela quixesen mercar a dosis axeitada de leite que muxían directamente diante do cliente. O servizo funcionou próspero mentras o vello balneario estivo en actividade, ata os anos cincuenta do século pasado e, nos momentos de esplendor foi unha fonte de ingresos para a comarca. Revista Altamira | 21


PASATEMPOS

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

Un pouco de humor...

22 | Concello de Bri贸n

SUDOKU DIFICIL


ULTIMA PÁXINA

CURIOSIDADES: O apalpador

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas. Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes: Vaite logo, meu meniño (miña meniña) marcha agora para a camiña Que vai vir o Apalpador a apalparche a barriguiña.

Mañá é dia de cachela, que haberá gran nevarada e há vir o Apalpador cunha mega de castañas.

Xa chegou o día grande día do noso Señor. Xa chegou o día grande e virá o Apalpador.

Por aquela cemba xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aguinaldo. cachela=plancha furada para asar as castañas mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño

BRIÓN NA PRENSA 21/12/2010 | Tempo de paz e... chamadas a Laponia. 23/11/2010 | Parques biosaludables e de ocio para os brioneses. 09/11/2010 | O teatro afeccionado centra este mes a programación cultural do Concello de Brión.

21/12/2010 | O telecentro brionés cumpreun ano con corenta cursos organizados e mil horas de formación. 20/12/2010 | Brión terá 144 vivendas protexidas e Fomento pagará a urbanización do solar. 23/11/2010 | Brión convoca o certame pictórico Novos Valores, que destina 3.500 euros a premios.

20/12/2010 | Brión pecha o convenio que permitirá construír 144 VPO. 23/11/2010 | Pedra Moucho baixa o telón con éxito de público. 18/11/2010 | Brión apoia un plan de construción de vivendas antisísmicas en Haití. Revista Altamira | 23


sabias sabias que... que... fai o demo na Noiteboa? No concello de Vinhais (Portugal), lindante co da Mezquita (Ourense) dise que a noite da consoada (Noiteboa) algúns van ao monte coller érbedos (érvedos, medroñeiros, erbedros, esbedros, erbedeiras, moroteiros, morongueiros, morodoeiros, amoroqueiros ou albedros) e logo déixanos ao orballo da noite a ver se vén o demo catalos. Non se recomenda comer máis dun froito cada vez pois teñen moito alcohol e son alucinóxenos; na Fonsagrada chámanlles “borrachiños”. Polo visto é na Noiteboa cando o demo abanea os érbedos para roubar os froitos, mais hai que ter moito tento pois penéiralles por riba unha poalla cor púrpura, seica fabricada nas mesmísimas fornalhas do Inferno. Segundo a mitoloxía grega o érbedo xermolou do sangue verquido por Xerión cando o matou Hércules; en Roma este arbusto, símbolo da inmortalidade, estaba consagrado á ninfa Cardea.

25anos

NOVO ENDEREZO

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.