Nº 74 maio 2018 en galego, máis e mellor

Page 1

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 74 maio de 2018

María Victoria Moreno non naceu en Galicia nin tivo o galego como lingua materna. Pero viaxou cara a Galicia e cara ao galego, habitouno e convidou á súa viaxe a incontables mozas e mozos… María Victoria Moreno foi alumna de galego e ensinante, despois, mesmo cando o ensino da lingua propia de Galicia aínda estaba fóra da lei. Fíxoo, por exemplo, na Asociación de Amigos da Cultura en Pontevedra, en Vilagarcía ou no Ateneo de Ourense. Nos últimos meses do franquismo, lembra a Academia, a Policía chegou a retirarlle o pasaporte por colaborar coa "subversiva" institución ourensá. Pero o seu co galego era "simplemente, unha historia de amor", declarou en 1993. Optou por Galicia e a súa lingua. Elixiunas. http://praza.gal/cultura/14453/as-letras-do-2018-para-maria-victoria-moreno-a-profesora-que-viaxou-cara-ao-galego/


EU MINTO, TI MENTES, EL MENTE, NÓS MENTIMOS,... Mais agora non imos contar mentiras e imos dicir verdade sobre outros verbos galegos da terceira conxugación (seguindo a xeira iniciada no En galego,... mais e mellor nº 73) que teñen a vogal e como última vogal da raíz verbal e que presentan unha alternancia vocálica. Están neste caso os verbos seguir, sentir, servir, ferir, mentir e os seus compostos e derivados. Estes verbos conxúganse seguindo o seguinte modelo: Presente de indicativo

Presente de subxuntivo

sigo

siga

segues

sigas

segue

siga

seguimos

sigamos

seguides

sigades

seguen

sigan

Imperativo sigue

seguide

Os policías perseguen os ladróns .

O camareiro serve as mesas con moita rapidez.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.