103 - ALTAMIRA Nº 103

Page 1

PREVENCIÓN LUMES FORESTAIS: Ata 3.000€ a quen non limpe a súa leira

ORZAMENTOS MUNICIPAIS: Algo máis de 6 millóns para o 2018

Altamira PÁX. 3

Nº 103 - MAIO 2018 - ANO XXXII

PÁXs. 6

maio 2018

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

A través das

Pegadas de Rosalía Brionverán

Entrevista

Dous campamentos, Obradoiros e Tardes na Carballeira para conciliar no tempo estival PÁX. 19

Andrea Gonzalez, Pablo Abeijón e Ricardo Pedrares, Mocidade con denominación de orixe... Brión PÁXs. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso

AVANCE

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión N OVO Tel.: 8 8 1 8 66 078 N OVO Fa x.: 8 8 1 8 66 08 6 C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1 FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PERE Z , B. A v da . S a n ta Mini a, Nº 53 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión N OVO TE L.: 8 8 1 8 66 0 58 N OVO FAX.: 8 8 1 8 66 074 O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71

2 | Concello de Brión

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31

E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42

Altamira Chega ás nosas mans unha nova Revista Altamira cargada de novas interesantes para o desenvolvemento do noso concello. Presentamos nas primeiras páxinas o orzamento do ano 2018, os primeiros orzamentos dos que podemos sentirnos orgullosos despois de bastante tempo. Tamén presentamos o espazo colaborativo “Transformando Brión”, un novedoso sistema de produción e comercialización de produtos frescos e transformados de agricultores e gandeiros da comarca. Explicamos polo miúdo as novas leis de prevención de lumes forestais e de benestar animal, os principais movementos do concello en relación co turismo con inciativas como “Compostela Rupestre”, “As pegadas de Rosalía” ou o “Camiño de Múros”. E completamos este número 103 entre outras novas e aprobeitando que estamos no mes das Letras Galegas, cunha ampla programación cultural para celebrar tal conmemoración. Esperando que desfrutes da súa lectura. Recibe un cordial saúdo.

PÁX . 3 PÁX s. 4 - 11

REPORTAX E ACTUALID AD E

PÁX s. 12 - 13

B RI ONESES

PÁX s. 14 - 15

SERVI Z OS SOCI AI S

PÁX s. 16 - 20

CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BRI Ó N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTICIA

PÁX . 23

PASATEMPOS / HU M O R


REPORTAXE ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Emprego e servizos sociais, protagonistas dos orzamentos de 2018 José Luís García agradece o apoio unánime a uns orzamentos “sociais e esperanzadores, dos que nos podemos sentir orgullosos” “Son uns orzamentos sociais e esperanzadores, os primeiros dos que nos podemos sentir orgullosos despois de bastante tempo”. Son palabras do alcalde José Luís García no debate plenario dos orzamentos municipais de 2018 pero que representan o sentir de toda a corporación, como amosa o feito de que foran aprobados por unanimidade. Unha rara avis, tanto a nivel local como autonómico. En cifras, os orzamentos ascenden a 6.143.472,94 euros, destinan máis de 850.000 euros a investimentos e rexistran importantes subidas en materia de servizos sociais (16%) e promoción do emprego (400%). E é que son unhas contas que se “caracterizan polo seu importante contido social e investidos, pois axudan aos máis necesitados, contri-

búen a crear emprego e a dar deportivo e social” mentres mellores servizos á veciñanza”, que a partida de investimentos “alcanza en 2018 unha cifra explica o alcalde. superior aos 850.000 euros, o Así, o gasto en servizos so- que representa unha subida ciais pasa dos 440.460 euros de case o 23% con respecto ao de 2017 ao 511.037 euros de ano anterior”. En concreto, o 2018. Así mesmo, García in- capítulo de investimentos asdica que “un dos problemas cende a 850.534,63 euros, un máis importantes que segue 22,78% máis cos 692.738,79 habendo a nivel de Estado é euros de 2017. o paro. Por iso para promoAnte estas cifras, o voceiro ción do emprego pasamos de 26.600 euros a 157.774 euros. do PP, David García, xustificou E iso só coa parte do Concello, o seu voto favorable en que pois non contamos as ache- “aumenta o gasto social e en gas da Deputación a través de emprego. Son uns orzamentos programas como o Plan de Em- bastante bos e manteñen a esprego Local”. Unhas cifras que, tabilidade orzamentaria”. Pola unidas á creación dun espazo súa banda, o voceiro do BNG, colaborativo (ver páxina 4) fan José Luís Penas, considerou que a partida destinada a em- que son “uns orzamentos que poden ser votados en positivo” prego medre nun 400%. e valorou “o crecemento en O alcalde tamén apunta partidas sociais”. O concelleique “aumentan as subven- ro non adscrito non asistiu á cións ás asociacións de contido sesión.

O auditorio: inicio dun proxecto de futuro Durante o debate dos orzamentos o alcalde brionés, ademais de agradecer o voto favorable dos grupos municipais, anunciou que “o remanente de Tesourería do Concello de Brión é de case 2 millóns de euros, sen estar aínda pechado o resultado do orzamento do 2017” e convidou aos concelleiros a unha reunión para ver qué se pode facer con ese remanente. “Non sei se poderá ir aquí o auditorio pero a nosa intención é poñer en marcha este proxecto canto antes, pois é algo que nos quedaba por ofrecer aos nosos veciños e veciñas”, explicou José Luís García. Un auditorio que xa ten emprazamento: a parcela que albergou as atraccións para os cativos na pasada Romaría de Santa Minia. De feito, nos orzamentos deste ano vai unha partida para a adquisición desta finca, que albergará un gran auditorio de entre 150 e 200 butacas e cunha ampla zona para aparcar que, coa chegada de Santa Minia, poderá albergar as atraccións da romaría.

EN CIFRAS OBRAS. O Concello investirá 850.534,63€, un 22,78% máis ca en 2017. Entre as obras máis importantes figuran melloras nas aldeas de Vilanova e Estrar, a conexión da rede de abastecemento da Luaña coa rede xeral para paliar épocas de seca ou a substitución da cuberta do pavillón. PERSOAL. O gasto de persoal medran un 2% e suman 2.157.481,07 euros. GASTOS. Os gastos correntes en bens e servizos medran un 0,65% ata os 2.483.212,86 euros. Os gastos financeiros diminúen un 81,05% como consecuencia da amortización total dos préstamos con entidades financeiras que se levou a cabo no exercicio 2017. TRANSFERENCIAS. As transferencias correntes medran un 12,33% ata os 615.335,38€, cuxa maior parte vai destinado a facer fronte aos compromisos adquiridos como membro da Mancomunidade Serra do Barbanza, así como os incrementos nas subvencións educativas, deportivas, sociais, axudas de emerxencia, axudas á escolarización e ao pago de medicamentos a enfermos crónicos. IMPOSTOS. Os ingresos por impostos directos diminúen nun 8,71% mentres que os indirectos se prevé que medren un 16,88% grazas á construción de novas vivendas, que repercuten no aumento dos ingresos polo ICIO. As taxas e prezos públicos redúcese nun 0,93%. Revista Altamira | 3


ACTUALIDADE MANTEMENTO

Brión acollerá o primeiro espazo colaborativo especializado no sector agrogandeiro en Galicia “Transformando en Brión” suporá un investimento de máis de 200.000 euros, promoverá a produción e comercialización asociativa de alimentos frescos e transformados de agricultores e gandeiros da comarca O alcalde José Luís García asinou un convenio de colaboración coa empresa promotora do centro comercial Monte Balado, representada por Encarnación Branco, e coa Comunidade de Propietarios de Monte Balado, presidida por Dolores Reboiras, para impulsar un ambicioso proxecto de desenvolvemento para Brión e a súa contorna. Un convenio que porá en valor o inmoble do centro comercial, onde se implantarán un espazo de traballo colaborativo (coworking) de ámbito supramunicipal para o fomento da agricultura ecolóxica e un proxecto privado que inclúe unha residencia de maiores e un centro de día. O Concello disporá durante 50 anos dun local de 200 m2 para a promoción do traballo colaborativo, que esta-

de obradoiro, con dúas liñas de traballo para que poidan estar traballando dúas persoas ao mesmo tempo; unha zona de exposición e venda; e unha zona de formación, para o desenvolvemento de actividades, cursos, etc. Ademais, contará cun almacén e unha zona de servizos.

García amosa o proxecto ao presidente da Deputación rá destinado ao fomento da agricultura ecolóxica e no que porá en marcha un proxecto pioneiro en Galicia: “Transformando en Brión”. Unha iniciativa que terá un orzamento superior aos 200.000 euros, achegados na súa maioría

pola Deputación, e que segundo as previsións do presidente provincial, Valentín González Formoso, podería estar en obras este mesmo verán. Este espazo estará dividido en tres seccións: unha zona

García explica que “co apoio da Deputación da Coruña, Brión porá en marcha un espazo supramunicipal que dará cobertura ás pequenas explotacións agrogandeiras da comarca e porá a súa disposición ferramentas para a produción, valorización, promoción e comercialización dos seus produtos. Unhas ferramentas que non son asumibles de xeito individual polas pequenas explotacións da nosa comarca”.

A nova residencia de maiores en Lamas de Alvariño abrirá as súas portas o 14 de xuño

Monte Balado albergará unha residencia de maiores e un centro de día De 0 a 164 en nada. Non é a publicidade dun novo deportivo, senón o número de prazas de residencia para maiores coas que vai contar Brión en apenas un par de anos. E é que a empresa promotora do Centro Comercial de Monte Balado vai implantar aló unha residencia 4 | Concello de Brión

de persoas maiores con 114 prazas e un centro de día, con entre 40 e 50 prazas. No centro de día, todas as persoas residentes en Brión terán un desconto mínimo do 15%. Ademais, 2 prazas da residencia e 5 do centro de día serán xestionadas polos Servizos Sociais de Brión.

Estas prazas estarán destinadas a persoas en situación de risco e con escasos recursos, poolo que terán un desconto do 30%. Ademais, hai o compromiso de que cando menos o 50% dos traballadores serán contratados entre persoas residentes en Brión.

O proxecto de Monte Balado únese á residencia para maiores que a Fundación de Estudos e Análises (FESAN) está a culminar nestes días na urbanización Lamas de Alvariño e que abrirá as súas portas o próximo 14 de xuño. Será un acto aberto á veciñanza que terá lugar ás 12:00 horas. A residencia conta con 53 prazas residenciais e permitirá a creación de 30 novos empregos. O inmoble conta con 26 habitacións dobres con baño sobre unha superficie de 1.800 m2. Dúas desas habitacións, é dicir catro prazas, estarán habilitadas para persoas con minusvalía.


ACTUALIDADE TURISMO

Ames, Brión, Padrón e Santiago crean unha nova ruta turística: “As pegadas de Rosalía” É un itinerario circular que parte de Santiago e remata no Panteón de Galegos Ilustres, tras percorrer Ortoño, a igrexa de Bastavales ou a colexiata de Iria Flavia Os Concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago puxeron en marcha unha nova ruta cultural, “As pegadas de Rosalía”, para achegar a vida de Rosalía de Castro a toda a poboación e desenvolver un itinerario cultural a partir dunha ruta xa existente e deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra. Un itinerario concibido para ser percorrido en autobús, a pé ou en bicicleta. Parte da Praza de Vigo e ten chegada no Panteón de Galegos Ilustres, tras percorrer lugares como San Xoán de Ortoño (Ames), a igrexa de Bastavales (Brión), a colexiata de Iria Flavia, o Pazo de Arretén e a Casa de Rosalía de Castro (Padrón). Unha ruta que foi presentada en sociedade no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur 2018), nun acto ao que asistiron os alcaldes de

Ames, José Miñones, Brión, José Luis García, e Padrón, Antonio Fernández Angueira, que estiveron acompañados pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro de Padrón, Anxo Angueira. A presentación tivo tan boa acollida, que o Concello de Santiago rematou por sumarse aló mesmo ao proxecto.

Presentación das “Pegadas de Rosalía” en FITUR 2018 José Luis García incide en que con este proxecto “queremos aproveitar o interese e a capacidade de atracción que xera a figura de Rosalía e, con esa xustificación, darlle ao visitante unha completa oferta turística. Porque Brión é máis que as campás de Bastavales, tamén é historia como as Torres de Altamira, lendas como o Castro Lupario, e ata lugar de descanso para os fans do Santiago súmase ao proxecto rosaliano de Ames, Brión e Padrón turismo termal”.

Reunión con Turismo de Galicia e Xacobeo na busca de financiamento

Éxito de participación na primeira saída da ruta rosaliana Preto dun cento de persoas de Ames, Brión, Padrón e Santiago visitaron os lugares emblemáticos da vida e do legado literario de Rosalía de Castro. A saída seguiu o itinerario deseñado polo intelectual Avelino Abuín de Tembra, recentemente recuperado polos catro Concellos dentro do proxecto común “As Pegadas de Rosalía”. Ao longo da actividade, as persoas asistentes visitaron o Panteón de Galegos Ilustres, a casa paterna na Tarroeira en Ortoño, a Igrexa de Bastavales e a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón.

O alcalde José Luís García; e as concelleiras de Turismo de Ames, Isabel González, e Padrón, Lorena Couso, mantiveron unha xuntanza coa directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e co xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, para presentar o proxecto “As Pegadas de Rosalía”. Nava Castro mostrou a súa disposición para esta nova ruta cultural sexa promovida en diferentes actos e feiras de Turismo na que participe Turismo de Galicia. Ademais animou aos Concellos promotores a enviar o correspondente expediente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, para que sexa recoñecida como ruta cultural e poder optar as axudas públicas.

Asistentes á sinatura do convenio entre Fegamp e Xunta Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE MELLORA DE PISTAS

O Concello adxudica obras de mellora en pistas municipais por valor de 88.000 euros Trátase da reparación da pista de acceso á aldea da Torre e da pista que une a capela de Santa Minia coa aldea do Enxo O Concello de Brión vén de adxudicar dous proxectos de obras de mantemento e mellora de pistas municipais por un importe de 88.336,37 euros. Trátase da reparación da pista de acceso á aldea da Torre (25.420,01 euros) e da pista que une a capela de Santa Minia coa aldea do Enxo (62.916,36 euros). Unha licitación que supuxo un aforro de case 72.000 euros para as arcas municipais. En ambos casos, as obras están emprazadas na parroquia de Brión e extenderanse ata o seu límite co veciño municipio de Ames. Ambas pistas

son de asfalto, polo que será preciso realizar unha limpeza previa da súa superficie, unha limpeza das cunetas, un bacheado da superficie (actualmente en mal estado de conservación) e despois un rego de imprimación asfáltica. Uns traballos que teñen un prazo de execución de dous meses. Estas dúas obras están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2017 da Deputación da Coruña e foron adxudicadas en abril, polo que se agarda que os traballos dean comezo ao longo das vindeiras semanas e estean rematados antes do verán.

Pista que une a capela de Santa Minia coa aldea do Enxo (Brión)

Outros 232.000 euros no Plan Complementario do POS+ 2108 O Plan Complementario do POS+ 2018 inclúe catro proxectos de obras por importe de 232.349,88 euros. Tres deles son de mantemento e mellora de pistas municipais nas aldeas de Brans de Arriba e Aguiar (72.003,68 €), Busto de Frades (35.876,48 €) e de Cantelar a Tembra (45.419,21 €). O cuarto proxecto inclúe a mellora das condicións acústicas do pavillón municipal de deportes (79.050,51 €). A maiores, o POS+ 2018 inclúe outros catro proxectos de obras: conexión da rede de abastecemento da Luaña mediante a condución xeral de abastecemento de auga desde o río Tambre (97.392,58 €); substitución da envolvente exterior do polideportivo (102.324,38 €); e dous proxectos de mantemento e mellora de pistas: de Estrar a Vilanova (31.054,94 €) e na aldea de Estrar (31.194,19 €).

ABASTECEMENTO

Entran en servizo as redes municipais de abastecemento de auga en A Torre e Boaventura Dende o pasado mes de febreiro, os veciños e veciñas dos lugares de A Torre e Boaventura xa poden facer uso da rede municipal de abastecemento de auga. Aqueles que aínda non o fixeran e estean interesadas en engancharse, só teñen que pasar polas oficinas do Servizo Municipal de Augas, emprazadas na Urbanización Agronovo 126 baixo (en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:30 horas). As obras de bombeo para levar o abastecemento de auga ás aldeas de Boaventura e A Torre foron executadas 6 | Concello de Brión

pola empresa Espina e Delfín en 2017. Porén, e a pesar de que os traballos estaban rematados dende o 17 de outubro, non puideron entrar en servizo ata 2018 porque non tiñan os CUPS (Código Universal de Punto de Subministro), que tiña que conceder Gas Natural Fenosa. O CUP é un código único que comeza por ES e que identifica un punto receptor de abastecemento de toda a rede de luz. A pesar de que foi solicitado polo Concello de Brión en setembro de 2017, a empresa non o concedeu ata varios meses

Vista da aldea da Torre despois, polo que a posta en marcha do servizo atrasouse ata febreiro de 2018. Este non foi o único atraso no desenvolvemento desta obra, pois tamén houbo

que agardar varios meses a que os técnicos de Gas Natural Fenosa acudiran a Brión a facer o reforzo da liña de alta tensión, indispensable para a posta en marcha do novo bombeo.


ACTUALIDADE OBRAS

O Concello cambiará a cuberta do pavillón de piragüismo de Ons antes do verán Investirá case 73.000 euros para evitar humidades e mellorar as condicións térmicas do inmoble Os usuarios e usuarias das instalacións de piragüismo que o Concello de Brión ten en Ons, no límite municipal con Negreira, están de noraboa. Tanto os rapaces e rapazas que practican este deporte, da man do club Ribeiras do Trambre, como aquelas persoas que participan nos cursos de verán de piragüismo poderán estrea este mesmo verán unhas melloradas instalacións, grazas aos case 73.000 euros que o Concello de Brión vai investir no proxecto de reparación e mellora da envolvente exterior deste pavillón municipal sito no lugar de Ponte do Bico. O alcalde José Luís García vén de formalizar o contrato das obras, que serán executadas pola empresa Arines Obras y Proyectos SL e teñen un prazo de execución máximo de 120 días, polo que se agarda que estean rematadas antes do inicio dos cursos de verán. Un proxecto que é posible grazas a unha achega por parte da Deputación Provincial da Coruña. As instalacións actuais teñen unha antigüidade de máis de quince anos e contan cunha ineficaz cobertura de chapa metálica simple que se traduce en dous problemas: é un inmoble difícil de quentar

O Concello vai investir 73.000 euros na reparación e mellora da envolvente exterior do local de piraguismo.

e presenta problemas de estanquidade, tanto na cuberta como na fachada. Por iso, as obras consistirán no desmonte e eliminación da actual cuberta, que será substituída por outra de zinc sobre a estrutura actual que, unido a un aillante térmico, evitará humidades e mellorará as actuais condicións térmicas do edificio. O edificio conta cunha superficie construída de 437 m2, con dúas plantas. Na primeira planta está o almacén, un ximnasio e os vestiarios. Despois hai unha planta alta onde se sitúa un segundo ximnasio con aparatos.

Correxiranse problemas de estanquidade na cuberta e na fachada

Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE PREVENCIÓN LUMES FORESTAIS

A Xunta multará con ata 3.000 euros a quen non limpe a súa leira antes do 31 de maio No caso de incumprimento, o Concello poderá executar subsidiariamente os traballos de desbroce, cuxo custo repercutirá na persoa propietaria do terreo 31 de maio. Esta é “a data límite para ter limpas” as franxas secundarias das leiras. En caso contrario, as persoas propietarias dos terreos poden enfrontarse a multas de ata 3.000 euros. Así o avanzou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a presentación do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2018). Isto supón adiantar nun mes a obriga dos propietarios de desbrozar esas franxas de seguridade forestal, fixadas en 50 metros. A conselleira explicou que “aquí non se trata de recadar pero, a partir desa data, recorrerase ás sancións pertinentes que marca a lei”, entendendo que ninguén “ten desculpa” para non facer traballos forestais que eviten episodios como a vaga de lumes do pasado ano. Días antes deste aviso, o Concello de Brión emitiu un bando informativo no que recordaba ás persoas propietarias de terreos forestais as obrigas vixentes na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Esta lei, e as súas sucesivas modificacións, obriga ás persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos a facer tarefas de tala e roza antes do 31 de maio de cada ano. A obriga é xestionar unha franxa de 50 metros arredor do solo urbano, do núcleo rural e urbanizado delimitado, así como na contorna de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais emprazadas a menos de 400 metros do monte. O obxectivo é que nos 50 primeiros metros non haxa nin piñeiros, nin eu8 | Concello de Brión

Repoboación e distancias nas plantacións forestais De acordo coa Lei de Montes, o Concello de Brión lembra que están prohibidas as repoboacións forestais en solo urbano e de núcleo rural, urbanizable e de especial protección agropecuaria. Tamén están prohibidas repoboacións forestais con caliptos nin acacias, de acordo cos criterios de xestión da biomasa establecidos pola lei. Ademais, no caso de incumprimento das obrigas sinaladas, o Concello poderá proceder a notificar a súa obriga ás persoas responsables, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria dos traballos (polos que a persoa propietaria dos terreos tería que pagar). Un pago que non evitaría a instrución dun procedemento sancionador e da aplicación da multa correspondente.

eucaliptos en terreos previamente ocupados por frondosas. Finalmente, as novas plantacións de eucaliptos de máis de cinco hectáreas precisan de autorización. Finalmente, publicamos este gráfico coas distancias

mínimas que deben gardar as novas plantacións forestais. Unhas normas aplicables en toda Galicia e unha última para municipios como Brión: a separación de pistas de monte deberá de ser de 6 metros para eucaliptos, piñeiros e acacias.

Axudas para crear superficies forestais con frondosas e coníferas A Xunta vén de achegar 7 millóns de euros en axudas para a plantación de superficies forestais con frondosas e coníferas (carballo, castiñeiro, ameneiro, bidueiro, freixo, sobreira, aciñeira, piñeiro silvestre, teixo...). Axudas que estarán vixentes ata outubro de 2019 e que están dirixidas a sociedades de fomento forestal, propietarios particulares, asociacións de propietarios, cooperativas agrarias, comunidades de montes veciñais en man común... Como gran novidade, os propietarios que estean obrigados a limpar franxas secundarias de biomasa poderán beneficiarse destas axudas. Máis información no DOG de 26 de abril de 2018.


ACTUALIDADE LEXISLACIÓN

Máis abandonos, refuxios desbordados e aumento do gasto, consecuencias da Lei de Benestar Animal Os Concellos están obrigados a recoller e manter aos cans abandonados toda a súa vida, o que supón gastos diarios superiores aos destinados ao servizo de axuda no fogar O pasado mes de xaneiro entrou en vigor a Lei de Benestar Animal de Galicia. Unha iniciativa que parte dun trasfondo nobre e positivo pero que, despois de máis dun trimestre en vigor, está a amosar moitos claroescuros na súa aplicación. Por unha banda, é positivo o feito de que se prohíba e sancione o sacrificio ou maltrato dun animal, así como a obriga de que os seus propietarios os teñan debidamente identificados e coidados. Pero por outra, non é de recibo que unha Administración, como é a Xunta, aprobe unha nova lei que impón novas responsabilidades e gastos aos municipios sen acompañala dunha liña orzamentaria. Isto é así porque a nova Lei obriga aos Concellos a recoller os animais domésticos vagabundos e extraviados que deambulen polo seu término municipal e albergalos en centros de recollida de animais abandonados ata que sexan retirados polos seus propietarios, sean acollidos temporalmente ou adoptados, ou se lles dea outro destino. Isto supón un importante negocio para estes centros e, coma en case todo, tamén está a xurdir a picaresca: por un lado denunciamos o abandono ou

maltrato dun animal a través das redes sociais e, por outra banda, ofrecen os seus servizos ou dalgún coñecido. Na Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) cifran en 50.000 euros os gastos anuais engadidos que tería que afrontar un concello do tamaño do noso para cumprir coas obrigas de esterilizar e sacrificio cero dos animais abandonados no seu territorio. “Estamos falando dun custe de entre 426 e 581 euros por can o primeiro mes, co procedemento de castración e preparación para a súa adopción”, explica o vicepresidente da FEGAMP, Manuel Mirás, “pero despois hai que pagar como mínimo 5 euros por día de vida ata que se atope alguén que o adopte. E, aínda que iso fose economicamente posible, en poucos meses teriamos todas as canceiras e centros caninos de recollida saturados”. Uns puntos nos que coincide o noso alcalde, José Luís García, quen indica que “se temos que achegar entre 5 e 8 euros diarios por cada can abandonado para mantelo, isto pode medrar ata cifras tremendas. Primeiro haberá que ver se hai onde metelos a todos pero despois podemos

estar falando de cifras inasumibles”. Iso, co agravante de que a persoa que abandona un can non é veciño/a dese municipio, senón que se asegura de deixalo o suficientemente lonxe para evitar a súa volta. Unha realidade que xa se está vivindo nestes tres meses despois da entrada en vigor da lei. As asociacións de defensa dos animais alertan de que nos primeiros meses de 2018 aumentou sobremanera o número de abandonos de cans. E iso vindo dun 2017 no que se rexistraron máis de 19.000 abandonos de animais, 2.200 máis co ano anterior e un 22,6% máis nos últimos tres anos, segundo un informe da Fundación Affinity. E aínda que se adoita dicir que as comparacións son odiosas, o certo é que un non pode deixar de sorprenderse do distinto tratamento que recibe unha mascota e un ser humano. “Non temos nin 5 nin moito menos 8 euros por día para atender ás persoas ás que se lles leva a comida ás casas, cuxo servizo custa 4,5 euros. Sei que é moi duro dicilo pero penso que perdemos algo de perspectiva e que as cousas deberían seguir na súa xusta medida”.

Obrigas para as persoas propietarias de animais de compañía IDENTIFICACIÓN O chip de identificación é obrigatorio para todos os cans. Non ter ben identificada a mascota supón sanción de 500 euros.

NON ATADOS Prohíbese manter aos cans atados de forma permanente, limitar os seus movemento durante a maior parte do día ou empregar métodos daniños de suxección, retención ou educación. Multas de 501 a 5.000 euros.

VAGABUNDOS Dar comida a un can ou gato da rúa sen autorización municipal pode supoñer multa de ata 500 euros. A lei tamén prohíbe recoller animais vagabundos ou extraviados.

NON MATAR Prohibido sacrificar animais. Multas entre 5.001 e 30.000 euros.

TRANSPORTE Prohibido levar mascotas en maleteiros pechados e sen ventilación axeitada. Nos remolques ten que ter espazo suficiente para levantarse, xirar e tumbarse. Multas de entre 501 e 5.000 euros. Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE

RECUPERACIÓN DO PATRIMONI0

De albergar a Santa Minia ao esquecemento Concello e veciñanza poñen en valor a Capela de San Clemente (San Fins) Na freguesía de Brión existe unha ermida, baixo a advocación do papa San Clemente, da que ninguén lembra a ciencia certa cando foi construída. Unha capela abandonada dende hai case 170 anos pero que puido converterse no referente relixioso do municipio. Foi no 1849, cando Luís Tobío solicitou autorización para construír un santuario no que depositar os restos de Santa Minia. Pois ben, unha das posibilidades que se puxo sobre a mesa foi a de arranxar a capela de San Clemente, xa abandonada de aquela. Mais a historia tomou outro camiño e deste Santuario, un inmoble de planta rectangular construído en pedra, só quedan parte dos muros, un fermoso arco e a fonte do santo, sobre unha fonte. Emprazada á beira dun antigo camiño empedrado que unía a aldea de Quintáns e a igrexa de San Fins, a súa situación era tan crítica que asociacións como Patrimonio Galego tiñan incluída esta capela na súa “lista vermella”, salientando que “está en ruí10 | Concello de Brión

na total” e alertando da súa posible desaparición. Por iso é de destacar a decisión dun grupo de veciños e veciñas da parroquia que apostaron por poñer en valor este enclave e a súa contorna. Aló polo mes de febreiro, trasladáronlle a proposta ao alcalde brionés e o pasado mes de marzo, operarios municipais e veciñanza puxéronse mans á obra. “Fomos os veciños, con machadas e fouces porque estaba que daba medo. Había raíces das árbores entre as pedras que eran tan anchas como as miñas pernas”, lembra Carmen Rey. Non é de estrañar, pois era unha zona de bosque moi mesto, abondosa en auga e pola que o camiño de pedra só “se intuía”. Por iso, o primeiro que fixeron os operarios municipais foi rozar este camiño, actuando dende o cemiterio. Despois fixeron unha ponte rústica, que permitiu dotar á capela da súa saída orixinal cara Quintáns e que mesmo permitiu un descubirmento. “Nun lugar onde o muro de pedra fai curva atopamos unha columna

Nova ponte (arriba) e roza no camiño de acceso á capela traballada que na punta tiña un ferro, que debeu ser un cruceiro pero que xa non ten cruz”, conta Carmen Rey. Finalmente, limpouse ben a pedra tanto do que queda da capela como da fonte, onde tras

un enreixado está a figura do Santo, e que a propia veciñanza se encargou de adornar. Un gran exemplo de colaboración entre Administración e veciñanza para poñer en valor o noso patrimonio cultural.


ACTUALIDADE MÚSICA

Concello e Banda de Música acordan levar actuacións ás parroquias

PATRIMONIO

Deputación e cinco Concellos impulsan a creación do parque “Compostela Rupestre” Contará con 500.000 euros para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra A Deputación Provincial da Coruña e cinco Concellos da comarca de Santiago están a avanzar no desenvolvemento do proxecto de parque arqueolóxico “Compostela Rupestre”. De feito, eses cinco concellos xa asinaron os acordos plenarios precisos para a súa integración no proxecto, como é o caso de Brión. Ames, Santiago, Teo e Val do Dubra completan o grupo. O deputado provincial de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira, reuniuse recentemente en Raxoi con representantes destes concellos, entre os que estaba a tenente de alcalde brionesa Yolanda Bouzas. Agora só resta que que o proxecto sexa aprobado polo pleno provincial para a formalización do convenio de colaboración, que estará dotado con 500.000 euros para o seu desenvolvemento.

Yolanda Bouzas explica que “esta inicaitiva ten como obxectivo principal a protección, promoción e difusión do patrimonio arqueolóxico do Val da Amaía e que en moitas ocasións é descoñecido mesmo para os veciños e veciñas do lugar”. Boqueixón e Vedra poderían incorporarse en breve a “Compostela Rupestre”. “Para nós é unha honra que xa cinco concellos se sumen a este proxecto de posta en valor do patrimonio rupestre, unha iniciativa que forma parte do itinerario da Deputación en que se inclúe o proceso para o proxecto do primeiro xeoparque en Ortegal e o Parque do Megalitismo da Costa da Morte”, sinala Xosé Regueira. Para o deputado de Turismo e Patrimonio, o Val da Amaía é un “territorio moi rico patrimonialmente e temos oportunidade de dar pasos fir-

mes para que ese tesouro sexa rendíbel socialmente”. Os primeiros investimentos dirixiranse por un plan de actuación que permita priorizar a compra e limpeza de parcelas e a licitación dun plan director ademais da elaboración do proxecto museográfico do xa existente Centro de Interpretación de Villestro. De feito, nesta xuntanza estudouse un calendario de constitución que pasa pola aprobación no pleno da Deputación e posterior sinatura do convenio marco, a partir do que se convocará en 15 días a primeira xuntanza do comité de dirección que estaría presidido polo Concello de Compostela no seu primeiro ano. O deputado Xosé Regueira estimou que no prazo dun ano o parque “poida estar xa sinalizado e bastante configurado”.

O Concello e a Banda Municipal de Música de Brión traballan estes días na sinatura dun convenio de colaboración para levar concertos por todas as parroquias. Á hora de pechar esta edición de Altamira o acordo non estaba asinado, xa que quedaban por fixar as datas das actuacións en Cornanda, Brión e Boullón, así como unha das dúas actuacións das que dispón libremente o Concello de Brión. O resto de concertos programados da Banda Municipal de Música de Brión este ano son os seguintes: Os Ánxeles (domingo 3 de xuño), Bastavales (domingo 10 de xuño), Viceso (domingo 24 de xuño), San Salvador (luns 6 de agosto), Luaña (sábado 11 de agosto) e Ons (domingo 16 de setembro). Así mesmo, o Concello de Brión disporá doutras dúas actuacións, unha delas durante as festas de Santa Minia e unha segunda nunha data aínda por determinar.

Revista Altamira | 11


BRIONESES

Andrea González García, campioa de España de Xabalina sub 20 / Pablo Villar Abeijón, premio “Juvenes Translatores” da UE/ Ricardo Pedrares Patiño, futuro segundo trombón solista da Orquestra da Radio de Finlandia

Denominación de orixe... Brión Hai xa uns anos, un anuncio de coches popularizou o término “JASP”, acrónimo de “Joven Aunque Sobradamente Preparado” que se utilizou para definir a unha xeración de mozos e mozas que, pese contar cunha das máis amplas formacións, tiñan un difícil acceso ao mercado laboral. E o certo é que pasaron os anos, pasaron os modelos de coche pero a situación de fondo

segue a ser a mesma e apareceu unha nova expresión “Fuga de cerebros”, ou “mobilidade exterior”, como eufemisticamente prefire a ministra: grandes talentos que rematan buscando fóra o que non atopan no país. E Brión está cheo deses talentos. Hoxe quixemos falar con tres deles, tres dos mellores representantes do que é a “Denominación de Orixe Brión”. nesta revista para entrevistalos a todos. Por iso quixemos contar a historia de tres deles: Andrea González García, campioa de España de Lanzamento de Xabalina sub 20; Pablo Villar Abeijón, premio “Juvenes Translatores” da UE como mellor tradutor de España; e Ricardo Pedrares Patiño, máster en Trombón pola Juilliar School de Nova Iorque e que o pasado mes de febreiro vén de gañar a audición para ser o segundo trombón solista da Orquestra da Radio de Finlandia, unha das máis prestixiosas de toda Europa.

O certo é que se es fiel seguidor de Altamira terás comprobado que practicamente non hai número no que non esteamos presumindo dalgún dos logros acadados polos nosos mozos e mozas. Sen ir máis lonxe, neste mesmo número figuran os rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato do IES Brión que, por segundo ano consecutivo, acadaron o primeiro premio da súa categoría no Concurso de Robots da EEI de Vigo, que este ano desputou a súa cuarta edición. Iso fixo que no Consello de Redacción da revista reflexionaramos sobre o gran número de persoas novas que temos neste concello e que son do mellorciño do país na súa especialidade. E o certo é que o número de nomes que saíron á palestra foi tal, que non teriamos páxinas dabondo 12 | Concello de Brión

“A marca de 44,14 foi moi boa e moi sorprendente porque non o esperaba”

Tres persoas novas, de gran éxito nas súas respectivas áreas e cun próspero futuro por diante sen ningún tipo de límite. E o certo é que, pese a ser persoas de distintas idades e de moi diferentes especialidades, todos eles


BRIONESES manteñen moitas cousas en común. Algo que aquí demos en chamar: “Denominación de Orixe Brión” e que imos tentar explicar noutras tres características.

zos de toda Europa (e o único de España) en ser distinguido co premio “Juvenes Translatores”, concurso de tradución convocado pola Comisión Europea.

HUMILDADE En primeiro lugar, a humildade. Son persoas de éxito pero seguen cos pes na terra, conscientes do moito que lograron pero tamén do moito que aínda lles queda por conseguir. “O meu maior logro ata o momento foi este ano, cando gañei o Campionato de España de Inverno e cunha marca de 44,14 metros, moi boa e moi sorprendente porque non o esperaba. Agardaba 40 ou 41 pero o último lanzamento foi sorprendente e non o crin”. Así conta Andrea González ese lanzamento, esa mellor marca persoal que lle serviu para alzarse co título de campioa de España de lanzamento de xabalina.

“O pasado mes de febreiro tiven a sorte de gañar a audición para segundo trombón solista da Orquestra da Radio de Finlandia. Comezarei a traballar con eles o vindeiro mes de agosto e, se todo vai ben, ao pasar 6 meses de proba pasarei a ser membro fixo da plantilla”, explica Ricardo Pedrares.

“Contento e sorprendido. Non sei por que me escolleron”. Son palabras de Pablo Villar despois de ter sido elixido mellor tradutor mozo de España. Este estudante de 17 anos do IES Brión foi un dos 27 mo-

TRABALLO En segundo lugar, a súa excepcional capacidade de traballo. De fixarse unha meta e conseguila. “Conseguilo supuxo moitos anos de dedicación e esforzo. Horas e máis horas pechado nunha habitación practicando”, indica Ricardo. Incluso ata que che sanguen os beizos, engadimos despois de ver o seu Instagram. “Para chegar hai que adestrar todos os días dúas horas, de luns a sábado”, apunta Andrea, “é o máis duro, pero tes que estar todos os días porque hai que mellorar”. Ir máis aló dos teus

“E todo isto comezou na banda municipal, onde me iniciei no mundo da música”

“Para min, os idiomas son unha oportunidade para coñecer outras culturas” límites. “Para min, os idiomas son unha oportunidade para coñecer novas culturas e recibir información que non está dispoñible no meu país natal”, recoñece Pablo. ORIXE E, finalmente, ter a capacidade de saber recoñecer e valorar de onde veñen. Non só teñen claro a onde queren chegar e saben que poden facelo, senón que son conscientes do esforzo que tamén fan as persoas que os rodean para que eses soños se poidan facer realidade. Xa se sabe que é de ben nacidos... Por iso Pablo, pese a estar nese curso de tolos previo á selectividade e sen ter claro se dedicarse ás ciencias sociais ou ás linguas, é quen de sacar tempo para actuar o pasado mes de abril no recital de cámara da ESMU Magariños. “Este ano sigo indo, pero teño que deixar de practicar algo”, indica. Pola súa banda, Ricardo apunta que “todo isto foi posible grazas o apoio de familia e amigos, que sempre me apoiaron incondicionalmente dende que era un cativo e decidín embarcarme nesta longa viaxe. Eles fixeron posible para min ter ido estudar a Estados Unidos”, onde o 18 de maio se graduará no Máster en Trombón na Juilliard School. Unhas

semaniñas

máis

tarde, concretamente o 3 de xuño, Andrea estará seguramente levantando algunha medalla nun encontro internacional de xabalina que se disputará en Portugal. “E despois ao campionato de España”, nun non parar no seu equipo, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, que non lle impide vir de cando en vez a Brión, a visitar á súa familia, os seus fans número 1 e o seu maior apoio. Andrea, Pablo e Ricardo. Tres exemplos dunha nova xeración de brioneses e brionesas que con humildade, traballo e saber estar son quen de conseguir os máis altos logros nas súas respectivas especialidades e dos que, de seguro, volveremos a ter noticia proximamente nestas mesmas páxinas ou a través de medios de comunicación de maior entidade que se farán eco dos seus triunfos. Tres persoas que representan a un colectivo que superou ese “JASP” que diciamos ao principio. Son persoas novas, están sobradamente preparadas e non se conforman co futor que a sociedade actual lle reserva á nosa mocidade. Aínda que o teñan que ir buscar a Pontevedra, a Bruxelas ou a Finlandia. Tres persoas que levan o nome de Brión polo mundo adiante e dos que podemos estar máis ca orgullosos. Denominación de orixe... Brión!. Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS DÍA DA MULLER

Éxito da campaña “Mulleres medrando coma árbores” O xardín do Polivalente acolle a figueira que recolleu as mensaxes de apoio ás mulleres por parte da veciñanza brionesa co gallo da conmemoración do 8 de marzo O xardín do centro social polivalente ten unha nova residente. Trátase da figueira que protagonizou a campaña “Mulleres medrando coma árbores”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, e que conseguíu implicar a un gran número de colectivos do municipio. “Trátase dun acto co que queremos Os nosos maiores foron dos veciños máis activos á hora de “dotar de follas” á figueira simbolizar a necesidade de que na sociedade actual enraíce definitivamente a evidencia da igualdade de xéneros”, explica a concelleira de Igualdade, María Rosa Romero Fariña. Esta figueira recibiu as mensaxes de agarimo e apoio ás mulleres de todo o mundo por parte da veciñanza do municipio antes de ser plantada. “Esperamos que durante moi- O alumnado de Ioga e as traballadoras municipais sumáronse á iniciativa to tempo simbolice o cambio que todas e todos agardamos e a vexamos medrar forte, autónoma, libre e sen medo”, apunta a concelleira de Igualdade. De feito, a elección deste tipo de árbore non é casual. “Eliximos a figueira pola súa capacidade de acoller na súa sombra, alimentar cos seus froitos dende moi pequena e coidar da saúde coas súas propiedades”, indica Rosa Romero. A concelleira de Igualdade, Rosa Romero, foi a primeira en colgar unha mensaxe na figueira

GARDERÍA

A Semana da Música 2018 trouxo un concerto de monicreques Os nenos e nenas da gardería gozaron dunha actuación especial a cargo de Borxa Insua, de Títeres Alakrán, que combinou os seus monicreques con música de distintas culturas. Era unha das 3 actuacións da Semana da Música 2018, unha iniciativa que busca que os cativos se inicien no gusto á música e que conta coa colaboración 14 | Concello de Brión

desinteresada de ex-alumnos, pais e nais, que comparten a súa arte cos pequenos. Este ano debutaba Borxa Insua, quen explica que “ao principio están alterados pero é certo iso de que a música amansa ás feras e ves como desfrutan da música, e eu con eles”. A Semana da Música arrincou con Jessica

Beiroa Fernández, profesora de música tradicional galega que ensinou aos meniños o son de instrumentos como a gaita, a pandeireta, as cun-

chas, o pandeiro... e pechouse cun concerto de trompeta de Jorge Rey, profesor da ESMU Magariños, e o seu alumno, Juan Quintela.


SERVIZOS SOCIAIS ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Os meniños da gardería mesturan arte e reciclaxe “ReciclArte” está a implicar a menores, profesorado e familias nun proxecto que combina horta ecolóxica con reciclaxe de materiais para facer arte A agricultura ecolóxica está de moda estes días no noso concello. Se unhas páxinas atrás che presentabamos o proxecto “Transformando Brión”, agora toca facer o propio cunha iniciativa que xa están a desenvolver os meniños e meniñas da gardería municipal. Trátase de “ReciclArte”, un proxecto que pretende fomentar a recicilaxe entre os pequenos e as súas familias, empregando o orgánico para unha horta ecolóxica e o non orgánico para crear obras de arte. A idea leva xa varias semanas en marcha e hai que dicir que conta co apoio tanto das familias como da gardería municipal. Os primeiros colaboran traendo material orgánico para o composteiro con ca-

danseu caldeiriño, deseñado para a ocasión e no que adoitan vir restos de comida. Os segundos, entregando tamén os restos da comida do comedor. Con iso e coa axuda dos seus mestres, os meniños/as montaron o seu pequeno horto no exterior da gardería no que cultivan leitugas, tomates, prantas aromáticas e fresas; ademais de ter plantado novas árbores na instalación. Ata aquí, nada novo. Pero dende a gardería quixeron ir un paso máis aló e usar parte do colleitado ou convertir parte do lixo recollido en arte. E xa podemos adiantar que a primeira exposición que se está a preparar é a base de botellas de plástico, que terán unha segunda vida como obras de arte.

PREMIO

Alumnado do IES de Brión acada o primeiro premio no IV Concurso de Robots da EEI de Vigo Non. Aínda que poida parecelo non se nos quedou unha noticia do ano pasado. É simplemente que a excelencia do alumnado do IES de Brión volta a estar de actualidade porque o equipo “Brión 1”, composto por mo-

zos e mozas de 1º de Bacharelato, acadou por segundo ano consecutivo o primeiro premio da súa categoría no IV Concurso de Robots da EEI de Vigo, tras participar nunha disputada final con contrincantes de alto nivel.

Os outros dous equipos brioneses (4º ESO e 1º de Bacharelato) chegaron á final tras varias mangas das probas de segueliñas e sumo. Ademais, a organización

concedeulle ao IES de Brión o 1º premio pola cantidade e calidade de equipos participantes no concurso, no que tomaron parte uns 1.000 alumnos/as de Galicia. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES CAMIÑO DE SANTIAGO

Brión traballa na oficialización do Camiño Inglés pola Ría de Muros-Noia como ruta Xacobea Concellos e asociacións reuniranse con Patrimonio para iniciar os traballos de delimitación do trazado Conseguir a oficialización como ruta Xacobea do Camiño Inglés pola Ría de Muros-Noia. Este é o obxectivo que están a promover oito municipios das comarcas de Santiago (Ames, Brión e Rois) e do Barbanza (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son), canda representantes do tecido empresarial, turístico e cultural. Uns traballos iniciados hai tempo e que foron retomados aproveitando a celebración do 850 O representante do Concello de Brión nestas reunións é o técnico de Cultura e Turismo, Alberto Álvarez. aniversario da sinatura da carta fundacional da vila de Noia. Brión pasaban peregrinos cara concellos se comprometéron a convocatorias de axudas e subSantiago procedentes de Noia. participar nos traballos de deli- vencións. Ademais, decidiuse mitación do trazado e a poñer poñerse en contacto co alcalde De feito, o propio presidenDe momento xa se desen- en común medidas para a súa de Santiago, Martiño Noriega, te da Xunta recoñeceu durante de cara a conseguir a implicaesa onomástica que “Noia é o volveron un par de sesións de limpeza e conservación. ción do Concello compostelán Portus Apostoli do Camiño de traballo, nas que acordaron Así mesmo, acordouse ini- nesta iniciativa. Finalmente, Santiago, a porta de entrada solicitar unha reunión coa Dide viaxeiros atraídos pola cha- rección Xeral de Patrimonio de ciar as xestións para buscar a acordouse designar á presimada espiritual da nosa terra”, cara a consensuar o inicio dos mellor fórmula para constituír- denta da ARD Ría de Muroso que pode supoñer o espalda- traballos de delimitación do se, como unha asociación ou Noia e alcaldesa de Lousame, razo definitivo a unha realida- trazado do Camiño Inglés pola agrupación de municipios, co Teresa Villaverde, como coorde que todos coñecen: que por Ría de Muros-Noia. Todos os obxectivo de poder acceder a dinadora dos traballos.

EXPOSICIÓN

Brión acolle unha mostra de José María Barreiro Recolle unha selección de 19 obras das distintas etapas do pintor de Forcarei A sala de exposicións quedou pequena para acoller a todas as persoas que asistiron á inauguración da mostra “Barreiro: o mar de Ons dende os altos de Santa María de Cela”. Unha exposición que recolle 19 obras dun dos grandes pintores da pintura galega, que escolleu este evento para presentar en sociedade a súa última obra: “A festa en Joy Eslava”, un óleo sobre tea que non fora exposto. A mostra pode visitarse ata o 8 de xuño. Como todos os grandes, Barreiro non quixo comentar nada sobre o seu traballo xa 16 | Concello de Brión

que “la obra debe hablar por sí sola. Y puede gustar o no gustar. Yo sólo espero que guste”. Quen si falaron foron o alcalde, José Luís García, quen salientou que “a obra de Barreiro non responde só a unha forma de pintar senón tamén a un xeito de concibir a vida, a cultura, o país e o mundo en xeral dende a súa xanela aló en Santa María de Cela”. Pola súa banda, o xornalista Alberto Barciela salientou que “Barreiro chega á Carballeira de Santa Minia para demostrar que Brión tense consolidado nos últimos tempos como referencia do mundo da arte”.


CULTURA E DEPORTES

LETRAS GALEGAS

Unhas Letras Galegas con nome de muller: de Rosalía de Castro a María Victoria Montero Para as visitas teatralizadas “Rosalía en Bastavales” é preciso anotarse antes na Casa da Cultura O Día das Letras Galegas está dedicado esta ano a María Victoria Moreno, pontevedresa de adopción que chegou a Galicia en 1963 e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Para lembrar a esta figura das nosas Letras e recuperar a súa obra, o Concello de Brión presenta unha ampla programación lúdico cultural que se desenvolverá ao longo do mes de maio e que terá como principais destinatarios a todo o alumnado dos distintos centros de ensino do municipio. Desfrutarán de sesións de tea-

tro, contacontos, conferencias e recitais dramatizados. Un programa que tamén recolle eventos abertos a toda a veciñanza, como a Festa da Letras na Carballeira (16 de maio), a Noite en Branco da ESMU Magariños (25 de maio, ás 22:00 horas). Pero este ano hai unha actividade a maiores que xa se estreou con gran éxito coincidido co Día de Rosalía: as visitas teatralizadas a cargo de Os Quinquilláns no adro da Igrexa de Bastavales. Trátase dunha visita de 45 minutos na que o campaeiro de Bastavales e a propia Rosalía fan un percorrido pola vida e obra da poetisa galega, facendo fincapé nos seus vínculos con Brión. As próximas actua-

cións terán lugar os días 17, 19, 20, 26 e 27 de maio e o 15 de xuño, todas elas ás 19:00 horas (salvo as do 20 e 27 de

maio, que serán ás 18:00 horas). Inscrición previa totalmente de balde na Casa da Cultura ou 981 50 99 08.

EXPOSICIÓN

Vinte anos de “Imarxinacións” a carón da carballeira de Santa Minia

O brionés Fran Lareo expuxo por primeira vez en solitario na sala municipal de Brión

Di o refrán que “en casa do ferreiro, culler de pao”. E algo así pasaba con Fran Lareo, que pese a ter o seu obradoiro a poucos metros da sala de exposicións, aínda non protagonizara unha mostra en solitario no seu propio municipio. Ademais, as súas “Imarxinacións” foron pioneiras pois, como lembrou o alcalde José Luís García, durante a inaugu-

ración, “é a primeira mostra integramente de escultura que inauguramos nesta sala”. A exposición estivo composta por 3 esculturas iniciais en pedra, 47 en miniatura en madeira e outras 35 feitas cun material a cabalo entre a pedra e a cerámica cuxa composición química so Lareo coñece. “Un material que sigo traballando e investigando”, apunta Lareo. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES EMPREGO

O obradoiro RenovAmes-Brión II instala equipamentos térmicos de biomasa na gardería e na escola da Luaña Participaron quince persoas, que dispuxeron dun contrato laboral de seis meses O salón de Plenos de Ames acolleu o acto de clausura do obradoiro de emprego RenovAmes-Brión II, que se desenvolveu dende o pasado mes de setembro, que tivo unha duración de 6 meses e que contou coa participación de 15 alumnas e alumnos traballadores (12 de Ames e 3 de Brión). Un acto no que se entregaron os diplomas e os certificados que acreditan o correcto aproveitamento deste obradoiro de emprego da man do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e os alcaldes de Ames, José Miñones, e Brión, José Luís García. A segunda edición do obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión” estivo centrado nas especialidades de montaxe e mantemento de instalacións caloríficas. O alcalde de Brión, José Luis García, felicitou ao alumnado e ao equipo docente xa que “o resultado do traballo que fixestes du-

poidades estar traballando e demostrando o aprendido”.

rante estes seis meses é excelente e tan só hai que pasar polas instalacións da escola infantil dos Ánxeles e da escola rural de Luaña para velo. Deséxovos moita sorte nesta nova andaina, que comezades agora como é a de atopar emprego, e para iso tamén tedes a vosa disposición o servizo de emprego de Brión”. Pola súa banda, o alcalde

de Ames, José Miñones, engadiu que “agora tócavos poñer en práctica o aprendido. A partir de hoxe comezades cunha segunda fase, que é a de buscar emprego, e para iso tedes a vosa disposición os servizos de emprego municipais. Formástesvos nun sector que está eu auxe como é o dos equipamentos térmicos de biomasa, así que agardamos que en pouco tempo

Finalmente, Ovidio Rodeiro destacou que “a Xunta está desenvolvendo 24 obradoiros de emprego en toda a provincia, dos cales 8 enmárcanse dentro do programa de garantía xuvenil. Nestes obradoiros, dos que se están beneficiando 440 persoas, o goberno autonómico está investindo 5,4 millóns de euros”. Rodeiro tamén saliento que “o 60% das persoas que participan nestes obradoiros de emprego insírense no mercado laboral durante os 6 meses seguintes ao remate do obradoiro”. Durante o obradoiro, o alumnado instalou equipamentos térmicos de biomasa e de mellora da eficiencia enerxética na escola infantil dos Ánxeles e na escola rural de Luaña, en Brión; e nos locais socias de Ameixenda, Cruxeiras e Firmistáns, en Ames.

EMPREGO

A décima edición do InserAmes-Brión reúne a 85 persoas

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes, visitou o InserAmes-Brión e o RenovAmes-Brión canda os alcaldes José Miñones e José Luís García 18 | Concello de Brión

A décima edición do progrma integrado para o emprego InserAmes-Brión está a formar a un total de 85 persoas, que contan co apoio de 2 titores. Unha iniciativa que comezou a impartirse o pasado 1 de decembro de 2017 e que ten unha duración de 12 meses, durante os cales o alumnado recibe diversas accións formativas, transversais e específicas, e realiza prácticas non laborais en empresas. Un proxecto que conta cun orzamento de 244.369,9 euros.


CULTURA E DEPORTES CONCILIACIÓN

BriónVerán 2018 inclúe dous campamentos, obradoiros de verán e Tardes na Carballeira As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura antes do 15 de xuño (campamentos) e do 22 de xuño (resto) O Concello de Brión vén de abrir o prazo de inscrición no seu programa de actividades para a época estival, BriónVerán 2018, que inclúe 4 actividades: obradoiros de verán, Tardes na Carballeira e dous campamentos. En todos os casos a admisión realizarase por orde de inscrición e o prazo de anotación estará aberto ata o 15 de xuño (campamentos) e 22 de xuño (resto), na Casa da Cultura. Terán preferencia as persoas empadroadas en Brión, puidendo participar as de fóra do municipio só no caso de quedar prazas libres. Para os que desexen saír fóra do municipio, do 15 ao 21 de xullo terá lugar o Campamento Xuvenil, no que poderán participar 20 rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. O campamento terá lugar no Galipark (Padrón), onde practicarán rafting, kaiac, paintball, rocódromo, tirolina, tiro

SENDEIRISMO

Gran participación na nova tempada de sendeirismo A campaña de sendeirismo 2018 levou a centos de brioneses e brionesas a percorrer comarcas coñecidas, como o Barbanza ou a Costa da Morte. Expedicións nas que o tempo acompañou e que permitiu desfrutar de fermosas vistas da ría de Muros Noia ou descubrir a contorna de monumentos emblemáticos como o santuario da Barca de Muxía. No peto queda a única ruta suspendida polo mal tempo ata o de agora: a das Minas de San Fins, que seguro volverá a estar no programa.

con arco, quads, circuíto de altura... O prezo é de 75 euros por persoa, 38 no caso do segundo irmá/irmán e gratuíto para o terceiro e seguintes. O Campamento Infantil terá lugar na segunda quincena de agosto nun lugar aínda por determinar (ben no Entrimo, ben en Ribadeo). Poderán participar ata 50 nenos e nenas de entre 7 e 13 anos. O custe do campamento é de 150 euros por persoa (75 para segundos irmáns/irmás e gratuíto para os seguintes). E para quen queira quedar en Brión, o Concello programa os tradicionais obradoiros de verán, que terán lugar do 2 ao 31 de xullo no CEIP de Pedrouzos e na piscina municipal. Poderán participar 40 nenos e nenas, de entre 4 a 12 anos, en horario de 10:00 a 13:00 horas, con transporte de balde (previa solicitude) e posibi-

FORMACIÓN

Obradoiros para emprendedores e cursos de informática para desempregados

lidade de inscrición por semanas. Ademais, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, as familias poderán levar aos nenos ás 9:00 e recollelos entre as 13:00 e 14:00 horas de forma gratuíta (se ben neste caso non terán dereito a transporte). Ademais, a piscina ofrece servizo de madrugadores ás 8 da mañá por 3 euros/días. A cota é de 25 euros por persoa e semana, 13 para segundos irmás/ irmáns e gratis para o resto.

O Concello organiza obradoiros gratuítos para o emprendemento, que terán lugar na data que concreten as persoas participantes e que se convocarán en canto haxa un mínimo de 6 persoas inscritas. Trátase duns talleres formativos nos que o alumnado adquirirá recursos, coñecementos e habilidades de cara a creación de empresas.

Finalmente, as Tardes na Carballeira desenvolveranse de 16:30 a 19:30 horas en xullo e agosto. Haberá 30 prazas dispoñibles para nenos e nenas de 4 a 14 anos. Cada semana haberá actividades diferentes e todos os venres unha excursión pola comarca. O prezo é de 20 euros por persoa e semana (10 para segundos irmás/irmáns e de balde para o resto).

O alumnado aprenderá as vantaxes e desvantaxes de establecerse como autónomo ou sociedade, que tipo de contrato facer aos empregados, como manexar unha nómina, como relacionarse coas Administracións (obrigas, impostos, pagos, permisos...) e resolverá todas as dúbidas que poida ter. Os cursos terán lugar os martes e xoves, de 20:00 a 22:00 horas. Ademais, o Concello organiza tamén cursos gratuítos de informática básica para persoas desempregadas, que se convocarán cando haxa 8 persoas inscritas. O curso terá lugar na aula CEMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas, na data que concreten as persoas que estean interesadas. En ambos casos, a inscrición está aberta todo o ano e para participar só é preciso inscribirse na Casa da Cultura, no 981 509 908 ou no mail empregobrion@gmail.com. Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES FORMACIÓN

Programados dous cursos de monitor de tempo libre e manexo de carretillas O Concello de Brión programou para este verán dous cursos formativos, nos que podes anotarte na Casa da Cultura, no 981 50 99 08 ou no mail empregobrion@gmail.com. O curso de manexo de carreterilla elevadora ten 24 horas lectivas e custa 30 euros. Terá lugar no Polivalente entre o 4 e o 7 de xuño en horario de 9:30 a 13.30 (luns 4 e martes 5) e de 9:30 a 13:00 e de 16:00 a 20 horas (mércores 6 e xoves 7). O de Monitor/a de Tempo Libre é un curso intensivo de 350 horas, das que 200 serán teóricas e terán lugar no Polivalente ou na Cas da Cultura. O seu prezo é de 150 euros e para cursalo só é preciso ter 18 anos e o título da ESO (ou Graduado Escolar). Haberá dous grupos: do 2 ao 30 de xullo (de 9 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas) e do 2 de xullo ao 28 de agosto (de 9:00 a 14:00 horas).

DEPORTES

As EDM de Brión, campións intercomarcais e terceiros provinciais da Liga de Fútbol Sala en Idade Escolar Os equipos alevín e infantil foron campións da Liga do Tambre e do campionato comarcal xogado en Santa Comba e Dumbría Os equipos alevín e infantil das escolas deportivas municipais do Concello de Brión proclamaronse campións do Campionato Intercomarcal da Liga de Fútbol Sala e Idade Escolar, cuxa fase final se xogou no polideportivo municipal de Corcubión. Un triunfo que lles valeu para ser os representantes das comarcas de Santiago, Xallas, Barbanza e Costa da Morte na Fase Provincial. Os xogadores que dirixe Trigo, técnico de Deportes do Concello de Brión, derrotaron na final por 2-1 ao C Manuela Rial (Cee). Nas semifinal, venceran por 4-2 ao CF Outes. Os xogadores do Brión recolleron o seu trofeo como campións do torneo de mans do alcalde de Corcubión, Manuel Insua. Os alevíns das EDM do Concello de Brión levan dous meses encadeando un éxito tras outro. Primeiro foi a vitoria na Liga Regular do Tambre, seguida do triunfo na fase final comarcal, xogada o pasado mes de marzo en Santa Comba e onde derrotaron na final á ED Os Miúdos (Muros) por 3 goles a 1. En semifinais, venceran

Os alevíns das EDM de Brión, tras proclamárense campións intercomarcais en Corcubión ao Negreira. O pasado 19 de maio en Betanzos os equipos alevín e o infantil xogaron o Campionato Provincial da Liga

de Fútbol Sala en Idade Escolar, acadando ambolos dous equipos o 3º posto. Noraboa cracks!

A SD Brión volve á segunda rexional galega A SD Brión certificou na casa o seu ascenso á segunda rexional galega, despois de vencer por 1-0 ao CD San Mamed. Unha xornada histórica para a SD Brión, que volve á segunda rexional catro anos despois do seu descenso. Os brioneses conseguiron o ascenso 2 partidos antes do final da Terceira Galega, xa que lle sacaron 7 puntos o Vea CF, cando quedaban só seis puntos por desputar. Parabéns!

CINEMA

Brión convertido en plató de cinema A prestixiosa directora de cine Isabel Coixet, á fronte dun equipo técnico e artístico de máis de 35 pesoas, visitará Brión a finais de maio para filmar escenas da súa próxima película “Elisa e Marcela”. Un comprometido filme que conta a historia de dúas mulleres que, en xuño de 1901, protagonizaron na Coruña o primeiro matrimonino homosexual de España. 20 | Concello de Brión

Bastavales e A Luaña son dous emprazamentos escollidos para a película, na que tamén actuarán un bo grupo de nenos e nenas brioneses. Unha nova produción gravada no noso municipio que, pouco a pouco, vaise convertendo en todo un plató de cinema. Recentemente tivemos outro claro exemplo na popular serie “Fariña”. Pero o certo

é que Brión leva aparecendo na pequena pantalla dende os anos 90, coa serie “Os viaxeiros da luz”, gravada na Carballeira de Santa Minia, nas Torres de Altamira e en Bastavales. Tras ela chegaron “Avenida América” e “Pazo de familia”, así como a curtametraxe “Unha estraña mirada”, gravada nos Ánxeles, ou a película “Al final del camino”, con Fernando Tejero e Malena Alterio. Marcela e Elisa tras a voda


HISTORIAS DE BRIÓN

A gripe de 1918

A pandemia da gripe de 1918 tivo a súa incidencia máxima nos primeiros meses do outono de 1918, meses nos que causou decenas de millons de mortos por todo o planeta.

q

Cúmprense cen anos da “Gripe de 1918”, da que se di que foi a meirande pandemia que se padecera nunca ao longo da historia. Chámase “pandemia” esta enfermidade epidémica porque se estendeu por todos os países e afectoulle á xeralidade da poboación. Calcúlase que matou a entre cincuenta e cen millóns de persoas en todo o mundo e só en España padeceron a enfermidade máis de oito millóns, das que morreron unhas 250.000 (máis do un por cen da poboación). Esta epidemia de hai cen anos pasou á historia co nome de “gripe española” ou “a dama española”, sen que o noso país tivera nada que ver significativamente nin coa orixe nin coa súa propagación: pasou que estaba correndo dende había catro anos a I Guerra Mundial, que remataría en novembro dese ano 1918, e´por este motivo en todos os países había un control rigoroso dos medios de comunicación e noticias como a existencia dunha pandemia tan devastadora estaban totalmente proscritas. España, en cambio, era país neutral nesta Guerra e os xornais daban información diaria da evolución da enfermidade. Mesmo o rei Alfonso XIII estivo afectado pola gripe e todo o país seguiu pola prensa a evolución da súa enfermidade. Así é que a gripe foi “española” porque soamente aquí se podía falar libremente dela. De feito, crese que a enfermidade se orixinou en Arkansas (Estados Unidos) no mes de xaneiro de 1918 e que a trouxeron a Europa os soldados americanos que participaron na Guerra Mundial. Precisamente a mobilidade das tropas que participaban na guerra sería a causa da súa rápida propagación. Pénsase que entrou en España por Madrid dende Francia, en tren, na primavera dese ano. Propagáse rapidamente polo centro a toda a península durante a primavera, sen facer moitos estragos. Cando verdadeiramente se volveu letal foi no outono dese ano 1918 despois de producirse unha mutación no virus. A xente caía na cama masivamente; por exemplo, da parroquia de Sabucedo na Estrada cóntanse que só quedaron sete casas en toda a parroquia nas que non se producira ningún enfermo. No mes de setembro, as autoridades comezaron a tomar medidas estritas para evitar a propagación da epidemia: clausuráronse todos os centros de ensino, teatros, cines e espectáculos públicos, deixáronse de celebrar as feiras e fes-

tas, etc. Mesmo os mortos se levaban directamente ao cemiterio, sen velorio e sen funeral. Os actos relixiosos quedaron reducidos ao mínimo e valeiráronse as pías bautismais e da auga bendita como medida profiláctica. A inmensa maioría das defuncións producíronse no mes de outubro e houbo días de facer simultaneamente nalgunhas parroquias a tres e a catro enterros. No mes de xaneiro do 1919 declarouse extinguida a epidemia. No noso concello de Brión a situación non foi mellor que no resto dos territorios. Carecemos do censo dos veciños que sobreviviron despois de padeceren a enfermidade, pero no libro correspondente do Rexistro Civil consignábase a causa médica da defunción e así puidemos contabilizar uns 42 veciños falecidos como consecuencia directa da gripe(22 homes e 20 mulleres), Isto equivale ao 0,8 por cento da poboación municipal, próxima á porcentaxe que se estima para toda España. As dúas terceiras partes do total morreron no mes fatídico de outubro. Por parroquias, a máis castigada foi a de Ons, que, cunha poboación de menos de 500 habitantes, contou 8 defuncións (o 1,8% do total), dándose o caso do falecemento de dous picariños irmáns, de dous meses e un ano respectivamente. Na parroquia de Brión a gripe levou o 1,1% dos seus habitantes, un total de once. En Boullón morreron 3 persoas, que significaban o 1,6%.. Nos Anxeles faleceu o 0,8% da poboación, dez persoas. En Bastavales morreron 4 infectados, en Cornanda , Luaña e Viceso, dous en cada unha delas. A parroquia de San Salvadou non contou con ningún falecido a consecuencia da gripe. Esta pandemia quedou na memoria popular coma unha verdadeira pauliña, que se magnificou por enriba da devastación real que produciu. Curiosamente, en Brión, con ser moi importante o número de falecidos como consecuencia da gripe, no cómputo total a penas foi significativa: o ano da gripe 1918 morreron en todo o termo municipal 129 persoas; pero no anterior 1917 (sen haber aínda rastro da epidemia) houbera unhas 110; e no ano seguinte 1919 (xa a gripe desaparecida), as defuncións sumaron 136, sete máis ca no ano anterior. Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

ÉXITO DO FESTIVAL DE PRIMAVERA DAS ESCOLAS DE BAILE E MÚSICA Máis dun cento de veciños e veciñas ateigaron a praza do Concello durante a celebración do “Festival de Primavera”, organizado polas Escolas Municipais de baile e música tradicional de Brión. O tempo acompañou, o que permitiu a celebración de todas as actuacións previstas: pandereteiras, grupo de baile e grupo de gaitas. O Festival rematou con todas as persoas presentes entre o público enchendo a praza brionesa e uníndose ao baile dos nenos e nenas.

MÁIS DE 400 PARTICIPANTES NO CONCURSO DE DISFRACES Máis de catrocentas persoas participaron no Concurso de Disfraces de Brión, que despois de tres anos de cancelacións pola choiva puido desfrutar do desfile de disfraces entre a carballeira e o polideportivo municipal. En canto aos premios, os tres primeiros viaxaron a Oroso, Ames e Porto do Son, quedando en Brión os seguintes: “Harry Potter” (4º) e “Umpalumpas” (5º), así como os accesits a “A idade de pedra”, “Xubilados marchosos” (composto polos integrantes dos obradoiros da memoria e que podes ver na imaxe) e “Marcianos da Luaña”. O premio ao mellor grupo infantil tamén quedou na casa: “As vacas brasileiras”.

UN PSIQUIATRA EN BRIÓN... Máis de medio cento de persoas ateigaron a sala de exposicións da Casa da Cultura para asistiren á presentación do libro “Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás”, de Úrsula Heinze, quen estivo acompañada polo alcalde José Luís García García e o editor Henrique Alvarellos. Heinze explicou que a obra “non é un libro autobiográfico. É unha novela pero de diálogos: o que opina a paciente e o que opina o psiquiatra”. Unha profesión da que dixo que, a diferenza doutros doutores, “se un psiquiatra se equivoca que pode pasar? Pois no peor dos casos, nada”. E bromeou dicindo que “quérenche cambiar a vida, que saias coas amigas, aos cafés... Eu teño 76 anos, como me van cambiar a miña vida?”.

A HORTA DA GARDERÍA DE BRIÓN Os que non deixaron escapar a posibilidade de desfrutar do entroido foron un ano máis os nenos e nenas da gardería municipal, que celebraron unha gran festa canda os seus pais no patio interior cuberto (debido ás baixas temperaturas de febreiro). Os 85 nenos e nenas desfilaron en dúas quendas: primeiro os menores de 2 anos e acto seguido os “maiores”. Todos levaban traxes feitos con materiais reciclables, elaborados por eles mesmos coa axuda dos seus mestres e dalgúns pais e nais. A temática deste ano foi “A horta da gardería de Brión”, polo que os pequenos estaban caracterizados como fresas, mazás, limóns, peras, laranxas, cenorias, paxaros, leitugas e espantallos. 22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


32

anos

NOVA APP GRATUÍTA “BRION INFORMA” PARA TODA A VECIÑANZA “Brión informa” é unha útil ferramenta de comunicación baseada nunha aplicación para dispositivos móbiles que permite recibir no teléfono intelixente ou na tablet conectados á internet: anuncios, bandos, novas e información municipal de diversa índole, de xeito directo e inmediato. Asemade, calquera cidadán poderá transmitir ao concello incidencias, consultas ou propostas, de maneira rápida e sinxela, a través de texto complementado por imaxes e localización xeográfica. A app pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscar polo nome “Brión Informa”) para os usuarios da plataforma Android ou na App Store (procurar “Bandomovil”) para os dispositivos con IOS de Apple.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.