104 - ALTAMIRA Nº 104

Page 1

SANTA MINIA: Preséntase o amplo programa cultural e festivo da romaría

CASTRO LUPARIO: Limpeza e mellora da sinalización das rutas de sendeirismo

Altamira PÁX. 3

Nº 104 - SETEMBRO 2018 - ANO XXXIII

setembro 2018

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Setembro en Brión

O mes máis festeiro Entrevista O Concello súmase á campaña contra da violencia machista PÁX. 14

PÁXs. 4 - 5

Carme Freire e Juan Carlos Carreja, dous dos impulsores do proxecto colaborativo Daquí Darredor PÁXs. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso

AVANCE A ALTAMIRA de setembro sempre ten un arrecendo especial, o que lle dá a Romaría de Santa Minia. A nosa gran festa que presentamos neste número incluso antes de que os dípticos e carteis informativos estean colgados polo municipio. Agardo que o programa sexa do teu agrado e aproveito a ocasión para convidarte a participar nela.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión Tel.: 881 866 0 78 F ax .: 881 8 66 08 6 C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78 E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42

FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA FRANCISCO R O DRÍ GU EZ-SEGADE VÁ Z Q U E Z A v da . S a n ta Mini a, Nº 7 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión TE L.: 881 8 66 058 F AX .: 881 8 66 074

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1

Revista Municipal do Concello de Brión DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31

E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3

Altamira Mais nesta ocasión teño unha segunda petición, especialmente dirixida a todas as persoas que tendes horta na casa, que facedes doces ou empanadas caseiras, que criades aves ou coellos... queremos que o domingo 23 de setembro nos acompañedes na Feira Labrega. En primeiro lugar, porque as feiras foron e deben seguir sendo un lugar de encontro para a veciñanza. Pero, sobre todo, porque poderás coñecer o proxecto “Daquí Darredor”, unha iniciativa que tamén presentamos na entrevista deste número e que busca poñer en valor os nosos produtos locais. Dende o Concello e a Deputación imos habilitar un espazo en Monte Balado para que poidades preparar, envasar e vender os vosos produtos. Pero, para chegar a iso, necesitamos da túa participación. Esperando que desfrutes da súa lectura. Recibe un cordial saúdo.

PÁX . 3

ACTUALID AD E

PÁX s. 4 - 5

ESPECI AL SANTA M IN IA

PÁX s. 6 - 11

ACTUALID AD E

PÁX s. 12 - 13

ENTREVISTA

PÁX s. 14 - 15

SERVI Z OS SOCI AI S

PÁX s. 16 - 20

CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BRI Ó N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTICIA

PÁX . 23

PASATEMPOS / HU M O R

O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71

2 | Concello de Brión

Visita ao concello do alumnado de 4º de Primaria do CEIP Pedrouzos


ACTUALIDADE

LIMPEZA DO CASTRO LUPARIO

Brión e Rois poñen en valor a fortaleza da Raíña Lupa Nos traballos de roza atopáronse pezas de cerámica e restos dun antigo muiño Os Concellos de Brión e Rois están executando melloras no Castro Lupario. As principais intervencións consisten na limpeza e na mellora da sinalización das rutas de sendeirismo próximas o castro, que ocupa máis de dúas hectáreas e conta con dúas murallas de protección en bo estado. O seu interior presenta unha ampla plataforma cruzada por varios muros no seu eixo central, posiblemente pertencentes ao castelo e torre medievais. Considerado un dos máis grandes da provincia da Coruña, a lenda conta que o Castro Lupario foi residencia da Raíña Lupa, personaxe vinculada ao traslado dos restos do Apóstolo Santiago pola ruta marítima ata Santiago. Nas escavacións feitas nos anos setenta atopáronse importantes restos arqueolóxicos, “como un tesouro de moedas do século IV, un petroglifo que hoxe está no Museo do Pobo Galego, e tamén a cabeza dun guerreiro que se atopa no Museo das Peregrinacións”, indica Vanesa Trevín, arqueóloga que coordina os traballos. Actualmente, só coa roza manual “xa se

atoparon restos de cerámica, unha cuña e ata unha pedra de muíño”. Así llo explicou Trevín aos alcaldes de Brión, José Luís García, e Rois, José Tojo, nunha visita ás obras. Os traballos de limpeza rematarán en setembro, deixando así visible a muralla exterior e toda a coroa do recinto. Despois sinalizarase a ruta de sendeirismo no Castro Lupario, que terá o seu comezo na Ponte Paradela (cun panel de inicio de ruta) para chegar ao castro e volver polas aldeas de Beca e Xinzo (Brión) e Angueira de Castro e Faramello (Rois). Así mesmo, procederase á posta ao día da sinalización das outras rutas de sendeirismo brionesas por Bastavales, Os Ánxeles, Brión, Ons, Viceso e Luaña. O proxecto ten un orzamento de 24.000 euros. Está subvencionado nun 55% por Turismo de Galicia e financiado a partes iguais polos dous Concellos. Trátase dun primeiro paso para conservar e poñer en valor dun dos elementos patrimoniais máis singulares dos dous municipios. Revista Altamira | 3


ESPECIAL SANTA MINIA FESTAS

Santa Minia chega con cin Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre ofrecerán unha gran foliada o venres 28, ás 22:30 horas na carballeira

Haberá 5 polbeiras para desfrutar do polbo e churrasco

Un ano máis, Altamira adiántache o programa da Romaría de Santa Minia, que sairá parello ao reparto deste número. Unhas festas cuxa gran novidade é a súa extensión, pois terán lugar ao longo de cinco xornadas, concretamente do mércores 26 ao domingo 30 de setembro.

A misa solemne terá lugar ás 13:00 horas, na reitoral

No Día de Vésperas (mércores 26 de setembro) arrancarán as festas coa música duns habituais desta romaría: a Charanga Mekánika (13:30 h), que tamén actuará a partir das nove da noite. Pola tarde, a carballeira acollerá dúas actividades dirixidas a un público familiar: o espectáculo de humor “Saabor” (17:30 h) e unha actuación folklórica (19:00 h). A primeira das dúas verbenas nocturnas comezará ás 22:30 horas, da man das orquestras Capitol e Finisterre que, á medianoite, farán un descanso para desfrutar dun dos pratos fortes desta Romaría: a gran tirada de fogos de artificio e queima da fachada.

As orquestras volverán encher de música a carballeira

O xoves 27, Día de Santa Minia, comezaremos un ano máis cos acordes da charanga Os Celtas (10:00 horas), que a mediodía darán paso a un grupo de gaitas ordense: “Os Vi-

queiras”. A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Costa Dorada (14:30 h), que amenizará a verbena nocturna canda a orquestra América. Unha verbena que dará comezo a iso das 20:00 horas, pois só é festivo local o xoves. Os espectáculos “Brassica Rapa” (16:00 h) e “Dani García: Código” (17:30 h) porán o toque cultural na carballeira. Así mesmo, a uns poucos metros, na praza do Concello terá lugar a tradicional actuación das escolas tradicionais de baile e pandeireta de Brión (19:30 h). No que atinxe aos servizos relixiosos, o Día de Santa Minia haberá misas cada hora entre as 9:00 e as 12:00 horas e entre as 17:00 e as 20:00 horas na reitoral fronte á capela de Santa Minia. A misa solemne comezará ás 13:00 horas. O Día de Vésperas haberá misas ás 9:00, 12:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. Finalmente, a novena de Santa Minia comezará o domingo 16 de setembro e desenvolverase ata o día 25, con misas ás 19:30 horas. Na avenida de Santa Minia, que estará cortada ao tráfico entre a tarde do mércores e durante toda a xornada do xoves, haberá uns 150 postos de ven-

A avda de Santa Minia estará cortada ao tráfico o 26 e 27 A Romaría reunirá a máis de 150 postos de venda 4 | Concello de Brión


ESPECIAL SANTA MINIA

nco xornadas de romaría O domingo 30 terá lugar o Festival de Bandas de Música Populares, coa Banda Escola de Rianxo como convidada da de rosquillas, roupa, chourizos, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, xeados... Durante os tres días instalaranse a pé da carballeira cinco polbeiros, coas súas racións de polbo e churrasco. Mentres que, por segundo ano consecutivo, as atraccións para os máis pequenos (carruseis, coches de choque, barracas, inchables...) emprazaranse nunha parcela municipal a cincuenta metros das polbeiras. O operativo disposto polo Concello para velar pola seguridade e comodidade dos romeiros e romeiras estará integrado por unha vintena de efectivos, entre persoal de Protección Civil e Policía Local. Haberá habilitadas varias zonas de aparcamento de balde en diversos puntos, polo que recomendamos seguir as instruccións dos membros de Protección Civil e da Policía Local, que che guiarán ao máis próximo á festa con prazas libres. Así mesmo, lembramos que todos os aparcamentos son de balde, para evitar calquera picardía. Os ecos da Romaría de Santa Minia non rematarán co Día Grande, senón que durarán aínda tres días máis. O

venres 28 teremos unha das actuacións máis chamativas do programa deste ano: o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, ás 22:30 horas na carballeira. Trátase dun espectáculo con 15 músicos sobre o escenario que nos ofrecerán unha gran foliada chea de adufes, pandeiretas, cunchas e pandeiras... Previamente, Circo Chosco volverá facernos rir co seu espectáculo “Riscando o ceo” (17:30 h) e o grupo Faíscas da Pontraga abrirá a quenda da música folclórica ás 20:30 horas. Para o sábado 29 e o domingo 30 de setembro quedan dúas actuacións por día, dirixidas a un público familiar. Así, o sábado 29, maiores e pequenos desfrutaremos coas ocorrencias de “A gaita de SaO cartel volve ser creación do artista Xosé Vizoso randón”, o último grupo de requinteiros da Ulla (13:00 h), mentres pola tarde é a quenda do espectáculo musical “Musicleta“ (17:30 h). O domingo gozaremos das actuacións de Os Castros de Ames (12:00 h) e dunha nova edición do Festival de Bandas de Música Populares (17:00 h). Nesta ocasión, os grupos participantes serán a Banda Escola de Rianxo e a Banda Municipal de Música de Brión. As charangas Mekánica e Os Celtas actuarán este ano

Churros, rosquillas e máis larpeiradas non faltarán á cita

Un ano máis: as ofrendas, na capela; as misas, na reitoral Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE MANTEMENTO

O Concello realiza obras de mantemento e pintado nos distintos centros educativos do municipio Estas actuacións municipais completaranse nos próximos meses coa habilitación dun espazo como almacén na escola da Luaña O Concello de Brión aproveitou as vacacións escolares para realizar distintos traballos de mantemento e mellora nos centros educativos do municipio, para o que incorporou varios traballadores á brigada de obras. A actuación máis importante tivo lugar no CEIP de Pedrouzos, onde se pintou unha das fachadas, así como as aulas dun dos ciclos formativos. Na unitaria dos Ánxeles, a actuación principal consistiu na instalación de tarimas nas aulas. “Colocamos tarimas naquelas aulas que aínda non as tiñan e habilitamos como almacén un antigo baño, facen- O Concello pintou a fachada do CEIP de Pedrouzos do tamén actuacións de mantemento, pintado e limpeza de canalóns”, explica a concelleira de Ensino, Yolanda Bouzas.

O CEIP de Pedrouzos rexeita eliminar espazos educativos para ampliar o comedor

Na escola de Sabaxáns, as actuacións consistiron na renovación de dous baños, onde se puxo todo novo, tanto os aparellos como os propios azulexos. Para máis adiante quedan os traballos de ampliación dun espazo na escola da Luaña, que na actualidade é unha leñeira pero que se quere habilitar como almacén.

O Claustro de profesorado, o Consello Escolar e a ANPA do CEIP de Pedrouzos rexeitan calquera obra de ampliación do comedor escolar que signifique a eliminación de espazos educativos. O proxecto de obras elaborado pola Xunta de Galicia para ampliar a capacidade do comedor (de 352 a 400 prazas)

non convenceu á comunidade educativa brionesa, que non considera oportuno a reducción da entrada de infantil para ampliar o comedor. E é que esa zona está a ser utilizada como espazo de xogos lúdico-educativos durante o recreo e tamén como aula de apoio polo departamento de Orientación.

Así as cousas, o proxecto de ampliación do comedor escolar queda paralizado e para este curso escolar 2018/2019, o CEIP de Pedrouzos habilitará un espazo provisional na entrada de infantil, ampliando deste xeito o número de prazas do servizo de comedor das 352 actuais ás 386.

OBRAS

O Concello investirá 700.000 euros no arranxo de seis pistas con aglomerado en quente A boa xestión económica do Concello permitirá investir uns 700.000 € do superávit orzamentario nun novo proxecto de conservación e mellora de pistas no municipio. En concreto, melloraranse con aglomerado en quente un total de 6 estradas: a 6 | Concello de Brión

pista entre San Salvador e Gándara co límite con Ames; a estrada entre a AC-300 e o límite con Teo, pasando polo Santo Arandel; a pista que une dúas estradas provinciais, en Vioxo de Abaixo por Tourís; a pista entre Mourentáns e Nináns, por Forxán e

Ombre; a pista que vai dende a estrada da Deputación en Ons ata Salaño; e unha pista máis en Viceso. O alcalde, José Luís García, explica que “nestes momentos estase redactando o proxecto, polo que agarda-

mos poder executalas en 6 ou 7 meses”. Ademais, indica que “intentaremos facer, con cargo ao remanente de Tesourería, un proxecto de obras para deixar en perfecto estado as principais pistas asfaltadas, aínda que están en boas condicións”.


ACTUALIDADE PATRIMONIO

MELLORA

A Deputación acondicionará a contorna das Torres de Altamira

Vaise arranxar a cuberta do pavillón de deportes

As obras incluirán o mantemento das zonas verdes e dos elementos de seguridade existentes na contorna das torres, ademais da roza e limpeza da parcela A Deputación da Coruña licitou por 28.792,43 euros as obras de acondicionamento, que se levarán a cabo na contorna das Torres de Altamira no último trimestre de 2018. Estas actuacións teñen por obxecto realizar os traballos de mantemento das zonas verdes e dos elementos de seguridade existentes na contorna das torres, así como o mantemento dos restos pétreos, muros ou basamentos que se manteñen en pe. As obras previstas consistirán na roza e limpeza da parcela, incluíndo limpeza de herba, retirada de refugallos e de elementos alleos á contorna, e o lavado dos muros de pedra por medios manuais, con cepillos de cerda natural e xabóns neutros, seguindo así as indicacións realizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Tamén está prevista a retirada, traslado e acopio das pedras diseminadas pola parcela, que afectan ao tránsito dos visitantes e á súa seguridade, así como a execución de varandas de protección para evitar caídas a niveis inferiores ou por taludes laterais, revisando as zonas perigosas como son o pozo e o torreón.

Farase un mantemento dos restos dos muros e restos pétreos

Acondicionarase o acceso a pé ás Torres de Altamira O alcalde, José Luís García, salienta a importancia destes traballos “para a conservación do noso patrimonio e mellorar a súa accesibilidade” e adian-

ta que “o Concello xa traballa nunha iniciativa cultural para o ano que vén e que porá en valor as Torres e podería atraer a milleiros de turistas”.

Vense de sacar a licitación das obras de substitución da envolvente exterior do polideportivo de Lamiño, por un importe de 101.569,78 € e cun prazo de execución de un mes. O alcalde explica que “con estes traballos melloraremos as condicións térmicas e acústicas do pavillón, algo que agradecerán tanto as numerosas persoas que a diario fan uso destas instalacións deportivas como os asistentes a celebracións como o Concurso de Entroido ou a Festa de Reis. Ademais, solucionaremos os problemas de estanqueidade que ten o edificio en varios puntos por mor da actual cuberta”. O polideportivo ten unha antigüidade de 27 anos, polo que na actualidade presenta problemas de filtracións na cuberta que, de non solucionarse e aumentar, poderían supoñer un problema de cara á utilización das propias instalacións. As obras consistirán na retirada da totalidade da cuberta así como de elementos puntuais como os aireadores, canos e baixantes. No seu lugar instalarase unha nova cuberta de panel sandwich nervado, que inclúa illamento térmico. Así mesmo, instalaranse novos canalóns e baixantes.

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE OBRAS

O Concello inviste 100.000€ na reparación e mellora do pavillón de piragüismo de Ons Substituíuse a cuberta e recubriuse a fachada con piñeiro para mellorar as condicións térmicas e rematar coas humidades

O Concello de Brión vén de rematar as obras de reparación e mellora das instalacións do pavillón de piragüismo de Ons, emprazado no lugar de Ponte do Bico (Ons) e ás beiras do río Tambre. Unhas obras executadas pola empresa Arines Obras y Proyectos e nas que o Concello de Brión investiu 72.714,93 euros, procedentes dunha achega da Deputación Provincial da Coruña, á que o Con-

cello achegou outros 20.000 euros de fondos propios para completar os traballos de mellora interior do inmoble e de subministración de enerxía eléctrica. O alcalde explica que “en Brión temos cada ano máis de catrocentos nenos e nenas practicando algún deporte nas nosas escolas deportivas. E, aínda que parece que o fútbol

o coma todo, resulta que temos deportes que lle están gañando a partida e que cada día contan con máis afeccionados, como son a patinaxe, o ciclismo ou o piragüismo, onde contamos con varias promesas. Hai dous anos entregámoslles tres piraguas de última xeración especialmente deseñadas para a competición e agora cumprimos co noso compromiso de mellorar as instalacións”.

Obras executadas nas instalacións deportivas Estas instalacións son empregadas non só polos rapaces e rapazas que practican este deporte da man do club Ribeiras do Tambre, senón tamén por numerosos veciños/as que desfrutan dos cursos de piragüismo que se convocan cada verán, este inmoble arrastraba serios problemas de humidade, que afectaban tanto á súa fachada como á súa propia estrutura de madeira, polo que se decidiu acometer a súa reparación con cargo ao Plan de Acción Social Adicional PAS 1/2015 da Deputación. O edificio consta de dúas plantas: unha primeira onde está o almacén das piraguas, os vestiarios e unha sala de 8 | Concello de Brión

quencemento; e unha planta alta onde se empraza un ximnasio e unha sala de aparatos. A primeira planta ten unha superficie construída de 320 m2 e a segunda é de 117 m2. As obras consistiron na substitución da cobertura de chapa metálica simple por unha fachada cun entablado de pino cuperizado, de xeito que se melloran as condicións térmicas do inmoble e se palían os problemas de estanqueidade que sufría tanto na cuberta como na fachada.

Así mesmo, procedeuse a desmontar e eliminar a antiga cuberta de chapa metálica simple, cuxos taboleiros manifestaban serios problemas de humidade. No seu lugar instalouse unha nova cobertura de zinc, incorporando illante térmico de corenta milímetros e instalando o canalón de evacuación de pluviais no exterior do plano da cuberta, xa que anteriormente era interior e provocaba serios problemas de filtración da auga da choiva.

OBRAS

O Concello licita a conexión da Luaña coa rede xeral de abastecemento

O Concello vén de sacar a licitación o subministro de materiais para a execución da obra de conexión da rede de abastecemento de auga á parroquia da Luaña mediante a conducción xeral do abastecemento dende o río Tambre. Un contrato vaorado en 47.330,55 euros e que estará adxudicado ao longo deste mes de setembro. Como a adxudicataria terá un prazo de 5 días para subministrar as tuberías, válvulas, contadores e demais material, polo que se agarda que as obras poidan executarse antes de finais de setembro. Uns traballos financiados con cargo ao Plan Único POS+2018 da Deputación e que serán executados pola brigada municipal de obras, que instalarán todo o entubado para poder levar a auga dende a rede xeral ata as parroquias da parte alta de Brión. Deste xeito, evitaranse situacións de desabastecemento como as producidas este mesmo ano e en anos pasados.


ACTUALIDADE SENDAS PEONÍS

A Deputación fará unha senda peonil entre Liñares e o cruce dos Ánxeles Entra en servizo a senda peonil e ciclista entre Gándara e Gundín A Deputación da Coruña licitará nas próximas semanas un proxecto para construír unha nova senda peonil no municipio, que unirá as beirarrúas de Liñares (DP-1301) co cruce dos Ánxeles (AC-543 Brión-Noia). A actuación mellorará a seguridade viaria dos centos de persoas que nestes momentos teñen que camiñar polas beiravías para achegarse ata a gardería, a parada do transporte metropolitano ou acceder aos distintos establecementos comerciais da zona. O alcalde, José Luís García, explica que “o proxecto xa está feito, polo que agardamos que nos próximos días sexa licitado dende a Deputación e as obras poidan comezar este mesmo ano. Ademais, en breve a Deputación tamén aprobará o asfaltado dun tramo ampliado na estrada de Vilar a Rañalonga”. Esta nova senda unirase á senda peonil e ciclista entre Gándara e Gundín, inaugurada a principios de xuño polo delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a primeira tenente de alcalde de Brión, Yolanda Bouzas. Unha actuación que supuxo un investimento de 253.000 euros.

Inauguración da senda peonil entre Gándara e Gundín Bouzas aproveitou para trasladarlle a Rodeiro a necesidade de acometer unha actuación semellante na AC-300 Os Ánxeles- A Picaraña, especialmente ao seu paso polo monte de Pérros. “É un tramo máis pequeno que este pero onde hai zonas moi estreitas que, unido a que é unha estrada moi empregada por vehículos de alta tonelaxe, supoñen un perigo na seguridade viaria tanto dos peóns coma dos condutores”, explicou. A actuación consistiu nun itinerario peonil e ciclista duns 700 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho pola marxe

dereita da AC-543. Unha senda executada en formigón coloreado e separada da estrada por unha zona axardinada dun metro de ancho e polos bordos delimitadores. Para a súa realización foi necesario facer dous muros de contención de pedras de granito de 486 m2 e colocar 228 metros de barreiras de seguridade e 255 metros de varandas de aceiro galvanizado. A senda compleméntase con redes de drenaxe de augas pluviais e de tubaxes en previsión de futuras canalizacións de servizos de telefonía ou electricidade.

ESTRADAS

Melloras no firme das estradas AC300 e AC-544 ao seu paso por Brión A Axencia Galega de Infraestruturas está a mellorar o firme de dúas estradas autonómicas ao seu paso por Brion: a AC-300 de Os Ánxeles á Picaraña e a AC-544 Bertamiráns-Negreira. Dúas actuacións incluídas nun proxecto maior que inclúe actuacións en seis estradas da contorna de Compostela. Os traballos comezaron o pasado mes de xullo e teñen un prazo de execución de seis meses, polo que se agarda que poidan estar rematados a finais de ano. Os proxectos buscan mellorar as condicións de comodidade dos condutores mediante o reforzo localizado do firme de ambas estradas. Así, faranse microaglomerados en zonas que presentes fisuras pero que non estean deformadas; mentres que nos tramos máis deteriorados se fresará o asfalto actual para o seu relevo. Ademais, reforzarase cunha nova capa asfáltica os tramos con máis tráfico.

CAMIÑOS

Máis de 63.000 euros para mellorar 3 camiños en A Graña, Busto de Frades e Bastavales O Concello de Brión vai investir algo máis de 63.000 euros nun proxecto para mellorar tres camiños municipais no rural da Graña, Bastavales e Busto de Frades. Un proxecto para o que conta cunha achega de 52.000 euros do AGADER e que per-

mitirá o perfilado previo dos camiños, coa reapertura de cuentas en ambas marxes e aporte de zahorra. Posteriormente pasarase unha rega e compactación mecánica sobre todo o camiño para que quede perfectamente acondicionado.

As actuacións terán lugar sobre un camiño en solo rústico próximo á aldea de Busto de Frades, que está moi desgastado polo uso. Trátase dunha pista de terra de 815 metros que serve de acceso ás fincas da veciñanza. Tamén se mellorará un camiño de

1.870 metros que vai por detrás da Igrexa de Bastavales ata o límite con Rois e dá acceso a fincas en solo rústico. Por último, mellorarase un camiño de 725 metros entre a aldea da Graña e fincas situadas en solo rústico, actuación dividida en dous ramais. Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE CAMIÑO XACOBEO

O Camiño Inglés pola Ría de Muros-Noia preséntase oficialmente no Obradoiro Os promotores da iniciativa aproveitaron a repercusión mediática da regata La Solitaire Urgo Le Figaro Representantes dos concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago, así como de varias asociacións turísticas, empresariais e xacobeas participaron na presentación oficial do Camiño Inglés pola Ría de Muros-Noia. Un acto que tivo lugar na praza do obradoiro, aproveitando a visita que os regatistas da prestixiosa La Solitaire Urgo Le Figaro realizaron a Compostela, seguindo o camiño que os peregrinos que desembarcaban en Noia realizaban a Santiago, como ben documentaron os cruzados Osborne e Arnolfo no ano 1147. Nunhas cartas, estes dous cruzados falan da chegada de ata duascentas naves con viaxeiros con destino a Compostela. No acto participaron alcaldes, concelleiros e técnicos de turismo dos nove municipios implicados na iniciativa, que xa conta ata co apoio expre-

Presentación oficial do Camiño realizada na praza do Obradoiro so do presidente da Xunta, que deixou claro que “Noia é o Portus Apostoli do Camiño de Santiago, a porta de entrada de viaxeiros atraídos pola chamada espiritual da nosa terra”. Agora mesmo, os municipios promotores da iniciativa traballan para rematar e presentar a delimitación do trazado Xacobeo e a recompilación da documentación histórica

sobre o mesmo, co obxectivo de entregarlo na Dirección Xeral de Patrimonio. O primeiro paso será lograr que o trazado sexa recoñecido como “ruta cultural”, paso previo á oficialización da ruta como trazado Xacobeo. Unha cualificación que, tendo en conta o auxe de peregrinos que están a ter as distintas rutas, podería supoñer un importante impulso para o tecido comercial e hostaleiro de Brión.

PATRIMONIO

Nace o parque “Compostela rupestre” O pleno da Deputación da Coruña vén de dar un paso adiante na formalización do parque “Compostela Rupestre” ao aprobar o convenio pola que se establecen as bases de colaboración cos concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. O proxecto busca promover e poñer en valor dun xeito conxunto a arte rupestre localizada na nosa contorna. O deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira, explica que o Val da Maía é “un territorio moi rico patrimonialmente que pode ser tamén rendíbel social e economicamente, o que é un dos obxectivos deste proxecto participado pola Deputación e os concellos”. A entidade provincial achegará 500.000 euros para o desenvolvemento deste proxecto.

INAUGURACIÓN

Servisenior de Brión abre as súas portas con 27 maiores O alcalde, José Luís García, e o presidente da Fundación de Estudos e Análises (FESAN), Manuel Rodríguez Sedano, asistiron ao acto de apertura da residencia Servisenior de Brión. Unha visita á que asistiron máis dun cento de persoas, entre veciños e veciñas e o alumnado dos cursos de Formación Profesional de FESAN, que percorreron as instalacións guiados pola directora do centro, Rosario Arufe Vázquez.

perficie con soto, planta baixa e dúas plantas a carón do parque municipal de Lamiño. Conta con 26 habitacións dobres, todas elas con baño. Dúas delas, é dicir 4 prazas, están habilitadas para persoas con minusvalía. Conta con sala de convivencia, sala polivalente, sala de curas/farmacia, despacho médico con 2 enfermerías e servizo de lavandería, así como un moderno sistema de calefacción por pellets.

Unha residencia para maiores de 1.800 m2 de su-

Rosario Arufe Vázquez confirma que na actualida-

10 | Concello de Brión

de contan cun total de 27 residentes, cifra que agarda incrementar nos próximos meses. “Os inicios son duros. É poñer en marcha un equipo de traballo e adaptarse a un novo lugar, pero afrontámolo con gañas e a cousa vai

moi ben”, explica a directora de Servisenior Brión. De feito, nestas primeiras semanas en funcionamento xa se puxeron en contacto tanto co centro médico coma co Concello para ver de colaborar en distintos aspectos.


ACTUALIDADE FEIRA LABREGA

A carballeira de Santa Minia acollerá a primeira Feira Labrega o 23 de setembro Servirá para presentar Daquí Darredor, os espazos colaborativos de transformación de alimentos caseiros que promove o Concello A carballeira de Santa Minia acollerá o domingo 23 de setembro, de 11:00 a 19:00 horas, a primeira edición da Feira Labrega. Organizada polo Concello, estará aberta a todos os veciños e veciñas de Brión que desexen participar con postos de artesanía ou produtos caseiros. Iso si, deberán anotarse antes do luns 17 de setembro na Casa da Cultura brionesa ou chamando ao 981 50 99 08. O alcalde, José Luís García, engade que “a Feira Labrega servirá tamén para presentar á veciñanza a iniciativa Daquí Darredor, uns espazos colaborativos de transformación de alimentos caseiros que promovemos dende o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela. O proxecto está agora nunha fase crucial: aquela na que os participantes deben decidir que tipo de colaboración queren facer, que maquinaria lles fai falta e que formación precisan, polo que agardamos que moitos dos que se acheguen pola Feira Labrega se sumen a este proxecto pioneiro para poñer en valor os nosos produtos locais”. “Teremos postos de produtos agrícolas e artesáns, así como actividades paralelas, música, catas, obradoiros para a rapazada, mostra de

artesáns...”, explica Carmen Freire, unha das responsables do proxecto. “Queremos recuperar as feiras como espazos públicos nos que se relacionan os produtores e os consumidores, coñecer á persoa que produce os alimentos. Porque recuperar estas relacións é algo fundamental para esta iniciativa”, apunta. A feira Labrega estará conformada por

unha serie de postos de produtos de alimentación e de artesanía, así como por artesáns facendo demostracións en vivo dos seus oficios. Ás 13:00 horas, terá lugar unha cata de produtos, mentres a rapazada desfruta do Festival de Monecadas. Pola tarde haberá obradoiros para os máis cativos, así como unha foliada con grupos folclóricos ás 18:00 horas.

PRAGA VELUTINAS

O GES de Brión leva retirados 453 niños de vespa velutina O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión leva retirados un total de 453 niños de avespa velutina. Son datos do que vai de 2018 (a 6 de setembro). Por municipios, o maior número de actuacións tiveron lugar en Brión, con 258 niños retirados, seguido por Negreira (113), Noia (77), Ames (3) e Lousame (1). En canto ás nosas parroquias, o maior número de niños retirados de avespas asiáticas rexístrase en Bastavales, con 68. Séguena de preto as parroquias dos Ánxeles (66 niños) e Brión (55). Menos actuacións houbo en Viceso (28), A Luaña (22), Ons (7), San Salvador (6), Cornanda (4) e Boullón (3). Lembra que en caso de detectar un niño de avespa velutina podes comunicalo á Xunta de Galicia, entidade responsable da retirada, chamando ao teléfono de emerxencias 012. Así mesmo, recorda que podes atopar máis información sobre esta especie invasora na páxina web da Consellería do Medio Rural.

Revista Altamira | 11


ENTREVISTA

CARME FREIRE e JUAN CARLOS CARREJA, dous dos impulsores do proxecto colaborativo Daquí Darredor

“Queremos que se achegue máis xente, sobre todo de Brión, porque en outubro empezamos coa formación” Na anterior Altamira falabamos dun proxecto colaborativo para veciños e veciñas de Brión e da contorna que porá en marcha un centro de transformación de alimentos en Monte Balado e un matadoiro móbil de aves e coellos. Dúas iniciativas pioneiras en Galicia e promovidas polo Concello de Brión, co apoio da Deputación da Coruña e do GDR Terras de Compostela.

Pois ben, agora é o voso momento: o de sumarse a Daquí Darredor, decidir que queredes facer e comezar a formarvos. Carme Freire e Juan Carlos Carreja cóntannos as vantaxes deste proxecto colaborativo e convídanvos a achegarvos o próximo domingo 23 de setembro pola Feira Labrega na carballeira de Santa Minia para coñecer máis desta iniciativa.

- Comezemos polo máis básico, que é Daquí Darredor? - Carme Freire: é un espazo de transformación de alimentos caseiros. Creamos dous espazos colaborativos, para traballar en común centrados no sector primario: na transformación de alimentos da horta e de carne de aves e coellos.

sen ningún tipo de problema? - Juan Carlos: teremos unha habilitación sanitaria e adaptaremos os rexistros sanitarios de acordo ás necesidades. - Carme: un exemplo. Se queremos facer mermeladas. Uns din de facelas dun xeito máis tecnificado, outros sen máquinas, outros doutra maneira... Temos que recoller como se vai facer porque non todos farán o mesmo proceso. - Juan Carlos: o que queremos é que se recollan os distintos modos de traballar para facer unha produción caseira. - Carme: que non sexa todo igual. - Juan Carlos: as grandes producións teñen que ser estandarizadas e aí é onde nós podemos mellorar e ofrecer un mellor produto.

- A quen vai dirixido? - Carme: a calquera persoa de Brión e concellos limítrofes que queira participar da estrutura que se está creando para transformar nela os alimentos que se elixan, tanto na cociña como no matadoiro móbil. No espazo que teremos en Monte Balado faremos elaboracións de alimentos que cadaquén traia da casa, gardando unhas normas de bo uso e xestionan12 | Concello de Brión

do ese espazo. A xente ten que entender que DaquíDarredor vai estar formado polas persoas que queiran sumarse ao proxecto, que serán quen lle darán forma e decidan a forma de facer as cousas. Non é algo acabado. Temos á nosa disposición un espazo e agora temos que definir como vai ser a relación entre nós - Juan Carlos Carreja: esa é a parte colaborativa para empezar. Non é algo que uns facemos e está pechado. Estamos configurando como vai ser e iso é algo que ten que decidir a xente. Queremos que poidan vir tanto a elaborar os seus produtos para a casa como para a venda. - Os veciños van poder vender os seus produtos da casa

- En que fase se atopa Daquí Darredor agora mesmo, setembro de 2018? - Carme: estamos nunha fase difícil, a de facerlle entender á xente que isto é así. - Juan Carlos: xente, non empresas. - Carme: estamos configurando un grupo humano para que use ese espazo colaborativo de Montebalado e conforme como xestionalo, con que forma xurídica... Isto conformarase co grupo de persoas que se sumen agora e que participarán na xestión do proxecto. - Fixestes varias presentacións por Brión, con cantas persoas contades xa? - Carme: neste momentos cunhas 25 persoas, que é o que chamamos “grupo tractor”.


ENTREVISTA Despois reunímonos tamén en pequenos grupos: zumes, marmeladas, doces... e a eses os chamamos “grupos chimpín”. Son persoas que queren recuperar o valor das pequenas produccións, dos produtos feitos na aldea. - Juan Carlos: necesitamos que se achegue máis xente, sobre todo de Brión, que é onde nace o proxecto. - Carme: pero o proxecto non é só para Brión, senón que está aberto a toda a comarca. - Juan Carlos: por iso é importante atraer xente. Insisto, falta xente de Brión. Xente con gañas de empezar e que sexa o núcleo duro do proxecto. - Carme: porque teñen que ser conscientes de que o importante é a parte colaborativa, non tanto o espazo. - E a xente vai saber manexarse con eses procedementos e modos de xestión? - Carme: por iso estamos xa falando de que tipo de formación é necesaria e quen queremos que sexan os formadores. O habitual é que veñan uns técnicos, dean unhas clases e xa está. Pero ao mellor quen ten que explicar como facer un produto é unha señora que forma parte deste grupo. - Juan Carlos: queremos que a formación estea aberta a partir de outubro. E durante este mes de setembro veremos cales son as necesidades. Agardamos que esa formación atraia a máis xente que queira implicarse no proxecto. O Concello de Brión comprometeuse a levar a cabo esta fase de formación, así como a dinamizar o proxecto mentres se prepara o espazo en Monte Balado. - Hai xa unha data para a súa posta en marcha? - Carme: non hai unha data concreta pero ten que ser o ano que vén. Podería estar listo en marzo. - Juan Carlos: sabemos que o proxecto está para ser asinado na Deputación, que promove esta iniciativa canda o Concello de Brión e o GDR Terras de Compostela, que xestiona fondos Leader.

- Estades falando dun proceso no que a veciñanza terá todos os dereitos, mais tamén todos os deberes. Non asusta tanta responsabilidade? - Juan Carlos: non, porque aquí son arte e parte de algo que queren facer. Iso é unha responsabilidade, pero é algo que nos ten que ilusionar moito máis. Ninguén nos vai vir montar nada, Daquí Darredor vai ser o que todos nós queiramos que sexa. Agora estamos conformando o grupo inicial e serán esas persoas as que decidan que máquinas se van compar para que tipo de producións. Do que se trata é de que a xente poida decidir como dotar ese espazo en Monte Balado. Iso é no que estamos agora. - Isto racha con modelos como os viveiros de empresas, onde todo ven dado e es ti quen se amolda a ese espazo. - Juan Carlos: estamos afeitos a que nos digan “isto é así porque si”. A nosa vantaxe é que a cidadanía será a responsable do éxito ou do fracaso deste proxecto. Cando che constrúen algo, pódeslle botar a culpa ao outro. Un espazo colaborativo como Daquí Darredor implica poñerse nunha posición nova, para a xente e tamén para as administracións. Implica ser consciente de que os cartos públicos son de todos e que é a sociedade quen decide como vai ser o proxecto, para que éste se adapte ás súas necesidades. Pode que esixa máis esforzo, pero canta máis xente participemos, máis sólidos van ser os resultados. - Despois das charlas polas parroquias, que tendes pensado para promocionar a iniciativa e facerlla chegar á xente? - Carme: imos facer unha Feira Labrega o domingo 23 de setembro na carballeira de Santa Minia. De 11:00 a 19:00 horas haberá postos de produtos agrícolas, artesáns e actividades paralelas (música, obradoiros para rapaces, mostra de artesáns, monicreques...) - Juan Carlos: convidamos dende Altamira a todos os veciños e veciñas de Brión para

que se acheguen a coñecer o proxecto. - Carme: penso que este tipo de proxectos son importantes porque é un pouco recuperar a relación entrea as persoas: entre produtores e compradores. E por iso imos presentalo nun mercado. - Juan Carlos: queremos dirixirnos aos pequenos produtores. Esa xente que xa está a producir nas súas casas e que agora poderán ter un espazo perfectamente equipado para seguir producindo ou vender o que queiran. - O certo é que o da produción ecolóxica está de moda. - Carme: hai un movemento para recuperar os espazos públicos entre produtores e compradores de alimentos. Recuperar as relacións que había nas antigas feiras, coñecer á persoa que fai os alimentos que vas comprar. Recuperar esos espazos, esa relación directa entre as persoas é fundamental para Daquí Darredor. - Juan Carlos: o valor do pequeno. Hai moita demanda dese tipo de produtos locais. Algúns tratan de vendernos isto como produtos gourmet, e non é máis que recuperar unha

alimentación con produtos da casa e sá. Neste sentido, Daquí Darredor chegará a onde a xente queira. Poderemos vender a resturantes, a comedores públicos, tendas... O feito de asociarnos, facer un produto transformado e poñelo a disposición dos consumidores... - Carme: hai xente que está pensando en facer xeados con froita das súas hortas. E sabemos que hai restaurantes interesados en mercarllos. - Juan Carlos: Daquí Darredor permitirá a cada veciño e veciña poñer en marcha iniciativas que non poderían facer de forma individual. - Carme: outro exemplo é o matadoiro móbil, onde xa hai xente interesada en usar a pluma e o sangue para abonos. Incluso xa temos falado sobre a posibilidade sacar un polo enteiro e outro despezado. Pensando quizais interese aos comedores escolares... Pois aprenderemos a filetealos! - Juan Carlos: en definitiva, estamos falando de poñer en valor os nosos alimentos. - Carme: valoralos e darse conta que podemos consumilos a diario, non como unha delicatessen cun prezo que non é o que debería ser.

MÁIS INFORMACIÓN: 981 50 99 08 (Dora) daquidarredor@gmail.com daquidarredor.blogspot.com Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS ACTIVIDADES

Servizos Sociais oferta un amplo abano de actividades para persoas maiores no Centro Social Polivalente Brión participou na reunión de preparación da cuarta campaña “En negro contra as violencias”

IGUALDADE

Brión sumarase á campaña “En negro” A acción buscará tinguir de negro o municipio en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista Brión é un dos quince municipios que amosaron o seu interese en sumarse á campaña “En negro contra as violencias”, posta en marcha en 2015 polo Concello de Santiago e á que están adheridas na actualidade 75 municipios de diferentes cores políticas, tres deputacións provinciais e máis de 6.000 establecementos e axentes sociais. Por iso, persoal do Departamento de Servizos Sociais de Brión participou a principios de setembro na xuntanza de coordinación e preparación da cuarta edición desta campaña. O obxectivo desta campaña é facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. Búscase tinguir de negro todo o municipio a través dos escaparates dos comercios, dos manequíns, da

roupa de traballo... un loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta tamén diante da máis dura das súas consecuencias: a morte. A data elixida para tinguir de negro o municipio é, como non, o 25-N, Día da Loita contra a Violencia de Xénero. Polo tanto, durante os próximos

meses as traballadoras dos Servizos Sociais de Brión buscarán implicar ao tecido asociativo, económico, cultural, deportivo, educativo e social do municipio para dar unha resposta colectiva ante as violencias. Para iso, entregaránselles materiais específicos, como o que encabeza este artigo, para o seu uso. Seguiremos informando.

O Departamento de Servizos Sociais presentou o programa de actividades para persoas maiores que promove o centro social polivalente para o curso 2018-2019. As inscricións fixéronse no propio centro ata o día 14 de setembro, pero durante todo o curso pódense achegar por si quedaran prazas libres en algunha das actividades. O programa inclúe un obradoiro de ximnasia específicamente adaptada a persoas maiores; un obradoiro de mente activa, para axudar a manter a memoria e as capacidades cognitivas; un obradoiro de informática, que se imparte na Aula CEMIT; unha actividade acuática específica para persoas maiotres, que se desenvolve na piscina municipal; unha actividade de teatro, que se desenvolve ao través do grupo “Trangalleiro Teatro”; e por último, un obradoiro de manualidades, que é a única actividade na que poden matricularse tamén persoas menores de 60 anos.

SOLIDARIEDADE

A veciñanza recupera 3.849 quilos de téxtil usado nos primeiros seis meses de 2018, un 7% más co 2017 A veciñanza de Brión recuperou 3.849 quilos de téxtil usado durante o primeiro semestre de 2018, o que representa un aumento do 7% con respecto ao mesmo período do ano anterior (3.589 quilos). Son datos de Humana, Fundación Pueblo 14 | Concello de Brión

para Pueblo, organización que promove a protección do medio ambiente a través da reutilización do téxtil, levando a cabo programas de apoio local en España e programas de cooperación en África, América Latina e Asia. As cifras equivalen a

7.900 prendas recuperadas pola veciñanza e que Humana reintroducirá no mercado a través da reutilización e a reciclaxe. Lembra que o Concello tamén mantén durante

todo o ano o Brión Solidario, no que tamén se pode colaborar achegando roupa, calzado e todo tipo de enseres que solicitan as familias máis necesitadas do municipio.


SERVIZOS SOCIAIS MAIORES

Un total de 530 persoas participaron na XXX Festa dos Maiores de Brión Un total de 530 persoas, maiores de 65 anos e os seus cónxuxes ou parellas, participaron como é tradición no primeiro domingo de setembro na edición número 30 da Festa dos Maiores de Brión, unha das máis antigas que se celebran en Galicia. O tempo acompañou, o que fixo que o baile de fin de festa se estendera ata ben pasada a tarde, xa que non foron poucos os veciños e veciñas que se animaron a botar unhas bailas a pesar da forte calor deses días.

García, que foi o encargado de dar a benvida a todos os participantes. Despois celebrouse unha misa no patio do IES de Brión, cedido para a ocasión pola entidade educativa, e que deu paso ao tradicional xantar de confraternidade no pavillón polideportivo de Pedrouzos.

Un xantar onde as persoas participantes recibiron un pequeno xerro de cerámica de Buño como agasallo conmemorativo da festa. A música correu a cargo, un ano máis, do grupo de gaitas da Asociación A festa estivo presidida Xoldra de Folclore Tradicional, A tradicional comida congregou a mais de 500 maiores polo alcalde de Brión, José Luís de Rois.

Os nosos maiores viaxan este ano a Roma O Concello de Brión ten aberto o prazo de inscrición na Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino a cidade de Roma (Italia) do 5 ao 9 de novembro. Unha iniciativa dirixida a veciños e veciñas maiores de 55 anos, que poderán ir acompañados polas súas parellas. As inscricións deberán formalizarse no teléfono 981 50 99 10 ou no centro social polivalente ata o vindeiro 1 de outubro. O prezo da actividade é de 725 euros por persoa e inclúe: voos de ida e volta con Iberia (vía Madrid), traslados do aeroporto ao hotel, visitas guiadas e catro noites de estancia nun hotel de 3 estrelas no centro de Roma en réxime de pensión completa. Entre as visitas programadas inclúense a Roma Antiga (Coliseo, Foro romano, Panteón...), a Roma Barroca (Fontana di Trevi, Piazza Navona...), catacumbas de San Calixto, praza e basílica de San Pedro (xardíns do Vaticano e Capela Sixtina), visita nocturna ao barrio de Trastévere e unha panorámica da cidade de Roma.

Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES IES BRIÓN

Doce dos 37 alumnos e alumnas graduados en Brión teñen expedientes por riba do 8,5 Belén Moldes Pais e Carmela Vieites Filgueira levaron sendas Matrículas de Honra O salón de actos do IES de Brión quedou pequeno para acoller o acto de graduación dos 37 alumnos e alumnas de Segundo de Bacharelato, que tivo lugar días antes das probas de acceso á Universidade. Un acto ao que asistiron o alcalde de Brión, José Luís García; a concelleira de Ensino, Yolanda Bouzas; e o director do IES de Brión, José Antonio Caneda, á fronte do profesorado do centro. José Antonio Caneda entregou dous diplomas acreditativos da concesión de sendas Matrículas de Honra ás alumnas Belén Moldes Pais e Carmela Vieites Filgueira, así como outras 10 mencións especiais ao alumnado que tiña un expediente académico por riba do 8,5 pero que non recibiu Matrícula de Honra: Guillermo Adeva Contreras, Carmen Cascallar Salvador, Xosé Lois Piñeira, Andrea Roo Triñanes, Carmen Trigo Cobas,

Alumnado graduado no IES Brión no curso 2017-2018 Miranda Rodríguez Sánchez, Rosalía Sambade Vázquez, Pablo Villar Abeijón, Manuel Xiráldez Leal e Simón GarcíaBodaño Vilaseco. O alcalde brionés agradeceu o traballo realizado tanto polo profesorado e equipo directivo do IES Brión, como polas familias dos rapaces e

rapazas que se gradúan este ano. Finalmente, e antes o nerviosismo dos presentes ante a proximidade das probas de acceso á Universidade, José Luís García García indicoulles que “aínda que levedes un ano pendentes da dichosa Selectividade, podo garantir que hai vida despois deste exame”.

Finalmente, o director do IES Brión agradeceu tamén a colaboración do Concello de Brión e o traballo das familias. Ao alumnado, José Antonio Caneda aconselloulles “traballade duro e desfrutade de cada momento. Atrevédevos a pensar distinto, non tendes que ser politicamente correctos”.

PREMIO

Eirena Souto Pazó gaña o concurso “Aprendendo Programando” A alumna Eirena Souto Pazó ,de 1º da ESO do IES Brión, resultou gañadora da terceira edición do concurso escolar “Aprendendo Programando”, que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto e Alvarellos Editora. Eirena Souto foi premiada na categoría de Secundaria polo seu traballo “O Entroido en Europa”, unha viaxe para coñecer os entroidos tradicionais no continente elabo16 | Concello de Brión

rada coa ferramenta Scratch. Un traballo realizado baixo a supervisión da profesora de Programación, Aída Fraiz. En total, concurriron a esta terceira edición do certame 72 equipos de Primaria e de ESO, que presentaron proxectos programados con Scratch, centrados na temática ‘Patrimonio cultural europeo’, proposta polo CPETIG na convocatoria deste ano. Cana o IES Brión tamén foron premiados o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, o CEP Sequelo de Marín

e o IES Ribeira de Louro de O Porriño. Os premios, entregados o pasado mes de xuño en Santiago polo secretario do CPETIG, Juan Luís Miguéns, consistiron nun mBot, robot

educativo; tablets; exemplares do libro 50 anos de Baloncesto en Galicia, editado pola Federación Galega de Baloncesto; e un lote de libros de literatura infantil e xuvenil, editados por Alvarellos.


CULTURA E DEPORTES

BOLSA

Unha brionesa, bolseira no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares

PREMIO

Alumnado do IES de Brión gaña o concurso “Sensores 2018” Fixeron un autómata capaz de recompilar datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade controlable dende un móbil Alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico do IES de Brión gañou o primeiro premio no concurso “Sensores 2018”, convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. Un galardón recoñece a calidade do proxecto “BrionXbot”: un robot deseñado, fabricado, controlado e programado pola rapazada brionesa. A iniciativa desenvolveuse como proxecto interdisciplinario dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo no último trimestre do curso pasado e contou co soporte do Laboratorio de Formas Procesos

e Materiais. Os autores son: Diego Baleirón Pais, Diego Basante Magariños, Noelia Canda Pazos, Antón Carcedo Martínez, Verónica Godoy Antelo, David Gualillo Lago, Alberte Xosé López Freire, Ainhoa Pérez Raña, Aarón Peula Velarde, Sara Picos Gómez, Alejandro Quintana Cid, Carlos Ruiz Abete, Carla Villar Cobas e Fátima Viqueira Barca. Á entrega de premios no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña acudiron Fátima Viqueira Barca e Alberte López Freire, en representación do alumnado, así como o profesorado que coordinou o proxecto: Luz Ramos López e Xabier Lorenzo Abalde.

Fátima e Alberte están satisfeitos por ter creado “un robot diferente aos que podemos atopar no mercado, capaz de andar, de recompilar e enviar distintos datos segundo o que detecten os sensores que incorpora”. Un robot creado a través das impresoras 3D do IES. “É cómodo manexar o robot remotamente vía Bluetooth. Entendemos que este modo de control é moi intuitivo e fai o produto moi atractivo, sobre todo pensando nas posibles aplicacións. Resulta moi práctico poder recibir os datos no móbil para elaborar gráficas, enviar a terceiros ou realizar calquera tipo de tratamento”, indicaron.

Belén Moldes Pais, alumna de 2º de bacharelato no curso 2017/18 no IES Brión, foi unha das 8 persoas becadas do programa “Acércate”, do Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC). Na segunda quincena de xullo desenvolveron un proxecto que achega á investigación en mediciña cardiovascular a alumnado de toda España con media de 10 en bacharelato. “É un recoñecemento ao esforzo destes anos e unha oportunidade para coñecer o mundo da investigación”, asgurou Belén que, ademais de realizar prácticas, asistiu a ponencias de relevantes figuras da cardioloxía como o doutor Valentín Fuster, padriño do proxecto.

DISTINCIÓN

María del Carmen Baña Suárez, premio extraordinario de ESO ao esforzo e á superación persoal María del Carmen Baña Suárez, veciña de Brión, ven de conseguir o “Premio extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación personal” do curso 2016-2017, que outorga a Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Un premio que recolleu en Santiago canda o seu pai. Dende Altamira queremos transmitirlle a nosa máis sincera noraboa e dexexarlle o mellor dos éxitos nos seus estudios. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES ACTIVIDADES

As actividades deportivas e culturais comezan o 1 de outubro O Departamento de Cultura e Deportes ten aberto ata o 14 de setembro o prazo de inscrición no programa de actividades culturais e deportivas para 20182019. A inscrición debe facerse de xeito presencial na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O programa pode consultarse na web municipal. O programa de actividades, que darán comezo o día 1 de outubro de 2018, inclúe unha vintena de propostas deportivas, culturais e formativas para os nenos e nenas de Brión, así como un amplo abano de actividades deportivas e culturais para adultos. Os prezos mantéñense con respecto ao último lustro, é dicir, 80 euros/ano por actividade coas excepcións do Club Camaleón (de balde), Club de lectura (de balde), Curso de Inglés (150 euros/ano) e Ioga (120 euros/ano). O Concello mantén tamén os descontos do ano pasado, polo que as inscricións nunha segunda actividade terán un desconto do 50%. Así mesmo, haberá bonificacións especiais para as familias, non acumulables coa anterior. As familias con dous fillos terán unha bonificación do 50% en todas as actividades do seu segundo fillo. As familias numerosas terán unha bonificación do 100% a partir do terceiro fillo, é dicir, que desfrutarán das actividades de xeito gratuíto. 18 | Concello de Brión

OUTONO CULTURAL

Sete espectáculos de música e teatro para o último trimestre do ano A gran novidade será a celebración do primeiro Festival de Artes Inclusivas, do 14 ao 16 de decembro Aproveitamos este número de setembro para traerche un adianto da programación, aínda por pechar, do “Outono cultural” de Brión. Nestes momentos temos confirmados sete espectáculos para as fins de semana dos meses de outubro, novembro e decembro, gran parte delas en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unhas actuacións que terán lugar no auditorio do centro social polivalente. Toma nota porque o venres 19 de outubro comezamos botando unhas risas da man de Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz, que presentarán o seu espectáculo “Falar sen cancelas”, unha comedia con puntos de clown e improvisación que vai dirixida a un público adulto. Unha semana despois, o 26 de outubro, terá lugar a primeira das dúas actuacións programadas por Teatro Malasombra: “DEP”, unha nova comedia con certos puntos de humor negro. A compañía volverá actuar en Brión o 9 de novembro cunha peza moi diferente: “Os Roc-

“Nacidas libres” conmemorará o día contra a violencia de xénero kenstein”, un musical para toda a familia. Entre ambas actuacións, o sábado 27 de outubro teremos unha actuación musical a cargo do grupo de Metais Santa Cecía. Novembro completarase coa actuación do grupo Teatro Escola de Narón, que porá en escena “Será por camiños”, unha peza que xira en torno a lenda do camiño a San Andrés de Teixido. E o sábado 24, conmemoraremos o Día contra a violencia de xénero con “Nacidas libres”, un espectáculo de Contraproduccións

baseado nun texto de Cándido Pazó e dirixido por Cristina Domínguez. Un espectáculo para reflexionar, dende unha perspectiva de xénero, sobre temas como a desigualdade, a ilusión da liberdade, a emigración ou os condicionantes da muller nas distintas culturas. O “Outono cultural” pecharase coa primeira edición do Festival de artes inclusivas, que se desenvolverá os días 14, 15 e 16 de decembro e dará paso á programación de Nadal, que concretaremos no vindeiro número de Altamira.

EXPOSICIÓNS

Conmemoración do 25 aniversario da visita do antropólogo Carlos Rodríguez Brandao a Brión O Departamento de Cultura ten preparado un interesante programa de exposicións ata fin de ano, entre as que destaca unha mostra conmemorativa da visita do antropólo brasileiro Carlos Rodrigues Brandao ao noso municipio hai 25 anos e que, dez anos despois, materializouse no libro “Aldeas.

Escritos e imaxes da Galicia tradicional. Santa María de Ons”, editado polo Concello de Brión e repartido entre toda a veciñanza. Un libro que o propio Rodrigues Brandao definiu como “un rigoroso exercidio de práctica da antropoloxía social”. Así mesmo, tamén están

previstas unha exposición de Fernando Yáñez e unha mostra conxunta de Veiras Manteiga e Rivero de Aguiar.


CULTURA E DEPORTES DOTADO CON 7.000 EUROS

Brión promoverá o premio Laudamuco de teatro, que honrará a memoria de Roberto Vidal Bolaño O premio foi creado polo Concello, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas O Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas veñen de crear o Premio Laudamuco para Textos Teatrais, dotado con 7.000 euros e a publicación da obra. Unha iniciativa coa que se buscan dous obxectivos: estimular e apoiar a creación dramática en galego e contribuír ao recoñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño, unha das máximas figuras do teatro galego e que pasou os seus últimos anos no noso municipio, onde deixou unha fonda pegada. O certame toma o nome da obra Laudamuco, señor de ningures, unha peza estreada

cas inéditas e escritas en galego, a primeira edición do premio Laudamuco convocarase para o ano 2019. O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 15 de febreiro de 2019.

O premio reivindicará a figura de Roberto Vidal Bolaño o 16 de maio de 1978 por Vidal Bolaño e a súa compañía Antoido e que está considerada como a obra coa que o tea-

tro galego iniciou a súa profesionalización. Dirixido a obras dramáti-

O xurado será nomeado polo Concello de Brión, a proposta da Academia Galega de Teatro. O premio terá unha dotación de 7.000 euros e incluirá a publicación da obra gañadora en Edicións Positivas. Un galardón que será entregado nun acto que terá lugar o 16 de maio de 2019, coincidindo co 41 aniversario da posta en escena de Laudamuco, señor de ningures.

MONICREQUES

Un lustro de monecadas na carballeira de Santa Minia O Festival Monecadas regresa a Brión co obxectivo de facer máis levadeiro o inicio do curso escolar. Algo que lle será doado grazas aos simpáticos monicreques que invadirán a Carballeira de Santa Minia os vindeiros días 21, 22 e 23 de setembro. O festival, organizado por Titiriteiros da Comarca e o Concello de Brión, contará na súa quinta edición coa participación de tres compañías: Títeres Cachirulo, Viravolta Títeres e Fantoches Baj; que presentarán outras tantas funcións e un obradoiro de monicreques dirixidos aos máis pequenos da casa. A programación iniciarase o venres 21 de setembro, ás 18:00 horas, cun

obradoiro de monifates a cargo de Títeres Cachirulo para de seguido, a iso das 19:30 horas, coñecer a historia de “O galo Quirico e os seus amigos”, narrada polos monicreques de Viravolta Títeres. Para o sábado 22 de setembro, Títeres Cachirulo ten programado “A cabeza do dragón”, unha divertida función que comezará ás 13:00 horas. O domingo 23 de setembro, á mesma hora, pecharán o festival os monicreques de Fantoches Baj, que representarán a obra “Tío Miseria” no marco das actividades da I Feira Labrega. Todos os espectáculos celebraranse na Carballeira de Santa Minia. A entrada será libre e de balde. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES

DEPORTES

A XXXVI Carreira Pedestre Popular da Amaía estreará novo circuíto A proba terá lugar na tarde do sábado 6 de outubro e o prazo de inscrición estará aberto ata as 14:00 horas do 3 de outubro A Carreira Pedestre Popular da Amaia, que este ano chega á súa edición número 36, terá lugar o sábado 6 de outubro, a partir das 17:00h, na Carballeira de Santa Minia e na que poderán participar atletas federados e non federados, que estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. A organización da proba deseñou este ano un novo circuíto moito mais rápido, menos duro e mais vistoso ca en edicións anteriores, con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia. Así pois, os participantes darán dúas voltas a un circuíto de 4,75km (98% asfalto e 2% terra en bo estado), completando un total de 9,5 km. As probas infantís mantéñense na Carballeira de Santa Minia. Incluída no Circuíto de Carreiras Populares da Deputa20 | Concello de Brión

ción da Coruña, as inscricións na poderán formalizarse ata as 14:00 h. do vindeiro 3 de outubro a través da web www.carreirasgalegas.com. As inscricións dos adultos custarán 5€, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde. MAIS DE 1.000€ EN PREMIOS Repartiranse mais de 1.000 € en premios e agasallaranselle a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 200, 170 e 150€, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

O cartel anunciador desta edición serve para rendir homenaxe aos numerosos nenos e nenas que participan ano tras ano nesta proba.

As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos os participantes recibirán cadansúa medalla. O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poi-

dan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura. A Carreira Pedestre Popular da Amaia é unha das probas atléticas máis importantes do panorama galego.


HISTORIAS DE BRIÓN

Carlos R. Brandäo, 25 anos despois

O ano 1992 apareceu por Brión, en traballos de investigación antropolóxica, o profesor brasileiro Carlos Rodrigues Brandäo. Da súa estadía e investigacións dera conta a revista Altamira no número 25 do mes de decembro dese ano, cando xa remataba a súa estadía de dez meses. No ano 1996 voltou por catro meses para completar as súas investigacións e, no ano 2003, o concello de Brión publicou e repartiu gratuitamente en todas as casas un moi fermoso libro sobre a súa investigación en Brión: Aldeas, escritos e imaxes da Galicia tradicional. Santa María de Ons/Brión. Trátase dun pequeño libro de menos de 140 páxinas, cheo de poesía, no que, conbinando fotos tomadas polo autor e texto, plasma a súa visión persoal sobre a vida das aldeas e das xentes de Brión, especialmente da parroquia de Ons, onde el paraba.

longo de todos estes anos. O resultado ao final foran mil e moitas páxinas con imagxes sobre Ons, Brión, Galicia e o Camiño de Santiago. Alédame imaxinar que debo ser o investigador non galego que máis escribiu sobre Galicia. Ou terá habido outro?”. Facendo un breve repaso, podemos reseñar: xa publicados, a parte de Aldeas no ano 2003, outro publicado no 2009 en Brasil co título de O camiño da estrela e en Galicia (Editorial Toxosoutos) titulado A senda da estrela. Inéditos permanecen: primeiramente o traballo de investigación antropolóxica en dous tomos titulado Crônicas de Ons. E tamén: Com o Sol do Outono sobre os Ombros; O Corpo coberto de cores - imagens, sons e memórias de festas,de cidades e de aldeias da Galícia-; O Caminho do Fim do Mundo; Uma estrela, um Caminho, um Peregrino; Breviário do Norte; Vida Peregrina - trilhas derivas travessias-; Aldeias da Amahia – rosO profesor Brandäo viñera a Galicia aproveitando un tos gestos-; Festa galega; Diário de Galícia; O Sexto Sol. ano sabático para investigar sobre o mundo rural galego: “quería escribir sobre o mundo rural de Galicia (costumes, Carlos Brandao naceu en Río de Xaneiro no ano 1940, tradicións) e principalmente as mudanzas da vida das per- é doutor en Ciencias Sociais licenciado en psicoloxía; ata a soas; quería partir dunha parroquia tipicamente rural e a súa xubilación foi profesor na Universidade de Campinas, medio camiño entre o tradicional e o moderno”. no Estado de Sao Paulo, pro ensinou en máis dunha ducia de universidade de América e Europa. É especialista en No tempo que conviviu coas xente de Brión, gañou o ca- educación popular e leva publicados máis de setenta libros riño de todos, máis que polos seus moitos saberes, pola sobre antropoloxía social, educación, medio ambiente e lisúa afabilidade, sempre con algo agradable que dicir e moi- teratura. Entre outros recoñecementos, posúe a medalla de to que preguntar: coa súa cámara fotográfica ao ombreiro comendador da Ordem do Mérito Científico, que é unha para reforzar con imaxes as súas investigacións e coa grava- das máximas distincións que concede o Goberno do Brasil. dora pronta para recoller canta información recibía. Así é que todo este material acaba de envialo ao Concello, onde Para commemorar os vintecinco anos da investigación foi dixitalizado e posto a disposición de quen o queira exa- por Brión de Brandao, proximamente vaise inuagurar unha minar. Son 882 fotografías de estampas e persoas rurais, de exposición na Casa da Cultura de Brión cunha selección das festas, de lugares e monumentos. As casetes de entrevistas fotos que el fixera en 1992. Vendo as fotos e repasando os e conversas suman trinta. seus escritos, impresiona observar como en tan curto espazo de tempo mudou tanto a vida das nosas aldeas, tanto Froito das súas investigacións en Brión son máis dunha que seguramente as novas xeracións xa non as recoñeceducia de libros, algúns publicados e outros inéditos, onde rán. Iso xa o vía vir o propio Brandao cando na entrevista foi expresando a admiración e o agarimo que o autor sen- que se lle fixera daquela en Altamira dicía: “Esta é a última te por esta terra. Di nunha carta recente: “Durante meses xeración que pode vivir asi; cando estes vellos morran, os escribín sen parar todo o que tiña apenas esbozado ao seus fillos estarán moito menos vinculados á terra”. Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

FESTIVAL FOLCLÓRICO A pesares do abafante calor que tiveron que soportar ese día os participantes, celebrouse unha nova edición deste festival adicado á música folclórica do noso pais, que tivo lugar na praza de Concello de Brión e que este ano contou coas actuacións da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis e as Escolas de Música e Danza Tradicional do Concello de Brión. Na praza do Concello, onde se xuntaron arredor de 200 persoas, puidose escoitar unha escolma da música tradicional mais senlleira.

RUTA POLOS ACANTILADOS DO LOIBA A última das rutas de sendeirismo que programou o departamento de Deportes do Concello de Brión celebrouse o pasado día 30 de xuño e puxo o broche final a unha exitosa campaña de fomento do sendeirismo que se ven celebrando tradicionalmente entre os meses de abril e Xuño. Os sendeiristas saíron as 8 da mañá da Carballeira de Santa Minia para dirixirse ata Ortigueira, onde percorreron a ruta de 22 km e dificultade baixa, sempre pegados ao mar, onde poideron contemplar os maravillosos acantilados e incluso descansar durante uns intres no que din é “o mellor banco do mundo”.

AS LETRAS NA CARBALLEIRA Uns 650 nenos e nenas de Brión e máis de medio centenar de adultos participaron na Festa das Letras na Carballeira, un evento organizado polo Concello de Brión para conmemorar o Día das Letras Galegas e que está incluído no programa da XXVIII Feira do Libro. Unha actividade na que participaron nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP de Pedrouzos e das escolas unitarias de Luaña, Bastavales e Os Ánxeles. Como é habitual, a Festa rematou coa interpretación do himno galego, se ben as peticións dun “bis” por parte dos pequenos fixo que a canción que pechou finalmente o acto fose “A rianxeira”.

ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA Máis de 400 persoas participaron o pasado 26 de maio na cuarta edición da Andaina Terras de Altamira-Brión, un evento organizado pola asociación O Esquío no Piñeiro e o Concello de Brión, en colaboración coa Piscina Municipal de Brión e a Federación Galega de Montañismo, que combinou deporte e lecer na privilexiada contorna natural do municipio de Brión. Un éxito de asistencia que corrobora a madurez dunha andaina que, pouco a pouco, consolídase como un dos eventos deportivos e de ocio máis atractivos da Comunidade.

22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


33

anos

APP GRATUÍTA “BRION INFORMA” PARA TODA A VECIÑANZA “Brión informa” é unha útil ferramenta de comunicación baseada nunha aplicación para dispositivos móbiles que permite recibir no teléfono intelixente ou na tablet conectados á internet: anuncios, bandos, novas e información municipal de diversa índole, de xeito directo e inmediato. Asemade, calquera cidadán poderá transmitir ao concello incidencias, consultas ou propostas, de maneira rápida e sinxela, a través de texto complementado por imaxes e localización xeográfica. A app pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscar polo nome “Brión Informa”) para os usuarios da plataforma Android ou na App Store (procurar “Bandomovil”) para os dispositivos con IOS de Apple.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.