78 - ALTAMIRA Nº 78

Page 1

Altamira Nº 78 - MAIO DE 2010 - ANO XXIV

maio10

Revista Municipal do Concello de Brión

I RUTA BTT ESFOLA ARRÓS

342 ciclistas en Brión Transporte metropolitano Tarifa única do transporte metropolitano para todos os veciños de Brión PAX. 4

Domingos Guzmán Escoitar falar ao Ruso nunha das mesas do seu establecemento en Ons é como volver a tempos pasados. PAXS. 12 - 13


os nosos

enderezos

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Litonor Artes Gráficas Mail: revistaaltamira@infobrion.com

B I BLIOTECA MUNICIPA L C arballeira de Santa Min i a , n º 5 1 5 865 - Brión T el./Fax.: 981 50 99 69

C EIP PEDROUZOS R úa Paseo de Pedrouzos , n º 5 1 5 865 - Brión T el./Fax.: 981 88 70 80

Repásase tamén o que deu de si a oferta cultural e deportiva da primavera e adiántase a programación estival...

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

E SCOLA INFANTIL MUN I C I P A L A gro Novo, nº 125 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 77 42

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A vda. dos Ánxeles, nº 36 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 72 01 F ARMACIA NUÑEZ PER E Z , B . A vda. de Santa Minia, nº 7 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 30 G ARDA CIVIL R úa das Pedriñas, nº 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 11 I ES BRIÓN R úa Paseo de Pedrouzos , n º 2 1 5 856 - Brión T el.: 981 88 18 17 T el.: 981 88 58 99 O FICINA DE URBANISM O C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 06 F ax.: 981 88 74 31 P OLICÍA LOCAL C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 89 34 74 F ax.: 981 88 74 31 P OLIDEPORTIVO MUNIC I P A L L amiño, s /n 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 76 53 S ERVIZO DE AUGAS U rb. Agro Novo, nº 126 B a i x o 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 78 51 S ERVIZO DE EMERXENC I A S L amiño, s /n 1 5 865 - Brión T el.: 629 87 15 42 F ax.: 981 88 75 23 X ULGADO DE PAZ R úa das Pedriñas, nº 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 72 71

2 | Concello de Brión

Finalmente, pola súa trascendencia de cara ao futuro do noso idioma como seña de identidade de Galicia, e ao fío do celebración do día das letras galegas, analízase o decreto co que o goberno autónico ameaza rebaixar a súa incidencia no ensino. RECIBAN UN CORDIAL SAUDO

Pax. 3 REPORTAXE Paxs. 4 - 11 ACTUALIDADE

contidos

E SCOLA MUNICIPAL DE M Ú S I C A A vda. de Santa Minia, nº 7 0 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 08

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Este número de primavera de 2010 tráenos, en primeiro lugar un repaso á actualidade que nos afecta máis directamente: as importantes melloras no TRANSPORTE METROPOLITANO, os plans de FENOSA para mellorar o servizo eléctrico en varios núcleos dos Anxeles, o proxecto de desdobrar o corredor BRION-NOIA, sumado á reivindicación do concello de Noia para que o recoñezan como PORTO DE COMPOSTELA...

C ASA DO CONCELLO C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 06 F ax.: 981 88 74 31

C ENTRO SOCIAL POLIV A L E N T E A vda. de Santa Minia, nº 4 6 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 10 F ax.: 981 50 99 78

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C ASA DA CULTURA C arballeira de Santa Min i a , n º 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 08 F ax.: 981 50 99 69

C ENTRO DE SAUDE R úa das Pedriñas, nº 3 1 5 865 - Brión T el. Liña 1: 981 88 77 01 T el. Liña 2: 981 88 77 02

Altamira

Paxs. 12 - 13 BRIONESES Paxs. 14 - 15 SERVIZOS SOCIAIS Paxs. 16 - 20 CULTURA E DEPORTE S Pax. 21 HISTORIAS E LENDA S Pax. 22 PASATEMPOS / HUM O R Pax. 23 CURIOSIDADES / NA P R E N S A


REPORTAXE O DEBATE SOBRE O IDIOMA

O decreto do galego: un “agasallo” no Mes das Nosas Letras A Xunta retira a consulta aos pais sobre a elección de lingua e impulsará unha nova lei antes de que finalice a lexislatura. Disque árbore que nace torta, non endereza xamais. E iso semella que lle está a pasar ao decreto do galego. As primeiras bases do mesmo foron dadas a coñecer ás presas, coas uvas enriba da mesa e case que entre badalada e badalada de fin de ano. Agora, o decreto apróbase na mesma semana na que se celebra o Día das Letras Galegas, todo un agasallo para as nosas letras. Como dicía o personaxe de Karra Elejalde en “Airbag”: “non son maneiras, son alardes”. Moito se ten escrito, falado, berrado, mentido, esaxerado, manifestado... ao longo destes meses sobre o idioma. Nótese que non empregamos a expresión “conflito do idioma” pois conflito, non había ningún: cadaquén falaba no idioma que quería e a lingua era utilizada na súa primeira finalidade primordial, a de facilitar a comunicación entre os seres humanos. Basta con baixar á rúa para comprobalo: un fala en galego, outro responde en castelán e ninguén con dous dedos de fronte se sinte nin atacado nin ofendido. O que pasa é que en ocasións o uso que se fai das palabras é semellante ao que se fai dos números na estatística: que ao final terminan dicindo o que un quere que digan. Así, deixando a un lado as opinións duns e doutros, o certo é que a Xunta vén de aprobar un decreto do plurilingüismo, que entrará en vigor o próximo curso, e que contempla un equilibrio entre galego e castelán (e mais a introdución progresiva do inglés) e no que finalmente non haberá consulta aos pais sobre a elección da lingua. E é que a somanta do Consello Consultivo de Galicia, que mesmo vislumbraba indicios de ilegalidade nalgúns dos artigos do decreto, obrigou a retirar a consulta aos pais en Primaria e Secundaria. En infantil aínda está por ver se finalmente vai adiante, pois a Xunta ameaza con cambiar a lei para posibilitar a consulta.

go como dos que reivindicaban a defensa do castelán). De nada valeu tampouco a proposta enviada polo Concello de Brión de que se reconstituíse o consenso social e político en torno á lingua, recuperando o consenso acadado na aprobación do decreto 124/2007, de 28 de xuño, de De nada serviron as protestas da Real promoción do galego no ámbito educatiAcademia Galega, do Consello da Cultura vo. Todo isto queda en auga de borrallas. Galega, dos profesores, dos sindicatos, dos partidos políticos, de milleiros de gaO novo decreto abre agora as portas legos nin de plataformas creadas para a a moitos interrogantes para o próximo ocasión (tanto dos que pedían máis gale- futuro, en especial para o da lingua ga-

lega. Que pasa coa consulta aos pais? Como se vai introducir “progresivamente” un inglés que nin os profesores falan. Que asignaturas se van dar en galego e cales en castelán? Acadarán os rapaces galegos competencias lingüísticas en galego ou volveremos aos tempos no que o castelán era a lingua dos señoritos e o galego o dos pailáns?... moitas preguntas para un decreto que, cando menos en teoría, debería marcar as regras do xogo pero que, nesta ocasión, semella non rematou de contentar a ninguén.

Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE TRANSPORTE

Tarifa única do transporte metropolitano para todos os veciños de Brión O convenio subscrito polo Concello e a Xunta suporá aforros de ata máis de 2 euros para os veciños da parte alta.

Despois de moitas horas de reunións e de negociacións, semella que desta vez o transporte metropolitano deu o seu salto adiante definitivo. Os concellos e a Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento do transporte metropolitano na comarca de Compostela. Un convenio que permitirá que todos os veciños de Brión paguen 0,72 céntimos polo billete, un prezo igual para todos independentemente do lugar onde vivan. O alcalde Xosé Luís García explica que “isto vai supoñer un importante aforro para os veciños de Brión, especialmente para os que residen nas parroquias da parte alta do municipio xa que, por exemplo, un billete dende Cornanda que custaba 3,05 euros, con este acordo pasa a custar 0,72 euros como viñan aboando, por exemplo, os veciños dos Ánxeles”. Un aforro ao que haberá que sumar tamén a posibilidade de poder coller co mesmo billete un autobús urbano, unha vez en Santiago, así como as distintas tarifas especiais para grupos como terceira idade ou estudantes, que contan cunha importante aportación municipal.

4 | Concello de Brión

Este convenio recolle un apartado moi especial, do que só poden disfrutar os veciños de Brión e os de Teo, pois son os únicos municipios que puideron incluír no convenio liñas de interese municipal, é dicir, autobuses que percorren o interior de ambos municipios. A maiores, este convenio supón tamén un incremento das frecuencias dos autobuses que cubren a liña Chave da Ponte-Os Ánxeles-Santiago.

O Concello dispón na súa web un espazo onde se poden consultar todas as liñas e horarios.


ACTUALIDADE SERVIZOS

Fenosa instalará catro centros de transformación para solventar os problemas de subministración eléctrica A compañía achaca a fortes tormentas eléctricas na zona os cortes de servizo producidos a finais de febreiro e na primeira semana de marzo. Cando se fala en Brión de problemas de abastecemento eléctrico, como se di popularmente, chove sobre mollado. En primeiro lugar, porque se trata dun problema que vén de vello, como ben saben moitos particulares, hostaleiros e empresarios que levan tempo denunciando estes cortes que afectan á súa calidade de vida. E en segundo lugar, neste caso a metáfora está aínda mellor traída pois, segundo Unión Fenosa, foron precísamente as fortes tormentas eléctricas sufridas na zona as responsables dos últimos cortes de servizo que, encenderon os ánimos de todos nos meses de febreiro e marzo. Unhas queixas que o Concello trasladou tanto a Unión Fenosa como á Xunta de Galicia e á propia Organización de Consumidores e Usuarios e que desta vez semella que non caeron en saco roto. Así, o xefe de Distribución de Unión Fenosa na Coruña, Juan Ramón Guijarro Castro, confirmoulle ao alcalde Xosé Luis García que “está prevista a instalación de catro centros de transformación nos lugares de Buio, Piñeiro, Souto e Sanín co fin de mellorar a calidade da subministración eléctrica no concello de Brión”. Xosé Luís García espera que “Unión Fenosa cumpra agora coa súa palabra” e que a instalación destes catro transformadores se faga canto antes, xa que “Fenosa confirmounos que a instalación destas instalacións xa está adxudicada dende hai tempo”. Sobre os cortes sufridos a finais de febreiro e durante a primeira semana de marzo en Os Ánxeles (concretamente en Piñeiro, Gontade, Buio e Cabanas), Bastavales e Liñares, a eléctrica xustifica que estiveron motivados polas fortes tormentas eléctricas rexistradas eses días. Uns contratempos que mesmo provocaron a caída duns eucaliptos sobre a liña eléctrica de Trasouteiro, que en parte tivo que ser levantada.

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE DESPEDIDA

SERVIZOS

Relevo na Secretaría do Concello Javier Nieves substitúe a Raquel Bahillo, que en apenas un ano gañara o aprecio dos veciños e da corporación de Brión.

Novos salvaescaleiras para o concello e a casa da cultura

Se suprimir as barreiras arquitectónicas é unha obriga para calquera Administración, facer que ese acceso sexa o máis doado tamén é moi importante.

Raquel Bahillo, no centro, agora desenrola o seu traballo ao cargo da Secretaría do Concello de Noia A unanimidade é unha especie en perigo de extinción en case que todos os ámbitos, especialmente no político. Por iso, cando esta aparece, é digna de ser destacada. Como aconteceu o pasado mes de abril coa despedida da secretaria do Concello de Brión, Raquel Bahillo Varela. Despois de case un ano traballando en Brión e de substituir a María Luísa López, todo un referente no mundo do secretariado que estivera 36 anos á fronte do cargo en Brión, Raquel Bahillo deixou o cargo entre o aplauso e o agradecemento de todos os que traballaron con ela: políticos, funcionarios e veciños. De feito, a súa última sesión plenaria servíu para recibir un recoñecido homenaxe dos tres grupos municipais. “Raquel fixo un traballo fantástico e o trato humano foi insuperable, polo que quero

6 | Concello de Brión

que conste en acta”, apuntou o alcalde Xosé Luís García. Un agradecemento ao que se sumaron tanto o voceiro do PP, Carlos Tomé, quen destacou que “foi profesional no trato e estivemos moi contentos con ela”; como o voceiro do BNG, Xesús Pena, que definíu a Raquel como “unha boa profesional que facilitou o acceso á toda a documentación que pedimos” e desexou que “quen veña poida igualar o seu traballo”. Pois o recén chegado é Javier Nieves González, veciño de Santiago e que procede do Concello de Porto do Son. Javier, que xa ten a praza en propiedade, agarda “facer o meu traballo o mellor posible, ser coherente e traballar con responsabilidade e adicación”. Dende Altamira desexámoslles o mellor a ambos.

Por iso, o Concello vén de substituir os seus antigos salvaescaleiras na casa consistorial e na casa da cultura por uns novos e máis eficientes. Porque de nada vale dispoñer deste tipo de aparellos cando apenas son utilizados polas complicacións que supón o seu funcionamento. As novas plataformas salvaescaleiras a disposición dos veciños que o precisen son uns aparellos de última xeración, totalmente silenciosos, cómodos e seguros para os seus usuarios. Os traballos, orzamentados en máis de 29.000 euros, foron financiados con cargo ao Plan Especial de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas da Deputación da Coruña. Deste xeito, o Concello segue a mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida ás instalacións municipais. Outros edificios como o centro social polivalente, o recén estreado espazo das artes ou a futura casa do concello xa contan coas pertinentes ramplas de acceso e ascensores.


ACTUALIDADE

Sae a licitación o desdoblamento do corredor Brión - Noia A autovía Santiago-Brión é a vía de altas prestacións con maior tráfico de Galicia

A Xunta de Galicia vén de sacar a licitación o proxecto para desdobrar o corredor Brión-Noia, vial que estará rematado a finais de 2012, por un importe de preto de 400.000 euros. Deste xeito, o corredor Brión-Noia, que na actualidade se está a executar cun único carril en cada sentido, pasaría a contar coas mesmas características que a actual autovía Santiago-Brión (AG-56). O prazo para participar neste concurso está aberto ata o 22 de maio e o proceso para estudiar as distintas propostas iniciarase no mes de xullo. Como a empresa elixida disporá dun ano de prazo para presentar a súa proposta, o deseño final do corredor Brión-Noia non se coñecerá ata o verán de 2011, como moi pronto.

Os aseos do campo de fútbol de Brión estarán listos antes do verán

separan Brión de Noia. Uns traballos orzamentados nuns oitenta millóns de euros, cun prazo de execución de 30 meses e que entrará en servicio a finais de 2012. Na actualidade, xa están rematadas as estruturas do tramo Brión-Martelo, de 9,3 quilómetros de lonxitude e que inclúen os viadutos de Naveira, Pasares e Sampaio. Boa proba da importancia que terá a entrada en funcionamento do tramo Brión-Noia témola nos datos de intensidade de tráfico de 2009. Uns datos que indican que a autovía Santiago-Brión foi a vía autonómica de altas prestacións máis utilizada de toda Galicia, rexistrando unha intensidade media diaria de 24.759 vehículos.

Unha boa noticia para todos os veciños É dicir, 2.300 vehículos máis ao día que da comarca, pois suporá unha importan- os rexsitrados no 2008, o que supón absorte mellora sobre as obras que están en ber máis do 62% do tráfico entre Noia e marcha para unir os 18,2 quilómetros que Santiago.

As obras de construción de aseos e de instalación dunha marquesina metálica para cubrir o graderío do campo de fútbol de Pedrouzos (Brión) estarán rematadas antes do verán. A empresa adxudicataria, Alcomte Galicia SL, está a traballar arreo para reducir o prazo de execución dos traballos, fixado inicialmente en 18 semanas. As obras marchan a un bo ritmo. Xa está rematado o exterior dos baños públicos, que están situados na entrada principal do campo e teñen unhas dimensións de 43,5 metros cadrados. Ademais, estase a traballar na cubrición metálica das gradas, que supón unha ampliación lonxitudinal da marquesiña xa existente atao os 35 metros de longo, é dicir, 20 metros máis ca construída na primeira fase das obras. Estes traballos están orzamentados en 58.000 euros, dos que a Deputación da Coruña subvenciona 48.822 euros grazas a un convenio de colaboración asinado polo alcalde Xosé Luís García e o presidente provincial, Salvador Fernández Moreda.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE PREMIO EUROPEO

Dous veciños de Brión, exemplo europeo de desenvolvemento sostible Alvarella Ecoturismo SL acadou un galardón nos Premios Europeos de Medio Ambiente á Empresa. Turismo rural e educación ambiental Alvarella Ecoturismo SL é unha empresa que xestiona un albergue turístico rural, que dispón de 68 prazas, situado no concello de Vilarmaior, preto do parque natural das Fragas do Eume. Un albergue que é un equipamento de educación ambiental (recoñecido polo Centro Nacional de Educación Ambiental), aula de natureza e entidade de educación ambiental (Xunta de Galicia).

Endesa, Gamesa, Indra, OHL, Ferrovial, Sanitas e Alvarella Ecoturismo SL. Aínda que a simple vista non o pareza, todas elas teñen algo en común: o seu firme compromiso co desenvolvemento sostible. Por iso todas elas acaban de recibir un dos Premios Europeos de Medio Ambiente á Empresa que cada dous anos outorga a Fundación Entorno-BSCD España co apoio do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino e a Fundación Biodiversidad.

“pero é unha gran satisfacción ver que nos premian xunto con grandes empresas con centos ou milleiros de traballadores porque demostra que leron o noso proxecto, gustoulles e nos deron este premio”. E iso que os xuízes tiveron máis de 110 candidatos entre os que elixir. Sen embargo, esta sensación non é ningunha novidade para esta empresa, que xa está afeita a recibir recoñecementos polo seu respecto ao medio ambiente. Así, xa foi galardoada no 2008 co terceiro “Premio Galicia ás Pemes Galegas Sostibles” e “somos o único establecemento turístico de Galicia, e o único albergue turístico de España, con Ecolabel”, lembra Dolores Rodríguez.

Unhas distincións acaparadas polas grandes empresas españolas, pero entre as que nesta edición se coou un invitado inesperado e con raíces en Brión. E é que Alvarella Ecoturismo SL está promovida por dous veciños de Brión, Dolores Rodríguez e Xesús Pena, que no ano 2000 decidiron poñer en marcha un albergue Agora, co accésit na categoría “Proturístico e un equipamento de educa- duto para o desenvolvemento sostible” ción ambiental preto dun dos pulmóns no peto, estes dous veciños de Brión esverdes de Galicia: as Fragas do Eume. tán á espera de ter que facerlle un oco ao premio europeo, que se dará a coñe“Non era un premio esperado en cer o vindeiro 2 de xuño. Con indepenabsoluto”, recoñece Dolores Rodríguez, dencia do que decida o xurado, este maque recibiu o galardón de mans das Súas trimonio de Brión xa ten moito gañado. Altezas Reais os Príncipes de Asturias, E o noso medio natural, máis todavía.

8 | Concello de Brión

Un proxecto que naceu dunha decisión moi simple: “tiñamos unha casa da aldea dos meus avós e decidimos poñela para uso público”, explica Dolores Rodríguez. Dende entón, os seus 7 empregados encárganse de impartir actividades de educación ambiental que versan en torno a catro grandes temas: o bosque, a auga, a enerxía e o patrimonio cultural. “En principio a xente é moi receptiva”, apunta Rodríguez, “pois facemos un tipo de actividades participativas. Non son conferencias ou presentacións, senón que facemos bolsas aromáticas, facemos visitas guiadas ás Fragas do Eume, temos a posibilidade de que os asistentes fagan queixo ou pan pola súa conta, ou que se acheguen á cociña solar ou á xestión de residuos”. E é que esta experiencia piloto en Galicia, onde non existe ningún outro equipamento privado destas características e dimensións, non só é un aloxamento, senón tamén un centro de aprendizaxe na cultura ambiental. E detrás dunha iniciativa semellante non é de extrañar que estean dous veciños dun concello verde como Brión.


ACTUALIDADE ANO XACOBEO

Brión reivindica a delimitación do camiño Xacobeo entre Noia e Santiago O Camiño de Noia pasaba por Brión moi próximo á actual estrada Santiago-Noia

Adóitase dicir que todos os camiños levan a Roma, máis nestes tempos do Xacobeo o máis correcto sería dicir que moitos deles acaban en Compostela. O problema é que con moitas destas vías acontece o mesmo que coas estradas mal coidadas: que a natureza se abre camiño e onde había unha estrada asfaltada, cos anos, acaba convertíndose nunha toxeira máis.

cello de Noia e as tres patronais noiesas (Noia Histórica, Punto Comercial San Lázaro e Asociación de Empresarios) veñen de pór de novo sobre a mesa o debate: para cando o recoñecemento do Camiño de Noia? E para iso realizaron unha peregrinación a Compostela co gallo da celebración de Santa Rita.

En pleno século XXI, e aínda que sexa difícil de asumir, esta mesma situación acontece co Camiño de Santiago. Ata hai poucos anos nin sequera existía unha protección legal para o camiño máis senlleiro: o Francés. Pero é que, a día de hoxe, rutas recoñecidas como o Camiño Inglés (que une Ferrol con Compostela) ou a ruta da Prata (que parte de Andalucía) contan con gran parte do seu trazado sen delimitar e, polo tanto, totalmente desprotexido.

Unha reivindicación que o Concello de Brión comparte na actualidade, pero que non é unha novidade. O cronista social de Altamira, Luciano Pena, escribía sobre “Brión nos camiños de Santiago” nesta mesma revista, só que vinte números atrás (aló por outubro de 2003). E é que se agora recoñecemos que Noia é a praia de Compostela, aló pola Idade Media Noia era o porto de Santiago, sobre todo dende que no século XII deixaron de atracar barcos en Padrón.

E se iso acontece nas alternativas máis recoñecidas, que dicir das demais rutas? Pois que aí están: esquencidas sobre o terreo e gañando po nos libros de historia. Isto é o que lle acontece ao Camiño, precisamente, ao seu paso por Brión. O Con-

“Se tanta foi a importancia do porto noiés vinculado á cidade do Apóstolo, igual de importante tivo que se-lo camiño que unía as dúas poboacións”, argumentaba xa daquela Luciano Pena, quen lembraba que “boa parte dos peregrinos que acce-

dían a Santiago deberon vir a traveso do porto noiés. Algunhas lápidas sepulcrais da igrexa de Santa María a Nova así o testemuñan”. De feito, mesmo se atrevía a fixar o propio trazado do Camiño de Noia, “próximo á actual estrada pero con importantes variacións: dende Bertamiráns entraba polo Tremo, deixando o balneario á esquerda; metíase ó medio da aldea do Alqueidón cara a Fonte de Santo Antón pola actual rúa de Santiago e subía ao Carregal, a Buio e Lago; en Gundín atravesaba a estrada actual baixando ao río Pego, que vadeaba en Porto Manle e subía á Pedreira pola marxe esquerda do río”. Incluso nesta contorno, en Paradela, houbo unha pousada para auxilio dos viandantes. Ao igual que entón, Brión segue a reivindicar a súa parte nas rutas de pelegríns cara Compostela. Non só coa parte do Camiño Portugués que discorre por Beca e as cercanías do Castro Lupario, senón tamén con este esquencido Camiño de Noia que é preciso marcar e promover como vía tradicional de pelegrinos.

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE NOVAS TECNOLOXÍAS

BriónTV ofrece aos internautas un arquivo de vídeos relacionados con Brión “As últimas entradas rexistradas en BriónTV teñen que ver co mundo do deporte, concretamente coa primeira marcha BTT dos Esfola Arrós”

Imaxe da portada da nova web brionTV á que se pode acceder dende a web municipal e onde se recollen numerosos videos relacionados co Concello. Amosar as excelencias de Brión a todos os internautas do mundo a través de vídeos relacionados co municipio. Ese é o obxectivo de BriónTV, un portal web posto en marcha polo Concello e que pretende “recoller unha escolma de vídeos de diferentes ámbitos como a cultura, os deportes, as infraestruturas ou a vida cotiá para amosarlle ao internauta o que acontece no día a día de Brión”, sinala Julio Mallo Nieto, técnico municipal de novas tecnoloxías.

con Brión, que ao longo dos anos constituirán de seguro unha riqueza dixital de gran valor”, apunta Mallo Nieto.

Calquera persoa que queira ver os seus vídeos colgados en BrionTV, blog ao que se pode acceder tamén dende a web municipal (http://www.concellodebrion. org), só ten que cubrir o formulario existente no blog. O único requisito técnico a cumprir é que o vídeo ten que estar subido a Youtube, xa que de momento a plataforma só admite vídeos destas caEn apenas dous meses de vida, racterísticas. BrionTV (http://briontv.blogspot.com) conta xa cunha oferta que supera a vinAs últimas entradas rexistradas en tena de vídeos, á espera das aportacións BriónTV teñen que ver co mundo do deque poidan realizar tanto os veciños e ve- porte, concretamente coa primeira marciñas de Brión como calquera internauta cha BTT dos Esfola Arrós, así como os víque teña un vídeo relacionado co muni- deos promocionais da viaxe da mocidade cipio. “Con estas aportacións esperamos a Guillena. crear un arquivo de vídeos relacionados E lembra, agora es ti o director.

10 | Concello de Brión


ACTUALIDADE

Brión, primeiro concello galego que entregará acreditacións europeas de manexo do ordenador O certificado está recoñecido a nivel internacional

ministracións que contratan a esas persoas. O coordinador dos cursos de informática que se imparten en Brión, Antonio Casal, será o docente encargado destas certificacións ECDL mentres que o técnico municipal de Novas Tecnoloxías, Julio Mallo Nieto, será o examinador. Ambos, Casal e Mallo, tiveron que superar os exames correpondentes para que o Concello de Brión poida funcionar como centro homolago autorizado ECDL. “Somos o primeiro concello que poderá entregar estes certificados ECDL, que poden ser moi útiles para aquelas persoas que, con independencia do seu nivel académico ou da súa profesión, desexen ou precisen acreditar os seus coñecementos e habilidades sobre as tecnoloxías da información”, explica Mallo Nieto. De feito, en Galicia tan só poden expender estes certificados outros dous centros educativos na Coruña (PC Carrier e Sabira Corporation) e outro en Vigo (FEMXA Formación).

Brión é dende sempre un dos concellos pioneiros en todo o referente á aplicación da Internet e das novas tecnoloxías á formación. Proba disto son os milleiros de alumnos que teñen pasado ao longo dos últimos anos polos cursos de formación, cuxo número non fai máis ca medrar dende a entrada en funcionamento do telecentro de comunicación. Pois ben, hoxe Brión volve ser pioneiro en Galicia, pois é o primeiro e único concello de Galicia que pode entregar Acreditacións Europeas de Metodoloxía dos exames Manexo do Ordenador, un certificado oficial da Fundación ECDL (European ComA acreditación ECDL complementaraputer Driving Licence) que ten un recoñe- se á perfección cos cursos de Informática cemento a nivel internacional. de Usuario que está a impartir o Concello de Brión. Eses centos de veciños agora Estas acreditacións ECDL son un reco- teñen a posibilidade de conseguir unha ñecemento de que o alumno posúe unha certificación deses coñecementos recoformación básica e completa en informá- ñecible en todo o mundo. Para obter a tica a nivel de usuario, o que supón tamén acreditación ECDL o alumno deberá supeunha garantía para as empresas e as ad- rar os sete módulos nos que está estru-

turado o exame e que coinciden cos devanditos cursos de Informática de Usuario que imparte o Concello de Brión. Os exames realizaranse presencialmente no centro de telecomunicacións de Brión, onde o alumno terá que respostar a 36 preguntas tipo test en media hora e aprobar un 75% das preguntas. Un total de 7 exames correspondentes aos sete módulos nos que está estruturada a acreditación ECDL (conceptos básicos das tecnoloxías da información; uso do ordenador e xestión de ficheiros; tratamento de textos, follas de cálculo; bases de datos; presentacións; e información e comunicación). A ECDL é unha acreditación internacional europea que outorga o recoñecemento de posuír unha formación básica e completa en informática a nivel de usuario. Está xestionada pola Fundación ECDL e está implantada en toda Europa (baixo as siglas ICDL) e no resto do mundo. Esta acreditación xurdiu como unha iniciativa do Consello Europeo de Asociacións Profesionais de Tecnoloxías da Información (CEPIS) para promover e aumentar a competencia dos europeos no uso das tecnoloxías da información. A acreditación ECDL está recomendada pola Comisión Europea e en España está supervisada pola Asociación de Técnicos de Informática, que se encargan de coordinar aos distintos centros homologados autorizados a expedir a acreditación.

Revista Altamira | 11


BRIONESES

“Din que agora hai crisis, antes o mundo era moito máis difícil”

VECIÑO DE BRIÓN Escoitar falar ao Ruso nunha das mesas do seu establecemento en Ons é como volver a tempos pasados. Non porque sexa unha desas persoas que teñen vivido moito e moi intensamente, que o é. Senón porque un entende porqué ata hai moi pouco a sociedade xiraba en torno aos nosos maiores, pois son mellores fontes de información e experiencia ca calquera wikipedia que pulule pola rede. Cos seus 92 anos de traballo ás costas, Domingos Guzmán Ruso ten unha auténtica enciclopedia na súa cabeza. Dende Altamira quixemos facer con el un pequeno paseo polo Ons dos últimos sesenta anos. Quen queira saber máis, só ten que subir ata o seu restaurante fronte á igrexa de Ons e disfrutar das súas historias xunto a un bo carneiro.

DOMINGOS GUZMAN RUSO - É vostede un deses veciños de Ons de toda a vida. - Fun a unha escola mixta que había onde o teleclube. Eramos case 120 alumnos e un só mestre. Agora son moitos menos pero os mestres non dan conta deles. Como había tanta xente, meu pai pagábame unha pasantía e así ía estudiar 2 horas pola noite. Rematei cando se podía dicir que me defendía ben. Despois traballei de canteiro ata que chegou a Guerra do 36. Neses tempos o mundo era moito máis difícil. Din que agora hai crisis, pero daquela era moito máis. Agora moita xente non quere traballar. É certo que non hai traballo en determinados oficios pero houbo un abandono do campo e iso vai ser un problema a curto prazo porque a xente que está non quere quedar e a que está fóra, non quere vir.

pois non era só a guerra senón soportar temperaturas de ata 20 baixo cero. Era terrible, a moitos soldados conxeláronselle os pés. Caín ferido en Teruel e volvín á casa de permiso. E cando me tocou reincorporarme non me enviaron a Santiago, fun de volta outra vez a Teruel. Despois fomos á batalla do Ebro e percorremos toda a fronte de Cataluña, ata Francia. Estivemos uns días en Figueras e dirixímonos á fronte de Toledo, onde vivimos a fin da guerra.

sempre hai tirapuxas entre uns e outros. Recordo entre amigos que se denunciaron entre eles. E iso pasou moito, aínda que prefiro non menealo.

- E logo, volta á casa. - Volvín a Brión no 1943. Tiñamos uns labradíos pequenos e levei a casa, pero non daba, polo que din moitas voltas ata o ano 1951, no que decidín casar. Ao casar empecei a construir a casa na que vivo agora, fronte á igrexa de Ons. Criabamos becerros - Coincidiu aló con máis veciños de Brión? pero non tiñamos un peso, polo que a miña - Comigo había máis xente de Brión, moitos muller quedou ao coidado da casa e eu fun deles xa mortos. Lembro a Rogelio López polo mundo. Compraba millo, fabas... todo Nimo, ao pai de Rama (de Gundín), a Vic- o que puidera dar cartos. Ía a todas as feiras toriano Liñares Sánchez, a un de Cantelar a comprar gando. Becerros, ovellas, porque xa morreu e tamén a moitos da Luaña. cos... o que aparecera. E así fomos tirando. Moitos deles morreron aló. Da miña idade a verdade é que quedamos poucos. - Como eran esas xornadas? - E chegou a Guerra Civil. - Percorrín todos os mercados de Galicia - Estiven en Asturias e percorrín toda Es- - Que lembranzas gardas desa época? que había. Lembro que os primeiros becepaña. A época máis dura a vivín en Teruel, - Unha guerra civil é o peor que hai porque rros os comprei en Santa Susana, pero ta-

12 | Concello de Brión


BRIONESES mén ía ata Santa Comba, á Picota... e volvía a casa andando con eles por non pagar un peso para que os trouxeran. Sempre traballando arreo. Cando non hai na casa, buscaba traballo fóra. Estaba coa xente na taberna e despois andaba con cincuenta sacos ao lombo para comprar e vender trigo ou centeo polas aldeas. E así ata o de agora, dende hai sesenta anos. Ben, o de agora é xa un dicir porque xa vou vello e non podo facer o que facía antes. - Anos difíciles... - Nos anos 50 viñan de Boiro e de Palmeira centos de pobres e aquí tiñan alpendres para descansar. Faciamos montes de palla como camas para durmir e a miña nai facía un caldo para darlles. Aínda hoxe hai algúns netos desta xente que veñen por aquí, agradecidos porque aquí sempre tiveron onde comer. Agora a xente non quere traballar. Eu lembro esa crise grandísima nos anos cincuenta e fun traballar no monte. Prantaba piñeiros, carballos, castaños... ou coidaba vacas. E sigo moi atento co tema forestal. Temos propiedades no monte e son unha das cousas que máis me preocupan. - De feito, sabemos que o monte é unha das súas paixóns. - O monte sacoume de moitos apuros. Antes tiñas que facer un gasto, ías ao monte e vendías un, dous, tres ou catro pinos e arranxabas. Pero agora está moi abandonado. Está nas mans dos nosos gobernantes que isto rexurda un pouco e o prioritario é concentrar os montes porque hai moito minifundio. Se ti tés unha finca de 200 metros, nela case non podes facer nada. A concentración sería ideal porque Galicia chegou a producir o 50% da madeira de España e estou convencido de que concentrando o monte podería chegar ao 70 ou ao 80%. Ademais, aquí temos un gran problema, que é que a maleza críase ben, e iso é lume para o verán. A concentración dos montes eliminaría iso e tamén se aforraría en parte o gasto das brigadas, pois habería menos lumes. - Lumes como os de hai uns anos, que afectaron especialmente a Brión. - Nós daquela fomos facer gardas ao monte. Iamos dous de cada aldea con facilidade, pois temos unhas boas pistas forestais e nisto hai que agradecerllo ao Concello, que apoiou bastante. Lembro que nos deran unha subvención pero os cartos non chegaban e o Concello nos apoiou. - Como valora a política forestal que se leva a cabo en Brión? - A política forestal do Concello é bastante boa, sempre o foi pero un só non pode facer nada sen o apoio da Xunta e do Goberno Central. Penso que sería unha gran riqueza para Galicia a concentración, conser-

variamos a riqueza forestal que temos aquí milia boa e traballadora. Pepita leva o nee tamén evitariamos ter que ir comprar a gocio e Manolo leva a gandeiría. O 90% do madeira fóra. que consumimos producímolo aquí. Sementamos moito e recollemos toneladas - Temos entendido que outra das súas de patacas, millo, chícharos, fabas, tomapaixóns é o fútbol. tes, repolo, grelos, nabizas... Criamos uns - Ao volver da guerra organizamos un equi- douscentos ou trescentos beceros. Agora a po de fútbol, o FC Ons. Lembro unha vez xente se queixa de que non é rendible cultique organizamos un partido contra os do var pero despois se queixan cando na praza Bertamiráns e co seu presidente acorda- as leitugas custan un euro. mos xogarnos unhas empanadas. Gañar, gañamos, pero as empanadas nin as vimos - Que nos recomenda para xantar no seu e os do Bertamiráns dicían que eles non local? sabían nada delas. Sempre fun moi afec- - O polo da casa, criado con millo, e o corcionado ao fútbol, sobre todo ao Celta e ao deiro. Polas festas de Santa Rita e Santa Real Madrid. Teño ido a ver centos de par- Eufemia a xente acude aquí a comelo, xa é tidos a Balaídos, e tamén ao Pontevedra, case unha tradición. aquel do “hai que roelo”. Pero o fútbol de agora xa non é o que era. - E agora que non nos lee ninguén, hai algún secretiño? - Despois dunha vida tan intensa, como é - Sen secretos, é cociña caseira. A miña nai o seu día a día? era unha gran cociñeira e Pepita aprendeu - Agora teño a satisfacción de ter unha fa- un pouco dela e deféndese ben.

EN POUCAS PALABRAS “Somos un concello pequeno pero en determinados aspectos de benestar estamos por riba doutros” - Cal é o seu lugar favorito? - Como Brión non hai nada, e mira que creceu moito. - Cal é a súa mellor lembranza en Brión? - Son moitas, sobre todo as festas de Santa Minia, que son impresionantes. Ante iamos todos coa cesta andando á Carballeira a comer aló a empanada, os chourizos... o que levabamos da casa. Era moito máis impresionante que agora, con gaiteiros... Incluso de volta parabamos en Rañalonga, comiamos os restos do xantar e botabamos unhas bailas. - Que é o que máis lle gusta de vivir en Brión? - Somos un concello pequeno pero en determinados aspectos de benestar estamos por riba doutros. Hai dez anos que temos aquí a traída de augas, a telefonía, o alumeado público, o alcantarillado... Non é que haxa que comparar, pero hai moitos grandes concellos que non o teñen así. - Que bota en falta? - Non temos mar, pero de aquí a Noia non hai máis ca un paso.

Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS VIAXES

Un total de 65 veciños participaron na viaxe da terceira idade a Benidorm Durante o día, participaron moi activamente nas distintas actividades e excursións organizadas como a visita á Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia. Aínda que inicialmente poida parecer o argumento dunha mala película de Alfredo Landa ou de José Luís López Vázquez, Benidorm foi o destino elixido este ano para a viaxe da Terceira Idade. Unha excursión na que participaron un total de 65 veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de 55 anos que, se ben non estiveron na busca de turistas suecas, o certo é que non pararon nin un momento quietos. E cando dicimos que non pararon quietos nin un minuto, facémolo con coñecemento de causa. Así, durante o día, participaron moi activamente nas distintas actividades e excursións organizadas como a visita á Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia ou aos xardíns de “La Huerta del Cura”, en Elxe. Saídas grupais que tamén tiveron como destino as praias de Altea, o parque natural do Peñón de Ifach ou as localidades de Alacante e Guadalest, declarada Ben de Interese Cultural. Con tal voráxine de visitas e actividades, un podería supoñer que, coa chegada da noite, as habitacións do Hotel La Marina de Benidorm estarían cheas de veciños tentando repoñer folgos. Nada máis lonxe da realidade. O bo ambiente reinante entre os participantes trasladábase á pista de baile ata ben entrada a madrugada. Que lle pregunten, por exemplo, a un grupiño que, despois de seis días de viaxes e bailes, aínda tiña tantas gañas de festa que mesmo emulou aos seus fillos e netos acudindo de “reenganche” ao autobús que os traía de volta a Brión. Un novo exemplo de que a idade está máis na cabeza que no DNI.

14 | Concello de Brión


SERVIZOS SOCIAIS AULAS DE APOIO

Porque non estás só O Concello pon en marcha tres aulas de acompañamento e reforzo nas que participan 21 mozos e mozas de Brión.

A adolescencia é unha das etapas máis complicada da vida de todo ser humano. É un tempo de grandes cambios, tanto físicos como mentais, e no que os mozos e mozas están expostos a unha sobrecarga de experiencias, emocións e informacións que, en moitos casos, é difícil de asumir. Uns momentos nos que un pode chegar a pensar que está só contra o mundo, cando a realidade amosa que non é así. Por iso, 21 mozos e mozas de Brión, de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos, participan dende o pasado mes de febreiro nun proxecto que pretende proporcionarlles hábitos axeitados de traballo e habilidades para relacionarse cos demais, así como motivalos a que mellore tanto academicamente como nas súas re-

quen de enfrontarse aos desafíos que se atopen na vida diaria.

“Traballamos cos rapaces dun xeito dinámico e participativo, dialogando con eles para que se decaten da súa situación persoal e saquen un rendemento desta actividade”, explica Sandra Martínez, encargada das aulas de acompañamento e reforzo. Un método que lles está funcionando, pois os rapaces estanse abrindo e incluso foron eles mesmos quen estableceron as normas a seguir nas clases, que quedaron recollidas nuns grandes carteis que presiden as aulas. “Eles en principio só vén un resultado obxectivo: os suspensos, pero non sempre perciben que hai moitos factores que inflúen nesa situación”, explica Sandra Martínez, polo que lacións sociais. Unha actividade posta en nas aulas se lles axuda a que se decaten marcha polo Concello de Brión para faci- do problema e reciben o apoio preciso litarlles aos rapaces instrumentos válidos para poder superalo. para enfrontarse, e mesmo superar, proEstas tres aulas de acompañamento blemas cotiás da vida diaria: baixa moe reforzo teñen lugar no colexio de Petivación de cara aos estudos, problemidrouzos (no caso dos nenos e nenas de 9 ñas de autoestima, relacións familiares… a 12 anos) e no centro social polivalente unha dinámica que, en moitos casos, po(no caso dos mozos e mozas de 13 a 15 dería traducirse en fracaso escolar. anos) en horario extraescolar. Un programa, organizado polo Concello de Brión Non obstante, o obxectivo destas aulas en colaboración coa Xunta de Galicia, de acompañamento non é unicamente no que traballan de xeito coordinado as axudar a que os rapaces consigan avanzar monitoras que dirixen as aulas de acomnos seus estudos, senón fundamental- pañamento (pertencentes á empresa Comente que sexan quen de incrementar esco), a técnica de intervención familiar a súa capacidade de comunicación cos do Concello de Brión e dous responsables demais, mellorar o seu grao de organiza- dos centros escolares de Brión (CEIP de ción e de autocontrol, así como adestra- Pedrouzos e IES Brión). As sesións imparlos, motivalos e orientalos para que sexn tiranse ata o mes de xuño.

A escola infantil municipal abre o prazo para a matrícula do curso 2010/2011 REQUISITOS: - Figurar empadroado no Concello de Brión - Ter 3 meses de idade no mes de setembro e que non cumpran os 3 anos antes do 31 de decembro de 2010 - No momento de presentación de solicitude de praza o neno/a debe ter nacido - Acada‐la puntuación suficiente no baremo de admisión DOCUMENTACIÓN: - DNI do pais - Libro de familia - Declaración da renda do exercicio 2008 PRAZO: Do 19 ao 30 de abril, ambos incluídos. LUGAR: No Centro Social Polivalente Avenida de Santa Minia nº 46 – Pedrouzos Tlf. 981 509 910

Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES CERTAME DE PINTURA

“Novos Valores” cuadruplica o número de participantes O cambio nas bases resultou un éxito e supuxo a participación máis elevada dos seus seis anos de historia.

Teatro... e punto

Cando un escoita aos expertos, as cousas adoitan saír moito mellor. E iso é o que vén de acontecer coa sexta edición do certame de pintura “Novos Valores”. Na edición de 2009, o xurado recomendaba “unha modificación das bases de participación así como da contía dos premios cara a vindeiras edicións deste concurso, coa idea de relanzar un certame de pintura que tan bos resultados conseguíu en pasadas edicións”.

diploma acreditativo, foi Paula González Freire, de A Coruña, coa súa obra “Jardín hipnótico”. O segundo premio foi para Sara Pazo González, de Redondela, coa obra “Despois”, que levou un premio de 400 euros e diploma acreditativo. O xurado tamén distinguíu como finalistas cun diploma acreditativo as obras de Alberto Vázquez Figueroa, de A Pastoriza; Antía Monroy Rivas, de Redondela (Pontevedra); Cristian López Balsa, de A Pastoriza; e Diego López Rodríguez, tamén de A PasDito e feito, o Concello seguíu estes toriza. consellos e o resultado é facilmente cuantificable: da ducia de participantes Na categoría xuvenil B (maiores de rexistrada en 2009 pasouse ás 52 obras 18 anos), o primeiro premio foi para Óspresentadas este ano. Uns traballos car Cabana Picado, de A Coruña. A súa procedentes non só de Galicia, senón obra “Refinería” foi distinguida con 1.500 tamén doutras partes de España. Durante euros e diploma acreditativo. O segundo a inauguración da exposición organizada posto foi para Ana Varela Ramos, de Camcon estes traballos no Espazo das Artes, bre (A Coruña), cunha obra sen titular. o alcalde Xosé Luís García destacaba o Esta rapaza levou 1.000 euros e diploma acerto do xurado do certame, “pois nunca acreditativo. O xurado tamén distinguíu tiveramos tantos participantes e de tan como finalistas a Israel Jiménez Medina, alta calidade artística”. de Las Palmas de Gran Canaria; María del Carmen Torres Maroño, de Santiago de Uns cambios que supuxeron abrir o Compostela; Sabela Roma, de Ourense; e certame a artistas maiores de 30 anos, Olga Cerviño Vázquez, de Bueu (Ponteveflexibilizar o modo de entrega das obras dra). e incrementar nun 75% a contía destinada a premios, ata chegar aos 3.500 euros. O xurado estivo composto por María Uns premios que, como nas seis edicións Xesús Díaz (pintora), Xosé Vizoso Fernánanteriores, foron patrocinados pola Fun- dez (ilustrador e deseñador de cerámica dación Feiraco. de Sargadelos), Xosé Daniel Buján Núñez (escritor), Xosé Vázquez Castro (pintor) e GAÑADORES Alfonso Costa (pintor). O técnico de Cultura do Concello de Brión, Alberto Álvarez, O vencedor da categoría xuvenil A (de actuou como secretario do xurado, con 14 a 17 anos), dotado con 600 euros e voz e sen voto.

16 | Concello de Brión

Teatro... e punto. Isto foi o que disfrutaron centos de veciños e veciñas de Brión que asistiron á primeira edición do ciclo de teatro afeccionado “Teatro... e punto”, organizado polo Concello de Brión e que trouxo ao noso municipio a tres das máis recoñecidas compañías galegas de teatro afeccionado: Teatro de Cámara Ditea, Teruca Bouza e Teatro Universitario Pinchacarneiro. Tres actuacións de balde que encheron de público o auditorio do centro social polivalente. Unha iniciativa que xurdíu “a raíz do éxito que ten o teatro en Brión e, en especial, o teatro afeccionado, como se puido comprobar este outono cos ciclos Pedra do Moucho e Carballeira”, explica Alberto Álvarez, técnico de Cultura. De feito, Alberto Álvarez apunta que “dende o Departamento de Cultura do Concello de Brión apostamos pola promoción do teatro afeccionado, pero nos vindeiros meses queremos tamén traer a Brión algún grupo profesional”. Uns clásicos da escea galega, Teatro de Cámara Ditea, foron os encargados de abrir o telón brionés coa obra “Acto imprevisto”, coa que esta compañía compostelá está a celebrar os seus cincuenta anos sobre os escenarios. Xa en abril, Teruca Bouza. Esta compañía mugardesa representou a traxicomedia de Eduardo Blanco Amor, “O cantar dos cantares ou Galicia 1948”, que demostrou que en Brión hai moitos que prefiren unha boa peza teatral a un partido de fútbol, por moito Real MadridBarcelona que sexa. Finalmente, a compañía de teatro universitario “Pinchacarneiro” puxo o punto e final a esta primeira edición deste ciclo de teatro afeccionado coa obra “Policía”.


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES

Vinte anos celebrando a festa das nosas letras Contacontos, espectáculos e representacións teatrais inundarán o municipio durante todo o mes de maio A Feira do Libro de Brión cumpre vinte anos. Unha data especial que o Concello celebra invitando a todos e cada un dos rapaces e rapazas do municipio a participaren activamente dos actos na honra das Nosas Letras. Obras teatrais, contacontos, maxia, a tradicional exposición novidades literarias... todo para “promover o libro e a lectura como inesgotable fonte para o lecer e o enriquecemento personal é o único obxectivo desta Feira do Libro”, sinala Patricia Vázquez, concelleira de cultura.

espectáculo os rapaces andarán entre contos, lendas, cantares e historias de tradición oral. E o 26 de maio terá lugar o teatro recitado sobre Uxio Novoneyra a cargo de Pifano Teatro, que traerá a súa obra “Ventos” dirixida ós alumnos de 3º de ESO e 1º de bacharelato. Os alumnos de infantil das escolas unitarias Os Ánxeles, Bastavales e Luaña tamén terán a súa quenda o xoves 27 de maio grazas á compañía Trinke-Trinke, que representará “Unha de ratas na biblioteca”. Unha montaxe que contribuirá a que os nenos máis pequenos tomen contacto co espazo bibliotecario para aprender a manexarse entre libros, usalos e respectalos. Os rapaces da gardería infantil pecharán a programación da XX Feira do Libro de Brión. Será o luns 31 de maio cun contacontos a cargo de Charo Pita.

O centro social polivalente e a biblioteca municipal serán os puntos de encontro. Así, na biblioteca poderá visitarse durante todo o mes unha exposición de novidades bibliográficas. Despois, o martes 18 de maio, a compañía de teatro infantil aficionado A Loco-motora representará “O tenderete da cachifallada”, un espectáculo chego de música, contos e poemas para os alumnos de educación infantil do CEIP de Pedrouzos. Un día despois, o mércores 19 de maio, Talía Teatro presentará “Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)”, un espectáculo no cal os alumnos de terceiro ciclo de primaria reflexionarán sobre as diferenzas culturais, a desconfianza ao descoñecido e, por riba de todo, a necesidade de comprender que todos somos iguais. A maxia chegará a Brión o xoves 20 de maio da man de Chystyan Magic e “Palabras máxicas”, unha actividade feita para espertar o torrente imaxinativo dos rapaces, descubrir o goce da literatura e presentar a maxia como un atractivo xeito de animación á lectura. A compañía Aturuxo de Melpómene chegará o luns 24 de maio co seu espectáculo “As tres mosqueteiras na procura de Dartañán”, unha sesión para os alumnos do segundo cliclo de Primaria. Un día despois, o martes 25 de maio, o Concello de Brión ten organizada unha sesión de contacontos denominada “Bicoca de boca en boca ou Contos que non falten” a cargo de Celso F. Sanmartín. Neste

Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES DO VERÁN

Un verán de ocio e diversión Vintecatro Campamentos, obradoiros, intercambio xuvenil e unha equipos peregrinación a Santiago compoñen a oferta municipal participarán no V torneo de Fútbol 7 de Ons

O Torneo de Fútbol 7 de Ons, único na súa clase na comarca, celebra este ano o seu primeiro lustro de vida. Unha edición especial na que se agarda que un total de 24 conxuntos de toda a comarca competan por coller o relevo do Pizzería Tívoli (Zas), campión en 2009. De feito, o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 10 de xuño. Este campionato, organizado pola asociación cultural e deportiva de Ons “Pedra do Moucho” en colaboración co Concello, terá lugar na fin de semana do 12 e 13 de xuño. Marco, un dos organizadores, apunta que “a liguiña xogarase o sábado e as eliminatorias o domingo” e que “agardamos equipos de toda a provincia, incluxo conformados por xogadores de segunda e terceira rexional”. Eses 24 conxuntos repartiranse 1.700 euros en premios. PODES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN EN: http:// futbol7ons.blogspot.com Facebook: Futbol 7 Ons”

18 | Concello de Brión

O Concello de Brión vén de elaborar unha completa oferta de lecer para os meses de verán, dirixida especialmente aos máis novos do municipio. Un programa que combina actividades xa tradicionais, como os obradoiros de verán ou o curso de cociña para rapaces, con novidades como o intercambio xuvenil con Guillena ou unha peregrinación a Santiago de Compostela. E é que, aproveitando a celebración do Ano Santo, este verán terán lugar dúas actividades co Camiño de Santiago como gran protagonista. Así, entre o 12 e o 18 de xullo, o Concello de Brión organizará

unha peregrinación ata Compostela para rapaces de 13 a 17 anos do municipio. Unha viaxe que se fará dende O Cebreiro e que ten unha cota de inscrición de 25 euros. Así mesmo, un centenar de mozos e mozas de Brión, de entre 18 e 35 anos, viaxarán entre o 23 e o 30 de xullo a Guillena (Sevilla) para participar no terceiro Intercambio Xuvenil con Guillena. Unha viaxe que devolverán en agosto un centenar de mozos de Guillena, interesados en coñecer Brión e achegarse ata Compostela neste ano Xacobeo. A cota de inscrición neste intercambio é de 80 euros.


CULTURA E DEPORTES OBRADOIROS DE VERÁN A oferta de lecer do Concello de Brión para este verán comezará a finais de xuño, coa convocatoria dun curso de iniciación á pintura. Un obradoiro dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 13 anos de idade que terá lugar no CEIP de Pedrouzos. Os rapaces de 6 a 9 anos asistirán en horario de 10.30 a 12:00 horas, mentras que os rapaces de 10 a 13 anos farán o propio de 12:00 a 13:30 horas. O curso desenvolverase en dúas quendas: do 23 ao 30 de xuño e do 1 ao 8 de setembro. A cota de inscrición é de 25 euros.

Un equipo brionés, campión da Liga de Fútbol 7-Alevín

Así mesmo, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais de Brión, o Concello programou unha nova edición dos Obradoiros de Verán, que ocuparán as mañás do mes de xullo dos rapaces de entre 3 e 12 anos de idade. O Concello de Brión mantén o mesmo prezo do ano pasado (60 euros) e porá un autobús gratuíto para recoller aos rapaces nas paradas do transporte escolar. Estes obradoiros, que se impartirán nas instalacións do CEIP de Pedrouzos, terán lugar de luns a venres do 1 ao 31 de xullo (excepto festivos) en horario de 10:00 a 13:30 horas. COCIÑA E NOVAS TECNOLOXÍAS Para as tardes do mes de xullo, o Concello de Brión convoca un curso de novas tecnoloxías, dirixido a rapaces de entre 4 e 15 anos de idade. Os rapaces clasificaranse segundo a súa idade e terán dúas clases semanais, de 45 minutos cada unha, no Telecentro de Comunicacións. A cota de inscrición é de 15 euros. Así mesmo, o Concello de Brión ofrece tamén unha nova edición do seu Obradoiro de Cociña, no que pequenos de entre os 6 e os 15 anos de idade aprenderán a facer distintos pratos: dende pizzas ata asados. O curso, que terá lugar todos os mércores do mes de xullo no CEIP de Pedrouzos, ten unha cota de inscrición de 15 euros. O programa “Brión-verán 2010” rematará no mes de agosto, coa celebración do tradicional campamento infantil. Un campamento dirixido a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos de idade e que terá lugar do 2 ao 13 de agosto. O Concello de Brión baralla dúas posibilidades, segundo o número de rapaces que se anoten: o campamento xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son) ou o campamento xuvenil Espiñeira (Boiro). En ambos casos, a cota de inscrición é de 60 euros. Todas estas actividades están dirixidas aos nenos e mozos empadroados en Brión, que terán preferencia á hora das anotacións. As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08. Todas as actividades teñen un número de prazas limitado, polo que a admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición. No caso de quedar prazas libres, a inscrición abrirase tamén a rapaces de fóra do municipio.

UNHA CITA INELUDIBLE ENCONTROS COA ARTE: HOMENAXE A UXIO NOVONEIRA As homenaxes a Uxío Novoneira non remataron co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. O poeta do Courel será tamén o protagonista da quinta edición dos “Encontros coa arte”, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de xuño. Unha trintena de artistas chegados de toda Galicia percorrerán Brión na busca da súa inspiración nunhas xornadas que terán a Novoneira como eixo central.

Nin o Barça de Guardiola nin o Madrid de Pellegrini conseguiron igualar os 105 goles marcados polos rapaces da Unión Deportiva Bastavales-Escolas Deportivas Municipais de Brión para proclamárense campións da Liga Alevín de Fútbol 7. Onde si houbo máis coincidencias foi nos tres puntos de vantaxe que lograron sobre o seu inmediato seguidor, o Dubra, e os catro sobre o Bertamiráns, que completou o pódium. Os xogadores dirixidos por José Manuel Trigo, técnico de Deportes do Concello de Brión, remataron a Liga con 35 puntos: 11 vitorias, 2 empates e tan só unha derrota. Ademais dos seus 105 goles a favor, tan só recibiron 35 tantos en contra. O propio Trigo recoñece que o triunfo non foi casual “porque os cativos amosan en cada encontro unhas gañas e unha ilusión enormes”. E todo isto cun plantel que tan só ten dous anos de existencia, pois o equipo conformouse co gallo da creación do campo de fútbol de herba artificial de Brión. Dende Altamira felicitamos a estes campións no que estamos seguros que será o primeiro de moitos triunfos deportivos por chegar.

Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES BRION SOBRE RODAS

Un total de 342 ciclistas participaron na primeira marcha cicloturística en BTT “Os Esfola Arrós” Non son nin Tourmalet nin o Angliru, aínda que así llo parecesen a moitos dos 342 ciclistas que participaron na primeira edicón da marcha cicloturística en bicicleta de montaña “Os Esfola Arrós”, celebrada este mes de abril polos montes do Rubial e Rañalonga. Unha proba organizada polo Clube Ciclista brionés Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello de Brión, que foi tan ben acollida polos participantes que xa se estaba comezando a falar da segunda edición cando as maniotas aínda comezaban a se manifestar entre os ciclistas. De feito, a expresión máis utilizada entre os participantes foi a de “a proba foi moi bonita, pero bastante dura”. E é que 42 quilómetros polos montes de Brión, Rubial e Rañalonga dan para ver moito, pero tamén para sufrilos, especialmente con subidas como ao Alto do Rubial, onde tivo lugar un dos tres avituallamentos da proba. Despois de máis de catro horas pedaleando, os ciclistas chegaron ao pavillón municipal de Brión, onde puideron ducharse e asearse, ademais de dispoñer de manqueiras preparadas para o lavado das súas bicicletas, despois de viren embarradas do monte. A xornada rematou cunha festa final no pavillón polideportivo co sorteo de diferentes regalos como: unha noite na Posada Real La Cartería de Puebla de Sanabria, xentileza de Los Ángeles Gas Viajes; dúas ceas para dúas persoas na Cervexería New York (Bertamiráns) e no Hotel Casa Rosalía (Brión); unha velada termal para dúas persoas no Hotel Balneario Compostela (Brión) e un maillot oficial de David Blanco. Esta marcha cicloturística foi organizada polo Clube Ciclista Os Esfola Arrós, que contou co patrocinio do Concello de Brión, Coca-Cola, Indalsu, Asador Abelleira, Los Ángeles Gas Viajes, Disprex SL e Bicicletas Oliveira. Así mesmo, contou coa colaboración do Centro de Transfusión de Galicia, Cervecería American´s, Xanela, Casa Rosalía, Serviocio, Novo Neón, Papelería Chavián, Peluquería Manuel, Meiriño Xestión, Asvetrans, Hotel Balneario Compostela, Grupo Santitel, Planeta MTB e Cervexería New York. A ruta estivo controlada pola Federación Galega de Ciclismo e mesmo contou

20 | Concello de Brión

coa presenza dun corresponsal da presitixiosa revista especializada “Planeta MTB”. Un éxito que, dende o Clube Ciclista Os Esfola Arrós, os impulsa a traballar dende xa no que será a “II Marcha BTT Esfola Arrós-Concello de Brión”. Unha medida que foi ben acollida polo Concello de Brión, que manterá o seu apoio á proba no vindeiro ano.


HISTORIAS E LENDAS

A concentración parcelaria cumpre cincuenta anos Estase a cumprir o cincuentenario do inicio da concentración parcelaria de Brión. A parroquia de Viceso foi a primeira que se sumou a este proceso: a orde ministerial que a convocaba leva data do 21 de setembro de 1960. Logo, en 1961, viñeron as de Ons e Boullón; en 1964 decidiuse a de Brión; no ano seguinte, a de Bastavales xunto con San Salvador; a da parroquia dos Anxeles iniciuse a principios de 1967; e, finalmente, un ano despois publicouse a de Luaña-Cornanda. Por termo medio, entre o inicio da concentración e o remate coa entrega dos títulos de propiedade aos novos donos, transcorrían uns catro anos. Non foi pequeno o mérito dos veciños que se aviñeron a cambiar as leiriñas da casa de toda a vida por outras que se cadra pertencían a algún veciño co que preitearan varias xeracións dos seus predecesores. É tradicional o apego á terra que temos os galegos. Por iso, a concentración, aínda que querida e aceptada en liñas xerais, non deixou de ser traumática para moitos. Houbo algún caso de suicidio de quen non foi capaz de aturar a perda dos eidos familiares. Cando se iniciou a concentración parcelaria de Viceso non había moito tempo que se coñecía este innovador sistema, pois as primeiras concentracións de Galicia datan de 1956 no val de Barcala, concretamente as das parroquias de San Xoán de Barcala (concello da Baña) e Santa María de Cobas (Negreira). Por ser das primeiras, na concentración parcelaria de Viceso aplicáronse moi timidamente os criterios concentradores. Así, as parcelas resultantes quedaron en xeral moi pequenas, e as pistas extremadamente estreitas. Menos mal que o entusiasmo dos veciños e a xenerosidade dos propietarios permitiron –xa coa actual coporación municipal- anchear as principais vías ce comunicación, de tal xeito que hoxe Viceso ben pode presumir de ter as pistas máis anchas do Concello de Brión. Como se sabe, un dos tradicionais atrancos para o progreso do campo galego foi a desproporcionada parcelación da terra, que impedía unha explotación minimamente racional. Cada propietario dispón dun pequeno “minifundio”; pero, á reducida extensión de cada propietario, súmase a parcelación case ata o infinito dos eidos que comprenden cada minifundio: así, no

ano 1959, as explotación agrícolas de Galicia repartíanse en quince parcerlas por termo medio, e nalgúns casos en varios centos. No caso de Brión, había uns 6.000 propietarios que posuían 80.000 parcelas, das que 30.000 eran labradíos e curtiñas (as únicas que entraron en concentración) e estas quedaron en 9.000. No seu día, a concentración parcelaria supuxo unha auténtica revolución en todos os aspectos da vida campesiña, dende a economía ata a mentalidade. Ela non foi unha simple agrupación de terras, senón que trouxo consigo novas oportunidades de progreso, como a apertura de pistas para romper o aillamento endémico das aldeas, posibilidade de mecanización dos labores agrícolas, introdución de novos cultivos como o millo híbrido e os prados en secano, e o cambio da “autarquía”, onde cada agricultor producía algo de todo para autoconsumo vendendo os excedentes, hacia o monocultivo especialmente dirixido á gandería, etc. Nas zonas concentradas, de contado se foron introducindo servizos estatais de animación, asesoramento e promoción, como Extensión Agraria ou o IRYDA,

especialmente a primeira, que realizou un verdadeiro traballo de apostolado para modernizar o sector. Aínda así, a concentración parcelaria chegou demasiado tarde, pois non foi capaz de frear a emigración e o éxodo rural que se produciron nos anos 60 e 70 do século pasado. Cincuenta anos despois de que Brión concentrase as súas terras labradías aínda quedan máis de tres cuartas partes dos solos rústicos de Galicia sen concentrar. Mesmo en Brión lévanse moitos anos reclamando sen conseguilo a concentración parcelaria do monte. Claro que os problemas do agro galego hoxe xa non os soluciona a concentración parcelaria, por máis que siga sendo necesaria. Abonda ver como evolucionou a cifra de explotacións agrícolas: no ano 1962 estaban censadas en Galicia 433.969; a finais de 2009 só quedaban 12.136 no sector gandeiro, que é o de maior peso. Culpable desta desfeita tan inmensa foi a mala negociación da entrada de España na Unión Europea (vendeuse o sector agrario a cambio da industria), sumada ao tradicional abandono do mundo rural por parte de todos os gobernos estatais e autonómicos.

Revista Altamira | 21


PASATEMPOS

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

Un pouco de humor...

22 | Concello de Bri贸n

SUDOKU DIFICIL


ULTIMA PÁXINA

Planeta curioso 20 cousas que seguramente non sabias.. 1.- Millóns de árbores son plantados accidentalemtne polos esquios que enterran noces e non recordan onde as esconderon. 2.- En 1997, as liñas aéreas estadounidenses aforraron 40.000 dolares con só eliminar unha aceituna en cada ensalada. 3.- Unha xirafa pode limpar as suas propias orellas coa lingua. 4.- O nome completo do pato Donal é: Donald Fauntleroy Duck. 5.- Comer unha mazá é máis eficaz que tomar un café para manterse desperto. 6.- Os cepillos de dentes de cor azul son máis usados que os de color vermello. 7.- O órgano do home que pode crecer 20 veces o seu tamaño orixinal é a retina. 8.- Ninguen é capaz de tocar coa lingua o seu própio cóbado. 9.- Só hai un alimento que non se deteriora: o mel. 10.- Os arroases dormen con un ollo aberto. 11.- Un tercio de todo o xeado vendido no mundo é de vainilla. 12.- As uñas das mans medran aproximandamente catro veces máis que as do pé. 13.- O ollo dunha avestruz é mais grande ca o seu cerebro. 14.- Os dereitos viven, en promedio, nove anos máis que os zurdos. 15.- O “cuac” de un pato, non produce eco. E ninguén sabe por qué. 16.- O músculo máis potente do corpo humano é a lingua. 17.- É imposible espirrar cos ollos abertos. 18.- Unha soa gota de aceite de motor fai que 25 litos de auga deixen de ser inapropiados para o consumo humano. 19.- Os chimpancés e os delfins son os únicos animais, xunto co home, capaces de recoñecerse fronte ó espello. 20.- Rir durante o día fai que se durma mellor pola noite. Aproximadamente o 70% das personas que leron esto ¡¡ intentaron tocar o cóbado coa lingua !!

BRIÓN NA PRENSA 11/05/2010 | Os veciños de Brión practican senderismo nas Fragas do río Eume. 04/05/2010 | A comunidade educativa do colexio brionés de Pedrouzos propón un candidato a director. 27/04/2010 | 342 ciclistas déronse cita na I Marcha cicloturística.

23/05/2010 | Un centenar de persoas camiñan ata Santiago para pedir que a ruta de Noia sexa xacobea. 20/05/2010 | O corredor da AG-56 entre Brión e Martelo quedará listo no verán. 11/05/2010 | A Feira do Libro de Brión, que concede especial atención aos nenos, cumpre vinte edicións.

07/05/2010 | Pedrouzos acolle un ciclo de cinema manga gratuíto os domingos. 28/04/2010 | Empuxón nos estudios e relacións sociais con talleres para 21 brioneses. 28/04/2010 | Propoñen un candidato a director para o colexio de Pedrouzos ‘in extremis’.

Revista Altamira | 23


sabias sabias que... que... A NOITE DE SAN XOAN ou FOGUEIRAS DE SAN XOAN, é unha festividade moi antiga na que celebra a chegada do verán no hemisferio norte e que consiste en acender unha cacharela. A finalidade deste ritual era “dar máis forza ó sol”, que, a partir deses días, vai facéndose máis “debil” - os días vanse facendo máis cortos ata o inverno - . Simbolicamente o lume tamén ten unha función “purificadora” nas persoas que o contemplan. Esta festa celébrase en moitos puntos de Europa, ainda que está especialmente arraigada en España, Portugal, Noruega, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Reino Unido. En Sudamérica, Brasil ten Festas Juninas, en Bolivia, Chile e Venezuela La noche de San Juan. A noite de San Xoán está, así mesmo, relacionada con antiquísimas tradicións e lendas españolas. Na maioria dos lugares nos que se celebra actualmente continúa coa tradición orixinal ainda que en España e Portugal perdeuse parte do seu significado. Habitualmente fanse cacharelas na rúas ou prazas das poboacións onde se reúnen familiares e amigos. Nótese que a festa en España celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño, aínda que en realidade a noite máis corta do ano é a do 21 de xuño. Nalgunhas zonas do Atlántico europeo como Inglaterra, tamén se celebra o día 28, vespera de San Pedro, unha festa similar.

24anos

Ruta de Sendeirismo das Fragas do Eume 01/05/2010

Concello de Brión Carballeira de Santa Minia nº 21 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.