Presentación wangari

Page 1

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA CEIP DE RANDUFE




Wangari vive baixo as รกrbores, รก sombra do Monte Kenia, en ร frica.


Escoita o rechouchío dos paxaros no bosque cando vai coa súa nai na procura de leña para cociñar.


Axuda na colleita da batata, da cana de azucre e mĂĄis do millo no solo fĂŠrtil.


Wangari medra alta coma as รกrbores da fraga.


É moi boa alumna e gaña unha beca para ir estudar aos Estados Unidos de Norteamérica.


Seis anos mĂĄis tarde, unha vez rematados os seus estudos, regresa ĂĄ sĂşa casa en Kenia.


Pero moitas cousas cambiaran… Que foi o que pasou?, pregúntase… Que foi das árbores?


Wangari ve ás mulleres encorvadas polo peso da leña que agora teñen que ir buscar moi lonxe das súas casas.


Wangari ve a terra arrasada na que nada medra‌ Que foi dos paxaros?


Milleiros de árbores foron cortadas para construír edificios… pero ninguén sementou novas árbores!


Converterase Kenia nun deserto?, preguntรกbase Wangari.


Wangari pensa na terra seca‌


…eu podo sementar algunhas árbores aquí, no meu propio patio, de unha en unha.


E comeza a súa plantación con nove pequenas árbores…


Os pequenos abrollos botan raiceiras e Wangari anĂ­mase a seguir sementando.


Comeza así un semilleiro‌


Nun descampado Wangari sementa fileira tras fileira de árbores pequeniñas…


Logo, convence ás mulleres das aldeas de que a sementeira de árbores é unha boa cousa.


Agasalla a cada unha delas cunha pequena arboriĂąa e repĂ­telles unha e outra vez:


”A nosa vida será mellor cando teñamos novamente árbores. Xa o veredes!”


ESTAMOS A SEMENTAR AS SEMENTES DA ESPERANZA!


As mulleres dispérsanse polas súas aldeas e sementan longas fileiras de arboriñas…


‌ que, aos poucos, vanse estendendo coma un cinto verde por todo o campo.


Os funcionarios do goberno rin ås gargalladas‌


“As mulleres non poden facer isto”, din. “Precísanse gardabosques profesionais para sementar árbores”.


As mulleres non fan caso das burlas e seguen a sementar‌


Wangari pรกgalle a estas mulleres sementadoras unha pequena cantidade de cartos


por cada agromo aínda vivo logo de tres meses sementado‌


É a primeira vez nas súas vidas que gañan cartos!


A noticia voa coma un marmurio de vento nas pรณlas:


A cor verde estรก regresando รก aldea de Wangari!.


Axiña, mulleres doutras cidades, pobos e aldeas de Kenia póñense a sementar longas fileiras de pequenas arboriñas…


Pero a corta continúa…


Wangari plántase firme coma unha aciñeira para protexer as vellas árbores que aínda quedan.


-“Precisamos máis un parque que un edificio de oficinas!”, proclamaba Wangari.


Pero os funcionarios do goberno non estĂĄn de acordo. Wangari impĂ­delles o paso.


Eles péganlle, chámanlle alborotadora, préndena e, finalmente, métena no cárcere.


Wangari mantĂŠnse firme na sĂşa idea:


O CORRECTO É O CORRECTO, AÍNDA QUE QUEDE SOA!


Pero Wangari non está soa…


Por toda ร frica espรกllase a voz sobre as รกrbores coma ondas no Lago Victoria.


Moitas, moitas mulleres coñecen a noticia e sementan aínda máis e máis árbores…


‌en fileiras cada vez måis longas.


Os agromos botan as súas raiceiras e medran moi alto‌


e chegan a ser máis de TRINTA MILLÓNS onde antes non había ningunha!


O bosque de Kenia renace.


As mulleres camiñan agora coas súas cabezas en alto e os seus lombos erguidos…


…porque, de novo, poden recoller leña preto das súas casas.


A terra xa non estรก seca!:


Batata, caĂąa de azucre e millo medran novamente na terra escura e fĂŠrtil.


O mundo enteiro escoita falar das ĂĄrbores de Wangari e do seu exĂŠrcito de mulleres sementadoras.


E se subes ao cumio do Monte Kenia verรกs millรณns de รกrbores medrando alรณ embaixo.


Verรกs o verde que Wangari fixo renacer en ร frica.



Wangari Maathai gañou o PREMIO NOBEL DA PAZ no ano 2004 pola súa contribución á PAZ NO MUNDO a través do “Movemento Verde”.


Na tradición africana UNHA ÁRBORE é UN SÍMBOLO DE PAZ.


En canto Wangari soubo que gañara este importantísimo premio sementou, ao pé do Monte Kenia, un Nandi flame (árbore autóctona de África)


No seu discurso de aceptaciรณn do Premio Nobel Wangari Maathai dixo:


“Debemos sandar as feridas da Terra‌


… así sandaremos as nosas propias feridas…


… debemos abrazar á creación en toda a súa diversidade, beleza e marabilla”.


E

lembra‌


O CORRECTO É O CORRECTO!


SEMENTA A PAZ!


CEIP DE RANDUFE 30 de xaneiro, día da paz


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.