101 - ALTAMIRA Nº 101

Page 1

IGUALDADE:

OBRAS:

Editase unha guía de linguaxe non sexista

amplo repaso polas principais obras municipais

Altamira PÁX. 3

Nº 101 - SETEMBRO 2017 - ANO XXXII

setembro2017

REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Brión celebra un ano máis a Romaría de

Santa Minia Deportes

Entrevista

As piscina municipal loce nova marca, BeOne, e amplía a súa oferta de actividades para o curso 2017/2018

Manuel Reboredo Suárez: veciño de Gronzo retornado obrigado a deixar Venezuela polo réxime político

PÁX. 15

PÁXs. 6 - 7

PÁXs. 12 - 13


os nosos enderezos B IBLI OT ECA M UNICIPA L Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel./ Fa x.: 98 1 50 99 69 C AS A D A CUL TURA Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 5 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 8

Edita: Concello de Brión Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós Comunicación Fotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación Imprime: Artes Gráficas Alonso

AVANCE Velaquí estamos un ano máis ás portas da tradicional Romaría de Santa Minia. Co gallo da mesma decidimos adiantar un mes a saída da Revista Altamira Nº 101 para ofrecer aos veciños e veciñas toda a programación cultural e relixiosa desta gran cita anual que espero, se o tempo nos acompaña, volva a repetir o éxito de asistencia e organización das pasadas edicións.

C E I P P EDROUZOS R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 5 15 865 - Brión N OVO Tel.: 8 8 1 8 66 078 N OVO Fa x.: 8 8 1 8 66 08 6 C E NT R O DE SAUDE R úa da s Ped ri ñas, nº 3 15 865 - Brión Tel. Liña 1: 98 1 8 8 7 7 01 Tel. Liña 2: 98 1 8 8 77 0 2 C E NT R O SOCIAL POL IVA LE N TE A v da . de Santa Mi ni a, nº 4 6 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 1 0 F ax .: 9 81 50 99 78

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E. A v da . do s Ánxe le s, nº 36 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 2 0 1 FARMACIA BASTAVALES BRIÓN Lg. S a ba xáns, Nº 57 15 2 80 - Bastavale s Tel.: 981 88 8 8 36 F ARMAC IA NUÑEZ PERE Z , B. A v da . S a n ta Mini a, Nº 53 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 30 G AR DA CIVIL R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 1 1 I E S BR I ÓN R úa Pa seo d e Pe d rouz os , n º 3 15 85 6 - Brión N OVO TE L.: 8 8 1 8 66 0 58 N OVO FAX.: 8 8 1 8 66 074 O FI CI N A DE URB ANISM O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P I SCI N A CUB ERTA M UN I CI P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 3 46 P OLI CÍ A L OCAL Ca rba lleira d e Santa Mi n ia, n º 2 15 865 - Brión Tel.: 981 89 34 7 4 F ax .: 9 81 8 8 74 31 P OLI D EP ORTIVO MUNIC I P A L La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 6 53 S ERVI Z O DE AUGAS U r b. Agro Novo, nº 1 26 Baixo 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 8 51 S ERVI Z O DE EMERXENCI A S La miño , s/n 15 865 - Brión Tel.: 62 9 8 7 1 5 42 F ax .: 9 81 8 8 75 23 X U LGADO DE PAZ R úa da s Ped ri ñas, nº 5 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 2 71

2 | Concello de Brión

José Luís García García

Alcalde do Concello de Brión

contidos

E SCOLA M UNICIPAL DE MÚ SI CA A v da . de Santa Mi ni a, nº 70 15 865 - Brión Tel.: 981 50 99 0 3

Revista Municipal do Concello de Brión DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

C AS A D O CONCEL L O P ra za do Conc e llo, nº 1 15 865 - Brión Tel.: 981 88 7 0 0 6 F ax .: 9 81 8 8 74 31

E SCOLA INFANTIL MUNI CI P A L A g ro N o vo, nº 1 25 15 2 80 - O s Ánxel e s Tel.: 981 88 7 7 42

Altamira

Ademais neste número damos cumprida información das principais obras municipais que se levaron a cabo no verán e outras que aínda se están a acometer... a publicación dunha guia de linguaxe non sexista, o repaso das actividades e festas pasadas e o avance de programación cultural para o último trimestre do ano completan, entre outras, as novas deste número que non se esquece de outras citas imprescindibles como a Festa dos Maiores, a Carreira Pedestre ou o Festival de Títeres Monecadas. Esperando que desfrutes da súa lectura. Recibe un cordial saúdo.

PÁX . 3

ACTUALID AD E

PÁX s. 4 - 5

REPORTAX E

PÁX s. 6 - 11

ACTUALID AD E

PÁX s. 12 - 13 PÁX . 14 PÁX s. 15 - 20

B RI ONESES SERVI Z OS SOCI AI S CULTURA E D EPOR T E S

PÁX . 21

HISTORI AS D E BRI Ó N

PÁX . 22

TAMÉN FOI NOTICIA

PÁX . 23

PASATEMPOS / HU M O R


ACTUALIDADE IGUALDADE

O Concello edita unha Guía de Linguaxe non Sexista É unha aposta por unha linguaxe integradora que fomente unha visión do mundo no que mulleres e homes son tratados en igualdade e dun xeito gramaticalmente correcto Unha das iniciativas do III Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres do Concello de Brión, vixente entre o 2016 e o 2019, era a elaboración dunha “Guía de Linguaxe non Sexista”, dirixida especialmente aos funcionarios e persoal laboral do Concello de Brión pero que dende Altamira queremos compartir tamén coa veciñanza do municipio.

Consellos sinxelos para usar unha linguaxe integradora 1. Evita utilizar substantivos masculinos xenéricos. Cámbiaos por xenéricos colectivos máis axeitados e non discriminatorios. Exemplo: “a veciñanza” (BEN) fronte “os veciños” (MAL).

Que é isto da linguaxe integradora ou non sexista? É unha linguaxe correcta dende o punto de vista gramatical pero que fai visilbe aos dous sexos, fomentando unha visión do mundo que inclúe a mulleres e homes en igualdade. Para que serve a linguaxe non sexista? Para facer visible ao 50% da poboación, sexa home ou muller e evitar ambigüidades á hora de falar ou escribir. Así evitaremos asignar unha profesión a un sexo. Por exemplo, é moi común escoitar: “os médicos e as enfermeiras do hospital”. Seica non hai ningunha doutora ou ningún enfermeiro neste centro? A

2. Valora o dobre emprego de substantivos con forma feminina ou masculina. Exemplo: “Os pais e as nais” (BEN) fronte “Os pais” (MAL). 3. Evita escribir arrobas (@) para tratar de expresar ambos xéneros, xa que non se pode pronunciar. 4. Fai un uso axeitado da barra ao escribir. Exemplo: “Xefe/a”. fórmula correcta sería: “O persoal médico e de enfermaría do hospital”. Por que debo usar unha

linguaxe non sexista? Porque non é ser “políticamente correcto”, senón que se trata dunha cuestión de igualdade e xustiza social.

5. Utiliza os substantivos feminos das distintas profesións e cargos. Exemplo: “A avogada” (BEN) fronte “A avogado” (MAL).

Ferramentas que tÉs á túa disposición A linguaxe, como denominamos ás persoas e cousas, é fundamental para eliminar os estereotipos sexistas da nosa sociedade. Agora a cuestión é: como o fago?, aconsellámosche tres ferramentas principais:

totalmente válidos. Trátase da opción máis recomendable, tanto para a linguaxe oral como escrita. Exemplos: “os alumnos” (MAL) fronte a “o alumnado” (BEN/; “os traballadores” (MAL) fronte “a clase traballadora” (BEN).

1- Utiliza xenéricos. No noso día a día abusamos do xénero masculino para referirnos a unha colectividade cando o noso idioma recolle termos xenéricos

2- Usa desdobramentos. Na escrita podemos optar polo dobre emprego de nomes con forma feminina e masculina. Exemplo: “os rapaces fixeron...” (MAL)

fronte “as rapazas e os rapaces fixeron...” (BEN). Esta opción non nos obriga a usar máis palabras. Exemplo: “Os traballadores e as traballadoras” pode substituirse por “a clase traballadora” ou por “as e os traballadores”. Ademais, é aconsellable alternar o feminino e o masculino para non colocar sempre un xénero antes co outro. O que semella algo inocente non é tal, xa que se cita primeiro o máis importante.

3- Emprega as barras (/) como última opción. A escrita ofrécenos tamén a posibilidade de usar a barra para visibilizar ambos xéneros: empregado/a, usuaria/o, do/a titular... Un costume do whatsapp e das redes sociais é utilizar a arroba (@) para referirnos a ambos xéneros. Porén non é aconsellable xa que non é un signo lingüístico que se poida pronunciar, polo que non é válido para a linguaxe oral.

Revista Altamira | 3


REPORTAXE

As previsións máis optimistas sitúan a creación da nova depuradora de Santiago no 2023

Quen contamina paga? Dúas décadas de verquidos no río Sar A política de medioambiente da Unión Europea plásmase nos artigos 11, 191, 192 e 193 do seu Tratado de Funcionamento e baséase nos principios de cautela, prevención, corrección da contaminación na súa fonte e quen contamina paga. Este último principio de “quen contamina paga” aplícase a través da Directiva sobre Responsabilidade Medioambiental (DRM) para previr ou poñer remedio aos danos medioambientais causados a especies protexidas e hábitats naturais, a auga e o chan. Esta é, cando menos, a teoría. Mais a práctica non só está moi lonxe deste futuro idílico senón que, como en moitas outras cousas da vida diaria, a lei semella que ás veces se dedique a perseguir os temas miudos mentres fai a vista gorda ante os grandes problemas. Este é o caso dos frecuentes verquidos que sofre o río Sar que, a pesar de ser unha zona de protección especial incluida na Red Natura como parte do LIC sistema fluvial Ulla-Deza, sofre agre4 | Concello de Brión

sións medioambientais día si e día tamén debido a imposibilidade técnica de que a depuradora da Silvouta, a máis antiga das sete grandes cidades galegas, sexa quen de depurar todas as augas que lle chegan dunha poboación de máis de 100.000 persoas. Algo que coñecen ben os veciños e veciñas de Brión, en especial os da parroquia de Bastavales, e do veciño concello de Ames. Unha situación

que confirman tamén os informes científicos. Por exemplo, biólogos da Universidade de Santiago de Compostela elaboraron un estudo sobre os compoñentes químicos que aparecen nos ríos galegos e no Sar detectaron altas doses de substancias como o ibuprofeno e restos de medicamentos. Outras análises físico-químicas das augas do Sar aprecian un elevado contido de nitritos, alta condutividade e redución do osíxeno en resolu-

ción. E, cando os verquidos de Compostela se incrementan, detéctanse concentracións moi altas de amonio, fosfatos e sulfatos. Que provoca todo isto? A desaparición de moitas das especies no Sar e unha degradación deste espazo natural. Hai décadas que Santiago precisa dunha nova depuradora, pois a da Silvouta ten máis de trinta anos e, a pesar das distintas actuacións de

As instalacións da Silvouta son as máis antigas en funcionamento das sete cidades galegas


REPORTAXE mellora realizadas nos últimos anos, o certo é que incumple todo tipo de normativa medioambiental, tanto autonómica como europea. A razón? Simple, Silvouta non ten capacidade para limpar toda a auga que lle chega de Santiago, polo que o excedente de auga contaminada que non pode tratarse remata no río. E cando chove é peor, xa que só se depura o 50% dos residuos que chegan á instalacións.

tres casos máis graves como a contaminación do río Sar, que repercute ademais na vida social e económica da nosa veciñanza, pasan sen sanción algunha”. Neste sentido, o rexedor explica que “non é a nosa intención pedir que sancionen ao Concello de Santiago, pero non entendemos que verter auga sen depurar ao río Sar saia de balde mentres que aos pequenos concellos nos enchen de sancións”.

Entón, e retomando o principio de quen contamina paga, un pode supoñer que o Concello de Santiago terá sido multado en máis dunha ocasión por esta realidade. Nada máis lonxe da realidade. O certo é que todo quedou ata o momento en advertencias de sanción por parte da Unión Europea, que aceptou como eximente as obras de mellora acometidas no 2014. Unhas obras nas que AcuaEs, entidade dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, recoñecía textualmente estes verquidos ao asegurar que os traballos “consisten en la implantación de un proceso de tratamiento para los caudales que en la actualidad se alivan por falta de capacidad de la EDAR”.

Pode que teña algo que ver o feito de que na construción da nova depuradora de Santiago participen as tres Administracións: Concello, Xunta e Estado. Os tres reuníronse en febreiro deste ano para revisar o anteproxecto da nova EDAR, redactado cinco anos antes (2012) e que, supostamente, ía ser asinado en xuño deste ano. Mais os problemas xurdidos polo emprazamento da nova depuradora no Souto poñen en cuestión mesmo esa data do 2023 para a súa posta en marcha.

Pero o máis surrealista é que este eximente é “a longo prazo” pois a contaminación do río Sar non só se vén repetindo nos últimos vinte anos, senón que seguirá reproducíndose cando menos durante outros seis máis pois “o máis realista é pensar que a nova depuradora de Santiago estará construída e en explotación a finais de 2022 ou principios de 2023”, apunta Aránzazu Vallejo, directora da sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España (AcuaEs). O alcalde de Brión, José Luís García, lamenta “a dobre vara de medir que hai neste tipo de cuestións medioambientais. Aos Concellos, a Xunta estanos a abrumar con multas cando o PH da auga sáese un chisco do marcado men-

Os veciños e veciñas de Quistiláns, Costoia e Framil xa entregaron no veciño concello de Ames 320 firmas para evitar a construción da depuradora no Souto. Respaldados pola Plataforma pola Recuperación do Sar, denuncian que o proxecto non só prexudica a súa calidade de vida, senón que pon en perido un dos bosques de ribeira ben conservados e restos arqueolóxicos como a calzada, petroglifos ou a Ponte da Cabrita, que preci-

A páxina web de AcuaES sitúa a futura depuradora de Santiago na provincia de Pontevedra

Na última reunión das tres Administracións sobre a EDAR do Souto, a directora de AcuaES situou a instalación en 2023

samente está pendente dunha solicitude para ser catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC), o que suporía un serio problema para a implantación da EDAR nestes terreos. De feito, a día de hoxe, o proxecto está no Ministerio de Medio Ambiente e debería ser asinado durante este mes de setembro. A razón? Porque a financiación do proxecto

procede nun 80% de fondos procedentes da Unión Europea para o período 2014-2020 (máis tres anos de prórrgoga) e non rematar a depuradora en tempo podería poñer en perigo a percepción destas axudas. Así as cousas, o único certo é que o noso benquerido Sar seguirá sendo unha esterqueira durante os próximos 6 anos, sen que ninguén pague por iso.

Emprazamento da nova EDAR do Souto

Revista Altamira | 5


ACTUALIDADE OBRAS DE MELLORA

O Concello realizará melloras no polideportivo, na biblioteca e na piscina de Bastavales Investirá máis de 46.000 euros e as obras estarán rematadas antes de finais de ano O Concello de Brión investirá máis de 46.000 euros nun proxecto para acometer diversas melloras no polideportivo municipal de Pedrouzos, na piscina de Bastavales e na biblioteca municipal. Unhas actuacións que teñen un prazo de execución de 2 meses, polo que estarán rematadas antes de finais de ano. As obras máis importantes acometeranse na piscina de Bastavales, onde o seu vaso presenta fisuras e perdas de auga propias da antigüidade da instalación. Por iso, o Concello vai proceder á impermeabilización do vaso e aproveitará tamén para mellorar os seus bordes instalando un novo firme con pedra artificial antideslizante con granito e cemento branco, para maior seguridade dos e das bañistas. Ademais, mellorarase a insta-

lación eléctrica da depuradora e a do interior do vestiario, con novos puntos de luz e alumeado de emerxencias. No caso do polideportivo municipal de Pedrouzos, vaise acondicionar o interior dun dos seus baños para poder facilitar o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, procederase á impermeabilización do zócalo en todo o seu perímetro, xa que é demasiado poroso e está a facilitar a entrada de auga, sobre todo no lado leste. Por último mellorarase o alumeado da biblioteca, onde as lámpadas están a demasiada altitude. A actuación consistirá en suspender as luminarias a unha distancia axeitada para garantir un bo nivel lumínimo para as persoas que utilizan esta instalación.

MANTEMENTO

Melloras na distribución interna dos inmobles da unitaria dos Ánxeles e da Escola Municipal de Música Como todos os veráns, as Brigadas Municipais de Brión aproveitan as vacacións escolares para realizar distintas actuacións e melloras nos distintos centros escolares. Nesta ocasión, as actuacións máis importantes tiveron lugar na Escola Municipal de Música, onde se levou a cabo unha redistribución interior que permite que este curso conten cunha aula máis, e na unitaria dos Ánxeles, onde se fixo o procedemento contrario. “Uníronse dúas aulas para conseguir unha máis grande por petición da

6 | Concello de Brión

comunidade educativa”, explica a concelleira de Ensino, Yolanda Bouzas. A maiores tamén se realizou unha limpeza en profundidade e actuacións de mantemento nas unitarias dos Ánxeles e no CEIP de Pedrouzos. Así mesmo, na gardería cambiouse o pavimento dunha das aulas e se realizaron pequenas intervencións. “Nos próximos meses imos instalar unha caldeira na unitaria dos Ánxeles e unha estufa de pellets na Luaña”, adianta Yolanda Bouzas.


ACTUALIDADE OBRAS

Acordo coa veciñanza para anchear cinco quilómetros da DP-1301 A colaboración veciñal permitirá mellorar a seguridade desta estrada dende o cruce de Vilar ata o desvío á Festa do Cabalo

do Cabalo”, explica José Luís García. As obras que está previsto acometer consistirán na ampliación da plataforma da

calzada da DP-1301, o que suporá unha mellora para a seguridade viaria tanto dos numerosos vehículos como dos peóns que circulan a diario por esta estrada.

MELLORAS

O Concello mellora os accesos ás aldeas de Ons de Abaixo, Salaño Grande, Nináns e Bemil O Concello de Brión vén de investir este verán un total de 85.536 euros na reparación das pistas de acceso ás aldeas de Ons de Abaixo e Salaño Grande, así como ao longo do denominado “Camiño Francés”. Unhas pistas de zahorra onde as brigadas municipais procederon a realizar unha limpeza da superficie, abrir e limpar as cunetas e repoñer a zahorra compactada. Unha actuación que foi posible realizar grazas á maquinaria dispoñible nas cuadrillas de obras do Concello (motoniveladora, co novo ciclindro compactador, retroexcavadora, pala car-

Investimento de case 40.000 euros nas beirarrúas dos Ánxeles e Bastavales O Concello de Brión investiu un total de 37.598 euros nas obras de conservación e mantemento de beirarrúas no municipio, concretamente nos tramos entre San Salvador de Bastavales e Chave de Ponte e entre Pérros e Os Ánxeles. Unhas actuacións que o Concello realiza de xeito periódico para minorar e solventar o desgaste que sofren estas infraestruturas ao longo do tempo simplemente polo seu simple uso.

As obras de ancheamento da estrada DP-1301, entre o cruce de Vilar e o desvío principal que leva á explanada onde se celebraba a Festa do Cabalo, comezarán en breve. Así o confirma o alcalde José Luís García despois do encontro mantido a finais de agosto cos veciños e veciñas da zona, que amosaron a súa total colaboración con este proxecto de mellora da seguridade viaria. “Teño que dicir que non houbo ningún tipo de problema por parte da veciñanza e que o acordo foi total. Espero que as obras poidan comezar canto antes porque nos permitirán mellorar uns cinco quilómetros de estrada, dende o cruce de Vilar ata o desvío á pista que levaba ata a a Festa

MANTEMENTO

gadora, excavadora, camión con guindastre e camión basculante con cisterna para o rego asfáltico), así como pola experiencia do persoal de obras, polo que o gasto principal foi só o material empregado. Aínda que o plan de obras incluía un prazo de execución de catro meses, o bo tempo permitiu executalas durante o verán. Por outra banda, o Concello investiu outros 36.842,47 euros na compra de materiais para a execución de dúas obras incluídas no Plan Único de Concellos (POS 2017) da Deputación Provincial da Coruña para o mantemento e mellora de

pistas municipais. Un investimento que permitiu mellorar os accesos ás aldeas de Bemil e de Nináns. A diferenza doutros municipios, nos que os cartos do Plan Único van destinados á contratación de empresas que acometan os traballos, Brión dispón dunha cuadrilla de obras que lle permite acometer estas obras con persoal propio e só sacar a licitación o contrato de subministro dos materiais precisos para as obras, neste caso a través de Mibasa, Minas de Bandeira SA. Así, cos mesmos cartos, pódense arranxar moitos máis quilómetros de pistas.

E é que o simple paso do tempo supón un importante deterioro para as beirarrúas que é preciso solventar cunha actuación de limpeza xeral, que permita eliminar tanto a vexetación como a suciedade acumulada. Así mesmo, procedeuse ao levantamento e reposición daquelas baldosas e bordillos que se atopaban en mal estado. As obras foron levadas a cabo por dous albaneis e un peón das Brigadas de Obras municipais, o que permitiu actuar sobre un maior número de metros de beirarrúas ca o que sería factible de ter adxudicado o proxecto a unha empresa externa a través dunha licitación pública. Unha tarefa na que, ademais da maquinaria dispoñible polas cuadrillas de obras, tamén aproveitaron para estrear a nova máquina varredora adquirida este verán polo Concello de Brión grazas a un convenio de colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. Revista Altamira | 7


ACTUALIDADE NOVA MAQUINARIA

A Brigada de Obras municipal incorpora un novo tractor con desbrozadora, unha apisoadora e unha varredora As máquinas incorporáronse este verán ás actividades de limpeza e mellora de pistas e accesos a aldeas grazas a un convenio de 125.000 euros asinado coa Deputación O alcalde José Luís García e o deputado responsable da Área de Cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinaron un convenio de colaboración para a adquisición dun tractor con desbrozadora de brazo, unha máquina apisoadora e unha máquina varredora. En total 125.000 euros de investimento en nova maquinaria para a Brigada de Obras de Brión, dos que 25.000 euros serán achegados polo Concello e o resto polo organismo provincial. Grazas a este acordo, dende este verán a nosa Brigada de Obras conta con xa estas tres novas máquinas traballando a pleno rendemento para a limpeza e mellora de distintas pistas municipais e accesos a aldeas. O primeiro en chegar foi o tractor, marca New Holland T4 modelo 115 Hilo, con desbrozadora de brazo, marca Agriduarte Tifermerc modelo 500 P-130, está a ser empregado nos labores

de desbroce de pistas municipais. Despois chegaron a máquina varredora, que durante este verán está a actuar principalmente nas parroquias

dos Ánxeles e Bastavales, lugares onde este verán tamén se acometeron actuacións de mantemento de beirarrúas. Así mesmo, a Brigada de Obras de Brión conta tamén cunha máquina apisoadora,

cun cilindro de catorce toneladas, e que será de especial utilidade á hora de acometer os bacheos e asfaltados de pistas municipais, onde gran parte dese traballo se tiña que facer manualmente.

VIOLENCIA DE XÉNERO

FORMACIÓN

Brión participará na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero “Quen dixo medo?”

A aula CeMIT de Brión abre o curso 2017/2018 ofertando dous cursos de Windows e PowerPoint

O Concello de Brión súmase á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero “Quen dixo medo?”, posta en marcha pola Deputación da Coruña. En concreto, o IES Brión acollerá o vindeiro 17 de outubro a actividade “Nas TIC mandas ti”, dirixida a alumnos e alumnas de 4º da ESO. Esta iniciativa pretende 8 | Concello de Brión

dotar ao alumnado das ferramentas para a prevención e detección de conductas abusivas, aditivas e violentas presentes nas tecnoloxías da información e a comunicación. Así mesmo, a través destas charlas, as alumnas e alumnos brioneses reflexionarán sobre cuestións como a autonomía, os bos tratos e o recoñecemento mutuo.

A aula CeMIT de Brión inicia o novo curso académico ofertando á cidadanía dúas novas accións formativas, de 20 horas de duración cada unha, destinadas á iniciación a Microsoft Windows e a Microsoft PowerPoint. O curso de iniciación a Windows terá lugar do 3 de outubro ao 7 de novembro,

en grupos de mañá e tarde, os martes e xoves de 10:30 a 12:30 h. e de 20:00 a 22:00 horas. O curso de PowerPoint impartirase do 2 de outubro ao 6 de novembro, os luns e mércores de 20:00 a 22:00 horas. En ambos casos a cota de matrícula é de 30 euros e a inscrición pode realizarse na Casa de Cultura de Brión.


ACTUALIDADE OBRADOIRO DE EMPREGO

Melloras na gardería e na unitaria da Luaña co obradoiro de emprego “RenovAmes-Brión II” Dirixido a menores de 30 anos, comezará a operar a finais de setembro e formará a 15 alumnos e alumnas durante seis meses

Os Concellos de Brión e Ames reforzan a súa colaboración en materia de emprego coa posta en marcha dun novo obradoiro, “RenovAmesBrión II”, que botará a andar a finais deste mes de setembro, toda vez que durante o verán se aproveitou para realizar a selección dos 15 alumnos/as traballadores e as 4 persoas que conformarán o equipo director do taller. Estará dirixido á colocación de equipamentos térmicos de biomasa e de mellora da eficiencia enerxética en varias instalacións municipais que, no caso concreto de Brión, suporán a mellora da eficiencia enerxética na escola dos Ánxeles e da Luaña.

O RenovAmes - Brión II vai ter unha duración de seis meses e formará a quince alumnos/as traballadores/as na especialidade de montaxe e mantemento de instalacións caloríficas. O alumnado traballador será contratado, baixo a modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe, coas particularidades que establece a disposición adicional primeira do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e o aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, e percibirán as retribucións que lle corresponden conforme á normativa vixente.

RENOVAMES-BION II

É un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas. Está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polos Concellos de Brión e Ames. Na súa primeira edición, este obradoiro de emprego posibilitou a instalación dunha estufa de pellets no local social dos Ánxeles e no local da Banda de Música Municipal de Brión. Así mesmo, tamen se acometeron melloras da eficiencia enerxética na Escola de Música e na Biblioteca Municipal mentres que se realizaron tarefas de mantemento nas unitarias de Bastavales, Os Ánxeles e Luaña, así como no centro social polivalente de Pedrouzos e no centro de saúde.

Revista Altamira | 9


ACTUALIDADE COMUNIDADE EDUCATIVA

O ensino dixital chega a Brión O IES de Brión e o CEIP de Pedrouzos foron seleccionados para participar no proxecto de Educación Dixital E-Dixgal O libro dixital chega a Brión. O IES de Brión e o CEIP de Pedrouzos son dous dos 60 centros que se suman ao proxecto E-Dixgal, cuxo obxectivo é favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación no desenvolvemento da actividade educativa. Así, ambos centros terán acceso dende este curso 2017/2018 a unha contorna virtual de aprendizaxe con contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No caso do IES Brión, o alumnado de 1º e 2º de ESO empregará diferentes materiais dixitais como referencia para o desenvolvemento curri-

cular das seguintes materias: Matemáticas, Lingua Galega, EPVA, Igualdade e Xénero, Programación, Educación en Valores e Relixión (1º da ESO) e Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Introdución ao Control e Robótica, Investigación e Tratamento da Información, Educación en Valores

PREMIO

O brionés Pedro Gronzo Aniceto, primeiro premio do duodécimo certame de pintura “Negreira en Cor” “A mirada da guerra”, de Pedro Gronzo Aniceto, alumno de 4º de ESO do IES de Brión, acadou o primeiro premio no duodécimo certame de pintura ¨Negreira en cor”, promovido polo Concello de Negreira e patrocinado pola Fundación Feiraco. Pedro conseguiu unha consola 3DS, que lle foi entregada pola primeira tenente de alcalde de Negreira, María Jesús Veiga Hortas, e polo concelleiro Jorge Tuñas Caamaño. O xurado elixiu a pintura do novo artista brionés por diante do local Julián Rey Temes, con “Tiroriro”, e a compostelá Rosalía Rey Couso, con “A Dama”, na modalidade de 13 a 18 anos do certame. Na modalidade de 6 a 12 anos houbo pleno feminino. A gañadora foi a nicrariense Laura Rodríguez Capeáns, con “3 peixes de estanque”, seguida polo “Pavo real” de Andrea Rial Canosa (Camariñas) e por “O gato do arco iris” de Lidia García Cerviño (Negreira). 10 | Concello de Brión

e Relixión (2º da ESO). No caso do CEIP de Pedrouzos, sumarase á iniciativa o alumnado de 5º e 6º de Primaria Paralelamente ao proxecto E-Dixgal, nacido como un proxecto experimental no curso 2014-2015, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica

de Galicia (Amtega) traballa na adquisición de ata 22.000 equipos portátiles para os vindeiros dous anos, destinados a alumnos e profesores de centros integrados neste programa e que, segundo os datos da iniciativa, ascenden a 154 colexios e 11.600 alumnos e alumnas de toda Galicia.


ACTUALIDADE ANIVERSARIO

Vinte anos non son nada... Máis de 200 persoas asistiron ao concerto polo 20 aniversario da Banda Municipal de Brión. Cantaba o gran Carlos Gardel aquilo de que vinte anos non son nada... e algo de razón debe de ter, a xulgar polo ánimo que lle puxeron antigos e actuais músicos da Banda Municipal de Música de Brión ao seu concerto co gallo do vinte aniversario da creación da entidade. Unha cita que reuniu a máis de duascentas persoas nunha contorna ideal para a música: a carballeira de Santa Minia, onde se non?.

riencias vividas nestes anos mesturáronse cos agradecementos a todos os músicos que pasaron pola agrupación nun discurso do máis emotivo.

Durante o concerto, que durou unha hora aproximadamente, interpretáronse diversas pezas musicais que permitiron facer unha repaso polos 20 anos de historia da banda. Entre as máis antigas, retomouse o pasodobre Panxoliña, que se combinou “Foi unha xornada moi especial e unha experiencia moi gra- cunha das últimas integracións no repertorio da banda: a samtificante para todos nós. O público estaba moi entregado e ata ba Holiday in Río. No faltaron na actuación as xotas, muiñeiras, pedíu varios bises”, comenta o director da Banda Municipal de cumbias e mesmo unha peza en homenaxe a Nino Bravo. Brión, Jorge Rey, moi satisfeito pola gran acollida que tivo a celebración. Antigos membros e actuais músicos uníronse para A xornada finalizou cun almorzo de confraternidade no que interpretar pezas coas que se fixo un percorrido pola historia participaron tanto os membros da Banda Municipal de Brión, desta agrupación. antigos e actuais, coma moitos veciños e veciñas que non quixeron perder a oportunidade de compartir unha xornada diferente A outra batuta da xornada manexouna Cristina Negreira, xor- en torno á música. “Ogallá non tardemos tantos anos en facer nalista integrante da banda que falou da evolución da agrupa- outro encontro destas características”, conclúe Jorge Rey, actual ción ao longo das dúas últimas décadas. As anécdotas e as expe- director da Banda de Música.

q

Os músicos da Banda Municipal ofreceron un concerto, antes do almozo de confraternidade, de unha hora de duración no que se interpretaron pezas mais antigas e outras moito mais novedosas como unha homenaxe a Nino Bravo

O día acompañou e o numeroso público asistente puido disfrutar dun maravilloso concerto ofrecido pola Banda de Música Municipal ao aire libre na Carballeira de Santa Minia que serviu de escenario natural

Revista Altamira | 11

q


BRIONESES

MANUEL REBOREDO SUÁREZ, veciño de Gronzo retornado de Venezuela

“Fun a Venezuela buscando un futuro, tíveno e expropiáronmo” A historia de Manuel Reboredo Suárez (Gronzo, 1934) comeza como a de moitos outros veciños e veciñas de Brión que tiveron que emigrar na busca dun futuro. E, como adoita ser nestes casos, a súa é unha desas historias de traballo, traballo e máis traballo. Mais o que diferencia a vida de Manuel da de outros moitos emigrantes retornados do municipio é o modo no

que tivo que volver: obrigado a deixar en Venezuela o froito do traballo de case 60 anos porque un rexime político así o decidiu. “Fun a Venezuela buscando un futuro e tiveno, pero expropiáronmo”, explica Manuel, que agora se atopa en terra de ninguén pois o goberno Maduro cortoulle a pensión e o goberno Rajoy “fala moito, pero non soluciona nada”.

- Cando e por que decidiu marchar de Gronzo? - Marchei en 1954 porque aquí non había traballo e un veciño meu reclamoume para ir a Venezuela. Tiña 19 ou 20 anos.

nese hotel. Despois fun ao centro de Caracas para un negocio dos meus primos: un restaurante. O certo é que o meu traballo estivo sempre ligado aos restaurantes. De feito, eu volvín pero a miña filla segue tendo o negocio en Venezuela. Eu estiven oito anos con meu primo e despois marchei ao restaurante máis famoso de carne de todo Caracas, un americano no que estiven trece anos traballando. Eran moi boa xente.

de gando cun socio que, ao final, foi a miña pena.

- Por que deixa o emprego? - Eu tiña uns aforros e montei un negocio con Leoncio Hernández na rúa Las Mercedes: “La Albacora”. Despois cambieille o nome por “Las cuevas del guanche” xa que o meu socio era canario. E tivo moita fama. E como tiña cartos, comprei unha finca

- E aí comezou o seu propio calvario... - En certo modo. E iso que era unha finca moi boa e cun gando moi bo. Pero foi á quebra e tiven que abandonalo todo. Eu seguín en Caracas cun negocio en Puerta de Alcalá, onde seguín corenta anos traballando.

- Que impresión lle causou Venezuela a un mozo de Brión? - A miña vida foi sempre traballar e traballar. Reclamáranme “Os Piñeiros” (José María e Ramón Piñeiro, veciños de Brión tamén emigrados en Venezuela) e o primeiro traballo foi con pico e pala. Aos dous meses leváronme a traballar como axudante de camareiro nun dos mellores hoteis de Caracas: o Ambassador. - Sempre viviu en Caracas? - Os 59 anos e medio que estiven fóra sempre foi en Caracas e traballei dous anos e medio 12 | Concello de Brión

- Non foi ben o negocio? - Chegamos a ter 330 cabezas de gando pero, cando me quixen dar conta, os socios abandonáranme e non podía atendelo. Eu pagaba o que houbese que pagar dende Caracas, aos empregados... todo. Pero non vía o que pagaba porque a finca estaba en El Calvario, a trescentos quilómetros.

- Vexo que era todo un home de negocios. - Aínda así conseguín volver xuntar un aforros e, con outros catro socios, comprei un edificio. Vendémolo e déronme un cheque con 100.000 dólares. E estamos falando de hai pouco máis de 20 anos. Tróuxenos aquí e metinos no Banco Mercantil. Pero despois xurdiume un negocio: un restaurante canda a petroleira máis grande de Sudamérica. Monteino co meu fillo, en paz descanse, e cheguei a ter 38 empregados. Tiñamos tanta xente que incluso había que reservar mesa para comer. Eran 300 ou 400 comidas ao día. Pero chegou Chaves... - E que pasou? - Que chaves empezou a meterse. Un día, era antes das dez


BRIONESES da mañá e eu estaba cos meus empregados. De súpeto chega un camión da Guardia Nacional con 20 guardas nacionais e o alcalde. Só me dixeron: “recoja sus cosas, esto queda expropiado”. A sorte que tiveron foi que non tivera unha pistola enriba, sobre todo o alcalde. Non me deixaron levar nada. Tiven que marchar a casa e buscar avogado, pero non serviu de nada. Non había nada que facer.

seu caso? - Tiven a miña pensión durante un tempo, pero suspendéronma dun día para outro. Fun informarme e dixeronme que Venezuela decidira suspender o pago. Atopeime sen pensión nin de Venezuela, nin de España. Menos mal que tiven a axuda dos Servizos Sociais do Concello de Brión, creo que nunca poderei agradecer suficientemente todo o que me teñen axudado.

- E por que vostede? - Era un restaurante onde ían moitos americanos. Como dixen, 300 ou 400 comidas ao día. E alí quedou todo: os meus papeis... non puiden sacar nin un cuberto, nin un prato.

- Non ten dereito a ningún tipo de prestación en España? - Teño pendente un xuizo pola pensión porque eu paguei impostos polos terreos que tiña a miña familia aquí, pero de momento nada de nada. Por sorte, no departamento de Servicios Sociais de Brión buscáronme un avogado que se encarga de defenderme e xa enviou unha carta aos tribunais para dicirlles que, cando menos, teño dereito a unha pensión mínima.

- É entón cando decide volver a Brión? - Tiven incluso varias chamadas ameazantes relacionadas co entorno do alcalde. Falei coa miña filla e aconselloume volver a España para non ter problemas e sacoume o billete. O 28 de setembro de 2012 cheguei a Brión, só e con 100 euros no peto que me deu a miña filla. Do banco? Cero. Rexistráronme todo. - Pero a súa filla volveu a Venezuela. Que lle conta da situación actual? - (Sorrí) Esta noite falarei con ela. A cousa está moi mal. Ten un restaurante moi grande e dos bos en Caracas pero dime que non hai nada para vender. Un país que tiña os mellores whiskys do mundo, resulta que agora non ten nada, só algo de ron e xenebra. Dime que nin se me ocorra volver. O Estado apropiouse de todo. Non hai carne e, a que hai, vai fóra do país porque quen pode pagar 20.000 bolívares pola carne? (arredor de 1.700€) - Porén sempre se dixo que Venezuela era un país rico... - Tiña bauxita, tiña ouro... Venezuela é un dos países máis ricos que ai pero entraron estes desgraciados... - Temos entendido que vostede é un deses emigrantes retornados que quedou sen pensión. Pode contarnos como foi o

- Estamos falando do mesmo Goberno de España que utiliza Venezuela como escudo diante de calquera crítica? - O Goberno de España non fai nada pola xente que está aquí retornada. E iso que moitos dos cartos de Venezuela se investiron en España. Pero o certo é que falan moito pero no solucionan nada. Eu paguei impostos aquí pero non me recoñecen nada. Só conto cos Servizos Sociais de Brión, que me axudan e me conseguiron cousas tan importante como, por exemplo, que non teña que pagar polas medicinas. - Que pensa cando ve que Venezuela é utilizada como arma arroxadiza no debate político en España? - Vólvome tolo vendo os debates que hai na televisión, porque eu sei o que pasa alí. Sei o que me conta a miña filla e dame moita pena. A miña prima tivo que volver tamén hai uns días porque aló non se pode vivir. Non hai para comer e, aínda que teñas cartos, non podes traer nada. Por exemplo, só che deixan sacar 30.000 bolívares ao día. Iso é o que custan uns polos. Como queren que con iso poidas pagar aos teus traballadores? É

imposible. Os bancos non teñen cartos e non che deixan sacar nada fora. Todo está inmobilizado, non se pode facer nada. Non hai seguridade. Á miña filla roubáronlle dúas veces nos últimos quince días. É un perigo estar aló. Se houbera quen comprara o negocio... Sei que a outra opción é pechalo, pero pechalo despois de 40 anos... doe moito. - Que persoas da súa familia quedaron en Caracas? - A miña señora, a miña filla e dous netos. Están desexando volver a España pero o problema é o diñeiro e o negocio. Non hai quen queira comprar. Quen vai investir en Venezuela coa situación actual? Eles están desexando volver. Antes tiñamos de todo no restaurante: angulas, percebes... o que quixeras. Agora, non hai nin espaguettis. - Pensa que pode haber unha solución diplomática? - Ten que habela pero todo pasa pola saída de Maduro. O problema é que non pode ir a ningures. Nin en Cuba o queren, só lle debe quedar Rusia ou Corea do Norte. Pero eu teño a esperanza de que, dunha forma ou outra, Maduro saia. Espero poder velo. - Están as cousas peor ca con Chaves? - Si. E iso que para min Cha-

ves foi a miña perdición. Expropioume un negocio de moitos millóns pero recoñezo que se vivía mellor con el ca con Maduro. Cando menos ías ao supermercado e atopabas para comer. Agora non se consegue nin café. Custa 30.000 bolívares. Quen vai poder tomar un café con eses prezos? Por iso non aguantei máis e vin aquí. Os Servizos Sociais de Brión axudaronme moito, planto as miñas verduriñas... - Foi o seu un caso algo excepcional en Venezuela? - Non, coneñezo varios casos aos que tamén expropiaron, incluso algún de veciños de Brión. - Que sinte despois de tantos anos de traballo sen froito? - Choro cando penso en Venezuela. Traballei toda a vida. Saía dun traballo e ía a outro. Sábados e domingos, sempre traballando. E de non ser por esta desgraza aínda estaría aló. Non me plantexara volver a Brión. E pensar que tiven a oportunidade de vender o negocio a uns portugueses que o pagaban en España... - Marchou dunha dictadura e atopouse con outra... - Eu por sorte non tiven ningún problema aquí pero, si, fun a Venezuela buscando un futuro e tiveno, pero expropiáronmo. Quedei sen nada, case na ruína.

Manuel Reboredo e a súa prima Marisel Pérez Iglesias, recén retornada de Venezuela Revista Altamira | 13


SERVIZOS SOCIAIS

FESTA

A XXIX Festa dos Maiores de Brión abre un mes de setembro cheo de actividades no municipio Medio milleiro de persoas participaron no xantar celebrado no polideportivo municipal Medio milleiro de persoas participaron o pasado domingo 3 de setembro na edición número 29 da Festa dos Maiores de Brión, unha das máis antigas que se celebran en Galicia. O tempo acompañou, o que fixo que o baile de fin de festa se estendera ata ben pa14 | Concello de Brión

sada a tarde xa que non foron poucos os veciños e veciñas que se animaran a botar unhas bailas. O Concello puxo a disposición dos maiores que o solicitaron uns autobuses para recollelos polas distintas pa-

rroquias. A festa estivo presidida polo alcalde de Brión, José Luís García, que foi o encargado de dar a benvida a todos os participantes. Despois celebrouse unha misa que deu paso ao tradicional xantar de confraternidade no pavillón polideportivo de

Pedrouzos, onde cada un dos 476 veciños e veciñas de Brión maiores de 65 anos que participaron na festa recibiron un agasallo conmemorativo. A música correu a cargo dun grupo de gaitas da Asociación Xoldra de Folclore Tradicional, de Rois.


CULTURA E DEPORTES PISCINA CUBERTA CLIMATIZADA MUNICIPAL

A piscina municipal de Brión ampliará a súa oferta de actividades para o curso 2017/2018 As instalacións locen a nova marca, BeOne, e os seus responsables planean facer unha zona de adestramento para carreiras de obstáculos

Algo máis ca un cambio de nome. O concelleiro de Deportes, Jesús Quintela, e o técnico de Deportes, José Manuel Trigo, visitaron da man da directora da piscina municipal de Brión, Silvia Fadeville, o complexo deportivo para a presentación da nova marca da empresa Aquafit: BeOne. Unha nova marca coa que a compañía concesionaria xestionará a partir de agora a piscina municipal brionesa. Un cambio que non suporá incremento algún no prezo dos abonos pero que permitirá ampliar a oferta de actividades para o curso 2017/2018. “Teremos máis actividades,

sobre todo actividades gratuítas para aqueles que teñen o abono familiar”, adianta Silvia Fadeville, quen anuncia tamén que se buscarán sinerxias coas outras dúas instalacións que xestiona BeOne na comarca, na Ramallosa (Teo) e Bertamiráns (Ames), tanto á hora de organizar actividades como de poder acceder ás instalacións. Así mesmo, Silvia plantexoulle ao concelleiro de Deportes brionés a posibilidade de construír unha zona de adestramento na parcela anexa á piscina municipal de Brión para preparar probas como a “Heroican Race”, unha carreira de obstáculos na que os parti-

cipantes poñen ao límite a súa pericia, destreza e valor. De feito, mesmo xa hai unha actividade dirixida a nenos e nenas sobre esta cuesión: “Heroican kids”. O concelleiro amosouse moi interesado en poder organizar no futuro unha proba semellante en Brión e ofreceu toda a súa colaboración. Outra das novidades desta tempada vai enfocada á conciliación da vida laboral e familiar. “Habilitaremos unha zona de xogo para os nenos e nenas para que os pais poidan nadar con tranquilidade”, explica Silvia, quen adianta que esta proposta “estará dispoñible nalgúns horarios”.

O grupo galego Serviocio/BeOne xestiona a piscina municipal de Brión tras adquirir a empresa Aquafit, que dirixía este centro deportivo dende 2011. Seis anos nos que estas instalacións convertéronse nun referente da actividade deportivo en Brión, animando ás familias do municipio a facer deporte dunha maneira saudable e coordinada por técnicos profesionais. A piscina municipal de Brión convértese deste xeito nun novo Centro BeOne, un cambio que vai máis aló do nome comercial e que supón unha evolución nos protocolos de traballo e no servizo aos socios cara a innovación e a pesonalización. Aplicaranse novas políticas de xestión e organización cun obxectivo: a proximidade e o benestar dos usuarios e as súas familias. A piscina municipal de Brión é un dos 18 centros que o grupo Serviocio/ BeOne xestiona en Galicia. No resto de España, esta empresa radicada en Carballo suma 35 centros e dá servizo a máis de 160.000 usuarios e usuarias. Revista Altamira | 15


CULTURA E DEPORTES ROMARÍA

Preparados para catro días de Santa Minia O espectáculo “Son galego, Son cubano”, os fogos de artificio e os actos propios do 27-S, principais atractivos da festa Coa programación das Festas de Santa Minia a piques de saír para a imprenta, Altamira adiántache o que serán as festas deste ano que, a diferenza de edicións anteriores, extenderanse ao longo de 4 xornadas: do sábado 24 ao mércores 27, día grande. O Concello de Brión ten preparado un programa cultural e festivo moi variado e para todos os gustos que che convidamos a descubrir.

O cartel volve ser creación do artista Xosé Vizoso

As orquestras volverán encher a carballeira

As charangas amenizarán os catro días da Romaría 16 | Concello de Brión

A música será a gran protagonista do domingo 24. Tras a actuación da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón (13:00 h.), a partir das 18:00 horas a Praza do Concello acollerá o Festival de Bandas de Música Populares, coa participación da Banda Ateneo de Negreira, Banda de Música de Arca (O Pino) e a Banda de Música Municipal de Brión. Ao rematar, a iso das 20.30 horas, procederase ao acendido do alumeado na carballeira, acompañado coa música de “Os do fuelle” (Maceda) e da Charanga BB+. O luns 25 terá lugar un dos pratos fortes desta edición: o concerto-espectáculo de Roi Casal “Son galego, Son Cubano” (22:30 h.), do que che falamos máis amplamente nesta mesma revista. Previamente, ás 17:30 horas Isla Letriska presentará “Letriska Inmobile”, un espectáculo familiar de circo e clown; e ás 18:30 horas actuará o grupo folk Peta Forte. O martes 26 a Charanga Mekánica encargarase de amenizar tanto a mañá como a tarde. Ás 17:30, novo espectáculo de maxia e clown: “Laboratorio Máxico”, de Cía La Mandarina; e ás 19:00 horas actuación de Os Monifates. A verbena noc-

turna correrá a cargo das orquestras “Charleston big band” e “Aché”, que ás 0:00 horas darán paso á tradicional sesión de fogos de artificio e queima da fachada. O mércores 27, Día de Santa Minia, contaremos coa música da Charanga Os Celtas; á que se sumarán a agrupación “Tíralle do aire” de Negreira (12:00 h) e as escolas tradicionais de baile e pandeireta de Brión (19:30 h). A sesión vermú correrá a cargo da orquestra “Trébol”, que tamén amenizará a verbena nocturna canda “Cinema”. Ás 17:30 horas, o Mago Teto representará “O afiador”, un espectáculo de maxia para toda a familia. No que atinxe aos servizos relixiosos, o Día Grande haberá misas cada hora entre as 9:00 e as 12:00 h. e entre as 17:00 e as 20:00 h. na reitoral fronte á capela de Santa Minia. A misa solemne comezará ás 13:00 horas. Na avenida de Santa Minia, que estará cortada ao tráfico, haberá uns 150 postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, xeados... Durante os tres días instalaranse a pé da carballeira cinco polbeiros e na contorna da carballeira estarán instaladas distintas atraccións para os máis pequenos: carruseis, coches de choque, inchables... O operativo disposto polo Concello para velar pola seguridade e comodidade dos romeiros estará integrado por unha vintena de efectivos, entre membros de Protección Civil e Policía Local. Haberá habilitadas zonas de aparcamento de balde. Que desfrutedes a festa!


CULTURA E DEPORTES MÚSICA

Roi Casal achegará os sons galegos e cubanos a Brión “Son galego, Son cubano” é un espectáculo que homenaxea a Neira Vilas, que traballou nas súas letras ata a súa morte en 2015, e á emigración galega en Cuba “O achegamento entre os pobos irmáns de Galicia e de Cuba fortalécense ainda máis coa música e as cancións de Roi Casal”. Así falaba Xosé Neira Vilas do espectáculo “Son galego, Son cubano”, no que traballaron conxuntamente o artista galego Roi Casal e o propio escritor de Gres ata a morte deste último en 2015. Un concerto que está considerado como unha homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida. Aínda que o propio Roi Casal considera que o proxecto “hai moito tempo que deixou de ser un traballo de Neira Vilas e Roi Casal” para pasar a ser “un proxecto de país”. Algo que poderán comprobar as veciñas e veciños de Brión que se acheguen pola carballeira de Santa Minia o próximo luns 25 de setembro, ás 22:30 horas. Unha actuación organizada polo Concello de Brión e a Deputación da Coruña, polo que será de entrada libre e de balde, e que

estará encadrada no programa de festas da Romaría de Santa Minia 2017. Dúas horas de espectáculo nas que a veciñanza de Brión desfrutará tanto das letras compostas por Neira Vilas como dos comentarios sobre o escenario de Roi Casal, quen considera este proxecto como

“unha lección maxistral da nosa historia, moi descoñecida”. Uns temas que a bo seguro conmoverán a todos os presentes, en especial a aqueles que viviran na illa. “Son galego, Son cubano” é un gran espectáculo presentado no Gran Teatro da Habana en maio de 2016 e que,

dende entón, está a realizar unha xira por distintas vilas e cidades do país, onde xa foi visto por máis de 50.000 persoas na xira de 2016. Un proxecto xurdido en 2014 por iniciativa da produtora cubana Cary Diez, quen quería poñer en marcha un proxecto que puxera en valor a histórica relación entre Galicia e Cuba.

MONICREQUES

A Carballeira de Santa Minia acollerá o IV Festival Monecadas do 15 ao 17 de setembro Os monicreques volven á Carballeira de Santa Minia co IV Festival Monecadas, que organizan o Concello de Brión e Titiriteiros da Comarca, e que ofrecerá un obradoiro infantil e tres actuacións das compañías A Xanela do Maxín, Títeres Alakrán e Mircromina Teatro de Títeres. Todas as actividades son de balde. Comezamos forte o venres 15 de setembro, cunha sesión dobre. Ás 18:00 horas, A Xanela do Maxín impartirá un obradoiro de monicreques e ás 19:30 h. Mircromina Teatro de Títeres representará “Vacacións

no mar”, espectáculo de títeres de guante que combina o tradicional estilo da cachiporra cunha temática adaptada a un público familiar. O sábado 16, A Xanela do Maxín porá en escea “A Caixa de Nuk”, un espectáculo dirixido a maiores de 3 anos cunha historia chea de maxia, tenrura e amor nun mundo cheo de trasgos, fadas e dragóns. O domingo 17, o “Circo Galaico” de Títeres Alakrán pechará o festival cun espectáculo que combina o mundo do circo e dos monicreques. Ambas actuacións terán lugar ás 13:00 horas. Revista Altamira | 17


CULTURA E DEPORTES REDE CULTURAL

Oviravai 5 actuará o venres 6 de outubro ás 19:00 horas

O teatro, gran protagonista da programación cultural do último trimestre do ano A Rede Cultural da Deputación colabora en nove das dez actuacións culturais programadas, á que se suma a Xunta de Galicia co programa “Ler conta moito”

Concerto didáctico de Odaiko Percussion Group, o 20 de outubro

Á espera de contar coa programación especial do Nadal, que che contaremos no vindeiro número, dende Altamira imos ofrecerche un adianto da programación cultural do últimos tres meses do ano, que inclúe ata dez actividades. Unha interesante programación que comparte dúas cousas: a entrada será totalmente gratuíta e que todas as actividades se desenvolverán

no salón de actos do centro social polivalente. Nove das dez accións culturais programadas polo Concello de Brión contan coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, a través da súa Rede Cultural; mentres que o contacontos de Celtia Figueiras, que traerá a Brión os seus “Contos de Outono” o 24 de outubro para conmemorar

Redrum Teatro presenta “A nena que quería navegar” o 27 de outubro

Os contos de Celtia Figueiras volverán a Brión o 24 de outubro

“Terapia de bar” do Aturuxo de Melpómene. Sábado 28 de outubro

Ensaio de “Romeo e Xulieta”, de Teatro Airiños, para o 4 de novembro

18 | Concello de Brión


CULTURA E DEPORTES o “Día das bibliotecas”, conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa “Ler conta moito”. O teatro será o gran protagonista da programación cultural brionesa, con ata seis representacións previstas tanto de compañías profesionais como de teatro afeccionado. As outras tres actividades restantes son espectáculos musicais dirixidos a un público infantil e familiar, como os que abrirán a programación do mes de outubro. O venres 6, ás 19:00 horas, a compañía Oviravai 5 presentará “Vaioviravai”, unha obra de teatro musical infantil elaborada canda un grande equipo de traballo procedente da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. E o xoves 20 de outubro, ás 19:00 horas, uns vellos coñecidos como Odaiko Percussion Group con “Invención”, un repaso aos grandes inventos do ser humano ao longo da historia. Redrum Teatro porá en escea o venres 27, ás 19:00 horas, “A nena que quería navegar”, unha obra dirixida a un público familiar. Os adultos terán a súa cita un día despois, o venres 28 ás 20:30 horas, coa “Terapia de bar”, unha divertida obra de O Aturuxo de Melpómene. Novembro comezará cunha nova versión do clásico

“Romeo e Xulieta”, nesta ocasión da man de Teatro Airiños. Será o sábado 4 de novembro, ás 20:30 horas. Sete días despois, o sábado 11 ás 19:00 horas, novo espectáculo musical para toda a familia: Parilampo Mini. O actor Cándido Pazó, volverá visitarnos o sábado 18 de novembro, ás 20.30 horas, para achegarnos “Memorias das memorias dun neno labrego”, un monólogo escéniconarrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. Un espectáculo de gran atractivo visual, con un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Finalmente, o mes de decembro deixaranos dúas novas citas teatrais. O sábado 2, ás 20:30 horas, será “O Enmeigado. Traxedias en terras do Salnés”, unha adaptación de Mónica Caamaño, directora do Grupo municipal de teatro de Ames, baseada na obra de Ramón María de Valle-Inclán. Pecharán a programación Volta e Dalle Teatro con “Dura lex”, na que os brioneses poderán coñecer un invento revolucionario: a “Dura Lex Pro 1.0”, unha máquina de facer xustiza dunha forma máis áxil e sen necesidade de fiscais, avogados e outros roles xurídicos. Será o sábado 16, ás 20:30 horas.

Cándido Pazó traeranos as “Memorias das memorias dun neno labrego”

O grupo municipal de Teatro de Ames actuará o 2 de decembro

“Volta e dalle Teatro” porá en escea “Dura Lex” o 16 de decembro

Revista Altamira | 19


CULTURA E DEPORTES DEPORTES

A XXXV Carreira Pedestre Popular da Amaía terá lugar o sábado 7 de outubro Integrada no V Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, a inscrición está aberta ata o 4 de outubro os participantes recibirán cadansúa medalla. O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poidan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura.

Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

A Carreira Pedestre da Amaía é unha das probas atléticas máis importantes do panorama galego. Con 35 anos de antigüidade, é unha proba de referencia na comarca de Santiago que ten lugar todos os anos xusto despois da Romaría de Santa Minia. O “maratón da Amaía” (como se denominaba nos seus inicios) sumouse aos actos de celebración da Santa Minia aló polos anos 80 pola enorme expectación e éxito da súa organización.

As probas infantís terán lugar na Carballeira de Santa Minia. As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos

q

20 | Concello de Brión

ticipantes. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta, de 8 quilómetros aproximados de lonxitude: 200, 170 e 150 euros, respectivamente.

Cartel anunciante da XXXV Carreira Pedestre Popular da Amaía.

q

centro da proba, o percorrido da carreira absoluta e a decisión de non admitir inscricións o mesmo día da proba, polo que aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse a través da web http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es/ ou de www.carreirasgalegas.com antes das 14:00 horas do 4 de outubro. As inscricións dos adultos terán un custo simbóliPor segundo ano consecu- co de 5 euros, mentres que as tivo, a proba amaiana estará dos menores de 12 anos son incluída no Circuíto de Carrei- de balde. ras Populares da Deputación da Coruña, o que supón que se REPARTIRANSE ALGO MAIS DE consolide como data para a súa 1000 EUROS EN PREMIOS celebración á tarde do primeiA carreira repartirá mais ro sábado do mes de Outubro. de 1.000 euros en premios, O que se mantén é a Carba- así como camisetas e avitualleira de Santa Minia como epi- llamentos para todos os parO Concello de Brión organiza un ano máis, e xa van 35 seguidas, a tradicional Carreira Pedestre Popular da Amaía. Unha proba que terá lugar o sábado 7 de outubro, a partir das 17:00 horas, e na que poderán participar atletas federados e non federados, que estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Imaxes das saídas da edición 2016 da carreira dos Adultos e dos nenos/as nas inmediacións da Carballeira de Santa MInia


HISTORIAS DE BRIÓN

Aniversario do salto do Tambre q

Construcción da Central Hidroeléctrica do Tambre no ano 1925

río arriba ata Ponte Maceira. Esta nova presa xa non incorporou escada de peixes, asolagou as pesqueiras e endexamais volveron a subir os prezados salmóns, lampreas, e reos. Ninguén protestou por esta desfeita: eran os tempos da máis dura represión franquista. Posteriormente, en 1973, construiríase unha nova central eléctrica, abastecida coas mesmas augas do encoro existente, pero que se conducen mediante un túnel escavado en paralelo coa vella presa aérea. É a central que se coñece co nome de “Tambre II” (a Tambre I” é a do arquitecto Palacios). Aínda queda a “TAMBRE III”, unha minicentral construída no ano 2000 ao pé da presa grande e que aproveita o caudal ecolóxico que ésta ten que ceibar permanentemente para non deixar seco o leito primitivo do río.

De todas estas actuacións, a que quedou máis fondamente gravada na memoria do vecindario de Brión foi a de construción do novo encoro entre os anos 1947 e 1950, pois supuxo a expropiación de numerosos terreos nas parroquias de Cornanda, Luaña, Viceso e Ons. A máis afectada foi esta última, pois, dos doce quilómetros de percorrido do río polo concello de Brión ,seis corresponden a esta A central hidroeléctrica do Tambre, co encoro que a parroquia; e as terras anegadas eran as máis produtivas de abastece e corre co nome de Barrié de la Maza, está de labradío e cortiñas. aniversario por partida cuádruple: As menguadas indemnizacións que se pagaron aos propietarios pola expropiación das terras prestáronse a En efecto, hai 110 anos que se lle concedeu ao enxeñeiro madrileño Antonio Molina Galindo o aproveitamento picaresca, como a que se conta de dous veciños de Ons: das augas do río Tambre para producir enerxía eléctrica. a empresa propietaria, Sociedad Gallega de Electricidad (precursora de FENOSA), encargoulle as tarefas de tratar De hai 100 anos data o proxecto da primitiva presa, en- cos veciños a venda dos terreos a intermediarios que non tre os concellos de Brión e Negreira, que foi redactado en tiñan moitos escrúpulos. Cando chegou o día de pagar as 1917 polo enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, pero que indennizacións, no medio dos propietarios, presentáronse non estaría rematada ata hai agora 90 anos, en 1927. Tra- dous desleigados bebedores de viño que nin tiñen terras tábase dunha presa de relativamente pouca altura e que que vender nin tan sequera que traballar (un, apelidado levaba incorporada unha escada de peixes para non impe- Blanco e outro, de alcume Cricas, que era o urdidor do dir o funcionamento das numerosas pesqueiras tradicio- plan) alegando seren os donos da meirande das fincas exnais que viñan funcionando augas arriba, en Viceso e Ons, propiadas na parroquia. Tan convincentes se amosaron, Canda a presa, tamén se construiu a canle de preto de 7 que ninguén lles esixiu o documento de propiedade; firmaron o recibín, cobraron e marcharon a Santiago tomar quilómetros de lonxitude dende o encoro ata a fábrica o tren para Valencia; de contado dilapidaron todo. Dese último ano 1927 data o proxecto de construción Foron numerosos os veciños que acudiron a traballar do edificio da central eléctrica xa nos termos da parroquia de Santa María de Roo de Noia, de autoría do famoso ar- ás obras, moitos desde distancias considerables, como un quitcto do Porriño Antonio Palacios e non estaría rema- grupo deles da parroquia dos Anxeles que aparecen na tado ata o ano 1932. Trátase dunha obra de singular be- foto e habían de camiñar a pé diariamente máis de 15 quileza, que xuntamente co arsenal de Ferrol son os únicos lómetros para iren e outros tantos para voltaren prá casa. elementos da provincia da Coruña que están incluídos no Para o vecindario máis próximo, o encoro non supuxo Plan Nacional do Patrimonio Industrial Español. certamente ningún beneficio; mesmo non foron os primeiNo ano 1947 -hai agora 70 anos- acométese a cons- ros beneficiarios da electricidade producida. Polo contratrución do actual encoro, que estaría rematado tres anos rio, sufriron quebranto económico os donos dos terreos e despois. O muro da presa ten 44 metros de altura e as das pesqueiras inutilizadas. Todos estamos padecendo os augas represadas poden avanzar preto de 18 quilómetros danos ambientais e paisaxísticos de entorno. Revista Altamira | 21


TAMÉN FOI NOTICIA

ESTAMOS NO VERÁN! O venres 14 de xullo a Carballeira de Santa Minia vibrou coa música en directo de Xoán Curiel e a banda Son+de2 que presentaron en Brión o espectáculo “Estamos no verán”. O concerto, dirixido a público infantil e familiar, comezou ás nove do serán e prolongouse pouco máis dunha hora, cunha afluencia de público máis que satisfactoria; sobretodo, tendo en conta as datas estivais nas que se celebrou, onde moitos veciños e veciñas se atopan de vacacións lonxe do concello. Más de 90 persoas, entre nenos e adultos, acudiron a esta entretida cita musical ao aire libre.

IV FESTIVAL FOLCLÓRICO DE BRIÓN Por cuarto ano consecutivo, Brión rendeu homenaxe á música tradicional a través do seu Festival Folclórico. Un esperado evento musical que nesta ocasión celebrouse no serán do domingo 16 de xullo. Nesta edición do festival foron dúas as agrupacións participantes, as Escolas de Música e Danza Tradicionais municipais e a a S.C.F. Veiga do Cotón, grupo convidado que chegou dende o veciño Concello de Negreira. Arredor de 150 espectadores asistiron a este certame que tivo lugar na Praza do Concello.

CAMPAMENTO XUVENIL Entre o 16 e o 22 xullo 14 rapaces e rapazas de Brión de entre 13 e 16 anos poideron disfrutar dunha divertida semana no centro multiaventura Galipark de Padrón. As rapazas e rapaces, que se aloxaron en tendas de campaña, practicaron diferentes deportes de aventura como escalada en rocódromo, kayak, tirolina, etc... e tamén poideron disfrutar de divertidos talleres, grandes xogos e veladas nocturnas. Segundo nos comentan os e as participantes están desexando que chegue o verán 2018 para ver de poder repetir esta maravillosa experiencia.

CAMPAMENTO INFANTIL O tradicional campamento infantil do Concello de Brión celebrouse este ano na segunda quincena de agosto entre o 18 e o 29 na Illa de Ons. 50 nenos e nenas do noso concello poideron disfrutar de 13 inolvidables días nos que se adicaron a coñecer e respectar a Illa, o seu faro, disfrutaron de música, tradición, solpores, amigos, xogos praia... e sobre todo voltaron cheos de boas lembranzas e amizades... Unha experiencia que, deseguro, non olvidarán facilmente.

22 | Concello de Brión


ULTIMA PÁXINA

PASATEMPOS SUDOKU FACIL

SUDOKU DIFICIL

UN POUCO DE HUMOR...

Revista Altamira | 23


32

anos

FERVENZA DO POZO NEGRO (ONS) É considerada como unha das fervenzas máis fermosas da provincia de A Coruña. Atópase na parroquia de Ons, no río Chavielos. Este río morre no encoro do Tambre maxestosamente a través do salto coñecido coma do Pozo Negro. Recibe este nome pola súa mesta vexetación e profundidade. Pouco antes, no último tramo deste río podemos atopar preto dunha ducia de muiños.

Concello de Brión Praza do Concello, Nº 1 15865 - Pedrouzos - Brión Telf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:concello@concellodebrion.org web: www.concellodebrion.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.