77 - ALTAMIRA Nº 77

Page 1

Altamira Nº 77 - XANEIRO DE 2010 - ANO XXIV

Revista Municipal do Concello de Brión

MARIA MANUELA

CANTA PARA BRIÓN Orzamentos Municipais 2010 O orzamento municipal para o 2010 supera os seis millóns de euros. PAX. 4

Moncho Lemos Veciño de Brión, xornalista cinemátográfico e director do programa de radio “Fondos Reservados”.

PAXS. 12 - 13

xaneiro10


os nosos

enderezos

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Litonor Artes Gráficas Mail: revistaaltamira@infobrion.com

B I BLIOTECA MUNICIPA L C arballeira de Santa Min i a , n º 5 1 5 865 - Brión T el./Fax.: 981 50 99 69

Nestas datas tan agarimosas para todos e todas, a REVISTA ALTAMIRA saca á rúa o primeiro número do ano 2010. A REVISTA ALTAMIRA chega este mes de xaneiro aos fogares dos veciños e veciñas de Brión con dous agasallos de Reis: un calendario para 2010 e unha guía de comercios, empresas, servizos e profesionais do municipio. Dúas inciativas diferentes unidas por un mesmo fin: promocionar Brión.

C ASA DO CONCELLO C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 06 F ax.: 981 88 74 31

Ademais, neste novo número, incluimos un repaso polos orzamentos 2010 moi marcados pola xa famosa crise, e como non, repasamos actividades como a inauguración da nova ESCOLA DE MUSICA / ESPAZO DAS ARTES, e tamen nos centramos na epoca que nos incumbe, o Nadal que xa temos encima.

C EIP PEDROUZOS R úa Paseo de Pedrouzos , n º 5 1 5 865 - Brión T el./Fax.: 981 88 70 80

C ENTRO SOCIAL POLIV A L E N T E A vda. de Santa Minia, nº 4 6 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 10 F ax.: 981 50 99 78 E SCOLA INFANTIL MUN I C I P A L A gro Novo, nº 125 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 77 42 E SCOLA MUNICIPAL DE M Ú S I C A A vda. de Santa Minia, nº 7 0 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 08 FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A vda. dos Ánxeles, nº 36 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 72 01 F ARMACIA NUÑEZ PER E Z , B . A vda. de Santa Minia, nº 7 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 30 G ARDA CIVIL R úa das Pedriñas, nº 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 11 I ES BRIÓN R úa Paseo de Pedrouzos , n º 2 1 5 856 - Brión T el.: 981 88 18 17 T el.: 981 88 58 99 O FICINA DE URBANISM O C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 70 06 F ax.: 981 88 74 31 P OLICÍA LOCAL C arballeira de Santa Min i a , n º 2 1 5 865 - Brión T el.: 981 89 34 74 F ax.: 981 88 74 31 P OLIDEPORTIVO MUNIC I P A L L amiño, s /n 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 76 53 S ERVIZO DE AUGAS U rb. Agro Novo, nº 126 B a i x o 1 5 280 - Os Ánxeles T el.: 981 88 78 51 S ERVIZO DE EMERXENC I A S L amiño, s /n 1 5 865 - Brión T el.: 629 87 15 42 F ax.: 981 88 75 23 X ULGADO DE PAZ R úa das Pedriñas, nº 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 88 72 71

2 | Concello de Brión

Revista Municipal do Concello de Brión

AVANCE

C ASA DA CULTURA C arballeira de Santa Min i a , n º 5 1 5 865 - Brión T el.: 981 50 99 08 F ax.: 981 50 99 69

C ENTRO DE SAUDE R úa das Pedriñas, nº 3 1 5 865 - Brión T el. Liña 1: 981 88 77 01 T el. Liña 2: 981 88 77 02

Altamira

José Luís García García

Na parte central colocamos a entrevista, desta vez a MONCHO LEMOS gran amigo, excelente profesional da radio e colaborador en distintas actividades que organiza o propio concello, serva tamén esta entrevista como agradecemento.

Alcalde do Concello de Brión

RECIBAN UN CORDIAL SAUDO BO NADAL E VENTUROSO ANO 2010

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

contidos Pax. 3 REPORTAXE Paxs. 4 - 11 ACTUALIDADE Paxs. 12 - 13 BRIONESES Pax. 14 SERVIZOS SOCIAIS Paxs. 15 - 20 CULTURA E DEPORTE S Pax. 21 HISTORIAS E LENDA S Pax. 22 PASATEMPOS / HUM O R Pax. 23 CURIOSIDADES / NA P R E N S A


REPORTAXE OBRAS

O Concello arranxará as pistas polideportivas do CEIP de Pedrouzos con cargo ao Plan ZP Brión estudia destinar os 767.000 euros do plan a proxectos relacionados co medio ambiente, o abastecemento de auga e contedores soterrados do lixo. Poucas cousas hai que consigan en política o apoio de todas as forzas, independentemente da cor política de cada un. O Fondo Estatal de Investimento Local posto en marcha polo Goberno Zapatero é un deses exemplos, pois estes cartos que reciben as administracións locais son un auténtico salvavidas para manexarse pola marexada da crise económica. Despois dunha primeira partida de 1,17 millóns de euros en 2009, o novo Plan E para Brión destinará un total de 767.995 euros. Aínda que a día de hoxe non están definidos todos os proxectos, pois o prazo para presentalos remata o vindeiro mes de febreiro, o alcalde Xosé Luis García adianta que “estamos estudando investir estes fondos en proxectos relacionados co medio ambiente, na construción de novos contedores soterrados para a recollida do lixo e incluso algún pequeno proxecto de saneamento e abastecemento de auga que nos falta para ser o primeiro municipio que ofrece este servizo ao 100% dos seus veciños”. As únicas excepcións serán Vilariño dos Cunqueiros e Rubial, aldeas onde tan só están habitadas dúas casas que terán unha solución particular para cada unha. Ademais, para mellorar o abastecemento de auga, o Concello está a analizar un proxecto para permitir o bombeo dende o depósito de auga de Brión ata outro situado en Boullón Así as cousas, o primeiro proxecto que será incluído no Fondo Estatal de Investimento Local será o arranxo das pistas polideportivas do CEIP de Pedrouzos. Unhas obras que, de acordo co orzamento elaborado polos servizos técnicos municipais, ascenden a 51.252,87 euros. O Concello de Brión xa remitíu este informe tanto á xefa territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Coruña como ao secretario xeral deste departamento, para que se pronuncie sobre se asume ou non os gastos deste importante arranxo, especialmente nas soleiras e nas gradas. O alcalde adiantou que “se a Consellería de Educación fai deixación de funcións e non arranxa as pistas deportivas do colexio de Pedrouzos, introduciriamos esta obra no novo fondo do Goberno Zapatero”. Ademais, o Concello dotará tamén ao CEIP de Pedrouzos dunha alarma.

INVESTIMENTOS POR MÁIS DE 1,17 MILLÓNS DE EUROS O Concello de Brión certificou este mesmo mes de decembro a última das obras incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local 2009, que suman un total de 1,17 millóns de euros e que foron levadas a cabo polas empresas Alcomte Galicia SL, Espina Delfín SL, Coecisa SL, IEC Reboredo SL e Eulogio Viñal Obras y Construcciones. Entre os traballos realizados, o Concello acometeu obras de acondicionamento e seguridade vial en pistas municipais nas parroquias de San Salvador e Bastavales (114.000 euros); Viceso, Luaña e Cornanda (181.000 euros); Brión, Viceso e Ons (157.000 euros) e nas pistas que unen San Salvador coa Igrexa de Bastavales e co Límite de Rois (159.000 euros). Ademais, acondicionáronse e mellorouse a seguridade vial nas pistas municipais das parroquias de Os Ánxeles e Boullón, por un importe de algo máis de 166.000 euros. No que atinxe ás obras de abastecemento e saneamento, a empresa Espina Delfín SL acometeu as obras de saneamento de Mato (Luaña); mentras que Alcomte Galicia SL realizou traballos de abastecemento, saneamento e bombeo en Estrar (Os Ánxeles) por un importe de 82.000 euros. Finalmente investíronse 84.900 euros nos acabados interiores da escola de música de Brión e outros 67.000 euros nun plan de mellora da eficiencia enerxética en distintos puntos do termo municipal.

Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE ORZAMENTOS

O Concello de Brión manterá o seu nivel de investimentos a pesar da crise Os orzamentos para 2010 superan os seis millóns de euros e incrementan nun 4,6% o gasto na prestación de servizos aos veciños.

Brión xa conta con orzamentos para 2010. O último pleno municipal do ano aprobou unhas contas que ascenden a 6.094.887 euros, reservan 1,23 millóns de euros a investimentos. Uns orzamentos “austeros, realistas e solidarios: os mellores que se poden presentar nestes tempos de crise”, en verbas do alcalde Xosé Luis García. Unha crise que se nota nas cifras globais destas contas, que supoñen un descenso do 9,67% con respecto ao exercicio de 2009, pero que non impedirá que o Concello de Brión poida manter o seu nivel de investimentos reais no municipio. A xustificación atópase en que a eses 1,23 millóns de euros consignados hai que engadirlles os 767.000 euros do Fondo Estatal de Investimento Local ou os case 200.000 euros do plan anticrise da Deputación Provincial, de xeito que os investimentos produtivos no municipio superarán os dous millóns de euros. Por proxectos, o maior investimento (630.440 euros) será o correspondente

á primeira anualidade da piscina cuberta climatizada municipal. Así mesmo, as contas recollen unha partida de 300.000 euros para a terceira anualidade da futura casa do concello, así como outros 75.000 euros para dotalo de mobiliario e 94.500 euros en acondicionar a súa praza pública. Os orzamentos para 2010 recollen tamén outras partidas significativas para a construción e remodelación de beirarrúas (32.000 euros), a adquisición de terreos para o punto limpo (34.000 euros) ou para a compra dun tractor desbrozadora (20.000 euros).

e os gastos por asistencias a plenos e co-

DESCENSO NOS GASTOS DE PERSOAL

rior). Un incremento que se xustifica na

Por outra banda, os gastos nas retribucións do persoal para 2010 experimentan un descenso do 0,4%, aínda que contemplan a suba do 0,3% nas retribucións do persoal establecida no proxecto de Lei de Orzamentos do Estado para 2010. “Reducimos todos os gastos de representación e protocolo, conxelamos por segundo ano consecutivo os soldos dos cargos públicos

misións, e reducimos nun 30% os gastos dos cargos electos”, sinala Xosé Luís García. Sen embargo, o Concello de Brión ten consignados 1,98 millóns de euros para gastos correntes en bens e servizos que se prestan aos veciños, unha partida que representa o 32% do orzamento xeral (o que supón un crecemento de 4,6 puntos porcentuais con respecto ao ano anteaposta do Concello de Brión por manter o nivel de servizos que se prestan á poboación, en especial nestes intres de crise económica. “Por iso decimos que son uns orzamentos solidarios, porque os aumentos se producen en sanidade, cultura, servizos sociais, deporte e educación”, puntualiza o alcalde.

PRUDENCIA NOS INGRESOS No que atinxe ao capítulo de ingresos, as transferencias correntes mantéñense nas mesmas cifras que no 2009: 2,32 millóns de euros. A Deputación da Coruña, cun 75,6% das transferencias, é o meirande fornecedor para as arcas municipais, grazas tanto aos planos provinciais de obras como ao convenio para a construción da piscina climatizada. En segundo lugar se sitúa a Xunta e os seus 165.000 euros para a terceira anualidade para a nova casa do concello. Pola contra, os recursos propios do Concello de Brión (correspondentes a impostos directos e indirectos, taxas e ingresos patrimoniais) baixan do 56% do total orzamentado en 2009 ao 42% previsto en 2010. A partida máis deficitaria é a correspondente a impostos indirectos, o que reflicte a caída da actividade no sector da construción no termo municipal. “En ingresos por convenios urbanísticos levamos unha previsión de ingresos de 0 euros e no ICIO levamos 100.000 euros, fronte os 300.000 presupuestados este ano, sinala o alcalde brionés, “pero preferimos facelo así por un criterio de prudencia diante dunha situación de crise económica”. De todos os xeitos, o Concello de Brión ten un endebedamento do 47%, cando a lei permite ata o 110%, polo que non haberá problema algún de solvencia ou pagos como noutros municipios.

4 | Concello de Brión


ACTUALIDADE INSTITUTO DE VICESO

O Concello ofrécese a colaborar coa Xunta para buscarlle unha saída ao Instituto de Viceso O pleno insta a Educación a que manteña baixo o dominio público o inmoble e evite o seu deterioro zas nesta residencia. Pero as negociacións que saltaron polos aires o pasado 12 de novembro, cando a Xunta anunciaba unilateralmente a súa decisión de desafectar o uso do IES Viceso e pretendía que o Concello se fixera cargo do inmoble no estado ruinoso no que actualmente se atopa. O argumento: que como o Concello de Brión figura como propietario da parcela, é por tanto propietario do inmoble que hai construído nela. Unha argumentación á que se sumou o PP de Brión, que pedíu un investimento millonario para arranxar os desperfectos “tolerados” pola Consellería de Educación e convertelo no gran centro sociocultural do municipio. Deixando a un lado que a ubicación non é idónea para que todos os veciños puidesen disfrutar de semellantes instalacións, o último pleno do ano vén de rexeitar esta A situación na que se atopa o antigo ins- posibilidade por ser economicamente tituto de Viceso aseméllase á lenda de inasumible para as arcas municipais e por Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid, pois ambos renunciar a Xunta a facer calquera tipo de están a dar moito máis que falar despois aportación para que o IES Viceso volva ao de mortos. Apenas 22 meses despois do seu estado orixinal. traslado ao IES Brión, a triste realidade pode ser contemplada por calquera que Por iso, o grupo de Goberno aprobou se achegue polas instalacións: un total unha proposta (cos votos en contra do PP abandono e deterioro froito de case dous e a abstención do BNG) pola cal o Concello anos de roubos e actos vandálicos. instará á Consellería de Educación a que manteña como dominio público da Xunta Unha situación á que se chegou sen que o edificio do IES Viceso, a que adopte mea Xunta, nin durante o Goberno Touriño didas para evitar máis roubos e actos vannin agora co Goberno Feijoo, foran quen dálicos nestas instalacións, a que colabore de evitar o progresivo deterioro destas co Concello na busca dunha utilidade ao instalacións. As negociacións emprendi- inmoble e a que inscriba no Rexistro da das polo Concello de Brión para conver- Propiedade a finca e a edificación sobre ter este inmoble nunha residencia para a ela construída. E é que a pesar de que o terceira idade non fructificaron con nin- pleno municipal de 23 de novembro de gunha das dúas administracións. Durante 1987 cedeu á Xunta a propiedade da para etapa Touriño, a Consellería de Educa- cela de 7.000 euros onde se ía construír ción comprometérase a utilizar o inmoble o IES Viceso, neses vinte anos os distintos para usos educativos a nivel provincial. Un responsables da Consellería de Educación proxecto que non chegou a ver a luz. non tiveron tempo nin de rexistrar a parcela nin o inmoble construído nela. Co cambio de goberno na Xunta, o Concello retomou as negociacións e puxo de O Concello mantén a mesma postura: novo sobre a mesa a residencia de an- “seguimos crendo que o edificio pode ser ciáns, proposta que precisaba de dúas un centro para a terceira idade, pois non decisións por parte do Goberno Feijóo hai outro semellante nos arredores. Hai para ser unha realidade: que Educación ofertas, sempre que a Xunta garanta un desafectase o uso do inmoble en benefi- mínimo de prazas”, sinala o alcalde Xosé cio da Consellería de Traballo e Benestar; Luís García. Así as cousas, a pelota volve e que este departamento acordase a sub- a estar onde sempre estivo: no tellado da vención dun determinado número de pra- Xunta.

CRONOLOXÍA 25 de agosto de 1981. Diante dunha demanda de 450 rapaces menores de 14 anos na parte alta do municipio, o pleno municipal solicita a construción dun novo colexio. 23 de novembro de 1987. O pleno municipal cédelle á Xunta de Galicia unha parcela de máis de 7.000 m2 para a construción do colexio de Viceso. Ano 1998. Coa chegada da LOGSE, e para evitar que os rapaces tiveran que saír do municipio para ir ao instituto, o colexio de Pedrouzos convértese en CEIP e o de Viceso en IES. Ano 2005. A Xunta de Galicia acorda a construción dun novo instituto en Pedrouzos Ano 2007. Diante da construción do IES Brión e o próximo abandono do edificio do IES Viceso, o Concello contacta coa Consellería de Educación e coa Vicepresidencia da Igualdade para transmitirlles o interese duns particulares en facer unha residencia para a terceira idade nese inmoble. Febreiro de 2008. Traslado do IES Viceso ao IES Brión. En febreiro dese mesmo ano prodúcense os primeiros destrozos. Durante ese ano e principios de 2009, o alcalde reúnese ata en tres ocasións con responsables da Consellería de Educación, que lle comunican a intención da Xunta de utilizar o inmoble para un proxecto de educación especial a nivel provincial. Un proxecto que comezaría en setembro de 2009. Xuño 2009. Superados os 100 días de graza ao novo Goberno da Xunta, o Concello de Brión envía un informe e fotografías sobre o estado do IES Viceso, solicitando unha entrevista co Secretario Xeral de Educación. Unha petición que se reiterou ata en tres ocasións, sen obter nin sequera resposta. Finais de agosto 2009. A situación de abandono do IES Viceso salta aos medios de comunicación. 16 de setembro de 2009. O alcalde reúnese co Secretario Xeral de Educación. Catorce días despois fai o propio coa xefa territorial. Ambos comprométense a buscar unha solución Novembro de 2009. A Xunta decide unilateralmente desafectar o uso do inmoble para que sexa asumido polo Concello de Brión. 16 de decembro de 2009. O pleno municipal insta a Educación a que manteña o dominio público do inmoble, adopte medidas para evitar actos vandálicos, inscriba o edificio no Rexistro da Propiedade e colabore co Concello na busca dunha saída para a instalación.

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE NOVA INFRAESTRUCTURA

A piscina climatizada de Lamiño: obxectivo 2010 O pleno municipal aprobou o expediente de contratación das obras coa única abstención do PP. Finais de 2010, principios de 2011. Este é a data que se marca o Concello de Brión como obxectivo para poder ter rematadas as obras de construción da piscina cuberta climatizada de Lamiño, unha instalación orzamentada en 1.386.000 euros, dos que a Deputación aportará un millón e o Concello se fará cargo dos 386.000 euros restantes. O pleno municipal aprobou o pasado mes de novembro os último trámites administrativos precisos: o expediente de contratación e a distribución plurianual da obra, de xeito que nas vindeiras semanas coñeceremos a empresa encargada de levar a cabo as obras. Uns trámites administrativos aprobados novamente cos votos a favor de PSOE e BNG, pois o PP reafirmouse na súa posición de abstención en todo o relacionado coa piscina municipal. De feito, o alcalde Xosé Luis García asegura que “sigo sen entender que o PP non apoie a piscina cuberta, que non apoiara a nosa petición dun millón de euros para financiala e que non apoie sacala a concurso, sobre todo cando presentou moción pedindo a construción en 2009 dunha piscina en Pedrouzos e outra nas parroquias altas no municipio”. Así mesmo, o pleno municipal aprobou tamén a distribución plurianual desta obra, quedando contemplado un investimento de 841.391 euros para o exercicio 2010 e de 493.334 euros para o 2011. Xosé Luis García explica que “aínda que o prazo de execución das obras é de 15 meses, nas bases de contratacións prímase especialmente que a instalación estea lista no menor tempo posible, polo que agardamos que poida estar rematada a finais de 2010 ou principios de 2011”.

6 | Concello de Brión

XIMNASIO E PISCINA NUN MODERNO EDIFICIO A piscina cuberta climatizada de A piscina cuberta climatizada de LaBrión estará ubicada nun moderno edi- miño contará cuns acabados interiores ficio composto de planta baixa e soto, e exteriores moi coidados. Así, na zona situado no lugar de Lamiño, xusto a ca- de piscina e dos vestiarios colocarase rón do polideportivo municipal e do CEIP un pavimento de gres porcelánico cun de Pedrouzos. Ocupará unha parcela de tratamento especial antideslizante, para 5.490 m2 que xa dispón de todos os garantir así a seguridade dos usuarios e servizos urbanísticos precisos: abaste- usuarias destas instalacións deportivas. cemento de auga potable, evacuación No que atinxe ás paredes, os revestide augas residuais á rede municipal de mentos interiores acabaranse con pintusaneamento, subministro de telefonía ra plástica lisa, salvo nos locais húmidos e enerxía eléctrica, así como acceso ro- (piscina e vestiarios) onde se instalará dado por vía pública, cun fronte de 58 plaqueta de gres porcelánico. metros de lonxitude. Este edificio incluirá unha piscina climatizada de 586 m2, cun graderío de 47 m2 e un ximnasio de 135 m2 de superficie. Así mesmo, esta instalación contará con vestiarios para homes e mulleres (ambos de 114 m2), sala de recepción ao público e outras dependencias comúns (almacéns, aseos, área para o socorrista e locais na planta soto para a ubicación de todos os sistemas para o funcionamento da instalación).

Finalmente, no que atinxe á apariencia exterior, a piscina municipal de Brión levará unha cuberta de lousa maciza de formigón armado e unha cubrición mediante panel sandwich de chapa de aceiro. O peche do edificio co exterior será de dobre folla, a carpinteiría exterior será de aluminio lacado en cor gris oscura e o acristalamento será dobre, todo elo para conseguir un mellor aillamento térmico e acústico do edificio.


ACTUALIDADE

O Concello inviste 85.000 euros na mellora de doce parques infantís OBRAS A REALIZAR Na zona urbana faranse traballos de mellora nos parques infantís de Vila Caracas (Pedrouzos), no da escola unitaria dos Ánxeles, no do Río Pego e nos situados a carón das urbanizacións do Balado, Devesa da Gándara, Agro Novo, Monte Devesa e Balneario do Tremo, todos eles nos Ánxeles. En todos vanse realizar traballos de reubicación e mantemento dos distintos xogos (que serán pintados, reaxustados e limpados), ademais colocación dos preceptivos carteis homologados. A maiores, na urbanizacion do Río Pego, Agro Novo, Balado e Devesa da Gándara mellorarase o estado dos valados de madeira existentes.

que farán que estas doce instalacións cumpran estrictamente os criterios establecidos pola nova normativa europea de seguridade nos parques infantís entre os que se inclúen a instalación de carteis O Concello de Brión vai investir algo informativos homologados en todos os máis de 85.000 euros nun proxecto de parques ou a dotación de area lavada nas mellora de doce parques infantís do mu- distintas áreas de xogo. nicipio, unha obra que acaba de ser adxuA elección destes doce parques realidicada á empresa Lappset España SR S.L. Os traballos comezaron este mesmo mes zouse de acordo con dous criterios: por de decembro e estarán rematados no pra- unha banda están aqueles máis necesitazo de dous meses, é dicir, en febreiro de dos dunha reparación (como os da Igrexa de Bastavales e os das aldeas de Cornan2010. da e Guitiande) e os máis utilizados, como O alcalde Xosé Luis García explica que os das distintas urbanizacións situadas “estas obras permitirán mellorar o estado nos Ánxeles. As obras de mellora, que bedos doce parques infantís máis utilizados neficiarán a 8 parques da zona urbana e a polos veciños e veciñas de Brión, tanto da outros 4 da zona rural, contan cunha axuparte urbana como da rural”. Unhas obras da de 60.000 € da Deputación. As obras, que inclúen a instalación de novos xogos e traballos de reparación dos parques, estarán rematadas en febreiro de 2010

Na zona rural, as actuacións a realizar serán moito máis importantes, orzamentariamente falando, salvo no caso de Sabaxáns (Bastavales) e Guitiande, onde se farán traballos de mantemento e reubicación dos xogos, así como dotar á zona de area lavada e do correspondente cartel informativo homologado. No parque infantil situado a carón da igrexa de San Xulián de Bastavales e no da aldea de Cornanda substituiranse os xogos actuais por outros novos, que inclúen un bambam para dúas persoas, un togobán e un pórtico de randeeira de madeira. En Cornanda tamén se instalará un bordo prefabricado de formigón no perímetro do recinto, mentras que no de Guitiande tamén se substituirá un xogo en mal estado (o denominado “rinoceronte”).

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE OBRAS

Brión investirá 127.000 euros en reparar beirarrúas e facer unha nova praza en Pedrouzos

Ascensión e Santa Minia, festivos locais en 2010

Os veciños e veciñas de Brión disporán o vindeiro ano 2010 dun total de 14 días festivos, doce a nivel autonómico e outros dous a nivel local. Estes dous últimos son os días da Ascensión (xoves 13 de maio) e Santa Minia (luns 27 de setembro). A simple vista preséntanse varias oportunidades de “ponte” (principalmente entre outubro e decembro). Para os que queiran ir facendo plans, a relación de festivos para 2010 é a seguinte:

O POS 2010 traerá a brión 126.954 euros, co que se repararan as beirarruas do Concello e acondicionarase a nova praza da nova Casa do Concello de Pedrouzos.

- 1 de xaneiro: Ano novo - 6 de xaneiro: Epifanía ou Reis Magos - 19 de marzo: San Xosé

O Concello de Brión vai investir un total de 126.954 euros, correspondentes ao Plan de Obras e Servizos 2010 da Deputación Provincial da Coruña, na mellora de varias beirarrúas do municipio e no acondicionamento da praza do futuro consistorio de Brión, en Pedrouzos. O alcalde Xosé Luis García explica que “o proxecto inclúe a reparación de moitas beirarrúas do concello, unhas porque precisan dunha reforma e outras nas que necesitamos mover as farolas para que os veciños teñan uns lugares máis amplos polos que pasear”. Un proxecto que se complementará coa instalación de novos puntos de luz nas zonas máis necesitadas.

- 1 de abril: Xoves Santo

Así mesmo, o Concello de Brión tamén investirá 94.500 euros na pavimentación e acondicionamento do entorno da praza da nova casa do concello, que se está a facer en Pedrouzos co acondicionamento da Casa do Picón. Aínda que para que a nova Casa do Concello sexa unha realidade haberá que agardar ata principios de 2011, esta nova praza estará aberta aos veciños aló polo verán. Un novo espazo público cunha superficie de 825 metros cadrados e que levará un punto soterrado de recollida selectiva de residuos.

- 1 de novembro: Todolos Santos

8 | Concello de Brión

- 2 de abril: Venres Santo - 1 de maio: Día do traballo - 17 de maio: Día das Letras Galegas - 12 de outubro: Festa Nacional

- 6 de decembro: Día da Constitución - 8 de decembro: a Inmaculada - Sábado 25 de decembro: Nadal


ACTUALIDADE AGASALLOS DE NADAL

O calendario e a guía de empresas son os agasallos deste Nadal que se reparten coa Revista Altamira

Disque a cabalo regalado non se lle mira o dente. Pero se o cabalo, ademais, é bo, pois mellor que mellor. E iso é o que pasa neste caso, pois a revista municipal “Altamira” chega este mes de decembro aos fogares dos veciños e veciñas de Brión con dous agasallos de Reis adiantados: un calendario para 2010 e unha guía de comercios, empresas, servizos e profesionais do municipio. Dúas iniciativas diferentes unidas por un mesmo fin: promocionar Brión.

que o Concello pretende apoiar o desenvolvemento económico local, promovendo o consumo nas empresas de Brión. Unha guía que estivo aberta a todas as empresas, autónomos e comercios interesados en participar, e ás que non se lles cobrou un can. A guía é froito do traballo da axente de desenvolvemento local de Brión, Elisa Iglesias, que recolleu toda a información: nome e enderezo da empresa, sector, datos de contacto (teléfono, páxina web, correo electrónico, persoa de contacto), horario de atención ao público e unha breve descrición da súa actividade. Como o obxectivo é promocionar o consumo nas empresas e comercios no municipio, o Concello decidiu regalar a guía canda a revista “Altamira” e repartir outros 1.500 exemplares entre os propios comerciantes.

O regalo do calendario non sorprenderá aos fieis seguidores de “Altamira”. Un almanaque con doce imaxes de recunchos naturais de Brión como os ríos Pego e Tinto; fermosas paisaxes de Cornanda, Luaña, Brión ou Torre; ou construcións como a Ponte dos Mouros (Bastavales) ou o muiño de Goiáns (Luaña). Deixando a un lado a calidade e fermosura das imaxes, nesta ocasión chamamos a atención sobre os seus autores, pois foron os veciños Esta guía non é a primeira iniciativa a e veciñas que participaron no I Concurso de Fotografía Ambiental de Brión, cele- prol de fomentar o consumo en empresas brionesas. O pasado ano, o Concello brado o pasado mes de xuño. de Brión editou un pequeno díptico con Canda este tradicional regalo, esta re- información sobre os establecementos vista entrega outra novidade: a primeira onde comer e durmir no municipio, que Guía de Comercios, Empresas, Servizos e foi repartido entre oficinas de turismo e Profesionais de Brión. Unha iniciativa coa municipios veciños.

Asociación de Empresarios de Brión Altamira

A Asociación de Empresarios de Brión ALTAMIRA quere fomentar o asociacionismo entre o tecido económico brionés, e para iso convida aos empresarios e autónomos deste concello a incorporarse coma socios ou a participar activamente na Asociación. Por esto, celebrará a súa 1ª Asemblea Xeral o vindeiro venres 15 de xaneiro ás 20.30h no salón de actos do Centro Social Polivalente, xuntanza á que poden asistir todas aquelas persoas interesadas, sexan socios ou non. Entre outros temas, esta asemblea ratificará á xunta directiva que conducirá á Asociación nos vindeiros dous anos, proporá as accións a desenvolver para o ano 2010 e escoitará as propostas dos asociados. Para calquera consulta podedes poñervos en contacto coa AEB Altamira a través do tfno. 698135720 ou no correo electrónico: aebaltamira@hotmail.com

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE NOVAS TECNOLOXÍAS

Internautas de todo o mundo xa pasean Papa Noel polo Tremo e Os Ánxeles a través de conectou dende Internet Laponia cos Neste ano 2009, Google Street View, tamén permite xa nenos e nenas de percorrer de maneira virutal o Camiño Francés a Santiago, co obxetivo de “transformar internautas en Brión preregrinos”

Este ano moitos nenos e nenas de Brión non escribirán as súas cartas a Papá Noel. E non é que deixaran de crer, pois teñen entre 2 e 5 anos, nin tampouco por seren fieis aos Reis Magos, nin pola omnipresente crise económica. Non escribirán porque sonche do máis moderno e xa lle fixeron as peticións a Papá Noel directamente por videoconferencia. Imaxe de Google Street View onde se pode ver a Rúa Vicente Ramos coa capela de San Ramón, tal e como se estiveramos “a pé de rúa”. Street View ou “vista dende a rúa” é unha característica de Google que proporciona imaxes case esféricas a nivel da rúa, permitindo aos usuarios ver partes das ciudades seleccionadas e as súas áreas metropolitanas circundantes.

que os recén chegados nin son de Brión e nin sequera teñen pisado esta terra. E é que tanto O Tremo como O Alqueidón están incluidos no servizo Street View, que ofrece Google Maps. Un servizo que permite que internautas de calquera parte do mundo poidan ver imaxes das rúas Google Street View mostra fotos to- brionesas dende o seu ordenador cunha madas dende cámaras montadas sobre visión de 360 graos, é dicir, como se estiunha frota de automóbiles e móstranse vesen alí mesmo. sobre as imaxes de fondo previamente tomadas dende satélite que compoñen Aínda que dende Altamira recomenos mapas de Google. Ademáis, dende o damos o paseo “in situ”, pois ademais de segundo trimestre do 2009, Google utili- tratar directamente coa xente, é moito za triciclos para recoller imaxes de zonas máis saudable, non está de máis botar un inaccesibles para vehículos, tales como ollo na web www.google.es. Unha vez alí grandes parques, campus universitarios e pulsaremos “Google Maps” e introducicentros históricos das cidades, nas que as remos o nome de Brión. Entón aparecerá rúas, na sua maior parte, son peatonais. un pequeno boneco amarelo que, arrastrado sobre o mapa, nos permitirá pasear E chegados a este punto, moitos son pola avenida Vicente Ramos, polo Balneaos veciños e veciñas que gustan de pasear rio do Tremo ou polas distintas urbanizaa cotío polas rúas do Tremo e dos Ánxe- cións dos Ánxeles e, quen sabe, mesmo les. Pois dende hai unhas semanas dispo- descubrir a algún veciño, ou a nós mesñen de novos compañeiros de paseo, só mos, inmortalizados na web.

10 | Concello de Brión

Uns douscentos nenos e nenas da gardería municipal, do CEIP de Pedrouzos e das escolas unitarias de Os Ánxeles, Luaña e Sabaxáns pasaron nestes días polo Telecentro de Comunicacións de Brión para falar con Papá Noel, que respostou ás súas preguntas en tempo real dende Laponia. Unha iniciativa organizada polo Concello de Brión para que ningún pequeno do municipio quedara sen poder participar nesta nova experiencia que ofrece o telecentro brionés. Os pequenos pasárono en grande e, despois dos normais titubeos iniciais, mesmo meteron nalgún que outro apuro a Papá Noel con algunhas das súas peticións ou observacións. Papá Noel comprometeuse a levarlles todo o que pediran, aínda que lles deixou ben claro os seus honorarios: un vaso de leite e un prato de galletas. A pesares do éxito da experiencia, seguro que máis dun deles pensou que isto das novas tecnoloxías está ben, pero que non estaría de máis acompañalas da tradicional carta escrita.


ACTUALIDADE HOMENAXE

Os veciños de Bastavales homenaxean a Don Alejandro no seu 75 cumpreanos O cura de Bastavales cumpre 75 anos e xa leva 31 cos seus fegreses da parroquia de San Xulián de Bastavales Uns douscentos de veciños e veciñas de Bastavales celebraron unha homenaxe ao seu párroco, Alejandro Moscoso Sabell, co gallo do seu 75 cumpreanos. Unha homenaxe organizada por un pequeno grupo de fregueses desta parroquia, que quixeron agasallar a don Alejandro agora que acaba de cumprir medio século como sacerdote, dos que leva 31 anos como párroco de Bastavales. A homenaxe, consistiu nunha misa e un xantar popular, no que os veciños agasallaron a don Alejandro cun reloxo, un bolígrafo e un cadro. Alejandro Moscoso Sabell é natural da parroquia de Berreo (Trazo), aínda que pouco despois de nacer os seus pais se trasladaron á Busto (preto de Sigüeiro). A súa primeira parroquia foi a de Senra (Oroso), dende onde se trasladou a Portela (Pontevedra), San Andrés de Vea e Couso (preto de Cuntis), Marrozos (Santiago), Couto (Arzúa) e Brandomil (Zas). Hai 47 anos foi nomeado cura párroco en Ribasar (Rois) e dende 1978 exerce como párroco da freguesía de Bastavales.

Revista Altamira | 11


BRIONESES

“As novas tecnoloxías permiten que nos fagamos o noso menú audiovisual á carta”

XORNALISTA CINEMATOGRÁFICO E DIRECTOR DO PROGRAMA RADIOFÓNICO “FONDOS RESERVADOS” É unha das voces e das caras máis coñecidas de Galicia á hora de falar de cine ou de música dos 60, 70 e 80. Non en van o seu programa, “Fondos Reservados”, conta cunha gran cantidade de fieis seguidores que, como Moncho Lemos, gustan de escoitar esas cancións que trascenden á súa época xunto con esa versión especial que todos levamos no noso corazón. Hai uns meses abríu o blog do programa (moncholemos.blogspot.com) no que mantén un contacto diario e directo cos seus seguidores. Porque “nunca se víu tanto audioviual como agora, o que cambia é omodo de exhibición porque as novas tecnoloxías permiten que nos fagamos o noso menú audiovisual á carta”, sinala.

MONCHO LEMOS - Que foi o que lle fixo vir a vivir a Brión? - Cheguei en 1993, primeiro en Monte Devesa e despois no Tremo. Daquela atraeume a proximidade a Santiago e que non había os problemas de tráfico que houbo despois e que só se resolveron coa entrada en funcionamento da autovía. Era un municipio pouco poboado, con moitas zonas verdes, tranquilo, sen estradas ao lado... era un concello no que había casas, máis que edificios. Un concello cun certo aire familiar. - Mestre de cerimonias no Entroido e na Festa do Cabalo deste ano. Véselle moi implicado na vida brionesa. - Empecei a coñecer xente a través do meu fillo, cando comezou a ir ao colexio e polas actividades deportivas. Así coñecín a xen-

12 | Concello de Brión

te como Trigo, co que ía no autobús para os partidos de fútbol do rapaz. Despois fun coñecendo ao resto da xente como Alberto, Patricia... e, como son amigo de Juan Freire e Begoña Fontenla, entre todos “liáronme” un pouco para presentar o Entroido. E gustoume, botamos unhas risas e está moi ben que os concellos fagan festas coma esta, que supoñen o complemento do entroido e no que participan non só os nenos, senón todas as familias. A única mágoa é o tempo, que non sempre acompaña. E o do cabalo foi algo que xurdíu por primeira vez este ano. Dixéronme de botar unha man e así o fixen, pero teño que estarlles especialmente agradecido aos membros da organización, porque isto do cabalo é algo que coñezo dende o exterior pero me estiveron explicando todas as

cuestións técnicas. - Ao final todas estas actividades fan que un se vaia implicando no municipio. - Tomemos por exemplo os campamentos de verán. Ata que cumpriu os doce anos, o meu fillo foi a varios. Moita xente coma min traballa no verán e non podemos levar aos nosos fillos á praia. O feito de que o meu rapaz poida estar quince días nun campamento, convivir por primeira vez con nenos da súa mesma idade, isto é socializar aos pequenos. Son partidario de que os nenos vaian á escola onde viven para que poidan integrarse cos amigos, e actividades como estes campamentos serven de nexo de unión dos rapaces máis aló do colexio. O mesmo sucede coas actividades deportivas, aínda que neste caso depende tamén


BRIONESES non está en crise, vese máis cine ca nunca. O que pasa é que a xente ve cine no ordenador, no DVD, na televisión... Nunca tivemos tanto audiovisual dispoñible. Para as salas quedan os grandes éxitos, para os fenómenos mediáticos, títulos que imos ver “porque hai que velas”. O exemplo destas datas vai ser “Avatar”. Pero eu creo que nunca se víu tanto audiovisual como agora, o que cambia é a forma de exhibición. Pero cando vas ao Festival de Cine Fantástico de Sitges ou a Cineuropa ves que o cine segue funcionando.

do tempo do que podas dispoñer. Penso que a un concello pequeno como Brión o honran este tipo de actividades. - Fálenos deses “Fondos Reservados”. - É un programa de “oldies”, de música dos 60, 70 e 80, que leva moitos anos en antena. No verán emítese a diario, entre as nove e as once da noite. É o momento da volta das praias, dos atascos, de vir de tomar as tapas... e moitos aproveitan para escoitar estes programas de nostalxia da música deses anos. - Ter un programa de oldies, de clásicos, equivale a dicir que agora non se está a facer boa música. - Cada música é do seu momento, pero hai que ver se consegue trascender a súa época. Cando alguén faga uns “Fondos Reservados” no 2020 ou no 2030 imaxino que porá cancións de Sabina ou de Alejandro Sanz. Entón será cando esas persoas poidan falar de se esa canción é ou non especial. Ademais, a nostalxia é un filtro tamén que fai que teñas certa condescendencia coas cancións e algunha que no seu momento parecía horrorosa pois resúltache simpática. Por exemplo, Mecano. Cancións como “7 de septiembre”, “Aire” ou “Cruz de navajas” aguantan o paso do tempo. Outras como “No hay marcha en Nueva York” ou “Maquillaje” vense vellas. - Que busca con “Fondos Reservados”? - No programa buscamos cancións italianas, francesas, pop dos 70, cancións latinoamericanas, cantautores... é un pouco buscar esas cancións que escoitamos unha vez e desapareceron do mapa. É un traballo de rebuscar, de poñer as caras B dos discos. É un programa para que a xente o pase ben tanto se está no traballo como de vacacións. - Un programa caracterizase polos gustos do seu director. Cales son os gustos de Moncho Lemos? - Son de gustos eclécticos. Gústanme cancións soltas, máis que un artista ou un estilo. Pódenme gustar unha canción francesa, unha country dos 80, Long Star... e admiro a denominada “Terceira Vía da Música”. Xente como Cánovas Rodrigo, Cecilia... autores que eran comerciais pero cuxas letras e cancións estaban moi coidadas, cun discurso que chegaba ao gran público. Falo de temas de Cadillac, de Pedro Ruiz Blas... - É dos que pensa que hai cancións que teñen unha aura especial e non se poden versionar? - No meu programa facemos ás veces monográficos de versións, cancións moi populares en voces non tan coñecidas. Curiosidades como escoitar “Something stupid” na voz de Andy Williams ou a Janet cantando en francés. Esas rarezas. Todo o

mundo coñece o “Gloria” de Umberto Tozzi, pois nós poñemos o de Laura Branigan, por exemplo. Agora saíu un recompilatorio de Nino Bravo, un tributo de varios autores do que só salvaría a versión de Amaia Montero. As outras son horrorosas e infumables, non aportan nada. Eu guíome polo meu criterio e, se non me gusta, pois non a poño. Como regra xeral, gústame que as versións respecten a melodía orixinal. - Pero, ademais da radio, é moi coñecido polas súas críticas cinematográficas na televisión. Cal é a súa valoración do momento actual do audiovisual español e galego? - Este ano “Celda 211” foi a película sorpresa, é do mellor do cine español deste ano. Tamén o formato de “Rec 2” acadou bos resultados. O audiovisual que chega á televisión tamén é moi bo, dende pioneiros como “Pratos combinados” ou “Mareas vivas” a series actuais que son canteira de actores e técnicos. Recentemente, en Cineuropa, Fernando Trueba dixo que o cine

- Que recomendación nos faría? - Penso que cada un ten que descubrir a súa película e o seu disco, aquel que é especial e que adoita estar asociado a unha vivencia especial. Por iso cada persoa ten a súa película. Non son mitómano, non teño un director especial. Grazas á rede agora todos podemos ver máis cine, polo que animo á xente a descubrir novas películas das que non falamos os medios de comunicación pero que son moi interesantes. O cine latinoamericano, por exemplo, de Carlos Sorín ou de Juan José Campanella. Non creo que haxa un cine europeo, pero sí un cine francés, italiano ou danés moi interesante. O cine non está morto e é unha parvada dicir que as boas historias só están nas series de televisión. Hai de todo en ambos casos. Cando vas ver unha película de Bill Murray, de Jennifer Aniston ou de Eddie Murphy xa sabes que é un formato gastado, unha historia caduca, que todo é previsible. Pero ao seu lado hay historias que teñen moito que contar. O que hai é que escoller, xa que temos a posibilidade de facer un menú audiovisual á carta.

EN POUCAS PALABRAS “Brión é o único lugar dos arredores de Santiago onde hai casas, non edificios” - Para vostede Brión é... - Agradable, entrañable e cómodo. - Cal é o seu lugar favorito? - Posiblemente o entorno de Santa Minia, que foi o primeiro que coñecín cando vin aquí. - Cal é a súa mellor lembranza nestes anos vivindo en Brión? - Cando naceu o meu fillo e fun inscribilo no rexistro. Foi algo moi familiar porque daquela aínda non había moita xente vivindo aquí. - Que é o que máis lle gusta de vivir en Brión? - O urbanismo respectuoso co entorno. É o único lugar nos arredores de Santiago onde hai casas, non edificios. E tamén o clima, ese microclima que dan eses dous ou tres grados máis con respecto a Santiago. - Que botas en falta? - Potenciar a feira dos martes. Non sei como, pero habería que buscar algunha forma de darlle máis pulo para que chegase a mover a tanta xente coma a de Bertamiráns dos sábados, por exemplo.

Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS VIAXES

Unha trintena de veciños e veciñas visitan Póvoa do Varzim O grupo de particulares foi de idades moi homoxéneas de entre 45 e 50 anos. Malia o mal tempo predominante durante a viaxe, os participantes gozaron das visitas, tendo só que suspender a de Baiona. Un grupo de 28 veciños e veciñas de Brión visitaron o pasado mes de novembro a cidade lusa de Póvoa do Varzim. Unha viaxe aberta inicialmente a veciños de entre 35 e 65 anos pero que á fin reuníu a un grupo de idades moi homoxéneas, de entre 45 e 50 anos. Todos eles disfrutaron dunha cea-baile no Casino de Póvoa de Varzim.

Carballeira de Santa Minia en dirección a Porto, onde tivo lugar o xantar. Ademais, a expedición tivo tempo para facer un percorrido guiado pola cidade que aloumiña o río Douro e, como é tradición, achegarse ata unha das famosas adegas da zona para catar o viño de Porto.

Despois da cea-baile no casino de Póvoa de Varzim, onde se aloxaron. EmprenOs veciños sairon en autobús dende a deron a viaxe de volta, que tamén incluiu

14 | Concello de Brión

interesantes paradas turísticas. Tras almorzar no hotel, a expedición partiu cara Viana do Castelo, onde visitaron o Santuario de Santa Luzia. Xa de volta en Galicia, a parada obrigada foi no Santuario de Santa Tegra, na Guarda, localidade onde tivo lugar o xantar da xornada. Malia que o mal tempo impedíu a visita a Baiona, a expedición chegou a Brión con gañas de repetir a experiencia canto antes.


CULTURA E DEPORTES CERTAME DE PINTURA

“Novos Valores 2009” incrementa nun 75% a contía destinada a premios O certame ábrese por primeira vez a artistas maiores de 30 anos e modifica as súas bases para atraer máis participantes. O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 16 de xaneiro de 2010. Poderán participar mozos e mozas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de temática e estilo libres, e que non fora presentada noutro certame previo. Unhas obras que non deberán exceder dunhas dimensións máximas de 150 centímetros, nin mínimas de 80 centímetros, non admitíndose obras cubertas con vidro.

O Concello de Brión vén de convocar a sexta edición do certame de pintura “Novos Valores 09” que, seguindo as recomendacións realizadas polo xurado da pasada edición, recolle unhas importantes modificacións das súas bases, así como da cuantía dos premios, de cara a relanzar este certame que tan bos resultado ten conseguido en pasadas edicións. Así, a primeira gran novidade é que o Concello de Brión e a Fundación Feiraco acordaron incrementar nun 75% a contía destinada a premios, ata chegar aos 3.500 euros. Outra importante modificación é a apertura do certame a artistas maiores de 30 anos, así como o cambio nas franxas de idades das dúas categorías establecidas. Deste xeito, esta nova edición de “Novos Valores” contará con dúas categorías: de 14 a 17 anos (con dous primeiros premios de 600 e 400 euros); e maiores de 18 anos (con dous premios de 1.500 e 1.000 euros). Dous cambios que buscan que o certame “sexa máis atractivo para os pintores de toda Galicia e consigamos unha maior participación”, explica Patricia Vázquez, concelleira de cultura.

CATEGORÍA A: De 14 a 17 anos 1º PREMIO: 600 € 2º PREMIO: 400 €

CATEGORÍA B: + de 18 anos 1º PREMIO: 1500 € 2º PREMIO: 1000 €

Outra das modificacións nas bases radica tamén na entrega das obras, pois xa non é obrigatorio a entrega en persoa, senón que cada participante poderá optar por entregar a obra persoalmente na Casa da Cultura ou enviala por calquera medio de transporte. O que se mantén invariable é a documentación a presentar canda a folla de inscrición, que se pode descargar da web: www.concellodebrion. org. As catro obras premiadas e unha selección de tódalas presentadas conformarán unha exposición que o Concello de Brión organizará no Espazo das Artes, sito en Pedrouzos (Brión). Unha exposición que poderá ser visitada entre o 12 de febreiro, data na que se darán a coñecer os gañadores, e o 12 de marzo de 2010.

PRESENTACIÓN DE OBRAS:

ata o 16 de xaneiro de 2010 Casa da Cultura de Brión

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: www.concellodebrion.org

Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES NADAL 2009 - 2010

Actividades para o Nadal Títeres, obradoiros, cabalgata e concurso de postais compoñen a oferta lúdica para este Nadal

Xa está aquí de novo o Nadal e, con el, toda o que rodea a esta entrañable festa familiar. Unha tradición que se mantén por riba de calquera crise habida ou por haber, pois, diante da ilusión dun pequeno, non hai crise que valla. Pensando neles, nos máis pequenos da casa, o Concello de Brión elaborou un completo programa de actividades de Nadal no que non só se manteñen todas as actividades de anos anteriores, senón que mesmo se incrementan as actividades. Como non todo van ser regalos para os nenos, o Concello decidiu facer un agasallo aos pais e nais do municipio para axudarlles a conciliar a vida laboral e familiar durante estas vacacións: os Obradoiros de Nadal. Durante seis días, máis de medio cento de cativos disfrutarán de todo tipo de xogos no CEIP de Pedrouzos e estar unha hora máis que o ano pasado, polo mesmo prezo e con autobús de balde para os que o precisen.

16 | Concello de Brión

CABALGATA DE REIS Se as videoconferencias con Papá Noel dende Laponia foron a principal novidade do programa deste ano, non faltaron á cita actividades xa tradicionais como o concurso de tarxetas de Nadal, que este ano chega á súa decimo oitava edición e cuxo gañador/a coñeceremos durante a festa infantil do vindeiro 5 de xaneiro. Porque todo está listo para a tradicional cabalgata das Súas Maxestades polas rúas de Brión. De feito, o pasado 22 de decembro os seus paxes reais xa visitaron a gardería e as distintas escolas do municipio para recoller as cartas dos pequenos e adiantarlles o traballo aos Reis Magos. As Súas Maxestades chegarán ao pavillón polideportivo municipal o 5 de xaneiro, a iso das 17:30 horas. Previamente, a comitiva real sairá do adro da igrexa dos Ánxeles e fará un percorrido pola avenida dos Ánxeles e o Paseo de Pedrouzos ata chegar ao polideportivo, onde se celebrará unha gran festa infantil.

XIII FESTIVAL DE TÍTERES DE BRIÓN O Festival de Títeres de Brión cumpre trece anos, mal número para os supersticiosos. Pero un pode enfrontarse á mala sorte, e a mellor forma de facelo é elaborando un bo programa que atraia cada ano a máis e máis nenos. Esta é a fórmula escollida polo departamento de Cultura, que organizará tres sesións de títeres os días 28, 29 e 30 de decembro. En todos os casos, a cita é no Centro Social Polivalente ás 17:30 horas. A entrada, por suposto, é de balde. O luns 28 de decembro, a compañía A Xanela do Maxín representará “Chincha Rabincha”. Un día despois, o martes 29, será o turno de Duende Sico con “A detective da Torre de Hércules viaxa polo tempo”. O broche douro porano o mércores 30 de decembro unha das compañías de títeres máis senlleiras de Galicia, Titeres Cachirulo, con “Catro contos da China”.


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES

Marzo, mes do teatro en Brión As compañías Montemedelo, Ditea e Teruca Bouza actuarán en Pedrouzos os sábados 6, 13 e 27 de marzo. O teatro conta de sempre cun gran número de afeccionados en Brión pero dun tempo a esta parte esta afección estase a disparar. Se o ano pasado, por estas mesmas datas, tiñamos que falar de dúas novidades como os ciclos de teatro afeccionado “Carballeira” e “Pedra do Moucho”, nesta ocasión toca falar da consolidación destas representación e de como o “verme” do teatro vai furando cada vez máis fondo nas preferencias dos veciños. Boa proba disto témola nos cheos das nove nove representacións teatrais levadas a cabo nos últimos tres meses no centro social polivalente e no teleclube de Ons, que reuniron a máis de seiscentos veciños. De feito, a concelleira de cultura, Patricia Vázquez Lamas, explica que “os dous ciclos de teatro están funcionando cada ano mellor e cada vez participan Pero canda esta afección por asistir a representacións teatrais, nos últimos tempos máis e máis veciños, especialmente en tamén se observa un maior interese en participar no grupo de teatro afeccionado Ons”. posto en marcha o pasado ano polo Concello de Brión: Trangalleiro Teatro. Un grupo Conscientes desta situación, o depar- integrado por veciños e veciñas de Brión e que xa conta cunha ducia de actores nas tamento de cultura decidiu apostar aínda súas filas, case o dobre que nos seus inicios. Ademais, despois do éxito acadado no vemáis polo teatro, convertindo a tradicio- rán en Pedrouzos, estes grandes actores mesmo xa se atreveron a cruzar as fronteiras. nal representación co gallo do Día Mun- De momento tan só chegaron ata o veciño Santiago, onde actuaron no centro social do dial do Teatro, o 27 de marzo, en todo Castiñeiriño pero, como se adoita dicir, todo é empezar.

Trangalleiro Teatro segue medrando

un “Marzo Teatral”. Así, o centro social polivalente acollerá tres representacións a cargo das compañías Montemedelo, Ditea e Teruca Bouza. Tres sesións que terán lugar os sábados 6, 13 e 27 de marzo, a partir das 20:30 horas. E, como é habitual, a entrada é totalmente de balde.

De feito, Trangalleiro Teatro foi o encargado de pechar os dous ciclos de teatro afeccionado “Carballeira” e “Pedra do Moucho”, organizados polo Concello de Brión en colaboración coas asociacións culturais “Carballeira” e “Pedra do Moucho”, e co apoio da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), da Deputación da Coruña e da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Mentras agardamos pola chegada da terceira edición, sempre nos quedará ese “Marzo Teatral”.

Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES ESCOLA DE MÚSCA MAGARIÑOS - ESPAZO DE ARTE

As artes xa teñen espazo propio en Brión A primeira sala de exposicións municipais acolle unha mostra de pintura e acuarela de Xosé Vázquez Castro e María Manuela.

A primeira sala de exposicións municipal de Brión, denominada “Espazo das artes”, xa é unha realidade. O alcalde Xosé Luís García e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, foron os encargados de inaugurar as novas instalacións situadas en Pedrouzos. Un inmoble que, canda o Espazo das Artes, alberga tamén as novas instalacións para a escola de música “Magariños”. “Un edificio moderno, cunha luminosidade tremenda, onde a arte vai brillar especialmente”, adiantou Xosé Luis García durante o acto de inauguración. Unha inauguración á que asistiron varias ducias de veciños e veciñas de Brión, que son os principais destinatarios destas instalacións: “trátase dun espazo aberto aos veciños, tanto para a arte como para a música”, explicou Patricia Vázquez, “queremos que poidan vir a ver exposicións e mesmo que poidan expoñer nela. O noso desexo é que se converta nun referente para a comarca”. Un deses veciños, Xosé Vázquez Castro, protagoniza xunto a María Manuela a primeira das exposicións que se poderán visitar no Espazo das Artes ata o vindeiro 15 de xaneiro. Vázquez Castro asegurou que estamos ante “o punto de partida para que moitas exposicións poidan pasar por aquí para deleite dos veciños e veciñas de Brión”. Pola súa banda, María Manuela preferíu deixar a un lado os discursos e regalarlles aos presentes unhas cancións. Unha opción que tamén escolleron os mestres e alumnos da escola de música, cuxo cuarteto de clarinetes arrancou unha gran ovación. Tras a exposición de pinturas e acuarelas de María Manuel e Vázquez Castro, a seguinte exposición que acollerá o Espazo das Artes será a do certame pictórico “Novos Valores 2009”, que terá lugar do 12 de febreiro ao 12 de marzo. UN ESPAZO ABERTO A TODOS OS VECIÑOS O Espazo das Artes e a escola municipal de música Magariños ocupan un edificio situado en Pedrouzos, a menos de 50 metros da carballeira de Santa Minia. O Concello de Brión foi o promotor desta obra, na que investíu máis de 282.000 euros. A aportación máis importante foron os 197.000 euros subvencionados grazas ao programa Proder II, a través da Asociación de Desenvolvemento Rural Sar-Ulla. Meses despois, e grazas ao Fondo de Investimento Local, conseguíronse outros 85.000 euros para o acabado interior da escola de música. O baixo do inmoble acolle catro aulas para as clases da escola de música Magariños, “cuxo regulamento foi aprobado no pleno do pasado mércores e que permitirá que funcione como unha escola oficial de música”, lembra Patricia Vázquez. Na primeira planta está situado o “Espazo das artes”, que ocupa unha superficie útil de máis de 180 metros cadrados, que inclúen aseos e dúas salas para actividades, de 55 m2 cada unha. Unha vez rematados os traballos, o Concello traballa na imaxe exterior da instalación. “Como queremos que estas instalacións sexan un espazo aberto a todos os veciños, que mellor xeito de decorar este inmoble que os nomes de todas as parroquias e aldeas de Brión”, apunta a concelleira de Cultura. Así, o exterior do edificio será cuberto cunha gran árbore conformada polos nomes de todas e cada unha das aldeas e parroquias de Brión, mantendo unha rigorosa orde alfabética (tanto na orde das parroquias como das localidades de cada unha delas).

18 | Concello de Brión


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES PREVISTAS

O Entroido chama xa ás nosas portas O desfile de disfraces terá lugar o domingo 21 de febreiro

AO ASALTO DE SANTA CECÍA

Practicamente sen tempo para recuperarnos do Nadal, xa temos ás portas o tradional Entroido que, en Brión, é sinónimo de festa rachada no pavillón polideportivo. Este ano, o concurso de disfraces terá lugar o domingo 21 de febreiro. E que logo non nos veña niguén dicindo que non vos avisamos con tempo: tendes máis de dous meses para preparar os vosos disfraces ben para pasar un bo rato, ben por participar coa familia ou cos amigos, ben por conseguir unha parte deses máis de 2.000 euros que o Concello destinará a premios. As bases do concurso establecen un total de tres categorías. Na primeira delas participarán nenos e nenas menores de 11 anos, que se repartirán tres premios de 60, 45 e 20 euros en material didáctico. Na categoría xuvenil, de 12 a 17 anos, os premios serán de 70, 50 e 30 euros en material didáctico. Finalmente, na categoría xeral establécense tres modalidades de concurso: grupos (de 2 a 89 persoas), comparsas (máis de 8 persoas) e carrozas. Nesta terceira categoría repartiranse un total de 1.750 euros en premios.

Como é tradicional, a festa comezará cun desfile de entroido, que partirá a iso das 16:30 horas dende a Carballeira de Santa Minia ata o Pavillón Polideportivo, onde terá lugar o concurso de disfraces. Unha vez rematado o certame haberá unha festa de disfraces na que poderán participar todos os asistentes e que estará amenizado coa música en directo dun grupo musical. Ademais, durante as vacacións escolares, o Concello convocará unha nova edición dos Obradoiros de Entroido, que inclúen talleres de xogos tradicionais, máscaras e caretas, maquillaxe, maquillaxe de fantasía, disfraces... Uns obradoiros nos que os pequenos participarán divididos en grupos pequenos dacordo coas súas idades, de xeito que cada obradoiro adaptarase á idade dos nenos que o reciben. E, por outra parte, os pais e nais de Brión terán unha actividade coa que ocupar esas mañás de vacacións escolares dos seus pequenos. O prazo para anotarse abrirase o vindeiro mes de xaneiro.

Cando un fala cun médico adoitan pasar dúas cousas: que che pida que deixes de fumar e, sobre todo, que a todos nos convén pasear alomenos unha horiña todos os días. Unha prescrición médica que o departamento de Deportes se tomou ao pé da letra, organizando ao longo de 2009 varias rutas de sendeirismo ao Monte Pindo, ás Cíes, polo río Tambre, á Costa da Morte... que reuniron cada vez a máis e máis afeccionados. Como durante o inverno non é momento de andar triscando polo monte adiante, máis que nada porque adoita facer un frío que non o fai recomendable, o Concello xa ten programada a primeira das saídas coa chegada da primavera. Ao igual ca neste ano 2009, o primeiro destino escollido está no propio municipio, máis que nada porque nesas datas a luz solar é máis ben escasa. Trátase dunha subida a Santa Cecía, un dos puntos máis altos do municipio. Para aqueles que aínda teñan na memoria a épica ascensión ao Monte Pindo, dicir que a ascensión ao Monte do Rubial non ten nada que ver. Trátase dun paseo de tres horas, cunha dificultade media, que aos valentes que subiron o “tourmalet” do Pindo non lles dará nin para un dente. A cita será a mediados do mes de marzo.

Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES FORMACIÓN E XUVENTUDE

O telecentro concentra a oferta formativa do mes de xaneiro Tal e como anunciabamos no pasado número, o telecentro de comunicacións está a supoñer un salto cualitativo e cuantitativo na oferta formativa do Concello de Brión. De feito, esta instalación concentrará os tres cursos que terán lugar o vindeiro mes de xaneiro: dous de microsoft word e un terceiro de microsoft excel. Os tres cursos terán unha duración de 40 horas lectivas, por un prezo de 40 euros. Os cursos de word 2007 terán lugar os martes e xoves entre o 26 de xaneiro e o 6 de abril: un en horario de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) e outro de tarde (de 20:00 a 22:00 horas). O curso de excel terá lugar os luns, mércores e venres entre o 18 de xaneiro e o 3 de marzo, en horario de 20:00 a 22:00 horas. As inscrición deberán formalizarse antes do día 15 de xaneiro na casa da cultura ou a través do teléfono 981 509 908. Hai límite de prazas, polo que a admisión terá lugar por orde de inscrición, tendo preferencia os veciños empadroados en Brión.

Seis liñas especiais de Noitebús para fin de ano Os veciños e veciñas de Brión que desexen celebrar a última noite de 2009 en Santiago ou en Santa Comba terán á súa disposición un total de seis liñas de Noitebús dispoñibles. Unhas liñas que supoñen unha alternativa asequible (tan só dous euros) para disfrutar dunha noite de festa e, ao mesmo tempo, evitar o risco de utilizar o vehículo particular. As seis liñas dispoñibles para a noite entre o 31 de decembro e o 1 de xaneiro son: A GRAÑA - SANTIAGO Saída ás 1:00 horas. Regreso ás 7:00 horas. Paradas en: Cornanda, Goiáns, Ardións, Amañecida, Luaña, Vexo, Nináns, Tourís, Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo, Pousada, Esparís, Forxán, Ons, Mourentáns, Vilar, Gronzo, O Casal, Cruce de Tembra e Liñares. A GRAÑA - SANTA COMBA Saída ás 1:00 horas. Regreso ás 7:00 horas. Paradas en: A Graña, Cornanda, Goiáns, Ardión, Amañecida, Luaña, Vexo, Nináns, Tourís, Vioxos, Pousada, Esparías, Forxán, Ons, Mourentáns, Vilar, Gronzo, O Casal, cruce de Tembra, Liñares e Santiago.. BASTAVALES - SANTA COMBA Saída ás 1:00 horas. Regreso ás 8:00 horas. Paradas en: Bastavales, Bertamiráns, O Tremo, Gándara, Brión, Ponte Maceira, Negreira, San Mamede, A Baña e Santa Comba. NEGREIRA - SANTIAGO Saídas ás 1:45, 3:15 e 4:45 horas. Regreso ás 2:30, 4:00 e 9:00 horas. Paradas en: Negreira, Barca, Ponte Maceira, Reino, Trasmonte, Portanxil, Barreiros, Brans de Arriba, Aguiar, Pedrouzos (Brión), Lamiño, Adoufe, Gándara (Os Ánxeles), Alqueidón, O Tremo, Cantalarrana, Bertamiráns, Revolta, Pedra Estivada, Vilastrexe, Roxos, Lamas, Barcia, Vidán e Santiago BRIÓN - SANTIAGO Saída ás 0:45 horas. Regreso ás 7:00 horas. Paradas en: Pedrouzos, Liñares, cruce de A Gándara, O Tremo, Bertamiráns, Roxos e Santiago. SANTIAGO - SANTA COMBA Saída ás 1:00 horas. Regreso ás 8:00 horas.

20 | Concello de Brión


HISTORIAS E LENDAS

A fábrica de celulosa de Rañalonga que non foi O proxecto de construír unha fábrica de pasta de papel nos montes de Rañalonga hai máis de trinta anos debeu ser unha das iniciativas que máis contestación social suscitou na nosa comarca dende a acordanza dos máis vellos. Así é que non prosperou. O complexo industrial que se pretendía instalar nos montes de Viceso, entre os lugares de Vilar e Mourentáns, era impresionante. Para que nos fagamos idea da súa magnitude, basta comparalo coa homónima de Pontevedra: ésta viña funcionando dende había uns vinte anos cunha capacidade de produción anual de 30.000 toneladas de pasta, mentras que a de Rañalonga comezaría con 100.000 tm/ano (é dicir, tres veces máis); ocuparía un quilómetro cadrado de superficie e a cheminea de saída de gases acadaría os 90 metros de alto. A idea era atraínte; malo que as garantías de evitar a contaminación, naquela época, eran nulas. O exemplo estaba á vista na fábrica de Pontevedra: os vertidos sen depurar mataban a vida da ría, e os gases contaminaban a atmosfera, ademais dese cheirume insoportable que aínda hoxe produce A Historia, que os máis vellos recordan, foi así. Corría o ano 1975, o da morte de Franco. A empresa promotora do proxecto, Celulosas de Guipúzcoa S.A., primeiramente pretendeu instalarse en Ponteceso, na beira do río Anllóns, pois, como se sabe, este tipo de industrias necesita dispoñer de grandes cantidades de auga (que, evidentemente, enviaría ao mar altamente contaminada). Alí recibiu a oposición máis decidida da poboación e o 2 de marzo de 1976 houbo en Ponteceso unha manifestación de máis de 6.000 persoas ao berro de “industrias si, celulosas non”. En agosto de 1975, cando xurdiron as primeiras dificultades do proxecto en Ponteceso, comezouse a preparar o ambiente favorable á instalación en Brión. A directiva da “Hermandad de Labradores y Ganaderos” móstrase decididamente disposta a loitar por ela e di: “La instalación de las citadas industrias traería consigo un buen número de puestos de trabajo, evitando siquiera en parte la penosa emigración…” Incluso denuncian “…la nefasta campaña en contra de la instalación de industrias forestales de todo tipo, aún a costa de la contaminación que sea

indispensable y preferimos a nuestros hijos con algo de contaminación en sus pulmones, pero en nuestra tierra, que contanimados en cualquier otro país…”. Uns meses despois, o 27 de novembro, o alcalde de Negreira José Vidal Martínez, que era natural do lugar de Vilar-Viceso, escríbelle á alcaldesa de Brión expoñéndolle as bondades de traer para o concello unha “industria pesada, que necesitará de pequeñas fábricas auxiliares..” e ofrecéndose a mediar ante a empresa, pois seica barallaba outras ubicacións alternativas por Galicia adiante, entre as que cita Ortigueira e Quiroga. O 22 de marzo de 1976 preséntase no Concello o proxecto da fábrica e de contado comeza a mobilización cidadá, tanto a favor como en contra. Foi moi sonada unha mesa redonda sobre este tema, que se organizou no cine de Brión, con preto de trescentos asistentes. Interviu persoal posto pola empresa –naturalmente, a favor- e mailos profesores da Universidade Francisco Bermejo, cunha análise pausada pero demoledora dos efectos contaminantes da instalación, e Xosé Manuel Beiras, que presentou o tema das celulosas no contexto da economía e a política de Galicia. O seu discurso fogoso e contundente afervoou ao auditorio. Durante os quince días de exposición ao público do proxecto (entre o 29 de xullo e o 12 de agosto de 1976), chegou ao Concello

unha auténtica riada de escritos, uns a favor e a maioría en contra. A favor da celulosa púxose a “Hermandad Sindical de Labradores”, que só conseguiu recadar 144 sinaturas. A maiores presentáronse escritos de particulares que sumaban outras 206. Mandaron acordos en contra da celulosa as corporacións municipais de Lousame, Noia, Ames e Serra de Outes e mailas confrarías de pescadores da ría de Noia. Estas, ademais dos seus acordos corporativos, enviaron un escrito firmado por 690 veciños, maiormente mariñeiros. Tamén se recibiron varios escritos que reunían 685 sinaturas refugando a industria polos efectos contaminantes que ía producir. En resumidas contas, firmaron a favor da instalación 350 persoas ou organismos, mentras que en contra se posicionaron 1.375. Ante este impresionante clamor popular de oposición, os promotores da fábrica non quixeron saber máis e, o 25 de novembro de 1976, presentaron o desestimento da instalación en Brión manifestando que cambiaban para Negreira, onde contaban co apoio decidido do alcalde. Malia que tampouco alí prosperou, pois axiña se reproduciu a rexeitamento popular, cuha sonada mesa redonda que abarrotou a casa do Concello e efectos tan demoledores para a empresa como os que tivera en Brión.

Revista Altamira | 21


PASATEMPOS

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

Un pouco de humor...

22 | Concello de Bri贸n

SUDOKU DIFICIL


ULTIMA PÁXINA

COUSAS DO MUNDO ANIMAL O GATO VOADOR ¿Un gato voador? Pois iso parece, con un par de ás na parte superior do lombo, chamou a atención na China. Algúns aseguran que a “anomalía” pode deberse a contaminación do medio ambiente. O gatiño ten un par de “ás” parecidas a dúas orellas na parte anterior do lombo, tenras e con pelo moi fino. O gato “alado” provocou moita curiosidade entre os veciños, que o tratan con afecto, e ata o bautizaron co nome de “Garfield”. As ás poden deberse a unha anomalía no crecemento dos animais, posiblemente pola contaminación medioambiental que conduce o cambio xenérico no gato.

ESTO.... GUAU!! Imaxina que viaxas a Arxentina e de repente un can che ladra o mesmo “guau” ao que estás acostumado, pero co típico acento local, por exemplo... estoooo..... guau!!! Esto que é máis própio dun chiste, foi motivo de invesitgación para distintos científicos dedicados á noble misión de comprobar que os cans ladran con acento. Segundo estes espertos, os cans tenden a imitar o acento dos seus amos e é esta unha forma máis de xerar lazos afectivos con eles.

BRIÓN NA PRENSA 15/12/2009 | O concurso brionés de pintura Novos Valores aumenta os seus galardóns e a franxa de idade. 09/12/2009 | Rematan a urbanización do ámbito escolar de Pedrouzos, que inclúe unha nova praza pública. 09/12/2009 | O Castro Lupario, ben de interese cultural.

19/12/2009 | Brión estrea un Espazo dás Artes e a escola de música. 17/12/2009 | Brión aproba un orzamento cun recorte do 9,6% sen reducir investimentos. 16/12/2009 | Brión entregará 3.500 calendariosa aos seus veciños con fotos do seu concurso ambiental.

13/12/2009 | Homenaxe ao cura de Bastavales, Alejandro Moscoso. 12/12/2009 | A roupa interior, as batas e pixamas triunfan como regalo no “oulet” brionés. 08/12/2009 | Beirarrúas e praza para a zona escolar de Pedrouzos, Brión.

Revista Altamira | 23


sabias sabias que... que... Dise que en comarcas da alta montaña do leste de Galicia, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase a tradición do APALPADOR: un vello con oficio de carboeiro que, durante o nadal, baixaba das montañas ata as aldeas para apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben alimentadas. O apalpador vixiaba que comeran ben, e desexáballes un novo ano no que seguiran sen pasar fame, deixándolles como regalo castañas quentes. Malia que dende hai uns anos se lle está dando moito pulo a esta figura, a única fonte fiable que fala da súa existencia é unha canción de catro estrofas recollida dunha anciá de 79 anos que residía na comarca do Courel. Por unha banda cabe salientar que ningún autor galego, dos que escribiron sobre mitoloxía, fala deste persoaxe nos seus libros; e por outra, segundo as imaxes difundidas por distintas asociacións que defenden a súa existencia, o apalpador é un vello con boina negra, que fuma en pipa e de profesión carboeiro, exactamente igual que o “Olentzero” (persoaxe navideño da cultura vasca). Dende esta revista non nos atrevemos a cuestionar a súa esistencia, pero canto menos curioso é... ¿non?

24anos

Concello de Brión Carballeira de Santa Minia nº 21 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.