OBRAS: Ampliación da rede de saneamento e melloras en pistas
MEDIDAS CONTRA A SECA:
Consellos sinxelos para aforrar auga
Altamira PÁX. 3
Nº 102 - DECEMBRO 2017 - ANO XXXII
PÁXs. 6 - 7
decembro 2017
REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN
CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL 2016 - 1º PREMIO DO 1º CICLO DE PRIMARIA_Daniel Caramés
Bo Nadal
e feliz ano 2018 BriónSolidario
Entrevista
Ponse en marcha unha nova edición da campaña de recollida de alimentos para as familias necesitadas do concello.
Marcial Gondar Portasany, catedrático de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
PÁX. 15
PÁXs. 12 - 13
os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8
Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso
AVANCE Co Nadal ás portas, chega ao teu fogar a derradeira Altamira do ano. E se o Nadal é o máis salientable destes momentos, non podía ser menos nesta revista, onde poderás coñecer toda a proposta social e cultural que temos preparado para ti e os teus. Así mesmo, permíteme apelar unha vez máis á solidariedade da veciñanza brionesa co gallo dunha nova edición do Brión Solidario, para botar tamén unha man a aquelas persoas máis vulnerables do noso municipio.
C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión N OVO Tel.: 8 8 1 8 66 078 N OVO Fa x.: 8 8 1 8 66 08 6 C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78
FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1 FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PERE Z , B. A v da . S a n ta Mini a, Nº 53 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión N OVO TE L.: 8 8 1 8 66 0 58 N OVO FAX.: 8 8 1 8 66 074 O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71
2 | Concello de Brión
José Luís García García
Alcalde do Concello de Brión
contidos
E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3
Revista Municipal do Concello de Brión DEPÓSITO LEGAL: C-827-85
C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31
E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42
Altamira
Polo demais, canda o tradicional repaso das obras e actuacións que levamos a cabo dende o Concello, recoméndoche a lectura da entrevista deste mes con Marcial Gondar, un dos máis presitxiosos antropólogos sociais da nosa terra que nos confirma algo que xa sabiamos, que Brión é un sitio diferente a calquera outro. Esperando que desfrutes da súa lectura. Recibe un cordial saúdo.
PÁX . 3
ACTUALID AD E
PÁX s. 4 - 11
ACTUALID AD E
PÁX s. 12 - 13 PÁX . 14 PÁX s. 15 - 20
B RI ONESES SERVI Z OS SOCI AI S CULTURA E D EPOR T E S
PÁX . 21
HISTORI AS D E BRI Ó N
PÁX . 22
TAMÉN FOI NOTICIA
PÁX . 23
PASATEMPOS / HU M O R
ACTUALIDADE ORZAMENTOS MUNICIPAIS: ADIANTO
O Concello conectará a traída xeral de auga con Luaña, Cornanda, Ons e Viceso para combater a seca O alcalde asegura que “é unha obra sinxela que incluiremos nos Orzamentos de 2018 para poder levara a auga ás aldeas da parte alta de Brión” Hai uns anos sería impensable falar de seca en Galicia, salvo episodios puntuais e localizados durante os veráns máis calurosos. Porén, dende o pasado mes de outubro Galicia está en alerta por seca, tal e como propuxo a Oficina Técnica da Seca. E é que aínda que o abastecemento á poboación está garantido, as reservas dos embalses son tan miúdas que é preciso facer un uso comedido dos recursos.
Consellos sinxelos para aforrar auga
Despois de máis de 300 días con déficit de choiva, cada día son máis os núcleos rurais que teñen que abastecerse por medio de camións cisterna, ao secarse os mananciais dos que se abastecen as comunidades veciñais ou os pozos particulares. Ben saben disto os veciños e veciñas das aldeas da parte alta de Brión, ás que o Concello leva varios meses abastecendo levando cisternas de auga cada certo tempo. O alcalde, José Luís García, explica que “na traída xeral non hai problema ningún, pero dende hai máis de dous meses estamos levando auga ao depósito
xeral para abastecer a Luaña, Cornanda, Ons e Viceso”. Por iso, adianta que unha das medidas que vai incluir
nos Orzamentos Municipais de 2018 é “unha obra sinxela pero moi importante para poder levar a auga ás aldeas da parte alta de Brión”.
1. Pecha a billa sempre que non uses a auga. É dicir, non te afeites nin laves os dentes coa billa aberta. Son costumes que, aínda que nos parezan cotiás, supoñen un gasto innecesario de auga. 2. Mellor ducha ca baño. Gástanse menos litros. 3. Non uses o inodoro como cubo do lixo. Se tes un moderno, que dispón de sistema de aforro de auga en cada descarga, úsao. Se non, un truco é meter unha botella de auga dentro da cisterna. Así reducirás o consumo en cada uso. 4. Utiliza a lavadora e o lavapratos coa carga completa. E se os lavas a man, proba a pechar o grifo e limpar antes os restos de comida. 5. Comproba as túas instalacións en busca de posibles fugas. Ademais de aforrar auga, aforrarás cartos.
Os Orzamentos, negociados en xaneiro e con déficit cero O atraso do Goberno á hora de aprobar os seus Orzamentos Xerais está a condicionar a aprobación das contas dos Concellos, que a día de hoxe aínda non saben con total seguridade cantos cartos van dispoñer das transferencias estatais. No caso de Brión, iso provocará que os Orzamentos de 2018 non se aproben en decembro, como é habitual, senón o vindeiro xaneiro.
Iso si, dende Altamira xa podemos adiantarche algunhas liñas básicas desas contas. A primeira é a que encabeza esta páxina: a obra para conectar a traída xeral de auga coas parroquias da parte alta de Brión. Outro dos proxectos será a compra da parcela na que este pasado mes de setembro se emprazaron as barracas da Romaría de Santa Minia. “É un proxecto cun dobre
obxectivo”, explica o alcalde José Luís García, “a curto prazo queremos dispoñer desa parcela para as vindeiras edicións de Santa Minia e tamén para utilizala como aparcamento en caso de eventos na Carballeira, como o caso do pasado magosto. Pero ademais queremos ver a posibilidade de poder construír aló un auditorio, un proxecto que sería a varios anos vista”.
O que si confirma o alcalde é que terán déficit cero e que buscará o maior consenso posible en torno aos Orzamentos Municipais de 2018. “Convocarei unha reunión cos grupos da oposición para que poidan facer as súas achegas aos Orzamentos, polo que calculo que a aprobación das contas terá lugar ao longo do mes de xaneiro, como moi pronto”, calcula José Luís García. Revista Altamira | 3
ACTUALIDADE MANTEMENTO
O Concello inviste máis de 63.000 euros nun proxecto de mellora de camiños municipais O Concello de Brión vén de adxudicarlle á empresa Alcomte Galicia SL a execución do Proxecto de mellora de camiños municipais 2017-2018 no termo brionés, realizado pola arquitecta municipal e cun orzamento total de contrata de 63.114,96 euros. Unhas obras que serán executadas con cargo a unha subvención concedida polo AGADER, que achega 52.161,12 euros dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018. O resto da financiación precisa é achegado polo Concello de Brión procedente de fondos propios.
PLENO
Brión esixe a devolución do Pazo de Meirás Os voceiros dos catro grupos municipais acordaron unha moción conxunta para pedir a devolución do Pazo de Meirás e integrarse na Xunta pro Devolución do Pazo ao patrimonio público. Tamén rexeitaron a xestión por parte da Fundación Franco do programa de visitas, apoiando que sexan xestionadas polo Concello de Sada. O Pleno tamén instou a todos os grupos políticos a modificar a Lei de Fundacións, para impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxía do franquismo, e a aprobar unha Lei Galega de Memoria Histórica. 4 | Concello de Brión
SUBMINISTRO ELÉCTRICO
Con Fenosa topamos, amigo Sancho! Problemas burocráticos da propia eléctrica deixaron sen auga á aldea da Torre e sen luz ao campo municipal de fútbol Cando a “burrocracia”, que non “burocracia”, substitúe ao sentido común, pasan cousas como as acontecidas o pasado mes de outubro en Brión, onde os erros cometidos por unha empresa acaban pasando factura a todos os veciños e veciñas de Brión. E non estamos a falar das facturas tradicionais, que medran se chove porque chove e, se non chove, porque non chove. Nesta ocasión falamos o esperpento vivido no campo municipal de fútbol e na aldea da Torre, onde se puxo de manifesto a indefensión das administracións locais contra este tipo de empresas e que levaron ao alcalde a apelar publicamente ao apoio da Xunta de Galicia. José Luís García denunciou a indefensión na que se atopa o municipio diante de Gas Natural, que curtou durante uns días o subministro eléctrico ao campo municipal de fútbol por un problema de xestión entre dúas das súas divisións: a comercializadora e a subministradora. “Eles meten a pata cos trámites administrativos e o único que se lles ocorre é dar largas e aparecer para cortar o subministro ao campo de fútbol”, explica o alcalde.
No caso do campo municipal de fútbol, o problema vén pola tramitación dun contrato de subministro en outubro de 2016. O responsable da empresa na zona tramitou mal o contrato e Gas Natural Fenosa non llo aceptou, pero non comunicou tal decisión ao Concello de Brión senón que directamente optou por cortar o subministro eléctrico. “Temos documentación no que responsables da empresa admiten que foi un erro deles pero para o único no que foron rápidos foi para cortar o subministro”, lamenta o alcalde, quen indica que “dende o pasado 31 de outubro tivemos que instalar un grupo electróxeno na zona para que as instalacións seguisen operativas”. Ante esta situación, o Concello seguiu as instrucións da empresa e tramitou unha nova alta de contrato, “pero tivemos que esperar a que viñeran co contador e a luz. Estiveron moi rápidos á hora de cortala pero despois chamabas en non había resposta de cando foi un problema que crearon eles soíños”. A demora é aínda maior no caso da Torre, onde o Con-
cello acometeu en xaneiro de 2017 unhas obras de bombeo para levar o abastecemento de auga. Unhas obras executadas por Espina e Delfín que remataron o 17 de outubro pero que non se puideron dar de alta ata finais de novembro porque non tiñan os CUPS (Código Universal de Punto de Subministro) que concede Gas Natural Fenosa. Ese CUP é un código único que comeza por ES e que identifica un punto receptor de abastecemento de toda a rede de luz. E iso que a solicitude se presentou con tempo para que a obra puidera entrar en servizo tan pronto estivera finalizada. Ademais, neste caso chove sobre mollado pois este non é o único atraso que se ten producido nesta obra. De feito, aínda que se iniciou en xaneiro, os traballos se alongaron no tempo porque houbo que agardar a que os técnicos de Gas Natural Fenosa acudiran a facer o reforzo da liña de alta tensión que se lles demandara. A data de hoxe, ambos problemas están solucionados. Mais a pregunta está no aire: cando volveremos toparnos con Fenosa, amigo Sancho?
ACTUALIDADE RECICLAXE
A veciñanza recicla 1.192 litros de aceite, evitando así contaminar máis de 1,3 millóns de litros de auga Ante a boa acollida da iniciativa, o Concello instala cinco novos contenedores na parroquia dos Ánxeles, onde se recolle máis da metade do aceite usado no municipio Nos tempos de seca que vivimos evitar calquera tipo de verquido aos ríos vólvese case que vital. Por iso é de aplaudir que durante os nove primeiros meses do ano, os veciños e veciñas de Brión evitaron a contaminación de 1.311.200 litros de auga grazas á reciclaxe dun total de 1.192 litros de aceite de cociña usado a través dos seis contenedores dispostos polo Concello de Brión. Se desglosamos os datos por parroquias, comprobamos que máis da metade deste residuo recóllese na parroquia dos Ánxeles: 515 litros no situado no cruce da Gándara e 201 litros no emprazado no Tremo. Ségueno de preto o contenedor situado en Sabaxáns, con 181 litros recollidos, e o de Vilar, con 120 litros. Completan a recollida os contendores da Luaña e Gundín, con 90 e 85 litros recollidos, respectivamente.
nas urbanizacións: nas pistas deportivas de Monte Balado, na parte superior da gardería municipal en Agro Novo e xunto a un grupo de contenedores da urbanización Monte Devesa.
Ante a boa acollida da iniciativa, o Concello de Brión acordou a instalación de cinco novos contenedores de recollida de aceite de cociña usado. Toma nota dos seus
emprazamentos: no Paseo de Pedrouzos (canda un grupo de contenedores a carón do colexio), na avenidad dos Ánxeles, nun grupo de contenedores á altura do número 17; e
A tenente de alcalde, Yolanda Bouzas, explica que “en vista de que a maior cantidade de aceite que se recolle é no contenedor que está a carón das urbanizacións, decidimos facilitarlles o labor aos veciños e veciñas achegándolles os depósitos ás súas vivendas”, ao tempo que agradece “a gran colaboración da veciñanza coa reciclaxe deste tipo de residuos pois, ademais de evitar contaminar 1,3 millóns de litros de auga, tamén evita tanto obstruccións nas canalizacións do saneamento municipal como avarías nas depuradoras. Deste xeito o Concello non ten que gastar cartos en arranxos”.
SEGURIDADE VIARIA
Anuncian a eliminación de puntos negros e a conversión en autovía da VAP Brión-Noia A Axencia Galega de Infraestruturas vén de licitar por máis de 70.000 euros unha serie de obras de mellora da seguridade viaria e eliminación de barreiras na VAP Brión-Noia. Uns traballos que se aplicarán nun tramo de 18,2 kilómetros que discorre polos municipios de Brión, Rois, Lousame e Noia. A actuación consistirá na eliminación do bordillo e no recheo con grava nas zonas
de drenaxe lonxitudinal. Así mesmo, os soportes dos carteis indicativos serán substituídos e se mellorarán as barreiras de seguridade. Unhas obras que anteceden á conversión do corredor Brión-Noia nunha autovía, aspecto ao que se comprometeu hai uns días a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, quen indicou que os orzamentos da Xunta para
2018 recollen unha partida para a redacción do proxecto de desdobramento. Iso si, a conselleira non concretou nin prazos nin investimentos concretos. Neste sentido, cómpre
lembrar que o corredor Brión-Noia acadou en 2016 o tráfico esixido para a súa conversión en autovía, ao rexistrar unha media diaria de 9.998 vehículos tras medrar o seu tráfico unha media dun 18% en tres anos. Revista Altamira | 5
ACTUALIDADE SENDA PEONIL
A senda peonil e ciclista entre Gundín e Monte Devesa estará lista na primavera Os 250.000 euros investidos permitirán chegar de Gundín a Bertamiráns por beirarrúa Cun mes de atraso sobre a planificación inicial, deron comezo as obras de construción da nova senda peonil e ciclista na estrada AC-543, entre Gundín e a urbanización Monte Devesa. Unhas obras que contan cun investimento de 250.000 euros e cuxo remate se prevé para a vindeira primavera, segundo lle confirmou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ao alcalde de Brión, José Luís García, durante unha visita para supervisar o inicio dos traballos, executados pola empresa Lancer Proyectos y Obras. O itinerario peonil e ciclista executarase pola marxe dereita da estrada, ao longo de 700 metros, conectando as beirarrúas de Buio coas de Gundín. A senda terá un ancho mínimo de 1,8 metros e estará separada da estrada por unha zona axardinada de bastante amplitude, case un metro, ademais
dos bordos delimitadores. Durante a execución das obras aproveitarase para facer actuacións complementarias, como a construción de dous muros de contención e a instalación de redes de drenaxe e tubaxes en previsión de futuras canalizacións de servizos de telefonía ou electricidade.
A Xunta xa rematou na estrada AC-543 unha senda de case 2 km entre Vidán e Laraño. Precisou que se están a desenvolver outros dous tramos para completar o itinerario desde Laraño a Aldea Nova:
a senda Barcia-Roxos, en proceso de información pública, e a senda Roxos-Aldea Nova, co proxecto xa aprobado. Deste xeito, nun próximo futuro será posible chegar de Brión a Compostela por beirarrúas.
José Luís García agradeceulle a conselleira Ethel Váquez a realización desta obra, “que mellorará a seguridade viaria dos nosos veciños e veciñas” e aproveitou tamén para volver a solicitarlle á conselleira a realización dunha actuación semellante na AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña ao seu paso pola localidade de Pérros. “É unha estrada de titularidade autonómica que ten moito máis tráfico ca esta e ten un tramo especialmente estreito que supón un perigo tanto para peóns como para condutores”, lembrou o Alcalde.
SINALÉCTICA
Brión adhírese ao programa de promoción turística “Área de Santiago” O Pleno municipal aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Brión ao programa de promoción turística “Área Santiago”, no que actualmente participan dezaséis municipios do interior de Galicia: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces. Un programa no que Brión estará representado polo alcalde, José Luís García, e pola tenente de alcalde, Yolanda Bouzas. 6 | Concello de Brión
Para formalizar a adhesión, o Concello fará unha achega de 1.766 euros a “Área Santiago”, que traballa na promoción turística conxunta desta zona dende o ano 2013. Precisamente relacionada coa promoción turística está a última iniciativa sinaléctica do Concello: a sinalización con monolitos indicadores do inicio e fin do municipio nas principais estradas. Uns monolitos coa cor e o logotipo corporativos de Brión.
ACTUALIDADE OBRAS
Brión amplía a rede de saneamento de Gronzo a través da execución dun novo tramo de canalización A obra dá servizo a algúns habitantes do núcleo que non tiñan acceso a este servizo e pemitirá atender as necesidades de futuras vivendas O Concello de Brión vén de ampliar a súa rede de saneamento municipal, concretamente na aldea de Gronzo, onde tress das súas vivendas non tiñan acceso a este servizo. Para poder atender as necesidades destes veciños e veciñas, o Departamento de Urbanismo brionés elaborou un proxecto para ampliar a rede de saneamento de Gronzo mediante a execución dun novo tramo de canalización e a execución de varias acometidas. Unhas obras acometidas en pouco máis dun mes e que permitiron que todas as casas existentes poidan conectar coa rede municipal de saneamento e executando unha rede que, no futuro, podería dar servizo ás fincas da contorna. Isto é especialmente importante se temos en conta que este chan está cualificado como urbanizable, polo que é
previsible un crecemento de poboación a través da construción de vivendas unifamiliares. Os traballos, nos que o Concello investiu algo máis de 16.000 euros, consistiron na instalación dun novo tra-
mo de saneamento de 338,10 metros de lonxitude con tubería de PVC de 200 milímetros. Así mesmo, executáronse oito pozos de rexistro, nos cambios de dirección, para aloxar as acometidas e para conectar este novo tramo coa rede xeral existente.
As obras incluíron a instalación dunha arqueta no inicio da rede co seu correspondente tapón cego, así como as tres acometidas para as vivendas existentes na zona. Unhas conduccións para as que foi preciso executar un cruce cun canal de rego existente.
MANTEMENTO E MELLORA
O Concello inviste máis de 62.000 euros no mantemento e mellora de pistas municipais O Concello de Brión vai investir case 63.000 euros en dous proxectos de mantemento e mellora de pistas municipais. Unhas obras que serán acometidas pola brigada de obras municipal, toa vez que o Concello vén de adxudicar a compra do material preciso para a súa realización, concretamente á empresa Minas de Bandeira SA. Estímase que os traballos estarán rematados antes do mes de marzo de 2018.
Os dous proxectos son orzamentariamente parellos. O primeiro deles contempla o investimento de 31.906,29 euros no mantemento e mellora de pistas municipais en Viceso e Esparías. O segundo proxecto, que ascende a 30.363,20 euros, comprende actuacións de rebacheo e mellora en pistas de Coruxido, Piñeiro, Gundín e Guitiande. A estes dous proxectos
hai que sumar un terceiro, recentemente aprobado, e que suporá a mellora de estradas e pistas municipais na aldea de Cornanda. Ao igual cos dous anteriores, o Concello investirá os 29.065,42 euros orzamentados na compra de material de obra á empres Minas de Bandei-
ra, xa que os traballos serán executados pola brigada municipal de Obras. Grazas a esta forma de actuar, na que só é preciso comprar o material, o Concello consegue non só asfaltar e arranxar un maior número pistas, senón tamén actuar aló onde hai unha necesidade concreta. Revista Altamira | 7
ACTUALIDADE VANDALISMO
Cámaras de vixilancia contra o vandalismo Investigan as desfeitas nos parques infantís de Monte Devesa e Agro Novo A pesar de que Brión segue sendo un fermoso xardín no que vivir, ben sabido é que en todos os xardíns xorden malas herbas. Por desgraza non podemos dicir que sexa un fenómeno novo. Na memoria de todos están incidentes como os sucedidos hai un par de anos na escola e no local social da Luaña, onde por estas mesmas datas a algúns “elementos” lles pareceu divertido celebrar o Nadal facendo desfeitas no que era de todos os veciños e veciñas de Brión, material escolar incluído.
outros dous foron os parques infantís de Monte Devesa e Agro Novo.
Pois durante o pasado mes de outubro tres incidentes na parroquia dos Ánxeles volveron acender as alarmas, sobre todo polo feito de que o obxectivo fosen instalacións destinadas ao desfrute dos nenos e nenas, e porque se teñen producido en lugares públicos e moi poboados. Un deles volveu ser un centro educativo, nesta ocasión a Escola dos Ánxeles onde se romperon varias fiestras, mentres que os
Dende Altamira agardamos que esas investigacións cheguen a bo porto e se poida dar cos responsables dos danos pois, só por poñer un exemplo, o investimento preciso para instalar os parques infantís de Monte Devesa e Gándara ascendeu a 22.000 euros. Uns cartos que saíron dos petos de todos os veciños e veciñas aos que haberá que sumar os que haberá que gastar na posta a punto das instalacións.
Nestes dous últimos casos, os danos causados por estes vándalos foron tan cuantiosos como vergoñentos, xa que non só se romperon os xogos dos meniños senón que tamén se causaron danos importantes nos pavimentos continuos de caucho. Uns feitos que o Concello puxo en coñecemento da Garda Civil, que está realizando as pesquisas precisas para ver de dar cos responsables.
CÁMARAS DE VIXILANCIA
Dende o Concello fan un chamamento á cidadanía para que denuncie este tipo de actos vandálicos. Ademais, para aumentar a seguridade e evitar este tipo de actos o Concello instalou unha serie de cámaras de vixilancia ao longo do municipio. Cámaras que, a pesar de terse colocado hai pouco, xa están a dar o seu resultado. De feito xa permitiron localizar a algúns desaprensivos que seguen sen entender de que vai iso da reciclaxe do lixo e prefiren tirar os seus refugallos en calquera zona verde. 8 | Concello de Brión
ACTUALIDADE ESPECIE INVASORA
O GES de Brión leva retirados máis de oitocentos niños de avespa velutina este ano A proximidade dos niños ás zonas urbanas e ás vivendas é cada vez maior Os peores presaxios confirmáronse e o que era unha especie invasora que ameazaba con asentarse en Galicia é xa unha realidade asentada no territorio e un grave problema para o sector apícola. Porba diso é que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión leva retirados un total de 822 niños de avespa velutina e ten outros cincuenta pendentes de retirada. Uns resultados que constatan a elevada efectividade do persoal do GES de Brión pois “estamos retirando unha media de dez ou once niños diarios”, explica Ismael Núñez Picallo, responsable do Grupo de Emerxencias Supramunicipal brionés. Por municipios, o maior número de niños de vespa velutina retirados polo GES de Brión rexistrouse en Ames, con 322. Ségueno Brión, con 279 niños; Negreira, con 123; e Noia, con 98 niños. Así mesmo, rexistráronse un total de 106 casos nos que foi imposible a retirada do niño, xa que este se atopaba a gran altura e en zonas arboladas ás que non era posible o acceso de vehículo ningún.
Consellos da Agrupación Apícola de Galicia para a elaboración de trampas contra a avespa velutina
nos que o niño está moi elevado pero nunha zona á que se pode acceder cos vehículos para a súa retirada”. A época da primavera, cando comeza a conformar os seus niños, é un dos periodos de maior traballo para o control da especie, xunto co final do verán e o comezo do outono, cando os niños que non foran observaIsmael Núñez indica que “a dos acadan xa tamaños consiretirada facémola coas pérte- derables. gas que nos facilitaron dende O responsable do GES de a Xunta e mesmo coa axuda dos bombeiros naqueles casos Brión confirma que “a maior
parte das actuacións están localizadas na contorna das zonas urbanas, así como nalgunha vivenda ou nalgún alpendre. De feito, a proximidade dos niños ás zonas urbanas e ás vivendas é cada vez maior, ao tempo que descenden os avisos en zonas forestais”. Finalmente, dende o GES de Brión agradecen a colaboración veciñal e lembran a importancia de seguir comunicando a localización de niños de avespa velutina cunha chamada ao 012.
Exemplo de niño de avespa velutina retirado en Brión
Revista Altamira | 9
ACTUALIDADE IES BRIÓN
Os premios de robótica elixen o IES de Brión O alumnado logra o 1º premio do “Desafío Programación” senior nos “Desafíos STEM: programación, robótica e Impresión 3D” O proxecto IVI (Interpretación Virtual Interactiva) desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico do IES de Brión vén de obter o primeiro premIo do “Desafío Programacion”, categoría senior, do galardón de innovación educativa “Desafíos STEM: Programación, robotica e impresión 3D”, que convoca a Consellería de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria. Á espera da entrega do premio, fallado o pasado mes de novembro, dende Altamira queremos felicitar aos alumnos e alumnas que participaron no proxecto IVI: Pablo Bouzas Casal, Alex Dosil Souto, Hugo Fiz González Pérez, Ricardo Horta Cadenas, Xosé Lois Piñeira, Javier López Rúa, Lucas Medina Ramos, Carmen Trigo Covas e Manuel Vázquez Dosil.
PREMIO
O IES Brión logra un accésit nos Premios Proxecta de Innovación Educativa As profesoras Luz Ramos e Ana Santos recolleron na Cidade da Cultura o accésit outorgado ao IES de Brión nos Premios Proxecto de Innovación Educativa 2017. Un premio pola memoria presentada ao concurso na que se recompilan os diferentes traballos desenvolvidos no centro ao abeiro do Plan Proxecta. Un recoñecemento que abala a liña de traballo por proxectos incorporada no IES dende hai anos. 10 | Concello de Brión
Segundo apuntan dende o IES de Brión, o proxecto presentado a concurso consistiu no deseño e construción dun sistema interactivo que permite a representación e manipulación dun obxecto 3D en tempo real mediante a información recibida por un sensor. O alumnado brionés elaborou dúas variantes: nunha empregan un ultrasón para definir translacións de figuras e na ou-
tra un xiroscopio para definir e controladores en Blender. O proxecto foi desenvolvido cos rotacións. medios e materiais dispoñiO traballo abrangue tres bles nas aulas do IES, polo que grandes áreas: obtención e podería ser reproducido, conprocesado de datos mediante tinuado e mellorado noutros sensores e placa Arduino; re- centros co uso do seu material collida dos datos a través do e a documentación elaborada porto serie e procesado dos polo alumnado. Calquera permesmos mediante un script soa interesada podería ampliar de Python; e modelado de fi- o proxecto con novos sensoguras e asignación de compor- res, outros modelados e optitamentos mediante sensores mizar o sistema.
ACTUALIDADE
O Concello adecúa unha aula de bebés para ser tamén aula de 1-2 O Concello de Brión vén de adecuar unha aula de 0-1 para o seu funcionamento como aula de 1-2 grazas a unha reforma da instalación de fontanería e saneamento do baño próximo e a montaxe dun inodoro e un lavabo. O que é unha obra sinxela traerá aparellada unha notable mellora na calidade da atención prestada na escola infantil municipal.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Aire acondicionado e novo baño para a escola infantil municipal O novo equipamento permite regular a temperatura da instalación e reducir o seu consumo enerxético O Concello de Brión vén de investir case 21.000 euros en dúas pequenas obras na escola infantil municipal pero que redundarán nunha importante mellora do servizo que presta. Por unha banda, instalouse un novo baño para que unha das aulas poida ser utilizada para atender a nenos de diferentes idades (segundo as necesidades) e, por outra, dotouse á instalación dun equipamento de climatización para proporcionar frío ou calor aos oito espazos da gardería: aulas, comedor e sala común. A necesidade de acometer este investimento quedou demostrada durante o ano 2016,
no que foi preciso recorrer ao uso de ventiladores en aulas e espazos comúns ante as altas temperaturas acadadas nalgunhas datas. Algo que se repetiu en xuño de 2017, no que mesmo chegou a plantexarse a posibilidade de realizar peches parciais do servizo debido a que chegaron a acadarse temperaturas de ata 28 grados. E iso a pesares dos pequenos aparellos de climatización dispostos polo Concello. Diante desta actuación, o Concello apostou pola montaxe e isntalación dunha unidade exterior con capacidade para proporcionar frío ou calor nas oito unidades de
atención directa; así como doutras 5 unidades interiores para reducir o consumo enerxético da instalación. E é que, ademais de prestar un mellor servizo aos nosos pequenos, a nova instalación vai permitir tamén reducir o consumo enerxético da instalación, en comparación cos pequenos aparellos de ventilación e refrixeración parcial que se estaban a empregar e que, a maiores, tiñan que ser reemprazados en breve. Deste xeito, os nenos e nenas da gardería municipal teñen garantida unha temperatura axeitada durante as horas de clase.
Isto é así porque a demanda de prazas na gardería varía segundo os anos, o que obriga ao Concello a realizar agrupacións temporais das 62 prazas dispoñibles. Tomemos como exemplo a demanda para o curso 2017-2018, que deixa baleira unha das aulas de 0 a 1, mentres que preto de 30 solicitudes de alumnado de entre 1 e 2 anos tiña que quedar sen praza. En cambio, coas obras acometidas polo Concello de Brión, unha desas aulas de 0 a 1 anos que non se ía empregar pode converterse en aula de 1 a 2 anos, dando así resposta á demanda real da poboación. Por iso, e aínda que non estaba incluido nos orzamentos municipais, o Concello aprobou realizar este investimento por vía de urxencia.
Revista Altamira | 11
BRIONESES
MARCIAL GONDAR PORTASANY, catedrático de Antopoloxía na USC
“Brión conseguiu afortalar un sentimento de identidade a nivel municipal” Brión débelle moito ao coñecido arquitecto César Portela. Algunhas das súas contribucións son coñecidas por todos, como a contorna da Carballeira de Santa Minia. Outras non tanto, como ser a causa da chegada doutros ilustres veciños como o antropólogo Marcial Gondar Portasany (Pontevedra, 1948). “Estabamos xa un pouco fartos de Santiago e César Portela
convenceunos de que non había sitio mellor”, explica o catedrático de Antropoloxía social na Universidade de Santiago e membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do Padroado do Museo do Pobo Galego, entre outras, quen corrobora a Altamira que “ser de Brión séntese un motivo de orgullo”.
- Como antropólogo social, cal sería a súa radiografía dunha sociedade como Brión? - Brión é un concello en moitos aspectos atípico. Basta vir no coche pola estrada Santiago-Noia, chegar a Bertamiráns, ir botando unha ollada aos edificios que bordean a rúa e, aínda que non se repare no cartaz indicador, un dáse conta de inmediato de que cambiou de concello. As típicas edificacións almacén dos pobos-dormitorio deixan paso a unha ordenación do territorio totalmente distinta onde se evitan as alturas excesivas, se conservan antigas tipoloxías de vivenda e o verdor dos xardíns e das hortas forma parte integral do habitar. Os cambios non rematan nas casas e nas hortas. Este xeito de vivir a tamaño humano reflíctese tamén na forma que teñen os veciños de relacionarse uns cos outros.
a honra de estar entre os poucos concellos rurais que o conseguiu: afortalar un sentimento de identidade a nivel municipal. Todos coñecemos a importancia que no mundo campesiño tiñan as vellas identidades de casa, de lugar e de parroquia como fontes de orgullo e, en última instancia, de autoestima. O concello pouco máis se percibía que como unha circunscrición meramente administrativa e, na súa vertente política, como un cobrador de impostos, contribucións, gabelas e de fillos para o servicio militar. A idea de concello como redistribuídor de fondos e servizos e como territorio polo que se sente aprecio e mesmo orgullo está nas antípodas da mentalidade tradicional galega e, por que non dicilo, dunha boa parte da que se ten por urbana. Fronte a estas vellas ideas, os veciños deste concello nas súas
12 | Concello de Brión
Fronte ao anonimato que caracteriza ás cidades modernas onde podes vivir supoñamos nun terceiro andar sen saber moi ben quen vive no segundo, en Brión, con moita frecuencia, aínda é posíbel preguntar aquilo tan noso de: “E logo ti de quen ves sendo”. Este coñecemento entre os veciños potenciado polo feito de que en Brión non hai asentamentos poboacionais moi grandes senón todo o contrario (106 aldeas e 9 parroquias para sete mil cincocentos e pico de veciños) fixo posible que pouco a pouco se foran unindo estes nos poboacionais e, deste xeito, foise criando unha rede de veciñanza que articula a cidadanía e que tivo múltiples potencialidades no pasado e ségueas a ter cara o futuro. De todas elas eu gustaría de destacar unha porque Brión ten
conversas xa non falan tanto da aldea nin da parroquia: ser de Brión séntese un motivo de orgullo. - A división de Brión entre as parroquias “da parte alta” e da “parte baixa” é unha reprodución a escala de Galicia ou ten as súas propias características? - A resposta, como case que sempre, está entre o si e o non. Para entendelo correctamente temos que retrotraernos ás primeiras corporacións municipais. Mentres que na meirande parte dos concellos galegos o planeamento urbanístico ou apenas existía ou quedaba nos discursos programáticos, Brión tivo a sorte de contar con persoas que tiñan unha clara conciencia de que os brutais procesos de cambio social como o que estaba padecendo Galicia desde os anos 60 non se podían deixar
BRIONESES ao seu aire senón que había que acompañalos e planificalos. Tomar conciencia de que os procesos de desenvolvemento tenden a concentrarse nuns lugares e a beneficialos mentres deixan desvalidos a outros (pénsese no que aconteceu entre a Galicia costeira e a do interior) e tomar medidas para evitar estes desequilibrios estivo entre as preocupacións daqueles aprendices de políticos cando a democracia estaba a dar os seus primeiros pasos. Esta preocupación por paliar os desequilibrios entre as zonas máis vilegas do concello e as aldeas e tratar de evitalos no futuro foise levando a cabo, a máis de cun reparto equilibrado dos presupostos, implicando aos propios veciños das distintas parroquias non só no goberno municipal senón á comunidade en xeral na toma de decisións sobre os problemas que os estaban a afectar no seu lugar. Iso foi creando na maioría da poboación ese sentimento orgulloso de pertenza ao municipio (o que eu chamaría “identidade de concello”) da que antes falei. Toda esta dinámica fixo que, fronte ao que se podía agardar se miramos o que acontece en Galicia coas zonas do interior, o Brión alto non é en absoluto un ermo de depresión senon que a pesares do envellecemento, despoboamento, etc. as granxas, as explotacións gandeiras e, aínda que moi debilitada pola ineficiente política forestal do goberno autónomo, a silvicultura están activas. - Lendo algúns dos seus artigos, dá a sensación de que está algo “desencantado” co rural. Considera que non ten futuro? - Terá futuro se as distintas administración toman as medidas axeitadas e, para comezar, toman conciencia do problema e se marcan os obxectivos a onde se quere chegar. Pero cicais o maior problema é que un concello solo pouco pode facer, máis alá de poñer parches, se o que pretendemos e fixar a poboación no mundo rural e que esta teña un futuro sustentábel. A política agraria europea, os circuítos de comercialización e distribución, o planeamento racional do territorio (tamén a nivel administrativo), as políticas demográficas, etc, requiren unhas medidas e uns marcos que van moito máis aládas-
políticas locais. E neste ámbito macro onde non se veverdadeiro interese máis alá das boas palabras. - En “Territorio, paisaxe e identidade”, falaba de que o mundo urbano mantén coa Galiza rural un estilo de relación semellante ao que o capitalismo hexemónico mantén con África. - O capitalismo para que lle vaia ben necesita producir o máis posible co mínimo custo. Isto conségueo basicamente de dous modos non necesariamente excluíntes: baixándolle os prezos de compra aos produtores primarios, mesmo por debaixo dos custos de produción (pensemos no prezo que as empresas leiteiras lle pagan aos gandeiros polo litro de leite) ou rebaixando a calidade dos produtos en aras do custo e dos tempos de produción (o polo ou os ovos “da casa” comparados cos do supermercado). Con frecuencia e para facer o novo produto máis apetecíbel, a través de estratexias de mercadotecnia, mesmo se chega a manipular os gustos de amplos sectores dos consumidores (pensemos en cantos coñecemos que son devotos das hamburguesas de MacDonalds e non soportan o sabor consistente dun polo da casa). Esta minusvaloración do rural nacida dos intereses macroeconómicos chega a crear unha cultura que mass media, cine, videoxogos, etc. van pouco a pouco facendo calar no público ate chegar, con máis ou menos conciencia por parte dos afectados, a un estado de opinión que o vai impregnando todo. - En Brión hai cuestións que se reproducen en todo o rural: envellecemento, despoboación, perda do sector primario... porén non se dan outras como: falla de autoestima, psicofármacos... É a excepción que confirma a regra? - Brión é un concello atípico no panorama galego porque desde as primeiras corporacións democráticas houbo unha preocupación por establecer canles que deran voz á cidadanía no planeamento e nas tomas de decisión municipais facendo nacer, iso que chamei “identidade de concello” e que en resumo consiste en sentir o concello como algo propio, como unha colectividade da que os veciños se senten orgullosos.
Esta estratexia tivo consecuencias na configuración do perfil psicolóxico das persoas. Fronte ao que acontece na maior parte do mundo rural onde ao irse esfarelando os lazos sociais da vella sociedade tradicional foi aparecendo a sensación de soidade, de desamparo e, nunha palabra, de ser a última carta da baralla coas consecuencias psicosociais traumáticas de que ti falas, neste concello as estratexias de política social da que falei, actuou a modo dea rsenal terapéutico con capacidade suficiente para suavizar en grande medida os problemas do cambio social acelerado que todos estamos a padecer. - Nun recente congreso sobre paisaxe e territorio, todas as propostas eran para humanizar as cidades e devolverllas ás persoas. Sendo Galicia a rexión de Europa con máis entidades de poboación, o futuro é abandonar o rural? - Non debera ser así inda que, se non mudan as cousas, imos camiño diso en non moito tempo. Se as cousas seguen como ate o de agora, o futuro do rural serán as segundas vivendas dos urbanitas, as casas de turismo rural e algún que outro parque temática no que os xaponeses coas suas Kodakgraven como se levantaba a paletilla ou se sacaban os males de ollo. Mesmo cando a xente que ven da vila se instala permanentemente en urbanizacións ou en vellas casas restauradas, tenden a vivir como en illas con moi pouca integración cosveciños de todaa vida. Problema este ben difícil de resolver. Cicais un traballo cos máis pequenos utilizando espazos escolares, deportivos etc., fose unha rendíbel vía de entrada para paliar o problema. - En “El factor cultural como herramienta terapéutica”, fala dun xornal veciñal como método terapéutico. No anterior número, os fundadores de Altamira coincidiron nesa función de reforzo da autoestima a través da Altamira. - O que interesa neste tipo de experiencias non é o seu interese informativo senón a súa función psicosocial. Quérese dicir que eles, ao actuar como equipo de redacción, se sentan grupo que ten por diante unha tarefa común. Son eles os que teñen que escoller os temas que lles parecen importantes, en
EN BREVE - Lugar favorito en Brión. - Contemplar á tardiña o Val da Amaia desde o adro da igrexa de Bastavales mesmo nun dia de bormorio. - Mellor lembranza en Brión. -Unha maña, a pouco de vivir aquí, cando, ao saír a primeira hora para o traballo, entraba na aldea un dos poucos carros de vacas que quedaban na redonda cargado de herba seca. Aquel arrecendo segue na miña memoria como o do mellor perfume. - A Brión fáltalle... - Seguir traballando para que os novos veciños urbanitas que se incorporan traten de integrarse na vida da comunidade e non consideren este lugar unha simple vila-dormitorio cargarse de desenvolvelos, imprimilos (preferibelmente en papel de cara a abrirse a unha maior audiencia) e facelos chegar aos seus conveciños. Estes van recibir esta actividade con ollos totalmente distintos aos que dedican a calquera información do exterior por canto a perciben como cousa propia. Cando sae cada número pódese facer unha presentación pública onde, nun ambiente festivo se cría un ambiente no que se poden comentar entre todos problemas que preocupan á comunidade. É unha maneira entre outras moitas de ir construíndo unha veciñanza máis critica e habituada a tratar os problemas en común. - A sociedade campesiña, a morte, antropoloxía urbana dende a comunicación e a mercadotecnia, en que traballa agora? - Sego a traballar en temas de antropoloxía aplicada. Nestes dias ando dándolle voltas a un proxecto destinado á escola e ao ensino medio no que, no ambiente máis lúdico posible, se vaia rachando ese vivir de costas entre os máis novos e a xente vella que tanto caracteriza ao noso tempo e que, a máis dos custos psicolóxicos que conleva, está a impedir un arrequecemento mutuo entre estes dous grupos de idade. Revista Altamira | 13
SERVIZOS SOCIAIS PROGRAMA PIALE
Profesores do CEIP de Pedrouzos participan nun programa de aprendizaxe de linguas en Canadá Salientan a metodoloxía innovadora e flexible que manexa o profesorado canadiense Dous docentes do CEIP de Pedrouzos participaron este ano no Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), que tivo lugar entre o 15 de outubro e o 15 de novembro en Ottawa (Canadá). Unha das participantes, María del Pilar Vidal Puga, explica que “a idea é ir a Canadá durante un mes, por un lado para mellorar o idioma e por outro a coñecer osistema educativo, que é plurilingüe porque teñen o francés e o inglés. Trátase de coñecer un sistema educativo que xa leva anos traballando o plurilingüismo para ver como funciona, pois é un dos de máis éxito no mundo”. Vidal Puga apunta que “eles teñen dous programas. Un de inmersión, onde todo é en francés para os que falan inglés. E outro é de integración, onde as clases son en inglés pero teñen algunha asignatura en francés. Este último sería o máis parecido ao noso. A parte de inmersión sería a menos aplicable aquí”. A mestra de educación infantil do CEIP de Pedrouzos salienta que os mestres teñen “unha
metodoloxía moi innovadora e moi flexible. Por exemplo, non teñan libro de texto, usan moitos recursos web e programas que sirven para traballar contidos sen necesidade de utilizar o libro de texto”. “Paréceme interesante porque é moito máis flexible. Trabállase dunha maneira que o alumno pode traballar de manera autónoma, con zonas de lectura, de escritura, de ordenadores e de tarefas específicas, como fichas ou así. Entón, despois dunha explicación xeral o profesor está primeiro cos alumnos que presentan maiores dificultades e traballa cos 5 rincóns durante
as dúas horas e media. é unha diferencia en como se organiza o espacio e o tempo”, sinala Vidal Puga. Outra curiosidade é que contan con dous recreos, “que me parecen necesarios e que son tamén tempo de comer. É dicir, non pasan máis de dúas horas e media sen que o neno pare e tome algo”. Ademais, María del Pilar Vidal sinala que “os patios son abertos. Non están vallados. A nósotros parécenos raro, pero eles o ven como algo totalmente normal. Tamén me gustou que os venres e os martes se fai nas escolas o día da froita e o día da verdura”.
Así mesmo, a mestra do CEIP de Pedrouzos destaca que en Canadá “a comunidade está moito máis implicada. Podías atopar na clase un día a pais, outro día a voluntarios, outro día a profesores que están estudando na universidade que viñan dar unha clase… Todo o tempo a comunidade moi integrada dentro do colexio”. “Outro aspecto de organización que me pareceu moi útil é que todas as aulas tiñan un teléfono. Aquí non o temos e, se hai un problema, temos que saír da aula. Ou para calquera aviso ten que vir alguén doutro lado do centro. Sería útil telo aquí, que non podemos usar os nosos móbiles. Son pequenas cousas de organización moi útiles”, propón. Finalmente, Vidal Puga sinala que “eu dou ioga en infantil, que é algo que aquí non é moi habitual e aló o teñen todos os días. Ioga, relaxación e sesta en infantil. Pareceume moi trasladable. Pero tamén hai que ter en conta que teñen aulas que son tres veces as nosas, enormes, con espazos moito máis adaptados”.
25-N
Charlas e música contra a violencia de xénero Conscientes de que a educación é un dos piares fundamentais para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero, o Concello organizou unha serie de actividades en colaboración co IES de Brión co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así, o alumnado asistiu ás charlas “Nas 14 | Concello de Brión
TIC’s mandas ti”, organizadas en colaboración coa Deputación, e nas que aprenderon como evitar situacións de acoso a través das Redes Sociais. A outra iniciativa chegou da man de Teatro Chévere, que puxo en escea “I’ll be watching you (hei estar vixiándote)”, unha iniciativa
teatral e musical dende unha perspectiva de xénero que gustou moito ao alumnado brionés. E é que os actores de Teatro Chévere analizaron
en Brión os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música comercial de consumo masivo.
SERVIZOS SOCIAIS
Revista Altamira | 15
CULTURA E DEPORTES ROMARÍA
Milleiros de romeiros compren coa tradición de visitar a santa e comer o polbo en Santa Minia A incorporación dunha nova parcela para as barracas mellorou a mobilidade na festa Milleiros de romeiros se achegaron a Brión o Día de Santa Minia, para cumprir coa tradición de visitar á Santa e comer o polbo. O coordinador da festa, Alberto Álvarez, confirma que “para ser un día non festivo, salvo en Brion, a afluencia foi moi elevada tanto o Día de Santa Minia como tamén na queima da fachada e na tirada de fogos de artificio, onde non había un sitio libre”. Como gran novidade, este ano estreábase un novo emprazamento para as barracas e atraccións para nenos e nenas, situada detrás das tradicionais pulperías. A proba foi todo un éxito, pois facilitou a mobilidade dos romeiros pola zona, liberando a contorna da capela. En canto á festa en si, e pese a non ser festivo, milleiros de devotos/as chegados nunha trintena de autobuses de toda Galicia acudiron a cumprir coa
tradicional visita á santa, bicar o sepulcro e pasar sobre el as típicas estampiñas para que lles dean sorte durante todo o ano. O tempo acompañou e
as colas non superaron os 25 minutos. A avenida de Santa Minia acolleu 160 postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, larpeiradas, licores,
ferramentas, velas, castañas... E os que estiveron sempre cheos foron as polbeiras, que non deixaron de vender racións de polbo e churrasco.
ATLETISMO
Abdelhadi El Mouaziz e Melina Alonso Aradas gañan a XXXV Carreira Pedestre da Amaia
Os 6 primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina
Entrega de premios aos mellores clasificados de Brión
16 | Concello de Brión
Os atletas Abdelhadi El Mouaziz, do Nerja de Atletismo, e Melina Alonso Aradas, do Club Atletismo Fene, gañaron a XXXV Carreira Pedestre da Amaia (Brión), na que tomaron parte 458 atletas, entre nenos e adultos. El Mouaziz e Alonso toman así o relevo de Lolo Penas e Paula Mayobre, vencedores na edición anterior. O concelleiro de Deportes, Xesús Quintela, foi o encargado de dar a saída ás probas e presidir o acto de entrega de trofeos aos 6 ven-
cedores absolutos, aos 3 primeiros clasificados de cada unha das categorías establecidas. Especialmente aplaudidos foron os seis mellores atletas de Brión: Jesús Barral Varela, José Antonio Vidal González, José Ramón Mayo Martínez, María Serramito Blanco, Mónica Otero Penido e Cristina Hernández García. Quintela estivo acompañado polos concelleiros José Luís Sampedro e Francisco Javier Blanco, que entregaron uns trofeos deseñados para este edición polo prestixioso ceramista Nano Unzueta.
CULTURA E DEPORTES NOVAS TECNOLOXÍAS
Toda a información do Concello de Brión no teu móbil A nova app gratuíta tamén permitirá comunicar incidencias no municipio, permitindo así unha maior axilidade dos servizos municipais á hora de dar unha solución aos problemas Como vén sabes, Brión é un concello comprometido dende sempre coas novas tecnoloxías e nestas datas de Nadal ven de poñer en marcha unha nova ferramenta para que a cidadanía teña acceso a toda a información municipal de interese e mesmo poida comunicar incidencias, consultas ou propostas ao Concello. Trátase do novo servizo “Brión informa”. PARA QUE SERVE? “Brión informa” é unha útil ferramenta de comunicación baseada nunha aplicación para dispositivos móbiles que permite recibir no teléfono intelixente ou na tablet (conectados á internet) anuncios, bandos, novas e información municipal de xeito directo e inmediato. Ademais, calquera veciño/a poderá transmitir ao Concello incidencias, consultas ou propostas dunha maneira rápida e sinxela: a través de texto complementado por imaxes e localización xeográfica. Así se, por exemplo, non funciona unha das luces do alumeado público ou se move
unha das lousas da beirarrúa, só é preciso facerlle unha foto co móbil e enviala ao Concello. O móbil xa indica onde é exactamente a incidencia e, deste xeito, podese arranxar moito máis rápido. ONDE A DESCARGO? A app pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscar polo nome “Brión Informa”) para os usuarios da plataforma Android ou na App Store (procurar “Bandomovil”) para os dispositivos con IOS de Apple. Tamén, de xeito directo, entrando na web municipal (www.concellodebrion.gal) ou mediante
os códigos QR que figuran nos bandos informativos. CANTO CUSTA? A descarga e utilización da app é totalmente gratuita. E SE NON TEÑO UN TERMINAL COMPATIBLE? Aquelas persoas que non teñan terminais compatibles, como Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda esta información na web www.bandomovil.com/brion, adaptada a teléfonos móbiles. OUTRAS APP Esta nova ferramenta tecnolóxica súmase á app de promoción turística xa exis-
tente (tamén dispoñible nos mencionados repositorios co nome “Concello de Brión”). Nela, veciños e visitantes poden acceder a unha completa guía con información sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio, con datos de contacto, imaxes e localización e navegación xeográfica. Ademais conta cunha completa guía directorio de servizos municipais e de hostalaría. “Brión informa” é un novo xeito do Concello de relacionarse coa cidadanía, unha maneira innovadora para que a veciñanza de Brión se comuniquen coa súa administración máis próxima.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Un novo sistema facilita á veciñanza de Brión as súas xestións coas administracións públicas O Concello de Brión vén de culminar o pasado 30 de outubro os traballos precisos para adherirse ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR) e Notifica.gal, unha vez superada a fase de certificación establecida polo Ministerio de Facenda. Trátase dunha actuación que, a través da Plataforma de Tramitación de Expedientes Electrónicos (TEDeC) da Deputación da Coruña permitirá aos veciños e veciñas de Brión presentar solicitudes, escritos e documentos dirixidos non só ao Concello, senón a todas as administracións públicas. Ademais, este novo sistema tamén
facilitará a recepción de notificacións electrónicas. Así, o SIR permitirá que un veciño ou veciña de Brión poida entregar as súas iniciativas en calquera administración e suporá tamén unha reducción de custos e un beneficio medioambiental, ao eliminar o papel na xestión. Pola súa banda, o Notifica.gal permitirá que a veciñanza brionesa poida enviar comunicacións con acuse de recibo e selo electrónico, algo que será especialmente útil aos autónomos e empresas do municipio na súa relación coa Administración. Revista Altamira | 17
CULTURA E DEPORTES
O grupo municipal de Teatro de Ames actuou o 2 de decembro
Oviravai presentará “As andanzas de Paio” o 15 de decembro
NADAL
Un Programa de Nadal para todos os gustos e idades Un Festival de Títeres con participación internacional e a Cabalgata de Reis, pratos fortes da programación
Programación cultural do Concello de Brión para este Nadal
Volta e Dalle Teatro representará “Dura lex” o 16 de decembro
18 | Concello de Brión
O Concello de Brión ven de presentar unha programación especial para estas datas do Nadal con actividades pensadas para toda a familia. Un programa onde destacan a música, o teatro e os monicreques, pero onde tampouco faltarán á súa cita o tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal ou a Cabalgata de Reis.
“O Enmeigado. Traxedia en Terras do Salnés”, a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ames, o teatro volverá ao polivalente os días 15 e 16 de decembro. Primeiro con Oviravai e “As andanzas de Paio”, ás 19:00 horas e dirixido a un público familiar; e despois con Volta e Dálle Teatro e “DuraLex”, ás 20:30 horas.
A programación abriuse o pasado 1 de decembro co II Festival de Curtas de Brión, onde o alumnado do IES de Brión aproveitou para presentar “Dúas Lúas”, unha curta producida, realizada e interpretada por eles mesmos, en colaboración cos seus mestres. Parabéns a Patricia Sánchez, Sandra Vázquez, Senén Adán, Daniel Torres, Sara Molinos, Lorena Diéguez, Gabriela Tajes, Daniel Blanco, Alba dos Santos, Daniel Souto, Saleta Lorenzo, Paula Muelas, Paulo Antón Gómez, Aarón Peula, Alberte X. López, Carlos Ruíz, Martiño Lorenzo, José D. Aldana e Ana Cadenas.
Como marca a tradición, o xoves 21 de decembro os paxes reais visitarán pola mañá as escolas e centros educativos do concello para recoller as cartas para os Reis Magos. Pola tarde, a iso das 18:30 horas o polivalente acollerá a sexta edición do Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música Magariños.
Tras a posta en escena de
E o venres 22 de decembro, ás 18:00 horas, o polivalente acollerá o concerto “Nadal Novoneyra. Uxía canta a Uxío”, unha iniciativa que chega da man da Rede de Dinamización Lingüística para promover o uso do galego nestas datas de lecer. No espectáculo, a coñecida cantante Uxía e o músico
CULTURA E DEPORTES
Máis de 800 persoas participaron o ano pasado na Cabalgata de Reis
Sergio Tannus interpretará as pezas do seu último disco con textos do poeta do Courel. Retomaremos a volta do Nadal cun dos pratos fortes da programación: o XXII Festival de Títeres, que este ano non só incrementa o número de actuacións senón que contará coa presenza de dous grupos arxentinos, que achegarán aos nenos e nenas de Brión un xeito diferente de actuar con monicreques. As catro actuacións están dirixidas a un público familiar e terán lugar no polivalente, ás 17:30 horas. O festival abrirase o 28 de decembro coa actuación de Chachakün (Arxentina) coa obra “El Investigatopo”. Un día despois, o venres 29, será a primeira das dúas actuacións da compañía arxentina Tres Tigres Teatro, que porá en escena “Serenatas embichadas”. Unha das máis senlleiras compañías galega, como é Títeres Cachirulo, recibirán o novo ano o martes 2 de xaneiro coa obra “Novas aventuras do Apalpador”. O telón do XXII Festival de Títeres de Brión baixará o mércores 3 de xaneiro con “Los sueños de Trucas”, segunda actuación de Tres Tigres Teatro. A Programación de Nadal do Concello de Brión porá o seu broche de ouro o venres 5 de xaneiro, coa xa tradicional Cabalgata de Reis no Pavillón Polideportivo de Brión, a partir das 17:00 horas. Aló reuniranse entre unhas 700 ou 800 persoas que gozarán dun gran Festival de Reis con
O fallo do Concurso de Postais darase a coñecer na Festa de Reis
Belén Vivente con distintos animais traídos para a ocasión pola veciñanza, que tamén representarán distintos oficios artesanais tradicionais. Dende Altamira aproveitamos para agradecer por adiantado a desinteresada colaboración destes veciños e veciñas. As Súas Maxestades serán recibidos pola corporación municipal presidida polo alcalde José Luís García e, tras facer unha ofrenda no Belén Vivente, todas as nenas e nenos poderán falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, lembrarlle as súas peticións para esa noite e levar para casa distintos agasallos e larpeiradas. Por outra banda, o Concello de Brión organiza unha vez máis os Obradoiros de Nadal, un programa de conciliación da vida laboral e familiar que terá lugar de martes a venres, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Os obradoiros terán lugar nas instalacións do CEIP de Pedrouzos en horario de 10:00 a 13:00 horas. O Concello tamén ofreceu a posibilidade de deixar ás crianzas ás 9:00 e recollelas ás 14:00 horas, previa solicitude. Asemade, o Concello tamén puxo servizo de transporte, tamén baixo demanda da veciñanza. Finalmente, ata o 21 de decembro está aberto o prazo de presentación de orixinais ao XXVII Concurso de Tarxetas de Nadal, dirixido a todos os nenos de Infantil e Primaria. As tarxetas poden entregarse no CEIP de Pedrouzos, nas Escolas de Educación Infantil ou na Casa da Cultura.
O Festival de Títeres aumenta nunha xornada
1º Premio do 1º Ciclo de Primaria do Concurso de Postais de 2016
Revista Altamira | 19
CULTURA E DEPORTES ENTROIDO
O Concurso de Disfraces de Brión terá lugar o domingo 18 de febreiro e repartirá 2.750 euros en premios Haberá cinco categorías: infantil, xuvenil, adultos, grupos e comparsas O Entroido chegará moi madrugador en 2018, a principios de febreiro. De feito, dende Altamira adiantámosche que o Concurso de Disfraces do Concelllo de Brión, que repartirá 2.750 euros en premios, terá lugar o domingo 18 de febreiro, por se queredes ir dándolle ao maxín. As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 en horario de luns a venres, de 9:00 a 15:00 horas. Todos os participantes deberán participar no desfile de Entroido, que sairá ese domingo 18 de febreiro, ás 16:30 horas, dende a Carballeira de Santa Minia ata o Pavillón Polideportivo Municipal, percorrerá as rúas de Pedrouzos. No polideportivo, ademais do concurso, haberá unha gran festa de disfraces con música e baile ata ben entrado o serán.
traballo, no concurso haberá cinco categorías, con dúas modalidades (individual e grupal). As tres primeiras categorías son: Infantil (nenos e nenas menores de 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos (maiores de 18 anos). Na Categoría de Grupos (de 3 a 9 persoas), haberá dúas modalidades: infantil/xuvenil. Por se queres ir adiantando Finalmente, na Categoría de
Comparsas (10 ou máis persoas) concederanse tres galardóns de 300, 250 e 200 euros. Un ano máis non haberá Categoría de Carrozas, debido á escasa participación rexistrada en edicións anteriores. O xurado valorará a orixinalidade, a calidade dos disfraces e dos complementos, así como o propio lucimento
do disfrace no escenario. Os concursantes terán 3 minutos (individuais ou parellas), 5 minutos (grupos) e 8 minutos (comparsas) para a súa actuación. A música que acompañe ás actuacións deberá entregarase previamente á organización, estando prohibido o uso de animais e efectos especiais (lume, fume, etc) non autorizados previamente.
FORMACIÓN
Os cursos de formación para o emprego centrarán a oferta para 2018
DEPORTES
O Concello consegue 88.000 euros para a renovación das instalacións de piragüismo Tal e como adiantara o alcalde José Luís García hai uns meses durante o acto de entrega de tres novas piraugas a deportistas locais e o club Ribeiras do Tambre, a Deputación vén de confirmar unha achega de máis de 88.000 euros na remodelación das instalacións municipais de piragüismo, emprazadas en Ponte Ínsua (Ons). As obras permitirán solucionar os problemas de humidades no edificio e instalar un sistema de subministro elécrico máis eficiente. Uns beneficios que notarán tanto as persoas que participan nos cursos do verán como os escolares que practican este deporte. 20 | Concello de Brión
O Programa de Formación do Concello de Brión para o ano 2018 fará fincapé naqueles cursos e obradoiros que faciliten a integración laboral do alumnado. Así, nove dos vinte cursos que xa están previstos para o próximo ano terán esta finalidade. Falamos tanto de cursos para obter ou renovar carnés profesionais (como os de manipulador de alimentos, manipulador de produtos fitosanitarios, monitor de actividades de tempo libre ou carretilleiro) como os cursos de monitor de actividades de tempo libre ou de transporte e comedor escolar. Así mesmo,
acometeranse accións de formación para o emprego dirixidas á mocidade e aos emprendedores. A Aula de Idiomas seguirá coa súa oferta educativa (inglés, francés, alemán e lingua de signos) e tamén haberá cursos preparatorios para os CELGA e competencias clave de nivel 2. Finalmente, non podían faltar os recoñecidos cursos de novas tecnoloxías, onde se manterá a oferta de cursos de ofimática, informática básica para desempregados, mecanografía... Sen esquencer os cursos dirixidos á mocidade e aos nosos maiores.
HISTORIAS DE BRIÓN
Xente que Brión non debe esquecer banísticos de Brión está o arquitecto César Portela. Como se sabe, este deseñador pontevedrés é un dos máis afamados arquitectos vivos de Galicia e gañou o Premio Nacional de Arquitectura no 1999. Para Brión, a parte de animar e asesorar en infinidade de temas urbanísticos, ideou o contorno da Carballeira de Santa Minia , xunto coa rehabilitación da antiga Casa do Concello, hoxe Casa da Cultura (con este gañara o premio do Consello de Europa), a construción da actual Biblioteca Municipal, o Pabillón Polideportivo e o antigo Consultorio Médico dos Anxeles. O investigador Clodio González Pérez está tamén moi vinculado con Brión dende hai máis de 20 anos dende que escribiu o libro “Brión, historia, economía e arte”, onde ao longo das súas 400 páxinas recollía canto se pode saber sobre o pasado do noso Concello. Do libro fíxose unha segunda edición en 2003 e neste ano 2017 publicouse a terceira edición moi aumentada e mellorada. Entremedias, o profesor Clodio González colaborou desinteresadamente en moitas iniciativas municipais.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Enrique GómezReino, Daniel Pino, César Portela, Clodio González Pérez, Xosé Vizoso Fernánez, Xosé Vázquez Castro, Luis Alonso Ocaña, Victor Freixanes e Carlos Rodrigues Brandäo
q
Din que “de ben nacidos é ser agradecidos”. Cada un debemos sentirnos obrigados con tantas persoas que desinteresadamente nos botaron unha man nalgún momento da nosa vida. O mesmo pasa coas colectividades, onde nunca faltan persoas que gañaron o agradecemento de todos. Nesta páxina de “Historias...” queremos significar no recordo a algúns -veciños ou non- que levan traballado arreo por impulsar o progreso do noso Concello de Brión. Aí van só algúns nomes:
O artista plástico Xosé Vizoso foi deseñador da fábrica de cerámica Sargadelos ata o ano 2012, pero vive en Brión dende hai máis de 20 anos e dende o primeiro momento puxo a súa inmensa xenerosidade ao servizo de todos: das súas mans saen os carteis de Santa Minia dende hai ben anos, así como os de outros acontecementos. Tamén modelou o busto que se lle erixiu ao autor teatral Roberto Vidal Bodaño diante da Casa da Cultura. Xunto con Vizoso non podemos esquecer o seu entrañable amigo, tamén veciño de Brión e pintor Xosé Vázquez Castro. El é o animador dos Encontros coa Arte. Tamén nesta nómina de artistas gráficos debe figurar o fotógrafo de fama internacional Luís Alonso Ocaña, tristemente falecido hai sete anos, que en 2007 dera a coñecer as terras de Brión nun marabilloso album titulado “Brión, brétemas luzadas”. Vive tamén en Brión dende hai máis de 20 anos o catedrático, escritor e Presidente da Real Academia Galega Víctor Fernández Freixanes. El e a súa familia son desa clase de persoas que están sempre despostos a botar unha man, xa sexa para darlle unha charla aos alumnos do colexio ou do instituto, para a presentación dalgún libro ou para asesorar en calquera tema cultural.
O catedrático de Dereito Enrique Gómez-Reino vinculouse a Brión, terra dos seus antergos, cando aquí se estaba intentando abrirlle camiño á democracia e curar as feridas da ditadura franquista. Enrique -viaxando frecuentemente dende Madrid onde daquela exercía de profesor- foi capaz de unir vontades para articular unha candidatura municipal indepenVai para 25 anos que empezou a pasar longas tempadas dente para as primeiras eleccións democráticas coa que se entre nós o antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandäo. desencadeou o longo período de progreso que disfruta Brión. El foi o animador de tantos proxectos, o conselleiro sempre Da súa estadía entre nós ten unha extensa obra de investigadisponibel, o amigo desinteresado fuxindo de protagonismos. ción, algunha inédita ou algunha publicada como o delicioso libro de fotografías comentadas “Aldeas”, que todos os veciños Brión foi un dos concellos pioneiros en Galicia no trata- de Brión coñecen, así como outro de poemas titulado “O camento urbanístico integral do seu territorio. O esmero na miño da estrela”. Acaba de enviar para a Biblioteca municipal ordenación do urbanismo foi sempre unha característica dis- toda a colección de fotografías e material sonoro que fora cotintiva do concello de Brión. Elo foi posible grazas á empresa lleitando durante a súa estadía. pontevedresa Consultora Galega co seu director Daniel Pino Todos estes personaxes deben figurar no cadro de honra de Vicente ao fronte. Primeiramente redactaran polo ano 1982 Brión, porque todos contribuíron a configurar esta terra que as Normas subsidiarias do Concello de Brión que permanecenos identifica. Cremos que “son todos os que están, pero non ron en vigor durante vinte anos ata que o 26 de xuño de 2003 se aprobou o Plan xeral de urbanismo que redactara a mesma están todos os que son”, porque hai moitos homes e mulleres que se cadra debían figurar nesta nómina e non están. Tempo empresa. Moi vinculado ao equipo redactor dos instrumentos ur- haberá para que alguén con mellor criterio a complete. Revista Altamira | 21
TAMÉN FOI NOTICIA
FESTIVAL MONECADAS Os monicreques foron os protagonistas da fin de semana do 15, 16 e 17 de setembro co gallo da celebración da cuarta edición do Festival Monecadas, unha programación lúdico-cultural organizada por Titiriteiros da Comarca e o Concello de Brión. Cabe destacar a gran afluencia de xente ao evento, especialmente na súa primeira xornada. Un público que estivo conformado por persoas de todas as idades, aínda que con destacada presenza de público infantil. Un éxito de participación que confirma o predilección que sente o público brionés polo teatro de monicreques, unha arte escénica que volverá ser protagonista durante o Nadal grazas ao tradicional Festival de Títeres de Brión.
A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR A compañia de teatro pofesional REDRUM presenteou o pasado 27 de Outubro a súa obra “A nena que quería navegar”, unha comedia familiar na que a través de técnicas de reforzo positivo e para mellorar a autoestima dos nenos e nenas presentase unha historia contra o acoso escolar. A obra está protagonizada por Laura Míugez e Guillermo Carbajo, dous actores coñecidos polos seus papeis na TVG. O proxecto, ao que acudiu numeroso público, ten un carácter multidisciplinar porque ademais inclue un conto titulado tamén” A nena que quería navegar”, e ilustrado por Rodrigo Chao, que xa está dispoñible nas librerías.
ROEMO E XULIETA Teatro Airiños presentou no Centro Social Polivalente o día 4 de Novembro o clásico de Shakespeare Romeo e Xulieta. Unha compañía que lle deu unha volta a esta obra clásica cunha versión estrafalaria da que posiblemente sexa a obra máis representada de todos os tempos. Ainda así, nela mantense a súa esencia: enfrontamentos entre familias que se odian, amor eterno da última xeración, loitas en escena, e sobre todo, moita música. Unha obra que fixo disfrutas aos asistentes e que lles recordou, coma sempre en Shakespeare, que a vida é amor… pero tamén odios.
MEMORIA DAS MEMORIAS...
O pasado 18 de novembro o Outono Cultural trouxo a Brión as “Memoria das memorias dun neno labrego” a adaptación teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas que celebra o cento de reperesentacións desta. “Memoria das memorias dun neno labrego” parte das historias de Balbino contidas no libro de Neira Vilas para falar das sensacións que lle produciron a miles de lectores. O Polivalente colgou o cartel de completo e o numeroso publico puido gozar ademais de un gran atractivo visual apoiado por un coidado traballo de videocreación o que, combinado con unha elaborada iluminación debuxou unha suxestiva escenografía das emocions.
22 | Concello de Brión
ULTIMA PÁXINA
PASATEMPOS SUDOKU FACIL
SUDOKU DIFICIL
UN POUCO DE HUMOR...
Revista Altamira | 23
32
anos
NOVA APP GRATUÍTA “BRION INFORMA” PARA TODA A VECIÑANZA “Brión informa” é unha útil ferramenta de comunicación baseada nunha aplicación para dispositivos móbiles que permite recibir no teléfono intelixente ou na tablet conectados á internet: anuncios, bandos, novas e información municipal de diversa índole, de xeito directo e inmediato. Asemade, calquera cidadán poderá transmitir ao concello incidencias, consultas ou propostas, de maneira rápida e sinxela, a través de texto complementado por imaxes e localización xeográfica. A app pode descargarse totalmente de balde na tenda de aplicacións de Google Play (buscar polo nome “Brión Informa”) para os usuarios da plataforma Android ou na App Store (procurar “Bandomovil”) para os dispositivos con IOS de Apple.
Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal